Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR...

53
. Camariñas . A Coruña- Galicia- España P P P R R R G G G 1 1 1 5 5 5 8 8 8 Ruta Costa da Morte CAMARIÑAS

Transcript of Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR...

Page 1: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

.

Camariñas . A Coruña-- GGalicia- España

PPPRRRGGG

111555888

R u t a C o s t a d a M o r t e C A M A R I Ñ A S

Page 2: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

CCoordina: Concello de Camariñas Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas:

Mª Josefa Jiménez Sánchez Fotos Portada e Contraportada: Portada e Contraportada: Concello de Camariñas Contraportada: X. Búa Fotografías e debuxos: Fotos sen sinatura: Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas X. Búa e Abertal (fotos incluídas na web camarinas.net) IMEGA Byvelibre Diego Alonso Equipo Redactor: Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas: Emilio González Ramos Mª Josefa Jiménez Sánchez Empresa IMEGA Bernardino Martínez Castiñeiras Normalización lingüística: DELOGA SC Deseño: Concello de Camariñas Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas Mª Josefa Jiménez Sánchez Departamento de Informática do Concello de Camariñas José Manuel Sestayo López

Page 3: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 1

ÍNDICE:

1. CARACTERÍSTICAS DA RUTA 2. PERFIL 3. PUNTOS DE INTERESE 4. REPRESENTACIÓN CARTOGRÁFICA 5. DATOS SOBRE A RUTA E A SÚA PREPARACIÓN 6. DESCRICIÓN DA RUTA 7. DESCRICIÓN DOS PUNTOS DE INTERESE NA RUTA 8. ELEMENTOS SINGULARES

RUTA COSTA DA MORTE

PRG

158

CCamariñas

A Coruña-- GGalicia

Page 4: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 2

CARACTERÍSTICAS DAA RUTA

RUTA COSTA DA MORTE

1

Localización Parroquia de Camariñas do Concello de Camariñas- Provincia da Coruña- Galicia- España. GPS: N: 43º07.27,0´ W:009º11.4,98´ Cartografía: I.G.N. 1:25.000 nº 68-ICamariñas I.G.N. 1:25.000 nº 43-III Camariñas I.G.N. 1:25.000 nº 67-II Muxía Distancia total O camiño principal: 22,5 Qm. O desvío alternativo: 550 m. Grao de dificultade Medio. Accesible para persoas cun hábito físico-deportivo medio. O nivel máximo é de 150 m. M.I.D.E. Nivel de esforzo 1 Orientación Itinerario 1 Dificultade Desprazamento 1 Esforzo preciso 4 Tempo estimado Camiño principal: 8 h. Desvío alternativo: 20 min. Tipo de percorrido Circular. Comparte coa Ruta Litoral parte do seu percorrido. Esta ruta pertence á categoría de Pequeno Percorrido (PP)

Page 5: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 3

RUTA COSTA DA MORTE

Acceso en bicicleta e cabalo Apto completamente Observacións: Prever o retorno ao punto de partida. No folleto turístico "Camariñas Capital do Encaixe" e "Camariñas Rede Natura 2000", esta ruta aparece en cor vermella. Esta ruta foi sinalizada e homologada pola FGM en

2011. A cor da sinalización é amarela e branca.

PERFIL

2

Page 6: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 4

RUTA COSTA DA MORTE

PPUNTOS DE INTERESE

3

1. Restos do Castelo do Soberano

2. Capela Virxe do Monte

3. Praia de Lago. Comezo Rede Natura

4. Coial das Castañas

5. Faro e Cabo Vilán

6. Illote Vilán de Fora e Furna dos Infernos

7. Enseada de Arneliña

8. Mámoa de Reira

9. Pedra do Oso

10. Foso dos Lobos

11. Pedra dos namorados de Reira

12. Cabo Trece

13. Cemiterio dos ingleses

14. Praia do Trece

15. Monte Branco

16. Miradoiro das Seixas. Vistas panorámicas

17. Mourín

18. Camariñas

Page 7: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 5

REPRESENTACIÓN CAARTOGRÁFICA

DAA RUTA

RUTA COSTA DA MORTE

4

Page 8: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 6

A ruta e os seus arredores.

Camariñas é unha vila mariñeira coñecida polos seus encaixes

de palillos e pola súa riqueza natural e medioambiental da que é

testemuña o Faro de Cabo

Vilán, un dos máis

emblemáticos de Galicia.

Ocupa unha península con

dúas caras, unha mirando ao

Océano Atlántico e a outra, ás

tranquilas augas da ría que

comparte co concello veciño

de Muxía. O topónimo de Camariñas procede dunha planta

arbustiva Caramiña (Corema album), esta vila depende das

actividades relacionadas co mar e da

elaboración de produtos pesqueiros.

Ten un porto pesqueiro, confraría de

pescadores, agrupación de

mariscadoras e percebeiros así como

unha das conserveiras de maior

tradición da Costa da Morte e

empresas de preparación e

elaboración de polbo, algas e

mariscos. É o porto pesqueiro de maior peso comercial da Costa

da Morte, fundamentalmente nas especies de sardiña e polbo.

DATOS SOBRE A RUTA E A SÚA

PPREPARACIÓN

RUTA COSTA DA MORTE

5

Page 9: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 7

Camariñas ten unhas excelentes condicións para o deporte

náutico. Conta cun porto deportivo con 83 amarres e servizos de

restauración e combustible, facendo deste enclave un dos máis

competitivos e cómodos da zona.

Para o deporte de vela cóntase cun club de vela, actividades e

competicións organizadas polo Concello de Camariñas, por outra

banda as asociacións de empresarios de Camariñas organiza un

premio anual para pesca deportiva na que participan profesionais e

afeccionados de toda España.

O encaixe de palillos de

Camariñas, é recoñecido en

todo o mundo.

Tradicionalmente esta complexa

técnica artesá foi transmitida de

nais a fillas. Na actualidade, o

Concello posúe escolas e

cursos de encaixe para menores, maiores e turistas.

É obrigado achegarse a unha das artesanías téxtiles máis

importantes de Galicia e de España: o encaixe de Camariñas, feito

a man entretecendo fíos envoltos en palillos de madeira sobre

unha almofada.

Page 10: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 8

Nesta vila sitúase o Museo do Encaixe de Camariñas creado no

mes de novembro de 1996. Exhibe unha testemuña excepcional

da supervivencia das artes e oficios populares, sendo un

expoñente da tradición que permanece practicamente nos seus

contextos orixinais. Con iso téntase recuperar a memoria

histórica, conservala e difundila mediante a creación deste.

A planta superior do edificio alberga a colección permanente do

Museo composta por deseños e pezas de encaixe de

Camariñas, así como os aparellos e materiais empregados para

a súa elaboración. Tamén atopamos no paseo marítimo tendas

de venda desta artesanía milenaria e exhibicións en vivo do

traballo das palilleiras.

A mostra de Encaixe de Camariñas, recoñecida como Festa de

Interese Turístico, é unha feira internacional que se organiza

cada Semana Santa. Neste evento anual, pódese gozar con

exposicións de pezas de encaixes de palillos nacionais e

internacionais, desfile de moda onde se incorpora o encaixe de

Camariñas ás pezas masculinas e femininas e, por suposto, as

exhibicións de palilleiras do municipio, que cultivan as técnicas e

deseños tradicionais que abraian a todos e todas as visitantes.

