Fortrans xunta galicia

44
Descubrir a historia Plan director das fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño

description

Planeamiento Territorial, Planeamiento Cultural, Plan Director, Patrimonio Cultural, Sistemas Territoriales, Paisajes Culturales, Rio Miño, Periodo Filipino, Frontera Ibérica, Patrimonio transfronterizo

Transcript of Fortrans xunta galicia

Page 1: Fortrans xunta galicia

Descubrira historiaPlan directordas fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Page 2: Fortrans xunta galicia
Page 3: Fortrans xunta galicia

1

S e hai algún elemento do patrimonio cultural dun país no que se plasma,mesmo a nivel social, a dualidade de valores que o acompañan, ese é o daarquitectura e a enxeñería militar; é dicir, o mundo cos castelos, as torres

e as fortalezas de calquera época. Pois, efectivamente, é neste ámbito onde, inclusono acervo e no imaxinario popular, se comprende perfectamente, por un lado, o seuenorme valor como documento histórico ou como fonte de coñecemento de etapasmoi diversas e, por outro, a súa valía como ben insubstituíble de carácter patrimonial,cultural e, ao cabo, social.

Dentro das mostras históricas da arquitectura e da enxeñería galegadestaca, por dereito propio e pola importancia do seu impacto territorial, o conxuntode fortalezas de fronteira, resaltadas neste caso pola presenza, xeográfica e naturalpero tamén simbólica, dun río que separa e que, ao tempo, une: o Miño/Minho. Esteduplo sistema afrontado de castelos transfronteirizos (que hoxe conforma unhaunidade patrimonial) foi deseñado e construído maiormente no século XVII, conformeás normas poliorcéticas do galo Vauban, pero tiña antecedentes próximos na torremedieval de Fornelos, tamén aquí recollida, sen recorrermos ao espléndido conxuntodas torres da Limia, de función similar, aínda que nun contexto histórico diferente.

Dende hai uns anos e incluíndoo dentro do programa de fondos europeosInterreg III-A, púxose en marcha o Plan director das fortalezas transfronterizas deGalicia e Portugal, Fortrans I e II, que permitiu prospectar, documentar e cartografar,intervir e, en fin, poñer en valor para os seus usos culturais e sociais toda unha seriede conxuntos fortificados en moi diferente estado de conservación en canto ás súasestruturas, pero cunha unidade no seu deseño e función nun territorio tan singularcoma o Baixo Miño.

Foron, e aínda son, traballos de estudo histórico e de recuperaciónpatrimonial moi complexos e absorbentes de medios humanos e económicos, peronecesarios e irrenunciables para o seu coñecemento, protección e gozo. Así, ostraballos rematarán no seu día coa construción ou habilitación dun centrointerpretativo sobre este sistema de fortificacións que complemente a informaciónque se dispoña en cada castelo. Será este o paso definitivo para achegar aquel valorde documento histórico co de ben patrimonial que todos debemos protexer e, porobriga legal e moral, transmitir aos nosos herdeiros.

Precisamente para coadxuvar á difusión deste patrimonio cultural é poloque se publica esta primeira guía de conxunto para a difusión e divulgación destasfortificacións, dun xeito atractivo e ameno, sen detrimento da súa contrastadaseriedade científica. Serve ademais esta publicación para afortalar, e nunca mellordito aquí, a identidade miñota/minhota de vellas raiceiras históricas.

Explícase aquí o plan director destas fortalezas, en efecto, para “descubrira historia”, pero tamén para protexer e darmos a coñecer o noso acervo patrimonial,labores nos que está empeñada esta consellería, a través da Dirección Xeral dePatrimonio Cultural e que, sen dúbida, terán o seu froito na mellora da súaconservación e da súa utilidade cultural, educativa e, polo tanto, social.

Ánxela Bugallo RodríguezConselleira de Cultura e Deporte

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Presentación

Page 4: Fortrans xunta galicia
Page 5: Fortrans xunta galicia

Vista aérea do forte daInsua na desembocadurado río Miño, elemento deseparación noutrasépocas e que agora servede nexo de unión dasactuacións nasfortalezas.Fotografía de PaisajesEspañoles.

Page 6: Fortrans xunta galicia

4Pedro Teixeira, 1634, Atlas de España y Portugal.

Page 7: Fortrans xunta galicia

5

O Plan director das fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño,encargado no ano 2001 pola Consellería de Cultura, ComunicaciónSocial e Turismo, da Xunta de Galicia, inclúe un traballo dedocumentación, diagnóstico e un conxunto de propostas de actuación.

Esta reflexión previa servirá para lle dar prioridade a parte das acciónse proxectos formulados, co fin de que poidan ser incluídos naspropostas dos programas de investimentos, tanto no ámbito europeocoma no estatal ou rexional.

O documento é un marco para a definición concreta dos instrumentose prioridades de intervención. O seu encadramento non se faráexclusivamente dende unha perspectiva sectorial cultural, senóndende unha ampla perspectiva territorial. Considerarase o conxunto

das fortalezas transfronteirizas do BaixoMiño como un recurso territorial que podeservir como soporte para o desenvolvementodo turismo e valorizarase a paisaxe, o queservirá de base para a construción de novosequipamentos e dotacións de calidade e paraa recuperación de valores culturaismaterializados na raia húmida que,paradoxalmente, fan deste espazo un lugardestacado da Unión Europea, pola

desaparición da fronteira moderna entre España e Portugal, asentadaa mediados do século XVII, despois da guerra da restauraciónportuguesa, e que xustificou a construción deste sistema fortificado.

