Guía de autores galegos

17
Anxos Romeo (A Estrada - Pontevedra, 1965). Pintora e poeta. É Licenciada en Belas Artes e participou en varias mostras artísticas dende 1993 entre as que destacan a exposición "Dezaseis Artistas Galegos" (Passau, Alemania) ou o "Mail Art-Aktion" co motivo do Día Internacional da Muller. En 1996 publica o poemario A estatua.

Transcript of Guía de autores galegos

Page 1: Guía de autores galegos

Anxos Romeo (A Estrada - Pontevedra, 1965). Pintora e poeta. É Licenciada en Belas Artes e participou en varias mostras artísticas dende 1993 entre as que destacan a exposición "Dezaseis Artistas Galegos" (Passau, Alemania) ou o "Mail Art-Aktion" co motivo do Día Internacional da Muller. En 1996 publica o poemario A estatua.

Page 2: Guía de autores galegos

Emma Couceiro (Cospeito - Lugo, 1977).Nos seus anos de estudiante de Filoloxía Hispánica, Emma Couceiro colabora con Yolanda Castaño organizando varios ciclos de "Recitais na Facultade" para dar a coñecer no mundo universitario a voz dos

poetas máis xoves. Posteriormente participou no proxecto editorial colectivo de Letras de Cal e publicou os seus versos en multitude de revistas literarias.

Page 3: Guía de autores galegos

Emma Pedreira Lombardía (A Coruña, 1978). Licenciada en Filoloxía Hispánica, ten dirixido talleres literarios ademáis de participar no Colectivo Poético Humilladoiro. Como narradora publicou a novela Bestiario de silencios (2001) e foi galardoada con varios premios de narrativa curta como o Modesto Figueiredo por Casa tomada (2001) e o Concello de Marín.

Page 4: Guía de autores galegos

Estevo Creus (Cee - A Coruña, 1971) Psicólogo de profesión, é membro fundador da editorial de poesía Letras de Cal así co mo do Grupo de Teatro Talía. Deuse a coñecer como poeta a través das actividades do Batallón Literario da Costa da Morte e, sobre todo, das súass obras colectivas: Nós ( Nosotros , 1997) e Mar por medio (1998).

Page 5: Guía de autores galegos

Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974). Publicou os libros Pan (libro de ler e desler), premio Esquío, 1999; -orama, 2002; número e, premio Espiral Maior 2001 (de próxima aparición). Recibiu o premio Díaz Xácome para Novos Creadores (Mondoñedo, 2001). Ten participado en Mujeres de carne y verso, 2002; 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez, 2002.

Page 6: Guía de autores galegos

María do Cebreiro (Santiago, 1976) é escritora e investigadora no ámbito da Teoría da Literatura e Literatura Comparada. É autora dos libros de poemas O estadio do espello (1998) e (Nós, as inadaptadas) (2002), accésit do Premio Esquío. Publicou, ademáis, o poema largo pérfida erín , en edición dixital (2001), e a serie Atlas (2003).

Page 7: Guía de autores galegos

María Lado (Cee - A Coruña, 1979) Licenciada en Filoloxía Galega, María Lado adícase profesionalmente ao teatro. Dende os seus inicios vinculouse ao Batallón Literario da Costa da Morte e así os seus primeiros poemas figuran nos libros editados por este grupo: Nós ( Nosotros , 1997) e Mar por medio (1998).

Page 8: Guía de autores galegos

Martín Veiga (Noia - A Coruña, 1970). Licenciado en Filología Gallego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de

Compostela. É poeta, profesor, tradutor e crítico literario. Colabora en prensa, revistas literarias e libros colectivos con ensaios, artigos, poemas e traducións ao galego de autores de lingua inglesa.

Page 9: Guía de autores galegos

Miro Villar (Cee - A Coruña, 1965), poeta e narrador, licenciado en Filoloxía Galega, colabora como crítico literario en diversas revistas. Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, do Comité de Redacción da revista Dorna e do Consello Editorial da colección de poesía “Ablativo Absoluto” de Edicións Xerais de Galicia.

Page 10: Guía de autores galegos

Modesto Fraga (Fisterra - A Coruña, 1974) As primeiras aportacións de Modesto Fraga á poesía galega remontanse á súa participación nas actividades levadas a cabo polo Batallón

Literario da Costa da Morte. Así, os seus primeros versos publicados figuran no volume De mar e vento (De mar y viento, 1997) onde colaboran outros catro autores pertencentes ao Batallón.

Page 11: Guía de autores galegos

Olga Novo (Vilarmao - Pobra do Brollón, 1975). Licenciada en Filoloxía galego - portuguesa, exerce a docencia na ensinanza secundaria. Colaborou en numerosos medios e publicacións literarias especializadas como Unión Libre. Cadenos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura o Ínsula, entre outras.

Page 12: Guía de autores galegos

Rafa Villar (Cee - Costa da Morte, 1968) Licenciado en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi cofundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal . Na actualidade forma parte da directiva da Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG).

Page 13: Guía de autores galegos

Rafael Lema (Ponte do Porto - A Coruña, 1967) Licenciado en Ciencias Ambientais, Imaxe e Son, así como en Filoloxía Hispánica, Rafael Lema traballou en diversos medios de prensa e radio. Presidente do colectivo ecoloxista PX, novelista (Flores negras, 1998 e Capitán Araña, 1999) e poeta, gañou algúns dos máis prestixiosos premios galegos.

Page 14: Guía de autores galegos

Baldo Ramos (Celanova - Ourense, 1971) Poeta e artista plástico, a súa obra indaga nos espacios que comparten a poesía e a pintura. Os seus libros de autor - Signos de cinza, As follas da memoria, Frontera sur, Ut pictura poesis - son o froito desta fusión. Publicou catro libros de poesía ata o momento: Raizames, A árbore da cegueira, Los ojos de las palabras y El sueño del murciélago.

Page 15: Guía de autores galegos

Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) Licenciada en Filoloxía Hispánica, Yolanda Castaño organizou durante os seus anos de estudiante universitaria -xunto con Emma Couceiro- varios ciclos de "Recitais na Facultade" nos que participaron os máis xoves poetas galegos. Participa no proxecto colectivo Letras de Cal e fundou a revista Valdeleite con Olga Novo.

Page 16: Guía de autores galegos

AutóctonosAutóctonosXoves Escritores GalegosXoves Escritores Galegos

Page 17: Guía de autores galegos