Esta celebración ten como presidenta de honra á Raíña de

España.

Page 11: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 9

Tamén podemos visitar en Camariñas o casco histórico, a capela

da Virxe do Carme, a igrexa de San Xurxo de Buría, o conxunto

de hórreos e as casas tradicionais da rúa Calvario ou as praias de

Area da Vila ou Lingunde, e en cabo Vilán, o faro e centro de

interpretación de naufraxios e sinais marítimas.

Camariñas celebra do 15 ao 18 de xullo unha das festas máis

senlleiras da Costa da Morte: a Procesión da Virxe do Carme coa

colorida danza de arcos executadas por mariñeiros. Tamén se

celebra o Luns de Pascua, a romaría da Virxe do Monte, o 23 e

24 a festa de San Xurxo e o 31 de agosto, o San Ramón.

En todas as parroquias de

Camariñas, podemos atopar

tranquilas praias, fermosos

paraxes e unha gastronomía con

produtos frescos da ría e do mar.

Na parroquia de Xaviña podemos

visitar a praia do Ariño, a igrexa de Santa María ou fitar os pazos

de Paxariñas ou dos Mouzos. Nesta zona sitúase a fermosísima

Ruta de Sendeirismo Local "RC-1 Ruta da Insua". Ademais na

parte costeira sitúanse o Cemiterio dos Ingleses, incluído na ruta

europea de cemiterios, recoñecida como Itinerario Cultural

Europeo e as praias de Reira ou a duna de Monte Branco.

Page 12: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 10

Na parroquia de Ponte do Porto pódese visitar o museo

etnográfico situado nun local particular na rúa Curros. Este

museo construído en 1997 por iniciativa dunha asociación de

veciños, presenta interesantes mostras do ferramental, mobles,

documentos e outros materiais característicos da vida e da

cultura tradicional da zona. É recomendable concertar cita previa

e realizar unha visita guiada e comentada. (Tlfo.: 981 73 09 98).

Outros elementos de interese son: a ponte que cruza o río e que

da nome a esta parroquia, a igrexa de San Pedro e o

campanario de San Roque, situado no lugar da Grixa. No verán

celébrase a Festa gastronómica do "Caldo da Riola" e a

celebración de San Pedro (27 e 29 de xuño), San Roque (15 e

16 de agosto), con procesións, misas e festas-romarías.

En Camelle atopamos o

comezo da "RC-2 Ruta Litoral"

que parte do Museo de Man, o

alemán de Camelle, percorre

espazos de gran riqueza

medioambiental, paisaxística e

ornitolóxica. Por Arou e Santa

Mariña, pódese gozar de praias tranquilas e familiares, paraxes

practicamente virxes e laboriosos portos de pesca.

Page 13: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 11

Como chegar.

En vehículo particular:

- Dende Santiago de Compostela. 80,2 Qm.

Ruta de Santiago a Bertamiráns pola AG56-Noia, a

Ponte Maceiras pola AC-544 a Negreira pola AC-

546, a Baíñas pola AC-441, a Casadas pola AC-

9203, a Vimianzo pola AC-552 e a Ponte do Porto e

Camariñas pola AC-432.

- Dende A Coruña 90.4 Qm.

Ruta: Da Coruña a Carballo pola AG-55 a Vimianzo

pola AC-552 e a Ponte do Porto e Camariñas pola

AC-432.

- Dende Vigo 159,3 Qm.

Ruta: De Vigo a Milladoiro pola AP-9 a Bertamiráns

pola AG-56-Noia a Ponte Maceiras pola AC-544 a

Negreira pola AC-546, a Baíñas pola AC-441, a

Casadas pola AC-9203, a Vimianzo pola AC-552 e a

Ponte do Porto e Camariñas pola AC-432.

Liñas de autobús

Dende Santiago de Compostela e A Coruña. Os

horarios de saída adoitan ser dende as 8:00 até as

14:30 horas e o tempo medio da viaxe rolda as dúas

Page 14: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 12

horas. Recoméndase confirmar horarios coas

empresas de transportes.

Teléfonos e web das empresas:

- AUCASA 981 58 88 11

- MONBUS 902 29 29 00

www.monbus.es/index2.htm

- VAZQUEZ 981 14 84 70

Tlfo. Estacións de autobuses:

- Santiago de Compostela

Praza Camilo Díaz Baliño, S/N

15704 Santiago de Compostela

981 542 416

- A Coruña

Rúa Caballeros, 21

15009 A Coruña

981 184 335

- Vigo

Avenida de Madrid, 57

36214 Vigo

986 373 411

En taxi

Tlfo. Taxis de Camariñas. 628 314 339

Tlfo. Taxis de Ponte do Porto 654 812 351

Page 15: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 13

Por vía marítima

Camariñas conta con porto deportivo.

Peirao Novo s/n, Camariñas. Tlfo. 981 73 71 30

[email protected]

Latitude: 43º 07´ ´´ N Lonxitude: 9º 11´ ´´ W

Amarres: 83 Calado 4 m.

Eslora máxima: 10 m.

En avión

- Aeroporto de Santiago de Compostela

LAVACOLLA, S/N. 15820 Santiago de

Compostela

Tlfo. 902 404 704

- Aeroporto de Alvedro (A Coruña)

ALVEDRO, S/N, Culleredo

Tlfo. 902 404 704

- Aeroporto de Vigo

Avenida AEROPORTO, S/N. 36318 Vigo

Tlfo. 902 404 704

- Aeródromo privado a 54 Qm. Empresa:

Naturmaz

(Mazaricos). Consultar dispoñibilidade.

Tlfo.: 981 107902, 610 550 524, 902 009

766. Fax: 902 009 767 Email:

[email protected] Web:www.naturmaz.com

Page 16: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 14

Equipo persoal aconsellado.

Calzado axeitado preferentemente de montaña.

Pucho e crema protectora

Auga, mínimo 1 litro por persoa

Bastóns, mapa

Cámara de fotos e prismáticos

Impermeábel ou similar, en época non estival.

Recomendacións.

Antes de facer a ruta consultar sempre as previsións

meteorolóxicas. Ter precaución en inverno polos fortes ventos

que poden preverse na zona.

Respectar e manter o entorno limpo, non guindar papeis,

envoltorios ou residuos.

Non prender lume e por suposto non tirar as cabichas do cigarro

durante o percorrido.

En primavera e verán é recomendábel levar produtos contra as

picaduras dos insectos.

Servizos de saúde e axuda (SOS).

- Centro Médico de Camariñas. R/Río do Prado, S/N -

15123 Camariñas. Tlfo.: 981 736 200.

Page 17: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 15

- Centro de urxencias máis preto (a 9 Qm. en Vimianzo).

