GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos...

48
GUÍAS DA OMIC ígg g GUÍA DE SEGUROS FOGAR-XURÍDICA-VIAXEIROS

Transcript of GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos...

Page 1: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

GUÍAS DA OMIC

í g gg

GUÍA DE SEGUROSFOGAR-XURÍDICA-VIAXEIROS

Page 2: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

GUÍAS DA OMIC

SEGUROSFOGAR-XURÍDICA-VIAXEIROS

EditaOficina Municipalde Información ao Consumidor (OMIC)

CoordinaciónAntón Barba

TextosMiguel Torres JackAvogadoMiguel López CrespoSecretario Xeral UCGAL

Maquetación e impresiónRella SL

D. L.: C 3640-2009

Page 3: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

5 SEGURO MULTIRRISCO DO FOGAR

5 Introdución

6 Tipos de póliza segundo as coberturas

7 Garantías básicas: continente e contido

10 Riscos asegurados10 Responsabilidade civil13 Incendio15 Explosión16 Impacto17 Privación de goce17 Fume17 Auga21 Riscos extraordinarios22 Alimentos23 Garantías fóra de domicilio23 Asistencia no fogar23 Roubo, espoliación e furto24 Danos estéticos

24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios

26 Límites e exclusións máis frecuentes

30 Diverxencias en canto á valoración do sinistro

3

Índice

Page 4: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

31 Pago adiantado de importes de reparación e posterior reclamación ácompañía

33 Consellos que debemos ter en conta

35 SEGURO DECENAL

35 Concepto

35 Axentes da edificación

37 Responsabilidades e garantías

40 SEGURO DE DEFENSA XURÍDICA / RECLAMACIÓN DE DANOS

44 SEGURO OBRIGATORIO DE VIAXEIROS. SOVI

4

Page 5: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

INTRODUCIÓNPor seguro multirrisco do fogar,estámonos referindo ás pólizasmultirrisco ou normalmentecoñecidas como de fogar. É un dosramos que máis rápido evolucionoupara adaptarse aos tempospresentes, xa que se aseguran unhaserie de riscos que ata hai poucosanos eran impensables. Así, son osdanos en equipos informáticos davivenda, en alimentos refrixerados,atraco fóra de vivenda, usofraudulento de cartóns de crédito etoda unha serie de coberturas queprocuran abarcar os supostos máistípicos que preocupan aosasegurados.

Debemos ter en conta que estaspólizas réxense polo disposto na Leide contrato de seguro (en dianteLCS), a Lei de ordenación e

supervisión dos seguros privados (endiante LOOSSP), as propiascondicións particulares da póliza,que nos informarán das garantíascontratadas, capitais, franquías asícomo as cláusulas limitativas queserán destacadas por escrito edeberán ser obxecto de aceptaciónexpresa; e para rematar, ascondicións xerais da póliza, queobrigatoriamente nos informarán dalei aplicable, conceptos asegurados,exclusións e outras característicasdo contrato.

Trataremos de abordar as garantíasmáis frecuentes tanto básicas comoopcionais deste tipo de contratos. Éimportante saber que cobre cadaunha para poder elixir a modalidadeque mellor se adapte ás nosasnecesidades e aforrarmos diñeiroderivado da contratación degarantías que non imos utilizar, ben

5

SEGUROSMULTIRRISCO DO FOGAR

Page 6: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

porque non temos eses bens(equipos informáticos), ben porqueos temos asegurados con outracanle (tubaxes privativas incluídas noseguro da comunidade) ou benporque non nos interesa (danoseléctricos a electrodomésticos e osnosos electrodomésticos son unhaneveira e un televisor moi antigoscuxo valor de mercado desaconsellapagar a prima por incluílos).

Un estudo entre os riscosasegurados polas diferentescompañías aseguradoras que operanno mercado pódenos levar á erróneaconclusión, de que todas asgarantías básicas dun seguro defogar son as mesmas conindependencia da compañía en quese contraten.

Vai variar moito o resultado decomportamento do noso seguro encaso de sinistro, se nos atemos a unsparámetros que reforzan asgarantías que imos contratar enfunción das nosas necesidades, asímesmo, dependerá da solvencia daaseguradora, así como da súaexperiencia neste ramo e a evolucióndo produto (hai aseguradoras queestán na 5ª ou 6ª xeración de pólizas

de fogar, aplicando a experiencia desatisfacción do consumidor, e ofactor do seu asesoramento).

TIPOS DE PÓLIZAS SEGUNDOAS COBERTURASContrato de seguro no que se xuntangarantías de diferentes pólizas, paraproporcionar cobertura a diferentesriscos principais mediante un sódocumento.

Poderán ser:

a) Pólizas paquete (por exemplo,antigas pólizas de incendios), ondeé o asegurado quen ha de cubriras garantías. Por exemplo, para ocaso de que o banco nos esixa unseguro de incendiosexclusivamente para concedernosa hipoteca, este tipo de pólizasteñen unha prima axustada e polacontra, só nos cobren os riscosestandarizados e non permitenseleccionar coberturas.

b) Póliza flexible ou multirrisco aopcións. Só se esixe acontratación de dous riscosbásicos (incendio e outro poloxeral) e, as demais garantías son

6

Page 7: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

optativas seleccionando asnecesidades de cobertura de cadacaso particular e polas cantidadespropostas polo tomador. A tarifa émáis complexa e máis cara quenoutros casos e ademais ha dedesagregarse no contrato a primade cada unha das opcións elixidas.

c) Pólizas en bloques, estas últimasson as pólizas que imperanactualmente nos seguros de fogar.É unha fórmula máis áxil, os bensque asegurar divídense entrecontinente e contido e dentro decada un deles, un grupo compactode garantías que se cobrenconxuntamente.

c) Independentemente, o contratoofrece unha pequena serie degarantías opcionais con límitescuantitativos porcentuais sobre assumas base garantidas para cadaun dos bloques de continente econtido.

c) As pólizas bloque ou estándar defogar, conforman o 90% das quese atopan actualmente nomercado asegurador, vansedistribuír en dous bloquesprincipais:

GARANTÍAS BÁSICAS DUNHAPÓLIZA MULTIRRISCO DOFOGARContinente

Poderá ser un inmoble unifamiliar,ou ben en réxime de propiedadehorizontal, neste último caso a pólizacubrirá os danos da parteproporcional á cota de participaciónnos servizos comúns do inmoble.

Con carácter xeral, continente son asinstalacións fixas do inmoble: osalicerces, estruturas, chans,paredes, teitos, fiestras, cubertas,louza sanitaria, cristais, espellos ecristais pertencentes a fiestras,instalacións fixas de auga,electricidade, teléfono, climatización,enerxía solar, antenas de radio e tv,elementos decorativos adheridos achans, teito ou paredes, que non sepoidan separar sen dano oumenoscabo.

Tamén o son as dependencias econstrucións situadas na mesmaleira, valos, muros, cerramentos(non de plantas vivas, xa sexan tullasou similares), infraestruturas doxardín, etc.

7

Page 8: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

Importante: O mobiliario de cociña ebaño, aínda cando estea fixo,considérase contido. Por isodebemos ter en conta o seu valorpara incluílo na partida de contido.Ex. Se instalamos unha bañeira dehidromasaxe coa que non contaba oinmoble deberemos computar o seuvalor e actualizar a cobertura decontido.

Continente a primeiro risco

Consiste en asegurar unha parte docontinente de tal forma que candoacontece un sinistro a aseguradoranon pode aplicarnos a regraproporcional (1º. fascículo da guía,páx. 14), é dicir, cubriranos os danosproducidos ao continente co límite dasuma aseguradaindependentemente do valor total docontinente.

É unha garantía recomendable paraos que só estean interesados nocontido.

Exemplo: Se somos inquilinos equeremos contratar un seguro quenos cubra os nosos bens,contrataremos unha póliza decontido, pero se incluímos a garantíade continente a primeiro risco co

límite de 3.000 euros, cubrirannoscalquera dano na pintura, escaiola,portas… ata o devandito límite,independentemente do valor total docontinente. Desta forma, evitaremosdar parte ao propietario (que pode ounon ter asegurado o continente), ácomunidade (se fose un escapedunha tubaxe xeral), sendo o nososeguro quen nos cubra e o quereclamará á compañía causante.

Contido

En xeral, é o mobiliario e enxovaldoméstico, comprendéndose comotal o mobiliario fixo de cociña e baño,os cristais, lúas, espellos cando nonse asegure o continente, oselectrodomésticos, computadorespersoais (non o software, xa que porregra xeral están excluídos os datosprocesados e os programas),bicicletas ou calquera vehículo quenon sexa de motor.

Os obxectos de valor con importesuperior a 3.000 euros, por regraxeral, han de ser obxecto dedeclaración detallada eindividualizada.

Os obxectos gardados nas trasteirasou dependencias anexas estarán

8

Page 9: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

incluídos se así o dispoñenexpresamente as condiciónsparticulares (normalmente, se oinclúen, é nunha pequenaporcentaxe da suma de contido e cunmáximo por conxunto).

