GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor....

55
1 GUÍA DO ALUMNO 1º DE BACHARELATO: LINGUA GALEGA E LITERATURA MATERIAS COMÚNS Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Instituto de Ensino Secundario (IES) San Clemente Rúa San Clemente S/N 15705 Santiago de Compostela Teléfonos: 981 580496, 981 580366 Fax: 981 572190 Correo Electrónico: [email protected]

Transcript of GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor....

Page 1: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

1

GUÍA DO ALUMNO

1º DE BACHARELATO:

LINGUA GALEGA E LITERATURA

MATERIAS COMÚNS

Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Instituto de Ensino Secundario (IES) San Clemente

Rúa San Clemente S/N 15705 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 580496, 981 580366 Fax: 981 572190

Correo Electrónico: [email protected]

Page 2: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

2

O contido desta guía baséase no texto de: Rodríguez Alonso, Manuel. Lingua Galega e Literatura 1, SM, Madrid e as respostas ás actividades de autoavaliación están tomadas do Libro-Guía do profesor da citada editorial. A guía, para a adaptación á educación a distancia, foi elaborada por Xosé Luís González Ucha e Alfonso Rey López. A MATERIA

A materia de Lingua galega e literatura de primeiro de bacharelato está organizada en catro eixes temáticos esenciais: • lingua e sociedade, • lingua oral e escrita, • reflexión sobre a lingua e • a literatura Fronte ás presentacións tradicionais que non sempre relacionaban estes aspectos entre si, o seu tratamento integrador permite agora un acercamento homoxéneo do lingüístico ao literario e viceversa. Presentamos nesta guía, para a mellor organización, un índice de lingua e outro de literatura, pero practicando en cada unidade todos os exercicios que integran os catro eixes temáticos enumerados. En resumo, cabe dicir que nesta materia o literario ofrécese como un modelo ou paradigma do lingüístico e a lingua concíbese como un potente instrumento de coñecemento do mundo e de achegamento aos demais. O LIBRO DE TEXTO Lingua Galega e Literatura 1, Rodríguez Alonso, Manuel. SM, Madrid. ISBN: 84-348-8409-7 ÍNDICE Parte 1ª: LINGUA:

Lección 1: A linguaxe e as linguas. Lección 2: As funcións da linguaxe. Lección 3: A linguaxe literaria. Lección 4: O galego, unha lingua romance. Lección 5: Xergas, baralletes e argots. Lección 6: Lingua da administración e da xustiza. Lección 7: Os Séculos Escuros do galego. Lección 8: A prehistoria da normalización. Lección 9: A recuperación da escrita. Lección 10: Os precursores. Lección 11: Variedades dialectais e lingua estándar. Lección 12: O paradoxo do Rexurdimento. Lección 13: Unha lingua para convencer. Lección 14: Un novo reto normalizador.

Page 3: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

3

Parte 2ª: LITERATURA: Lección 1: Unha literatura de noso. Etapas da literatura galega. Lección 2: Cultura e literatura na Idade Media. A lírica galego-portuguesa. Lección 3: A lingua das cantigas. A cantiga de amigo. Lección 4: O son dos trobadores na Europa medieval. A cantiga de amor. Lección 5: Poesía satírica e relixiosa. Lección 6: Do latín ao galego: a prosa na Idade Media. Lección 7: Literatura escrita nos Séculos Escuros. Lección 8: Literatura popular. Lección 9: A literatura dos comezos do XIX. Lección 10: O Prerrexurdimento. Lección 11: Rosalía de Castro. Lección 12: Eduardo Pondal. Lección 13: Curros Enríquez. Lección 14: A narrativa e o teatro no Rexurdimento. Valentín Lamas Carvajal.

DISTRIBUCIÓN POR AVALIACIÓNS

1ª AVALIACIÓN: Leccións 1 a 9 (lingua) inclusive. 2ª AVALIACIÓN: Leccións 10 a 14 (lingua) e 1 a 5 (literatura) inclusive. 3ª AVALIACIÓN: Leccións 6 a 14 (literatura) inclusive.

*Obviamente, as destrezas básicas de lingua e tamén de literatura serán sempre obxecto da avaliación. MÉTODO O método teórico-práctico seguirá estes pasos:

O alumno desenrola un tema na casa. O alumno examina o seu tema, seleccionando dúbidas para consultar ao titor. O alumno realiza os exercicios propostos na casa. O alumno, que confeccionou o tema, autoavalíase, contestando os exercicios de avaliación propostos en cada unidade.

MATERIAL O alumno debe dispoñer do seguinte material:

Libro de texto. Guía do alumno. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

Dicionario galego. Calquera. LECTURAS

Os dous de sempre, Castelao. Primeira avaliación Á lus do candil, Ánxel Fole. Segunda avaliación Follas Novas, Rosalía de Castro. Terceira avaliación O alumno deberá contestar obrigatoriamente á pregunta de control de lectura do

libro respectivo para cada avaliación, que se formulará como primeira cuestión e será unha condición necesaria para corrixir o resto do exame. ACTITUDE

O alumno debe abordar esta materia coa disposición e gañas de aprender que lle son propias a quen se está formando e informando. Por iso consideraremos básicos valores como o traballo e o esforzo.

Page 4: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

4

O alumno debe estar en contacto e colaborar co titor e, a ser posible , con outros compañeiros. Por iso consideraremos tamén como básicos outros valores: solidariedade, respecto… etc. ACTIVIDADES: Actividades para enviar ao titor: estas actividades poden variar, sendo o propio titor quen selecciona e determina as máis adecuadas en cada caso. Cada dúas unidades, é dicir cada quince días, poderás remitilas ao titor. Actividades de autoavaliación: Ao rematar o estudo de cada unidade deberás contestar a estas actividades de lingua ou de literatura, segundo corresponda. O Solucionario recollido na presente Guía permitirache a autoavaliación. LINGUA: CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ACTIVIDADES. Ao rematar o apartado de lingua, deberás ser capaz de: *Analizar criticamente as circunstancias que condicionaron a evolución, o uso e a realidade social da lingua galega. *Analizar en textos de distinto tipo, transmitidos por canles diferentes, as variedades lingüísticas que se manifestan neles, así como as valoracións sociolingüísticas implícitas. *Comprender e valorar discursos de distinto tipo, transmitidos por canles diferentes, identificando a situación de comunicación en que se producen e a situación comunicativa. *Producir textos de distinto tipo con coherencia, corrección e adecuación á situación de comunicación. *Elaborar unha exposición dun tema propio do ámbito académico, un traballo monográfico, unha crítica bibliográfica, un informe utilizando procedementos de documentación e distintas estratexias que faciliten a comprensión e a expresión. *Utilizar a reflexión sobre a lingua nos planos fónico, morfosintáctico, léxico, semántico e textual, así como os conceptos e procedementos lingüísticos básicos adecuados para a comprensión e a produción de textos, para a segmentación, conmutación , análise, etc. *Explicar os apartados de estudo enunciados. PRIMEIRA AVALIACIÓN Unidade 1: A linguaxe e as linguas: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer as características da linguaxe oral e linguaxe escrita. -Identificar e distinguir as diferentes clases de signos: indicios, iconas e símbolos. -Coñecer as características fundamentais da linguaxe humana. -Distinguir entre fonemas e letras.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa do apartado O esquema e o cadro sinóptico da páxina 143. Esta lectura ten como obxectivo facilitar ao alumno un procedemento de aprendizaxe, que este pode empregar no sucesivo en todos os apartados de estudo. 1.2.- Estudo dos apartados da páxina 6.

Page 5: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

5

1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e 1.4, que só enunciamos nesta sesión, deben terse en conta, sen embargo, en todas as leccións e sesións. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 8, 9 e 10. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 12 e 13. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 15: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema As técnicas de traballo (páx. 23). Actividades de autoavaliación: 1. Clasifica elementos comunicativos en tres grupos segundo pertenzan á paralinguaxe, á kinésica ou á proxémica: falar ao oído, velocidade da pronuncia, miradas, énfase, movemento das mans, falar desde un estrado, ton, movementos da cabeza. 2. Segue a serie: fonema > monema > ... 3. Corrixe o incorrecto: En bo galego dicimos: agá, e non hache; que, e non cu; gue, e non ge; equis, e non xe. 4. Le as seguintes palabras, que están desordenadas, e forma con elas tres campos semánticos. Establece o hipónimo, os semas xenéricos e os semas específicos: coche, trompeta, saxofón, chalé, piso, acordeón, guitarra, autobús, autocar, bandurra, piano, cabana, pazo, camión, camioneta, arpa, violín, furgón, furgoneta, frauta, tambor, taxi, apartamento, palloza. 5. Completa a columna:

Fonema Fonoloxía ..... Fonética .... Morfoloxía Sintagma e oración Texto

6. Relaciona as acoutacións teatrais coa paralinguaxe, a kinésica e a proxémica. 7. Por que os sinais de fume que fan os indios son símbolos e o fume dun incendio é un indicio? 8. Que teñen en común a linguaxe escrita, a linguaxe Braille e a linguaxe dos xordomudos? Que as distingue? 9. Completa: A RAG fixa a norma lingüística seguindo os seguintes criterios: ... 10. Establece o campo semántico dos animais domésticos e define cada un dos membros do campo. Lembra que a definición debe comezar polo hiperónimo. Unidade 2: As funcións da linguaxe: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Distinguir as características dos textos orais planificados.

Page 6: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

6

-Coñecer a estrutura do sistema vocálico galego e neutralizacións que se producen. -Dominar as normas de acentuación diacrítica. -Distinguir entre denotación e connotación.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 26. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 28, 29 e 30. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 32 e 33. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 35: apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema O índice provisional (páx. 43) Actividades de autoavaliación: 1. Escribe oracións nas que aparezan as seis funcións lingüísticas máis características. 2. Marca con + ou -, segundo corresponda:

Conferenciante Planificado Auditorio Moderador Parladoiro Debate Coloquio Mesa redonda Seminario

3. Completa: Na pronuncia das vogais non aparecen ... no tracto vocal; nas consoantes, ..... As vogais poden formar... e ata...; as consoantes,... 4 Cal é o significado das seguintes palabras segundo se pronuncien con e/o abertos pechados: - rego, cometo, bebe, come, sede, xogo, acordo, bote, mollo. 5. Escribe unha oración na que se combinen unha palabra con acento diacrítico sobre a vogal aberta e outra sen acento por ser pechada. Exemplo: A bola de pan era tan redonda que parecía unha bóla. 6. Cita as connotacións que che espertan as seguintes palabras referidas a accidentes xeográficos: -mar, cidade, aldea, vila, montaña, serra, val, volcán, selva, deserto, oasis, lago, illa, porto. 7. Por que se denomina o /a/ vogal neutra? Compárao coas outras vogais. 8. Escribe oracións nas que se cumpran as distintas funcións lingüísticas, mesmo a de expresión de identidade ou grupo. 9. Indica tres características das vogais tónicas que as distingan das átonas. 10. En que posición átona se conserva a distinción entre e/o aberto e pechado? Unidade 3: A linguaxe literaria: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Caracterizar a carta persoal como texto escrito substitutorio da comunicación oral espontánea, valorándoa como artificio literario.

Page 7: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

7

-Comprender a organización do sistema consonántico galego e fenómenos dialectais como a gheada e o seseo. -Distinguir e corrixir interferencias ortográficas no emprego de b/v. -Coñecer os casos máis habituais de sinonimia parcial.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 46. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 48, 49 e 50. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 52 e 53. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 55: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema As fontes de información. A bibliografía (páx. 63). Actividades de autoavaliación: 1. Compara estes dous textos e indica que efectos producen un e outro no lector ou lectora (denotación ou connotación, subxectividade ou obxectivade, información pura ou emoción, desautomatización ou rutina, etc.): - beiramar s.f. Franxa de terra que está mesmo ao lado do mar. (Dicionario da Real Academia Galega)

“BEIRA” O mar borracho de sol anda a tombos pola praia, a *montana lavandeira bota *areales nas *ágoas.

AMADO CARBALLO: Proel 2. Indica en que se parecen o t de tía e o d de día. En que se diferencian? Fai o mesmo cos fonemas destacados:

- cana/gana, - rapo/rabo; - carro/caro; - uña/unha; - año/ano; - bar/mar;

3. Define o seseo e a gheada. 4. Cita tres palabras que se escriban moitas veces erradamente con b e outras que se grafen tamén erradamente con v por interferencia do castelán. 5. Estas palabras son sinónimas, sen embargo hai algo que as distingue. Descúbreo:

- xoves/quinta feira; - dourado/áureo; - parasol/antuca; - lágrima/bágoa; - recordar/lembrar; - cimentos/alicerces;

6. Explica como se chega a converter a carta persoal nunha carta literaria. 7. Comenta en que coinciden as consoantes africadas como ch coas oclusivas coma p, b... e coas fricativas coma f, z... 8. Que é un homófono? Escribe tres oracións nas que mestures en cada unha delas dous homófonos, un con b e o nutro con v. 9. Demostra que son diferentes os fonemas /n/-/nh/ e /s/-/x/ practicando a conmutación. Unidade 4: O galego, unha lingua romance:

Page 8: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

8

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer as características dos textos biográficos e as súas diferentes clases. -Comprender a estrutura da sílaba e fenómenos relacionados coa división silábica. -Dominar as normas de acentuación gráfica e interferencias na colocación do acento. -Distinguir entre antónimos, parónimos e homónimos.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 66. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 68, 69 e 70. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 72 e 73. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 75: apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema Busca e selección da información (páx. 83). Actividades de autoavaliación: 1. Por que dicimos que o galego é unha lingua romance? 2. Escribe palabras nas que aparezan exemplos de sílabas abertas ou libres e trabadas ou pechadas. Analiza o núcleo e as marxes silábicas. 3. Escribe tres palabras con ditongo crecente e outras tres con decrecente diferentes. Tamén tres que presenten hiato. Analiza despois a súa estrutura silábica, sinalando nos casos dos ditongos as semivogais. 4. Redacta cinco oracións que combinen dous parónimos (Exemplo: Un oso rillaba un óso). 5. Escribe un enunciado asertivo, outro interrogativo e un terceiro exclamativo. Debuxa as súas curvas melódicas e comenta os seus tonemas. 6. Cita palabras de orixe non latina. 7. Redacta tres oracións nas que se produzan casos de contracción ou sinalefa de vogais. (Exemplo: Chegou cheo de esperanza [desperanza] 8. Redacta un texto breve (unhas dez liñas) sobre a obxectividade e a subxectividade, a emoción e a razón, nos textos autobiográficos. 9. Escribe tres palabras con tritongos diferentes. Analiza a súa estrutura silábica. Cita tamén tres exemplos en que o tritongo se poida desfacer e pronunciar como vocal máis ditongo. 10. Relaciona a presenza ou ausencia de diérese sobre o i coa pronuncia con hiato ou ditongo. Pon exemplos da conxugación dos verbos rematados en -aer, -oer, -aír, -oír, -uír. Unidade 5: A lingua na sociedade: xergas, baralletes e argots: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

Page 9: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

9

-Distinguir diferentes tipos de textos expositivos da vida cotiá e establecer as súas características. -Recoñecer enunciados oracionais e non oracionais. Distintos tipos de oracións e articulación de textos en parágrafos. -Definir os conceptos de eufemismo, disfemismo e tabú.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 86. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 88, 89 e 90. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 92 e 93. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 95: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema Exploración, localización e fixación de documentos (páx. 103) Actividades de autoavaliación: 1. Define con só tres palabras que é unha exposición. Salienta tres características da súa linguaxe. 2. Redacta tres enunciados non oracionais. Transfórmaos despois en oracionais. 3. Lembra as distintas clases de enunciado segundo a actitude do emisor: enunciativo, interrogativo, etc. Redacta un exemplo de cada unha destas clases de enunciados. 4. Redacta un texto que se organice en tres parágrafos. 5. Redacta unha oración independente, unha oración complexa e un conxunto oracional. 6. Redacta un texto en tres parágrafos de xeito que o segundo estea relacionado co primeiro por unha relación de suma e o terceiro sexa conclusivo. Subliña as palabras que marcan a relación entre os parágrafos. 7. Distingue entre oración complexa e conxunto oracional por subordinación. Válete de exemplos creados por ti para explicares esta diferenza. 8. Redacta un conxunto oracional por coordinación e outro por subordinación. Explica as súas diferenzas. 9. Escribe dúas oracións que presenten como suxeito un substantivo colectivo. Que ocorre coa concordancia? Que concordancia é a propia do rexistro culto? 10. Sinala tres características dun contrato ben feito. 11. Explica o concepto de eufemismo e disfemismo. Axúdate con exemplos. Unidade 6: Do latín ao galego. Lingua da Administración e da Xustiza: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer os trazos fundamentais da linguaxe xurídica. -Explicar a articulación dos textos en parágrafos e destes en enunciados. Distintos tipos de oracións. -Ser quen de explicar a articulación do predicado e a estrutura do predicado nominal e verbal.

