Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número...

51
AUTOINFORME DE SEGUIMENTO Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017

Transcript of Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número...

Page 1: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

AUTOINFORME DE SEGUIMENTO

Grao en Xornalismo

Curso Académico: Curso 2016-2017

Page 2: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

2 de 51

■ Datos da universidade e do título obxecto do seguimento ■ Cumprimento do proxecto establecido

■ Dimensión 1. A xestión do título ■ Criterio 1. Organización e desenvolvemento ■ Criterio 2. Información e transparencia ■ Criterio 3. Sistema de garantía de calidade

■ Dimensión 2. Recursos humanos ■ Criterio 4. Recursos Humanos ■ Criterio 5. Recursos materiais e servizos

■ Dimensión 3. Resultados de aprendizaxe ■ Criterio 6. Resultados da aprendizaxe ■ Criterio 7. Indicadores de satisfacción e rendemento

■ Listaxe de evidencias e indicadores ■ Modificacións do plan de estudos ■ Plan de Melloras

■ Finalizadas curso 2016-2017 ■ Criterio 1 - Organización e desenvolvemento

■ XOR-2 ■ Criterio 3 - Sistema de Garantía de Calidade

■ XOR-1

Page 3: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

3 de 51

1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO

Denominación do título Grao en Xornalismo

Mencións/Especialidades ---

Universidade responsable administrativa Universidade de Santiago de Compostela

En caso de títulos interuniversitarios, universidade/s participante/s ---

Centro responsable Facultade de Ciencias da Comunicación

Centro/s onde se imparte Facultade de Ciencias da Comunicación

Rama de coñecemento Ciencias Sociais e Xurídicas

Número de créditos 240 ECTS

Profesión regulada ---

Modalidade de impartición Presencial

Curso de implantación 2009/2010

Data acreditación ex ante (verificación) 22/06/2009

Data renovación acreditación

Page 4: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

4 de 51

CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO CRITERIO 1. ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO: Estándar: O programa formativo está actualizado e implantouse de acordo coas condicións establecidas na memoria verificada. Analizar e valorar se o desenvolvemento do plan de estudos realizou conforme a memoria verificada e non se produciron incidencias graves, o que permitiu unha correcta adquisición das competencias por parte dos estudantes. 1.1.- O título mantén o interese académico e está actualizado segundo os requisitos da disciplina, avances tecnolóxicos e científicos, necesidades socioeconómicas e requisitos da profesión.

Aspectos a valorar: • O perfil formativo/egreso do título mantén a súa relevancia e está actualizado segundo os requisitos

do seu ámbito académico, científico e profesional e, no seu caso, segundo as necesidades e requisitos da profesión regulada.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Si ben, recentemente, houbo un lixeiro desafogo polo que se refire á presión da demanda que viña soportando o título, en consonancia co cal tivo lugar unha, tamén recente, redución do número de prazas ofertadas; en dita diminución pesou, de igual modo, a traxectoria de máis de dúas décadas dos estudios de xornalismo en Galicia, o cal permitiu cualificar a un número moi elevado de profesionais, coa precaución dende o centro de non saturar o mercado laboral. Considerando isto último e dadas as características do entramado empresarial informativo en Galicia, que describimos a continuación, levouse a cabo –insistimos– o citado axuste: entramado contraído e en reestruturación, o que se traduce nun alixeiramento de plantillas, nunha atomización do exercicio e do negocio informativo, así como a deriva do labor xornalístico cara tarefas de xestión, máis que de produción, e de información especializada no marco de entramados empresariais e/ou institucionais alleos á xeración de información de actualidade. É así como, a través dunha lixeira moderación da oferta, o título veu preservando o seu interese académico e social, constituíndo un dos máis atractivos da USC, de modo que continúa captando un perfil de alumno competitivo, cuxa relación co título é de carácter vocacional. De cara a apoiar a argumentación precedente, tal como se reflicte no Informe de Indicadores 2016-2017, o título mantivo un número estable polo que á oferta de prazas se refire, así pasouse de 100 prazas ofertadas en 2010-11, a 80 durante os períodos 2011-12 a 2014-15; 70 prazas en 2015-16; e 75 en 2016-17. Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza a aqueles estudantes que participan en programas de mobilidade. A traxectoria do número total de estudantes do grao tradúcese nas cifras que seguen: 224 (201-11); 309 (2011-12); 381 (2012-13); 367 (2013-14); 364 (2014-15); 354 (2015-16). Así pois, o descenso no número de prazas ofertadas, non derivou nunha caída significativa do número total de estudantes que alberga o título. En canto á matrícula de acceso (número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez, incluído o alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción), pasou de 97 (2011-12); 86 (2012-13); 88 (2013-14); 90 (2014-15); 92 (2015-16); a 80 no curso 2016-17. Como se aprecia, este alumnado sempre excedeu o número de prazas ofertadas para o grao.

Page 5: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

5 de 51

A modo de precisión, con respecto aos valores anteriores, pode apreciarse que a matrícula de novo ingreso por preinscrición (número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción) tivo unha evolución positiva, pasando dun total de 108 alumnos, durante o período 2010-11; 89 (2011-12); 78 (2012-13); 84 (2013-14); 85 (2014-15); 82 (2015-16); ata chegar ao actual período, 2016-17, no cal a cifra ascende a 72. Así pois, a taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición, foi a seguinte: -17,59 (2011-12); -12,36 (2012-13); 7,69 (2013-14); 1,19 (2014-15); -3,53 (2015-16); -12,20 (2016-17). Como se aprecia, as flutuacións máis elevadas se corresponden con cambios no número de prazas que vai ofertando o título. As anteriores flutuacións deben apreciarse, así mesmo, á luz dos datos relativos á taxa de ocupación do título, isto é, o indicador relativo ao número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas, como se sabe, estes valores amosan información sobre a captación de alumnado: 111,25 (2011-12), 97,50 (2012-13), 105 (2013-14), 106,25 (2014-15), 117,14 (2015-16), e 96,00 (2016-17). En suma, o título sigue atraendo un número elevado e, en termos xerais, sostido de alumnado; si ben, a apertura do mapa de titulacións en Galicia, vinculadas ao universo da comunicación, así como o inicio dun dobre grao que inclúe no seu itinerario estudios de Xornalismo, incide na dispersión da demanda. Todo o anterior permite advertir que o perfil de ingreso responde, esencialmente, ás seguintes características: a continuidade entre a realización do Bacharelato e o ingreso inmediato no grao, como 1ª opción, determinado por unha causa de índole vocacional e por unha traxectoria curricular competitiva que permite ao estudante elixir título. Así, o número de estudantes que veñen accedendo ao grao procedentes directamente das probas de acceso á universidade (PAAU), tradúcese no que sigue: 80 (2011-12); 72 (2012-13); 80 (2013-14); 75 (2014-15); 74 (2015-16); 68 (2016-17); en consecuencia, pode apreciarse que o ingreso procedente da vía Bacharelato-Probas de acceso á universidade, sigue sendo a vía de acceso máis elevada, fronte á Formación Profesional: 1 (2011-12); 1 (2012-13); 0 (2013-14); 3 (2014-15); 2 (2015-16); 3 (2016-17). Por último, si se contabilizaron casos de continuación de estudos, unha vía de entrada de estudantes, en ocasións máis elevada que a propia Formación Profesional: 2 (2011-12); 0 (2012-13); 3 (2013-14); 5 (2014-15); 10 (2015-16); 8 (2016-17).

Continuando coa exposición de datos, no que atinxe así mesmo ao perfil de entrada, en canto á nota media de acceso por preinscrición, esta mantense en cifras estables e elevadas, excedendo sempre a fronteira do 10:10,25 (2010-11); 10,19 (2011-2012); 11,05 (2012-13); 10,88 (2013-14); 10,99 (2014-15); 10,76 (2015-16); 11,52 (2016-17), a nota máis elevada dende 2012-13, o que confirma que o carácter competitivo do estudantado que accede ao título describe un movemento ascendente. Vinculado a estas cifras debe considerarse o feito de que a porcentaxe de estudantes que acceden á titulación con puntuación igual o superior a 6, ten ido así mesmo en progresión ascendente, o que permite reiterar a calidade dos expedientes que finalmente acceden ao título: 96,30 (2010-11); 97,73 (2011-12); 98,72 (2012-13); 98,80 (2013-14); 100,00 (2014-15); 100,00 (2015-2016); 100 (2016-17). Debe considerarse, por último, á luz dos datos que ofrece a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) relativos ao curso 2016-17, que as 75 prazas ofertadas polo grao foron obxecto dun total de 527 solicitudes, das cales se admitiron 88, matriculándose finalmente 76, o que constitúe un 101% de matrícula, un 72% do cal corresponde a mulleres –maioría no título, como se aprecia–, o 100% desta matrícula foi cuberta en xuño. En canto á nota media foi de 11,511, sendo a nota de corte 10,530, sendo a distribución segundo número de alumnos a seguinte: 20 estudantes [nota: entre 10 e 11], 37 estudantes, cuestión que cabe destacar [nota: entre 11 e 12], por último, 16 estudantes [nota: entre 12 e 13]. O 29,8% dos matriculados solicitou o título como primeira opción, e o 22,4 como segunda. En canto á relevancia do perfil formativo desenvolvido polo título e a pertinencia do perfil de egreso, si

Page 6: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

6 de 51

se considera dende un punto de vista profesional, no contexto do tecido informativo galego, e incluso, máis alá do mesmo, pode apreciarse que a boa acollida dos nosos egresados evidénciase, na abundante oferta de prazas de prácticas en empresas a diposición do alumnado do título. Así mesmo, a resposta do estudantado diante da oferta de prácticas está próxima ao 100%, tal como amosamos a continuación, dado que, segundo datos da Área de Calidade da USC, a porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institución, é a seguinte: 79,55 (2012-13); 88,10 (2013-14); 90,11 (2014-15); 91,07 (2015-16); 91,18 (2016-2017).

Curso Prazas ofertadas Matriculados prácticas Superaron prácticas curso 2012-2013 187 107 106 curso 2013-2014 193 87 84 curso 2014-2015 284 100 95 curso 2015-2016 205 87 86 curso 2016-2017 220 114 112

Por outra parte, debe considerarse a evolución positiva que, a pesares da transformación do marco institucional e empresarial para o exercicio do labor xornalístico en Galicia, amosan os datos máis recentes relativos á inserción laboral dos nosos egresados. Así, tal como se aprecia no documento Resultados de inserción laboral, relativo a egresados do período 2013-14; se ben a taxa de afiliación foi durante o primeiro ano transcorrido despois da graduación, dun 37,2%, cunha porcentaxe a tempo completo do 77,4%; transcorridos 2 anos dende a citada graduación, período no que os egresados terán cursado estudos de master e/ou doutoramento, na súa meirande parte, a taxa de afiliación se incrementa, pasando a ser do 50%, si ben diminúe lixeiramente a porcentaxe a tempo completo, 70,7%, o cal se ve compensado polo feito de que aumenta a porcentaxe de participación no grupo de cotización “universitarios”, pasando de 18,8 no primeiro ano, a 34,9 no segundo. Isto revela, probablemente, que no caso do xornalista, a condición de produtor de información e incluso de xestor da mesma, o ubica nun territorio laboral que favorece a súa pertenza ao grupo “universitarios” a ollos do empregador.

1.2.- O plan de estudos desenvolveuse seguindo a oferta de módulos e materias previstas na memoria verificada. Aspectos a valorar: • A oferta de módulos e materias correspóndese co establecido na memoria de verificación e, se é o

caso, nas sucesivas modificacións. • O Desenvolvemento das actividades académicas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación e

cualificación, correspóndense co establecido na memoria de verificación e permite a consecución das competencias. O tamaño dos grupos é adecuado ás actividades formativas.

• No seu caso, o curso de adaptación cumpre a súa función en canto á adquisición de competencias e coñecementos, por parte dos estudantes que os cursen e adecúase ao establecido na memoria de verificación do título.

• Participación do alumnado en programas de mobilidade.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O plan de estudios que corresponde ao título ven desenvolvéndose conforme ao previsto, isto é, seguindo a oferta de módulos e materias contempladas previamente na memoria verificada do título. Este desenvolvemento non daría lugar a ulteriores modificacións. En canto ao despregue das actividades académicas, e máis propiamente, docentes, ven plasmándose

Page 7: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

7 de 51

conforme a metodoloxías, obxectivos, propostas de aprendizaxe, organización e xerarquización de competencias, así como a sistemas avaliadores inspirados todos eles na memoria de verificación do título. Neste sentido, en atención á necesaria materialización dos mecanismos de coordinación docente, en aplicación do Manual de Procesos e Procedementos – Sistema de Garantía Interna de Calidade, de 2016, correspondente á Universidade de Santiago de Compostela, procedeuse a informar á Comisión Académica do título, así como á Comisión de Calidade, en sucesivas xuntanzas realizadas en xullo de 2017, tal como consta nas respectivas actas difundidas a través da páxina web do centro (véxase acta do 7-07-2017 da Comisión de Calidade, véxanse ademais as actas do mes de xuño de 2017 da Comisión Académica), a propósito do seguinte: 1) resultados da proposta de planificación das actividades de coordinación relativas ao curso académico 2016-17; 2) grao de cumprimento da planificación. Todo o cal se levou a cabo en atención ao diagrama vertical e horizontal de coordinación docente contido no citado Manual de Procesos e Procedementos, e en aras de asentar unha sistemática de coordinación garantista en canto á planificación e desenvolvemento das ensinanzas do título. Vinculado ao desenvolvemento das actividades docentes, ao tempo que ás condicións de aprendizaxe, consideramos que o tamaño dos grupos que integra o alumnado do título é o axeitado. Así, tal como se aprecia no Informe de Indicadores proporcionado pola Área de Calidade da USC, a ratio de estudantes por profesor a tempo completo, isto é, o número de estudantes matriculados no título dividido polo número de profesores a tempo completo que imparten docencia no mesmo, experimentou un lixeiro descenso, pasando de 14,00 (2010-11); a 13,43 (2011-12); 12,29 (2012-13); 13,59 (2013-14); 10,71 (2014-15); para situarse de novo en 13,11 (2015-16). Así pois, constitúe unha ratio manexable e en absoluto obstaculizadora do bo desenvolvemento das ensinanzas/aprendizaxe. Como sinala o Real Decreto de creación, reconocimiento, autorización y acreditación de Universidades y Centros Universitarios (http://www.mecd.gob.es/prensa-mecd/actualidad/2015/06/20150601-universidades.html): “se mantiene la misma ratio de profesor/alumno de 1/25 de las enseñanzas presenciales para el cómputo total de la universidad y se determina la ratio profesor/alumno de las enseñanzas semipresenciales, que no existían en el Real Decreto de 1991, entre 1/50 y 1/100, en función de las particularidades de los estudios”. Así pois, as cifras manexadas neste sentido no Grao de Xornalismo da USC, nos permiten aseverar que, con respecto ao observado en dito decreto, en concreto, a ratio 1:25, as ratios do título constitúen sen dúbida unha mellora. De igual modo, e de cara a completar a exposición de datos en torno á dimensión dos grupos de estudantes, dado que non dispoñemos da ratio profesor/alumno en 2016-17, no tocante á media de alumnos por grupo de teoría, tal como consta no citado Informe de Indicadores, isto é, o número de estudantes matriculados en materias con grupos expositivos dividido entre o número de grupos expositivos das mesmas materias, velaquí os resultados: 105,71 (2010-11); 97,41 (2011-12); 82,58 (2012-13); 74,44 (2013-14); 70,23 (2014-15); 72,28 (2015-16); 74,87 (2016-17). Como pode apreciarse, as oscilacións están en consonancia coa redución do número de prazas ofertadas para o título, o cal ten permitido, en suma, alixeirar os grupos de docencia expositiva. En canto á media de alumnos por grupo de docencia interactiva, isto é, o número de estudantes matriculados en materias con grupos prácticos (de seminario ou de laboratorio) dividido entre o número de grupos prácticos desas mesmas materias, os resultados en termos totais son os seguintes: 30,46 (2011-12); 26,55 (2012-13); 23,34 (2013-14); 23,57 (2014-15); 25,35 (2015-16); e 25,82 (2016-17). Estas cifras evidencian, pola súa parte, a organización das ensinanzas prácticas en torno a tres grupos, cada un dos cales integra a un tercio do alumnado de cada curso. Unha situación óptima faría pensar na necesidade de fragmentar máis si cabe ditos grupos, en aras de realizar unha instrución e un seguimento máis estreito de cada alumno. Non obstante, considerando a dotación de equipamento técnico e infraestruturas con que conta o centro, o persoal técnico de apoio a disposición do grao (3 concretamente), e finalmente o volume de profesionais en activo con docencia no mesmo, ofrécese unha formación aceptable dende o punto de vista práctico. Polo que atinxe á participación do alumnado en programas de mobilidade, velaquí a oferta que se

Page 8: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

8 de 51

realiza dende o centro:

Datos sobre convenios vixentes de mobilidade do alumnado: PROGRAMA Curso 2014/2015 Curso 2015/2016 Curso 2016/2017 ERASMUS (1) 29 32 34 SICUE 16 17 19

Mobilidade por Convenio Bilateral (alumnos por titulación) (2)

Curso 2014/2015 Curso 2015/2016 Curso 2016/2017

XOR (ALUM. ALLEO) 6 9 6 XOR (ALUM. PROPIO) 1 2 8

(1) Os convenios ERASMUS non se corresponden con titulacións senón con áreas, concretamente Fotografía e Cinematografía, Xornalismo, Ciencias da Comunicación e da Información.

(2) Os convenios BILATERAIS non se corresponden coas titulacións, senón que son convenios interuniversitarios.

