ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver....

40
ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO CAPITULO I Denominación, Domicilio, Ámbito, Actividade e Duración ARTIGO 1.- DENOMINACIÓN E RÉXIME LEGAL Coa denominación “STRELIA ELECTROTECNIA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA”, constitúese unha sociedade cooperativa de traballo asociado, dotada de plena personalidade xurídica e suxeita ás disposicións da Lei de cooperativas de Galiza e as contidas nos presentes estatutos. ARTIGO 2.- DOMICILIO SOCIAL 1.- O domicilio social da cooperativa establécese na rúa de Melide, número 11, andar 3º, letra B, do municipio de Santiago de Compostela, da provincia de A Coruña, C.P. 15705. 2.- O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo do órgano de administración. Con carácter previo á súa inscrición no Rexistro de cooperativas, dito acordo deberase comunicar formalmente ás persoas socias. 3.- Para trasladar o domicilio social fóra do termo municipal no que antes estaba, será necesario o acordo da asemblea xeral. 4.- O cambio do domicilio social publicarase nun dos diarios de maior circulación da comunidade autónoma galega. ARTIGO 3.- ÁMBITO TERRITORIAL O ámbito territorial dentro do que estarán situados principalmente os centros de traballo nos que as persoas socias prestan habitualmente o seu traballo Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40

Transcript of ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver....

Page 1: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

ESTATUTOS SOCIAIS

COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO

CAPITULO I

Denominación, Domicilio, Ámbito, Actividade e Duración

ARTIGO 1.- DENOMINACIÓN E RÉXIME LEGAL

Coa denominación “STRELIA ELECTROTECNIA SOCIEDADE COOPERATIVAGALEGA”, constitúese unha sociedade cooperativa de traballo asociado, dotada deplena personalidade xurídica e suxeita ás disposicións da Lei de cooperativas deGaliza e as contidas nos presentes estatutos.

ARTIGO 2.- DOMICILIO SOCIAL

1.- O domicilio social da cooperativa establécese na rúa de Melide, número 11,andar 3º, letra B, do municipio de Santiago de Compostela, da provincia de ACoruña, C.P. 15705.

2.- O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal poracordo do órgano de administración. Con carácter previo á súa inscrición no Rexistrode cooperativas, dito acordo deberase comunicar formalmente ás persoas socias.

3.- Para trasladar o domicilio social fóra do termo municipal no que antes estaba, seránecesario o acordo da asemblea xeral.

4.- O cambio do domicilio social publicarase nun dos diarios de maior circulación dacomunidade autónoma galega.

ARTIGO 3.- ÁMBITO TERRITORIAL

O ámbito territorial dentro do que estarán situados principalmente os centros detraballo nos que as persoas socias prestan habitualmente o seu traballo

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40

Page 2: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma de Galiza.

ARTIGO 4.- OBXECTO E ACTIVIDADE ECONÓMICA

1.- A cooperativa ten por obxecto a prestación do traballo das persoas socias paraproduciren en común bens e servizos para terceiros.

2.- As actividades económicas que desenvolverá a cooperativa para o cumprimentodo seu obxecto social, son:

- Desenvolvemento, fabricación, e implantación de produtos e sistemaselectrotécnicos.

- Prestación de servizos de enxeñaría electrónica, eléctrica e detelecomunicacións.

- Aplicacións nos campos da eficiencia enerxética, iluminación,domótica, enerxías alternativas, control industrial, automoción, náuticae ciencias da terra.

Estas actividades deberán ser exercitadas a través de profesionais coatitulación adecuada, ou no seu caso, deberán ser exercidas previa acorrespondente autorización ou licenza administrativa.

3.- A cooperativa desenvolverá o seu obxecto social seguindo os seguintesprincipios e valores

a.- A actividade será sempre comprometida, respectuosa e favorábel para:• a ecoloxía e a sustentabilidade ambiental,• a paz social, • a igualdade de xénero e a dignidade das persoas, e• a diversidade cultural e étnica.

b.- A cooperativa respectará, defenderá e porá en valor a súa orixe social,cultural e identitaria galega, cunha perspectiva aberta, intercultural,multilingüe e con proxección europea, ibero-americana, e global.

c.- A cooperativa pulará polo desenvolvemento de tecnoloxía e industria • propia e innovadora,• que xere postos de traballo e riqueza na sociedade galega,• procurando a excelencia na calidade dos seus produtos, e o• óptimo e profesional servizo á sociedade.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 2 de 40

Page 3: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

ARTIGO 5.- DURACIÓN

A cooperativa constitúese por tempo indefinido.

CAPÍTULO II

Das persoas socias

ARTIGO 6.- PERSOAS SOCIAS

1.- Poden ser socios ou socias traballadoras desta cooperativa, as persoas naturaiscon capacidade legal e física para desenvolveren a actividade cooperativizada deprestación do seu traballo persoal.

2.- Non poden ser persoas socias traballadoras as menores de dezaseis anos.

3.- As persoas estranxeiras, para poderen prestar traballo na cooperativa, deberánreunir os requisitos establecidos na lexislación específica sobre prestación do seutraballo en España.

ARTIGO 7.- ADMISIÓN

1.- Para adquirir a condición de persoa socia no momento de constitución dacooperativa, será necesario:

a) Estar incluído na relación de promotores e promotoras.

b) Subscribir e desembolsar a achega obrigatoria na contía fixadaestatutariamente.

2.- Para adquirir a condición de persoa socia con posterioridade á constitución dacooperativa, será necesario:

a) Ser admitido como socio ou socia.

b) Subscribir e desembolsar a achega obrigatoria na contía fixadaestatutariamente.

c) Subscribir o compromiso de non se dar de baixa voluntariamente sen xustacausa que cualifique a mesma de xustificada, até que transcorra un anodesde a data do seu ingreso.

d) Desembolsar a cota de ingreso que, no seu caso, acorde a asemblea xeral.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 3 de 40

Page 4: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

ARTIGO 8.- PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

1.- A petición de admisión realizarase por escrito dirixido ao órgano deadministración da cooperativa, que deberá resolver motivadamente nun prazo nonsuperior a dous meses, a contar dende o día seguinte á recepción daquela. Aresolución comunicarase á persoa peticionaria e publicarase no taboleiro deanuncios da cooperativa. Transcorrido o prazo mencionado sen resolución expresa,a petición entenderase denegada.

2.- Contra a denegación da admisión a persoa peticionaria poderá recorrer no prazodun mes, a contar dende a comunicación ou do remate do prazo que o órgano deadministración dispón para resolver, ante a asemblea xeral. Recurso que seresolverá na primeira asemblea xeral que se celebre, mediante votación secreta,previa audiencia da persoa interesada.

3.- O acordo de admisión tamén poderá ser impugnado por socios e socias querepresenten como mínimo dous terzos do total, no prazo de 10 días a contar dendea publicación do acordo de admisión no taboleiro de anuncios da sociedade, ante aasemblea xeral, que resolverá na primeira que se celebre, por votación secreta,previa audiencia da persoa interesada. Até que transcorra o prazo para recorrer ouresolva a asemblea xeral sobre o recurso interposto, a admisión quedará ensuspenso.

4.- A admisión poderá ser en situación de proba. O período de proba será de seismeses. Poderá ser prorrogado por seis meses adicionais se a incorporación seacolle a programas de promoción do autoemprego cooperativo.

En todo caso, o período de proba poderá reducirse ou suprimirse por mutuo acordo.

O socio ou socia a proba ten os dereitos e obrigas derivados da súa condición depersoa socia traballadora, excepto os seguintes:

a) Pode resolverse a relación de forma unilateral. A mesma facultade ten o órganode administración.

b) Non poden realizar achegas ao capital social nin satisfacer ningún tipo de cotas.

c) Non responden das perdas sociais.

d) Non perciben retorno cooperativo, se ben participarán nos resultados positivosequiparándose ás persoas traballadoras asalariadas.

e) Non poden ser electores ou electoras, nin elixíbeis para ocupar cargos nosórganos sociais.

O número máximo de persoas socias traballadoras simultaneamente en situación de

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 4 de 40

Page 5: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

proba non será superior a un quinto do total de socios e socias da cooperativa.

ARTIGO 9.- DEREITOS DAS PERSOAS SOCIAS

As persoas socias teñen dereito a:

a) A seren electoras e elixíbeis para os cargos dos órganos sociais da cooperativa.

b) A formularen propostas e participar con voz e voto na adopción de acordos nasreunións dos órganos sociais dos que forme parte.

c) A recibiren a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e ocumprimento das súas obrigas.

d) A participaren na actividade da cooperativa para o cumprimento do seu fin social,sen ningunha discriminación.

e) A prestaren o seu traballo persoal na empresa cooperativa e aos beneficios daseguridade social segundo a opción elixida pola asemblea xeral da cooperativa.

f) A percibiren periodicamente nun prazo non superior a un mes o anticiposocietario, así como, se é o caso, o retorno cooperativo.

g) A actualización das achegas ao capital social, así como, no seu caso, a súadevolución e a percepción de intereses polas mesmas.

h) Ao dereito de información nos termos estabelecidos no artigo 23 da Lei decooperativas de Galiza

i) A todos os demais dereitos que lles outorguen as normas legais e estatutarias ouos acordos validamente adoptados polos órganos sociais.