Page 10: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

10

-Distinguir entre popularismos, cultismos e semicultismos. Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 106. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 108, 109 e 110. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 112 e 113. Actividades para enviar ao titor:. Comentario de texto da páxina 115: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema As fichas (páx. 123). Actividades de autoavaliación: 1. Define normativización e normalización. Cita exemplos de normativización e normalización. 2. Cita tres casos que proben a situación de normalización do galego nos séculos XIII-XV. Existía xa daquela algunha ameaza para a normalización do galego? 3. Explica en que partes adoita distribuírse o texto dunha lei. Que é un código? 4. Redacta tres oracións impersoais de xeito que presente cada unha delas un tipo de predicado diferente: unipersoal, con se, etc. 5. Constrúe unha oración que presente ao mesmo tempo CD e CI. Transfórmaa en pasiva e sinala os cambios que se producen. Redacta tamén unha oración na que aparezan ao mesmo tempo un complemento circunstancial e un complemento de réxime. 6. Redacta unha oración pasiva reflexa e unha impersoal con se. Analízaas e compáraas. 7. Redacta unha oración reflexiva e outra recíproca. Despois engádelle a cada unha os incrementos que proban a súa reflexividade e reciprocidade, respectivamente. 8. Define popularismo ou patrimonialismo, cultismo e semicultismo. Exemplifica estes conceptos analizando as palabras derivadas do latín macula. 9. Escribe e define seis palabras que presente un prefixo de orixe grega que comece por h-. 10. Redacta dúas oracións en que o CD se constrúa coa preposición a. 11. Corrixe os erros: Ahí non hai nada.Tes que hinchar o balón.O úmero é un hóso. Nadaba harmoniosamente pola bahía. A hirmá seica toca a arpa. Deixou o elmo sobre o altar da hermida. Unidade 7: Bilingüismo con diglosia. Os Séculos Escuros do galego: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer as características da linguaxe administrativa e os distintos tipos de xéneros desta linguaxe. -Coñecer as características morfolóxicas, sintácticas e semánticas do substantivo. Estrutura do grupo ou sintagma nominal. -Distinguir e eliminar interferencias na formación de xénero e número do substantivo. -Identificar e corrixir castelanismos.

Page 11: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

11

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 126. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 128, 129 e 130. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 132 e 133. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 135: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema Organización e síntese da información (páx. 143). Actividades de autoavaliación: 1. Indica catro características da linguaxe administrativa. 2. Por que é o substantivo o núcleo do grupo nominal? Que achegan os determinativos e modificadores? Explícao sobre un grupo nominal creado por ti. 3. Redacta un GN formado por determinativo-núcleo-modificador e despois úsao en distintas oracións pero de xeito que nunha funcione de suxeito, noutra de CD, noutra de CI, etc. (Exemplo: Este coche grande consome moito. Mercou este coche grande. Non dá importancia a este coche grande...) 4. Cita cinco castelanismos totalmente innecesarios e propios da lingua coloquial descoidada. Substitúeos polos termos galegos correctos. 5. Redacta tres oracións en que aparezan substantivos femininos en -á (tipo cirurxiá) e outras tres en -ana (tipo asturiana). 6. Redacta unha oración que presente como CD un substantivo abstracto e outra que presente como complemento de réxime un substantivo non contable. 7. Escribe catro parellas de substantivos en que a oposición de xénero marque unha diferenza de significado. 8. Cales son as funcións privativas do substantivo? Por que se chaman funcións privativas? 9. Cita e comenta tres causas da decadencia do galego no remate da Idade Media. 10. No período XV-XVIII, era realmente bilingüe a maioría da poboación galega? Razoa a túa resposta. 11. Define a aposición e pon un exemplo de aposición. Unidade 8: A razón da lingua. A prehistoria da normalización: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer e distinguir as características da exposición científica. -Distinguir os determinantes e as súas normas de uso. -Recoñecer as distintas funcións do grupo nominal. -Descubrir e corrixir interferencias no emprego dos determinantes. -Identificar e corrixir castelanismos latentes.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 146.

Page 12: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

12

Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 148, 149 e 150. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 152 e 153. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 155: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema Estrutura definitiva do traballo (páx. 163). Actividades de autoavaliación: 1. Cita tres características sintácticas da exposición científica e dúas do seu léxico. 2. Escribe tres oracións de xeito que unha conteña un grupo nominal en aposición, outra un grupo nominal complemento dun adxectivo e a terceira, un grupo nominal predicativo. 3. Escribe unha oración en que o posesivo teña que ir precedido polo artigo; outra, en que sexa optativo o uso do artigo ante o posesivo; unha terceira en que sexa obrigada a ausencia do artigo ante o posesivo. 4. Corrixe os erros que advirtas:

O Antón é un bo rapaz. Naceu en A Coruña e vive no Porriño. É un dianteiro cuxo remate a porta é temido por todos os porteiros. Calquera persoa lista aceptaría ese tercer posto. Os rapaces novos estos non saben o que din. Non cazaron ningún aguia.

5. Escribe os cardinais, ordinais e partitivos correspondentes a 526, 83, 98, 147, 918, 3.833. 6. Corrixe os erros que advirtas:

Tódolo que dis é falso. Saíu de unha boa liorta. Este outro rapaz sabe máis ca aquel outro. A decimacuarta posición éche ben boa. Tódolas localidades son boas. Coaquelas desculpas non conseguiches nada. Traballas os eidos co tractor. Rematados os deberes, saímos.

7. Cal é o verdadeiro significado de cada un dos membros destas parellas? Cal é o significado incorrecto do termo subliñado?: Palabra/verba: egrexio/esgrevio, unir/xunguir; subir/rubir: empezar/encetar: urna/furna. 8. Corrixe estas oracións: O noivo e a noiva chegaron cada un no seu coche. É un mecánico que traballa no seu propio taller Unidade 9: A recuperación da escrita: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Distinguir os diferentes xéneros xornalísticos e recoñecer as características desta linguaxe. -Recoñecer os adxectivos e grupos adxectivos e establecer as funcións e valores (de dúas ou de só unha terminación, etc). -Descubrir e corrixir erros e interferencias no emprego do adxectivo. -Usar adecuadamente que/ca e como/coma nas estruturas comparativas.

Page 13: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

13

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 166. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 168, 169 e 170. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 172 e 173. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 175: apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema A redacción do traballo (páx. 183). Actividades de autoavaliación: 1. Indica tres diferenzas entre o xornalismo de opinión e o de información. 2. Por que foi importante na normalización do galego a literatura de propaganda política? 3. Escribe un grupo adxectivo formado por cuantitativo-núcleo adxectivo-complemento do adxectivo e utilízao nunha oración como modificador do substantivo, noutra como atributo e nunha terceira como predicativo. 4. Amosa con dúas oracións creadas por ti a diferenza entre adxectivo especificativo e explicativo. 5. Escribe unha comparación en que empregues obrigatoriamente coma/ca e outra en que empregues tamén obrigatoriamente como/que. 6. Razoa: por que non podemos dicir máis maior, moi mínimo, optimísimo? 7. Cando sofren apócope os adxectivos grande e santo?Demóstrao con oracións creadas por ti. 8. Relaciona as normas de uso da coma co adxectivo explicativo. Explícao axudándote con exemplos. 9. Lembras que adxectivos cambian de significado segundo vaian antepostos ou pospostos ao substantivo? Escribe oracións que o demostren. 10. Cita algúns retrousos e clixés habituais na linguaxe dos medios. Propón solucións alternativas máis apropiadas. 11. Escribe oracións en que uses os superlativos cultos de: sabio, mísero, pobre, libre. SEGUNDA AVALIACIÓN Unidade 10: Unha lingua sen gramática nin dicionarios: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Identificar o ensaio e recoñecer as súas características. -Distinguir as deferentes clases de pronomes e as súas funcións. -Colocar adecuadamente o pronome átono. -Dominar e empregar os usos estilísticos do pronome persoal.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 186.

Page 14: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

14

Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 188, 189 e 190. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 192 e 193. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 195: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema Presentación dun traballo (páx. 203). Actividades de autoavaliación: 1. Por que os precursores só usaban o galego para a poesía? 2. Explica como se combinan no ensaio exposición e argumentación. Que son os argumentos implícitos? 3. Que queremos dicir cando afirmamos que o pronome ten un significado ocasional? Próbao con exemplos. 4. Explica o concepto de clase de palabras cerradas aplicado ao pronome. 5. Elixe tres pronomes persoais átonos que poidan funcionar como CD ou CI. Escribe oracións en que funcionen como CD e CI. 6. Explica a que zonas corresponden as formas pronominais tu, iste, il... Por que prefire a Normativa as formas ti, el, este...? 7. Corrixe os erros:

- Foi conmigo ao cine. - Perder é posible: hai que contar con elo. - Peiteouse o cabelo. Xa che vin na festa. - Fálalle con educación aos empregados.

8. Escribe tres oracións: nunha debe aparecer un pronome átono de solidariedade; noutra, un simpatético; nunha terceira, un de voz media. 9. Escribe oracións en que empregues as formas llo, lla, llos, llas, llelo, llela, llelos, llelas correctamente. 10. Cita tres circunloquios e tres redundancias. Propón fórmulas substitutorias máis apropiadas. 11. Cal é a diferenza entre nós/nosoutros, vós/vosoutros? Explícaa con oracións creadas por ti. Unidade 11: Variedades dialectais e lingua estándar: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer as características da linguaxe das ciencias humanísticas. -Distinguir os valores das distintas formas verbais. -Advertir e corrixir erros e interferencias na conxugación. -Usar correctamente o infinitivo persoal e non persoal

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 206. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 208, 209 e 210.

Page 15: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

15

Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 212 e 213. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 215: apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema Bibliografía, referencias e citas (páx. 223). Actividades de autoavaliación: 1. Define lingua estándar e dialecto. 2. Indica tres características da linguaxe das ciencias humanísticas que a distingan da linguaxe do ensaio. 3. Indica os valores dos tempos verbais das seguintes oracións:

- Rosalía casa con Murguía en 1858. - A linguaxe das ciencias humanísticas busca a obxectividade. - Mañá comezamos as vacacións. - Quería ver a nota do meu exercicio, se pode ser

4. Aplica a cada modo verbal unha destas palabras e xustifica a elección con oracións creadas por ti: irrealidade, orde, realidade. 5. Escribe dúas oracións con infinitivo de xeito que o infinitivo funcione nunha como suxeito e noutra como complemento directo. 6. Escribe dúas oracións en que teñas que usar ou poidas usar o infinitivo conxugado. Redacta outras dúas en que teñas que usar o infinitivo invariable. 7. Corrixe os erros: Ese coche consume moita gasolina. Dicen que non soupo comportarse. Sinten que non hubese festa este ano. Fuxen cos cartos porque ninguén os persigue. Iso valerá unhas cinco mil pesetas e podrás pagalo ben. Non din entendido nada nin puden escoitalo ben. 8. Coloca o acento gráfico onde cumpra. Contaronlles os contos. Mercamos o coche. Entregounolo a nós. Os paquetes, entregaronllelos a eles. Ti comes o bisté con fame. 9. Escribe as formas de saír e fraguar que precisen diérese. 10. Redacta unha oración en que apareza unha perífrase de infinitivo durativa, outra cunha perífrase de infinitivo de obriga e unha terceira cunha perífrase de participio reiterativa. Unidade 12: O paradoxo do Rexurdimento: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer as características da linguaxe xuvenil. -Analizar a estrutura dos grupos adverbiais e recoñecer as súas funcións. -Usar adecuadamente adverbios, preposicións e conxuncións. -Coñecer as achegas léxicas das linguas prerromanas.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 226. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 228, 229 e 230.

Page 16: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

16

Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 232 e 233. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 235: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema Presentación do texto: a páxina e o borrador (páx. 243) Actividades de autoavaliación: 1. Explica en que consiste o paradoxo lingüístico do Rexurdimento. 2. Indica tres características da linguaxe da música popular de hoxe. 3. Escribe unha oración en que un adverbio ou grupo adverbial funcione como modificador dun adxectivo e outro en que ese mesmo adverbio ou grupo adverbial funcione como complemento circunstancial (Exemplo: Un cativo moi ben educado colleu o teléfono. Xantamos moi ben neste restaurante). 4. Marca o adverbio ou locución adverbial, indica a que clase pertence e substitúe por outro adverbio ou locución adverbial sinónimos: Faino engorde. Rompeu a chorar de súpeto. Recolle os libros a feito. Non se pode ve-1a televisión e ler asemade. Está enriba. Colocouse embaixo. Se cadra vén hoxe. Abofé que tes razón. 5. Substitúe as preposicións e locucións prepositivas por unha preposición ou locución prepositiva sinónima: Sentouse xunta o radiador. Colocouse onda a parada do autobús. Agás el, todos aplaudiron. Algúns estaban a prol desas medidas. Chegou á meta canda os primeiros. Deunos un xantar co gallo do seu aniversario. 6. Constrúe unha oración en que un adverbio funcione como atributo oracional e outra en que un adverbio funcione como adverbio de modalidade. 7. Escribe tres oracións con interxeccións con estas condicións: unha debe expresar chamada, outra alegría e unha terceira desprezo. 8. Corrixe os erros que advirtas: Aer non estivo acó nen chamou por teléfono. Antronte estiven eilí e merquei unha caldeira a gas. Vive lexos e ten que erguerse temprano para chegar ao traballo. Fai as cousas despacio e según indican as instruccións.O artigo trata encol do estado da arquitectura galega hacia finais do sécalo XIX. Unidade 13: A linguaxe da publicidade. Unha lingua para convencer: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer os recursos máis habituais da linguaxe publicitaria. -Distinguir as distintas clases de oracións coordinadas e os seus nexos. -Distinguir as distintas formas de construción das subordinadas substantivas. -Identificar as oracións subordinadas adxectivas e a súa construción.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 246. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 248, 249 e 250.

Page 17: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

17

Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 252 e 253. Actividades para enviar ao titor: comentario de texto da páxina 255: apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema Revisión final do traballo (páx. 263). Actividades de autoavaliación: 1. Indica os tipos de actos de fala que adoita empregar a linguaxe publicitaria. 2. Reescribe as oracións colocando unha conxunción que exprese a relación que se indica entre parénteses. De que clase son as oracións resultantes? - Traballa pouco, (oposición) gaña moito./ Chámao por teléfono (equivalencia) mándalle unha mensaxe por correo electrónico./ Padece cefalea, (identidade), dóelle habitualmente a cabeza./ 3. Substitúe a conxunción e por outras máis precisas. De que clase son as oracións coordinadas resultantes? Choveu moito e fomos de excursión./ É oncóloga e trata enfermos de cancro./ Non vai calor e ata nevou./ Traballa algo e, polo menos, fai que fai./ 4. Indica a función do grupo nominal subliñado e substitúeo por unha subordinada substantiva con que da mesma función e sen que varíe o significado da oración: Agrádame o teu traballo constante a prol dos necesitados./ 0 xuíz ten o convencemento da culpabilidade do encausado. A Concelleira de circulación anunciou unha suba do imposto de circulación. 5. Sinala a subordinada substantiva e a función que realiza. Substitúe a substantiva por un substantivo que realice a mesma función sen que varíe o significado. - A Directora Provincial de Educación promete a construción dun novo instituto (Exemplo: CD./...promete que se construirá un novo instituto). Non me alegro de que marches./ Está orgulloso de que o fillo teña éxito./ Hai indicios dunha mellora da situación económica./ Entristécese con que ti fracases./ Fixo esas boas accións sen que llo recoñecese ninguén./ Gústame que veñas./ Lémbrome de que traballabas constantemente por aquelas datas. Unidade 14: As novas linguaxes. Novo reto normalizador: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Comprender as técnicas das linguaxes audiovisuais. -Coñecer distintas clases de oracións subordinadas circunstanciais e distinguilas. -Realizar transformacións entre oracións circunstanciais e grupos preposicionais. -Crear textos nos que empréguer as distintas subordinadas circunstanciais.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 266. Segunda sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 268, 269 e 270. Terceira sesión: -Estudo dos apartados das páxinas 272 e 273.

Page 18: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

18

Actividades para enviar ao titor: comentario de texto da páxina 275: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un esquema e/ou un cadro sinóptico do tema Tratamento informático de textos (páx. 283). Actividades de autoavaliación: 1. Comenta dúas características da linguaxe da radio e outras dúas da linguaxe televisiva. 2. Caracteriza os distintos planos e ángulos que emprega a linguaxe cinematográfica. 3. Indica de que clase son as seguintes oracións circunstanciais. Transfórmaas en adxectivas: Esperarasme onde quedamos./ Fixémolo como nos mandaron./ Falaron como esperabamos. 4. Substitúe os grupos subliñados por unha circunstancial sen que varíe o significado: Rematei o traballo tras a vosa cheqada. Chegarán á posta do sol. Xantou antes da chegada do tren. 5. Substitúe os grupos subliñados por unha oración circunstancial de lugar ou modo: Colocou a tixola no lugar correspondente. Usa o vídeo segundo as instrucións. 6. De que clase son os xerundios e participios que seguen? Substitúeos por unha oración circunstancial sen que varíe o significado: Rematada a tormenta, saímos do alpendre./ Contando chistes e historias, logo pasa o tempo./ Asegurándoo teu pai, eu non desconfío. 7. De que clase son as oracións circunstanciais que seguen? Substitúeas por unha construción de infinitivo conxugado: Posto que falades sen xeito, ninguén vos fai caso./ Se ti o soubeses, ben nolo dirías a nós. 8. Escribe unha comparación que teña que usar de xeito obrigatorio que e outra en que a forma obrigada sexa ca. 9. Redacta unha circunstancial final, pero sen empregar para que; unha temporal, sen usares cando; unha causal, sen empregares porque. 10. Corrixe os erros que advirtas: Visitaron o museu para aumentaren o seu coñecimento da historia da arte, aínda que o cansancio era grande, pero sería un desprecio para a cultura non visitar unha pinacoteca coma esa por un precio tan módico. Sería non ter xuízo. LITERATURA: CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ACTIVIDADES Ao rematar o apartado de literatura, deberás ser capaz de: *Establecer relacións entre unha obra representativa dun autor ou dunha época co contexto sociocultural en que se produciu. *Interpretar textos e obras, tendo en conta a estrutura da forma literaria á que pertencen e a técnica empregada. Facer unha análise métrica e comentar os recursos máis salientables, tendo en conta o tipo de texto. *Explicar os apartados de estudo enunciados. Unidade 1: Unha literatura de noso. Etapas da literatura galega: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Distinguir a orixe e etapas da literatura galega. -Analizar e comentar un texto literario.

