Excursión a asturias (1)

2
EXCURSIÓN A ASTURIAS Hora de saída: 9:30 O primeiro día foi no que viaxamos desde Arzúa a Asturias. Cando chegamos a Asturias sorprendeunos que as casas eran enormes e preciosas. Sobre as 20:00 chegamos ao albergue onde nos iamos hospedar, primeiro fixemos as camas e colocamos as nosas cousas nun armario. A continuación, cenamos espaguettis con salsa de tomate e bistés rebozados con patacas fritas. ¡¡¡Mmmmmm!!! Ao día seguinte fomos a Cangas de Onís: alí trasladámonos a unha tenda onde nos dixeron que puxéramos o bañador, despois o traxe de neupreno e por último un chaleco por si caiamos no río Sella ao ir en canoa. Eu fun con Antía Pardo, ao principio non parabamos de chocarnos contra as rochas que se atopaban aos lados do río. Pouco a pouco, fomos pillándolle o tranganillo... pero máis tarde viron Fidel e Uxío noutra canoa e desviáronos. Despois iamos xenial... pero algo tiña que suceder, polo que chocamos contra unha rocha que non se vía dende a superficie. Alí faciamos pé, entón Antía dixo que a auga estaba conxelada, polo que baixei eu soa para poñer a canoa do dereito e torcín o pé dereito.

Transcript of Excursión a asturias (1)

Page 1: Excursión a asturias (1)

EXCURSIÓN A ASTURIAS

Hora de saída: 9:30

O primeiro día foi no que viaxamos desde Arzúa a Asturias. Cando chegamos a Asturias … sorprendeunos que as casas eran enormes e preciosas. Sobre as 20:00 chegamos ao albergue onde nos iamos hospedar, primeiro fixemos as camas e colocamos as nosas cousas nun armario. A continuación, cenamos espaguettis con salsa de tomate e bistés rebozados con patacas fritas. ¡¡¡Mmmmmm!!!

Ao día seguinte fomos a Cangas de Onís: alí trasladámonos a unha tenda onde nos dixeron que puxéramos o bañador, despois o traxe de neupreno e por último un chaleco por si caiamos no río Sella ao ir en canoa. Eu fun con Antía Pardo, ao principio non parabamos de chocarnos contra as rochas que se atopaban aos lados do río. Pouco a pouco, fomos pillándolle o tranganillo... pero máis tarde viron Fidel e Uxío noutra canoa e desviáronos. Despois iamos xenial... pero algo tiña que suceder, polo que chocamos contra unha rocha que non se vía dende a superficie. Alí faciamos pé, entón Antía dixo que a auga estaba conxelada, polo que baixei eu soa para poñer a canoa do dereito e torcín o pé dereito.

Pola tarde fomos a unha tenda de recordos e alí merquei unha cunca que poñía “Asturias” e traia unha vaquiña... ben parecida a nos mascota de clase, Marela. Jejejejejeje

O último día fomos a un santuario, os lagos de Covadonga ( que frío facía ).

Pola tarde nos pensabamos que xa iamos camiño de Arzúa, pero non, iamos a unha pizzería chamada “Galipizza”. Alí servíronos unhas patacas fritas con ketchup, croquetas de

Page 2: Excursión a asturias (1)

xamón york e queixo, e varias pizzas: unhas de xamón york e queixo e outras de xamón york, queixo e champiñóns...

¡¡¡Que ben o pasei, grazas aos profesores por levarnos!!!

Lucía Fernández López-6ºA