Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron...

17
1 Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril – 15 de abril de 2018

Transcript of Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron...

Page 1: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

1

Fase: 6

Barrio: Canido

Data: 2 de abril – 15 de abril de 2018

Page 2: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

2

6.1 Actuacións sobre as demandas de augas

As demandas atendidas nesta área no barrio de Canido representan o 16,56% do total

das actuacións feitas durante o período que vai dende o 2 de abril ao 15 de abril de 2018

dentro do Programa Barrio a Barrio + Cidade.

Respecto das actuacións de augas neste barrio foron de 4 tipos: se falamos das máis

numerosas temos as carácter/mantemento preventivo que representaron o 61,11% das

actuacións. En porcentaxes menores están as actuacións de diagnose (22,21%) e de

mantemento correctivo cun 11,11 % das actuacións na área de augas. Finalmente están

aquelas tarefas que tiñan coma obxecto o control da calidade do servizo (5,56%).

Page 3: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

3

As tarefas desenvoltas no barrio de Canido neste período dende o punto de vista

preventivo, estiveron principalmente centradas na detección de fugas visibles, así como

aquelas outras que precisaron do emprego dos dispositivos xeófono/correlador, así

como nas filtracións e fugas na rede de saneamento significando o 37,35 % do total.

Imaxe 6.1.a

Detección de fugas mediante equipo xeófono/correlador e inspección visuais (Fonte: EMAFESA)

Estes labores de inspección estiveron localizados de xeito especial nas rúas Pérez Parallé,

Estrella, Doctor Fleming e Rubalcava coa rúa Alegre nas que foi empregado o

xeófono/correlador e no que se detectou 1 fuga, que pasou a ser arranxada.

Seguindo coas tarefas de mantemento preventivo temos que destacar en segundo lugar

o traballo de inspeccións varias que se fixeron en toda a zona de traballo dentro deste

período e que representaron o 34,32% das actuacións de prevención. Foron obxecto

Page 4: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

4

destas inspeccións as bocas de rego e hidrantes, das tapas e pozos de rexistro e

sumidoiros nas rúas Marola, Celso Emilio Ferreiro e Alegre.

Imaxe 6.1.b

Campaña de inspección e limpeza do servizo da rede de saneamento (Fonte: EMAFESA)

Page 5: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

5

Finalmente dentro das tarefas de mantemento preventivo temos a limpeza de

sumidoiros e finais de rede que representaron o 19,18% que xunto a revisión de válvulas

e arquetas cun 9,10% foron as de menor porcentaxe dentro dos labores deste tipo.

O segundo grupo de actuacións en importancia foron os labores de diagnose que

representaron un 22,22% das actuacións na área de augas que se desenvolveron no

barrio de Canido dentro do Programa Barrio a Barrio + Cidade. Labores centrados na

Avenida do Rei (substitución da arteria FC- 400), rúa Alegre (recente substitución da

arteria nesta rúa), Praza de Canido (substitución da arteria FC- 600) e Insúa

(modificacións no colector que descorre por terreos privados).

Imaxe 6.1.c

Reparación de fuga na rede de auga potable na rúa Alonso López (Fonte: EMAFESA)

En terceiro lugar atopamos as actuacións de mantemento correctivo que representaron

un 11,11%. Dentro deste grupo destacamos como principais tarefas numerosas

reparacións entre as que podemos destacar as que foron realizadas na rúa Alonso López

Page 6: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

6

onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu

encontro coa rúa Miramar onde foi reparada unha fuga de auga potable. Finalmente cun

5,55% temos as tarefas centradas no control da calidade do servizo para comprobar que

a rede de sumidoiros teña unha correcta circulación.

Imaxe 6.1.c

Reparación de fuga na rede de auga potable nas rúas Alonso López e Miramar (Fonte: EMAFESA)

6.2 Instalacións eléctricas

Os traballos realizados que comprenden as instalacións eléctricas dentro do ámbito do

barrio de Canido, representaron o 43,18% dos traballos totais realizados nesta área,

durante as 2 semanas de actuación. Nesta zona observamos 945 puntos de luz

dependentes de 21 cadros de manobra, e 4066 puntos de luz en 13 dependencias

municipais e 2 cruces semafóricas.

Page 7: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

7

As tarefas totais realizadas foron 73 actuacións de mantemento diferenciando:

1 Mantemento correctivo ( 64,38%)

2 Mantemento preventivo ( 35,61%)

Dentro das actuacións de mantemento correctivo están englobados todos aqueles

traballos que teñen como finalidade arranxar avarías ou solucionar incidencias que

afectan ao bo funcionamento das instalacións. Destas actuacións destacamos de xeito

importante as lámpadas repostas que foron 24 en todo o barrio de Canido e que

representaron as actuacións maioritarias deste tipo cun 51,06%.