Primeira sesión:

Page 19: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

19

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 16. 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos. *Os apartados 1.3 e 1.4, que só enunciamos nesta sesión, deben terse en conta, sen embargo, en todas as leccións e sesións. Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 18. Terceira sesión: (Obradoiro da escritura): A túa entrevista (páx.22) Actividades para enviar ao titor: comentario de texto da páxina 21, apartados 1, 2 e 3. Actividades de autoavaliación: 1. Completa: O galego vai constituíndose en lingua distinta do latín entre os séculos ... Cara ao sécalo ... xa é moi distinto do latín e por iso xorden ... redactados en... 2. Rexeita, con argumentos e datos, a seguinte afirmación errada: O galego na Idade Media só era lingua da poesía. 3. Por que se denomina galego-portugués á lingua falada entre os sécalos IX-XV? 4. Cantares gallegos é unha grande obra literaria; pero, que outros valores ten para a literatura galega? 5. Os Séculos escuros quedan situados no medio de dous grandes períodos de esplendor da literatura galega, un que os precede e outro que os segue. Caracteriza estes dous períodos. 6. Demostra que o galego era unha lingua normalizada entre os séculos XII-XV. Cando comeza a diglosia galego-castelán? 7. Investiga e expresa as razóns polas que lle temos que estar moi agradecidos a D. Pedro, conde de Barcelos. 8. Caracteriza os primeiros textos conservados en galego, tanto en verso como en prosa. 9. Rebate con datos e argumentos esta afirmación errada: No Rexurdimento só houbo poesía. 10. Compara a situación da lingua e literatura galega nos séculos XVI e XVII coa española, portuguesa, francesa, inglesa, etc. Lembra que nestes séculos déronse o Século de Ouro castelán, Camõens, Shakespeare, Molière, etcétera. 11. Indica cales son as datas de comezo do Prerrexurdimento e Rexurdimento. Unidade 2: Cultura e literatura na Idade Media. A lírica galego-portuguesa: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer os distintos xéneros das cantigas. -Recoñecer os cancioneiros. -Comentar unha cantiga.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 36.

Page 20: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

20

Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 38. Terceira sesión: (Obradoiro da escritura): A túa crónica (páx. 42) Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 41, apartados 1, 2 e 3. Actividades de autoavaliación: 1. Explica o nome "cantiga" que reciben os poemas galego-portugueses. 2. Distingue entre trobador, xograr e segrel. 3. Fala das cortes poéticas medievais. 4. Cita e describe os tres cancioneiros máis rechamantes. 5. Que é o refrán? 6. Quen eran Sharrer e Vindel? 7. Establece as datas de comezo e remate da escola lírica galego-portuguesa con exactitude. 8. Que é a "palabra volta"? 9. Le a seguinte cantiga e indica o xénero ao que pertence. Explica o refrán, o paralelismo e o leixa-pren. Que paisaxe suxire?

Vayamos, irmana, vayamos dormir nas rrybas do lago, hu eu andar vy a las avex meu amigo. Vaiamos, hirmana, vaiamos folgar enas rribas do lago, hy eu vi andar a las avex, meu amigo Enas rribas do lago, hy eu vi andar seu arco na mão as aves ferir, a las aves, meu amigo. Seu arco na mano as aves ferir, e las que cantavan léixalas guarir, a las aves meu amigo.

Fernand'Esquio 10. Cita mosteiros célebres da Idade Media e explica a súa importancia. 11. Quen foi Xelmírez? 12. Fala brevemente da lírica provenzal. 13. Cando son substituídos os manuscritos? 14. Comenta os "entretementos" da nobreza. Unidade 3: A lingua das cantigas. A cantiga de amigo: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer a linguaxe das cantigas. -Distinguir as características da cantiga de amigo. -Comentar unha cantiga de amigo.

Page 21: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

21

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 56. Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 58. Terceira sesión (cara á universidade): A túa carta ao director (páx.62). Actividades para enviar ao titor: comentario de texto da páxina 61, apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Cita e explica a pronuncia de tres sons que existisen no galego medieval e que hoxe xa non aparecen no galego normativo. 2. Comenta a orixe xeográfica dos trobadores da escola galego-portuguesa e por que usaban o galego-portugués nas súas composicións. 3. Comenta tres características rechamantes da cantiga de amigo. 4. Explica tres temas ou motivos típicos da cantiga de amigo. 5. Indica, de forma razoada, os motivos polos que esta cantiga é unha cantiga de amigo:

Fui eu a San Servando por veer meu amigo e non o vi na ermida, nen falou el comigo, namorada! Desseron-mi mandado do que muito desejo, ca verr’ a San Servand’ e pois eu non o vejo, namorada!

JOHAN SERVANDO 6. Explica as formas veer, nen, desejo, mi, vejo que aparecen na cantiga anterior. Compáraas coas formas normativas actuais. 7. Comenta como aparece a paisaxe na cantiga anterior. 8. Clasifica razoadamente polo tema ou motivo a cantiga anterior. Relaciónaa con outras do mesmo tema que leses nesta unidade ou noutra anterior. 9. Por que algúns lingüistas prefiren falar de galego medieval e non de galego-portugués? 10. Explica como combina a cantiga de amigo a tradición literaria popular coa lírica cortés culta. Podes usar como exemplos as cantigas vistas na unidade. 11. Relaciona a cantiga de amigo coas kharxas. Que eran as cantigas de muller? Unidade 4: O son dos trobadores na Europa medieval. A cantiga de amor. Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer a lírica cortesá. -Identificar a cantiga de amor como xénero e comentar as súas características. -Comentar unha cantiga de amor.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 76.

Page 22: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

22

Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 78. Terceira sesión (cara á universidade): O teu diario (páx. 82). Actividades para enviar ao titor: comentario de texto da páxina 81, apartados 1, 2 e 3. Actividades de autoavaliación: 1. Caracteriza a lírica provenzal e comenta o seu espallamento por toda Europa. 2. Comenta dúas características rechamantes da cantiga de amor que a opoñan á cantiga de amigo. 3. Fala nunhas dez liñas sobre a caracterización da senhor da cantiga de amor. 4. Explica en que consiste o tema da coita. 5. Indica os trazos que permiten clasificar a seguinte cantiga dentro das cantigas de amor e non nas de amigo:

A mía senhor, que eu sei muit'amar, punhei sempre d'o seu amor gaar e nono ouvi, mais, a meu cuidar, non fui eu i de sén nen sabedor por quanto lh'eu fui amor demandar, ca nunca vi molher máis sen amor. E des que a vi sempr' a muit' amei, e sempre lhi seu amor demandei, e nono ouvi neno averei; mais, se cent'anos for seu servidor, nunca lh'eu ja amor demandarei, ca nunca vi molher máis sen amor

JOHAN AIRAS 6. Analiza metricamente a cantiga anterior e indica se é de refrán ou mestría, de cobras singulars ou unissonans. 7. Observa o verso 3 de cada estrofa e demostra que son cobras capdenals. Sinala outros recursos como paralelismo, derivación, hipérbole, repeticións, etc. 8. Explica os termos precador, fenhedor, entendedor, drudo. 9. Sinala dúas diferenzas entre a cantiga de amor galega e a cansó provenzal. 10. Explica por que a cantiga de amor se converte nunha cantiga da soidade. Unidade 5: Poesía satírica e relixiosa: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Caracterizar as cantigas de escarnio e maldicir. -Comentar unha cantiga de escarnio e maldicir.

Primeira sesión 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 96. Segunda sesión

Page 23: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

23

-Estudo dos apartados da páxina 98. Terceira sesión: (Obradoiro da escritura): O teu panexírico (páx. 102) Actividades para enviar ao titor: comentario de texto da páxina 101, apartados 1, 2 e 3. Actividades de autoavaliación: 1. Cita e comenta os temas que tratan as cantigas de escarnio e maldicir. 2. En que dúas clases se dividen as Cantigas de Santa María? 3. Cal é a distinción entre cantigas de escarnio e cantigas de maldicir? É doada de facer? 4. Por que ten tanta importancia na Idade Media a literatura de tema relixioso? 5. Le o fragmento da seguinte cantiga de Afonso X e establece o xénero ao que pertence de forma razoada. Indica tamén se é de refrán ou de mestría, o tipo de estrofas e se as estrofas son unissonans ou singulars:

O que da guerra levou cavaleiros e a sa terra foi gardar dinheiros non ven al maio. O que da guerra se foi con maldade e a sa terra foi comprar erdade, non ven al maio.

6. Indica outros recursos literarios que presenta esta cantiga: anáfora, paralelismo, antítese, paronomasia, etc. A que ciclo temático de Afonso X pertence esta cantiga? 7. Define o disfemismo. Cita disfemismos que lembres que se empregan nas cantigas de escarnio e maldicir lidas nesta unidade. 8. Que eran os prantos? Coñeces algún? 9. Indica como reflicte a literatura a sociedade e a visión do mundo propias da Idade Media. Cita, para apoiar a túa exposición, exemplos tomados dos textos medievais lidos nesta unidade. 10. En que se distinguía a crítica social da literatura medieval da actual? Por que considera o home medieval que a sociedade estamental era perfecta? Como se conciliaba esta idea de que a organización social era perfecta coa crítica social das cantigas de escarnio e maldicir? TERCEIRA AVALIACIÓN Unidade 6: Do latín ao galego: a prosa na Idade Media. Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de: -Coñecer o desenvolvemento da prosa medieval galega. -Clasificar de forma razoada por xéneros textos da prosa medieval e comentar as súas características. Primeira sesión 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 116. Segunda sesión

Page 24: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

24

-Estudo dos apartados da páxina 118. Terceira sesión (cara á Universidade): A túa crónica (páx. 122) Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 121, apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Define a haxiografta. Que obras haxiográficas galegas coñeces? Explícaas. 2. Que eran as Crónicas medievais? Fala das crónicas galegas. 3. Cal é a primeira novela galega que se conserva completa? Fala dela. 4. Explica en que consiste o Grial ou Graal. Comenta o seu tratamento na literatura galega medieval e actual. 5. Indica o ciclo ao que pertence este texto. Comenta a súa sintaxe. Tamén as formas ortográficas, sons e palabras que chamen a túa atención:

Outrossi os troiaos buscaron os seus que i jazian mortos, e soterrarom-os com grande onra. El rei Priamos fezo soterrar a Casibelam, seu fillo, moito onradament em um moimento de marmol jalme, cabo o templo de Venus, e fezo por el gram doo el e toda sua compaña. ( Crónica Troiana)

6. Demostra, especialmente pola análise das formas verbais, que o anterior texto é narrativo. 7. Caracteriza a obra á que pertence o texto anterior. 8. Cal é o outro gran tema da narrativa medieval? Caracterízao e compárao co ciclo ao que pertence o texto anterior. 9. Que valores achega a narrativa medieval, especialmente a cabaleiresca? Que grande obra da literatura universal procede dela? 10. Que razóns explican o éxito da haxiografía na literatura medieval? 11. Fala dos textos en prosa en que aparece a figura do Apóstolo Santiago. Por que ten o Apóstolo unha presenza tan grande na prosa medieval galega? Lección 7: Literatura escrita nos Séculos Escuros: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Determinar a decadencia da nosa lingua e literatura e as súas causas. -Comprender o concepto de “Séculos Escuros”. -Comentar adecuadamente un texto deste período.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado das páxinas 136-137. Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 138. Terceira sesión (obradoiro da escritura): O teu informe obxectivo (páx. 142) Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 141, apartados 1, 2 e 3

Page 25: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

25

Actividades de autoavaliación: 1. Explica os xéneros líricos máis característicos da escola galego-castelá. 2. Fala brevemente das Festas Minervais. 3. Que repercusión tivo na literatura galega a morte da raíña dona Margarida? 4. Fala dunha obra de teatro escrita nos Séculos Escuros e que é a primeira obra dramática da literatura galega. 5. Le estes versos e indica a que xénero pertencen. Fala da difusión deste xénero.

Ao son do Miño e Mondego bailai, pois Deus nasce xa galego, que pouco va de galileo a galego.

CARLOS PATIÑO 6. Comenta e explica a paronomasia do texto anterior. Terá algo que ver cos Séculos Escuros e coa situación diglósica do galego nesta etapa? 7. Escribe unhas dez liñas sobre o soneto barroco na literatura galega dos Séculos Escuros. 8. Cal é a primeira escritora de nome coñecido da literatura galega? 9. Quen eran Juan de Baena, Macías e Gómez Manrique? 10. Quen era Camõens? Compara a súa obra e a dos escritores españois do Século de Ouro coa literatura galega dos Séculos Escuros. 11. Quen foi e que representa o Mariscal Pardo de Cela? Unidade 8: Literatura popular: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Distinguir na literatura popular a lírica e a narrativa. -Comentar un texto da literatura popular.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 156. Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 158. Terceira sesión (obradoiro da escritura): O teu artigo (páx. 162) Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 161, apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Como e por que defende Sarmiento a normalización do galego? Privan os motivos sentimentais ou os racionais? 2. Cita e explica dúas normas legais que estendan o castelán como lingua oficial no século XVIII. 3. Define literatura popular e divídea en dous grandes xéneros. 4. Relaciona a literatura popular coa literatura culta do Rexurdimento e coa actual. 5. A que xénero da lírica popular pertence este fragmento de poema? Fala do poema ao que pertence:

Page 26: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

26

Viñeron os mouros arrenegados... lá de moi lonxe, lonxe, lonxe... Todo levaron e nós fuxemos alá pra lonxe, lonxe, lonxe. ¡Quen fora galgo, quen fora páxaro, quen fora vento!

Saqueo de Cangas 6. Sinala no texto anterior vulgarismos e castelanismos. Indica tamén unha antítese, unha reiteración e unha anáfora. 7. Explica brevemente a relación entre as cuartetas galegas e o texto en castelán na Colección de voces y frases gallegas de Sarmiento. 8. Fala da obra de Anselmo Feijoo. Faise con el o galego unha lingua de deusas? 9. Con que xénero culto se poden relacionar os contos populares de animais? Argumenta a túa resposta. 10. Comenta brevemente un romance que fale da morte dun famoso nobre galego e outro que se relacione coas peregrinacións a Santiago. Unidade 9: A literatura dos comezos do XIX: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer os comezos da literatura galega moderna no S. XIX. -Coñecer os diálogos e tertulias de propaganda política. -Comentar un texto deste período.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 176. Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 178. Terceira sesión (obradoiro da escritura): A túa noticia (páx. 182) Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 181, apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Fala dalgún texto relacionado coa Guerra da Independencia. 2. Como afecta a literatura galega a loita ideolóxica entre liberais e absolutistas? 3. Coñeces algún texto teatral galego que sexa comparable a El si de las niñas de Moratín? Razoa a resposta. 4. Define o xénero lírico da égloga. Que égloga galega coñeces? 5. Comenta a adxectivación deste texto

Mírame, si, querida, cando do blando sono te levantes, máis fresca, e máis garrida que estas frores fragantes,

Page 27: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

27

que a espuma destas ondas resonantes. N. PASTOR DIAZ:Alborada

6. Comenta as apóstrofes, comparacións e onomatopea que aparecen nos versos anteriores. 7. En que consiste a chamada literatura ou poesía de circunstancias? Que exemplos coñeces dela? 8. Cal se considera o primeiro poema culto da literatura galega do XIX? Fala del e do seu autor. 9. Segue no XIX a tradición das panxoliñas? 10. Fala dos xéneros literarios e textos desta etapa que contribúen á normalización do galego. 11. Cita feitos históricos concretos que afecten á aparición da literatura en galego. Unidade 10: O Prerrexurdimento Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer as características, obras e autores do prerrexurdimento -Identificar e comentar textos do Prerrexurdimento.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 196. Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 198. Terceira sesión (obradoiro da escritura): A túa narración (páx. 202). Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 201, apartados 1, 2 e 3. Actividades de autoavaliación: 1. Comenta os acontecementos históricos en que os historiadores e ensaístas do provincialismo intentan basear a singularidade de Galicia. Que di do celtismo a prehistoria científica actual? 2. Comenta algunha das ideas do provincialismo. Cita tamén personaxes e medios de comunicación deste movemento. 3. Fala dos Xogos Florais de 1861. Por que foron tan importantes para a literatura galega? Relaciónaos cos doutras literaturas. 4. Explica tres características da literatura do Prerrexurdimento. 5. Le o texto de X.M. Pintos. Aparece nel algunha forma que non sexa normativa? Relaciona o tema desenvolvido nestes catro versos co da obra á que pertence:

¡Ou Galicia, Galicia boi de palla, canta lástima ten de ti o Gaiteiro! O aguillón que che meten é de aceiro e con el muita forza te asoballa.

