FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9...

96
FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018

Transcript of FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9...

Page 1: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

FADEMGA Plena inclusión Galicia

MEMORIA

ANUAL 2018

Page 2: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Edición e maquetación

FADEMGA Plena inclusión Galicia

Publicación

Xuño 2019

Versión dixital en

www.fademga.org

Page 3: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Coñécenos ..... Páxina 4

Quen somos .....6

Área de atención ás entidades Que fixemos ..... 24 Xestión de infraestruturas ..... 32 Áreas transversais - Comunicación ..... 36 - Calidade ..... 40 - Formación ..... 44 - Promoción do voluntariado ..... 46

Área de apoio a familias

Accións con familias ..... 51 Servizo de respiro familiar ..... 52 Actividades ..... 53

Área de atención ás persoas con Discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

Área Social

Programa de cidadanía activa e accesibilidade cognitiva ..... 59 Programa de atención integral a persoas con discapacidade intelectual

reclusas, ex reclusas e que cumpran medidas alternativas ..... 64 Programa de atención a persoas con discapacidade intelectual en

situacións de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión social e apoio a mulleres con discapacidade intelectual ..... 66

Programa de prevención do delito e acceso á xustiza ..... 69 Programa de sensibilización social e empoderamento en dereitos das

persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento ..... 70 Programa de pilotaxes de rede por unha educación inclusiva ..... 72 Programa de investigación aplicada para a implementación de

servizos centrados nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias ..... 74

Programa de saúde mental e envellecemento ..... 77 Programa de Vacacións - IMSERSO Plena inclusión ..... 81 Área de Emprego SIOL - Servizo de información e orientación laboral ..... 85 SFORE - Servizo de formación para o emprego ..... 86 SAE - Servizo de apoios para o emprego ..... 88 Emprego persoalizado ..... 89 SFE - Servizo de Fomento do Emprego ..... 90

Special Olympics Galicia.... 92

Financiadores e colaboradores ..... 94

Índice

Page 4: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Coñécenos!

Page 5: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo
Page 6: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Quen somos?

FADEMGA Plena inclusión Galicia é a

Federación galega de asociacións en favor das

persoas con discapacidade intelectual ou do

desenvolvemento.

FADEMGA constituíuse como resultado da

unión de 6 asociacións o 14 de xullo de 1979 e

foi declarada entidade de utilidade pública polo

Ministerio do Interior o 17 de xullo de 2008.

Como Federación, a nosa responsabilidade é a

defensa dos dereitos e o fomento da calidade

de vida de cada persoa con discapacidade

intelectual e de cada familia, ao tempo que

loitamos por unha sociedade máis xusta e

solidaria.

Isto significa lograr que teñan os mesmos

dereitos e oportunidades de ter unha vida

digna e participar na sociedade en igualdade de

condicións.

Traballando pola calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias

A MISIÓN, VISIÓN E VALORES DE

FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA

SON OS EIXOS DO NOSO TRABALLO,

E DEFINEN O MODO EN QUE

NOS RELACIONAMOS COA

CONTORNA.

6 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 7: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

A Federación está certificada coa ISO 9001:2008

no servizo de Respiro Familiar e nos catro servizos

da área de emprego e formación.

Estamos inscritos:

No Rexistro Central de Asociacións da

Consellería de Xustiza, Interior e

Administración Local co nº 2005/147-2 (s.c.)

No Rexistro de Entidades prestadoras de

servizos sociais co nº E-45.

No Rexistro de entidades de acción voluntaria

da Xunta de Galicia co nº O-625.

A nivel local tamén estamos inscritos:

No rexistro do Concello de Vigo co nº 932-05

No Concello de Ourense, co nº 263

No Concello de Lugo, co nº 346

No Concello de Santiago, co nº 180

'Ser un conxunto unido

de organizacións sociais

calificadas'

Promover accións e servizos

que creen as condicións

necesarias para que as

organizacións membro

melloren a calidade de vida das

persoas con discapacidade

intelectual de Galicia e as súas

familias.

Evolución, Inclusión

Solidariedade, Xustiza

Calidade, Transparencia

Innovación, Cooperación...

Memoria de actividades 2018 / 7

Coñécenos

A promoción das persoas con

discapacidade intelectual carecendo de

ánimo de lucro, tal como se reflexa nos

Estatutos.

Page 8: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Temos 4 oficinas colaboradoras do Servizo Público de Emprego, sendo a de Neira de Mosquera 1,

Axencia Privada de Colocación.

Delegación da Coruña Oficina Neira de Mosquera 1 e 4 (oposicións) Oficina R/ San Luís 11, A Coruña (oposicións, capacitación e HH.SS) Casa das Asociacións de Conxo (capacitación e HH.SS) Nosa Señora de Chamorro (oposicións) Delegación de Pontevedra: Aula na R/Príncipe (oposicións) Aula de formación do Centro Cívico do casco vello (delegación de Vigo)

(capacitación e HH.SS) Aula de formación do Edificio Cambón (capacitación e HH.SS) Delegación Ourense: Aula Delegación Ourense (oposicións) Centro Cívico A Cuña, (capacitación e HH.SS) Delegación Lugo: P.I.T Parque de Flisa (oposicións) Aula de formación da casa da xuventude (capacitación e HH.SS) Biblioteca da casa Clara Campoamor (capacitación e HH.SS)

Delegación de Ourense: Rúa da Granxa, 54 Baixo Esquerda

Teléfono: 988 391 952 [email protected]

Delegación de A Coruña: Rúa Neira de Mosquera, 1 Teléfono: 981 566 676 [email protected]

Delegación de Pontevedra: Rúa da Oliva, 12. Centro Cívico Casco Vello Teléfono: 986 373 612 [email protected]

Delegación de Lugo: Avda. Infanta Elena, 11, Local 1

Casa Clara Campoamor. Teléfono: 982 265 436

[email protected]

Ademais, dispoñemos de varias aulas en cada unha das delegacións nas que impartimos formación para a preparación de oposicións,

capacitación laboral, habilidades sociais….

Atención persoalizada nas 4 provincias

8 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

DELEGACIÓNS

SEDE

Vía Pasteur, 53 A. Polígono Industrial Do Tambre 15890

Page 9: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

4.425 son persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que reciben servizo

intensivos e permanentes a través das 40 entidades federadas.

Cerca de 8.000 socios

Preto de 6.500 persoas con

discapacidade en entidades

Cerca de 1.500 profesionais

1.260 persoas voluntarias

Prestamos servizo a casi 6.500 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de

toda Galicia (datos que inclúen as atencións das entidades e as de bolsa propia da Federación)

Preto de 2.000 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento reciben apoios

directos da Federación, a través dos servizos prestados dende os “SIOLES” (Servizos de

información e orientación laboral) que temos nas 4 provincias e tamén a través de diversos

programas realizados dende área social, como poden ser os prestados a persoas reclusas e ex

reclusas, en risco de exclusión, vacacións, autoxestores...

A Federación presta estes servizos de atención directa ás persoas con discapacidade intelectual

co fin de facilitarlles o apoio e as ferramentas que precisan para mellorar aqueles aspectos nos

que poden ter carencias ou máis necesidades de apoio.

Nalgúns casos, estes apoios proporciónanse de xeito individualizado, mentres que noutros, os

apoios proporciónanse a un grupo de persoas con características/necesidades similares e en

espazos comúns.

Dende a Federación tamén tentamos cubrir aquelas parcelas nas que a algunhas entidades, por

escaseza de recursos, resúltalles complicado intervir.

A través da execución dos programas, promovemos que nas respectivas entidades comecen a

dinamizar e traballar estas cuestións para a mellora real da calidade de vida das persoas con

discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Coñécenos

Memoria de actividades 2018 / 9

Page 10: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Datos xerais :

40 asociacións

4.425 persoas usuarias

7.982 persoas socias

1.389 profesionais

1.231 persoas voluntarias

Mapa de entidades

10 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

ASPNAIS S. VICENTE RAIOLAS Lugo

CAMIÑA Burela

ASPANANE Viveiro

ASPROMOR Ortigueira APADER

Cedeira

CHAMORRO Narón

ASPADISOL Oleiros

AGAXFRA Culleredo

ASPRONAGA PASCUAL VEIGA A Coruña

ASPABER Carballo

ASPADEX Cee

AMICOS Boiro

AMIPA Rois

ASPAS SPECIAL OLYMPICS GALICIA ANPA A BARCIA Santiago

CON ELES APA MARXION Vilagarcía

ASPADEZA Lalin

BATA Vilanova

JUAN XXIII Pontevedra ASPADISI

Carballiño

AS BURGAS Barbadás

ASPANAS AUTISMO OURENSE ADO Ourense

ASFAVAL O Barco

ASPANAEX S. FRANCISCO SALADINO CORTIZO ASPAVI Vigo ACEESCA

O Porriño

SAN XEROME A Garda

ESPERANZA DO VAL MIÑOR Nigrán

ASDEME Chantada

PRODEME Monforte

PAI MENNI Betanzos

Page 11: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Coñécenos

Ocupacional: 32

ACEESCA, AGASFRA , ASPANAEX, JUAN XXIII (2), VALLE MIÑOR (CENTRO JUAN MARÍA) , SAN XEROME,

ASPAVI, ASPADEZA, AFAM PAI MENNI, APADER, ASPABER (2), ASPADEX, ASPADISOL, ASPAS,

ASPROMOR, ASPRONAGA, N.S. CHAMORRO, AMICOS, P. VEIGA, AMIPA, ASDEME, ASPNAIS,

ASPANANE, PRODEME, AFADI, ASFAVAL, AS BURGAS, ASPANAS, ASPADISI e AUTISMO OURENSE.

Centros e Servizos

Centro de día: 25

ACEESCA, AGASFRA(2), ASPANAEX, BATA, JUAN XXIII (2), VALLE MIÑOR (CENTRO JUAN MARIA),

SAN XEROME, CON ELES, ASPAVI, ASPADEZA, AFAM PAI MENNI, ASPABER, ASPADEX, ASPAS,

ASPROMOR, ASPRONAGA, CHAMORRO, AMICOS, ASPNAIS, ASPANANE, ASFAVAL, ASPANAS e

AUTISMO OURENSE

Residencia con ocupacional: 12

AGASFRA, PAI MENNI, APADER, ASPABER, ASPAS, ASPRONAGA, ASDEME, ASPNAIS, PRODEME,

ASFAVAL, AS BURGAS e ASPANAS.

Residencia con Centro de día: 10

AGASFRA(2), AFAM PAI MENNI, ASPAS, ASPROMOR, ASPRONAGA, AMICOS, ASPNAIS, AFADI e

ASPANAS

Centro de educación especial: 16

ACEESCA, AGASFRA, ASPANAEX, BATA, JUAN XXIII, JUAN MARIA, SAN XEROME, APA CEE VILAGARCÍA,

APA SALADINO CORTIZO, APADER, ASPRONAGA, CHAMORRO, AMICOS, ANPA A BARCIA, ASPABER e

AMICOS.

Vivenda tutelada: 15

ASPANAEX, BATA (3), JUAN XXIII, PAI MENNI, APADER (2), ASPABER, ASPADEX, ASPAS, ASPRONAGA,

AMICOS, PRODEME e AUTISMO OURENSE.

Centro especial de emprego: 12

ACEESCA, AGASFRA, JUAN XXIII, ESP. VALLE MIÑOR (CENTRO JUAN MARIA), SAN XEROME,

ASPABER, ASPADEX, ASPAS, ASPRONAGA, AMICOS, PRODEME e ASPANAS.

Memoria de actividades 2018 / 11

Page 12: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

D. Esteban Bacelo Souto

ACEESCA

Torneiros Pol Ribeira III, 24, AB

36410 O Porriño

Teléfono: 986.33.26.72

[email protected]

D. Eladio Fernández Pérez

AGASFRA

Rúa Cangas 14 Coia

36209 Vigo

Teléfono: 986.29.70.00

[email protected]

Dna. Teresa Galisteo De la Fuente

ASPANAEX

Rúa Mestres Goldar, 18 Castrelos

36213 Vigo

Teléfono: 986.20.83.95

[email protected]

D. Mario Trigo Hombre

BATA

Rúa Moreira, nº 16 A Laxe

36600 Vilagarcía de Arousa

Teléfono: 986.90.99.82

[email protected]

Dª Evangelina Sayar Aguiño

CON ELES

Rúa da Sobreira 24 Urb. O Rial

36611 Vilagarcía de Arousa

Teléfono: 986.50.26.22

[email protected]

D. José Santoro Pumarega

ESP. VALLE MIÑOR (JUAN MARÍA)

Monte das Agullas, 12 Parada

36379 Nigrán

Teléfono: 986.38.69.14

[email protected]

Dª Asunción Dacuña Pacheco

SAN XEROME EMILIANI

Rúa Galicia, 23

36780 A Guardia

Teléfono: 986. 61. 37.19

[email protected]

Dª Begoña Da Silva Ces

APA VILAGARCÍA (MARXIÓN)

Xardíns Dr. Fleming S/N

36.600 Vilagarcía de Arousa

Teléfono: 986.50.51.60

[email protected]

Dª Inés Flores Lozano

RAIOLAS LUGO

Lamas de Prado, 75 Bajo

27004 - Lugo

Teléfono: 982.20.11.89

[email protected]

D. José Luis Beltrán Fernández

ASDEME

Carretera do Seixo, s/n

27519 Chantada

Teléfono: 982.46.21.17

[email protected]

Dª. María Taboada García

ASPADEZA

Mouriscade s/n Vilanova

36519 Lalín

Teléfono: 986.78.01.50

[email protected]

D. Magín Alfredo Froiz Planes

JUAN XXIII

Rúa Eduardo Blanco Amor, 66

36.003 Pontevedra

Teléfono: 986.85.50.18

[email protected]

D. Aurelio Paredes Gil

ASPAVI

Pazos 53 A

36841 Pazos de Borbén

Teléfono: 986.48.40.35

[email protected]

Dª María del Rosario Parente Suárez

APA SALADINO CORTIZO

Carballal 60

36318 Vigo

Teléfono: 986.28.81.88

[email protected]

Dª Mercedes Varela Bolón

ASPANANE

Rúa Irmáns Vilar Ponte, 40 Baixo

27850 Viveiro

Teléfono: 982.56.30.83

[email protected]

Dª Dolores Diéguez Fernández

PRODEME

Carretera de Currelos As Lamas

27400 Monforte

Teléfono: 982.40.36.06

[email protected]

D. José Reigosa García

ASPNAIS

Rampa Claudio López, 21

27002 Lugo

Teléfono: 982.28.41.07

[email protected]

D. Juan José López Gómez

AFADI

Rúa de Luz, 3

27002 Lugo

Teléfono: 982.24.14.05

[email protected]

D. Silvino Oroza Cordido

CAMIÑA

Rafael Dieste,9 Baixo

27880 Burela

Teléfono: 982.24.14.05

[email protected]

Pontevedra

Lugo

12 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

As nosas entidades

Page 13: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Dª Ana Mª Rodríguez Estévez

AFAM PAI MENNI

Carretera de Santiago s/n

15300 Betanzos

Teléfono: 981.77.00.56

[email protected]

D. Gonzalo Latorre Morado

APADER

Escola Especial de Régoa s/n

15358 Cedeira

Teléfono: 981.48.13.30

[email protected]

D. Francisco Costa Varela

ASPABER

A Brea s/n

15102 Carballo

Teléfono: 981. 70. 26.06

[email protected]

D. Evaristo R. Lema Antelo

ASPADEX

Lugar Vilar de Toba, nº2

15.270 Cee

Teléfono: 981.74.53.81

[email protected]

Dª Esther Vidal Rodríguez

AMICOS DO BARBANZA

Lugar Comoxo s/n

15938 Boiro

Teléfono: 981.86.57.16

[email protected]

Dª Josefa Arcas Lafuente

APA PASCUAL VEIGA

Vila de Laxe, 23 1º

15005 A Coruña

Teléfono: 981.15.45.57

[email protected]

D. Eladio Fernandez Perez

SPECIAL OLYMPICS GALICIA

Vía Pasteur, 53 A Pol. Ind. Tambre

15890 Santiago de Compostela

Teléfono: 981.51.98.15

[email protected]

Dª. Monica García Cortés

AGAXFRA

Monteiral,50, Peiro de Arriba

Celas de Peiro 15.189 Culleredo

Teléfono: 689 670 124

[email protected]

Dª. Concepción Lage Menéndez

N.S. CHAMORRO

Lugar de O Cruceiro s/n. O Val

15541 Narón

Teléfono: 981.36.34.27

[email protected]

D. Marcelo de la Cruz Luzón

ASPAS

Rúa Sta. Teresa de Jornet, 19 San Marcos

15890 Santiago

Teléfono: 981.58.20.50

[email protected]

D. Mª Isabel Lorenzo Serantes

ASPROMOR

Paseo Barro Soto, s/n

15330 Ortigueira

Teléfono: 981.42.22.88

[email protected]

D. Álvaro Martínez García

ASPRONAGA

Pérez Lugín, 10

15.011 A Coruña

Teléfono: 981.14.54.18

[email protected]

Dª Inmaculada Rafael Ramos

ADO

Rúa Alexandre Bóveda, 17 baixo

32005 Ourense

Teléfono: 988.10.58.88

[email protected]

Dª Amelia Blanco Delgado

ASFAVAL

Rúa Caneiro do Bigache s/n

32300 O Barco de Valdeorras

Teléfono: 988.32.67.24

[email protected]

D. Antonio Rincón Feijoo

AS BURGAS

Rúa das Burgas, 10 A Valenzá

32920 Barbadás

Teléfono: 988.23.30.82

[email protected]

Dª Antonia Masid Rodriguez

ASPANAS

Rúa Batundeira,13. Velle

32960 Ourense

Teléfono: 988.22.71.64

[email protected]