Seguro a valor parcial

Consiste en asegurar unha cantidadecomo parte dun valor superiordeclarado. Se se produce un sinistro,as perdas indemnizaranse polo seuvalor co máximo do capitalasegurado e sempre que o valor dosbens cubertos non exceda do valordeclarado. En caso contrario,aplicarase a regra proporcional(declaramos 100, róubannos 50, logoa aseguradora indemnizaríanos 25).Aínda así, cada vez son máisfrecuentes as pólizas que exclúen aaplicación da regra proporcional encaso de seguros a valor parcial, ouben para o caso dunhadesviación inferior ao 30%.

A prima calcúlase sobre ovalor total, co descontofixado en tarifa, encompensación de que asuma asegurada sexa sóunha parte do total.

Á aseguradora interésalle porque, encaso de sinistro, minoranotablemente o capital que debeindemnizar mentres que aoasegurado rebáixasellenotablemente a prima.

Por exemplo, é frecuente que pordanos en alimentos en cámarasfrigoríficas se indemnice unhacantidade cun límite, por exemplo300 euros, con independencia de quenós teñamos alimentos de moitomáis valor, ese será o límite. Aíndacando a aseguradora coñece polovolume da cámara frigorífica quepodemos ter moito máis capital, ovalor asignado en caso de sinistro éparcial.

A diferenza cos seguros a primeirorisco é que nesta modalidade se

9

Page 10: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

valoran os bens cun valor inferior aoreal, denominado parcial, mentresque a primeiro risco non se valoran,senón que se asegura un capitalmáximo que indemnizar conindependencia do valor total.

RISCOS ASEGURADOSRESPONSABILIDADE CIVIL

Fontes legais

Para os efectos dos seguros de fogarou multirrisco, ata nos seguroscomunitarios, os tipos deresponsabilidades civís cuxacobertura nos interesa serán as dasseguintes normas:

• Responsabilidade civilextracontractual por acto propio.O artigo 1902 do Código civil,dinos que o que por acción ouomisión cause dano a outro,intervindo culpa ou neglixencia,está obrigado a reparar o danocausado.

• Responsabilidade por actosdoutras persoas de quenlegalmente se debe responder. Aobriga que impón o 1902,segundo o 1903 do mesmo texto,

é exixible non só polos actos ouomisións propios, senón polosdaquelas persoas por quen sedebe responder: os pais sonresponsables dos danoscausados polos fillos que seatopen baixo a súa garda, titoresrespecto das persoas que esteanbaixo a súa autoridade.

• Responsabilidade civil comopropietario ou posuidor deanimais. O posuidor dun animalou o que se sirva del, éresponsable dos prexuízos quecause (art. 1905 do Código civil).

• Responsabilidade comopropietario de cousas inmobles.Responsabilidade por ruína doart. 1907 do CC. O propietariodun edificio é responsable dedanos que resulten da ruína detodo ou parte del, se estasobreviñese pola falta dereparacións necesarias.

• Por danos causados polaexplosión de máquinas que nonfosen coidadas coa debidadilixencia, por fumes excesivosque sexan nocivos para aspersoas ou propiedades, pola

10

Page 11: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

caída de árbores colocadas ensitios de tránsito, polasemanacións de cloacas oudepósitos de materiasinfectantes, construído sen asprecaucións adecuadas ao lugaren que estivesen (art. 1908 doCódigo civil).

• Responsabilidade do cabeza defamilia. O cabeza de familia quehabita nunha casa ou parte dela,é responsable dos danoscausados polas cousas que searroxasen ou caesen dela (art.1910 do Código civil).

Que debe cubrir a responsabilidadecivil dun multirrisco ou seguro defogar?

Os supostos legais antes citados doCódigo civil con excepción de:

• As sancións de tipoadministrativo e penal, así comomultas que se poidan impor aoasegurado en calquera clase deprocedemento.

• A responsabilidade civil derivadade reclamacións fundadas enpactos ou acordos quemodifiquen a legalmente esixible

en ausencia deles. (Exemplo: seo meu can morde a untranseúnte e eu como aseguradochego a un acordoindemnizatorio con el ante unnotario, estou modificando oesixible legalmente ou o que acompañía queira acordar; de talforma que pode exonerarse deindemnizar).

• A derivada da contaminación dochan, augas ou atmosfera.

• Danos ocasionados a bens deterceiros que por calquera razónse achen en poder do aseguradoou de persoas das que debaresponder.

• Danos derivados de inmoblesnon asegurados pola póliza.

• Danos cuxa cobertura deba serobxecto dun seguro obrigatoriopor disposición legal.

• Actos do persoal de servizo doinmoble mentres non esteadesempeñando as funcións paraas que foi contratado (o persoalde servizo terá que estar de altana Seguridade Social para que a

11

Page 12: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

compañía asuma aresponsabilidade civil).

• A práctica de calquera actividadeprofesional ou mercantil (xa queestamos ante responsabilidadecivil na vida privada e comopropietario de inmoble) cuxacobertura cada vez é máiscomplexa e cara.

• Danos ocasionados con armaspara as que non se posúa licenzaou durante a caza.

• Eventos que se produzan antesda entrada en vigor do contratoaínda que o dano ou reclamaciónse produzan posteriormente ádata de efecto (o art. 1091 doCódigo civil di que as obrigasnacen dos contratos e teñenforza de lei entre as partes, mais,dicimos nós, non antes).

Ha de mediar a miña culpa ou amiña neglixencia para que eu sexaresponsable civil?

Estamos pasando dun sistema deresponsabilidade civilextracontractual baseado na culpa(responsabilidade civil subxectiva) a

un sistema case obxectivo e nalgúnssupostos practicamente obxectivo.

Por exemplo, paseamos co noso candebidamente atado cun colar e unhacorrea, mentres unha persoa seachega a tocalo a pesar de que nóslle dicimos que non o faga xa queestá nervioso porque oíu petardos,en cuxo momento traba otranseúnte; posteriormente rompe acorrea e traba a outra persoa. Nonse atopa o mínimo indicio de culpaou neglixencia pola nosa banda noprimeiro feito, pero case con todaseguridade imos ser condenados aindemnizar o importe do dano quesufriu o primeiro paseante aínda apesar de telo avisado e levar o nosocan debidamente atado (non de razaperigosa, xa que se así fose tería quelevar buceira e ademais estaríaexcluído do seguro), pero ademaisesquecemos pasarlle a últimavacinación obrigatoria,consecuencia: o seguro non pagaránin un euro ao non telo vacinadocando era preceptivo.

A responsabilidade pola que vaicobrar o primeiro peón é obxectiva,vou pagar por ser titular do can quecausou o dano aínda tendo tomado

12

Page 13: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

as medidas necesarias para evitalo.A do segundo peón é case-obxectiva,hai unha culpa leve pola nosa bandaao non revisar que a correa estiveseen bo estado e, para rematar haiunha responsabilidade por culpa(por omisión ao non vacinar ao can)que pode agravar as lesións dosprexudicados: o ternos esquecido daúltima vacinación, o que sería unhaclásica responsabilidade subxectivapor culpa que dá lugar a que oseguro non indemnice, sempre quena póliza especifique esta limitaciónde cobertura.

INCENDIO

Que se entende por incendio para osefectos de seguro?

O artigo 45 da LCS dinos que é acombustión ou abrasión con lapacapaz de propagarse dun ouvarios obxectos que non estándestinados a seren queimados nolugar e momento en que seproduzan. Esta garantíanormalmente non cobre os danoscausados pola soa acción da calor,o contacto directo ou indirecto conaparellos de calefacción, aireacondicionado, accidentes defumador ou obxectos que caian

illadamente ao lume, agás quepreviamente exista un incendio.Tampouco os amparados polacobertura de danos eléctricos.

Que obxectos cobre?

A cobertura do seguro de incendiosestablécea o artigo 46 da LCS eamparará os obxectos descritos napóliza, se o seguro é sobre omobiliario, a cobertura alcanzará ascousas de uso ordinario e común doasegurado, así como dos seusfamiliares e das persoas que con elconvivan. Quedan excluídos agáspacto en contrario, os danos porincendio en valores mobiliarios,efectos de comercio, billetes debanco, pedras, metais preciosos,obxectos artísticos ou calqueraobxectos de valor que se achen no

13

Page 14: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

lugar asegurado aínda cando seproba a súa preexistencia edestrución (agás que se declarasenna póliza).

É dicir, exime ao asegurado deprobar mediante facturas aadquisición das cousas de usoordinario ou común que hai nundomicilio e exime ao asegurador deaboar cousas de valor agás que sedeclarasen expresamente na póliza.

Onde me cobre a miña aseguradora?

A destrución por incendio deobxectos asegurados fóra do lugarasegurado descrito na póliza eximeao asegurador de indemnizar agásque se lle comunicara por escrito e aaseguradora non mostrase a súadesconformidade no prazo de 15 díasa partir de tal comunicación (artigo47 LCS).

Que supostos cobre?

O asegurador ha de indemnizar osdanos producidos polo incendiocando este se orixine por casofortuíto, malquerenza de estraños,por neglixencia propia ou daspersoas das que se respondecivilmente. Pero o asegurador non

está obrigado a indemnizar cando olume se orixine por dolo ou culpagrave do asegurado (artigo 48 LCS).