Os dereitos exerceranse de conformidade coas normas legais e estatutarias e osacordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

ARTIGO 10.- OBRIGAS DAS PERSOAS SOCIAS

As persoas socias están obrigadas a:

a) Asistiren ás reunións da asemblea xeral e dos demais órganos para os que fosenconvocadas.

b) Cumpriren os deberes legais e estatutarios así como os acordos validamenteadoptados polos órganos sociais da cooperativa.

c) Participaren nas actividades cooperativizadas que desenvolvan o obxecto socialda cooperativa, mediante o seu traballo persoal durante as horas e días docalendario laboral que fixe a asemblea xeral.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 5 de 40

Page 6: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

O órgano de administración poderá liberar temporalmente de dita obriga á persoasocia que o demande motivadamente, por causa xustificada.

d) Non realizaren actividades competitivas coas desenvolvidas pola cooperativa,salvo autorización expresa do órgano de administración.

e) Gardaren secreto sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa cuxa divulgaciónpoida prexudicar os intereses sociais lícitos.

f) Desembolsaren as súas achegas ao capital social nas condicións previstas.

g) Participaren nas actividades de formación.

h) Aceptaren os cargos para os que fosen elixidas, salvo xusta causa.

ARTIGO 11.- BAIXA VOLUNTARIA

1.- A persoa socia poderase dar de baixa voluntariamente na cooperativa encalquera momento, mediante preaviso por escrito ao órgano de administración quedeberá enviarse cunha antelación de tres meses. A efectos do reembolso deachegas, a baixa entenderase producida ao termo do prazo de preaviso.

O incumprimento do prazo de preaviso dará lugar á correspondente indemnizaciónde danos e perdas, e a baixa será considerada como inxustificada, agás que oórgano de administración, baseándose nas circunstancias que concorran, a apreciecomo xustificada.

2.- Se a baixa entrañase o incumprimento do prazo de permanencia establecidonestes estatutos, sen xusta causa que cualifique a mesma de xustificada, acooperativa poderá esixir á persoa socia participar nos termos nos que vén obrigadaestatutariamente, Até o final do período comprometido, nas actividades ou servizoscooperativizados ou, no seu defecto, a esixirlle a correspondente indemnización dedanos e perdas.

En todo caso, a súa baixa será considerada como inxustificada, agás que o órganode administración, baseándose nas circunstancias que concorran, a aprecie comoxustificada.

3.- Establécese como penalidade por incumprimento, do prazo de preaviso ou doperíodo de permanencia, o incremento dun 10% do importe resultante de aplicar asdeducións previstas para o suposto de baixa non xustificada, sobre todas ascantidades reembolsábeis, incluído o retorno cooperativo e os fondos de reservarepartíbeis que, se é o caso, lle poidan corresponder á persoa socia. Estapenalización deducirase da contía que se fixe como indemnización por danos eperdas.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 6 de 40

Page 7: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

4.- Para a cuantificación dos danos e perdas esixíbeis ás persoas socias polosincumprimentos indicados nos anteriores apartados 1 e 2, fíxanse os seguintescriterios obxectivos:

A contía dos danos e perdas será a resultante de multiplicar o número de meses,que lle resten ao socio ou socia incumpridora para completar o período mínimo depermanencia, polo salario mensual de convenio que resultaría aplicábel, no caso dese tratar dunha persoa asalariada da mesma categoría profesional, tendo en conta axornada efectivamente realizada pola persoa socia.

ARTIGO 12.- BAIXA OBRIGATORIA

1.- Cesará obrigatoriamente a persoa socia que perda os requisitos esixidos paraadquirir a dita condición.

2.- No caso de perda definitiva dos requisitos para ser persoa socia na cooperativa,a baixa operará automaticamente sen necesidade de resolución expresa aorespecto por parte do órgano de administración, con independencia da obriga desteórgano de resolver no prazo de tres meses desde que tivese coñecemento sobre osefectos da baixa e dos recursos que corresponden á persoa socia con respecto aoacordo que se adopte para tal efecto.

Se a persoa socia incursa neste suposto de cesamento automático desempeñaalgún cargo en calquera dos órganos sociais da cooperativa, cesaráautomaticamente para todos os efectos neste, sen necesidade de ningúnpronunciamento por parte da cooperativa. O cargo vacante deberá cubrirse segundoo establecido no artigo 45 da Lei de cooperativas de Galiza.

3.- Se a perda de requisitos non ten carácter definitivo, a baixa obrigatoria seráacordada polo órgano de administración, de oficio, por petición de calquera persoasocia, en todo caso logo de darlle audiencia á persoa socia afectada.

4.- A baixa obrigatoria terá a consideración de non xustificada cando a perda dosrequisitos para adquirir a condición de persoa socia responda a un deliberadopropósito desta de eludir obrigas ante a cooperativa ou de se beneficiarindebidamente coa súa baixa obrigatoria.

ARTIGO 13.- CUALIFICACIÓN E EFECTOS DA BAIXA

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 7 de 40

Page 8: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

1.- O órgano de administración deberá resolver sobre a cualificación e os efectos dabaixa nun prazo máximo de tres meses desde que lle fose comunicada; pasado odito prazo, a baixa entenderase como xustificada, agás no caso de incumprimentodo prazo de preaviso ou do compromiso de permanencia.

Os acordos do órgano de administración sobre a cualificación e os efectos da baixada persoa socia poderán ser impugnados ante a xurisdición competente, podendoser obxecto de recurso previo ante a asemblea xeral, no prazo máximo de dousmeses desde a notificación do acordo».

ARTIGO 14.- NORMAS DE DISCIPLINA SOCIAL

1.- As faltas cometidas polas persoas socias, clasifícanse en moi graves, graves eleves. As moi graves e graves son as tipificadas nos presentes estatutos. As faltasleves, ademais das recollidas nos estatutos, poderán ser tipificadas tamén poloregulamento de réxime interno ou por acordo da asemblea xeral.

2.- A tipificación das faltas agrúpase en dous bloques:

As faltas de carácter societario

As faltas de carácter laboral

3.- As faltas de carácter societario clasifícanse en moi graves, graves e leves:

3.1.Son faltas societarias moi graves:

a) As operacións de competencia, ou fraude nas achegas ao capital social, así comoa manifesta desconsideración coas persoas integrantes dos órganos sociais oucoas persoas socias, que prexudique os intereses materiais e sociais ou o prestixioda cooperativa.

b) A falsificación de documentos, firmas, cuños, selos, marcas, claves ou análogos.

c) A non participación na actividade cooperativizada na contía mínima establecida nospresentes estatutos.

d) Violar secretos da cooperativa que prexudiquen ou poidan prexudicar gravementeos intereses da mesma.

e) A usurpación de funcións dos órganos sociais, de calquera dos seus cargos, dadirección e de traballadores ou traballadoras.

f) O incumprimento das obrigas económicas coa cooperativa, incluíndo o nonpagamento das achegas obrigatorias ao capital social.

g) Prevalerse da condición de persoa socia para desenvolver actividades contrarias

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 8 de 40

Page 9: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

ás leis.

h) Ter sido obxecto de sanción durante os últimos cinco anos por dúas faltas graves.

3.2.- Son faltas societarias graves:

a) A non asistencia inxustificada ás asembleas xerais debida e validamenteconvocadas, cando a persoa socia teña sido sancionada dúas veces por falta levepor non asistir ás reunións de tal órgano social nos últimos cinco anos. Así mesmo,a non asistencia a calquera dos restantes órganos sociais da cooperativa, cosmesmos requisitos que no caso anterior.

b) A non asistencia inxustificada ás reunións dos órganos sociais, debidamenteconvocadas, para as que fora convocada aínda que non forme parte dos mesmos,cando a persoa socia teña sido sancionada dúas veces por falta leve por non teracudido a tales convocatorias.

c) Os malos tratos de palabra ou de obra ás persoas que formen parte de calqueraórgano social, a outros socios e socias ou á dirección, e a empregados ouempregadas da Sociedade.

d) Non aceptar ou renunciar, sen causa xusta, aos cargos para os que fora elixidopola asemblea xeral.

e) Ter sido sancionado ou sancionada por tres faltas leves durante os últimos cincoanos.

3.3.- Son faltas societarias leves:

a) A falta de asistencia non xustificada ás reunións validamente convocadas daasemblea xeral.

b) A falta de asistencia non xustificada ás reunións dos órganos sociais para os quefora debidamente convocada, aínda que non forme parte dos mesmos.

c) A non asistencia xustificada das persoas socias ás reunións debidamenteconvocadas de calquera órgano social.

d) A falta de notificación ao órgano de administración do cambio de domicilio dapersoa socia, dentro dos dous meses seguintes dende que tal circunstancia seproduza.

e) Non observar as instrucións ditadas polos órganos competentes para a boa orde edesenvolvemento das operacións e actividades da cooperativa.

4.- As faltas de carácter laboral clasifícanse en moi graves, graves e leves:

4.1.- Son faltas laborais moi graves:

a) O fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas, asícomo calquera conduta constitutiva de delito.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 9 de 40

Page 10: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

b) A manifesta insubordinación individual ou colectiva, incluída a agresión verbal efísica.

c) O falseamento voluntario de datos e información do servizo.

d) A falta de asistencia ao traballo non xustificada durante máis de tres días ao mes.

e) As faltas reiteradas de puntualidade non xustificada, durante dez días ou máis aomes, ou durante máis de vinte días ao trimestre.

f) A ocultación de datos relevantes respecto dos útiles, ferramentas, procesoprodutivo ou servizos.

