Fitos - candieiracandieira.net/mapa-costadamorte.pdfa fábrica de xeo, a nave de redeiras, as...

1
Aliadas: voces e lugares de mulleres da Costa da Morte 1997. Constitúese a Asociación de Mariscadores de Camariñas; con carné de mariscador! 1998. Un tráxico episodio de marisco morto na ensenada da Basa: «Ao ano seguinte quedamos sen nada e houbo que empezar de cero» «Sementeira de marisco co apoio dunha bióloga» 2002. Primeiros pasos no asociacionismo galego das mariscadoras. Dolores Bermúdez é nomeada presidenta da Asociación de Mariscadoras a Pé de Galicia (Areal) 2004. Constitúese a Asociación de Redeiras O Fieital de Malpica e nace a Federación Galega de Redeiras O Peirao, que aglutina sete asociacións galegas. Neste ano tamén se concede o Premio Mujer Siglo 21 ás mariscadoras galegas. 2009. Cotizar á seguridade social foi o primeiro paso para ter un traballo digno. A unión e a concienciación de loitar polo traballo foi fundamental. Comézase a sementar, clasificar, vixiar, deixar o marisco pequeno no mar. «Queríamos mellorar os nosos dereitos e ordenar o traballo nos bancos». 2013. Primeiros pasos no turismo mariñeiro. «Turistas británicos visitan Malpica» 2016. Recente episodio tráxico de asfixia do marisco. A unión das mulleres en Xaviña, Camariñas, é vital para superar este problema. «Ou ías coser ou ías atar. Se atabas pagábanche por traballar , pero para aprender a coser había que pagar. As que non tiñamos cartos non nos quedaba outra que empezar no enmalle». Cadro dunha redeira anónima de Malpica feito por un pintor de Ferrol. A chegada de empresarios vascos da conserva é vista como unha ameaza en Malpica. O temor a que se perderan os xornais do mar trocouse nunha importante fonte de traballo para a vila. Labrega ou mariscadora? Ducias de familias, entre elas a de Estrella, compaxinaban a labranza coa recollida de algas. «Daquela non levabamos traxe e traballabamos cando nolo permitían as mareas. No mar non había que coidar aos avós, eu sentíame libre». O Porto de Malpica é un referente para a pesca na Costa da Morte. A lonxa, a fábrica de xeo, a nave de redeiras, as casetas, lugar de traballo para as redeiras. Punta Viulleira. Alí varou o barco do pai de Yaqui. «A vida no mar, agardando co corazón nun puño. Facíanse palilladas nas casas, mentres esperábamos que os homes volvesen do mar» Praia do Ariño. «Pola semana ías a traballar e o domingo lavar a roupa no lavadoiro. Homes ao mar e mulleres iscando nasas, limpando aparellos, mariscando…» «Aos 16 anos fun por primeira vez a tomar o sol á praia. Á praia íase a traballar.» Carmen, a avoa de Yaqui. Sacou adiante 6 fillos ela soa, comprando sardiñas, vendéndoas en Camariñas ou facendo troco. «Tiña uns brazos fortísimos de remar na gamela. Gañou o respeto da vila. Ela podería ser a muller máis mariñeira porque non había home que lle dera a volta remando nin patroneando a súa embarcación». A avoa de Ángeles sacou adiante todos os netos cando quedaron orfos e quixo que estudiaran. «Agora case non quedan, pero antigamente as mulleres carrexaban o peixe en cestas primeiro, en caixóns despois, dos barcos aos camións cando soaba a serea da lonxa.» «Miña nai e as traballadoras da fábrica de salazón de sardiñas. Alegres, no traballo falaban da súa vida, das cousas boas e malas. E gañaban máis que os homes.» Lugares Mulleres referentes Anécdotas Fitos www.candieira.net candieirarede [email protected] REDE DE APOIO E PROMOCIÓN DAS MULLERES DO MAR candieira 1 1 2 3 4 5 6 7 8 9 13 14 14 8 5 11 12 10 10 11 12 13 14 12 11 9 2 3 7 6 4

Transcript of Fitos - candieiracandieira.net/mapa-costadamorte.pdfa fábrica de xeo, a nave de redeiras, as...

Page 1: Fitos - candieiracandieira.net/mapa-costadamorte.pdfa fábrica de xeo, a nave de redeiras, as casetas, lugar de traballo para as redeiras. Punta Viulleira. Alí varou o barco do pai

Aliadas: voces e lugares de mulleres da Costa da Morte

1997. Constitúese a Asociación de Mariscadores de Camariñas; con carné de mariscador!

1998. Un tráxico episodio de marisco morto na ensenada da Basa: «Ao ano seguinte quedamos sen nada e houbo que empezar de cero» «Sementeira de marisco co apoio dunha bióloga»

2002. Primeiros pasos no asociacionismo galego das mariscadoras. Dolores Bermúdez é nomeada presidenta da Asociación de Mariscadoras a Pé de Galicia (Areal)

2004. Constitúese a Asociación de Redeiras O Fieital de Malpica e nace a Federación Galega de Redeiras O Peirao, que aglutina sete asociacións galegas. Neste ano tamén se concede o Premio Mujer Siglo 21 ás mariscadoras galegas.

2009. Cotizar á seguridade social foi o primeiro paso para ter un traballo digno. A unión e a concienciación de loitar polo traballo foi fundamental. Comézase a sementar, clasificar, vixiar, deixar o marisco pequeno no mar. «Queríamos mellorar os nosos dereitos e ordenar o traballo nos bancos».

2013. Primeiros pasos no turismo mariñeiro. «Turistas británicos visitan Malpica»

2016. Recente episodio tráxico de asfixia do marisco. A unión das mulleres en Xaviña, Camariñas, é vital para superar este problema.

«Ou ías coser ou ías atar. Se atabas pagábanche por traballar , pero para aprender a coser había que pagar. As que non tiñamos cartos non nos quedaba outra que empezar no enmalle».

Cadro dunha redeira anónima de Malpica feito por un pintor de Ferrol.

A chegada de empresarios vascos da conserva é vista como unha ameaza en Malpica. O temor a que se perderan os xornais do mar trocouse nunha importante fonte de traballo para a vila.

Labrega ou mariscadora? Ducias de familias, entre elas a de Estrella, compaxinaban a labranza coa recollida de algas. «Daquela non levabamos traxe e traballabamos cando nolo permitían as mareas. No mar non había que coidar aos avós, eu sentíame libre».

O Porto de Malpica é un referente para a pesca na Costa da Morte. A lonxa, a fábrica de xeo, a nave de redeiras, as casetas, lugar de traballo para as redeiras.

Punta Viulleira. Alí varou o barco do pai de Yaqui. «A vida no mar, agardando co corazón nun puño. Facíanse palilladas nas casas, mentres esperábamos que os homes volvesen do mar»

Praia do Ariño. «Pola semana ías a traballar e o domingo lavar a roupa no lavadoiro. Homes ao mar e mulleres iscando nasas, limpando aparellos, mariscando…» «Aos 16 anos fun por primeira vez a tomar o sol á praia. Á praia íase a traballar.»

Carmen, a avoa de Yaqui. Sacou adiante 6 fillos ela soa, comprando sardiñas, vendéndoas en Camariñas ou facendo troco. «Tiña uns brazos fortísimos de remar na gamela. Gañou o respeto da vila. Ela podería ser a muller máis mariñeira porque non había home que lle dera a volta remando nin patroneando a súa embarcación».

A avoa de Ángeles sacou adiante todos os netos cando quedaron orfos e quixo que estudiaran.

«Agora case non quedan, pero antigamente as mulleres carrexaban o peixe en cestas primeiro, en caixóns despois, dos barcos aos camións cando soaba a serea da lonxa.»

«Miña nai e as traballadoras da fábrica de salazón de sardiñas. Alegres, no traballo falaban da súa vida, das cousas boas e malas. E gañaban máis que os homes.»

Lugares Mulleres referentes Anécdotas

Fitos

www.candieira.net candieirarede [email protected]

rede de apoio e promoción das mulleres do mar

candieira

1

1

2

3

4

5

6

7

8

9

13

14

14

8

5

11

12

10

10

11

12

13

14

12

11

9

2

37

6

4