En termos xerais, pode apreciarse que a mobilidade saínte anual ven experimentando nos últimos anos un incremento, si ben as cifras de mobilidade entrante veñen evolucionado en proporción inversa. Estas consideracións repousan, parcialmente, nos seguintes datos: en atención á porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados do título, pasouse de 1,34 (2010-11); 1,94 (2011-12); 1,31 (2012-13); 1,09 (2013-14); 0,82 (2014-15); 0,56 (2015-16); a finalmente 0,81 (2016-17). Sen embargo, permítasenos introducir un dato relativo á proxección do título no marco español, aínda cando non se trata de datos de mobilidade propiamente dita, dado que en canto á porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados do título (Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming), evidénciase certo equilibrio: 4,02 (2010-11); 3,88 (2011-12); 3,94 (2012-13); 3,54 (2013-14); 4,40 (2014-15); 3,67 (2015-16); 4,34 (2016-17). Á vista destes datos cabe sinalar que a internacionalización do título foi modesta, si ben debe considerarse que o grao foi concibido, en primeira instancia, para dotar dunha oferta educativa ao contexto xornalístico galego, no cal este título é único; e mesmo ten certo interese para estudantes nacionais. Por outra parte, o contexto mediático galego, e o informativo en particular, non constitúe un reclamo para futuros egresados estranxeiros, deste xeito, a contribución, aínda que indirecta, de dito contexto á internacionalización do título é escasa. Obsérvese que si abordamos outros datos ofrecidos pola Área de Calidade da USC, relativos neste caso á procedencia e ó destino dos estudantes participantes en programas de mobilidade, nos Graos en Comunicación Audiovisual e en Xornalismo respectivamente, advírtese que ambas tipoloxías de mobilidade, en ambos títulos, presentan unha constancia xeográfica que revela a predilección pola zona comunitaria, ao tempo que por América do Sur, seguida de EE.UU. Por outra parte, á luz dos datos sobre mobilidade recabados pola Unidade Administrativa da Facultade, tal como se aprecia na táboa que sigue, a tendencia da mobilidade ao amparo do Programa Erasmus no caso da saínte, pasouse de 20 alumnos enviados 2012-13, a 12 enviados en 2015-16, e 13 en 2016-17; na entrante, pasouse de 14 en 2012-13, a 4 en 2015-16, e 7 en 2016-17. A mobilidade ao amparo de SICUE, no caso da saínte, pasouse de 16 estudantes en 2011-12, a 8 en 2015-16, recuperándose en 2016-17 con 15 estudantes; en canto á entrante, pasouse de 12 alumnos recibidos en 2011-12, a 11 en 2015-16, e 9 en 2016-17. Por último, polo que atinxe á mobilidade vinculada a programas de Intercambio Bilateral, a tendencia mantén certo equilibrio entre a entrante e a saínte.

Page 9: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

9 de 51

Curso PROGRAMA SAÍNTE ENTRANTE 2016/2017 ERASMUS 13 7 2016/2017 SICUE 15 9 2016/2017 BILATERAL 8 6

Page 10: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

10 de 51

Page 11: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

11 de 51

Expresado o anterior no marco dos indicadores sobre mobilidade que ofrece a Área de Calidade, a porcentaxe de estudantes enviados por esta Universidade a programas de mobilidade sobre o total de matriculados (número de estudantes enviados desde a USC nesta titulación a outras universidades, programas de mobilidade, dividido entre o número de estudantes matriculados no título), amosa os seguintes resultados: 0,00 (2010-11); 10,36 (2011-12); 9,19 (2012-13); 10,35 (2013-14); 6,87 (2014-15); 6,21 (2015-16); 9,76 (2016-17); así pois, con altibaixos, a mobilidade saínte no título experimentou unha recuperación. No caso da mobilidade entrante, si se revisan os datos relativos á porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados (número de estudantes recibidos na USC nesta titulación procedentes doutras universidades, programas de mobilidade, dividido entre o número de estudantes matriculados no título), pode observarse unha constante flutuación, aínda cando nos dous últimos anos houbo unha tendencia á alza sostida: 8,93 (2010-11); 6,15 (2011-12); 9,19 (2012-13); 5,45 (2013-14); 3,30 (2014-15); 6,78 (2015-16); 6,23 (2016-17). O equipo decanal, o persoal da unidade administrativa e a Área de Calidade da USC, a través de bolseiros, está a traballar no desenvolvemento de contidos da web do centro en inglés, de cara a contribuir á internacionalización do título. Finalmente, aumentamos as reunións informativas co alumnado de cara a incentivar a mobilidade saínte, ao tempo que o alumnado-titor traduciu ao inglés o seu espazo na web da Facultade, coa finalidade de facer extensivo o seu labor ao alumnado estranxeiro xa o centro Á luz do anteriormente exposto, pode afirmarse que o alumnado universitario dende e cara á USC, e isto inclúe ao grao que nos ocupa, se move relativamente pouco. Isto podería facerse extensivo ao sistema universitario español no seu conxunto, non en balde o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte anunciaba en 2016 (http://www.mecd.gob.es/prensa-mecd/actualidad/2016/05/20160505-mallorca.html) un aumento presupostario para o financiamento do programa Erasmus, que tería sufrido os recortes propios dunha situación de crise, e a posta en marcha dun convenio interministerial para facilitar a chegada de estudantes, profesores e investigadores estranxeiros. En consecuencia, a internacionalización das universidades españolas constitúe un obxectivo ministerial na mesma medida en que esta ven amosando resultados modestos ata o momento. Por outra banda, a descapitalización dun programa de bolsas de mobilidade como Erasmus, único nas súas características, ao tempo que unha política sobre a aprendizaxe de linguas estranxeiras de longo prazo tamén modesta no marco do propio sistema educativo español, contribuíu a que a internacionalización dos nosos graos constitúa unha tarefa difícil e ata o momento escasamente exitosa. 1.3.- O título conta con mecanismos de coordinación docente que permiten analizar se o desenvolvemento do plan de estudos posibilita a adquisición das competencias por parte dos estudantes e, no seu caso, se establecen as accións de mellora oportunas.

Page 12: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

12 de 51

Aspectos a valorar: • A coordinación horizontal e vertical entre as diferentes materias do plan de estudos evita baleiros e

duplicidades. • No caso de que o título se imparta en varios centros da Universidade ou sexa interuniversitario,

analizarase o funcionamento dos mecanismos de coordinación entre todos os centros/Universidades que imparten o plan de estudos.

• No caso de que existan prácticas externas, valorarase se os mecanismos de coordinación permiten aos estudantes alcanzar as competencias asociadas a estas prácticas.

• No caso de que o título se imparta en varias modalidades (presencial, a distancia, semipresencial) valorarase a coordinación docente entre as modalidades, co fin de que os estudantes podan alcanzar as mesmas competencias con independencia da modalidade cursada.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Tal como se argumentou anteriormente, en atención ás consideracións contidas no Manual de Procesos e Procedementos do SGIC – USC (páx. 133) sobre estes mecanismos de coordinación docente, nos planos horizontal e vertical, os nomeamentos de coordinadores de curso e de coordinadores de materias, leváronse a cabo en cumprimento de tales consideracións. Así mesmo, en relación ao labor de coordinación propiamente dito, entre as diferentes materias do plan de estudos, así como á xeración dunha sistemática de planificación do seu desenvolvemento anual e, finalmente, á elaboración do correspondente informe que da conta de dito desenvolvemento, todo isto levouse a cabo en sesións deliberativas integradas polos coordinadores de materias, de curso e coordinación do grao. O citado informe, relativo á coordinación docente que se plasmaría durante o curso académico 2017-18, trasladouse á Comisión Académica e de TFG (que asume funcións e organigrama da Comisión de Títulos), tal como pode apreciarse nas actas correspondentes a maio e xuño de 2017. Deste xeito, e en atención ás recomendacións da ACSUG propostas no Informe provisional de evaluación para la renovación de la acreditación - 2017, do Grao en Xornalismo, a citada Comisión instou ao profesorado con docencia no título á necesaria modificación de programas, en concreto: 1) inclusión de obxectivos e competencias íntegros presentes na Memoria Verificada do Título, cuestión que se procedeu a realizar en tódalas materias, tal como pode comprobarse a través da web do centro; 2) maior estandarización de programas no tocante ao nivel de especificación da planificación, metodoloxías, sistemas de avaliación, esta cuestión foi trasladada aos coordinadores de curso, os cales, unha vez revisados os programas da súa competencia, trasladaron ao persoal docente as apreciacións oportunas, asumíndose na meirande parte dos casos, tal como tamén pode comprobarse mediante acceso aos programas a través da web do centro; 3) aumento de versións de programas en inglés, labor que asume o título como acción de mellora, a implantar progresivamente entre 2018-19; 4) mellora da coordinación, o que se traduciría de modo especial, aínda que non exclusivamente, na incorporación de numerosas materias do grao a un proxecto de innovación educativa en Aprendizaxe e Servizo (ApS) que implica a necesaria coordinación das ensinanzas prácticas das materias implicadas. No caso do Grao en Xornalismo, tomaremos como exemplo un dos proxectos operativos durante o curso 2016-17 (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/ceta/innovacion/aps/documentos/01-aps-2016-12-13-definitivo-proxectos-concedidos.pdf), o cal, baixo o título: "Xornalismo e acción social", ven de aglutinar e coordinar as ensinanzas de varias materias do grao que nos ocupa. Debe salientarse, por último, que na enquisa de satisfacción coa docencia recibida, na pregunta relativa á coordinación entre os distintos profesores da materia, pasouse de 3,16 en 2015-16 a 3,24 en 2016-17. Así mesmo, en atención a dúas das consideracións que expón o presente epígrafe 1.3, convén sinalar que o Grao en Xornalismo non é interuniversitario e a modalidade da súa impartición é presencial. Pola súa parte, en relación ao programa de prácticas externas das cales dispón o título, os mecanismos de coordinación existentes teñen por finalidade garantir ao estudantado que participa en ditos procesos, a consecución das competencias que, en cada caso, están asociadas a ditas prácticas. Pois ben, considerando que o alumnado que elixe desfrutar de prácticas externas está realizando una elección de carácter formativo, a regulamentación que lle asiste garante a designación dun titor na empresa ou

Page 13: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

13 de 51

institución de acollida, quen deberá facer un seguimento do alumno que se plasma, de modo formal, na cumprimentación dun cuestionario; esixe así mesmo, por parte do centro, o desevolvemento dunha tarefa de titorización por parte do coordinador de prácticas externas, quen neste momento pertence ao equipo decanal –este, á luz do informe del titor externo e da memoria de actividades realizada polo alumno, outorga unha cualificación e ocúpase de que as actas estean dispoñibles en prazo–; esixe a asistencia dun entramado administrativo que a Universidade de Santiago pon a disposición do alumno e a empresa ou institución de acollida; e incluso, para cada convocatoria de prácticas existe unha Comisión de Seguimento interna, específica do centro, que unicamente haberá de activarse na medida en que xurda algún conflito que enturbie a convocatoria en xeral, e/ou o proceso de selección, en particular. Por último, e non menos importante, antes ben trátase dun requisito determinante, as empresas ou institucións subscritoras de convenios de prácticas, deberán garantir unha remuneración ao estudante. Diante deste condicionante, velaquí os datos relativos á realización de prácticas de que dispón o centro:

Curso prazas ofertadas matriculados prácticas superaron prácticas

curso 2012-2013 187 107 106 curso 2013-2014 193 87 84 curso 2014-2015 284 100 95 curso 2015-2016 205 87 86 curso 2016-2017 220 114 112

Aínda que volveremos máis adiante sobre esta cuestión, en termos porcentuais, os estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institucións, tradúcese nas seguintes cifras: 79,55 (2012-13); 88,10 (2013-14); 90,11 (2014-15); 91,07 (2015-16); 91,18 (2016-17). Advírtase que, considerando a porcentaxe de alumnos que realizan prácticas en empresas, e considerando así mesmo que as cualificacións das prácticas non se incorporan ao expediente do alumno até o mes de setembro do curso no que se fan as citadas prácticas, isto é, o último curso do grao, pode entenderse que esta particularidade administrativa vai en detrimento da realización do grao nos 4 anos preceptivos, demorándose no 91% dos casos, polo menos, dous meses máis o egreso propiamente dito. De cara a valorar si os mecanismos de coordinación que acabamos de describir, permiten ao estudantado acadar as competencias asociadas a ditas prácticas, as enquisas de satisfacción a tres bandas, isto é, as dirixidas ao alumnado, aos titores externos e aos titores académicos, constitúen unha ferramenta útil a tal fin. Así, tomando como referencia os 4 últimos cursos académicos, centrándonos na enquisa de satisfacción do alumnado participante no programa de prácticas que ofrece o título, concretamente na primeira cuestión planteada, a relativa á estimación da utilidade das mesmas no proceso de formación do estudante do grao, si a media do título en 2013-14 era dun 5,00, fronte á media global da USC, que era dun 4,26; en 2014-15, a media do título era de 4,85, situándose de novo por enriba da media global, 4,22; no curso 2015-16, a media do título situábase en 4,82, mentres que a media global ascendía, máis moderada, a 4,45; en canto ao curso 2016-17, sitúase a media do título en 4,95, mentres que a media universitaria está en 4,64. Por outra parte, cabe estimar o resultado da 5ª e última pregunta de que consta o cuestionario, isto é, "indique o seu grao de satisfacción xeral co desenvolvemento do programa de prácticas externa (información, xestión, coordinación, adecuación..) coas que vostede colaborou", neste caso, a valoración media do título foi 5, fronte a 4,14 (2015-16) media universitaria; valoración media do título que se mantivo en 5, fronte a 4,21, no curso que nos ocupa, 2016-17. Finalmente, en relación á enquisa de satisfacción de titores externos co programa de prácticas, dado que en dita enquisa se solicita ao titor externo unha valoración da formación inicial do alumnado, pero non unha valoración da súa formación final, isto é, unha vez transcorrido o período de prácticas e

Page 14: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

14 de 51

completada a súa formación no ámbito profesional, aterémonos á pregunta na que se plantea ao titor: "valore o grao de cumprimento por parte do alumnado das actividades asignadas", en cuxo caso obtívose como media do título 4,75 (2013-14), media global USC 4,48; media título 3,67 (2015-16), media global 4,58; media título 4,40 (2016-17), media global USC 4,60. Valores que deben ser interpretados á luz doutra pregunta "valore a formación inicial de competencias profesionais do alumnado para cumprir coas actividades que lle foron asignadas": media título 3,75, media global USC 3,58 (2013-14); media título 3,00, media global USC 3,67 (2015-16); media título 3,80, media global USC 3,74 (2016-17), en consecuencia, si as competencias do alumnado son, maioritariamente, superiores á media universitaria, en boa lóxica o grao de cumprimento estará directamente relacionado con dita competencia á hora de cumprir coas obrigas. 1.4. Os criterios de admisión aplicados permiten que os estudantes admitidos teñan o perfil de ingreso adecuado para iniciar estes estudos. Aspectos a valorar: • Coherencia entre o perfil de ingreso establecido na memoria verificada e o perfil real do estudantado

matriculado no título. • No seu caso, os complementos de formación compren a súa función en canto á nivelación e

adquisición de competencias e coñecementos por parte dos estudantes que os cursen.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Na Memoria da titulación, accesible a través da web do centro, desenvólvese o epígrafe de carácter xeral: Requisitos para o acceso (páx. 6), no que se contempla, para este grao, o necesario cumprimento dos requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de Estados membros da UE. Polo demais, non se determinan condicións nin probas de acceso especiais. Así mesmo, en atención ao anteriormente exposto en relación ao perfil de ingreso, tal como se reflicte no xa citado Informe CIUG matrícula e perfil de ingreso (2016-17), a evolución da demanda relativa ao ingreso no Grado en Xornalismo continúa en ascenso e responde as características que a continuación se refiren: 75 prazas ofertadas; 527 solicitudes (525, en 2015-16); 88 admitidos; 76 matriculados; porcentaxe de matriculación do 101%; 72% mulleres do total de matriculados (61% en 2015-16); 100% matrícula cuberta en xuño; nota de corte xeral 10,530 (9,810 en 2015-16); nota media para Bacharelato 11,511 (10,752 en 2015-16) e 11,110 para Formación Profesional (11,700 en 2015-16); 96% alumnos procedentes de Bacharelato (99% en 2015-16) e 4% procedente de Formación Profesional (1% en 2015-16). A tenor de estas cifras podemos aseverar, en termos xerais, que o Grao en Xornalismo foi quen de establecer un perfil de ingreso que resposta con creces ás expectativas da Memoria do título, favorecendo unha demanda crecente e de calidade que alimenta unha matrícula estable, así como un perfil de alumno moi competitivo. Trátase dun estudante de alto rendemento académico que accede por vocación e que, ademais, escolle o grao ofertado pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela como primeira opción, onde ingresa con expectativas de formación e emprego moi elevadas. O anteriormente sinalado constitúe un reto importante desde o punto de vista docente, ao tempo que desde o punto de vista da xestión do título, o que se traduce nunha busca constante de nichos de prácticas cualificados; ao tempo que nunha captación de programas de mobilidade axeitados, dadas as especificidades do título, tal e como se concibe en España: gran carga de formación básica e xeral, fronte á fragmentación e á diversificación das ensinanzas na maior parte dos sistemas universitarios europeos. Dadas as características do grao, non se habilitaron complementos de formación.

Page 15: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

15 de 51

1.5.- A aplicación das diferentes normativas contribúe á eficiencia nos resultados do título. Aspectos a valorar: • A aplicación das distintas normativas (normativa de permanencia, os sistemas de transferencia e

recoñecemento de créditos, así como outras relacionadas coa avaliación, traballos fin de grao/máster, prácticas externas, ...) desenvólvense segundo o establecido nelas, tendo en conta as competencias previamente adquiridas polo estudante e as competencias a adquirir no título. Impacto delas nos resultados.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Pode afirmarse que a normativa xeral da USC permite resolver todas aquelas disfuncións, dúbidas, procedementos, etc. que require o correcto desenvolvemento das ensinanzas do título, o óptimo desenvolvemento das condicións de aprendizaxe e, así mesmo, a xestión aceptable de cada un dos resortes que sosteñen a dinámica xeral dun centro universitario. Non obstante o cal, de cara a mellorar as condicións de desfrute do período de prácticas externas por parte do alumnado, o Regulamento de prácticas vixente para o grao, pioneiro na Universidade de Santiago, inclúe unha cláusula insoslaiable relativa á obrigada remuneración que a empresa ou institución de acollida do alumnado debe sufragar; esta remuneración constitúe un incentivo económico que emula a relación contractual coa que o alumnado se enfrontará en breve, evita a precarización do abano de empresas e/ou institucións coas que o centro establece convenios de prácticas e, finalmente, contribúe a dignificar a tarefa de formación do alumnado, máis alá da aula universitaria. Por outra parte, a través da Comisión Académica e de TFG (Traballos de Fin de Grao) o centro ven de incorporar unha reforma do regulamento destinado aos TFG, dado que en aplicación literal do Regulamento xeral que ten habilitado para este tipo de traballos a USC, producíanse algunhas disfuncións na organización das comisións xulgadoras de ditos traballos. Deste modo, o novo regulamento contempla a posibilidade de que sexa o titor do traballo quen avalíe e cualifique o TFG, sempre co consentimento do/a alumno/a, podendo obter deste modo, como cualificación máxima, 8,9. Pola contra, en caso de que o alumno desexe ser avaliado e cualificado por unha comisión, poderá acollerse a esta modalidade de proba e de cualificación. Preténdese, así, incrementar a calidade dos TFG, así como reducir o número e diversidade de comisións xulgadoras e os desequilibrios correspondentes á hora de aplicar os criterios de avaliación entre comisións e outorgar ao TFG a condición de materia que en realidade ten, ao mesmo nivel que as restantes materias do grao, e que por ese mesmo motivo pode ser cualificada polo profesor-titor da mesma. En 2016, o centro modificou o seu Regulamento de Réxime Interno, dada a obsolescencia do que estaba en vigor nese momento, considerando para iso as propias modificacións da normativa xeral da USC. Como principal novidade, este Regulamento permitiu unha renovación íntegra das comisións que operan na Facultade e, concretamente, permitiu dotar á Comisión Académica das competencias das Comisións de Títulos, así como asumir o seu organigrama, todo isto en aras de incorporar, nuns casos, e reforzar, noutros, os procesos e procedementos relativos ás ensinanzas relativas aos grados que se ofrecen no centro. Por último, o axuste cada vez maior entre o Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade do Centro, por unha parte, e o Manual de Procesos e Procedementos do SGIC-USC, por outra, fai que se teñan incorporado patróns de funcionamento claros, rutinas baseadas no consenso e no traballo colectivo e inclusivo. Desde este punto de vista, a valoración da incorporación deste corpo normativo resulta positiva. Como documentos de apoio a esta consideración sobre o funcionamento aceptable do grao, en aplicación da normativa específica do centro e, máis alá, en aplicación da normativa xeral universitaria, aportamos o seguinte:

1) Información sobre Recoñecemento de estudos por experiencia profesional, elaborada polo

Page 16: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

16 de 51

centro, segundo a cal cursáronse en 2016-17, 2 solicitudes, as cales se resolveron favorablemente. No tocante a Recoñecementos doutros estudos, cursáronse 12 solicitudes, das cales 11 se resolveron favorablemente e 1 delas desfavorablemente. Inclúese documento adxunto co desglose desta información.