Os obxectivos que se perseguen son os seguintes:

— Recapitular e mellorar o coñecemento sobre os conxuntos fortificados do Baixo Miño.

— Definir o alcance e clasificar as patoloxías e os procesos que afectan os elementos e os conxuntos.

— Avaliar as necesidades de restauración, rehabilitación, protección e conservación.

— Poñer en relación as fortalezas co contextoterritorial e socio económico do Baixo Miño.

— Analizar as condicións de accesibilidade.— Elaborar unha estratexia conxunta e formular

usos e propostas viables.

Recuperar o patrimonio, revivir a historia

Recreación das formase oficio no traballo domaterial pétreo.

Detalles do castro no monte de Santa Tegra(A Guarda).

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Page 8: Fortrans xunta galicia

6

Mapa da provincia deTui e unha parte da deentre Miño e Douro,coas garitas e fachosque gornecen a súafronteira con Portugal.Vigo, 20 de setembro de 1762.Copia do que se gardano Arquivo do ServizoXeográfico do Exército.

Planta da barra deCaminha e entrada dorío Miño. Gonçallo Luisda Sylva Brandão.

Page 9: Fortrans xunta galicia

7

O sistema territorial

Vista parcial do Miñodende o miradoiro daAtalaia, en Vilanova deCerveira.

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

As fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño preséntanse como un único sistemaxeral, o que levou ao establecemento dunha serie de áreas e conxuntos quepermiten abordar o traballo de forma sistemática e ordenada, agrupandoelementos por sistemas e tendo en conta a súa proximidade xeográfica, as etapasda súa construción e os sistemas defensivos.

Existen dúas grandes zonas: a situada ao sur-suroeste da serra do Suído(área 1), con amplos e produtivos vales fluviais; e a zona sur-sueste (área 2),encaixada nos montes das serras e separadas pola navegabilidade do río.

Na área 1 sitúase a case totalidade das fortalezas, dende o castelo deSanta Cruz da Guarda, ata a praza forte de Salvaterra, en Salvaterra do Miño. Naárea 2 localízanse as fortalezas de Crecente, en Galicia e de Melgaço, en Portugal.

Son varios os aspectos que levaron á separación destas dúas áreas: a propiaorografía do terreo —separadas pola serra do Suído—, os feitos históricos, ascaracterísticas das fortalezas e a propia defensa, xa que:

— As fortalezas da área 1 sitúanse na ribeira ou nas proximidades do río Miño e corresponden á época moderna, entre os séculos XVII-XVIII, agás aquelas fortalezas que se levantaron sobre sistemas amurallados anteriores,como é o caso de Tui.

— A finalidade das fortalezas da área 2 non era a defensa da vía principal,senón a dun afluente ou, máis ben, a dun paso a un territorio e correspondenprobablemente á época medieval anterior.

— Existen tamén claras diferenzas na tipoloxía das plantas e nos sistemasde defensa e, ademais, corresponden a épocas cronolóxicas distintas.

Pola súa vez, dentro destas áreas diferenciáronse zonas ou conxuntosfortificados. Estes sistemas están formados por unha serie de elementos queteñen a súa correspondencia en ambos os lados do Miño e defenden tramosconcretos (vaos, pasos, etc.) que, en moitos casos, se corresponden con zonas detránsito natural, como pode ser o corredor existente entre O Porriño-Tui-Valença oulugares onde existen pasos de barcas tradicionais e históricos no Miño, que vemossistematicamente reflectidos na cartografía histórica. Estes mesmos pasosprincipais mantéñense na actualidade con outras traducións tecnolóxicas (pontesou transbordadores).

Noutros casos, as agrupacións das fortalezas en zonas arqueolóxicasfixéronse pola súa proximidade xeográfica.

Page 10: Fortrans xunta galicia

8

1096Doazón do CondadoPortucalense de Afonso VI ásúa filla Teresa.

1137Primeira ocupación de Tuipor Afonso Henriques.

1163-5Guerra hispano-lusa.Arredor do 1200Fortificación de contraste(Valença do Minho) erepoboación de D. Sancho I.

1262Reconstrución de Valençapor Afonso III tras adestrución pola invasiónleonesa.

1580Unidade da PenínsulaIbérica e dominios deultramar con Filipe II.

1640Inicio da Guerra deRestauración Portuguesa. O1 de decembro ten lugar oacto de proclamación deindependencia en Lisboa.Noméase rei a João IV,duque de Bragança.

Fortalezas de Ribera de Duero.Arquivo Xeral deSimancas (Valladolid). AGS MPY D XXXVIII-65

Datas paraunha historiada fronteira

A formación da fronteira

1658

1643

1642

Tui

Valença

Lapela

1658Monção

Ataques portugueses

Salvaterra

San Paulo

Ataques españois

Page 11: Fortrans xunta galicia

9

1643 Vista portuguesa deSalvaterra· Fortificación de Salvaterra.· Destrución de San Paulo.· Morte de Viola d`Anthis.· Construción do paso de

barcas.

1644Primeiro ataque a Goián· Construción do primeiro

fortín de San Lourenzo, por orde de Henrique IV(construíuno o capitánxeneral de Galicia,marqués de Tavara).

· Finalización de Santiago de Aytona e A Estrela en1646, para controlarSalvaterra.

Ocupación española de Melgaço· Reforzo de Tui

(Fillaboa, etc.).· Construción de San Luíz

Gonzaga (1657).

1658 Ocupación da Pela e Monção (1659) polomarqués de Viana· Reforzo de Caminha

e construción da Granda en 1664, para defenderValença.

