GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15....

26
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS Xerencia GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL Edición: 8 Data: 18/05/20 Páxina 1 de 26 ÍNDICE 1. Introdución 2. Propagación e síntomas do COVID-19 3. Medidas preventivas antes de acudir ao traballo 4. Medidas preventivas no desprazamento ao traballo 5. Risco por exposición ao COVID-19 no traballo 6. Medidas xenéricas de protección 7. Condicións dos centros e lugares de traballo 8. Lugares de aseo 9. Vestiarios 10. Máquinas expendedoras 11. Garantir a distancia mínima de seguridade entre persoas a. Lugares de traballo b. Zonas comúns c. Vías de circulación d. Utilización de barreiras físicas e. Acceso ao centro 12. Medidas específicas adicionais para determinadas actividades a. Postos de administración b. Atención ao público c. Servizo Universitario de Residencias d. Reunión e. Condución de vehículos f. Bibliotecas g. Servizo de correo h. Conserxerías i. Actividades de mantemento (Infraestruturas) j. Laboratorios 13. Coordinación de actividades empresariais 14. Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente síntomas 17. Ao saír do traballo 18. Máis información sobre o COVID-19

Transcript of GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15....

Page 1: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 1 de 26

ÍNDICE

1. Introdución

2. Propagación e síntomas do COVID-19

3. Medidas preventivas antes de acudir ao traballo

4. Medidas preventivas no desprazamento ao traballo

5. Risco por exposición ao COVID-19 no traballo

6. Medidas xenéricas de protección

7. Condicións dos centros e lugares de traballo

8. Lugares de aseo

9. Vestiarios

10. Máquinas expendedoras

11. Garantir a distancia mínima de seguridade entre persoas

a. Lugares de traballo

b. Zonas comúns

c. Vías de circulación

d. Utilización de barreiras físicas

e. Acceso ao centro

12. Medidas específicas adicionais para determinadas actividades

a. Postos de administración

b. Atención ao público

c. Servizo Universitario de Residencias

d. Reunión

e. Condución de vehículos

f. Bibliotecas

g. Servizo de correo

h. Conserxerías

i. Actividades de mantemento (Infraestruturas)

j. Laboratorios

13. Coordinación de actividades empresariais

14. Equipos de protección individual

15. Persoal especialmente sensible

16. Actuación en caso de que un traballador/a presente síntomas

17. Ao saír do traballo

18. Máis información sobre o COVID-19

Page 2: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 2 de 26

1. INTRODUCIÓN

A presente Guía ten como obxectivo determinar as condicións dos lugares de traballo e as

medidas preventivas e de protección persoal necesarias fronte á propagación da COVID-19 para

o desenvolvemento das actividades presenciais que se realizan na USC, de acordo co disposto na

Orden SND/399/2020, de 9 de mayo para la flexibilización de determinadas restricciones de

ámbito nacional, establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase

1 del plan para la transición hacia una nueva normalidad e a Resolución reitoral do 7 de maio

de 2020 pola que establece o protocolo de actuación para a aplicación do “plan para la

transición hacia una nueva normalidad”, aprobado por Consello de Ministros o pasado 28 de

abril de 2020 (fase 1), que implica á volta ao traballo presencial de determinadas actividades que

precisan ter en consideración medidas específicas de protección fronte á propagación da

COVID-19.

Asemade, a determinación das medidas de prevención e protección fronte á propagación da

COVID-19 teñen como documentación legal e técnica de referencia o establecido no

Procedimiento de actuación para los servicios de prevención de riesgos laborales frente a la

exposición al sars-cov-2 do Ministerio de Sanidade de 30/04/2020, o documento Buenas

prácticas en los centros de trabajo do Ministerio de Sanidade de 11/04/2020, a Guía de

recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus da Xunta de Galicia de

12/04/2020 e o documento Medidas preventivas generales para garantizar la separación entre

trabajadores frente a covid-19 do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST)

de 09/04/2020.

As medidas de prevención e protección relacionadas nesta Guía están orientadas á protección

fronte á propagación da COVID-19 e en ningún caso substitúen as medidas a adoptar en cada

posto de traballo para prevención dos riscos laborais, recollidas nas avaliacións de riscos dos

distintos centros da USC. Igualmente seguen sendo de cumprimento obrigado as distintas normas

Page 3: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 3 de 26

de seguridade elaboradas para control dos riscos de determinadas actividades, como as realizadas

para os laboratorios de investigación, entre outras.

Esta Guía está suxeita ás revisións que sexan precisas en función da evolución da situación de

pandemia pola COVID-19 e de posibles actualizacións das referencias de carácter legal e técnico

que poidan levar a cabo as autoridades competentes na materia.

2. PROPAGACIÓN E SÍNTOMAS DO COVID-19

Propágase principalmente de persoa a persoa por medio das microgotas de saliva e das

secrecións nasais dunha persoa infectada que infectarían a outra persoa se entran en contacto co

seu nariz, os seus ollos ou a súa boca. Parece pouco probable a transmisión polo aire a distancias

maiores de dous metros, aínda que se conta con opinións técnicas que sosteñen a posibilidade da

súa transmisión por aerosoles que permitirían que o virus permanecera por un tempo no aire.

Os síntomas máis comúns inclúen febre, tose e sensación de falta de aire. Nalgúns casos tamén

pode haber síntomas dixestivos como diarrea e dor abdominal. A maioría dos casos presentan

síntomas leves. En casos máis graves, a infección pode causar pneumonía, dificultade importante

para respirar, fallo renal e mesmo a morte. Os casos máis graves xeralmente ocorren en persoas

de idade avanzada ou que padecen algunha enfermidade crónica, como enfermidades do corazón,

do pulmón ou problemas de inmunidade.