2) Memoria de actividades da Oficina de Análise de Reclamacións-OAR 2016-17: no epígrafe "Recursos resoltos por centros", segundo a OAR, en 2016-17, son 4 os que corresponden á Facultade de Ciencias da Comunicación. Tres dos cales enmárcanse no PXA-03 (Proceso de matriculación), e o 4º refírese ao PXA-07 (Proceso de adaptacións, validacións e recoñecementos); só 1 deles afecta ao Grao en Xornalismo, este último relativo a recoñecemento de estudos, recurso que resultou estimado. Así mesmo, no epígrafe "Queixas e suxestións nos procesos de xestión académica por centro" (2016-17), rexistráronse 5 na Facultade de Ciencias da Comunicación: 4 delas se rexistraron no Grao en Xornalismo (2 delas relativas a cualificacións de actas, 1 relativa a horarios e outra por docencia), e 1 delas corresponde á Licenciatura en Xornalismo, esta relativa ao Suplemento Europeo do Título. Destas queixas e suxestións, no caso do grao, 2 foron desestimadas e 2 foron arquivadas; no caso da licenciatura, a queixa/suxestión foi desestimada. Por outra banda, durante o curso que nos ocupa (2016-17), rexistráronse na unidade administrativa do centro dúas reclamacións relativas a cualificacións de exames de 2ª oportunidade, ambas foron resoltas pola Comisión de reclamacións constituída a tal efecto.

En conclusión, pode afirmarse que a operatividade da normativa que aplica o centro, e concretamente, en relación ao grado, deriva nunha escasa conflitividade entre os estudantes do título e o sistema de xestión. Neste sentido, cabe engadir que o centro ven de habilitar un "buzón de queixas" destinado á comunidade académica no seu conxunto, situado na súa páxina web que, ao longo de 2016-17, non rexistrou queixa algunha. DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO CRITERIO 2. INFORMACIÓN E TRANSPARENCIA: Estándar: A institución dispón de mecanismos para comunicar de maneira adecuada a todos os grupos de interese as características do programa e dos procesos que garanten a súa calidade. Analizar e valorar se a información relevante sobre o título é pública e está dispoñible, en tempo e forma, para todos os axentes implicados nel (estudantes, empregadores, administracións educativas e outros grupos de interese). 2.1.- A institución publica, para todos os grupos de interese, información obxectiva, suficiente e actualizada sobre as características do título e sobre os procesos que garanten a súa calidade. Aspectos a valorar: • Publícase información suficiente e relevante sobre as características do programa formativo, o seu

desenvolvemento e os resultados alcanzados. • A información sobre o título é obxectiva, está actualizada e é coherente co contido da memoria

verificada do título e as súas posteriores modificacións. • Garántese un fácil acceso á información relevante do título a todos os grupos de interese. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: En efecto, o centro dispón de mecanismos destinados a comunicar adecuadamente a todos os grupos de interese tanto o programa como os procesos que garanten a calidade das ensinanzas, a xestión e as tarefas de investigación que dito centro alberga. A principal ferramenta para visibilizar todos estes procesos é a nosa páxina web, onde se deposita e organiza a información pública sobre os graos, particularmente, en castelán e en galego e, máis recentemente, iniciamos unha remodelación do contido en inglés que alberga a web do centro, con afán de contribuír á internacionalización dos nosos títulos, de xeito que ofrecemos en inglés, ademais do que xa viñamos incluíndo, a información relativa á acción

Page 17: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

17 de 51

titorial e, proximamente, a descrición dos obxectivos das materias do grao, na súa totalidade, en inglés. En xeral, a organización e o volume de información que ofrece a web do centro foise desenvolvendo progresivamente en aras de ofrecer un servicio útil a estudantes, empregadores, administradores educativos, institucións públicas e privadas que desexan contactar co centro por motivos diversos, docentes, comunidade investigadora, etc. Por outra parte, a tarefa de revisión e recomendación de mellora realizada periodicamente pola ACSUG foi tomada en consideración de cara a mellorar este que, a todas luces, consideramos un servicio. En concreto, pretendeuse mellorar en canto a exposición, claridade e coherencia en datos tan relevantes como o número de prazas de novo ingreso ou a taxa de eficiencia (rendemento de egresados), todos eles contidos relativos aos resultados acadados e que vimos de ampliar recentemente. En canto ao rigor co que se seleccionan aspectos destacados da Memoria do título, tal como a inclusión literal de competencias específicas para as que habilita o grao (neste sentido, a información do título preténdese coherente co contido da memoria verificada); a inclusión e activación de enlaces moi relevantes para a orientación do alumnado, tal é o caso do enlace do plan de acción tutorial; outro enlace relevante, neste sentido, é o destinado a informar sobre o sistema de “apoio tutorial extraordinario”, que tamén se habilitou. Merece especial mención a activación dun espazo específico destinado a representantes de estudantes, que viña sendo unha recomendación de mellora, a cal puido ser asumida finalmente polo centro; así mesmo, a inclusión dun enlace á Biblioteca de Ciencias da Comunicación; e a información ampla relativa ao programa de prácticas en empresas, baixo o título Módulo 11, programa que non aparece incluído no listado de materias e módulos do título, debido a un requirimento do sistema de xestión da USC: si as prácticas apareceran no listado de materias, ao mesmo nivel que as restantes, o alumnado tería a posibilidade de escollelas no momento de matricularse, sen embargo, as nosas prácticas non son obrigatorias senón optativas, e si o/a alumno/a se matricula delas, ao igual que noutras materias, en caso de que este/a alumno/a non fose seleccionado por ningunha das empresas que subscriben os nosos convenios, o/a alumno/a podería esixir de todos modos a concesión de dita praza de formación práctica –á que ha optou pero que non conseguiu– xa que ten sufragadas as correspondentes taxas. Finalmente, con idéntico afán, se teñen introducido datos recentes relativos á inserción laboral dos titulados, información esta última que agardamos ampliar coa posta en marcha do observatorio de inserción laboral dos nosos graos que este ano, cos egresados de 2017-18, dará os seus primeiros pasos mediante a distribución dun cuestionario a cubrir polos egresados en períodos de 6 meses, con información relativa a formación (seguimento de estudos) e colocación. A información relativa ao programa formativo encóntrase de forma íntegra nos enlaces denominados “programas materias”, que permiten despregar toda a programación docente. Así mesmo, a ferramenta habilitada pola USC, Moodle, que soporta o que identificamos como Campus Virtual, e dentro deste, as Aulas Virtuais, permite incorporar numerosas opcións docentes tales como: distribución de exercicios prácticos con antelación, distribución de documentos de audio, de vídeo, de texto, etc., como complemento formativo; permite a creación e conexión a un foro integrado polo alumnado e o/s docente/s dunha materia, de cara a garantir a conectividade entre ambos colectivos. Por último, como sistema complementario destinado a expoñer os asuntos destacados da vida do centro, especialmente aqueles que afectan ao alumnado, habilitouse no marco do vestíbulo principal da Facultade de Ciencias da Comunicación, lugar de tránsito obrigado, un taboleiro electrónico destinado a difundir información sintética, operativa, diariamente actualizada, sobre cuestións relevantes: convocatorias, concursos, actividades de formación complementaria, extracurricular, avisos urxentes, etc. Como reforzo deste último sistema de comunicación, ven de activarse o Facebook da Facultade, que facilita ao alumnado un seguimento continuado e actualizado das cuestións máis relevantes que afectan á vida académica (https://www.facebook.com/Facultade-de-Comunicaci%C3%B3n-USC-1419708378331767/?rf=1552541385062498).

Page 18: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

18 de 51

Debe engadirse que as propias listas de distribución de información da USC, a través de dispositivos móbiles, permiten facer chegar a tódolos grupos de interese con participación na vida do centro, numerosas cuestións: enquisas, información instantánea de cualificacións, concursos, certames, convocatorias, etc. Por último, advírtase que en relación á Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible, pasouse de 2,52 (2014-15), 2,48 (2015-16), a finalmente 2,97 (2016-17), o que constitúe unha progresión. DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO CRITERIO 3. SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE: Estándar: A institución dispón dun sistema interno de garantía da calidade formalmente establecido e implementado que asegura, de forma eficaz, a mellora continua da titulación. Analizar a implantación do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) e valorar a súa contribución á mellora continua do título. 3.1.- O SGC posúe os mecanismos necesarios para recoller a información precisa, analizala, detectar debilidades e propoñer accións de mellora, realizando o seu seguimento. Aspectos a valorar: • Os procedementos que permiten recoller a información de forma continua, analizar os resultados e

empregalos para a toma de decisións e a mellora da calidade do título, desenvolvéronse de acordo ao establecido.

• No caso dos títulos interuniversitarios ou dos títulos que se imparten en varios centros da Universidade, as accións levadas a cabo como consecuencia da implantación do SGC están coordinadas en todos os centros participantes no programa formativo.

• Os procedementos de avaliación e mellora da calidade da ensinanza e o profesorado desenvolveuse de acordo ao establecido.

• O procedemento de suxestións e reclamacións desenvolveuse de acordo ao establecido.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: A implantación do noso SGIC foi progresiva, inicialmente tímida –en torno aos primeiros dous cursos académicos trala implantación dos graos– e, nos últimos cursos académicos (de 2014 en adiante), podería dicirse que a súa evolución acelerouse. Así, como proba de que o SGIC do centro ven de desenvolver os mecanismos necesarios para recompilar a información precisa con respecto ao título, analizala, detectar posibles debilidades e, ulteriormente, propoñer accións de mellora, realizando un seguimento das mesmas, o centro dispón dun Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade renovado dende 2015; ao tempo que se dotou dun Plan estratéxico para o período 2015-2020, renovou a súa Programación Plurianual inaugurando un novo período de vixencia entre 2015 e 2020; dotouse de Informes de Seguimento que obtiveron a conformidade da ACSUG, ao tempo que se obtivo a acreditación do grao en 2017; adquiriuse o hábito de realizar Memorias de calidade anuais dende o período 2015-16; todo o cal permitiu á Comisión de Calidade constituírse nun auténtico órgano transversal a tódolos resortes que soportan a vida do centro e o desenvolvemento das súas ensinanzas, sen asumir non obstante un papel burocrático, asentado no agarrotamento, o exceso de control e o intervencionismo desmesurado. É por isto que, de cara a visibilizar o labor da Comisión de Calidade, procedeuse a publicar as actas das súas reunións, unha vez normalizada a súa función no centro, a partir de 2014-2015, as cales conteñen, sinteticamente, os acordos adoitados tralas sesións deliberativas de dita Comisión, así como os Informes de Seguimento anuais. En suma, a Comisión de Calidade foi adquirindo niveis de responsabilidade, capacidade de intervención e rutinas de funcionamento, que fixeron desta un órgano operativo e áxil. Así mesmo, vense de incorporar ao espazo web do SGIC do centro, un documento no que se resumen os

Page 19: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

19 de 51

resortes e principais mecanismo de funcionamento do SGIC, de cara a achegalo máis si cabe á comunidade universitaria, tal como nos comprometemos a levar a cabo no marco dunha acción de mellora. En canto aos procedementos de avaliación e mellora da calidade da ensinanza e, conseguintemente, do profesorado en particular, estes desenvolvéronse, principalmente, mediante a asunción das ferramentas, traducidas en enquisas de satisfacción, que foi implementando a USC e que o centro asumiu. Así mesmo, e con carácter complementario, veñen de presentarse diante da Comisión de Calidade do centro, enquisas propias no ámbito da satisfacción coa docencia recibida, co programa de mobilidade e co programa de prácticas, ao tempo que unha enquisa destinada á satisfacción dos egresados dos títulos, as cales comezarán a distribuírse unha vez elaborado un calendario de aplicación pola citada Comisión. En canto aos resultados das enquisas de satisfacción distribuídas pola Universidade de Santiago:

1) Enquisas de satisfacción do alumnado coa docencia recibida: Segundo o Informe da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida, elaborado pola Área de Calidade da USC, a valoración global flutúa lixeiramente, manténdose en valores próximos: 3,34 (2011-12); 3,47 (2012-2013); 3,46 (2013-14); 3,42 (2014-15); 3,28 (2015-16); 3,49 (2016-17). Polo que atinxe á porcentaxe de participación, a tendencia ten sido á baixa, a pesares do chamamento, a pé de aula, que o profesorado do título ven realizando sistematicamente e de xeito coordinado que, sen dúbida, deberemos reforzar mediante a intervención do alumnado-titor: 50,47 (2011-2012); 42,55 (2012-13); 37,47 (2013-14); 48,62 (2014-15); 35,98 (2015-2016); 30,71 (2016-17). Destacamos así mesmo, como ítemes mellor valorados no marco da enquisa, os relativos á explicación da programación e os criterios de avaliación: 3,78; cumprimento do programa: 3,80; resolución de dúbidas: 3,81; e finalmente, actitude receptiva: 3,67.

2) Satisfacción coa mobilidade entrante: Tomando como referencia o ítem “indica o teu grao de satisfacción xeral sobre o programa de mobilidade”, contido na Enquisa de satisfacción coa mobilidade entrante, a evolución das cifras é a que sigue: 4,10 media centro, fronte a 4,32 media global de la USC (2012-13); 4,20 media centro, fronte a 4,24 media global (2013-14); 4,50 media centro, fronte a 4,33 media global (2014-15), superamos dende ese momento a media da USC e isto mantívose durante o curso seguinte: 4,67 media centro, fronte a 4,35 media global (2015-16); si ben, a media do centro descendeu a 2,80 (2016-17), fronte a un descenso menos acusado na USC, 4,11. O descenso que acabamos de constatar debe contextualizarse, de xeito que en 2015-16 lévase a cabo un cambio na estrutura de coordinación de mobilidade, multiplicando o número de coordinadores en función da tipoloxía do intercambio: Erasmus, Bilateral, SICUE; de modo que o alumnado entrante manifestaría o seu descontento precisamente pola diversificación. É así que en 2016-17, avanzado o curso, se opta por unificar a coordinación do alumnado estranxeiro na figura do Responsable Académico de Mobilidade (RAM), mantendo un coordinador específico para estudantes SICUE. Os resultados deste novo cambio deberán apreciarse en 2017-2018. Así mesmo, dende o equipo decanal asúmese a tarefa de concienciar ao PDI e ao PAS do centro da necesidade de recoñecer, actuando en consecuencia, o estatuto especial deste alumnado. Por último, ven de incorporarse, como medida de mellora, a posibilidade de que o alumnado de intercambio que realice 1 curso académico completo nalgún grao do centro, poida solicitar a realización de prácticas curriculares, acción que promovemos de cara a vincular, máis si cabe, a este alumnado a tódolos resortes das ensinanzas que ofrecemos.

3) Satisfacción coa mobilidade saínte: Neste caso e en relación á valoración do servicio de asesoramento previo sobre o programa realizado no centro -tal como se reflicte no Informe de satisfacción de mobilidade saínte-, pasouse de 2,83 (2013-14); 2,30 (2014-15) –ambas medias

Page 20: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

20 de 51

lixeiramente por debaixo da media global da USC–; a 3,50 (2015-16), fronte a 3,20, media global da USC; pasando a 2,60 (2016-17), media do título que descende con respecto a unha media universitaria tamén en descenso, 3,00. A propósito dos cambios no entramado de coordinación da mobilidade, deuse conta anteriormente, e así mesmo, sobre a necesidade de avaliar os seus resultados en 2017-18.

4) Satisfacción do alumnado coas prácticas externas: Destacaremos os resultados da pregunta contida na enquisa de referencia (véxase o Informe de satisfacción do alumnado cos programas de prácticas externas), relativa á satisfacción, en xeral, coa práctica realizada, un valor en ascenso, en cuxo caso pasouse de 4,57 media do título en 2013-14, fronte á media global da USC 4,02; a 4,40 media do título en 2014-15, sendo 4,11 a media global da USC; 4,33 media do título en 2015-16, fronte á media global da USC, 4,22; e 4,68 media do título en 2016-17, mentres que a media da USC sería de 4,46.

5) Satisfacción de egresados: O indicador acomete a consideración con certa perspectiva, dun grado que se deixa atrás e á luz dun contexto laboral inicialmente incerto. Aínda escaso, o índice de resposta foi incrementándose paulatinamente (documento de referencia Informe de satisfacción de egresados): 7,14% en 2013-14; 18,68% en 2014-15; e 24,39 en 2015-16; finalmente, 23,21 en 2016-17. Debe advertirse que aos egresados do título envióuselles, dende a Comisión de Calidade, un correo electrónico personalizado solicitando a súa participación responsable nas enquisas. En termos xerais, os valores veñen experimentando unha evolución positiva, así por exemplo, en canto a formación, os egresados valoran a súa capacidade para a aprendizaxe autónoma con 3,15 (2015-16), media global USC 3,79; a capacidade de traballo en equipo 3,62 (2015-16), por enriba da media global da USC 3,50. Así mesmo, a realización de prácticas externas, constitúe un dos ítemes mellor valorados polos egresados do título 2015-16: 4,62, fronte á media global da USC 3,82. A valoración da mobilidade por parte dos titulados é idéntica á media global da USC: 4,13 (2015-16). Obteñen unha valoración aceptable as actividades de información e apoio recibidas nas actividades de acollida proporcionadas polo centro: 2,62 (2015-16), próximo á media global USC 2,84. A valoración das infraestruturas e materiais postos a disposición do título, se valoran cun 3,08, fronte ao 2,85 media global USC (2015-16). Finalmente, o grao de satisfacción xeral coa titulación sitúase nun 3,03 (2015-16), evidenciando así unha evolución positiva con respecto a cursos anteriores: 3,02 (2014-15) e 2,65 (2013-14). Dende o equipo decanal vense promovendo a creación dunha asociación de egresados do centro, con sede na Facultade de Ciencias da Comunicación, que actúe como receptora de material curricular para subministrar a potenciais empregadores que acoden con solicitudes laborais á propia Facultade, e que emprace a aqueles egresados en activo como axentes tractores dos seus compañeiros aínda no grao. Sen embargo, a solicitude dos interesados dunha remuneración mensual, por parte do centro, para realizar o labor administrativo da asociación, está a ser o principal escollo para que esta acción se materialice. Este déficit estase a subsanar mediante a inclusión de información relativa a emprego na web do centro.

