Galiña

44
galiña (Gallus gallus domesticus) gallina hen poule galinha

Transcript of Galiña

Page 1: Galiña

galiña(Gallus gallus domesticus)

gallinahen

poulegalinha

Page 2: Galiña

A galiña é unha ave de tamaño medio co corpo redondeado groso, cuberto de plumas de cor variable (brancas, grises, castañas...). Os machos son máis grandes, teñen a prumaxe máis vistosa (especialmente o rabo e o pescozo), os apéndices da cabeza máis grandes e un esporón nas patas (saínte óseo afiado no medio do tarso).Segundo as razas o peso pode variar entre 1,5 a 4 kg nas femias e entre 2 e 6 kg nos machos.

Page 3: Galiña

CABEZA: oval pequena

PATAS: fortes,Pé cuberto de escamas Dedos con unllas robustas (tres dirixidos cara adiante e un para atrás).

PESCOZO: cilíndrico, longo e xeralmente dobrado en “S”.

TRONCO: oval, pesado.

RABO: curto coas prumas longas, rectas nas galiñas e con forma de fouce nos galos.

ÁS: curtas e redondeadas.

Crista

Barbas

Page 4: Galiña

Oído: sen pabellón externo e cuberto coas prumas.

Crista: apéndice carnoso de cor encarnada, de forma e tamaño variables segundo a raza. Sempre son máis grandes nos machos.

Orellas ou orelleiras: nalgunhas razas son brancas..

Barbas: encarnadas e de tamaño variado, máis grandes nos machos.

Ollos: vivos, con tres pálpebras, unha case transparente que se move lateralmente e serve para limpar o ollo, e dúas grosas que serven para cubrilo.

Peteiro cónico, curto, forte, coa punta afiada e dobrada cara abaixo.

Page 5: Galiña

trapecio

dorsaisglúteo

xemelgos

abdominais

tricepsmastigadores

MÚSCULOS

bíceps femoraldeltoide

extensor

pectoral

biceps

Page 6: Galiña

vértebras

cránio

maxilaromóplato (paleta)

húmero

cúbitoradio

carpometacarpo

falanxes

costelas

esternón

pelve

fémur

tibia

peroné

tarso

falanxes

ESQUELETO

sacro

metatarso

Os osos son moi lixeiros. Os grandes xeralmente están ocos para reducir o peso. O esternón é moi amplo e cunha prolongación, a quilla, para poder suxeitar os músculos que permiten o voo.

Page 7: Galiña

ÓRGANOS INTERNOS

Page 8: Galiña

ovo

APARATO REPRODUTOR

MACHO FEMIA

ovarios

cloaca

testículo vesícula seminal

oviduto

cloaca

ril

recto

recto

Page 9: Galiña

A galiña camiña apoiando os dedos. Ocasionalmente axúdase coas ás para dar saltos, equilibrarse cando corre ou para baixar de sitios altos.

O récord de voo dunha galiña está en 90 metros.

pata de galo

esporón

Page 10: Galiña

SENTIDOS: A vista é boa, aínda que a posición lateral dos ollos impídelles ter unha visión precisa dos obxectos, por eso cando queren fixar a atención en algo xiran a cabeza e enfocan cun so ollo.O oído tamén é bo. O olfato e o gusto están pouco desenvolvidos.

Page 11: Galiña

Emiten distintos tipos de sons para comunicarense. O máis coñecido é o “qui-qui-ri-quí”, a chamada do galo que serve, sobre todo, para marcar o territorio e atraer ás femias.

As femias cacarexan cando poñen os ovos ou cando se asustan e para comunicarse entre elas.

Tamén emiten un chío áspero cando se achega algún perigo polo aire.

Cando as galiñas están chocas emiten un son especial, o “choqueleo”, un “clo...clo” para comunicarse cos pitos.

Os pitos “pían” con diferentes intensidades para chamar, para manterse en contacto ou cando están acochados ao calor da nai.

Page 12: Galiña

COSTUMES:Vive en grupos formados normalmente por varias femias e un só macho (galo). Entre os membros do grupo está establecida unha xerarquía que manteñen peteirándose unhas ás outras, que fan valer especialmente á hora da comida e á de durmir. As galiñas dominantes comen primeiro e botan ás demais dos comedeiros e escollen para dormir os lugares máis altos (que para un animal que vive no chan son os máis protexidos).

Page 13: Galiña

Dase baños de area para liberarse dos parásitos: fai pozas nas que se deita e, coa axuda das patas, mete a terra entre as prumas para limpalas.

Cando os galos ou as galiñas pelexan erguen as prumas do pescozo, enfréntanse coa cabeza baixa mirándose fixamente e saltan un contra o outro para ferirse coas patas (os galos co esporón). A pelexa remata cando un dos dous fuxe.Cando fai frío ou están molladas déitanse ao sol postas de lado e estirando as ás.Cando teñen moita calor regulan a temperatura mantendo o peteiro aberto para refrescarse.

