Eusonhenrique

20

Transcript of Eusonhenrique

un rapaz da aldea

un campesino campión

a terra é nosa

¡canto cambiou isto!

temos unha explotación

o sector leiteiro galego

¿pero que é iso da globalización?

xúntase a fame ...

a vaquiña polo que vale

¡coa saúde non se xoga!

a saúde do Planeta

a agricultura galega

un lugar para vivir

¿que é ser moderno?

temos futuro no campo

prensa agraria

índice

índice

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

“ “Xogo de presentación:

Se eu foseCada un de vós terá que cubrir unha ficha que conterá os seguintes elementos:

Se eu fose:Un lugar (aldea, parroquia, vila, cidade): Un alimento: Un animal:Un oficio:Unha árbore:

Xuntades as fichas e vanse lendo en alto e deberedes tentar de adiviñar por algún dosdados quen é o autor.

3

Ola, eu son Henrique, un neno de 14 anos que estudo 2º de ESO no IES As Pontes, aíndaque eu vivo en Xermade, un concello da provincia de Lugo, máis concretamente enCabreiros. Os meus pais dedícanse á gandeiría, teñen unha granxa de vacas de leite, conarredor de 40 vacas; a miña irmá Xandra e mais eu botámoslles unha man no traballocando volvemos da escola. É mágoa que a miña escola quede tan lonxe da casa, moitosdos meus amigos e amigas son das Pontes e non os vexo (fóra da escola) até a fin de sem-ana que soio baixar a dar unha volta os sábados. Ás veces tamén veñen eles por aquí emeu pai lévanos no coche a Lugo ou imos á Coruña ver o Dépor. A primeira vez que fun áCoruña quedei abraiado vendo que a penas a 1 km. do campo de futbol hai unha chea deleiras nas que se plantan patacas, grelos, tomates... Os ollos case me saen do cacho aover unhas cantas vacas pacendo tranquilamente a 100 metros dunha vía ateigada decoches. A paisaxe péchaa ¡unha grande superficie comercial! De volta á casa decateimeque pouco me separaba daqueles cativos e cativas coruñeses cos que nos xuntaban namesma bancada de Riazor.

un rapaz da aldea

actividades1 .

““Imos facer un traballiño escrito, reflexionando sobre o traballo no campo. Para facelo,algúns partiredes do que coñecedes, porque é onde vivides e no que traballan as vosas

familias; outros supoño que tedes unha pequena idea do que significa ese tipo de vida. Cada unfaráo atendendo ás súas circunstancias. Trátase dunha redacción que ten o seguinte título:

¿Que pasaría se eu de maior traballase e vivise no campo?(como pensas que vivirías, que terías que facer, como reaccionarían os teus familiares e amigos, etc.)

Buscade nos dicionarios todas as palabras da familia léxica de campo, champiñón,pecunio. Copiade os seus significados.

4

¡Que hai de novo, amigos! Hoxe tivemos clase de lingua (¡o galego é a miña materiapreferida!). A profesora contounos historias de palabras. ¡Eu quedei coa boca aberta despoisde escoitala! Resulta que a palabra campo vén do latín e neste idioma significaba "chaira". Atéaí dirédesvos, ¿e que ten de extraordinario? ¡Agardade! Con ela están relacionadascampesino, escampar e champiñón. O campo non era só o que se cultivaba, era tamén ocampo de batalla, e de aí xorde a palabra CAMPIÓN (CHAMPION). ¿Qué son, pois, meus pais,campesinos ou campións? ¿Será o Dépor campión da Champions por xogar nun campo? ¡Iso nonfoi todo! A profe, Paula, contounos que os primeiros que se consideraron ricos en Europa eranos que tiñan gando, que en indoeuropeo se dicía peku; de aí que teñamos hoxe palabras engalego como pecunia (riqueza) ou pecuaria (arte de criar o gando). ¡Cando lle diga a meuspais que os campesinos son campións e os gandeiros ricos, non sei se mo van crer!

un campesino campión

actividades1 .

2.

Le atentamente o seguinte texto:

Procura no dicionario as palabras do texto que descoñezas.

Imos á biblioteca buscar información sobre os seguintes personaxes e instituciónsde re-levancia no agrarismo galego: Mutuas gandeiras; Basilio Álvarez; Lugris

Freire; Acción Gallega; Comisións Labregas. 5

¡Merda! Cheguei tarde á sala e estaba miña nai vendo a tele. ¡Mamá, non che impor-taría deixarme ver a serie esta de UPA Dance? Para a miña desgracia dixo que si, que sique lle importaría e que se eu non tiña nada que facer para o colexio. Ante tal alterna-tiva pareceume moi interesante o programa que estaba a ver miña nai. Era un documen-tal destes da 2 de National Geographic. Trataba das protestas dos Sen Terra de Brasil, queson labregos que reivindican o dereito a ter unha propiedade que traballar. ¿Ves, neno?-dixo miña nai- mira que sorte temos aquí que a nosa terra é nosa. Eu, todo fachendoso,retruqueille que iso era dende había pouco, porque a profe de historia explicáranos queantes en Galiza había unha cousa que se chamaban foros e que os campesinos tiñan quepagar por cultivar as terras. Iso non pode ser así -dixo miña nai- eu non acordo tal cousa.¡Como se ela vivise desde sempre!

a terra é nosa

¿Qué representan as catro figuras que com-poñen a estampa: o home coa machada ao

lombo, a nena e o neno que el protexe e o meniñodo primeiro plano?

Explica o significado do adxectivo posesivo"nosa" as dúas veces que aparece.

Caricatura de Castelao , "A nosaTerra non é nosa, rapaces"

actividades1 .

2 .

3 .

““4 .5.

O movimento agrário ou agrarismo galego foi a maior mobilización social da Galiza contemporánea, sen rivale só equiparábel ao movimento Irmandiño (Século XV).

No aspecto organizativo comezou coa criazón de "Mútuas gandeiras", 1886, de sociedades de agricultores,1896 e das sociedades agrárias, 1899, que a partir de 1906, se transformaron en grande parte en sindicatos agrários.

As "agrárias" formaron variadas federacións desde 1907 até 1936. Os seus obxectivos eran a loita poladesaparición do "foro", a distribución xusta dos "consumos" e a defensa do labrego ou mellora da produción e con-tra os males endémicos do caciquismo político. O foro centrou estas loitas: primeiro para lograr formas de "redimir"esta renda centenária; máis tarde para "abolila".

Francisco Carballo, O movimento agrário galego

““Le atentamente o seguinte texto:

Da feira meus pais traíanme uns iogures bonitos. Cando aínda empezaba a haber iogures no mercado de Curtis.Eran da marca Clesa e do sabor fresa. E eran grandes, preciosos. A min gustábanme moito e facíanme ilusión. Eranunha cousa nova no meu mundo pequeno de nena. No meu mundo monótono de aldea. Traíanme pouquiños, non eracomo agora, pero chegábanme ben. Aqueles iogures eran un bonito agasallo de meus pais, que eu agradecía moito.Gustábame descubrir cousas. Cando nos facemos maiores imos perdendo esa gran curiosidade pola vida e polas cousasdescoñecidas que temos de pequenos. Unha curiosidade intacta, forte, viva, grande. Tamén lembro que máis tarde apare-ceron no mundo da aldea os Petit Suisse. Traíaos miña irmá maior, Maritina. Viña no seu coche e traía as novidades.

Lupe Gómez, Fisteus era un mundo

A partir deste texto ides facer un inquérito nas vosas familias para descubrirdes calesforon as novidades que máis cambiaron as súas vidas ou que lles fixeron máis ilusión:

Máquinas: tractor, lavadora, televisión...

Alimentos: iogur, refrescos

Roupa: ...

Casa: ordenador...

Xoguetes:

Facede un mural cos apeiros que se utilizaron tradicionalmente na agricultura gale-ga e coas máquinas que os substituíron.