D. Virgilio Montes Fernández

AUTISMO OURENSE

Rúa Ramón Puga s/n

32005 Ourense

Teléfono: 988.21.93.89

[email protected]

Dª Josefa Rodríguez Álvarez

ASPADISI

Rúa Rio Miño, 34

32500 O Carballiño

Teléfono: 988.27.51.77

[email protected]

D. Juan Antonio Morlan Rey

ASPADISOL

Rúa Fiandeiras, 12 O Valiño (O Carballo)

15.176 Oleiros

Teléfono: 981.63.10.70

[email protected]

Dª Mª Xunqueira Mouzo Bermúdez

ANPA A BARCIA

Rúa Barcia. Laraño

15.706 Santiago de Compostela

Teléfono: 981.53.74.01

[email protected]

D. José Rodríguez Romero

AMIPA

Reitoral de Santo Tomé de Sorribas, 2

15.980 Rois

Teléfono: 981.81.72.02

[email protected]

Ourense

A Coruña

Coñécenos

Memoria de actividades 2018 / 13

Page 14: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

ASOCIACIÓNS USUARIOS SOCIOS PROFESIONAIS VOLUNTARIOS

ACEESCA 93 577 49 10

AGASFRA 168 859 115 40

ASPANAEX 107 320 42 12

BATA 145 56 48 19

JUAN XXIII 187 384 47 33

JUAN MARIA 106 231 42 8

S XEROME EMILIANI 110 1187 50 28

CON ELES 31 81 12 7

APA VILAGARCIA 35 31 24 0

ASPAVI 29 101 11 7

SALADINO CORTIZO 79 77 42 0

ASPADEZA 54 216 12 4

1.144 4.120 494 168

PONTEVEDRA

ASOCIACIÓNS USUARIOS SOCIOS PROFESIONAIS VOLUNTARIOS

ASDEME 37 38 13 0

ASPNAIS 137 175 50 35

ASPANANE 52 252 20 13

PRODEME 95 200 20 0

AFADI 71 102 48 10

CAMIÑA 36 163 2 0

RAIOLAS LUGO 60 108 4 8

488 1.038 157 66

LUGO

A Federación en datos

14 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 15: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

ASOCIACIÓNS USUARIOS SOCIOS PROFES. VOLUNTARIOS

AFAM PAI MENNI 150 53 110 22

APADER 41 75 14 6

ASPABER 116 300 23 10

ASPADEX 80 72 34 5

ASPADISOL 21 40 11 3

ASPAS 131 169 69 20

ASPROMOR 27 190 9 0

ASPRONAGA 318 293 210 70

CHAMORRO 132 159 38 2

AMICOS 103 150 22 23

PASCUAL VEIGA 25 24 7 0

SPECIAL OLYMPICS GALICIA

1.200 329 3 813

AMIPA 23 65 9 1

APA A BARCIA 50 50 51 0

AGAXFRA 32 26 0 0

2.449 1.995 610 975

ADO 30 51 5 5

ASFAVAL 20 82 9 2

AS BURGAS 57 412 11 2

ASPANAS 155 149 83 3

ASPADISI 24 100 5 0

AUTISMO OURENSE 58 35 15 10

344 829 128 22

ASOCIACIÓNS USUARIOS SOCIOS PROFESIONAIS VOLUNTARIOS

Coñécenos

A CORUÑA

OURENSE

Memoria de actividades 2018 / 15

Page 16: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Presidente: Eladio Fernández Pérez

Vicepresidenta: Carmela González Lagarón

Secretario: Marcelo de la Cruz Luzón

Tesoureiro: Álvaro Martínez García

Vicesecretario: José M. R. Carballo Cabezas

A Xunta Directiva

Organigrama

Vogais:

Juan Luis Cortiñas Paredes

Josefa Rodríguez Álvarez

Amelia Blanco Delgado

Na reunión do 5 de xuño acordouse o seguinte cambio na composición da Xunta, pasando a ser tesoureiro Álvaro Martínez, en substitución de Juan Luis Cortiñas que asume o cargo de vogal.

Comisións

ASEMBLEA XERAL

Xunta Directiva

Presidencia

Xerencia

UDS

De centros ocupacionais De persoas con psicose,

autismo e parálise cerebral De educación

De familias De persoas con necesidades de apoio extenso/xeralizado

De residencias e miniresidencias

De vivenda e pisos tutelados De emprego

Área de atención a persoas con discapacidade intelectual

Administración Calidade Comunicación

Área de atención a familias

Área de atención a familias

Sección Social

Sección Emprego

Información e orientación laboral

Formación para o emprego

Apoios para o emprego

Fomento do emprego

Cidadanía activa

Atención a persoas con necesidades complexas

Reclusos e ex reclusos

Ocio

Información, orienta-ción e asesoramento.

Apoio emocional

Dinamización

Formación

Respiro Familiar

Representación

Coordinación

Formación: - Directivos - Profesionais - Voluntarios

Información e asesoramento

Infraestruturas, equipamentos e servizos.

Apoio ao voluntariado

Áreas transversais

Permanente de goberno De estatutos De xerentes Asesora de presidentes Xurídica De irmáns De comunicación De investimentos De calidade De transporte Económica

16 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

No 2018 reuníronse en 6 ocasións: 14/02,11/05,

30/05, 05/06/, 09/10, 10/12. E asistiron a un total

de 97 actos representando á Federación.

Page 17: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Coñécenos

O equipo técnico da federación

Memoria de actividades 2018 / 17

ÁREA DE EMPREGO: FOMENTO DO EMPREGO Santiago Paz Sixto Mónica Martínez Lamas Mª Luisa Romero López SIOL SANTIAGO José Manuel Fernández Padín Ana Paula Alvarez Fariña Angela Pombo Suárez Manuel Carrillo García Francisco José Rey González Ana Carracedo Troncoso Andrea Mónica Robles Martínez Elisa Fernández Agullo Yesica Penas Ameneiro Saskia Fungueiriño Mariño Iago Rodríguez López SIOL PONTEVEDRA Daniel Caeiro Parada Angeles López Rama María Teira Lois SIOL OURENSE Ivanka Piñón Hermida/Mª Nieves Cadavid Pérez *(Substitución baixa maternidade Ivanka) Paula Santos Losada Roberto Sea Alonso Luis Garrido Feijoo SIOL LUGO Jesús Noya Fandiño Marta Franco Rivas Iria Santidrián Novo OFICINA DE A CORUÑA Lorena Carreño Recarey

DIRECCIÓN– XERENCIA Antonio Fuentetaja Cervelo ÁREA ADMINISTRACION Xosé Manuel Pazos Mujico Nélida Ortigueira Fuentes Rocio Lemos Albor Eva Suárez Mougán Sandra García Gesto Maribel Rios Gerpe Itziar Ferreiro Salvado Beatriz Sánchez Fandiño SERVIZOS AUXILIARES Santiago López Otero CALIDADE Bibiana Sieiro Iglesias Daniel Galante Pereira COMUNICACIÓN Iria García Ferreiro FAMILIAS Juan C. Bao Valiño Ana Fraga Fernández Uxía Cabaleiro Rodríguez ÁREA SOCIAL Moisés Lamigueiro Romeo Laura Sánchez Ibarra Rocio Rey Sanmartin Manuel Seoane Mera Mª Dolores Portela León Pilar Villaverde Souto Lidia Fernández Touceda Javier Riobó Delgado Anabel Lema Chans Mª del Carmen Heredia Gómez Sara Martínez Bello VACACIÓNS IMSERSO/OCIO Ana Ferreiro Romar Eva Vidal Ferreiro

* Datos a 31/12/2018

Page 18: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

UDS (Unidades de desenvolvemento sectorial)

UDS DE PERSOAS CON GRANDES NECESIDADE DE APOIO

Susana Vázquez ACEESCA

Carlos Otero SAN FRANCISCO

Eladio Fernández SAN FRANCISCO

Mª José Vaamonde AFAM PA MENNI

Javier García ASPAS

Mª Carmen Ares ASPAS

Antonio Nayes ASPRONAGA

Paula Parga CHAMORRO

Pilar Sampedro AMICOS

Elena Santos ASPANANE

Ana Núñez ASPANAS

Persoal de Apoio Laura Sánchez e Sandra García

UDS DE EDUCACIÓN

María José Comesaña ACEESCA

Paula Fariña San Francisco

Maria José Ramos ASPANAEX

Beatriz Macías ASPANAEX

Yolanda Heras BATA

Lourdes Fernández JUAN XXIII

Sole Pazo JUAN MARIA

Mercedes Fernández SAN XEROME

Ana Barbosa ANPA VILAGARCIA

Elías Palacio ASPRONAGA

Patricia Freire ASPRONAGA

Iria Lago AMICOS

Carmela González FADEMGA

Persoal de Apoio Juan Bao e Manuel Seoane

UDS DE CENTROS OCUPACIONAIS

Susana Vázquez ACEESCA

Cayetana Cobián JUAN XXIII

Sergio Fraga JUAN MARIA

Alvaro Martinez ASPRONAGA

Lisa Matos ASPRONAGA

Mónica Seijas ASPNAIS

Javier Illanes PRODEME

Belén González ASPANAS

Modesto Gonzalez AS BURGAS

Persoal de Apoio Mónica Martínez e Manel Fernández

UDS RESIDENCIAS E MINI RESIDENCIAS

Cecilia Rodríguez SAN FRANCISCO

José M. Carballo ASPANAEX

Alberto González JUAN MARIA

Javier García ASPAS

Fernanda Pérez ASPRONAGA

Juan Carlos Dovigo CHAMORRO

Baixa ASPNAIS

Cristina Lorenzo ASPADISI

Modesto González AS BURGAS

Persoal de Apoio Rocío Rey e Mónica Martínez

UDS DE EMPREGO

Angeles Leirós ACEESCA

Diego Chapela JUAN XXIII

Alberto González JUAN MARIA

Dolores Fernández ASPABER

Rocío Coira CHAMORRO

Juan Luis Cortiñas PRODEME

Persoal de Apoio Santiago Paz e Paula Álvarez

UDS DE VIVENDA E PISOS TUTELADOS

Beatriz Macías ASPANAEX

Daniel García BATA

Belén Muñiz ASPABER

María Sáez ASPAS

Fernanda Pérez ASPRONAGA

Julio Cortiñas PRODEME

Javier Illanes PRODEME

Amelia Blanco ASFAVAL

Persoal de Apoio Dolores Portela e Santiago Paz

UDS DE FAMILIAS

Cristina Gómez ASPANAEX

Maria Jesus Varela ASPANAEX

Teresa Lagos JUAN XXIII

Vanesa González JUAN MARIA

Marcos Malvar JUAN MARIA

Ángeles Rodríguez ASPRONAGA

Isabel Pedreira ASPRONAGA

Blanca Roibás ASPNAIS

Carmela González FADEMGA

Julio Cortiñas PRODEME

Rita Freigenedo ASPADISI

Iván Martinez ASPADISI

Persoal de Apoio Moisés Lamigueiro e Pilar Villaverde

UDS DE PERSOAS CON PSICOSE, AUTISMO E PARÁLISE CEREBRAL

Catalina Conde SAN FRANCISCO

Ánxeles Santos BATA

Elena Carballo BATA

Irene Rama ASPABER

Antonio Naya ASPRONAGA

Álvaro Martínez ASPRONAGA

Iria Lago AMICOS

Natalia Montes AUTISMO OURENSE

Ana Lopez RAIOLAS

Persoal de Apoio Ana Fraga e Laura Sánchez

UDS DE AUTONOMÍA PERSOAL E DEPENDENCIA

Margarita Piñeiro SAN FRANCISCO

María Jesús Varela ASPANAEX

Isabel González JUAN XXIII

Diana de la Peña JUAN MARIA

Javier García ASPAS

Sandra Espada ASPRONAGA

José Luis Oñate CHAMORRO

Pilar Sampedro AMICOS

Ana Fernández ASPNAIS

Josefa Rodríguez ASPADISI

Persoal de Apoio Rocío Rey e Mónica Martínez

Son estruturas estables no tempo, así como de participación técnica e experta ou especializada nun campo da discapacidade intelectual. Como órganos con-sultivos, as UDS poden facer propostas de carácter técnico á Xunta Directiva. Como observatorio, son estruturas que se ocupan de “observar” e analizar o que ocorre, dentro e fóra da organización, en relación ao seu ámbito de actuación. O presidente e o xerente da Federación son membros natos de todas as UDS, comisións e grupos de traballo. Cada UDS ten un directivo responsable (indicado en azul) e un xerente responsable (indicado en verde). Cada un deles é o nexo de unión entre UDS/Comisións/grupos e a Xunta Directiva e a Comisión de Xerentes respectivamente. Ademais en cada unha delas hai un/dous técnicos da Federación como persoal de apoio.

18 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 19: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Memoria de actividades 2018 / 19

Page 20: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Comisións

COMISIÓN DE CALIDADE

Paula Mera ACEESCA

Margarita Piñeiro SAN FRANCISCO

Alfredo Sousa ASPANAEX

José M. R. Carballo ASPANAEX

Fausto García BATA

Mª Jesús Gómez JUAN XXIII

Inma Segarra AFAM PAI MENNI

Juan Fontenla ASPRONAGA

Aurora Lage N.S. CHAMORRO

Belen Muñiz AMICOS

Marta Sánchez AMIPA

Blanca Roibás ASPNAIS

Vanesa Labayen ASPANANE

Cristina Lorenzo ASPADISI

Modesto González AS BURGAS

COMISIÓN DE XERENTES

Beatriz Macías ASPANAEX

Ánxeles Santos BATA

Ignacio Rey CON ELES

Ángeles Baldonedo ASPADEZA

Inma Segarra AFAM PAI MENNI

A. Javier García ASPAS

Rocío Coira N.S. CHAMORRO

Begoña Suárez AMIPA

Mónica Seijas ASPNAIS

Carmela González FADEMGA

Julio C. Cortiñas PRODEME

Rita Freigenedo ASPADISI

Modesto González AS BURGAS

Antonio Fuentetaja FADEMGA

COMISIÓN DE IRMÁNS E CUÑADOS/AS

Carolina Galego ACEESCA

David Alonso ASPANAEX

Isabel Miranda ASPANAEX

Ana Álvarez ASPANAEX

Jessica Novoa ASPANAEX

Paula Pichel ASPANAEX

Pamela Portela JUAN XXIII

Ignacio Rey CON ELES

Hixinio Rodeiro ASPAS

Mª Luz Martínez ASPAS

Nieves García ASPAS

Lydia Martínez ASPRONAGA

Alberto Vidal ASPRONAGA

Verónica López ASPRONAGA

Pilar Bouzas ASPRONAGA

Patricia Díaz ASPNAIS

Beatriz Díaz ASPNAIS

Marcos Valdés ASPNAIS

Fernando Blanco ASPNAIS

José Antonio Cruz ASPNAIS

Carmela González FADEMGA

José Ernesto Rodríguez ASPADISI

Rocio Estévez ASPADISI

Rosana González ASPADISI

Betina González ASPADISI

Elvira Varela Fonte da Virxe

COMISIÓN DE TRANSPORTE

Ángeles Leirós ACEESCA

Ángeles Baldonedo ASPADEZA

Marcelo de la Cruz ASPAS

Pompeyo Fernández ASPRONAGA

Begoña Suárez AMIPA

Carmen López ASPNAIS

Ramon Martínez ASPANAS

Amelia Blanco ASFAVAL

COMISIÓN XURÍDICA

Eladio Fernández S. FRANCISCO

Teresa Galisteo ASPANAEX

Álvaro Martínez ASPRONAGA

Pilar Paz Asesora xurídica

Santiago Taibo Asesor xurídico

Antonio Fuentetaja FADEMGA

COMISIÓN ASESORA DE PRESIDENCIA

Eladio Fernández SAN FRANCISCO

Xosé Luis Queiruga CON ELES

Gonzalo Latorre APADER

Fernando Nieto ASPROMOR

Elías Palacio ASPRONAGA

Julio C. Cortiñas PRODEME

Delmiro Álvarez AS BURGAS

COMISIÓN DE ESTATUTOS

Esteban Bacelo ACEESCA

Eladio Fernández FADEMGA

Marcelo de la Cruz ASPAS

Elías Palacio ASPRONAGA

Álvaro Martínez ASPRONAGA

Miguel Crespo ASPNAIS

Amelia Blanco ASFAVAL

Santiago Taibo Asesor xurídico

Pilar Paz Asesora xurídica

Antonio Fuentetaja FADEMGA

COMISIÓN DE INVESTIMENTOS

José Manuel Vila S. FRANCISCO

José M. R. Carballo ASPANAEX

A. Javier García ASPAS

Pompeyo Fernández ASPRONAGA

Modesto González AS BURGAS

COMISIÓN PERMANENTE DE GOBERNO

Eladio Fernández S. FRANCISCO

José M. R. Carballo ASPANAEX

Marcelo de la Cruz ASPAS

Carmela González FADEMGA

COMISIÓN ECONÓMICA

Eladio Fernández SAN FRANCISCO

Marcos Malvar JUAN MARIA

Julio Pena ASPANANE

Alvaro Martínez ASPRONAGA

Antonio Fuentetaja FADEMGA

20 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

COMISIÓN DE COMUNICACIÓN

Eladio Fernández FADEMGA

Iria García FADEMGA

Page 21: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Coñécenos

Carmela González Directiva Ana Belén Costas AFAM PAI MENNI Alberto López AFADI

Pendente ACEESCA Natalia Catoira AFAM PAI MENNI Mª Alicia Lage ASPANANE

Juan C. Dovigo CHAMORRO Irene Rama ASPABER Vanesa López ASPANANE

Cayetana Cobián JUAN XXIII Barca Toba ASPADEX Vanesa Labayen ASPANANE

Enrique Abelleira JUAN XXIII Maite Fernández ASPAS Janet Pardo ASPANAS

Pendente JUAN XXIII Paloma Villar ASPAS Noelia Eijo CAMIÑA

Joana Lopes S. XEROME Cristina Díaz ASPRONAGA Pablo Martínez CAMIÑA

Rebeca Lago ASPAVI Antonio Naya ASPRONAGA Tania Rivera CAMIÑA

Checha Mendoza ASPADEZA Ana Fernández ASDEME Invitadas: APAMP, EVD,

Mónica Seijas ASPNAIS Charo Ingunza ASDEME CAPD Redondela

Persoal de apoio das Comisións e do Grupo de Traballo

Comisión de irmáns e cuñados Moisés Lamigueiro e Andrea Robles

Comisión de comunicación Iria García

Comisión de xerentes -

Comisión xurídica Sandra García

Comisión de investimentos Juan Bao e Sandra García

Comisión de calidade Bibiana Sieiro e Paula Álvarez

Comisión de transporte Manel Fernández e Manuel Seoane

Comisión de estatutos Asesores Xurídicos Taibo&Paz

Comisión económica Pepe Pazos e Nélida Ortigueira

Comisión asesora de presidentes -

Comisión permanente de goberno -

Grupo de traballo -Trastornos mentais e/ou alteracións de conduta Pilar Villaverde e Ana Fraga