R/ Rosalía de Castro, 15129-Vimianzo. Tlfo.: 981 716

208

- Hospital Virxe da Xunqueira (a 32 Qm. en Cee). Paseo

Alcalde Pepe Sánchez, 7 - 15270 Cee. Tlfo.: 981.706

001

- Farmacia de Josefa Fernández. Praza de Insuela, 1,

Camariñas. Tlfo.: 981 737 301

- Farmacia de Trullenque Álvarez. R/Arenal s/n Tlfo.: 981

736280

- Farmacia de Álvarez Pardiñas en Ponte do Porto. Praza

de San Roque, 23, Ponte do Porto. Tlfo.: 981 730 001

- Protección Civil Camariñas. Avda. da Coruña, 66 -

Camariñas. Tlfo.: 650 420 021/981 737 336

- Garda Civil de Camariñas. R/ Constitución, 8. Camariñas

Tlfo.: 062 / 981 736 262

- Policía Local Camariñas. Praza de Insuela S/N. Tlfo.: 607

482 382 / 981 736 050

- Teléfono calquera emerxencia: 112

- Teléfono de urxencias médicas: 061

- Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) 981 736

262

Page 18: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 16

Aloxamento.

En Camariñas

HOTEIS

- Hotel* O Cotariño. Lugar do Cotariño - Camariñas.

Tlfo.: 639 638 634 / 659 923 693.

[email protected]

www.docotarino.com/

- Hotel* Residencia O Parranda. Rúa Casadillo, 1.

Tlfo.: 981 705 468 / 662 340 893

[email protected]

www.oparranda.com/

- Hotel* Puerto Arnela. Praza do Carme, 20

Tlfo.: 981 705 477

[email protected]

www.puertoarnela.es

PENSIÓNS

- Pensión ** Gaviota. Rúa do Río, 15. Tlfo.: 981 736

522

[email protected]

www.hostalgaviota.cjb.net/

- Pensión *Cuatro Vientos. Rúa Muíño do Vento, 71.

Tlfo.: 981 736 064. [email protected]

www.catroventos.com/

- Pensión* Stella del Mar. Ronda de San Xurxo, 7.

Tlfo.: 981 737 304. [email protected]

www.stelladelmare.es/

H

Page 19: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 17

En Ponte do Porto

- Pensión Residencia** La Fe.

Rúa de Camariñas, 63 - Dor Tfno.: 981 731 133

[email protected]

www.pensionlafe.es

- Pensión ** O Pincho. R/ Curros 22. Tlfo.: 981

730250

Restaurantes.

En Camariñas (8,4 Qm.)

- Restaurante 4 ventos. R/Muíño do Vento, 71

Tlfo.: 981 736 064, [email protected]

www.catroventos.com/

- Club Náutico. Peirao Novo s/n. Tlfo.: 667 740 405

- Restaurante La Marina. R/Cantón Miguel Feijoo, 3,

Tlfo.: 981 737 196. [email protected]

www.lamarina-restaurante.com/es/

- Restaurante Marisquería O Meu Lar. R/ Pinzón, 26

Tlfo.: 981 737 196 / 666 488 142 / 600 288 018.

[email protected]

www.restomeular.es

- Restaurante Puerto Arnela. Praza do Carme, 20

Tlfo.: 981 705 477. [email protected]

www. hotelpuertoarnela.es

- Pizzería Stella del Mar. Ronda de San Xurxo, 7.

Tlfo.: 981 737 304. [email protected]

Page 20: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 18

www.stelladelmare.es

- Bar Restaurante Victoria. Rúa Ambrosio Feijoo, 1.

Tlfo.: 981 730 694

www.lamarina-restaurante.com

- Restaurante Villa de Oro. R/ Areal, 7

Tlfo.: 981 736 354.

www.villadeoro.es

En Xaviña (a 3 Qm.)

- Casa Sara. R/ Cruceiro, 39 baixo- Xaviña,

Tlfo.: 981 731091

- Restaurante O Ariño. Lugar de Tasaraño, 48

Tlfo.: 981 730 821. [email protected]

- Café-Bar Restaurante Rojo. R/ Agramar, 45.

Tlfo.: 981 731 189. [email protected]

En Ponte do Porto

- Pizzería- Restaurante A Xunqueira. R/ Outeiro, 37.

Tlfo.: 981 730 450

www.axunqueira.es/

- Parrillada Antelo. Lugar de Allo, 177 Tlfo.: 981 730

495

- Restaurante Casa Trabeiro R/ Outeiro, 50. Tlfo.: 981

730 036 [email protected]

- Pizzería- Cervexería Brasil. R/ Curros, 9 . Tlfo.:

981 730 340.

Page 21: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 19

En Camelle (a 6 Qm.)

- Café-Bar Restaurante Chalana. R/ Principal, 2

Tlfo.: 981 710 512 / 600 871 529

Máis información sobre Camariñas: Concello de Camariñas.

Axencia de Desenvolvemento Local. Praza de Insuela S/N

15123 Camariñas (A Coruña) Tlfo.: 981 737 004

[email protected] www.facebook.com/turismocamarinastodomar

www.turismocamarinas.net

Page 22: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 20

RUTA COSTA DA MORTE

Esta ruta circular de 22,5 Qm. faranos gozar dunha paisaxe

costeira practicamente virxe salpicada de construcións civís e

etnográficas. Poderemos ollar tanto aves e fauna protexida,

como ecosistemas ao longo dos séculos pola erosión do vento

e da auga. Este sendeiro comparte parte do seu percorrido

coa Ruta Litoral de Camariñas

A ruta divídese en tres treitos:

- O treito inicial, parte do Castelo do Soberano, dende

onde se divisa a entrada da ría e as súas vilas ribeiregas.

Transcorre pola paisaxe característica da costa: matogueira

marítima esponxosa, praias de area e praias de cantos

rodados.

- O treito central

percorre a costa

atlántica dende o

camiño de Cabo Vilán

até o Cabo Tosto.

Percorre o corazón do

"Lugar de Interese

Comunitario Costa da

Morte", un espazo

natural de gran valor paisaxístico, cultural e

medioambiental. No sendeiro atópase o Faro Vilán co

Centro de Interpretación de sinais marítimas e faros da

Costa da Morte, o illote Vilán de Fora -catalogado como

DESCRICIÓN DAA RUTA

6

Page 23: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 21

Zona Especial de Protección de Aves de Europa-,

esculturas naturais como: a Pedra do Oso e a dos

Namorados, e o Cemiterio dos Ingleses, incluído na Ruta

Europea de Cemiterios Singulares; recoñecido ao igual que

o Camiño de Santiago, como Itinerario Cultural Europeo.

Finalmente, na zona máis virxe de Camariñas, atópanse as

praias do Trece e a duna de Monte Branco, unha das máis

elevadas de Europa.

- No treito final, retórnase polo interior ao núcleo urbano de

Camariñas. Dende as únicas elevacións do percorrido,

divísanse unhas panorámicas magníficas da costa e da ría.

Esta zona, máis interior, percorre campos e prados das

aldeas próximas a Camariñas, destacando a arquitectura

popular, especialmente os hórreos coas peculiaridades

propias desta zona, construcións para o almacenaxe de

cereais e froitos.

Page 24: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 22

RUTA COSTA DA MORTE

Camariñas.

É obrigatorio pasear polas rúas do casco histórico e polo paseo

marítimo até o porto e a lonxa, gozando das vistas da ría, o

movemento de mariñeiros

e a laboriosidade das

palilleiras. Neste paseo

atoparemos tendas de

venda desta artesanía

milenaria e a capela da

Virxe do Carme, patroa

dos mariñeiros.