4.2.- Son faltas laborais graves:

a) Os malos tratos de palabra ou de obra a outras persoas socias traballadoras ou aoutros asalariados ou asalariadas da cooperativa con ocasión da prestación dotraballo.

b) A falta de disciplina no traballo ou de respecto aos administradores eadministradoras.

c) O incumprimento das ordes e instrucións do órgano de administración e dasobrigas concretas do posto de traballo ou as neglixencias das que se deriven oupoidan derivarse prexuízos graves para o servizo.

d) A desconsideración co público no exercicio do traballo.

e) O incumprimento das normas e medidas de seguridade e hixiene do traballoestablecidas, cando do mesmo poidan derivarse riscos para a saúde e aintegridade física das persoas socias traballadoras, doutros socios e sociastraballadoras ou do persoal asalariado.

f) A falta de asistencia ao traballo sen causa xustificada durante tres días ao mes.

g) As faltas repetidas de puntualidade inxustificada durante máis de cinco días aomes.

h) O abandono do traballo sen causa xustificada.

i) A simulación de enfermidade ou accidente.

j) A diminución continua e voluntaria no rendemento normal do traballo.

k) A utilización ou difusión indebida de datos ou asuntos dos que se teñacoñecemento por razón do traballo na cooperativa.

4.3.- Son faltas laborais leves:

a) A incorrección leve co público, con outras persoas socias traballadoras ou conasalariados e asalariadas da cooperativa.

b) O atraso, neglixencia ou descoido no cumprimento das súas tarefas.

c) Non comunicar coa debida antelación a falta de asistencia ao traballo por causa

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 10 de 40

Page 11: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

xustificada, a non ser que a persoa socia probe a imposibilidade de facelo.

d) A falta de asistencia ao traballo sen causa xustificada durante un ou dous días aomes.

e) As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada, un ou dous días ao mes.

f) As faltas que se tipifiquen no regulamento interno, ou por acordo da asembleaxeral.

ARTIGO 15.- SANCIÓNS E PRESCRICIÓN

1.- As sancións que se poderán impoñer ás persoas socias pola comisión das faltasson:

- Por faltas moi graves: Multa de 2.001,00 EUROS a 20.000,00 EUROS, suspensióná persoa socia dos seus dereitos, ou expulsión.

- Por faltas graves: Multa de 301,00 EUROS a 2.000,00 EUROS, ou suspensión ápersoa socia dos seus dereitos .

- Por faltas leves: Amoestación verbal ou escrita, ou multa de 60,00 EUROS a300,00 EUROS

2.- A sanción de suspender á persoa socia nos seus dereitos só poderá ser impostano suposto de que o socio ou socia estea ao descuberto das súas obrigaseconómicas coa cooperativa ou non participe nas actividades cooperativizadas nostermos establecidos nestes estatutos.

A suspensión dos dereitos á persoa socia, que finalizará no momento no quenormalice a súa situación, non alcanzará ao dereito de información nin ao daasistencia á asemblea con voz pero sen voto, nin a devindicar o retorno, nin ásremuneracións dos xuros polas súas achegas ao capital social nin á actualizacióndelas.

3.- As faltas reflectidas no artigo anterior prescribirán se son leves ao mes, se songraves aos dous meses e se son moi graves aos tres meses, contados dende que oórgano de administración tivo coñecemento da comisión das mesmas. En todo caso,prescribirán aos doce meses da data da súa comisión.

ARTIGO 16.- ÓRGANO SANCIONADOR E PROCEDEMENTO

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 11 de 40

Page 12: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

1.- A facultade sancionadora é competencia indelegábel do órgano deadministración, mediante expediente instruído ao efecto e audiencia do interesadoou interesada, que formalizará as súas alegacións por escrito.

2.- Nos supostos de sanción por falta de carácter societario, e sen prexuízo do seucarácter executivo, a persoa socia poderá recorrer no prazo de 30 días dende a súanotificación, ante a asemblea xeral.

O recurso ante a asemblea xeral deberá incluírse como primeiro punto da orde dodía da primeira que se realice, e resolverase mediante votación secreta conaudiencia previa do interesado ou interesada, podéndose formalizar esta medianteas súas alegacións por escrito.

O acordo de sanción ou, no seu caso, a ratificación do mesmo, poderá serimpugnado no prazo de dous meses dende a súa notificación ante a xurisdiciónordinaria pola vía procesual establecida no artigo 40 da Lei de cooperativas deGaliza.

3.- Nos supostos de sanción por falta de carácter laboral, o acordo de sanciónpoderase impugnar ante a asemblea xeral no prazo de 15 días desde a súanotificación.

A asemblea xeral resolverá no prazo de dous meses por votación secreta, e previaaudiencia do interesado ou interesada. Se non recaese resolución expresa nosprazos establecidos, os recursos interpostos entenderanse estimados.

Desde que o acordo sexa executivo poderase instar a súa revisión ante a xurisdiciónda orde social.

ARTIGO 17.- EXPULSIÓN

1.- A sanción de expulsión só poderá ser acordada polo órgano de administraciónpor falta moi grave tipificada nos estatutos sociais, mediante expediente instruído aoefecto e con audiencia da persoa interesada, que formalizará as súas alegaciónspor escrito.

2.- Cando a causa de expulsión sexa encontrarse a persoa socia en descuberto dassúas obrigas económicas, non operarán os prazos de prescrición establecidos noartigo anterior, podéndose acordar a expulsión en calquera momento, salvo que osocio ou socia regularice a súa situación durante a tramitación do expediente.

3.- O procedemento sancionador axustarase ao establecido no artigo anterior, seben o acordo de expulsión será executivo dende que sexa notificada a súa

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 12 de 40

Page 13: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

ratificación ou transcorra o prazo para recorrer. O acordo de expulsión poderá serimpugnado pola canle procesual establecida no artigo 40 da Lei de cooperativas deGaliza.

4.- Os acordos de expulsión derivados de faltas de carácter laboral unicamentepoderán ser impugnados ante a asemblea xeral e, se ben será executivo candosexa ratificado ou transcorrese o prazo para recorrer, a cooperativa poderásuspender á persoa socia no seu emprego, conservando esta todos os seusdereitos económicos. Se non recaese resolución expresa nos prazos establecidosos recursos interpostos entenderanse estimados.

Desde que o acordo sexa executivo poderase instar a súa revisión ante a xurisdiciónda orde social, que tamén resolverá sobre a transcendencia económica do períodode tramitación.

ARTIGO 18.- PERSOA SOCIA EXCEDENTE E EN PERÍODO DE EXCEDENCIA

1.- O órgano de administración da cooperativa poderá conceder a condición depersoa socia excedente a aqueles socios e socias que por causa xustificada deixende selo, mediante petición dirixida a tal órgano social, que deberá resolver nun prazomáximo de dous meses. Transcorrido este prazo sen resolución expresaentenderase admitida a petición.

No caso de ser admitido na condición de persoa socia excedente, non poderán pediro reembolso das súas achegas ao capital social mentres permanezan en talcondición e non estarán obrigados a realizar novas achegas ao capital social.

Se a persoa socia excedente volvese a reunir as condicións e os requisitos para sersocio ou socia activa, poderá pedilo do órgano de administración, quen autorizaráde inmediato a recuperación de tal condición con todos os dereitos e obrigasinherentes a ela. En todo caso a súa baixa terá sempre a consideración dexustificada.

2.- As persoas socias terán dereito a un período de excedencia nos termos fixadospolo regulamento de réxime interno ou por acordo da asemblea xeral, que nonpoderá ser superior a seis meses cando supoñan deixar a cooperativa cun númerode persoas socias inferior a tres.

Os socios e socias en excedencia pasaran á situación prevista para as persoassocias excedentes, coa particularidade de que estarán obrigados a realizar novasachegas ao capital social.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 13 de 40

Page 14: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

No caso de excedencia forzosa, teñen dereito á reserva do seu posto de traballo, ea súa incorporación producirase nun prazo non superior a un mes dende ocesamento da causa que a motivou.

3.- As persoas socias excedentes e en período de excedencia rexeranse, ademais,polas seguintes normas:

a) Teñen dereito a recibir os xuros que acorde a asemblea xeral, e aoreembolso das súas achegas nas mesmas condicións e prazos que para oresto dos socios e socias.

b) Non terán dereito ao retorno cooperativo, se ben poderán utilizar osservizos da cooperativa en canto resulte legalmente compatíbel coa súacondición persoal.

c) Non poderán formar parte dos órganos sociais, pero poderán participar naasemblea xeral, con voz e voto.

ARTIGO 19.- PERSOA SOCIA COLABORADORA

1.- Poderán ser socios e socias da cooperativa, en calidade de socios ou sociascolaboradoras, aquelas persoas físicas o xurídicas, públicas ou privadas que, senpoder realizar plenamente o obxecto social da cooperativa, poidan colaborar na súaconsecución.

2.- A achega obrigatoria mínima para ser persoa socia colaboradora, será de2.000,00, e a máxima, será a que acorde a asemblea xeral. Esta achega deberádesembolsarse na súa totalidade para adquirir a condición de socio ou sociacolaboradora.

3.- Poden ser persoas socias colaboradoras as persoa físicas e xurídicas, quesubscriban e desembolsen as achegas previstas e que queiran colaborar naconsecución dos obxectivos da cooperativa.