Page 14: Galiña

ALIMENTACIÓN:Herba, grans, restos de comida, verdura, miñocas, penso…O alimento máis común que se lles da nas casas galegas é o millo. Para os polos pequenos móese gordo para facer “picón”.Cando teñen ocasión buscan comida e desénterrana co peteiro ou escarabellando coas patas (espurruñando) sementes, insectos, miñocas...

O aparato dixestivo presenta adaptacións á falta de dentes: ten no remate do esófago un papo onde almacena e amolece o alimento e a continuación unha moega ou estómago cuns músculos moi potentes que o trituran.

As galiñas que viven soltas comen pedras pequenas que na moega axudan á trituración dos alimentos.

cloaca

moegapapo

Page 15: Galiña

Nos galiñeiros industriais son alimentadas enteiramente con pensos. Para garantir a hixiene e facilitar o traballo aos coidadores teñen uns bebedeiros e comedeiros mecanizados por onde circulan a auga e a comida de xeito automatizado.

Page 16: Galiña

REPRODUCIÓNAs galiñas reprodúcense por ovos que poñen nun niño feito no chan ou nun lugar protexido, xeralmente durante a primavera e o verán.O número de ovos varía segundo a raza. A maioría das galiñas pon un ovo cada dous días, as poñedoras poñen unha media de 200 ao ano e algunhas poden poñer ata 300 ovos.

Os galos, cando queren emparellarse, chaman a atención das femias dando volta por diante delas cunha á baixa que rascan contra a pata.

Page 17: Galiña

Casca caliza, porosa, fina e resistente..

O ovo é unha célula xigante que pode variar entre 35 e 75 gr.

Clara: líquido visgoso e incoloro.

Xema: de cor amarela, máis densa. Reserva de alimento do embrión.

Xerme: núcleo a partir do que se desenvolve o embrión.

Membranas que protexen e illan do exterior.

Cámara de aire: faise máis grande a medida que o ovo é máis vello.

FORMACIÓN DO OVO:No ovario fórmase a xema, de alí pasa ao oviducto, onde pode ser ou non fecundado, no camiño polo oviducto rodéase da clara, e ao final do mesmo das membranas e por último a casca.O desenvolvemento dun ovo, desde que a xema está formada ata o momento da posta, tarda entre 20 e 30 horas.

Page 18: Galiña

Xeralmente unha vez no ano, avanzada a primavera ou a comezos do verán a galiña choca, auméntalle a temperatura do corpo, modifica os seus costumes, e déitase sobre os ovos para incubalos, xa que o embrión que se desenvolve dentro do ovo precisa calor.

As crías das galiñas desenvólvense no interior do ovo durante 21 días. Durante este tempo a galiña permanece enriba dos ovos quecéndoos e dalles voltas periodicamente. Só abandona o niño para comer e facer as súas necesidades un pouco tempo cada varios días. Non se vai ata que o último polo nacido está en condicións de seguila.

Unha galiña incuba de cada vez a cantidade de ovos que caben debaixo dela (niñada), arredor dunha ducia, aínda que en ocasións pode pasar de 20.

Page 19: Galiña

O embrión só pode desenvolverse se se comeza a incubar antes de 10 días depois de posto o ovo.

-Nos primeiros días fórmase, a partir do disco de xerminación, unha ampla rede de vasos sanguíneos que rodean a xema e unha pequena masa en forma de larva curvada no centro.

-Aos 5 días xa existe unha forma na que se recoñece unha gran cabeza, as patas e as ás.

-Aos 10 días a cabeza segue sendo tan grande coma o resto do corpo e a metade do seu tamaño corresponde aos ollos. Percíbense craramente as ás coas súas partes e a patas con dedos e unllas.

-Aos 15 días o embrión está practicamente formado, e cuberto de plumón.

-Aos 19 días o pito ocupa todo o interior do ovo.

-Entre os 20 e os 21 días, coa axuda dunha pequena punta dura e branca situada enriba do peteiro (o diamante) vai cortando a casca, estírase, érguese e sae. Sécanselle as prumas e queda convertido nesa boliña tenra que todos coñecemos.

Page 20: Galiña

Os polos nacen cubertos de plumón fino.Ao poco de naceren, xa poden seguir á nai que os ensina e protexe. Os pitos acóllense dabaixo da nai para descansar, ao abrigo das súas ás.