Page 8: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

8

En segundo lugar en importancia están as actuacións referidas á colocación de grafas ou

ancoraxes e aquelas outras que clasificamos no grupo de outras actuacións que en

ambos casos representan un 12,76%.

Imaxe 6.2.a

Colocación dun proxecto de 150 W provisional e reparación de tubo protector (Fonte: SICE)

Page 9: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

9

Falamos principalmente da retirada dun punto de luz que revestía perigo de caída,

rearme de diferencial, colocación de proxector, reposición de tubo de baixada do poste,

e xa no Centro Cívico de Canido arranxar avaría na biblioteca e no Centro Cultural

Torrente Ballester reparar curto.

Xa para finalizar coas actuacións de carácter correctivo destacar os traballos realizados

tamén en cebadores e fusibles ambos cunha porcentaxe de 8,51%, arrincadores cun

4,25% e nos condensadores cun 2,12%

Son actuacións de mantemento preventivo as que teñen coma finalidade a

conservación das instalacións co fin de optimizar o seu funcionamento ou alarga -la súa

vida útil. Fundamentalmente os labores deste tipo estiveron centrados nos centros de

mando ( 40,69% ), revisión de liñas (26,87%) e luminarias (32,49%%).

Figura 6.2.c

Fonte: SICE. Elaboración: Propia.

0,4069

0,2687

0,3249

Centros de mando Revisión de liñas Luminarias

ACTUACIÓNS DE MANTEMENTO PREVENTIVO

Page 10: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

10

Nos centros de mando, como de costume realizáronse a comprobación do estado dos

cadros, revisións de conexións e terminais (presións, quecemento, etc.). Ademais da

limpeza interior e exterior e verificación das postas a terra onde sexa posible.

Respecto a revisión de liñas e caixas de derivación, falamos especialmente na ancoraxe

de liñas desprendidas e reposición de tapas de arquetas e columnas.

As luminarias tamén foron obxecto de traballos neste período tamén actuando sobre as

ancoraxes, revisión do funcionamento de tubos e lámpadas, e do estado das luminarias

(acendido, pintura, etc) Limpeza exterior e interior das luminarias onde foi preciso.

Comprobación dos portalámpadas, fusibles, bornas, caixas de derivación, cables de

alimentación entre outros aspectos.

Dentro destas medidas de tipo preventivo tamén fíxose unha revisión nocturna de

tódolos puntos de luz do barrio para a detección de lámpadas apagadas, así como una

inspección das columnas e báculos metálicos para comproba-lo estado das súas bases.

6. 3 Actuacións de parques e xardíns

As actuación de parques e xardíns representan unha porcentaxe do 30,17 % sobre os

labores totais desenvoltos no barrio de Canido durante o período entre o 2 de abril e o

15 de abril de 2018.

Page 11: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

11

Gráfico 6.3.a

Fonte: UTE SAN JOSE – EL EJIDILLO. Elaboración: Propia.

Durante os traballos na área de xardíns actuouse sobre un total de 23 366 metros

cadrados. As tarefas máis destacadas polo seu número foron principalmente as de

limpeza e mantemento de zonas verdes que representaron o 52,63% que tivo incidencia

en todo o barrio pero con especial atención a Praza de Canido, rúa Pérez Parallé,

Baluarte de San Carlos, ou Rúa Alegre co Maiola entre outras.

As tarefas de roza e sega son as segundas en importancia na área de xardíns e zonas

verdes que significaron o 26,31% dos labores desta área. Traballos realizados entre

Traballos de roza Traballos de limpeza Poda de árbores/Escardas/

alcorques

0,00%

10,00%

20,00%

30,00%

40,00%

50,00%

60,00%

0,2631

0,5263

0,2105

Actuacións na área de xardíns do barrio de Canido

Page 12: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

12

outras, nas rúas Alonso López, Río Insua, San Diego con rúa rúa Diego, ou o baluarte de

San Carlos entre outras zonas do barrio.

