Exposición: Detrás da máscara. Demetrio Monteagudo

2
ENTROIDO 2014 MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA. OURENSE _________________________________________________________ DETRÁS DA MÁSCARADemetrio Monteagudo González Móstrase un percorrido de máis de vinte anos de fotógrafo polos Entroidos máis singulares de Galicia. A primeira vez que Demetrio foi a Laza corría o ano 1981 e algo prendeu nel para que seguira ata hoxe perseguindo estas mostras culturais e sociais que comparten moitos países. Entroidos protagonizados por personaxes que teñen nomes tan estraños que hai que pronuncialos para poder adentrarse neste territorio pagán. Uns máis coñecidos, peliqueiros, boteiros, felos e outros sorprendentes como as Bonitas de Sande, en Cartelle, a Patumada de Fornelos de Filloás en Viana do Bolo, o Zarramanculleiro de Cualedro, as Mázcaras da Xironda tamén en Cualedro ou o Oso de Salcedo, en Pobra de Brollón. Hai moitas teorías sobre a orixe e a simboloxía destes Entroidos. O autor comparte a que vencella esta festa ao espertar da terra despois do inverno. Chocas que chaman á terra, o oso que sae do seu tobo, paseos e bailes polas terras para fertilizalas antes da sementeira... ritos pagáns que a igrexa perseguía, que o franquismo prohibiu pero que se seguen recuperando. Un patrimonio inmaterial da cultura galega con similitudes noutros países europeos. Rita Alonso Pérez _________________________________________________________ Ribadavia Museo Etnolóxico.Ribadavia.Ourense Local Social «Igrexa da Madalena». Do 14 de marzo ao 20 de abril de 2014 Horario: Martes a venres de 11,30 a 13,30 h e de 17 a 19 h Sábados e domingos de 12 a 14 h Luns e festivos pechado

description

Exposición temporal na que se mostra un percorrido de máis de vinte anos de fotógrafo polos Entroidos máis singulares de Galicia.

Transcript of Exposición: Detrás da máscara. Demetrio Monteagudo

Page 1: Exposición: Detrás da máscara. Demetrio Monteagudo

ENTROIDO 2014

MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA. OURENSE

_________________________________________________________

“DETRÁS DA MÁSCARA”

Demetrio Monteagudo González

Móstrase un percorrido de máis de vinte anos de fotógrafo polos Entroidos máis singulares de Galicia. A primeira vez que Demetrio foi a Laza corría o ano 1981 e algo prendeu nel para que seguira ata hoxe perseguindo estas mostras culturais e sociais que comparten moitos países.

Entroidos protagonizados por personaxes que teñen nomes tan estraños que hai que pronuncialos para poder adentrarse neste territorio pagán. Uns máis coñecidos, peliqueiros, boteiros, felos e outros sorprendentes como as Bonitas de Sande, en Cartelle, a Patumada de Fornelos de Filloás en Viana do Bolo, o Zarramanculleiro de Cualedro, as Mázcaras da Xironda tamén en Cualedro ou o Oso de Salcedo, en Pobra de Brollón.

Hai moitas teorías sobre a orixe e a simboloxía destes Entroidos. O autor comparte a que vencella esta festa ao espertar da terra despois do inverno. Chocas que chaman á terra, o oso que sae do seu tobo, paseos e bailes polas terras para fertilizalas antes da sementeira... ritos pagáns que a igrexa perseguía, que o franquismo prohibiu pero que se seguen recuperando. Un patrimonio inmaterial da cultura galega con similitudes noutros países europeos.

Rita Alonso Pérez

_________________________________________________________

Ribadavia Museo Etnolóxico.Ribadavia.Ourense Local Social «Igrexa da Madalena».

Do 14 de marzo ao 20 de abril de 2014

Horario: Martes a venres de 11,30 a 13,30 h e de 17 a 19 h

Sábados e domingos de 12 a 14 h

Luns e festivos pechado

Page 2: Exposición: Detrás da máscara. Demetrio Monteagudo

Entroido 2014

Detrás da Máscara

Demetrio Monteagudo González

Vigo 1952

A afección á fotografía espertóuselle no ano 1973. Data dende a cal mantén coa fotografía unha relación autodidacta, intermitente e bipolar que se pode permitir pola súa condición de afeccionado.

Ten obra publicada na Gran Enciclopedia Gallega (a partir do tomo 19), na revista Río (2000-2004), así como ten colaborado en publicidade empresarial.

Mostrou a súa obra en varias exposicións, entre outras: no Centro Goianés (Goián, 1984), na Asociación Cultural «Eliseo Alonso», na Casa do Libro (Vigo, 2013) ou no Centro Goianés (Goián, 2013).

É membro da Asociación Fotográfica Galega (Phosgalicia). Mantén unha galería en Internet (flickr.com/photos/degatin) onde mostra as súas fotografías.

_________________________________________________________

Colaboran: