Excursión á Reserva Cinexética de Xares – 16/06/200 9 · No Concello de Ribas de Sil, cada vez...

3
Excursión á Reserva Cinexética de Xares – 16/06/2009 Concentración bastante puntual. Hai un pouco de néboa, pero promete un día… Ao chegar pasaron lista e déronnos o avituallamento. Saímos puntualmente ás 8:30 empezando a amenizar a viaxe Manolo, con felicitacións incluidas para os Antonios. Foinos explicando o motivo da excursión a Xares, unha idea do noso Presidente, Julián, e que, seguro que non nos ía decepcionar. Incuindo dúas visitas culturais: O Santuario das Ermitas ou Ermidas pola mañá e, pola tarde A Torre da Homenaxe, no Bolo. Recordounos as normas a seguir nas nosas saidas, principalmente “o gozo respectuoso da natureza”. Hacia as 9:00 horas, por Sarria empeza a levantarse a néboa e asomar timidamente o sol. Polo camiño, Manolo “o speaker”, vainos contando incluso anécdotas dos lugares polos que pasamos, como a igrexa do Ecce Homo en Rubián, e un bar donde hai moitas obras feitas en madeira que son dignas de ver. Tamén vimos o Pazo de Bóveda e contornos… que no pobo de Cereixa naceu María Castaña,etc. Ao chegar á Pobra do Brollón, empezamos a ver bonitos pinares que prometían moita vida… En Parada do Lor, debaixo da ponte, hai un restaurante que se come maravillosamente, unhas empanadas de anguías….humn… Vemos o río Lor, ao que imos atravesar 9 veces durante o traxecto. Tamén hai un muiño de aceite (Os socios van aportando diferentes coñecementos que teñen sobre os lugares que atravesamos). Pasamos por Augasmestas, onde hai unha área recreativa que é unha saída dos catamaráns, hoxe en desuso por deterioración. No Concello de Ribas de Sil, cada vez que hai unha ponte cambiamos de concello e pasamos ao de Quiroga. O val do Sil é o de menos pluviometría de Galicia. En Quiroga, en Torremorais, hai un castelo que foi utilizado como cárcere. Entramos na comarca de Valdeorras, moi influenciada pola presenza romana, para a busca de ouro. Para visitar o Santuario das Ermidas/ Ermitas dánsenos dúas opcións escollendo o traxecto máis longo pero menos dificultoso, podendo así ver o viacrucis (14 estacións). A guía explicounos exhaustivamente o relativo ao Santuario, ainda que tivemos que acurtar a estanza por falta de horario, quedándonos a todos ganas de voltar. Debemos aclarar que a dualidade de nome do Santuario é debida a que para o pobo o nome é Ermitas, porque foron os ermitaños que vivían nas covas os que lle deron o nome e para a normativa é Ermidas, capelas pequenas. Ás 12:00 horas partimos en dirección á reserva do Xares, incluída na Rede Natura 2000, despedíndonos vendo unha impresionante paisaxe do Santuario dende o autobús.

Transcript of Excursión á Reserva Cinexética de Xares – 16/06/200 9 · No Concello de Ribas de Sil, cada vez...

Excursión á Reserva Cinexética de Xares – 16/06/200 9

Concentración bastante puntual. Hai un pouco de néboa, pero promete un día… Ao chegar pasaron lista e déronnos o avituallamento. Saímos puntualmente ás 8:30 empezando a amenizar a viaxe Manolo, con felicitacións incluidas para os Antonios. Foinos explicando o motivo da excursión a Xares, unha idea do noso Presidente, Julián, e que, seguro que non nos ía decepcionar. Incuindo dúas visitas culturais: O Santuario das Ermitas ou Ermidas pola mañá e, pola tarde A Torre da Homenaxe, no Bolo. Recordounos as normas a seguir nas nosas saidas, principalmente “o gozo respectuoso da natureza”. Hacia as 9:00 horas, por Sarria empeza a levantarse a néboa e asomar timidamente o sol. Polo camiño, Manolo “o speaker”, vainos contando incluso anécdotas dos lugares polos que pasamos, como a igrexa do Ecce Homo en Rubián, e un bar donde hai moitas obras feitas en madeira que son dignas de ver. Tamén vimos o Pazo de Bóveda e contornos… que no pobo de Cereixa naceu María Castaña,etc. Ao chegar á Pobra do Brollón, empezamos a ver bonitos pinares que prometían moita vida… En Parada do Lor, debaixo da ponte, hai un restaurante que se come maravillosamente, unhas empanadas de anguías….humn… Vemos o río Lor, ao que imos atravesar 9 veces durante o traxecto. Tamén hai un muiño de aceite (Os socios van aportando diferentes coñecementos que teñen sobre os lugares que atravesamos). Pasamos por Augasmestas, onde hai unha área recreativa que é unha saída dos catamaráns, hoxe en desuso por deterioración. No Concello de Ribas de Sil, cada vez que hai unha ponte cambiamos de concello e pasamos ao de Quiroga. O val do Sil é o de menos pluviometría de Galicia. En Quiroga, en Torremorais, hai un castelo que foi utilizado como cárcere. Entramos na comarca de Valdeorras, moi influenciada pola presenza romana, para a busca de ouro. Para visitar o Santuario das Ermidas/ Ermitas dánsenos dúas opcións escollendo o traxecto máis longo pero menos dificultoso, podendo así ver o viacrucis (14 estacións). A guía explicounos exhaustivamente o relativo ao Santuario, ainda que tivemos que acurtar a estanza por falta de horario, quedándonos a todos ganas de voltar. Debemos aclarar que a dualidade de nome do Santuario é debida a que para o pobo o nome é Ermitas, porque foron os ermitaños que vivían nas covas os que lle deron o nome e para a normativa é Ermidas, capelas pequenas. Ás 12:00 horas partimos en dirección á reserva do Xares, incluída na Rede Natura 2000, despedíndonos vendo unha impresionante paisaxe do Santuario dende o autobús.

Antes de chegar a Xares, informáronnos dun lugareño xubilado que se adicou a facer estatuas en pedra, entre outras, unha a cada patrón dos distintos pobos e situábaas á entrada de cada pobo. Incluso nunha estrada que ten 14 km, puxo unha estación do vía crucis en cada Km, que é percorrida polos lugareños o día de Venres Santo. Ao chegar ao hotel, preparámonos para iniciar a ruta (3.600 km) con protector solar incluido para que o radiante sol que nos acompañaba non prexudicara a nosa pel, facendo paradiñas para observar a paisaxe e estudar os cogomelos que fomos atopando. Descansiño a descansiño rematamos a ascensión a cal, según o membro máis novo da asociación, Xoán, foi divertida, longa e calorosa.

Así chegamos a área recreativa da Morteira onde degustamos un exquisito xantar. Coa fame da subida, zampamos empanada, tortilla, costela asada e viño de Valdeorras e, de postre bizcoito e mantecados salmantinos.

Para a volta plantexáronnos dúas rutas alternativas, por unha banda o mesmo traxecto da subida e outra, un pouco máis longa pero cunhas vistas de embeleso e a posibilidade de ver algúns animais, como así ocurriu (muflóns, corzos e águias ratoneras). Según as forzas de cada un houbo sendeiristas en ámbalas dúas.

Iniciamos o regreso parando, como estaba previsto, en O Bolo, visitando a Torre da

Homenaxe onde, despois de pedirlle á guía a máxima brevidade posible nas explicacións, por falta de tempo, subimos as 81 escaleiras para poder divisar un amplo e impresionante horizonte. Saímos para Lugo con un pouquiño de retraso porque ainda disfrutamos dun “tiramisú S.M. Lucus” que se nos esqueceu no xantar.

A opinión xeneralizada dos asistentes foi un Sobresainte para os organizadores e que se repitan moitas máis. Emma e Olga.