Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das...

14
DOLORES VILLAVERDE 1972 Licenciada en Xeografía e Histo- ria, rematou o doctorado en 1997 presentando un traballo titulado El arte religioso en el arciprestazgo de Ribadulla. Ten traballado en colaboración co Museo do Pobo Galego e o Museo de Terra Santa de Santiago. Asimesmo ten publi- cado diversos traballos sobre arte, entre os que destacamos “Orfeón Terra a Nosa: Treinta años de bri- llante trayectoria” en Boletín de estudios del seminario Fontán- Sarmiento, nº 18, ano 19, 1997. Pp. 96-98. “Ejemplos de la influen- cia ejercida por las Reformas ecle- siásticas en el arte”, en Boletín de estudios del seminario Fontán- Sarmiento, nº 19, ano 20, 1998. Pp. 98-103. ELVIRA GARCÍA 1971 Licenciada en Xeografía e Historia, actualmente está realizando a Tese Doutoral baseada na prensa galega anterior á Guerra Civil. Ten impar- tido docencia na Educación Secun- daria Obrigatoria. Publicou no Bole- tín do Seminario Fontán-Sarmien- to de Haxiografía, Toponimia e Onomástica “San Fructuoso (Santia- go de Compostela): Estudio revisa- do de sus retablos”. Nº 21, ano 22, 2000. Pp. 110 e ssg. Fonte de Platerías

Transcript of Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das...

Page 1: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

DOLORES VILLAVERDE

1972

Licenciada en Xeografía e Histo-

ria, rematou o doctorado en 1997

presentando un traballo titulado El

arte religioso en el arciprestazgo

de Ribadulla. Ten traballado en

colaboración co Museo do Pobo

Galego e o Museo de Terra Santa

de Santiago. Asimesmo ten publi-

cado diversos traballos sobre arte,

entre os que destacamos “Orfeón

Terra a Nosa: Treinta años de bri-

llante trayectoria” en Boletín de

estudios del seminario Fontán-

Sarmiento, nº 18, ano 19, 1997.

Pp. 96-98. “Ejemplos de la influen-

cia ejercida por las Reformas ecle-

siásticas en el arte”, en Boletín de

estudios del seminario Fontán-

Sarmiento, nº 19, ano 20, 1998.

Pp. 98-103.

ELVIRA GARCÍA

1971

Licenciada en Xeografía e Historia,

actualmente está realizando a Tese

Doutoral baseada na prensa galega

anterior á Guerra Civil. Ten impar-

tido docencia na Educación Secun-

daria Obrigatoria. Publicou no Bole-

tín do Seminario Fontán-Sarmien-

to de Haxiografía, Toponimia e

Onomástica “San Fructuoso (Santia-

go de Compostela): Estudio revisa-

do de sus retablos”. Nº 21, ano 22,

2000. Pp. 110 e ssg.

Fonte de Platerías

Page 2: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

57~~

Arquitectura popular

As fontese a augaen Santiago

Texto: Dolores VillaverdeElvira García

Fotografías: Ana Mª Freire Pérez

Introducción

A partires do século XVIII e duranteo século XIX, acométese un proce-so de reformas urbanísticas en todaa cidade de Santiago, que buscana mellora e xeneralización deinfrastructuras.

Os servizos urbanos sufrirán gran-des trocos, como abastecemento deaugas, alcantarillado e alumeado

1,

mellorando ao tempo a pavimenta-ción existente a través do enlousa-do en pedra.

Dentro desta serie de mudanzas deinfrastructura, o capítulo de con-ducción de augas e conservación

de fontes, foi motivo de grande pre-ocupación por ser este o único sis-tema de abastecimento de augapotábel á cidade.

Este período non só destaca polaconstrucción de novas fontes, senóntamén por mellorar o servizo das xaexistentes como reflicte a documen-tación consultada, a través de nume-rosos “reparos”

2tanto de cañerías

como das fontes, por se considerarunha obra monumental que contri-bue ao embelecimento da cidade.

Santiago conta con máis de oiten-ta fontes públicas urbanas disemi-nadas polo centro dos barrios dacidade.

“... la carcajada fría

del agua, que a la pila descendía

con un frívolo, erótico rumor”.

(Antonio Machado – Soledades)

A pretensión coa que nace estetraballo é a de achegarse a estetema –a auga e as fontes– , des-de un punto de vista histórico-artístico centrándonos na análisedas máis representativas e coñe-cidas.

Fontes monumentais

Normalmente localízanse nas pra-zas máis importante da cidadepara cumprir unha dupla función:abastecer e ornamentar.

Para facilitar a lectura do traballoimos facer unha clasificación dasfontes polo seu emprazamento.