A gaita gallega 6. Analiza metricamente estes versos. É unha métrica popular ou culta?

Page 28: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

28

7.Explica a que alude Pintos coas imaxes boi de palla/aguillón de aceiro. Relaciona estas imaxes e o texto coas ideas do provincialismo. 8. Fala do poema desta etapa que se converteu nunha especie de best-seller da literatura galega do XIX. Quen foi o seu autor? Que outras obras escribiu? 9. Quen é o poeta do Prerrexurdimento que fai famoso Curros no Divino sainete? Fala da súa vida e obra. 10. Indica xéneros líricos cultos cultivados no Prerrexurdimento. Que supuxo isto para a normalización da lingua e cultura galegas? Unidade 11: Rosalía de Castro: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer, no Rexurdimento pleno, a obra de Rosalía de Castro. -Comentar adecuadamente un poema de Rosalía.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 216. Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 218. Terceira sesión: (Obradoiro da escritura): O teu traballo (páx. 222) Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 221, apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Explica o propósito de Rosalía ao escribir Cantares Gallegos. 2. Comenta en que consiste a innovación de Follas Novas. Non esquezas que Rosalía era muller e o galego unha lingua en situación de diglosia. 3. Explica, comparándoos, os temas de Cantares Gallegos e Follas Novas. 4. Define o sentimento da saudade e as súas clases. 5. Que sentimento expresan estes versos? Relaciónaos con Negra Sombra.

Cava lixeiro, cava, xigante pensamento; cava un fondo burato onde a memoria do pasado enterremos. ¡Cava, cava lixeiro! E por lousa daraslle o negro olvido i a nada lle darás por simeterio.

ROSALÍA DE CASTRO: Follas Novas 6. Explica os dialectalismos e formas non normativas dos versos anteriores. 7. Comenta as metáforas, repeticións, anáforas e apóstrofes dos versos anteriores. 8. Analiza a adxectivación do texto e os valores das formas verbais que aparecen nel. 9. A linguaxe de Rosalía inclúese no bloque occidental. Cales son as características deste bloque? 10. Por que emprega Rosalía o seseo? Por que non emprega a gheada? 11. Cita e comenta brevemente as partes de Follas Novas.

Page 29: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

29

Lección 12: Eduardo Pondal: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de

-Coñecer, no Rexurdimento pleno, a obra de Eduardo Pondal. -Comentar adecuadamente un poema de Pondal.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 236. Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 238. Terceira sesión (obradoiro da escritura): A túa crítica (páx. 242) Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 241, apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Comenta as obras do Rexurdimento que estuden a lingua galega. 2. Escribe dez liñas sobre a Prensa do Rexurdimento. 3. Fala do uso do galego en actos públicos durante o Rexurdimento. 4. Cita tres temas da poesía de Eduardo Pondal e tres técnicas moi rechamantes que empregase habitualmente. 5. Analiza a métrica destes versos de Pondal que seguen. Explica a anáfora, a antítese e o paralelismo que aparecen neles. Comenta así mesmo as formas non normativas.

Eu nacín en agreste soedade, eu nacín cabo dan agreste outeiro, pra onde o Anllóns con nobre maxestade, camiña ao seu destino derradeiro. Eu non nacín en vila nin cidade, mais, lonxe do seu ruído lisonxeiro; eu nacín cabo de pinal espeso, eu nacín na pequena Ponteceso.

6. Que simbolizan a paisaxe agreste e os piñeiros neste poema de Pondal? Por que opón esta paisaxe á cidade? 7. Lembra a frase que, segundo Lugrís Freire, dixo Pondal no seu leito de morte. Tras leres o texto e recordando o que aprendiches nesta unidade, xustifícaa. 8. Explica por que Pondal é considerado un poeta moderno. Lembra o simbolismo, o parnasianismo, o modernismo... 9. Describe o Banquete de Conxo. 10. Todos temos escoitado moitas veces o Himno galego. Conta todo o que saibas sobre el. Analiza os versos que recordes de memoria. Unidade 13: Curros Enríquez: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

Page 30: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

30

-Coñecer, no Rexurdimento pleno, a obra de Curros Enríquez. -Comentar adecuadamente un poema de Curros.

Primeira sesión: 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 256. Segunda sesión: -Estudo dos apartados da páxina 258. Terceira sesión (cara á Universidade): O teu anuncio (páx. 262) Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 261, apartados 1, 2 e 3. Actividades de autoavaliación: 1. Explica algunhas das razóns da protesta de Curros. Tiñan base real na Galicia do seu tempo? 2. Comenta que pensaba Curros do Progreso. Á luz do que pasa hoxe non era un chisquiño inxenuo? 3. Relaciona o poema que Curros dedicou á morte da nai coa infancia vivida polo poeta. 4. Explica como combina Curros intimidade e crítica social no que se di que é un dos poemas musicados máis espallados e cantados da literatura galega. 5. Le o fragmento do poema de Curros dedicado a Rosalía e explica que concepto ten da poeta. Pode compararse co bardo de Pondal? Que valor ten o adxectivo tola?

"A ROSALÍA" Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. E vina tan sola na noite sin fin, que inda recei pola probe da tola, ¡eu, que non teño quen rece por min! [...] ¡Ai, dos que levan na frente unha estrela! ¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

6. Explica as metáforas estrela e noite. Sinala anáforas, paralelismos e hipérbatos. 7. Sinala as formas que non sexan normativas e explícaas. 8. Fala do concurso poético que gañou Curros. 9. Explica a participación de Curros na fundación da Real Academia Galega. Quen era Fontenla Leal? 10. Describe con brevidade O divino sainete. Unidade 14: A narrativa e o teatro no Rexurdimento. Valentín Lamas Carvajal Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer as principais obras e autores de narrativa e teatro no Rexurdimento. -Valorar a obra xornalística e literatura popular de Valentín Lamas Carvajal.

Page 31: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

31

-Comentar textos en prosa do Rexurdimento. Primeira sesión 1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 276. Segunda sesión -Estudo dos apartados da páxina 278. Terceira sesión (obradoiro da escritura): A túa publirreportaxe (páx. 282) Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 281, apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Rexeita con datos obxectivos o seguinte enunciado: No Rexurdimento só houbo lírica. 2. Comenta as novelas históricas do Rexurdimento. 3. Cal é a primeira novela galega? Explica como reflicte a situación diglósica do galego. 4. Comenta unha novela que se caracterice pola súa crítica social. Que ideoloxía defende? 5. Le os seguintes versos de Lamas e comenta as súas formas non normativas e dialectais.

"A aldea" [...] Alí, os caciques engordan e chegan a ricos, sin ter nin rentas nin bes, namentras o triste maestro da escola, un ánema en pena de fraco parés. [...] Ao ver polos montes do gando en compaña aos nenos, sin roupa, sin pan e instrucción, sinte polas xentes que viven na aldea, tristura, vergonza, conmiseración.

6. Compara a imaxe que do agro dan estes versos coa que daba Rosalía en Cantares Gallegos. 7. Sinala e comenta os recursos literarios que aparecen nestes versos: antítese, encabalgamento, imaxes, hipérbato, asíndeto... 8. Relaciona o tema e a actitude destes versos co labor xornalístico de Lamas. 9. Cal é o best-séller da literatura galega do Rexurdimento? Explica as razóns deste éxito. 10. Comenta brevemente o xurdimento do teatro galego. 11. Cita obras de narrativa curta do Rexurdimento. Cal foi a achega de Rosalía?

Page 32: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

32

SOLUCIONARIO ÁS ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

Unidade 1

Lingua 1. Paralinguaxe: velocidade da pronuncia, énfase, ton. Kinésica: miradas, movemento das mans, movementos de cabeza. Proxémica: falar ao oído, falar desde un estrado. 2. Fonema > monema > palabra > grupo de palabras ou sintagma > enunciado (oracional e non oracional) > texto. 3. En bo galego dicimos: hache e non agá- cu, e non que; gue, e non ge; xe, e non equis. 4. Automóbil: coche, autobús, autocar, camión, camioneta, furgón, furgoneta, taxi. Instrumento musical: trompeta, saxofón, acordeón, guitarra, bandurra, piano, arpa, violín. Vivenda: chalé, piso, cabana, pazo, palloza. 5. Fonema-fonoloxía, son-fonética; monema, palabra-morfoloxía; sintagma, oración-sintaxe; texto-gramática do texto. 6. As acoutacións paralingüísticas informan sobre o ton, a velocidade ao pronunciar, os ruídos que se fan ao falar, etc. As kinésicas refírense aos movementos das mans, da cabeza, do corpo en xeral. As proxémicas, a posición en relación co oínte ou falante: proximidade, afastamento, lugar desde o que se fala, etc. 7. O fume dun incendio é un indicio porque non hai intención comunicativo nel: ninguén causa un incendio para comunicar unha mensaxe. Os sinais de fume que fan os indios son símbolos porque neles hai unha intención comunicativa: fan lume para comunicar mensaxes co fume. 8. As tres linguaxes están formadas por símbolos; sen embargo, os símbolos da linguaxe Braille son táctiles; os símbolos da linguaxe dos xordomudos son visuais; os símbolos da linguaxe escrita son visuais, pero, ao contrario da linguaxe dos xordomudos, non son transitorios, senón que quedan impresos sobre o papel; xa que logo presentan diferentes canles comunicativas. 9. A RAG fixa a norma lingüística seguindo os seguintes criterios: maior extensión xeográfica e/ou demográfica da forma elixida, forma que se considera máis tradicional e propia do galego, consonancia con linguas veciñas como o portugués, forma elixida previamente polo rexistro culto e pola linguaxe literaria. 10. Hiperónimo: Animal doméstico. Can: animal doméstico que fai labores de compaña e garda. Gato: animal doméstico que fai labores de compaña e eliminación de ratos. Cabalo: animal doméstico que serve para labores de transporte e traballo... Literatura 1. O galego vai constituíndose en lingua distinta do latín entre os séculos VIII e XIII. Cara ao século XIII xa é moi distinto do latín e por iso xorden documentos redactados en galego. 2. Non só era lingua da poesía, pois había documentos de todo tipo escritos en galego: testamentos, contratos, doazóns. Mesmo o usaba a Igrexa nas súas cerimonias, como poden ser as vodas. Tamén hai prosa galega: haxiográfica cos Miragres de Santiago, a novelesca da Crónica Troiana ou da Demanda do Santo Graal, a historiográfica das Crónicas, etc. 3. Porque nace na antiga provincia romana de Gallaecia, que chegaba ata as marxes do río Douro. O actual Portugal sepárase de Galicia en 1093, cando Afonso VI nomea condes de Portugal á súa filla dona Orraca e ao seu marido D. Raimundo de Borgoña. A fronteira galega

Page 33: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

33

fíxase no Miño; sen embargo, ata o remate do século XV a lingua segue a ser a mesma ao norte e ao sur do Miño. De aí, o nome de galego-portugués. 4. Á parte dos valores estritamente literarios, ten a importancia de ser o primeiro libro publicado integramente en galego: por iso marca o comezo do Rexurdimento. Pode aludirse aos propósitos expresados no prólogo de enaltecemento do galego, Galicia e os galegos fronte aos tópicos denigratorios dos Séculos Escuros. 5. A Idade Media é un período non só de esplendor literario cos Cancioneiros, a prosa, pero tamén de normalización do galego que se emprega como lingua oficial en documentos. O Rexurdimento supón a recuperación da lingua e literatura galegas, especialmente co cultivo da lírica. Rosalía, Pondal e Curros, figuras básicas do Rexurdimento, son as tres coroas da recuperación do galego. 6. Era a lingua que se usaba na Igrexa, na Administración, na Xustiza... Consérvanse centos de documentos que proban estas afirmacións. Mesmo as cerimonias eclesiásticas, como as vodas, se celebraban en galego. Igualmente estaban en galego as normas e ordenanzas de gremios e confrarías ou os libros de contas de institucións públicas e privadas, civís e relixiosas. Sen embargo, a diglosia galego-castelán empeza xa no século XIII: Galicia queda integrada no reino de Castela, no que cobran cada vez máis importancia os territorios do leste e os reconquistados en Andalucía. Fernando III (1230-1252) usa o castelán como lingua común do seu reino de Castela-León e os documentos que dirixe aos galegos escríbeos en castelán. 7. D. Pedro, conde de Barcelos, era fillo natural do rei trobador D. Denís. No seu testamento fala dun Livro das Cantigas que mandou compor para reunir a obra dos trobadores galego-portugueses. Adoita dicirse que, posiblemente, deste libro procedan os Cancioneiros da Biblioteca Nacional de Lisboa e da Vaticana, que ofrecen a maior cantidade de cantigas conservadas. 8. Os primeiros textos en prosa son A noticia do torto, borrador dunha denuncia que un fidalgo quere presentar ante un tribunal por unha ofensa recibida (torto). Dátase en 1214. O segundo exemplo de prosa é o testamento do rei portugués Afonso II, asinado o 27 de xuño de 1214. O primeiro texto poético conservado é a cantiga de maldicir de Joam Soarez de Paiva Ora faz ost' o senhor de Navarra, datada por uns investigadores en 1213 e por outros en 1196. 9. As tres grandes figuras do Rexurdimento (Rosalía, Pondal e Curros) foron poetas. Isto fixo dicir a algúns, entre os que destaca a Pardo Bazán, que o galego era unha lingua só válida para a lírica. Sen embargo, no propio Rexurdimento van ir cultivándose todos os xéneros: narrativa, teatro... E ata comezan os primeiros intentos de crear unha prosa científica galega, como veremos na unidade 14. 10. O galego deixa de ser lingua escrita precisamente cando aparece a imprenta, que contribúe a estender a variante estándar de linguas como o castelán, portugués, francés, etc. Por outra banda, estas linguas pasan a ser idiomas oficiais de importantes administracións públicas e contan con gramáticas e dicionarios que as normativizan. Isto dá lugar a un grande esplendor literario. Pola contra, o galego non entra na imprenta, queda fóra da Administración, só pervive entre labregos e mariñeiros e non conta máis que cunha literatura popular de transmisión oral. 11. A década dos corenta considérase o comezo do Prerrexurdimento, porque nela xorde o chamado movemento provincialista de defensa de Galicia e da súa lingua, cultura e intereses. Sen embargo podemos adiantar esta data á invasión francesa, pois nesta data (1808) xorde a literatura de propaganda en galego para animar a loitar contra a invasión napoleónica. Continuará esta literatura política na de defensa ou ataque dos principios da Constitución de Cádiz, especialmente nos célebres diálogos e tertulias. Desenvólvese o tema na unidade 9 do libro do alumno.