3. MEDIDAS PREVENTIVAS ANTES DE ACUDIR AO TRABALLO

Non acudir ao traballo, chamar ao teléfono de atención ao COVID-19 ou ao centro de atención

primaria e seguir as instrucións recibidas en caso de:

- Presentar sintomatoloxía relacionada co COVID-19.

Page 4: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 4 de 26

- Ter estado en contacto estreito con persoas, que presentaban síntomas de estar infectadas, a

unha distancia menor de 2 metros durante 15 minutos.

- Ter compartido espazo, sen gardar a distancia mínima de 2 metros, con persoa infectada.

En caso de ser vulnerable (maior de 60 anos, muller embarazada, ou padecer enfermidades de

tipo hipertensión arterial, cardiovascular, diabetes, pulmonar crónica, cancro ou

inmunodepresión), contactar co Servizo de Vixilancia da Saúde por correo electrónico (Lugo:

[email protected] , Santiago: [email protected]@usc.gal ) ou de

xeito telefónico nos seguintes números: Santiago: 881 814520 (Extensións 14520 e 33331)

Lugo: 982 822 444 (Extensións 22444 e 22446), por se procedera permanecer nunha situación de

illamento a efectos laborais.

En calquera destas situacións, o traballador/a deberá poñer en coñecemento do superior

xerárquico esta circunstancia coa maior brevidade posible, quen á súa vez o comunicará á

Xerencia ([email protected] ) .

4. MEDIDAS PREVENTIVAS NO DESPRAZAMENTO AO TRABALLO

- Procurar utilizar as opcións de mobilidade que mellor garantan a distancia de 2 metros.

- Gardar a distancia de 2 metros andando pola rúa.

- Nos desprazamentos en coche, extremar as medidas de limpeza, non ir máis de dous

ocupantes por fila de asentos, manter a distancia máxima posible e utilizar máscara.

- Nos desprazamentos en transporte público (autobús ou tren) gardar a distancia de seguridade

co resto dos ocupantes e utilizar máscara.

5. RISCO POR EXPOSICIÓN AO COVID-19 NO TRABALLO

Page 5: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 5 de 26

As medidas de prevención e protección que se recollen na presente Guía deben entenderse

referidas a persoal que ten unha baixa probabilidade de exposición en tanto que non teñen que

prestar atención directa ao público ou, se a teñen, se produce a máis de dous metros de distancia,

ou dispoñen de medidas de protección colectiva que evitan o contacto, como anteparos de cristal

ou outras.

Deberá informarse ao Servizo de Prevención de Riscos, para realización de avaliación específica

para valoración e proposta de medidas de control, no caso de darse unha das outras seguintes

condicións de traballo:

- Exposición de risco: aquelas situacións laborais nas que se pode producir un contacto

estreito cun caso posible, probable ou confirmado de infección polo SARS-CoV-2,

sintomático.

- Exposición de baixo risco: aquelas situacións laborais nas que teña lugar unha relación cun

caso posible, probable ou confirmado, sen que teña lugar un contacto estreito.

Enténdese por “contacto estreito” cando se proporcionara coidados (persoal sanitario, por

exemplo) mentres o caso presentaba síntomas sen utilizar as medidas de protección adecuadas ou

cando se convivira cun caso mentres presentaba síntomas a unha distancia menor de 2 metros

durante un tempo de polo menos 15 minutos.

6. MEDIDAS XENÉRICAS DE PROTECCIÓN

- Manter a distancia de seguridade mínima de 2 metros.

- Evitar o saúdo con contacto físico. Non dar a man.

- Lavado frecuente das mans con auga e xabón durante un mínimo de 40 segundos antes de

entrar nos lugares de traballo e ao saír.

- Lavado reiterado das mans despois de contacto con obxectos e superficies.

Page 6: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 6 de 26

- Poden utilizarse preparados/solucións de base alcohólica. Se as mans están

sucias/contaminadas deben lavarse con auga e xabón antes de usar estes produtos.

- Taparse a boca e o nariz cun pano desbotable ou, no seu defecto, coa parte interior do

cóbado, ao tusir ou esbirrar. Os panos e resto de material desbotable depositaranse na bolsa

de lixo que se habilite a tal efecto.

- Minimizar o contacto das mans coa boca, ollos e nariz a menos que se lavaran previamente.

- Evitar compartir obxectos, materiais ou utensilios de traballo.

- Os utensilios e material a utilizar deben desinfectarse previamente.

- Evitar os desprazamentos entre edificios e centros de traballo e permanecer no lugar de

traballo.

- Reforzar as medidas de hixiene persoal en ambientes de traballo e en calquera escenario de

exposición.

7. CONDICIÓNS DOS CENTROS E LUGARES DE TRABALLO

- Ventilar diariamente as dependencias dos lugares de traballo. Ventilaranse centros e

dependencias a diario, e por un tempo mínimo de 5 minutos. Evitar a recirculación do aire e

reforzar a limpieza dos filtros de aire.

- Limpeza e desinfección de lugares, equipos de traballo e interior de vehículos. Limpeza

diaria de todas as superficies.

- Limpar con máis frecuencia e con especial atención as superficies de contacto frecuente:

interruptores, tiradores das portas, teléfonos, teclados, ratos de ordenador, etc. Deberase

quitar o po depositado nas mesas ou obxectos con auga e xabón e non con trapos secos.