4.- As persoas socias colaboradoras da cooperativa teñen os seguintes dereitos:

a) Ser elector e elixíbel para os cargos dos órganos sociais da Sociedade.

b) Presentar propostas e participar con voz e voto na adopción de acordos nasreunións dos órganos sociais dos que forme parte.

c) A recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e ocumprimento das súas obrigas.

d) Á actualización e devolución das achegas ao capital social, así como apercibir, no seu caso, xuros polas mesmas.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 14 de 40

Page 15: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

e) As persoas socias que aporten exclusivamente capital, percibirán, de ser ocaso, o xuro que acorde a asemblea xeral, sen que poida ser inferior ao queperciban as demais persoas socias, nin superior en máis de seis puntos ao xurolegal do diñeiro.

f) Ao dereito de información nos termos establecidos no artigo 23 da Lei decooperativas de Galiza.

g) A todos os demais dereitos establecidos nas Leis, nestes estatutos sociaisou polos acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

5.- Os socios e socias colaboradores teñen as seguintes obrigacións:

a) Asistir ás reunións da asemblea xeral e dos demais órganos para os quefose convocado ou convocada.

b) Non realizar actividades competitivas coas propias desenvolvidas polacooperativa salvo autorización expresa do órgano de administración.

c) Gardar secreto sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa que coa súadivulgación poidan prexudicar aos intereses da mesma.

d) Desembolsar as súas achegas ao capital social nas condicións establecidasnos presentes estatutos. Así como desembolsar as cotas de ingreso acordadas,no seu caso, pola asemblea xeral.

e) Aceptar os cargos para os que fosen elixidos ou elixidas, salvo xusta causade escusa.

f) Cumprir con calquera outro deber legal ou estatutario, así como cos acordosvalidamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

6.- O réxime de baixa será o establecido para as persoas socias traballadorasnestes estatutos.

7.- O conxunto destes socios e socias, salvo que sexan sociedades cooperativas,non poderá superar un terzo de membros do órgano de administración, sen que enningún caso poidan desempeñar os cargos da presidencia e vicepresidencia domesmo.

8.- O número máximo persoas socias colaboradoras non excederá dun terzo do totalde socios e socias da cooperativa.

9.- Tamén poderán ser socias colaboradoras aquelas cooperativas coas que sesubscriba un acordo de colaboración inter-cooperativo.

10.- Os socios e socias colaboradoras non poderán desenvolver actividadescooperativizadas en competencia coas que desenvolva a Cooperativa.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 15 de 40

Page 16: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

ARTIGO 20.- RÉXIME DE PRESTACIÓN DO TRABALLO

1.- O Regulamento de réxime Interno regulará a organización básica do traballo, quefará referencia como mínimo á estrutura da empresa, clasificación profesional,mobilidade funcional e xeográfica, licenzas retribuídas e excedencias.

2.- Por proposta do órgano de administración, a asemblea xeral aprobaráanualmente o calendario socio-laboral, que conterá como mínimo a duración daxornada de traballo, o descanso mínimo entre cada xornada e o descanso semanal,as festas e as vacacións anuais e as pausas, así como todo aquilo que coidenecesario para a boa marcha da empresa.

3.- O réxime de prestación de traballo posibilitará entre as persoas socias dacooperativa, a compatibilidade e a conciliación do seu exercicio profesional plenocoas situacións de maternidade e paternidade e cos coidados de menores epersoas dependentes, e adoptará medidas que favorezan ás socias da cooperativavítimas de violencia de xénero, en cumprimento das previsións establecidas na Leiorgánica 1/2004, do 28 de decembro.

4.- Será aplicábel, como dereito de contido mínimo necesario, a normativa laboralpara o persoal traballador por conta allea.

ARTIGO 21.- SUSPENSIÓNS E BAIXA OBRIGATORIA POR CAUSASECONÓMICAS, TECNOLÓXICAS OU DE FORZA MAIOR

1.- Suspenderase temporalmente a obriga e o dereito da persoa socia traballadora aprestar o seu traballo na cooperativa, con perda dos dereitos e obrigas económicasderivadas de dita prestación, polas causas e de acordo co establecido na Lei decooperativas de Galiza e nestes estatutos.

2.- Cando se produzan causas económicas, técnicas, organizativas, de produción oude forza maior que así o fagan necesario, poderase suspender temporalmente aprestación de traballo, coa perda dos dereitos e das obrigas económicas da ditaprestación, conservando o resto.

A asemblea xeral deberá declarar a causa, a necesidade e o tempo de suspensión,designando nominalmente as persoas socias afectadas. Ao cesar a causa, a persoasocia recobrará plenamente todos os seus dereitos e obrigas.

3.- Cando a causa ou as causas obriguen a reducir con carácter definitivo o número

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 16 de 40

Page 17: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

de postos de traballo, seguirase o mesmo procedemento indicado no apartadoanterior, cualificándose a baixa como xustificada, con dereito ao reembolsoinmediato á persoa socia da súa achega ao capital social e con dereito preferenteao reingreso no prazo dos tres anos seguintes á baixa.

4.- No suposto de que as persoas socias que causen baixa obrigatoria sexantitulares das achegas de reembolso rexeitábel e a cooperativa non acorde oreembolso inmediato destas, as persoas socias que permanezan na cooperativadeberán adquirir estas achegas no prazo máximo de seis meses a partir da data dabaixa, nos termos que acorde a asemblea xeral.

ARTIGO 22.- SEGURIDADE SOCIAL

A cooperativa opta a efectos de prestación dos beneficios da seguridade social dosseus socios e socias traballadoras polo réxime xeral como asimiladas a persoastraballadoras por conta allea.

ARTIGO 23.- SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

1.- Seralle aplicábel á cooperativa e aos seus socios e socias traballadoras anormativa sobre seguridade e saúde laboral.

2.-Os delegados e delegadas de prevención previstos na normativa de prevenciónde riscos laborais, serán elixidos polas persoas socias traballadoras da cooperativae de entre elas. En caso de existir persoal asalariado na cooperativa, a designaciónrealizarase conxuntamente entre ambos colectivos. Existirá como mínimo undelegado ou delegada de prevención, incrementándose este número nos termosprevistos na devandita normativa.

CAPITULO III

DOS ÓRGANOS SOCIAIS

SECCIÓN PRIMEIRA

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 17 de 40

Page 18: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

Da asemblea xeral

ARTIGO 24.- COMPOSICIÓN E CLASES

1.- A asemblea xeral, como órgano supremo de expresión da vontade social, é areunión das persoas socias constituída co obxecto de deliberar sobre a política xeralda cooperativa e adoptar acordos sobre aqueles asuntos que, en virtude da Lei decooperativas de Galiza ou destes estatutos, sexan da súa competencia, vinculandoas súas decisións adoptadas validamente a todas as persoas socias da cooperativa.

2.- As asembleas xerais poden ser ordinarias ou extraordinarias.

3.- A asemblea xeral ordinaria ten por obxecto principal examinar a xestión social,aprobar, se procede, o plan empresarial e as contas anuais e resolver sobre aproposta de distribución de excedentes ou a imputación de perdas, e poderaseincluír na orde do día da súa convocatoria calquera outro asunto propio da súacompetencia. Todas as demais asembleas terán o carácter de extraordinarias.

ARTIGO 25.- COMPETENCIAS

1.- Corresponde en exclusiva á asemblea xeral a adopción dos seguintes acordos:

a) A aprobación do plan empresarial da cooperativa, presentado polo conselloreitor, que será o responsábel da súa xestión e execución.

b) O nomeamento e revogación, mediante votación secreta, das persoasintegrantes dos órganos sociais, así como o exercicio da acción de responsabilidadecontra elas.

c) O nomeamento e a revogación da auditoría de contas.

d) O exame da xestión social, a aprobación das contas anuais e a distribuciónde excedentes ou imputación de perdas.

e) O establecemento de novas achegas obrigatorias ou voluntarias, a fixaciónde xuros que lles puidesen corresponder, e a actualización das mesmas.

f) A emisión de obrigas, títulos participativos ou outros tipos de participaciónsque puideran establecerse ou de calquera outro título admitido en dereito.

g) A aprobación ou modificación do regulamento de réxime interno dacooperativa.

h) O establecemento ou modificación das cotas de ingreso e periódicas.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 18 de 40

Page 19: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

i) A constitución de cooperativas de segundo grao e doutras formas departicipación económica, así como a adhesión ou separación delas.

j) A modificación dos estatutos.

k) A fusión, escisión, transformación, disolución e liquidación da sociedade.

l) A creación de seccións e a aprobación e modificación, no seu caso, dosseus regulamentos de réxime interno.

m) A cesión ou alleamento da sociedade ou de parte dela, ou calquera outradecisión que supoña unha modificación substancial da estrutura económica, social,organizativa ou funcional dela.

n) Todos os demais acordos nos que así o estableza a Lei ou os estatutos.

2.- A asemblea xeral poderá debater sobre cantos asuntos sexan de interese para acooperativa, sempre que consten na orde do día, pero unicamente poderá adoptaracordos obrigatorios en materias ou asuntos que a Lei de cooperativas de Galizanon considere competencia exclusiva doutros órganos sociais.

3.- A competencia da asemblea xeral sobre aqueles asuntos e actos nos que o seuacordo é preceptivo por imperativo legal ten carácter indelegable.

