GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo...

20
GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla

Transcript of GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo...

Page 1: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

GALICIA E ROMAA villa romana de Toralla

Page 2: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

58 59

GALICIA E ROMA

No século III a.C., Roma, inicia a conquista da Península Ibérica dentro da súa política de expansión militar para o control do mediterráneo e das súas rutas comerciais. Durante moitos anos mantivo numerosas guerras por ese dominio con outra cidade da época, Cartago, que iniciara antes a colonización e conquista do sur da península, rica en recursos metalúrxicos. Cando Roma vence a Cartago na batalla de Zama no ano 202 a.C., apropiarase de todos os territorios da cidade norteafricana, e iniciará unha política de conquistas que a convertirá en dous séculos no maior imperio coñecido, con territorios que ocuparon case toda Europa (Península Ibérica, Francia, Illas Británicas, sur de Alemaña, Grecia), o norte de África e o leste de Asia.

A conquista da Península Ibérica iniciouse no 218 a.C. As campañas militares no noroeste peninsular comezaron no ano 137 a.C., cando o procónsul Décimo Xuño Bruto, dentro da conquista da Lusitania (actual Portugal), chega ata o Miño sometendo ao seu paso pobos e cidades. Entre o 96 e o 94 a.C., unha expedición a cargo de Publio Craso, descubre a riqueza mineral en estaño, chumbo do noroeste e entre o 61 e o 60, Xulio César, realiza unha campaña militar na procura de recursos económicos, comprobando a existencia de ouro en Galicia.

O control destes recursos económicos son os que decidiron a Roma acometer a conquista definitiva do noroeste, que se fai efectiva entre os anos 29 e 19 a.C. coas campañas militares mandadas polo

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Page 3: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

58 59

gobernante dese momento en Roma, Octavio Augusto, responsable dunha política de expansión dirixida a aumentar as fronteiras romanas, que dará lugar á creación do maior imperio coñecido.

A conquista de Galicia foi relativamente fácil para os romanos. O pobos castrexos, excepto en moi contadas ocasións, foron sometidos con medidas amedrantadoras, sen necesidade de enfrontamentos militares. Ao mesmo tempo, as súas elites optaron por colaborar co mundo romano, integrándose rapidamente na súa estrutura político-administrativa. De feito, anos antes, os castrexos xa estableceran cos romanos fluídos intercambios comerciais.

A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

escultura do emperador Octavio Augusto(Museo Vaticano)

busto de Xulio César

Page 4: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

60 61

como un proceso de aculturación no que romanos e castrexos asimilaran elementos culturais de cada un deles, creando o que se coñecerá como cultura galaico-romana.

Este novo mundo galaico-romano iniciarase cronoloxicamente na segunda metade do século I d.C., ao iniciarse unha serie de fondos cambios sociais, económicos e administrativos promovidos por Roma. Unha das consecuencias destes cambios foi o abandono dos castros (que na 1ª metade do século tiveran un novo periodo de esplendor baixo dominación romana), trasladándose a poboación a novos asentamentos sen amurallar, que foron nalgúns casos a orixe das primeiras cidades.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

explotación mineira de ouro de época romanaLas Médulas (León)|Fotografía: Rafael Ibáñez

Page 5: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

60 61

Comezan a contruírse grandes vías de comunicación por terra co obxectivo de controlar militarmente o territorio, pero tamén para impulsar os intercambios comerciais, creando e afianzando rutas por terra e mar con todo o imperio. Introducen novas técnicas para a explotación agrícola e gandeira, introducen a moeda como forma de pago, e inician unha explotación dos recursos minerais a escala industrial (ouro, chumbo, estaño, ferro, cobre). Socialmente nacen novas clases, vinculadas á administración, o exército e o comercio, integrándose nelas as elites castrexas.

Gallaecia=Galicia

Tan pronto rematou a conquista, Roma iniciou unha serie de reformas administrativas que deron lugar no 305 d.C. á creación da provincia romana Gallaecia, orixe da actual Galicia. Nese ano o emperador Diocleciano reorganiza a división de todo o imperio romano, creando en Hispania (nome que lle deron os romanos á Península Ibérica) 4 provincias:

- a Tarraconensis, no nordeste- a Cartaginensis no centro-sur- a Lusitania no sueste- e a Gallaecia, no noroeste peninsular

A extensión territorrial de Gallaecia chegaba ata o Douro polo sur e ata o Sistema Ibérico polo este, quedando a provincia dividida en tres conventos xurídicos: o Lucense, o Bracarense e o Asturicense.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Page 6: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

62 63

O Convento Lucense, con capital en Lugo, abarcaría a parte máis noroeste da provincia, cunha fronteira sur que pasaría pola Ría de Vigo, o río Verduxo, a serra do Suído e o río Sil; e unha leste delimitada polas serras do Courel, Ancares e Rañadoiro e o curso medio e baixo do Navia, practicamente o actual límite xeográfico da nosa comunidade autónoma.

