Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE...

24
Galeduso Revista do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia - Nº 7 • Prezo: 1,5 Euros Galeduso Galeduso

Transcript of Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE...

Page 1: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Galeduso

Revista do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia - Nº 7 • Prezo: 1,5 Euros

GaledusoGaledusomaqueta final galeduso 7 28/4/08 17:41 Página 1

Page 2: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

348

1014172223

EDITORIALINVESTIGACIÓNPRÁCTICA PROFESIONALO CESG INFORMADE ACTUALIDADEGUIA BÁSICA WEB IIBARCO DE PAPELBUZÓN OPINABLE

Galeduso Nº 7

[email protected]

www.colexioeducadores.com

981 55 22 06

981 93 82 74

CEESG non se fai responsable, nin ten por qué identificarse

necesariamente coas opinións expresadasnesta publicación.

Edita: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Galeduso: ISSN - 1696 - 1730Depósito Legal: C-594-02

Equipo de Elaboración da Revista

AREA DE COMUNICACIÓN E XUNTA DE GOBERNO DO CEESG.

Ilustración portadaCALINA LAVANDEIRA

Ilustracións InteriorÁNXELA PAZ RODRIGUEZ

Deseño e preimpresión

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:41 Página 2

Page 3: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

3

O colexio emprende unha nova andadura. En maio deste ano que acaba, vimos de renovar a Xunta de Goberno do colexio. Hai moi-tas caras novas con ganas de traballar pola nosa profesión e aínda quedamos uns cantosdos que vimos medrar a nosa entidade.Penso que logramos un bo equilibrio entre renovación e permanencia. Ademais, aumenta-mos o número de persoas en Xunta, pasando de 12 a 14 membros. Todas as mans fan falla. Como nova presidenta, gustaríame agradecerlles a todas e a todos os colexiados a vosaconfianza en nós para encabezar este reto durante os próximos 4 anos. A verdade é que atarefa é grande e será un desafío responder ás expectativas. Certamente, a Xunta anteriore, especialmente, Alberto Fernández de Sanmamed, o noso anterior presidente, deixan olistón ben alto, pero tentaremos, canto menos, igualar os seus esforzos. Tamén quero agradecerlles a todos os membros da nova Xunta que subisen ao barco.Cónstame o seu bo facer, as súas ganas por mellorar as cousas, a súa ilusión e a súa forza. E despedirme calorosamente daqueles que deixaron o seu cargo, para deixar paso anovas xeracións. Co voso traballo chegamos ata aquí.Ben, e agora que nos queda? Pois traballar. A educación social é unha profesión moi rica, cun grande abano de ámbitos de traballoonde somos necesarios, onde temos moito que dicir e moito que achegar. Certo é que nontodos aqueles que toman as decisións –políticos, funcionarios, empresarios– o ven igual canós, e é preciso petar a mil portas para ir, pasiño a pasiño, conseguindo melloras. Pero seica din que as cousas boas requiren esforzo e que se fan esperar. Será logo certo.Nós, de todos os xeitos, seguiremos petando cada vez máis forte, aínda que só sexa paraque, de tanto oírnos, comecen a escoitarnos. Como retos inmediatos temos bastantes: a elaboración da Lei de servizos sociais, o Mapagalego de servizos sociais, o Plan de infancia, o Plan de inclusión, as prazas que convocao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar, a incorporación dos educa-dores e educadoras sociais en centros educativos, a modificación do IV Convenio Único dePersoal Laboral da Xunta de Galicia, o programa Mediagal, o título de grao de educaciónsocial... e outros tantos temas que, de tantos, é difícil abarcar todo. Non nos asusta o traballo. Para iso viñemos aquí, "con montera y capote" como din no tou-reo. Pero si somos conscientes de que precisamos de todos vós. O colexio non somos os 14representantes da Xunta. Sodes vós. As colexiadas e colexiados. Vós sodes o noso motor.Todos aqueles que participades nos grupos de traballo sabédelo. Por iso precisamos sem-pre a vosa colaboración, traballando para mellorar a profesión. A todos aqueles que este-ades dispostos a compartir o noso traballo, dicirvos que existen moitas canles polas quepodedes axudar: grupos de traballo, foros, facilitándonos información sobre prazas, etc. Ademais, podedes participar no órgano que é voso: a Asemblea Xeral, que se convocaanualmente. Alí poderedes xulgar o que facemos e comprobar que a educación socialrequire toda a nosa dedicación.

O colexio emprende unha nova andadura.

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:41 Página 3

Page 4: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Investigación

4

A cuestión das drogas preséntase hoxe como un retopara os educadores sociais, como xa se viu no IVCongreso do/a Educador/a Social (2004). Alí formulá-ronse as dificultades existentes na práctica educativapola carencia dunha política coherente tanto en pre-vención como na asistencia, ao mesmo tempo que seresaltou a necesidade da "creación dun discurso pro-pio" ante esta cuestión, razóns que invitan a reflexio-nar, unha vez máis, sobre os interrogantes que o fenó-meno das drogas presenta á práctica da educaciónsocial.

O consumo das diferentes drogas non só continúa,senón que se amplía na nosa sociedade, situaciónque lles presenta non poucos problemas a todos oseducadores en exercicio, non só aos que traballandirectamente con problemas de drogas. De todas for-mas, non convén dramatizar nesta cuestión, pois asdrogas existiron e seguirán existindo. Estas substan-cias, por outra parte, non son, en principio, nin boas

nin malas, pois as súas consecuencias negativasdependen do seu mal uso. E é aquí onde os educado-res temos moito que dicir, pois son moitas as persoasque non saben manexar estas substancias, por razónsdiversas, persoais e sociais, que invitan a unha refle-xión profunda para superar tantos tópicos que confi-guran a cuestión das drogas, como se pode ver nocaso do cannabis.

Precisamente sobre esta substancia existe moitodebate, con posicións para todos os gustos. Perotamén existen grupos de traballo e de reflexión queintentan buscar un pouco de coherencia e de clari-dade ante a situación actual do consumo problemá-tico desta substancia. Nesta liña, o noso grupo detraballo vén traballando dende hai dez anos sobre acuestión das drogas, entendendo que se trata dadroga ilegal máis consumida, pero que, dadas assúas características especiais, xustifica un cambioda política vixente.

O reto do cannabis:

máis alá da banalizaciónAmando Vega FuenteUniversidade do País Vasco

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 4

Page 5: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Investigación

5

O uso e tamén a prohibición do cannabis xustifícasecon motivos de saúde, concretamente de saúde públi-ca, formulación que non só ten que ver co benestardas persoas, senón coa saúde do estado, coa súaseguridade e a do pobo. Porén, especialistas en leis,sociólogos, pedagogos, farmacólogos e sanitarioscuestionan a política actual con propostas de alterna-tivas á actual política criminal.

Estes profesionais están preocupados polos usos pro-blemáticos do cannabis, pois os comportamentoscompulsivos, repetidos, poden adquirir formas auto-destrutoras, problemática que esixe máis investiga-ción. O consumo habitual do cannabis, con frecuenciamesturado con tabaco, pode provocar unha patoloxíarespiratoria. Existe risco, por outra parte, de que per-soas fráxiles e en idades temperás como a adolescen-cia, deriven cara a consumos doutras drogas ou quesufran patoloxía dual, asociación de trastornos de per-sonalidade por consumos crónicos desta substancia.

Como resposta, mentres uns gobernos parecen vacilarentre medidas represoras e alternativas á prisión,outros optaron pola redución de riscos asociados couso de drogas e admiten que o dito uso é inevitablenas actuais sociedades. A prevención desenvolvidaata agora, máis centrada na información que na aten-ción ás necesidades educativas, non parece que obti-vese os resultados desexados, sen que falte quen sos-teñen que as propias incoherencias da política vixen-te contribuíron á difusión do consumo do cannabis.

No encontro celebrado en Oñate o ano 2004 polo nosogrupo de traballo, resaltáronse as brechas legais exis-tentes en relación con esta substancia, o que xustificaa necesidade dun debate máis aberto e comprometi-do cos dereitos das persoas. Neste sentido, pódenserecoller aquí algunhas:

• Os delitos de cannabis son delitos sen vítima, ondese persegue máis unha intención que unha accióndaniña, pois as explicacións médicas, científicas,económicas, sociais ou morais son insuficientespara atender a prohibición.

• O ideario das grandes institucións atopa apoio nal-gúns investigadores cuxa función é achegar coarta-das para o mantemento ou endurecemento da situa-ción actual, fronte aos novos espazos de tolerancia.

• Só mantendo os prexuízos, o medo e a desinforma-ción se manteñen os fundamentos ideolóxicos daprohibición.

