Gorgorín e cabezón1

20
GORGORÍN E CABEZÓN Uxío Novoneyra Ilustrado pol@s nen@s de 5ºB

Transcript of Gorgorín e cabezón1

Page 1: Gorgorín e cabezón1

GORGORÍN E CABEZÓNUxío Novoneyra

Ilustrado pol@s nen@s de 5ºB

Page 2: Gorgorín e cabezón1

Gorgorín e Cabezónapandaban xuntos.

Cando os días dan para todo-alta primavera-

eles danse á ouvea do río.O Gorgorín vai diante

dando pulos e berros costa abaixo

e cando chega Cabezón,xa el anda á chapuca

por cachoeiras e pozas.

Page 3: Gorgorín e cabezón1

Cabezón, ademáis de chegaro traseiro,

demora en despirse e, antes de meterse,

tenta varias veces a auga coa punta da deda baixándoa inordiña

e erguéndoa instantáneo.

Page 4: Gorgorín e cabezón1

E, cando por fin se decide,busca unha rechave queda

e ¡alá vai!un estoupido

coma se guindasenunha gran lousa.

Page 5: Gorgorín e cabezón1

Os peixes liscan asustadose amosan de lonxe as cabeciñaspor ver que becho é aquel...

Page 6: Gorgorín e cabezón1

Cabezón, coma unha balea,a penas sae dun sitio,

mais, eso si,batolexa e da bufidos

sacando moita escuma,mentres que o Gorgorín

se escoa nas ondas suavecoma unha troita.

Page 7: Gorgorín e cabezón1

Un dos días que baixan ao río sen diciloe non hai alma viva en todo ó redor,

chegaron escarruzadosos homes do saco

¡tan antigos,que xa se cría que non existían!

Page 8: Gorgorín e cabezón1

Ó ver que sós estaban,fóronse achegandoxagaces e gachos

polo bouzal da orela,velándoos dende un mato pecho

e preparándose...

Page 9: Gorgorín e cabezón1

Tiñan un saco grande e outro terciado e estaban pensando en cal metelos,pois querían levar un deles baleiro

por se aparecían máis nenos ouveóns.Inda que o vulto de Cabezón

non era para dubidar.E, ¿que pasou?

¿que non pasou?

Page 10: Gorgorín e cabezón1

Pasou o que pasou.Pasou que…

Sae do río o Gorgaríne acénalle a Cabezón

que saia el taménpara ir cachea-los arredores

como tiñan de costume.

Page 11: Gorgorín e cabezón1

Agarrado a unha raigañaque penduraba da beiraxa Cabezón sacara un pé,cando, polo peso, rompeu a raigañae ¡volta á gran zoupada na poza!,e ¡volta os peixes a fuxir!

Page 12: Gorgorín e cabezón1

Tivo que achegarlle Gorgorínun deses gandelos pelados

que o río deixa na orela.Collido a el,

puido por fin saír Cabezónmoi alcanzado

deixándose caerna area quente coma un saqueto.

Page 13: Gorgorín e cabezón1

Enxugado ambos,o Gorgorín propón:-¿Dámo-la batida?

-Sexa- aceptou Cabezón-.Ti vas pola bouzae eu pola orela.

Facémo-lo cazador e o can. Ti, que es lixeiro, vas diante

ladrando e escacinándoo todo,

mentres eu te sigo inorde,arma em colo.

Page 14: Gorgorín e cabezón1

O Gorgorín, xa en marcha,ordenou, volvendo tenderlle o mesmo

paulote co que lle axudara a saír do río:-Toma este gandelo

de escopeta.Comezaremos por aquel mato-e sinalou precisamente a touza

onde estaban agachados os ladrónscos sacos preparados

e oíndo todo.

Page 15: Gorgorín e cabezón1

Detrás chegou Cabezóne a mesma operación.

Máis un fol non é un punteiroe, por máis que premían nel,

non daba cabido.Entrementres, o Gorgarínnon deixaba de patalexar

e guizparse para fórapor unha bozaina. Por fin, decidiron meter

un en cada sacoe, collendo ó Gorgorín,

que xa amosara a cabezapola bozaina,

ripárono pola “crina”indo para ó outro saqueto.

Page 16: Gorgorín e cabezón1

Botouse o Gorgorína ladrar delgado

e Cabezón sígueo a dous pasosco gandelo en postura de disparo.

Namais entrar no mato,o Gorgorín, que ía con moita

cachafuleia,calou de súpeto.

Un dos vellos ladróns ganzouno pola covarachae patalexa que garnexa,

¡ó saco!

Page 17: Gorgorín e cabezón1

Un dos ladróns pilla con Gorgorínó lombo,

en tanto que o outrosegue a amasar en Cabezón

para que lle coubese a cachola.Amasuca, amasuca,

puido facelo entrar todocabeza abaixo,

mais sen chegar ó fondo,pois Cabezón

agarrábase con forza ó mustil do saco

ó tempo que velabapola bozaina esbancada

que deixara Gorgorínós pés do ladrón.

Page 18: Gorgorín e cabezón1

Cando este quixo ergue-lo saco,Cabezón ceibouse do mustil deixándose ir de cabeza

sobre dos pés que viña velando.O ladrón deu tal berro,que o outro

soltou o saqueto e Gorgorínsae coma unha lagartixa

e dá en correr con gran allarido pedindo auxilio.

Page 19: Gorgorín e cabezón1

Os ladróns déronlle ó zocoabandonando sacos e todo.

Un deles á pata-coxacunha deda esmagada pola testa

de cabezón.-E el ¿Qué foi dos nenos?-Pois nunca máis volveron

irse tan lonxe á ouveae aínda se fixeron máis amigos

xa que estando en perigo,loitaron xuntos

pondo cada un o que o outro non tiña.

Page 20: Gorgorín e cabezón1

Día das letras galegas 2.010

C.E.I.P. “ENRIQUE BARREIRO PIÑEIRO”

VILARIÑO - CAMBADOS