O convento Bracarense, con capital na actual Braga portuguesa, limitaba ao norte co convento Lucense, ao sur co río Douro, ao oeste co Atlántico, e ao leste co convento Asturicense separados polas serras de San Mamede e a Queixa e unha liña que discurría entre os afluentes do Douro: o Túa e o Sabor.

Polo que respecta ao convento Asturicense, con capital en Astorga, chegaba ata o Cantábrico polo norte e polo leste viña delimitado por unha liña xeográfica que transcurría polos ríos Esla e Cea ata xuntarse no sur co Douro.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Pero, que é un convento xurídico?

É unha demarcación territorial cunha capital na que se centraliza e organiza toda a xestión económica e fiscal, a administración de xustiza, os cultos relixiosos e o control militar da zona.

Page 7: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

62 63

A romanización en Vigo

A romanización da nosa cidade iniciouse no século II a.C. a través de intercambios comerciais co mundo romano, intensificándose nas décadas posteriores á conquista baixo a administración do convento Bracarense. Este proceso é moi significativo nos restos arqueolóxicos da cidade, especialmente os procedentes do Castro de Vigo, no que abundan os materiais cerámicos de orixe romana.

Na cidade de Vigo temos 23 lugares (á marxe dos castros romanizados) con restos arqueolóxicos romanos, a maioría vinculados ao mar. De todos eles o máis relevante, por ser posiblemente o xerme da nosa cidade, e o depósito do Areal no que se atopou unha necrópole, embarcadoiro, salinas, vivendas, e máis recentemente na rúa Marqués de Valladares, preto da confluencia coa rúa Colón, salgadoiros de peixe.

A finais do século I d.C. o Areal, tras o abandono do Castro de Vigo (igual que outros moitos castros na época) vaise converter no

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Actividade

Sitúa nun mapa os límites da provincia romana de Gallaecia, tendo en conta as demarcacións territoriais dos conventos.

Page 8: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

64 65

principal asentamento da nosa cidade, desenvolvendo unha intensa actividade marítima relacionada co comercio e a produción de sal e salgadura de peixe. Dende este momento, chegaron ao antigo Vigo produtos inexistentes ou pouco abundantes nela como viño, aceite, sal, mel e garum transportados en recipientes cerámicos (dolium, ánforas), xunto con diferentes obxectos comúns en todo o mundo romano: recipientes cerámicos de todo tipo (procedentes algúns do norte de África e do mediterráneo oriental), lucernas de alumeado, obxectos de vidro, obras de arte…

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

dolium e ánfora romanas

Page 9: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

64 65

AS VILLAE

No século III d.C. o mundo romano entra nunha profunda crise que dará lugar a unha serie de transformacións que afectaron a toda a súa estrutura política, social e económica. No caso galego, esta crise tradúcese en cambios socieconómicos no medio rural, cuxa expresión máis senlleira é a expansión das vilas (villae) por todo o territorio.

Formadas por unha vivenda principal e as vivendas da servidumbre, contaba ademais cunha serie de edificacións relacionadas coa súa actividade económica como almacéns e graneiros. A vivenda principal era a residencia dun destacado persoeiro, dispuña de termas e habitacións decoradas con mosaicos e pinturas murais.

No Concello de Vigo e na súa área de influencia existen un número importante de vilas, como a de Toralla, a de Alcabre -Praia do Cocho e Fiunchal-, Teis -Ríos-, Oia -Sobreira- e xa noutro lado da ría, en

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Que é unha villa?

O que en latín se denomina villa é unha casa de campo con funcións residenciais adicadas a actividades agricolas e gandeiras, situadas xeralmente no medio rural, aínda que tamén podían ubicarse preto do mar, como o caso da Villa de Toralla, para explotar os recursos que lle ofrecía o medio mariño (pesca e produción de sal).

Page 10: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

66 67

Bueu, etc., que demostran unha notable densidade poboacional na época romana, sen dúbida favorecida pola fácil explotación dos recursos mariños e o desenvolvemento do comercio.