Plena inclusión: Xunta Directiva (vogal): Mª Carmen González Lagarón Equipo de xerentes: Antonio Fuentetaja Cervelo Asesoría xurídica: Santiago Taibo e Pilar Paz CERMI GALICIA Asemblea: Eladio Fernández, Elías Palacio, Marcelo de

la Cruz, Juan Luis Cortiñas e Xosé L. Queiruga Comité Executivo: Eladio Fernández e Elías Palacio Asesor: Antonio Fuentetaja Comisión Accesibilidade: Antonio Fuentetaja Comisión Educación: Elías Palacio e Manuel Seoane Comisión Emprego: Ana Paula Álvarez e Manel Fer-

nández Comisión Muller: Dolores Portela Comisión Sanidade: Antonio Fuentetaja Consello Asesor da Discapacidade: Manel Fernández

CERMI ESTATAL Comisión Inclusión Laboral: Manel Fernández Comisión Familias: Moisés Lamigueiro Comisión Educación: Manuel Seoane Grupo de traballo desenvolvemento rural inclusivo:

Antonio Fuentetaja Representante na Xunta Directiva Special Olympics Galicia: Carmela González Consello Asesor da Función Pública: Elías Palacio Consellos Sociais Penitenciarios de Teixeiro, a Lama e de Pereiro de Aguiar. AEDIS Xunta Directiva (vogal) Javier García por FADEMGA Plena inclusión Galicia. Pola Asociación Aspaber forma parte tamén da Xunta Directiva Dolores García (vogal).

Comisións e Grupos de traballo

Outros organismos

Grupo de traballo de trastornos mentais e/ou alteracións de conduta

Memoria de actividades 2018 / 21

Page 22: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Atención

ás entidades

Page 23: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo
Page 24: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Que fixemos?

Asembleas

27 entidades (presentes e representadas) asistiron o día 30 de maio á

reunión de Asemblea Xeral Extraordinaria para votar sobre a

aprobación de modificación dos Estatutos da Federación, documento

no que se levaba traballando conxuntamente coas entidades

federadas, asesoría xurídica, comisión de estatutos e xunta directiva

dende varios anos atrás. Proposta que non obtivo os 2/3 de votos

favorables (necesarios) para ser aprobada.

O 16 de xuño celebramos a nosa Asemblea Xeral Ordinaria, repasamos

un ano de actividades, contamos ca participación de 27 entidades

federadas e estas aprobaron, entre outras, as contas e a memoria

2017, o plan de acción e orzamento para o 2018, a baixa dos vehículos

matriculados en 2008...

O presidente Eladio Fernández, quixo recalcar que o 2018 foi un ano

moi positivo polo entendemento e a colaboración que houbo coa

Administración Pública. Nesta reunión, a nosa Vicepresidenta e

membro da Xunta Directiva de Plena inclusión animou ás entidades

presentes a participar na Xornada de Familias, e agradeceu aos irmáns

a súa participación e traballo, xa que 2018 foi o ano da Familia, ano no

que reivindicamos que Cada familia importa!

24 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 25: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Parlamento de Galicia

Atención ás entidades

O 19 de marzo asinamos co Presidente do Parlamento de Galicia un

convenio de colaboración orientado ao desenvolvemento de

actividades conxuntas para a inclusión das persoas con discapacidade

intelectual na Cámara galega.

Este convenio permite a realización de actividades que faciliten a

adaptación e o desenvolvemento das funcións que persoas con

discapacidade intelectual puideran prestar no Parlamento de Galicia.

Entre as posibles medidas a desenvolver ao abeiro deste convenio,

figura a realización de cursos de formación, o apoio no proceso de

inserción e adaptación, o seguimento do desempeño da actividade

laboral ou a realización de talleres prácticos para o intercambio de

experiencias, dirixidos ao persoal que realice funcións de referencia.

Tamén presentamos as demandas e necesidades do colectivo no

Parlamento de Galicia ante varios grupos políticos. Co PSdeG-PSOE o

26 de xaneiro, o 6 de xullo con En Marea, co BNG o 27 de setembro e

o día 4 de decembro participamos nun acto con motivo

do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade no

Parlamento.

Algunhas das demanda que expuxo o Presidente foron: a Carteira de

Servizos Sociais, o desenvolvemento do Concerto Social, Copago, a ILP,

recursos e acceso aos servizos, demandas en materia de apoios para

as persoas con grandes necesidades de apoio, sanidade, educación,

ámbito laboral, accesibilidade universal, ...

Memoria de actividades 2018 / 25

Page 26: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

O 6 de febreiro asistimos a unha reunión na Consellería de Política Social, coa S.X.

Promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia onde se abordaron

temas como IRPF 2017/2018, axudas destinadas á adquisición de servizos de

promoción da autonomía persoal, adquisición de servizos complementarios de

asistencia persoal, atención temperá, accesibilidade, subvencións destinadas a

confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin

federadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de asesoramen-

to e formación de persoas con discapacidade en Galicia, análise da situación actual

do transporte, liñas de actuación da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con

Discapacidade para 2018, elaboración do Plan galego de Accesibilidade, atención á

Dependencia – SAAD, regulamento do asistente persoal e vida independente...

Este ano producíronse varios cambios na Administración Autonómica, entre eles o

nomeamento dunha nova Conselleira de Política Social e do novo Director Xeral de

Maiores e Persoas con Discapacidade.

O 5 de novembro tivemos a nosa primeira reunión co novo Director Xeral Ildefonso

de la Campa e coa Conselleira Fabiola García, reunións onde abordamos a situación

do colectivo de persoas con discapacidade, entregándolles un resumo dos temas que

queriamos abordar nesta nova etapa como: revisión da Carteira de Servizos Sociais,

copago, costes sanitarios, perfís profesionais, incremento de prazas necesarias nos

distintos servizos, revisión e análise coste/praza nos servizos, establecemento dun

“prezo público”, xestión de prazas polas entidades (acceso, rexistro único...),

convocatoria do 0.7% IRPF, partidas de inversións e demandas das entidades para os

proxectos residenciais (reformas, ampliacións, equipamento…) acceso aos servizos

(transporte, acompañamento ata os mesmos...), desenvolvemento do Espazo

sociosanitario e guía de inspección, autorización e acreditación de centros e servizos

regulación e unificación dos criterios e actuacións de inspección...

Que fixemos?

Xunta de Galicia

26 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 27: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Sinatura do Convenio de Adaptación de Sentenzas a Lectura fácil

Dende o ano 2017 estamos traballando nun proxecto piloto de adaptación de

sentenzas a lectura fácil. Mantivemos reunións co Conselleiro de Presidencia e

administracións públicas, e o día 28 de decembro asinamos un convenio coa

Xunta, acto ao que asistiu o Vicepresidente da Xunta. Con este convenio

puxemos en marcha un proxecto piloto para adaptar sentencias e outros

documentos a lectura fácil. Neste acto tamén participou o Presidente do

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Trátase do primeiro proxecto piloto que

se fará no Xulgado de Primeira Instancia Nº 6 de Compostela, especializado en

dereito de familia.

Outras reunións -adaptacións a lectura fácil

Mantivemos 3 reunións con Xuíz e a Secretaria Xudicial do Xulgado de Familias

de Compostela, para facer un proxecto de adaptación a lectura fácil das

sentenzas de modificación da capacidade de obrar e internamento

involuntario.

O 9 de setembro reunímonos con Cristina Rubal (Subd. Xeral de Bibliotecas) e

Consuelo Meiriño (Xefa de Servizo de Bibliotecas) para promover clubs de

Lectura Fácil nas Bibliotecas Públicas de Galicia.

O 31 de setembro reunímonos coa Subdirectora de Política Lingüística María

Lourdes Batán e con Olga López López asesora de Política Lingüística. Na reunión

acordouse asinar un convenio de colaboración para colaborar na adaptación do

temario das probas do nivel de galego Celga 2 e formar en lectura fácil ao

persoal de Política Lingüística.

O 10 de abril reunímonos coa Subdirectora de Función Pública Raquel Souto e

dous técnicos de Prevención de Riscos Laborais (PRL) para facilitar materiais en

Lectura Fácil sobre PRL de cara á formación das persoas con discapacidade inte-

lectual que se incorporaban na Xunta.

Xunta de Galicia

Atención ás entidades

Memoria de actividades 2018 / 27

Page 28: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

No mes de Xuño fixemos supervisión dos temarios da Xunta do posto de Subalterno

ordenanza para as prazas específicas para persoas con discapacidade intelectual.

O 9 de marzo fixemos formación para os técnicos de FADEMGA no sistema FIDES,

para poder inscribir aos usuarios/as que participen no proceso selectivo do Sergas de

celadores. Igualmente, o 19 de abril impartimos formación dous membros do persoal

técnico do Sergas en Lectura Fácil, para adaptación dos temarios de celador.

Proxecto piloto de formación dual

Durante este ano mantivemos comunicación constante coa Consellería de

Economía, Emprego e Industria e coa Secretaría Xeral de Emprego, co obxecto de

poñer en marcha un proxecto piloto de formación dual adaptada para persoas con

discapacidade intelectual en Galicia. Dito proxecto de formación dual procede da

experiencia da entidade balear Amadip Esment e a súa implantación a nivel estatal

está promovida pola patroal AEDIS.

Os primeiros contactos da Federación coa Administración autonómica para promover

esta novidosa metodoloxía datan do mes de agosto de 2015, pero é durante 2017

cando a través de UDS de emprego se comeza a traballar nunha proposta unificada

que se materializa nunha xornada de difusión do Modelo de Formación Dual de

AEDIS o 23 de novembro en Santiago de Compostela.

Nesta xornada contamos coa presenza do Conselleiro de Economía e Emprego, o

Director Xeral de Orientación e Promoción laboral, a Subdirectora Xeral de

Formación Profesional da Consellería de Educación e a Subdirectora Xeral de

Recursos Residenciais e Atención diúrna da Consellería de Política Social, así como o

presidente e a xerente de AEDIS e os representantes de Amadip Esment, Fernando

Rey e Pueyo Pons (como poñenetes e especialistas no Modelo e na súa

implantación). Ese mesmo día, celebramos unha xuntanza de traballo con

técnicos da Consellería para expoñer as distintas posibilidades de implantación do

modelo en Galicia.

Xunta de Galicia

Que fixemos?

28 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 29: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Ao longo do 2018 a UDS de emprego continúa traballando (21 de febreiro, 24 de

outubro) para concretar un borrador de proxecto piloto de formación dual adaptada

á realidade galega como proposta para a Administración autonómica. Prodúcense

diversos contactos coa Administración, o 20 de xuño co Conselleiro de Economía,

Emprego e Industria, Francisco Conde; e o 8 de febreiro, o 7 de agosto e o 8 de

outubro coa Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca, a subdirectora Xeral de

Cooperativas e Economía Social, Alba Paz e coa Xefa do Servizo de Economía Social,

Asunción García.

No mes de agosto, a Secretaria Xeral de Emprego comunica a intención da

Consellería de poñer en marcha o proxecto piloto de formación dual adaptada a

persoas con discapacidade intelectual cunha duración de 3 anos e na xuntanza do

mes de outubro concreta que a convocatoria irá dirixida a Centros Especiais de

Emprego sen ánimo de lucro. Informa da consignación do orzamento para este

proxecto piloto nos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2019, solicita aportacións

ao proxecto e ofrece a posibilidade de que a federación propoña un borrador de

Orde de bases sobre o que a Secretaría Xeral de Emprego poida traballar para

acelerar o proceso.

O 13 de decembro Pueyo Pons é convidada pola Federación para unha xornada de

formación-traballo nas instalacións da Federación co obxecto de adaptar as Ordes de

bases e Convocatorias de formación dual das Illas Baleares á realidade xurídico-

administrativa de Galicia. A esta xornada asisten os membros da UDS, outras

entidades federadas interesadas no proxecto e persoal técnico de FADEMGA. O

produto resultante é un borrador de Orde de Bases e Convocatoria para o proxecto

piloto de Formación Dual que se presenta o 14 de decembro na Secretaría Xeral de

Emprego coa colaboración de Pueyo Pons, co compromiso por parte da

Administración de traballar sobre el e poder poñelo en marcha no menor prazo

posible con partida económica.

Xunta de Galicia

Atención ás entidades

Memoria de actividades 2018 / 29

Page 30: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Visibilización da discapacidade intelectual nas Administracións

Participamos ao longo de todo o ano na exposición CapacitARTE organizada pola

Xunta de Galicia e o CERMI Galicia.

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez

foi a encargada de inaugurar a nosa exposición o día 10 de xullo “CapacitARTE. Así

somos. Así o facemos’, que se puido visitar durante todo o mes de xullo no espazo da

pirámide do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano.

A exposición estaba formada por unha vintena de fotografías e texto explicativo que

reflicte o día a día deste colectivo, así como das actividades e programas que levan a

cabo as 40 entidades federadas. Asistiron as seguintes entidades Juan María, Aspas,

San Francisco, Pascual Veiga, Aspadeza e Aspanas.

Igualmente, asistimos ás inauguracións das exposicións adicadas a tódalas entidades

que conforman o CERMI Galicia para dar o noso apoio como Federación a este

proxecto de visibilización.

Á dereita, imaxe incluída na exposición, baixo o título “Todos somos todos”.

Xunta de Galicia

Que fixemos?

30 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 31: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Coñécenos

Memoria de actividades 2018 / 31

Page 32: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

SFE ENTIDADE DENOMINACION PROXECTO CUSTO TOTAL CONCEDIDO COFINANC.

AS BURGAS ADQUISICIÓN DE EQUIPAMIENTO FISIOTERAPIA 3.057,17 2.292,87 764,30

ASFAVAL ADQUISICIÓN DE UN ARMARIO PARA ALMACENAMENTO DE MEDICACIÓN

3.942,18 2.956,64 985,54

ASPAS MELLORA INFRAESTRUCTURAS INFORMÁTICA NO C. OCUPACIONAL

36.001,10 26.901,10 9.100,00

ASPNAIS 2ª FASE EQUIPAMENTO INDUSTRIAL PARA COCIÑA

49.600,01 37.200,00 12.400,01

AMICOS EQUIPAMENTO C. DÍA: VEHÍCULO DE TRANSPORTE E MULTIFUNCIÓN DE IMPRESIÓN

32.642,21 24.481,66 8.160,55

JUAN MARIA MELLORAR A ACCSIBILIDADE NOS TALLERES (REFORMA DE ASEOS E ENTRADA)

21.556,33 16.167,25 5.389,08

ACEESCA EQUIPAMENTO PARA UN PARQUE SENSORIAL "SENSACIÓN DE VIVIR"

24.461,97 18.346,48 6.115,49

ASPANAS PINTAR MÓDULO MASCULINO DO CENTRO RESIDENCIAL 7.241,05 5.430,79 1.810,26

PRODEME VEHÍCULO ADAPTADO 32.350,01 24.000,00 8.350,01

CAMIÑA PIZARRA DIXITAL 2.603,94 1.952,95 650,99

ASPADEZA PIZARRAS DIXITAIS INTERACTIVAS: UNHA METODOLOXÍA DE APRENDIZAXE MAS INCLUSIVO E DINÁMICO

3.709,99 2.782,50 927,49

SAN XEROME EMILIANI

EQUIPAMENTO DE ESPAZOS DE CENTROS DE DÍA E OCUPACIONAL

21.227,79 15.920,84 5.306,95

ASPANAEX FURGONETA DE 9 PLAZAS KM0 19.200,00 14.400,00 4.800,00

ASPANANE SUBSTITUCIÓN DE VENTANAS PARA MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA

26.000,48 19.500,36 6.500,12

AGASFRA AMPLIACIÓN DE EQUIPAMENTO PARA A MELLORA DA ATENCIÓN A PERSONAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL (CÁMARAS)

43.575,73 32.681,80 10.893,93

ASPABER REPARACIÓN E MELLORA DA CUBERTA DO CORPO CENTRAL DO OCUPACIONAL E DÍA

36.442,25 27.331,69 9.110,56

RAIOLAS REFORMA E EQUIPAMENTO: CHAN E ORDENADORES 3.042,21 2.281,66 760,55

FADEMGA ACONDICIONAMIENTO E EQUIPAMENTO PARA ADAPTACIÓN Á NOVA IMAXE

23.070,47 14.062,84 9.007,63

389.724,89 288.691,43 101.033,46

Xestión de infraestruturas

PIR: Plan de infraestruturas rexionais (Fundación ONCE-Plena inclusión)

32 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 33: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

PIR

Promoción e adecuación de centros e unidades de atención a persoas con discapacidade intelectual. 0.7% IRPF Xunta de Galicia 2017-2018

Asociación Tipo de Proxecto Coste total Concesión Cofinanc. Aport. Propia

JUAN MARÍA Adaptación Cociña 17.367,88 € 8.125,32 € 9.242,56 €

ASPANAEX Sistema Incendios 24.806,81 € 12.286,06 € 12.520,75 €

FADEMGA Vehículo adaptado 34.000,00 € 24.000,00 € 10.000,00 €

TOTAL EQUIPAMENTO 76.174,69 € 44.411,38 € 0,00 € 31.763,31 €

AS BURGAS Reforma tuberías 15.636,83 € 6.833,33 € 8.803,50 €

ASPABER Reforma para aulas 121.091,49 € 23.306,80 € 57.886,82 € 39.897,87 €

ASPNAIS Adaptación baños 34.890,35 € 28.838,38 € 6.051,97 €

SAN XEROME Rehabilitación, adaptación á normativa vixente

93.096,84 € 58.122,93 € 34.973,91 €

ASPANAS Cambio tuberías C. Ocupacional

17.550,95 € 9.203,78 € 8.347,17 €

Total Obras 282.266,46 € 126.305,22 € 57.886,82 € 98.074,42 €

TOTAL 358.441,15 € 170.716,60 € 57.886,82 € 129.837,73 €

Atención ás entidades

Memoria de actividades 2018 / 33

Trátase de proxectos que conseguiron financiación durante o 2017 para a súa execución e xustificación no 2018.