ARTIGO 26.- CONVOCATORIA

1.- A asemblea xeral será convocada polo órgano de administración, que fixará aorde do día da convocatoria.

Cando un número de persoas socias que represente o 5% ou acade a cifra de 100,propoñan por escrito, con antelación á convocatoria dunha asemblea xeral, asuntospara introducir na orde do día desta, estes deberán ser incluídos polo órgano deadministración na primeira que teña lugar. Non se poderán incorporar novos asuntosna orde do día unha vez convocada a asemblea.

2.- A asemblea xeral ordinaria será convocada dentro dos seis primeiros mesesseguintes á data de pechamento do exercicio social. Se transcorre o dito prazo senque tivese lugar a convocatoria, calquera persoa socia poderá requirirfidedignamente ao órgano de administración que proceda a efectuala. Se este non aconvoca no prazo de quince días, contados desde a recepción do requirimento,calquera persoa socia poderá cursar petición ao xulgado competente do domiciliosocial, que deberá convocala, designando quen a deba presidir. Neste casoproducirase a destitución inmediata do órgano de administración, e procederase ásúa nova elección.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 19 de 40

Page 20: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

3.- A asemblea xeral extraordinaria reunirase en calquera momento por iniciativapropia do órgano de administración ou por petición de persoas socias querepresenten polo menos o 20% do total de votos sociais ou 100 persoas socias,efectuada por medio dun requirimento fidedigno ao órgano de administración queinclúa a orde do día cos asuntos e coas propostas a debate. Se a asemblea xeralnon fora convocada no prazo de trinta días, contados desde a recepción da petición,calquera persoa socia poderá cursar petición de convocatoria xudicial conforme oprevisto no número anterior.

ARTIGO 27.- FORMA DA CONVOCATORIA

1.- A asemblea xeral convocarase mediante anuncio exposto publicamente nodomicilio social da cooperativa e en cada un dos centros nos que desenvolva a súaactividade, así como por medio de carta ao domicilio da persoa socia.

A convocatoria farase pública cunha antelación mínima de 15 días no suposto deasembleas ordinarias e de 10 días no de extraordinarias, e cun máximo de dousmeses á data de celebración da asemblea xeral.

2.- A convocatoria indicará polo menos, a data, hora e lugar de reunión, en primeirae segunda convocatoria, sendo o intervalo entre unha e outra de media hora, eexpresará con claridade, precisión e suficiente detalle os asuntos que compoñen aorde do día, así como a documentación relativa a ela, que poderá examinarse nodomicilio social da cooperativa.

ARTIGO 28.-CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DA ASEMBLEA

1.- A asemblea xeral, salvo que teña o carácter de universal, celebrarase nalocalidade onde radica o domicilio social da cooperativa.

2.- A asemblea quedará validamente constituída en primeira convocatoria candoestean presentes e representados a maioría dos votos sociais, e en segunda candoestean presentes e representados como mínimo o 10 por 100 dos votos ou 100votos.

Serve acadar estes quórums ao comezo da sesión para que a presidencia a declarevalidamente constituída.

3.- Terán dereito a asistir á asemblea xeral aquelas persoas socias que o sexan nadata de realización daquela.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 20 de 40

Page 21: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

As persoas socias poderán asistir por medios telemáticos que garantandebidamente a súa identidade. Na convocatoria determinaranse os prazos, asformas e os modos de exercicio dos dereitos por aqueles que asistantelematicamente á asemblea.

4.- Presidirá a asemblea xeral a presidencia do consello reitor, e na súa ausencia avicepresidencia do mesmo órgano e, en defecto de ambos, quen elixa a asembleaxeral de entre as persoas socias presentes.

5.- A secretaría da asemblea xeral será quen exerza tal función no consello reitor, eno seu defecto quen acorde a asemblea de entre as persoas socias presentes namesma.

6.- Cando na orde do día figuren asuntos que afecten directamente á presidencia ouá secretaría da asemblea, esta virá obrigada a elixir de entre as persoas sociaspresentes ás persoas que as substitúan en tal función.

7.- As votacións serán secretas nos supostos establecidos nos presentes estatutosou na Lei 5/1998 de cooperativas de Galiza, ademais naqueles en que, a petición decalquera persoa socia, o acorden mediante votación o 10 por 100 dos votos sociaispresentes e representados na asemblea.

8.- Serán nulos os acordos sobre asuntos que non consten na orde do día, salvo ode convocar unha nova asemblea xeral, prorrogar a sesión, destituír ou revogar acalquera membro dos órganos sociais, conforme ao establecido no artigo 45,apartado 3, da Lei de cooperativas de Galiza, e acordar o exercicio da acción deresponsabilidade contra as persoas que formen parte de tales órganos, así comodemandar auditoría externa da sociedade.

9.- A asemblea xeral ou o órgano de administración poderá autorizar a asistenciasen dereito a voto, de persoas das que a súa presenza resulte de interese para o bofuncionamento da cooperativa.

10.- O órgano de administración poderá requirir a presenza de notario ou notariapara que levante acta da asemblea xeral, que terá o carácter de acta única damesma, e estará obrigado a facelo sempre que, con cinco días de antelación aoprevisto para a súa celebración, o pidan como mínimo o 10 por 100 das persoassocias ou 100 votos sociais. Os honorarios serán por conta da cooperativa.

En todo caso, calquera socio poderá esixir a presenza de notario ou notaria naasemblea para dar fe do que alí ocorra, e non terá outra eficacia que a derivada dopropio instrumento público e os seus honorarios serán satisfeitos por quen requirisea súa presenza.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 21 de 40

Page 22: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

ARTIGO 29.- DEREITO DE VOTO

1.- Cada persoa socia ten dereito a un voto. En ningún caso existirá voto dirimenteou de calidade.

2.- O conxunto total dos votos das persoas socias excedentes, colaboradoras e aproba, non poderá superar mais dun terzo dos votos sociais da cooperativa.

3.- Cando a asemblea delibere e acorde sobre expedientes disciplinarios, a persoasocia afectada por dito expediente deberá absterse de votar, así como para o casode conflito de intereses entre a persoa socia e a cooperativa, dos relacionados noartigo 49 da Lei de cooperativas de Galiza.

ARTIGO 30.- ADOPCIÓN DE ACORDOS

1.- Os acordos da asemblea xeral, salvo nos supostos establecidos nestes estatutosou na Lei de cooperativas de Galiza, serán adoptados por máis da metade dosvotos validamente expresados, non sendo computables a estes efectos nin os votosen branco nin as abstencións.

Requirirase a maioría de dous terzos dos votos presentes para acordar a imposiciónde novas achegas obrigatorias ao capital social e o establecemento ou modificaciónde cotas de ingreso ou periódicas.

2.- Requirirase a maioría de dous terzos dos votos presentes para a adopción deacordos sobre modificación de estatutos, fusión, escisión, transformación, disolucióne reactivación da sociedade.

3.- Os acordos adoptados pola asemblea xeral producirán os efectos que lle sonpropios dende o momento da súa adopción.

ARTIGO 31.-IMPUGNACIÓN DE ACORDOS DA ASEMBLEA XERAL

1.- Os acordos da asemblea xeral que sexan contrarios á Lei, se opoñan a estesestatutos ou lesionen en beneficio dunha ou máis persoas socias, ou de terceiraspersoas, os intereses da cooperativa, poderán ser impugnados segundo as normasestablecidas no artigo 40 da Lei de cooperativas de Galiza.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 22 de 40

Page 23: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

2.- As persoas integrantes do órgano de administración están obrigados a exerceras accións de impugnación contra os acordos sociais, cando sexan contrarios á Leiou se opoñan aos estatutos.

3.- Para o exercicio de accións de impugnación de acordos anulábeis estánlexitimadas as persoas socias que asistiron á asemblea que fixesen constar na actaa súa oposición ao acordo adoptado ou o seu voto en contra do mesmo, as persoassocias ausentes e as que fosen ilexitimamente privadas de emitir o seu voto.

Para o exercicio de accións de impugnación de acordos nulos están lexitimadastodas as persoas socias e as terceiras persoas que acrediten interese lexítimo.

4.- A acción de impugnación de acordos nulos caducará polo transcurso dun ano,dende a data de adopción do acordo ou dende a súa inscrición no rexistro decooperativas. A acción de impugnación de acordos anulábeis caducará transcorridoun mes, dende a súa adopción ou inscrición.

SECCIÓN SEGUNDA

Dos órganos da cooperativa

ARTIGO 32.- NATUREZA E COMPETENCIAS

1.- O consello reitor é o órgano de goberno, xestión e representación dacooperativa, con suxeición á Lei, aos estatutos e á política xeral fixada polaasemblea xeral, sen prexuízo do establecido a este respecto no artigo 31, apartado2, da Lei de cooperativas de Galiza, exercendo, ademais, todas aquelas facultadesque non lle estean reservadas por tal Lei ou polos estatutos a outro órgano social.

2.- A representación atribuída ao órgano de administración estenderase en xuízo efóra del a todos os asuntos concernentes á cooperativa. Calquera limitación ás súasfacultades establecida nos estatutos non poderá facerse valer fronte a terceiraspersoas.