A villa romana de Toralla

A villa romana de Toralla é un exemplo de vila costeira baixoromana situada baixo a chamada “Finca Mirambell”, na Punta de Toralla, un pequeno cabo costeiro rochoso entre as praias de O Vao e Canido, xusto fronte á illa de Toralla. Estivo habitada entre entre o ano 300 e o 450 d.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

vista xeral dos alicerces da vila

Page 11: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

66 67

Hoxe en día só quedan os alicerces desta casa de campo, pero que permitiron indentificar aos arqueólogos un conxunto de edificacións ben diferenciados que abarcan unha área de case 1.500 m2: un edificio principal, outra edificación secundaria, as construcións do chamado “sector Mirambell” e, por último, uns tanques de produción de sal mariña.

O edificio principal: a residencia do dominus

De planta rectangular alongada, contaba na fachada norte cun corredor con pórtico sobre puntais de madeira con pés de sillares graníticos, e na fachadada sur cunha ábsida. Moi probablemente era un edificio de planta baixa, e dicir, dunha soa altura, e cun tellado a dúas augas.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

plano do edificio principal da vila | Fermín Pérez Losada

Page 12: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

68 69

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Cando falamos de tellado a dúas augas, sabes a que nos estamos a referir?.

Fixate neste debuxo e comprobarás como construían os tellados os romanos, de xeito moi parecido ao noso. Utilizaban unhas tellas planas ou “tegulas” que contaban cunhas con pestanas laterais sobre as que se colocaba outra tella curva ou “imbrice” para evitar a entrada de auga.

vivenda co tellado típico romano

tégulas e o seu ímbrice

Page 13: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

68 69

A entrada principal da casa abríase no centro desta fachada, a través da cal se accedía a unha especie de hall de recepción que daba paso ao que se coñece en latín como pars urbana, e dicir a parte residencial da vivenda, utilizado polo dominus (propietario ou señor) da villa e a súa familia.

Esta parte da vivenda estaba formada por un comedor ou triclinium, un salón de recepción e audiencia para autoridades, clientes ou amigos (en latín o oecus), unhas termas privadas e por catro estancias en batería que cecais sexan os dormitorios ou cubicula. E moi habitual que esta estancias estivesen decoradas con mosaicos e pinturas murais.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

comedor ou triclinium

Page 14: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

70 71

As termas

A presencia dunhas termas na vivenda e un dos exemplos máis significativos da calidade de vida na mesma. Era un elemento de luxo só ao alcance das clases sociais máis relevantes.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Situados no que sería o corredor da villa, como podemos identificar o Triclinium e Oecus?

Fixádevos, non observades que hai dúas estancias que son as máis grandes de toda a vivenda. Pero tamén debería chamarvos a atención as características construtivas con portas monumentais de dobre folla e a ábsida rectangular sobresaínte na que remata o comedor.

Pero, que son as termas?

Con ese termo facemos referencia aos baños de época romana. Habitualmente presentaban unha estrutura característica cunha estancia para o baño quente e sería a máis próxima ao praefurnium, denominada caldarium. De seguido, estaría unha sala de paso, con temperatura máis morna, denominada tepidarium, e finalmente unha sala fría, a máis alonxada do fogar ou frigidarium.

Page 15: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

70 71

Ás termas accedíase polo comedor. Constaban dunha única estancia, parcialmente pavimentada de mosaico do que se recuperaron pequenos fragmentos decorados con figuracións de tipo vexetal e outras de tipo xeométrico – grecas que enmarcarían o conxunto-.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Sabes que é un mosaico?

É unha técnica artística que consiste na realización dun diseño sobre unha gran superficie a decorar (un solo, unha parede ou o teito) sobre a que se incrustan unhas teselas -pequenas pezas de cores de pedras duras, cerámica vidriada, mármore ou vidro- coas que se vai compoñendo as figuras trazadas como se fose un puzzle.

esquerda: motivo xeométrico e restos do mosaico escavado; dereita: motivo vexetal

Page 16: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

72 73

Estaban calefactadas por un hipocausto e contaba con dúas bañeiras, unha de auga quente e outra morna ou case fría. A quente era producida nun caldeiro de bronce situado sobre o forno e, desde aquí, era distribuída ás bañeiras mediante tuberías de chumbo.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Sabes que é un hipocausto?