Page 34: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

NOME ENTIDADE

TIPO DE GASTO SOLICITADO COFINANC. AP. PROPIA TOTAL

CAMIÑA EQUIPAMIENTO (EQUIP. COCIÑA) 2.056,95 €

2.056,95 €

ACEESCA EQUIPAMIENTO (PARQUE SENSORIAL) 29.146,78 €

18.346,48 €

2.499,64 €

49.992,90 €

ASPAS EQUIPAMIENTO (FURGONETA ADAPTADA 2 SILLAS CON ASENTO XIRATORIO)

30.000,00 €

7.840,86 €

37.840,86 €

ASPANAS EQUIPAMENTO COCIÑA 7.502,00 €

1.875,50 €

9.377,50 €

PRODEME EQUIPAMIENTO: (VOLQUETE PARA CO DE LEÑA) 17.500,00 €

4.262,62 €

21.762,62 €

ASPANANE EQUIPAMIENTO (FURGONETA ADAPTADA 1 SILLA)

24.837,00 €

10.644,42 €

35.481,42 €

AGASFRA EQUIPAMIENTO (INSTALACIÓN CÁMARAS VIDEOVIXIANZA)

5.000,00 €

32.681,80 €

5.893,93 €

43.575,73 €

BATA EQUIPAMENTO INFORMÁTICO E AUDIOVISUAL 15.000,00 €

2.999,86 €

17.999,86 €

ASPAVI EQUIPAMENTO (OBRADOIRO DE LAVADO DE ROUPA)

17.000,00 €

4.279,67 €

21.279,67 €

SOG EQUIPAMIENTO VEHÍCULO 14.400,00 €

3.600,00 €

18.000,00 €

FADEMGA EQUIPAMIENTO (3 VEHICULOS. REPOSICIÓN Y CESIÓN)

90.686,89 €

10.076,32 €

100.763,21 €

ASPNAIS EQUIPAMENTO COMEDOR 12.703,45 €

1.411,49 €

14.114,94 €

TOTAL EQUIPAMENTO 265.833,07 € 51.028,28 € 55.384,31 € 372.245,66 €

NOME ENTIDADE

TIPO DE GASTO SOLICITADO COFINANC. AP. PROPIA TOTAL

AS BURGAS OBRA (REFORMA DA REDE DE SUMINISTRACION AUGA CO E CR)

16.784,22 €

5.594,73 €

22.378,95 €

JUAN XXIII CONSTRUCCIÓN DE RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA 831.872,00 €

120.000,00 €

1.329.784,24 €

2.281.656,24 €

ASPABER OBRA (ACCESIBILIDADE CENTRO DE FORMACION E REPARACIÓN PISTA DEPORTIVA)

35.000,00 €

10.000,00 €

4.920,72 €

49.920,72 €

JUAN MARÍA OBRA (SUSTITUCIÓN VENTANAS, ILUMINARIA E CÁMARAS)

10.000,00 €

7.679,31 €

17.679,31 €

SAN XEROME OBRA (REHABILIT. ADAPTAR A NORMATIVA - FIN FASE I E PARTE 1 FASE II)

159.177,87 €

28.090,21 €

187.268,08 €

AMICOS OBRA AMPLIACIÓN CENTRO DE DÍA (INCLÚE EQUIPAMENTO)

79.096,69 €

20.000,00 €

99.096,69 €

BATA ACCESIBILIDADE CENTRO E COMEDOR 30.000,00 €

4.806,86 €

34.806,86 €

CHAMORRO OBRAS DE ADECUACIÓN INTERIOR NO CO E CD 180.260,90 €

37.440,23 €

217.701,13 €

AUTISMO OURENSE

CONSTRUCIÓN PISTA HIPOTERAPIA 48.000,00 €

10.877,39 €

58.877,39 €

ASPANAEX CONSTRUCIÓN DE RESIDENCIA 828.537,74 €

355.087,53 €

1.183.625,27 €

RAIOLAS INSTALACIÓN VENTILACIÓN E RENOVACIÓN DE AIRE CENTRO DE DÍA

39.659,93 €

39.659,93 €

TOTAL OBRA 2.258.389,35 €

150.000 € 1.784.281,22 € 4.192.670,57 €

TOTAL 2.524.222,42 € 201.028,28 € 1.839.665,53 € 4.564.916,23 €

Xestión de infraestruturas

Promoción e adecuación de centros e unidades de atención a persoas con discapacidade intelectual. 0.7% IRPF Xunta de Galicia 2018-2019

34 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

As entidades que solicitaron esta subvención foro as que se detallan de seguido (a finais de ano estaban pendentes de resolución):

Page 35: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Memoria de actividades 2018 / 35

Page 36: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Durante 2018, a área de Comunicación de FADEMGA Plena inclusión Galicia

continuou traballando para mellorar os diferentes procesos de comunicación (tanto

internos como externos) e fomentando os Valores e a Misión do noso Movemento

Asociativo, tanto entre as entidades federadas, como entre a sociedade xeral.

Seguindo as guías marcadas polo Plan Estratéxico de Plena inclusión, e en consoancia

co plan de actividades da nosa federación, centramos o traballo en potenciar as

fortalezas, transmitir valores, sensibilizar e educar sobre a discapacidade intelectual.

:: Elaboramos e difundimos campañas audiovisuais

Campaña sobre muller e discapacidade intelectual: “Míranos, escóitanos,

apóianos”. A través de 7 reportaxes de mulleres pertencentes ás entidades Juan

XXIII, ASPAS e a propia Federación, tratamos de concienciar sobre a tripla discri-

minación e as barreiras que dificultan a estas mulleres o exercicio dos seus derei-

tos, a participación social o acceso á formación e ao emprego… Ademais das 7

reportaxes, creamos para a campaña cartelería específica, folletos, un espazo

propio na web e unha xornada celebrada o 27 de novembro en Santiago de

Compostela. (ver páxina 68)

A 31 de decembro, os datos de difusión da campaña eran: 94.218 persoas

alcanzadas, 51.491 reproducións dos vídeos, 4.871 veces compartida.

Campaña sobre asesoría xurídica. Outra das campañas audiovisuais foi a do

Programa de asesoría xurídica. Co obxectivo de potenciar que sexan as propias

persoas con discapacidade intelectual as que soliciten este programa, realizamos

un vídeo con membros da asociación ASPAS, que explicaban a outras persoas con

discapacidade intelectual os beneficios de solicitar este programa e como facelo.

O vídeo foi presentado nunhas xornadas xurídicas celebradas en Castela León.

A 31 de decembro, os datos de difusión da campaña eran: 3.795 persoas

alcanzadas, 1.297 visualizacións e 356 veces compartida en redes.

Áreas transversais

Comunicación

36 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 37: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Campaña de emprego “A Miña Oportunidade”. Continuando coa campaña

iniciada en 2017 “A Miña Oportunidade”, realizamos 2 vídeos orientados a

mostrar o día a día de persoas con discapacidade intelectual que consegui-

ron o seu posto de traballo na empresa ordinaria ou ben na Administración

pública, despois de aprobar as oposicións destinadas ao colectivo.

A campaña difundiuse a través das nosas redes sociais (Facebook, Twitter,

Instagram…) así como na páxina web e a nosa canle de Youtube contando

coas seguintes estatísticas:

A 31 de decembro de 2018: 9.547 persoas alcanzadas, 2.628 visualizacións

dos vídeos e 305 veces compartido.

:: Elaboración do Plan de comunicación externa

Co obxectivo de desenvolver e definir políticas de comunicación eficaces e ben

orientadas, capaces de resultar efectivas, contribuíndo a un mellor coñecemento

e valoración da nosa federación por parte da sociedade, comezamos no último

trimestre do 2018, a desenvolver un plan de comunicación externa, que terá en

conta o impacto das novas tecnoloxías e a variación nos hábitos de consumo

informativo da maioría dos cidadáns.

Querendo contar coa visión de todas as nosas entidades, decidimos incluír no

equipo de traballo a membros de asociacións federadas, así como a profesionais

doutras áreas transversais de FADEMGA (ademais da de comunicación), como

son Calidade e Administración.

O Plan de comunicación iniciámolo en colaboración coa consultoría SocialCo (a

través da convocatoria do “Programa Mais Social” da Fundación Barrié) e está

previsto que o seu desenvolvemento termine en setembro de 2019.

Atención ás entidades

Comunicación

Memoria de actividades 2018 / 37

Page 38: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

:: Mentoring en redes sociais

Iniciamos o programa de mentoring co obxectivo de mellorar a estratexia online da

federación. A través deste programa traballamos en:

- Mellorar o alcance e a interacción cos nosos seguidores en redes.

- Mellorar as mensaxes e adecuar as nosas comunicacións ao medio dixital

(os códigos e mensaxes non han de ser os mesmos que no medio impreso).

- Aumentar en seguidores e visitas á nosa web.

Como parte deste proxecto, realizamos unha análise inicial do estado das nosas

redes.

Os principais indicadores obtidos foron:

:: En Facebook

> 1,2 novos seguidores ao día.

> 62 persoas (fans e non fans) interactúan coa páxina

> 831 persoas (fans e non fans) ven a páxina cada día

> O 12,1% dos fans da páxina ven a súa actividade

:: En Twitter

> 3.199 tweets publicados nun ano (setembro 2017-setembro2018)

> 1.223 Retweets conseguidos

> 1086 mencións

> 1425 favoritos

:: En Instagram

> 136 publicacións

> 5.011 likes (unha media de 37 likes por publicación)

> 67 comentarios

Áreas transversais

Comunicación

38 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 39: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

:: Organización do 2º Encontro con xornalistas “Hoxe pregunto eu”

Por segundo ano consecutivo, no mes de novembro celebramos o encontro

entre xornalistas e persoas con discapacidade intelectual, que novamente se

enmarcou dentro do Encontro de Autoxestores autonómico. Durante esta

xornada, os xornalistas Alba Chao Vázquez (membro do Colexio oficial de

Xornalistas de Galicia), Marta Neira (O Correo Galego) e Pepe González (da

Cadea SER), compartiron unha tarde de preguntas sobre o tratamento que se fai

actualmente nos medios de comunicación sobre a discapacidade intelectual.

:: Elaboración e envío de notas de prensa

Realizamos o envío dun total de 56 notas de prensa, centradas tanto nas activi-

dades e eventos da federación (Seminario da Discapacidade, Foro de Familias,

Foro de Irmáns, Encontro de autoxestores…), actividades organizadas pola nosa

Confederación Plena inclusión (Encontro Estatal de Familias, reunións online do

club de lectura fácil, campaña contra os malos tratos das mulleres con discapaci-

dade intelectual…), campañas doutras entidades do Terceiro Sector (como a co-

laboración anual na organización e desenvolvemento en Galicia da Campaña X

Solidaria, ou a SAME) así como nos diferentes logros e reivindicacións

conseguidos polo noso colectivo, como o dereito ao voto logrado para todas as

persoas con discapacidade intelectual, un dos principais temas que protagonizou

máis reportaxes e entrevistas durante o 2018.

Igualmente, durante este ano a área de comunicación encargouse dos diferentes

deseños de materiais corporativos, actualización e mantemento da páxina web,

cobertura fotográfica de actividades e elaboración do boletín corporativo, entre

outras actividades.

Atención ás entidades

Comunicación

Memoria de actividades 2018 / 39

Page 40: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

As accións/actividades realizadas foron:

Xestionamos e actualizamos o sistema de xestión de calidade da federación na procura de

mellorar os servizos prestados as nosas asociacións. Analizamos resultados de obxectivos,

indicadores de procesos, cuestionarios de satisfacción dos diferentes grupos de interese,

non conformidades e incidencias e planificamos medidas que eviten desviacións e acaden

os resultados esperados.

Formamos ao persoal de recente incorporación ao noso movemento asociativo, sobre o

novo concepto da discapacidade intelectual, a importancia dos apoios, o modelo de

calidade de vida e máis concretamente o modelo e o sistema de avaliación da calidade de

Plena inclusión.

Auditorías realizadas:

- 28/05/2018. Auditoría interna servizo de respiro familiar, procesos de apoio e estratéxicos

- 01/10/2018. Auditoría interna servizo de fomento do emprego

- 02/10/2018. Auditoría interna servizos da área de emprego e formación-deleg. Santiago

- 02/10/2018. Auditoría interna servizos da área de emprego e formación-deleg. Vigo

- 03/10/2018. Auditoría interna servizos da área de emprego e formación-deleg. Ourense

- 09/10/2018. Auditoría interna servizos da área de emprego e formación-deleg. Lugo

- 16/11/2018. 1ª auditoría externa de seguimento do certificado ISO 9001:2015 AENOR

A publicación do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de

27 de abril de 2016 relativo a protección das persoas físicas no que respecta ao

tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos, xunto coa Lei Orgánica

3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos

dixitais, tradúcese en que para o cumprimento debamos executar as seguintes accións:

formación ao persoal da federación, modificación contratos encargados de tratamento,

modificación cláusulas, definición activos e dominios de seguridade, identificación e

análise de riscos, establecemento de medidas de seguridade, elaboración de protocolos:

violacións de seguridade, exercicio de dereitos…

Calidade

Áreas transversais

40 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 41: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Indagamos, recopilamos información e planificamos a elaboración e

implantación dun plan de igualdade en FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Creamos a comisión de igualdade.

Formámonos en COMPLIANCE modelo de organización e xestión de prevención

de riscos penais coa intención de implantalo na Federación en breve.

Sector de atención ás asociacións federadas

Damos a coñecer o modelo de calidade Plena así como o seu sistema de

avaliación mediante diferentes medios: correo ordinario, mail, manchetas, a

través de novas no Info XXI, na web da Federación…

Xestionamos e axilizamos todas as demandas que chegaron á federación

relacionadas co Sistema de Avaliación de Calidade Plena.

1ª Reunión plan de igualdade Consultora Recursos Galicia 03/12/2018

Sesión formativa 1ª COMPLIANCE (información xeral) 13/11/2018

Sesión formativa 2ª COMPLIANCE ( responsabilidade penal, ética, manuais de bo goberno, cumprimento e códigos de conduta...)

10/12/2018

Sesión formativa 3ª COMPLIANCE (sistemas de cumprimento, análise de riscos...)

17/12/2018

Sesión formativa 4ª COMPLIANCE (códigos e manuais a implantar, obrigas formais, compliance officer externo, canal de denuncia...)

21/12/2018

Entidades en proceso de acredi-tación no SACP*

8 entidades están en proceso de acreditación no SACP*

JUAN XXIII, ASPANAEX, ASPRONAGA, AMIPA, CHAMORRO, AMICOS, AS BURGAS, JUAN MARIA

Entidades acreditadas en calidade Plena

7 entidades federadas acadaron acreditación

JUAN XXIII, ASPANAEX, AGASFRA, ASPNAIS, BATA, ACEESCA, ASPANANE

Atención ás entidades

Calidade

Memoria de actividades 2018 / 41

*SACP: Sistema de Avaliación de Calidade Plena.

Page 42: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Formamos a responsables de calidade e equipos de autoavaliación no proceso de

acreditación na etapa elixida da calidade Plena.

Fixemos asesoramento presencial sobre calidade Plena, transformación e política de

persoas a técnicos da asociación ASPANAS.

Coordinamos e asesoramos á comisión de calidade composta polas seguintes

entidades federadas: JUAN XXIII, ASPANAEX, ASPRONAGA, AGASFRA, ASPNAIS,

BATA, AMIPA, ACEESCA, ASPANANE, CHAMORRO, AMICOS, PAI MENNI, ASPADISI e

AS BURGAS (3 reunións presenciais e multitude de contactos telefónicos).

Formamos ao persoal de Special Olympics Galicia (SOG) sobre a historia do noso

movemento asociativo, o novo concepto da discapacidade intelectual, a importancia

dos apoios, o modelo de calidade de vida e mais concretamente o modelo e o

sistema de avaliación da calidade de Plena inclusión.

Xestionamos unha sesión de consultoría sobre política de persoas Plena inclusión para que as entidades federadas remataran os seus plans de persoas e resolveran tódalas dúbidas xurdidas.

Formación responsables

de calidade Plena

03/05/2018 6 persoas alumnas das entidades CON ELES,

ASFAVAL, JUAN MARIA, ASPAS, ASPANAS e

ASPADEZA.