- Limpar a área de traballo utilizada por un traballador/a en cada cambio de quenda ou

xornada.

- Asegurarse de contar con reservas de material para a limpeza das instalacións: Xabón ou

deterxente normal, luvas de limpeza, lixivia e produtos habituais de limpeza.

Page 7: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 7 de 26

- Contar con dispensadores nos lugares de traballo para continuada limpeza de mans e

superficies e xel hidroalcohólico desinfectante.

- Contar con caixas de panos desbotables nos lugares de traballo, en especial nos que exista

atención ao público.

- Manter un aprovisionamento adecuado de xabón, solución de base alcohólica e panos

desbotables.

- Colocar recipientes con bolsas de lixo para tirar o material desbotable utilizando contedores

protexidos con tapa e, a ser posible, accionados por pedal. No caso de que un traballador/a

presente síntomas no posto de traballo illarase o contedor onde depositara panos e outros

produtos desbotables usados.

- O persoal que realice a recollida do lixo deberá utilizar luvas e pechar as bolsas de plástico

para depositalas no colector correspondente.

- Clausurar as fontes de auga. Cada traballador/a debe levar a súa propia botella de auga.

- Utilizar os ascensores de forma individual, optando preferentemente pola utilización das

escaleiras. Colocar carteis indicativos ao respecto en cada ascensor. As persoas que precisen

de asistencia poderán levar acompañante.

- Manter as portas abertas para diminuír a manipulación dos tiradores para apertura e peche,

sempre e cando non xere risco de roubos ou correntes de aire.

- Colocar os carteis sobre o COVID-19 en espazos comúns.

- Colocar dispensadores de solución hidroalcohólica á entrada de edificios.

8. LUGARES DE ASEO

- Limpeza dos espazos e o máis meticulosa posible nos baños. Farase cunha periodicidade de 6

veces ao día se se trata de aseos públicos. A limpeza recomendase facela en húmido, sempre

que sexa posible non se deberá varrer senón aspirar.

- Asegurarse de contar con reservas de material para a limpeza das instalacións: Xabón ou

deterxente normal, luvas de limpeza, lixivia e produtos habituais de limpeza.

Page 8: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 8 de 26

- Asegurarse de ter dispoñibilidade de material de hixiene persoal nos aseos: Xabón para lavar

as mans de dispensación individual, panos desbotables, papel hixiénico, cubos con tapa e con

apertura de pedal e bolsas do lixo de plástico.

- Colocar carteis informativos sobre o lavado de mans en todos os baños.

- Os aseos serán de uso individual. As persoas que precisen de asistencia poderán levar

acompañante.

- Adecuar a utilización dos aseos e organizar a circulación de persoas de forma que se garanta

sempre a distancia mínima de 2 metros.

9. VESTIARIOS

- En caso de ser compatible coa actividade a realizar, estudiarase a posibilidade de que,

provisionalmente, se pechen os vestiarios e o traballador/a acuda coa roupa de traballo desde

a casa.

- Adoptar medidas para garantir a distancia de seguridade de 2 metros. De ser preciso, limitar

o aforo e establecer entradas e saídas graduais.

- No caso de que fora imprescindible utilizar duchas colectivas, deixar espazos libres de forma que

se garanta a distancia de seguridade. Tamén se pode optar por entradas graduais en grupos

reducidos para minimizar os contactos.

- Reforzar as medidas de limpeza.

- Non xuntar a roupa de traballo coa roupa persoal. Utilizar armarios diferenciados.

10. MÁQUINAS EXPENDEDORAS

- Colocar sinalización no chan, mediante cinta adhesiva ou similar, para asegurar respectar a

distancia de seguridade de 2 metros cando sexa previsible que poida haber colas.

- Colocación de dispensadores de xel hidroalcohólico e panos desbotables.

- Colocar carteis que recorden o lavado de mans antes e despois de pulsar os botóns.

Page 9: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 9 de 26

- Manter as condicións hixiénica das máquinas e asegurar a limpeza pormenorizada das

superficies de contacto habitual.

11. GARANTIR A DISTANCIA MÍNIMA DE SEGURIDADE ENTRE PERSOAS

Reducirase ao máximo o número de traballadores/as presentes para garantir en todo momento a

distancia de seguridade entre persoas de 2 metros.

Unha das medidas que pode contribuír a este obxectivo, e mesmo a resolver necesidades de

conciliación, sería a creación e modificación de quendas de traballo que eviten a posibilidade de

aglomeracións.

En todo caso, cando o número de traballadores/as poida dificultar manter en todo momento a

distancia mínima de seguridade (en lugares de traballo, zonas de paso, vías de circulación, zonas

comúns, etc.), adoptaranse as medidas organizativas que de seguido se relacionan.

Das medidas concretas que se implanten en cada centro para garantir a distancia mínima de

seguridade entre persoas, deberase informar aos traballadores/as e a outras persoas alleas ao

centro que teñan que acceder a el (usuarios, mantemento, empresas externas, etc.).

a) Lugares de traballo

- Calcular o aforo máximo para cada lugar de traballo, tendo en conta a súa superficie,

mobiliario, equipos de traballo, etc. Aparte do número de traballadores/as terase en conta a

posible afluencia de persoas alleas ao posto de traballo.