• A política de redución de danos estase a construírsobre pés de barro, o que pon de manifesto que asolución definitiva pasa pola adopción doutromodelo en materia de drogas, non centrado narepresión penal, que poña a énfase na prevenciónda demanda e na asistencia de usuarios afectadose que impulse as bases para un consumo responsa-ble.

Non ha de estrañar que aumente cada día a oposicióná represión prohibicionista a través do asociacionis-mo, mesmo con plantacións colectivas e sobre todopor medio de campañas a favor do cannabis: campa-ñas polo dereito ao autocultivo, desobediencia activacon iniciativas nos límites da legalidade, organizaciónde grupos de usuarios.

Estamos, pois, ante unha situación chea de incohe-rencias e contradicións que nada axuda á prevencióndo seu consumo nin á atención das persoas que teñanproblemas con esta substancia, o que pide unha pro-funda reflexión tamén aos educadores sociais.

A resposta máis coherente ante esta confusa situaciónpode ser a normalización legal do cannabis, unhamedida racional encamiñada a resolver aqueles pro-blemas que escapan aos estritamente derivados doseu consumo, como son a delincuencia ou a inseguri-dade cidadá, a adulteración das drogas ilegais coconseguinte aumento de enfermidades e mortes, o seuelevado custo, as connotacións mafiosas do comercio,o desmesurado incremento de efectivos represivos, oscárceres ateigados de toxicómanos, a mitificacióndestas substancias, etc. Vivimos e viviremos nunhasociedade onde o consumo e o consumismo son pia-res que a sustenta. Por iso temos que aprender a con-vivir coas drogas (Grupo de Oñate, 2005).

Esta normalización permitiría tratar sen imposiciónsnin dramatismo de ningún tipo todo o relacionadocoas drogas, nunha busca comprometida da verdade,máis alá dos estereotipos, sen deixar de lado as con-secuencias negativas do mal uso das drogas. Este tra-tamento normalizado das drogas favorecería non só arecuperación dos que teñen problemas por consumo ea súa inserción social, ao non estar marxinado nasociedade, senón tamén a prevención do consumoproblemático, a través de accións educativas coheren-tes coa cuestión das drogas, sempre dentro do res-pecto aos dereitos humanos das persoas consumido-ras e non consumidoras.

As políticas sobre o fenómeno social das drogas basé-ase actualmente nos convenios internacionais enmateria de tráfico ilícito de estupefacientes e substan-cias psicotrópicas, onde están incluídas substanciasque practicamente non crean dependencia (arbustode coca) e outras que só crean dependencia psíquica(derivados do cannabis), deixando fóra das listassubstancias como o alcohol e o tabaco, que si produ-cen dependencia física e psíquica.

Esta absurda división e a conseguinte criminalizaciónde case todo o relacionado coas substancias ilegaissupuxo un auténtico fracaso respecto dos seus obxec-tivos declarados e serviu para a internacionalizacióndo conflito relativo ao fenómeno social das drogas, ocal condicionou e está a condicionar as políticas cri-

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 5

Page 6: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Investigación

6

minais estatais –en materia deste tipo de substan-cias–, sen ter en conta a variedade de contextossociais.

A política normalizadora, en cambio, distingue entreefectos primarios e secundarios das substancias,entendendo como primarios os derivados directamen-te polo consumo da substancia. Os efectos secunda-rios son a consecuencia dunha política criminal prohi-bicionista, que ten unhas consecuencias –tanto paraos consumidores coma para a sociedade en xeral–moito máis daniñas que os efectos primarios, comopor exemplo adulteración das substancias, branqueode diñeiro, corrupción, desaxustes ecolóxicos (fumiga-cións indiscriminadas...), diminución de dereitos eliberdades, etc.

De todos os xeitos, hai que ser conscientes de que nonse van rematar todos os problemas derivados destefenómeno social. O fundamental é cambiar de estra-texia para a desaparición dos efectos secundarios:trátase de realizar unha transformación nas basesdas políticas respecto do fenómeno social das drogas,para que a política social, educativa e sanitaria pri-men sobre a política criminal.

A prevención do consumo problemático non pode serutilizado como caixón de xastre –en nome da preven-ción xustifícase calquera política–, senón que ten queestar en consonancia co respecto aos dereitos e liber-dades das persoas. Neste sentido, conscientes dabanalización do consumo do cannabis sen nosa socie-dade, é necesario poñer en marcha unha acción pre-ventiva do consumo de produtos cannabicos, sobretodo entre a poboación máis nova e en persoas conlimitacións e, cando isto non sexa posible, evitar aomáximo as súas consecuencias negativas.

Hai quen pensa que con estas formulacións se promo-ve o consumo desta substancia. Así, un artigo publi-cado polo CDD (2005) di expresamente que "unhamaior dispoñibilidade legal podería supoñer un incre-mento do consumo, tanto do uso responsable coma doabuso de cannabis". Parécenos un comentario moicontundente ante unha posibilidade, como tal, "posi-ble, pero, tamén se pode afirmar que ninguén sabecon certeza o que traerá consigo a política normaliza-dora en relación co cannabis. De todos os xeitos, nomomento presente, onde segue vixente unha políticaprohibicionista, chama a atención a facilidade conque se pode conseguir esta droga, como se pode veren diferentes estudos.

Por outra banda, non faltan políticas contrapostascomo son as de EE UU e a de Noruega; a primeira,paradigma de prohibicionismo; a segunda, paradig-ma de normalización respecto do cannabis. Mentrescoa política prohibicionista non desapareceron nin assubstancias nin os consumos, cunha política normali-

zadora non sempre aumentaron os consumos. O únicoque sabemos con certeza é o fracaso continuo e repe-tido das actuais políticas prohibicionistas.

Neste sentido, ao noso grupo preocúpalle a intenciónde repetilas unha vez máis, preguntándonos quepasaría se noutras áreas os que teñen a responsabili-dade de gobernar repetisen unha e outra vez, mesmocontra toda evidencia científica política, que demos-traron repetidamente o seu fracaso. Como nos inquie-ta a importancia que se lle dá á substancia e ao seupoder fronte á desconfianza sobre a capacidade daspersoas para levar unha vida saudable, senón é baixoo control da lei e dos expertos que decidan por nós.

O artigo citado formula, por outra parte, que "moitosconsumidores utilizan como criterio de autorregula-ción do consumo o estatus legal da substancia". Asituación legal máis que autorregulador de consumosé un heterorregulador, xa que a lei resulta algo exter-na ao suxeito. Por outra banda, entendemos que resul-ta difícil concretar o peso da lei sobre o consumodesta substancia, como se pode ver no artigo deReinarman (2005) sobre a irrelevancia das formas deregulación do cannabis sobre as pautas de consumo.

Moitos asumimos que gran parte dos perigos do can-nabis se derivan do marco legal con relación a este.Así, a prohibición leva implícita unha mensaxe relati-va á perigosidade do cannabis, que resulta despro-porcionado e incongruente coa experiencia de moitaspersoas e a información dispoñible. Prodúcese, enconsecuencia, un efecto perverso que resulta contra-producente de cara á prevención. E como os consumi-dores desconfían da "información oficial" e a rexeitan,tenden a construír e a basear o seu xuízo en mitos darúa, xeralmente banalizadores do consumo e dassúas consecuencias. Esta contradición provoca, poroutra parte, que moitos pais e educadores non saibanque dicir ante esta cuestión e que opten polo silencio.O noso grupo aposta por unha situación legal quesexa coherente co saber científico e congruente coestado de dereito, ao mesmo tempo que ten en contaa percepción social relativa ao cannabis. Dende estaformulación, defendemos a necesidade, non só dedifundir unha mensaxe que advirta sobre os riscos doconsumo sen caer no alarmismo nin na canalización,senón tamén dunha política preventiva e terapéuticaacorde coas necesidades da poboación. É o contrarioque as políticas prohibicionistas que sentaron asbases para unha desresponsabilización persoal,polas súas incoherencias e falta de respecto ás perso-as, deixando indirectamente as portas abertas a usosproblemáticos.

As políticas normalizadoras, que entendemos demo-cráticas e respectuosas dos dereitos das persoas, esti-mulan a responsabilidade persoal, así como o ade-cuado manexo persoal da substancia, na medida en

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 6

Page 7: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Investigación

7

que hai máis información e menos dramatismo á horade tratar as consecuencias negativas do consumo,que non se negan que existan.Pero esta é unha tarefa que está por desenvolver, deforma especial, para tratar esta cuestión ante osmenores, pois dadas as súas características persoaise sociais dispoñen de menos recursos para evitar oconsumo problemático, sobre todo tendo en canta aactual banalización do consumo desta substancia.Interesa, pois, a reflexión e o debate sobre a cuestióndo cannabis con posicións abertas á realidade pre-sente e ás achegas da investigación. E para este finpode servir o Manifesto de Oñate (Grupo de Oñate,2005), que recolle unha filosofía claramente diferen-ciada da actual política prohibicionista –e de políticasliberalizadoras neoliberais–, co que entendemos asbases para un debate social. Este manifesto, a partirdos dereitos das persoas, pode ser útil para a constru-ción do "novo discurso" da educación social que miraao pleno desenvolvemento e ao benestar de todos osindividuos.