Formación acollida novo persoal SOG 15/01/2018 (1 muller e 3 homes)

Formación acollida novo persoal SOG 10/10/2018 (1 muller e 2 homes)

Formación acollida novo persoal SOG 04/12/2018 (2 mulleres e 4 homes)

Calidade

Xornada política de persoas 19/10/2018

ACEESCA, ASPANAEX, JUAN MARIA , NSA SRA CHAMORRO

Áreas transversais

42 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 43: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Atención ás entidades

Calidade

Impulsamos o intercambio de coñecemento creando unha bolsa de auditores internos de calidade que executen auditorías cruzadas de calidade entre as entidades federadas.

Promovemos que se leven a cabo accións formativas e xornadas que favorezan a consecución dos plans de mellora das entidades federadas: xornada sobre Compliance (13/11/2018), formación sobre a actual normativa de protección de datos (20/11/2018), formación sobre a xestión do voluntariado (23/02/2018 e 20 e 21/09/2018), formación lectura fácil (19 e 26/04/2018). Ver apartado de Formación, páx 44.

Colaboración coa Confederación Colaboramos coa confederación Plena inclusión en accións marcadas no plan estratéxico. Participamos na rede estatal de Calidade Plena intercambiando información, debatendo temas relacionados co noso movemento asociativo e executando as accións encomendadas no Plan estratéxico de Plena inclusión. Traballamos na preparación dun Encontro estatal de prácticas admirables no que fomentar o intercambio de coñecemento entre entidades de diferentes partes de todo o país.

Bolsa auditores internos

Participan 5 entidades (ASPANAEX, ASPRONAGA, JUAN XXIII, CHAMORRO e FADEMGA Plena inclusión GALICIA)

Memoria de actividades 2018 / 43

Page 44: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Formación

Formación para Monitores: :: Curso de contención mecánica (iniciación) O día 18 de marzo Mauro Álvarez, experto en contención mecánica impartiu este curso para un total de 19 alumnas e alumnos.

Formación para profesionais:

:: O voluntariado en Plena inclusión: Orientacións para a xestión do voluntariado: Este curso tivo lugar o día 23 de febreiro e asistiron un total de 17 persoas de entidades federadas e da propia federación. Foi impartidos por Olga Fernández responsable de accesibilidade de Plena inclusión. Algúns dos contidos do curso foron: proxecto común e posicionamento, calidade de plena inclusión no voluntariado, código ético, xestión do voluntariado... :: O Voluntariado en Plena inclusión: Orientacións para a xestión do voluntariado (II) Realizouse os días 20 e 21 de setembro en Santiago de Compostela. Foi impartido por Silvia Muñoz responsable Voluntariado en Plena inclusión. Os contidos foron: proxecto común e posicionamento, a práctica nas entidades, calidade de vida, detección de situacións non éticas, beneficios da persoa voluntaria, voluntariado das familias... :: Curso de Outlook O día 26 de decembro un total 7 traballadores/as da Federación asistiron ao curso. :: Curso de “Ferramentas da comunicación par formador de formadores” Realizouse na modalidade de teleformación o persoal da Federación, comenzouse a finais de decembro e rematará no primeiro trimestre do 2019.

Formación para persoas voluntarias: :: Creación e dinamización de Clubs de lectura fácil

María Peralta membro da Asociación Lectura Fácil Madrid foi a docente que impartiu o día 1 de decembro o curso de creación de dinamización de clubs de lectura fácil. Neste curso dábase a coñecer o formato lectura fácil e os seus beneficios. Trataba de dotar con pautas, ferramentas e materiais aos participantes co fin de dinamizar con éxito este tipo de clubes. A este curso asistiron un total de 11 persoas voluntarias.

Áreas transversais

44 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 45: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Atención ás entidades

Formación

:: Língua de Signos Española A Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela impartiu este curso os días 14, 21 e 28 de maio para un total de 10 alumnos e alumnas. Os contidos eran: cultura do colectivo, estrutura da lingua de signos, como comunicarnos... :: Língua de Signos Española Prevención, detección e pautas de actuación en caso de abuso a persoa con discapacidade intelectual. Este curso realizouse os días 18, 19 e 20 de setembro e foi impartido por Alberto Alemany Psicólogo da “Unidade de atención a vítimas con discapacidade intelectual” da Fundación A la Par, asistiron 20 alumnos e alumnas. Os contidos consistiron en: abuso e maltrato, vulnerabilidade das persoas con discapacidade intelectual, detección e pautas, intervención das persoas profesionais, intervención psicolóxica… :: COMPLIANCE. A responsabilidade penal das asociacións Esta formación foi impartida por Pilar Paz avogada e Compliance Officer. Tivo lugar no salón de actos da Federación o día 13 de novembro. A sesión durou dúas horas e asistiron un total de 43 persoas de varias entidades federadas. O obxectivo era achegarnos ao concepto Compliance e á responsabilidade penal da persoa xurídica, aos delitos que desencadean dita responsabilidade penal, á identificación, análise e avaliación de riscos, ou á implantación, supervisión e monitorización dos programas Compliance. :: Regulamento xeral de protección de datos e proxecto de lei orgánica de protección de datos de carácter persoal Carmen Nogueira directora de Confialis foi a persoa encarga de dar esta formación o día 20 de novembro na sede da Federación. Asistiron un total de 24 profesionais. Entre os contidos estaban: lexislación e directrices complementarias na xestión de datos de carácter persoal, datos de alto risco e categorías especiais, novos dereitos, medidas de responsabilidade activa, transferencias internacionais... :: Píldora Formativa: Lectura fácil Os días 19 e 26 abril Manuel Carballo e Dolores Portela (formadores en lectura fácil de FADEMGA Plena inclusión Galicia) impartiron esta formación para 20 profesionais de Administración Pública, Federación e de asociacións federadas.

Memoria de actividades 2018 / 45

Page 46: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Promoción do voluntariado

Ao longo de 2018, 2 persoas voluntarias participaron no programa de Apoio ás

Familias así como na área de Emprego.

Tamén se realizaron:

Programación de accións de apoio, formación, asesoramento a voluntarios

con e sen discapacidade intelectual.

Difusión de información e cursos

Xornadas de divulgación e sensibilización en centros educativos

Ademais, os días 20 e 21 de setembro realizouse na sede de FADEMGA Plena

inclusión Galicia un curso sobre voluntariado dirixido a profesionais das entidades

impartido por Silvia Múñoz, responsable do programa de voluntariado de Plena

inclusión España. Sobre como xestionar o voluntariado, “O voluntariado en Plena

inclusión: orientacións para a xestión do voluntariado” (II)

Neste curso abordáronse técnicas e procesos para mellorar a participación;

entender a vinculación entre a participación cidadá e as nosas entidades;

establecer cales son os mecanismos viables para fomentar a participación cidadá;

identificar a importancia da participación do voluntariado dentro de Plena

inclusión... todos estes e moitos máis foron os obxectivos deste curso sobre o

"Voluntariado en Plena inclusión".

(Ver datos apartado formación nas páxinas anteriores)

Áreas transversais

46 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 47: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo
Page 48: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo
Page 49: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Apoio

ás familias

Page 50: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Nesta área de apoio a familias, desenvólven-se diferentes programas de atención directa para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento co fin de facilitarlles o apoio e as ferramentas que precisan para mellorar aqueles aspectos nos que poden ter carencias ou máis necesidades.

Nalgúns casos, estes apoios proporciónanse de xeito individualizado, mentres que noutros os apoios proporciónanse a un grupo de persoas con características/necesidades similares e en espazos comúns.

Con todos estes programas tentamos cubrir aquelas parcelas ás que algunhas entidades, por escaseza de recursos, resúltalles complicado intervir.

En calquera caso, a labor da Federación coa execución destes programas, é promover que nas respectivas entidades comecen a dinamizar e traballar estas cuestións vitais para a mellora real da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Un dos nosos cometidos máis importantes é apoiar ás familias de persoas con discapacida-de intelectual ou do desenvolvemento.

Os familiares soen ser o principal apoio natural co que contan as persoas con discapacidade e facilitan a súa inclusión na sociedade. Para conseguilo, ofrecemos unha serie de actividades e servizos dirixidos ás familias.

Área de apoio a familias

Cada familia importa!

50 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 51: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

A través deste programa ofrecemos apoios ás familias de persoas con discapacidade intelectual. Para que isto sexa posible levamos a cabo unha serie de accións dirixidas a dar información, formación e apoio ás familias, co fin de favorecer a creación dun entorno familiar, axeitado e acolledor. O obxectivo xeral é contribuír a mellorar a calidade de vida das familias e das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Obxectivos específicos: Informar, asesorar e orientar ás familias. Facilitar apoio emocional e axuda mutua. Potenciar a dinamización familiar. Desenvolver formación adaptada ás necesidades das familias. Levar a cabo actividades dirixidas a conciliar a vida persoal, familiar e laboral. O requisito principal para ser beneficiarios é que sexan familiares de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Formación: O curso En Plena Forma asistiron un total de 23 persoas, realizouse de forma presencial e on line de setembro a novembro. Familias en Forma: Dende marzo a decembro na Asociación Aspas. Tamén realizamos varios talleres de Familias en Forma nas entidades Aspadeza, Saladino Cortizo e Aspronaga. Dous cursos on line de Enforque Centrado na Persoa para 50 persoas impartidos por Javier Riobó no mes de maio e por Belén Martínez de finais de novembro a finais de decembro. Curso de Enfoque Centrado na Familia, impartido por Moisés Lamigueiro ao que asistiron 25 persoas dende o 5 ao 30 de xuño.

Accións con familias

Apoio a familias

Memoria de actividades 2018 / 51

Page 52: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

O Programa de respiro familiar vai destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual poidan afrontar o seu día a día, ofrecéndolles unhas xornadas de repouso e tranquilidade.

Dadas as limitacións de orzamento, no servizo de respiro familiar non puidemos dar resposta a todas as solicitudes recibidas. Durante este ano tivemos un total de 223 solicitudes para estancias programadas en instalacións comunitarias, das que solo puidemos atender 165.

No 2018 tivemos as seguintes quendas de respiro:

Área de apoio a familias

Servizo de respiro familiar

LOCALIZACIÓN DATA ENTRADA DATA SAIDA PARTICIPANTES

ALVARELLA (Vilarmaior, A Coruña) 09 de febreiro 13 de febreiro 0

HOTEL TRONCOSO (Sanxenxo, Pontevedra) 28 de marzo 01 de abril 23

ALVARELLA (Vilarmaior, A Coruña) 27 de abril 01 de maio 5

HOTEL TRONCOSO (Sanxenxo, Pontevedra) 16 maio 20 de maio 9

A QUEIMADA (Nigrán, Pontevedra) 11 de xullo 15 de xullo 9

HOTEL CASTRO (Cuntis, Pontevedra) 18 de xullo 22 de xullo 10

HOTEL CASTRO (Cuntis, Pontevedra) 25 de xullo 29 de xullo 10

HOTEL SAN LORENZO (Santiago, A Coruña) 30 de xullo 03 de agosto 10

HOTEL CASTRO (Cuntis, Pontevedra) 08 de agosto 12 de agosto 12

HOTEL CASTRO (Cuntis, Pontevedra) 15 de agosto 19 de agosto 11

ALVARELLA (Vilarmaior, A Coruña) 22 de agosto 26 de agosto 12

ALVARELLA (Vilarmaior, A Coruña) 27 de agosto 31 de agosto 15

HOTEL CASTRO (Cuntis, Pontevedra) 11 de outubro 14 de outubro 8

A QUEIMADA (Nigrán, Pontevedra) 31 de outubro 04 de novembro 11

ALVARELLA (Vilarmaior, A Coruña) 05 decembro 09 de decembro 20

ALVARELLA (Vilarmaior, A Coruña) 27 decembro 30 de decembro 16

52 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 53: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Actividades

No 2018 prestamos orientación, información e asesoramento familiar a un total de 83 usuarios

directos.

Fixéronse 23 consultas xurídicas (50 beneficiarios) e 30 consultas de información e orientación (30

beneficiarios), 5 das cales foron a profesionais.

Apoio a familias

O grupo de Irmáns e Cuñados reuniuse en 3

ocasións e tiveron unha convivencia formativa

(tal como se indica mais adiante).

14 persoas de Galicia participaron no Encontro

Estatal de Familias organizado pola Confedera-

ción Plena inclusión que se realizou en Madrid

os días 19,20 e 21 de outubro.

Neste encontro, mais de 400 familiares de

persoas con discapacidade intelectual

compartiron experiencias, talleres, poñencias e

actividades relacionadas coas familias, os seus

dereitos, as novas visións da familia, os recursos

e modelos de actuación...

Memoria de actividades 2018 / 53

Page 54: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

O sábado 17 de novembro máis de 100 persoas reuníronse en Teo no 3º Foro de Familias

FADEMGA Plena inclusión Galicia.

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago, Dona Concha

Fernández así como o novo Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

D. Ildefonso de la Campa, acompañáronnos o fin de semana en Teo, para celebrar este

3º Foro de Familias de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

A través do intercambio de experiencias e boas prácticas, máis de 100 familiares de persoas con

discapacidade intelectual reuníronse para apoiar este encontro, co que a nosa Federación busca

inculcar unha maior cultura participativa no Movemento de Familias ao tempo que ofrecemos

un espazo para reflexionar conxuntamente sobre os retos de futuro.

Tal e como asegurou o presidente da Federación D. Eladio Fernández, así como a

vicepresidenta, Dona Carmela González é importante que tódalas familias adoptemos un

papel máis activo na vida das nosas asociacións e da propia Federación, que é a casa de todos.

Debemos deixar de actuar como clientes e comezar a actuar como socios.

A través de varios testemuños, a xornada tamén ofreceu un mosaico das múltiples realidades

familiares, así como diferentes experiencias de participación e pequenos xestos que reflexaron

que todos podemos contribuír en maior ou menor medida a manter viva a vida asociativa.

O final do encontro estivo protagonizado por un colorido photocall, todos os familiares

depositaron nunha urna o seu voto indicando cales foron as súas conclusións favoritas. Unha

iniciativa que servía para celebrar a recente reforma da LOREG, que vai permitir votar a tódalas

persoas con discapacidade intelectual.

3º Foro de Familias

Área de apoio a familias

54 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 55: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Esta convivencia tivo lugar en Padrón os días 19 e 20 de maio baixo o lema, “Dinamizando o noso

movemento asociativo”.

Foron dous días de confraternización co obxectivo de intercambiar experiencias, onde se

abordaron diferentes aspectos de interese para os familiares como a importancia da participación

na vida asociativa ou a necesidade de comunicar ben e estar presentes na vida dos nosos

familiares con discapacidade.

Carmela González Lagarón, Moisés Lamigueiro e o dinamizador Brais Fernández, foron

condutores das xornadas, que se celebraron en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 17:30

horas.

Os irmáns e cuñados cada día teñen un papel máis relevante. Ser irmán ou cuñado/a dunha

persoa con discapacidade intelectual, é unha circunstancia complexa na que afecto e

responsabilidade van unidas.

Por elo, os familiares das persoas con este tipo de discapacidade precisan apoio, información e

vías de participación nas organizacións que os representan, co fin de manter e de fomentar unha

estrutura de axuda.

A través destas xornadas de convivencia, FADEMGA Plena inclusión Galicia quixo aportarlles un

espazo onde poder formarse sobre temas de interese para eles, así como apoialos na implicación

e no traballo en prol da visibilización do colectivo.

Encontro de irmáns e cuñados/as

Apoio a familias

Memoria de actividades 2018 / 55

Page 56: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo
Page 57: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Área de atención

ás persoas con

discapacide

intelectual

Page 58: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Atención ás persoas con discapacidade

intelectual

Área Social Xuntos pola calidade de vida!

Esta área traballa para que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento podan

acadar a cidadanía plena, promovendo a súa participación real nas entidades e no seu propio

proxecto de vida; a súa inclusión na comunidade en igualdade de oportunidades, o exercicio dos seus

dereitos e a reivindicación dos mesmos por parte de todos os grupos de interese.

1 Cidadanía

activa Atención a

persoas reclusas/

ex reclusas

Atención a persoas en risco

de exclusión social e muller

Programa de prevención do delito e acceso

á xustiza

Sensibilización social e

empoderamento

Pilotaxes por unha educación

inclusiva

Investigación aplicada para a implementación

de servizos

Programa de saúde mental e envellecemento

Programa de vacacións IMSERSO

Os programas que inclúe esta área son:

2 3 4

8 7 6 5

9

58 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 59: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Programa de cidadanía activa e accesibilidade cognitiva

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Área 1: Defensa e

protección de dereitos

Formación: Impartiuse un curso de formación sobre “ Os meus dereitos”, en A

Coruña, o día 21 de novembro, no que participaron 9 persoas con

discapacidade intelectual de Aspronaga.

Reivindicación dos dereitos: mediante elaboración de documentos, actos,

xornadas... nos meses de marzo e abril 5 persoas con discapacidade intelectual

impartiron 8 obradoiros para sensibilizar sobre os dereitos da Convención da

ONU, con preto de 300 alumnos de primaria e secundaria dos Colexios

Compañía de María e La Salle de Santiago e do Colexio Público de Rois.

Apoio na participación dunha persoa con discapacidade intelectual nas

xornadas de reivindicación de dereitos “Sexualidade e Discapacidade

Intelectual” os días 6 e 7 de xuño. Presentouse unha boa práctica do Equipo

DES, (grupo de persoas con e sen discapacidade intelectual que reivindica os

dereitos sexuais) Tamén participamos na “Xornada de reivindicación do dereito

á Asistencia Persoal”, organizada por Plena inclusión en Zaragoza.

Área 2: Capacitación para a autodeterminación

Impartiuse un curso sobre Autodeterminación en Santiago (20 de novembro),

no que participaron 16 persoas con discapacidade intelectual de Aspavi,

Aspanas e do SIOL de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Seguimos co Proxecto

Piloto de Pensamento libre, que ten como fin promover a capacidade de

pensar por un mesmo, contribuíndo ao desenvolvemento de persoas mais

críticas, razoables e democráticas. Fixemos 7 sesións do proxecto dende

principios de ano e participaron 17 persoas con discapacidade, 10 persoas de

apoio e 1 familiar.