6) Satisfacción de titores académicos de prácticas: Neste caso, pasouse de non computar no título durante os cursos académicos 2013-14 e 2014-15 –dado que esta función a asume o coordinador de prácticas que, en ambos períodos, se encontraba ausente–, a unha valoración de 5 en tódolos ítemes da enquisa en 2016-7, o cal evidencia o rotundo compromiso do actual coordinador co seu labor e co sistema de prácticas que xestiona.

7) Satisfacción de titores externos de prácticas: Neste caso, si atendemos ao ítem “indique o seu grao de satisfacción xeral coa práctica realizada polo alumno”, pasamos dun 4,50 (2013-14)

Page 21: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

21 de 51

como media do título, sendo 4,31 a media global da USC; a un período sen datos (2014-15) para o título, sendo 4,35 a media global da USC; a un 3,00 (2015-16), como media do título, sendo a media global da USC, 4,39; finalmente, a media do título sería de 4 (2016-17), mentres que a media global da USC sería 4,43. Este lixeiro descenso con respecto á media universitaria debe interpretarse á luz dos datos que arroxa o ítem "valore a formación inicial de competencias profesionais do alumnado para cumprir coas actividades que lle foron asignadas", onde a media do título ven sendo superior á da USC, sirvan de exemplo os datos relativos a 2016-17, no que a o título obtén 3,80, fronte a 3,74 media global USC.

8) Satisfacción do PDI coa docencia impartida: A valoración media da docencia impartida tivo unha progresión ascendente, pasando de 3,9 (2012-13); 3,6 (2013-14); 3,74 (2014-15); 3,79 (2015-16); a 3,65 (2016-17). En canto á porcentaxe de participación foi igualmente en progresión ascendente: 21,05% (2012-13); 20,00% (2013-14); 44,44% (2014-15); 44,44% (2015-16); 51,16 (2016-17). O aumento das porcentaxes de participación evidencia a progresiva concienciación do PDI de utilizar, como ferramenta de expresión útil, a enquisa de satisfacción que nos ocupa.

9) Satisfacción do PDI coa formación recibida: No tocante á participación do PDI nos plans de formación, debe sinalarse o paulatino ascenso da mesma, así pasaríase de 16,67 (2011-12); 16,67 (2012-13); 9,09 (2013-14); 12,24 (2014-15); 25,58 (2015-16); á cifra máis alta de participación 34,88 (2016-17). Así mesmo, si nos centramos na valoración xeral da formación, obtéñense os seguintes datos: 4,42 (2012-13); 4,47 (2013-14); 4,44 (2014-15); 4,33 (2015-16); e finalmente 4,30 (2016-17), de modo que, paradoxicamente, paralelo ao incremento da participación, decae levemente a satisfacción, aínda cando é elevada. Na resposta á pregunta “recomendaría vostede a outros/as compañeiros/as que se matriculen neste curso", pasouse de responder afirmativamente o 90,0 (2012-13); 92,9 (2013-14); 90,6 (2014-15); a finalmente a cifra máis elevada, o 98,8 (2015-16) do PDI recomendaría o curso en cuestión. En canto á valoración media, con respecto a esta mesma pregunta (enquisas levadas a cabo a través da aplicación Opina), pasaríase dun 4,25 (2015-16), a 4,30 (2016-17). En suma, a satisfacción coa formación recibida é elevadísima.

10) Satisfacción do PAS coas actividades de formación desenvolvidas: No seu caso, a porcentaxe de participación do PAS do centro en actividades formativas, flutuaría entre 24,10 (2011-12), 28,60 (2012-13), 23,10 (2013-14), 82,60 (2014-15), 62,5 (2015-16) e 50,00 (2016-17). Así mesmo, a satisfacción global deste colectivo coas actividades de formación desenvolvidas, pasaría de 3,73 en 2012; 4,09 en 2013; 4,11 en 2014, a 3,99 en 2015, 3,91 en 2016. En canto á recomendación do curso, flutuaría entre o 73,6 en 2012; 84,6 en 2013; 85,6 en 2014; 85,3 en 2015; e 79,91 en 2016. En termos xerais, trátase de valoracións elevadas, logo satisfactorias, si ben, indicativas dun lixeiro descontento, en parte debido a que a actividade formativa do PAS é sobreabundante en volume e resulta difícil para as institucións universitarias renovar as temáticas dos cursos.

11) Satisfacción laboral do PAS: Considerando a pregunta “en xeral, síntome satisfeito co meu traballo” (Informe de satisfacción do Persoal de Administración e Servicios), as cifras veñen sendo similares no caso da media do centro e a media global, en ambos casos 3,64 (2014-15); media do centro 3,67 (2015-16), fronte a 3,60 como media global da USC; 4,25 media centro, 3,81 media global (2016-17). Este despegue con respecto á media universitaria, farase extensivo a practicamente tódolos aspectos relativos á medición da satisfacción do PAS do centro.

Page 22: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

22 de 51

En conclusión, melloramos en tódolos índices de satisfacción relativos ao título, en especial neste último ano (2016-17), no que, gracias á progresiva maduración do SGIC no seu conxunto, tomouse conciencia da relevancia de facer un bo uso destas ferramentas de sondaxe e de xeración de datos que son as enquisas de satisfacción. No obstante, consideramos que as enquisas son indicativas de tendencias, si ben o seu valor real con respecto a aquelo que tratan de medir, debe ser recoñecido á luz de observacións complementarias, derivadas das dinámicas docentes dos centros, por exemplo, ou ben á luz de interpretacións manifestadas en espazos deliberativos como son as diferentes comisións que presiden, así mesmo, a vida do centro. Finalmente, en relación ao procedemento de suxestións e reclamacións, este desenvolveuse conforme ao establecido, tanto no marco do centro, como no ámbito máis amplo da USC, a través da Oficina de Análise de Reclamacións (OAR), aspecto este último do que demos conta con anterioridade. En relación ao procedemento de suxestións e reclamacións, o centro, a través da súa unidade administrativa, constituíuse en espazo de recepción de ditas suxestións e de ditas reclamacións, é por isto que se recollen non tanto as suxestións, máis que excepcionais, inexistentes ata o momento, como as reclamacións, as cales téñense referido, na súa totalidade, a disconformidades con cualificacións por parte do alumnado. Cada reclamación sométese a estimación ou a desestimación, no seu caso, por parte do Decano, de modo que unha vez admitida a trámite procédese a designar unha comisión de reclamacións ad hoc, con presencia en tódolos casos dun representante de alumnos; dita comisión pronúnciase, de modo consensuado, con respecto á reclamación do alumno/a en cuestión, ao tempo que se solicita ao docente unha argumentación propia respecto do contido da reclamación e a conseguinte aportación de probas documentais que avalen a súa cualificación, cando así se considera oportuno. Por último, todo/a alumno/a é convenientemente informado/a do procedemento de suxestións e de reclamacións na unidade administrativa do centro, a través da web, e mesmo coa recente activación dun buzón de queixas on line. Desde a Comisión de Calidade vense delegando na figura do Decano a tarefa de informar anualmente da relación de suxestións e reclamacións recibidas tanto a nivel interno, no propio centro, como externo, a través da OAR. Esta información está contida no informe global do decano presentado na última Xunta de Facultade do ano natural. Neste sentido, con respecto ao título que nos ocupa, rexistráronse durante o período 2016-17 dúas reclamacións relativas a cualificacións de exames, que se resolveron mediante intervención da comisión de reclamacións convocada ad hoc. O pronunciamento da comisión foi aceptado polo estudantado reclamante. 3.2.- A implantación do SGC facilita o seguimento dos títulos, a renovación da acreditación e garante a mellora continua permitindo a introdución de modificacións no título. Aspectos a valorar: • As accións de análise e revisión levadas a cabo desde o SGC permiten introducir modificacións para

a mellora no título. • O seguimento das melloras do título confirma que estas foron eficaces e que se conseguiron os

obxectivos formulados. • Os plans de mellora recollen as recomendacións dos diferentes informes derivados do proceso de

verificación, modificación, seguimento e renovación da acreditación. • Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: A tarefa de revisión e análise con respecto ao título, levada a cabo desde o SGIC, permitiu introducir as modificacións oportunas, a fin de acometer as correspondentes melloras. Baste sinalar a incorporación dos procesos e procedementos relativos ao exercicio da coordinación docente, que implicou a coordinadores de curso e a coordinadores de materias, a coordinadores de grao, ademais de implicar ás comisións Académica e de Calidade, respectivamente; ou a reestruturación da páxina web do centro,

Page 23: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

23 de 51

aínda en curso, en aras de mellorar a transparencia e a calidade dos contidos dispoñibles. Tal e como se ven expoñendo nos diferentes informes anuais de seguimento do título, concretamente o seguimento das melloras do título –contidas principalmente nos plans de acción de melloras anuais–, levado a cabo en esencia polas comisións de calidade e académica, permitiu estimar a súa eficacia de cara a materializar os obxectivos propostos en cada caso e en cada período. Debe engadirse que os plans de accións de mellora, tanto os anuais como os plurianuais, veñen nutríndose en gran medida tanto da Memoria de verificación, como dos informes de seguimento xerados con respecto a ambos títulos. Véxanse na web do centro os enlaces relativos a Informes de seguimento e acreditación 2016-17, Memoria anual de calidade 2016 e Plan plurianual de accións de mellora 2015-2020. 3.3.- O SGC implantado revísase periodicamente para analizar a súa adecuación e, se procede, establécense as melloras oportunas. Aspectos a valorar: • A análise e revisión do SGC, no que participan todos os grupos de interese, deriva en plans de

mellora (responsables, calendario de execución, etc.). • Todos os grupos de interese foron implicados no proceso de elaboración, implantación e

seguimento das melloras do SGC. • As evidencias do SGC manifestan a existencia dunha cultura de calidade consolidada no centro que

contribúe á mellora continua.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: En consonancia co exposto no epígrafe 3.2., dado que a análise e a revisión periódicas do SGIC se leva a cabo desde a Comisión de Calidade do centro, así como desde a Comisión Académica, nisto participan todos os grupos de interese con representación na Xunta de Facultade, isto é: sector de estudantes, sector de PDI, sector de PAS, membros do equipo decanal, membros do equipo de dirección do Departamento de Ciencias da Comunicación e coordinadores de graos. As diferentes revisións do SGIC veñen derivando en plans de mellora cando así o require o aspecto, o proceso ou o procedemento sometido a revisión. E conseguintemente, tódolos grupos de interese con representación na Comisión de Calidade, así como na Comisión Académica, vense implicados no proceso de elaboración, implantación e seguimento das melloras do SGIC. Dado que o SGIC foise consolidando, as evidencias analizadas no marco deste informe manifestan a existencia dunha cultura de calidade que se foi adquirindo e asentando paulatinamente, o que sen dúbida contribúe á mellora continúa de todos os resortes que protagonizan e integran a vida do centro.

DIMENSIÓN 2. RECURSOS

CRITERIO 4. RECURSOS HUMANOS: Estándar: O persoal académico e de apoio é suficiente e adecuado de acordo coas características do título e o número de estudantes. Analizar e valorar a adecuación do persoal académico e de apoio que participa no título obxecto de avaliación.

4.1.- Persoal académico. O título conta con profesorado suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos, as modalidades de impartición e as competencias que deben alcanzar os estudantes.

Page 24: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

24 de 51

Aspectos a valorar: • O profesorado que participa no título conta co nivel de cualificación (experiencia docente e

investigadora) exixido para a súa impartición e é acorde coas previsións que se incluíron na memoria verificada. Revisarase especialmente o perfil do persoal académico asignado ao primeiro curso de títulos de grado, a prácticas externas e asociado ao Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster.

• O profesorado é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todos os estudantes. • A institución ofrece oportunidades ao profesorado para actualizarse e continuar coa súa formación

co obxectivo de mellorar a actividade docente. • Participación do profesorado en programas de mobilidade. • No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do

título relativos á contratación e mellora da cualificación docente e investigadora do profesorado.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: A Memoria verificada do título na súa páxina 90, epígrafe 6: persoal académico, amosaba unha distribución porcentual relativa ao PDI que se concretaba no seguinte:

Advírtase que a mesma estrutura docente, coas súas correspondentes categorías, distribución horaria, volume de profesorado, etc., propúxose de cara a asumir a tarefa docente en ambos graos, Xornalismo e Comunicación Audiovisual, logo desde ese punto de vista, un equipo docente compartido por ambos títulos de cara a abordar sobre todo a formación básica, así como a paulatina dotación de profesorado específico para acometer as singularidades de cada título, case sempre relacionadas coas particulares rutinas profesionais que cada título asume; dita estrutura, consideramos que ten resultado útil desde o punto de vista da calidade das ensinanzas, baseada nunha proposta extensiva –a que outorga sobre todo a formación básica– sen descoidar a especificidade –o que ven dado sobre todo pola formación obrigatoria e optativa. En atención a esta distribución primeira, velaquí a que afecta ao título actualmente, tal como se reflicte

Page 25: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

25 de 51

no plan de ordenación docente: no caso da categoría “catedráticos” está lixeiramente por debaixo do punto de partida, en torno ao 7%, fronte a unha previsión do 9%; no caso dos “titulares”, ao inicio foi do 53%, si ben sitúase neste momento en torno ao 41; en canto aos “asociados”, partiuse dun 12%, e a porcentaxe viuse incrementada situándose nun 21%; na categoría “contratado doutor” partiuse dun 17% e a porcentaxe situouse nun 17%; na categoría “outro persoal docente con contrato laboral” á que correspondía en 2011 un 2%, pode asociarse a actual categoría de “profesor contratado interino por sustitución”, en cuxo caso teríamos alcanzado en torno a un 9%. Un total de 41 docentes completan unha plantilla, diversificada en canto ás figuras contractuais, do PDI, cun 73,17% de doutores, a excepción do lector e dos profesores asociados. Debe considerarse que, en termos xerais, si ben non se incrementaron as cifras contidas na Memoria do título, tampouco se produciu, até o momento, un cambio estrutural substancial, nun contexto universitario no que as plantillas variaron, nos 6 últimos anos, descargándose cada vez máis de PDI funcionario, con taxas de reposición escasas ou nulas, causa da maior dotación de persoal contratado. É previsible que a medio prazo a estrutura da plantilla do título se vexa afectada, si ben polo momento non se apreciou de modo contundente, gracias en parte á asunción dun maior número de horas de docencia por parte do PDI, sobre todo, titulares e asociados, en quen recae o 63% da mesma. Véxase que, tal como consta no plan de ordenación docente do grao que nos ocupa, a docencia do título é absorbida en gran parte pola área de comunicación audiovisual e publicidade, seguida de xornalismo. En canto á porcentaxe de PDI con sexenios sobre o PDI total con docencia no título, os resultados son os seguintes: 24,00 (2010-11), 32,26 (2011-12), 35,14 (2012-13), 35,29 (2013-14), 42,86 (2014-15), 47,83 (2015-16) e 51,85 (2016-17), así pois, máis do 50% do PDI obtivo recoñecemento do seu labor investigador. Observese que no caso do Dobre Grao en Comunicación Audiovisual e en Xornalismo, o porcentaxe de PDI con sexenios sobre o total é, en 2016-17, do 56,67%, o que permite recoñecer que a presencia de sexenios é maior que o que recollen estes datos relativos a Xornalismo e para o ano 2016-17. Sobre a porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total, arróxanse os seguintes datos: 72,00 (2010-11), 80,00 (2011-12), 78,38 (2012-13), 76,47 (2013-14), 80,95 (2014-15), 72,22 (2015-16) e 74,36 (2016-17), obsérvase unha flutuación anualmente, dado que a estabilidade das plantillas, neste momento, é difícil de acadar. A porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total ten acusado os seguintes cambios: 52,00 (2010-11), 54,84 (2011-12), 62,16 (2012-13), 58,82(2013-14), 59,52 (2014-15), 47,22 (2015-16) e 51,28 (2016-17); como se deriva destas cifras, a ampliación da plantilla de PDI foise facendo a través de persoal contratado, máis que a través da creación de prazas de funcionario, por outra parte, as xubilacións son un feito e a excepcionalidade das prazas de funcionario apunta á dificultade para manter, nun futuro próximo, a estrutura docente tal e como se viña coñecendo ata o momento. A propia dificultade de acceder con éxito ao novo sistema de acreditacións e a restrición na reposición de funcionarios, contribúe de xeito decisivo ao adelgazamento do funcionariado. En conclusión, aínda que poderíamos falar dunha mellora da cualificación docente e investigadora do profesorado, o decrecemento do PDI funcionario é un feito. Non obstante, as ratios de estudantes por profesor a tempo completo foron descendendo lixeiramente (unha media de 1 estudante menos por ano): 14,00 (2010-11), 13,43 (2011-12), 12,29 (2012-13), 13,59 (2013-14), 10,71 (2014-15) e 13,11 (2015-16). Cabe reflexionar, así mesmo, sobre o nivel de cualificación do profesorado que participa no título, de cara a desenvolver a súa tarefa docente nestas novas condicións. De xeito que, si observamos os datos comparativos entre indicadores relativos ao Grado en Xornalismo e a media da USC, paradoxicamente, aínda cando en relación á porcentaxe de PDI con sexenios sobre PDI total con docencia no título, o valor adxudicado ao título é 51,85 (2016-17), sendo a media da USC, 82,34. De igual modo, a porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total é no título 74,36, mentres que a media da USC é, en 2016-17, 86,43. A porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total é de 51,28 no título e 64,75 na USC. Por outra banda, a

Page 26: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

26 de 51

media de alumnos por grupo de teoría foi de 74,87 no título e 59,93 na USC. A media de alumnos por grupo de docencia interactiva tamén se incrementou lixeiramente: 25,82 no título, fronte a 22,62 como media na USC. Estes indicadores son os que resultan un tanto modestos con respecto ao PDI do título. Agora ben, obsérvese o paradóxico de que, fronte aos cinco primeiros valores máis baixos para o título, que apuntan a unha evolución negativa da plantilla de PDI, sen embargo, o rendemento do alumnado do título está por enriba das medias da USC, en consecuencia, á luz dos datos que ofrecemos a continuación, o profesorado parece desempeñar con éxito as funciones que esixe o grao, en especial no tocante á atención a tódolos estudantes, aínda cando a memoria verificada do título e os valores medios da universidade, sinalan que o noso PDI funcionario, actualmente, é insuficiente; así, para o período 2016-17, a taxa de rendemento título é 90,52, media USC 78,31; taxa de éxito título: 98,07, media USC 87,35; taxa de avaliación título: 92,30, media USC 89,66; taxa de gradación título: 71,23, media USC 56,83; duración media de estudios título: 4,34, media USC 4,97; taxa de abandono do 1º curso título: 2,56, media USC 4,97; taxa de abandono RD 1393 título: 15,07, media USC 22,56 –como é sabido, esta taxa fai referencia á porcentaxe de abandono de estudantes nos últimos anos do grao. Polo que atinxe ao perfil do persoal académico asignado ao primeiro curso do grao, optouse por PDI funcionario, sexa da área de Comunicación Audiovisual, sexa da Área de Xornalismo, para acometer toda a obrigatoriedade, dado que é a través destas materias que se imparten os contidos máis específicos do grao; unicamente se deu cabida a un profesor asociado no ámbito da publicidade e as RR.PP. pola súa condición de profesional da publicidade en activo. De igual xeito, para a impartición das materias básicas optouse por introducir outras áreas de coñecemento competentes en campos disciplinares que, si ben teñen unha aplicación específica ao xornalismo, son independentes deste último campo; neste caso atoparemos PDI con vinculación estable. Velaquí o modo en que se organiza concretamente a docencia:

• Locución audiovisual, obrigatoria, titular de universidade (coordinador) e contratado doutor, área de coñecemento Comunicación Audiovisual e Publicidade en ambos casos.