Cal é a resposta, entón, dende a educación social? Éevidente que a educación nada ten que ver coas medi-das represivas, por máis que estas aparezan adorna-das de formulacións didácticas ou estean apoiadasen formulacións pedagóxicas de última xeración.Todo o que implique represión ou manipulación dossuxeitos de ningún xeito pode ser motor de responsa-bilidade e de autonomía, metas ás que precisamentepretende chegar a acción educativa. A educaciónintenta ante todo proporcionarlles ás persoas esesrecursos persoais e sociais que lles permitan vivir daforma máis saudable posible; neste caso, ante o fenó-meno do cannabis, tarefa na que ha de estar implica-da toda a comunidade.

Urxe, neste sentido, reflexionar sobre a cuestión docannabis, tendo en conta non só os aspectos farmaco-lóxicos desta substancia, senón tamén os condicio-nantes sociais, culturais, económicos e políticos, unhacuestión que está sen resolver na sociedade actual.Resulta demasiado cómodo reducir o fenómeno dasdrogas a unha cuestión policial. Como tamén urxenormalizar, entendido este termo co dicionario daReal Academia na man como: "Regularizar ou poñeren orde o que non o estaba".

Pero tamén convén actuar ante as situacións proble-máticas que se poden presentar nos nosos traballos. Aacción educadora sempre é posible máis alá da polí-tica represiva e da canalización dominante. A educa-ción, precisamente, ha de partir, por principio, dasnecesidades formuladas polos propios consumidoresque, en ocasións, poden ter relación co consumo dassubstancias, pero que sempre están asociadas a con-dicionantes persoais e sociais. O problema non é adroga, senón o uso que se faga dela. A educación,

neste sentido, asume que os individuos poidan correrriscos, o que non significa que se lles abandone á súapropia sorte. Ao contrario, os problemas que xordendo consumo é unha chamada de atención para revisara formación ofertada, ao constatarse que o suxeitonon dispón deses recursos educativos que lle permi-tan vivir de forma saudable.

Urxe, neste sentido, perderlle o medo ao cánnabiscomo substancia e preocuparnos máis das necesida-des das persoas, condicionadas por factores familia-res e sociais, incluíndo aquí os aspectos económicos,culturais e políticos. E confiar nas persoas e na súacapacidade de actuar de forma saudable antes esassubstancias que chamamos drogas. Dentro destaperspectiva, trátase de ofertarlles ese conxunto derecursos persoais e sociais que lles permitan actuarde forma saudable e, cando así non sexa, que poidanrecorrer aos recursos convenientes para recuperar asúa saúde ou, polo menos, reducir os riscos por con-sumo inadecuado.

BIBLIOGRAFÍA

ARANA, X. (2000), El debate sobre la normalización del fenómeno

social de las drogas.

http://www.gizarte.net/drogodependencias/datos/revista_69.pdf

Decembro 2000

BARRIUSO, M. (2003), Drogas ilícitas, vida recreativa y gestión de ries-

gos. Vitoria, Goberno Vasco.

CDD (2005), Manifiesto de Oñati: de qué hablamos cuando hablamos

de normalización?, CDD/DDZ N.º 116, marzo, pp. 1-2.

ELZO, J. E OUTROS (2003), Drogas y escuela VI: las drogas en los esco-

lares donostiarras, 21 años después. San Sebastián. EUTS.

GAMELLA, J. F.; JIMENEZ, M. L. (2003), El consumo prolongado de can-

nabis: pautas, tendencias y consecuencias. Madrid, Junta de

Andalucía/Fundación de Ayuda contra la Drogadicción, 2003.

GRUPO DE OÑATE (2005), Manifiesto de Oñate. Bases para un con-

senso social sobre el fenómeno del cannabis, en clave de normaliza-

ción. http://www.siis.net/pdf/CDD/CDD116.pdf.

IV CONGRESO ESTATAL DO/A EDUCADOR/A SOCIAL (2004),

Políticas socioeducativas: Retos y propuestas en el siglo XXI. A Coruña,

CESG.

POO, M., MARKEZ, I., MERINO, C. E ROMERA, C. Cannabis: de la

salud y del derecho. Acerca de los usos, normativas, estudios e inicia-

tivas para su normalización. Observatorio Vasco de

Drogodependencias. Outubro 2002.

REINARMAN, C. E OUTROS (2005), La irrelevancia de las formas de

regulación del cannabis sobre las pautas de consumo. CDD 116.

VEGA, A. (2005), "Cánnabis en las escuelas: recursos para la acción

educativa". Revista Española de Drogodependencias. 30 (1-2), 2005,

pp. 159-189.

VEGA, A. E OUTROS (2002), Drogas: ¿qué política para qué preven-

ción? San Sebastián, Gakoa.

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 7

Page 8: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Práctica Profesional

8

PROXECTO CREAobradoiros creativos e culturais para

reclusos

Dado que un dos obxectivos básicos das penasprivativas de liberdade son a reeducación e areinserción social, o acceso á formación básicae á cultura e o desenvolvemento integral dapersonalidade dos reclusos considéranse ele-mentos esenciais sobre os que estruturar o pro-ceso de reintegración social.A cultura e as actividades socioculturais enri-quecen as persoas, melloran a comunicacióninterpersoal e fortalecen notablemente o inte-lecto.A privación de liberdade é a pena que debenpagar as persoas que cometen un delito, perose temos en conta que o fin último é a reinser-ción destas persoas na sociedade, debemos terpresente que o castigo por si mesmo non ten unefecto positivo, xa que os centros penais póden-se converter en lugares xeradores de maisdelincuencia e, en moitos casos, alimentar orancor dos reclusos. Afortunadamente, paísescoma España contan cunha lexislación penalque aposta firmemente pola reeducación, areinserción social e o uso de tratamentos tera-péuticos que lles axuden aos reclusos a mello-rar as súas condicións de vida dentro do propiocentro penal e despois da súa saída deste.Pero tamén é fundamental o traballo das ONGe asociacións que desinteresadamente presta-mos servizos de apoio ao sistema, xa que estenon conta en moitas ocasións con medios sufi-cientes para atender toda a poboación carcera-ria ou ben non pode levar a cabo todas aquelasintervencións que facemos as entidades senánimo de lucro.O recluso é unha persoa que ten unha proble-mática moi determinada, atópase psicoloxica-mente afectado, probablemente polo delito

cometido e, por suposto, por verse sometido áprivación de liberdade; ademais nos centrospenais, aínda que poden facer distintos tipos deactividades que a propia Dirección Xeral deInstitucións Penitenciarias organiza (cursos deformación ocupacional, escolas de adultos,UNED, actuacións terapéuticas, etc.), dispoñende moito tempo libre, tempo que dedicarían aactividades pouco saudables, de non ser polaoferta de accións levadas a cabo por entidadescomo a nosa.CIMO aposta firmemente pola reinserciónsocial dos reclusos, xa que non debemos esque-cer que son persoas que, por determinadas cir-cunstancias, cometeron un delito e se ven priva-das de liberdade. Por iso pensamos que, enmoitos casos, é unha oportunidade para reto-mar a súa vida e dar un cambio. A nosa entidade leva oito anos colaborando coCentro Penal de Pereiro de Aguiar. Nun inicio,con accións puntuais relacionadas directamen-te coa inserción laboral de reclusos sen situa-ción de terceiro grao e, dende o ano 2003, com-paxinamos esas actividades cunha nova acciónenfocada principalmente á reinserción socialde reclusos que se atopan no módulo da comu-nidade terapéutica intercomunitaria (módulolibre de drogas).Esta actividade denomínase proxecto CREA, xaque cando deu comezo tratábase de variosobradoiros artístico-creativos.

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 8

Page 9: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Práctica ProfesionalCon este proxecto, perseguimos uns obxectivosclaros:

Obxectivos xerais- Canalizar a creatividade- Fomentar a participación e as relacións inter-

persoais- Potenciar a cultura entre colectivos desfavore-

cidos- Proporcionar coñecementos que favorecerán a

reinserción socialA continuación, detallamos o programa que ini-ciamos en novembro de 2003:O proxecto CREA consiste na organización deobradoiros de actividades culturais que llesaxuden a fomentar as relacións interpersoais, acoñecer fórmulas para canalizar a creatividadee a enriquecerse como persoas.