Ocupación portuguesa deGoián (1664) e da Guarda(1665)· Escaramuzas cruzadas en

San Luíz Gonzaga e NosaSeñora da Concepción.

· Fortificación de Medos e de Amorín.

· Morte de Filipe IV(1665).

Tratado de paz (1668) e reforzo das fortificacións(1672)· María Ana de Austria e o

príncipe Pedro de Portugal(10 marzo de 1668).

· Portugal devolve A Guardae Goián. Refórzase SanLourenzo e Santa Cruz.

· España devolve Lapela,Monção, o forte de SanLuís Gonzaga e outros.

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

A redefinición da fronteira, o século XVII

1665

A Insua

A Guarda

Caminha

Santa María de Oia

Goián

1644

1664

1656San Luíz Gonzaga

Amorín

Vilanova da Cerveira

Page 12: Fortrans xunta galicia

10

01

04

06

A GUARDA

ROSAL

TOMIÑO

TUISALCEDA DE CASELAS

AS NEVES

SALVATERRA DE MIÑO

ARBO

CRECENTE

05

0302

0708

09

10

11

1213

19

18

20

2123

24 27

28

2930

3132

3334

35 3625

26

221415

1617

37

38

3940

41

01Forte da Insua02 Forte de Caminha03 Caminha04 Santa Tegra05 Recinto amurallado06 Castelo de Sta. Cruz

SistemaGoián-Vilanova da Cerveira

07 Forte de San Lourenzo08 Forte de Nsa. Sra. da Concepción09 Forte das Chagas10 Torre dos Correas11 Fortaleza de Vilanova12 Torre dos Ratos13 Fortaleza de Lovelhe, Forte de S. Francisco14 Fortín de Atalaia15 Atalaia de Vilanova16 Forte de Santiago Carrillo17 Forte de Medos18 Torre de Tebra19 Forte de Campos

20 Fortificación de Amorín21 Forte de San Luíz Gonzaga22 Forte da Silva23 Forte de Gandra24 Fortaleza de Valença25 Fortín no río S. Martiño26 Fortaleza de Tui

SistemaTui-Valença

Sistemaatlántico

Espazos,lugarese sistemas

Page 13: Fortrans xunta galicia

11

01

04

06

A GUARDA

ROSAL

TOMIÑO

TUISALCEDA DE CASELAS

AS NEVES

SALVATERRA DE MIÑO

ARBO

CRECENTE

05

0302

0708

09

10

11

1213

19

18

20

2123

24 27

28

2930

3132

3334

35 3625

26

221415

1617

37

38

3940

41

27 Atalaia de S. Paulo de Porto28 Torre de Lapela29 Fortificación de Fillaboa30 Pazo de Corzas31 Pazo de Lira32 Praza forte de Salvaterra32 Portón da Inquisición33 Pazo de Petán34 Fortaleza de Monçao35 Fortaleza de Santiago de Aitona36 Forte de Estrela

SistemaFornelos-Melgaço

SistemaSalvaterra-Monçao

37 Pazo de Moreira38 Fortaleza de Melgaço39 Pazo de Queimadelos40 Pazo de Frage41 Torre de Fornelos

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Page 14: Fortrans xunta galicia

12Sistemaatlántico

Page 15: Fortrans xunta galicia

13

Dos estudos históricos e das valoracións da documentacióndeste plan director, pódese concretar un primeiro grupo defortalezas que protexen o corredor atlántico: dende AGuarda a Baiona, no lado español e, dende Caminha-Insua aViana do Castelo, no lado portugués, que se identificanecesariamente cun sistema permanente de fortificación dafronteira, constituíndo o lado portugués o sistema fortificadode maior entidade. No lado español, Santa Cruz e a murallada Guarda caracterízanse pola súa dependencia funcionaldo transporte marítimo, xa que os pasos e os accesos ásfortalezas necesitaban do dito transporte, xa que non seresolveron no seu día con pontes e barcas, a diferenza dosoutros grupos ou sistemas. Isto demostra que a defensadeste sistema apostaba pola cobertura do camiño marítimoque dende A Guarda, pola costa, accede a Baiona, elementoestratéxico da defensa galega fronte ao avance portugués.

O corredor atlántico

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

A fortaleza de SantaCruz e a vila da Guardaserven de cobertura dadefensa marítimacosteira.

PLANTA DA PRAZA DECAMINHA E OS SEUSARREDORESMapa sobre o sistemaatlántico, antigasfortificacións españolasda barra de Caminha xadesaparecidas.1/G/19 SGL

Page 16: Fortrans xunta galicia

14Sistemaatlántico

Plano do forte de Sta. Cruz 1854.

Plano propiedade de Antonio Martínez.

Santa Cruz: o xigante agachadoTras a toma de Goián polas tropas lusas, considerouseque era necesaria a construción dun forte quedefendese a vila da Guarda e que dificultase o paso dastropas inimigas cara a Baiona.

Construído entre 1663 e 1664 polos enxeñeiroscoroneis Carlos e Fernando de Grunembergh,aproveitando material da muralla medieval, presentaforma irregular con catro baluartes, catro medias lúas eo foxo que circunda os lenzos.

No ano 1664, utilizábase xa en misións defensivas,aínda que continuaron as obras ata o 11 de novembrode 1665, momento no que comezaron os ataquesportugueses. Estaba baixo o mando de Jorge deMadureira, mestre de campo e gobernador. Foi ocupadoo 22 de novembro de 1665 e devolto o 26 de xullo de1668. Estaba insuficientemente armado, o que nonpermite o control do Miño, polo que defende,fundamentalmente, o acceso dende a ría a Baiona.

Page 17: Fortrans xunta galicia

15

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Vista aérea da fortalezade Santa Cruz dende osuroeste. A cortina surdo elemento estáocupada poredificacións que ocupano glacis e impiden alectura do monumento.Fotografía de PaisajesEspañoles.

Vista aérea dende o nordeste,co monte de Santa Tegra aofondo. Fotografía de PaisajesEspañoles.

A limpeza da vexetaciónpermitirá rescatar algúnselementos ocultosactualmente.

Page 18: Fortrans xunta galicia

16Sistemaatlántico

Plano xeral da fortalezade Santa Cruz, posible

trazado da murallamedieval e as súas

interconexións.

Na Guarda,algúns restosda antigamurallaincorporáronseen construciónshistóricas.

Gravado daGuarda, ondese observaparcialmente amurallamedieval e oacceso dendeo porto.Realizado porAvendaño noséculo XIX. A Guarda,

muralla medievalNúcleo central fortificado edefendido de poucaentidade. De formaamendoada, tamañoreducido —duns 120 x 80m—, e en pendente, contacon dúas portas unidas polarúa do Medio, hoxe rúa deColón. De ruda construción eintegración co núcleo, esixeo peche dalgunhas rúas paraunha correcta defensa.

Posición intermediacontrolada dende a fortalezae dende o monte de SantaTegra.

Parece convivir cunhatorre defensiva e vixía, quese podería corresponder coaactual torre do Reloxo, restosdo castelo medievaldesaparecido.

Page 19: Fortrans xunta galicia

17

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Traza sobre plano actual das fortificacións de Caminha.

O sistema atlántico en PortugalOs principais elementos que o integran son:· A fortaleza da Insua no Atlántico, controlando o acceso do Miño, que é unha construción barroca de planta en estrela irregular.· Antigas fortificacións españolas na banda de Caminha, hoxe desaparecidas.· A fortificación de Caminha, que constitúe o recintoamurallado base de aprovisionamento do Miño.

Fortaleza de Insua.Situada nunha pequenailla na entrada do Miño,constitúese como unelemento fundamentalpara a interpretación dosistema. Fotografía dePaisajes Españoles.

Page 20: Fortrans xunta galicia

SistemaGoián-Vilanova da Cerveira18

O sistema Goián sitúasenun vao na zona baixado Miño, arredor donúcleo medieval de VilaNova de Cerveira.Santiago Carrillo eAmorín, máis ao norte,estaban vinculados aocamiño que unía Tui coaGuarda.

Page 21: Fortrans xunta galicia

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño 19

O sistema inclúe as fortalezas de San Lourenzo, Nosa Señora daConcepción, As Chagas, torre dos Ratos, torre dos Correa e forte deMedos, no lado español; e as fortificacións de Vilanova de Cerveira,Lovelhe e atalaia de Espírito Santo, no lado portugués. A súacompresión só é posible dende o entendemento do paso de fronteiras—unha ponte de barcas no XVII, un transbordador agora e unha pontepermanente—, de forma que o sistema implica un evento histórico —unha penetración militar portuguesa en territorio español— e algúnsdos seus elementos derivaron en fortificacións permanentes. O ditosistema abrangue, ademais, case todos os tipos posibles e variantesde proxecto, o que o converte nun obxectivo esencial dende o seuentendemento como conxunto, aínda que paradoxalmente enningunha destas categorías —vila fortificada, forte permanente defronteira ou forte en fraga— incluía os mellores exemplos da zona.

Sistema Goián-Vilanova da Cerveira

O sistema Goián representa un exemplo da planificación e construción conxunta e unitaria de sistemas do Miño. Planta do conxunto fortificado de Vilanova de Cerveira e Goián. O gravado consérvase no Arquivo do ServizoHistórico do Exército e no Servizo Xeográfico. 1663-1668.

Page 22: Fortrans xunta galicia

20

Fortaleza da Nosa Señora da Concepción (Goián)A fortaleza foi construída polos portugueses entre 1663-1664,segundo orde de don Francisco de Azevedo.Utilizouse como praza forte para máis de tres mil infantes emáis de cincocentos cabalos.

O seu dominio territorial fixo que os españois iniciasen oataque de Vilanova antes ca o de Goián. Forte defensivoavanzado e retagarda da estrutura inicial de San Lourenzosobre o camiño histórico da Guarda a Tui. Fortaleza interior nonvisible actualmente dende o río. Construída polos portugueses,aínda hoxe se distingue o seu contorno cos seus cincobaluartes, hornaveque, foxos, camiños cubertos e trincheiras.

Fortaleza da Nosa Señorada Concepción.

Forte defensivo avanzadoe retagarda da estruturainicial de San Lourenzo

(Goián).Plano do estado actual

realizado por JaimeGarrido en 1982.

Imaxes do estado actual dohornaveque e patio de armas.

SistemaGoián-Vilanova da Cerveira

Page 23: Fortrans xunta galicia

21

Forte San Lourenzo (Goián)O primeiro trazado de San Lourenzo é anterior á ocupaciónportuguesa, pero o forte considérase insuficiente e malsituado case dende a súa construción. Reconstruído apartir de 1668, segundo o trazado de Carlos e FernandoGrunemberg. Chapado e reforzado polos españois despoisda ocupación da Guarda. Elemento ben conservado, éunha fortificación recoñecida pola súa singularidade epolo seu gran potencial turístico e simbólico.

Vista aérea de San Lourenzo deGoián e do río Miño augas abaixo.Fotografía de Paisajes Españoles.

Vista do lado oeste deVilanova de Cerveira, doLivro de Fortalezas.Duarte D’Armas.Comezos do século XVI.

Plano do forte novo deGoián, chamado tamén

de San Lourenzo.Arquivo do Servizo

Histórico do Exército.1673.

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Page 24: Fortrans xunta galicia

22

Forte Santiago Carrillo. Medos (Goián)Forte do tipo da fortaleza de Fraga, utilizouse como defensa para o paso de Goián a Tui e á Guarda. Foi construído entre os anos 1663 e 1664.

Malia que é o máis extenso do conxunto, non é visible dende o río e vese con dificultade dende a terra, xa que sufriu múltiples intervencións de forte impacto no contorno inmediato, como instalacións deportivas, zona de espectáculos, infraestruturas e accesos ás plantacións, así comoexplotacións agrícolas extensivas.

As plantacións e o arboredo axudaron a conservar parte do trazado dafortaleza e, mesmo, definen espazos e elementos históricos dentro doconxunto; por exemplo: unha plantación de kiwis coincide co patio de armas.

É de difícil acceso e está bastante afastado do río. A súa traza presentasemellanzas co forte de Amorín e é o máis extenso dos existentes.

Plano do estado actualdo forte de SantiagoCarrillo en Medos,levantado por JaimeGarrido en 1982.

A natureza e aagricultura ocultan e,asemade, preservan astrazas orixinais do forte.

SistemaGoián-Vilanova da Cerveira

Page 25: Fortrans xunta galicia

23

O sistema en PortugalEn Vilanova de Cerveira creouse un primeiro núcleomedieval, cunha ampliación moderna que significou asistematización das intervencións.

Consérvanse as obras fortificadas medievais e modernasen bastante bo estado, aínda que a atalaia perdeu o seudominio territorial. As defensas exteriores estabanconstituídas por:· Leste: fortificación de Lovelhe.· Sur: atalaia.· Oeste: fortín non construído fronte ao paso de barcas.· Norte: complétase a defensa co sistema Goián.

Praza forte de Vilanovade Cerveira e fortificacións máis próximas.Ardu GEAEM 2145(Lisboa).

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Vista do forte de Lovelhe,no que as estruturas seintegran cunha delicadavexetación.

Page 26: Fortrans xunta galicia

24SistemaTui-Valença

Page 27: Fortrans xunta galicia

25

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Tui-ValençaDúas cidades enfrontadas polo paso da fronteira quese miran entre si e que constitúen os conxuntosurbanos e monumentais principais da zona. Inclúenseneste conxunto o subsistema Amorín-San LuízGonzaga-San Jorge de Silva, quizais o maior conxuntode fortes de terra en canto á súa conservación e que,xunto coa atalaia do monte Aloia, pechan un segundogrupo moi compacto, aínda que fortementedesequilibrado polo gran valor monumental dafortificación de Valença.

Vista do lado sur deValença do Minho, doLivro das fortalezas.Duarte D’Armas, 1507.

A defensa fronteiriza baseábase, como se comproba nos magníficosdebuxos de Duarte D’Armas, na existencia de pares enfrontados ouconxuntos fortificados que se observaban a un lado e a outro dafronteira. Obxectivos das conquistas e da ocupación, os ditos núcleoshoxe posúen interaccións e relacións que os identifican comoelementos únicos e singulares dentro da nova Unión Europea.

Sistemas entre pares

Page 28: Fortrans xunta galicia

26SistemaTui-Valença

Cidade amurallada de Tui.Fotografía de PaisajesEspañoles.

Reconstrución dos recintosfortificados sobre un planoactual da cidade de Tui. Por Jaime Garrido.

Cidade amurallada de TuiTanto en España coma en Portugal, arealidade construída que chega á nosaépoca confórmase, como mínimo, en dúasgrandes estruturas superpostas, a medievale a fortificación moderna dos séculos XVIIe XVIII. Isto é evidente en Tui, queconstitúe un conxunto urbano de singularimportancia. A complexidade da tramaurbana, a historia da conformación donúcleo, as súas relacións co seu par —Valença—, as súas actividades comonúcleo cabeceira comarcal e o seu interesecomo elemento suxeito a distintas etapas etipoloxías de intervención, fan de Tui undos fitos fundamentais na análise e noproxecto de dinamización do Miño.

Page 29: Fortrans xunta galicia

27

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Plano de autordescoñecido da cidadede Tui, segundo seatopaba o día 10novembro de 1777.Plano do Sistema Xeraldo Exército. Arquivo deJaime Garrido.

Vista da cidadeamurallada de Tui.Fotografía de PaisajesEspañoles.

Page 30: Fortrans xunta galicia

28SistemaTui-Valença

Forte da fraga de Amorín (Goián)Constitúe o exemplo máis salientable dentro das categoríasde fortes de terra colonizados pola fraga. Non é visible naperspectiva xeral, pero é fácil de imaxinar cando un se metena vexetación, posto que todas as estruturas do forte sonperfectamente identificables.A primeira fase construtiva data de 1657, foi reformado en 1663 e tamén despois con posterioridade.A súa principal xustificación é a defensa dos camiños de comunicación e como posto de avance defensivo da praza de Tui.

Traballar co arboredo ecoa vexetación na ruínadas fortalezaspreséntase como un retoe un desafíoarquitectónico.

Plano do forte deAmorín, de autor e datadescoñecidos, sito noServizo Xeográfico doExército. Fotografía deJaime Garrido.

Page 31: Fortrans xunta galicia

29

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

O sistema enPortugal.Valença do MiñoA praza de Valença do Minhocompleta a fortificación decontraste no lado portugués.Conta cunha posiciónestratéxica no territorio,constitúe un dos exemplosmáis salientables polo seutrazado e boa conservación eé un indicativo da importanciaque tiña para Portugal adefensa da fronteira.

Planta da praza deValença, realizada sobreo ano 1809, de autordescoñecido, gardado noGEASM de Lisboa.

Vista aérea dafortificación amuralladade Valença (Portugal).Fotografía de PaisajesEspañoles.

Page 32: Fortrans xunta galicia

30SistemaSalvaterra-Monção

Page 33: Fortrans xunta galicia

31

Salvaterra-Monçao

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Plano histórico da partegalega do sistema Salvaterra-Monçâo(proporcionado por JaimeGarrido Rodríguez, copia de planos do forte de Santiagode Aytona, de Salvaterra e dosfortíns ou atalaias da Estrela eFillaboa, copia de José Aparicide 1848, do plano sito noArquivo Xeral de Simancas,onde se indican os nomes dosfortes e atalaias).

As dúas cidades están controladas e dominadas por Portugal na épocacrítica da escisión destes dous países. Cómpre salientar o paso de barcas,visible no punto medio da ribeira entre as dúas fortalezas, indicativo darelación indiscutible existente entre ambas. Esta orixe portuguesa xustificao carácter urbano do conxunto de Salvaterra, ao estilo das outras prazasportuguesas, como Vilanova, Melgaço, Caminha, etc. O sistema inclúe,ademais, a atalaia de San Paulo do Porto, as fortificacións de Fillaboa, aatalaia da Estrela e a fortaleza de Aitona, na parte española; e a torre deLapela, na parte portuguesa. Estas fortificacións puideron xustificarse,coma no caso de Medos, como posicións fortificadas españolas, fronte ácabeza de ponte que significaba Salvaterra, baixo dominio portugués.

Page 34: Fortrans xunta galicia

32SistemaSalvaterra-Monção

Praza forte de SalvaterraO centro histórico deSalvaterra do Miño estábasicamente formado porunha fortificación abaluartadaconstruída en pedra. A prazaforte de Salvaterra sitúase aopé do Miño e fronte á prazaforte de Monção, coa quedialoga e coa que compartegran parte da súa historia e da súa razón de ser. Ten unha trama urbanafortificada que non debeperder o seu carácter.Algunhas vivendas con patiopertencen ao prototipo militardo século XVIII.

As edificacións máisdestacables, ademais dafortaleza do XVIII, son ocastelo medieval transformadona época renacentista(anterior á praza), segundodocumentación e escavaciónsarqueolóxicas recentes,alicerce probable da igrexa e dalgunhas edificacións que manteñen aínda a tipoloxía de casa-cuartel.

Atalaia de San Paulodo Porto

Fortificación española cabezade ponte de Salvaterra, opostaá torre Lapela. Foi construídaen 1643 e reconstruída cara

ao ano 1670.Na actualidade, está cuberta

parcialmente por matogueirasmoi tupidas e no medio dunbosque de piñeiros, de moi

difícil localización.Levantamento topográfico

de Jaime Garrido.

Plano copiado do librode Miguel de Hermosilla,Relación topográfica dasprazas e postosfortificados do Reino deGalicia.

Vista aérea da fortalezade Salvaterra de Miño.Fotografía de PaisajesEspañoles.

Page 35: Fortrans xunta galicia

33

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

O sistema en Portugal. MonçaoFortaleza de planta poligonal formada por oncebaluartes, foi construída durante a Guerra deRestauración en 1656 sobre as trazas dasmurallas e sobre as construcións medievais emelloráronse os seus sistemas defensivos en1762-1769. As murallas foron resgadas encatro anacos, pola vía do tren e a estradanacional, e as portas e outros elementosdestacados foron desmantelados.Foi centro estratéxico e daba acceso a unha dasprincipais vías de penetración no territorioportugués cara a Braga. Da fortificación dosséculos XVII e XVIII quedan parte dosbaluartes, lenzos rachados polas vías modernase as portas de Salvaterra e do Rosal. Aenvolvente da fortificación abaluartada éextensa e soporta o núcleo histórico medieval,edificios de uso diverso e espazos públicos.

Mapa histórico da cidadeamurallada de Monçao.Gonçalo Luis da SilvaBrandão.Publicación: [S.l.: s.n.],1758.BPMP-RES Ms.1909(12)

Torre de Lapela. Deplanta cuadrangularde 35 m de alto, concatro pisos, coroada con merlónspiramidais, separadade San Paulo polo río.

Vista aerea do sistema. En primeiroplano Monçao, ao fondo Salvaterra.Fotografía de Paisajes Españoles.

Page 36: Fortrans xunta galicia

34SistemaFornelos-Melgaço

Page 37: Fortrans xunta galicia

35

As fortalezas da torre de Fornelos-Crecente, en Galicia, e a praza fortede Melgaço, en Portugal, constitúen un sistema diferenciado dosanteriores, que se coñece co nome da raia seca.

Estes sistemas supéranse non só pola navegabilidade do río, senónpolo encaixe dos montes e das serras no sistema.

Esta zona tamén responde a un momento histórico diferente, máisvinculado á época medieval.

Fornelos-Melgaço

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Carta topográfica do ríoMinho. Gonçalo Luis da SilvaBrandão. Publicação [S.l. : s.n.], 1758RES Ms.1909(5) (BPMP)

Planta da praza de Melgaço.

Aspecto da torre de Fornelos.

Page 38: Fortrans xunta galicia

36SistemaFornelos-Melgaço

Planos de planta esección da torre deFornelos. Naactualidade, só seconserva a torre, moideteriorada, e restosde cimentacións dafortaleza.

Torre de FornelosA torre de Fornelos, en Crecente, pecha o sistemafortificado da raia húmida e dálle paso á raia seca, quecontinúa a liña fronteiriza polo interior do territorio.

A súa situación debeu ser motivada para controlar opaso polo val que forma o río Ribadil cara ao interior deGalicia, do mesmo xeito que os desaparecidos castelos deArbo e de San Martín de Ladróns controlaban o paso sobreo río Deva, que rega as terras da Cañiza.

A estratexia dos castelos galegos era defender apenetración portuguesa en Galicia a través dos dous vales,neste grande entrante de terras lusas.

Os historiadores sinalan as primeiras referenciasdocumentais da existencia desta “torre e casa forte” no ano 1158.

Este afastado e limítrofe recanto de Galicia, montañosoe pouco habitado, non foi escenario de feitos de relevanciahistórica, nin sequera na Guerra da RestauraciónPortuguesa (1640-1668).

Page 39: Fortrans xunta galicia

37

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

Planta da praza de Melgaço / [Vila Lobos] Notasn.º 380 do Catálogo daExposición de CartografiaNacional (1903-1904), daSociedade de Xeografía deLisboa Rexión Portugal /Minho / Viana do Castelo /Melgaço Cota(s) 1/G/22 (SGL).

Aspectos parciais donúcleo de Melgaço.

O sistema en Portugal. Praza forte de MelgaçoA vila de Melgaço desempeñou un importante papel ordenador doterritorio e mantivo durante a Idade Media a relevancia estratéxica dolugar. A torre do castelo é de finais do século XII, aínda que aconstrución das murallas continuou nos séculos seguintes, e chegou noprimeiro cuarto do século XVI á forma deseñada por Duarte D´Armas.No último cuarto do século XVIII, estaba xa en ruínas e a maior partedas murallas foi demolida no século XIX. A parte que se conserva naactualidade correspóndese, fundamentalmente, á obra medieval.

Page 40: Fortrans xunta galicia

01

04

06

A GUARDA

ROSAL

TOMIÑO

TUISALCEDA DE CASELAS

AS NEVES

SALVATERRA DE MIÑO

ARBO

CRECENTE

05

0302

0708

09

10

11

1213

19

18

20

2123

24 27

28

2930

3132

3334

35 3625

26

221415

1617

37

38

3940

41

38

Relatorio de actuacións,propostas eapuntamentos económicos

STA. CRUZObras urxentes consolidación. . . . . . . . . . 1.000.000 ÛPlans directores. . . . . . . . . . . 80.000 ÛMellora de accesos e aparcadoiro . . . . . . . . . . . . 150.000 ÛDesenvolvemento museográfico. . . 800.000 ÛMusealización. . . . . . . . . . . . 180.000 ÛProxectos. . . . . . . . . . . . . . . 100.000 Û

PROPOSTAS XENÉRICASPLAN TERRITORIAL SECTORIAL.PLAN NAVEGABILIDADE INTERFRONTEIRIZA.DIFUSIÓN E PROMOCIÓN.DELIMITACIÓN E DOCUMENTACIÓN.PLAN SINALIZACIÓN E INFORMACIÓN.DIFUSIÓN E PROMOCIÓN.DOTACIÓN DE APARACADOIROS.DOCUMENTACIÓN.

FORTALEZA STA. CRUZ. A GUARDA- Reconstrucións revelín.- Reconstrucións accesos.- Futuro parque.- Limpeza e consolidación.

FORTALEZA SAN LOURENZO DE GOIÁN.- Limpeza e consolidación- Potenciar área do embarcadoiro.- Corta eucaliptos. Intervisibilidade.- Reconstrución revelín.- Conexión peonil co río.- Resituar o aparcadoiro.

FORTE DA CONCEPCIÓN. GOIÁN.- Corta e limpeza.- Reconstrución protección.- Urbanización integrada coa

sinalización.

FORTE DE SANTIAGO CARRILLO.- Intervención da masa vexetal.- Sinalización de fitos e accesos.- Adecuación plantación de kiwis.- Reconstrución media lúa.- Rehabilitación de camiños.

RECINTO AMURALLADO DE TUI.- Ordenar ribeira e urbanización.- Limpeza e posta en valor da muralla.- Acceso fluvial.- Potenciar conxunto con Valença.- Proxecto de miradoiros.- Posible centro de interpretación

Fortrans.

FORTE DE AMORÍN. GOIÁN.- Ordenación accesos á fortaleza.- Reconstrución acceso ao reduto.- Reordenar vexetación e xardín.- Recuperación do foxo.- Limpar e definir camiño de rolda.- Conexión e área de lecer no río.- Embarcadoiro de acordo co proxecto

de navegabilidade.

SistemaGoián-Vilanova da Cerveira

SAN LOURENZOObras consolidación . . . . . . . . 550.000 ÛMellora de accesos e aparcadoiro . . . . . . . . . . . . . 100.000 ÛMusealización . . . . . . . . . . . . . 180.000 ÛProxectos . . . . . . . . . . . . . . . . . 50.000 Û

SANTIAGO CARRILLOAcceso e aparcadoiro . . . . . . . . . 90.000 ÛSinalización e fito de acceso . . . 30.000 ÛOrdenación de percorridos . . . . . 30.000 ÛReordenación masa vexetal . . . 150.000 ÛProxecto . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25.000 Û

TUIProxectos de construción e musealización . . . . . . . . . . . . 10.000 ÛObras . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 60.000 ÛDesenvolvemento dos contidos . . . . 90.000 Û

AMORÍNAcceso e aparcadoiro . . . . . . . . . 90.000 ÛSinalización fito de acceso . . . . . 30.000 ÛOrdenación percorridos . . . . . . . 30.000 ÛReordenación masa vexetal . . . 150.000 ÛProxectos . . . . . . . . . . . . . . . . . 25.000 Û

SistemaTui-Valença

Sistemaatlántico

Page 41: Fortrans xunta galicia

01

04

06

A GUARDA

ROSAL

TOMIÑO

TUISALCEDA DE CASELAS

AS NEVES

SALVATERRA DE MIÑO

ARBO

CRECENTE

05

0302

0708

09

10

11

1213

19

18

20

2123

24 27

28

2930

3132

3334

35 3625

26

221415

1617

37

38

3940

41

39

As fortalezastransfronteirizasdo Baixo Miño

PLAN TERRITORIAL SECTORIAL . . . . . . . . . . . . . . . . 100.000 ÛDELIMITACIÓN E DOCUMENTACIÓN . . . . . . . . . . . . . 146.000 ÛPLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN . . . . . . . . . . . . . . 175.000 ÛPLAN NAVEGABILIDADE INTERFRONTEIRIZA . . . . . . . 387.000 ÛPLAN SINALIZACIÓN E INFORMACIÓN . . . . . . . . . . . . . 62.000 ÛDIFUSIÓN E PROMOCIÓN . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 345.000 ÛESTUDOS, PROXECTOS, DIRECCIÓN OBRA . . . . . . . . 290.000 ÛMUSEALIZACIÓN . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 360.000 Û

ACTUACIÓNS XERAIS

FORTALEZA DE SALVATERRA DO MIÑO.- Recuperación morfoloxía orixinal.- Conexión pazo da Lira e Monçao.- Limpeza glacis e percorrido exterior.- Planificación usos.

FORTALEZA SANTIAGO DE AYTONA.- Protección urbanística.- Recuperar baluarte e segunda liña de fortificación.- Ordenar vexetación. Corta bosques.- Recuperar a segunda liña de fortificación.- Promover área de ocio próxima.

FORTIFICACIÓN DE FILLABOA.- Proposta de ordenación e explotación mineira.- Limpar restos lenzos.

ATALAIA SAN PAULO DO PORTO. SALVATERRA.- Protección acceso e fortaleza.- Situación do espazo de ocio.- Conexión parque infantil.

FORTALEZA DE CRECENTE.- Limpeza arredores e liñas visuais a Melgaço.- Reconstrución elementos danados.- Ordenación acceso.- Ordenación contorno inmediato.

SALVATERRAProxectos de construción . . . . . 540.000 ÛMusealización . . . . . . . . . . . . . 180.000 ÛObras . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 60.000 ÛDesenvolvemento dos contidos . . . . 90.000 ÛProxectos . . . . . . . . . . . . . . . . . 60.000 Û

TORRE FORNELOS- Proxectos de obras . . . . . 300.000 Û- Acceso aparcadoiro . . . . . . 90.000 Û- Proxectos . . . . . . . . . . . . . 30.000 Û

SistemaFornelos-Melgaço

SistemaSalvaterra-Monçao

Page 42: Fortrans xunta galicia

40

O plan directordas fortalezastransfronteirizas

Conselleira de Cultura e DeporteÁnxela Bugallo Rodríguez

Director xeral de Patrimonio CulturalFelipe Arias

Subdirector de Consevación e Restauración de Bens CulturaisFederico Garrido Villa

Servizo de ArquitecturaManuel Vecoña Manuel Chaín Victoria Rodríguez Alberto Balea Belén Picos Juan Antonio Naveira Germán Hermida Manuel Pérez Rosa M.ª Aneiros M.ª Pilar Rey Mercedes Fernández

CoordinaciónManuel Vecoña

Dirección do planAntonio Hoyuela JayoFernando Cobos GuerraJaime Garrido Rodríguez

ColaboraciónsAlberto Varela GarcíaMar Devesa Martínez

Traballos documentais e arqueolóxicosFelipe Criado Rebeca Blanco RoteaElisa Crespo Vázquez

Deseño gráficoBarro Salgado Santana(Grupo Revisión Deseño)

ImpresiónLitonor Artes Gráficas

Depósito legalC-1913-2006

Page 43: Fortrans xunta galicia
Page 44: Fortrans xunta galicia

Fortaleza de Santa Cruz da Guarda\ Forte da Insua \ Praza forte deCaminha \ Forte de San Lourenzode Goián \ Fortaleza da NosaSeñora da Concepción \ Forte dasChagas \ Torre dos Correas \ Torredos Ratos \ Praza forte de Vilanovada Cerveira \ Forte de Medos \Forte de Amorín \ Forte San LuísGonzaga \ Praza forte de Tui \Praza forte de Valença \ Fortalezado Monte Aloia \ Atalaia de SanPaulo de Porto \ Torre de Lapela \Praza forte de Salvaterra \Fortaleza de Fillaboa \ Forte deSantiago de Aitona \ Forte daEstrela \ Fortaleza de Monção \Torre de Fornelos \ Vila de Melgaço