Guia Didactica Manuel Maria

20
EQUIPO DE DINAMIZACION DA LINGUA GALEGA (E.D.L.G.) 22/01/2016 CEIP CONDESA DE FENOSA O Barco de Valdeorras 32015116 ÍNDICE DE CONTIDOS: As estacións de Manuel María

description

Guía didáctica da exposición de cartaces "as estacións de Manuel María" realizada no Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras co gallo de se lle adicar as Letras Galegas 2016 á figura de Manuel María

Transcript of Guia Didactica Manuel Maria

Page 1: Guia Didactica Manuel Maria

EQUIPO DE DINAMIZACION

DA LINGUA GALEGA

(E.D.L.G.)

22/01/2016

CEIP CONDESA DE FENOSA

O Barco de Valdeorras

32015116

ÍNDICE DE CONTIDOS:

“As estacións de Manuel

María”

Page 2: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

1

1. INTRODUCIÓN.

2. GUÍA EXPLICATIVA DE ELABORACIÓN:

SUXERENCIAS DE FORMATO.

GUÍA DE ELABORACIÓN DOS CARTACES.

Título.

Responsable.

Elaboración.

Ilustración.

GUÍA DE ELABORACIÓN DAS ILUSTRACIÓNS.

Título.

Responsable.

Elaboración.

Ilustración.

3. SUXERENCIAS DE PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA:

a. OBXECTIVO XERAL.

b. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS.

CONCEPTUAIS.

PROCEDIMENTAIS.

ACTITUDINAIS.

c. METODOLOXÍA.

d. RECURSOS.

PERSOAIS.

MATERIAIS.

ESPACIAIS.

TEMPORAIS.

e. ACTIVIDADES.

f. AVALIACIÓN.

Page 3: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

2

1. INTRODUCIÓN.

Cando a Real Academia Galega propuxo a Manuel María coma o persoeiro ao que adicar as letras galegas do ano 2016, soubemos que tiñamos por diante un ano de traballo intenso para lle dar a homenaxe axeitada á súa figura, coa fin de que o noso alumnado tivese a información necesaria para valorar a importancia deste destacado poeta e defensor do idioma.

Manuel María é un autor que resulta de grande valor polos seus poemas, dotados dun ritmo e temática populares de extraordinaria fermosura. Estes foron musicados por cantautores e grupos folques e, deste xeito, se convertiron en verdadeiros himnos para o noso pobo. O carro, Galicia, O arado e tantos outros amosan este aspecto do que vimos a falar.

Daquela, e tendo en conta a nosa tradición de traballar todos os anos ás figuras que sinala a RAG como destinatarios da homenaxe colectiva que supón as Letras Galegas, decidimos poñer en marcha todas as iniciativas que tivesemos á man para que o noso alumnado puxera en valor a figura deste poeta da escola poética da Terra Cha, que diría Darío Xohan Cabana.

Velaí a nosa participación neste concurso de carteis sobre a bio-bibliografía de Manuel María, co que pretendemos fundamentalmente ir poñendo en contacto aos nenos e nenas do colexio coa figura deste poeta popular e coas características da súa obra.

Canda esta actividade temos a lectura de “os nosos autores en voz alta”, que realizamos os venres, e que neste curso escolar estará adicada, dende o principio á fin, á obra de Manuel María. Traballaremos tamén os poemas musicados do autor dende a aula de música, e tentaremos aproveitar todos os recursos educativos que vaian aparecendo, ou que nós mesmos elaboremos, ao longo deste ano da homenaxe.

Temos que sinalar que a proposta de participación no concurso, realizada polo equipo de normalización (E.D.L.G.), tivo unha excelente acollida por parte de todo o profesorado do centro, e que estes souberon estender o seu entusiasmo ao alumnado, de tal xeito que todos participaron con gran ilusión e motivación na elaboración dos carteis.

A idea de cada cartel, como se explicará máis adiante, consta de tres elementos: a figura de Manuel María ao longo do tempo; as paisaxes das súas diferentes etapas vitais, situadas como fondo recoñecible de cada cartel; por último unha árbore que simboliza a súa vida e obra, na que irán aparecendo os títulos máis significativos da súa produción correspondente con cada etapa biográfica sinalada.