•Escritura creativa•Animación á lectura•Apreciación musical•Apreciación artística "Como ver un

cadro"A través de xogos e actividades diversas, osparticipantes adquiren coñecementos sobre téc-nicas de escritura, escritores galegos e a súaobra e tamén sobre escritores de recoñecidonome nacional e internacional; aprenden osdistintos estilos musicais, prestando especialatención á música clásica e popular e conse-guen diferenciar os distintos estilos pictóricos erecoñecer e diferenciar os pintores máis impor-tantes da historia.A día de hoxe, a oferta de actividades é maisvariada, xa que estamos levando a cabo unobradoiro de cine, co obxecto de filmar unhacurtametraxe; este obradoiro está na fase deformación dos participantes que consiste encursiños específicos sobre as distintas áreas detraballo necesarias para levar a cabo a grava-ción. Destacamos o obradoiro de interpreta-ción, o de guión e dirección e o técnico.Outras actividades que se ofertan, e que nadateñen que ver coa cultura, son os obradoirossociais que consisten en charlas e debatessobre alimentación e consumo, protocolo eoutras cuestións que consideramos que podenresultar de grande axuda na reinserción socialdos reclusos.Con respecto ao obradoiro de escritura, con-templa diversas actividades e xogos que axu-dan a favorecer a creatividade dos asistentes,pero tamén a abrirse ao exterior, contandocomo se senten a través de poemas ou relatos.Neste momento, atópanse preparando un reci-tal de poemas escritos por eles mesmos e unhaorixinal exposición deses poemas.Antes fixemos unha relación dos obxectivosxerais, pero agora que xa expuxemos os obra-

doiros podemos explicar os obxectivos que seperseguen con cada un deles:Obradoiro de escritura creativa- Adquirir coñecementos sobre as distintas téc-

nicas da escritura- Gozar da escritura como forma de

expresión artística- Desenvolver aptitudes autocríticas- Participar en concursos literarios

Obradoiro de lectura- Adquirir vocabulario- Coñecer estilos literarios e diferencia-

los- Aprender técnicas de debate- Fomentar o interese pola lectura

Obradoiro de música- Canalizar sensacións a través da músi-

ca- Coñecer e diferenciar distintos estilos

musicaisObradoiro de pintura

- Coñecer diferentes estilos- Adquirir destrezas para analizar un

cadroObradoiro de cine

- Adquirir coñecementos técnicos (cáma-ra, son, etc.)

- Fomentar o traballo en equipo- Fomentar a capacidade de organiza-

ciónObradoiros sociais

- Adquisición de coñecementos sobretemas como alimentación saudable

- Favorecer o debate sobre temas deactualidade

- Aprender a expresarse correctamente,tanto oralmente coma por escrito

- Formar en materias diversas quefomenten a autoconfianza

Este traballo lévao a cabo un equipo multidisci-plinar composto por educadores sociais, unhasocióloga e voluntarios que participan desinte-resadamente para facer realidade este proxec-to.CREA ten a peculiaridade de que as persoasque forman o equipo de traballo (profesionais,voluntarios, estudantes en prácticas, etc.) teñena posibilidade de propoñer actividades paradesenvolver e, sempre que as accións propos-tas, tras ser analizadas por CIMO e o centropenal, encaixen no proxecto e axuden a conse-guir o cumprimento dos obxectivos mínimosdeste, poderán levarse a cabo.A participación no proxecto CREA está aberta aeducadores sociais interesados en traballarcon este colectivo tan específico e, por suposto,a todas aquelas persoas que pola súa expe-riencia ou coñecementos se implique na conse-cución dos obxectivos perseguidos.

9

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 9

Page 10: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

10

A consecución do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES) supón unimportante logro na nosa organización profesional. Despois da creación dos colexios autonómicos, fací-ase moi necesario que o órgano de representación no ámbito estatal e internacional fose tamén unorganismo de dereito publico que tivese unha voz forte cara a defender a nosa profesión e, con ela, aspersoas e os colectivos cos que traballamos.

Neste artigo intentarei dar unha visión de conxunto da evolución do proceso de creación ata hoxe,tamén intentarei deixar esbozado os retos aos que nos enfrontamos como consello.

Botando unha ollada atrás, observamos que a consecución de colexios significou un incremento da par-ticipación dos educadores e das educadoras nas nosas entidades representativas. No seguinte cadro,podemos ver os datos que o corroboran.

A forza do

traballo conxuntoAlberto Fernández de Sanmamed SantosPresidente do CGCEES

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 10

Page 11: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Ceesg informa

11

Un longo camiño percorrido dende aquelas primeirasreunións dun pequeno grupo de profesionais, senunha denominación definida, pero que xa tiñamosclaro que o que faciamos era unha tarefa diferente econsiderabamos que a nosa profesión achegaba algodistinto ás existentes. Era necesaria para a sociedade.Estes primeiros representantes de moi diversos tipos

de organizacións territoriais (a nivel de representa-

ción, estado de organización…) estaban dispostos esentían a necesidade de colaborar e de compartir, deaprender uns xunto a outros, de construír dende o res-pecto aos procesos e á organización propios de cadaterritorio.

Froito destes anhelos nace a nosa primeira entidadede ámbito estatal, a Federación Estatal de

AndalucíaAragónAsturiasBalearesCanariasCastela e LeónCastela - A ManchaCataluñaEuskadiEstremaduraGaliciaA RioxaMadridMurciaNavarraValenciaTOTAIS

16060

100

80

632228

300

14080

1501.930

27024055

102

12072

4.30023390

374

28014270

2016.549

25026059

115

118219

4.88330160

929

200135

3377.866

60522536

43578

513390

4.344519150

1.09114

21584883

1.20510.751

278,13275

100,00335,00100,00541,25100,00587,34127,63100,00263,67100,00100,00505,71

3,75703,33

457

Situación1997

Situación2001

Situación2004

Situación2007

Incremento%

Evolución 1996-2007

núm

ero

soci

os/a

s

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 11

Page 12: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Ceesg informa

12

Asociacións Profesionais de Educación Social (FEA-PES). O seu nome xa nos indica a intención do órga-no, constituírnos como unha federación de diferentesasociacións profesionais.

A implicación dos profesionais galegos a este procesoé clara dende o principio. Un dato significativo é queFEAPES, na súa ultima Xunta de Goberno, estivo pre-sidida por un compañeiro da Asociación de Galicia,Federico Armenteros.Dende FEAPES decídese dotarnos de órganos máisfortes, de máis poder decisorio e representativo e pornormalizar a situación profesional do sector.Apostamos decididamente polos colexios profesionaisautonómicos. Nace así o Colexio Catalán, o primeirodeles.

A creación deste colexio non supuxo un freo ao restodo asociacionismo estatal, senón todo o contrario,serve de acicate e impulso. Aproveitar a experiencia,para que cada un, dende a súa diferente realidade,constrúa o seu propio proceso, sen exclusións.Creouse unha Comisión Mixta entre FEAPES e o cole-xio que estableceu a famosa estratexia do "efectodominó" ; é dicir, o apoio duns faría chegar a reaccióndoutros.

A coexistencia de colexios e asociacións levounos ánecesidade de substituír FEAPES por ASEDES; endefinitiva, unha entidade que puidese acoller dende ocolexio con máis implantación ata a asociación máispequena.

Xorde entón o noso colexio, o segundo do Estado que,xunto co resto de territorios, continúa traballando coamesma filosofía, o apoio duns a outros e o respecto acada proceso, co fin de que a nosa profesión sexa unespazo aberto ás diferentes sensibilidades.

A nova situación, coa aparición de máis colexios auto-nómicos –Baleares, Murcia...– levou consigo que aasociación estatal sentise a necesidade de dotarnosdoutro organismo estatal. Do mesmo xeito que sepasou de asociacións a colexios autonómicos, consi-derouse máis operativo e útil transformar a asociaciónestatal nun órgano colexiado.

É así como no ano 2004 se crea unha comisión enASEDES, co encargo específico de lograr o ConselloXeral de Colexios de Educadoras e EducadoresSociais. O labor da dita comisión centrouse, por unlado, no traballo interno de preparación, do xeito derealización do traspaso asegurando a participaciónde todos os colexios e asociacións e a preparacióndos documentos necesarios e, por outra banda, no tra-ballo co exterior; é dicir, as actuacións coaAdministración, para dar os pasos lexislativos nece-sarios, co fin de acadar o dito organismo.

Cremos que as tarefas internas foron frutíferas e per-mitiron que a posta en marcha do Consello, así comoque os traspasos que estamos realizando nestesmomentos, contasen cun altísimo grao de consenso eimplicación por parte de todos os territorios. Cadadocumento proposto foi debatido e, o que é máisimportante, ratificado por todos, colexios e asocia-cións.