O dolo ou a culpa grave doasegurado han de ser acreditadospolo asegurador, non é suficienteopor pola aseguradora a existenciadun feito punible ou sancionablepenalmente, senón que é necesariaa súa proba por parte do asegurador(sentenzas do Tribunal Supremo30/5/1986, 27/3/1992, 17/12/1994 e3/11/1997 entre outras).

Que danos son indemnizables poloseguro de incendios?

Son todos os danos e perdasmateriais causados pola accióndirecta do lume, así os producidoscomo consecuencia inevitable doincendio, en particular, as medidasnecesarias adoptadas poloasegurado para impedir, cortar ouextinguir o incendio, con exclusióndos gastos que ocasione a aplicaciónde tales medidas, agás pacto encontrario, os de transporte dosobxectos asegurados para salvalosdo incendio, os menoscabos dosobxectos pola aplicación dasanteriores medidas, o valor dosobxectos desaparecidos sempre que

14

Page 15: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

o asegurado acredite a súapreexistencia e salvo que oasegurador probe que foronroubados ou furtados así comocalquera outros que se consignen napóliza.

EXPLOSIÓN

Que se entende por explosión e quecobre o seguro?

Danos causados por explosión deaparellos ou substancias, que seproduzan tanto no interior da vivendacomo nas súas proximidades. Se setrata de aparellos ou elementos deuso normal na vivenda os danos porautoexplosión quedan normalmentecubertos e en certas pólizasasimílase tamén a implosión.

As limitacións destagarantía son as normais dapóliza de incendios, é dicir,as amparadas poloConsorcio deCompensación de Seguros,e as excluídas poloRegulamento do Consorcio.

CAÍDA DO RAIO

Esta garantía comprendeos danos por caída e

explosión do devandito fenómeno,sen necesidade de incendio. Deberáincluír esta garantía os danos enliñas e aparellos eléctricos, sempreque cause ao mesmo tempo danosconstatables no edificio.

Aquí, en primeiro lugar, habemos defacer referencia aos danoseléctricos, que normalmente nonestán incluídos nos paquetesbásicos. É moi importante queestean incluídos.

As modalidades de inclusión serán:

• A valor de novo: hai un límite do30% na depreciación do valor denovo.

15

Page 16: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

• Valor de reposición: sen límitealgún de depreciación, é dicirpoderemos restituír o aparello ouo dano eléctrico por outroelemento da mesma calidade,abonándoo integramente aaseguradora.

• Valor real: coa forte depreciaciónpor uso, tanto por cento anualcun límite.

Se contratamos unha póliza condanos eléctricos e excluímos o raio,estaremos cometendo un erro, postoque os danos eléctricos derivados doraio, non son danos eléctricos senóndanos por raio.

Así mesmo, na sentenza daAudiencia Provincial de Palencia do30 de marzo de 1992, foi suficiente ainvocación da disposición xenéricacontida no apartado 3 do artigo10.1.c) da Lei xeral para a defensa deconsumidores e usuarios, encombinación coas normas xerais quepreconizan os artigos 1.256 e 1.258do Código civil, para considerar nulaa cláusula que figuraba nunha pólizade seguro multirrisco en cuxavirtude, logo de especificar que undos riscos cubertos é a caída do raio,

considéranse excluídos os danoscausados pola caída do raio nasinstalacións, aparellos eléctricos eos seus accesorios e, enconsecuencia, para condenar acompañía de seguros a indemnizaros danos causados ao caer un raiona antena de televisión situada notellado do edificio en cuxo baixo estásituado o comercio dos asegurados.

Todas as pólizas de fogar senexcepción contemplan a caída doraio, pero entre a cobertura básica etípica que exclúe aparellos eléctricose as que os cobre a valor dereposición existe unha grandiferenza.

DANOS POR IMPACTO

Case sempre nos aparecerá dentrodo paquete de riscos

16

Page 17: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

complementarios dentro do“incendio”, cubrirá o impacto deobxectos sólidos desde o exterior,choque de vehículos, caída deaeronaves, impactos sónicos, etc.

Poden existir limitaciónsporcentuais, aínda que a tendencia ésubstituílas por coberturas a valortotal.

PERDA DE ALUGUERES,PRIVACIÓN DE GOCE

A característica desta garantía é queen caso de sinistro, só pode actuarunha das dúas, ou perda do beneficioa consecuencia de ter un pisoalugado, ou ben a taméndenominada perda de habitabilidade.

Normalmente esta garantía limítase,por privación do goce, ao 10 ou 20%da suma asegurada, e en caso deperda de alugueres, segundo aaseguradora, entre seis e docemeses.

Así mesmo, dentro desta garantía,inclúense a indemnización dosgastos de traslado e retorno dosbens asegurados á vivendaprovisional ou temporal.

Debemos dicir se somospropietarios ou se a nosa vivendaestá alugada no cuestionario previoá contratación?

Se desta forma na responsabilidadecivil podemos contratar a derivadacomo arrendador da vivenda, asíteremos cobertura para o caso deque nos reclame o noso inquilinopola perda de habitabilidadederivada dun sinistro imputable aopropietario. (Por exemplo, unharotura de tubaxe que asolaga o pisoe os bens do arrendatario).

FUME

Está garantía está contempladadentro da extensión de garantías nocaso de incendio (escapes nacalefacción, anormais en vivendas),así mesmo a que contempla danospor fume procedentes do interior eexterior, sempre que a acción sexarepentina por unha causa accidentale anormal. Non cubrirá os danoscausados en bens depositados aoaire libre ou en instalacións abertas.

DANOS POR AUGA

É a garantía estrela por canto son ossinistros máis frecuentes e desde haiuns anos especialmente en seguros

17

Page 18: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

de comunidades. Esta garantía é aque máis variacións vaiexperimentar dependendo daaseguradora con que a contratemos.

• Gastos de localización da avaría,ata no caso de conduciónsencaixadas.

• Filtracións por escapes envivendas do piso superior oucontiguas do propio edificio, ata através de edificios lindeiros enteitos ou muros.

• Danos materiais e directosocasionados polos escapes edesbordamentos accidentais enconducións de subministración eevacuación así como aparellosfixos conectados á rede de auga.

• A omisión de peche de billas echaves. Só se consta de formaexpresa na póliza.

Sempre estarán excluídas as avaríasque sexan a consecuencia dedefectos ou vicios de construción, ouque se produciron por un defecto oufalta de mantemento (unha tubaxeoxidada perfectamente visible).

Nesta garantía habemos de estudarse estes danos están cubertos aprimeiro risco, a valor parcial ou avalor total.

Referencia especial hai que facer áscomunidades, dado que a súa pólizapoderá contratarse para danos porauga de instalacións comúns edanos por auga de instalaciónsprivativas, sendo esta última unhagarantía que repercuta fortementeno importe da prima.

Igualmente, cando existen uns danospor auga dentro dunha vivendaparticular causados por unha tubaxexeral, habemos de ter en conta que apóliza da comunidade, se tenaseguradas tubaxes xerais, pagarápola garantía de responsabilidadecivil, posto que produciu un dano ácomunidade a un terceiro, sempreque a póliza especifique que uncomuneiro ten a calidade de terceiro.

Que cantidade me terían queindemnizar se o meu edificio ten 10vivendas, a miña póliza cobre ata100.000 euros, e os meus danos sonde 6.000 euros?

18

Page 19: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

A cantidade a indemnizar será a dosmeus danos co máximo contempladona póliza da comunidade para danospor responsabilidade civil menos amiña cota de participación nacomunidade (cota expresada notítulo constitutivo), é dicir 6.000menos 600 (unha décima parte, xaque hai 10 pisos), total: 5.400 euros.

Que pasará se eu teño unha pólizaparticular que me cobre aresponsabilidade civil, outra dacomunidade que cobre os danos porauga en tubaxes privativas, e unhatubaxe particular miña asolaga avivenda do veciño de abaixo, que ásúa vez ten unha póliza particular e acomunitaria?

Primeiro pagarán proporcionalmenteaos capitais contratados as dúascompañías o sinistro ao piso deabaixo, mentres que a compañía doprexudicado reclamará ácomunidade e á compañía docausante.

Que factores habemos de ter enconta para contratar os danos porauga na nosa póliza multirrisco?

• Se vivimos nun último piso ounun baixo, onde é frecuente que

discorran as baixantes depluviais, habemos de comprobarque a aseguradora non exclúaroturas, desbordamentos eatascos, xa que é frecuentenalgunhas aseguradoras aexclusión desta garantía. Aíndaque nos pague o seguro dacomunidade porresponsabilidade civil, é moitomáis molesto terlle que reclamarao seguro comunitario os danos(que ademais é normal queexistan franquías que hai quereclamalas á comunidade) quedar parte ao noso seguro, quenos indemnizará e logoreclamaralle ao segurocomunitario.

• Se a nosa casa é nova ou o anode construción é recente serámoito máis barato contratar estetipo de danos.

• Non se aseguran a reparación deaparellos, billas, caldeiras,termos, depósitos,electrodomésticos, chaves depaso e similares. Si se aseguranos danos que estes causen polaperda de auga.

