Galego historia da lingua (ata o século vii).docx

4
1. INTRODUCIÓN O latín vulgar (=sermo vulgaris, falado por persoas pouco cultas lingüisticamente) deu paso ás linguas románicas, romances ou neolatinas. Tamén había un latín culto que é o que nos deixaron nos seus escritos os autores clásicos. As linguas románicas son: galego, español, catalán, portugués, francés, provenzal, italiano, sardo, retorromano (zonas de Austria, Italia e Suíza), romanés e dálmata (Croacía, está desaparecido). 2. SUBSTRATO, ADSTRATO E SUPERESTRATO A romanización no noroeste peninsular comeza no século II a.C. O latín implántase e inicia un camiño cara o nacemento doutra lingua: o Galego (século IX aprox.) Neste proceso non só actúa o latín, senón que participan distintos estratos (diferentes linguas que interveñen na formación doutra): Substrato: influencia dunha lingua aborixe, que desaparece, sobre unha lingua invasora. Así, o substrato do galego son as linguas primitivas, proceltas e celtas; que inflúen no latín. Adstrato: relación de influencia mutua entre dúas linguas, unha autóctona outra invasora, que coexisten durante un longo período de tempo. Ex.: galgo e latín Superestrato: influencia dunha lingua invasora, que desaparece, sobre unha lingua aborixe / autóctona. Así, o superestrato do galego son as linguas xermánicas e o árabe que exercen a súa influencia sobre o latín. O galego é o resultado da evolución do latín no noroeste peninsular, tendo en canta que sobre o latín exerceron a súa influencia as linguas prerromanas (SUBSTRATO) e as dos pobos posteriores (SUPERESTRATO). Este proceso rematou no século IX (aprox.). Dende aquí aínda o galego se completaría con préstamos posteriores (francés, inglés, español…) SUBSTRATO + LATÍN + SUPERESTRATO => GALEGO (século IX) + préstamos => Galego Actual 3. SUBSTRATO (Período Prerromano) Época anterior á implantación da cultura latina. Aínda que o descoñecemento é grande, a idea da Galicia prerromana é: un conxunto de pobos mesturados, desorganizados; carentes de estrutura política e administrativa. con guerras continuas Con varios códigos lingüísticos e ágrafos (sen escritura) As distintas variedades lingüísticas desta etapa conforman o substrato do galego, moi en concreto, o conxunto de trazos cos que estas línguas contribuíron á formación da nosa lingua e aínda hoxe se manteñen. Estes restos poden ser: Fonéticos: Desaparición do -N- intervocálico (lúa, area, vea < lunam, arenam, venam) Grupo consonántico -CT- >-IT- (leite, feito, teito< lactem, factum, tectum) Sons -P-, -T-, -C->-b-, -d-, -g- (cuba, todo, amigo< cupam, totu, amicu) Léxicos: palabras referidas á toponimia e os aspectos fundamentais da vida cotiá. Topónimos -ASC-, -USC- (Tarascón, Viascón, Ledusco…) Topónimos -ABRE-, -EBRE-, -OBRE- (Alcabre, Cecebre, Barallobre, Callobre…) Outros topónimos: Galicia, Braga… Hidrónimos: Limia, Sar…

description

Galego (Pardal)

Transcript of Galego historia da lingua (ata o século vii).docx

Page 1: Galego historia da lingua (ata o século vii).docx

1. INTRODUCIÓN● O latín vulgar (=sermo vulgaris, falado por persoas pouco cultas

lingüisticamente) deu paso ás linguas románicas, romances ou neolatinas.● Tamén había un latín culto que é o que nos deixaron nos seus escritos os

autores clásicos.● As linguas románicas son: galego, español, catalán, portugués, francés,

provenzal, italiano, sardo, retorromano (zonas de Austria, Italia e Suíza), romanés e dálmata (Croacía, está desaparecido).

2. SUBSTRATO, ADSTRATO E SUPERESTRATO● A romanización no noroeste peninsular comeza no século II a.C.● O latín implántase e inicia un camiño cara o nacemento doutra lingua: o Galego

(século IX aprox.) Neste proceso non só actúa o latín, senón que participan distintos estratos (diferentes linguas que interveñen na formación doutra):

● Substrato: influencia dunha lingua aborixe, que desaparece, sobre unha lingua invasora. Así, o substrato do galego son as linguas primitivas, proceltas e celtas; que inflúen no latín.

● Adstrato: relación de influencia mutua entre dúas linguas, unha autóctona outra invasora, que coexisten durante un longo período de tempo. Ex.: galgo e latín

● Superestrato: influencia dunha lingua invasora, que desaparece, sobre unha lingua aborixe / autóctona. Así, o superestrato do galego son as linguas xermánicas e o árabe que exercen a súa influencia sobre o latín.