En canto ao traballo externo, o tema foi moito máisdifícil. Dende uns primeiros tempos en que ningúnministerio asumía ser o que nos correspondía comoprofesión, ata que o actual Ministerio de Traballo eAsuntos Sociais acepta o encargo e lles presenta ásCortes a proposta da nosa lei.

De novo, o consenso e a colaboración foron claves. Enpouco tempo, todos os grupos parlamentarios doCongreso e do Senado aprobaron a lei por unanimi-dade e sen emendas, feito que, como os propios par-lamentarios recoñeceron nas súas intervencións, foiun evento histórico.

A lei publícase o día 27 de decembro do 2006, no BOEnúm. 309. A partir dese momento, o Consello podecomezar a súa andaina en paralelo á asociación esta-tal.

En febreiro do presente ano, constitúese en Lugo aComisión Xestora que elabora a proposta de estatutosprovisionais, remitidos ao ministerio e publicados noBOE do 23 de maio do 2007, despois das correspon-dentes negociacións. É de subliñar que os compañei-ros do Estado elixisen Galicia para facer o primeiroacto do CGCEES, nós entendémolo como un recoñe-cemento ao esforzo que o noso colexio fixo no ámbitoestatal.

Se estes pasos nos levaron a acadar esta forma deorganización, cremos que lle fariamos pequeno favorá profesión se se convertese tan só nun órgano xestorque, caendo na burocracia, quedase na simple xes-tión das relacións administrativas entre os colexios e

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 12

Page 13: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

13

Ceesg informana exclusiva defensa de aspectos profesionais noámbito estatal e internacional.

Como educadores e educadoras sociais e sen sacarlleimportancia a todo o anterior, cremos imprescindibleque os nosos órganos de representación sexan dife-rentes e realmente útiles para os colexios e, polo tanto,para os profesionais e, a través deles, para as perso-as e colectivos cos que traballamos.

Por todo iso, dende o comezo do proceso, estamos adebater que tipo de Consello queremos e necesita-mos. É preciso establecer este diálogo dado o carác-ter da nosa profesión, aínda que implique unha formade traballar complexa, pero sen dúbida máis eficaz.

Os primeiros documentos elaborados en ASEDES ereferidos ao Consello xa establecían as primeiraspautas de funcionamento. Sinalaban, tentando expli-citamente facer o traspaso da forma máis participati-va e solidaria posible, os seguintes principios:

Corresponsabilidade e cooperación:Baseábase este principio na necesidade de que ofuturo, xa presente, Consello, traballase a favor dacooperación coordinada das diferentes actuaciónsdos colexios autonómicos. Establecía, pois, o apoioentre os diferentes colexios e a corresponsabilidadedestes no proxecto de construción e desenvolvementoda profesión.

Definición de ámbitos:Determinaba que o Consello debería atender os ámbi-tos estatais e internacionais, sendo os de ámbito auto-nómico propios dos colexios de cada territorio.Interviría nos aspectos que afectasen a toda a profe-sión (definición, competencias, código deontolóxico,estatuto profesional...), tendo en conta as diferentesrealidades e necesidades autonómicas.

Independencia e coordinación:Fixabamos a necesidade de que o Consello respecta-se a independencia das actuacións autonómicas,sabedores de que as entidades autonómicas debenapoiar o Consello na consecución dos seus obxecti-vos. Partindo desta independencia, o Consello debexogar un papel coordinador entre os diferentes cole-xios.

Establecidos estes primeiros principios que hoxe esta-mos a debater e a reformular, o CGCEES continúa asúa andaina. En Valencia, o 26 de maio do 2007, enasemblea conxunta con ASEDES, apróbase o primei-ro plan de traballo do CGCEES e destacan como retosinmediatos fundamentais:

Elaboración dos estatutos xerais• Traspaso das funcións e responsabilidades entre

ASEDES e CGCEES.• Establecemento da estrutura e forma de traballo

interna.• Difusión pública do CGCEES.

En xuño, en San Sebastián, elíxese a primeira Xuntade Goberno. Unha vez máis, os representantes detodos os colexios do Estado teñen a ben elixir o repre-sentante do Colexio de Galicia para asumir a presi-dencia do CGCEES. Unha honra da que esperamosestar á altura e na que pretendemos deixar os nososmellores esforzos, na seguridade de que os avancesprofesionais que academos no eido estatal e interna-cional repercutirán directamente nos educadores enas educadores sociais de Galicia.

Neste momento ilusionante, de construción, que pechaa nosa organización profesional, dótasenos dos ins-trumentos necesarios para ser unha profesión útil nasociedade actual.

Moitas son as tarefas inmediatas que nos agardan,elaborar os estatutos definitivos, os estatutos xeraisdos colexios e facer un traspaso tranquilo das funcio-nes que ata este momento viña realizando a asocia-ción estatal. Estas actuacións culminarán coaAsemblea, que determinará a nova organización e adisolución de ASEDES que, unha vez rematado o seugran traballo, se transforma nunha organización máisforte e máis potente.

Esta transformación debe ir acompañada pola sinatu-ra de convenios coas asociacións de educadores eeducadoras dos territorios que aínda non teñan cole-xios autonómicos. Os convenios asegurarán a partici-pación de todos e todas nas actuacións no ámbitoestatal e internacional.

Temos pois ante nós un ilusionante reto e de nósdepende en gran parte como sexa o futuro profesional.

Tócanos decidir o papel que debemos xogar nas polí-ticas sociais de ámbito estatal dos próximos anos. Deberemos negociar cos ministe-rios cara a normalizar a nosa situación profesional através das regulacións pertinentes. Teremos que fixaro noso rol no asociacionismo internacional. Pero,sobre todo, o esencial é lograr que, a través dos cole-xios e entidades autonómicas, a nosa profesión sexacada día máis útil e, por tanto, máis coñecida e reco-ñecida.

Só así terá sentido a defensa da nosa profesión,estando cada vez máis cohesionados e mellor prepa-rados e, por tanto, sendo cada vez máis socialmentenecesarios. Para iso, debe traballar decididamente oCGCEES coa participación decisiva do Colexio deEducadoras e Educadores Sociais de Galicia.

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 13

Page 14: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

De Actualidade

14

A Declaración de Boloña, adoptada no ano 1999,asenta as bases para definir o nacente EspazoEuropeo de Educación Posterior (EEES). De aí que areforma universitaria sexa comunmente coñecidacomo "a reforma de Boloña"; se ben son cada vez máisos alcumes que a retratan como "unha reforma á bolo-ñesa". Retrancas á parte, a contraposición é apropia-da para reflectir as diverxencias que se constatan, natentativa de acadar un acordo básico sobre os funda-mentos dunha reforma que sexa posible e, ao tempo,desexable. De feito, non poden ignorarse os descon-certos que se produciron en diferentes estamentosacadémicos e sociais, froito das actuacións un tantoerráticas que, con maior ou menor fortuna, titubearonentre avances, paralizacións e retrocesos. Motivossobrados para que o profesor Bolívar, no marco do XIEncontro da Federación Icaria, estimase que:

a reforma en curso ameaza con limitarse a unha refor-ma estrutural máis, sen chegar a mellorar os modos deensinar e de aprender. O asunto, en último extremo, éo de incidir na ‘gramática básica’ do ensino universi-tario, para que non quede tan só nun ‘reformateo’ dostítulos e das disciplinas. Os cambios na ‘cultura’ acos-tuman a requirir, para non ser prédicas retóricas, cam-bios organizativos que supoñan outras formas defacer, tanto de profesorado coma de alumnado.

No decurso deste proceso, entre as moitas instanciasministeriais, académicas e científicas que se pronun-ciaron ao respecto, os sectores sindicais e os colexiosprofesionais, así como as partes contratantes, teñen aresponsabilidade de facer valer a súa disposiciónpara promover o necesario achegamento entre univer-sidade e sociedade. Cando menos, así se concibe noartigo 7 da Declaración Mundial sobre EducaciónSuperior no Século XXI, ao nomear a necesidade de"reforzar a cooperación co mundo do traballo e a aná-lise e previsión das necesidades da sociedade".

As educadoras e os educadores sociais, así como assúas asociacións e os seus colexios profesionais, nonpoden permanecer á marxe dos retos asociados áreforma da educación superior no espazo europeo.Entre outros motivos, porque se trata dunha excelenteoportunidade para promover o reencontro coa propiaprofesión. Moi especialmente, en tanto que se dan as

A educación social no

Espazo Europeo de

Educación Superior:

un chamamento ao diálogoPablo Montero Souto - Vogal do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

condicións idóneas para instaurar un diálogo, deigual a igual, entre a praxe profesional e a súa con-cepción científica e disciplinar, no marco do saber edo facer educativo-social. Isto é, posibilitar a creaciónde condicións para que "teóricos" e "prácticos" –se éque se pode falar nestes termos– poidan recoñecersecomo interlocutores do debate, lexitimados ambos osdous polo seu innegable compromiso de actuar enbeneficio da profesión, dos seus soportes científicos edos seus alcances sociais. Todo iso por canto resultanecesario promover un quefacer educativo-socialaxustado ás demandas da sociedade, capaz de satis-facer as necesidades propias do mundo que habita-mos, proxectando os seus logros na consecución doque demos en chamar educación social.

