Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais...

40
Guía de Saúde Laboral para a Xuventude

Transcript of Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais...

Page 1: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

Guía de Saúde Laboral para a Xuventude

Page 2: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde
Page 3: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

ÍNDICE 1. Introdución ................................................................................... 5

2. Saúde laboral e prevención de riscos laborais ............................ 7

2.1. Traballo e saúde ................................................................ 7

2.2. A nosa saúde ..................................................................... 7

2.3. Condicións de traballo ....................................................... 8

2.4. Risco laboral ...................................................................... 8

2.5. Danos á saúde ................................................................... 9

2.6. Prevención ......................................................................... 9

3. A Lei de prevención de riscos laborais ......................................... 11

3.1. Que di a lei ......................................................................... 11

3.2. Principios da acción preventiva ......................................... 12

3.3. Obrigas do empresario ...................................................... 12

3.4. Dereitos dos traballadores e traballadoras ........................ 14

4. Como nos organizamos ............................................................... 17

4.1. O delegado/a de prevención .............................................. 17

4.2. Traballadores e traballadoras designados ......................... 20

Page 4: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

4.3. O Comité de Seguridade e Saúde ..................................... 21

4.4. Servizos de prevención e mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais ................................. 224.5. Algunhas cousas que debes saber sobre as mutuas ........ 23

5. Xestión da prevención .................................................................. 255.1. O plan de prevención ......................................................... 255.2. A avaliación de riscos ........................................................ 255.3. A planificación da actividade preventiva ............................ 27

6. A vixilancia da saúde .................................................................... 29

7. Información e formación ............................................................... 30

8. Como actuar en caso de accidente .............................................. 32

9. Enfermidades profesionais e mutuas ........................................... 34

10. Non estás só. Comisións obreiras axúdache ............................. 36

Page 5: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

1. Introdución

A xuventude, xunto con outros colectivos como as mulleres ou os maiores de 45 anos, soportamos maiores taxas de desemprego, precariedade, peores condicións laborais e maiores índices de sinistralidade laboral.

A taxa de temporalidade dos mozos e mozas menores de 25 anos acada o 65 % en España; é a porcentaxe máis alta de toda a Unión Europea, onde a media se sitúa case 30 puntos por baixo. O uso da temporalidade como porta de acceso ao emprego dos mozos e mozas crea unha constante sensación de inestabilidade e inseguridade que incide nas súas posibilidades de emancipación e de acadar unha calidade de vida plena.

Pero a temporalidade non é a única variable condicionante; o feito de ter un contrato indefinido, en moitas ocasións non é sinónimo de estabilidade nin de calidade do emprego.

Numerosos estudos demostran que as persoas con contratos temporais tamén teñen, aproximadamente, o triplo de risco de sufrir accidentes laborais. A inseguridade no emprego, é dicir, o temor a perder o posto de traballo, está asociado cunha maior exposición a varios factores de risco laboral e a un peor estado de saúde mental.

Conscientes desta situación, deseñamos esta guía co único obxectivo de dotar a xente máis nova dos coñecementos, recursos e ferramentas necesarios para melloraren as súas condicións de emprego, seguridade e saúde no traballo.

Page 6: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde
Page 7: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

7

2. Saúde laboral e prevención de riscos laborais

2.1. TRABALLO E SAÚDEA relación entre traballo e saúde dependerá das condicións en que aquel se realice para que a súa incidencia na saúde das persoas sexa positiva ou negativa. Polo tanto, nunhas ocasións o traballo beneficia a saúde, mentres que noutras chega a deteriorala de maneira significativa.

2.2. A NOSA SAÚDEA nosa saúde vese afectada non só no seu aspecto físico, senón que situacións como o traballo por quendas, a falta de participación, a supervisión intensa ou a minusvaloración e o non recoñecemento do traballo afectan a nosa saúde psíquica e as nosas relacións sociais.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) entende que non se poden desvincular as diferentes dimensións das persoas, e por iso define a saúde como «o estado completo de benestar físico, psíquico e social, e non só a ausencia de enfermidade».

Page 8: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

8

2.3. CONDICIÓNS DE TRABALLOSon aquelas características do traballo que dalgún xeito inflúen na xeración de riscos para a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras.

É dicir, serían todas aquelas características que determinan a forma de realizar as tarefas: unhas fan referencia ás máquinas e equipos de traballo, outras ao ambiente de traballo (ruído, temperatura, iluminación, vibracións, contaminación, etc.) e outras á forma en que se organiza o traballo (o ritmo, realizalo continuamente de pé ou sentado, as quendas de traballo, o grao de participación dos traballadores e traballadoras...).

2.4. RISCO LABORALExiste risco laboral cando a maneira de realizar o traballo supón a posibilidade de danar a saúde de quen o desenvolve.

Normalmente, os riscos laborais son consecuencia dunhas condicións de traballo inadecuadas.

Page 9: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

9

2.5. DANOS Á SAÚDEFacilitar a práctica profesional dos titulados universitarios, de F. P. ou equivalentes.

• Accidente de traballo: é toda lesión corporal que sufra o traballador con ocasión ou a consecuencia do traballo realizado por conta allea.

• Enfermidade profesional: é a contraída como consecuencia do traballo por conta allea nas actividades que se especifican no cadro de enfermidades profesionais.

Non obstante, existen outros danos á saúde que, en principio, non están considerados dentro destas definicións, como son: a dor, a ansiedade, o estrés, etc.

2.6. PREVENCIÓNNa saúde laboral, a prevención supón evitar os danos á saúde dos traballadores e traballadoras actuando sobre as condicións de traballo e anticipándose ao dano.

O obxectivo máximo da prevención é conseguir que o dano non se produza.

Page 10: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde
Page 11: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

11

3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL)

3.1. QUE DI A LEI

O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde dos traballadores mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento de actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo» (artigo 2.1. LPRL).

E para isto:

• Establece a obriga xenérica do empresario de protexer os traballadores.

• Define como integrar a prevención dentro da empresa.

• Obriga o empresario a dotar de recursos materiais, humanos e técnicos necesarios

para coñecer os riscos e así poder evitalos.

• Establece o dereito de participación dos traballadores e traballadoras e dinos como

han de participar (artigo 18 LPRL).

Page 12: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

12

3.2. PRINCIPIOS DA ACCIÓN PREVENTIVA

1. Evitar os riscos.

2. Avaliar os riscos que non se poden evitar.

3. Combater os riscos na súa orixe.

4. Adaptar o traballo á persoa.5. Ter en conta a evolución da técnica.6. Substituír o perigoso polo que entrañe pouco ou ningún perigo.7. Planificar a prevención.8. Adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á individual.9. Dar as debidas instrucións aos traballadores e traballadoras.

3.3. OBRIGAS DO EMPRESARIO

O empresario ou empresaria é responsable de garantir unha eficaz protección da saúde dos traballadores. Esta obriga xeral concrétase nas seguintes obrigas:

• Deseñar un traballo sen riscos.• Planificar a prevención.• Avaliar os riscos que non se poden evitar.• Vixiar o impacto das condicións de traballo sobre a saúde dos traballadores.• Asegurar a eficacia das actividades preventivas.• Coordinarse con outras empresas que concorran no mesmo centro de traballo.

Page 13: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

13

Ademais destas obrigas, tamén pode asumir as actividades preventivas cando a empresa conte con menos de seis traballadores ou traballadoras.

¡ollo!

Para que o empresario poida asumir as actividades preventivas, ademais de a empresa ter menos de seis traballadores ou traballadoras, hanse cumprir estas condicións:

■ Que non sexan actividades incluídas no anexo I da LPRL (actividades de especial risco).

■ Que o empresario traballe de forma habitual no centro de traballo.

■ Que o empresario teña a formación axeitada ao risco desa actividade (capítulo VI do Regulamento de Servizos de Prevención).

Page 14: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

14

3.4. DEREITOS DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

Os traballadores e traballadoras teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. A lei concreta este dereito fundamental nuns dereitos adicionais:

• Información: dereito a recibir toda a información necesaria sobre os riscos do seu posto de traballo, e da empresa en xeral, sobre as medidas de protección e prevención aplicables e sobre os plans de emerxencia.

• Formación: dereito a recibir formación teórica e práctica en materia preventiva, que deberá actualizarse sempre que cumpra.

• Consulta: deben ser consultados en relación con todas aquelas cuestións que afecten a seguridade e saúde no traballo.

• Proposta: dereito a formular propostas ao empresario, ao Comité de Saúde e Seguridade ou aos delegados de prevención, co fin de mellorar a saúde e a seguridade.

• Resistencia: dereito a interromper a actividade e abandonar o traballo cando considere que existe un risco grave e inminente para a súa vida ou saúde.

Page 15: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

15

¡ollo!

■ No artigo 21 da LPRL defínese o risco grave e inminente.

■ Este dereito á «resistencia» vén recollido no apartado 1 do artigo 14 da LPRL.

■ Este dereito será exercido polos traballadores e traballadoras ou pola representación legal dos traballadores alá onde existir.

■ A paralización da actividade por causa de risco grave e inminente será comunicada de contado á empresa e á autoridade laboral; esta, nun prazo de 24 horas, anulará ou ratificará a devandita paralización.

• Vixilancia da saúde: dereito á vixilancia periódica da saúde, en función dos riscos inherentes ao seu posto de traballo.

• Denuncia: dereito a recorrer á Inspección de Traballo de se considerar que as medidas de prevención e os métodos empregados polo empresario non abondan para garantir a seguridade e a saúde no traballo.

Page 16: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde
Page 17: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

17

4. Como nos organizamos

4.1. OS DELEGADOS DE PREVENCIÓN

Son os representantes dos traballadores e traballadoras con funcións específicas en materia de prevención de riscos laborais. A través deles, os traballadores e traballadoras exercen os seus dereitos de consulta e participación, polo que a súa principal función é promover a participación entre os seus compañeiros, asegurándose de que as súas opinións, suxestións, información, etc. a cerca de todo o relacionado coa saúde no traballo é trasladado aos responsables da empresa en materia preventiva para mellorar as súas condicións de traballo.

¿Como se elixen e en que número?

En todas as empresas onde haxa máis de cinco traballadores ou traballadoras e estean elixidos os delegados de persoal, debe existir a figura do delegado de prevención. Son elixidos por e entre os representantes dos traballadores, é dicir, os delegados de persoal e membros do comité de empresa, e o empresario non pode intervir na súa elección.

Nas empresas de ata trinta traballadores, que contan cun único delegado de persoal, este

Page 18: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

18

é o delegado de prevención. A partir de aí, é dicir, para todas as empresas de cincuenta traballadores en diante, o número de delegados de prevención varía segundo o tamaño da empresa, podendo chegar a ata oito nas empresas máis grandes.

¿Con que finalidade se crea esta figura?

A LPRL define os delegados e delegadas de prevención como «os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos laborais». O seu principal papel é, pois, representar o conxunto de traballadores da empresa, trasladando ao empresario as propostas destes e defendendo os seus intereses.

Para desenvolver as súas funcións, a lei recoñécelles as seguintes competencias:

Page 19: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

19

¡ollo!

Ademais, os delegados de prevención están facultados para desempeñar unha serie de funcións dentro da súa empresa (artigo 36.2 da LPRL); as máis importantes son:

■ Acompañar os técnicos nas avaliacións de carácter preventivo e os inspectores de Traballo nas visitas que fagan aos centros de traballo para comprobar o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais. Poderán facer as observacións que consideren oportunas.

■ Ter acceso á documentación de prevención (este acceso implica a entrega efectiva dunha copia).

■ Ser informados polo empresario dos danos producidos á saúde dos traballadores e traballadoras (accidentes laborais, etc.), unha vez que este os coñeza. Os delegados de prevención poderán presentarse no lugar dos feitos para coñecer as circunstancias en que se deron.

■ Realizar visitas aos lugares de traballo para exercer un labor de vixilancia e control en materia preventiva.

Page 20: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

20

• Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

• Promover e fomentar a participación dos traballadores e traballadoras na execución da normativa.

• Ser consultados polo empresario acerca de todas as decisións que poden afectar a saúde e seguridade dos traballadores.

• Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa.

4.2. TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESIGNADOS

O empresario, no cumprimento da súa obriga de garantir unha eficaz protección da saúde e a seguridade dos traballadores, debe organizar na empresa un sistema de prevención que garanta que haxa persoas con formación axeitada para ocuparse da actividade preventiva.

A primeira opción que prevé a LPRL é que o empresario «designe un ou varios traballadores e traballadoras para ocupárense das actividades preventivas».

É dicir, que seleccione de entre os traballadores e traballadoras habituais da empresa un ou varios aos que se lles encomenda a tarefa, engadida ás propias do seu posto de traballo habitual, de ocuparse das actividades preventivas. Os TD deberán coordinarse entre si e, de ser o caso, cos servizos de prevención.

Para organizar a independencia profesional dos TD, a lei recoñécelles algunhas das garantías que outorga aos representantes sindicais, principalmente protección fronte ao despedimento arbitrario.

Page 21: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

21

Estes traballadores e traballadoras deben reunir algúns requisitos:

• Ter a formación necesaria correspondente ás funcións que han realizar de acordo co capítulo VI do Regulamento de Servizos de Prevención.

• Dispoñer dos medios precisos.

• Ser suficientes en número, tendo en conta o tamaño da empresa e os riscos a que estean expostos os traballadores e traballadoras.

O empresario debe facilitarlles:

• O acceso á documentación e información relativa ao PRL.

• Os medios necesarios.

4.3. O COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE

É o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións en materia preventiva. Está formado por un número igual de delegados de prevención e representantes da empresa. En empresas de cincuenta ou máis traballadores, é obrigatoria a súa constitución.

Page 22: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

22

4.4. SERVIZOS DE PREVENCIÓN E MUTUAS DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS

Cando o empresario non pode por si mesmo realizar as actividades preventivas nin a designación de traballadores é suficiente, debe recorrer a un servizo de prevención.

¿Que é un servizo de prevención?

«É o conxunto de medios humanos e materiais necesarios para realizar as actividades de prevención».

Dado que as actividades de prevención poden ser moi variadas, requírense expertos de diversos campos, por iso se di que o de prevención debe ser un servizo multidisciplinario, onde especialistas de medicina do traballo, de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada se coordinen de maneira que se aborden os problemas dende todos os seus ámbitos.

¿Que tipos de servizos de prevención existen?

Dependendo da relación que teñan coa empresa pode ser:

• propio: cando é creado pola empresa con persoal dependente desta;

• alleo: cando se contrata a realización das actividades de prevención cunha entidade externa, normalmente un servizo de prevención dependente dunha mutua;

• mancomunado: cando varias empresas se poñen de acordo para organizaren conxuntamente un SP que as atenda. É un SP propio de varias empresas e só delas. Esta modalidade é interesante cando as empresas teñan a mesma actividade ou por proximidade xeográfica.

Page 23: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

23

¿Para que serve un servizo de prevención?

O servizo de prevención ten basicamente un carácter asesor, é dicir, non son os técnicos do SP os que deciden que actividades realizar para garantir un nivel de protección axeitado, senón que as propoñen e logo póñenas en marcha, unha vez que o empresario decidiu sobre as diferentes posibilidades.

Este carácter asesor supón un apoio técnico aos empresarios, aos traballadores e aos representantes destes (delegados de prevención). Para garantir a independencia profesional dos membros e os servizos, a lei recoñécelle as mesmas garantías ca aos representantes sindicais só no caso de servizo de prevención constituído pola empresa: inmunidade fronte ao despedimento.

4.5. ALGUNHAS COUSAS QUE DEBES SABER SOBRE AS MUTUAS

Actualmente as mutuas xestionan prestacións da Seguridade Social para máis de trece millóns de traballadores e traballadoras. Esta cobertura non se refire só ao accidente de traballo, senón que, dende 1995, pode abarcar tamén o control sobre a baixa por enfermidade común. Ademais, as mutuas van representar a principal oferta de servizos de prevención externos para as empresas en xeral e as PEMES en particular.

Page 24: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

24

¡ollo!

As mutuas non poden dar a alta aos traballadores que estean de baixa por enfermidade común, só poden propoñer a alta á inspección médica.

¿Que é unha mutua?

É unha asociación de empresarios, autorizada e tutelada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, constituída por empresarios que asumen unha responsabilidade mancomunada co obxecto de colaborar na xestión da Seguridade Social, sen prexuízo doutras actividades ou servizos que lles sexan legalmente atribuídos.

As mutuas constitúense sen ánimo de lucro; os seus ingresos forman parte do patrimonio da Seguridade Social e as primas recadadas teñen a condición de cotas da Seguridade Social.

As mutuas como servizos de prevención

As mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social (MATEPSS) poderán desenvolver as funcións dos servizos de prevención alleos nas súas empresas asociadas, ás que xestionan as prestacións por continxencias profesionais (AT e EP). O control da súa xestión como servizo de prevención correspóndelle á empresa e aos traballadores.

Page 25: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

25

5. Xestión da prevención

A primeira obriga que establece a lei é a de «integrar a actividade preventiva na empresa», o que quere dicir que calquera decisión na empresa debe ser compatible cos obxectivos preventivos, e que todos os mandos e persoas con responsabilidades na empresa deben coñecer e aplicar os criterios e procedementos de prevención no seu ámbito.

Para isto contamos co plan de prevención.

5.1. O PLAN DE PREVENCIÓN

O plan de prevención establece as «regras do xogo», dando respostas a quen asume determinadas funcións, establecendo que procedementos son os máis axeitados, con que medios contamos e o prazo para levar a cabo medidas de prevención.

É o motor de arranque da prevención.

5.2. A AVALIACIÓN DE RISCOS

É o documento no que se avalían todos os riscos que non puideron ser eliminados, co fin de poder controlalos e asegurarse de que non danarán a saúde dos traballadores e traballadoras.

Page 26: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

26

O obxectivo da avaliación de riscos é coñecer para previr; servirá para tomar decisións sobre como actuar fronte aos riscos de todos e cada un dos postos de traballo. É un proceso constante e dinámico, na medida en que se revisará sempre que haxa cambios que poñan de manifesto o dano á saúde ou que o risco deixa de estar baixo control.

¡ollo!

É un proceso constante e dinámico, na medida en que se revisará cando haxa cambios nas condicións de traballo, cando se detecten danos á saúde dos traballadores e traballadoras e tamén periodicamente (artigo 16.2 da LPRL e artigo 6 do RSP).

A representación sindical debe participar en todo o proceso, exercendo o dereito a ser consultada, acompañando os técnicos nas visitas que realicen á empresa e asegurándose de que se recolle a opinión dos traballadores.

Page 27: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

27

5.3. A PLANIFICACIÓN DA ACTIVIDADE PREVENTIVA

Planificar é buscar a mellor maneira de solucionar os problemas. Unha vez decidido que facer, como facelo, cando e con que recursos, hai que pensar tamén en como se vai comprobar que efectivamente as medidas postas en marcha están servindo para solucionar eses problemas: hai que controlar a eficacia das actividades preventivas.

Daquela, unha vez realizada a avaliación de riscos, o empresario está en condicións de decidir que medidas preventivas son as máis axeitadas para controlar o risco.

De igual modo que na avaliación de riscos (de aquí en diante AR), os delegados e delegadas de prevención deben participar na planificación das actividades preventivas e na súa execución.

Page 28: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde
Page 29: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

29

6. A vixilancia da saúde

É outra ferramenta indispensable na prevención de riscos laborais. Podemos dicir que vixiar a saúde é estar atentos para evitar que esta se vexa danada polas condicións de traballo.

Para vixiar a saúde, a lei prevé que o persoal médico do servizo de prevención realice recoñecementos médicos ou exames de saúde, sempre cun carácter específico, en función dos riscos atopados.

No caso de practicar recoñecementos médicos, estes han respectar o dereito á confidencialidade e aplicar os protocolos axeitados aos riscos específicos da actividade do traballador. Os resultados individuais só se lle poden facilitar ao traballador, mentres que o tratamento estatístico debe empregarse como fonte de información para introducir ou mellorar as medidas preventivas pertinentes.

Os recoñecementos médicos serán de carácter voluntario, agás naquelas actividades que pola súa perigosidade o requiran.

Os recoñecementos médicos hanse de realizar:

• no momento da AR;

• tras a incorporación dun novo traballador ou traballadora;

• cando a un novo traballador ou traballadora se lle asigne unha tarefa que supoña novos riscos para a saúde;

• tras a ausencia prolongada dun traballador ou traballadora por motivos de saúde;

• periodicamente segundo protocolos específicos.

Page 30: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

30

7. Información e formación

Todos os traballadores e traballadoras teñen dereito a recibir a información necesaria sobre os riscos do seu posto de traballo, sobre as medidas de protección e prevención aplicables e sobre os plans de emerxencia.

Para que cada axente implicado na prevención na empresa poida desempeñar ben o seu papel, debe contar cos coñecementos, habilidades e capacidades suficientes.

De forma xeral, debemos ter en conta que todos os traballadores deben recibir información, e que o tempo dedicado a ela é tempo de traballo para todos os efectos e os custos non poden recaer sobre eles.

Nalgunhas situacións, a lei establece as características máis relevantes que debe ter a formación; noutras limítase a indicar que se debe recibir información e noutras non hai información legal. No seguinte cadro resúmese que formación, para que colectivos e, se for o caso, o artigo da lei onde se establece.

Page 31: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

31

COLECTIVO FORMACIÓN PARA REFERENCIA LEGAL

Directivos e mandosIntegrar criterios preventivos na xestión empresarial

Non se especifica

Delegados e delegadas de prevención

Exercer os dereitos de representación sindical

Promover a participación e colaborar na prevención

37.2 LPRL

Traballadores e traballadorasParticipar na actuación preventiva: coñecer o alcance real dos riscos e a forma de evitalos

14.1 LPRL 19 LPRL Punto 5 da exposición de motivos LPRL

Traballadores e traballadoras designados

Coordinar as actividades preventivas30 LPRL 13 e 35 RSP

Técnicos do servizo de prevenciónPrestar asesoramento e apoio á empresa

31 LPRL 35-37 RSP

Page 32: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

32

8. Como actuar en caso de accidente

Cando sufras un accidente de traballo:

• Debes acudir ao centro médico da mutua onde a empresa teña concertadas as continxencias profesionais.

Se non fose posible que a persoa accidentada se desprazase, chamar ao 112. En caso de perigo de morte, se non é posible ir á mutua, acudir ao centro médico máis próximo, comunicándoo despois á mutua.

• Se o accidentado non require baixa laboral, incorporarase ao traballo sen recibir ningunha prestación económica e entregaráselle o parte médico como xustificante de asistencia.

• Se o accidentado require baixa laboral, expedirase o parte médico de baixa de incapacidade temporal. O parte médico acredita e xustifica a imposibilidade de traballar. O parte deberá ter o diagnóstico, a descrición da lesión ou patoloxía que motiva a incapacidade e a duración probable do proceso patolóxico. Deberanse ter dúas copias do parte de baixa e unha delas entregaráselle á empresa en menos de tres días. O parte de confirmación de baixa deberase entregar aos sete días de inicio da incapacidade temporal e cada sete días. A empresa, pola súa parte, no momento de producirse o accidente de traballo, deberá cubrir o parte de accidente de traballo e comunicalo antes dos cinco días hábiles á autoridade laboral competente.

Page 33: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

33

• No caso de accidentes que provoquen a morte do traballador, que sexan considerados como graves ou moi graves ou que afecten a máis de catro traballadores, o empresario deberá cubrir o parte de accidentes e comunicalo á autoridade laboral en menos de 24 horas.

Ademais, a empresa ten a obriga de informar do accidente o traballador ou traballadora e mais o delegado de prevención. Se o traballador ou traballadora non estivese de acordo co contido, debe acudir ao delegado de prevención e ao sindicato para interpoñer denuncia na Inspección de Traballo.

Page 34: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

34

9. Enfermidades profesionais e mutuas

Dende o punto de vista legal, unha enfermidade profesional é a contraída como consecuencia do traballo e que ademais está recollida no «cadro de enfermidades profesionais». Cando falamos de enfermidades de orixe laboral, referímonos a todas aquelas que se producen como consecuencia do traballo, aínda que ás veces non aparezan no cadro.

¿Cando debemos acudir á MUTUA?

Sempre que un traballador ou traballadora sufra un accidente laboral ou padeza unha enfermidade derivada do traballo, debe ser atendido pola mutua. Para que isto sexa posible, a empresa ten a obriga de facilitarlle á persoa afectada o «parte de asistencia».

No caso de necesitar baixa médica polas causas antes citadas, nesta constará que é por «CONTINXENCIAS PROFESIONAIS».

Page 35: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

35

¡ollo!

As MUTUAS teñen a obriga de atendernos, non só cando temos un ACCIDENTE LABORAL, senón tamén cando padecemos unha ENFERMIDADE DE ORIXE LABORAL.

¿Por que é importante que conste como «continxencia profesional»?

Cando unha enfermidade derivada do traballo pasa por continxencia común, os traballadores e traballadoras estamos perdendo dereitos tanto dende o punto de vista económico como dende o da prevención. (Non consta a relación entre a enfermidade e o posto de traballo, así que non se identificará o risco nin se porán en marcha medidas preventivas.)

Cando estamos en situación de I. T. por enfermidade común, ¿pode facer controis a mutua?

A partir do día décimo sexto da baixa, a mutua pode citar o traballador ou traballadora para que acuda á mutua co obxectivo de facer o control desa baixa, e debemos acudir. De todos os xeitos, estes controis teñen certas limitacións, así que debemos asesorarnos ao respecto.

Page 36: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

36

10. Non estás só. Comisións Obreiras axúdache

Aínda que despois de ler todo o que che contamos te atopes un pouco desorientado, debes recordar que CC.OO. ten abertas as portas para que lles fagas chegar calquera tipo de consulta ou dúbida.

Debes saber que CC.OO. ten abertas sedes en todas as cidades de Galicia (se na túa localidade non a hai, seguro que ten algunha cerca, xa que normalmente está na «cabeceira de comarca»).

En todas estas sedes tes á túa disposición todo tipo de información sobre os traballos e servizos que ofrece CC.OO. á súa afiliación (podes atopar estes servizos en http:/www.galicia.ccoo.es).

No Gabinete de Saúde Laboral de CC.OO. estamos detectando un número considerable de casos de mala práctica das mutuas (alta indebida, non recoñecemento da orixe laboral da continxencia, etc.). Se tes algunha dúbida ao respecto, nós podemos asesorarte para que fagas valer os teus dereitos.