Son espazos de encontro e participación para intercambiar experiencias.

Realizamos un total de 5 reunións dos grupos de autoxestores da federación e

2 de coordinación de todos os grupos de Galicia.

Área 3: Fortalecemento da

autoxestión

Memoria de actividades 2018 / 59

Page 60: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Programa de cidadanía activa e accesibilidade cognitiva

18º Encontro de

Autoxestores

Os días 26 e 27 de outubro realizamos o 18º Encontro Autonómico de Autoxestores, na Residencia de Tempo libre de O Carballiño.

Participaron persoas con discapacidade intelectual e persoas de apoio das entidades Aceesca, Ambar, Amipa, Aspadeza, Aspadisi, Aspanaex, Aspas, Aspronaga, Chamorro, Juan María, Juan XXIII, Pai Menni e San Xerome.

As poñencias do primeiro día, estaban dedicadas a experiencias de vida en parella, experiencias de preparación do carné de conducir e prevención do abuso nas redes socias.

O segundo día dedicouse á afectividade e sexualidade, presentouse o posicionamento de Plena inclusión España sobre sexualidade e fixemos 4 obradoiros:

Anatomía feminina

Asistencia Sexual

Como ligar

Relacións de parella sanas

Participaron 123 persoas: 86 persoas con discapacidade intelectual, 19 persoas de apoio, 8 familias e 10 poñentes.

Os Grupos de autoxestores son grupos formados por homes e mulleres, adultos con discapacidade intelectual que se reúnen periodicamente.

Dende a Federación foméntase a formación de grupos de autoxestores nas entidades federadas. Se unha entidade está interesada en poñer en marcha un grupo de autoxestores, apoiámola no proceso de formación do mesmo. A metodoloxía das reunións dos grupos de autoxestores é activa, grupal e participativa. Realízanse dinámicas de carácter aberto e flexible, que facilitan a participación, o diálogo, a reflexión e a análise, axudando a motivar, desinhibir e incluír aos participantes.

60 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 61: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Programa de cidadanía activa e accesibilidade cognitiva

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

ÁREA 4. Apoio ao

voto e á participación

pública

ÁREA 5. Promoción da vida

independente

ÁREA 6.

Accesibilidade cognitiva

Implementación das accións da campaña a nivel estatal “Mi Voto cuenta”. O día

14 de setembro realizouse un obradoiro de procesos electorais en Ourense con

usuarios de Aspanas, no que participaron 11 persoas con discapacidade

intelectual ou do desenvolvemento.

Realizamos 12 obradoiros de vida independente nos que participaron en total

118 persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento. Os

obradoiros foron os seguintes:

4 Obradoiros sobre Saúde e Prevención de Accidentes de 8 horas de

duración, nas asociacións Aspanas, Aspadisi, Aspadeza, e Aspronaga.

3 Obradoiros de Cociña Saudable de 12 horas ou 16 horas de duración,

nas asociacións Aspronaga, Aspanaex e con usuarios do Servizo de Empre-

go de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

4 Obradoiros de Uso Seguro de Redes Sociais de 8 horas de duración, nas

asociacións Pascual Veiga, Aspronaga, Fundación Eu Son e Prodeme.

1 Obradoiro de Administración dos Cartos, de 12 horas de duración, na

asociación Aspas.

Formación sobre lectura fácil

Fixemos 4 Cursos de Formación sobre lectura fácil, de 12 horas de

duración, dende o mes de abril ao de novembro, nos que participaron 31

persoas con discapacidade intelectual e 28 persoas de apoio das entidades

AFAM Pai Menni, Aspronaga, Aspanane, Bata, Aspanaex, Aspadisi, Juan

XXIII, Chamorro, As Burgas e Agasfra.

1 curso de Validación de textos en lectura Fácil, de 6 horas de duración,

na que participaron 13 persoas con discapacidade intelectual e 5 persoas

de apoio de FADEMGA Plena inclusión Galicia e AFAM Pai Menni.

Memoria de actividades 2018 / 61

Page 62: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Sensibilización da contorna sobre accesibilidade cognitiva. Fixemos a presentación

da Guía Xurídica en lectura Fácil, en Santiago de Compostela o día 27 de febreiro. A

presentación estaba dirixida a diferentes operadores xurídicos.

Colaboramos co Xulgado de Familias de Santiago co obxecto de iniciar un proxecto

de adaptación a lectura fácil de sentenzas de modificación da capacidade de obrar e

internamento voluntario. Mantivemos varias reunións dende o mes de marzo.

Programa de cidadanía activa e accesibilidade cognitiva

ÁREA 6.

Accesibilidade cognitiva

Xornada de difusión e dinamización de clubs de lectura fácil o día 27 de abril en Santiago. Asistiron 66 persoas con discapacidade intelectual, 35 persoas de apoio, 1 voluntario, 1 familiar, 3 persoas en prácticas e 8 bibliotecarios. 5 persoas con discapacidade intelectual foron poñentes na xornada. Presentáronse experiencias de clubs en bibliotecas, catálogos de libros en lectura fácil de varias editoriais, autores e obras orixinais en lectura fácil. Os asistentes tamén participaron en talleres de dinamización de clubs de lectura fácil, elaboración de obras e validación.

Reunión con Cristina Rubal (Subdirectora Xeral de Bibliotecas) e Consuelo Meiriño (Xefa de Servizo

de Bibliotecas) o 9 de outubro co obxectivo de promover clubs de Lectura Fácil nas Bibliotecas Públicas de Galicia. Tamén mercamos libros en Lectura Fácil para ceder aos clubs e nos reunimos coa Subdirectora Política Lingüística María Lourdes Batán e Olga López López asesora de Política Lingüística o día 31 de outubro. Na reunión acordouse firmar un convenio de colaboración entre Política Lingüística e FADEMGA Plena inclusión Galicia co obxecto de colaborar na adaptación do temario das probas do nivel de galego Celga 2 e formar en lectura fácil ao persoal de Política Lingüística.

Participación en grupos de traballo sobre accesibilidade. Participamos en 4 reunións online do

grupo de responsables de accesibilidade cognitiva de diferentes comunidades autónomas os días 23 de xaneiro, 9 de maio, 23 de outubro e 14 de novembro, para intercambiar coñecementos sobre a adaptación e validación de textos en lectura fácil, e avaliación da accesibilidade cognitiva de contornas.

Adaptamos a lectura fácil os seguintes documentos: Informe de execución anual (anualidade 2017)

e resumo para o cidadán 2014-2020 Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

62 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 63: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Adaptación a lectura fácil de diversos documentos dentro do proxecto piloto co

xulgado de Santiago de Compostela de adaptación a lectura fácil, das sentencias de

modificación de obrar e sentencias de internamentos involuntarios.

Programa de man da obra de teatro Divinas Palabras Revolution, do Centro

Dramático Galego.

Normas para cumprimentar a folla de respostas do exame da Convocatoria de

emprego para persoas con discapacidade intelectual do SERGAS.

Levamos a cabo 5 obradoiros sobre Diversidade sexual para persoas con discapacidade

intelectual de 3 horas de duración cada un. Participaron 91 persoas con discapacidade

intelectual das seguintes entidades: Chamorro, Pai Menni, Aspanas, Aceesca, Aspnais,

Siol Lugo, Aspavi, San Xerome, Aspas, Aspanane e a Fundación Eu Son. Os obradoiros

realizáronse dende o 15 de xuño ao 20 de xullo.

ÁREA 7. Promoción do

benestar emocional

ÁREA 8.

Actividades de apoio

Asistimos a 2 reunións en Madrid o 10 de abril e o 7 de xuño sobre sexualidade e

diversidade sexual. Os talleres de promoción de vida independente diríxense a persoas

adultas con discapacidade intelectual que viven ou queren vivir de forma

independente, sos ou en parella, ou con familiares de idade avanzada, e que en algúns

aspectos da súa vida, formulan necesidades ou carencias que non poden satisfacer por

si mesmos. A finalidade é desenvolver e manter a súa capacidade de controlar,

afrontar e tomar decisións sobre como vivir acorde coas normas e preferencias

propias, e facilitar a execución das actividades da vida diaria, mantendo así a súa

situación de independencia o maior tempo posible e dentro do deu entorno de

referencia habitual.

Programa de cidadanía activa e accesibilidade cognitiva

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Memoria de actividades 2018 / 63

Page 64: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Promover accións de sensibilización e capacitación para persoas con discapacidade que se atopen en situacións de risco

Apoiar ás persoas con discapacidade nos procedementos xudiciais, e promovendo axustes de procedemento que favorezan cumprimentos penais axeitados ás súas circunstancias e necesidades de apoio.

Sensibilizar e formar aos diferentes operadores xurídicos, policiais e outros grupos de interese no dereito de acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

Asesorar, sensibilizar e colaborar cos traballadores das institucións penitenciarias e outros recursos de cumprimento de penas e medidas en estratexias de apoio ás persoas con discapacidade.

Apoiar ás persoas con discapacidade nos procesos de adaptación e convivencia nos ámbitos penitenciarios e outros lugares de cumprimento, así como nos procesos de rehabilitación.

Apoiar a persoas con discapacidade nos procesos de reinserción para promover as mellores condicións para o seu retorno a á vida na comunidade.

Apoiar a persoas con discapacidade que están en liberdade definitiva favorecendo procesos de inclusión social.

Programa de atención a persoas con discapacidade intelectual reclusas, ex reclusas ou sometidas a medidas alternativas

O obxectivo xeral do programa é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento reclusas, ex reclusas, sometidas a medidas alternativas ou que se atopen en procedementos xudiciais favorecendo os seus procesos de rehabilitación, reinserción e inclusión social.

OBXECTIVOS XERAIS

OBXECTIVOS XERAIS

A través deste programa atendemos a tódalas persoas con discapacidade intelectual que dispoñan

de certificado ou non dun oficial de minusvalía que se atopan baixo o réxime penal penitenciario ou

inmersos nun procedemento xudicial.

64 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 65: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Para acadar os obxectivos plantexados distribuímos as actividades en 3 grandes bloques:

Programa de atención a persoas con discapacidade intelectual reclusas, ex reclusas ou sometidas a medidas alternativas

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Trátase de dar apoio e asesoramento a persoas con discapacidade intelectual en situación de risco delitivo. Realizamos 2 talleres de Formación cidadá nas asociacións de Asdeme e o

CEE Nsa. Sra. De Lourdes, nos que participaron 16 persoas con discapacidade.

Apoiamos e asesoramos a 8 persoas con discapacidade intelectual e a súa

familia no procedemento xudicial, fomentando a coordinación cos profesionais e institucións implicadas.

Realizamos 110 intervencións directas nos Centros de A Lama, Pereiro de Aguiar e Teixeiro, nas que atendemos a 42 persoas internas.

Fixemos o seguimento e apoio á convivencia nos centros penitenciarios e o desenvolvemento de Plans Individuais de Apoio para orientar o proxecto de vida.

Participamos en 2 tramitacións para a obter o certificado de discapacidade. Coordinámonos cos equipos dos lugares de cumprimento de penas e

participamos nos Consellos Sociais Penitenciarios dos C.P. de A Lama e Teixeiro.

Prestamos apoios para a incorporación de 4 persoas con discapacidade intelectual en actividades de formación organizadas polo centro penitenciario.

Levamos a cabo talleres laborais, de ocio e de desenvolvemento persoal con 23 participantes.

Deseñamos e realizamos 3 saídas terapéuticas nos centros penitenciarios de A Lama e Pereiro de Aguiar.

Apoiamos e supervisamos a 2 persoas con discapacidade en permisos.

Prestamos apoios a 5 persoas con discapacidade intelectual en liberdade definitiva, fomentando a búsqueda e a coordinación cos recursos existentes na comunidade.

Promovemos o benestar e desenvolvemento dos seus proxectos de vida e a inserción socio laboral.

PREVENCIÓN

REEDUCACIÓN E REINSERCIÓN

APOIO A PERSOAS

EN LIBERDADE DEFINITIVA

Memoria de actividades 2018 / 65

Page 66: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Risco de exclusión social

Atendemos a aquelas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que se atopan

en risco de exclusión social e/ou nunha situación de vulnerabilidade. Normalmente, os casos veñen

derivados doutras entidades coas que se mantivo contacto, ou ben a través doutros programas nos

que se detectan ditas características.

Programa de atención a persoas con discapacidade intelectual en situacións de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión social e apoio a mulleres con discapacidade intelectual

OBXECTIVOS XERAIS

ACTIVIDADES

As actividades enmarcadas neste programa realizáronse ao longo do

ano 2018, coa finalidade de cubrir diversas necesidades que

presenta o colectivo de atención.

Prestamos apoio e orientación a 11 persoas con discapacidade

intelectual en situación de especial vulnerabilidade ou risco de

exclusión social e ás súas familias, realizando acompañamentos a

recursos da comunidade, sanitarios, na tramitación de

documentación, búsqueda de emprego...

Igualmente levamos un seguimento das súas situación e

evolución, así como a posta en marcha de accións de mediación e

sensibilización entre os distintos axentes sociais e da

administración cara ás persoas con discapacidade intelectual.

Coñecer, atender e dar resposta ás necesidades das persoas con

discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en situación

de especial vulnerabilidade ou risco de exclusión social.

66 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 67: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Creamos distintos espazos de encontro nos que se realizaron actividades e

fomentouse a participación e relacións persoais entre os/as participantes.

Durante as vacacións do nadal organizamos actividades con 9 menores con

discapacidade intelectual en risco, coa finalidade de participar en eventos e

promover a inclusión e fixemos saídas á comunidade para patinar en pista de xeo,

asistir a cabalgatas de reis, sesións de contacontos, etc.

Durante os meses de xuño a decembro fixemos 6 saídas nas que participaron 27

persoas con discapacidade intelectual. Con estas saídas intentamos fomentar o

benestar, a participación, o intercambio de experiencias e a mellora da

independencia persoal, así como fomentar a autodeterminación e a toma de

decisións a través de actividades de ocio e culturais:

“Coñecendo as nosas vilas”. Saída cultural á vila de Allariz para coñecer

rincóns e lugares de interese, ao mesmo tempo que realizamos o

seguimento de usuarios do programa.

“Puro teatro”. Asistencia á obra de teatro “Divinas palabras Revolution” no

Centro Dramático Galego con 10 persoas.

“Coñecendo as nosas illas”. Consistente en 3 excursións de fin de semana

para coñecer as illas pertencentes á nosa costa e ao Parque Nacional das

illas Atlánticas e cidades de interese, nas que participaron 14 persoas: Illa de

Ons e Pontevedra, Illa de San Simón e Vigo e Illa de Sálvora e O Grove.

“Apúntate un tanto”. Quedada en grupo, xa para rematar o ano, para asistir

a un partido de baloncesto do Obradoiro grazas as invitacións da Grada

Solidaria.

Programa de atención a persoas con discapacidade intelectual en situacións de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión

social e apoio a mulleres con discapacidade intelectual

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Nestas accións proporcionamos información sobre as características específicas da discapacidade

intelectual e colaboramos cos servizos sociais ou outras entidades en 9 casos para abordalos da mellor

maneira.

ACCIÓNS

Memoria de actividades 2018 / 67

Page 68: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Apoio ás mulleres con discapacidade intelectual

Fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes con discapacidade intelectual ou

do desenvolvemento, así como apoiar a aquelas mulleres que se atopan en situacións de especial

vulnerabilidade, son os obxectivos xerais deste programa.

Programa de atención a persoas con discapacidade intelectual en situacións de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión social e apoio a mulleres con discapacidade intelectual

Xornada de

Muller “Míranos,

escóitanos, apoianos”

A Valedora do Pobo, Dona Milagros Otero Parga, e a vicepresidenta de

FADEMGA Plena inclusión Galicia, Dona Carmela González Lagarón,

participaron na Xornada “Míranos, escóitanos, apóianos” un espazo

dedicado a falar e pensar sobre a muller con discapacidade intelectual e

o seu papel na sociedade, no mercado laboral, na educación e mesmo

na familia, que organizamos en Santiago de Compostela o día 27 de

novembro á que asistiron 75 persoas.

En Aspaber impartimos formación sobre igualdade para 12 persoas con

discapacidade intelectual (20/04– 15/06).

Co fin de sensibilizar e formar para a prevención de situacións de

violencia de xénero impartimos cursos de prevención do abuso en

Asfaval (09/07 –20/07) para 16 persoas con discapacidade intelectual,

en Aspadeza (19/11 -16/11) para 10 persoas con discapacidade

intelectual e en Prodeme para 15 persoas dende o 15/11 ao 22/11.

FORMACIÓN

68 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 69: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

O día 25 de xuño en Santiago, realizamos unha xornada de acceso á Xustiza co fin de abordar a necesidade de usar unha linguaxe accesible e de derrubar as barreiras coas que conta o colectivo á hora de acceder á Xustiza e propoñer diferentes iniciativas que axudarían a facilitar este procedemento. Na xornada, contamos coa presenza da Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, con Juan José Martín Álvarez, director xeral de Xustiza, e o Concelleiro de Educación Manuel Dios Diz.

Respecto do dereito á información accesible, o director xeral de Xustiza comprometeuse coa Federación a que os lingüistas traducirían ao galego estes documentos xurídicos que a federación adapte a lectura fácil.

O día 17 de outubro asistimos á Coruña a impartir unha charla de sensibilización á Policía Local, na cal estiveron presentes 19 policías.

Así mesmo o día 4 de abril asistimos á Formación de acceso á Xustiza que tivo lugar en Guadarrama (Madrid) organizada pola Confederación Plena inclusión.