En último termo, están en xogo cuestións que forondesigualmente resoltas polas propias institucións queregulan o acceso formal á profesión. É dicir, o traxec-to que comprende dende o inicio do percorrido forma-tivo, realizado nas institucións universitarias que habi-litan para o exercicio profesional, ata a inserción labo-ral no mercado de emprego. Mentres, os colexios pro-fesionais, como principais instancias aludidas para a"mediación" de todo tipo de transicións entre ambasas esferas da formación e do traballo, articulan osprocesos de pasaxe dende a formación ao desempe-ño profesional, estreitando as vías de colaboraciónexistentes coas administracións públicas (sobre todo,autonómicas e locais) e os axentes sociais (organiza-cións, fundacións, etc.), potencialmente xeradoras deocupación. Por iso, todo apunta a que unha melloranas condicións de empregabilidade dos titulados uni-versitarios, ante todo, require a concertación dunmodelo de acceso á profesión capaz de satisfacertanto o desafío científico da sociedade do coñecemen-to, como a súa demanda de profesionais cualificadose competentes.

A incorporación da profesión ao debate en cursoRespecto destas preocupacións, situáronse xa –dendediversas perspectivas– distintos sectores de gran rele-vancia na configuración da profesión. Así, aSociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social dedi-ca o monográfico número 14 da súa renovada RevistaInteruniversitaria ás implicacións entre pedagoxíasocial e converxencia europea. Pola súa banda, a IV

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 14

Page 15: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

15

Conferencia de Decanos e Directores de Centros contítulos de Mestre e de Educación, celebrada en xuñode 2006, ocupou a súa xornada de debate en "promo-ver a reflexión e o debate arredor do título de grao eneducación social", así como en "propoñer e articularliñas de actuación orientadas cara ao deseño da for-mación curricular (teórica e práctica) dos futuros gra-duados en educación social que lles sirvan de soporteás actuacións que conduzan á implantación e aodesenvolvemento desta titulación e dos seus posgraosnas distintas universidades". Ademais, non pode elu-dirse aquí a mención ao Libro branco dos títulos degrao en pedagoxía e educación social, promovidopola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade eAcreditación (ANECA), que foi elevado ante oConsello de Coordinación Universitaria e o Ministeriode Educación e Ciencia, con carácter non vinculante,para a súa información e consideración. Neste últimocaso, destacou especialmente por tratarse dun docu-mento nacido do diálogo entre profesorado universita-rio da titulación de educación social e representantesde asociacións e colexios profesionais (máis concreta-mente, en nome da educación/pedagoxía social, oCEESC, a ASEDES e a SIPS).

Aínda sen menoscabo de ampliar o percorrido destesdebates, cabe recoñecer que os labores precedentesavanzaron –e moito– no estudo de temáticas e proble-máticas tan diversas como: as actuais e futuras saídasprofesionais da educación social e doutros títulos rela-cionados coa educación, os seus ámbitos de actua-ción preferente na Europa comunitaria, a organiza-ción e xestión dos plans de estudo conducentes áobtención da titulación, as principais tendencias dosseus perfís profesionais e das competencias asocia-das a cada unha das figuras, etc. Así pois, non podenin debe obviarse o considerable volume de contribu-cións realizadas ao debate da reforma e por iso nondeixemos de considerar moi seriamente o sinaladopolo profesor Caride, no seu relatorio sobre o "Grao eneducación social":

cabe estimar que no Libro branco se proxectasenavances significativos no coñecemento e futuro dese-ño de ambas as titulacións, sen que por iso debamosamosarnos indiferentes e ata preocupados polo queaínda poderán dar de si as presións corporativas, osintereses académicos e profesionais, as inconsisten-cias epistemolóxicas e científicas, as distribuciónsterritoriais e institucionais etc., que se ocultan tras esteconsenso.

Non en van, o novo título de grao haberá de ter en con-sideración o papel que lles corresponde aos colexiosprofesionais na consolidación da educación social,pois cómpre que se recoñezan tanto as causas queorixinaron a aparición da profesión e a súa posteriorevolución, como a aparición de estruturas asociativase profesionais que contribuíron á actual definición dosseus ámbitos e códigos de actuación. No entanto, opaso do tempo na profesión amosou que as interven-

cións socio-educativas, inicialmente voluntariosas eintuitivas, foron progresivamente transformándose enactuacións cada vez máis sistematizadas e funda-mentadas, tanto a nivel científico coma técnico. Defeito, como expresaba o profesor Martí March, no ICongreso Estatal de Educadoras e EducadoresSociais, a creación da diplomatura supuxo non soa-mente o recoñecemento dunha historia, dunha reali-dade e dunha profesión, senón tamén a posibilidadede construír esa profesión dun modo máis vivo, diná-mico e permanente. Por iso, agora, a ocasión daactual reforma en curso merece non ser desaproveita-da para afrontar os non poucos desafíos existentes,relanzando os compromisos da profesión coa mellorada calidade de vida das persoas e o benestar socialdas comunidades. E iso porque se abre a posibilidadede concertarmos a definición dun marco que atendaen maior medida as realidades sociais da propia pro-fesión, contribuíndo a mellorar a súa inscrición noscadros laborais, institucionais, administrativos etc.,pero tamén políticos, sociais, culturais, etc.

En definitiva, trátase de conxeniar o labor das univer-sidades e a súa responsabilidade na formación dosfuturos profesionais, co ineludible protagonismo dosdistintos profesionais na ampliación dos seus propioshorizontes, por medio de canles amplamente diversifi-cadas, entre as que destacan moi decisivamente assúas propias organizacións asociativo-colexiais. Defeito, a contribución destas resultará decisiva na con-secución dunha universidade que forme "excelentesprofesionais e comprometidos cidadás" e que cumpraasí o seu cometido de "colocar no primeiro plano daspreocupacións dos seus estudantes a perspectivadunha educación ao longo da vida, co fin de que poi-dan integrarse plenamente na sociedade mundial docoñecemento do vindeiro século" (ConferenciaMundial sobre a Educación Superior, Unesco, 1998).

Unha axenda de cuestións para considerarDeste modo, vimos sinalar que, ademais de académi-cos, universitarios e estudantes, os profesionais daeducación social están concernidos pola reformadeste título no seo do Espazo Europeo de EducaciónPosterior. Á fin e ao cabo, a da universidade é unharealidade única para formar e formarse na profesión;pero, con todo, non é a única. Afortunadamente, cabeadmitir a existencia doutras instancias nas que se rea-liza a construción disciplinar da educación social. Así,é de valorar a decisiva contribución das asociacións edos colexios profesionais á formación de "comunida-des de aprendizaxe profesional", distinguidas por tra-ballar en rede e de maneira colaborativa, afanándosena formación permanente e utilizando a evidenciacientífica para sustentar a mellora das súas actua-cións. O que supón, entre outras cousas, "redefinir" oexercicio profesional en termos colectivos, na direc-ción dunha profesionalidade ampliada e compartida.E é este, entre outros posibles, o principal dos signifi-cados que lle atribuímos á construción dunha educa-ción social que se desenvolva dun modo colexiado,

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 15

Page 16: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

16

De Actualidadeacorde coa lóxica organizativa das profesións que seestiman dignas de recoñecemento social.

No marco destas "comunidades de aprendizaxe profe-sional", cabe concretar aquí as principais liñas de tra-ballo nas que o sector profesional deberá achegar oseu amplo saber sobre o estado da formación na edu-cación social, sobre as realidades do seu exercicioprofesional e sobre as relacións entre formación e pro-fesión. Por iso, e aínda que sen ánimo de esgotaroutras opcións, obsérvanse –cando menos– cincograndes aspectos:

•En primeiro lugar, ha de esclarecerse unha defini-ción interdisciplinar da profesión, que permita com-bater, ata onde sexa posible, a) a conculcación dodereito que os seus profesionais teñen a estar pre-sentes naqueles ámbitos de actuación que lles sonpropios (intrusismo); b) a tentación de dimitir dolabor social de educar en detrimento de posturasasistenciais e benéficas, sen por iso desmerecer ovalor das súas realizacións (transfuguismo) e c) aerradicación das malas praxes que vulneran o códi-go deontolóxico acordado no seo da propia profe-sión (corruptismo).