19

Page 20: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

• Comprobaremos as coberturasda nosa póliza comunitaria (sevivimos en réxime de propiedadehorizontal), para non duplicargarantías e pagar de máis, dadoque é normal que teñamoscuberto o continente (vercontinente a primeiro risco), perose ademais temos cubertosdanos por auga de tubaxesprivativas, excluiremos estacobertura da nosa póliza de fogaraforrándonos unha boa suma.

• A franquía reduceconsiderablemente a prima e éun medio de facer partícipe dosresultados da póliza aoasegurado (menos sinistrosmenos pagamos).

Coexistencia de franquías

É cada vez máis frecuente,especialmente en vivendas ecomunidades cuxas tubaxes nonforon remodeladas nun períodoconsiderable de tempo, oestablecemento de franquías polaaseguradora. As vantaxes son queopera unha redución da prima e,moitas veces son requisito necesarioa súa aceptación para a contrataciónda póliza.

Como se establece a franquía?

Ten que figurar nas condiciónsparticulares da póliza debidamentedestacada, constar en que riscosopera (auga, responsabilidade civil…), o seu importe, e no caso de quesexa porcentual o seu importemínimo e máximo.

Pode contratarse máis dunhafranquía?

Si, é perfectamente legal acoexistencia de franquías. Porexemplo, para danos por auga: 10%(mínimo 150,25 euros e máximo 500euros) mentres que pararesponsabilidade civil nos apareceráoutra exactamente igual oudiferente, sempre cun límite máximoe mínimo.

Se eu son prexudicado hei de asumira franquía?

Non. Terei que reclamarlle o seuimporte ao causante, xa sexa oveciño ou a propia comunidade queestán obrigados a aboarma.

Cando opera a franquía?

Cada vez que haxa un sinistro. Se unsinistro é incorrectamente reparadoou se agrava causando novos danos,

20

Page 21: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

só se aplicará unha vez dado queesta aplícase por sinistro.Igualmente para o caso de queexistan varios prexudicados por unhainundación, é un mesmo sinistro eaplicable, xa que logo, unha soafranquía.

Contratación de danos por auga encomunidades con máis de 25 anos.

Normalmente as aseguradorasexclúen os danos por auga encomunidades con máis de 25 anosdebido ao alto risco de fugas enconducións antigas. Agora ben, seacreditamos que as tubaxes foroncambiadas ou substituídas na súaintegridade (as xerais) mediantefacturas de abono a empresas ouprofesionais, a maioría deaseguradoras están dispostas aaceptar o risco. Taménpotestativamente poden realizarunha comprobación do devanditocambio mediante o envío dun peritoque examinará o seu estado.

Os seguros comunitarios.Conducións de auga privativas exerais.

Nos últimos tempos e para osefectos de medir os riscos o máis

exactamente posible, asaseguradoras só contratan danos enconducións privativas por segurocomunitario en comunidadespracticamente novas, dado o elevadorisco de converter estas pólizas enanti-rrendibles.

Que son tubaxes privativas e xerais?

As conducións xerais ou comúnsserán as de subministración xeralata a chave de paso de cada piso oulocal así como as de evacuaciónxeral, desde a súa unión cosdesaugadoiros de cada vivenda oulocal.

As privativas, serán as de uso decada vivenda ou local exclusivamenteata a chave de paso ou na súa falta,ata a toma de unión co desaugadoiroxeral.

RISCOS EXTRAORDINARIOS

Os acontecementos extraordinarioscubertos son:

a) Os seguintes fenómenos danatureza: terremotos emaremotos, inundaciónsextraordinarias (incluíndo osembates de mar), erupcións

21

Page 22: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

volcánicas, tempestade ciclónicaatípica (incluíndo os ventosextraordinarios de refachossuperiores a 135 km/h, e ostornados) e caídas de corpossiderais e aerólitos.

b) Os ocasionados violentamentecomo consecuencia deterrorismo, rebelión, sedición,motín e tumulto popular.

c) Feitos ou actuacións das ForzasArmadas ou das Forzas e Corposde Seguridade en tempo de paz.

Os riscos extraordinarios estáncubertos polo Consorcio deCompensación de Seguros sempreque o noso contrato de seguro xererecarga a favor de devanditaentidade e que o dito risco non ocubra ou para o caso de, aíndacubríndoo, que a entidade fosedeclarada en quebra.

A Lei de contrato de seguro, no seuart. 48, dinos que “o asegurador nonestará obrigado a indemnizar osdanos...cuxa cobertura correspondeao Consorcio de Compensación deSeguros”, en concordancia coasdisposicións vixentes, Real decreto

300/2004, de 20 de febreiro,aprobando o Regulamento do segurode riscos extraordinarios edisposicións complementarias.

A franquía que terá que aboar oasegurado por danos directos serádo 7%, mentres que nos derivadosda perda de beneficios, será a queconste en póliza.

ALIMENTOS EN CÁMARASFRIGORÍFICAS

Cobre os prexuízoseconómicos quesufra o aseguradopola paralizacióndas cámarasfrigoríficas aconsecuenciadunha avaría delas,corte desubministracióneléctrica, sempreque non sexaavisado e supere un número dehoras determinado ouexista unha fuga do elementorefrixerante.

22

Page 23: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

GARANTÍAS FÓRA DE DOMICILIO

Certas pólizas amplían a coberturado seguro amparando o mobiliarioasegurado fóra do lugar descrito napóliza e sempre que se trate dehoteis, aloxamentos similares evivendas alleas e polos mesmoseventos previstos para o domiciliohabitual. Estas garantíasdenomínanse en deshabitación.

A devandita garantía esténdesetamén, como un seguro deequipaxes, ao interior do medio detransporte utilizado e en mudanzas etraslados por empresas detransporte.

ASISTENCIA NO FOGAR

De recomendable contratación,actualmente as pólizas multirriscoofrecen esta garantía polacomodidade que supón. Aínda así,habemos de ter en conta que asempresas de asistencia varían moitoa calidade dos seus servizosdependendo das aseguradoras. Poriso, é importante preguntar se aempresa que ten ao seu cargo estesservizos é a propia compañía ououtra externa.

Cando teñamos dúbidas sobre aorixe do sinistro (se é unha tubaxeprivativa ou xeral) é recomendablesolicitar intervención de peritoexpresamente sen prexuízo dechamar á asistencia.

ROUBO, EXPOLIACIÓN E FURTO

Roubo: referido a roubo cometidomediante rotura ou escalada naparede, teito ou chan, fractura deportas e fiestras, penetraciónsecreta e emprego de chaves falsasou ganzúas.

Espoliación: cobre o risco de roubocon violencia nas persoas, o que seentende por atraco, ata xoias ediñeiro en efectivo cando estánincluídos en póliza.

Furto: as compañías son moiremisas a incluíla e cando asinclúen, teñen unha cobertura tanpequena que as convertepracticamente en inoperantes.

No caso de infidelidade do persoaldoméstico para cobrar aindemnización requírese que o/aempregado/a sexa despedido/a edenunciado/a ante a Policía.

23

Page 24: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

O artigo 50 da LCS, dinos que poloseguro de roubo o aseguradorobrígase dentro dos límitesestablecidos na Lei e no contrato, aindemnizar os danos derivados dasubtracción ilexítima por parte deterceiros das cousas aseguradas. Acobertura comprende o danocausado na comisión do delito entodas as súas formas.

No roubo, a cobertura debeamparar: a) o valor de intereseasegurado e b) o dano que acomisión do delito causara aoobxecto asegurado en todas as súasformas (artigo 51 LCS). Todo iso agásque concorra neglixencia grave doasegurado, así por exemplo, que oobxecto se atope fóra do lugardeclarado na póliza ou cando asubtracción se producise conocasión de sinistros derivados deriscos extraordinarios (artigo 52).

DANOS ESTÉTICOS ERESTAURACIÓN ESTÉTICA

Garantía que entra en xogo cando areparación dunha parte afectadapolo sinistro, produza un menoscabona harmonía estética inicial do localou habitación danada parcialmente.

Por exemplo, a rotura no cuarto debaño de varias baldosas necesariapara localizar a avaría. Se temoscontratada a garantía de localizaciónde avarías, cubriranos a substituciónda mesma baldosa ou unhaparecida. Se temos contratada agarantía de restauración estéticaporannos a mesma baldosa ou seesta non existe no mercado, toda abaldosa necesaria para remodelar ocuarto de baño.

Por iso, é recomendable contratalacando teñamos baños ou estanciasque pola súa especial configuración,pola antigüidade ou outros factoresnon sexa posible repolos cosmesmos materiais, quedándonosunha diferenza estética que diminúao valor do conxunto por noncontratar esta garantía.

A CONTRATACIÓN DESEGUROS NOS PRÉSTAMOSHIPOTECARIOSA característica principal das pólizasde seguros de inmobles hipotecados,para os efectos da LCS, é que o seubeneficiario é o banco que concedeua hipoteca mediante a cláusula desubrogación hipotecaria. É unha

24

Page 25: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

figura da que se valen a maioría dasentidades financeiras para captarclientes de seguros, ao subordinar aaprobación da operación ácontratación do seguro co propiobanco.

