Folleto semana intercultural (1)

1
Un mundo na mochila Organizan: CEIP PONTE DOS BROZOS CONCELLO DE ARTEIXO ECOS DO SUR Editorial O noso centro é moi rico, inmensamen- te rico, nel convivimos persoas de case todos os continentes, fáltanos Oceanía. Non sabemos se notan un cambio de no- me: pasamos de ser multiculturais a ser interculturais, non queremos ser un con- xunto de persoas negras, brancas de ollos máis ou menos rasgados cada unha no se recunchiño sen relacionármonos, sen inte- ractuar, sen coñecérmonos. Queremos aprender idiomas, coñecer as lendas , o vestiario, as comidas, os contos, os pensa- mentos, é dicir ter os bimbios necesarios para que somentes se lle peche a porta a insolidariedade e mais a intolerancia. Hai diversas Entidades e ONGs que nos acompañan na nosa andaina. Dende hai tres anos estamos na “Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de AI”, e cada curso in- vitamos a unha ou máis organizacións para que nos acompañen e nos axuden a reflexio- nar. Este ano agradecemos a colaboración de Ecos do Sur e das mediadoras sociais do Concello de Arteixo, sen elas non serían posibles moitas das nosas actividades. A coordinadora de Convivencia Marga González Un mundo na mochila Ecos do Sur participa na nosa Semana Intercultural desenvolvendo o seu proxecto: "Un mundo en la mochila", financiado polo Concello de Arteixo. Trátase dunha iniciativa para sensibilizar sobre interculturalidade ao alumnado de Educación Infantil e Primaria do Centro Educativo Ponte dos Brozos de Arteixo. Salientaremos os materiais didácticos deseñados polo equipo de educadoras de Ecos do Sur e Mestura e un grupo de xóvenes ilustradores. Estes materiais están diferenciados para os/as alumnos/as, pais, nais e profesores/as e inclúen guías, contos, postais, bits... Todo isto vai metido nunha mochila que queda a disposición do centro para traballar nas aulas e/ou que o alumnado levará a casa por quendas. Suleiman y Salúa A Biblioteca do colexio acom- páñanos esta semana cunha pe- quena xoia, o libro, en español e árabe “Suleiman y Salúa” Con texto do escritor galego Francisco X Fernández Naval, traducido ao árabe por Yassin Swehat e as ilustracións do artista sirio Alí, Alí a partir das técnicas clásicas de litografía en pedra . A historia de Suleiman e Salúa é froito da memoria dun neno que medrou, sintetiza mitos locais, lembranzas infantís, contos populares e soños, segue a rica tradición oral de Siria, crea un mundo marabi- lloso que nos transporta ás “Mil e unha noites”.

Transcript of Folleto semana intercultural (1)

Page 1: Folleto semana intercultural (1)

Un mundo na mochila

Organizan:

CEIP PONTE DOS BROZOS

CONCELLO DE ARTEIXO

ECOS DO SUR

Editorial

O noso centro é moi rico, inmensamen-

te rico, nel convivimos persoas de case

todos os continentes, fáltanos Oceanía.

Non sabemos se notan un cambio de no-

me: pasamos de ser multiculturais a ser

interculturais, non queremos ser un con-

xunto de persoas negras, brancas de ollos

máis ou menos rasgados cada unha no se

recunchiño sen relacionármonos, sen inte-

ractuar, sen coñecérmonos. Queremos

aprender idiomas, coñecer as lendas , o

vestiario, as comidas, os contos, os pensa-

mentos, é dicir ter os bimbios necesarios

para que somentes se lle peche a porta a

insolidariedade e mais a intolerancia.

Hai diversas Entidades e ONGs que nos

acompañan na nosa andaina. Dende hai tres

anos estamos na “Rede de Escolas polos

Dereitos Humanos de AI”, e cada curso in-

vitamos a unha ou máis organizacións para

que nos acompañen e nos axuden a reflexio-

nar. Este ano agradecemos a colaboración

de Ecos do Sur e das mediadoras sociais do

Concello de Arteixo, sen elas non serían

posibles moitas das nosas actividades.

A coordinadora de Convivencia

Marga González

Un mundo na mochila

Ecos do Sur participa na nosa

Semana Intercultural desenvolvendo o

seu proxecto: "Un mundo en la

mochila", financiado polo Concello de

Arteixo. Trátase dunha iniciativa para

sensibilizar sobre interculturalidade ao

alumnado de Educación Infantil e

Primaria do Centro Educativo Ponte dos Brozos de

Arteixo. Salientaremos os materiais didácticos deseñados

polo equipo de educadoras de Ecos do Sur e Mestura e un

grupo de xóvenes ilustradores. Estes materiais están

diferenciados para os/as alumnos/as, pais, nais e

profesores/as e inclúen guías, contos, postais, bits... Todo

isto vai metido nunha mochila que queda a disposición do

centro para traballar nas aulas e/ou que o alumnado levará

a casa por quendas.

Suleiman y Salúa

A Biblioteca do colexio acom-

páñanos esta semana cunha pe-

quena xoia, o libro, en español e

árabe “Suleiman y Salúa” Con

texto do escritor galego Francisco

X Fernández Naval, traducido ao

árabe por Yassin Swehat e as

ilustracións do artista sirio Alí, Alí a partir das técnicas

clásicas de litografía en pedra . A historia de Suleiman e

Salúa é froito da memoria dun neno que medrou, sintetiza

mitos locais, lembranzas infantís, contos populares e soños,

segue a rica tradición oral de Siria, crea un mundo marabi-

lloso que nos transporta ás “Mil e unha noites”.