Page 34: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

34

Unidade 2 Lingua 1. Representativa ou referencial: O conde de Barcelos faleceu en 1354. Apelativa ou conativa: Prestádeme moita atención. Expresiva: ¡Que ben que aprobases todo! Fática: Vostede oe ben o que lle digo? Poética: Como dixo Manuel Antonio,"Fomos quedando sos o barco e mais nos". Metalingüística: Oftalmólogo significa oculista. 2. O parladoiro non supón necesariamente moderador. O debate e o coloquio adoitan ter un moderador. A mesa redonda é unha comunicación entre especialistas. Por outra banda, o seminario ten un auditorio tamén especializado. 3. Na pronuncia das vocais non aparecen obstáculos no tracto vocal, nas consoantes, si. As vocais poden formar sílabas por si soas e ata palabras (e, é, ...); as consoantes, non. 4. Rego con vocal pechada significa 'suco'; con vocal aberta, é presente de regar. Comezo, con vocal pechada, significa 'principio'; con vocal aberta é presente de comezar. Bebe, con vocal aberta é presente de indicativo; con vocal pechada, imperativo. Sede, con vocal aberta é 'domicilio social'; con vocal pechada, 'gana de beber'. Xogo, con vocal pechada é 'entretemento'; con vocal aberta, presente de indicativo. Acordo, con vocal pechada, é 'avinza, decisión'; con vocal aberta é presente de indicativo de acordar. Bote, con o aberto, é 'embarcación'; bote, con o pechado, é verbo, de botar. Mollo, con o aberto, é feixe; con o pechado, é salsa, prebe. 5. Aquela pola cacarexaba na póla da figueira. 6. Mar: aventura, verán, risco, etc. Cidade: modernidade, présa, entretemento, etc. Aldea: vida tranquila, ecoloxía, atraso, etc. Montaña: perigo, aventura, vida libre, deporte, etc. Serra: aventura, risco, friaxe, aire libre, ecoloxía, etc. Val: fermosura, fertilidade, tranquilidade, etc. Volcán: perigo, exotismo, aventura, lume, calor, etc. Selva: vexetación, aventura, animais salvaxes, vida libre, risco, ecoloxía, etc. Deserto: sede, camelo, aventura, caravana, etc. Oasis: repouso, tranquilidade, auga, palmeiras, etc. Lago: ecoloxía, descanso, clima agradable, tranquilidade, etc. Illa: afastamento, soidade, aventura, ecoloxía, viaxe etc... Porto: aventura, movemento comercial e industrial, razas diversas, etc. 7. Porque na súa pronuncia a lingua aparece estendida suavemente sen subir nin cara ao padal duro nin cara ao veo do padal. 8. Hoxe temos que gañar. Parece que hoxe vai ir un día de sol 9. Maior intensidade, maior perceptibilidade, maior duración 10. En posición pretónica, especialmente inicial: cordeiro, con o aberto, 'fabricante de cordas'; cordeiro, co o pechado, 'año'. Literatura 1. Reciben este nome porque eran poemas destinados a seren cantados polos xograres. 2. O trobador adoitaba ser nobre ou cabaleiro, compoñía pero non cantaba habitualmente as súas composicións nin vivía da literatura. O segrel compoñía e cantaba poemas e vivía da literatura. O xograr habitualmente non compoñía e vivía de cantar os poemas compostos polos trobadores. 3. As cortes literarias medievais foron as provenzais, como por exemplo a de Guillerme de Aquitania. No ámbito galego-portugués xorden tamén cortes literarias, como as dos reis Afonso VII, Fernando II, Afonso IX, Fernando III e especialmente as de Afonso X o Sabio e de Afonso III de Portugal e o seu fillo e sucesor D. Denís. Pero non só os reis acollían e protexían

Page 35: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

35

trobadores, segreis e xograres, senón tamén señores como Rodrigo Gómez de Trastámara, Diego López de Haro ou Rodrigo Díaz. 4. Cancioneiro da Ajuda, conservado no pazo real da Ajuda, Lisboa, compilado a finais do XIII e que contén 310 cantigas de amor. Cancioneiro da Vaticana, conservado na Biblioteca do Vaticano. Foi copiado dun cancioneiro portugués, hoxe perdido, en Italia no século XVI por orde do humanista Angelo Colocci. Contén 1205 cantigas dos tres xéneros atribuídas a máis de cen autores. Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa: copiado tamén no século XVI en Italia por orde de Colocci. Hoxe consérvase na Biblioteca Nacional de Lisboa, tras adquirilo o goberno portugués en 1924. Contén 1647 composicións dos tres xéneros e unha incompleta Arte de trovar. 5. Verso ou versos que se repiten periodicamente no remate de cada estrofa ou cada certo número de versos. 6. Vindel foi o libreiro que atopou o pergamiño que contén as sete cantigas de Martín Codax, seis delas con notación musical. Sharrer atopou un pergamiño con sete cantigas de amor de D. Denís, tamén con notación musical. Son o único exemplo conservado de música na lírica profana. 7. 1196, data de composición, segundo ás alusións aos saqueos de Sancho IV de Navarra en territorio de Aragón, da que se considera primeira cantiga Ora faz ost' o senhor de Navarra, do trobador Johan Soarez de Pavia. A morte de D. Pedro, conde de Barcelos, 1354, considérase a fin da escola. 8. Repetición dunha palabra en posición de rima na mesma estrofa ou en estrofas diferentes de forma asimétrica. 9. As dúas primeiras estrofas son paralelísticas e o mesmo ocorre coas dúas últimas. O leixa-prén vese porque o primeiro verso da terceira estrofa repite o segundo da segunda estrofa; o primeiro verso da cuarta estrofa repite o segundo da terceira. 10. Oseira, Sobrado, Celanova, San Martiño Pinario, Oia, Samos, Ribas de Sil... Todos eran grandes centros culturais e religiosos, con importantes bibliotecas e ademais donos de gran cantidade de terras cultivadas por colonos e servos. 11. Foi consagrado bispo de Santiago en 1101. Adoptou os ritos das igrexas francesas, impulsou os estudos de Retórica e Dialéctica. Aumentou o número de cóengos a 72 e rodeouse dunha verdadeira corte. Emprendeu grandes obras como o pazo episcopal que leva o seu nome ou novos barrios en Santiago e ata obras de fortificación na Lanzada. En 1104 viaxa a Roma para conseguir para Santiago a dignidade metropolitana. A súa época marca o esplendor medieval de Santiago e Galicia no ambiente das peregrinacións. 12. Lírica fundamentalmente amorosa desenvolvida na Provenza do século XII, no sur de Francia, terra daquela en paz e cun bo desenvolvemento económico que propicia a creación cultural. A muller é tratada como un ser perfecto física e espiritualmente, o trobador gaba e serve a esta señora coma se fose un señor feudal, a paixón amorosa aparece nunha natureza primaveral. Tamén había poemas satíricos: os sirventés. 13. No século XV, coa invención da imprenta por parte de Gutenberg. O primeiro libro impreso por Gutenberg, en Maguncia (Alemaña), foi a Gramática Latina de Donatus, en 1451. 14. Os torneos, a caza, o xadrez e tamén as festas cortesás en que se comía, cantaba, bailaba e se interpretaban cantigas por parte dos xograres e segreis e ás veces tamén por trobadores que estaban dotados para o canto.

Page 36: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

36

Unidade 3 Lingua 1. O primeiro texto é obxectivo, en prosa, segue a orde lóxica e busca informar sen máis. O segundo texto é literario polo que aparece en verso, estruturado nunha estrofa de versos octosílabos, coa personificación do mar -borracho- e da montaña. 2. Ámbolos dous son dentais e oclusivos, pero /t/ é xordo e /d/ sonoro. /k/ e /g/ coinciden en seren oclusivos e velares, pero /g/ é sonoro e /k/ xordo. /ñ/ e /nh/ son nasais e sonoros, pero /n/ é alveolar e /nh/ velar. /r/ e /rr/ son alveolares e sonoros, pero /r/ é vibrante simple e /rr/ vibrante múltiple. /ñ/ e /n/ son nasais e sonoros, pero /ñ/ é palatal e /n/ alveolar. /b/ e /p/ coinciden en seren bilabiais e oclusivos, pero /p/ é xordo e /b/ sonoro. /b/ e /m/ coinciden en seren bilabiais e sonoros, pero /b/ é oral e /m/ é nasal. 3. O seseo é a pronuncia do fonema fricativa interdental xordo, representado por c+e,i ou z na escrita, como /s/. É propio da zona costeira e occidental das provincias de Pontevedra e da Coruña. A gheada é a pronuncia do /g/ como un son fricativa farínxeo xordo, semellante ao do inglés house, ou como j castelá. É propia das provincias de Pontevedra e da Coruña e penetra en áreas das de Ourense e Lugo. 4. Covarde, vulto, esvarar./Marabilla, bolboreta, móbil. 5. Xoves/quinta feira: a primeira é máis usual. Parasol/antuca: o primeiro máis usado. Recordar/lembrar: o primeiro é máis usado na lingua coloquial. Dourado/áureo: o primeiro é propio da lingua coloquial. Lágrima/bágoa: o primeiro máis usual e o segundo máis propio da lingua literaria. Cimentos/alicerces: o primeiro é máis usual. 6. Especialmente na novela epistolar, pero tamén cando un escritor as utiliza para expresar opinións ou sentimentos pensando xa na posteridade. 7. Coas oclusivas coinciden no pechamento total da canle por onde sae o aire; coas fricativas, en que cando se abre esta canle só se abre moi pouco de xeito que o aire sae rozando e non cunha explosión. 8. Son palabras que soan igual pero que son diferentes e que ata poden escribirse de forma distinta: Movía un abano para apartar o fume daquel habano. Faiche falta valor para mercar esas patacas con tanto balor. 9. Unha/una; duna/dunha. Pexa/pesa; xo/so; xa/sa; fuxo/fuso. Literatura 1. O son fricativo prelatal sonoro representado por j, i ou g+e,i: ja, gente. Salientar que se conservan estes sons dialectalmente na Limia Baixa. O son africado dentoalveolar sonoro representado por c+e,i ou ç, e o correspondente sonoro representado por z: coraçon, razon. 2. Eran non só de todos os puntos da península Ibérica, senón incluso de Provenza, como Arnaldo, ou mesmo italianos como Bonifacio Calvo. Usaban o galego-portugués porque era considerado lingua propia da lírica. 3. Está posta na boca dunha muller, son poemas de tema amoroso e neles sempre aparece a palabra amigo. 4. Mariñas ou barcarolas, que transcorren nunha paisaxe ou ambientes mariñeiros. De romaría, que tratan dun encontro ou cita amorosa co gallo dunha romaría. Bailada, a rapaza entretén a espera do amigo bailando soa ou coas amigas.

Page 37: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

37

5. Aparece a palabra amigo xa no primeiro verso, está posta na boca dunha rapaza e toca un motivo típico da cantiga de amigo: o encontro ou cita co gallo dunha romaría. 6. Veer do latín videre: o i breve latino evoluciona a e pechado; a consoante oclusiva sonora intervocálica pasa a fricativa e pérdese. As dúas vocais e acabarán por fundirse nunha soa. Nen, do latín nec. O n final desenvólvese, trala perda do /-k/ final, por influencia da consoante nasal implosiva. O actual nin prodúcese pola tendencia a pechazón do e átono. Desejo procede do latín vulgar desidium, coa palatalización e posterior enxordecemento do grupo di. Mi procede do latín me; esta forma con i débese á influencia do dativo mihi. Vejo é o actual vexo, do latín video: o i breve pasa a e pechado, e o grupo d+iode palatalízase na palatal sonora, que na lingua actual se enxordece. 7. Como é propio da cantiga de amigo aparece suxerida unha paisaxe rural agradable polas connotacións que rodean á palabra San Servando, nome dunha ermida e dunha romaría. 8. É unha cantiga de romaría, pois a amiga pensa atoparse co amado co gallo dunha romaxe. 9. Porque naceu do latín vulgar falado na actual Galicia e de alí foi avanzando cara ao sur de Portugal segundo ía avanzando a Reconquista. 10. As cortes gustan de xogar cos elementos populares da rapaza namorada, das romarías, da canción popular, etc. sen embargo nelas aparecen o amor cortés, símbolos e técnicas da lírica provenzal, como podemos ver nos símbolos que utiliza D. Denís na cantiga da páxina 60 do libro do alumno ou mesmo as alusións a actividades propias da corte. Por outra banda, reparemos en que non están escritas por mulleres: trobadores homes finxen ou supoñen o que sente a muller. 11. As kharxas son poemiñas anónimos escritos en mozárabe en que tamén se expresa unha rapaza. Parece que na Europa medieval había un xénero da lírica popular que era a canción de muller.

Unidade 4 Lingua 1. Porque procede do latín vulgar. 2. Abertas: peza, lobo, nena... Trabadas: perder, artistas, postes... As vocais son núcleos silábicos e as consoantes marxes. 3. Ditongos crecentes: pru-den-cia, cien-cia; cues-tio-na-rio. Ditongos decrecentes: fa-lei, pa-sou, pai...As semivogais son i/u. Hiato: a-é-r-e-o, mo-e-ga, ba-úl...Os dous primeiros hiatos son por non haber neles vocal pechada i/u. No terceiro porque o u é tónico e forma sílaba por si só. 4. Esa espía expía as súas culpas na cadea. É a sexta vez neste mes que durmo a sesta. Extrema as precaucións coa marca desa estrema. Nese acto declarárono apto para a profesión. Non adopta posturas extremas porque non adoita alporizarse. A bola de pan era tan redonda que parecía unha bóla.

5. Partirei de viaxe este luns: tonema descendente. Chegou teu irmán?: tonema descendente precedido por unha elevación. ¡Gañamos a liga!: tonema descendente, que vai baixando pouco a pouco desde un ton inicial moi alto. 6. Celta: berce, bido, bico, croio... Caucásica ou mediterráneas: petouto, touza, amorodo...

Page 38: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

38

7. Non o chamei. Ben o entendín. Tamén o escoitei. Todo o mundo o sabe. Ese individuo éche parvo. Ese estudo é moi deficiente. Ese odio non resulta racional. Ese amigo non che convén. Certa enquisa está manipulada. Todo estudante teme ter un suspenso. A nai e el lévanse moi ben. 8. Salientar que moitas veces, nos textos autobiográficos, o seu autor, ao falar de si mesmo, non sempre mantén a obxectividade e iso non quere dicir que conte mentiras. A elección dos feitos da vida que conta e os que esquece é xa de por si unha mostra de subxectividade. 9. Minguou, mingüei, iguais. / Cambiei, acentuou, rituais. Salientemos que o tritongo adoita manterse precedido por consoante velar, pero no caso de consoante que non sexa velar tende a desfacerse en vocal + ditongo. 10. A diérese sobre o i nas formas dos verbos en -aer, -oer, -oír, -uír.. como traer, caer, moer, constituír, saír.. sinala que ese i é átono pero que, sen embargo, forma sílaba por si só. Literatura 1. Está baseada na idealización da muller e na conversión ao amor da ideoloxía feudal -a dama é coma o señor ao que serve o trobador-. Hai graos na relación amorosa: fennhedor, precador, entendedor e drudo. O poeta pretende acadar o joi ou unión coa dama. Sen embargo, nunca a debe mencionar e se o fai ha de ser por un nome encuberto, o sinal. 2. A experiencia amorosa non aparece situada na primavera, o tema básico é a coita e non se acada o joi. Por outra banda, tampouco se alcanza a categoría de drudo, que só aparece nas cantigas de escarnio e maldicir como crítica. 3. Na lírica provenzal hai unha descrición detallada da muller; hai tamén unha gabanza das condicións morais e físicas da dama. Na lírica galego-portuguesa non hai unha descrición detallista da dama. 4. Na pena que invade ao trobador porque a dama non o acepta e que se manifesta na perda do sono, da fame e ata da gana de vivir. 5. Nela fala o trobador e por outra banda a palabra senhor aparece xa no primeiro verso. 6. A cantiga é de refrán (ca nunca vi molher máis sen amor) e de cobras singulars (AAABAB/CCCDCD). 7. Son cobras capdenals porque o verso 3 de cada estrofa repite a secuencia e nono ouvi. Son cobras capfinidas ao refrán porque o primeiro verso da segunda estrofa repite a palabra vi, que aparece no refrán. Os tres primeiros versos de cada estrofa presentan paralelismo sinonímico. Presenta rima derivada ao repetir en posición de rima amar-amei, demandar-demandarei-demandei. Salientemos tamén as derivacións (amor, amar, amarei ... ), a hipérbole (cent'anos for seu servidor), etc. 8. Fenhedor ou tímido: tenta que a dama se fixe no poeta. Precador ou sup1icante: confesa o seu amor á dama. Entendedor: a dama acepta xa os poemas do trobador. Drudo: unión amorosa plena. 9. A provenzal sitúa a experiencia amorosa na primavera; a galega, non precisa estación; na provenzal hai unha descrición detallista da dama; na galega só alusións xenéricas. 10. As cantigas de amor adoitan presentar a coita: a dama non acepta ao poeta e este perde a fame, o sono, tolea e ata non lle interesa vivir. Así vive na soidade esta pena.

Page 39: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

39

Unidade 5 Lingua 1. Texto explicativo preciso. Unha exposición debe cumprir a regra dos tres ces: concisa -di moito con poucas palabras-, clara e completa -non deixa ningún dato ou aspecto sen tratar-. 2. ¡Fóra! > Saíde fóra. Atención, por favor. > Prestádeme atención, por favor. Inauguración do novo instituto pola Conselleira > A Conselleira inaugura o novo instituto. 3. Enunciativo afirmativo: Marchamos de vacacións. Enunciativo negativo: Non marchamos de vacacións. Interrogativo: Marchades de vacacións? Imperativo: Marchade de vacacións. Exclamativo: ¡Marchades de vacacións! Dubitativo: Ao mellor marchamos de vacacións. Desiderativo: Oxalá marchásemos de vacacións. 4. Resposta libre. 5. Independente: Non fomos pola forte nevada. Complexa: Non fomos porque nevou moito. Conxunto oracional: Se non nevase, iriamos. 6. Resposta libre. 7. A oración subordinada, na complexa, é suxeito da oración en que se inclúe ou completa un elemento desta oración: o verbo, un substantivo, etc.: Non fomos porque chovía (c. circunstancial do verbo)/ O rapaz que vimos (complemento ou modificador do substantivo) era moi guapo/ Está orgulloso de que saques tan boas notas (complemento dun adxectivo). No conxunto oracional a oración subordinada non é suxeito da outra, e completa toda a oración no seu conxunto: Aínda que chova, sairemos de excursión./ Se vés cedo, irei contigo. As concesivas e condicionais completan toda a oración. 8. Gañaron cartos na emigración, pero non se fixeron millonarios: Conxunto oracional por coordinación. Neste caso as oracións non establecen relacións de dependencia. Se te portas ben, conseguirás todo: Conxunto oracional por subordinación. A oración subordinada completa a outra. 9. A manda de elefantes ía/ían en fila. Unha multitude de persoas alporizadas e agresivas insultaba/insultaban o árbitro. A lingua culta prefire a concordancia gramatical e non a concordancia polo sentido. Sen embargo, a concordancia polo sentido é máis admisible cando o colectivo, como no segundo caso, vai completado por un complemento plural e se queda separado do verbo. 10. Claridade, exhaustividade, precisión. 11. O eufemismo é unha palabra que se usa no canto doutra malsoante, desagradable ou dura. O disfemismo é unha palabra que resalta pola súa dureza, carácter desagradable ou malsoante. Literatura 1. Crítica dos defectos, especialmente da avaricia e prepotencia, de clases sociais como a nobreza e o clero; sátira do mal comportamento da nobreza nas guerras; críticas literarias contra outros trobadores, xograres e soldadeiras; reflexións de tipo filosófico-moral sobre a mentira, etc. 2. Narrativas, que relatan milagres da Virxe. De loor, que aparecen cada nove cantigas narrativas, e gaban a Virxe.