3.- O presidente ou presidenta do consello reitor, que o será tamén da cooperativa,terá a representación legal dela, sen prexuízo de incorrer en responsabilidade se asúa actuación non se axusta aos acordos da asemblea xeral ou do propio conselloreitor.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 23 de 40

Page 24: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

4.- O órgano de administración poderá nomear por maioría de dous terzos daspersoas que o integren e de entre elas, a conselleiros delegados ou conselleirasdelegadas, persoas físicas, con facultades xerais referidas exclusivamente ao xiro etráfico empresarial ordinario da cooperativa.

En ningún caso poderá ser obxecto de delegación a rendición de contas e apresentación do balance á asemblea xeral, así como aquelas outras facultades quecon carácter de indelegábeis veña establecido polos estatutos ou pola Lei decooperativas de Galiza. O nomeamento e cese, así como as facultades conferidas,constarán na escritura pública e deberán inscribirse no rexistro de cooperativascompetente.

5.- Coa excepción das facultades que, por disposición legal ou estatutaria, sexanindelegábeis dos órganos sociais, o órgano de administración poderá conferirapoderamentos xerais ou singulares, así como proceder á súa revogación, acalquera persoa física, cuxas facultades representativas, de xestión e/ou dedirección, referidas ao xiro e tráfico ordinario da cooperativa, serán as outorgadas naescritura pública de poder, que deberá ser inscrita no correspondente rexistro decooperativas.

ARTIGO 33.- COMPOSICION

1.- O consello reitor componse de tres membros titulares.

2.- Os cargos do consello reitor son: presidencia, vicepresidencia, secretaría.

ARTIGO 34.- ELECCIÓN

1.- O consello reitor será elixido pola asemblea xeral de entre as persoas socias, envotación secreta, polo maior número de votos.

2.-Procurarase unha representación equilibrada de mulleres e homes nacomposición do consello reitor, posibilitando ás persoas que o integran acompatibilidade e a conciliación do seu exercicio profesional pleno coas situaciónsde maternidade e paternidade e cos coidados de menores e persoas dependentes.

3.- Os cargos do consello reitor serán elixidos pola asemblea xeral.

Se a persoa elixida é unha persoa xurídica, esta deberá nomear á persoa física que,vinculada por calquera título a esta, a represente no cargo para o que fose

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 24 de 40

Page 25: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

designada para cada elección.

ARTIGO 35.- DURACIÓN, CESAMENTO E VACANTES

1.- As persoas integrantes do consello reitor serán elixidas por un período de 4anos, renovándose simultaneamente na súa totalidade ao vencemento do prazo,podendo ser reelixidas.

2.- A renuncia dos conselleiros e conselleiras poderá ser aceptada polo conselloreitor, así como pola asemblea xeral aínda que o asunto non conste na orde do día.As vacantes que se produzan no consello reitor cubriranse na primeira asembleaxeral que se celebre, a excepción do caso de que sexa a propia asemblea quenacepte o cese ou a renuncia, suposto no que, debe procederse a cubrir o cargovacante no mesmo acto.

3.- A asemblea xeral poderá destituír dos seus cargos ás persoas integrantes doconsello reitor en calquera momento, aínda que o asunto non conste na orde do día,por acordo de máis da metade dos votos totais da cooperativa. Se o asuntoconstase na orde do día bastará o acordo favorábel da maioría dos votos presentese representados.

4.-Vacante o cargo de presidente ou presidenta substituirao nas funcións ovicepresidente ou vicepresidenta ata que se cubra dito cargo.

5.- Resultará de aplicación o disposto no artigo 45 da Lei de cooperativas de Galiza,no que non estea establecido neste artigo.

ARTIGO 36.- FUNCIONAMENTO DO CONSELLO REITOR

1.- A reunión do consello reitor deberá ser convocada polo presidente ou presidenta,ou quen a substitúa, por iniciativa propia ou por petición de calquera conselleiro ouconselleira. Se a petición non for atendida no prazo de 10 días poderá serconvocada por quen fixese a petición, sempre que logre para a súa convocatoria aadhesión como mínimo dun terzo do consello.

2.- Poderá convocarse á reunión, sen dereito a voto, ao letrado asesor ou letradaasesora e ao persoal técnico da sociedade, así como a outras persoas sempre e

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 25 de 40

Page 26: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

cando a súa presenza resulte de interese para o bo funcionamento da cooperativa.

3.- O consello quedará validamente constituído cando concorran persoalmente áreunión máis da metade das persoas que o compoñen. As persoas conselleiras nonpoden facerse representar.

4.- Os acordos adoptaranse por máis da metade dos votos validamente expresados,salvo nos supostos establecidos na Lei de cooperativas de Galiza. Para acordar osasuntos que deban incluírse na orde do día da asemblea xeral será suficiente o votofavorábel dun terzo das persoas que compoñen o consello.

Cada persoa conselleira terá un voto. O voto do presidente ou presidenta dirimirá osempates.

ARTIGO 37.- REMUNERACIÓN

As persoas integrantes do órgano de administración poderán ser remuneradassegundo estableza a asemblea xeral para cada exercicio económico. En todo caso,serán compensadas dos gastos que lles orixine a súa función, salvo os de asistenciaás asembleas xerais.

ARTIGO 38.- INCAPACIDADES E INCOMPATIBILIDADES

1.- No réxime de incapacidades e incompatibilidades estarase ao disposto no artigo48 da Lei de cooperativas de Galiza.

2.- Son incompatíbeis entre si os cargos do órgano de administración. Non obstante,serán compatíbeis con ascendentes, descendentes e afíns, sen distinción de grao, ecónxuxe.

ARTIGO 39.- RESPONSABILIDADE DAS PERSOAS INTEGRANTES DOÓRGANO DE ADMINISTRACIÓN

1. As persoas integrantes do órgano de administración actuarán coa dilixenciadebida e con lealdade á representación e responsabilidade que ostentan.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 26 de 40

Page 27: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

Responderán solidariamente fronte á cooperativa, ás persoas socias e terceiraspersoas do dano causado por actos contrarios á Lei ou aos estatutos, e polosrealizados sen a dilixencia coa que deben desempeñar o cargo. Estarán exentas deresponsabilidade as persoas conselleiras que salvasen expresamente o seu votonos acordos que causasen dano, e as ausentes que fixesen constar a súa oposiciónmediante documento fidedigno dirixido ao órgano de administración nos 30 díasseguintes ao da adopción de tal acordo.

As persoas conselleiras deberán gardar secreto sobre aqueles asuntos que teñancarácter confidencial, aínda despois de cesar nas súas funcións.

2.- Non exonerará de responsabilidade o feito de que o acto ou acordo lesivo foseadoptado, autorizado ou ratificado pola asemblea xeral.

ARTIGO 40.- ACCIÓNS DE RESPONSABILIDADE

A acción de responsabilidade contra as persoas integrantes do órgano deadministración poderá ser exercida pola cooperativa mediante acordo da asembleaxeral adoptado por máis da metade dos votos presentes, aínda que o asunto nonconste na orde do día.

Será de aplicación en todo o relacionado coa acción de responsabilidade, oestablecido no artigo 51 da Lei de cooperativas de Galiza.

ARTIGO 41.- IMPUGNACIÓN DE ACORDOS DO ÓRGANO DE ADMINISTRACIÓN

1.- Os acordos do órgano de administración que sexan contrarios á Lei ou aosestatutos, que vulneren os dereitos da persoa socia ou que lesionen en beneficiodun a varios socios e socias ou de terceiras persoas os intereses da cooperativa,poderán ser impugnados.

A efectos da posibilidade de impugnación, os acordos das persoas conselleirasdelegadas, se existisen, entenderanse adoptados polo órgano de administración.

2.- Están lexitimadas para interpoñer as accións de impugnación de acordosanulábeis aquelas persoas integrantes do órgano de administración que fixesenconstar en acta a súa oposición ao acordo, as ausentes que fixesen constar a súa

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 27 de 40

Page 28: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

oposición mediante documento fidedigno dirixido ao órgano de administración nos30 días seguintes ao da adopción do acordo, ademais das persoas socias querepresenten, como mínimo, o 10 por 100 dos votos sociais.

Para a impugnación de acordos nulos está lexitimada calquera persoa socia,incluídas as pertencentes ao órgano de administración que votasen a favor doacordo e as que se abstivesen.

3.- As accións de impugnación de acordos nulos e anulábeis deberán serinterpostas nun prazo de dous meses contados dende que se tivese coñecementodo acordo, e sempre que non transcorrese un ano dende a súa adopción.

4.- As accións de impugnación tramitaranse e producirán os efectos previstosconforme ao establecido nestes estatutos para a impugnación de acordos daasemblea xeral.

CAPITULO IV

DO RÉXIME ECONÓMICO

ARTIGO 42.- RESPONSABILIDADE

Os socios responderán das débedas sociais só ata o límite das súas achegassubscritas ao capital social, estean ou non desembolsadas na súa totalidade. Apersoa socia que cause baixa na cooperativa responderá persoalmente polasdébedas sociais, previa excusión do haber social, durante 5 anos dende a perda dasúa condición de socio ou socia, polas obrigas contraidas pola cooperativa conanterioridade á súa baixa, ata o importe reembolsado das súas achegas ao capitalsocial.

