Experimentos

14

description

Experimentos con plantas

Transcript of Experimentos

Page 1: Experimentos
Page 2: Experimentos

Para facer o teu MINIBOSQUE necesitas un tarro grande de colo alto, un tápon ou cortiza que suxeite ben, algunhas pedras pequenas ou grava, enxuagadas e limpas, fertilizante humedecido, unha culler ou un garfo cun pau atado ao mango, dous ou tres plantas pequenas e de lento crecemento. Preparación: Limpa e seca o tarro, cubre o fondo con grava para que serva de drenaxe, pon cunha culler unha capa grosa de fertilizante sobre a grava. Afianza a terra arredor das raices e rega as plantas, pecha o tarro hermeticamente e pono nun lugar alto. Rega o xandin só unha vez ao mes. O bafo que aparece no cristal é a auga expulsada polas plantas.

Page 3: Experimentos

BUSCANDO A LUZ

Para observar o fenómeno da búsqueda da luz das plantas propoñemosche un experimento sinxelo. Necesitarás:

Cinta adhesiva Tesoiras Unha caixa de zapatos Terra Unha maceta Chícharos trepadores Pintura negra mate Un pincel Cartolina negra

Page 4: Experimentos

1.- Nunha maceta debes plantar os teus chícharos trepadores. Régaos 2.- Prepara unha caixa de zapatos na que debes facer un furado nun dos extremos. 3.- Pinta o interior da caixa coa pintura negra. A pintura negra absorbe calquera luz dispersa que entre dentro da caixa. 4.- Recorta dous ou tres trozos de cartolina negra tan altos como a caixa que vaias a utilizar, pero non tan largos. Con axuda da cinta adhesiva pégaos dentro da caixa, como indica o debuxo. 5.- Introduce a maceta cos chícharos trepadores plantados, dentro da caixa, de pie, de tal foma que o furado quede na parte superior. Tapa a caixa. 6.- Observa a caixa cada día quitando a tapa para ver que sucede dentro. Co el tempo observarás cómo os chícharos que plantaches van buscando o camiño cara a luz e sairán ao exterior polo furado feito na parte superior da caixa.

Page 5: Experimentos

MIRA COMO BEBEN AS MIÑAS PLANTAS

Para observar mellor cómo beben as plantas, so necesitas tres flores brancas, uns caraveles servirán. Tamén necesitarás dous vasos, tintas de varias cores, unhas tesoiras e auga. 1.- Bota un pouco de tinta de diferente cor en cada vasoe engade auga. Xa podes introducir un caravel en cada vaso. 2.- A continuación recorta o talo do caravel que che sobra ao longo da flor, podes poñerlle un pouco de cinta adhesiva para que o talo non se desgarre. Este caravel debes colocalo como che amosamos no debuxo, cada parte do talo debe introducirse no vaso. 3.- Deixa o teu experimento nunha habitación quentiña e en poucas horas observarás os cambios que se produciron. Que sucedeu? O caravel que ten o talo nun so vaso, cambiou totalmente de cor, porén, o caravel que ten dividido o seu talo entre os dous vasos, ten unha metade dunha cor e a outra metade doutra; isto débese a que colleu auga de distintos vasos.

Page 6: Experimentos
Page 7: Experimentos
Page 8: Experimentos

Queres crear o teu propio mini- ciclo hidrolóxico dentro da túa casa?

Materiais: Frasco, plantas, recipiente con agua, terra, area, pedras pequenas. Instrucións: 1.-Coloca no interior do f ra sc o unha c apa de pedriñas. 2.-Sobre esta, unha capa de area e, finalmente, unha capa de terra. 3.-Enterra coidadosamente as plantas nun lado do frasco. 4.-No outro, coloca o recipiente con auga. 5.-Tapa o frasco e colócao ao so l. A auga é constantemente quentada polo Sol. O calor i que as moléculas de auga se movan máis rapidamente. Cando van o suficientemente rápidas, rompen a tensión superficial d o líquido e escapan coma un gas: este proceso é a evaporación. Así poderás observar como

Page 9: Experimentos

sobe el vapor do recipiente coa auga

Page 10: Experimentos

Observa agora o que pasa.