● O galego é o resultado da evolución do latín no noroeste peninsular, tendo en canta que sobre o latín exerceron a súa influencia as linguas prerromanas (SUBSTRATO) e as dos pobos posteriores (SUPERESTRATO). Este proceso rematou no século IX (aprox.). Dende aquí aínda o galego se completaría con préstamos posteriores (francés, inglés, español…)

SUBSTRATO + LATÍN + SUPERESTRATO => GALEGO (século IX) + préstamos => Galego Actual

3. SUBSTRATO (Período Prerromano)● Época anterior á implantación da cultura latina.● Aínda que o descoñecemento é grande, a idea da Galicia prerromana é:

● un conxunto de pobos mesturados, desorganizados; carentes de estrutura política e administrativa.

● con guerras continuas● Con varios códigos lingüísticos e ágrafos (sen escritura)

● As distintas variedades lingüísticas desta etapa conforman o substrato do galego, moi en concreto, o conxunto de trazos cos que estas línguas contribuíron á formación da nosa lingua e aínda hoxe se manteñen. Estes restos poden ser:

● Fonéticos:● Desaparición do -N- intervocálico (lúa, area, vea < lunam,

arenam, venam)● Grupo consonántico -CT- >-IT- (leite, feito, teito< lactem,

factum, tectum)● Sons -P-, -T-, -C->-b-, -d-, -g- (cuba, todo, amigo< cupam,

totu, amicu)● Léxicos: palabras referidas á toponimia e os aspectos fundamentais da

vida cotiá.● Topónimos -ASC-, -USC- (Tarascón, Viascón, Ledusco…)● Topónimos -ABRE-, -EBRE-, -OBRE- (Alcabre, Cecebre,

Barallobre, Callobre…)● Outros topónimos: Galicia, Braga…● Hidrónimos: Limia, Sar…

Page 2: Galego historia da lingua (ata o século vii).docx

● Substantivoscon base CAR- (carballo, carrasco, carqueixa, carroucho…)

● Substantivos con base MOR- (morodo, amorodo, morango…)● Formas con sufixo –EGO (galego, chairego, cervantego,

labrego…)● Formas diversas: laxe, balsa, parra, veiga, barro… Dubidosas:

berce, billa, boroa, burato,coio, rodaballo, tona, vidueiro…4. Romanización

● A romanización é o proceso mediante o cal os romanos tomaron o territorio dos pobos de Iberia e estes adoptaron e asimilaron o basto mundo cultural daqueles.

● Os romanos entraron na península Ibérica no século III a.C. chegando a Galicia no século II a.C. (no século V d.C. remata o Imperio Romano).

● En Galicia, a romanización desenvólvese así:● OCUPACIÓN DO TERRITORIO. Desenvólvese en tres etapas:

I. Ano 138 a.C. ● Encabezada polo xeral e político romano Xunio Bruto.● Dirixiu as tropas cara Galicia e norte de Portugal.● Conseguiu cruzar o río Limia (río do Esquecemento).● Volveu a Roma coma un heroe e co sobrenome de

Galaico.II. Ano 61 a.C.

● Encabezada por Xulio César.● Ocupouse sobre todo da conquista da Galicia marítima.● Entrou por Brigantium (Betanzos ou A Coruña).

III. Ano 29-19 a.C.● Encabezada por Augusto.● Leva a cavo a derradeira conquista do territorio galego.● Batalla do Monte Medulio.

● ASIMILACIÓN CULTURAL. Desenvólvese en tres etapas:I. Século II-I a.C.

● Guerras incesantes.● Máxima hostilidade por parte da poboación autóctona.

II. Ano 29 a.C.-século III d.C.● O latín convértese na lingua de prestixio.● Aparecen as 1ª inscricións latinas en Galicia.● A poboación indíxena aspira á cidadanía romana.

III. Do século III d.C. en adiante.● O latín é a única lingua oficial e de pleno dereito.● Xa está borrado todo vestixio lingüístico anterior.● Danse os 1º indicios da desmembración do Imperio

Romano.5. SUPERESTRATO (Do latín vulgar ó galego-portugués)

● No século V cae o Imperio Romano pola presión invasora dos pobos xermánicos que desestabiliza a organización política e administrativa dos romanos.

● A partires de entón, o latín vulgar comeza un proceso de diversificación por toda Hispania que dará lugar as distintas linguas románicas. (dialecto Galaico > galego-portugués).

A. SUPERESTRATO XERMÁNICO● Era unha etnia moi diversificada (suevos, vándalos, alanos, visigodos,

godos…)● En Galicia asentáronse os Suevos e fundaron un reino que durou case

dous séculos (foio primeiro reino de Europa). Despois deles tamén tivo presenza o pobo visigodo.