1. Cores Trasmonte, M.P.: El urbanismo en Santiago de Compostela en el siglo XIX. Universidade de Santiago, 1962. P. 11.2. “En este cavildo se bio la respuesta formada en la contaduria, pa la carta de la diudad ser los reparos dela fuente del Franco y se conformóel cavo con ella y lo firmó el Sor Dean según costumbre de q yo doi fee”. (Quijada Morandeira, B. J.: Las obras de la catedral de Santiago des-de 1751 a 1800. Aportación documental. Diputación da Coruña, 1997. P. 106.)

Page 3: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

58~

O casco histórico da cidade

Fonte de Platerías

Situada na praza do mesmo nome,constrúese en 1759, Clemente Sare-la ocúpase de delimitar as figuras eremates do pilón. Máis tarde, noséculo XIX, este traballo de Sarelasubstitúese polo que actualmenteaparece na fonte.

Consta dun pilón circular cunhabasa e catro cabalos de pedraapoiados nun bloco de granito quesostén unha columna rematada nun-ha furna xacobea sobre a que sesenta unha muller. Esta figura femi-nina, para algúns investigadores,simboliza a Fe, que tradicionalmetese representou como unha muller cosollos vendados e un cálice na mao,mentres que outros apoian a ideade que polos seus caracteres sim-

boliza á cidade ao presentar unhaserie de atributos relativos a Santia-go: furna xacobea (sobre a que sesenta), estrela metálica que sosténna mao dereita e a cartela on de sedibuxa a cidade de Santiago queapoia sobre o xeonllo esquerdo.

A pesares de que nos documentosdenomínase a fonte das Platerías,pola súa ubicación, popularmente émáis coñecida como a Fonte dosCabalos.

A fonte barroca, propiedade doCabildo, sufrirá diversas reformasco paso do tempo, entre as que des-tacamos a de 1825, ano no queJuan Pernas, artista discípulo deJosé Ferreiro encárgase da imaxi-nería, ou a de 1841-42, que afec-ta ao pilón:

El veedor Anto Pérez da parte a V.E. I. haber reconocido la bombade la fuente de la platería cons-

Fonte deFonseca

Fonte da praza do Toural.

Page 4: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

59~

truída de bronce y de terrage arosca y por esta allarse gastadasuelta el agua por su circunveren-cia siendo esta la causa de nosubir el agua con la rapidez quecorresponde...

3

Fonte de Fonseca

Emplazada no centro do xardín cons-truido en 1886 na praza de Fonse-ca, dentro do casco antigo da cida-de, esta fonte ocupou en outros tem-pos os xardíns do convento de clau-suda do Carme de Arriba até a súaactual ubicación en tempos do alcal-de López Carballo

4nun espacio ante-

riormente ocupado por un cruceiro.

Presenta unha pila circular cunhacolumna central con basa, fuste lisoe capitel dórico, encima, unhaestructura ovalada da que emerxencatro caños das bocas de outrostantos querubíns con vereras sobreas súas cabezas, coroándoa unpináculo rematado en bola.

Fonte da praza do Toural

Está ubicada na praza do mesmonome, nun lugar destacado dentroda estructura urbana da cidade,situado nunha posición relevante queconverte o seu recorrido nun paseoobrigado moitas veces ao día

5.

Mándase construir polo Concello oano 1820 seguindo as trazas domestre Agustín Trasmonte.

Consta dun pilón rectangular e unhapilastra toscana que sostiña a figura

en pedra dun guerreiro representan-do ao xerenal Antón Quiroga Her-mida, xefe do movimento militar de1820 xunto ao xeneral Riego, pro-clamando a Constitución de 1820.

Estaba de pé cunha lanza e escudo,coraza, casco e un manto que a envol-vía. Non se coñece o nome do escul-tor da figura. En 1948 desmóntaseesta figura sen saber o povo o motivode aquello. A explicación dada foique “ya no pintaba nada allí” e susti-tuíuse por un simple xarrón de pedra

decorado coa tradicional venera xaco-bea, indo a dar a figura do xeneralaos almacéns do Concello.

Fonte de San Antón

Esta rúa descorre polo trazado doantigo recinto amurallado que seaproveitou para adosar a fonte.Dá nome á rúa situada próxima aunha das antigas portas da cida-de: a Porta da Mamoa. Reconstrú-ese en 1840 polo concello consti-tucional.

3. A. H. U. S. Fondos do Arquivo Municipal. Libro de Fontanería. Antecedentes varios sobre fontes publicadas. 1838-1901 F. 8 r-4. Nacido en Santiago en 1920 e fillo do pintor Juan Luis, foi alcalde de Santiago desde 1964 até dez anos despois (G. E. G. tomo XIX, pp.137 e 138).5. Pereiro Alonso, J. L.: Rincones de Compostela. Consorcio de Santiago, 1989, p. 93.

Fonte de San Antón

Page 5: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

60~

Consta dun sinxelo respaldo depedra sen decoración, de onde saea billa, e debaixo un pilón cadradopara recoller as augas e un pasoque a eleva un pouco da rúa. Comoremate un florón.

O modelo e tipoloxía desta fonteresponden a un carácter prácticode abastecer de augas a cidade,cun estilo claramente decimonónicoe clasicista, carente de ornamenta-ción, repetida nas fontes de Sta.Clara e Porta do Camiño (das mes-mas datas).

Fonte da Praza de Cervantes

Presidindo a praza que antigamen-te se coñecía como Praza do Pan oudo Campo (porque alí se facían astransacións de pan e trigo) e actual-mente denominada de Cervantes.

En 1840 engárzase o pilón congatos de bronce, póñenselle unhasinscripcións douradas e píntansellecatro floróns

6. Posteriormente des-

aparecen da fonte as inscripcións exarróns que contribuían ao seuornato para quedar reducida a un

sinxelo conxunto formado por unplato circular moldurado que alber-ga no seu interior un pilar con catrosurtidores de auga que serve deapoio a unha columna co seu fustecoroado polo busto de Miguel deCervantes.

O concello muda o antigo nome dapraza polo que ten hoxe en día en1840, a pesares de que non secomeza a denominar así nos docu-mentos até 1886.

Fonte da Serea

Está situada moi perto do conventode S. Agustín, ao pé das escaleirasque levan ao mercado, apoiada aolongo da que foi a antiga murallada cidade.

En 1842, o concello, ante a des-aparición do antigo pilón do Pichoda Cerca, decide construir un novopara o que convoca subasta. Veseobrigado a facer unha nova con-vocatoria ao quedar deserta a súaadxudicación e acorda darlle unestilo monumental.

As augas recóllense nunha pilacon forma de media lúa para seadaptar á rúa e ao muro, e apesares de que o proxecto inicialpretendía rematar o caño cun gru-po de golfiños, ao final, a comi-sión encargada de vixiar as obraspropón variar ese remate cunhaserea.

Ramatan por facer unha esfinxe porvalor de setecentos reais que toda-vía hoxe se conserva, anque moierosionada, formada polo corpodun león e cabeza humana que tenna boca do caño polo que sae aauga, recollida nun pilón con for-ma de media lúa contratado aRamón Búe.

6. Cores Trsmonte, M. P.: El urbanismo en Santiago de Compostela en el S. XIX. Universidade de Santiago, 1962, p. 92.

Fonte da Praza de Cervantes

Page 6: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

61~

Pasou á posteridade co nome defonte da Serea, anque non tenrazón de ser, ao se tratar dunhaesfinxe e non unha serea.

Fonte do Hospitalillo

Na praza de S. Roque ou prazado Hospitalillo, atópase esta fontede granito que antes estivo situadana alameda e con anterioridadena praza de Mazarelos no lugarque hoxe ocupa a estatua de Mon-tero Ríos.

Consta dun pilón polilobulado doque asenta unha columna que rema-ta de forma que re corda a os capi-teis lotiformes e sostén a segundataza da fonte da que rebosa augae soporta ao tempo un cubo encimado que se coloca o remate: unhabola con veneras metálicas de ondebrota a auga.

Fonte de Sta. Clara

Situada na rúa de Sta. Clara, fren-te ao convento. Sábese da súaexistencia desde 1575, ano noque figura un acordo entre os veci-ños para o abastecemento da mes-

Fonte da Serea

Fonte do Hospitalillo

Page 7: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

62~

ma desde a tubería que se dirixeá fonte do Campo

7.

Presenta unha sinxela estructuradecimonónica cun abrevaderopara recoller a auga que sae dabilla situada no centro dun pilarque decora o seu frente con dúaspilastras entre as que se abre unarco de medio punto, sobre elaunha cornisa que serve de apoio aun remate campaniforme onde seobser van os escasos mot ivosornamentais.

Fonte da Porta do Camiño

Esta fonte atópase nunha das entra-das do camiño de Santiago naintersección das Casas Reais e oMatadeiro.

Foi reedificada polo concello en1834: Dn Gregorio de Fraga vezno

de la misma con la atención y res-peto debido, representa a V.S. tenersuya propia una casa qe está sita enla Puerta del Camino de esta propiaciudad, señalada con el nº 1 y como

en ella siempre hubiese un manantialde agua de cuyo corriente se hiba arecoger a la fuente de la misma Puer-ta del Camino y tener el desaogoque un vertedereo o conducto de laespresada casa; con motivo pues dehabérse ultimamte reedificado la talfuente y no fuese del agrade de esaqe el agua se recogiese en aquellacomo antes lo hacía como va referi-do y ni menos habérsela dado cursoa otro diberso vezino.

8

A súa estructura decimonónica ésimilar á da fonte de S. Antonio.Está máis profunda que o pavimen-to da rúa e se accede a ela a tra-vés dunhas escaleiras. Ten doussumideiros para a recollida daauga e dous caños de bronce poronde sae a auga.

Na parte superior, unha estructuracúbica sobriamente decorada conentrepaños nos catro frentes, nocentral, a inscripción que alude áreconstrucción de 1834. Sobre el,unha cornisa e un remate escalo-nado no que aparece un escudo cocálice e a hostia e un motivo vexe-tal como colofón.

Pola súa localización, esta fonte eraimportante para os antigos pelegrínsque chegaban a Compostela poloCamiño Francés, xa que ao estar áentrada da cidade, servíalles parasaciar a sede, de lavadoiro e abre-vamento dos animais de carga.

Como complemento aos edificios da cidade

Hospital Real

O Hospital Real de Santiago (actualHostal dos RR. Católicos) presentaunha planta que se distribue en tor-no a catro patios: dous renacentis-

7. Fernández Otero, A. : As fotnes de Santiago de Compostela. Santiago, 1993, p. 101.8. A.H.U.S. Fondos do Arquivo Municipal . Libro de Fontanería. Antecedentes varios sobre fontes públicas. 1830-1901. F. 6 r.

Fonte de Sta. Clara

Page 8: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

63~

tas e dous barrocos do século XVIII.Nas trazas dos patios renacentis-tas, interviron un bon número decanteiros de distinta procedencia,fundamentalmente trasmeranos eportugueses, entre os que figuranGonzalo Rey, Pedro e Diego deOmono, Juan de los Cotos ou Jaco-me García a quen Enrique Egas(que dá as trazas do edificio) enco-menda a labra das fontes

9. Nos

patios do Hospital Real, hoxepódense ver tres fontes:

1ª. No centro do patio N. Atopa-mos unha fonte que todavía con-serva a súa estructura primitivadeseñada por Enrique Egas e rea-lizada por Jacome García de quensabemos que en 1510 “remató en50000 maravedís la obra de lasdos fuentes del Gran HospitalReal”. É de dupla pila con pilónmaior de planta poligonal concatro lados curvos, árbore pseudo-abalustrada e pila superior enga-lonada con catro mascaróns zoo-morfos, o remate de bronce supe-rior é posterior.

10

2ª. No patio Sul, a fonte refíxoseposteriormente. É posíbel que Jáco-me García trazara a pila grande deplanta poligonal con catro ladoscurvos xa que nos ángulos hai catroanimais fantásticos que se parecena gárgolas.

A pa r t e s upe r i o r, de Ma t eoLópez, é máis clasicista. Presentaunha árbore central con follas deacanto, pila coa parte inferiorengalonada e os mascaróns deformas humanas actuando comocaños así como os bustos de per-sonaxes anónimos asomando noremate floral.

11

3ª. A última fase presenta forma detemplete circular, que se apoia enseis columnas corintinas que soste-ñen arquitrabe, unha cúpula aber-ta por varios vanos e rematada porun florón.

Fonte de S. Francisco

Antigamente non era unha fonte,senón dúas as que existían nosdous patios do convento. Hoxe

pódese observar só unha desde osclaustros do patio. Da fonte queestivo ubicada no outro patio, asúa taza está actualmente forman-do parte dun dos xardíns situadosna Rosaleda.

12

Consta de dupla taza e está rica-mente recorada con motivos floraise mascaróns recordando polo seuestilo as fontes portuguesas como ade Caminha ou Viana.

13

9. Vila Jato, M.D.: A Arte de Compostela. O Renacemento. Ediciós do Castro. A Coruña, 1993, pp. 66-69.10. Vila Jato, M.D.: “As institucións hospitalarias”. Santiago de Compostela. Edit. Xuntanza. P. 479.11. Vila Jato, M.D.: “As institucións hospitalarias”. Santiago de Compostela. Edit. Xuntanza. Pp. 479-480. 12. Fernández Otero, A.: As fontes de Santiago de Compostela. Santiago, 1993, p. 41.13. Vila Jato, M.D.: A arte de Compostela. O Renacemento. Ediciós do Castro. Sada, 1993. P. 107.

Fonte da Porta do Camiño

Page 9: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

64~

S. Martín Pinario

A fonte que hoxe centra o patio domosteiro, pertenceu até fai uns anosno que o arquitecto Pons Sorolla atrasladou á súa actual ubicación, aoclaustro veciño, coñecido como dasoficinas. Atribuida tradicionalmentea Casas Novoa, parece que poido

ser F. Gabriel de Casas, comodemostra a súa estructura, mascarónse elementos vexetais que a decoran.

Hemos rezivido con todo aprezio yestimación la de Vrma en que se sir-ve exponer la pretensión de tomaren la Puerta de la Peña la mismaporción de agua que se da a ese RL

Monasterio en la arqueta de SnMiguel para que pueda tener la ele-vación nezesaria la fábrica de unafuente nueve ideada en el claustropara dar positiva resoluzión; que-dando desde luego deseosos deque no se ofrezca inconveniente, niperxo que impida condescender aesta pretensión; y dispuestos a com-plazer a V Rma en quanto sea desu agrado y satisfación.

No Sor gue a VRa muchos años.

Santo y Nro Cavo a 13 de Mayode 1747

D.Juan Bernave CornesD.Jacinto Pereyra LeisD.Joseph Valdivieso

Por los Sres Dean y Cavo de la Sta

Apa Ygla de Sro Santo UnicoPatrón de Espa

Bme de Rajoy y Losda

Rmo P. Fro Miguel Mendez Abbadde Sn Mn14

Segue o modelo de fontes portu-guesas anteriores cunha tipoloxíacomún como as de viana do Caste-lo e Caminha que tanta difusióntiveron en mosteiros como Oseira,Poio e especialamente Celanova.

15

Presenta un pilón polilobuladosobre dúas gradas, dúas tazassuperpostas nunha columna centralde decoración vexetal con cañosque brotan de figuras zoomorfas eun remate en pináculo e bola.

Fonte de S. Xerome

Fonte que foi colocada neste patioque dá vida a esta construcción

14. A.H.D.S. Fondo San Martín. Serie San Martín. Carpeta 66. 1747. “Sobre la obra de una fuente en el claustro nuevo”.15. Monterroso Montero, J.M.: A Arte de Compostela. O Barroco. Século XVII. Ediciós do Castro. 1997. P. 120.

Xardín Traseiro de Fonseca

Page 10: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

65~

emblemática na vida universitariacompostelá, cando se fixo a res-tauración do edificio e pasou a sersé do Rectorado da Universidade.

A súa estructura é moi sinxela e deescasa ornamentación, con dúastazas superpostas que disminuen oseu tamaño en altura, sendo demaiores dimensións a inferior querecolle a auga que brota desde arri-ba. Coróase cun motivo vexetalcomo remate superior.

Xardín Traseiro de Fonseca

Fonte de estilo decimonónico quese sitúa nun lugar privilexiado dacidade, o xardín traseiro do antigoColexio de Fonseca, sé actua daBiblioteca Xeral da Universidade deSantiago. Está formada por un pilóncon forma de trébol de catro follas,xurde no centro unha columna cilín-drica cun primeiro corpo liso e osegundo estriado que sostén unhagrande copa de onde brota a auga.

Fonte da Universidade

Preside o patio antes axardinado doclaustro da faculdade de Xeografía eHistoria, concorda con estilo clasicis-ta do edificio. O seu deseño orixinaldébese ao arquitecto Pérez Macha-do en 1804

16. Presenta unha base

cúbica con pilastras acanaladas deco-rando con clipeos os catro frentes dosque grota a auga. O segundo corpoformao un pilar menos groso co seufuste caxeado, sobre el unha cornisavoada e o remate: unha cúpala rea-matada en bola.

Pazo de Amarante

Esta fonte é pouco coñecida porestar dentro dos xardíns do Pazode Amarante, anterior sé dos Xul-gados de Santiago.

Presenta un pirimeiro corpo pararecoller a auga de forma xeométri-ca de onde emerxe un pilar condous corpos: o primeiro cúbico e osegundo con decoración vexetalque sostén a taza de onde sae aauga a través dunhas figuras fan-tásticas.

Sobre ela sitúase un hemisferio concatro caños que serve de apoio aunha figura feminina que se colacacomo remate da fonte á que lle fal-tan as maos.

Para poder observala hai que face-lo desde as xanelas dos xulgados através da rexa do xardín de ditopalacio.

Barrios

Fonte da Angustia

Esta fonte barroca sitúase no Cam-po da Angustia.

Ten unha pila que podería servir deabrevadeiro e dispón dun soportede dous ferros para manter os reci-pentes mentres se enchen.

Como a pila e baixa, presenta unpousadeiro no muro da dereita. Ofrente desta fonte presenta unha billade bronce por onde brota o chorrode auga. Na parte superior, sobreun querubín con alas extendidas ató-pase colocada unha imaxen de S.

Fonte da Angustia

16. Costa Buján, P. / Morenas Aydillo, J.: Santiago de Compostela. 1850-1950. Santiago, COAG, 1989. P. 37.

Page 11: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

66~

Mauro respaldada por unha grandevieira, representado coa súa icono-grafía máis tradicional: home bar-bado, de idade avanzada que visteo hábito da Orde de S. Bieito ecobre a súa cabeza cun capuchón.Leva o Libro da Regra aberto na súamao esquerda e apoia a dereita nobáculo abacial. Esta imaxen foiesculpida por Fernando Blanco.

17

A estructura remátase por un frontóne unha cruz.

Santas Mariñas

Similar á de S. Mauro, atópase a pou-cos metros do santuario de Sta. Mari-na, chegando á Colexiata de Sar.

Presenta unha sinxela arquitectura depilastras sobre ménsulas placadas conmedios círculos con gotas que volte-

an un arco reabaixado. Esta formadapor unha pila granítica baixa condous caños, na frente da imaxen dasanta mártir de paños voados e pro-fundos pliegues do século XVII

18ves-

tida con longa túnica e manto levan-do na mao a palma do martirio, sobreunha ménsula cobixada por un arcode medio punto apoiado en dúaspilastras lisas adosadas ao muro.

Xardíns da Cidade

Fonte de San Clemente

Está ubicada frente ao Instituto Rosa-lía de Castro, fundado polo arzo-bispo Juan de San Clemente para ocolexio Maior e que ao longo dasúa historia albergou diversas insti-tucións, entre elas a Real SociedadeEconómica de Amigos do País.

Esta fonte foi creada para o edificiode S. Clemente que ao se extinguircomo Colexio, incorporuse polo con-cello para o servizo público, sacán-doa do recinto orixinario e insta-lándoa no lugar da estatua de Ven-tura Figueroa (hoxe colocada naescaleira que se abre desde a Ferra-dura até o Campus Universitario).

Até 1898 conservouse neste lugare nese ano o alcalde propón aCompañía Mixta de Augas e Pase-os trasladala ao punto de confluen-cia da estrada de Pontevedra coCampo da Estrela. (Pénsase taménen trasladala ao Campo da Casade Compostela).

“la prensa local viene ocupándosede cierto tiempo a esta parte sobrela traslación de la fuente que haydelante del edificio destinado desdeel año 1881 a Escuela de Veterina-ria y cuya fuente visto instalada enel patio del citado edificio hasta queen cierto año muy escaso en aguaspara bien público y quizá con el finde evitarse molestias los poseedoresde Sn Clemente fue trasladada alsitio que hoy ocupa, pero dejandoel sobrante de que para las necesi-dades de la hermosa huerta anexaa aquel beneficio de que viene dis-frutando sin interrupoción...”

19

En 1899, o pilón trasládase aoCampo da Estrela.

“15 de Mayo de 1899El alcalde presidente del Excmoayuntamiente de esta ciudad hacesaber: que la corporación munici-pal acordó anunciar a subastapública con carácter urjente, laconstrucción de un pilón con desti-no a la fuente que ha de colocarseen el Campo de la Estrella.

17. Yzquierdo Perrín, R.: “Dos capillas compostelanas dedicadas a la Virgen de las Angustias”. III Semana Mariana en Compostela,. Santiago,1997. P. 69.18. López Vázquez, J. M.: “Os tempos parroquiais”. Santiago de Compostela. Edit. Xuntanza. Pp. 25.-254.19. A.H.U.S.: Fondos do Arqivo Municipal. Libro de Fontanería. Antecedentes varios. Sobre fontes públicas. 1838-1901. Pp. 32 r e v.

Fonte de San Clemente

Page 12: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

67~

El tipo es de 1543 pesetas y sesen-ta céntimos.

La subasta se celebrará en el pala-cio municipal el día veinticuatro delactual de diez a once de la maña-na ante la Alcaldía y con las for-malidades prevenidas en el artícu-lo 17 del R.R. de cuatro de Enerode 1883.”

20

E xa no XX colócase no lugar queno que se vé hoxe en día, frente aoS. C lemente e supr ímense osandéns de cantería.

A súa estructura e tipoloxía repite avista no convento de S. Francisco.

Fonte do paseo central daAlameda

Situado no espacio central da duplaescalinata que xunta o paseo daalameda co a Ferradura. De tama-ño monumental remátase cun piñónoxival. Sostén dúas superpostas degrande sobriedade.

Fonte das palmeiras

En Marzo de 1873 remátase aconstrucción do mercado de San-tiago baixo a dirección do arqui-tecto Manuel de Prado y Vallo, inte-resante por ser a intervención máisimportante que se realiza no cascohistórico da cidade nos pirmeirossetenta do século pasado.

Cunha rúa perimetral de seis metrosde ancho delimitouse un rectángulode noventa e catro metros de lonxitu-de por cincuenta de ancho, onde seordearon en cinco filas paralelas catrocentos postos de venta cobertos. Ainterrupción transversal das cinco filasno seu centro deu lugar a unha rúadescoberta cunha praza no seu espa-

zo central e fonte monumental taménproxectada polo mesmo arquitecto.

21

Retirada do seu emprazamento orixi-nal, foi colocada no paseo central daalameda e máis tarde no seu actualemprazamento: paseo das palmeiras,de aí que se coñeza con ese nome. Éa única de mármore da cidade.

Presenta un pilón circular para arecollida de auga e da parte centralxorde un pedestal piramidal concatro medallóns aparecendo nundeles o escudo de Galiza co cálice,a hostia e as sete cruces. Os outrostres medallóns aparecen en branco.Sostén unha segunda taza remata-da en bola de onde cae a auga.

San Lourenzo

Está situada na carballeira do mes-mo nome, e servía para abastecerde auga aos veciños do barrio deS. Lourenzo.

Fonte moi funcional, cun pilóncadrado de recollida de auga e unpilar central de onde saen catro sur-tidores con remate piramidal. Nonten decoración.

Praza de Abastos e Hospital Vello

Para rematar con este capítulo dedi-cado ás fontes monumentais, qué-danos mencionar a da praza de

Fonte doHospital

Vello

20. A.H.U.S. Fondos do Arquivo Municipal. Libro de fontanería. Antecedentes varios. Sobre fontes públicas. 1838-1901. Pp. 76 r.21. Costa Buján, P./ Moreiras Aydillo, J.: Santiago de Compostela: 1850-1950. COAG, 1989. P. 110-111.

Page 13: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

68~

Abastos e a que está na fachada doHospital vello (antigo Hospital Xeralde Galiza) porque a pesares deseren de recente construcción, cha-man a atención por seren decorati-vas. A primeira delas amosa unrelieve cunha parella de vacas e unpar de pombas e a segunda ungrande peixe baixo un arco demedio punto.

Fonte Popular

É máis corrente que a monumentale atópase nos puntos máis diversose alonxados. Seguen un modelomáis ou menos común: consiste nunsinxelo respaldo de pedra apenassen decorar, de onde sae o caño,debaixo un pilón para recoller asaugas e ás veces, un paso ou esca-leira que a eleva un pouco da rúa.

22

A medida que o século XIX avan-za, medra a povoación, e ao sereninsuficientes as fontes existentes, oconcello vese obrigado a construiralgunha máis en puntos distantes emáis necesitados. Así, construiusea de Belvís en 1810, e en 1887 ada rúa do Espírito Santo: “... faltade una fuente de que carece elnumeroso barrio del Espíritu Santocomo de otras limítrofes que hastaahora se abastecían del aguasobrante de una arqueta situada endicha calle...”

23, a de Pitelos, a Fon-

te Sequelo , a fonte do Burro (aofinal da rúa do Hórreo) que se pro-xecta en 1852, a fonte das hortasproxectada en 1899: “... llebar acabo el descubrimiento de unmanantial de aguas que surta lafuente que se proyecta estableceren la nueva escalinata de la baja-

da del Hospital los expresados veci-nos que suscriben el presente con-trato acepten la proposición de tres-cientos escudos bajo las basessiguientes: ...manantial en direccióndel palacio arzobispal hasta pre-sentar un caudal permanente deaguas potables igual en cantidadal que tenga en el mes de setiembrede Sequelo...”

24

A maior parte das fontes chegaronen bon estado aos nosos días debi-do á constante preocupación queexiste no oitocentos para conservaras súas fontes para que o abaste-cemento da auga funcionase conregularidade.

Algunhas das fontes populares des-apareceron neste século ao ser ins-talada a auga a domicilio. Asmonumentais, sen embargo, con-sérvanse polo seu carácter orna-mental.

Nun momen to má i s r e cen t e ,seguíronse construindo fontes entoda a cidade ao seguir abríndo-se prazas e parques cun sentidoestrictamente decorativo e monu-mental, entre elas destacamos oproxecto de José Mª Banet DíazVarela para Casas Nuevas en1964: “El lugar de Casa Nuevascarece de servicio de agua parasatisfacer las más elementalesnecesidades teniendo que des-p lazarse largas dis tancias e lvecindario del mismo para pro-curarse tan indispensable ele-mento. Para solucionar este pro-blema y por orden de la alcaldíase redacta el adjunto proyectoque tiene por objeto la construc-ción de una fuente en el origendel camino que va de Casas Nue-vas a San Payo del Monte.

fontedasHortas

22. Cores Trasmonte, M.P.: El urbanismo en Santiago de Compostela en el siglo XIX. Universidade de Santiago de Compostela, 1962. P. 94.23. A.H.U.S. Fondos do Arquivo Municipal. Libro de Fontanería. Antecedentes varios sobre Fontes públicas, 1830-1901. F. 320 r.24. A.H.U.S. Fondos do Arquivo Municipal. Libro de Fontanería. Antecedentes vario. Sobre fontes públicas, 1830-1901. F. 90 r.25. A.H.U.S. Fondos do Arquivo Municipal. Proxecto de fonte pública. 1964. Legajo 75.

Page 14: Fonte de Platerías - Dialnet · A pesares de que nos documentos denomínase a fonte das Platerías, pola súa ubicación, popularmente é máis coñecida como a Fonte dos Cabalos.

69~

Para abastecerla de agua, se utili-zará el manantial llamado de lastres fuentes unos 850 ms en el quese construirá una arqueta de cap-tación desde la que se conducirá elagua hasta la fuente por medio detubería Eternit de cinco atmósferasque se estima suficiente dado eldesnivel existente entre el origen yel final de la misma.

La fuente será de muro de mam-postería coronada con tapa de sille-ría y el pilarote que soportará el gri-fo de sillería.

El presupuesto de la obra asciendeincluidas las partidas de honorariosy un diez por ciento de imprevistosa la cantidad de sesenta y cinco milseiscientas y una pesetas con cin-cuenta céntimos sin incluir la aper-tura de zanja ni el tendido de latubería que habría de hacerse porpersonal de la brigada y del servi-cio municipal de obras. La obra serealizará bajo la dirección faculta-tiva del que suscribe.

BIBLIOGRAFIAFontes Documentais:A.H.D. S.: Fondo San Martín. SerieSan Mar t ín. Carpeta 66. 1747.“Sobre la obra de una fuente en elclaustro nuevo”.A.H. U. S.: Fondos del Archivo Muni-cipal. Libro d e Fontanería. Antece-dentes varios. Sobre fuentes públicas.1838-1901.Fondos del Archivo Municipal. Legajo75.Xeral:BOZAL,V., MARTIN GONZALEZ,J.J. yBONET CORREA, A: Arte y ciudad enGalicia, siglo XIX. Fundación CaixaGalicia, Santiago, 1990.CARRO GARCIA, X: “A fonte do Tou-ral”. En LAR- Revista del hospital galle-go. Año XXI. Bs. As. Junio-Julio-Agosto.1954.Pp. 35-36.CORES TRASMONTE,M.P.: El urbanis-mo en Santiago de Compostela en elsiglo XIX. Universidad de Santiago,1962.COSTA BUJAN,P./ MORENAS AYDI-

LLO,J.: Santiago de Compostela:1850-1950. COAG, 1989.FERNANDEZ OTERO, A.: As fontes deSantiago de Compostela. Santiago,1993.GARCIA IGLESIAS,J.M: “El Barroco1.La época. Los patrocinadores. Arqui-tectos del siglo XVII”. Galicia Arte.Tomo XIII. Hércules ediciones, 1993.GARCIA OTERO,E.: Obras financia-das por la catedral de Santiago entre1725-1750. Aportación documentalTesis de licenciatura inédita dirigidapor el prof. López Vázquez. Santiago,1998.LOPEZ VAZQUEZ,J.M.: “ El Neoclasi-cismo y el siglo XIX”, Enciclopediatemática de Galicia-Arte. Ed. Nauta.Barcelona, 1988.Pp. 113-149.LOPEZ VAZQUEZ,J.M.: “ Os templosparroquiais” en Santiago de Compos-tela. Editorial Xuntanza, 1993. Pp.149-264.MONTERROSO MONTERO,J.M.: Aarte de Compostela.0 Barroco. SéculoXVII. Ediciós do Castro, Sada. 1997.

MOSTEIRO, M. : “Las fuentes delCamino”. En La Voz de Galicia, 27-XII-1998.P.36.PEREIRO ALONSO, J.L.-. Rincones deCompostela. Consorcio de Santia-go,1989.QUIJADA MORANDEIRA,B.J.: Lasobras de la catedral de Santiago des-de 1751 a 1800. Aportación docu-mental. Diputación de A Coruña,1997.VILA JATO,M.D.: A arte de Composte-la. 0 Renacemento. Ediciós do Castro.Sada, 1993.VILA JATO,M.D.: “Institucións de ensi-no ata 1900”. Santiago de Compos-tela. Editorial Xuntanza,1993. Pp.452y siguientes.VILA JATO,M.D.: “As institucións hos-pitalarias” Santiago de Compostela.Ed. Xuntanza,1993.Pp.476-490.YZQUIERDO PERRIN,R.: “Dos capillascompostelanas dedicadas a la Virgende las Angustias”. En III Semana Maria-na en Compostela. Santiago 13-18 delX de 1997.Pp. 55-88.

Fonte Sequelo

Santiago, Octubre de 1964.El arquitecto municipal.”

25... así

como outras moito máis contem-poráneas como a que estivo colo-cada no centro da Praza Roxa ehoxe vese no barrio de vite, asícomo a que está actualmente nesamencionada praza, as realizadaspara o barrio de Fontiñas, a que

se pode ver centrando a praza deSanta Uxía de Riveira en VistaAlegre...

Antes de rematar, queremos amosaro noso agradecemento a Ana MªFreire Pérez pola súa colaboracióndesinteresada no labor fotográficoque acompaña este traballo.