Page 40: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

40

3. As cantigas de escarnio representan os vicios e defectos por palabras de dobre sentido que o lector debe descubrir. As de maldicir presentan estes vicios e defectos e mesmo as persoas que os teñen. 4. Porque a Idade Media é unha época teocéntrica e profundamente relixiosa. Por outra banda, a Igrexa utilizou a literatura para estender entre o pobo os dogmas relixiosos e mesmo para incitar á piedade con vidas de santos, poemas relixiosos, etc. A mesma organización social feudal considerábase un trasunto da Santísima Trindade. 5. Estamos ante unha cantiga de escarnio político. Está formada por dísticos que riman en consonante. Estas estrofas son singulars, pois non repiten a rima. Por outra banda, é unha cantiga de refrán. 6. Observemos o comezo anafórico das dúas estrofas e o paralelismo literario que hai entre as dúas estrofas, pois expresan a mesma idea con distintas palabras. Salientemos a antítese irse da guerra - ir para a súa terra, e mesmo a paronomasia que se establece nestas oracións co verbo ir, que só se distinguen polo uso de preposicións diferentes e antitéticas: da-a. Pertence ao ciclo das cantigas de escarnio político que Afonso X escribe con motivo do mal comportamento da nobreza na guerra de Granada. 7. Palabra que resulta dura, desagradable ou mesmo malsoante. As cantigas de escarnio e maldicir adoitan usar ás veces disfemismos: couces, xograrón, matar de fame e sede, comer mal, cobiza, etc. 8. Era un poema destinado a laiar a morte dunha persoa e adoitaba salientar as virtudes dunha persoa morta. Pero da Ponte foi un grande autor de prantos e destacan os que compuxo na honra da raíña dona Beatriz de Suabia. 9. Martín Moxa cre que chegou a fin do mundo pola falta de xustiza e virtude. Salienta a avaricia, posiblemente influído polas continuas loitas entre os nobres para acadar máis poder dentro dunha sociedade feudal. 10. Ver resposta 4.

Unidade 6 Lingua 1. Normativizacion é o proceso polo que unha lingua fixa unha variante estándar cunha gramática e cun dicionario elaborados por unha academia ou por unha institución semellante. Normalización é o proceso polo que esa lingua se emprega na Administración, na Xustiza, no Ensino, medios de comunicación, etc. 2. O seu emprego nos documentos administrativos, na xustiza e na Igrexa. No propio reinado de Fernando III, o rei xa adoitaba dirixirse en castelán a concellos e outras institucións galegas. 3. En artigos, que expresan cada unha das normas ou disposicións que forman as leis. Os artigos poden dividirse en apartados, alíneas. Os artigos que tratan dun mesmo aspecto agrúpanse nun título. Un código é un conxunto de leis que regula un mesmo campo de actividade: código penal, sobre delitos e penas; código civil, sobre contratos, matrimonio, etc. 4. Onte tronou moito. Houbo este curso unhas boas conferencias. Abonda con dúas mil pesetas para o regalo. Pásase moi ben nesas festas. 5. O mensaxeiro entregoulle os libros á profesora de lingua. > Os libros fóronlle entregados á profesora polo mensaxeiro. O cambio máis salientable é o paso a suxeito paciente do CD. O CI permanece igual en ámbalas dúas oracións.

Page 41: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

41

6. O río pásase ben por esta ponte (pasiva reflexa)/Pásase moi ben nas vacacións de verán. A diferenza máis salientable é a presenza do suxeito paciente na pasiva-reflexa e a ausencia de suxeito na impersoal.

7. Os dous púxiles golpeábanse no cuadrilátero (entre si, mutuamente). Aféitase todas as mañás (a si mesmo). 8. O popularismo ou patrimonialismo é unha palabra procedente do latín e que o pobo usaba habitualmente polo que sufriu toda a serie de transformacións que se operaron desde o latín ao galego. Un cultismo é unha palabra só usada nos rexistros cultos ou científicos polo que non evolucionou e a súa forma é case idéntica á latina coas mínimas adaptacións á fonoloxía e morfoloxía galegas. Un semicultismo é unha palabra moi empregada na Idade Media nas linguaxes xurídica, administrativa ou relixiosa e que tamén coñecía e usaba o pobo, pero que por ese carácter culto só sufriu pequenos cambios. O latín macula produce o popularismo malla, o semicultismo mógoa e o cultismo mácula. 9. Heliocentrismo, hipnotizar, halóxenos, hidrofobia, hipertensión, hipotensión.

10. Chameina a ela por teléfono. Non vin a Pedro na festa.

11. Aí non hai nada. Tes que inchar o balón. O úmero é un óso. Nadaba harmoniosamente pola baía. A irmá seica toca a arpa. Deixou o elmo sobre o altar da ermida. Literatura 1. En galego consérvense fragmentos dunha Flos sanctorum ou recompilación de vidas de santos traducidas do latín; sen embargo a obra máis célebre é os Miragres de Santiago. 2. É o relato dos feitos históricos seguindo unha estrica orde temporal. 3. Podemos considerar como primeira novela galega conservada completa a Crónica Troiana, elaborada, ao parecer, por Fernáns Martíns, por encarga do conde Fernán Pérez de Andrade. 4. Grial ou Graal nas vellas lendas celtas era un vaso máxico e que proporcionaba poderes extraordinarios ao seu posuidor. A lenda cristianizouse e pasou a ser o cáliz usado por Xesús na última cea. 5. Pertence á chamada materia de Troia. A sintaxe caracterízase pola súa sinxeleza e especialmente polo emprego exclusivo da conxunción coordinante e, que non só ten valor copulativo senón que toma ata valores de subordinación. A lingua estaba nos seus comezos e aínda non tiña un sistema rico de nexos. Por outra banda cómpre salientar os sons representados por ss (outrossi), j/z (jazíam); formas como fezo, i. 6. Porque predomina o pretérito de indicativo (buscaron, soterraron, fezo soterrar, fezo gran doo, etc.), tempo que serve para a narración de accións ocorridas no pasado. 7. Pertence á Crónica Troiana, elaborado, ao parecer por Fernáns Martíns, por encarga do conde Fernán Pérez de Andrade, a partir dunha versión castelá do Roman de Troie do francés Benoît de Saint Maure. 8. A materia de Bretaña, historias baseadas nas aventuras do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda. En galego consérvanse deste ciclo o Libro de Xosé de Arimatea, fragmentos do Libro de Merlín e a Demanda do Santo Graal. Así mesmo se conservan fragmentos do Libro de Tristán.

Page 42: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

42

9. Esforzo desinteresado pola busca do ben e da xustiza, concepción cortesá do amor, loita contra a inxustiza, esforzo por acadar a perfección, etc. 10. O carácter teocéntrico da cultura e vida medievais. 11. Aparece nos Miragres de Santiago, pero tamén na Crónica de Santa María de Iria.

Unidade 7

Lingua 1. Utilización de fórmulas e estruturas fixas, ton impersoal do escrito que se manifesta no emprego da terceira persoa ou no emprego de se pasivo-reflexo, uso de verbos de lingua como convocar, anunciar, citar, informar, etc. 2. Porque todas as demais palabras do grupo se refiren a el, como se demostra pola concordancia. Por outra banda, é absolutamente necesario para que exista o grupo nominal. Os determinativos actualizan o substantivo. Os modificadores completan e enriquecen o significado do núcleo substantivo. No grupo nominal O coche verde corre moito, o artigo permite que o substantivo funcione como suxeito diante do verbo; se suprimimos o actualizador a oración é agramatical (*Coche verde corre moito). 3. Esta camisa azul. Esta camisa azul (suxeito) gústame moito. Merquei esta camisa azul (CD). Pegueille o botón a esta camisa azul (CI). Non me fales agora desta camisa azul (complemento de réxime). Caeume unha mancha nesta camisa azul (C.C. de lugar), etc. 4. Os nomes dos días da semana ou dos meses. 5. Unha artesá fabricou esta carteira de coiro. Túa curmá vive cerca da miña casa. Contoume vellas historias pagás./ É un especialista na relixión musulmá. Enganoume porque é un pouco pillabana. Non fixo os deberes porque é unha folgazana. 6. CD: Sempre admirarei a bondade de teu irmán. Aínda me acordo da area tan fina daquela praia. 7. Froito-froita. O fin-a fin. O editorial-a editorial. O cólera-a cólera. 8. Suxeito, CD, Cl e complemento de réxime. Porque só as pode desempeñar un substantivo ou grupo nominal ou substitutos naturais seus como o pronome, unha oración subordinada substantiva ou unha palabra substantivada. 9. A lei sobre os escribáns de 1480. O nomeamento de cargos civís e eclesiásticos de fóra de Galicia. As derrotas dos nobres galegos. 10. Non. Só os altos cargos eclesiásticos e burocráticos sabían castelán. A maioría da poboación, campesiños, mariñeiros e artesáns, falaba só en galego, porque non precisaban o castelán na súa actividade. 11. Substantivo ou grupo nominal que completa ou explica a outro substantivo, ao que se une sen preposición e só pola concordancia: O teu amigo Pedro é moi bo rapaz. Pedro, o médico novo, é moi competente. Literatura 1. A cantiga, o dicir e a pregunta-resposta.

Page 43: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

43

2. Eran unhas xustas poéticas na honra de Alonso de Fonseca. Para a literatura galega interesan as de 1697, pois destas consérvanse sete romances en galego. 3. En 1612 a Real Audiencia da Coruña decidiu publicar un libro de poemas na honra da raíña morta, as célebres Exequias. No libro figura o célebre Soneto con falda de Gómez Tonel e o soneto Respice finem do médico da Real Audiencia Pedro Vázquez de Neira. 4. O Entremés famoso sobre da pesca no río Miño, posiblemente de 1671, obra de Gabriel Feixoo de Araúxo, presenta humoristicamente as liortas entre portugueses e galegos pola quenda de pesca no Miño. 5. É unha panxoliña ou vilancico. Eran cantados no Nadal non só en Santiago ou Mondoñedo, senón fóra de Galicia: Valladolid, Toledo, Coimbra, Lisboa... 6. Considerábase Galicia como unha rexión pobre, rústica, apartada, de pobres campesiños e pastores. Iso conviña á tradición do Nadal e á adoración dos pastores. 7. Aparece cultivado especialmente nas Exequias pola raíña dona Margarida de 1612, por obra de Gómez Tonel e Vázquez de Neira. 8. Dª Isabel de Castro e Andrade, autora dun soneto en gabanza de Alonso de Ercilla. 9. O funcionario que recompilou o cancioneiro que leva o seu nome e que contén os mellores exemplos da escola lírica galego-castelá. Macías é o poeta máis célebre desta escola. Gómez Manrique, tío de Jorge Manrique, foi o último trobador da escola galego-castelá. 10. O gran poeta da literatura portuguesa, especialmente co seu poema épico Os Lusíadas, publicado en 1572. 11. O nobre axustizado en Mondoñedo en 1483 por opoñerse aos Reis Católicos.

Unidade 8 Lingua 1. Oracións enunciativas afirmativas. Orde lóxica da oración. Adxectivos especificadores. O léxico caracterízase polo emprego de cultismos. 2. O Miño, o río máis longo de Galicia, atravesa as provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. O adestrador estaba orgulloso da entrega de todos os seus xogadores. O Conselleiro de Educación nomeou a túa irmá directora do instituto. 3. O meu caderno é o azul. Meus pais/Os meus pais chegaron onte. Ben te coñezo, meu amigo. 4. Naceu na Coruña e vive no Porriño. É un dianteiro centro cun remate a porta temido por todos os porteiros. Calquera persoa lista aceptaría ese terceiro posto. Os rapaces novos estes non saben o que din. Non cazaron ningunha aguia. 5. Cincocentos vinte e seis/Quiñentos vinte e seis. Quinxentésimo vixésimo sexto. A cincocentas vinte e seis parte/A quiñentas vinte e seis parte. Oitenta e tres. Octoxésimo terceiro (para ordinal e partitivo). Noventa e oito. Nonaxésimo oitavo (para ordinal e partitivo). Cento corenta e sete. Centésimo cuadraxésimo sétimo. Novecentos dezaoito. Nonaxésimo décimo oitavo. Tres mil oitocentos trinta e tres. Tres milésimo octoxésimo trixésimo terceiro.

Page 44: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

44

6. Todo o que dis é falso. Saíu dunha boa liorta. Estoutro rapaz sabe máis ca aqueloutro. A décimo cuarta posición éche ben boa. Todas as localidades son boas. Con aquelas desculpas non conseguiches nada. Traballar os eidos co tractor. Rematados os deberes, saímos. 7. Verba significa 'locuacidade'. Esgrevio significa ‘escarpado’. Xunguir significa 'poñer o xugo'. Encetar significa 'empezar un alimento'. Furna significa 'cova ou cavidade'. 8. O noivo e a noiva chegaron en cadanseu coche. É un mecánico que traballa en taller de seu. Literatura 1. Privan os motivos racionais. Cre que é un atraso que un rapaz que fala en galego aprenda mesmo matemáticas ou ciencias da natureza en castelán. 2. O Decreto de Nova Planta de 1707. A Real Cédula de Aranjuez de 1768. A Real Cédula de 1780. 3. Literatura anónima que se transmite oralmente de xeración en xeración. A lírica popular está formada por poemas como cantigas, romances e poemas de festa e xuntanza. A narrativa popular está formada por contos sentenciosos e morais, de burlas, de animais e fantásticos. 4. Rosalía en Cantares gallegos, obra que como veremos inicia o Rexurdimento en 1863, parte da glosa ou desenvolvemento de cantares populares anónimos. Por outra banda, a tradición do conto popular está viva na gran tradición do conto galego de Castelao ou Dieste, e nos contemporáneos. 5. Pertence ao romance que narra o saqueo de Cangas polos piratas turcos en 1617. 6. Vulgarismos son arrenegados, la, pra. O castelanismo que destaca é páxaro por paxaro. Sinalemos a antítese viñeron-fuxemos, de moi lonxe-pra moi lonxe. Salientemos as reiteracións de lonxe, quen fora... 7. O texto castelán en prosa explica o significado e a etimoloxía das palabras empregadas nas coplas. 8. O Pranto da frota, por unha ninfa galega laia o afundimento en Rande da flota de América pola escuadra inglesa en 1702. 9. Coas fábulas. A literatura popular non é tan inxenua como aparenta. Os seus autores orixinais adoitan ser persoas con certa formación literaria -posiblemente avogados, cregos, mestres, etc- que adaptan esta á mentalidade popular 10. O Romance da Frouseira relata a morte por axustizamento en 1483 por orde dos Reis Católicos do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo. Converterase en figura mítica defensora da autonomía galega.

Unidade 9 Lingua 1. O de información só dá a noticia e non realiza ningún tipo de valoración; o xornalista no primeiro caso é obxectivo e non dá opinións nin valoracións persoais; o de información non tenta influír sobre o lector, mentres que o de opinión pretende convencer ao lector na liña de opinión do xornalista. 2. Porque o galego aparece nun campo que antes lle estaba vedado: a política. Por outro lado, demostra que é unha lingua en que se poden explicar os novos conceptos políticos como

Page 45: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

45

Constitución, liberdade, sufraxio, voto, etc. Tamén introduce no galego o léxico político do liberalismo. 3. Tan útil para a colectividade. Ese parque tan útil para a colectividade debe estar moi ben coidado. Ese parque é moi útil para a colectividade. O Concello considera ese parque moi útil para a colectividade. 4. Os mariñeiros, prudentes, non saíron ao mar pola tormenta. Os mariñeiros prudentes non saen ao mar con tormenta. 5. A irmá é máis alta ca ela. A irmá estuda máis do que ela cre. 6. Porque en maior, mínimo, óptimo xa van implícitos os contidos gramaticais de comparativo de superioridade e superlativo absoluto, respectivamente. 7. Ante substantivos comezados por consoante: Esa viaxe foi unha grande experiencia. Ese libro é un gran traballo. Hoxe celebramos a festa de santo Estevo. 0 29 de xuño celébrase a festa de san Pedro. 8. As explicacións e incisos explicativos pronúncianse na lingua oral entre dúas pausas breves. Por iso, na escrita estas pausas breves sinálanse pola coma. Os adxectivos explicativos, como o seu propio nome indica, son un inciso explicativo. De aí que sigan a lei xeral e vaian entre comas: Os ciclistas, cansos, beberon ao chegaren á meta. 9. É unha gran novela/É unha novela grande. É un encargado simple/É un simple encargado. É un pobre millonario/É un rapaz pobre. Faleiche de certa cousa./Faleiche dunha cousa certa. Por norma xeral, estes adxectivos antepostos sempre toman un valor moral ou espiritual e pospostos, material. 10. Adverbios en -mente como certamente, evidentemente, seguramente ... ; expresións como segundo a miña opinión, como moi, dalgún xeito, etc. Os clixés son sobre todo adxectivos que perderon o seu valor expresivo e que nada achegan: criminal atentado, estreita colaboración..., pois todos os atentados son criminais e as colaboracións supoñen a proximidade dos colaboradores. A mellor solución é suprimir sen máis estes retrousos e clixés. 11. Esa investigadora é sapientísima. Vive nun pendello misérrimo. A bibliografía dese traballo é paupérrima. Os anarquistas defenden unha sociedade e vida libérrimas. Literatura 1. O romance anónimo que anima a loitar contra os franceses Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento e sobre todo Proezas de Calicia (1810) de Fernández Neira, texto dialogado entre os campesiños Chinto e Mingote, que relatan a loita e fazañas dos galegos na súa resistencia contra os franceses. 2. Xorden toda unha serie de textos, especialmente diálogos co nome de tertulias ou diálogos en que se defenden ou atacan os principios da Constitución do Cádiz e do absolutismo. A maioría dos textos son unha defensa do liberalismo e da Constitución de Cádiz. Podemos citar Rogos dun escolar galego á Virxe do Bo Acerto para que libre a terra da Inquisición (1813), romance do crego liberal Manuel Pardo de Andrade e que ataca a Inquisición e pide a súa supresión porque non é acorde co espírito católico de convencer pola razón e nunca pola forza. As Tertulia da Quintana (1820), Tertulia de Picaños (1836), Segunda Tertulia de Picaños (1840) son diálogos que defenden as ideas liberais da Constitución de Cádiz. 3. A casamenteira (1812) de Antonio Benito Fandiño. Escrita en 456 versos octosílabos en redondillas é unha especie de sainete rural que critica os casamentos por conveniencia, na liña

Page 46: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

46

de El sí de las niñas de Moratín. Presenta unha celestina rural, a tía Goras, que pretende amañar a voda dun mozo coa ama rica dun cura. Sen embargo, imponse o amor. Fandiño, liberal, criticaba a Pragmática de 1776 que determinaba que os fillos necesitaban da autorización paterna para casaren. 4. A égloga é un poema que relata os amores desgraciados duns pastores idealizados nunha natureza tamén idealizada. Xurdiu na antiga Grecia e tivo un gran desenvolvemento na literatura neoclásica. Nicomedes Pastor Díaz é autor da célebre Égloga de Belmiro e Benigno, segundo as atribucións máis estendidas. 5. É unha adxectivación que presenta unha imaxe idealizada da amada: blando sono, fresca, garrida. 6. O poema iníciase cunha apóstrofe á amada para que saia á ventá para verse co amado. A comparación enaltece a muller que é mái fresca e máis garrida/que estas frores fragantes/que a espuma destas ondas resonantes. Reparemos na onomatopea de resonantes, que suxire o ruído das ondas do mar cando rompen. 7. Son poemas escritos con motivo ou circunstancia dalgún acontecemento como voda importante, visita de reis ou personaxes célebres, inauguración de grandes monumentos ou obras, morte de alguén célebre, etc. Destaquemos neste xénero os poemas de Vicente Turnes e Luís Corral co gallo da voda de Fernando VII e dona María Cristina (1829), ou os sonetos, entre outros, de Arias Teijeiro, para celebrar o nomeamento como cardeal do arcebispo de Santiago don Pedro de Quevedo (1817). 8. A Alborada de Nicomedes Pastor Díaz, importante poeta en castelán e tamén político. Nado en Viveiro en 1811 publicou en 1828 A Alborada, que se considera o primeiro poema culto do século XIX; trata o clásico tema da alba en dezaseis estancias de hendecasílabos e heptasílabos: un namorado, nunha fermosa paisaxe e mañá, espera que a súa amada saia á ventá. 9. Segue a tradición das panxoliñas, especialmente na catedral de Mondoñedo e destacan como compositores de vilancicos Antonio María de Castro e Neira e Luís Corral. 10. Os Diálogos e Tertulias introducen o galego no mundo da política e dotan a lingua de termos e vocabulario propios do rexistro da política. Era algo impensable nos aínda próximos Séculos Escuros. Cómpre salientar a importancia do cultivo da égloga, xénero propio da literatura culta e ademais cunha métrica tamén culta, como fai Pastor Díaz na Égloga de Belmiro e Benigno ou mesmo na Alborada. É un xénero culto similar á poesía pastoril de Jovellanos ou Meléndez Valdés que posiblemente serviron de modelos a Pastor Díaz. Xa que logo o galego era utilizado para un xénero culto, aínda que a descrición da paisaxe ou o ambiente pastoril nos leve a pensar falsamente que é unha literatura popular. Por outra banda, os hendecasílabos, os heptasílabos e as estancias son propias tamén da lírica culta. 11. A invasión dos franceses en 1808, a discusión e aprobación da Constitución de Cádiz de 1812, as loitas entre liberais e absolutistas no reinado de Fernando VII, as guerras carlistas e a oposición ideolóxica entre carlistas e liberais.

Unidade 10

Lingua 1. O xénero en que adoita recuperarse o uso escrito dunha lingua é a lírica, especialmente a lírica de tipo popular. Despois de tanto tempo de marxinación parece máis natural comezar por un xénero popular. Pouco a pouco a lingua que se recupera vai entrando noutros terreos: narrativa, teatro, ensaio, ciencia, etc.

Page 47: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

47

2. O ensaio adoita partir dunha verdade que quere probar ou dunha opinión falsa que quere refutar. Xa que logo comeza pola exposición da idea para probar ou refutar. Sen embargo, o apoio ou a refutación han de apoiarse con razóns, datos, argumentos, probas, etc. Aí entra a parte argumentativa. Os argumentos implícitos dun ensaio están constituídos por adxectivacións valorativas e subxectivas, comparacións positivas ou negativas, figuras literarias para enaltecer ou rebaixar a realidade tratada, etc. 3. Non teñen trazos semánticos permanentes, senón que en cada ocasión toman os trazos do nome que substitúen. Coche sempre significa 'vehículo automóbil de catro rodas'. Sen embargo un pronome como este toma en cada caso o valor do nome que substitúe ou cara ao que indica, polo que tamén se denominan deícticos: O coche verde está mal aparcado. O libro verde é de matemáticas > Este está mal aparcado. Este é de matemáticas. No primeiro caso, este sinala cara a coche; no segundo, cara a libro. 4. Indica que non se poden crear máis pronomes nin por derivación nin por composición, non como ocorre con adxectivos, substantivos, verbos, etc. De pasar podemos formar repasar, sen embargo, non podemos crear *reel, reeste, etc. 5. Xa me chamaron. Non me deron a noticia. Non nos viron na feira. Non vos deron as entradas. Non nos ameazaron. Non nos entregaron os impresos de matrícula. 6. Son propias de zonas das provincias de Lugo e Ourense. A Normativa prefire as formas ti, este,el, etc. por seren as máis estendidas demográfica e xeograficamente e por seren as elixidas pola tradición literaria. 7. Foi comigo ao cine. Peiteou o cabelo. Xa te vin na festa. Fálalles con educación aos empregados. 8. O rapaz xa che fixo os doce anos. Apertoulle as mans. O coche moveuse só pola costa abaixo. 9. O libro xa llo dei á profesora. Os libros xa llos dei á profesora. Os libros xa llelos dei aos profesores. O libro xa llelo dei aos profesores. 10. Dar comezo > comezar. Dar un bico > bicar. Tomar parte en > participar. Subir arriba. Baixar abaixo. Seguir detrás. > Deben suprimirse arriba, abaixo e detrás, que nada achegan significativamente. 11. Nós, vós designan un plural inclusivo, en que caben todos os presentes. Nosoutros, vosoutros designan un plural exclusivo en que non caben todos os presentes: Nós estamos moi contentos/ Nosoutros dous estudamos bocharelato e vosoutros dous estudadas ESO. Literatura 1. O pasado celta de Galicia, a existencia de Galicia na Idade Media como un reino, a suposta loita anticentralista do mariscal Pardo de Cela, as loitas dos irmandiños, a resistencia heroica no monte Medulio, o levantamento espontáneo contra os franceses, etc. 2. Os provincialistas defendían os dereitos e o desenvolvemento da antiga provincia, é dicir, do antigo reino de Galicia, formado pouco máis ou menos polas actuais Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e mesmo zonas do Bierzo ou de Zamora. Consideraban perniciosa a nova división en catro provincias. Faraldo, Añón, Pintos, Vicetto... defendían non só a recuperación lingüística e cultural, senón tamén o progreso económico, a construción de boas vías de comunicación, o desenvolvemento da agricultura, pesca e industria, etc. Os seus órganos eran xornais e revistas como El Recreo Compostelano, El Idólatra de Calicia, Revista de Galicia, etc. A protesta callará na sublevación de Solís de 1846. É un tópico considerar a Faraldo como o seu inspirador e ideólogo e sempre se cita o fragmento do texto da proclama de Solís que

Page 48: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

48

reproduce un artigo de Faraldo en El Recreo Compostelano, onde afirma que Galicia parece unha colonia da corte. 3. En Provenza, Bretaña e especialmente en Cataluña xurdiran os certames poéticos que tentaban imitar as vellas cortes poéticas medievais chamados Xogos Florais. O erudito galego Antonio María de la Iglesia quedou admirado ante os de 1859 en Barcelona e tentou aclimatalos en Galicia, o cal conseguiu grazas ao apoio do filántropo López Cortón. Celebráronse na Coruña en 1861; podían concorrer poemas en galego e castelán e o premio sería para o mellor poema que gabase Galicia. O premio foi declarado deserto, pero Añón acadou o accésit co seu célebre poema A Galicia. Os poemas concursantes foron publicados no famoso Álbum de la caridad, así chamado porque o produto da súa venda ía destinado ao hospicio da Coruña. No Álbum figura un Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos que contén poemas galegos e casteláns e que pasa por ser a primeira antoloxía da poesía galega na Idade Moderna. O galego entraba así na escrita, na cidade e nos teatros, antes só reservados ao castelán. 4. Adoita partir da literatura popular, gaba a beleza de Galicia e os galegos, como reacción contra as diatribas antigalegas dos Séculos Escuros; escrita nunha lingua sen normativizar nin normalizar, presenta moitos dialectalismos, vulgarismos, castelanismos, etc. 5. Lástima, muita. A gaita gallega (1853) mestura prosa e verso, así como galego, castelán e latín. Nel un gaiteiro intenta ensinar a lingua galega a un tamborileiro castelán. Pintos defende o galego como lingua propia de Galicia, defende a necesidade de normativizalo e acadar unha variante estándar e de normalizalo, de xeito que o galego estea presente na Xustiza, na Administración, etc. A reivindicación da lingua vai unida a unha defensa do progreso material e espiritual de Galicia, na liña dos Precursores e do movemento provincialista. 6. Estamos ante un cuarteto en hendecasílabos, que forma parte dun soneto que non reproducimos enteiro. Xa que logo métrica culta. 7. A metáfora boi de palla presenta unha Galicia traballadora, dócil e mesmo esmagada polo centralismo do novo Estado liberal. O aguillón designa os impostos e obrigas de Galicia neste novo Estado liberal, que, segundo Pintos e os provincialistas, pedía moito e daba pouco. 8. O desconsolo de Alberto Camino, que apareceu publicado en practicamente toda a prensa galeguista do XIX. Está formado por nove serventesios de versos hendecasílabos en que o namorado chora a morte da súa amada Sabeliña nunha natureza idílica, pero en consonancia coa tristura do mozo. Tamén é célebre o poema Nai chorosa, en que unha nai laia a morte do seu fillo. 9. Franciso Añón Paz (1812-1878) foi un poeta de vida romántica e aventureira. A súa obra só foi recollida en libro trala súa morte, pois os seus versos ía espallándoos por revistas e xornais da época. Participante na sublevación de 1846 tivo que exiliarse e rematou morrendo en Madrid esquecido e abandonado. Murguía, Curros...recuperarano como símbolo da rebelión romántica. Destacan os seus poemas costumistas A pantasma, O magosto, A leiteira e o que conseguiu o accésit nos Xogos Florais de 1861, A Galicia. Curros fai que sexa o seu acompañante na peregrinación a Roma de O divino sainete. 10. Os máis salientables son os que teñen un ton de égloga como os xa vistos de Camino ou mesmo os vistos na unidade anterior de Pastor Díaz. Sinalemos tamén o emprego da métrica culta de hendecasílabos, sonetos, serventesios, etc. A lingua galega entraba así na poesía escrita e non só transmitida oralmente e ademais, no XIX, facía a revolución poética italianista que o galego e o portugués fixeran xa no XVI.

Unidade 11 Lingua

Page 49: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

49

1. A lingua estándar é a variante unificada dunha lingua cunha gramática, ortografía e dicionarios que fixan o correcto. Os dialectos son as variantes segundo as diferentes xeográficas. 2. Busca a obxectividade e desbota a subxectividade e emotividade, polo que evita recorrer ás técnicas literarias; evita os chamados criterios de xeneralidade e singularidade e baséase sempre en datos ou razoamentos obxectivos; usa de cifras, datos, gráficas, estatísticas, etc. 3. Presente histórico. Presente gnómico. Presente prospectivo. Copretérito de cortesía. 4. Irrealidade-subxuntivo, porque expresa dúbidas, desexos, posibilidades. Orde-imperativo, porque serve para mandar e ordenar. Realidade-indicativo, porque expresa feitos reais ou pensados como ocorridos na realidade. 5. Cómpre acabarmos pronto esta tarefa tan pesada (Suxeito). Desexo chegar puntual á reunión (C.D.) 6. Conxugado: Convenvos serdes máis prudentes. Por berrardes máis, non vos farán máis caso. Invariable: Permitiulle ao fillo saír ata as doce.Teñen que ir ata o instituto. 7. Este coche consome moita gasolina. Din que non soubo comportarse. Senten que non houbese festa este ano. Foxen cos cartos porque ninguén os persegue. Iso valerá unhas cinco mil pesetas e poderás pagalo. Non dei entendido nada nin puiden escoitalo ben. 8. Contáronlles os contos. Mercámo-lo coche. Entregóunolo a nós. Os paquetes, entregáronllelos a eles. Ti cóme-lo bisté con fame. 9. Saïamos, saïades. Fragüei, fragüe, fragües, fragüe, fragüemos, fragüedes, fragüen. 10. Agora estamos a facer os deberes. Debemos rematar axiña estes deberes. Xa teño feito moitos problemas deste tipo. Literatura 1. Demostrar que o galego era unha lingua apta para todo tipo de poesía e literatura e desbotar prexuízos contra Galicia e os galegos. 2. A novidade consiste en facer unha poesía de tipo metafísico coa saudade ontolóxica como gran tema, así como por ser unha poesía tamén de crítica social e ata de reivindicación feminista. Ata agora o galego só se consideraba unha lingua apropiada para poesía lírica de ton popular. 3. Coinciden nalgúns temas como a exaltación da paisaxe, de tradicións e tipos galegos, etc. Pero Follas Novas é fundamentalmente un libro dominado polo tema da saudade sen obxecto. 4. A saudade é o sentimento da soidade. A soidade obxectiva é a causada pola ausencia de algo concreto: o amado ou amada, a terra onde un naceu, o desexo de perfección... A saudade ontolóxica é a que non ten obxecto concreto e procede do sentimento da singularidade das persoas no mundo así como do sentimento da soidade ontolóxica. 5. A memoria non deixa en paz á poeta. Tense identificado a negra sombra con esta volta recorrente do pasado: as lembranzas, o que puido ser e non foi, os sentimentos de culpa.... sempre a volta do pasado, martiriza o espírito da poeta. 6. Olvido, nada, simeterio.

Page 50: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

50

7. Personificación do pensamento como un enterrador que cava unha cova onde enterrar a memoria. Adxectivación simbólica: negro olvido. Anáfora pola repetición de cava. A metáfora negra lousa referida a esquecemento expresa o desexo de tapar por completo a memoria, metida dentro dunha cova situada, hiperbolicamente e fantasticamente, no semiterio da nada. 8. Todos, menos dous, son imperativos. A única forma que non é imperativo é un futuro de mandato: por lousa daralle. 9. Plural -ns nas palabras rematadas en -n, seseo na marxe implosiva da sílaba e nalgunhas zonas tamén explosivo; terminación -an para masculino e feminino en substantivos como irmán, pronome ti, forma varreches. 10. Porque se consideraba trazo menos vulgar cá gheada e buscaba darlle un certo ton popular á súa lingua, mesmo de verosimilitude. 11. Vaguedás, expresión da dor íntima, Do íntimo, a paisaxe desolada do exterior reflicte a angustia; Varia, sentimentos diversos que van desde a morriña á emoción ante a paisaxe ou a emigración; Da terra, temas similares aos de Cantores Gallegos, pero sempre cun fondo de dor; As viúdas dos vivos e dos mortos, a situación da muller na Galicia de Rosalía.