ARTIGO 43.- CAPITAL SOCIAL

1.- O capital social da sociedade cooperativa estará constituído polas achegas denatureza patrimonial realizadas a el polas persoas socias, xa sexan obrigatorias ouvoluntarias, que poderán ser:

a) Achegas con dereito ao reembolso no caso de baixa.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 28 de 40

Page 29: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

b) Achegas cuxo reembolso no caso de baixa poida ser rexeitadoincondicionalmente polo órgano de administración.

2.- A transformación obrigatoria das achegas con dereito ao reembolso no caso debaixa en achegas cuxo reembolso poida ser rexeitado incondicionalmente poloórgano de administración, ou a transformación inversa, requirirán o acordo daasemblea xeral, adoptado pola maioría esixida para a modificación dos estatutos. Apersoa socia que salvase expresamente o seu voto, ou estea ausente oudesconforme con esta transformación, poderase dar de baixa cualificándose comoxustificada.

3.- As achegas acreditaranse mediante títulos nominativos non negociábeis, quereflectirán as que se realicen, as actualizacións das mesmas, as deduciónspracticadas á persoa socia por imputación de perdas, e a parte de capital subscrito enon desembolsado.

4.- As achegas realizaranse en moeda de curso legal. Non obstante, poden consistirtamén en bens e dereitos susceptíbeis de valoración económica. O órgano deadministración fixará o seu valor, logo do informe dunha ou varias persoas expertasindependentes designadas por el baixo a súa responsabilidade.

5.- O importe total das achegas de cada cooperativista deberá ser inferior ao 50%do capital social.

ARTIGO 44.- CAPITAL SOCIAL MÍNIMO

O capital social mínimo fíxase en 24.000,00 EUROS, que deberá estar totalmentedesembolsado.

ARTIGO 45.- ACHEGAS OBRIGATORIAS

1.- A achega obrigatoria mínima para ser persoa socia da cooperativa será de8.000,00 EUROS, tendo que desembolsar desta cantidade un 25 por 100 comomínimo para adquirir a condición de socio ou socia no momento da súa subscrición,e o resto no prazo que acorde a asemblea xeral.

2.- A asemblea xeral poderá acordar a esixencia de novas achegas obrigatoriasfixando a súa contía, os prazos e as condicións de desembolso. A persoa socia que

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 29 de 40

Page 30: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

tivese desembolsadas achegas voluntarias poderá aplicalas en todo ou parte acubrir as novas achegas.

O socio ou socia desconforme coa ampliación obrigatoria do capital social poderasedar de baixa, que deberá cualificarse como xustificada.

3.- Se pola imputación de perdas da cooperativa ás persoas socias, a achega aocapital social dalgún deles quedase por debaixo da mínima obrigatoria, o socio ousocia afectada deberá realizar a achega necesaria ata acadar tal mínimo, para oque será requirido inmediatamente polo órgano de administración, que fixará oprazo para efectuar o desembolso. Este prazo non poderá ser inferior a dous meses.

4.- A persoa socia que non desembolse as achegas nos prazos previstos incorreráen mora polo mero vencemento do prazo, e deberá aboar á cooperativa o xuro legalque corresponda e resarcila dos danos e prexuízos causados pola morosidade,podendo ser tamén suspendida dos seus dereitos ata que normalice a súa situación,e se non realiza o desembolso no prazo de dous meses dende que fose requiridapara elo, poderá ser expulsada da sociedade.

5.- A asemblea xeral ordinaria fixará anualmente a contía da achega obrigatoria paraadquirir a condición de persoa socia e as condicións e prazos de desembolso.

O importe das achegas obrigatorias das novas persoas socias, non poderán serinferiores á mínima para ser socio ou socia fixada nestes estatutos nin superior ásefectuadas polas persoas socias actuais incrementadas na contía que resulte deaplicar o índice de prezos ao consumo.

6.- A asemblea xeral poderá acordar que as achegas obrigatorias ao capital socialreporten un xuro pola parte efectivamente desembolsada na contía que a mesmaestableza, que en ningún caso poderá ser superior ao do xuro legal do diñeiroincrementado en tres puntos.

7.- A remuneración das achegas obrigatorias ao capital social estará condicionada áexistencia no exercicio económico de resultados positivos ou reservas de libredisposición.

8.- Se a asemblea xeral acorda devindicar xuros para as achegas obrigatorias aocapital social ou repartir retornos, as achegas de reembolso rexeitábel quepertenzan ás persoas socias que causasen baixa na cooperativa e cuxo reembolsofose rexeitado polo órgano de administración, terán preferencia para percibir a ditaremuneración.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 30 de 40

Page 31: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

ARTIGO 46.- ACHEGAS VOLUNTARIAS

1.- A asemblea xeral poderá acordar a admisión de achegas voluntarias ao capitalsocial que vaian realizar as persoas socias, fixando as condicións delas, sen que aretribución que se estableza, no seu caso, exceda o interese legal do diñeiroincrementado en seis puntos.

2.- As achegas voluntarias deberán desembolsarse totalmente no momento dasubscrición e terán o carácter de permanencia propia do capital social do que pasana formar parte.

3.- A remuneración das achegas voluntarias ao capital social estará condicionada áexistencia no exercicio económico de resultados positivos ou reservas de libredisposición.

4. Se a asemblea xeral acorda devindicar xuros para as achegas voluntarias aocapital social ou repartir retornos, as achegas de reembolso rexeitábel quepertenzan a persoas socias que causasen baixa na cooperativa e cuxo reembolsofose rexeitado polo órgano de administración, terán preferencia para percibir a ditaremuneración.

ARTIGO 47.- TRANSMISIÓN DE ACHEGAS

1.- As achegas poderán transmitirse por actos intervivos, previa notificación aoórgano de administración, entre persoas socias preferentemente e entre aquelasque reunindo os requisitos para ser socio ou socia, se comprometan a selo nos tresmeses seguintes, nos termos fixados nos estatutos para adquirir a condición depersoa socia.

2.- As achegas poderán transmitirse por sucesión mortis causa a quen acredite sercausahabente se fose persoa socia e así o demande ou, se non o fose, previaadmisión como tal, que deberá demandarse no prazo de tres meses dende ofalecemento, sen que teña a obriga de desembolsar cota de ingreso.

Noutro caso, terá dereito á liquidación do crédito correspondente á achega social.

Se os herdeiros ou herdeiras fosen varias persoas, a cooperativa poderá esixir queo dereito á condición de persoa socia sexa exercido por unha soa persoa, conexpreso consentimento das demais, e se non existise acordo entre elas procederaseao abono da liquidación da achega social do causante a aquelas que acrediten ter

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 31 de 40

Page 32: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

dereito a ela.

ARTIGO 48.- REEMBOLSO DAS ACHEGAS

1.- A persoa socia estará facultada para esixir o reembolso das súas achegas aocapital social, no caso da súa baixa. Igualmente estarán facultadas as persoas queposúan dereitos sobre elas.

O órgano de administración poderá rexeitar o reembolso cando se trate de achegascuxo reembolso, no caso de baixa, poida ser rexeitado incondicionalmente .

2.- A liquidación destas achegas farase polo seu valor nominal segundo o balancede pechamento do exercicio no que se produza a baixa. Pódense establecerdeducións sobre todas as cantidades reembolsábeis polos conceptos de achegasobrigatorias, o retorno cooperativo ao que teñan dereito e fondos de reservarepartíbeis que poidan corresponderlles, que non serán superiores ao 30% no casode expulsión nin ao 20% no caso de baixa non xustificada. Non se poderán aplicardeducións sobre as achegas voluntarias.

No caso de baixa xustificada, non procederá ningunha dedución.

Deberase ter en conta o incremento do 10% establecido para os supostos deincumprimento do prazo de preaviso ou do período de permanencia mínimo.

A decisión sobre a porcentaxe de dedución aplicábel en cada caso serácompetencia do órgano de administración, en función das circunstancias queconcorran.

3.- Sen prexuízo das deducións anteriormente citadas, computaranse, se é o caso,e para efectos do oportuno desconto das cantidades que teñan que se devolver ápersoa cooperativista que causa baixa, as perdas, imputadas e imputábeis,reflectidas no balance de pechamento do exercicio no que se produza a baixa, xacorrespondan ao dito exercicio ou proveñan doutros anteriores ou estean sencompensar.

4.- O órgano de administración poderá aprazar o reembolso da liquidación duranteun prazo de cinco anos no caso de expulsión ou baixa non xustificada, de tres anosno caso de baixa xustificada e de un ano no caso de defunción, contado dende adata do peche do exercicio en que a persoa socia causou baixa.

As cantidades aprazadas darán dereito a percibir o xuro legal do diñeiro dende adata de peche do exercicio en que a persoa socia causou baixa, e non poderán seractualizadas.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 32 de 40

Page 33: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

Cando o órgano de administración acorde a devolución das achegas de reembolsorexeitábel, deberá facerse nos prazos establecidos contados dende a data doacordo de reembolso.

5.- O órgano de administración terá un prazo dun mes dende a aprobación dascontas do exercicio no que causase baixa a persoa socia, para comunicar aliquidación efectuada.

6.- Cando nun exercicio económico o importe da devolución das achegas supere o25% do capital social, os novos reembolsos estarán condicionados ao acordofavorábel do órgano de administración.

7.- Cando as persoas titulares de achegas de reembolso rexeitábel causasen baixa,o reembolso que, se é o caso, acorde o órgano de administración efectuarase pororde de antigüidade das peticións de reembolso ou, cando non haxa tal petición, pororde de antigüidade da data da baixa.