- No caso de postos de traballo estáticos (como oficinas), de ser preciso poderase acoutar e

sinalizar (cinta adhesiva ou similar) o espazo de traballo, garantindo a distancia de 2 metros

entre traballadores/as e coas zonas de paso. De ser necesario, distribuír os espazos

Page 10: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 10 de 26

(mobiliario, corredores, etc.), de forma que permitan garantir o mantemento da distancia de

seguridade de 2 metros.

- Cando a actividade requira continuos desprazamentos (como tarefas de mantemento), cada

traballador/a terá asignadas zonas específicas, responsabilizándose de respectalas. Se a

situación o require, tamén se poderán establecer vías de circulación interiores, dentro da zona

de traballo, sinalizando os itinerarios a seguir de forma que se garanta sempre a distancia de

seguridade entre as persoas presentes no lugar de traballo.

- Organizar a circulación por todo o lugar de traballo (zonas de paso) de xeito que se garanta

sempre a distancia mínima de seguridade entre persoas.

b) Zonas comúns

- Limitar o aforo das zonas de uso común (aseos, zonas de descanso, etc.) de acordo coas súas

dimensións, mobiliario, número de traballadores/as presentes e posible afluencia de persoas

alleas, de forma que se garanta en todo momento a distancia mínima de seguridade entre

persoas de 2 metros.

- Cando as dimensións dalgunha zona común (como os aseos) sexa reducida, utilizaranse

individualmente. Poderán empregarse sinais para indicar que esta zona está ocupada e que se

deberá agardar quenda a distancia de 2 metros da porta.

- Utilizar os ascensores de forma individual, optando preferentemente pola utilización das

escaleiras. Colocar carteis indicativos ao respecto en cada ascensor. As persoas que precisen

de asistencia poderán levar acompañante.

c) Vías de circulación

- Organizar a circulación por todo o centro (corredores, zonas de paso, saídas, escaleiras, etc.)

de xeito que se garanta sempre a distancia mínima de seguridade entre persoas de 2 metros.

Page 11: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 11 de 26

- Nas vías de circulación, como corredores e escaleiras, sempre que o ancho permita a

separación mínima de 2 metros, circular xunto á parede da dereita deixando o lado esquerdo

para o sentido contrario. No mesmo sentido circularase en fila india, non en paralelo,

deixando a distancia mínima entre persoas de 2 metros. O sentido dos percorridos poderá

sinalizarse mediante cinta adhesiva ou similar.

- De ser preciso, establecer as vías de circulación, sinalizando os itinerarios a seguir para

acceso e saída do centro e lugares de traballo, evitando cruce de persoas e garantindo en todo

momento a distancia mínima de seguridade de 2 metros.

- Se o local dispón de un único corredor e non ten ancho suficiente para garantir dúas filas

separadas por 2 metros, regular a circulación de xeito que non cheguen a cruzarse dúas

persoas. Dependendo da configuración das vías de circulación, poderanse definir e sinalizar

percorridos de sentido único ou sinalizar que sentido de circulación ten preferencia para

evitar cruce de persoas.

- En caso de emerxencia mantéñense as vías de evacuación establecidas nos plans de auto

protección.

d) Utilización de barreiras físicas

- Como medida alternativa ás anteriores poderían utilizarse, caso de considerarse como máis

axeitada á situación, barreiras físicas, como anteparos de material transparente, resistente e

fácil de limpar e desinfectar.

- Puidera ser utilizable esta medida para separación de traballadores/as entre si, entre

traballadores/as e persoal alleo ao lugar de traballo ou en vías de circulación para separación

de sentidos de percorrido.

Page 12: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 12 de 26

e) Acceso ao centro

- Cando sexa posible, utilizar portas de entrada e saída independentes, sinalizándoas

convenientemente ao igual que o sentido dos percorridos.

- En todo caso, organizar a entrada e saída de centro e lugar de traballo de xeito que se impida

o cruce de persoas.

- No caso de que a afluencia de persoas así o requira, establecer horarios de entrada e saída ao

centro que permitan un acceso gradual. De ser preciso, sinalizar no exterior as marcas

necesarias para que as persoas que accedan ao centro manteñan entre si a distancia de

seguridade

- A distancia mínima de 2 metros deberá respectarse tamén no caso de acceso ás instalacións

de persoas alleas, como usuarios, subministradores ou concorrencia de actividades con

persoal de empresas externas que realicen actividades nas mesmas instalacións, como

limpeza ou mantemento.

- As saídas de emerxencia se deberán seguir utilizando para situacións de evacuación en caso

de emerxencia e manteranse libres de obstáculos.

De non poder asegurarse de forma eficaz a separación mínima de 2 metros, facilitar protección

respiratoria (máscara autofiltrante FFP2 ou FFP3 UNE-EN149 ) e luvas de protección UNE-EN

ISO374.5.

12. MEDIDAS ESPECÍFICAS ADICIONAIS PARA DETERMINADAS ACTIVIDADES

a) Postos de administración

- Seguir priorizando o teletraballo e facilitar as reunións por videoconferencia.

- Limitar ao máximo o emprego e circulación de documentos en papel. A ter en conta que o

virus pode permanecer no papel ata 4 ou 5 días.

Page 13: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 13 de 26

- Non compartir obxectos nin materiais.

- Lavado/desinfección das mans despois da manipulación de calquera documento, obxecto ou

material recibido.

- Lavado/desinfección das mans antes e despois de utilizar luvas e máscaras.

- Desinfección das superficies e equipos cos que se tivera contacto, ao remate das actividades.

- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das

actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de obxectos.