Con todo, que o banco sexa obeneficiario nos seguros de danos,ten unhas limitacións. Así, o TribunalSupremo, en sentenza de 17/12/1994recoñece que a existencia debeneficiario no seguro contra danosestá autoriza polo artigo 7 da LCS eque o titular do interese obxecto doseguro de danos, pode realizar unhacesión do dereito á indemnización,pero matiza que só se presentanitidamente como prestaciónautónoma adquirida por terceiros,nos seguros de vida (artigo 88 LCS).

A este respecto, debe sinalarse, queatenta contra a libre competenciaobrigarlle ao prestatario a contratara póliza coa entidade que se nosindique. Neste sentido, o artigo 5.1letra e) da Lei 26/2006, de 17 dexullo, de mediación de seguros ereaseguros privados prohibe impordirecta ou indirectamente acelebración dun contrato de seguro.

A solución moitas veces pasa poraboar a primeira prima (para evitarque nos deneguen a operación) e ossucesivos vencementos anuaisanulámolos con dous meses deantelación (conforme prescribe oartigo 22, parágrafo 2º da LCS).Basta un simple escritoreferenciando a póliza e o nome dotomador dicindo que procedemos áanulación do seguro conforme oartigo citado e que lles notificaremoso novo seguro, co efecto do mesmodía do vencemento do anterior, noque incluiremos a cláusula desubrogación hipotecaria nosmesmos termos que o anterior equedándonos cunha copia seladapola entidade, ou por aviso dechegada, burofax…

Tamén habemos de ter presente quea medida que se vai pagando ahipoteca, decrece a cantidade que lledebemos ao banco e polo tantotemos dereito a delimitar o capitalcuberto pola póliza e así conseguirun abaratamento progresivo daprima. En caso contrario, en caso deperda da vivenda o banco serábeneficiario polo importe restante deamortizar do préstamo e o

25

Page 26: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

remanente indemnizará oconsumidor.

Outro problema exponse nos segurosde vida con cláusula de subrogaciónhipotecaria, cando o banco (e épráctica habitual) contrata o seguropor adiantado mediante unha primaúnica: é dicir, ao importe da nosahipoteca que imos asinar naescritura (150.000 euros),engádeselle unha cantidade enconcepto de primas polacontratación de seguros durante avida útil da mesma ata a finalización

do préstamo(10.000euros).Habemosde saber,que parao caso

de

cancelación anticipada ou cambio dehipoteca con outra entidade, temosdereito á devolución de prima nonconsumida proporcionalmente polorisco non soportado.

LÍMITES E EXCLUSIÓNS MÁISFRECUENTES NASCOBERTURASRiscos excluídos tanto polaaseguradora como poloConsorcio de Compensación deSeguros:

a) Os que non dean lugar aindemnización de acordo á LCS.

b) Os que teñan a súa orixe nuncontrato de seguro distinto aaqueles nos que é obrigatoria arecarga a favor do Consorcio.

c) Os debidos a vicio ou defectopropio da cousa asegurada, ou ásúa manifesta falta demantemento.

d) Os producidos por conflitosarmados.

e) Os derivados da enerxía nuclear.

26

Page 27: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

f) Os debidos á simple acción dotempo, e no caso de bens total ouparcialmente mergullados, osderivados da acción da ondada e ascorrentes.

g) Derivados da elevación do nivelfreático, corremento de ladeiras,deslizamiento ou asentamento deterreos, desprendementos derocas e similares.

h) Danos derivados de acciónstumultuarias, folgas xerais,manifestacións, salvo que sedeclaren fenómenosextraordinarios de acordo art. 1Regulamento riscosextraordinarios.

i) Os causados por mala fe doasegurado (han de asimilarseneste apartado os supostos pordolo ou culpa grave do asegurado).

j) Derivados de sinistros ocorridos noprazo de carencia.

k) Os producidos antes dopagamento da primeira prima deseguro ou cando o contrato seache suspendido por falta de pagoda prima.

l) Danos directos ou indirectosderivados da perda de beneficiosdiferente á establecida noRegulamento de riscosextraordinarios, os derivados docorte ou alteración nasubministración de enerxíaeléctrica, gases, fuel oíl ou outrosfluídos.

m) Os sinistros que sexancualificados de catástrofe oucalamidade nacional.

Límites de cobertura oucláusulas delimitadoras do riscomáis frecuentes en multirrisco

a) En incendio non se aseguran osdanos causados pola soa acciónda calor ou os amparados polacobertura de danos eléctricos.

b) En caída de raio non seindemnizan aparellos e liñaseléctricas, que igualmenteestarán amparadas pola coberturade danos eléctricos.

c) En danos eléctricos normalmentenon se indemnizan os aparellos deuso profesional se non estánexpresamente declarados napóliza, nin o desgaste por uso ou

27

Page 28: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

funcionamento (este último límiterexe para todas as garantías).

d) En actos vandálicos oumalintencionados adóitanseexcluír os danos derivados depintadas, carteis, inscricións efeitos análogos en murosexteriores.

e) En danos por fume, non seaseguran tampouco as perdaspola acción continuada do fume oucando non teña a súa orixe nunhacausa accidental (a causaaccidental é a base do contrato deseguro posto que se é un feitonormal nunha vivenda, porexemplo, que está pegada a unhafábrica que a ensucia coa saída degases, o seguro non se farácargo). Tampouco se asegurannesta garantía os bensdepositados ao aire libre ou enconstrucións abertas.

f) Respecto da choiva, sarabia e nevenon se aseguran os danos queproveñan de neve, auga, area ou poque penetre por portas ou fiestrasnon pechadas ou con pechedefectuoso, nin os debidos adefectos de construción ou

mantemento, nin os gastosderivados da reparación da causaque provoque os danos (é dicir, ocanlón que nos metía auga dentro,non está amparada a súasubstitución, pero si o arranxo dosdanos que causou), as oxidacións,condensacións ou humidades,xeadas, frío, xeo, ondas ou mareas,ata cando sexan causadas polovento, os debidos a cambio detemperatura, interrupción daenerxía eléctrica (haberá quereclamalos á subministradoraenerxética), calor ouacondicionamento de aire. E pararematar, a acción directa de augasde ríos no caso de que a súacorrente sexa descontinua, aosaírse das súas canles normais,así como movementos de mareasdas augas do mar, e comodesbordamento, rotura de muros,presas e diques de contención.

g) En danos por auga, non se cobrenos debidos a mal estado deconservación das instalacións eaparellos, nin a reparación debillas, caldeiras, termos,depósitos, electrodomésticos,chaves de paso e similares.Tampouco os derivados de defecto

28

Page 29: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

de construción (esta é unhaexclusión xeral para todas asgarantías ás que lle poidan afectarestes defectos ou vicios),tampouco os producidos pordesbordamento ou rotura ouatasco accidental dascanalizacións de augas pluviais(esta exclusión só a teñenalgunhas aseguradoras, polo quese temos canalizacións de pluviaispola nosa casa- máis importantese vivimos nun último piso, ou pisocon terraza ou nun baixo- éimportante comprobar que nonexiste esta limitación). Tampoucose asegurarán os danos derivadosdunha reparación ao edificio,construción ou traballos demantemento (o fundamento destaexclusión é que os ditosprofesionais han de ter a súapropia póliza de responsabilidadecivil profesional que ampare osdanos que poidan causar), e pararematar, cando sexa unha causade orixe externa á vivenda e estasexa produto dun feito danatureza.

h) En rotura de espellos, cristais,mármore, placas vitrocerámicas elouza sanitaria, exclúense os

danos dos marcos ou molduras,durante o seu traslado ou a súapreparación, os derivados dunvicio de colocación ou de traballosrealizados sobre eles, as roturasproducidas con ocasión darealización de obras, traballos dedecoración, reparación ou pintura,tampouco os raiados,escarapelados, raspaduras eoutros danos sobre a superficie,nin para rematar, lámpadas decalquera clase, elementos dedecoración non fixos, espellos deman, floreiros, cristalerías demesa e aparellos de radio etelevisión.

i) En roubo, danos por roubo, furto eespoliación, exclúese o furto dediñeiro en efectivo, obxectos devalor e xoias (debido á dificultadede demostrar a súa preexistencia ea facilidade que se poderíadefraudar á aseguradora), asícomo o roubo cometido cando nonse estivesen utilizando asproteccións declaradas en póliza,os feitos que se produzan porneglixencia do tomador do seguro,asegurado ou das persoas que conel convivan.

29

Page 30: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

j) En responsabilidade civil,quedarán excluídas as sancións detipo administrativo e penais, asícomo multas que se lle impoñan aoasegurado en calquera clase deprocedemento, e calquera sanciónque teña a consideración de penasen prexuízo de asumir os gastoslegais inherentes aoprocedemento; a responsabilidadederivada que se fundamente enreclamacións derivadas de acordosque modifiquen a legalmenteesixible (xa a analizamos noapartado de responsabilidade civil),contaminación de solo, augas ouda atmosfera; danos ocasionados abens que se achen en poder doasegurado ou de persoas das quedeba responder; danos derivadosde inmobles distintos aos queconstan na póliza; os danos quedeban estar amparados por unseguro obrigatorio; os danosderivados da práctica dunhaactividade profesional ou mercantil(as mesmas han de ser obxectodun seguro de responsabilidadeprofesional, non do fogar); actos dopersoal doméstico mentres nonestea desempeñando as funciónspara as que foi contratado; apráctica de calquera deporte

profesional; os danos ocasionadospolo uso de armas de fogo na caza(han de ser obxecto dun seguro deresponsabilidade civil de cazador);os danos derivados da propiedadee uso de vehículos de motor,aeronáuticos ou embarcacións devela ou motor (os mesmos han deestar cubertos por un seguroespecífico, aínda que si estaríanincluídos os danos derivados devehículos que non esteanobrigados por lei a ter un seguroobrigatorio: bicicletas, triciclos,ciclos, patinetes…).