O día 4 de decembro participamos e asistimos á Presentación do Catálogo de Axustes de Procedemento que tivo lugar en León e a cal asistiu a avogada da asesoría xurídica da Federación, unha voluntaria e dúas profesionais da Federación.

Programa de prevención do delito e acceso á xustiza

OBXECTIVO XERAL

Previr a discriminación no acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a través da sensibilización e empoderamento de actores clave, no marco do cumprimento da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Contar cun equipo de formadores en acceso á xustiza no que participen activamente axentes clave como persoas con discapacidade intelectual, axentes de policía e operadores xurídicos.

Sensibilizar a axentes clave para previr situacións de discriminación por razón de discapacidade no acceso á xustiza.

Difundir o coñecemento xerado promovendo un traballo en rede. Recompilar experiencias prácticas de axustes de procedemento.

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

FORMACIÓN

Memoria de actividades 2018 / 69

Page 70: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

O programa formula dúas liñas de actuación que son a sensibilización da

poboación en xeral e o empoderamento das persoas con discapacidade

intelectual e ou do desenvolvemento e as súas familias. O programa

conta coas persoas con discapacidade na planificación, deseño, execución

e avaliación das súas accións e tamén conta con persoas con

discapacidade intelectual con máis necesidades de apoio, mulleres e

outras persoas en risco de exclusión social.

Programa de sensibilización social e empoderamento en dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

Promover unha maior presenza na sociedade, a través de campañas de

sensibilización, das persoas con discapacidade intelectual, así como

unha imaxe e actitude positiva cara elas e ás súas familias, cooperando

coa contorna para loitar contra o estigma.

Ofrecer oportunidades de participación ás persoas con discapacidade

intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias no deseño e

portavocía das campañas de sensibilización.

Xerar espazos de encontro e intercambio de experiencias no ámbito do

empoderamento, a reivindicación de dereitos e a loita contra a

discriminación das persoas con discapacidade intelectual e/ou do

desenvolvemento, as súas familias e os dirixentes, profesionais e

persoas voluntarias das organizacións, así como de outros movementos

de participación e reivindicación cidadá e de membros das

Administracións Públicas.

Contribuír ao liderado, a autodeterminación e o empoderamento a

través de accións de formación dirixidas especialmente a persoas con

discapacidade intelectual.

Coordinar e facer seguimento dos obxectivos e actividades do progra-

ma a través de reunións de coordinación e accións de xestión do

coñecemento, usando novas tecnoloxías e creación de materiais e

documentos.

CONTIDOS DO PROGRAMA

OBXECTIVOS

70 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 71: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Espazos de encontro: O día 29 de xuño 1 persoa con discapacidade e 1 persoa de apoio participaron nun encontro en Madrid para organizar o Encontro Estatal Construímos Mundo. Ademais, un total de 4 persoas con discapacidade intelectual, acompañados de 2 persoas de apoio asistiron ao “Encontro Construímos Mundo”, un proxecto de activismo e empoderamento das persoas con discapacidade intelectual no seu fogar, nas organizacións e na sociedade. No encontro traballamos as reivindicacións das persoas autoxestoras con familiares e políticos e falouse sobre temas como a accesibilidade cognitiva o emprego das persoas con discapacidade intelectual a sexualidade e afectividade, as situacións de discriminación... Formación sobre liderado: Participación dunha persoa con discapacidade intelectual na Formación de Líderes realizada en Madrid, os días 21 e 22 de marzo, cunha duración de 14 horas. Actividades de coordinación y colaboración: Participamos en 2 reunións online para presentar os obxectivos e actividades do programa e para organizar unha formación sobre liderado dirixida a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, os días 11 de xaneiro e 19 de febreiro.

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Programa de sensibilización social e empoderamento en dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

OBXECTIVOS

Este ano elaboramos un vídeo de difusión do servizo de asesoramento

xurídico de FADEMGA Plena inclusión Galicia, dirixido especialmente ás

persoas con discapacidade intelectual, clientes obxectivos deste servizo, ao

que recorren en poucas ocasións. Dúas persoas con discapacidade intelec-

tual, de forma voluntaria, son os protagonistas da campaña de difusión deste

servizo. (ver páxina 39)

EMPODERAMENTO

Memoria de actividades 2018 / 71

Page 72: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

As pilotaxes son proxectos de micro-transformacións dirixidos. Realízanse nun tempo determinado

en base a prácticas baseadas na evidencia e na ética. Cada centro participante creou un grupo de

traballo transversal (docente, familia, alumnado), formado por diferentes persoas que se

encargaron de poñer en marcha esta pilotaxe seguindo o deseño prantexado.

Este programa beneficia a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, docentes). Non

obstante figuran como beneficiarios oficiais os equipos dos “tándem” de cada colexio.

As persoas beneficiarias son as responsables da súa implantación.

Programa de pilotaxes de rede por unha educación inclusiva

Aplicar un modelo de investigación de implementación como

marco metodolóxico do programa.

Asegurar alianzas para desenvolver e intercambiar prototipos

de prácticas inclusivas entre centros de educación especial e

ordinarios.

Xerar e validar prototipos de prácticas inclusivas, orientadas

dende o modelo de calidade de vida e compartidas en alianza

(tándem) entre centros de educación ordinarios e especiais e

desenvolver pilotaxes e procesos de transferencia.

Facilitar o intercambio de datos e a transferencia de prototipos

de prácticas de transformación efectivas contando cun

panel de indicadores compartidos, do proceso e do impacto.

O obxectivo xeral é promover unha mellora en materia de

educación inclusiva a través da xeración de prototipos de prácticas

transformadoras desenvolvidas en alianza con colexios de

educación ordinaria e especial.

OBXECTIVO XERAL

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

72 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 73: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Realizamos as seguintes actividades nos CEE de Aceesca e de San Xerome Emiliani:

Avaliamos o grado de inclusión e os apoios dispoñibles en cada CE participantes ao comezo do programa utilizando o recurso deseñado. En ACEESCA dende o 01 ata o 15 de setembro e participaron 4 persoas, en San Xerome dende o 01 de xuño ata o 15 de xuño e participaron 4 persoas.

Compartimos nun entorno online protexido os datos e resultados da valoración inicial tanto

en Aceesca como en San Xerome Emiliani. Fixemos alianzas institucionais con organizacións que promoven a transformación da

educación. Realizamos un proceso de coñecemento mutuo entre os centros próximos a Aceesca e a San

Xerome Emiliani para o establecemento de alianzas. Apoiamos a través dos promotores de inclusión educativa o desenvolvemento e a aplicación

de prototipos de prácticas inclusivas nos centros participantes aliados. Fixemos un encontro de intercambio e transferencia das prácticas inclusivas en Logroño os

días 22 e 23 de novembro.

Obxectivos Indicadores Nº

Obter información sobre a inclusión e apoio ao alumnado nos centros

Centros nos que se realiza a avaliación Centros que comparten os seus datos no prazo establecido nun entorno online protexido

4 4

Xerar/validar prototipos de prácticas inclusivas e desenvolver pilotaxes e transferencia

Nº de profesores, familiares e alumnos dos CEE capacitados no uso dos recursos do catálogo

4

Asegurar alianzas estables para intercambiar prototipos de prácticas inclusivas

Nº de alianzas conseguidas e distribución xeográfica (CEE e ordinarios) Nº de prácticas inclusivas que promoven a transformación da educación

2 2

Programa de pilotaxes de rede por unha educación inclusiva

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Memoria de actividades 2018 / 73

Page 74: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Implantar o modelo de Servizo Centrado na Persoa (fomentar a

inclusión social, a persoalización e a cidadanía plena) apoiando

proxectos de microtransformación, realizando pilotaxes de novos

modelos e o seu posterior proceso de transferencia.

Aplicar o modelo de investigación de implantación como marco

metodolóxico deste programa.

Desenvolver un sistema integral de análise de datos e de transferencia

de prácticas de transformación a través dunha entorna colaborativa e

un panel de indicadores compartidos.

Implantar o modelo de Apoio Activo mediante a realización de pilotaxes

e posterior proceso de transferencia para fomentar nas persoas con

discapacidade intelectual a inclusión e a participación activa na súa vida

cotiá.

Implantar o modelo da Planificación Persoal por Adiantado mediante a

realización de pilotaxes e posterior proceso de transferencia para a

mellora da calidade de vida das persoas maiores e das súas familias.

Facilitar o intercambio de datos e a transferencia de prácticas de

transformación efectivas contando cun panel de indicadores

compartidos.

Programa de Investigación aplicada para a implementación de servizos centrados nas persoas con discapacidade intelectual e familias

OBXECTIVOS XERAIS

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Promover servizos centrados nas persoas con discapacidade intelectual ou do

desenvolvemento, tamén aquelas con grandes necesidades de apoio,

mediante a implantación de prácticas baseadas na evidencia.

74 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

ACCIÓNS Realizamos acompañamento e supervisión dos proxectos de

microtransformación.

Page 75: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Implementamos o Apoio Activo mediante a realización de pilotaxes nas entidades:

ENTIDADE TIPO DE SERVIZOS DE TRANSFORMACIÓN

BATA Educación, atención temperá, ocio inclusivo, emprego con apoio, centro de día e vivenda tutelada.

SAN XEROME Educación, centro de día e centro ocupacional.

JUAN XXIII Educación.

AFAM PAI MENNI Boa vellez.

ASPRONAGA Centro ocupacional.

ENTIDADE SERVIZOS DE PILOTAXES

JUAN XXIII Pilotaxe de Apoio Activo-Pontevedra, pilotaxe de Apoio Activo-Cangas.

AFAM PAI MENNI Pilotaxe de Apoio Activo.

ASPABER Pilotaxe de Apoio Activo.

Desenvolvemos o modelo da Planificación Persoal por Adiantado mediante realización de pilotaxes nas seguintes entidades:

ENTIDADE SERVIZOS DE PILOTAXES

JUAN XXIII Pilotaxe de Planificación Persoal por Adiantado

AFAM PAI MENNI Pilotaxe de Planificación Persoal por Adiantado

ASPADEZA Pilotaxe de Planificación Persoal por Adiantado

Programa de Investigación aplicada para a implementación de servizos centrados nas persoas con discapacidade intelectual e

familias

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Memoria de actividades 2018 / 75

Realizamos os seguintes servizos de transformación en 5 entidades federadas:

Page 76: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Obxectivos específicos Indicador Resultado esperado

Implantar o modelo de Servizo Centrado na Persoa (fomentar a inclusión social, a personalización e a cidadanía plena) apoiando proxectos de microtransformación, realizando pilotaxes de novos modelos e o seu posterior proceso de transferencia.

Nº de proxectos de microtransfor-mación que se apoian. Grao de evidencia de que os microproxectos axudan a avanzar en SCP Nº de pilotaxes de novos modelos realizados. Nº de personas Ás que se difunde o coñecemento xerado.

12 microproxectos de transformación que avanzan cara servizos centrados na persoa. 4 pilotaxes en proxectos experimentais sobre Apoio Activo, e 2 en Planificación Persoal por Adiantado. 39 persoas as que se difunde o coñecemento xerado.

Aplicar o modelo de investigación de implantación como marco meto-dolóxico deste programa.

Nº de persoas formadas nas meto-doloxías para implantar

2 personas formadas.

Desenvolver un sistema integral de análise de datos e de transferencia de prácticas de transformación a través dunha entorna colaborativa e un panel de indicadores compartidos.

Sistema integral de análise de datos desenvolvido. Informes de análise de datos.

Temos informes periódicos de datos compartidos tanto para os implicados no proxecto como para a sociedade en xeral.

Implantar o modelo de Apoio

Activo mediante a realización de

pilotaxes e posterior proceso de

transferencia para fomentar nas

persoas con discapacidade

intelectual ou do desenvolvemento

a inclusión e a participación activa

na súa vida cotiá.

Número de servizos e persoas nos que se implantou o Apoio Activo. Diferenza no porcentaxe de actividades significativas antes e despois do proceso de implantación. Diferenza de conductas desafiantes antes e despois do proceso de implantación. Percepción de grupos de interese sobre o valor do modelo de Apoio Activo.

Implantaremos o modelo de Apoio Activo en 4 servicios conseguindo un aumento nos niveis de participación significativa das persoas e unha redución de conductas desafiantes. Os grupos de interese percibirán o modelo de Apoio Activo moi interesante e relevante para avanzar na calidade de vida das persoas.

Implantar o modelo de la Planificación Persoal por Adiantado mediante a realización de pilotaxes e posterior proceso de transferen-cia para a mellora da calidade de vida das persoas maiores e das súas familias.

Número de servizos e persoas nos que se implantou a Planificación Persoal por Adiantado. Porcentaxe de cumprimento de obxectivos persoais significativos e valorados. Percepción dos grupos de interese sobre o valor do modelo da Planifi-cación Persoal por Adiantado.

Implantaremos o modelo de Planificación Persoal por Adiantado en 3 servizos e intentado cumprir os obxectivos persoais formulados. Os grupos de intereses percibirán o modelo de Planificación Persoal por Adiantado como moi interesante e relevante para avanzar na calidade de vida das persoas.

Facilitar o intercambio de datos e a transferencia de prácticas de trans-formación efectivas contando cun panel de indicadores compartidos.

Panel de indicadores compartido. Número de prácticas de transfor-mación realizadas e compartidas na feira de coñecemento. Número de prácticas de transfor-mación realizadas e compartidas en contornas online.

Teremos un panel de indicadores compartidos Compartiremos as prácticas de

transformación nunha feira de

coñecemento e en contornas online.

Programa de Investigación aplicada para a implementación de servizos centrados nas persoas con discapacidade intelectual e familias

76 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 77: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Neste programa falamos de 2 áreas de traballo:

Área I. Apoio a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con alteracións de

saúde mental

Realizáronse 3 reunións do grupo de traballo nas cales se analizaron 4 casos en total. Estas

reunións tiveron lugar en Santiago de Compostela os días 31 de maio, 12 de xullo e 11 de

setembro. Asistiron en total 4 persoas con discapacidade intelectual e 37 profesionais.

Programa de saúde mental e envellecemento

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Obradoiro de promoción da saúde mental “B+” realizouse en: ASPANAS (Ourense): fixemos 3 sesións os días 23 e 30 de maio

(asistiron 9 e 6 persoas con discapacidade intelectual) e o día 13 de xuño (asistiron 8 persoas con discapacidade intelectual).

ASPAS (Santiago de Compostela): 4 sesións. O día 23 asistiron 10 persoas con discapacidade intelectual e 1 profesional e os días 30 de outubro, 6 e 8 de novembro asistiron un total de 11 persoas con discapacidade intelectual e 1 profesional a cada unha das sesións.

O día 10 de outubro fixemos a VII Sesión Clínica en Santiago. Asistiron

un total de 37 profesionais e 3 persoas con discapacidade intelectual. Durante a Sesión contamos co apoio e asesoramento do psiquiatra Luis Docasar Bertolo (Xefe de Servizo de Psiquiatría da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense Verín e o Barco de Valdeorras), o grupo de traballo de trastornos mentais e/ou alteracións de conducta da Federación foi o encargado e presentar os casos máis complexos no eido da atención ás persoas con discapacidade intelectual. Casos de persoas con discapacidade que presentan algunha enfermidade mental e/ou alteracións da conduta e que son obxecto de intervención nos centros aos que acoden.

O 5 de maio tivo lugar o obradoiro “Ferramentas para mellorar o

noso benestar” no Hotel Congreso ao que asistiron un total de 18 familiares e 1 persoa de apoio.

FORMACIÓN

Memoria de actividades 2018 / 77

Page 78: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Área II. Apoio ao envellecemento activo de persoas con discapacidade intelectual ou do

desenvolvemento.

Continuamos realizando accións para garantir o dereito das persoas con problemas de saúde mental

a recibir unha atención socio-sanitaria de calidade.

Programa de saúde mental e envellecemento

Retomamos contactos coa Consellería de Sanidade para a posta en marcha do

proxecto “Aténdeme -enténdeme”, para a mellora da comunicación na consul-

ta e tamén para a campaña de sensibilización “prepárate para entenderme”.

O 2 de maio asinamos un convenio de colaboración co Servizo Galego de

Saúde (ver páxina 26).

Mantivemos dúas reunións coa Xefa de Servizo de Atención Sociosanitaria

unha o 18 de maio e outra o 21 de xuño para súa posta en marcha.

Fixemos charlas nos centros de saúde de Carballo o día o 26 de setembro e no

centro de atención primaria de Burela o día 19 de outubro.

Participamos no curso da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) sobre

como mellorar a comunicación na consulta coas persoas con discapacidade

intelectual, que tivo lugar o 3 de maio en Santiago de Compostela.

O día 8 de xuño realizamos a “II Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade

intelectual” en Burela a cal asistiron 51 persoas (profesionais das entidades,

de sanidade e familiares de persoas con discapacidade intelectual).

O día 30 de novembro celebramos o “XII Seminario de Discapacidade

Intelectual e Saúde Mental” organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia

na facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela.

Outras xornadas nas que participamos foron: VIII Xornadas técnicas

“Alternativas á suxeición nun modelo centrado na persoa” organizadas por

AFAM PAI MENNI o día 11 de xuño, II Seminario “Proxecto Mi casa” en San

Sebastián o 4 de outubro, “Calidade de Vida e dano cerebral adquirido”

organizado por FEGADACE o 29 de setembro.