Deste xeito fomos implicando a todo o alumnado na elaboración do traballo participando na elaboración dos fondos dos carteis. A carón deste traballo colectivo temos un traballo encomendado a un alumno que domina o debuxo de caricatura e que achega a necesaria unidade de concepto na imaxe do autor ao longo de todo o seu itinerario vital. Finalmente o debuxo dunha árbore simbólica e da representación das obras de Manuel María nas súas follas, supuxo un traballo de procura documental dos cursos de quinto e sexto que, a parte da achega de datos sobre o autor, ten un valor de seu que nós valoramos en grande medida.

Page 4: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

3

O presente documento recolle unha “guía didáctica” como programación a realizar coa exposición como conxunto e con cada cartaz en particular. Trátase dunha proposta de actividades que dende as fases do proceso de investigación traballan moitas das áreas do currículo de xeito globalizado. En sesións en pequeno grupo (grupo aula) e adaptadas ás características específicas do alumnado, están destinadas a alumnado dende E.I., E.P. ata E.S.O.

2. GUÍA EXPLICATIVA DE ELABORACIÓN: Recollemos a continuación, as fases de elaboración deste

proxecto multidisciplinar e interdepartamental.

SUXERENCIAS DE FORMATO: Suxerencias de formato, técnicas e materiais para homoxeneixar formatos:

Fondo: Tablé de marquetería mercado nunha tenda de bricolaxe.

Técnicas a empregar:

o Pintura de dedos ou témperas para fondos a longa distancia (ceos, montañas, ciudades…)

o Cartóns, goma eva, cartolinas, para medias distancias.

o Collage con materiais diversos para os obxectos situados a curta distancia (“porexpan”, teas, bricks, botes, caixas…)

Materiais a empregar:

o Pintura de dedos, témperas, ceras, lápis de cores…

o Materiais de refugallo, para os fondos.

o Cartolinas para os personaxes e os seus diálogos.

o Pegamentos, e pistola de silicona para pegar e montar os fondos. Colas para fixar e dar brillo.

Árbore: Para unificar o formato da árbore empregamos o seguinte material:

o Follas de árbore reais, de pequeno tamaño e cor outoñal. Pintámolas con pintura de dedos de cor dourada.

o Tronco e polas da árbore: realizado nun cartón duro de rexilla e pintadas segundo a cor da estación e do crecemento da árbore segundo corresponda a cada cartaz. Cumplimentadas con follas coa cor de cada estación e coas follas douradas que representan cada obra do autor.

o Pegaremos as follas con pistola de silicona sobre o tronco e polas, E sobre elas fixamos uns carteliños cos nomes das obras literarias.

Rotulados: Acompañamos cada cartaz cun título identificativo, que compara a evolución

da vida da árbore coa da vida e obra do autor homenaxeado.

Page 5: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

4

GUÍA DE ELABORACIÓN DOS CARTACES: 10 fichas explicativas de elaboración de cada un dos

cartaces, coas características que o definen, responsables de elaboración, así como o bocexo

inicial e suxerencias para o ilustrador. Poden acompañar cada cartaz na súa exposición.

CARTAZ 1

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

TÍTULO: “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: “A CASIÑA” (AULAS E.E.) /COORDINADOR DO E.D.L.G.: RUBÉN.

ELABORACIÓN: Debuxamos a cara de Manuel María, diante dun gran Carballo. De fondo, nas catro esquinas

as catro cores das diferentes estacións: (verde para primavera, amarelo para o verán, laranxa para o outono e

azul grisaceo para o inverno).

ILUSTRACIÓN: O ilustraodr debuxará unha gran cara de Manuel María tamaño folio.

CARTAZ 2

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

ETAPA: 1929-1940 (0 a 11 anos) (NACEMENTO E INFANCIA)

TÍTULO: PRIMAVERA “ A SEMENTE”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 5 ANOS A/B (EDUCACIÓN INFANTIL).

COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: NIEVES/MERCE.

ELABORACIÓN: Debuxamos con colores primaverais, unha paisaxe na que no lateral esquerdo se botou unha

semente de carballo. Vemos a terra na parte inferior e como lle van saíndo as raíces e nace unha pequeniña pranta

de carballo. Pomos a data de nacemento do autor nunha etiqueta na semente. (6 de outubro de 1929). Recreamos

a aldea de nacemento (Outeiro de Rey en Lugo), e a súa casa natal.

ILUSTRACIÓN: O ilustrador debuxará a infancia de Manuel María na súa aldea de Outeiro de Rey

(Lugo).Ollando para a semente como crece ou xogando.