- Dispoñer de dispensadores de solución hidroalcohólica.

- Utilizar caixas ou bandexas para que os usuarios/as depositen nelas os documentos evitando

así o contacto directo.

- En función das actividades presenciais a realizar en cada centro, determinar número

imprescindible de persoas que se debe incorporar ao traballo, despachos e postos de traballo

a ocupar.

- De ser necesario, para diminuír o número de persoas presentes, establecer quendas e horarios

flexibles de xornada de traballo.

- De ser posible, cada despacho será ocupado por unha única persoa.

- No caso de que o número de traballadores/as presentes poida dificultar manter en todo

momento a distancia mínima de seguridade de 2 metros (en despachos, vías de circulación

e/ou espazos comúns), adoptaranse as medidas organizativas enumeradas no apartado 11

desta Guía.

- No caso de que non fora posible garantir a o cumprimento da norma de gardar a separación

mínima de 2 metros entre persoas, facilitaranse equipos de protección respiratoria (máscara

autofiltrante FFP2 ou FFP3 UNE-EN149 ) e luvas de protección UNE-EN ISO374.5.

b) Atención ao público

- A atención ao público realizarase, preferentemente, de forma telefónica ou telemática.

Page 14: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 14 de 26

- De ser necesaria a atención presencial, de ser posible programarase establecendo unha

atención individualizada mediante sistema de citas previas. Neste caso adoptaranse as

seguintes medidas:

• Garantirase que a atención se realice gardando sempre a distancia mínima de 2 metros

ou a separación do usuario/a mediante interposición de barreira física. De non poder

asegurar de forma eficaz esta separación, facilitar protección respiratoria (máscara

autofiltrante FFP2 ou FFP3 UNE-EN149) e luvas de protección UNE-EN ISO374.5.

• Non compartir obxectos ou materiais.

• Lavado e desinfección das mans despois da manipulación de calquera material

recibido.

• Limpeza e desinfección das mans e superficies de traballo despois de atención a cada

persoa citada.

• Non tocarse a cara antes de lavar e desinfectar as mans.

- Para os casos nos que non sexa posible a atención telefónica ou telemática nin a atención

individualizada mediante previa cita, teranse en conta as seguintes medidas:

• A atención ao público realizarase a través de portelo. A persoa ou persoas que

atendan ao público protexeranse, preferentemente, mediante colocación de anteparos

de metacrilato ou similares. No seu defecto establecerase o sistema necesario para

garantir a separación mínima de 2 metros, por medio de sinalización horizontal ou

instalación de barreiras físicas de separación. De non poder asegurarse de forma

eficaz a separación, facilitar protección respiratoria (máscara autofiltrante FFP2 ou

FFP3 UNE-EN149 ) e luvas de protección UNE-EN ISO374.5.

• Non compartir obxectos ou materiais.

• Lavado e desinfección das mans despois da manipulación de calquera material

recibido.

• Limpeza e desinfección das mas e superficies de traballo despois de atención a cada

persoa.

Page 15: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 15 de 26

• Non tocarse a cara antes de lavar e desinfectar as mans.

• O aforo máximo do local onde se preste atención ao público deberá permitir cumprir

co requisito de distancia de seguridade entre persoas de 2 metros.

• De ser preciso, habilitaranse mecanismos de control de acceso nas entradas do local

de atención ao público, de xeito que se garanta en todo momento respectar a distancia

de seguridade entre persoas de 2 metros.

• De ser preciso, aplicaranse medidas para organizar as persoas que agarden no exterior

do local de atención ao público, debendo gardar todas elas a distancia de seguridade

de 2 metros.

• Informarase ao público sobre as medidas organizativas e sobre a obriga de cooperar

no seu cumprimento.

• De ser preciso, para cumprimento destas medidas, ademais da persoa ou persoas que

presten a atención ao público, contarase coa colaboración de persoal para informar e

ordenar a entrada, saída e espera das persoas usuarias.

c) Servizo Universitario de Residencias

- Os colexios maiores e as residencias universitarias distribuirán a todos os colexiais e

residentes información sobre o COBID-19 e as medidas hixiénicas a ter en conta.

- Os colexios maiores e residencias universitarias pecharán as salas de estudio e outras salas de

uso común que non sexan imprescindibles, como lavandería e algunha cociña.

d) Reunións

- Evitaranse as reunións presenciais, realizándose por videoconferencias.

- Se non fora posible evitar as reunións presenciais, adoptaranse as seguintes medidas:

• Garantirase a distancia de seguridade de 2 metros.

• Adaptarase o aforo para cumprir coa separación de 2 metros.

Page 16: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 16 de 26

• Cumprir coa distancia de seguridade no acceso e saída á sala de reunións.

• Non compartir obxectos e materiais.

• A sala deberá estar ventilada, limpa e desinfectada con anterioridade á celebración da

reunión.

• Ao finalizar a reunión procederase á limpeza e desinfección da sala.

• Colocar dispensadores de solución hidroalcohólica á entrada das salas de reunión.

e) Condución de vehículos

- Lavar as mans antes e despois da utilización do vehículo.

- Os condutores/as que compartan o vehículo con outras persoas deberán levar máscara.

- Tamén levarán máscara o resto dos ocupantes. O vehículo estará provisto dalgunha máscara

por se algún usuario/a non dispuxera dela.

- O vehículo deberá estar provisto de dispensador de solución hidroalcohólicas para hixiene

das mans, papel desbotable e papeleira con bolsa de lixo.

- O vehículo deberá ser utilizado en condicións de limpeza e desinfección.

