FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO · (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo...

7
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021 NORMATIVA ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo solidario de libros de texto: - 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria - 1º, 2º, 3º e 4º de ESO Axudas para adquirir libros de texto: - 1º e 2º de Educación Primaria - Educación especial Axudas para adquirir material escolar: - Educación Primaria - ESO - Educación especial SOLICITUDE CÓDIGO DO PROCEMENTO ED330B PRAZO DE PRESENTACIÓN Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020 ONDE OBTER O FORMULARIO No portal educativo (http://edu.xunta.gal) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) PRESENTACIÓN A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21 Nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE Preferiblemente por vía electrónica (preciso ter certificado dixital ou chave365): o Na aplicación informática Fondolibros o Ou na sede electrónica da Xunta de Galicia Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente: o Nos centros docentes o Ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Transcript of FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO · (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo...

Page 1: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO · (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo solidario de libros de texto: - 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria - 1º, 2º,

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2020/2021

NORMATIVA

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace

DESTINATARIOS

Fondo solidario de libros de texto: - 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria - 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

Axudas para adquirir libros de texto:

- 1º e 2º de Educación Primaria

- Educación especial

Axudas para adquirir material escolar: - Educación Primaria - ESO - Educación especial

SOLICITUDE

CÓDIGO DO PROCEMENTO

ED330B

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

ONDE OBTER O FORMULARIO

No portal educativo (http://edu.xunta.gal)

Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación

Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

PRESENTACIÓN

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo

centro docente para o curso 2020/21

Nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles

no citado curso.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

Preferiblemente por vía electrónica (preciso ter certificado dixital ou

chave365):

o Na aplicación informática Fondolibros

o Ou na sede electrónica da Xunta de Galicia

Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente:

o Nos centros docentes

o Ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Page 2: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO · (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo solidario de libros de texto: - 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria - 1º, 2º,

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

XUNTO COA SOLICITUDE

ANEXO II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade

familiar). Este anexo ten que estar debidamente asinado polos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante. No caso de menores de idade, ten que asinar o pai ou a nai dando autorización de acceso á información. O/A menor non pode firmar nunca.

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da

unidade familiar (Achegar orixinal para o cotexo).

En caso de separación ou divorcio, entregar ademais copia da sentenza

xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. (Achegar orixinal para o cotexo)

Cando a situación familiar sexa diferente ao que figura nos documentos anteriores, consulten a ORDE publicada no DOG para saber que outra documentación deben achegar (o enlace está ao inicio deste documento).

UNIDADE FAMILIAR

Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2018.

RENDA

Os datos para o cálculo son os do exercicio fiscal 2018. Non é preciso achegar copia da

declaración da renda, a non ser que se opoñan á súa consulta.

Renda per cápita da unidade familiar: é a correspondente á suma da base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460), dividido entre o nº de membros

computables da unidade familiar.

No suposto de que non se presentase a declaración no 2018, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS

Page 3: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO · (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo solidario de libros de texto: - 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria - 1º, 2º,

PRAZOS

Presentación de solicitudes do alumnado de Educación Primaria, ESO e

Educación especial no centro escolar ou mediante a sede electrónica Do 20/05/2020 ao 19/06/2020

Fondo solidario de libros de texto

Publicación de listaxes provisionais Ata o 10/07/2020

Reclamación ás listaxes provisionais 2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas 3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria Ata o 20/07/2020

Entrega dos libros ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria Preferentemente en setembro

Axudas para libros de texto e axudas para material escolar

Emenda de erros detectados nos vales 10 días dende que recibe o vale

Uso dos vales nas librarías e demais establecementos Ata o 08/04/2021

Achegamos nas seguintes páxinas, a modo de instrucións paso a paso, a resolución das posibles

dúbidas que xorden sempre sobre como cumprimentar a solicitude.

Page 4: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO · (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo solidario de libros de texto: - 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria - 1º, 2º,

ANTES DE COMEZAR:

- POR FAVOR, CUMPRIMENTE A SOLICITUDE CON LETRA CLARA E EN MAIÚSCULAS.

- O NOME E APELIDOS TEN QUE SER COMO FIGURE NO SEU NIF, POLO QUE AGRADECEMOS QUE: o NON EMPREGUE DIMINUTIVOS NOS NOMES E APELIDOS DAS PERSOAS. Exemplo: “J.ANTONIO”, debe poñer “JOSE ANTONIO”, xa

que no seu DNI/NIE non figura como “J.ANTONIO” o NON OMITA NOMES. Exemplo: Se a persoa se chama “MARÍA MONTSERRAT”, non pode figurar “MONTSERRAT” soamente.

Page 5: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO · (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo solidario de libros de texto: - 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria - 1º, 2º,
Page 6: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO · (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo solidario de libros de texto: - 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria - 1º, 2º,
Page 7: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO · (DOG do 19 de maio de 2020) - Enlace DESTINATARIOS Fondo solidario de libros de texto: - 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria - 1º, 2º,