• Linguaxe audiovisual, obrigatoria, 2 docentes: catedrático de universidade e titular de universidade, área de coñecemento Comunicación Audiovisual e Publicidade.

• Redacción informativa, obrigatoria, obrigatoria, 1 docente: catedrático de universidade, área de coñecemento Xornalismo.

• Produción da información, obrigatoria, titular de universidade, área de coñecemento Xornalismo. • Técnicas e tecnoloxías para os medios de comunicación, obrigatoria, titular de universidade,

área de coñecemento Comunicación Audiovisual e Publicidade. • Publicidade e Relacións Públicas, obrigatoria, asociado de universidade LOU, área de

coñecemento Comunicación Audiovisual e Publicidade. • Institucións políticas e movementos sociais contemporáneos, formación básica, 1 docente:

titular de universidade, área de coñecemento Ciencia Política e da Administración. • Dereito da información, formación básica, 1 docente, asociado de universidade LOU, área de

coñecemento Dereito Civil. • Historia do mundo actual, formación básica, 3 docentes, profesor contratado doutor

(coordinador), contrato predoutoral Ministerio e investigador Ramón y Cajal, área de coñecemento Historia Contemporánea.

• Fundamentos de economía da información, formación básica, 2 docentes, profesor contratado doutor e Contratado Interino por Sustitución - T3, área de coñecemento Economía Aplicada.

En canto ao perfil académico asignado á coordinación docente das prácticas externas, optouse por PDI estable: neste momento, un vicedecano, profesor contratado doutor, logo trátase dun perfil académico, non profesional.

Page 27: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

27 de 51

Polo que atinxe ao perfil académico asignado aos TFG, dado que as modalidades de traballos que se admiten no grao son: a) estudio, de carácter eminentemente teórico, e b) proxecto, de carácter eminentemente práctico; todo o profesorado con dedicación docente nos graos que se ofrecen no centro pode realizar labores de titoría, sexa pola súa competencia netamente académica, sexa pola súa competencia netamente profesional. As modalidades de realización de TFG anteriores, complétanse con outras dúas, unha de tipo consensuado, na que alumno e docente acordan un traballo de temática e liña disciplinar específica; e a tipoloxía aberta, na que o alumno se inscribe nunha liña de traballo previamente exposta polo docente. Así mesmo, o estudante pode optar por dúas formas de cualificación: nunha delas será o seu titor quen cualificará o TFG (cun máximo de 8,9), no outro caso, acudirá a un tribunal, ampliando o rango de cualificacións até ó 10. En canto aos tribunais xulgadores, estarán integrados exclusivamente por docentes con dedicación ao grao, podendo convidar ás deliberacións sobre o TFG en cuestión, ao titor académico do mesmo, así como a profesorado especializado na temática ou na abordaxe disciplinar do TFG, en calidade de asesor con voz pero sen voto. No tocante á participación do profesorado do título en plans de formación destinados a mellorar a súa actividade docente, velaquí os datos ao respecto: 16,67 (2011-12); 16,67 (2012-13); 9,09 (2013-14); 12,24 (2014-15); 25,58 (2015-16); 34,88 (2016-17). Como se aprecia, neste curso académico rexistrouse unha maior participación do PDI na oferta específica de cursos de formación que realiza, desde o punto de vista institucional, a USC. Sen embargo, estas cifras deben completarse con aquela formación continua que, na medida en que non se integra na citada oferta institucional, non se rexistra de xeito sistemático por parte da Universidade. Concluiremos, pois, que a USC ofrece, en efecto, oportunidades ao profesorado de cara a actualizarse e continuar coa súa formación, a nivel operativo, co obxectivo de mellorar a actividade docente, si ben, a formación do profesorado do grao excede a faceta procedimental da docencia e debe valorarse, sen menoscabo da anterior, a formación específica destinada a nutrir o perfil académico-investigador do PDI. A participación do PDI do grao, 43 docentes, en programas de mobilidade en 2016-17, foi do 11,63%, un valor en ascenso si se examina este indicador desde unha perspectiva temporal: 4,55% (2010-11), 5,71 (2011-12), 4,66 (2015-16). No que atinxe á participación do PDI con docencia no grao en programas de mobilidade, debe advertirse, aquí tamén, que dita mobilidade ten un carácter amplo, entendéndose por tal a mobilidade relacionada coa investigación, impartición de docencia ou accións relacionadas co establecemento de redes temáticas ou de intercambio docente (tal e como o define, de modo moi preciso, a Universidade do País Vasco: https://www.ehu.eus/es/web/ztf-fct/programas-intercambio-profesorado), de maneira que, desde 2016-17, e vinculado á solicitude de permisos de ausencia do PDI, organizouse conxuntamente dende Departamento e Facultade un rexistro propio de todos aqueles desprazamentos do PDI que se correspondan con algún dos supostos aquí recollidos e que, polo tanto, computen na mobilidade do PDI. Así mesmo, solicitouse información sistematizada ao Vicerreitorado de internacionalización sobre os programas de mobilidade xestionados ao amparo da USC. Esta información, que nos foi facilitada concretamente polo Servicio de Relacións Exteriores, envíase periodicamente por correo electrónico ao profesorado con docencia nos títulos que alberga o centro.

Page 28: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

28 de 51

MOBILIDADE E FORMACIÓN Curso 2016/2017

Para finalizar, o profesorado do título non se candidatou a ningunha das 3 convocatorias que do Programa Docencia realizou a USC até o momento, un programa de implantación aínda experimental. As dúas primeiras convocatorias non se fixeron extensivas ao noso centro, unicamente poderíase ter participado na terceira, xa finalizada, si ben non se solicitou dende o centro esta participación. No obstante o cal, constitúe un obxectivo do actual equipo decanal, así como da Comisión de Calidade, introducir ao profesorado do título nas condicións de funcionamento e obxectivos do programa, de cara a promover a avaliación do profesorado a través de dito Programa. Esta cuestión foi trasladada á Área de Calidade da USC, de cara a recibir información ao respecto con suficiente antelación para promover as candidaturas a DOCENTIA do noso profesorado.

Page 29: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

29 de 51

4.2.- Persoal de apoio (persoal de administración e servizos, técnicos de apoio á docencia, etc.). O título conta con persoal de apoio suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos. Aspectos a valorar: • O persoal de apoio é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todo o persoal docente e

estudantes. • O persoal de apoio que participa no título conta co nivel de cualificación exixido e é acorde coas

previsións que se incluíron na memoria verificada. • No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do

título relativos á contratación e mellora do persoal de apoio. • A institución ofrece oportunidades ao persoal de apoio para actualizarse e continuar coa súa

formación co obxectivo de mellorar a súa labor de apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O centro conta, en efecto, con persoal de apoio suficiente para dar soporte ao PDI na súa totalidade, así como ao alumnado, nos distintos servicios que se ofrecen: aulas técnicas, biblioteca-mediateca, xestión administrativa, etc. No documento Información sobre o persoal de apoio, elaborado pola Área de Calidade da USC, se relacionan e especifican todos e cada un dos postos de P.A.S cos que se conta neste momento para dar servicio a tódalas titulacións oficiais, master e doutoramento incluídos, que se ofrecen no centro. Debe advertirse, así mesmo, que o seu nivel de cualificación é acorde coas esixencias do título que nos ocupa en particular, no momento actual. Neste sentido, na Memoria do Grao en Xornalismo hai referencia expresa ao P.A.S co que conta o título no momento de poñerse en marcha, de xeito que a súa estrutura incluía 17 persoas, si ben na actualidade son 23 quen a integran.

Por outra parte, aínda que na Memoria do título non dispoñemos de compromisos formulados expresamente sobre a contratación e mellora do persoal de apoio, sen embargo, o Informe de satisfacción do PAS, ao que anteriormente fixemos referencia, arroxa o seguinte resultado: unha taxa de resposta do 47,8% (2014-15), que descende ao 37,5% (2015-16), e mesmo ao 33,3% (2016-17), si ben, en relación á pregunta “as miñas funcións e responsabilidades están claramente definidas”, pregunta que apunta á calidade das condiciones laborais que ofrece o centro, pasouse dun 3,64 (2014-15) como

Page 30: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

30 de 51

media do centro, sendo a media global da USC 3,31; a 4,11 (2015-16) como media do centro, fronte a un 3,35 como media global; 3,88 media centro (2016-17), media USC 3,50. E aínda, en relación á pregunta “en xeral, síntome satisfeito co meu traballo”, obtívose 3,64 (2014-15) como media do centro, e idéntica sería a media global da USC; e o seguinte curso académico sería de 3,67 (2015-16) a media do centro, mentres que a global descendería, situándose en 3,60; por último, 4,25 (2016-17) media centro, fronte a 3,81 media USC. Así mesmo, o aproveitamento das posibilidades de formación que a USC pon ao seu alcance, véñense plasmando nos niveis de asistencia a cursos de formación, tal como reflicte o Informe sobre participación de PAS e PDI en plans de formación, anteriormente citado: a porcentaxe de PAS que realizou algún curso de formación foi flutuando do modo que sigue, 24,10 (2011-12), 28,60 (2012-13), 23,10 (2013-14), 82,60% (2014-15), 62,5 (2015-16), 50,0 (2016-17), descenso que se explica, probablemente, polo elevado da participación en 2015, o que esixe un período de menor intensidade formativa. Dos datos anteriores poderíase inferir que a institución ofrece oportunidades ao persoal de apoio para actualizarse, desde o punto de vista da súa formación, a fin de mellorar o seu labor de apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe. Parello a isto, o peso da formación do PAS foise incrementado de modo importante nos últimos años, desde o punto de vista do seu recoñecemento institucional, o cal constitúe per se un aliciente á hora de coidar e estimar a formación.

DIMENSIÓN 2. RECURSOS CRITERIO 5. RECURSOS MATERIAIS E SERVIZOS: Estándar: Os recursos materiais e servizos postos a disposición do desenvolvemento do título son os adecuados en función da natureza, modalidade do título, número de estudantes matriculados e competencias a adquirir. Analizar e valorar se os recursos materiais e servizos postos a disposición dos estudantes son os adecuados ás necesidades do título. 5.1.- Os recursos materiais, infraestruturas e servizos postos a disposición dos estudantes e o profesorado son suficientes e adecuados ás características do plan de estudos, ás modalidades de impartición e ás competencias que deben alcanzar os estudantes. Aspectos a valorar: • As infraestruturas destinadas ao proceso formativo son as adecuadas en función da natureza e

modalidade do título. Prestarase especial atención á dispoñibilidade de aulas, salas de estudo, aulas de informática e recursos informáticos, laboratorios, salas de reunións, biblioteca, …

• Os recursos materiais, postos a disposición dos estudantes, son os adecuados en función da natureza e modalidade do título e as competencias a adquirir por eles y coinciden coas previsións que se incluíron na memoria de verificación. Prestarase especial atención á dispoñibilidade de equipamento e material científico, técnico, asistencias e artístico, (dependendo da tipoloxía de ensinanza), …

• Aplicación das normativas de accesibilidade universal e deseño para todos, seguridade, saúde e medio ambiente e coñecemento delas polos axentes implicados.

• Os fondos bibliográficos, recursos documentais,… son suficientes e están actualizados. • No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do

título relativos á creación, posta en marcha ou utilización de novas infraestruturas ou servizos externos á Universidade.

• Os servizos de orientación académica (selección de materias, problemas de aprendizaxe, necesidades especiais, aloxamento,…) e orientación profesional postos a disposición dos estudantes son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.

• Os servizos de atención ao estudante (documentación, informes de cualificacións, actas, certificados académicos, tramitación de solicitudes de validacións ou de traslado,..) postos á súa disposición son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.

• Os programas de acollida e apoio ao estudante oriéntano no funcionamento da institución. • Tendo en conta as diferentes modalidades de impartición do título, analizase e revísase o grao de

Page 31: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

31 de 51

adecuación, para a consecución das competencias por parte dos estudantes, das infraestruturas tecnolóxicas e servizos tanto no centro responsable do título como, no seu caso, en centros externos (centros de prácticas, empresas, centros asociados, etc.).

• No caso de que o título contemple a realización de prácticas externas, as instalacións onde se realizan son adecuadas para a adquisición das competencias.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: En termos xerais, os recursos materiais de que dispón o centro, así como os servicios –que se concretan na dispoñibilidade e asesoramento para a utilización de espazos técnicos, así como na atención e asesoramento aos usuarios da biblioteca, a hemeroteca e a mediateca– son suficientes e axeitados, na súa concepción inicial e no seu desenvolvemento posterior, ás características do plan de estudios, a unha modalidade de impartición presencial e ás competencias recollidas na memoria do título, e particularmente, aos diferentes programas/guías docentes das materias. Así, o que na memoria do título se describía como acervo de recursos cos cales se contaba para acoller e desenvolver o Grao en Xornalismo, se traducía no seguinte (véxase o enlace https://sede.educacion.gob.es/cid/74373273207287143357735.pdf):

Aulas de propósito general

• 9 Aulas de propósito general, de las cuales 4 disponen de 108 puestos (aulas 0, 1, 2 y 3), 1 de 96 puestos (aula 4) y 4 de 80 puestos (aulas 5, 6, 7 y 8).

• 3 Aulas de visionado –de 108, 40 y 77 puestos cada una- equipadas con reproductores de DVD y pantalla o cañón de proyección. El aula de Visionado 1 tiene, además, un sistema integrado de videoconferencia.

Laboratorios y aulas con dotación específica • 5 Aulas de informática dedicadas a la realización de las asignaciones de laboratorio de las

materias asociadas a prensa y multimedia. Las aulas disponen de 25, 28, 20, 22 y 12 puestos equipados con software específico para las prácticas de diseño, maquetación y creación de productos para la prensa escrita y multimedia.

• 2 Estudios de radio para la realización de prácticas de laboratorio radiofónico, que disponen además del material técnico necesario para la grabación, edición y reproducción de las prácticas, de 30 puestos cada uno para audiciones.

• 2 Platós de televisión con el equipamiento específico para la realización de programas de televisión, particularmente programas informativos (plató 1) y de otros géneros (plató 2). Los platós tienen una superficie de 139 m2 y 124 m2, respectivamente.

• 1 Plató de cine con tramoya, que complementa el material existente en los platós de televisión. • 1 Aula de redacción televisiva informatizada, con 15 puestos y orientada a la edición en línea

de programas. El aula está equipada con el software necesario para la edición televisiva. • 7 Cabinas de edición de vídeo que sirven para la realización de prácticas de laboratorio de

televisión y multimedia. Las cabinas suponen en total 11 puestos de edición, conversión de formatos y visionado.

• 1 Sala de doblaje que sirve para complementar los espacios de laboratorio radiofónico.

Espacios de trabajo para estudiantes • 2 Aulas de informática de libre acceso, de 19 y 24 puestos, con impresoras y conexión a

Internet.

Page 32: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

32 de 51

Todos estes recursos que acabamos de describir mantivéronse e ampliáronse nos termos que seguen: a propia natureza do título, isto é, a porcentaxe de horas interactivas -41,55% do total da carga lectiva– e a natureza das mesmas, isto é, a súa estreita dependencia dun soporte infraestrutural, polo tanto, tecnolóxico, requiriu habilitar, manter e renovar numerosos espazos técnicos. A totalidade de ditos espazos, así como a súa dotación específica, poden apreciarse con detalle no seguinte enlace: http://www.usc.es/gl/centros/cc_comunicacion/Inffraestruturas.html Cabe, non obstante, facer referencia expresa aos espazos destinados ao persoal docente: disponse de 32 despachos para PDI, 26 dos cales son individuais e se destinan fundamentalmente a albergar ao PDI estable; en canto aos 6 restantes, se destinan a uso colectivo, pois teñen maior amplitude, están dotados de máis mobiliario e están ocupados de modo máis ocasional, de aí que se destinen a profesores asociados, interfacultativos e bolseiros con vinculación ao Departamento de CC. da Comunicación. Así mesmo, se dispón de 2 salas de reunións amplas: Sala de Xuntas do Departamento, destinada sobre todo á celebración de consellos de departamento e comisións delegadas, e Sala de xuntas da Facultade, destinada sobre todo á celebración de xuntas de facultade e reunións de comisións delegadas, esta é, ademais, sala de videoconferencias. Se dispón, así mesmo, de 3 locais destinados ao desenvolvemento de actividades de investigación, os cales se corresponden cos 3 grupos de investigación con sede e actividade no centro; en ditos locais se alberga a técnicos de investigación e bolseiros sufragados por estes grupos, así como o material informático e outro, de carácter tecnolóxico, do cal se van dotando ditos grupos para o desenvolvemento da súa actividade. Destacaremos a existencia dun Aula de Seminario III, un espazo dotado de material de reprodución de audio e vídeo, no cal se desenvolve a docencia derivada do programa de doutoramento que ofrece o Departamento de Ciencias da Comunicación. Así mesmo, disponse dunha sala destinada a dispensar material técnico utilizado nas materias con carga interactiva: cámaras, micrófonos, material de iluminación, gravadoras de son, trípodes, etc. Todo isto, sexa para uso dentro das aulas técnicas, sexa para saídas ao exterior, se dispensa, como dicimos, en dita sala, na que se encontra, ademais, o persoal técnico asignado aos graos. Disponse dun Auditorio con capacidade para albergar a 300 persoas, dotado con proxector de vídeo, mesa de son e proxector de cine de 35mm; este espazo dá cabida a numerosos congresos que, ao largo do curso académico, a comunidade universitaria desenvolve no noso centro, dadas as magníficas características acústicas deste espazo, así como a súa dotación técnica. Cabe, así mesmo, sinalar a propósito da Biblioteca do centro que esta conta con 880 m2 de uso público, repartidos en dous espazos (1º e 2º andar) que ofrecen 196 postos de lectura. Así mesmo, tanto as 2 salas centrais de estudo, como as dúas salas de traballo colectivo, permiten o acceso directo aos fondos hemerográficos, monográficos e fílmicos da nosa colección viva. A Mediateca conta con 4 cabinas equipadas con reprodutores para VHS e DVD, 8 cabinas con acceso a Internet, 1 das cales se destina a campañas solidarias, isto é, ao rexistro de horas de estudio en maratóns solidarios organizados dende a Oficina de Voluntariado da USC. Por último, a Hemeroteca conta cunha sala de uso restrinxido para PDI e doutorandos, na que se atopan os principais fondos hemerográficos de investigación, así como a colección bibliográfica especializada Pillado. Cabe referirse á Fonoteca da Universidade, cuxa sede se encontra así mesmo no centro, ao tempo que ao SERVIMAV, Servicio de Medios Audiovisuais destinado a elaborar documentos didácticos, fundamentalmente, que serven de apoio á docencia e á investigación, ao tempo que custodia fondos audiovisuais da USC. O alumnado tamén dispón de Sala Wifi: un espazo aberto, próximo ao aulario, dotado con mobiliario (mesas e cadeiras) e varios puntos de conexión á rede eléctrica, no cal se reúnen os estudantes para desenvolver traballos conxuntos. Dispoñemos, finalmente, dun espazo identificado como P-1, destinado a reunións de representantes do noso alumnado nos órganos colexiados de goberno da Facultade e da USC; así como dun espazo destinado ao labor de atención ao estudantado que realiza o alumnado-titor.