- Unha vez finalizada a limpeza, e despois de quitar a máscara e as luvas, lavar as mans con

auga e xabón.

- Poderán desprazarse dúas persoas por cada fila de asentos, sempre que utilicen máscaras e

respecten a máxima distancia posible entre os ocupantes.

- Cando un vehículo sexa compartido por máis de un condutor, unha vez concluído cada

servizo, deberán desinfectarse todos os elementos de condución (volante, cambio de

marchas, etc.) e picaportes das portas.

Page 17: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 17 de 26

f) Bibliotecas

Actividades

- Os servizos a prestar pola biblioteca limitaranse a préstamo, devolución de fondos, lectura en

sala e información bibliográfica e bibliotecaria.

- Non se utilizarán ordenadores e catálogos de uso público.

- Cerraranse ao público as coleccións de libre acceso.

- Non se realizarán actividades culturais, de estudo en sala ou de préstamo interbibliotecario.

- Non estarán permitidas as actividades en grupo.

Tratamento dos fondos

- Someter a corentena os fondos devoltos durante 14 días. Non se desinfectarán libros nin

publicacións en papel.

- Os fondos en corentena se manterán illados dos demais e separados de zonas de tránsito e de

traballo. Tampouco se trasladarán en ascensores e montacargas

- Establecer un protocolo de recollida e manipulación de material devolto para garantir a

seguridade do persoal.

- Utilizar contedores específicos para recollida de fondos devoltos.

- Utilizaranse luvas desbotables para a manipulación dos obxectos e procederase ao posterior

lavado/desinfección de mans despois de cada uso.

- Lavado e desinfección diaria da roupa de traballo, o lavado realizarase a temperatura entre 60

e 90 grados centígrados.

- Se se utilizan carros para traslado de fondos, desinfectaranse unha vez remate o traslado.

Atención a usuarios/as

- Para atención ao público, ter en conta as recomendacións do apartado b) deste punto da

presente Guía.

Page 18: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 18 de 26

- Reducir o aforo para garantir distancia de seguridade, en todo caso non se superará o 30% do

aforo.

- Colocar obstáculos que impidan acceso de usuarios/as a zonas non habilitadas para a súa

circulación.

- Utilizarase a vía telemática de forma preferente, mediante solicitudes que se atenderán por

orde de recepción.

- O material solicitado estará preparado para recollida polo usuario/a no mostrador de

préstamo

- Os servizos presenciais solicitaranse mediante sistema de cita previa e serán atendidos por

orde de solicitude.

- Os usuarios/as respectarán en todo momento a distancia de seguridade. Poderá colocarse

sinalización no chan para marcar a distancia e dirixir aos usuarios aos postos de atención.

- Se deberá poñer a disposición dos usuarios/as dispensadores de solucións hidroalcohólicas ou

desinfectantes.

- Os usuarios/as non deben manipular o material exposto, a busca dos fondos realizaraa o

propio persoal da Biblioteca.

- En caso de préstamo de portátiles o prazo de devolución será de un día. Procederase á súa

desinfección despois da súa devolución.

- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das

actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de equipos e materiais.

- Informar a usuarios/as das medidas de prevención fronte ao COVID-19 a respectar dentro

das instalacións e dos protocolos establecidos para prestación de servizos vía telemática.

g) Servizo de correo

- Utilizaranse luvas desbotables para a manipulación dos obxectos e procederase ao

lavado/desinfección de mans despois de cada uso.

- Utilización de máscara na clasificación do correo para evitar contaminar os obxectos.

Page 19: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 19 de 26

- Lavado/desinfección das mans despois da manipulación do correo.

- Ordenar o correo en recipientes separados para cada centro antes da súa distribución.

- Disporase de xel hidroalcohólico para desinfección das mans.

- Lavado diario da roupa de traballo a unha temperatura de lavado entre 60 e 90 grados

centígrados.

- Igual sistemática de lavado de sacas portadoras de correspondencia. Como alternativa, en vez

de sacas poderán utilizarse caixas de cartón (para sometelas a unha corentena, pode utilizarse

unha caixa para cada día da semana e centro).

- Cando se realice a carga/descarga de obxectos, depositarase en lugares específicos sen entrar

en contacto con ningunha persoa ou mantendo unha distancia mínima de dous metros.

- Utilizarase máscara sempre que na entrega e recollida de obxectos non se garanta a distancia

de seguridade de dous metros.

- En caso de ter que realizar tarefas que precisen da colaboración entre varias persoas, que impidan

manter a distancia de seguridade, deberían realizarse con equipos de protección individual:

máscara (FFP2), luvas de protección (UNE 374-5 y UNE 388) e gafas de montura integral (UNE

EN 166).

- Utilización de vehículos para traslado do correo

o Poderán desprazarse dúas persoas no vehículo utilizando máscara e respectando a

máxima distancia posible entre elas.

o Lavar as mans antes e despois da utilización do vehículo.

o O vehículo deberá estar provisto de dispensador de solución hidroalcohólicas para

hixiene das mans, papel desbotable e papeleira con bolsa de lixo.

o O vehículo deberá ser utilizado en condicións de limpeza e desinfección.

o Unha vez finalizada a limpeza, e despois de quitar a máscara e as luvas, lavar as mans

con auga e xabón.

o Cando un vehículo sexa utilizado por máis de un condutor, unha vez concluído cada

servizo, deberán desinfectarse todos os elementos de condución (volante, cambio de

marchas, etc.) e picaportes das portas.

