Guía de lectura; Eutropius I

3

Click here to load reader

Transcript of Guía de lectura; Eutropius I

Page 1: Guía de lectura; Eutropius I

GUÍA DE LECTURA E CUESTIONARIO DO BREVIARIVM EVTROPII

➢ LIBRO I INTRODUCIÓN

Período temporal: 753-391 a.C. Períodos historia de Roma:

• Monarquía (753-510 a.C.):• Reis Latino-Sabinos (753-616 a.C.)

• monarquía electiva, non por herdanza• Reis Etruscos (616-510 a.C.)

República (510-391 a.C.) Lendas:

• Lenda fundacional.• Rapto das sabinas: explica a importante presenza de elementos

sabinos na poboación orixinaria de Roma.• Lenda de Lucrecia: explica o paso da monarquía á república.• Lenda de Virxinia: explica a restauración dos cónsules coma primeira

maxistratura de Roma. Institucións e maxistraturas:

• Rei• Senado• Cónsules• Ditador e Xefe da Cabaleiría• Tribuno da Plebe

CONTIDO: I.1-5: Reis latino-sabinos (753-616 a.C.) I.6-8: Reis etruscos (616-510 a.C.) I.9: Inicio da República (510 a.C.) I.10-11: Intentos Tarquinio por recupera-lo trono (510-502 a.C.)

CUESTIONARIO: I.1-2: Rómulo. Fundación de Roma.

• Cal é o ano da fundación mítica de Roma? • Cal é a causa do rapto das mulleres sabinas?• Que explica a lenda do rapto das sabinas? (non está expresamente

no texto)• Cal é a orixe do senado?

I.3: Numa Pompilio. Rei de orixe sabina.• Que é o salientable do reinado deste rei?

I.4: Tulo Hostilio. Amplía o territorio de Roma. I.5: Anco Marcio.

© Lorenzo Fraga Montero

Page 2: Guía de lectura; Eutropius I

GUÍA DE LECTURA E CUESTIONARIO DO BREVIARIVM EVTROPII

• Que cidade importante fundou na desembocadura do Tíber? (non está expresamente no texto)

I.6: Tarquinio o Vello (Prisco). Primeiro rei etrusco. (616-578 a.C.). • Que edificios ou áreas da cidade de Roma constrúense ou inician a

súa construción? I.7: Servio Tulio (578-534 a.C.).

• Servio Tulio foi o primer gobernante romano en ordenar que? I.8: Lucio Tarquinio o Soberbio (534-510 a.C.).

• Segundo a tradición romana, cal é a causa da súa deposición coma rei de Roma?

• Quen, segundo a tradición, é o promotor e líder da revolta? I.9: Inicio da República (509 a.C.). Cambio da estrutura de poder, no

canto dun rei aparecen dous cónsules.• Cales son as dúas características que salienta Eutropio da

maxistratura do consulado?• Que se busca con elas?

I.10-11: Intentos de Tarquinio por recupera-lo trono de Roma (510-502 a.C.)

• Aceptou Tarquinio sen máis a perda do trono de Roma?• Quen prestou apoio a Tarquinio?

I.12: Novo intento de recupera-lo trono de Roma, polo xenro de Tarquinio (501 a.C.). Creación da maxistratura de Dictador (e o seu segundo, o Xefe de Cabaleiría).

• Que maxistratura é creada neste ano (501 a.C.)?• Que característica salientable ten fronte ó consulado?

I.13: Revolta da plebe (“sececión”) e creación dos Tribunos da Plebe (494 a.C.).

• Que maxistratura creouse neste ano (494 a.C.)?• Cal é a función destes novos maxistrados?

I.14-15 (493-492 a.C.). Toma da cidade de Coriolos. Expulsión de Quinto Marcio Coriolano. Coriolano lidera un exército contra Roma.

• Quen consegue que Coriolano non conquiste Roma co seu exército?• Que é o que salienta Eutropio de Coriolano?• Le un pouco máis sobre a lenda do rapto das sabinas (Tito Livio

I.13), e di en que se parece esta lenda a de Coriolano. I.16 (479 a.C.): guerra da gens Fabia contra a cidade etrusca de Veies.

• Cal é a consideración que lle merecen a Eutropio os Fabios? I.17 (478 a.C.): Lucio Quincio Cincinato.

• Que está a facer Cincinato cando é nomeado dictador? I.18 (451 a.C.): Sustitución dos cónsules por un “comité” de dez homes

© Lorenzo Fraga Montero

Page 3: Guía de lectura; Eutropius I

GUÍA DE LECTURA E CUESTIONARIO DO BREVIARIVM EVTROPII

(decénviros).• Quen sustitúe ós cónsules no ano 451 a.C.?• A que outra lenda recórdache a de Virxinia?• Como reacciona ó pai de Virxinia ante o acontecido?• Fai unha breve consideración sobre o que supón para a muller a

violación na Roma antiga, e as súas repercusións. Pon en relación isto coa situación da muller hoxe e no pasado máis recente na nosa sociedade.

I.19 (438 a.C.): loitas de Roma contra os veciños. I.20 (418/5-390/87): Furio Camilo é a figura unificadora da narración.

Loita contra os etruscos (Veies); é expulsado por ser acusado de non repartir adecuadamente o botín (véxase I.15 expulsión de Q. Marcio Coriolano); volve para liberar Roma.

• Que pobo causa ós romanos unha das derrotas militares máis importantes da súa historia?

© Lorenzo Fraga Montero