Evangelio según San Lucas San Lucas (17, 5 - 10) San Lucas (17, 5 - 10)
Galicia Lucas
Transcript of Galicia Lucas
A bandeira de galicia está inspirada na bandeira da provincia marítima da Coruña.
O escudo de Galicia é un dos símbolos da comunidade autónoma galega .Aparece escrito na lei 5/1984 do 29 de maio.
O motivo de que o escudo conteña sete cruces correspóndese a anterior división dos territorios galegos do antigo reino Galego . As sete provincias eran: Santiago,Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo Ourense e A Coruña .
O GOBERNO ESTÁ FORMADO POR UN PRESIDENTE, UN VICEPRESIDENTE E OS CONSELLEIROS. TODOS ELES ENCARGANSE DE GOBERNAR A COMUNIDADE AUTÓNOMA E FAN DE ENLACE CO GOBERNO CENTRAL
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse nas primeiras eleccións autonómicas no 1981.
Actualmente está formado por 75 deputados . Destes 75, son elixidos 24 pola provincia de Coruña, 22 pola de Pontevedra, 15 pola de Lugo e 14 pola de Ourense.
FUNCIÓNS
Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma. Controlar a acción executiva da Xunta. Aprobar os seus orzamentos. Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores
representantes da Comunidade Autónoma galega. Escoller de entre os seus membros ao presidente da xunta de Galicia. Esixirlles responsabilidade á Xunta de Galicia e ao seu presidente. Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei. Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei. Interpoñer recursos de inconstitucionalidade. Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos
previstos nas leis.
No Parlamento de Galicia hai dous períodos de sesións, un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro de febreiro a xuño. Durante estes períodos, o Parlamento pódese reunir en sesións ordinarias que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.
O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira fila de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.
A sede do Parlamento de Galicia está situada na cidade de Santiago de Compostela, na actualidade na rúa do Hórreo