Page 20: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 20 de 26

h) Conserxerías

- Serán de aplicación as normas de seguridade internas da USC para as tarefas de conserxería.

- Polo que respecta á atención ao público, será de aplicación o contido no apartado b) deste

punto da Guía.

- Impedir concentración de persoas nas proximidades e implantar as medidas para

cumprimento da distancia de seguridade.

- Para a carga/descarga de obxectos determinar lugares específicos para depositalos e impedir

así entrar en contacto con outras persoas e manter a distancia de seguridade.

- O mesmo se establecerá para o intercambio de documentación, podendo habilitar a tal efecto

caixas ou bandexas.

- En caso de ter que realizar tarefas que precisen da colaboración entre varias persoas, que impidan

manter a distancia de seguridade, deberían realizarse con equipos de protección individual:

máscara (FFP2), luvas de protección (UNE 374-5 y UNE 388) e gafas de montura integral (UNE

EN 166).

- Non compartir ferramentas, mobiliario, materiais ou obxectos.

- De existir material de uso común, limpalos antes e despois do seu uso

- Utilizaranse luvas desbotables para a manipulación dos obxectos e procederase ao

lavado/desinfección de mans despois de cada uso.

- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das

actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de equipos e ferramentas.

- Definir unha zona de espera para persoal de empresas externas, usuarios e visitas.

i) Actividades de mantemento (Infraestruturas)

- Serán de utilización os equipos de protección individual e as normas de seguridade internas

da USC correspondente a actividade realizada.

Page 21: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 21 de 26

- Utilizaranse os aseos e vestiarios de acordo co establecido nos puntos correspondentes desta

Guía.

- Organizarase o traballo de forma que se poida manter a distancia de seguridade de 2 metros.

- As tarefas que deban realizarse en colaboración entre varias persoas, que impidan manter a

distancia de seguridade, deberían realizarse con equipos de protección individual: máscara

(FFP2), luvas de protección (UNE 374-5 y UNE 388) e gafas de montura integral (UNE EN

166).

- Evitar compartir ferramentas e outros equipos de traballo.

- No caso do material de uso común, limpalos antes e despois do seu uso.

- Ao finalizar a actividade se desinfectaran todas as superficies e dispositivos susceptibles de

ser manipulados.

- Esta desinfección levarase a cabo entre quendas ou cambio de usuario/a cando o uso de

ferramentas e equipos de traballo sexa compartido.

- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das

actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de equipos e ferramentas.

- Levar sempre solución desinfectante e panos que se poidan desbotar.

- Lavado diario da roupa de traballo, a temperatura de lavado de entre 60 e 90 grados

centígrados.

- Cando se utilicen vehículos para traslado de persoas ou material, seguiranse as indicacións

do apartado e) do presente punto desta Guía.

j) Laboratorios

- Serán de utilización os equipos de protección individual correspondente a actividade

realizada e serán de obrigada observación as normas de seguridade para traballos en

laboratorios da USC.

- Non compartir material de laboratorio como pinzas, espátulas, ou outro material calquera.

- No caso de contar con material de uso común, limpalos antes e despois do seu uso.

Page 22: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 22 de 26

- Desinfectar o material unha vez finalizado o seu uso.

- En caso de ter que realizar tarefas que precisen da colaboración entre varias persoas, que impidan

manter a distancia de seguridade, deberían realizarse con equipos de protección individual:

máscara (FFP2), luvas de protección (UNE 374-5 y UNE 388) e gafas de montura integral (UNE

EN 166).

- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente á entrada e saída do

laboratorio, antes e despois de poñer as luvas e as máscaras e antes e despois do uso de

equipos e ferramentas.

- Impedir o acceso ao interior do laboratorio ás persoas alleas ao mesmo.

- As mostras depositaranse en caixas habilitadas a tal efecto evitando contacto con usuarios/as.

- Lavar as mans antes e despois de manipular as mostras.

13. COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS

En relación con empresas externas que realicen actividade en centros e instalacións da USC:

- Deberá eliminarse, na medida do posible a presenza de provedores, visitas e outras persoas non

imprescindibles para o mantemento da actividade.

- Asegurar o intercambio coas empresas externas de información das normas de prevención e

incidencias en relación coa COVID-19.

- Asegurar que as empresas externas coñezan as normas da USC para os centros de traballo nos

que realicen a súa actividade.

- Ter en conta a presenza de persoal de empresas externas en centros da USC para a aplicación das

medidas para asegurar a distancia mínima de seguridade. Esta mesma consideración se terá en

conta no caso dos usuarios/as.

No caso de que persoal da USC realice actividades laborais en empresas externas:

- Os lugares de traballo aos que se despracen deberán contar coas condición hixiénicas e de

distanciamento entre persoas requiridas para evitar a propagación da COVID-19.

Page 23: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 23 de 26

- No caso de que a empresa externa non as proporcionara de antemán, deberán requirírselle as

normas coas que conte para control da infección por COVID-19.

- De ser preciso, dadas as característica do traballo e do desprazamento, se deberá proporcionar aos

traballadores/as que se despracen material desinfectante.

- Igualmente se deberá proporcionar aos traballadores/as que se despracen os equipos de

protección (máscaras e luvas de protección) que precisen.

- Os traballadores/as da USC que realicen actividades en empresas externas terán acceso ás

actividades formativas que se impartan en relación coa COVID-19.

- Aos traballadores/as da USC que de despracen se lles deberá proporcionar as normas de

protección fronte á COVID-19.

14. EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

- En situacións específicas que poidan facer imposible cumprir coa norma de gardar a

separación mínima de 2 metros entre persoas, para protección de persoal especialmente

sensible ou a demanda do persoal, facilitar protección respiratoria (máscara autofiltrante

FFP2 ou FFP3 UNE-EN149 ) e luvas de protección (UNE-EN ISO374.5).

- Para evitar contaxios, os casos posibles, probables ou confirmados de COVID-19 deben

levar, preferentemente, máscara cirúrxica (UNE-EN 14683:2019+AC:2019) en vez de FFP2.

- Despois de retirarse, a máscara debe depositarse nos contedores habilitados para recollida de

material desbotable. No caso de que sexa reutilizable limparase e desinfectarase despois do

seu uso seguindo as recomendacións do fabricante.

- Se as actividades realizadas poidan xerar bioaerosoles en concentracións elevadas,

utilizaranse máscara FFP3 sen válvula de exhalación.

- No caso de uso de máscara deben seguirse as seguintes pautas:

• Antes de poñela, lavar as mans con auga e xabón ou desinfectante de base alcohólica.

• Cubrir a boca e a nariz asegurándose de que non haxa espazos entre a cara e a

máscara.

Page 24: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 24 de 26

• Evitar tocar a máscara mentres se usa.

• Quitala por detrás, sen tocar a parte dianteira.

• Despois de desbotala en contedor habilitado para material desbotable, lavar as mans

con auga e xabón ou desinfectante de base de alcohólica.

- No caso de uso de luvas de protección debe terse en consideración:

• Despois de cada utilización deben quitarse, evitando tocar a súa parte externa e

depositarse no contedor habilitado para material desbotable.

• Mentres se estean utilizando hai que se conscientes de que, aínda que nos protexan a pel

das mans, podemos estar trasladando igualmente a contaminación desde as superficies

posiblemente contaminadas a outras ás que toquemos coas luvas.

• Se se utilizan luvas durante tempo prolongado, e realizando distintas tarefas e tocando

distintos obxectos e superficies, habería que lavar as mans como se non se levaran luvas.

• Hai que lavar/desinfectar as mans despois de desbotar as luvas.

15. PERSOAL ESPECIALMENTE SENSIBLE

Considéranse persoas vulnerables (especialmente sensibles a efectos de prevención de riscos

laborais) aquelas persoas con diabetes, enfermidade cardiovascular (incluída hipertensión),

enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo,

embarazo e maiores de 60 anos. O traballador/a que pertenza a un deses colectivos deberá pórse

en contacto co Servizo de Vixilancia da Saúde a través dos seguintes correos electrónicos

([email protected] e [email protected]) ou de xeito telefónico nos seguintes

números: Santiago: 881 814520 (Extensións 14520 e 33331) Lugo: 982 822 444 (Extensións

22444 e 22446).

Estas persoas poderán estar activas se están controladas as súas condicións clínicas e coas

debidas medidas de protección, correspondendo ao Servizo de Vixilancia da Saúde avaliar a

presenza de persoal da USC especialmente sensible en relación coa infección por SARS-CoV-2,

Page 25: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 25 de 26

establecer a natureza de especial sensibilidade e emitir informe sobre as medidas de prevención,

adaptación e protección, tendo en conta a existencia ou inexistencia de condicións que permitan

realizar o traballo sen elevar o risco propio da condición de saúde do traballador/a.

16. ACTUACIÓN EN CASO DE QUE UN TRABALLADOR/A PRESENTE SÍNTOMAS

- Se alguén do centro presenta síntomas como febre, tose e dificultade respiratoria, chamar ao

061 ou ao 900 400 116, seguir as instrucións das autoridades sanitarias e notificalo á USC a

través do correo electrónico [email protected] . COVID-19 é unha enfermidade que

se debe declarar obrigatoriamente ás autoridades sanitarias. Se se ten algunha dúbida ou

sospeita se pode consultar a información facilitada polo servizo de saúde:

https://coronavirus.sergas.es/ .

- Cando un traballador/a empece a presentar síntomas deberá comunicalo de forma inmediata

ao seu superior. Á persoa afectada se lle colocará máscara cirúrxica y se situará nunha zona

illada das demais persoas. As demais persoas presentes no lugar de traballo tamén utilizarán

protección respiratoria.

- Unha vez evacuada a persoa sintomática se procederá á limpeza da súa zona de traballo:

superficies, máquinas, ferramentas, obxectos ou dispositivos.

- O Servizo de Vixilancia da Saúde será o encargado de establecer os mecanismos para a

investigación e seguimento dos contactos estreitos, no ámbito das súas competencias, de

forma coordinada coas autoridades de saúde pública

17. AO SAÍR DO TRABALLO

- Gardar as distancias de seguridade na volta aos domicilios.

- Gardar as distancias e as medidas de prevención de contaxios e hixiene na súa casa, sobre

todo se conviven con persoas vulnerables.

Page 26: GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · Equipos de protección individual 15. Persoal especialmente sensible 16. Actuación en caso de que un traballador/a presente

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Xerencia

GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E

PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL

Edición: 8

Data: 18/05/20

Páxina 26 de 26

18. MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O COVID-19

- Pode accederse á información dos ministerios de Educación e de Sanidade, da Consellería de

Sanidade, así como á información dos organismos internacionais de relevancia contrastada

como a Organización Mundial da Saúde, os centros de control e prevención de enfermidades

etc.: Información sobre o COVID-19 .