FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda...

19
FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características dos instrumentos de corda fretada: Posúen catro cordas. Están feitos de madeira e teñen unha caixa de resonancia, Requiren dun “arco” para fretar as cordas. Escoita como soan neste link: https://www.youtube.com/watch?v=-VAR1KW0-TM Audición Antonio Vivaldi naceu en Venecia (Italia). Foi un compositor e violinista italiano. Tiña como alcume “ il prete rosso” («o cura vermello») por ser sacerdote, rubio e vestir unha capa vermella. Escribiu "As catro Estaciones" que se atopa entre as obras máis populares xamais composta. Está dividida en catro concertos para violín e orquestra, asignando a cada concerto unha das estacións do ano 1º movemento de “O inverno” de A. Vivaldi FRÍO TORMENTA CORRER E GOLPEAR VENTOS CHASQUIDO DENTES Escoita nestes links o 1º movemento de O Inverno https://www.youtube.com/watch?v=aiCFnIACnqs https://www.youtube.com/watch?v=y7jQYbbyicU

Transcript of FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda...

Page 1: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun

arco.

Características dos instrumentos de corda fretada:

Posúen catro cordas.

Están feitos de madeira e teñen unha caixa de resonancia,

Requiren dun “arco” para fretar as cordas.

Escoita como soan neste link:

https://www.youtube.com/watch?v=-VAR1KW0-TM

Audición

Antonio Vivaldi naceu en Venecia (Italia). Foi un compositor e violinista italiano.

Tiña como alcume “ il prete rosso” («o cura vermello») por ser sacerdote, rubio e

vestir unha capa vermella. Escribiu "As catro Estaciones" que se atopa entre as

obras máis populares xamais composta. Está dividida en catro concertos para

violín e orquestra, asignando a cada concerto unha das estacións do ano

1º movemento de “O inverno” de A. Vivaldi

FRÍO TORMENTA CORRER E GOLPEAR

VENTOS CHASQUIDO

DENTES

Escoita nestes links o 1º movemento de O Inverno

https://www.youtube.com/watch?v=aiCFnIACnqs

https://www.youtube.com/watch?v=y7jQYbbyicU

Page 2: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Semana do 23 ao 27

FAMILIA DE CORDA PUNTEADA Os instrumentos de corda punteada son aqueles instrumentos de corda nos que a

corda vibra tras ser pulsada ou punteada polos dedos, producindo o son. Ademais

dos dedos, tamén se pode utilizar unha puga .

Ponlle o nome aos seguintes instrumentos de corda punteada

....................... ...................... ...................... .................................. ......

............................... .......................... ............................. ......

Enlaces para escoitar estes instrumentos de corda punteada:

Arpa: https://www.youtube.com/watch?v=7WOOU6s9DxY

Banxo: https://www.youtube.com/watch?v=fnMhUPewk6c

Guitarra eléctrica: https://www.youtube.com/watch?v=O-Wig2VWShU

Guitarra: https://www.youtube.com/watch?v=V2F6RswMYpw

Laúde: https://www.youtube.com/watch?v=R4Wziuf5w30

Bandurra: https://www.youtube.com/watch?v=FBmvyoB_ZWk

Mandolina: https://www.youtube.com/watch?v=NHD8eDBxGYo

Page 3: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

FIGURAS E SILENCIOS

Le os seguintes ritmos con to-o, ta, ti ti e gardando a duración dos

silencios.Escoitar o audio.

A

B

C

D

Page 4: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Ditado melódico: mi - sol - la (escoitar o arquivo de audio)

Para Semana Santa podedes construír un destes instrumentos.

Pódenvos axudar a facelo e se queredes facer máis dun tamén

podedes.

Semana do 14 de ao 17 de abril

Respondede as seguintes preguntas

Cantas negras equivalen a unha branca? .................

Cantas corcheas equivalen a unha negra? ..................

Cantas corcheas equivalen a unha branca? ..................

Cantos silencios de corcheas equivalen a un silencio de branca? ..............

Cantos silencios de negra equivalen a un silencio de branca? .................

Cantos silencios de corchea equivalen a un silencio de negra? ................

Page 5: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Busca na sopa de letras o nome das partes deste piano de cola.

Descubre de que clase de piano se trata:

Piano .................................................

Page 6: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Verdes, verdes

son as miñas plantas.

Verdes, verdes,

que fermosa cor!

Brancas, brancas

Son as margaridas,

Brancas, brancas

Que fermosa cor!

Rosa, rosa

é a miña roseira.

Rosa, rosa

Que fermosa cor!

Na primavera

brillan nas plantas

todas as cores

con esplendor. (Bis)

Escoita a peza de R. Schumann titulada “Cabaleiro en cabalo de madeira

https://www.youtube.com/watch?v=xwTOzFnXAgg

O piano pódese tocar só, sen outros instrumentos, facendo o pianista a

melodía e o acompañamento como acabades de escoitar. Pero moitas veces

combínase con outros instrumentos, que levan a melodía, mentres o piano

acompaña.