Un hipocausto é un sistema de calefacción polo chan formado unha estrutura de columnillas de ladrillos ou pedra entre as cales circulaban as chamas e mailo calor producido nun forno exterior denominado praefurnium. Noutros casos, este sistema se levaba a todas as estancias da casa e ata se lograba que este aire quente subira polas paredes mediante a utilización de ladrillos ocos.

reconstrución infográfica das termasFermín Pérez Losada

bañeira

Page 17: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

72 73

As estancias de servizo

A metade occidental do edificio principal estivo destinado ás estancias de servizo da villa. Formado por unha sala que alberga o praefurnium, unha cociña e un almacén, tiñan un acceso exterior independente e non se comunicaban coa residencia do dominus. O almacén ou despensa (cella penaria) ten unha única porta exterior cara a fachada norte.

A sala que alberga o praefurnium é semisubterránea e ten unha única porta de acceso exterior pola fachada sur do edificio. Aparte da súa función para producir lume, tamén funcionaba como almacen de combustible e cecais tamén como forxa ou obradoiro metalúrxico, xa que durante a escavación da mesma, atopáronse gran cantidade de restos de escorias.

Polo que respecta á cociña (culina), foi identificada pola presencia de tres lareiras sucesivas, das que destaca a cadrangular formada por un lar de ladrillos ou pedras fincadas.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Por que cres ti que os arqueológos identificaron este lugar como despensa?

Pois a través dos achádegos de fragmentos cerámicos de almacenamento, como olas ou dolios, así como a existencia de ladrillos e catro grandes pedras planas nas esquinas que cecais foran estantes.

Page 18: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

74 75

O edificio secundario

Preto da esquina suroccidental do edificio principal hai outro edificio de forma rectangular, parcialmente escavado, que se corresponde cunha estancia con pavimento de terra endurecida e unha lareira para cociñar de ladrillos que con toda probabilidade sexa a residencia do servizo doméstico.

O sector Mirambell

Ao sector Mirambell dalle nome os antigos propietarios da finca, que entre os anos 20 e os 80 do século pasado, dedicáronse a escavar esta zona, reconstruíndo posteriormente as estruturas sen moito rigor científico.

Situado fronte ao portico do edificio principal, os arqueológos retiraron as reconstrucións e puxeron ao descuberto muros orixinais de época romana moi difíciles de interpretar, pero que posiblemente foran almacéns, alpendres ou cuartos de ferramenta relacionados coa explotación saliñeira que se sitúa xusto ao lado.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

detalle do sector Mirambell

Page 19: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

74 75

A salina

En época romana a produción de sal era unha das actividades económicas máis importantes ligada á pesca.

Os arqueólogos teñen detectado ata ao de agora 5 tanques en batería, de forma rectangular alongada de 7 m de ancho por unha lonxitude descoñecida, ocupando aproximadamente 1.500 m² dende o norte do sector Mirambell ata probablemente o antigo trazado do rego do Vao, hoxe canalizado.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Romanización500 d.C.300 a.C.

Saberías decir por que?

Pois para salar o peixe, logrando así que fose comestible durante moito tempo.

E, sabes que método utilizaban os romanos para a extracción de sal?

Era moi sinxelo, construían grandes tanques por debaixo do nivel de pleamar, co solo totalmente horizontal e estanco delimitados por liñas de pedras fincadas, que cando subía a marea se inundaba. Unha vez que esta se retiraba se obtiña o sal pola evaporación de auga mariña.

Page 20: GALICIA E ROMA A villa romana de Toralla€¦ · A romanización de Galicia hai que entendela polo tanto, non como un proceso no que o conquistador impón a súa forma de vida, senón

76

O abandono da villa

Romanización500 d.C.300 a.C.

Chegados a este punto,

non vos chama a atención que as salinas están construídas por enriba do nivel da pleamar? A que cres que é debido?

Moi sinxelo, en época romana o nivel era máis alto que na actualidade, entre +0,5 e +0,8 m.

A mediados do século V a villa é abandonada pacíficamente.

Cal cres ti que puido ser a razón?

E moi probable que polo continuo avance de area dunar, contra a que os habitantes da vila nada podían facer. Tralo abandono e a súa posterior ruína, a villa foi expoliada ata tales extremos que incluso se levaron os seus sillares graníticos para a construción de novas vivendas, de aí o arrasamento case total de parte dos vestixios escavados. Co tempo, a duna ocultou totalmente as ruínas ata o século XX.