DIVERXENCIAS NAVALORACIÓN DO SINISTROPara o caso de desconformidade coavaloración dun sinistro por parte daaseguradora, a función principal doperito dentro do contrato de seguro,e para o caso do acaecemento dunsinistro, é a de determinar as súasconsecuencias exactas,pronunciándose sobre a relacióncausa-efecto entre as circunstanciasdel e os danos observados, ecuantificándoos para permitir unharápida liquidación. A iso alude o art.38 da Lei cando no seu parágrafoterceiro dispón:

30

Page 31: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

“Se as partes se puxesen de acordoen calquera momento sobre oimporte e a forma da indemnización,o asegurador deberá pagar a sumaconvida ou realizar as operaciónsnecesarias para substituír o obxectoasegurado, se a súa natureza así opermitise”.

De non lograrse un acordo ao termodas investigacións e peritaxesnecesarias, e unha vez cumprida aobriga de pago do importe mínimoque poida deber (obriga de pagoinmediato cun prazo de 40 días porparte da aseguradora que xa vimospara os efectos de recarga), oasegurador proporá ao asegurado oprocedemento arbitral regulado noart. 38, segundo o cal, cada partedesignará un perito, e se non haiacordo, as partes nomearán unterceiro perito que terá carácterdecisorio. O custo será de cargo ácompañía de seguros se este peritodá a razón ao asegurado, ouviceversa.

As funcións principais dos peritosserán, cara á realización do contratode seguro, a de asesorar sobre orisco e capital asegurado, podendosolicitar a súa actuación tanto a

aseguradora como o tomador doseguro. Causas dos danos, a súataxación, a determinación de valor anovo do obxecto sinistrado,depreciación sufrida e valor dosrestos, verificación de circunstanciastales como infraseguro,circunstancias non declaradas,efectividade real de medidas deseguridade declaradas en póliza. Asímesmo, proposición deindemnizacións con dedución defranquías ou deducións de vello anovo por restos que correspondan, epor suposto, intervención comoárbitros cando sexan designadospara resolver controversias entre aspartes segundo o previsto no art. 38da LCS, pola normativa de arbitraxe,así como ditar o laudocorrespondente.

O PAGO ADIANTADO DEIMPORTES DE REPARACIÓN É obvio que desde o momento en quenós temos un menoscabopatrimonial por un sinistroamparado pola póliza, temos dereitoa proceder á reparación do dano.

Debemos asegurarnos antes deproceder a reparar o dano que o

31

Page 32: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

sinistro foi peritado e orzado polaaseguradora para facer coincidir namedida do posible o seu importe coorzamento ou valoración pericial.Moitas veces, non se fai así por faltade información. Basta con seguir unsparámetros procedementais que nospoden evitar problemas á hora deindemnizar:

– Se o sinistro é de urxentereparación, antes de que chegueo perito, convén deixar a pezasubstituída no lugar do sinistro(un anaco de tubaxe, parte duncanlón) co fin de realizar asnecesarias comprobacións poloperito, lonxitude do tramosubstituído, fotografías.

– Débese pedirorzamento dereparación antes davisita do perito,desa formafacilitarémoslle onome doprofesional, tempo,materiais que lleaxudarán aconfeccionar oinforme.

– Debemos asegurarnos que operito accede ao lugar dosinistro. Moitas veces non podenacceder ás terrazas ou telladosdificultando a realización do seuinforme e a aprobación daindemnización.

Se abonamos factura de reparación,para cobrala con IVE, habemos defacilitar o orixinal á aseguradora aonoso nome (as sociedades limitadasou anónimas, cobran sen IVE, xa queé soportado e pódeno deducir dassúas declaracións tributarias, poloque facilitarán copia das facturas).

En caso de discordancia da facturaco importe pericial, debemosconsultar se as horas e materiais

facturados son osnormais para a zona ede empresas similares(podemos pedir algúnorzamento coincidentede forma aproximadacoa factura) paraacreditar áaseguradora arazoabilidade doimporte da reparación,e en suma, para obtero seu reembolso.

32

Page 33: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

CONSELLOS QUE DEBEMOSEN CONTAContratación

• Deterse a ler o condicionadoparticular e xeral da póliza,especialmente as cláusulasdelimitadoras e limitativas, xaque varían segundo aaseguradora.

• Os medios de seguridade ealarmas son especialmenterelevantes nos baixos ou chalés,a condición de que existanvivendas próximas, e non existadesocupación de máis de 30, 60ou 90 días, segundo aaseguradora.

• Acredite á aseguradora(especialmente en seguros decomunidade) o cambio,renovación ou substitución detubaxes xerais mediantefacturas, de tal forma que poidaincluír os danos por auga.

• Pode solicitarse o envío dunperito á aseguradora candoexistan dúbidas sobre o valor doinmoble, ou para verificar

alarmas, cambios de tubaxes,etc.

• Recorde que a cociña é parte docontido, non continente, polo quehaberá de engadir devanditovalor a tal partida.

• O continente a primeiro risco éespecialmente recomendadopara vivendas en que só seasegura o contido, evitaráreclamacións a veciños e ácomunidade, encargándose anosa aseguradora dela.

• Comprobe que non lle exclúen osdanos ocasionados por atasco ourotura de baixantes xerais (é moifrecuente esta exclusión).

• Existen aseguradoras queaseguran dúas casas na mesmapóliza, de tal forma que sesobreentende que se nonestamos nunha ocupamos aoutra, de tal forma evitamos quenos poidan aplicar a cláusula dedesocupación e abaratamos aprima ao metelas na mesmapóliza.

33

Page 34: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

Para o caso de sinistro

• Lembre que debe dar parte dosinistro no prazo de 7 días (a nonser que exista unha causaxustificada).

• Debe facilitar o acceso aosperitos da aseguradora.

• Procure cumprir as indicaciónsdo apartado anterior respecto aoperito, documentación deorzamentos e facturas.

• Teña en conta que non ten queconformar a valoración daaseguradora, pero se disentedela, debe acreditardocumentalmente os motivos(orzamentos, facturas..) e se nonhai acordo, pode aplicar oprocedemento contraditoriopericial do artigo 38 ao que nosreferimos antes.

• Para rematar, que a aseguradoraten un prazo de 40 días parafacerse cargo do importe mínimodo sinistro, e de tres meses paraindemnizar, se non fose asípoderían esixírselle os xuros queprevé o artigo 20 da LCS.

• Para o caso que a aseguradoraalegase mala fe do asegurado,habemos de ter en conta que endereito, a norma básica é quequen alega algo ha de acreditalo.Con todo, nos contratos deadhesión como son os contratosde seguro, a proba de que oasegurado non obrou coadilixencia debida por parte daaseguradora, non é suficiente, xaque a única causa de exclusiónou de rexeitar un parte desinistro pola aseguradora é amala fe do asegurado a teor dodisposto na LCS.

Nas condicións xerais opera ainversión da carga da proba, é dicirserá a aseguradora quen debaprobar que o asegurado obrou conmala fe, iso é así por ser aaseguradora un profesional do ramoe ao aplicar un modelo de contrato oasegurado non puido negociarpracticamente ningunha cláusulailladamente, esta inversión da cargada proba ou onus probandi concordaco disposto na Lei xeral para adefensa de consumidores e usuariose na Lei de condicións xerais dacontratación.

34

Page 35: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

CONCEPTOO crecemento imparable do sectorda construción de vivendas trouxoaparellada unha diminuciónsignificativa da súa calidade e poreste motivo, a Lei de ordenación daedificación 38/1999, de 5 denovembro, que entrou en vigor o 6 demaio de 2000, tratou de garantir orespecto aos dereitos dos usuarios.O seu obxectivo principal é regular oproceso de construción das vivendas,establecer certas garantías e fixar asresponsabilidades dos axentes queinterveñen. O altísimo prezo quepagamos por unha vivenda xustificaa necesidade de que se amparecalquera problema de construción.

Segundo a LOE (Lei de ordenación davivenda) o seguro decenal é o quegarante durante un período de dezanos todos os danos producidos por

vicios ou defectos da construción, eque afectan de xeito directo áresistencia do edificio.

O promotor é o tomador do seguro eestá obrigado por lei a subscribir oseguro decenal. De igual forma, opropio promotor é o asegurado. Trasa venda da vivenda os seuscompradores convértense nosbeneficiarios do seguro.

É importante ter en conta que estaregulación afecta os edificios cuxalicenza de construción sexa posteriorao 6 de maio de 2000 (data deentrada en vigor da lei). Se a licenzaé anterior a garantía da construciónregúlase polo Código civil.