Page 6: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

5

CARTAZ 3

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

ETAPA: 1940-1950 (11 a 21 anos) TÍTULO: PRIMAVERA “AGROMO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 1ºA/B. / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: MARTA.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores primaverais, na que no lateral esquerdo está o carballo Manuel

María, dun tamaño pequeño e cores verdosas, cunha pola verde e unha sóa folla de carballo (verde), sobre a que

figura un letreiro co nome da súa primeira obra en 1950 “Muiñeiro de brétemas”. Representamos algún elemento

da cidade de Lugo (muralla) onde realizou o seu bacharelato e iniciou a súa carreira literaria, así como o café

Méndez Núñez onde participaba en tertulias.

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a súa vida de tertulias no café Méndez Núñez con (Pimentel, Fole,

Rof Codina…), que lle puxeron en contacto co galeguismo.

CARTAZ 4

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

ETAPA: 1950-1960 (21 a 31 anos) TÍTULO: PRIMAVERA “FLORECEMENTO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 2ºA/B

COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: AURORA.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores primaverais, na que no lateral esquerdo está o carballo

Manuel María, dun tamaño medio de cores verdosas, con varias polas máis verdes coas follas de carballo en cor

verde clariño cos nomes de cada unha das obras ata ese momento. E unha folla máis sen nome na parte inferior

para representar a obra precedente. Representamos algún elemento que identifique o seu traslado a vivir a

Monforte (mosteiro ao lonxe na parte superior) e en primeiro plano a igrexa para ambientar o seu casamento.

ILUSTRACIÓN: O ilustrador representará nese o casamento do autor con Saleta Goi e/ou o inicio da súa labor

como procurador en tribunais.

Page 7: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

6

CARTAZ 5

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

ETAPA:1960-1970 (31 a 41 anos) TÍTULO: VERÁN “FROITO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 3ºA / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: MARIEM.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores primaverais, na que no lateral esquerdo está o carballo

Manuel María, dun tamaño groso, (verdoso-amarronado), con varias polas con follas de carballo de cor verde cos

rótulos dos nomes de cada unha das obras realizadas nese momento, na parte superior. E por debaixo as outras

follas das obras anteriores (5 follas máis) sen nome.

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará o comezo da implicación política en partidos nacionalistas na

clandestinidade. Manuel María cunha bandeira de Galicia, falando diante dun grupo de xente.

CARTAZ 6

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

ETAPA: 1970-1980 (41 a 51 anos) TÍTULO: VERÁN “MADURACIÓN”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 4ºA/B / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: MARIEM.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores veraniegas (amarelos, vermellos), na que no lateral esquerdo

está o carballo Manuel María, dun tamaño MOI GROSO, de cor marrón, con varias polas con follas de carballo

cos rótulos de cada unha das obras dese momento. Na parte inferior as follas que representan as obras de

anteriores etapas sen nome, e na parte superior as follas das obras novas co rótulo do seu nome. Follas dunha

cor diferente para as novas obras de teatro e doutra cor diferente para as de narrativa. Queremos reflectir

a súa diversificación de estilos iniciándose na dramaturxia e narrativa. Fixo a maioría das súas obras

dramáticas nesta década. Na parte da dereita representaremos Monforte ao fondo (o mosteiro) e na parte

máis próxima unha casa do concello onde traballaría como concelleiro.

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará o comezo do seu traballo como concelleiro: a entrega dun maletín por

parte do alcalde (cunha banda que o identifica) no que figure o seu novo título como “Concelleiro”.

Page 8: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

7

CARTAZ 7

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

ETAPA: 1980-1990 (51 a 61 anos) TÍTULO:”OUTONO”

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 5ºA /COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: CAROLO.

ELABORACIÓN:) Facemos unha paisaxe con cores outonais (gama de laranxas), na que no lateral esquerdo

está o carballo Manuel María, dun tamaño MOI GROSO de cor marrón escura, con varias polas con follas

de carballo cos nomes de cada unha das obras dese momento. Na parte inferior as follas que representan

as obras de anteriores etapas sen nome, e na parte superior as follas das obras novas co rótulo do seu

nome. Na parte dereita, representarán o seu traslado da cidade de Monforte á cidade da Coruña, onde

pasou a súa seguinte etapa vital. Podemos simbolizalo cun mapa de Galicia sobre o que se debuxa un

percorrido cos rótulos de Monforte e Coruña dentro de unha nube (será o pensamento de Manuel María

sobre a súa xubilación).