6

Hoxe tiven bronca co meu pai na casa, supoño que vós tamén tedes as vosas desputas cosvosos pais. O sábado quería ir xogar a partida de futbol matinal cos meus compañeiros, peroresulta que teño traballo, pois meu pai ten que ir a unha feira de gando e eu debo atender assúas tarefas co gando. Protestei tanto, que me dixo a típica frase dos pais, "vós que protestades,se non sabedes o que é traballar, se chego ter eu a oportunidade que tes ti de estudar!". Eurepliqueille coa típica dos adolescentes: "Eu non pedín por nacer e, se me fixeches, é a túa obri-ga darme de comer e pagarme unha educación. Ademais non se pode explotar aos menores".¡Explotar?, dixo el, e tiven sorte que lle era tarde porque coido que estaba a piques de estoupare eu non ía saír nada ben parado.

¡canto cambiou isto!

actividades1 .

2 .

3 .

Esta fin de semana vén á miña casa, Xaquín, un compañeiro da clase. O seu pai tra-balla en Endesa, na mina, e a súa nai é policía municipal. A pesar de vivir tan próximo aocampo, Xaquín descubriu unha chea de cousas falando comigo. El non sabía que as vacasque se destinan á produción de carne non se moxen, ou que hai vacas que se orientan aproducir leite. Claro que quedou aínda máis sorprendido cando soubo que tiñamos unlímite de litros de leite na granxa e que se nos pasábamos nos multaban. ¡Pero se haixente no mundo que non ten que comer!, dixo. Eu expliqueille que iso era o que chama-ban a cota láctea. Un día rin tanto del pola súa ignorancia que lle dixen que sabía máiscousas de Marte que do que era a agricultura. ¡Pois convídame á túa casa e ensíname!,retoume. E nesas estamos, agardando a que apareza o coche da súa nai.

temos unha explotación

7

Realizade un pequeno traballo deinvestigación en grupos. Ímosvos dar

unha información xeral sobre o sector gan-deiro en Galiza. A partir deste informecada grupo centrarase nun dos subsec-tores gandeiros e fará un traballo sobre assúas características.

A partir destes debuxos de Xosé Lois e do voso traballo definide o que é a cotaláctea e que incidencia tivo a súa aplicación no campo galego.

actividades1 .

2 .

A actividade gandeira achega un 56% da producción final

agraria galega e constitúe a principal actividade socioe -

conómica do medio agrogandeiro, posto que máis do 67%

das superficies están dedicadas a forraxes.

bliblilaifklalfdkalñdamsklñdmbliblilaifklalfdkalñdamsklñdmbliblilaifklalfdkalñdamsklñdmbliblilaifklalfdkalñdamsklñdm

bliblilaifklalfdkalñdamsklñdmbliblilaifklalfdkalñdamsklñdmbliblilaifklalfdkalñdamsklñdmblibli

Nº de explotacións leiteirasNº de vacas de leite% de explotacións con máis de 20 vacas leiteiras

Nº de explotacións de vacas de carneNº de vacas de carneNº de vacas por explotación en control leiteiro

Nº de vacas sometidas a control leiteiroProduccción media por vaca en control leiteiro (Kg)

29.430461.45123%

40.597241.47934,04158.1987.426

AgroAgroActualActualD i a r i on º 1 d e

G a l i z a

Estes días o meupai está un pouco máisenfadado do normal,eu non sabía moi benpor que até que collíno xornal que tiñaenriba da mesa cunhanoticia remarcada:

A verdade é quedespois de ler estanoticia tampoucoteño eu moitas ganasde bromas, ¿teremosque marchar docampo e cambiar onoso modo de vida?Tampouco compren-do perfectamentetodo o que di anoticia, candovolva meu paipedireille que maaclare.

8

o sector leiteiro galego

AgroAgrocActualActual

Exercicio de comprensión: Resume coas túas palabras o que quere dicir a noticia.

