FestAlegre - santiagodecompostela.gal · Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o...

2
Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión dos anos 80 e 90 do século XX en España, sobre as persoas que formaron parte del e sobre as relacións establecidas co aparato do Estado, coa sociedade no seu conxunto e entre os propios suxeitos protagonistas do movemento. Trátase dun traballo feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, veciño de Teo e actor que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria. Trátase polo tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración que puxo en práctica con éxito a desobediencia civil e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral. Teatro Principal 17 de decembro / 20.00 h César Martínez ‘Goldi’ 01. GOLDI LIBRE Autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González Cando en maio de 2016 Iria Pinheiro entrou no hospital para dar a luz con rotura de bolsa amniótica non sabía que nas seguintes horas mudaría a súa vida para sempre. Varios días despois saiu mutilada daquel edificio, coa sensación de ter sido estafada e sen o seu fillo. Foi abandonada polo sistema e tivo que xestionar a súa dor e recuperación en soidade. Pero axiña descubriu que non era a única muller mutilada no momento de parir. Investiga nas redes e atopa testemuños por todo o mundo. Entón é cando se convence da necesidade de abrir un camiño para outras mulleres, contando a súa historia no espazo público, cos medios que ten ao seu alcance: os que lle proporciona o seu traballo en escena. Teatro Principal 18 de decembro / 20.00 h Iria Pinheiro 02. ANATOMÍA DUNHA SEREA Eu non coñecín o meu avó. Morreu hai 11 anos. Emigrou ao Brasil. Como o seu pai fixera 20 anos antes. E desapareceu. En cada foto, parece unha persoa diferente. Reinvéntase, mente, oculta información. Reconstruíu a súa vida. Moitos emigrantes transfórman-se. Como o "spam" desta historia. Como se o meu avó soubese que alguén no futuro, alguén iría á súa procura, e a súa maneira de agocharse era xogar coa súa identidade e coa súa historia, como xogando ao descuido. Teatro Principal 19 de decembro / 20.00 h Borja Fernández e Laura Iturralde (audiovisuais) 03. SALVADOR A vida éche coma un xogo. Avanzas resolvendo adiviñas. Ás veces as adiviñas poden chegar a obsesionar. Atormentan. Non te deixan durmir. Son mimosas, requiren a túa atención completa (ungeteilt), poden consumirte se non lles fas caso. Pódense converter en pantasmas grandes e escuras, sombras ou paxaros negros que nacen da noite e cun canto que é como un berro cheo de sufrimento e desexo (Sehnsucht). O círculo vaise pechando, as adiviñas vanse acertando, as dores vanse calmando, os orfos atopan fogares, o vello mestúrase co novo, anúnciase unha calma de centos de azuis diferentes. Os tormentos permítennos sentir… SGAE 20 de decembro / 20.00 h Helen Bertels e Mónica de Nut 04. ACCIÓNS NIMIAS A Asociación Cultural e Musical Solfa interpretará un repertorio de música vocal da tradición galega e lusófona á volta do nadal. O concerto repasará pezas populares de países como Brasil e Portugal e interpretará composicións galegas de diversos autores e poetas contemporáneos. Solfa centra a súa actividade, dende a súa creación en 1997, na música galega tanto culta como popular. Este concerto especial de nadal está dirixido por Francisco Tobar Cereijo. Escola de Altos Estudos Musicais 20 de decembro / 20.30 h Coral Solfa 05. NADAL, TI QUE CANTAS Berberecheira Berberecheira Berberecheira TODOS OS EVENTOS SON GRATUÍTOS Entrada libre até completar aforo Día 23 recollida de invitacións na billeteira do Teatro Principal desde as 17:30 h FestAlegre Circo Danza Literatura Música Teatro

Transcript of FestAlegre - santiagodecompostela.gal · Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o...

Page 1: FestAlegre - santiagodecompostela.gal · Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión dos anos 80 e 90 do século XX en España, sobre as persoas

Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión dos anos 80 e 90 do século XX en España, sobre as persoas que formaron parte del e sobre as relacións establecidas co aparato do Estado, coa sociedade no seu conxunto e entre os propios suxeitos protagonistas do movemento. Trátase dun traballo feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, veciño de Teo e actor que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria. Trátase polo tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración que puxo en práctica con éxito a desobediencia civil e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral.

Teatro Principal 17 de decembro / 20.00 hCésar Martínez ‘Goldi’

01. GOLDI LIBRE Autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González

Cando en maio de 2016 Iria Pinheiro entrou no hospital para dar a luz con rotura de bolsa amniótica non sabía que nas seguintes horas mudaría a súa vida para sempre. Varios días despois saiu mutilada daquel edificio, coa sensación de ter sido estafada e sen o seu fillo. Foi abandonada polo sistema e tivo que xestionar a súa dor e recuperación en soidade. Pero axiña descubriu que non era a única muller mutilada no momento de parir. Investiga nas redes e atopa testemuños por todo o mundo. Entón é cando se convence da necesidade de abrir un camiño para outras mulleres, contando a súa historia no espazo público, cos medios que ten ao seu alcance: os que lle proporciona o seu traballo en escena.

Teatro Principal 18 de decembro / 20.00 hIria Pinheiro

02. ANATOMÍA DUNHA SEREA

Eu non coñecín o meu avó. Morreu hai 11 anos. Emigrou ao Brasil. Como o seu pai fixera 20 anos antes. E desapareceu. En cada foto, parece unha persoa diferente. Reinvéntase, mente, oculta información. Reconstruíu a súa vida. Moitos emigrantes transfórman-se. Como o "spam" desta historia. Como se o meu avó soubese que alguén no futuro, alguén iría á súa procura, e a súa maneira de agocharse era xogar coa súa identidade e coa súa historia, como xogando ao descuido.

Teatro Principal 19 de decembro / 20.00 hBorja Fernández e Laura Iturralde (audiovisuais)

03. SALVADOR

A vida éche coma un xogo. Avanzas resolvendo adiviñas. Ás veces as adiviñas poden chegar a obsesionar. Atormentan. Non te deixan durmir. Son mimosas, requiren a túa atención completa (ungeteilt), poden consumirte se non lles fas caso. Pódense converter en pantasmas grandes e escuras, sombras ou paxaros negros que nacen da noite e cun canto que é como un berro cheo de sufrimento e desexo (Sehnsucht). O círculo vaise pechando, as adiviñas vanse acertando, as dores vanse calmando, os orfos atopan fogares, o vello mestúrase co novo, anúnciase unha calma de centos de azuis diferentes. Os tormentos permítennos sentir…

SGAE 20 de decembro / 20.00 hHelen Bertels e Mónica de Nut

04. ACCIÓNS NIMIAS

A Asociación Cultural e Musical Solfa interpretará un repertorio de música vocal da tradición galega e lusófona á volta do nadal. O concerto repasará pezas populares de países como Brasil e Portugal e interpretará composicións galegas de diversos autores e poetas contemporáneos. Solfa centra a súa actividade, dende a súa creación en 1997, na música galega tanto culta como popular. Este concerto especial de nadal está dirixido por Francisco Tobar Cereijo.

Escola de Altos Estudos Musicais 20 de decembro / 20.30 hCoral Solfa

05. NADAL, TI QUE CANTAS

Berberecheira

Berberecheira

Berberecheira

TODOS OS EVENTOS SON GRATUÍTOSEntrada libre até completar aforo

Día 23 recollida de invitacións na billeteira do Teatro Principal desde as 17:30 hFestAlegre

CircoDanzaLiteraturaMúsica Teatro

Page 2: FestAlegre - santiagodecompostela.gal · Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión dos anos 80 e 90 do século XX en España, sobre as persoas

Espectáculo familiar para público de todas as idades. Graciano zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música, cando o vento move as pólas, cando a chuvia cae nas follas..., mais por causa dos incendios a música dos freixos, das aciñeiras, bidueiros, buxos e sobreiras desaparece. Co cabaliño Caramulo un grupo de xinetes das árbores tentarán salvar o canto das ameixeiras, dos teixos, das ameixeiras...

Museo de Historia Natural 21 de decembro / 18.00 hAnxo Moure e Servando Barreiro

06. A MÚSICA DAS ÁRBORES

Recital multidisciplinar do Grupo Ouriol con poemas de Eva Veiga. A poesía como abraio fronte á realidade pero tamén como modo de “desconcertar” o establecido. O Grupo Ouriol –formado polos músicos Bernardo Martínez –percusión e xoguetes musicais– e Fito Ares –frauta e saxo soprano–, xunto á poeta e comunicadora Eva Veiga– levan máis de 15 anos realizando espectáculos en que a música –improvisación libre– e a recitación –a voz da propia autora neste caso– inter-actúan asemade coas imaxes proxectadas e realizadas polo artista Alfonso Costa á fin de acadar unha experiencia estética o máis integral posible. A súa duración é duns 45 .́

Casa de Europa 21 de decembro / 20.00 hEva Veiga (voz), Bernardo Martínez (percusión e xoguetes musicais) e Fito Ares (frauta e saxo soprano)

07. DESCONCERTO

Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena seis malabaristas e unha banda municipal. Unha relación entre música e circo, un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista en que as bólas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmite a música e o circo. A banda municipal e os seus músicos, fóra da súa zona de confort, participan, case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fóra do común. En definitiva, este é un espectáculo de instrumentos dourados, grandes tambores, pratos, camisas brancas, uniformes e obras clásicas maxistrais pero tamén de pantalóns curtos, camisetas, gafas de sol, funk, blues, pop e punk.

Auditorio de Galicia 22 de decembro / 19.00 hBanda Municipal de Música de Santiago de Compostela, Arturo Cobas, Dulce Duca, Dani Fausto, Aitor Garuz, Guillermo Porta, Santiago Montero e Jesús Velasco “Xampi”

08. ORQUESTRA DE MALABARES

A partir dunha das obras emblemáticas do Premio Cervantes, Antonio Gamoneda, a cantante Cova Villegas e os músicos do dúo Delta Galgos (Gonzalo Ordás e Marcos Cachaldora), debullan o máxico vencello entre o blues e a poesía. Trátase dun espectáculo que propón reverter a fonte de inspiración do poeta ao seu ámbito orixinario. A xenialidade coa que Gamoneda empregou o blues para crear unha canción lenta e triste, un pranto pola negra España tardofranquista, mestura de crónica e protesta, entronca coa poética do propio blues: inspirouse na rítmica e no espírito tráxico desta música sureña, interpretada orixinariamente por escravos afroamericanos, para plasmar a realidade que os rodeaba.

Casa de Europa 22 de decembro / 20.00 hCova Villegas (voz, kalimba e cracklebox), Marcos Cachaldora (guitarras, voz e armónica) e Gonzalo Ordás (guitarras e voz)

09. BLUES CASTELLANO

Os cantos de Reis forman parte dos "cantos de nadal", unha tradición moi extendida na totalidade do territorio galego que consiste en xuntarse en grupo para ir interpretando polas casas dos lugares unha serie de cantos alusivos a esta época do ano. Os ranchos de reis que se celebran en boa parte de Galicia exhiben pasos clásicos aderezados con elementos como: arcos, castañetas, entrenzado, paos, etc., realizados normalmente durante as procesións patronais. Con certa frecuencia posuen características chamativas como a indumentaria branca, adornos florais, exóticos e abundancia de ouro.

Teatro Principal 23 de decembro / 19:00 h OCT Ultreia e Agrupación Cantigas e Agarimos

10. AS RAÍCES NA PEDRA

DATA LUGAR HORA ESPECTÁCULO DISCIPLINA

Luns 17 TEATRO PRINCIPAL 20.00 h Goldi libre Teatro

Martes 18 TEATRO PRINCIPAL 20:00 h Anatomía dunha serea Teatro

Mércores 19 TEATRO PRINCIPAL 20:00 h Salvador Teatro

Xoves 20 SGAE 20:00 h Accións nimias Teatro

Xoves 20 ESCOLA DE ALTOS ESTUDOS MUSICAIS 20:30 h Concerto Solfa Música

Venres 21 MUSEO DE HISTORIA NATURAL 18:00 h A música das árbores Contacontos/música

Venres 21 CASA DE EUROPA 20:00 h Desconcerto Literatura/música

Sábado 22 AUDITORIO 19:00 h Orquestra de malabares Circo/música

Sábado 22 CASA DE EUROPA 20:00 h Blues castellano Literatura/música

Domingo 23 TEATRO PRINCIPAL 19:00 h As raíces na pedra Danza/música

PROGRAMA