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a etapa de vida en Coruña. A súa despedida xubilándose na

militancia política en 1985 antes de emprender a súa viaxe a Coruña. Pode debuxar a un Manuel María pensativo

coa maleta de concelleiro nunha man e a outra no queixo.

CARTAZ 8

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

ETAPA: 1990-2000 (61 A 71 anos) TÍTULO: OUTONO “A COLLEITA”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 5ºB / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: LAURA.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores outonais (gama de laranxas), na que no lateral esquerdo está

o carballo Manuel María, dun tamaño moi groso de cor marrón escura, con varias polas con follas de carballo cos

nomes de cada unha das obras dese momento. Na parte inferior as follas que representan as obras de

anteriores etapas sen nome, e na parte superior as follas das obras novas co rótulo do seu nome. Se

representará a cidade da Coruña na parte superior dereita, co mar e algún elemento destacado da súa

arquitectura (torre de Hércules), e en primeiro plano, representamos un edificio que simboliza a casa de Manuel

María.

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a etapa de vida en Coruña. Ao autor escribindo na súa casa, nun

escritorio, centrado na súa actividade literaria e cultural.

Page 9: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

8

CARTAZ 9

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

ETAPA: 2000 A 2004. TÍTULO: INVERNO “ GROMOS SERODIOS”

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 6ºA / COORDINADOR DO E.D.L.G.: RUBÉN.

ELABORACIÓN: Representará esa etapa da vellez de Manuel María, na que aínda que xa non producía un gran

número de obras todavía se incolucraba en causas Participou coa campaña “Nunca Mais” a raíz do desastre do

Prestige o 13-11-2002. Facemos unha paisaxe con cores invernais (gama de azuis e grises), na que no lateral

esquerdo está o carballo Manuel María, dun tamaño moi groso de cor marrón escura-grisácea, con varias polas con

follas de carballo cos nomes de cada unha das obras dese momento. Na parte inferior as follas que representan as

obras de anteriores etapas sen nome, e na parte superior unha pola vigorosa con dúas follas verdes, das súas obras

do ano 2000 co rótulo do seu nome. Se representará a cidade da Coruña na parte superior dereita, co barco

PRESTIGE afundíndose no mar diante da torre de Hércules. A Praia e as rochas cubertas de “chapapote”.

Gaivotas mortas na área…

ILUSTRACIÓN: O ilustrador debuxa a un Manuel María ao frente dunha manifestación de xente con pancartas que

poñen como eslogans: “Nunca máis”.

CARTAZ 10

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María nas súas décadas, identificando os principais momentos vitais e profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como as diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida en décadas, se identificará con cada estación do ano e a súa producción literaria se representará en cada unha das follas dese gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

DESCRICIÓN

ETAPA: MORTE (8-09-2004) TÍTULO: “LOUVANZA”

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 6ºB / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: RUBÉN.

ELABORACIÓN: Queremos representar a norte de Manuel María (8-9-2004), a recollida da súa obra nos libros, e os

recoñecementos posteriores a denominación dunha Aula Manuel María en honor ao poeta n Facultade de Filoloxía da

Universidade da Coruña, polo comité de estudantado da facultade.Apertura o 22 de outubro de 2008, coa presenza de poetas

galegos amigos de Manuel María como Marica Docampo ou Lois Diéguez e da súa viuva Saleta Goi. E a homenaxe pola Real

Academia da Lingua Galega no ano 2016.

Facemos unha paisaxe con cores invernais (gama de azuis e grises), na que no lateral esquerdo está o carballo

Manuel María, dun tamaño moi groso de cor marrón escura-grisácea, sen follas. Na árbore unha esquela coa data de

pasamento do autor . Ao pé do castaño, colocaremos pegados con silicona, (folletiños pequenos ou libros) que

simbolicen o feito de que as obras de Manuel María non se caen da árbore ao chan senón que se recollen na

literatura. Sobre esos libros pegaremos follas cos rótulos dos nomes das súas obras, superpostos. Na parte dereita

do cartaz, reprsentaremos a Facultade de Filoloxía de Coruña, cunha placa dourada (cartolina co rotulado: Aula de

Manuel María) cunha tea (pegada con silicona) nun lateral.