ACCIÓNS

78 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 79: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Os usuarios son persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con enfermidade mental ou problemas de conduta asociados. Ademais de responder a este perfil, séguese o seguinte procedemento de selección: O primeiro paso para a detección das persoas beneficiarias é a súa derivación ó Grupo de Traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento da Federación, por parte dos profesionais de referencia. Solicítase o cumprimento dunha folla de rexistro de datos, que permite recompilar información básica e relevante para poder comezar a estudar o caso. Despois de realizar o estudo dos casos detectados, valóranse posibles modos e pautas de actuación, tendo en conta as características e situación de cada caso. Son os profesionais de referencia de cada caso os encargados de pór en práctica as intervencións establecidas. Realizaranse contactos telefónicos, por correo electrónico, etc., con profesionais de referencia para realizar un seguimento da adecuación das intervencións e dos avances en cada un dos casos. Nas accións de fortalecemento da saúde mental, as persoas participantes deben axustarse ó seguinte perfil: Funcionamento intelectual límite ou leve. Habilidades de lecto-escritura. Diagnose de enfermidade mental, nunha fase estable da enfermidade ou con

risco de padecela. Preferiblemente autónomos na maioría das actividades da vida diaria.

Programa de saúde mental e envellecemento

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

BENEFICIAROS

Realizamos unha convocatoria deste obradoiro a todas as entidades federadas, que estaban interesadas en levar a cabo esta actividade nos seus centros. No caso do obradoiro de “Ferramentas para mellorar o benestar”, que tivo lugar en Santiago de Compostela estivo dirixido a familiares de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e alteracións da saúde mental e persoas de apoio, e realizouse unha convocatoria a todas as entidades federadas.

Memoria de actividades 2018 / 79

Page 80: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

O día 6 de maio realizamos un obradoiro de Duelo no Hotel Congreso en

Teo ao que asistiron un total de 10 familiares e 2 profesionais de apoio.

O 22 de xuño tivo lugar a “Xornada Actívate” á que asistiron 20 persoas

con discapacidade, 1 voluntario, 1 familiar e 6 profesionais. Esta ía dirixida

a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento maiores de

45 anos e/ou en proceso de envellecemento, acompañados por algún

profesional ou familiar. Na Xornada Actívate diferentes profesionais

ofreceron aos asistentes novas prácticas, coas que xerar diferentes desafíos

para que as persoas con discapacidade intelectual maiores e/ou en proceso

de envellecemento, puxeran en xogo as súas habilidades; promovendo así

un envellecemento activo.

Realizáronse 6 obradoiros de duelo nas entidades:

ASPRONAGA ( 16 de xullo) asistiron 15 persoas usuarias. ASFAVAL (24 de xullo) 13 persoas usuarias, 4 familiares e 3 profesionais. ASPANANE (16 de outubro) 18 persoas usuarias, 4 profesionais e 3 familiares. ASPNAIS (18 de outubro) 18 persoas usuarias e 2 profesionais. ASPANAS ( 30 de outubro) 19 persoas usuarias e 1 profesional. ASPANAEX (08 de novembro) 16 persoas usuarias e 4 profesionais.

O 25 de maio no Cabes en Santiago de Compostela fixemos a “II Xornada

Plena Saúde”, á cal asistiron un total de 30 persoas con discapacidade

intelectual e 11 persoas de apoio.

Realizáronse ademais 3 obradoiros de estimulación cognitiva nas entidades:

ASPADISI (2 sesións) os días 15 e 29 de maio e asistiron 7 persoas.

ASPANAS (2 sesións) os días 19 e 27 de xuño ás que asistiron 8 persoas.

ASPRONAGA (2 sesións) os días 3 e 10 de xullo, asistiron 10 persoas.

Programa de saúde mental e envellecemento

FORMACIÓN E XORNADAS

80 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 81: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Programa de vacacións IMSERSO - Plena inclusión

O programa de Vacacións IMSERSO consiste na realización de quendas de vacacións para persoas con

discapacidade intelectual cun grao igual ou superior ao 33% de discapacidade e maiores de 16 anos.

OBXECTIVOS XERAIS

Facilitar a vida independente e lograr a máxima inclusión persoal e

social das persoas con discapacidade intelectual.

Desenvolver quendas de vacacións nas condicións de maior

accesibilidade.

Facilitar o acceso das persoas con discapacidade intelectual aos

bens de ocio, da cultura e da natureza.

Dar descanso ás familias que teñen ao seu cargo persoas con

discapacidade intelectual.

Paliar os efectos de internamento nos centros residenciais das

persoas con discapacidade intelectual.

Dar a posibilidade de que as persoas con discapacidade

intelectual poidan desfrutar dun período de vacacións o máis

normalizado posible, independentemente das súas necesidades

de apoio.

Ofrecer unha alternativa de ocio distinta á habitual.

Dar a oportunidade de coñecer novos lugares e divertirse.

Fomentar a interrelación e o intercambio de experiencias entre

os participantes.

Recibimos un total de 380 solicitudes para os diferentes destinos, das cales viaxaron un total de 153

persoas con discapacidade intelectual e 56 persoas de apoio, o que fai un total de 209 participantes.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Memoria de actividades 2018 / 81

Page 82: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Idade Nº homes

Nº mulleres

Total

de 16 a 18 anos 1 0 0

de 19 a 25 anos 8 6 14

de 26 a 30 anos 8 6 14

de 31 a 55 anos 46 58 104

de 56 a 65 anos 9 10 19

Mais de 66 anos 1 1 2

DESTINOS PERSOAS

PARTICIPANTES

PERSOAL DE

APOIO

TOTAL DATAS

1. Sevilla 22 7 29 26 febreiro- 04 marzo

2. Tenerife 22 8 30 07-14 marzo

3. Oviedo 22 8 30 21-26 marzo

4. Salou 1 21 9 30 06-12 abril

5. Salamanca 22 8 30 09-14 abril

6. Mallorca 23 7 30 04-10 maio

7. Salou 2 21 9 30 09-15 maio

TOTAL 153 56 209

Datos das viaxes realizadas en 2018:

Programa de saúde mental e envellecemento

82 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 83: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo
Page 84: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Atención ás persoas con discapacidade

intelectual

Área de Emprego Creando oportunidades únicas!

1 SIOL

Servizo de información e

orientación laboral

SFORE Servizo de

formación para o emprego

SAE Servizo de

apoios para o emprego

2

3 SFE

Servizo de Fomento do

Emprego

4

84 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 85: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

O servizo de información e orientación laboral, conta con case 19 anos de experiencia na atención de persas con discapacidade intelectual de Galicia. A través deste servizo, fixemos un total de 12.083 intervencións de información, orientación e apoio laboral a persoas con discapacidade intelectual, conseguimos un total de 133 contratacións, prospectamos un total de 1.261 empresas, das cales foron visitadas 224, e captamos un total de 246 ofertas de emprego. Un total de 37 persoas con discapacidade intelectual tiveron un “Itinerario Personalizado de Inserción (IPIS)”. Ademais un total de 21 persoas con discapacidade intelectual participaron nun proceso de emprego con apoio específico no seu posto de traballo.

ACTUACIÓNS

VIGO

SANTIAGO

LUGO

OURENSE

TOTAL

IPIS 22 6 2 7 37

ORIENTACIÓNS LABORAIS 2.674

5.146

2.688

1.575

12.083

PROSPECCIÓNS 65

13

1

1182

1261

VISITAS EMPRESAS 19 6 1 198 224

APOIOS EMPREGO 2 5 8 6 21

OFERTAS DE EMPREGO CAPTADAS

21

30

3

192

246

CONTRATACIÓNS PCDI 40 58 29 6 133

SIOL (Servizo de información e orientación laboral)

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Memoria de actividades 2018 / 85

Page 86: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Este servizo xurde a raíz de que non existía no mercado actual formación específica e adaptada ás

necesidades das persoas do noso colectivo. Pretendemos dar resposta ás necesidades formativas,

ofrecendo unha formación adaptada as súas necesidades, co fin de facilitar e potenciar a súa inclusión

no mercado laboral a través de accións encamiñadas a mellorar as habilidades sociais, competencias

educativas, ocupacionais e profesionais.

Outra labor do noso servizo e difundilo de cara a que calquera persoa con discapacidade intelectual

teña a posibilidade de optar ao mesmo, con esta finalidade realizamos un total de 464 accións de

difusión a través de mail, cartas, notas de prensa, charlas informativas etc.

A nosa formación caracterízase por ser adaptada ás características e necesidades das persoas con

discapacidade intelectual participantes, sendo fundamentalmente prácticas, combinado dinámicas,

rol-playing e actividades que integran o uso das TIC, e utilizando material didáctico adaptado ás

necesidades de apoio de cada persoa. Neste ano proporcionamos formación en 4 modalidades:

formación para a preparación de probas específicas, formación prelaboral, formación ocupacional e

formación continua.

SFORE (Servizo de formación para o emprego)

Ao longo deste ano 2018 continuamos proporcionando formación para a

preparación das oposicións específicas para persoas con discapacidade

intelectual, tanto da Administración Xeral do Estado, da Xunta de Galicia

para o posto de axudante de xestión e servizos comúns, como do Parla-

mento de Galicia para o posto de uxier, e para o posto de celador do

SERGAS.

Con esta formación se pretende que adquiran os coñecementos necesarios

para aprobar os procesos convocados pola administración que amplíen o

campo laboral ao que se poida ter acceso.

Durante este ano, o noso servizo impartiu un total de 23 cursos de

preparación de procesos específicos para persoas con discapacidade

intelectual, nos que participaron un total de 298 alumnos.

PREPARACIÓN DE

PROBAS

86 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 87: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

A través da formación prelaboral pretendemos proporcionar

coñecementos e habilidades xerais vinculadas coa busca e mantemento do

traballo para todas as ocupacións.

Dende o comezo do ano ata decembro 2018, levamos realizadas un total

de 17 accións formativas, nas que levan participado en torno a 135

persoas con discapacidade intelectual. Nove destas acción foron cursos

específicos de máis de 600 horas de duración, onde se proporcionaba unha

formación en diferentes áreas que melloran a empregabilidade dos

participantes para a súa procura de emprego.

SFORE (Servizo de formación para o emprego)

PREPARACIÓN DE

PROBAS

Memoria de actividades 2018 / 87

Page 88: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Este servizo ten como obxectivo habilitar os apoios necesarios para unha axeitada inclusión

socio laboral das persoas con discapacidade intelectual na empresa ordinaria, así como

captar ofertas de postos de traballo axeitados ás persoas con discapacidade intelectual.

Este servizo promove tres modalidades de inserción:

Contratación Directa.

Contratación Directa con Apoio ao abeiro do RD 870/2007.

Formación Práctica na Empresa previa ao Emprego con Apoio.

SAE (Servizo de apoios para o emprego)

Prospectamos un total de 1261 empresas, das cales 224 foron

visitadas, captando un total de 246 ofertas de emprego.

Un total de 21 persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia

participaron en procesos de Emprego con apoio ou Apoio á inserción.

O contacto habitualmente é telefónico e/ou por correo-e, para

posteriormente concertar unha visita, na que se presentan as

diferentes opcións de inserción laboral: a contratación directa, a

metodoloxía de Emprego con Apoio regulada polo Real Decreto

870/2007 ou, finalmente, a través do Proxecto de Formación Práctica

na Empresa Previo ao Emprego con Apoio. Na entrevista coa empresa

entrégaselle unha das carpetas de iniciativas de emprego de

FADEMGA que contén información sobre as modalidades e os

incentivos á contratación existentes.

ACCIÓNS

Detectar e cubrir as necesidades que xurdan nos diferentes

procesos de inserción.

Acompañamento e apoio durante o proceso de inserción (dando

resposta ás carencias e necesidades que xurdan).

Aumentar a autonomía socio laboral das persoas con

discapacidade intelectual.

OBXECTIVOS

88 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 89: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

O proxecto de “Emprego Persoalizado” dirixido a persoas con discapacidade

intelectual con máis necesidades de apoio ou necesidades complexas, tivo como

obxectivo desenvolver estratexias de apoio ao emprego para facilitarlles o acceso

ao mercado laboral.

Desenvolveuse no primeiro semestre do ano grazas á financiación da Fundación

ONCE e ás subvencións destinadas á realización de actividades de interese xeral

con cargo á asignación tributaria do IRPF. Contamos con 5 técnicas nas delegacións

de A Coruña, Ourense e Pontevedra.

Os destinatarios deste proxecto foron 11 participantes (7 mulleres e 4 homes), dos

cales 5 atoparon un emprego a xornada parcial ou completa na súa provincia.

O proxecto desenvolveuse en 4 grandes fases:

Exploración e descubrimento do talento persoal

Planificación da busca de emprego

Negociación con empresas e entidades xeradoras de emprego

Apoio para manter o posto de traballo naqueles casos que fose necesario

SAE (Servizo de Apoio para o Emprego)

ACCIÓNS

Selección de participantes, elaboración do perfil vocacional, realización dun plan de

acción, intervención coas familias e reunións do círculo de apoio, visitas a empresas

e entrevistas coas mesmas, elaboración dun plan de mellora de capital social e

realización de actividades formativas como obradoiro de manexo do euro, taller de

preparación de entrevistas de traballo, taller de habilidades sociais, etc.

Participamos nas “Xornadas de presentación das experiencias” realizadas en Madrid

nas cales se presentaron os obxectivos acadados, as principais actividades realizadas

e as achegas e melloras a realizar en vindeiras convocatorias.

PROXECTO

Memoria de actividades 2018 / 89

:: O emprego persoalizado

Page 90: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Continuamos coa nosa labor de asesoramento, apoio e orientación a iniciativas de

emprego que xeren novas oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual ou do

desenvolvemento, fomentando a creación e a sostenibilidade dos Centros Especiais de

Emprego do ámbito federativo.

SFE (Servizo de Fomento do Emprego)

ACCIÓNS Asesoramos ás asociacións sobre políticas de activación do emprego,

axudas á contratación, lexislación laboral, tributación, asesoramento

técnico... Dando resposta a un total de 85 consultas de moi variadas

temáticas (profesionais, administración, persoas con discapacidade

intelectual e do desenvolvemento, familias…)

Difundimos o servizo de fomento de emprego (información e

asesoramento) entre asociacións e empresarios para que coñezan o

que o SFE pode facer por eles.

Participamos no Comité Técnico de Coordinación da Rede de Técnicos

de Emprego de Galicia para a colaboración coa Consellería de

Economía Emprego e Industria no deseño de políticas activas.

Mantivemos xuntanzas coa Secretaría Xeral de Emprego para analizar

e aportar medidas que poidan mellorar as ordes de convocatoria de

Programas de Cooperación e Garantía xuvenil para entidades sen

ánimo de lucro.

Estamos en proceso de asesoramento a dúas iniciativas para a creación

de Centros Especiais de Emprego promovidos por familiares de

persoas con discapacidade intelectual.

Realizamos traballos sobre temas de relevancia como reserva de

prazas públicas, servizos para persoas con discapacidade intelectual,

reserva de contratación pública para Centros Especiais de Emprego,

estatísticas e nichos de emprego... E xestionamos axudas para a

contratación de persoas demandantes de emprego para entidades,

ademais de traballar conxuntamente coa UDS no novo modelo de

ocupación, emprego e formación dual de AEDIS (ver páxina 28)

90 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Page 91: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo
Page 92: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

92 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia e ea asociación SPECIAL OLYMPICS GALICIA vimos asinando un convenio polo cal esta asociación se compromete a realizar as actividades de carácter deportivo, social e cultural que conxuntamente ambas entidades estimen oportuno. Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, que nace co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e de conseguir a súa inclusión social a través do deporte, o lecer e a cultura. A filosofía das súas actividades, radica na premisa de que as persoas con discapacidade intelectual, só son distintas na expresión das súas necesidades e intereses. As diferenzas non se atopan nas persoas, senón na calidade e dispoñibilidade das oportunidades. As actividades realizadas no 2018 foron:

Special Olympics Galicia

DATA CONCEPTO LUGAR ENTIDADES VOLUNT. ATLETAS ADESTR. FAMILIAS TOTAL

Xullo Convivencia Carballiño

21 46 343 89 306 784 Medallas SOG

Nadal Certame de Nadal Galicia 30 854 100 954

Xullo e agosto

Campamentos Galicia 16 32 342 129 71 574

Marzo Deportes minoritarios Vilagarcía 22 84 247 71 50 452

Abril Atletismo Ourense 19 54 224 58 40 376

Maio Campo través Sober 15 50 214 49 42 355

Xuño Maratón urbano Santiago 18 59 183 52 45 339

Outubro Natación Coruña 22 65 178 49 70 362

Maio Fútbol Sala Vigo 19 55 258 68 43 424

Novembro Baloncesto Burela 19 69 268 59 396

Outubro Marcha ciclista Baños 3 13 15 5 33

Outubro Marcha ciclista Friol/Parga 5 13 13 4 30

Outubro Marcha ciclista Santiago 6 28 23 6 57

Outubro Marcha ciclista Vilagarcía 6 21 34 7 62

Anual Rede de teatro Galicia 8 196 62 258

Anual Fundación Rafa Nadal Coruña e Vilagarcia

1 1 13 2 16

Anual Ligas Baloncesto Galicia 12 0 127 30 157

Anual Ligas Fútbol Sala Galicia 16 0 174 30 204

Anual Partidos do Celta Vigo 5 68 27 95

Marzo Xornada de técnicos Santiago 13 6 29 16 51

Outubro Curso voluntarios Santiago 22 22

Decembro Acto Fin de ligas Santiago 20 60 251 59 370

TOTAL 678 4054 872 767 6371

38 225 1859 376 306 2766 PERSOAS BENEFICIARIAS

Page 93: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Memoria de actividades 2018 / 83

Page 94: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

94 / FADEMGA Plena inclusión Galicia

Financiadores e

colaboradores

Financian:

Page 95: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

Atención ás persoas con discapacidade intelectual

Memoria de actividades 2018 / 95

Colaboran:

Page 96: FADEMGA Plena inclusión Galicia MEMORIA ANUAL 2018 2018.pdf · 2019. 9. 12. · Rafael Dieste,9 Baixo 27880 Burela Teléfono: 982.24.14.05 asociacioncamina@gmail.com Pontevedra Lugo

www.fademga.org

FADEMGA Plena inclusión Galicia