Page 21: Galiña

HISTORIAA domesticación da galiña comezou hai máis de 4.000 anos na India, onde aínda vive en estado silvestre o “Gallus bankiva” do que procede.Desde a India extendeuse a todo o mundo. En Grecia xa as había no século VI a.de C. Na actualidade é o animal doméstico máis abundante. Actualmente críanse de forma intensiva en grandes granxas dotadas dos máis avanzados sistemas de mantemento e alimentación e baixo rigurosos controis técnicos e sanitarios. En Galiza a cría industrial de galiñas comezou arredor de 1960, introducida por empresas norteamericans.

Sta Baia de Bóveda

Gallus bankiva

Page 22: Galiña

RAZAS

Page 23: Galiña

Existen numerosas variedades de galiñas con distintas aptitudes, tendo en conta principalmente a súa importancia para a produción de carne, ovos, ou o seu valor ornamental.ASIÁTICAS: moi pesadas, grandes, con moitos adornos na cabeza. Producen principalmente carne.MEDITERRÁNEAS: lixeiras, finas, de tamaño medio, prumaxe variada, crista grande e orella branca. Son boas poñedoras. ATLÁNTICAS: semipesadas, de prumaxe variada, crista pequena e orella encarnada. Son de aptitude mixta, producen carne e ovos. GALIÑAS DE PELEXA: son dunha tipoloxía especial: peito forte, postura erguida e moita agresividade (especialmente os machos). Críanse en todo o mundo.ORNAMENTAIS: con características especiais (cor, prumaxe, detalles...). Crianse como animais de exposicion.ENANAS: de tamaño reducido pero con formas similares ás das demais razas. Son boas galiñas de cría.

Page 24: Galiña

Galiña de MosÉ unha raza autóctona galega, unha das máis antigas da Península Ibérica. O nome da raza débese á parroquia de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo), xa que foi nesta zona onde se comezou o proceso de selección para a recuperación da raza orixinal que estaba en perigo de desaparecer. En 1935, coa creación da Estación Pecuaria Rexional de Lugo, o veterinario Blas Martínez Inda iniciou o traballo de recuperación publicando ese mesmo ano o primeiro patrón da raza. En 1942 o veterinario Juan Rof Codina estudou e promocionou a galiña de Mos. Na década de 1960 coa aparición das explotacións instensivas estivo a piques de desaparecer de novo e a partir do ano 2000 comezou de novo a recuperación da raza.

Page 25: Galiña

A galiña de Mos é unha raza robusta, de cor castaña crara e crista en piña ou chícharo. O peso dos galos acada ata 4 quilos mentres que o das galiñas chega aos 3 quilos. Adáptase con facilidade a condicións climatolóxicas adversas. É boa produtora de carne e moi boa nai. É unha das razas das que se crían os capóns de Vilalba.

Page 26: Galiña

GALIÑA DE PESCOZO ESPIDO: orixinaria de Persia e da India, chamada en moitos lugares de Galiza galiña portuguesa. Son poñedoras e boas para criar.

LEGHORN: a típica galiña branca. De orixe italiana, mellorada en Inglaterra. Lixeira, coa crista grande, tesa nos machos e dobrada nas femias. Máis ben pequenas, moi poñedoras e desenvolvemento moi rápido.

WARREN: galiña de tamaño medio, con moi boa aptitude para a posta de ovos. É a que se utiliza na maioría das granxas de poñedoras.

BROILER: é unha galiña grande, pesada, de cor branca e desenvolvemento rápido. As femias poden chegar as 4 kg e os machos pasar dos 6. Na actualidade é a galiña de carne máis criada.

Page 27: Galiña

GALO YOKOHAMA. É unha raza de adorno que se cría no Xapón pola lonxitude que acadan as prumas do rabo do macho, que pode chegar a medir máis de 5 metros. O récord está fixado en 15 metros.

Page 28: Galiña

AS GALIÑAS E AS PERSOASAs galiñas son criadas pola súa dobre utilidade como fontes de alimento para o aproveitamento dos ovos e a carne. Tamén se usa o esterco dos galiñeiros como fertilizante para o campo.

En Galiza cada persoa consume unha media de 16 kg de carne de polo ao ano.

Page 29: Galiña

O ovos teñen un gran valor alimenticio. Teñen moitas proteínas, graxas, vitaminas (agás a C), calcio, ferro, e fósforo. As proteínas concéntranse na clara e as graxas na xema.Pódense comer crús, cocidos, fritidos, asados ao forno... e forman parte das combinacións necesarias para a elaboración dun gran número de receitas de cociña, sobre todo de repostería (biscoitos, cremas, natillas, flans...).

Page 30: Galiña

NOMES:Femia: galiña, pita.Macho: galo.Pequenos: pitos.Grupo de pitos: rolada ou niñada.Novos (de mediana idade): polos e polas.Capóns: exemplares machos que se capan e se ceban.

