Familiae Linguarum

15

description

Panorámica sobre as familias lingüísticas humanas, con especial atención á indoeuropea

Transcript of Familiae Linguarum

Page 1: Familiae Linguarum
Page 2: Familiae Linguarum

Ata que as teorías evolucionistas de Darwin empezaron a ser aceptadas e aplicadas ás linguas humanas, a explicación da

diversidade lingüística baseábase no mito bíblico da Torre de Babel: todos os idiomas apareceran á vez nun pasado remoto e

permaneceran invariables desde entón. Por iso, as semellanzas como as que se daban entre as palabras que vemos na imaxe da dereita

atribuíanse á pura casualidade

Page 3: Familiae Linguarum

A partir de entón, igual que nas especies

animais, as semellanzas entre

linguas comezaron a atribuírse tamén á

evolución. Na segunda metade do s. XIX

houbo moitos filólogos que realizaron multitude de

comparacións entre diferentes linguas, coa intención de atopar as

orixes das linguas actuais: William Jones, Friedrich von Schlegel,

Rasmus Rask, Franz Bopp e os irmáns

Grimm, entre outros, deron inicio ó que

chamamos Lingüística Comparativa

Page 4: Familiae Linguarum

padre pare père pater

Se unha das linguas incluída no grupo das que mantiña semellanzas era máis antiga que as demais, cabía a posibilidade de que fora a

antecesora, ou “nai”, das demais

Page 5: Familiae Linguarum

padre(galego-

portugués, castelán, italiano)

pare

(catalán)

père

(francés)

pater

(latín)

Así, pódese establecer unha especie de árbore xenealóxica:

LATÍN

Galego-portugués

Castelán Italiano Catalán Francés

Page 6: Familiae Linguarum

father

(inglés)

Vater

(alemán)

vader

(holandés)

far

(noruego)

A comparación permite mesmo supoñer con seguridade unha lingua anterior a outras actuais, pero que xa non se conserve nin sequera

en textos escritos:

Proto-xermánico

Inglés Alemán Holandés Noruego

Page 7: Familiae Linguarum

Unha vez dados estes pasos, a investigación lingüística permite remontarse máis aló no tempo, sempre que existan linguas antigas

conservadas. Por exemplo, é lícito supoñer que o latín, o protoxermánico e outras linguas de similar antigüidade que se lles

parezan teñan á súa vez unha orixe común

Page 8: Familiae Linguarum

Na comparación o máis importante para poder extraer conclusións válidas é observar se as diferencias, cando as haxa, obedecen a un

patrón. Polo tanto, á hora de establecer relacións de parentesco entre diferentes linguas é preciso basealas na regularidade do cambio

fonético. Así, na táboa superior atópanse as seguintes correspondencias:

cor καρδία širdis heart

canis κύων šuo hound

septem ΄επτά septynetas seven

sal ΄αλς surus salt

LATÍN GREGO LITUANO INGLÉS

[k-] en grego e latín [∫-] en lituano [h-] en inglés

[s-] en latín, lituano e inglés

[h-] en grego

Page 9: Familiae Linguarum

Cos datos que se teñen, está establecido que o latín e as linguas que proceden del pertencen a unha familia lingüística cuxos extremos

actuais se atopan en Europa e o subcontinente indio. Por iso, desde principios do s. XX o termo empregado para referirse a ela é o de

INDOEUROPEO ou FAMILIA INDOEUROPEA. Nas seguintes diapositivas citaremos os seus subgrupos e linguas máis importantes, ben atendendo ó seu número de falantes, ben á importancia histórica dos pobos que as

falan

Page 10: Familiae Linguarum

As linguas célticas estaban bastante extendidas na Antigüidade, sobre todo en zonas da actual Francia, España e Italia. O éxito das linguas

romances e, máis tarde, do inglés, fixo que chegasen case a desaparecer, cousa á que axudou o feito de que case non tiveron cultivo

escrito, nin sequera na época no que o seu número de falantes.

Hoxe falan linguas célticas uns tres millóns de persoas na República de Irlanda, nas rexións autónomas británicas de Gales e Escocia, e tamén

na Bretaña francesa

Page 11: Familiae Linguarum

Uns 400 millóns de persoas falan linguas eslavas, mentres as dúas linguas bálticas non chegan a seis. A máis estendida é, con moito o ruso,

seguido polo polaco, ucraniano e checo. Ocupan case toda Europa oriental, coa excepción dalgunhas illas de idiomas pertencentes a outras

familias, como o rumano, o húngaro ou o estonio

Page 12: Familiae Linguarum

As diversas linguas indoiranias son faladas hoxe por máis de 800 millóns de persoas no subcontinente indio e na área do Golfo Pérsico. Ademais, pertencen a este grupo unha lingua xa extinguida nas que se escribiron

textos relixiosos moi importantes en Oriente: o sánscrito (lingua dos Vedas, libros sagrados dos hindús). O sánscrito evolucionou cara o actual

hindi (chamado urdu en Pakistán), falado por máis de 450 millóns de persoas na India e Pakistán

Page 13: Familiae Linguarum

O grego moderno fálano 12 millóns de persoas en Grecia e Chipre. Procede do grego antigo, idioma no que se escribiron obras

importantísimas para a Cultura Occidental

Page 14: Familiae Linguarum

Máis de 450 millóns de persoas falan linguas xermánicas, entre as que destaca por número de falantes o inglés, con máis de 300. Ademais, é a segunda lingua de 200 millóns máis e está recoñecida como a primeira

lingua de relación internacional.

Page 15: Familiae Linguarum

Como ves, a lista de linguas emparentadas coas nosas é

moi grande. Ademais, as indoeuropeas son as linguas que máis viaxaron, ata moi lonxe da súa orixe. Pensa

agora en todas as demais que hai no mundo, e decataraste

de que a diversidade lingüística é un rasgo básico

da especie humana: se houbo unha única lingua orixinaria, hoxe non queda nin rastro

dela, e é moi improbable que se xamais se atope. O que non se pode negar é que

quen sinta curiosidade polas linguas ten diante un campo

enorme