Page 33: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

33 de 51

Descrita a distribución de espazos, convén dar conta da dotación da Biblioteca do centro, cuxo acervo de fondos bibliográficos e outros recursos documentais relacionados coa temática do título ascende a 831, onde queda contida a bibliografía recomendada para materias do Grao en Xornalismo. Isto constitúe unha proba de que, en efecto, a bibliografía recomendada nas diferentes materias do grao, nutren en parte a Biblioteca do centro. Por outra banda, si consideramos a totalidade dos títulos impartidos no centro, o acervo de fondos bibliográficos e outros recursos documentais relacionados precisamente coa temática dos títulos, distribúese do xeito que segue: ademais dos 831 do Grao en Xornalismo, 861 corresponden especificamente ao Grao en Comunicación Audiovisual, 615 ao Dobre Grao e 347 ao Máster en Xornalismo e Comunicación; todo o cal fai un total de 2.654 rexistros. A Facultade de Ciencias da Comunicación mantén, ademais, dende 2015-16 unha colección de recursos electrónicos, aos que en 2016-17 se engadiron catro bases de datos de temática específica:

World Press Trends Year book of the European Audiovisual Observatory Communication & Mass Media Complete (CMMC), EBSCO Alternative Press Index (API), EBSCO.

En suma, no que atinxe aos fondos bibliográficos, aos fondos hemerográficos e aos fondos audiovisuais, no enlace que se adxunta pode encontrarse unha relación precisa de todos eles: http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/busc/centros/comunicacion/coleccions.html. A modo de referencia comparativa sobre o crecemento dos nosos fondos, nos últimos cursos académicos houbo unha evolución no sentido que a continuación se reflicte:

Biblioteca, Hemeroteca, Mediateca 2016 2017 1. Monografías 30.882 31.288 2. Publicacións periódicas 713 713 3. Material non librario 4.915 5.148 3.1.Documentais 334 391 3.2. Películas 4.341 4.516 3.3. Series de televisión 240 241 4. Monografías 399 + 230 = 629 5. Revistas impresas 18 18

Debe considerarse que a política universitaria de austeridade no permite adquirir títulos duplicados, de modo que a Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, por exemplo, é complementaria da nosa Biblioteca en coleccións fílmicas e en publicacións periódicas dedicadas ao universo cinematográfico, sexa de ficción ou documental. Por último, a propia deriva das publicacións periódicas nos ámbitos disciplinares da comunicación audiovisual e do xornalismo, cara os soportes electrónicos, as versións on line, fan menos necesario que outrora manter subscricións custosas ás versións impresas. É por iso que deben considerarse outra tipoloxía de fondos que a comunidade universitaria pode consultar en rede, adquiridos a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) http://www.bugalicia.org/, os cales representan unha boa parte das nosas adquisicións en forma de subscricións anuais (en torno ao 10% do total). Finalmente, a Biblioteca, en tanto integrante de BUSC, ofrece un servizo de acceso a libros en formato electrónico a través da súa plataforma PRELo http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/modules/news/news_0099.html, un fondo editorial de libro en

Page 34: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

34 de 51

lingua galega, ao que o alumnado do título ten acceso. En suma, os recursos materiais postos a disposición da comunidade universitaria son os axeitados, dada a natureza do título –xa se fixo referencia á carga de horas interactivas, como proba do carácter parcialmente técnico destas ensinanzas–, e dada tamén a súa modalidade presencial, o que obriga a dispoñer de espazos físicos para o desenvolvemento de tales ensinanzas. Non obstante o cal, a USC ofrece un Campus Virtual que permite, a través das súas aulas virtuais, establecer unha relación docente/discente non presencial, complementaria ás clases expositivas e ás clases interactivas, a fin de facilitar ao alumnado información sobre tarefas, recepción de traballos, organización de foros, notificacións, avisos, organización de axendas de traballo, envío de material bibliográfico, audiovisual, gráfico, etc. Todo o cal mingua a dependencia do centro de cara a realizar o traballo individual por parte do alumno. En canto ao equipamento informático e material técnico con que conta o título, a dependencia do mesmo é elevada, en especial no caso das ensinanzas con horas interactivas, si ben isto é aplicable a esas outras, de carácter expositivo, no marco das cales se necesita mobilizar mostras de vídeo e de audio de cara a analizar, ilustrar, esclarecer, etc., planteamentos teóricos e/ou analíticos. Debe destacarse a calidade do equipamento informático e do material técnico, si ben a súa actualización é parcial neste contexto de precariedade económica, polo seu carácter profesional, logo custoso. Así, o número de ordenadores conectados á rede destinados a docencia é o que se detalla máis abaixo; tamén se detalla o número de ordenadores conectados á rede de uso non docente, á cifra reflectida debe engadirse o número de terminais portátiles que utiliza de modo particular o PDI e o propio alumnado; todo o cal permite falar dunha boa dotación en canto a dispositivos informáticos, en sintonía coa dependencia que as propias ensinanzas manifestan destes dispositivos. Debe destacarse, finalmente, que o aulario en xeral dispón de terminais informáticas, acceso remoto a proxectores de vídeo, equipos de son HD e acceso a Internet.

Ordenadores destinados a docencia:

• Aulas 0 – 8: 1 ordenador por aula (9) • Aula de Informática 1: (21) • Aula de Informática 2: (29) • Aula de Informática 3: (33) • Aula de Informática 6: (26) • Portátiles para PDI: (6)

TOTAL: 124 Ordenadores destinados a uso non docente:

• Aula de Informática 4: (19) • Aula de Informática 5: (13) • Portátiles de préstamo para o alumnado: (14)

TOTAL: 46

Non obstante, o nivel de adecuación das infraestruturas tecnolóxicas e servizos antes descritos, tanto no centro como naqueles centros empresariais e institucionais que manteñen activos os seus convenios de prácticas, dadas as características dunha modalidade de impartición presencial, se aprecia no esforzo que realizaron diferentes colectivos –grupos de investigación, por exemplo–, tamén a título particular –referímonos neste caso ao empeño dalgúns docentes– e, por suposto, os diferentes equipos de xestión, de cara a actualizar infraestruturas e servizos. Exponse, a continuación, como evidencia a seguinte acción: ven de renovarse o software e o hardware dos Espazos de Radiodifusión Sonora con 5 Unidades de software AUDIOPLUS PAYOUT; 6 Unidades de software AUDIOPLUS A + MINI (Redacción dixital); Conectores para tarxetas audio; 6 Pcs Lenovo para a redacción dixital; en atención á inclusión de estándares profesionais, cuxo importe total ascendeu a 18.236 euros, cofinanciados pola USC e a

Page 35: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

35 de 51

empresa licitadora do material técnico e informático. Exposto o anterior, e de cara a examinar os datos de satisfacción dos correspondentes grupos de interese coas infraestruturas e servicios, debe advertirse que o nivel de satisfacción dos egresados con respecto aos servicios, se traduce no seguinte: ante a pregunta, “indica a túa satisfacción coas infraestruturas e os materiais dispoñibles no teu centro”, a media do título pasou de 2,67, fronte á media global da USC que foi 2,78 (2013-14), a 3,59 media do título, 2,89 media global da USC (2014-15), e finalmente 3,08 media do título, 2,85 media global USC (2015-16). En canto aos recursos tecnolóxicos (campus virtual, secretaría virtual, redes wifi, etc…), a media do título pasará de 2,50, sendo a media global da USC 3,57 (2013-14); a 2,81 (2014-15), sendo a media global 3,62; 3,23 media do título, 3,67 media global (2015-16). No caso da Biblioteca, a satisfacción pasou de 3,50, sendo a media global 3,90 (2013-14); a 4,06 media do título e 3,92 media global (2014-15); e finalmente 4 media do título e media tamé da USC (2015-16). Vinculado a isto último, no Informe de satisfacción do profesorado coa docencia impartida, ante a pregunta “no centro, conto con recursos necesarios (soportes multimedia, TICs, aulas e/ou laboratorios…) para a docencia”, os valores son os que seguen: 4 en 2012-13; 3,54 en 2013-14; 3,84 en 2014-15; 3,68 en 2015-16; e 3,57 en 2016-17. De igual modo, na consecución de competencias por parte dos estudantes do título, ademais das infraestruturas tecnolóxicas e servicios cos que conta o centro, debe considerarse o papel que xogan as empresas e institucións nas que o alumnado desenvolve os diferentes períodos de prácticas. Tal como se advertiu con anterioridade, o centro estableceu acordos con numerosas entidades para a realización de prácticas externas. Neste sentido, o indicador relativo á porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico, que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados do título no mesmo curso académico, arroxa o seguinte resultado: 0,00 (2010-11); 0,00 (2011-12) –obsérvese que, dado que o grao se implantou en 2009, ata 2012-2013 non houbo egresados do mesmo, de aí os valores 0,00; 79,55 (2012-13); 88,10 (2013-14); 90,11 (2014-15); 91,70 (2015-16); 91,18 (2016-17). Así pois, a participación foi en aumento, ata representar practicamente á totalidade dos egresados nun curso académico dado. Sobre a satisfacción do estudantado, así como a taxa de satisfacción de titores externos e internos, deuse conta anteriormente. En relación á aplicación dun procedemento sistemático para recabar a opinión xeral de todos os grupos de interese sobre aspectos xerais do título, debe sinalarse que a presión de enquisas de satisfacción que reciben todos os grupos de interese é moi elevada, especialmente o alumnado, obsérvese ao respecto o volume de enquisas que expoñemos ao longo do presente informe, ademais do cal debe advertirse que ditas enquisas abordan tanto cuestións xerais do título –nisto baséanse as valoracións globais–, como aspectos concretos –véxase, por exemplo, a satisfacción cos recursos bibliográficos. En particular, a propósito da recompilación de datos de satisfacción de todos os grupos de interese sobre a orientación académica e os programas de acollida, debe sinalarse, en relación á primeira cuestión, isto é, a orientación académica, que podemos centrarnos en tres aspectos:

1) No labor de titorización que o profesorado realiza ao longo do curso académico, en horarios estables e, máis alá disto, o labor de atención a través de correo electrónico e foros que permite establecer o Campus Virtual da USC. Neste sentido, dúas das enquisas que se realizan no centro, destinadas ao Grao en Xornalismo, acometen especificamente esta cuestión: a enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida, na cal o ítem “a axuda recibida nas titorías foi de utilidade” arroxa os resultados que seguen, 3,11 (2011-12), 3,34 (2012-13), 3,24 (2013-14), 3,39 (2014-15), 3,26 (2015-16), e 3,49 (2016-17); e no ítem "resolve as dúbidas que se lle formulan (clase, titorías, aula virtual, correo electrónico...)" se obteñen os seguintes resultados: 3,64 (2012-13), 3,67 (2013-14), 3,67 (2014-15), 3,56 (2015-16), 3,81 (2016-17). De igual modo,

Page 36: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

36 de 51

no documento relativo á satisfacción dos egresados en Xornalismo, está contida unha pregunta específica sobre orientación, en concreto, “valora a información e apoio recibidos nas actividades de acollida e presentación realizadas polo centro/título”, a cal arroxa os datos que seguen: (2013-14) 1,67, sendo a media da USC 2,76, (2014-15) 2,56, sendo a media da USC 2,90, (2015-16) 2,62, sendo a media da USC 2,84. Relacionado coa mellora destes resultados últimos, dende2017-18 incorporouse o alumnado titor ao programa de acollida do centro.

2) Debe destacarse, así mesmo, o labor de titorización que realizan tanto os coordinadores dos programas de intercambio que afectan ao título, o cal se aborda no marco das enquisas de satisfacción sobre mobilidade; en concreto, no documento sobre satisfacción da mobilidade saínte en Xornalismo, unha das preguntas é “cal é a túa valoración sobre a orientación e axuda por parte do coordinador/a de mobilidade na USC?”, que arroxou o seguinte resultado: 2,83 (2013-14), media USC 3,19; 2,70 (2014-15), media USC 3,15; 2,33 (2015-16), media USC 3,34; e 2,50 (2016-17), media USC 3,18. Anteriormente expuxemos as accións paliativas que, dende o título, tentamos levar a cabo para elevar a consideración do alumnado do apoio que recibe no centro. Non obstante, advírtase que en relación ao ítem "en xeral, cal é o teu nivel de satisfacción co programa de mobilidade e coa experiencia vivida?": 4,67 (2013-14), 4,36 media USC; 4,50 (2014-15), 4,53 media USC; 4,17 (2015-16), 4,60 media USC; 4,50 (2016-17), 4,34 media USC. Resulta paradóxica a percepción pacata, en 2016-17, do labor de coordinación e, sen embargo, o aumento na consideración global do programa de mobilidade. No caso da mobilidade entrante, a enquisa de satisfacción, da cal demos conta anteriormente, contén a pregunta “valora a axuda recibida polo coordinador académico”, sendo os valores os que seguen: 2,56 (2012-13), media USC 3,45; 3,91 (2013-14), media USC 3,43; 2,50 (2014-15), media USC 3,55; 3,00 (2015-16), media USC 3,38; e 2,20 (2016-17), media USC 3,36. Expuxéronse anteriormente as medidas tomadas a fin de mellorar os valores obtidos.

3) O labor de titorización, externa e académica, que se leva a cabo no marco do programa de prácticas externas, introduciuse no marco das enquisas de satisfacción do alumnado co programa de prácticas, véxase ao respecto o xa citado Informe sobre satisfacción do alumnado con dito programa, en concreto, a pregunta relativa á “atención recibida por parte do/a titor/a profesional e do persoal da empresa/institución foi axeitada”, cuxa valoración sería: 4,57 (2013-14), media USC 4,33; 4,10 (2014-15), media USC 4,43; 4,64 (2015-16), media USC 4,41; 4,18 (2016-17), media USC 4,56; como se aprecia, un lixeiro descenso xa comunicado ao Responsable do Programa de Prácticas da Facultade. En canto á pregunta “a información, orientación e atención presentada por parte de meu titor/a académico da Universidade foi a axeitada”, neste caso pasouse de 1,00 (2013-14), media USC 3,76; 2,52 (2014-15), media USC 3,84; a 3,18 (2015-16), media USC 3,88; 3,14 (2016-17), media USC 4,08.

Debe advertirse que, en cumprimento dunha acción de mellora, elaboráronse ao longo de 2017-18 enquisas de satisfacción propias destinadas a estudantes de grao e aos egresados, que serán ultimadas pola Comisión de Calidade do Centro en datas próximas, tal como se pode advertir nas actas publicadas na web do centro. O obxectivo das mesmas será complementar as enquisas xerais da universidade, tentando mellorar, si cabe, a fiabilidade das mesmas, ao incluír propostas máis próximas, máis fieis, aos intereses e idiosincrasia dos graos. Por outra parte, vinculado aos servicios de orientación académica, de cara a estimar de modo preciso a satisfacción do alumnado co programa de acollida do centro, as actuais alumnas titoras elaboraron unha enquisa propia, accesible a través da nosa web, en atención a unha acción de mellora. Para finalizar, convén reflexionar sobre as cuestións que a continuación se sinalan:

Page 37: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

37 de 51

• Aplicación das normativas de accesibilidade universal e deseño para todos, seguridade, saúde e medio ambiente e coñecemento das mesmas polos axentes implicados.

• Os servicios de orientación académica (selección de asignaturas, problemas de aprendizaxe, necesidades especiais, aloxamento,…) e orientación profesional postos a disposición dos estudantes son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.

• Os servicios de atención ao estudante (documentación, informes de cualificacións, actas, certificados académicos, tramitación de solicitudes de validacións ou de traslado,..) postos á súa disposición son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.

• Os programas de acollida e apoio ao estudante oriéntano no funcionamento da institución.

Debe considerarse que, no seu conxunto, estas cuestións se xestionan nos diferentes servicios centrais da USC (http://www.usc.es/gl/servizos/), dos cales cabe destacar:

a) Servicio de Participación e Integración Universitaria (http://www.usc.es/es/servizos/sepiu/),

Servizo de Prevención de Riscos (http://www.usc.es/gl/servizos/sprl/), Oficina da Igualdade de Xénero (http://www.usc.es/gl/servizos/oix/), Oficina de Desenvolvemento Sostible (http://www.usc.es/plands/). Neste sentido, cabe destacar tamén que o centro dispuxo durante o curso 2016-17, ao igual que en anos anteriores, dun bolseiro de Desenvolvemento Sostible, cuxo proxecto de sostenibilidade se desenvolveu dende o centro e abrangueu, de modo coordinado, a outros centros do Campus Norte, implicando á comunidade afectada en accións de desenvolvemento universitario responsable co medio ambiente: uso da bicicleta para o traslado a través da cidade –o centro ofrece aparcadoiro-, utilización dos contedores de reciclaxe ubicados no centro (papel, pilas, cartuchos de impresoras, soportes electrónicos de almacenamento, entre outros), etc. Noutro orde de cousas, o centro dispón de unidades informáticas para invidentes, dado que este colectivo ten presencia nos nosos graos, así como de pupitres adaptados a estudantes con discapacidades/peculiaridades motrices. Desde o punto de vista arquitectónico, a colocación de carrís nas ramplas exteriores de acceso ao centro, responden, así mesmo, a un propósito de adaptación responsable ás normativas de accesibilidade universal.

b) En relación á segunda cuestión, de igual modo, a USC acomete os servicios de orientación académica e de orientación profesional, a través da Oficina de Información Universitaria (OiU) (http://www.usc.es/gl/servizos/oiu/), Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (http://www.usc.es/gl/servizos/axudas/), Servizo Universitario de Residencias (SUR) (http://www.usc.es/gl/servizos/sur/index.html), Área de Orientación Laboral e Emprego (http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ ). Non obstante o cal, o actual equipo decanal levou a cabo a incentivación entre antigos alumnos, egresados de ambos títulos, dunha asociación que xestionase curricula, ofertas de emprego, asistencia e orientación ao egresado, etc. Sen embargo, o requirimento feito polos egresados que se postularon para o mantemento administrativo da asociación, de dotar economicamente, por parte da Facultade, esta acción, fixo inviable polo momento a súa consolidación.

c) En canto aos servicios de atención ao estudante, a tarefa corresponde eminentemente ao Servizo de Xestión Académica - UXA Norte (http://www.usc.es/gl/servizos/sxa/).

d) Por último, no relativo aos programas de acollida e apoio ao estudante, destacaremos o Programa A Ponte – Curso de Titores (http://www.usc.es/gl/perfis/futuros/aponte/) co que este centro está familiarizado, xa que nos corresponden un máximo de 8 prazas, no caso do alumnado titor, divididas á metade entre ambos graos. Desde a Facultade se publicitan as

Page 38: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

38 de 51

convocatorias que realiza a Universidade, si ben, o estudantado ven respondendo de modo un tanto irregular. Neste sentido, ademais, o coordinador do Grao en Comunicación e do Dobre Grao en Comunicación Audiovisual e Xornalismo, imparte o curso de Técnicas de Comunicación a alumnos titores, no marco do citado Programa, sendo en 2014-15 e 2015-16 o docente mellor valorado polos alumnos titores asistentes.

DIMENSIÓN 3. RESULTADOS

CRITERIO 6. RESULTADOS DE APRENDIZAXE: Estándar: Os resultados de aprendizaxe alcanzados polos titulados son coherentes co perfil de egreso e correspóndense co nivel do MECES da titulación. Analizar os resultados de aprendizaxe alcanzados polos estudantes e se son coherentes co perfil de egreso e se corresponden co nivel do MECES do título.

6.1.- Os estudantes ao finalizar o proceso formativo adquiriron as competencias previstas para o título. Aspectos a valorar: • O desenvolvemento das actividades académicas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación e

cualificación contribúen á consecución e valoración dos resultados de aprendizaxe previstos. • Os resultados de aprendizaxe alcanzados satisfán os obxectivos do programa formativo e adecúanse

ao nivel MECES. • Os resultados de aprendizaxe téñense en conta para a revisión e mellora do plan de estudos.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Consideramos que as actividades de carácter académico en xeral, as metodoloxías e sistemáticas docentes que se desenvolven en torno ás diferentes materias, as diversas probas e métodos de avaliación e de cualificación –todo o cal se recolle nas guías docentes–, veñen contribuíndo á consecución, en termos satisfactorios, tanto das competencias baralladas como dos resultados de aprendizaxe previstos, en cada caso, na Memoria do título. É por isto que a taxa de éxito global da titulación –isto é, a relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron) se traduce nos datos que seguen: 96,08 (2010-11); 96,32 (2911-12); 97,61 (2012-13); 97,06 (2013-14); 97,21 (2015-16); e 98,07 (2016-17). Se trata, en consecuencia, dunha taxa mi elevada, sempre próxima ao 100% e certamente constante; advírtase que a memoria de verificación contempla as seguintes porcentaxes: 96,7 (2003-4); 96,2 (2004-5); 96,08 (2005-6); 95,00% (2006-7) (véxase https://sede.educacion.gob.es/cid/93002811489177108323579.pdf páxina 4). Vinculado a estes datos, obsérvese que no caso do alumnado do Dobre grao, que comparte profesorado co Grao en Xornalismo, a taxa de éxito situouse en 98,85, en 2015-16, e en 99,17 no curso seguinte, 2016-17. Por outra parte, si observamos esta mesma taxa de éxito en relación a cada una das materias que integran o plano de estudios, e desde unha perspectiva temporal, apreciase que máis do 50% das materias de cada curso alcanza unha taxa do 100%, tal como amosa o Informe de taxa de éxito das materias do plan de estudio, proporcionado pola Área de Calidade da USC. Por último, no xa citado Informe de indicadores do grao se desenvolve o indicador “taxa de éxito dos egresados”, resultado da relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou, pois ben, o valor total foi en 2015-2016 del 97,27; 96,64 (2016-17), cifra indicativa da sobreabundancia de créditos que, potencialmente, ten

Page 39: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

39 de 51

ao seu alcance o alumnado: sobre todo, unha optatividade na que o estudante tende a matricularse de modo extensivo, pero da que só fai uso, finalmente, si non acada créditos por prácticas externas, por exemplo. Así mesmo, obsérvese que no citado Informe de indicadores XOR está contida a “taxa de idoneidade na graduación”, cuxo procedemento de cálculo se traduce na relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudios no tempo previsto no plan de estudios ou antes e a súa cohorte de ingreso. En consecuencia, esta aporta información sobre o grado de eficacia do alumnado e da institución en relación á súa actividade académica; pois ben, o resultado foi do 74,12% durante o período 2015-16; 56,16 (2016-17). O descenso desta taxa é, probablemente, ocasional, dado que as restantes taxas relacionadas co rendemento académico non acusaron descenso algún e, cando así foi, este non resultou significativo. Non obstante, dado que o alumnado do grao fai, case na súa totalidade, as prácticas en empresas, e dado que as cualificacións das mesmas se incorporan ao seu expediente en setembro, isto implica que en torno ao 90% dos expedientes non se pechan até entón -o que vai en detrimento da idoneidade na graducación-, e que unha boa parte dos TFG non se defenden tampouco até ese momento. De cara a valorar si os resultados de aprendizaxe acadados satisfacen os obxectivos do programa formativo e, nesa mesma medida, satisfacen as competencias básicas atribuídas ao nivel de grao, tal como as contempla o Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES), en concreto, as contidas no RD 1393/2007, relativas á adquisición de coñecementos, aplicación dos mesmos nun entorno profesional, interpretación de datos relevantes, capacidade de transmisión de información e desenvolvemento de habilidades de aprendizaxe con fins ulteriores –exposto todo isto en termos xerais–; tomaremos como referencia o contido do Informe de cualificacións das materias do plan de estudios, cuxa información ten correspondencia directa co documento antes barallado sobre a taxa de éxito acadada en cada unha das materias. O informe sobre cualificacións permite vislumbrar que –exposto en termos xerais– a meirande parte das materias se sitúan no notable, como rango de cualificacións que acada a maioría dos integrantes do grupo que cursa unha determinada materia, e nalgúns casos, o rango de cualificacións maiormente acadado é o sobresaliente, mentres que debe advertirse a excepcionalidade dos “non presentados”. Polo tanto, isto debería ser indicativo de que a adquisición de coñecementos, a capacidade interpretativa, así como a de transmisión de información e o desenvolvemento de habilidades de aprendizaxe, nun entorno de educación superior, foi acadado. Valgan como apoio a isto último, os resultados dos Traballos de Fin de Grao defendidos en 2016-17 no título.

Page 40: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

40 de 51

DIMENSIÓN 3. RESULTADOS

CRITERIO 7. INDICADORES DE SATISFACCIÓN E RENDEMENTO: Estándar: Os resultados dos indicadores do programa formativo son congruentes co deseño, a xestión e os recursos postos a disposición do título e satisfán as demandas sociais da súa contorna. Analizar os principais datos e resultados do título e valorar a evolución dun núcleo de indicadores mínimo. Comprobar se os resultados se adecúan ás previsións e características do título. 7.1.- Os principais datos e indicadores do título evolucionan favorablemente de acordo coas características do título. Aspectos a valorar: • Indicadores de demanda. • Indicadores de resultados. • Os indicadores téñense en conta para a mellora e revisión do plan de estudos.

Finalmente, en efecto, os resultados da aprendizaxe, son valorados anualmente pola Comisión de Calidade do Centro, así como pola Comisión Académica, o cal se plasma nos Informes Anuais de Seguimento do Título, e en caso de determinarse disfuncións, se plantean as correspondentes accións de mellora anuais.

Page 41: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

41 de 51

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: En efecto, podemos considerar que os indicadores do programa de formación, gran parte dos cales viñemos examinando, están en consonancia co deseño, a xestión e os recursos a disposición do título; si ben, naqueles casos en que esta consonancia se viu minguada, planificáronse accións de mellora destinadas a constituírse en paliativos. En canto á satisfacción das demandas sociais, a propia concepción dun grao no cal o perfil profesional, vinculado ao manexo de modelos narrativos propios do exercicio profesional do xornalismo e á innovación tecnolóxica, que propiciou a incorporación dun perfil profesional destinado a estruturar e xestionar estratexicamente múltiples tipoloxías de información, non só aquela que se enmarca nos parámetros da actualidade informativa; así como un perfil investigador que nos permitiu dotarnos de formadores, ao tempo que os subministramos a outras universidades, españolas e estranxeiras, son obxectivos manifestos que, ao noso modo de ver, veñen satisfacendo as necesidades dunha sociedade moderna que solicita formación superior de cara a acometer profesionalmente certos ámbitos das superestruturas sociais. Analizamos con anterioridade os indicadores de demanda, non obstante, cabe aínda engadir algún dato máis ao respecto, de cara a apreciar en maior medida o carácter elevado e sostido no tempo de dita demanda. Así, tal como se recolle no xa citado Informe de indicadores XOR, a matrícula –isto é, o número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade– evolucionou do modo que sigue: 224 (2010-11), 309 (2011-12), 381 (2012-13), 367 (2013-14), 364 (2014-15), 354 (2015-16), 369 (2016-17). Así mesmo, no informe relativo á procedencia xeográfica do estudantado, de cara a recoñecer aspectos concretos que definen, tamén en termos cualitativos, dita matrícula. Convén sinalar ao respecto que desde 2010-11 o grado comeza a atraer estudantes do resto de España, no só de comunidades próximas xeograficamente a Galicia, tal é o caso de Castela e León, ao tempo que de Asturias e de Cantabria; senón tamén de comunidades alonxadas como Valencia, Andalucía, ou Canarias e incluso de comunidades con sistemas universitarios que, precisamente pola súa ubicación xeográfica e a súa vocación urbana, son en si mesmos moi atractivos para os universitarios españois; pois ben, de comunidades como Madrid, o título recibiu alumnos en 2016-17. Rexistrouse, así mesmo, neste curso académico, 1 estudante procedente de Colombia. Por último, advírtase que provincias como Pontevedra e A Coruña nutren en gran medida o grao. Na orde destas cifras cabe sinalar tamén a taxa de variación relativa –expresada en porcentaxe– da matrícula de estudios, que se traduce nos seguintes datos: -3,57 (2010-11), a partires deste curso reduciuse de 100 a 80 o número de prazas ofertadas; -17,59 (2011-12), -12,36 (2012-13), 7,69 (2013-14), 1,19 (2014-15), -3,53 (2015-16); e -12,20 (2016-17). Estes datos deben apreciarse vinculados ao feito de que o título veu mantendo o seu nivel de captación de alumnado sen dificultades, os datos de demanda así o confirman, polo que as citadas variacións son menores e se corresponden con entradas ocasionais dun maior volume de alumnos sobre o número de prazas ofertadas (debido a empates nas notas de acceso, por exemplo), o cal incide negativamente en anos subseguintes, cando a matrícula se axusta ás prazas ofertadas. Así, en 2014-15 aumentouse o número de prazas ofertadas e isto influíu en 2015-16, por razóns sinaladas anteriormente; en canto a 2015-16 detraéronse prazas destinadas ao dobre grao. En canto á relación de estudantes preinscritos en 1ª opción matriculados por 1ª vez sobre as prazas ofertadas –como se sabe, trátase do número de estudantes preinscritos en 1ª opción matriculados por 1ª vez dividido entre o número de prazas ofertadas–, tradúcese nunhas cifras elevadas, que exceden con creces o número de prazas ofertadas e que unicamente se viron un pouco minguadas trala ampliación da oferta de titulacións, en concreto, coa incorporación do Dobre Grao en Comunicación Audiovisual e en Xornalismo: 85 (2010-11), 95 (2011-12), 95 (2012-13), 98,75 (2013-14), 102,50 (2014-15), 71,43 (2015-16), 48,00 (2016-17). Polo que atinxe aos indicadores de resultados, a meirande parte dos cales xa foron examinados anteriormente, cabe non obstante apelar de novo á taxa de rendemento, cuxa evolución foi a que segue: 91,61 (2010-11), 92,61 (2011-12), 93,52 (2012-13), 94,51 (2013-14), 91,70 (2014-15), 91,11 (2015-16),

Page 42: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

42 de 51

90,52 (2016-17). A relación detallada desta taxa de rendemento por materias ofrécese no Informe de taxa de rendemento das materias, elaborado pola Área de Calidade da USC, onde pode apreciarse que, maioritariamente, a taxa está entre o 90 e o 100%. Non obstante, cada materia presenta as súas dificultades, non tódolos alumnos, en tódalas promocións, acometen de idéntico modo ditas materias, logo poderíamos considerar as oscilacións en dita taxa, máis que como sintomáticas dun posible ou remoto fracaso, mostras do carácter vivo e variable da relación profesor-materia-alumno-grupo. Así mesmo, dado que esta taxa responde á relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon, esta soe ser máis elevada nos primeiros cursos, e descende sobre todo en 4º curso (85,79, en 2016-17), precisamente porque o alumnado matricúlase de materias que máis tarde abandona, sobre todo optativas, unha vez superadas as prácticas. Por último, advírtase que no caso do dobre grao, que comparte PDI co grao que nos ocupa, a taxa de rendemento foi de 93,48 en 2015-16, e de 99,17 en 2016-17, medida polo momento nos dous primeiros cursos do título. En canto á taxa de avaliación –porcentaxe derivada de dividir o número de créditos ordinarios presentados entre os créditos ordinarios matriculados (excluídos adaptados, recoñecidos ou convalidados, cuestión esta última que como xa se viu anteriormente pesa de modo importante no título), examinada cunha perspectiva temporal, o resultado que reflicte o Informe de indicadores é o seguinte: 95,36 (2010-11), 96,14 (2011-12), 95,81 (2012-13), 96,87 (2013-14), 94,47 (2014-15), 93,72 (2015-16), 92,30 (2016-17), polo tanto, a pesares das lixeiras flutuacións, ata o momento e como termo medio, a taxa de avaliación non baixou do 90%. Aduciremos a mesma causa do leve descenso que no caso da taxa de rendemento, e así mesmo, amosaremos o exemplo do dobre grao, cuxa taxa de avaliación pasaría de 94,57 (2015-16), ao 100% (2016-17). En consonancia cos datos anteriores, obsérvense a continuación as cifras relativas á taxa de gradación, cifras que xa examinamos en relación ao curso 2016-17, e que agora desglosamos desde 2013-14, cuxo valor porcentual foi de 81,98; en 2014-15 foi de 82,08; en 2015-16 foi de 84,71; e por último, en 2016-17 foi de 71,23, ano no que se produce un lixeiro descenso, si ben o valor encóntrase moi por enriba da media global da USC, 56,83. Vinculado a isto, o tempo medio –estimado en anos– que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plano de estudos do grao, é o que segue: 4,00 (2012-13), 4,13 (2013-14), 4,31 (2014-15), 4,25 (2015-16), 4,34 (2016-17); duración que, en efecto, acusa un lixeiro incremento, aínda cando segue a estar por debaixo da media global universitaria, 4,97. Non obstante, argumentamos a causa, relacinada coas prácticas en empresas, máis arriba. A eficiencia dos titulados, estimada en porcentaxe establecida entre o número total de créditos do plan de estudios nos que deberon matricularse ao longo dos seus estudios o conxunto de graduados dun determinado ano académico e o número total de créditos nos que realmente se matricularon, descendeu levemente: 98,75 (2012-13), 97,13 (2013-14) e 95,09 (2014-15). Sobre a taxa de abandono convén expoñer os datos desde unha perspectiva temporal así, en relación aos últimos cursos do grao, falamos pois da taxa RD 1393, os valores son: 9,01 (2013-14), 9,43 (2014-15), 9,41 (2015-16) e 15,07 (2016-17); o valor incrementouse, efectivamente, si ben aínda se encontra moi lonxe da media global da USC: 22,56. En canto á taxa de abandono referida ao primeiro curso do grao que nos ocupa, nela apréciase unha tendencia á baixa: 7,55 (2012-13), 8,24 (2013-14), 10,96 (2014-15), 2,50 (2015-16) e 2,56 (2016-17). Finalmente, a taxa de eficiencia (rendemento dos egresados), isto é, a relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que se graduou e o número total de créditos nos que se matriculou, ascendeu ao 95,38% en 2015-16, e 94,17 en 2016-17; se trata de valores aínda próximos ao 100%. Debe considerarse o carácter un tanto continxente desta taxa, dado que o estudantado tende a matricularse de máis créditos do que na práctica precisa. Por outra parte, as previsións contempladas na Memoria do título a este respecto, optimizáronse en gran medida e isto nos permite ter unha boa consideración dos resultados do título.