● Entre xermánicos e romanos a asimilación cultural foi ó revés, os

Page 3: Galego historia da lingua (ata o século vii).docx

xermánicos acabaron romanizados na terra que pretendían xermanizar, sobre todo porque culturalmente eran máis débiles e non organización administrativa.

● O legado xermánico no galego:● Antroponimia (Afonso, Luís, Elvira, Rodrigo, Adolfo, Ramiro,

Carlos, Xerardo, Fernando…)● Toponimia

● Rematados -MIL (Samil, Castromil, Brandomil…)● Rematados -RIZ / -RIS (Allariz, Mondariz, Outariz,

Beariz, Sabarís…)● Rematados -AR (Baltar, Gondomar, Tosar…)● Rematados -ENDE (Gomesende, Gosende,

Marcosende…)● Rematados -MUNDI / -MONDE (Taramundi,

Extramundi, Razamonde, Baamonde…)● Rematados -UFE / -ULFE (Borulfe, Randulfe,

Gandulfe, Gondufe… )● Rematados -OI (Raxoi, Filloi, Trastoi, Mondoi…)● Outros (A Gudiña, Suevos, Suevia…)

● Léxico común, relacionado coa guerra e coa vida cotiá (helmo, gañar, guerra, roubar, espía, espetar, frecha, roupa, branco, sopa, estaca, gardar…)

B. SUPERESTRATO ÁRABE

● Chegan á península no 711 d.C.● En Galicia a súa presenza é mínima, a súa influencia lingüística vennos

por vía indirecta (castelán e portugués).● O legado árabe no galego (o léxico árabe no galego é copioso):

● Produtos vexetais (algodón, azucre, laranxa, aceite, acelgas…)● Obxectos e utensilios (xerra, xarra, taza, alfeizar, alfaia…)● Construcións e distribución poboacional (alicerce, azotea,

aldea, arrabalde…)● Oficios e administración (albanel, alcalde, alfaiate…)● Cabalaría (xinete,alforxa…)● Pesas e medidas (quintal, arroba…)● Outros (xarope, alcume, xadrez, alboroto, aforrar, ata, oxalá,

de valde…)6. FORMACIÓN HISTÓICA DO GALEGO

● O léxico latino no galego ocupa un 80% da súa totalidade. Estas palabras foron entrando en distintas épocas, sufrindo así distintas evolucións. Así temos:

A. PATRIMONIAIS ou POPULARISMOS: están no galego dende o primeiro momento da súa formación, son as máis numerosas. Experimentaron importantes cambios fonéticos como:

● -P-, -T-, -C- >-b-, -d-, -g- (LUPU>lobo, VITA>vida, SECARE>segar)● -D-, -G-> (PEDE>pé, LEGERE>ler)● -CT->-it- (OCTO>oito, TECTU>teito)● -L-, -N-> (FILU>fío, CENARE>cear)● PL-, FL-, CL->ch- (PLUVIA>choiva, FLAMMA>chama,

CLAVE>chave)● F->f- (FERRU>ferro)● AU>ou (AURU>ouro, CAUSA>cousa)● AE>e (CAELU>ceo, CAEPULA>cebola)● -ARIU>-eiro (PRIMARIU>primeiro)● QUA->ca- (QUATTUOR>catro)● -LI+vogal> -ll- (FILIU>fillo, ALIU>allo)

Page 4: Galego historia da lingua (ata o século vii).docx

● …B. CULTISMOS: estran por necesidades culturais e de ampliación de vocabulario

nunha época tardía, cando o galego xa estaba formado, polo que non sufriron cambios, só experimentaron adaptacións á fonética romance (CLERU>clero, PLANETA>planeta, PACTU>pacto). Dentro deles particularizamos:

a. Helenismos: proceden do grego (oftalmólogo, biblioteca, pneumonía…)

b. Tecnicismos: palabras propias das ciencias, artes, profesións… (cirurxía, disquete, hidróxeno, encefalograma…)

c. Latinismos: proceden do latín puro (a priori, per capita, maremagnum, sine qua non…)

C. SEMICULTISMOS: entran nunha época intermedia. Cambiaron parcialmente. Os máis comúns son os que modificaron a medias os grupos PL-, CL-, FL- (Ex.: PLAGAM>praga, CLAVU>cravo, FLACCU>fraco).Compre falar dos pares léxicos ou dobletes, casos nos que un étimo latino

orixinou dúas palabras galegas (patrimonial+culta / patrimonial+culta+semiculta) (REGULA>rella, regra, regular; INTEGRU>enteiro, íntegro; COLLOCARE>colgar, colocar; PLANU>chan, plano; ARTICULU>artellar, artigo, articular; PLENAM>chea, prea, plena; CLAVICULA>chavella, caravilla, clavícula)