As capas superiores da atmosfera que cubre a Terra son máis frías. Cando

o vapor de auga chega a elas, comeza a arrefriar. As moléculas

móvense máis lentamente e xúntanse, transformándose novamente en

auga.

Este é o proceso de condensación.

As moléculas necesitan dunha superficie para condensarse. Para iso, utilizan

partículas arrastradas polo vento ou que flotan na atmosfera.

A bandexa con xeo representa as capas elevadas da atmosfera e

tamén proporciona unha superficie na que o vapor pode condensarse.

Cando se unen varias pingas de auga, o peso fainas caer en forma de

chuvia. É o que sucede baixo a bandexa: as pingas xúntanse e chove

sobre as plantas que colocaches.

Page 11: Experimentos

COMO AS FLORES E FOLLAS SE MURCHAN DESPOIS DE

ARRINCALAS

Materiais que necesitarás: •2 envases de iogur de plástico baleiros enxagados ou vasos de plástico (de calquera tamaño) •Una bolsa de cerre hermético •Tesoiras •Auga • Follas ou flores de plantas de interior ou exterior. Instrucións: •Usa as tesoiras para cortar con coidado 3 oo máis follas verdes ou flores frescas dunha planta •Coloca unha folla ou flor nun dos envases cheo de auga •Coloca unha segunda folla ou flor nun dos envases sen auga, baleiro. •Coloca unha terceira folla ou flor nunha das bolsas e péchaa hermeticamente.

Page 12: Experimentos

•Pon as tres follas/flores nun lugar luminoso (unha ventá por exemplo)

•Observa o que lle ocorre ás distintas partes da planta ao longo do tempo

Consellos útiles e suxestións

•Cando cortes as follas ou flores, é unha boa idea deixar un pequeno rabiño (pedúnculo)

Pídelle axuda a un adulto para isto se non estás seguro!

•Podes poñer, se queres, varias follas ou flores no mesmo envase ou bolsa.

Resultados esperados:

•As follas e flores sen auga múrchanse moi rápido (en horas)

•As follas e flores colocadas nun envase con auga serán as que máis tempo sobrevivan.

•As follas e flores colocadas na bolsa de plástico murcharanse máis de vagar.

Page 13: Experimentos

POR QUE AS FOLLAS SON VERDES?

Materiais que necesitarás: •Unha planta de exterior ou interior con follas verdes •Papel de aluminio •Unhas tesoiras pequenas Instrucións: •Elixe unha planta de interior (violeta, xeranio, pensamento) ou unha árbore no exterior con follas planas verdes •Prepara un anaco de papel de aluminio unhas 3 veces máis grande que a folla •Con coidado envolve a folla co papel de aluminio facendo unha funda plana arredor da folla, ten moito coidado e non rompas ou danes a folla •Deixa a funda coa folla dentro durante 7 días. •Desenvolve a folla e tira o papel de aluminio, observa o cambio na cor da folla en comparación cunha folla que non foi envolta en aluminio.

Page 14: Experimentos

Consellos útiles e suxestións: •É unha boa idea envolver varias (3-5) follas de forma individual, así podes comparar os resultados entre as follas envoltas •Podes, se queres, facer un pequeno furado no lateral da funda de aluminio, así entrará un pouco de luz, podes ser creativo á hora de darlle forma ao teu furadiño. Resultados esperados: •Ás follas envoltas co papel de aluminio non lles chegaba nada de luz e volvéronse amarelas. O pigmento verde, chamado clorofila (fai que a planta sexa de cor verde e permítelle capturar a luz) degrádase ou descomponse na escuridade, por iso as follas perden a cor verde. As plantas que medran á luz usan dióxido de carbono, tomano do aire, e a enerxía do sol para facer azucres, necesarios para o crecemento da planta. Este proceso chámase fotosíntese. •Se a funda de aluminio tiña un pequeno furado, a parte da folla exposta á luz manterá a cor verde. Esa parte da folla mantén a clorofila e é quen de seguir facendo a fotosíntese.