Explica as seguintes expresións:

"adaptación a novos productos industriais"

"importancia estratéxica"

"enviado e refrixerado (o leite) para a súa transformación fóra de Galicia"

Averigua que produtos se poden obter coa transformación do leite.Busca cales son as marcas que fabrican estes produtos e mira no seuetiquetado cales se fan en Galiza. ¿Sabes que son as marcas brancas?

actividades1 .

2 .

3.

A producción de leite tenun peso moi alto na agri-cultura galega en termoseconómicos, sociais e terri-toriais. Trátase dun sectorque achega máis do 30 porcento á producción agrariafinal galega. Pese a estaimportancia estratéxica,non escapa ós problemasderivados da escasa trans -formación que se fai na

Comunidade.Segundo o Libro Brancoda Agricultura e oDesenvolvemento Rural doMinisterio de Agricultura,Pesca e Alimentación(MAPA), estímase quepreto do 30 por cento doleite producido en Galicia éenviado e refrixerado paraa súa transforma-

ción fóra de Galicia. Un dato preocupante quese agudiza se temos enconta que as explotaciónsde leite constitúen a maiorparte das modernizadas, eo segmento de maiordimensión"

Unhas 12.000 granxaslácteas en Galicia poderíandesaparecer

O futuro de máis da metade das explotacións depende da súa adaptación a novos productos industriais.

D i a r i on º 1 d eG a l i z a

Le atentamente o seguinte texto:

Define coa axuda dun dicionario ou enciclopedia as seguintes palabras dos textosanteriores:

Globalización; Multinacional;

Boicotear;

Reivindicar; Uniformidade;

Inventade eslogans que animen aos consumidores a comprar produtos propios de Galiza.

Analisade a seguinte gráfica da pro-dución leiteira en Galiza no ano 2003:

Busca en Internet que marcas secorresponden con cada grupo e

identifica a súa nacionalidade (galega,francesa, española, holandesa, suiza,norteamericana, danesa,...)

9

Normalmente non me soio meter nas conversacións dos maiores. Hoxe é domingo eviñeron comer á nosa casa o tío Suso, irmán do meu pai e a súa compañeira María. Susotamén é gandeiro e estaba que botaba lume pola boca porque un grupo americano queríacomprar outra empresa leiteira galega. "Así non imos a ningures" repetía. Meu pai dicíalleque sempre é mellor iso que non ter a quen lle vender o leite. Fíxate en Zara, dicía, fab-rica a roupa en China, Marrocos ou Taiwán, onde lle sae máis barato, éche isto da glob-alización, afirmaba meu pai. Si, si e cando non queden máis que dúas ou tres multina-cionais - dicía Suso -, verás a canto nos pagan o litro de leite. Mentres eles seguían adiscutir, eu levantei da mesa e collín a miña camiseta de deportes preferida (made inChina) para xogar á consola (made in Taiwan) na habitación.

Pero que é isto da globalización

““Hai poucos anos no Bierzo os fruticultores déronse conta de que no Continente de Ponferrada non vendían unhasoa froita do Bierzo, que case todo era francés, así que foron alí e dixéronlle ao xerente que tirirí, que ou vendía mazás,peras e outros productos hortofrutícolas locais ou o boicoteaban. Continente, claro, achantou. Os labregos bercianosdemostraron que tiñan forza, pero o Continente consolidouse como o máis poderoso da comarca, pois quizais só sereivindique diante do poderoso.

Lonxe do Bierzo, en Francia, outros agricultores decidiron berrar ben forte e dicir que todos os pobos teñen dere-ito a se alimentar a si mesmos, viron que a uniformidade os negaba e decidiron defender a súa identidade. Por isoasaltaron un MacDonalds. Eles veno vir.

Revista Animal +, nº 8, inverno 2000

actividades1 .

2 .

3.

4.

5.

10

Analisa este mapa do mundo e busca aqueles países que tiveron fames nas últimasdécadas e aqueles que teñen unha porcentaxe de xente máis obesa. Quita conclusións.

Anota 20 palabras que che suxira a fame e empregáas para escribir unha carta aosgobernantes do mundo para que tomen medidas que poñan fin a este problema.