A visita ao Museo do

Encaixe de Camariñas, a

estatua á palilleira na

praza do Concello ou a

escultura da muller

traballadora xunto ao mar,

dan fe da importancia da

muller e, especialmente, a

palilleira nesta terra. Cada Semana Santa celébrase en

Camariñas, a Mostra do Encaixe, con exposicións de puntillas

feitas con palillos de todo o mundo e desfiles de moda onde se

incorpora esta artesanía téxtil.

PUNTOS DE INTERESEE DDA RUTA

7

Page 25: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 23

Podemos pasear tamén polas praias urbanas de Area da Vila,

de 220 metros de lonxitude no casco urbano, ou Lingunde, de

finas areas e augas tranquilas. Estas praias contan con

servizos hostaleiros e duchas.

Os castros de Mourín e A Croa

dan fe da cultura castrexa

prerromana en Camariñas. Este

núcleo conta tamén con

monumentos barrocos entre os

que destacan: o retablo que o

mestre Ferreiro fixo na Igrexa de

San Xurxo. Preto desta igrexa, atopamos na rúa Calvario

hórreos típicos desta zona da Costa da Morte e algunhas

casas tradicionais.

1 Castelo do Soberano

Fortín militar e defensivo do século XVIII construído na honra

de Carlos III, debido ao risco constante de incursións, dende o

século XVI, de piratas e pobos invasores (viquingos,

mahometanos, ingleses e franceses). Este castelo estaba

dentro do plan que o Marqués da Enseada elaborou para o

territorio español. En 1755 asínase en Ferrol o trazado

definitivo a cargo de Fancisco Llovet. A batería de Camariñas

constaba, na parte frontal que dá á terra, dun recinto

amurallado de forma poligonal con baluarte no medio do lenzo.

Page 26: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 24

Accedíase ao recinto dende unha entrada lateral, con dous

medios baluartes nos extremos deixando un foso no medio. Na

zona que lindaba co mar, o recinto cúrvase adaptándose a un

promontorio rochoso sobre o que se asentaba, e que

albergaba 17 troneiras (de catro metros de espesura e un

ángulo de tiro de 180º) cos seus canóns.

Ao longo das derradeiras décadas do século XX, foi

desmontándose os restos do muro de pedras e incluso os seus

canóns para realizar obras para o porto e outras edificacións. A

día de hoxe, podemos observar no porto restos deste Castelo.

Na actualidade, consérvase moi pouco do exterior deste fortín

aínda que o seu propietario está realizando actuacións

arqueolóxicas para achar a súa distribución e cimentación.

2 Capela Virxe do Monte

Esta capela do século XVIII está construída sobre outra do

século XVI. É unha hermida onde se celebra cada Luns de

Pascua a romaría e misa con votos, ofrendas e pregarias

mariñeiras. É dunha soa nave, con contrafortes no muro

norte e unha soa dependencia cuberta. Está iluminada por

cirios e candeas que deixan acesas os visitantes e devotos

no nome das persoas ausentes, ademais de ofrecer exvotos

de barcos que podemos observar na capela.

Di a lenda que esta Virxe apareceuse no mar e que é irmá da

Virxe da Barca de Muxía, tamén se di que a Virxe do Monte

X.Búa

Page 27: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 25

aparécese aos mariñeiros para advertilos de que non saian a

faenar os días que hai tormenta e protéxeos do mar. Do

mesmo xeito, é avogada das dores de cabeza e doutros males

psiquiátricos. En tempos de navegación a vela, era costume un

rito onde se realizaba o cambio de tella do lado onde sopra o

vento cara o que non, para facilitar a chegada ao porto das

embarcacións.

Esta capela ten enfronte a igrexa da Virxe da Barca en Muxía,

polo que a entrada da ría de Camariñas está custodiada por

estas capelas. Dende a capela da Virxe do Monte, pódese

gozar das impresionantes vistas á ría.

3 Praia de Lago e comezo da Rede Natura

A carón desta praia iníciase a zona protexida dentro da Rede

Natura 2000 Costa da Morte, no Concello de Camariñas. É

Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.), até a zona de Santa

Mariña, grazas aos singulares ecosistemas de matogueira

esponxosa marítima, as dunas e a fauna asociada. Dende aquí

atoparemos breixos secos atlánticos que están catalogados

como Hábitat de Interese Comunitario.

A praia de Lago ten un tipo de duna denominada embrionaria

na que atoparemos ecosistemas constituídos principalmente

por Ammaphila arenaria, tres tipos de ericáceas (ciliaris, tetralix

e vagans) e pastos salinos atlánticos.

Page 28: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 26

4 Coial das castañas

Os coídos son praias de coios redondeados e bloques de

tamaño diverso, predominando os bloques. Se ben en

ocasións foron desaparecendo ao perder valor social fronte

outras praias máis axeitadas para a práctica do baño. Sen

embargo, o seu interese dende o punto de vista científico é

innegábel para coñecer a

evolución xeolóxica

histórica da zona. Esta

praia pode chegar a ter

até 3 metros de espesor.

5 Faro e Cabo Vilán

Para acceder a este

punto debemos desviarnos da ruta principal 500 m. e subir

pola estrada ao faro, para despois retomar o sendeiro principal

volvendo pola mesma pista.

O Cabo Vilán está situado no centro da Costa da Morte, o seu

nome semella deberse a unha ave rapaz (miñato, milvus) que

abundaba moito neste accidente xeográfico.

Arrodeado dunha paisaxe impresionante, atopamos o antigo

faro e o Faro Vilán, inaugurado en 1896, primeiro faro

eléctrico de Europa. Neste edificio traballaban 6 fareiros,

incluído o maquinista e fogueiro. A torre é de sección

octogonal feita en granito. O foco sitúase a 25 metros do chan

sobre unha rocha a 80 metros sobre o mar.

IMEGA

Page 29: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 27

Nesta guía podemos atopar información máis detallada sobre

este faro no apartado de elementos singulares.

6 Vilán de fora e Furna dos Infernos

Situado ao pé do cabo Vilán e o faro, é Zona de Especial

Protección das Aves, xa que neste illote aniñan algunhas

especies protexidas catalogadas pola Unión Europea e en

perigo de extinción. Aquí concéntranse a práctica totalidade

das colonias de Gaivota Tridáctila (Rissa tridactyla) e Arao

Común (Uria aalge) de España.

A Furna dos Infernos é unha cova situada fronte ao cantil Cabo

Vilán. Formada pola acción do mar e as fases evolutivas das

rochas. Na súa parte superior ten unha abertura na que se

forma un sifón debido ás ondas que rachan contra ela. Para

poder ollala, temos que observala dende a Pedrosa, xa no

camiño principal da ruta.

Nesta zona tamén é frecuente atopar a percebeiros

capturando percebes entre as rochas, compasando a súa labor

coas sacudidas das ondas. As confrarías de pescadores de

Camariñas e Camelle contan con agrupacións de percebeiros e

mariscadoras.

7 Enseada de Arneliña

É un accidente xeográfico costeiro resultado da erosión do

litoral sito entre Cabo Vilán e Punta Pedrosa. Dende esta

D. Alonso

Page 30: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 28

enseada podemos gozar de paisaxes impresionantes e

fermosas vistas do faro, a praia de Baleas, Cabo do Tosto e

Punta do Boi.

8 Mámoa de Reira

As mámoas son monumentos funerarios do período

comprendido entre o Neolítico e a Idade de Bronce que se

caracterizan por presentar unha acumulación artificial de

terra e pedras erguidas sobre o enterramento e que poden

conter un dolmen no seu interior.

Queda pouco deste monumento funerario polo que é difícil de

distinguir na paisaxe, soe detectarse polo túmulo de pedras de

forma elíptica duns oito ou dez metros de diámetro por un de

alto.

Esta mámoa está sita fronte á praia de Balea en Reira,

próxima ao Foso dos Lobos. O túmulo presenta unha forma

irregular cuberto actualmente polos toxos e sitúase en liña ao

primeiro cabo que limita esta praia, a 40 metros da estrada

principal.

As dimensións dos seus eixes son 10 metros (N-S) e (E-W), o

túmulo presenta forma irregular probabelmente polo

desprazamento de terra debido aos procesos de erosión e

sedimentación influídos polo vento.

Page 31: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 29

9 Pedra do Oso

A zona litoral de Camariñas é coñecida polas figuras

zoomórficas que presentan as pedras graníticas. Son grandes

bloques en forma de cristas ou domo que na súa evolución

erosiva adquiriron formas que recordan a animais ou a partes

dos mesmos. Neste caso a forma é dun oso.

Esta é unha das pedras máis emblemáticas de Camariñas,

durante a catástrofe do naufraxio do Prestige, foi roubada da

súa localización natural. Afortunadamente logrouse recuperar,

aínda que dende ese ano a figura presenta danos nunha das

súas patas.

No catálogo de formas xeomorfolóxicas de Camariñas, feito

por Freire Boada e López Bedoya no 2005, aparecen máis de

18 figuras zoomórficas neste territorio.

10 Foso dos Lobos

É unha construción tradicional do século XVI que servía para

dar caza ao lobo. Na parte central construíase un profundo

foso ou pozo de pedras ao que chegaba a parte máis estreita

dun corredor de muros de granito en forma de V. A poboación

dunha comunidade provocaba a saída do animal polo corredor

até lograr a súa caída no foso. Empregaban fachuzos de lume,

ruídos e gritos para encamiñar ao animal polo corredor e

recluílo no pozo. Estas construcións eran moi comúns na

Page 32: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 30

península ibérica, aínda que quedan poucas en localizacións

costeiras como é este caso.

11 Pedra dos namorados de Reira

Outra das formas máis emblemáticas entre as pedras da costa

de Camariñas. Estes bloques graníticos co efecto do aire, da

auga e do mar ao longo dos tempos, lograron unha forma que

semella dúas figuras humanas cos rostros de perfil bicándose

nos beizos.

Dende esta zona temos excelentes vistas ás praias de Reira

que se compoñen de tres areais (Area Longa, Balea e Reira)

nos que podemos atopar afeccionados ao surf.

12 Cabo Trece

Tamén chamado Cabo Tosto é unha lingua de rocha que

penetra no mar, formada por crebadura das rochas. Atopamos

a chamada: Punta do Boi neste Cabo, punta onde naufragou a

fragata inglesa Serpent en 1890, feito que provocou a

construción do Faro Vilán eléctrico.

13 Cemiterio dos ingleses

No Cabo de Tosto, no extremo occidental da praia do Trece,

sito en Porto do Trigo atopamos este singular cemiterio onde

están soterrados os restos dos mariñeiros e oficiais que

morreron no naufraxio do buque escola inglés The Serpent.

Page 33: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 31

O 10 de novembro de 1890 atopábanse os corpos das 172

vítimas deste naufraxio, moitas delas novos aprendices do

buque escola. Unicamente tres mariñeiros sobreviviron. Os

habitantes de Xaviña recolleron aos superviventes e soterraron

os cadáveres nun campo que dende entón se denominou

Cemiterio dos ingleses.

A autoridade eclesiástica consagrou o cemiterio e ordenou

delimitalo cun muro de pedra. The Lord Commisioner of the

Bristish Almiralty en agradecemento aos servizos prestados

agasallou cunha escopeta de caza ao cura de Xaviña que

participou nas tarefas de rescate e enterramentos, un reloxo

de ouro ao alcalde de Camariñas, Vicente Pérez, e un

barómetro para o Concello e os seus habitantes, que se

instalou na fachada dunha casa próxima ao porto e que a día

de hoxe podemos ver. Durante anos un barco de guerra

inglés rendía homenaxe ás vítimas deste naufraxio tirando as

salvas regradas e lanzando ás augas unha coroa de flores.

Aínda hoxe séguese realizando en Camariñas actos

conmemorativos deste feito.

Neste recinto tamén xacen as vítimas do naufraxio do buque

Iris.

En 2010 o Concello de Camariñas integrou este peculiar

cemiterio na Ruta Europea de Cemiterios

Page 34: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 32

Singulares que está declarada pola Unión Europea como

Itinerario Cultural Europeo, onde máis de 40 cemiterios

europeos forman esta ruta, que ten o mesmo recoñecemento

que o Camiño de Santiago.

14 Praia do Trece

Esta praia forma un arco dende Cabo Veo até a punta

Rebentada, os fortes ventos do oeste acumulan espectaculares

depósitos de area sobre as inclinadas ladeiras. Caracterízase

polas súas grandes formacións dunares e a zona de xunqueiras.

Máis que dunas, a area forma placas eólicas que se manteñen

sobre as pendentes grazas á humidade e a unha flora moi

especializada. Esta cortorna é un espazo de enorme interese

medioambiental e xeomorfolóxico.

15 Monte Branco

O concepto de duna remontante fai referencia a un proceso de

evolución xeomorfolóxica de sedimentos eólicos costeiros. Son

dunas que descenden polas vertentes dos montes costeiros e

que acadan diferentes altitudes en función da cantidade de

sedimentos que teñen e da persistencia do factor eólico. Monte

Branco é, xunto cos exemplos de dunas da Enseada do Trece,

un elemento único de todo o norte peninsular.

Page 35: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 33

La autoridad eclesiástica consagró el cementerio y se

ordenó delimitarlo con un muro de piedra. The Lord

Commisioner of the Bristish Almiralty en agradecimiento a

los servicios prestados regaló una

escopeta de caza al cura de

Xaviña que participó en las tareas

de rescate y enterramientos, un

reloj de oro al alcalde de

Camariñas Vicente Pérez y un

barómetro para el ayuntamiento y sus habitantes, que se

instaló en la fachada de una casa próxima al puerto y que

aún hoy podemos ver. Durante años un barco de guerra

inglés rendía homenaje a las víctimas de este naufragio

tirando as salvas de reglamento y lanzando a las aguas una

corona de flores. Aún hoy sigue realizándose en Camariñas

actos conmemorativos de este hecho.

En este recinto también yacen las víctimas del naufragio del

buque Iris.

En 2010 el Ayuntamiento de Camariñas integró este

peculiar cementerio en la Ruta Europea de Cementerios

Singulares que está declarada por la Unión Europea

como Itinerario Cultural Europeo, donde más de 40

cementerios europeos forman esta ruta que tiene el

mismo reconocimiento que el Camino de Santiago.

Page 36: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 34

16 Miradoiro As Seixas

No derradeiro treito desta ruta, aventurámonos entre piñeirais,

na zona interior da península de Camariñas, o que nos permite

gozar dunhas vistas singulares sobre o Faro Vilán e a súa vez

sobre a ría de Camariñas.

Despois das turbinas eólicas pertencentes ao parque eólico de

Camariñas, atopámonos no Monte das Seixas, unha zona alta

onde podemos gozar coas vistas da zona atlántica e o Faro de

Camariñas até a Enseada da Basa que forma a entrada da ría.

17 Mourín e 18 Camariñas

Dende o miradoiro das Seixas, entramos en Camariñas

percorrendo a contorna das súas aldeas, batuxado de típicas

construcións agrogandeiras: peches de fincas executados en

albanelaría en seco con pedra da zona, hórreos, casas de

labranza, palleiros e cortes para animais.

Adentrarémonos na vila de Camariñas bordeando o núcleo

histórico até conectar de novo co punto de partida no Castelo

do Soberano, dende o que gozaremos de fermosas vistas

sobre a ría.

Page 37: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 35

RUTA COSTA DA MORTE

1 O Faro Vilán

O 10 de xullo de 1854 acendíase o faro de cuarta orde

instalado en Cabo Vilán, coñecido na actualidade como o Faro

Vello, e que se localiza a

poucos metros do actual Faro

Vilán. Inicialmente construíuse

para dous fareiros, pero dous

anos despois instálase un

equipo da fábrica francesa

Lotoumeau, con lámpada de

émbolo para aceite de oliva e

finalmente instálanse lámpadas

de parafina. O plano focal

deste faro era de 64 metros

sobre o nivel do mar, pero

deixaba as escuras zonas

perigosas desta costa, na que se produciron bastantes

naufraxios ao longo da historia. En 1897 finaliza o seu servizo.

Unha das zonas cegas que deixaba este faro era a Punta do

Boi e alí, 36 anos despois, prodúcese un dos naufraxios máis

dramáticos coñecido nestas costas. O 10 de novembro de

1890 o buque escola The Serpent deixa nestas augas 172

vítimas da Real Armada Inglesa, moitas delas mozos. A

preocupación de varios países pola seguridade na navegación

8

ELEMENTOS SINGULARES

Page 38: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 36

fai forza para que se instale un faro de primeira categoría en

Camariñas.

En 1896 constrúese este novo faro de 25 metros de altura

sobre unha base de 125 m. sobre o nivel do mar. Cunha

lonxitude de luz de 40 m. de torre octogonal, construída en

canteira e cun edificio de dúas plantas para vivenda de fareiros

comunicadas por un pasadizo coa torre. É o primeiro faro

eléctrico de España e Europa.

En 1886 as obras de construción de Faro Vilán adxudícanse a

Vicente Bermúdez Rodríguez por 140.333 pesetas. O

proxecto de sistema electrónico deste faro corre a cargo dos

enxeñeiros Francisco Lizárraga e Adolfo Pequeño. É un

proxecto complexo, posto que a enerxía eléctrica ten que

producirse no mesmo lugar, manténdose inicialmente o

funcionamento con parafina. Así atopamos o recinto das

máquinas de vapor de doce cabalos de potencia, dous

magnetos, unha cisterna para a alimentación das máquinas,

lanternas de montantes, taller e carboeira, almacéns así como

unha fábrica de luz atendida por un cadro de persoal de até 6

traballadores (fogueiros, fareiros, maquinistas, etc.) con

residencia nas estancias do faro, tanto nas antigas como nas

novas.

Page 39: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 37

Para acceder á lanterna do

faro hai que subir unhas

escaleiras de 360 chanzos,

dende o alto divísase o perfil

costeiro dende Boi a

Touriñán. Esta lanterna posúe

unha óptica formada por

lentes de seixo pulidas e

contén no seu interior dúas

lámpadas de 3.000 vatios e

unha de reserva. A lámpada permanece fixa mentres a óptica

xira ao seu ao redor. A óptica xira mediante un mecanismo de

reloxería coñecido como peso motor. A secuencia de destelos

que emite este faro é de un destelo e dous cada quince

segundos e acada as 60 millas.

O radiofaro consta de dous paneis con reloxos de cristal de

seixo cun horario moi preciso. Emite unha sinal mediante uns

códigos. Con este sistema de comunicación Morse, facilítase

información concreta da situación aos navegantes. Emítese en

triangulación cos faros de Fisterra e Silleiro.

Na actualidade dentro do edificio podemos visitar o Centro de

Interpretación de Naufraxios, faros e sinais marítimas da Costa

da Morte. O centro está atendido por persoal financiado pola

Page 40: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 38

Deputación de A Coruña, Asociación Neira e a Asociación de

Empresarios e Promoción Turística de Camariñas.

Nel podemos atopar información sobre os naufraxios e os

faros, mediante vídeos, fotografías, paneis e pezas reais.

Finalmente, realízase unha simulación do percorrido polo

interior da torre do faro. Os contidos temáticos desenvólvense

en sete seccións: A Forza da natureza, Costa da Morte: mito e

realidade, Mar e naufraxios, Tipoloxía de faros, os faros na

costa da Morte e Faro Vilán.

Permanece aberto de luns a domingo de 11:00 a 14:00 e de

15:30 a 19:00. É recomendábel chamar por teléfono para

confirmar os horarios e actividades guiadas previstas (Tlfo.:

687 521 167 e 978 621 062). Na actualidade, hai un

ambicioso proxecto local para mellorar os servizos e dotar de

rutas guiadas así como de cafetería-bar a este edificio.

2. Historias de naufraxios

A Costa de Camariñas foi espectadora de numerosos

naufraxios ao longo da historia. Até un total de 148 naufraxios

con 533 vítimas foron contabilizados até 1975 por José Baña,

profesor da parroquia de Camelle de Camariñas, e autor do

libro Costa da Morte, historia e anecdotario dos seus

naufraxios.

Byvelibre

Page 41: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 39

A Costa da Morte foi deficitaria respecto á sinalización marítima

até finais do século XIX. Este feito unido ás plataformas

rochosas semimergulladas, as fortes correntes, tempestades e

as néboas características desta costa e nun período histórico

de intenso tráfico marítimo, ao ser paso da ruta do imperio

británico, fixo desta zona, un punto negro respecto ás

catástrofes marítimas. O incremento destas a finais do século

XIX e primeiros do XX hai quen tamén o atribúe á introdución

do casco de ferro doce e aceiro nos barcos que producían

interferencias entre o campo magnético terrestre e o orixinado

no armazón do barco, que afectaban á agulla magnética do

compás. Este problema foi

resolto co emprego dos

compases xiroscópicos que non

quedan afectados polas liñas

magnéticas.

O século XX despediuse da

Costa da Morte co naufraxio do

buque "Casón", que ocasionou a alarma social e a evacuación

espontánea de gran parte da poboación deste territorio durante

unhas semanas. O século XXI comezou co naufraxio do

Prestige, que provocou a denominada marea branca de

voluntariado nacional, movemento solidario sen precedentes en

España.

Page 42: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 40

A costa atlántica de Camariñas conta con numerosos

incidentes de naufraxios. 78 naufraxios rexistrados até a

década dos anos 80 do século XX. Os puntos máis fatídicos

foron Arou, Cabo Vilán e Punta do Boi, seguido de Santa

Mariña e Camelle.

Page 43: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 41

Lugar de Camariñas Ano Buque Nacionalidade

buque Lugar de

Camariñas Ano Buque Nacionalidade buque

Aro

u

1870 "Wolfstrong"

Cab

o Vi

llano

1815 "Franlla" Francia

1875 "Revanchil" Inglaterra 1893 "Brigneti"

1875 "Perranchins" Francia 1917 "Hildur" Inglaterra

1885 "Huelva" Inglaterra 1917 "Avon Blancy" Inglaterra

1897 "Daylight" Inglaterra 1917 "Carlton" Inglaterra

1897 "City of Agra" Inglaterra 1921 "Black Arrow" Estados Unidos

1897 "Standard" Noruega 1922 "Delfina" Portugal

1898 "Saint Marc" Inglaterra 1923 "Luz" España

1902 "Signore Mazzini" Italia 1941 "Valle Hermoso" Portugal

1923 "Santa María" Portugal 1965 "Banora" Marruecos

1927 "Nil" Francia 1974 Dique flotante Francia

1950 "María Laar" Grecia 1975 "Yaga" Liberia

1951 "Castillo Monteagudo" España 1979 "Jasmine" Alemania

1973 "N'Noll-Zent" Francia

Sant

a M

ariñ

a

1898 "Barcelona" Alemania

Punt

a B

oi

1883 "Irish Hull" Inglaterra 1898 "Daylight" Inglaterra

1890 "H.M.S. Serpent" Inglaterra 1904 "Rosario núm. 2" Holanda

1890 "Tumbridge" Inglaterra 1911 "Trevider" Inglaterra

Page 44: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 42

1893 "Tinacria" Inglaterra C

amel

le

1904 "Yeoman" Inglaterra

1906 "Prestan" Inglaterra 1915 "Natalia" España

1911 "Ciampa" Italia 1924 "Antón" España

1922 "Travessie" Inglaterra 1934 "Boris Screboldaef" Unión Soviética

1955 "Olimpye" Francia Camariñas 1908 "Rosario" España

1966 "Begoña" España 1943 "Nord Atlantic" Alemania

1972 Dique flotante Yugoslavia

Punta Cagada

1925 "San Fernando" España

Cabo Tosto

1876 "Duró" España 1935 "Alekos" Grecia

1895 "Seebold" España Isla Lobeira 1910 "María Segunda" España

Coenda 1773 "La Cantabria" España Punta Carnicería 1896 "Constancia" España

Punta Percebeira 1898 "Saint Weller" Inglaterra Trece 1917 "Cabo Verde" Portugal

Algúns dos naufraxios máis coñecidos acontecidos na zona

son:

En Camariñas, concretamente en Coenda, naufraga a fragata

Cantabria o 21 de febreiro de 1773 con 15 vítimas mortais.

Era un correo naval do Rei Carlos III que cubría a ruta A

Coruña- Bos Aires. Cóntase que se viu o cadáver do capitán

deste barco, Cosme Brinfas, aferrado ao temón nunha zona da

costa chamada Costa do Corno.

Page 45: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 43

O IIris Hull fundiuse o 5 de novembro de 1883 preto de Punta

do Boi nos baixos de Antón. Era un vapor británico con 38

persoas de tripulación que transportaba a súa carga dende o

porto de Cardiff de Inglaterra ata a India pola ruta de Xibraltar.

O temporal golpeou esta embarcación facendo imposíbel o

salvamento dos seus mariñeiros até o día seguinte no que o

tempo permitiu as tarefas de rescate. Soamente houbo un

supervivente. O resto foi atopado no mesmo lugar que as

vítimas do buque Serpent e que se coñece como o Cemiterio

dos Ingleses de Camariñas.

O naufraxio máis dramático polo número de mortos (172) foi o

buque escola inglés The Serpent acontecido o 10 de

novembro de 1890. A embarcación saíu de Plymouth o 8 de

novembro en dirección a Serra Leona (África) e bateu debido a

unha tremenda tempestade en Punta do Boi, partíndose en

dous e embarrancando nos arrecifes do Boi chamado hoxe

Baixo do Serpent.

Este acontecemento incentivou a construción do Faro Vilán de

primeira categoría e con enerxía eléctrica. Ademais do

Cemiterio dos Ingleses, podemos atopar unha placa

conmemorativa deste suceso no histórico xardín de San

Carlos, en A Coruña, outra no monte Lobeira da ría de Arousa

e o mascarón de proa, unha cabeza tallada en madeira

Page 46: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 44

chamada "O Barbudo", en Corcubión, propiedade do Dr.

Fancisco de Ramón y Ballesteros.

O TTinacria embarrancou a noite do 7 de febreiro de 1893 nos

baixos de Lucín, entre Cabo Trece e as Baleas de Tosto. Era

un vapor inglés con traxecto Glasgow-Liborno vía Xibraltar e

Xénova. A súa carga era de ladrillos, carbón, ferro e cera. Só

sobreviviron 4 persoas dos 33 tripulantes máis 4 pasaxeiras.

O barco quedou feito unha maraña aprisionado nunha cova da

costa, recollendo a poboación os restos dos corpos que

sepultaban nas praias onde aparecían. Ante a imposibilidade

de rescatar os restos que quedaban no buque e de arrastrarlo

barco, decidiuse prenderlle lume con petróleo. A cova é

coñecida dende entón como Furna dos Defuntos Queimados.

A brickbarca italiana BBrigneti viña facendo augas debido o seu

deficiente casco, e naufragou na enseada de Arneliña nun

temporal o 17 de febreiro de 1893. Grazas a súa proximidade

á terra logrou salvar a toda a tripulación (11 persoas) en botes

salvavidas. Todos os superviventes foros atendidos e aloxados

en Camariñas.

Aínda hoxe se pode observar debaixo da auga de Arneliña, a

estampa da áncora envolta en algas, Lithophyllum incrustans,

deste barco que transportaba carbón para o país de Serra

Leona.

Page 47: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 45

O barco inglés CCity of Agra saíu de Liverpool en 1897 cara a

Calcuta e, debido aos densos bancos de néboa, perdeu o

rumbo a unhas 35 millas da Coruña. Un forte temporal

embarrancouno nos Baixos de Canesudo, entre Camelle e

Arou, partindo o barco en dous. Neste mesmo punto xa tiñan

sufrido a mesma sorte os barcos da mesma nacionalidade

(Wolfstrong e Revanchil).

A maioría dos efectivos eran mariñeiros hindús non

experimentados que saltaron aos botes salvavidas desoíndo as

ordes do capitán. Os mariñeiros que quedaron na embarcación

subíronse todos ao mastro provocando a rotura deste e a caída

ao mar. Agarrados aos troncos chegaron até a costa e

salvaron a vida tres pasaxeiros, unha camareira, algúns oficiais,

o terceiro de abordo e o maquinista. Os pescadores de

Camelle lograron rescatar a 32 persoas. Morrendo finalmente

29 homes. O que segue sendo unha incógnita é o paradoiro

do bote salvavidas no que estaba o capitán e nove hindús, xa

que non apareceron nin ningún barco notificou o seu rescate.

O consulado inglés trasladou aos superviventes á Coruña,

aloxando en Casa Diego da praza Santa Catalina aos

británicos, e en Casa Cosme na rúa Nova, aos hindús.

O barco español SSeebold partiu de Rouan a Alicante o 5 de

xaneiro de 1895 cunha carga de pipas e toneis baleiros. Foi

Page 48: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 46

sorteando temporais durante a súa traxectoria até que o 15 de

xaneiro chocou cos baixos de Baleas de Tosto

desprendéndose a hélice e o eixe e abríndose unha vía de

auga que provocou o afundimento definitivo do barco. En dous

botes saíron todos os membros da tripulación. 12 deles co

primeiro oficial Everardo Aguerri e os 10 restantes co capitán

Julián Marchín.

Ambos botes foron rescatados polo barco galego Cabo Prior

unhas horas despois do naufraxio. Toda a tripulación foi

desprazada e aloxada na Coruña. Sen embargo, o Cabo Prior,

tamén sufriu o 28 de setembro de 1899 a súa propia

desaparición por naufraxio na costa portuguesa, nesta ocasión

tamén sen perdas humanas.

O vapor alemán BBarcelona naufragou pola néboa e pouca

visibilidade o 27 de xullo 1898 contra os Baixos do Capelo na

entrada do porto de Santa Mariña. Facía un traxecto

Hamburgo- Málaga cun cargamento de viño, pipas e barrís

baleiros ademais das dúas únicas pasaxeiras: unha institutriz

alemá e unha cantante de flamenco.

As viaxeiras e as 32 persoas da tripulación abandonaron o

barco en botes salvavidas mentres o barco rompía pola metade

e afundíase progresivamente. Os mariñeiros de Santa Mariña

atopáronse cos botes e guiáronos até Camelle, onde estaba o

Page 49: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 47

vapor de Pepe, pertencente a mesma empresa de salvamento:

Barbeito e Cía. Alí foron trasladados até A Coruña, menos o

primeiro e terceiro oficial que quedaron en Camelle á espera

das instrucións do seu capitán Mahlamnn despois de falar co

cónsul alemán na Coruña.

As pasaxeiras foron embarcadas no vapor Carmen dende A

Coruña a Málaga. Minna Schulz era a institutriz encargada do

coidado dos fillos dun industrial alemán residente en San

Pedro de Alcántara e Dolores Avilés era o nome da famosa

cantante rondeña que volvía a súa Málaga natal.

A valiosa carga de viño foi aparecendo durante todo o verán de

1898 dende os Baixos de Capelo até o areal de Lobeiras e foi

recollido e degustado pola veciñanza de Camariñas.

No punto costeiro As Pías, preto do denominado Corno do

Vilán naufraga o 9 de agosto de 1921 o BBlack Arrow, barco

incautado polos Estados Unidos a Alemaña na I Guerra

Mundial e que navegaba con bandeira estadounidense na ruta

A Habana-Bilbao con 630 toneladas de carga, 53 pasaxeiros

e 113 tripulantes.

O mar estaba en calma, aínda que unha densa néboa foi a

causante deste naufraxio. Grazas ao bo estado do mar, a

evacuación humana foi doada e logrouse facer os amaños

Page 50: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 48

precisos á embarcación para que puidese volver a navegar o

día 30 de agosto cara a Ferrol para a súa definitiva reparación.

O NNil é un dos naufraxios máis coñecidos en Camariñas.

Aconteceu na enseada de Xan Ferreiro en Arou. Existe unha

obra teatral "Os Berros do Siléncio" do autor local Bernardino

Castiñeiras na que un dos protagonistas é un mariñeiro desta

embarcación que afundiu o mes de outubro de 1927.

Afortunadamente, as condicións do mar permitiron unha rápida

intervención de salvamento na praia de Arou, quedando a salvo

os 19 compoñentes da súa tripulación. Era un vapor de 4.000

toneladas con traxecto dende o porto francés de Bordeaux a

Banjul en Gambia. A súa carga era de 20 coches, maquinaria,

tecidos, seda, produtos químicos-farmacéuticos e champaña

francés.

Os traballos de salvamento da carga duraron varios meses. O

illamento desta zona e a precariedade na que se sobrevivía

facían do saqueo e o roubo das mercancías e embarcacións

naufragadas unha fonte de ingresos para a supervivencia de

moitas familias. Os incidentes de roubos e saqueos da

mercancía rescatada ou aínda instalada no mesmo barco

custodiado polo seu capitán, son parte da lenda negra da zona

e dos relatos que se contan en Camariñas. Ademais das

Page 51: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 49

anécdotas sobre os artigos que a marea depositaba nas praias

e que os veciños do lugar recollían.

Unha das anécdotas máis coñecidas é a de que se atoparon

latas de pintura branca do Nil e a xente de Camelle e Arou

pintou as súas casas co contido, sorprendéndose da cantidade

de insectos que atraía. Aquelas latas non eran de pintura se

non de leite condensada, produto absolutamente descoñecido

naquela época nestas zonas. Tamén se lembra na zona, a

cantidade de botellas de champaña francés que beberon os

habitantes nesa época, bebida transportada tamén polo Nill

para os colonos africanos.

O barco BBanora con 1.600 toneladas de laranxas tivo unha vía

de entrada de auga no seu casco á altura de Fisterra e

finalmente fundiuse o 18 de novembro de 1965 en Vilán.

O 5 de agosto de 1943 en Ponte do Porto, na Punta

Chorente e no areal de Punta Espiñeirido, foi onde o petroleiro

alemán NNord Atlantic estivo escondéndose da persecución da

aviación aliada. Coas súas 9.897 toneladas bateu coas

Quebrantas do Medio anegando a ría de toneladas de petróleo.

O mercante español DDauka era xunto co Danok, dous barcos

xemelgos pertencentes á navieira bilbaína Shipping. Facían

viaxes de Bremen a Alxeciras coa carga de aceiro para laminar

na cidade inglesa.

Page 52: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)

Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 50

O 6 de agosto de 1984 a cinco quilómetros de Cabo Vilán e

debido á espesa néboa, bate co barco frigorífico polaco

Harmattn. Morreron 13 persoas e houbo soamente un

supervivente, o mariñeiro Ramón Cambeiro, que foi rescatado

polo buque polaco. Este mesmo mariñeiro, fora da Costa da

Morte, sufriu outro naufraxio tres anos despois co barco Baitin,

onde soamente sobreviviron seis persoas e este mariñeiro.

Page 53: Folleto Costa da Morte - Camariñascamarinas.net/turismo/ga/pdf/gal_Topoguia_CostadaMorte.pdf · PR 158 Ruta Costa da Morte Camariñas (A Coruña) Costa da Morte- Galicia- España.

PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)

Este itinerario situado no

Concello de Camariñas (A

Coruña), comeza e remata na capital do municipio,

coñecido pola confección

artesanal do Encaixe de palillos

e polo seu espectacular faro situado en Cabo

Vilán.

Esta ruta faranos gozar dunha paisaxe costeira practicamente virxe, salpicada de construcións civís e etnográficas ademais de sorprendentes esculturas pétreas. Este sendeiro comparte parte do seu percorrido coa Ruta Litoral de Camariñas.

X.Búa