Page 43: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

43 de 51

Por último, incidiremos aínda na taxa de éxito dos egresados, isto é, a que cuantifica porcentualmente a relación entre 1) número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresa e 2) número total de créditos aos que se presentou; esta taxa foi en 2015-16 de 97,27, e en 2016-17 de 96,64, é dicir, que os estudantes do título pasan con éxito practicamente o 100% dos exames aos que se presentan. Por outra parte, a taxa de idoneidade na graduación, isto é, a que mide porcentualmente a relación entre 1) estudantes que finalizaron os seus estudios no tempo previsto no plan de estudios ou antes e 2) a súa cohorte de ingreso, información que evidencia el grado de eficiencia do alumnado e da institución en relación á súa actividade académica, foi en 2015-16 do 74,12%, e en 2016-17 de 56,16; este descenso debe analizarse, así mesmo, á luz dos seguintes datos: a taxa de éxito das materias do plano de estudos, a cal se mantén entre o 90 e 100% en tódolos casos, a excepción dunha, que se sitúa no 83%; agora ben, como xa se advertíu, pesa en detrimento deste valor o feito de que o alumnado do grao tende a prolongar a estancia no centro máis alá do mes de xuño, tanto pola masiva realización de prácticas externas durante o verán, como pola conseguinte elección da convocatoria de setembro para a defensa do TFG, o que repercute á súa vez na taxa de avaliación destes traballos. Trátase dunha situación á que, finalmente, resulta difícil poñer coto dende instancias académicas Como consecuencia dos datos relativos aos indicadores que viñemos abordando, e que anualmente son revisados por parte da Comisión de Calidade do centro, ao tempo que por parte da Comisión Académica; a oportuna reflexión sobre os mesmos se traslada aos Informes anuais de Seguimento do Título e, alí onde se recoñece algún déficit subsanable, isto nutre as correspondentes accións de mellora. Non obstante, estas accións non se traduciron, ata o momento, en modificacións do plan de estudios, dado que ningunha das cuestións mellorables se teñen manifestado como cuestións de índole estrutural, senón máis ben como cuestións ocasionalmente mellorables e, polo tanto, subsanables a curto ou medio prazo. 7.2.- Os índices de satisfacción dos estudantes, do profesorado, dos egresados e doutros grupos de interese son adecuados. Aspectos a valorar: • Indicadores de satisfacción co persoal académico, persoal de apoio, recursos, prácticas externas,

proceso formativo, mobilidade, etc. • Os indicadores de satisfacción téñense en conta para a mellora e revisión do plan de estudos.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: En xeral, os indicadores de satisfacción relativos ao persoal académico, ao persoal de apoio e de servicios, ao persoal de administración, aos recursos entendidos de modo amplo, ás prácticas externas e aos programas de mobilidade, ao proceso formativo no seu conxunto, etc., entendemos que son axeitados. Fomos examinando con anterioridade os diferentes resultados das numerosas enquisas de satisfacción coas que, ao longo do curso académico, nos vamos topando en relación aos diferentes grupos de interese. Non obstante o cal, incidiremos aínda nalgúns dos indicadores de satisfacción, comezando polo relativo á satisfacción dos estudantes cos programas de mobilidade saínte, así, as cifras de valoración media da enquisa, tradúcense no seguinte: 3,59 (2013-14), 3,40 (2014-15), 3,46 (2015-16), e 3,64 (2016-17). En canto á satisfacción dos estudantes co programa de prácticas externas, a valoración media do mesmo arroxa os valores que seguen: 4 (2012-13), 4 (2013-14), 3,89 (2014-15), 4,31 (2015-16), 4,30 (2016-17); así pois, tras un descenso moderado na consideración das prácticas, o alumnado parece situalas de novo en valores moi positivos. Vinculado a isto, obsérvese que a valoración media da enquisa de satisfacción dos titores externos cos programas de prácticas externas, pasou de 4,04 (2013-14); non se

Page 44: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

44 de 51

dispón de datos relativos ao curso 2014-15; 3,50 (2015-16); a finalmente 3,97 (2016-17), o que permite falar dunha boa consideración por parte dos citados titores. En canto á valoración dos titores académicos, pasou de 4,60 en 2015-16, a 5 en 2016-17. Si, a continuación, examinamos as cifras que arroxa o indicador relativo ao grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación, nos encontramos con que a valoración media pasou de 2,97 (2014-15), 3,62 (2015-16), a 3,03 (2016-17); apréciase, con lixeiras variacións, un incremento nestes tres anos. Os niveis de satisfacción do alumnado coa docencia recibida, así como a taxa de resposta ás enquisas nas que se sosteñen as cifras de satisfacción, examináronse con anterioridade. O mesmo sucede coa satisfacción do profesorado coa docencia impartida e a súa participación nas enquisas feitas ao respecto; así como a súa satisfacción coa formación recibida. Tamén foi examinada a satisfacción media do PAS co desempeño do seu labor, ao tempo que coa formación recibida. En conclusión, tal como se indicou con anterioridade, os indicadores de satisfacción son obxecto de reflexión no marco da Comisión de Calidade, así como no marco da Comisión Académica, non só de cara a realizar os informes anuais de seguimento do título, nos que se reflexiona amplamente en torno a todas estas cifras, senón tamén de cara a plantear as correspondentes accións de mellora, na súa maioría derivadas de todas aquelas cuestións que, á luz dos indicadores, puideran ser sintomáticas de disfuncións no grao. Non obstante, ata o momento, tales disfuncións non conlevaron reformas no plano de estudios vixente. 7.3.- Os valores de inserción laboral dos egresados do título son adecuados ao contexto socio-económico e profesional do título. Aspectos a valorar: • Análise dos históricos de resultados existentes nos estudos realizados sobre inserción laboral do

título. • Adecuación da evolución dos indicadores de inserción laboral en función das características do

título. • Os indicadores de inserción laboral téñense en conta para a mellora e revisión do plan de estudos.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

A propósito dos valores de inserción laboral dos egresados do título, dedicamos un espazo de reflexión ao inicio do presente informe, baseándonos no documento I14. Resultados de inserción laboral, proporcionado pola Área de Calidade da USC, relativo a egresados do período 2013-14. Por outra parte, cabe engadir que, en efecto, os indicadores de inserción laboral son obxecto de reflexión no marco da Comisión de Calidade do centro, así como no seno da Comisión Académica, de cara a elaborar os informes anuais de seguimento do título e, no seu caso, as correspondentes accións de mellora.

Page 45: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

45 de 51

LISTAXE DE EVIDENCIAS E INDICADORES

Criterios Nº Evidencia / Indicador Documento/enlace Todos E1 Memoria Vixente do título ACSUG

Todos E2 Informes de verificación, modificación, seguimento incluíndo os plans de mellora ACSUG

1 E3 Análise do perfil real de ingreso/egreso Autoinforme, Criterio 1

1,6 E4 Guías docentes das materias (competencias, actividades formativas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación, resultados de aprendizaxe)

Web do Título

1,3 E5

Actas das reunións celebradas, polo menos dos dous últimos cursos, da Comisión Académica/Comisión de Titulación/Comisión de Garantía de Calidade (as actas deben incorporar un apartado con acordos adoptados en cada reunión)

Web do Centro

1 E6 Listaxe de estudantes que solicitaron recoñecemento de créditos E6XOR.pdf

1,6 E8

Informes/documentos onde se recollan as conclusións dos procedementos de consulta internos e externos para valorar a relevancia e actualización do perfil de egreso dos estudantes do título/valoración adquisición resultados da aprendizaxe

Autoinforme, Criterios 1 e 6

1,7 I1 Número de estudantes de novo ingreso por curso académico

2501111_P.Ind_2016-2017 2501111_INF.16_2016-2017 2501111_INF.CiUG_2016-2017

1 I2 No caso de máster, número de estudantes de novo ingreso por titulación de procedencia

--

1 I3 Indicadores de mobilidade (Número e porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade sobre o total de estudantes matriculados)

2501111_P.Ind_2016-2017

5012_INF.03_2016-2017

2 E9 Páxina web da universidade/centro/título (debe ter como mínimo a información referida “Información mínima pública*”)

Web da USC Web do Centro Web do Título

3 E10 Documentación do SGC (política e obxectivos de calidade, manual e procedementos)

Web do Centro

3 E11

Evidencias da implantación dos procedimientos do SGC( procedementos completos, revisados e actualizados que desenvolvan as directrices do SGC:Política de calidade,Deseño revisión periódica e melloras dos programas formativos, garantía da aprendizaxe, enseñanza e avaliación centrados no estudante, Garantía e mellora da calidade dos recursos humanos, garantía e mellora da

Web do Centro

Page 46: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

46 de 51

calidade dos recursos materiais e servizos e información Pública)

3,7 E12 Plans de mellora derivados da implantación do SGC Web do Centro

3,7 E13 Análise das enquisas de satisfacción (%participación, resultados, evolución,…) Autoinforme, Criterios 3 e 7

Todos I4 Resultados das enquisas de satisfacción de todos os grupos de interese do título

2501111_P.Ind_2016-2017 2501111_INF.04_2016-2017 5012_INF.05_2016-2017 2501111_INF.06_2016-2017 2501111_INF.07_2016-2017 2501111_INF.08_2016-2017 2501111_INF.09_2016-2017 2501111_INF.10_2016-2017 5012_INF.11_2016-2017 2501111_INF.13_2016-2017 2501111_INF.14_2016-2017 5012_INF.21_2016-2017 2501111_INF.22_2016-2017 2501111_INF.23_2016-2017

3 I5 Resultados dos indicadores que integran o SGC 2501111_P.Ind_2016-2017

4 E15 Plan de Ordenación Docente: información sobre o profesorado (número, experiencia docente e investigadora, categoría, materias que imparte, área, etc)

2501111_E15_2016-2017

4 E16 Información sobre o persoal de apoio por Centro (número e cargo/posto desempeñado)

5012_E16_2016-2017

4 E17 Análise das enquisas de avaliación da docencia (% participación, resultados, evolución, … )

Autoinforme, Criterio 4

4 I6 Porcentaxe de participación do profesorado do título en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas

5012_I6-I7_2016-2017

4 I7 Porcentaxe de participación do PAS do centro en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas

5012_I6-I7_2016-2017

4 I8 Resultados das enquisas de avaliación da docencia (%participación, resultados, evolución,… )

2501111_INF.13_2016-2017 2501111_INF.14_2016-2017

4 I10 Indicadores de mobilidade (número e porcentaxe de profesores que participan en programas de mobilidade sobre o total de profesorado do título)

5012_I10_2016-2017

5 E18 Información sobre os recursos materiais directamente relacionados co título Web do Centro

5 E19 Información sobre servicios de orientación académica e programas de acollida Web do Centro

5 E20 Listaxe dos centros/entidades para a Web do Centro

Page 47: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

47 de 51

realización de prácticas externas curriculares ou extracurriculares

5 I11 Distribución alumnado por centros de prácticas Web do Centro

5 E22 Materiais didácticos e/o tecnolóxicos que permitan unha aprendizaxe a distancia Campus Virtual

6 E24 Listaxe de traballos fin de grao/máster de, al menos, os últimos cursos académicos (título, titor y calificación)

Web do Centro

6 E25 Informes/listaxe das calificacións de cada unha das materias do título 2501111_INF.15_2016-2017

6 E26 Mecanismos utilizados para a análise da adquisición dos resultados de aprendizaxe Autoinforme, Criterio 6

7 E30 Informe/documento onde se recollan os resultados do título (incluídos indicadores inserción laboral e SIIU)

Autoinforme, Criterio 7

6,7 I12

Indicadores de resultados (estas taxas facilitaranse de forma global para o título. As taxas de rendemento, éxito e avaliación facilitaranse tamen por materia): - Taxa de graduación - Taxa de abandono - Taxa de eficiencia - Taxa de rendimiento - Taxa de éxito - Taxa de avaliación

2501111_P.Ind_2016-2017 2501111_INF.17_2016-2017 2501111_INF.18_2016-2017 2501111_INF.19_2016-2017 5012_SIIU_2016-2017

7 I13 Relación da oferta/demanda das prazas de novo ingreso

2501111_P.Ind_2016-2017 2501111_INF.CiUG_2016-2017

7 I14 Resultados de inserción laboral 2501111 _EIL-SIIU_2016-2017

MODIFICACIÓNS DO PLAN DE ESTUDOS MODIFICACIÓN XUSTIFICACIÓN

Page 48: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

48 de 51

ACCIÓNS DE MELLORA

Código XOR-1 (Curso 2016-2017)

Orixe Propostas de Mellora Ámbito de aplicación Criterio 3 - Sistema de Garantía de Calidade

Análise causa Tendencia a la baja en las encuestas de satisfacción del alumnado con la docencia recibida, en los últimos períodos acometidos.

Definición/ descrición proposta

Incorporación de alumnos-tutores, reforzados por los alumnos delegados de curso, a la tarea actualmente realizada por los coordinadores de curso, responsables de la coordinación de los grados y responsable de calidad, de concienciación del alumnado de los grados de la relevancia de participar, y añadimos, de modo responsable, en las encuestas de satisfacción con la docencia recibida.

Datas Finalización: 29/12/2017; Inicio: 04/09/2017 Estado/Eficacia Estado: Finalizada; Eficacia : Eficaz; Data Estado: 27/10/2017 Responsables María Luisa Otero López Comprobación

Acción XOR-1

Descrición Comprobación

O alumnado titor facilitou á responsable de calidade do centro, con antelación ás dúas oleadas de enquisas de carácter semestral, un cronograma coas visitas programadas ao alumnado dos graos. Isto inclúe relación de profesorado e materias afectados, así como horario e tempo dedicado á charla informativa.

Data Comprobación 27/10/2017 Incidencias --

Axustes/Novas Tarefas --

Tarefa1 XOR-1.1

Descrición tarefa Realización de un calendario, distribución entre el PDI afectado y consecución efectiva de cumplimentación de encuestas in situ.

Data prevista de finalización 29/12/2017

Responsable María Luisa Otero López Estado Executada

Comprobación Tarefa XOR-1.1. Comprobación Nº. 1

Descrición Comprobación A planificación foi realizada.

Data Comprobación 27/10/2017 Incidencias --

Axustes/Novas Tarefas --

Page 49: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

49 de 51

ACCIÓNS DE MELLORA

Código XOR-2 (Curso 2016-2017)

Orixe Propostas de Mellora

Ámbito de aplicación Criterio 1 - Organización e desenvolvemento

Análise causa

Se ha detectado que en algunos períodos la encuesta de satisfacción de tutores externos con el programa de prácticas no arroja resultado alguno, dado que los tutores no la han cumplimentado y, cuando lo han hecho, la participación ha sido muy escasa.

Definición/ descrición proposta

Establecimiento de un protocolo de actuación en virtud del cual el coordinador del programa de prácticas externas informe, con el afán de sensibilizar, a la totalidad de los tutores externos del programa de prácticas, de la relevancia y de la responsabilidad que conlleva su estatuto en la cumplimentación de las encuestas sobre rendimiento del alumnado del Grado. Todo lo cual en colaboración con el Área de Calildad, fuente emisora de las encuestas referenciadas y fuente receptora de las mismas.

Datas Finalización: 29/12/2017; Inicio: 03/04/2017

Estado/Eficacia Estado: Finalizada; Eficacia : Eficaz; Data Estado: 27/10/2017

Responsables Carlos Toural Bran

Tarefa1 XOR-2.1

Descrición tarefa

El coordinador académico iniciará una ronda de contactos con las empresas e instituciones con las que el centro ha suscrito convenios de prácticas. Así mismo, acordará con el área de calidad de la USC, la necesidad de ser informado del período de lanzamiento de dichas encuestas de satisfacción, a fin de influir en los tutores encuestados, de cara a su participación.

Data prevista de finalización

29/12/2017

Responsable Carlos Toural Bran

Estado Executada

Page 50: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

50 de 51

ACCIÓNS DE MELLORA Código XOR-1 (Curso 2017-2018) Orixe Propostas de Mellora Ámbito de aplicación Criterio 1 - Organización e desenvolvemento

Análise causa Escaso atractivo do Título para estudantes estranxeiros, en particular, e para a mobilidade entrante en xeral.

Definición/ descrición proposta

Posibilidade de incorporación do alumnado de intercambio, ao sistema de prácticas destinado ao Grao en Xornalismo, sempre e cando a estadía se realice por un período non inferior a 1 curso académico íntegro.

Datas Finalización: 31/12/2018; Inicio: 03/09/2018 Estado/Eficacia Estado: En proceso Responsables Carlos Toural Bran – Coordinador de Prácticas en Empresas

ACCIÓNS DE MELLORA Código XOR-2 (Curso 2017-2018) Orixe Propostas de Mellora Ámbito de aplicación Criterio 1 - Organización e desenvolvemento

Análise causa Escaso atractivo do Título para estudantes estranxeiros, en particular, e para a mobilidade entrante en xeral.

Definición/ descrición proposta

Tradución ao inglés, progresivamente, da presentación sintética das materias que integran o título accesibles a través da web do centro.

Datas Finalización: 31/12/2018; Inicio: 03/09/2018 Estado/Eficacia Estado: En proceso Responsables Antía López Gómez - Responsable de Calidade

ACCIÓNS DE MELLORA Código XOR-3 (Curso 2017-2018) Orixe Propostas de Mellora Ámbito de aplicación Criterio 3 – Sistema de Garantía de Calidade

Análise causa Descenso da participación do alumnado do título nas enquisas de satisfacción coa docencia recibida.

Definición/ descrición proposta

Inclusión deste aspecto: a participación nas enquisas, como un dos puntos a tratar no plan de acollida protagonizado polo alumnado-titor. Ademais do cal, encargarase ao alumnado-titor a realización dunha xornada informativa de cara a facer pedagoxía con todo o alumnado do título de cara a incentivar a súa participación responsable.

Datas Finalización: 31/07/2019; Inicio: 03/09/2018 Estado/Eficacia Estado: En proceso

Responsables Antía López Gómez - Responsable de Calidade María Luisa Otero López - Coordinadora do Grao de Xornalismo

Page 51: Grao en Xornalismo Curso Académico: Curso 2016-2017 · Así mesmo, no curso 2016-17, o número total de estudantes matriculados no grao ascende a 369, cifra na que non se contabiliza

51 de 51

ACCIÓNS DE MELLORA Código XOR-4 (Curso 2017-2018) Orixe Propostas de Mellora Ámbito de aplicación Criterio 7 – Indicadores de Satisfacción e Rendemento Análise causa Descenso da Taxa de Rendemento do alumnado do grao.

Definición/ descrición proposta

Inclusión deste aspecto como un dos puntos a tratar no plan de acollida protagonizado polo alumnado-titor: a necesidade de que o alumnado se comprometa coa finalización dos seus estudios no tempo estipulado pola Memoria do título, o que implica a defensa do TFG en convocatoria de xuño-xullo, feito que permitirá un mellor seguimento por parte do/a titor/a, o cal sen dúbida permitirá un aumento da taxa de éxito deste tipo de traballos. Ademais do anterior, encargarase ao alumnado-titor a realización dunha xornada informativa de cara a facer pedagoxía entre o alumnado do título de cara a incentivar o seu paso polo título conforme ás expectativas da citada Memoria.

Datas Finalización: 28/09/2018; Inicio: 03/09/2018 Estado/Eficacia Estado: En proceso

Responsables Antía López Gómez - Responsable de Calidade María Luisa Otero López - Coordinadora do Grao de Xornalismo

ACCIÓNS DE MELLORA Código XOR-5 (Curso 2017-2018) Orixe Propostas de Mellora Ámbito de aplicación Criterio 5 - Recursos materiais e servicios

Análise causa Necesidade de consolidar as ensinanzas relativas ao exercicio profesional da fotografía.

Definición/ descrición proposta

Acondicionamento dun espazo fixo no centro destinado a integrar exposicións fotográficas profesionais xunto con traballos do alumnado en materia de imaxe fixa.

Datas Finalización: 28/09/2019; Inicio: 03/09/2018 Estado/Eficacia Estado: En proceso Responsables Xosé Ramón Pousa Estévez - Decano Facultade Cc. da Comunicación