AXENTES DA EDIFICACIÓNOs axentes da edificación son aspersoas físicas ou xurídicas que

35

SEGURO DECENAL

Page 36: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

interveñen na construción. Éimportante coñecelos e saber cal é oseu traballo. En caso de reclamacióna responsabilidade recaerá sobrealgún deles e se non queda claroquen cometeu a neglixencia, entónestarase ante unha situación deresponsabilidade “solidaria” (aresponsabilidade correspóndelle atodos os que participaron). Así todo,convén saber coa maior exactitudeposible quen, como e onde secometeu o fallo.

Se se decide acudir aos tribunais,pediranse responsabilidades aosaxentes estritamente necesarios. Ascostas legais recaen sobre quenperde o preito, o que desanima aodemandante a involucrar máisaxentes dos necesarios.

Os axentes que participan naedificación dunha vivenda son osseguintes:

• Promotor: Calquera persoa físicaou xurídica que financie eprograme unha construción paraentregar ou vender a terceiros.Este axente encárgase decomprar o terreo edificable eentregar a documentación

necesaria para facer o proxecto.Ademais, obtén as licenzas esubscribe os seguros previstosna lei (decenal).

• Proxectista: É o que por encargodo promotor e suxeito ánormativa correspondenteredacta o proxecto (arquitecto ouenxeñeiro).

• Construtor: Axente que asume,por medio dun contrato, ocompromiso de pór os mediosmateriais e humanos para levar acabo a obra respectando eseguindo ao pé da letra oproxecto. Será o encargado dedesignar ao xefe de obra e deformalizar as subcontratacións.

• Director de obra: Dirixe odesenvolvemento da obra nosaspectos técnicos, estéticos,urbanísticos e ambientais conarranxo ao proxectado(aparellador, arquitecto técnico).

• Director de execución da obra:Asume a función técnica dedirixir a realización material daobra e controlar a calidade doedificado. Entre as súas funcións

36

Page 37: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

atópase a de verificar osmateriais, comprobar a correctarealización do traballo, que asinstalacións se desenvolvan deacordo ao proxectado e coasordes do director de obra, etc.

RESPONSABILIDADES EGARANTÍASAs persoas físicas e xurídicas queinterveñen no proceso deconstrución responderán ante ospropietarios dos danos materiaisocasionados no edificio, sempre queestean dentro dos prazos -que seindican a continuación- e quecomezan a contar desde o momentoda recepción da obra. Os axentesestán obrigados a responsabilizarsede todos os danos (graves e leves).Os prazos establecidos parapresentar unha reclamación varíansegundo a importancia do dano.

• Durante dez anos: Os danoscausados por vicios ou defectosque afecten á cimentación, ossoportes, as vigas, os forxados,etc que comprometan aresistencia mecánica eestabilidade do edificio.

• Durante tres anos: Emendaranseos defectos que non permitanunha habitabilidade encondicións .

• Durante un ano: Os danos que seproduzan nos elementos deacabado ou de terminación daobra.

As deficiencias que aparezan nestesprazos deben ser arranxadas polosaxentes correspondentes sen custoalgún para o usuario. É moiimportante deixar constancia escritade como os danos se producirondentro dos prazos marcados. Osresponsables serán informados dosucedido por medio de cartacertificada ou burofax e o recibopoderá utilizarse para demostrar averacidade das datas.

A responsabilidade civil esíxese deforma individualizada. No entanto,cando non se pode saber quen foi oculpable con exactitude, aresponsabilidade esíxesesolidariamente. Segundo a LOE, oconstrutor responderá de formadirecta dos danos producidos polaneglixencia ou incumprimento dasobrigas atribuídas ao xefe de obra e

37

Page 38: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

demais persoal que del dependan. Odirector de obra é responsable docertificado final e da súa veracidade.

O prazo de prescrición das acciónspara esixir a responsabilidade é dedous anos a contar desde omomento en que se produzan osdevanditos danos. Unha vezrealizada a petición, pódese seguirreclamando ata que se emende oproblema. Por esta razón, éindispensable deixar constancia domomento en que se produciu adeterioración e comezar todo otrámite de reclamación dentrodestes dous anos marcados pola Lei.

DANOS CUBERTOS• Danos materiais que

comprometan a estabilidade doedificio (cimentación, soportesforxados, vigas, erros de deseño).

• Danos á obra secundaria,instalacións e equipos do edificio(consecuencia dun sinistro naobra principal).

• Custos de reparación paraeliminar a ameaza deafundimentos.

• Gastos de demolición e retiradade entullos (consecuencia dedanos cubertos pola póliza).

Cobertura opcional:

• A obra secundaria

• Impermeabilización de cubertas.

• Impermeabilización de fachadas.

• Impermeabilización eestancamento de sotos.

• Renuncia a recurso contra oconstrutor.

• Renuncia a recurso contracontratista e/ou subcontratista.

• Renuncia a recurso contra adirección facultativa.

• Danos a bens preexistentes.

• Revalorización de sumaasegurada e franquías.

Danos non cubertos:

• Corporais ou prexuízoseconómicos distintos dos danosmateriais que garante a lei.

38

Page 39: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

• Ocasionados a inmobles contiguosou adxacentes ao edificio.

• Causados a bens moblessituados dentro do edificio.

• Producidos por obras feitas logoda recepción do edificio, agás asrealizadas para arranxardefectos de construción.

• Ocasionados polo mal uso oufalta de mantemento adecuadodo edificio.

• Os que teñan a súa orixe nunincendio ou explosión, salvo osproducidos por defectos dasinstalacións propias.

É recomendable contratar o seguroantes de comezar a obra, e aaseguradora realizará unseguimento seu desde o pago doprimeiro recibo, o que permitecorrixir os problemas antes de que aconstrución avance. Igualmente éaconsellable a contratación concompañías solventes especializadasno ramo da construción.

Especial precaución debemosadoptar á hora de adquirir a vivenda,

xa que pode ocorrer que, con ánimode burlar a contratación do seguro,se documente a venda dunha vivendaen construción (aínda que xa esteafisicamente terminada) dado quementres non se faga constar aterminación da obra non ten queacreditarse a contratación do seguro.Como compradores podemosdescoñecer que é o que estamoscomprando realmente (unha obranon terminada) e non teremos acobertura por vicios estruturais.

AUTOPROMOCIÓN EREHABILITACIÓNNon é obrigatorio contratar o segurodecenal nos casos de autopromocióndunha única vivenda por unparticular. Tamén se exime desteseguro aos residenciais suxeitos arehabilitación.

No entanto, se o autopromotordecide vender a vivenda antes detranscorridos dez anos está obrigadoa concertar o seguro decenal xa quesen esta póliza o comprador nonpoderá nin inscribir o inmoble nin aescritura de hipoteca no Rexistro daPropiedade.

39

Page 40: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

CONCEPTOO seguro de defensa xurídica ten porobxecto garantir o pago dos gastosen que poida incorrer o aseguradocomo consecuencia da súaintervención nun procedementoadministrativo, xudicial ou arbitral ea prestarlle os servizos de asistenciaxudicial ou extraxudicial derivadasda cobertura do seguro, dentro doslímites establecidos na lei e nopropio contrato. Está regulado noart. 76 a) da LCS e seguintes

Ha de ser obxecto dun contratoindependente, aínda que podeconstar na mesma póliza de seguro.O seu custo no entanto, deberádesagregarse na tarificación daprima (art. 76 c).

Por medio deste seguro, oasegurado poderá designar

procurador e avogado que o defendae o represente en calquera clase deprocedemento, así como os casos enque se presente conflito de interesesentre as partes do contrato(exemplo: se temos o cocheasegurado na compañía X e temosun golpe con outro vehículoasegurado na mesma compañía noque discutimos a culpabilidade, nonparece moi lóxico queencomendedes a reclamación ápropia compañía, que ademais seráquen en última instancia haberá depagarnos).

EXCLUSIÓNS DA LEIO artigo 76 g), dinos que non seránde aplicación aos supostosseguintes:

1.- Defensa xurídica realizada poloasegurador da responsabilidade

40

SEGURO DE DEFENSA XURÍDICA/ RECLAMACIÓN

DE DANOS

Page 41: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

civil. É dicir, cando nós somosculpables do sinistro e areclamación diríxese á nosacompañía, non temos dereito adesignación de avogado eprocurador e debemos prestartoda a colaboración áaseguradora que nos defende.

2.- A defensa xurídica realizada poloasegurador na asistencia enviaxe.

3.- Á defensa xurídica que teña porobxecto litixios ou riscos quexurdan ou teñan relación co usode embarcacións marítimas.

Exclusións da maioría daspólizas

1.- Intereses, multas ou sanciónsimpostas ao asegurado polasautoridades administrativas ouxudiciais.

2.- Os impostos ou outros pagos decarácter fiscal dimanantes dapresentación de documentospúblicos ou privados ante osorganismos oficiais.

3.- Gastos pola intervención doasegurado en calquera caso de

procedemento diferente aoscomprendidos nas coberturasgarantidas por póliza.

4.- As reclamacións inxustificadas ateor da responsabilidade dosfeitos ou manifestamentedesproporcionadas coa valoracióndos danos e prexuízos. Noentanto, asumiranse os gastos encaso de obter unha resoluciónfavorable de forma firme.