O mércores na aula mareouse María, a rapaza que senta diante miña. Parece ser quenon almorzara nada. Está fraca como unha palliña, mais seica quere adelgazar. Candovexo cousas así, sempre penso no mal repartido que está o mundo: nos países ricos vivenun montón de gordos querendo adelgazar. Claro, temos desde nenos tantas larpeiradaspara comer e ademais todo iso que chaman comida rápida (hamburguesas, pizzas...).Porén, nos países do 3º mundo a xente pasa fames terribles, e nos anuncios da tele saentodos eses nenos coas barrigas hinchadas pola fame. Por iso digo que neste Planeta xún-tase a fame coas ganas de comer.

xúntase a fame ...

actividades1 .

2 .

Imos facer un traballo telefónico, ¿qué vos parece? Tentaremos averiguar como chegaun alimento ao supermercado desde que se produce. Tamén procuraremos saber cal

é a diferencia de prezo entre o que se lle paga ao agricultor e o prezo que paga o consum-idor. Buscade nunha guía telefónica o teléfono de cadeas de alimentación, sindicatos deagricultores, cooperativas, etc. Antes de nada, teredes que preparar as preguntas.

Neste exercicio tedes que buscar canto valen os seguintes produtos:

1 kg de tomates

1 xelado de cucurucho

1 crema corporal hidratante de medio l.1 lapis

A seguir tedes que ordenar os produtos do anterior exercicio de maior a menorprezo e xustificar con 10 razóns por que ten cada un ese valor.

Finalmente, ponlles ti o prezo que consideras debería ter cada un e xustifica o porqué. 11

Esta fin desemana ée spec i a l ,r a p a c e s ,vou saírp o rL u g o .Iso si,antes de mar-char tiven que pelexar conmiña nai como sempre. ¡Ela pretende que saia con 20 miserables euros! Eu expliqueilletodo con rotundidade: "Mamá, poñamos que imos ao cine, a entrada case me custa 6euros; se levamos algunhas larpeiradas para comer mentres vemos a peli, gasto outros 3euros. Xa case vai a metade, sen contar o bus e aínda non merendamos." Mais ela nuncaqueda calada: "¿Sabes cantos litros de leite temos que vender para poder darche a ti os20 euros?". "Sei , aínda fun o outro día cos pais de Xaquín ao súper, e valía cada cartón70 céntimos; así que tes que vender uns 30 litros". "Ti es parvo, dixo ela, nós non avendemos a ese prezo, hai que transportala, hai que pagar impostos, o súper tamén querebeneficios...". Eu mantívenme firme e marchei cos 20 euros para Lugo.

a vaquiña polo que vale

actividades1 .

2 .

3.

4.

12

Estiven pasando uns días na casa do meu amigoXaquín. O martes á tarde fun cos seus pais ao superme-rcado. O seu pai estaba metendo unha caixa de cartóns deleite no carro cando lle preguntei por que compraba esamarca en concreto. "Porque me parece que é o máis nat-ural", díxome Raúl, que así se chamaba o pai do Xaquín. E aseguir ensinoume a etiqueta que viña en cada envase. Eu fiquei pampo,traía absolutamente todos os datos sobre o leite envasado, ¡mesmo en que granxas se com-praba en orixe e con que tipo de alimento se criaba o gando! "A min preocúpame aforrarno que compro, dixo Raúl, mais tamén a saúde, e por iso ten moita importancia saber o quecomemos. Por iso compro sempre produtos de temporada e, por suposto, nada de tran-sxénicos". Eu xa non lle facía caso ao que dicía, só pensaba en se o nome da granxa demeu pai, "A breixa", aparecería nalgunha etiqueta do leite.

Recollede etiquetas de diferentes produtos de alimentación e comprobade se con-teñen os seguintes datos que estipula o Real Decreto (1334 do 31 de xullo de 1999)

sobre etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios:

Nome do produto.Lista de ingredientes e aditivos.Cantidade de determinados ingredientes.No caso das bebidas cando o seu contido alcólico sexa superior ao 1´2% en vo-lume debe figurar na etiqueta.A cantidade neta do produto.A data de caducidade ou de duración mínima.Condicións especiais de conservación e utilización.Modo de emprego (cando sexa necesario).Identificación da empresa e domicilio.O lote.Lugar de orixe ou procedencia.