Page 37: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

37

U. C. de CC.OO. da CoruñaAvda. Alfonso Molina, (Km 2) Edf. de sindicatos15008 – A CoruñaTel.: 981 145 197 Fax: 981 145 899

U. C. de CC.OO. de Ferrolr/ María, 42-4415402 – FerrolTel.: 981 369 300 Fax: 981 350 353

U. I. de CC.OO. de Santiago de Compostelar/ Miguel Ferro Caaveiro, 8. San Lázaro15707 – SantiagoTel.: 981 551 810 Fax: 981 551 811

U. C. de CC.OO. da Mariñar/ García Doriga, s/n27850 – ViveiroTel.: 982 561 001 Fax: 982 570 667

U. C. de CC.OO. de LugoRonda da Muralla, 58 baixo27002 – LugoTel.: 982 231 975 Fax: 982 245 907

U. I. de CC.OO. de OurenseParque de San Lázaro, 12-3.ª planta32003 – OurenseTel.: 988 391 727 Fax: 988 251 400

U. C. de CC.OO. de Vigor/ As Teixugueiras, 11-entresollado36212 – VigoTel.: 986 246 800 Fax: 986 246 587

U. C. de CC.OO. de Pontevedrar/ Pasantería, 1-2.ª planta36002 – PontevedraTel.: 986 866 276 Fax: 986 869 784

LOCAIS DE CC.OO.

Page 38: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

38

U. C. de CC.OO. de Arousar/ Alexandre Bóveda, 2-2.ª planta36600 – VilagarcíaTel.: 986 502 000 Fax: 986 511 044

Federación de Servizos e Administracións Públicasr/ Miguel Ferro Caaveiro, 8. San Lázaro15707 – Santiago de CompostelaTel.: 981 551 827 Fax: 981 55 18 31

Federación AgroalimentariaAvda. Alfonso Molina, (Km 2) Edf. de sindicatos15008 – A CoruñaTel.: 981 145 887 Fax: 981 145 899

Federación de Comercio, Hostalería e Turismo (FECOHT)r/ As Teixugueiras, 11- entresollado36212 – VigoTel.: 986 246 891 Fax: 986 246 587

Federación de Construción, Madeira e Afíns (FECOMA)Ronda da Muralla, 58 baixo27002 – LugoTel.: 982 250 567 Fax: 982 245 907

Federación do Ensinor/ Miguel Ferro Caaveiro, 8. San Lázaro15707 – SantiagoTel.: 981 551 820 Fax: 981 551 821

Federación de Pensionistas e Xubiladosr/ María, 42-4415402 – FerrolTel.: 981 369 308 Fax: 981 350 353

Federación de Sanidade e Servizos Sociosanitariosr/ Miguel Ferro Caaveiro, 8. San Lázaro15707 – SantiagoTel.: 981 551 830 Fax: 981 551 831

Page 39: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

39

Federación de Actividades Diversasr/ Miguel Ferro Caaveiro, 8. San Lázaro15707 – SantiagoTel.: 981 551 839 Fax: 981 551 801

Federación de Comunicación e TransporteAvda. Alfonso Molina, (Km 2) Edf. de sindicatos15008 – A CoruñaTel.: 981 145 896 Fax: 981 145 899

Federación de Servizos Financeiros e Administrativos (COMFÍA)Avda. Alfonso Molina, (Km 2) Edf. de sindicatos15008 – A CoruñaTel.: 981 145 885 Fax: 981 145 899

Federación Minerometalúrxicar/ María, 42-4415402 – FerrolTel.: 981 369 323 Fax: 981 357 641

Federación da Industria Téxtil, Pel, Químicas e Afíns (FITEQA)r/ As Teixugueiras, 11- entresollado36212 – VigoTel.: 986 246 874 Fax: 986 246 587

Page 40: Guía de Saúde Laboral para a Xuventude · 2015-11-23 · 3. Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) 3.1. QUE DI A LEI O obxectivo da Lei é: «protexer a seguridade e a saúde

Se queres colaborar ou preguntar algunha dúbida, ponte en contacto con nós:

Secretaría de XuventudeCC. OO. Galicia

R/ Miguel Ferro Caaveiro, 815707 SANTIAGO

Telf.: 981 551 800 Fax: 981 551 [email protected]