5.- Os derivados do dolo ou mala fedo asegurado, os seusapoderados ou mandatarios.

Límites económicos

Serán os que aparezan consignadosna condicións particulares da pólizae, na súa falta, nas xerais para estagarantía. Habemos de ter en contaque as aseguradoras cada vez baixanmáis as contías de defensa ereclamación con obxecto de medir osseus riscos e abaratar as primas daspólizas. Actualmente aseguradorasmoi importantes establecen límitesde 1.200 euros/600 euros por sinistrocando hai 10 anos eran frecuenteslímites de 9.000 euros, é fácil pensarque a defensa dun avogado eprocurador vai pasar con moito esas

41

Page 42: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

cifras dependendo do principal dareclamación e as incidencias,recursos, etc.

Podemos chegar á conclusión quelímites tan baixos conculcan oespírito da LCS de protección aosintereses do asegurado do artigo 76a) en relación ao principio de tutelaxudicial efectiva que establece o art.24 da nosa Constitución.

Tampouco se aboarán os gastos dedesprazamento do avogado a outropartido xudicial, terémolos queasumir nós se o avogado é de fóra dademarcación do xulgado, nin se haicondena en costas da outra parte(agás que se acredite a súainsolvencia) nin gastos dehabilitación profesional.

A obriga de información doestado da reclamación

Para o caso de designación deprofesionais que reclamen oprexuízo económico, a principalobriga do asegurado é notificalo ácompañía de seguros nun escritoonde o informa do nome e apelidos,enderezo e teléfono do procurador eavogado que o vai a defender.

Mentres, a obriga do avogadoespecialmente, é informar áaseguradora do estado dareclamación, recursos interpostos,etc. Esta obriga é moi importante, xaque a súa recepción por parte daaseguradora sen obxecciónsimpediralle pór trabas á minuta finaldos profesionais que interveñen.

Conflito de intereses coaaseguradora

Esta obriga de información cesa nocaso de que se produza o conflito deintereses coa aseguradora.

No entanto, cando quen reclameestea asegurado na mesmacompañía ou exista algún outroconflito de intereses, estacomunicaralle ao asegurado a

42

Page 43: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

existencia desas circunstancias,podendo o asegurado seguir coadirección xurídica da aseguradora,ou designar libremente profesionaispara que o defendan co límitemarcado en póliza (art. 74 LCS).

Diverxencias da aseguradora nadesignación de profesionais doasegurado na garantía dereclamación de danos

As aseguradoras na práctica,plasman unha serie de límites nocondicionado xeral da póliza, peroneste caso, o problema pode exporsecando nós entendemos que unsinistro é reclamable e aaseguradora non acepta a nosadesignación de profesionais. Hánolo

de notificar, así como nos han denotificar que se desvincula dareclamación. Se esta ten éxito,haberá que aboar os gastos dosprofesionais intervenientes. Moitaspólizas nos condicionados xerais,falan de íntegra estimación de todasas pretensións, esta cláusula éabusiva e xa que logo, nula (Lei decondicións xerais da contratación eLei xeral para a defensa dosconsumidores e usuarios en relaciónao 76 a) e a LCS), bastaría queobtivésemos un resarcimento quenon nos ofreceu previamente aaseguradora, para ter dereito aocobro das minutas dos profesionaisintervenientes.

43

Page 44: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

RISCOS CUBERTOSEstá regulado polo Real decreto1575/1989, de 22 de decembro queaproba o Regulamento do seguroobrigatorio de viaxeiros.

Lesións corporais que sufran osviaxeiros a consecuencia directa dechoque, envorco, alcance, saída davía ou calzada, rotura, explosión,incendio, reacción, golpe exterior ecalquera outra avaría ouanormalidade que afecte ou procedado vehículo.

Como norma xeral, están cubertosos accidentes acaecidos durante aviaxe e os ocorridos, tanto antes decomezar esta, unha vez posto ovehículo a disposición do viaxeiro,como os inmediatamentesobrevindos logo de terminar,sempre que, ao producirse o

asegurado se atopase no devanditovehículo.

Están excluídos (artigo 9 doRegulamento) as lesións dosasegurados que provoquen osaccidentes en estado de embriaguezou baixo os efectos das drogas,estupefacientes ou estimulantes oumediante a comisión de delitosdolosos.

Respecto ao dolo ou culpa docondutor como presuposto deindemnización, habemos de ter enconta que non se esixe un acto deculpa (o condutor pode estaresquivando un peón que cruzaimprudentemente a calzada), abondacon que exista un resultado danoso,é dicir, unha responsabilidade case-obxectiva ou baseada no risco dacondución dun vehículo. Pola contra,esíxese tamén, que sexa algo máis

44

O SEGURO OBRIGATORIO DE VIAXEIROS-SOVI

Page 45: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

que unha incidencia normal dotráfico aínda cando o condutor podeevitar un mal maior, esíxeselle unhadilixencia dun bo pai de familia.(sentenzas da Audiencia Provincialde León de 7-7-1999, e da AudienciaProvincial de Biscaia de 17-12-1999)

Cobertura

A protección deste seguroesténdese:

a) A todos os usuarios de medios detransporte terrestre público colectivoespañol de viaxeiros, urbanos einterurbanos, en tanto circulen porterritorio nacional ou teñan o seuprincipio no devandito territorio senlimitación de destino.

b) Todos os usuarios de medios detransporte marítimo español, entodas as viaxes que realicen e teñano seu principio no devanditoterritorio nacional sen limitación dedestino.

Quen o ha de concertar?

Todo transportista deberá concertalocomo tomador con calquera dasentidades aseguradoras autorizadas

polo Ministerio de Economía eFacenda

Quen é o asegurado?

Toda persoa que no momento doaccidente estea provista do titulo detransporte, de pago ou gratuíto, osmenores que estean exentos de pagodo billete, o persoal da empresatransportista dedicado aos servizosrequiridos para o funcionamento dovehículo, así como o persoal dasAdministracións públicas que seachen na viaxe no exercicio das súasfuncións.

Que pasa se perdín o billete?

Cando o título de transporte seexpida sen esixir a identidade doviaxeiro, presumirase que oaccidentado está provisto de billeteen todos aqueles casos en que polascaracterísticas do accidente sexaverosímil o extravío ou destrución dobillete.

Medios de transporte

• Autobuses, trolebuses e tranvíasurbanos e interurbanos decarácter público ou privado,cando o transporte que neles serealice sexa público.

45

Page 46: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

• Ferrocarrís

• Teleféricos, funiculares,telesquís, telecadeiras,telecabinas e outros medios enque a tracción se faga por cable.

• Embarcacións de matrícula epavillón españois autorizadospara o transporte públicocolectivo de pasaxeiros

Medios de transporte excluídos

• Os de menos de nove prazasagás os de tracción por cable

Compatibilidade co seguro deresponsabilidade civil

O artigo 2 do Regulamento do SOVI,dinos que constitúe unhamodalidade do seguro de accidentesindividuais, compatible con calqueraoutro seguro concertado co viaxeiroou a el referente.

O SOVI non libera ás empresastransportistas, aos condutores dosvehículos, ou a terceiros daresponsabilidade civil en que, dolosaou culposamente, puidesen incorrerpor razón do transporte de persoas.Tampouco as prestacións por razóndo devandito seguro reducen oimporte da expresadaresponsabilidade.

É dicir, o regulamento non sóestablece que é totalmentecompatible co seguro deresponsabilidade civil, senón queademais as cantidades que satisfagaa aseguradora polo SOVI non sepoden deducir das correspondentesao seguros de responsabilidade civil.

É importante esta norma por canto amaioría de aseguradoras daresponsabilidade civil dos vehículosde transporte público, o son á súavez do SOVI, e moitas veces, oslesionados ignoran que aparte deque han de ser indemnizados porresponsabilidade civil, hano de sertamén polo SOVI.

Prestacións e límites

Falecemento que se produza notranscurso dos 18 meses seguintes á

46

Page 47: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

data do accidente e comoconsecuencia súa directa.

Incapacidade permanente daslesións corporais cuxo diagnósticosexa de incapacidade permanente.

Incapacidade temporal, en funcióndo tipo de lesión e grao deinhabilitación, en base ao baremoque recolle o anexo do regulamento.

Asistencia sanitaria, satisfaranse osdevanditos gastos durante as 72horas seguintes ao accidente paraaqueles asegurados que nonrequiran hospitalización outratamento especializado en curaambulatoria.

Os 10 días seguintes ao accidente,para os asegurados que requiranhospitalización ou tratamentoespecializado en cura ambulatoria,cando o tiveren cuberto por outrosseguros obrigatorios.

Os 90 días seguintes ao accidentenos demais casos.

Os capitais son moi baixos enrelación ao baremo aplicable porresponsabilidade civil, dado que nonson obxecto das periódicasactualizacións que ten o primeiro.

47

Page 48: GUÍA DE SEGUROS - santiagodecompostela.gal · 24 A contratación de seguros nos préstamos hipotecarios 26 Límites e exclusións máis frecuentes 30 Diverxencias en canto á valoración

Rúa Salvador Allende, 6-8Tel. 981 542 314

SANTIAGO DE COMPOSTELA

www.santiagodecompostela.org

Colaboran: