Febreiro, mes do amor

4

description

Recompilación de poesías de autores galegos relacionados co amor

Transcript of Febreiro, mes do amor

Un rato díxolle á lúa:

- “Nunca reparas en min;

por iso vivo na rúa

metido nun calcetín.”

Ela fitouno abraiada.

Déronlle ganas de rir.

Daquela apagou a lámpada

e dispúxose a durmir.

Polo desprezo da lúa

o ratiño, alporizado,

berroulle con moita forza:

- Xa non estou namorado!

Antonio García Teijeiro

Onda un muro

de pedra

eu puxen un bico

para ti.

Baixo un teito

de pedra

pintaches un bico

para min.

Un bico pintado.

un bico pousado

na tea

na area.

Dous bicos calados

na pedra

na tebra.

Dous bicos

sen fin.

Antonio García Teijeiro

A lús está cociñando

neboeiros na tixola.

O sol, sentado con ela,

non quere que estea soa.

Fai pratos ricos a lúa.

Gústalle moito a cociña.

O seu postre preferido

é turrón con estreliñas.

O sol á casa da lúa

vai cear tódolos días.

Cando remata o labor

colle no ceo o tranvía.

Andan ás présas os dous.

Don Tempo na porta chama.

Unha marcha ó seu traballo.

Outro lisca para a cama.

Antonio García Teijeiro

Non quixo sabe-la lúa

dos meus amores fuxidos.

Lúa, luíña covarde,

tapáche-los teus oídos.

Non quixo sabe-la lúa

que eu andaba namorado

dunha rapaza xeitosa

que me tiña engaiolado.

Non quixo sabe-la lúa.

Non quixo sabelo, non;

mais un anaco de ceo

inda gardo nun caixón.

Antonio García Teijeiro

- Nese ollo azul tan rico,

nena, algo se che meteu,

faísca, area ou muxico:

queres que cho quite eu?

- Eu quero, e con que?

- Cun bico!

M. Curros Enríquez

Camiñaban pola fraga.

Camiñaban polos prados,

uns amoriños perdidos,

uns amoriños calados.

Amores de nena loura,

amores de nena clara.

Camiñaban pola fraga,

camiñaban polos prados.

Antonio García Teijeiro

Fiandeira namorada

Que fías detralo lume

Cos ollos postos nas chamas

Roxiñas brancas e azules.

Fiandeiriña que fías

Nas noites do longo

inverno

As liñas máis delgadiñas

Que o fío do pensamento.

Cai a neve branca fóra

Riba dos teitos calada

Mentras ti fías e soñas

Nunha cousiña lonxana…

Uxío Novoneyra

Dous e dous son catro bicos.

Seis e seis son moitos máis.

Pero e ti, nena fermosa,

Un cento quéroche dar.

Tes un ollos feiticeiros

Que semellan de cristal;

Tes un beizos de mapoula

Que sempre quixen bicar.

Cinco e cinco son dez bicos.

Dez e dez son moitos máis.

Pero a ti, nena fermosa,

Un millón quéroche dar.

Antonio García Teijeiro.