Imaxe 6.3.a

Fotografía dos traballos de acondicionamento de alcorques e podas no barrio de Canido (Fonte: UTE

SAN JOSE – EL EJIDILLO)

Finalmente temos as actuacións sobre escardas, alcorques, ou podas de recorte que

foron as menos numerosas representando o 21,05%. Neste grupo incluimos as

plantacións de flores de tempada na zona verde da rúa Pérez Parallé, ademais dos

traballos de poda realizados no barrio, tanto para librar puntos de luz, como por

cuestións de limpeza (reducción de palmas ao lado das vivendas), ou acortamento de

ramas tal e como se observa na imaxe 6.3.a

Respecto da área de parques infantís e biosaudables as actuacións foron

fundamentalmente tarefas de revisión e de mantemento e arranxo de incidencias leves

Page 13: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

13

que significaron cada una un 38,46% . Falamos de actuacións realizadas no Parque Raíña

Sofía, Canido, Urbis, Pérez Parallé, Insua e o parque biosaudable de Canido.

Gráfico 6.3.b

Fonte: Jardincelas. Elaboración: Propia.

No tocante as tarefas que englobamos dentro de outros traballos podemos salientar as

actuaciós realizadas no Parque Antón Varela coa creación dun acceso ao parque ao igual

que a actuación realizada no Parque Raíña Sofía. Ademais falamos da reposición dun

columpio cesta no parque da Praza Urbis. Estas actuacións entre outras foron as que

representaron un 23, 07% no total das actuacións na área de parques.

6.4 Actuación de limpeza viaria

As principais tarefas na área de limpeza viaria que tiveron lugar no barrio de Canido,

foron principalmente de roza e chapeo (41,17 %) e limpeza de sumidoiros (23,52 %).

Estas tarefas no caso da roza e chapeo foron realizadas en todo o barrio con especial

Traballos de roza Traballos de limpeza Poda de árbores/Escardas/

alcorques

0,00%

10,00%

20,00%

30,00%

40,00%

50,00%

60,00%

26,31%

52,63%

21,05%

Actuacións na área de parques do barrio de Canido

Page 14: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

14

atención á zona de descanso do Celso Emilio Ferreiro, así como a limpeza e roza do

lavadoiro de Insua.

Figura 6.4. a

Fonte: URBASER. Elaboración: Propia.

Respecto da limpeza de sumidoiros aínda que se realizaron tarefas de limpeza e

comprobación de funcionamento en todo o barrio, destacan os traballos realizados na

rúa Marola e na rúa Alegre.

En porcentaxes menores temos os traballos de lavado e baldeo que representaron o

17,64% dos traballos en canto a limpeza viaria, reforzando a limpeza naquelas prazas e

rúas de maior tránsito ou que presentaban algún tipo de situación que fixo necesario o

reforzo das tarefas de limpeza.

Roza e chapeo

Lavado e baldeo

Barrido mecánico

Sumidoiros

Contendores e papeleiras

0,00% 5,00% 10,00%15,00%20,00%25,00%30,00%35,00%40,00%45,00%

41,170%

17,640%

5,880%

23,520%

11,760%

Actuacións sobre limpeza viaria no Barrio de Canido

Page 15: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

15

Imaxe 6.4.a

Traballos de roza no barrio de Canido (Fonte: Urbaser)

Por último temos que destacar a limpeza, arranxo e substición daqueles contendores e

papeleiras que presentaban un peor estado de conservación, traballos que significaron

o 11,76 % dos traballos totais. Tamén foi importante as tarefas de barrido mecánico,

reforzando as tarefas que semanalmente é desenvolta nas rúas e prazas do barrio de

Canido (5,88%)

Imaxe 6.4.b

Traballos de limpeza de sumidoiros no barrio de Canido (Fonte: Urbaser)

Page 16: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

16

6.5 Datos resumo

De seguido achegamos o gráfico e os datos de resumo das actuacións realizadas durante

o período sinalado no barrio de Canido dentro do Programa Barrio a Barrio + Cidade.

Nese barrio as actuacións maioritarias son as de alumeado (43,18%) e parques e xardíns

(30,17%) . O total de actuacións foron 205 en distintas áreas.

Táboa 6.5.a

Área: Porcentaxes:

Augas 16,56%

Parques e xardíns 30,17%

Alumeado 43,18%

Limpeza viaria 10,05%

Total de actuacións 205

Fonte: Informes actuación. Elaboración: Propia.

Gráfico 6.5.a

Fonte: Informes actuacións. Elaboración: Propia.

16,56%

30,17% 43,18%

10,05%

53,23%

Resumo das actuacións no barrio de Canido

Augas Parques e xardíns Alumeado Limpeza viaria

Page 17: Fase: 6 Barrio: Canido Data: 2 de abril 15 de abril de 20182018)-Canido.pdf · 6 onde foron arranxadas as fugas na rede de auga potable e nesta mesma rúa no seu encontro coa rúa

17