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará aos amigos e familiares presentes no acto de inauguración da Aula a Manuel

María, da Facultade de Filoloxía de Coruña. Representará a poetas galegos amigos de Manuel María como Marica Docampo ou

Lois Diéguez e da súa viuva Saleta Goi.que estarán diante da placa conmemorativa que será elaborada polos alumnos/as de

6ºB.

Page 10: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

9

GUÍA DE ELABORACIÓN DAS ILUSTRACIÓNS: Na procura dunha maior uniformidade na

realización das personaxes que ilustran cada un dos cartaces, consideramos oportuno encargar a

realización das ilustracións a un mesmo neno que polas súas dotes e gosto persoal ofreceuse

colaborar con esta gran aportación. Para guiar a confección das personaxes que ilustran casa

escena, elaboramos unha “Guía para o ilustrador” na que se refiren os seguintes aspectos

relativos a cada cartaz: Título, responsable, elaboración, ilustración.

Déronselle ademáis unha serie de pautas mínimas para a representación das personaxes. Esta foron as seguintes:

Realizará as personaxes cos seus diálogos, non a súa ubicación (edificios).

Poderá acompañar as personaxes de obxectos.

As imaxes realizaranse en cartolina tamaño folio, en posición horizontal para que a altura das personaxes sempre sexa a mesma. Salvo a imaxe do cartaz 1 que por ser un retrato do rostro do autor será coa cartolina en posición horizontal para aproveitar mellor o espazo.

Empregará a técnica e materiais que considere máis oportunos á súa creatividade.

As “ 10 fichas guía para o ilustrador” que definen as ilustracións de cada un dos cartaces e que precisan ser tidas en conta polos mestres/as de cara á realización de actividades específicas sobre as mesmas, son as seguintes. Xunto con cada bocexo, recollemos as ilustracións finais aportadas polo alumno de 6º que exerceu como ilustrador:

CARTAZ 1

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN

TÍTULO: “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustraodor debuxará unha gran cara de Manuel María tamaño folio.

ILUSTRACIÓN

*Rostro de Manuel María na cartolina branca en posición vertical.

Page 11: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

10

CARTAZ 2

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN ETAPA: 1929-1940 (0 a 11 anos) (NACEMENTO E INFANCIA)

TÍTULO: PRIMAVERA “ A SEMENTE”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador debuxará a infancia de Manuel María na súa aldea de Outeiro

de Rey (Lugo).Ollando para a semente como crece ou xogando.

BOXEXO E

ILUSTRACIÓN

CARTAZ 3

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN

ETAPA: 1940-1950 (11 a 21 anos) TÍTULO: PRIMAVERA “AGROMO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a súa vida de tertulias no café Méndez Núñez con

(Pimentel, Fole, Rof Codina…), que lle puxeron en contacto co galeguismo.

BOCEXO E

ILUSTRACIÓN

Page 12: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

11

CARTAZ 4

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN

ETAPA: 1950-1960 (21 a 31 anos) TÍTULO: PRIMAVERA “FLORECEMENTO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador representará o casamento do autor con Saleta Goi. Debuxará á

parella á entrada da igrexa despois de casar.

BOCEXO E

ILUSTRACIÓN

CARTAZ 5

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN ETAPA:1960-1970 (31 a 41 anos) TÍTULO: VERÁN “FROITO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará o comezo da implicación política en partidos

nacionalistas na clandestinidade. Manuel María cunha bandeira de Galicia, falando diante dun

grupo de xente.

BOCEXO

Page 13: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

12

CARTAZ 6

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN ETAPA: 1970-1980 (41 a 51 anos) TÍTULO: VERÁN “MADURACIÓN”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará o comezo do seu traballo como concelleiro: a entrega dun

maletín por parte do alcalde (cunha banda que o identifica) no que figure o seu novo título como

“Concelleiro”.

BOCEXO E

ILUSTRACIÓN

CARTAZ 7

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN ETAPA: 1980-1990 (51 a 61 anos) TÍTULO:”OUTONO”

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a etapa de vida en Coruña. A súa despedida xubilándose

na militancia política en 1985 antes de emprender a súa viaxe a Coruña. Pode debuxar a un Manuel

María pensativo coa maleta de concelleiro nunha man e a outra no queixo.

BOCEXO E

ILUSTRACIÓN

Page 14: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

13

CARTAZ 8

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN

ETAPA: 1990-2000 (61 A 71 anos) TÍTULO: OUTONO “A COLLEITA”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a etapa de vida en Coruña. Ao autor escribindo no porche da súa casa,

sentado ao pé da árbore, centrado na súa actividade literaria e cultural.

BOCEXO E

ILUSTRACIÓN

CARTAZ 9

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN

ETAPA: 2000 A 2004. TÍTULO: INVERNO “GROMOS SERODIOS”

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador debuxa a un Manuel María ao frente dunha manifestación de xente con

pancartas que poñen como eslogans: “Nunca máis”.

BOCEXO E

ILUSTRACIÓN

Page 15: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

14

CARTAZ 10

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

DESCRICIÓN ETAPA: MORTE (8-09-2004) TÍTULO: “LOUBANZA”

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará aos amigos e familiares presentes no acto de inauguración da Aula a

Manuel María, da Facultade de Filoloxía de Coruña. Representará a poetas galegos amigos de Manuel María como

Marica Docampo ou Lois Diéguez e da súa viuva Saleta Goi.que estarán diante da placa conmemorativa que será

elaborada polos alumnos/as de 6ºB.

BOCEXO E

ILUSTRACIÓN

4. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA : “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”

o OBXECTIVO XERAL: Achegar a vida e obra de Manuel María á comunidade educativa.

o OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

CONCEPTUAIS:

Coñecer a vida e obra do autor homenaxeado.

Coñecer a traxectoria ideolóxica e política de Manuel María.

Coñecer os elementos e procesos da paisaxe natural representados nos cartaces

asociados ás etapas vitais do autor (estacións do ano, paisaxes rurais e urbanas

Coñecer localidades da xeografía de Galicia nas que residiu Manuel María:

localización, monumentos, edificios emblemáticos…

Coñecer o contexto histórico e sociocultural da biografía do autor: feitos

históricos, eitos políticos, autores coetáneos, movementos artísticos…

PROCEDIMENTAIS:

Observación detallada dos cartaces e identificación de elementos presentes.

Investigación sobre aspectos biográficos, xeográficos, históricos e socioculturais

presentes nos cartaces.

Creatividade e autonomía na creación artística de cada un dos cartaces.

Emprego de diferentes técnicas e materiais artísiticos.

Reutilización de materiais de refugallo.

Page 16: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

15

ACTITUDINAIS:

Respecto e interese pola figura do autor homenaxeado.

Colaboración e traballo en equipo.

Respecto polas ideas propias e alleas.

Respecto das quendas de opinión.

Sensibilización medioambiental.

Sensibilización cara o emprego da lingua.

Respecto pola cultura inmaterial da nosa terra.

Interese e esforzo persoal pola calidade nas súas producións.

o METODOLOXÍA: Globalizada, centrada nos coñecementos previos e activa e participativa na

adquisición das aprendizaxes, empregando como método de achegamento ao coñecemento as

fases de calquer proceso de investigación tales como:

Observación guiada.

Búsqueda e recollida de información.

Sistematización (análise e resumo).

Establecemento de conclusións.

Avaliación e autoavaliación do proceso.

Traballo en gran e pequeno grupo, de xeito creativo e autónomo que fomenta o interese

pola nosa lingua e máis e máis valores de coidado medioambiental.

o RECURSOS: Todos os recursos tanto persoais, temporais como materiais a disposición de todo o

alumnado, tanto no centro como na comunidade educativa e localidade na que se ubique este,

tales como:

PERSOAIS: Profesorado do centro e familias implicadas.

MATERIAIS:

o Como fontes documentais para a investigación derivada do visionado da

exposición, poderán acudir tanto aos fondos impresos da biblioteca do centro

como da bibiloteca pública da localidade en cuestión.

o Propomos visitar buscadores web, así como enciclopedias virtuais.

o Equipos informáticos a disposición do alumnado nas Aula de Informática de cada

un dos centros educativos.

o Material funxible individual, de centro e/ou de aula: caderno, lápis, goma,

pinturas…

ESPACIAIS: Salón de actos ou pasillos onde esté instalada a exposición de cartaces, así

como biblioteca escolar e aula ordinaria onde poderán desenvolver as actividades

derivadas do visionado dos cartaces.

Page 17: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

16

TEMPORAIS: Ocuparase o tempo previsto para o visionado por grupos a exposición, que

recomendamos non supere a hora de duración, así como as horas dentro da

Programación de Aula que máis se adecúen á realización de cada unha das propostas de

actividades que se formulan.

o ACTIVIDADES:Tal como definimos na metodoloxía, a exposición tal cual está configurada

permite traballar as diferentes áreas de aprendizaxe de xeito globalizado. Actividades

realizadas “durante” e “despois” da visita á exposición de cartaces “As estacións de Manuel

María”, propomos unha batería de actividades para as diferentes áreas de aprendizaxe (Lingua

e Literatura galega, Matemáticas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xeografía e Historia,

Educación Artística (música e danza), que se clasifican segundo as principais fases de

investigación:

(DE) OBSERVACIÓN: Actividades a realizar “durante” o visionado da exposición.

o Primeiro visionado libre, en gran grupo, de cada un dos cartaces.

o “O Preguntoiro”: Organizados en pequenos grupos (parellas de catro nenos/as

máximo) distribuidos entre cadanseu cartaz. Trátase dunha batería de

preguntas, sobre o visionado do cartaz, biográficas e literarias a realizar

simultáneamente ao visionado de cada cartaz e cumplimentar nunha ficha como

a seguinte:

PREGUNTOIRO PREGUNTAS DO

CARTAZ:

o Ciencias da

Natureza.

o Educación

Artística.

Que ves neste cartaz? Descríbeo.

o Que estación do ano representa? Por qué? Cal é o seu clima?

o Cómo é a vexetación nesta estación?

o Como é a árbore que ves? Como é a súa folla?

o De que especie é a árbore que aparece?

o Qué simboliza esta árbore?

o Qué tipo de paisaxe é? Rural ou urbana? Interior ou de costa?

Como é o cartaz e como foi feito?

o Que cores aparecen no cartaz?

o Que técnicas artísticas se empregaron na súa realización?

o Qué materiais se empregaron na súa realización?

o Que pensas que se pretendía transmitir co emprego destas técnicas e materiais?

PREGUNTAS

BIOGRÁFICAS.

Xeografía.

Matemáticas

.

Historia.

En qué localidade de Galicia está ubicado este cartaz?

o En cántas localidades de Galicia pasou a súa vida? Nomea.

o Coñeces ti alguna destas localidades?

Entre qué datas está ubicado este cartaz?

o Qué é unha década?

o Cantos anos tiña Manuel María, na etapa que reflexa este cartaz?

Na súa vida persoal, qué lle aconteceu nesta etapa?

Que evento histórico destacado en Galicia aconteceu neste momento da súa vida?

o Cales foron as súas causas?

Page 18: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

17

o Cales foron as consecuencias?

o Como foi a resposta social?

o Onde estaban os teus país?

o Onde estabas ti?

PREGUNTAS

SOCIOCULTURAIS

E LITERARIAS:

o Política.

o Lingua e

literatura

galega.

Que evento político aconteceu neste momento da súa vida?

o Qué é unha dictadura?

o Que é unha Democracia?

Que obra ou obras escribiu nesta etapa?

o Noméa.

o A que xénero literario pertencen?

o Cales eran as temáticas das súas obras nesta etapa?

o A quen ían dirixidas?

o Cales son os nomes das obras adicadas á infancia?

o Que premio ou distinción recibiu nesta etapa?

o Cales son os títulos dos poemas que foron musicados?

Qué é a cultura inmaterial dun país?

Qué cousas son a que conforman a identidade dunha nación do mundo como comunidade?

(DE) INVESTIGACIÓN: Actividades a realizar “despois” do visionado da exposición de cartaces.

Trátase de investigar, de xeito guiado, sobre aspectos de diversa naturaleza, derivados do

visionado de cada un dos cartaces, empregando diversas fontes documentais (libros, prensa

escrita, enciclopedias e publicacións dixitais…).

“O PORTFOLIO”: Cada alumno ou grupo de alumnos realizará unha investigación sobre

algún dos seguintes aspectos e áreas en diversas fontes documentais, froito do que

elaborará un dosier documental. As suxerencias de investigación adecuarán a súa

complexidade ao nivel de desenvolvemento do alumno/a. Suxerimos as seguintes liñas

clafisicadas en áreas de aprendizaxe. O formato deste dosier poderá ser no soporte que

se considere máis oportuno. Así poderá haber actividades recollidas en soporte papel

(folio, caderno…), en soporte informático (documentos de texto, presentación..) e

incluso en soporte audiovisual (gravacións de audio e vídeo).

“O PORTFOLIO”

Lingua e literatura:

Clasificar as obras do autor segundo o xénero literario ao que pertencen: poesía, ensaio,

panfleto…

Selección dun poema.

o Lectura en alto con ritmo e entonación axeitado.

o Copia con boa caligrafía, presentación e limpeza.

o Analizar o vocabulario complexo presente no poema. Buscalo no diccionario e

definilo.

o Diferenciar o vocabulario empregado do vocabulario do galego normativo e tamén do

galego propio da zona xeográfica na que se sitúe o centro educativo en cuestión.

Page 19: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

18

Ciencias da Natureza:

Buscar información sobre o tipo de árbore que aparece nos cartaces.

o Características da árbore.

o Tipo e forma da súa folla.

o Etapas da vida dunha árbore.

o Diferenciar os tipos de paisaxes segundo as súas características: urban/rural,

interior e de costa.

o Climas de Galicia segundo as estacións do ano.

o Vexetación presenta nas localidades nas que viviu o autor.

Xeografía:

Localizar no mapa de Galicia as localidades nas que viviu Manuel María.

Historia:

Monumentos e edificios emblemáticos presentes e asocialos coas ciudades que lles

corresponden. Recortes de prensa, fotografías…

O afundimento do “Prestige”:

Causas: meteorolóxicas, humanas, técnicas e políticas.

Consecuencias: naturais,sociais, políticas e económicas.

Resposta cidadá:

Política e cultura:

Defensa da lingua durante a dictadura.

Actividade clandestina na formación da organización UPG.

Listaxe de elementos qu configuran a identidade da cultura inmaterial dunha

comunidade.

Educación Artística:

Plástica:

Representar os edificios e monumentos das localidades da biografía do autor,

empregando diferentes técnicas e materiais.

Representar artísticamente un paisaxe de interior e outro de costa.

Música:

Recoller os títulos dos poemas de Manuel María que foron musicados por

grupos como “Fuxan os ventos”, “Suso Bahamonde”, tales como:

o “O burriño trotón”.

o “O cuco, cuco, cuqueiro”.

o “Caracol Caracoleiro”.

Realizar audicións dos diferentes poemas musicados.

Cantar algún dos poemas musicados de Manuel María.

Dramatizar algún dos poemas do autor ou algún fragmento dalgunha das súas

obras. dramáticas.

o (DE) AVALIACIÓN: Unha vez realizada a fase de investigación, sistematizamos toda a

información recollida nunha liña do tempo que o recolle e resume todo.

Page 20: Guia Didactica Manuel Maria

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA” CEIP CONDESA DE FENOSA

19

“A LIÑA DO TEMPO”: En grupos, realizar unha liña do tempo da vida do autor na que

se relacionen os seus eitos persoais, coas publicacións de cada etapa, así como os

elementos históricos, políticos e culturais acontecidos meses períodos.

AVALIACIÓN: Nunha proposta didáctica como a que se presenta, pode ser tanto ou máis

importante a adquisición de contidos, como o desenvolvemento do proceso, polo que os

instrumentos de avaliación serán tantos como as características (idade, procedencia,

coñecementos previos..) dos destinatarios. Propomos como posibles instrumentos básicos de

avaliación, tanto a realización de pequenos cuestionarios (tipo test, orais ou escritos) como a

observación do proceso de investigación en todas as súas fases, rexistrado en grellas de

observación graduadas na que se reflicta a consecución de aspectos tan relevantes como: nivel

de atención, grao de implicación na realización das actividades, nivel de calidade nas

producións resultado das actividades, nivel de emprego da lingua a nivel oral e escrito, grao de

autonomía, nivel de cooperación nas actividades realizadas en grupo, respecto de quendas…

BIBLIOGRAFÍA EMPREGADA:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/17437

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipderebordans/system/files/manuel.pdf

https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa

http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/9342/Manuel%20Mar

ia%20Fernandez%20Teixeiro

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/obras/ver.htm?id=15

____________________________________________________________________________________

*Se así se precisa, pomos á disposición da Secretaría Xeral de Política Lingüística, os cartaces no seu formato físico, que

polo seu peso e estrutura estarán expostos nun dos pasillos do centro durante o mes de maio para o visionado e traballo

colectivo sobre a programación didáctica, por todo o noso alumnado, así como a en exposición na Casa de Cultura da nosa

localidade para compartir a nosa proposta co resto de centros da localidade. E si así o decide a Secretaría Xeral de Política

Lingüística e somos merecedores de tal honra, este noso traballo poderá chegar, no formato de cartaces. ao resto de

centros de Galicia.