Agora escoita e leva o pulso no pulsograma de o “Elefante”, composto por

Camille Saint-Säens na súa obra “O carnaval dos animais”

Esta peza musical ten a seguinte estrutura

A B A.

https://www.youtube.com/watch?v=7dJ91SANPB0

Despois de escoitar esta peza contesta as seguintes preguntas:

Que instrumento fai a melodía?

........................................................................................

Que instrumento o acompaña?

.........................................................................................

Semana do 20 de ao 24 de abril

Aprender a seguinte canción popular alemá con texto de Ana Mª López

Verdes, verdes

1. 2. 3.

Retrouso

Page 7: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Ponlle o nome ás notas na seguinte canción.

Le este contiño.

Escribe no pentagrama anterior as notas re e mi. Ao poñer a nota

re non invadas a primeira liña.

Ponlle o nome ás seguintes notas.

Page 8: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Semana do 27 de abril ao 1 de maio

Ides escoitar “Os paxaros” que pertence ao Carnaval dos animais

e contestar as seguintes preguntas.

https://www.youtube.com/watch?v=yQ-vnExjvDE

Como se chama o compositor? .......................................

O instrumento que toca a melodía é a .............................

Que instrumentos fan o acompañamento? ......................

.........................................................................................

A nota do, colócase nunha pequena liña que engadimos ao

pentagrama na parte inferior, esa pequena liña chámase liña

adicional.

Escribe as notas que faltan no pentagrama.

Coloca as liñas divisorias.

Page 9: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Semana do 4 ao 8 de maio

Frautas de pico

Escoitádeas no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=tNIL0vBuZ_M

Canción “Quen te ensinou” Escoitade o audio.

Page 10: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

A ligadura

Cando queremos sumar a duración dos sons na linguaxe musical,

usamos un signo que se chama ligadura de unión. Colócase entre as

cabezas das notas que teñen o mesmo nome e son.

Os sons que escribimos cunha figura branca ( ), tamén se poden sumar:

, e o resultado da suma é outra figura, a máis longa de todas, que se

chama redonda . Esta figura dura o dobre da branca.

Relaciona as equivalencias correctas.

Page 11: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Semana do 11 ao 15 de maio

A frauta doce

Vou deixar unhas láminas con consellos para tocar e coidar a frauta.

Page 12: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

A nota si

A nota si colócase na 3ª liña do pentagrama. É a nota que vén

despois do la na escala musical.

Completa o que falta.

Escribe no pentagrama.

Page 13: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Semana do 18 ao 22 de maio

Consellos prácticos coa frauta

Cadro de posicións iniciais coa frauta

Page 14: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

A nota si na frauta

A primeira nota que imos a aprender coa frauta é a nota si. Pero xa empezaremos

a practicar en clases porque é importante que vexa as posicións que tedes, se

tapades ben os buratos ...

O que si podedes sen tocar ir procurando tapar os buratos coas mans e facer

exercicios cos dedos.

Palabras cruzadas: Resolve o exercicio axudándote das definicións.

Page 15: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Semana do 25 ao 29 de maio

Audición

Este fragmento musical pertence á “A danza das horas” e forma parte dunha ópera que se

titula “A GIoconda”. O seu autor é Ponchielli, compositor italiano, que foi mestre de

composición doutro gran compositor de ópera: Puccini.

Recordade que a ópera é un teatro musical.

Seguide as instrucións que vos vai mandando en cada momento. Cando saen os puntos

podedes dar palmas.

https://www.youtube.com/watch?v=m16qpQe48nc

Os compases

Escribe o signo de compás que corresponda.

Page 16: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Familia de vento madeira

A frauta doce pertence á familia de vento-madeira.

Ademais das frautas, a familia de vento-madeira está formada por outros

instrumentos.

Recordamos o seu son na presentación do conto “Pedro e o lobo”

Acórdaste de a que personaxe representan? (escoitar audio)

Clarinete .............................................................................

Oboe ....................................................................................

Fagot ....................................................................................

Semana do 1 ao 5 de xuño

Audición

As frautas gústalle agruparse con outros instrumentos, tal e como poderás escoitar nestes

fragmentos. Escribe o nome dos instrumentos e numera a audición.

Page 17: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Escríbelle o ritmo a esta canción:

Intensidade

A intensidade da música exprésase con matices.

Imos celebrar a festividade da Virxe do Carme cos

Mariñeiros, pois é a súa Patroa. Fíxate nas bandeiras:

levan os símbolos musicais de diferente intensidade.

Ordénaas de máis forte a máis feble, guiándote polo

recadro da dereita, e despois escribe o ritmo ao final.

Escribe o ritmo resultante. Busca o compás no debuxo e pon as liñas divisorias.

INTENSIDADE

ff → Moi forte

f → Forte

mf → Medio forte

p → Feble

pp → Moi feble

Page 18: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Semana do 8 ao 12 de xuño

Page 19: FAMILIA DE CORDA FRETADA · 2020. 7. 21. · FAMILIA DE CORDA FRETADA Os instrumentos de corda fretada son: o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo. Tócanse cun arco. Características

Cantade a canción “Rock das notas”. Tedes a letra e a música no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=v5XXVJKLsw0

Seguide o Musicograma de “Piratas del Caribe” no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=4swaN44kBp8