Unidade 12

Lingua 1. Desenvólvese extraordinariamente a literatura e aparecen as tres coroas da literatura galega: Rosalía, Pondal e Curros. Sen embargo, debido á extensión das institucións centralizadoras do novo Estado liberal, como ben explica o texto que abre a unidade, comeza a perda de falantes galegos. 2. O autor e o emisor do texto en moitas ocasións non coinciden e o emisor, coas súas roupas, xestos e mesmo imaxe, convértese tamén en elemento significativo. Utiliza recursos propios da literatura como metáforas, paralelismos, etc. para captar a atención do oínte e desautomatizar a recepción da mensaxe. Utiliza dialectalismos e ata vulgarismos ou alteracións ortográficas para dar unha sensación de rebeldía de grupo, manifestación contracultural, etc. 3. Ofrecéronnos nese restaurante un caldo moi ben feito. Xantamos moi ben nese restaurante. 4. Faino de vagar. Rompeu a chorar de socato. Recolle os libros a eito. Non se pode ver a televisión e ler ao mesmo tempo. Está arriba. Colocouse abaixo. Ao mellor vén hoxe. Certamente que tes razón. 5. Sentouse a carón do radiador. Colocouse xunta a parada do autobús. Excepto el, todos aplaudiron. Algúns estaban a favor desas medidas. Chegou á meta ao mesmo tempo cós primeiros. Deunos un xantar con motivo do seu aniversario. 6. Afortunadamente, proclamándonos campións. Oxalá pare de chover. 7. ¡Eh! ¡Espérame! ¡Oh! ¡Tocoume a lotería! ¡ Boh, non digas máis parvadas! 8. Onte non estivo aquí nin chamou por teléfono. Antonte estiven alí e merquei unha caldeira de gas. Vive lonxe e ten que erguerse cedo para chegar ao traballo. Fai as cousas de vagar e segundo indican as instrucións. O artigo trata sobre o estado da arquitectura galega cara a finais do século XIX. Literatura 1. No Rexurdimento publícanse os dicionarios de Francisco Rodríguez (1863), Cuveiro (1876) e Valladares (1884). Son todos dicionarios galego casteláns. Entre as gramáticas, a primeira é a de Mirás (1864) e especialmente a gramática de Saco e Arce (1868), primeira gramática que

Page 51: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

51

merece o nome de tal no galego e a mellor, ata a publicación da de Carballo Calero xa nos anos sesenta do século XX. Básico son os tres tomos de El idioma gallego, su antigüedad y vida (1886), de A. María de la Iglesia, que recolle textos galegos desde a Idade Media á actualidade e mesmo ofrece xa exemplos das cantigas medievais. Para a defensa da normalización do galego son fundamentais tamén actitudes coma do Heraldo de Galicia, que pide un espazo para o galego na prensa rexional. 2. Xornais como La Oliva, El Miño ou El Heraldo Gallego, aínda que escritos en castelán incluían textos en galego e defendían a lingua, a cultura e os intereses de Galicia. Destaquemos a campaña do Heraldo, de Lamas, propoñendo que cada periódico galego inxerise un día á semana textos en galego. A prensa galega inaugúraa o célebre O Tío Marcos da Portela (1876). Os versos que figuran na súa portada son unha verdadeira declaración de principios sobre a defensa de Galicia e do galego. Na liña aberta pola publicación de Lamas, seguirán O Galiciano, A Monteira, A tía Catuxa, etc. 3. O historiador Vicetto pide xa en 1873 a introdución do galego na escola. O galego utilízase por primeira vez nun discurso nun acto público na homenaxe tributada na Coruña a Waldo A. Insúa por Francisco de la Iglesia, en 1888. Lugrís Freire usa o galego por primeira vez nun mitin político en 1907. Os Xogos Florais de Tui usan exclusivamente o galego: ata o menú do banquete oficial estaba redactado en galego. 4. O pasado celta brillante que cómpre recuperar; o tema do bardo, guía do pobo na recuperación da lingua e da patria; a paisaxe agreste como símbolo da dureza da vida do bardo e da tarefa de recuperación da identidade perdida. Utilización de cultismos; utilización de símbolos, como os pinos, que simbolizan o pasado mítico celta, os vellos guerreiros e as ansias de liberdade, pois medran cara ao ceo; epítetos, adxectivación e hipérbato de carácter culto. 5. A estrofa é unha oitava real, estrofa propia da poesía culta. Fixémonos na anáfora e no paralelismo dos dous primeiros versos, mesmo no seu paralelismo sinonímico. Reparemos na antítese entre campo -agreste- e cidade -lisonxeira-. O campo, co pinal espeso, simboliza a dureza da loita, a moral épica e guerreira; a cidade -lisonxcira-, a derrota, a debilidade, a perda da vella identidade celta, a submisión. 6. Ver resposta anterior. Lembremos que esta oposición campo-cidade seque a manterse viva nos escritores da xeración Nós e convértese nun tópico da literatura galega. 7. A célebre frase é Décheme unha lingua de ferro, e déixoche unha lingua de ouro. O labor de Pondal na utilización dunha métrica culta -como a oitava real vista-, a introdución no galego de helenismos e cultismos, o uso de esdrúxulos, o hipérbato, a adxectivación culta, o símbolo... converten o galego nunha lingua poética de indubidable riqueza, moi lonxe xa da sinxeleza da lírica popular. 8. O seu concepto do poeta-bardo como guía do pobo, a consideración da lingua poética como beleza, a utilización de cultismos, o emprego de símbolos, a atención aos valores expresivos dos sons co manexo de harmonías imitativas e aliteracións, etc. 9. Celébrase na carballeira de Conxo en 1856 para lembrar os mártires da revolución de 1846. Nel participan estudantes e artesáns de Santiago. Pondal le un Brindis en verso e en castelán no que afirma que o pobo ten dereito á revolta cando carece de liberdade e é explotado. Outro brinde similar leuno Aurelio Aguirre. O brinde valeulle a Pondal un proceso, do que foi absolto na Audiencia da Coruña. O banquete de Conxo é expresión do progresismo galeguista da época, pois non só pide unha sociedade máis xusta e libre, senón que valora por igual traballo físico e intelectual.

Page 52: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

52

10. A idea dun himno galego parece que foi tema de conversa nas xuntanzas e parladoiros da Cova Céltica. En 1907 os emigrados da Habana deciden que o poema de Pondal Os pinos, musicado por Pascual Veiga, se converta en himno galego e como tal é estreado no Gran Teatro da Habana o 20 de decembro de 1907. 0 himno reúne gran número dos tópicos de Pondal: celtismo, os pinos, a terra de Breogán, a loita épica pola recuperación da patria e da lingua, etc.

Unidade 13 Lingua 1. Asertivos ou referenciais para expresar as características do produto ou servizo; hai que ter conta que non sexan falsamente asertivos. Tamén emprega interrogacións, que poden ser ordes encubertas. Moi abundantes son os imperativos ou exhortativos para animar ao consumo dos produtos anunciados. 2. Traballa pouco; sen embargo, gaña moito (adversativa). Chámao por teléfono ou (disxuntiva) mándalle unha mensaxe por correo electrónico. Padece cefalea, é dicir, (explicativa) dóelle habitualmente a cabeza. 3. Choveu moito; non obstante/sen embargo (adversativa) fomos de excursión. É oncóloga, é dicir, (explicativa) trata enfermos de cancro. Non vai calor, senón que (adversativo) ata nevou. Traballa algo ou (equivalencia), polo menos, fai que fai. 4. Suxeito: Axúdame que ti traballes constantemente a prol dos necesitados. Complemento do substantivo: O xuíz ten o convencemento de que o encausado é culpable. CD: A Concelleira anunciou que subirá o imposto de circulación. 5. Complemento de réxime: Non me alegro da túa marcha. Complemento do adxectivo: Está orgulloso do éxito do fillo. Complemento do substantivo: Hai indicios dunha mellora da situación económica. Complemento de instrumento: Entristécese co teu fracaso. Complemento circunstancial de modo: Fixo esas boas accións sen o recoñecemento de ninguén. Suxeito: Gústame a túa vinda. Complemento de réxime: Lémbrome do teu traballo constante por aquelas datas. Literatura 1. Persistencia dos foros entre o campesiñado e aumento da presión fiscal que chegou a triplicase. Falta de industrialización: o 88,7 da poboación pertencía ao sector primario. Analfabetismo: só o 38,42 % dos rapaces galegos ían asiduamente á escola. Emigración: un terzo dos emigrantes españois eran galegos. Caciquismo. 2. Como liberal progresista cría que o Progreso representado pola ciencia e a técnica producirían sen máis a felicidade entre a humanidade e que xurdiría unha sociedade xusta. 3. Curros tivo fortes enfrontamentos cun pai que parece ser que sometía á familia a malos tratos. A tradición conta que Curros fuxiu da casa porque o pai lle arrebolou un braseiro. Fronte á estes malos tratos paternos, a nai sempre foi o apoio do Curros neno. 4. O comezo do poema suxire a pena da rapaza namorada polos desdéns do seu namorado. Sen embargo, na segunda parte, a pena que sente a rapaza non se debe aos desdéns do ingrato galán, senón á súa emigración. As dúas partes resultan un pouco difíciles de comprender e ata incongruentes na redacción de Curros, polo que, como xa vimos na correspondente suxestión, cambiou a primeira estrofa. 5. O poeta é o guía do pobo; sen embargo, o pobo non escoita e ata despreza a mensaxe do poeta. O adxectivo tola non significa 'que perdeu a razón', senón 'que sofre unha grande excitación ou entusiasmo excesivo', o que lles pasaba aos poetas.

Page 53: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

53

6. A estrela é unha visión que representa os pensamentos, arelas, etc. da poeta. A noite simboliza as angustias, decepcións e padecementos da poeta. O primeiro verso comeza cun hipérbato que antepón o complemento do substantivo ao substantivo. Os versos 3 e 4 presentan anáfora e paralelismo. Os dous últimos versos tamén constitúen unha anáfora e son paralelísticos. 7. Hai castelanismos como frente, sola, sin. Tamén aparece a metátese vulgar probe, que tivo amplo uso na literatura anterior á normativización. 8. Gañou o certame literario convocado en Ourense en 1876 por D. Modesto Fernández y González en que se debían cantar un costume, unha tradición e un tipo. Os poemas presentados ao concurso por Curros foron Unha voda en Einibó, A Virxe do Cristal e O gueiteiro de Penalta. 9. Cando emigra á Habana participa activamente co tipógrafo Fontenla Leal na creación da Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega, que será definitivamente inaugurada na Coruña en 1906, grazas especialmente aos esforzos de Fontenla Leal, Curros e a colonia galega emigrada en Cuba. 10. Presenta a peregrinación a Roma nun tren de sete vagóns, cada un dos cales simboliza un pecado capital. O poeta viaxa na compaña do poeta e precursor Añón. Toda a obra é unha profunda crítica social e mesmo literaria.

Unidade 14

Lingua 1. É escoitada, polo que se poden facer outras cousas mentres se atende. É fundamental por parte dos locutores a velocidade ao falar, os cambios de ton etc. para manter a atención dos oíntes./ Dá unha información moi rica, pois combina a imaxe co son e co movemento. Coma a radio, non esixe a concentración nin o esforzo da lectura. 2. Plano xeral: acción no seu conxunto. Plano curto: os ombros e a cara do personaxe. Primeiro plano: cara do personaxe. Ángulo baixo: toma o personaxe desde o chan e salienta a acción. Ángulo alto: toma o personaxe desde a altura e salienta a súa soidade ou a impotencia. 3. C. de lugar > Esperarasme no lugar onde quedamos. C. de modo > Fixémolo da forma como nos indicaron .C. de modo: Falaron da maneira como esperabamos. 4. Rematei o traballo despois de que chegasedes vós. Chegarán cando se poñía o sol. Xantou antes de que chegase o tren. 5. Colocou a tixola onde lle correspondía. Usa o vídeo segundo indican as instrucións. 6. Absoluto > Cando rematou a tormenta, saímos do alpendre. Absoluto > Logo pasa o tempo, porque contamos chistes e historias. Absoluto: Eu non desconfío, porque o asegura teu pai. 7. Causal: Por falardes sen xeito, ninguén vos fai caso. Condicional: De o saberes ti, ben nolo dirías a nós. 8. Fala mellor do que escribe. É máis alto ca min. 9. Foron á Casa do Concello a fin de que lles concedesen unha licenza de obras. Xantaba, mentres vía o telexornal. Houbo inundacións en toda a cidade xa que choveu moito.

Page 54: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

54

10. Visitaron o museo para aumentaren o seu coñecemento da historia da arte, aínda que o cansazo era grande, pero sería un desprezo para a cultura non visitar unha pinacoteca coma esa por un prezo tan módico. Sería non ter xuízo. Literatura 1. A Pardo Bazán consideraba que o galego era unha lingua que só se podía usar na lírica e case exclusivamente na lírica de carácter popular. Inspirou, posiblemente, as ideas de Valera de que o galego non era unha lingua e que carecía dunha literatura: a variante literaria e culta do galego era o portugués. Estas ideas expostas por Valera en 1887 foron adecuadamente respondidas por Murguía. O galego na época do Rexurdimento contaba cunha narrativa (Maxina, A cruz do salgueiro...), teatro (A fonte do xuramento...), etc. que demostraba que o galego era válido para todos os xéneros. O mesmo ocorría coa exposición ensaística, como se pode ver polos discursos en galego pronunciados nos Xogos Florais de Tui de 1891. Mesmo no Rexurdimento houbo xa intentos de prosa científica: Manuel Comellas publicou ao longo de 1875 unha serie de artigos de tema científico titulados Recreacións científicas para probar que o galego era válido para a exposición científica. Por outra banda sinalemos o desenvolvemento do xornalismo co primeiro periódico galego, O tío Marcos d'a Portela, verdadeiro éxito de venda da época, e os seus continuadores como A Monteira, O Galiciano, O Novo Galíciano, A tía Catuxa, etc. 2. A tecedeira de Bonaval (1894) presenta a vida de Santiago durante o reinado de Carlos I; O castelo de Pambre (1895) trata da loita dun nobre por recuperar o seu patrimonio na época de Enrique II; O niño de pombas (1905) recrea a época de Xelmírez. 3. Maxina ou a filla espúrea (1880), publicada como folletón en La Ilustración Gallega y Asturiana. Os señores, a clase alta e a xente da cidade fala en castelán; os labregos e a xente do agro falan en galego. 4. ¡A besta!, de Xan de Masma: desde unha óptica carlista presenta as difíciles condicións de vida do campesiñado da época, especialmente pola presión fiscal e pola corrupción do sistema da Restauración. Publicouse en folletín na Habana, na revista Follas Novas, entre 1899 e 1900. 5. Rentas, bes, namentras, maestro, ánema, parés, aos nenos, sin, sinte. Son formas dialectais propias de Ourense bes. 6. Rosalía adoita presentar unha visión amable do agro e mesmo dos labregos, aínda que aparezan a pobreza ou a emigración, pois o libro ten o propósito de reivindicar Galicia, os seus costumes, a súa paisaxe, a delicadeza dos seus labregos e labregas fronte aos tópicos antigaleguistas estendidos nos Séculos Escuros e mesmo durante o XIX. 7. Antítese entre ricos e caciques que medran e o pobre mestre que case non ten que comer; véxase o encabalgamento sirremático en chegan / a ricos, que rompe o grupo verbal e salienta o complemento; o hipérbato de fraco destaca a pobreza do mestre así como o hipérbato do gando en compaña o fai co traballo infantil. O último verso presenta asíndeto ao expresar os sentimentos de pena que sente o poeta polos abandonados labregos: a serie queda así aberta e produce a sensación de que se poderían seguir engadindo máis sentimentos de mágoa ante a situación dos campesiños. 8. É similar ao labor xornalístico, pois tanto en El Heraldo Gallego como en O tío Marcos d'a Portela critica o atraso de Galicia, o caciquismo, o abandono da lingua etc. e propón solucións e actitudes para superar esta prostración. 9. Dentro da literatura xornalística o semanario de Lamas O tío Marcos d'a Portela. Inicia a súa publicación en 1876 e acada a tiraxe de 4.000 exemplares cando o xornal máis vendido, en castelán, non pasaba na época dos 2.000. En canto a libro o grande éxito foi tamén de Lamas, o

Page 55: GUÍA DO ALUMNO - Galicia · 5 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións ao titor. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e

55

célebre Catecismo do labrego, que publicou por entregas no citado semanario, pero que, ante o éxito obtido, edita como libro en 1889, de xeito que en trinta días esgota dúas edicións. O éxito está en que criticaba os males desde a visión sinxela dun campesiño similar aos seus destinatarios 10. A primeira obra galega de teatro do Rexurdimento é A fonte do xuramento de F. M. de la Iglesia e foi estreada en 1882: escrita en romance heroico presenta o castigo dun mozo forasteiro que seduce a unha moza. A primeira obra teatral en prosa será A ponte (1903) de Lugrís Freire. Cultivaron tamén o teatro, especialmente de tipo histórico, Álvarez Giménez con Mari Castaña (1884), Galo Salinas con A torre de Peito Burdelo (1891), etc. 11. Cómpre salientar Contos da terriña de Pérez Placer, Pé das Burgas de Álvarez de Novoa; os dous considérense discípulos de Lamas, que cultivou tamén o relato curto centrado en tipos populares, especialmente da cidade de Ourense en Gallegada. Tradiciós, costumes e tipos da terriña, que pode dicirse que deu lugar a unha escola ourensá de narradores costumistas e realistas, entre os que están os citados Pérez Placer e Alvarez de Novoa. Da propia Rosalía publicouse postumamente Conto gallego (1923).