•En segundo lugar, han de atenuarse as clásicas ten-sións entre unha "formación academicista" de cortepolivalente, fronte a unha "acción profesionalizado-ra" de natureza especializada; con desaxustes entreos seus contidos teóricos e prácticos, así como entreos fundamentantes e os especializados; e aínda coarémora das tradicións máis apegadas a unha peda-goxía escolocéntrica. Neste sentido, as propostasacadémicas que figuren nos futuros plans de estudohan de ser contrastados, co fin de estimar a súa inci-dencia no desenvolvemento do quefacer profesional.

•En terceiro lugar, han de ser superadas as limita-cións que aínda presenta a realización do practicum,moi particularmente, mediante a articulación dunproceso de profesionalización progresiva que impli-que unha toma de contacto cada vez máis intensivacoa realidade socio-profesional e que veña sendomediada polas instancias colexiadas creadas para oefecto. Aquí, o recoñecemento do labor titorial-docente realizado polos profesionais en exerciciodeberá reverter nunha especial consideración dasuniversidades cara ao apoio daquelas iniciativasque se promovan, con miras a formar e a formarsepara un mellor desempeño das responsabilidadescontraídas coas futuras xeracións de educadoras eeducadores sociais.

•En cuarto lugar, cómpre que universidades e colexiosprofesionais colaboren intensamente para informara sociedade dos logros alcanzados por unha educa-

Para saber máis…

Declaración Mundial sobre Educación Superiorno Século XXIhttp://www.unesco.org/education/educprog/wche/declaration_spa.htm

Espazo europeo de educación superior (EEES)http://www.mec.es/universidades/eees/

Libro branco do título de grao en pedagoxía eeducación socialhttp://www.aneca.es/

Conferencia de Decanos e Directores de Centroscon títulos de Mestre e de Educaciónhttp://www.uned.es/decanoseducacion/

ción social que contribúe a facer efectivos os dereitose os deberes de cidadanía. E iso, co obxecto de ele-var o recoñecemento e a valoración social da titula-ción e da propia profesión, principalmente, naquelesescenarios sociolaborais chamados a soportar boaparte do exercicio profesional das educadoras e doseducadores sociais.

•En quinto lugar, faise necesario elevar a vinculacióndos estudantes e futuros profesionais a aquelasorganizacións, entidades, institucións, administra-cións, etc. que contribúen ao desenvolvemento socio-profesional dunha educación social con valor de seu.Para tal fin, as universidades han de acoller nas súasinstitucións todo tipo de representantes da profesiónque poidan favorecer nos estudantes a apropiacióndunha identidade profesional e dunha cultura deprofesión.

En última instancia, ante o Espazo Europeo deEducación Posterior, todos os colectivos profesionaisteñen o desafío de transitar "dende a súa propia ideada profesión cara a unha profesión de ideas", capazde refacerse con imaxinación e creatividade. E nestelabor, como di o profesor Fernández Enguita, "a profe-sión e os seus profesionais poden elixir entre ser partedo problema, parte da solución ou parte da paisaxe".

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 16

Page 17: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

INTRODUCCIÓNAs educadoras e educadores sociais somos profesio-nais que realizamos unha constante análise e recicla-xe das nosas intervencións.

A procura de nova realidades, novas e mellores for-mas de intervir é unha das nosas máximas.Recollemos datos da nosa práctica cotiá, da súa aná-lise, de bibliografía especializada, de xornadas for-mativas, do intercambio de experiencias...Internet é un recurso máis e animámosvos a que oincorporedes á vosa vida cotiá.

Na rede podedes atopar moita información de calida-de e proxectos socioeducativos moi interesantes.Neste artigo queremos dar continuidade a un ante-riormente publicado en Galeduso, onde recolliamosalgunhas das webs máis interesantes sobre recursoseducativos a nivel xeral.

Nesta nova entrega, desexamos facilitarvos enlacesespecializados en diversas áreas de actuación pro-pias da educación social.Esperamos que vos resulte de utilidade.

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

GUIA BÁSICA

DE RECURSOS

EDUCATIVOS NA

WEB IIMª José Fernández Barreiro

17

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:42 Página 17

Page 18: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

18

Dinámicas de grupos. Guía con máis de 1.000 dinámicas de diversa índole paratraballar con mozos e non tan mozos.http://victorian.fortunecity.com/operatic/88/

RedCreaciónPortal de animación sociocultural de Latinoamérica.

http://www.redcreacion.org

Blog de animación sociocultural. Blog creado pola Coordinadora Nacional de TASOC eTSIS, para falar sobre a animación sociocultural e aintegración social.http://ascprofesional.blogspot.com/

Internenes. Páxina dedicada aos máis novos. Nocións de

psicoloxía básica, foros de discusión para pais e educa-dores, poemas, contos, descarga de xogos...

http://www.internenes.com

Chicos.net. Portal destinado a rapaces de primaria e secundaria. http://www.chicos.net

Pequenet. Páxina dedicada a nenos de 3 a 12 anos. Xogos en liña,

contos, poesías, concursos, cancións...http://www.pequenet.com

Xogos en liña e programas educativos. Páxina que conta cun repositorio de xogos en liña e aplicacións educativas. http://www.indicedepaginas.com

Xogos matemáticos e de lingua. Xogos educativos sobre matemáticas e lingua, útiles

para o traballo con menores. http://www.pequelandia.es

Red Iris. Foro de educación de adultos.

http://rediris.es/list/info/eduadultos.es.html

Circulum. Páxina dedicada ao desenvolvemento de proxectos edu-cativos e á formación de adultos.http://www.circulum.org

Federación Española de Universidades Populares.

Federación constituída por máis de 200 universidadespopulares que ten como obxectivo o intercambio de

experiencias, a reflexión e a produción teórica.http://personal5.iddeo.es/feup

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

INFANCIA E XUVENTUDE

EDUCACIÓN DE ADULTOS

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:43 Página 18

Page 19: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Asociación Nacional de Centros deEnsinanza a Distancia. Na súa web podemos atopar información sobre centrosdedicados á ensinanza a distancia, proxectos da aso-ciación, lexislación, publicacións, etc. http://www.anced.es

Oficina Técnica de Seguimento daFormación Continua na Administración

Local. É unha iniciativa da Federación Española de Municipiose Provincias que se encarga da adxudicación de axudas

para formación continua, elaboración de criterios decalidade, seguimento dos plans de formación, etc. A súa

web facilita información sobre recursos, convocatorias,lexislación, etc.

www.ucm.es/info/ites

Proxecto software sénior. O proxecto está dirixido a facilitar o acceso aos recursosmáis axeitados para a accesibilidade informática daspersoas maiores con algún tipo de discapacidade físicae sensorial (dificultades visuais, motoras e auditivas).http://softsenior.cesga.es

Ceoma. Confederación Española de Organizacións de Maiores.Resultan de interese as actividades e os proxectos que

organizan (Premio Maiores en Acción, concursos, alfabe-tización dixital, etc.).

http://www.ceoma.org

Inforesidencias. Información sobre residencias para persoas maiores,noticias e outros temas de interese para este colectivo depoboación.http://www.inforesidencias.com

Os dereitos humanos das minoríasétnicas.

Movemento dos Pobos para a Educación dos DereitosHumanos.

http://www.pdhre.org/rights/ethnicity-sp.html

Declaración sobre os dereitos das per-soas pertencentes a minoríasnacionais ou étnicas, relixiosas e lin-güísticas. http://www.unhchr.ch/spanish/html/menu3/b/d_mino-ri_sp.htm

Punto Omega. Ong non lucrativa de asistencia ao drogodependente e

prevención da exclusión social. Traballo con menores endificultade social, minorías étnicas, reclusos, toxicóma-

nos... Escola de formación social.http://www.puntomega.es

PERSOAS MAIORES

INCLUSIÓN SOCIAL E MULTICULTURALIDADE

19

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:43 Página 19

Page 20: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

20

Asociación de Ensinantes con Xitanos. Organización de voluntarios que traballa contra a discri-minación aos xitanos. Atoparás as súas publicacións edetalles das xornadas que organiza.http://www.pangea.org/aecgit

Changobomba.Web con información sobre drogas moi completa, actual

e fiable. Ten xogos (trivial, etc.), experiencias reais, etc.Pódese consultar en inglés e en

castelán.http://www.changobomba.com

A antidroga. Web dedicada ao mundo das drogas, especialmentedestinada ao público xuvenil e aos seuspais.hhttp://laantidroga.com

Plan nacional sobre drogas. Páxina oficial do PNSD, con información básica sobre

este, recursos, etc.http://www.pnsd.msc.es/

Fundación de Axuda contra aDrogadicción. Páxina oficial da fundación. Facilita información sobreprogramas preventivos, publicacións, materiais didácti-cos, etc. http://www.fad.es

Fundación Atenea Grupo Gid. Ofrece información sobre este grupo interdisciplinar,

documentos, programas, enlaces útiles, noticias, publica-cións e un boletín sobre prevención e tratamento da dro-

godependencia.http://www.ateneagrupogid.org/

Instituto para o Estudo das Adiccións eDrogodependencias, declarado de interese polo Plan nacional sobre drogas,mención de honra Premio Reina Sofía 2000.http://ieanet.com

Malostratos.com. Web dedicada exclusivamente a esta temática. Resultamoi útil a súa sección de enlaces.http://www.malostratos.com

Servizo Galego de Igualdade. Páxina oficial do SGI. Ofrece información sobre recursos,

programas e subvencións para a igualdade.http://sgi.xunta.es/

Rede de Cidades contra a Violenciacara ás Mulleres. Interesante iniciativa de diversas cidades (maioritaria-mente de Madrid), constituída no 2000, co obxectivo deunir vontades políticas para loitar contra a violencia dexénero, facilita documentos, información sobre proteccióne recursos. http://www.redciudades.org

DROGODEPENDENCIAS

MULLER

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:43 Página 20

Page 21: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

FIDEM. Fundación Internacional da Muller Emprendedora.

Ademais de facilitar información para a creación deempresas, facilita microcréditos, apoio psicolóxico, pro-

moción e visibilidade, etc.http://www.fidem.net

ONCE. Páxina web oficial da fundación que facilita noticias,formación, emprego, lexislación, lecer...whttp://www.discapnet.es

CERMI.Comité Español de Representantes de Minusválidos.

Ademais de información sobre a propia entidade, facili-ta unha biblioteca en liña con recursos sobre discapaci-

dade, así como un interesante directorio de enlaces web.http://www.cermi.es

Cocemfe. Confederación Coordinadora Estatal de MinusválidosFísicos de España. Aglutina a máis de 1.300 organiza-cións estatais e facilita programas de integración labo-ral, axudas a proxectos, asesoría xurídica, etc. http://www.cocemfe.es

FEAPS.Confederación Española de Organizacións a favor das

Persoas con Atraso Mental.http://www.feaps.org

CEAPAT. Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas.Na súa web podemos atopar programas gratuítos quefacilitan a accesibilidade da web para as persoas condiscapacidade, biblioteca e un completo catálogo deaxudas técnicas. http://www.ceapat.org

SIIS.Centro de Documentación e Estudos é unha instituciónsen ánimo de lucro dedicada a actividades documentaise de investigación no ámbito da política social e dos ser-vizos sociais.http://www.siis.net

Revista Educación y Futuro. Revista sobre investigación aplicada a experiencias edu-

cativas.http://www2.cesdonbosco.com/revista

TESEO.Base de datos de teses de doutoramento, onde se podenatopar varias dedicadas á educación de adultos.

http://teseo.mec.es/teseo/jsp/teseo.jsp

REDINET.Rede de bases de datos creada polo Ministerio de

Educación e Ciencia. Pódense atopar enderezos moiinteresantes.

http://www.redined.mec.es/

OUTROS RECURSOS DE INTERESE

DISCAPACIDADE

21

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:43 Página 21

Page 22: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Barco de papel

22

Esta sección recolle información sobre bibliografíainteresante relacionada con distintos ámbitos daeducación social, páxinas web de contido educativo,proxectos sociais, etc.Por este motivo, animámosvos a participar enviandoao CEESG información que teñades da vosa man eque consideredes que sería interesante dar a coñe-cer.

A continuación ofrecémosvos unha selecciónBIBLIOGRAFIA A INCLUIR:

• BARBER, J. M. e CORTÈS, F.: Trabajo comunita-rio, organización y desarrollo social. AlianzaEditorial.

• CARIDE GÓMEZ, J. A.: Las fronteras de la peda-gogía social. Editorial Gedisa.

• CASADO, D. (Dir.): Respuestas a la dependen-cia. Editorial CCS.

• DE LA RED, N. e RUEDA, D.: Intervención socialy demandas emergentes. Editorial CCS.

• GARCÍA MOLINA, J. (Coord.): De nuevo, la edu-cación social. Editorial Dykinson.

• GERVILLA, E. (Coord.): Educación familiar.Nuevas relaciones humanas y humanizadoras.Editorial Narea.

• INGLÉS SAURA, C. J.: Programa PEHIA.Enseñanza de habilidades sociales para ado-lescentes. Editorial Pirámide.

• KARSZ, S.: La exclusión: bordeando sus fronte-ras. Definiciones y matices. Editorial Gedisa.

• MANCIAUX, M.: La resiliencia: resistir y reha-cerse. Editorial Gedisa.

• MERINO FERNÁNDEZ, J. V.: Programas de ani-mación sociocultural. Tres instrumentos para sudiseño y evaluación. Editorial Narcea.

• PÉREZ-CAMPANERO, M. P.: Cómo detectar lasnecesidades de intervención socioeducativa.Editorial Narcea.

• RUBIO, M. J. e MONTEROS, S.: La exclusiónsocial. Teoría y práctica de la intervención.Editorial CCS.

• SÁEZ CARRERAS, J.: La profesionalización delos educadores sociales. En busca de la compe-tencia educativa cualificadora. EditorialDykinson.

• SOLDEVILA BENET, A.: Los centros de día delas personas mayores. Universitat de Lleida.

• VENTOSA, V. J. e MARSET, R. (Coords.):Integración de personas con disminución psí-quica en el tiempo libre. Editorial CCS.

internet

bibliografía

Identidade para elesA asociación Identidadepara eles foi creada en2002 e está formada porprofesionais e volunta-rios relacionados coainfancia. Na súa webestán dispoñibles paraconsulta multitude dedocumentos, lexisla-ción, informes e recursos relacionados cos dereitos dosnenos, coa prevención do maltrato aos menores... www.cibersolidarios.com/ipe

Rayuela Esta web, elaboradapola Liga Españolapara a Educación eCultura Popular, estádirixida a nenos enenas, dedicada espe-cialmente a que estescoñezan os seus derei-tos dun xeito divertido: através de xogos, manualidades, cómics, adiviñas... Osmáis pequenos ademais tamén poden colaborarenviando debuxos, contos, opinións, exercendo de"xornalistas" para o seu ciber-xornal...www.rayuela.org

Facendo familiasO Mundo de Milu é unportal dirixido polaFundación Meniños,dirixido aos máispequenos, no que serecollen as súas ache-gas, propostas e comen-tarios e onde se llesofrecen xogos, enlaces,libros... que lles poden interesar. Milu é a protagonistadas actuacións de sensibilización de Meniños, unhanena que nos ofrece a súa historia e experiencia paradar a coñecer a situación de moitos nenos e nenas queatravesan situacións de desvantaxe social.www.mundodemilu.org

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:43 Página 22

Page 23: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

Buzón opinable

23

BUZÓN OPINABLE

Esta sección da revista está pensada para

reflectir as diferentes o

pinións que teñades sob

re

temas de actualidade, feitos que dalgunha

maneira afectan á no

sa profesión; para fac

er

suxerencias; para facer

críticas(...se poden s

er

constructivas mellor...

); para poñer esa fra

se

célebre que tanto nos

gusta e máis cousas q

ue

se vos ocorran. É dicir, unh

a especie de "car-

tas ó/á...á revista".

En definitiva, un espa-

cio aberto de expresión

que agardamos vos ani

me

a participar.

ceesg@

colexioedu

cadores.c

om

• Non hai malas herbas nin homes malos: só hai malos cultivadores. Víctor Hugo

• O obxecto da educación é formar seres aptos para gobernarse a si mesmos e non paraser gobernados polos demais. Spencer

• A experiencia non consiste no que se viviu, senón no que se reflexionou. José María de Pereda

• A educación é a arte de preparar o home para a vida eterna mediante a elevación dapresente. Dupanloup

• A educación é un seguro para a vida e un pasaporte para a eternidade. Aparisi e Guijarro

• A maior parte das xentes confunde a educación coa instrución. Severo Catalina

• É necesario aprender o que necesitamos e non unicamente o que queremos. Paulo Coelho

• Algunhas persoas nunca aprenden nada, porque todo o comprenden demasiado pronto. Alexander Pope

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:43 Página 23

Page 24: Galeduso Nº 7€¦ · 22 23 EDITORIAL INVESTIGACIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL O CESG INFORMA DE ACTUALIDADE GUIA BÁSICA WEB II BARCO DE PAPEL BUZÓN OPINABLE Galeduso Nº 7 ceesg@colexioeducadores.com

www.colexioeducadores.comBenvid@sBenvid@s

maqueta final galeduso 7 28/4/08 17:43 Página 24