Page 31: Galiña

Nas casas as galiñas viven xeralmente en currais.Os galiñeiros son pequenas construcións pechadas e telladas habilitadas con pousadoiros (poleiros) e niños. Úsanse para gardar as galiñas pola noite. Ás veces complétanse cun recinto valado.

Page 32: Galiña
Page 33: Galiña

Na actualidade en Galiza existen unhas 800 explotacións de polos de carne, que producen arredor de 55 millóns de polos ao ano. Ademais existen máis de catro millóns de galiñas poñedoras que producen case 98 millóns de ovos ao ano.Tamén segue habendo pequenos grupos en case todas as casas de campo.

Page 34: Galiña

As granxas de galiñas especialízanse en cría engorde ou produción de ovos.

Page 35: Galiña

AS INCUBADORASTodos os polos que se crían nas granxas, e moitos dos das casas, son incubados en máquinas incubadoras, salas, armarios ou caixas que manteñen a humidade e a ventilación axeitadas, a temperatura a 37,7º C e mecanismos que, cada pouco tempo, moven e voltean os ovos para que a incubación sexa uniforme.

Page 36: Galiña

Nalgúns lugares de Galicia críanse os capóns, polos machos capados que reciben unha alimentación e un coidado especial e son moi apreciados para as festas. Uns setenta días antes de matalos, son encerrados nas capoeiras, pequenas gaiolas onde apenas poden moverse, que normalmente están dentro das casas, ao pé das lareiras, para que estén quentes. Durante este tempo son “embicadados”, obrigados a comer unha pasta de millo triturado mollada en viño branco ou en leite, para que collan graxa.

En Vilalba (Lugo) celébrase todos os anos, o domingo anterior ao Nadal, a FEIRA DOS CAPÓNS, onde se venden capóns criados na Terra Cha. Deben ser polos dunha raza semipesada criados ao xeito tradicional con certificado de calidade e con control de todo o proceso de cría.

Page 37: Galiña

Segundo a lexislación europea, só se pode vender baixo a etiqueta de capón, o “polo castrado cirurxicamente, antes de acadar a súa madurez sexual e sacrificado a unha idade mínima de 150 días; unha vez castrados, os capóns deberán pasar por un período mínimo de engorde de 77 días”.

"É fermoso no día do Nadal, evocar as vellas feiras vilalbesas dos capóns, e atoparse na íntima praza de Santa María cos pares de capóns moi colocados e curiosos nas súas cestas, o que contrasta a brancura da palla e dos manteis de liño caseiros co dourado capón.“ (MANUEL MARÍA)

“Capón de oito meses, comida para mesa de reises”.

Page 38: Galiña

Algunhas representacións de galiñas e galos

Galo e galiña de Sargadelos

Galo de Barcelos (Portugal)

Page 39: Galiña

As galiñas e galos lévanse como ofrendas aos santos en festas tradicionais e logo son subhastados.

Page 40: Galiña

REFRÁNS-Gran a gran, a galiña fai o papo.-Ave de pico non pon ao seu amo rico.-O polo de xaneiro polo San Xoán está comedeiro.-A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro.-O polo de xaneiro vale carneiro.-Maio tolo, nin bo gato nin bo polo.-A galiña vella fai o mellor caldo.-Caldo de galiña, para o enfermo a mellor mediciña.-Por Santa Mariña deita a túa galiña.-Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo.-Ovos fritos non dan pitos.-Polo San Antón a galiña pon.

TRADICIÓN ORAL

Page 41: Galiña

DITOS

-Cando mexen as galiñas.

-Ser un galo

-Ser un galiña

-Deitarse coas (ou canda) galiñas.

-Porse a carne de galiña.

Page 42: Galiña

ADIVIÑAS:Unha señora moi enseñoreada, chea de remendos e sen unha puntada (A GALIÑA)

Cocorico ten pés, cú e bico, e os fillos de cocorico non teñen pés, nin cú, nin bico (A GALIÑA E OS OVOS)

Érguese á mañanciña, déitase ao anoitecer, tatarexa cando fala e da cousas de comer (A GALIÑA) .

Alto, alteiro, gran cabaleiro, gorro lucido e espora de aceiro (O GALO)

Unha caixiña redonda, branca coma o azahar, ábrese moi facilmente e non se pode pechar (O OVO).

Branco coma o cal, todos o saben abrir, ninguén o sabe pechar (O OVO).

Unha casiña branca, sen porta nin tranca (O OVO)

Page 43: Galiña

CANTARES

Miña nai e mais a túaquedan no río berrando (ou na eira…)por culpa dunha galiñaque ten amores co galo.

Unha vella no corralcun peido matou a un polo,e se non llos quitan de adiantemata galiñas e todo.

Page 44: Galiña

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

DEBUXOS: Mon DaportaDecembro 2014