Exercicios sobre mecanismos de cohesión

2
MECANISMOS DE COHESIÓN: exercicios de repaso 1. Identificar no texto distintos mecanismos de cohesión e marcadores de discurso. O lobishome é un mozo, ou unha moza, que se converte en lobo; o lobo da xente é un lobishome especial que sufriu a transformación porque o seu pai, a súa nai ou outra persoa lle botou unha maldición. Cóntanse moitos casos do lobo da xente. En Trives, unha nai, farta de que a súa filla lle dixese que tiña fame e quería carne para comer, desexou que se convertese nesa fera para que nunca se fartase e, ao pouco tempo, a filla desapareceu da casa e pasou moito tempo facendo danos e comendo nenos e maiores. O proceso de transformación en lobishome comeza cando a persoa sente un desexo irrefrenable de fregarse n aterra onde estiveran envorcados os lobos reais. Despois faise coma eles e mesmo os supera en forza, intelixencia e crueldade. O lobo da xente non ataca as ovellas e as vacas, o gando non, senón a xente e, sobre todo, a xente da casa, os propios familiares. O lobo da xente cóbrese dunha pelica de lobo que quita cando é home novo. Por iso, para acabar coa maldición, hai que lle queimar a pel do cánido coa que se está a cubrir. SOLUCIONARIO O lobishome é un mozo, ou unha moza, que se converte en lobo; o lobo da xente é un lobishome especial Substitución por sinonimia que sufriu a transformación porque o seu pai, a súa nai ou outra persoa lle botou unha maldición. Anáfora Cóntanse moitos casos do lobo da xente. En Trives, unha nai, farta de que a súa filla lle dixese que tiña fame e quería carne para comer, desexou que se convertese nesa fera para que nunca se fartase e, ao pouco Substitución por sinonimia tempo, a filla desapareceu da casa e pasou moito tempo facendo danos e comendo nenos e maiores. O proceso de transformación en lobishome comeza cando a persoa sente un desexo irrefrenable de fregarse Marcador de orde 1 na terra onde estiveran envorcados os lobos reais. Despois faise coma eles e mesmo os supera en forza, intelixencia e crueldade. Marcador de orde 2 Anáfora Anáfora O lobo da xente non ataca as ovellas e as vacas, o gando non, senón (elipse) a xente e, sobre todo, elipse) a xente da casa, os propios familiares. Subst. hiperonimia Substitución por sinonimia O lobo da xente cóbrese dunha pelica de lobo que quita cando é home novo. Por iso, para acabar coa maldición, hai que lle queimar a pel do cánido coa que se está a cubrir. Marcador conector de consecuencia Anáfora Subst. sinonimia Subst. hiperonimia (porque cans e raposos son cánidos) aAnáfora NOTA: Non se inclúen todas elipses de suxeito, do tipo “(El) foi ao cine”, só algún exemplos.

Transcript of Exercicios sobre mecanismos de cohesión

Page 1: Exercicios sobre mecanismos de cohesión

MECANISMOS DE COHESIÓN: exercicios de repaso

1. Identificar no texto distintos mecanismos de cohesión e marcadores de discurso.

O lobishome é un mozo, ou unha moza, que se converte en lobo; o lobo da xente é

un lobishome especial que sufriu a transformación porque o seu pai, a súa nai ou

outra persoa lle botou unha maldición.

Cóntanse moitos casos do lobo da xente. En Trives, unha nai, farta de que a súa filla

lle dixese que tiña fame e quería carne para comer, desexou que se convertese nesa

fera para que nunca se fartase e, ao pouco tempo, a filla desapareceu da casa e

pasou moito tempo facendo danos e comendo nenos e maiores.

O proceso de transformación en lobishome comeza cando a persoa sente un desexo

irrefrenable de fregarse n aterra onde estiveran envorcados os lobos reais. Despois

faise coma eles e mesmo os supera en forza, intelixencia e crueldade.

O lobo da xente non ataca as ovellas e as vacas, o gando non, senón a xente e, sobre

todo, a xente da casa, os propios familiares.

O lobo da xente cóbrese dunha pelica de lobo que quita cando é home novo. Por iso,

para acabar coa maldición, hai que lle queimar a pel do cánido coa que se está a

cubrir.

SOLUCIONARIO

O lobishome é un mozo, ou unha moza, que se converte en lobo; o lobo da xente é un lobishome especial

Substitución por sinonimia

que sufriu a transformación porque o seu pai, a súa nai ou outra persoa lle botou unha maldición.

Anáfora

Cóntanse moitos casos do lobo da xente. En Trives, unha nai, farta de que a súa filla lle dixese que tiña fame

e quería carne para comer, desexou que se convertese nesa fera para que nunca se fartase e, ao pouco

Substitución por sinonimia

tempo, a filla desapareceu da casa e pasou moito tempo facendo danos e comendo nenos e maiores.

O proceso de transformación en lobishome comeza cando a persoa sente un desexo irrefrenable de fregarse

Marcador de orde 1

na terra onde estiveran envorcados os lobos reais. Despois faise coma eles e mesmo os supera en forza,

intelixencia e crueldade. Marcador de orde 2 Anáfora Anáfora

O lobo da xente non ataca as ovellas e as vacas, o gando non, senón (elipse) a xente e, sobre todo, elipse) a

xente da casa, os propios familiares. Subst. hiperonimia

Substitución por sinonimia

O lobo da xente cóbrese dunha pelica de lobo que quita cando é home novo. Por iso, para acabar coa

maldición, hai que lle queimar a pel do cánido coa que se está a cubrir. Marcador conector de consecuencia

Anáfora Subst. sinonimia Subst. hiperonimia (porque cans e raposos son cánidos)

aAnáfora

NOTA: Non se inclúen todas elipses de suxeito, do tipo “(El) foi ao cine”, só algún exemplos.

Page 2: Exercicios sobre mecanismos de cohesión

SOLUCIONARIO

Identifica os principais mecanismos de cohesión que se dan no texto que vén a continuación; localiza tamén nel os principais marc adores do discurso e explica de que tipo son.

Os estados e as linguas Tal e como tes estudado en cursos anteriores, calcúlase que no mundo existen arredor de 6000 linguas, repartidas en menos de douscentos Estados. Este feito implica que apenas existen Estados monolingües, é dicir, países en que se fala unha única lingua, senón que o que predomina son os plurilingües, isto é, aqueles en que se falan varias linguas. O Estado español é, como a maior parte dos existentes no mundo, un país en que conviven varias linguas. A diversidade lingüística del está recoñecida e protexida pola Constitución e por diferentes estatutos de autonomía, como o da nosa comunidade. Con todo, o status e a situación social das distintas linguas que aquí se falan varían segundo os casos.

Os estados e as linguas Tal e como tes estudado en cursos anteriores, calcúlase que no mundo existen arredor de 6000 Marcador estruturador de orde linguas, repartidas en menos de douscentos Estados. Este feito implica que apenas existen Estados monolingües, Hiperonimia é dicir, países en que se fala unha única lingua, senón que o que predomina son os plurilingües, isto é, aqueles en Marcador reformulador de explicación Sinonimia Elipse (países) Marcador reformulador de información Anáfora que se falan varias linguas. O Estado español é, como a maior parte dos existentes no mundo, un país en que conviven varias linguas. A Elipse (Estados) Sinonimia diversidade lingüística del está recoñecida e protexida pola Constitución e por diferentes estatutos de autonomía, Anáfora como o da nosa comunidade. Con todo, o status e a situación social das distintas linguas que aquí se falan varían Anáfora Marcador de contraposición. Anáfora segundo os casos.