Collede etiquetas dun mesmo produto (iogur, queixo, leite...) e comparade o seucontido.

Localizade, identificade e clasificade os diversos aditivos que aparecen nas etique-tas. A seguir elaborade varios murais coas categorías dos aditivos alimentarios: col-

orantes, emulxentes, edulcorantes, etc.

Buscade nunha enciclopedia información sobre dous conceptos:

Trazabilidade:

Transxénicos:

coa saúde non se xoga

actividades1 .

2 .

3 .

4 .

13

Despois de xantar sempre vexo na televisión Os Simpson; gústame moito o personaxede Lisa, tan preocupada ela polos temas ecolóxicos. Ás veces acompáñame meu pai ecomentamos algo dos debuxos. El discrepa con Lisa, pensa que nunca houbo tanta pre-ocupación pola terra: "agora xa non se pode tirar nada no campo nin nos ríos, cada vezutilízanse pesticidas que contaminan menos, hai depuradoras en case todos os sitios,repóboanse os bosques...". Cando di iso último é cando me encendo, "si, como fixechesti plantando eucaliptos". E entón é cando me sae co discursiño ese de que algún día oseucaliptos pagarán os meus estudos na Universidade. Pero se eu o que quero é ser gan-deiro, e como todos se dediquen a plantar eucaliptos, ¿onde vai pacer o meu gando?

Imos facer un mural de graffitis desexándolle boa saúde ao noso Planeta:engadídelle un cada un. ¿Que vos parecen estes?:

Ponlles o pé texto que consideres axeitado ás seguintes bandas deseñadas ouenche os globos baleiros:

a saúde do planeta

actividades1 .

2 .

“ “14

Eu teño fama de tímido entre os meus amigos e de que penso moito as cousas, peroé que ás veces ocorren feitos que nos fan reflexionar. Tiven un pequeno encontrona-zo con Miguel, un cativo da miña clase e non se lle ocorreu outra cousa para faltarmeque chamarme aldeán, e cando lle dixen que a moito orgullo vai e replícame que uloa bosta de vaca. Eu é que teño moita educación, pero púxome dun xenio, queporque... Non, non pensedes que estou ofendido polo que me dixo, o que máis meamola é que aínda haxa xente que pensa que me insulta por me chamar aldeán ou gan-deiro. ¿É ou non é para pensar?

a agricultura galega

A literatura popular galega foi pasando de xeración en xeración, conservada funda-mentalmente polos labreg@s e mariñeir@s. Xoguemos un pouco con ela:

a ) Resolve estas adiviñas:

b ) Une a primeira parte de cada refrán co seu correspondente:A vaca é ouro... ...peido no raboLeite mazado... ...non fai queixo nin manteigaUvas con queixo... ...o porco tesouroO que non moxe marela... ...ben muxida e mal mantidaVaca de moitos... ...saben a beixo

c ) Explica o que queren dicir os seguintes ditos e escribe un diálogo en que os empregues:

Ter as vacas no millo

As cabras sempre tiran ao monte

Ovella que berra bocado que perde

Ser máis carneirán que os carneiros

Lede atentamente o fragmento do relato "Unha vida" de Agustín Fernández Paz:

¿E dis que aquí os nenos falaban castelán? A Rosalía contesteille que si, pero non sei por que lle mentín,xa que non era verdade. Falábano comigo, pero logo, cando xogaban no recreo, o que máis se lles escoitaba eragalego. Que habían falar, a maioría eran fillos de familias que viñeran a traballar na Citroën. Foi naqueles anoscando as aldeas de Ourense quedaron medias despoboadas, de tanta xente como veu traballar aquí.

Organizade un debate no que se cuestione a identificación da lingua galega co rural.

actividades1 .

2 .

3 .

Dúas torres altas,dous miradores,un espantamoscase catro andadores.

Solución:

O Lico-lico,non ten óso nin pelico;e a nai do Lico-lico,ten ósos e mais pelico.

Solución:

15

Se hai un tipo de xente ao que non soporto son os rapaces e rapazas que eu chamo"asfálticos". Naceron e criáronse nas cidades, moitos deles son fillos ou netos de xentedo campo, e cando vai chegar a fin de semana din frases tan coñecidas como "me voy pala paila", ou ben, "no puedo salir que voy con los viejos a la ghaña". Unha destas é a miñacompañeira de clase Paula Díaz que para se meter comigo esta mañá díxome "Pero si túeres de la argolla". Sinto tanta pena cando vexo os poucos mozos e mozas que vivimos nocampo. Na miña parroquia a xente é cada vez máis maior e, a verdade, excepto nas fes-tas é moi difícil que aquilo se encha de vida. ¿E se enchemos isto de "asfálticos"? Mañámesmo invito a Paula á miña casa, poida que se lle cure a ignorancia.

un lugar para vivir

Lede con atención o seguinte texto:

a ) ¿Cal é o tema que trata o texto?

b ) ¿Coñecedes algunha anécdota similar? Se é así contádea na aula

c ) Poñédevos por grupos e anotade 10 cousas que espera encontrar a xente que marcha do campoá cidade. Facede unha posta en común para ver cales son as que máis se repiten. Realizade omesmo proceso co que espera obter quen marcha da cidade a vivir e traballar no campo.

Interpreta esta banda deseñada de Xaquín Marín

““non é o mesmo, pero eu recordaba cando o meu pai me levaba da man e me daba a probar o anís que nacía entreas silvas. Vai para vinte anos que viñen vivir á cidade. Eu fixera soldador e saíume curre nun taller de chapa

botei noiva, ela traballa no Aldi de caixeira a media xornada. Tivemos unha filla hai seis anos. Chámase Escarcha

a semana pasada o seu colexio levouna de excursión ó campo

firmei o permiso imaxinando que o facía coas mans do meu pai, as súas mansque recendían a mazá e me daban achuchar o anís

cando voltou pregunteille o que vira:

- un norit branquiño, coma o da caixa de lavar de mamáJaureguizar, Fridom spik

actividades1 .

2 .

16

Hai compañeiros que pensan que a modernidade aínda non chegou ao campo. Talvez pensen que ser moderno é ter unha televisión na habitación, ou un hipermercadopreto da casa, ou andar con roupa de marca. Pouco a pouco esas cousas tamén estánchegando ao campo, a pesar de que se nos vaia a luz frecuentemente, ou que os telé-fonos que nos puxeran non nos vallan para acceder a Internet. A miña nai non está moipola "modernidade"; di que cade vez que falan de modernizar algo no campo o que nosqueren dicir é que sobran moitos labregos, iso si, despois de gastarmos un montón decartos en maquinaria para aumentar a produción e pagar despois por producir de mais.¿Alguén entende isto?

¿que é ser moderno?

Lede atentamente o seguinte poema de Carlos Negro:

a ) Facede unha lista con 10 elementos que simbolicen a modernidade para vós:

b ) A seguir, realizade un plaxio do poema de Carlos Negro, no que aparezan eses 10 elementos.

c ) ¿Cantos deses 10 elementos son fáciles de encontrar no lugar onde vives? ¿Considerasque é un lugar moderno?

Analisa a gráfica que aparece a continuación en relación coa evolución dapoboación no campo galego dedicada ao traballo agrícola e gandeiro:

““puxeron farolas nos lugares da parroquia

asfaltaron a pista e xa teñen o teléfono

pero sen xente o mundo non val un peso tristee o teléfono é un can doente con cheiro a frío

maría ten oitenta anos só é unha pantasmareza o rosario e non dorme nunca polas noites

cuando amanezca, será ya siempre invierno

nubes mudas sobre nichos vivos de silencio

actividades1 .

2 .

“ “

Mostra de estudos que se poden facer en relación co sector lácteo

Despois de traballarmos nesta unidade didáctica , escribe unha redacciónco seguinte título:

¿Gustaríame traballar no campo de maior?

17

A miña prima Sara acaba de rematar 4º de ESO e non sabe moi ben que facer o próx-imo ano, se seguir o Bacharelato ou coller un ciclo formativo. Estivo co tío Suso na casae mostrounos un folleto coas posibilidades que tiña. Eu fiquei pampo, non pensaba quehoubese tantos ciclos e carreiras relacionadas co traballo no campo, ¡e iso que non esta-ban todas! Ela teno moi claro e iso que meu pai lle dicía que era mellor que fixese outracousa, que o futuro no campo era moi negro. Ela, a pesar de ser tan nova, replicoullecontundente: Mira, tío, eu non quero vivir co cheirume e o ruído das cidades, traballarencerrada nunha oficina deixándome os ollos na pantalla do ordenador e aínda por ribacun contrato de merda. ¡Que aquí tampouco o terei fácil, xa o sei! ¿E quen o ten fácil?

temos futuro no campo

actividades1 .

2 .

ESTUDOS E CENTROS RELACIONADOS CO SECTOR LÁCTEOCiclos profesionais:Centros de Capacitación Agraria (CECA) dependentes da Subdirección Xeral de Extensión

e Ca-pacitación Agraria, impártense distintas especialidades agrarias:Guísamo (Bergondo, A Coruña): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas intensivas.Sergude (Boqueixón, A Coruña): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas extensivas.Monforte (Lugo): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas intensivas e Explotacións Agrícolas

extensivas.“Pedro Murais”, Ribadeo (Lugo): Ciclo Medio de Explotacións Agrarias extensivas.IES Castro de Rei (Lugo): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas extensivas.IES “Poeta Manuel Leiras Pulpeiro”, Lugo: Ciclo Superior de Industria Alimentaria.IES “A Granxa”, Ponteareas (Pontevedra): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas intensivas.

Especialidades universitarias.Ciencias e tecnoloxía dos alimentos: Lugo e Ourense (2º ciclo).Enxeñeiro agrónomo: Lugo (1º e 2º ciclo).Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialista en Explotacións Agro-

pecuarias: Lugo (1º ciclo).Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialista en Industrias Agrarias e Alimentarias: Lugo e

Ourense (1º ciclo).Licenciado en Veterinaria: Lugo (1º e 2º ciclo).Licenciado en Ciencias e tecnoloxía dos alimentos: Lugo e Ourense (2º ciclo).

16

actividadesBusca en diferentes xornais os espazos e os días que se dedican a informar sobre aagricultura e a gandería. Copiade os titulares de toda a semana e buscade cales son

os temas que máis lles interesan.

Analisar os nomes de diferentes xornais agrarios

1 .

2 .

prensa agrariaEsta semana é a "Semana da prensa" e a titora pediunos que levásemos á escola algún xor-

nal dos que lemos habitualmente na casa. Meu pai ten costume de comprar o periódico só nafin de semana, el sempre di que "total a penas traen noticias sobre o campo, se eles poden pre-scindir de nós, eu tamén deles". Iso si ten unha chea de revistas especializadas en agriculturae gandería, de organizacións sindicais, de cooperativas, de asociacións profesionais...: Fouce,La Tierra, Afriga, Xóvenes Agricultores, Feiraco,... Mesmo ten revistas e xornais de informa-ción xeral que lle adicaron algún número ao agro: Tempos Novos, especiais do semanario A NosaTerra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego,.... Estaba seguro que os meus com-pañeiros levarían prensa deportiva na súa maioría, así que eu ía ser do máis orixinal.

Edita: Asociación Socio-Pedagóxica Galega Cámara Agraria Provincial

Ilustracións: Carlos Silvar.Maquetación: Chus Freire.

Autor: Anxo Gómez Sánchez

ISBN: 84-89679-73-8Depósito Legal: C-2187 / 2004

Cámara AgrariaProvincial de Lugo