Se existen achegas de reembolso rexeitábel pendentes de reintegrar aos seustitulares, por baixa destes e rexeitamento do reembolso polo órgano deadministración, o ingreso das novas persoas socias deberase efectuar mediante aadquisición destas achegas. Esta adquisición producirase por orde de antigüidadedas peticións de reembolso deste tipo de achegas. No caso de peticións con igualantigüidade, a adquisición distribuirase en proporción ao importe das achegas.

ARTIGO 49.- FINANCIAMENTOS QUE NON INTEGRAN O CAPITAL SOCIAL

1.- A asemblea xeral poderá establecer cotas de ingreso e/ou periódicas que nonintegrarán o capital social nin serán reintegrábeis.

2.- As cotas de ingreso non poderán ser superiores ao 50 por 100 da achegaobrigatoria mínima ao capital social vixente en cada momento para adquirir acondición de persoa socia.

ARTIGO 50.- DETERMINACIÓN DOS RESULTADOS NETOS DO EXERCICIO

1.- Para a determinación do resultado do exercicio aplicaranse as normas e criteriosestablecidos pola normativa xeral contábel.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 33 de 40

Page 34: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

2.- Non obstante, consideraranse como gastos deducíbeis para a determinación doresultado do exercicio os establecidos no apartado segundo do artigo 66 da Lei decooperativas de Galiza.

3.- Os resultados obtidos de operacións cooperativizadas realizadas con terceiraspersoas non socias figurarán na contabilidade por separado, e destinaranse nun 50por 100 como mínimo ao Fondo de Reserva Obrigatorio e o resto segundo acorde aasemblea xeral.

4.- Os beneficios procedentes de plusvalías no alleamento dos elementos do activoinmobilizado ou os obtidos doutras fontes alleas aos fins específicos da cooperativa,así como os derivados de investimentos ou participacións en sociedades denatureza non cooperativa, destinaranse nun 50% como mínimo ao Fondo deReserva Obrigatorio, e o resto segundo determine a asemblea xeral, coas seguintesexcepcións:

a) Os derivados de ingresos procedentes de investimentos ou participaciónsfinanceiras, ou en sociedades non cooperativas cando estas realicen actividadespreparatorias, complementarias ou subordinadas ás da propia cooperativa, que seconsiderarán, para todos os efectos, resultados cooperativos.

b) As plusvalías obtidas polo alleamento de elementos do inmobilizado materialdestinados ao cumprimento do fin social, cando se reinvista a totalidade do seuimporte en novos elementos do inmobilizado, con idéntico destino, dentro do prazocomprendido entre o ano anterior á data da entrega ou posta a disposición doelemento patrimonial e os tres anos posteriores, sempre que permanezan no seupatrimonio, agás perdas xustificadas, até que finalice o seu período de amortización.

c) Para a determinación dos resultados extra-cooperativos imputarase aos ingresosderivados destas operacións, ademais dos gastos específicos necesarios para a súaobtención, a parte que, segundo criterios de imputación fundados corresponda dosgastos xerais da cooperativa.

ARTIGO 51.- DISTRIBUCIÓN DE EXCEDENTES NETOS. O RETORNOCOOPERATIVO

1. Anualmente, dos excedentes contabilizados para a determinación do resultado doexercicio, unha vez deducidas as perdas de exercicios anteriores e antes daconsideración do imposto de sociedades do exercicio económico, destinarase:

a) Ao Fondo de Reserva Obrigatorio, unha contía global mínima do 20%, e ao

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 34 de 40

Page 35: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

Fondo de Formación e Promoción, polo menos un 5%.

b) Dos beneficios extra-cooperativos e extraordinarios, como mínimo un 50% aoFondo de Reserva Obrigatorio.

O resto, satisfeitos os impostos esixíbeis, estará a disposición da asemblea xeral,que poderá distribuílo na forma seguinte: ao retorno cooperativo ás persoas socias,á dotación a fondos de reserva voluntarios de libre disposición, ao incremento dosfondos obrigatorios e á participación do persoal traballador asalariado nosresultados da cooperativa.

2.- O retorno cooperativo é a parte do excedente dispoñíbel que a asemblea xeralacorde repartir entre as persoas socias, que se lles acreditará a elas en proporciónás operacións, aos servizos ou ás actividades realizadas por cada persoa socia coacooperativa, sen que en ningún caso poida acreditarse en función das achegas aocapital social.

3.- As persoas asalariadas participarán nos resultados da cooperativa, cando estesfosen positivos, nunha proporción do 25% do retorno cooperativo recoñecido áspersoas socias de igual ou equivalente categoría profesional. Esta participación terácarácter salarial e substituirá o complemento de similar natureza establecido, se é ocaso, na normativa laboral aplicábel, agás que for inferior ao dito complemento; ental caso, aplicarase este último.

4.- Os fondos de reserva voluntarios de libre disposición son aqueles creados polaasemblea xeral mediante acordo expreso que poderá determinar a súa natureza,como repartíbel ou non, e regular o seu funcionamento prevendo expresamente ossupostos de repartibilidade, de ser o caso.

No defecto de pronunciamento expreso da asemblea xeral sobre a súa natureza,estes fondos non serán repartíbeis entre as persoas socias no caso da baixa destas.

Aos fondos de reserva voluntarios poderanse destinar os excedentes do exercicio,cooperativos ou extra-cooperativos, unha vez satisfeitos os impostos esixíbeis.

O dereito de reintegro da participación das persoas socias que causen baixa nosfondos repartíbeis unicamente procederá en proporción á contribución realizada polapersoa cooperativista na súa xeración, considerando a actividade cooperativizadadesenvolvida e as perdas que foren imputadas ou estean pendentes de imputar, esó procederá cando a asemblea xeral o acordase ao facer a correspondentedotación e nas condicións establecidas no dito acordo.

En todo caso, os fondos de reserva voluntarios responderán en primeiro lugar nosuposto de compensación de perdas, sen máis limitación que a establecida polaasemblea xeral que acorde a imputación.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 35 de 40

Page 36: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

ARTIGO 52.- FONDOS SOCIAIS OBRIGATORIOS

1.- O Fondo de Reserva Obrigatorio, destinado á consolidación, desenvolvemento egarantía da cooperativa, é irrepartíbel entre as persoas socias, e destinaranse aomesmo necesariamente as partidas e dotacións establecidas no apartado 1 doartigo 68 da Lei de cooperativas de Galiza.

2.- O Fondo de Formación e Promoción Cooperativa é irrepartíbel entre as persoassocias, e destinarase, en aplicación das liñas básicas fixadas pola asemblea xeral, aactividades que cumpran algunha das finalidades establecidas no apartado segundodo artigo 68 da Lei de cooperativas de Galiza.

Ao Fondo de Formación e Promoción Cooperativa destinaranse necesariamente aspartidas e dotacións establecidas no mencionado apartado segundo do artigo 68 daLei de cooperativas de Galiza.

ARTIGO 53.- IMPUTACIÓN DE PERDAS

1.- Poderanse imputar as perdas a unha conta especial para a súa amortización concargo a futuros resultados positivos dentro do prazo máximo de sete años.

2. Na compensación de perdas, a cooperativa terá que se suxeitar á orde seguinte:

a) Aos fondos de reserva voluntarios de libre disposición, de existiren,poderase imputar a totalidade das perdas.

b) Ao Fondo de Reserva Obrigatorio.

c) A contía non compensada cos fondos de reserva de libre disposición eobrigatorios imputarase ás persoas socias en proporción ás operacións,servizos ou actividades realizadas por cada unha delas coa cooperativa. Seestas operacións ou servizos realizados son inferiores aos que como mínimoestá obrigada a realizar a persoa socia conforme o establecido nos estatutossociais, a imputación das referidas perdas efectuarase en proporción áactividade cooperativizada mínima obrigatoria, sen que en ningún casopoidan imputarse en función das achegas ao capital social.

3. As perdas imputadas a cada cooperativista satisfaranse dalgunha das formas

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 36 de 40

Page 37: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

seguintes:

a) Directamente ou mediante deducións nas súas achegas ao capital social.

b) Con cargo aos retornos que poidan corresponderlle dentro dos sete anosseguintes como máximo. Se quedan perdas sen compensar, transcorrido o ditoprazo, deberán ser satisfeitas pola persoa socia no prazo máximo dun mes contadoa partir do requirimento expreso formulado polo órgano de administración

ARTIGO 54.- EXERCICIO ECONÓMICO. CONTAS ANUAIS

1.- O exercicio económico terá unha duración de 12 meses e estenderase dende o 1de xaneiro até o 31 de decembro.

2.- O órgano de administración está obrigado a formular no prazo máximo de 3meses, contados a partir do peche do exercicio económico, as contas anuais, oinforme de xestión e a proposta de distribución de excedentes e destino dosbeneficios extra-cooperativos ou da imputación de perdas, para a súa aprobaciónpola asemblea xeral.

CAPITULO V

Documentación Social e Contabilidade

ARTIGO 55.- DOCUMENTACIÓN SOCIAL

1.- A cooperativa levará en orde e ao día os seguintes libros:

a) Libro rexistro de persoas socias.

b) Libro rexistro de achegas ao capital social.

c) Libro de actas da asemblea xeral e do órgano de administración.

d) Libro de inventarios e balances e libro diario, conforme ao contidodisposto na normativa mercantil.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 37 de 40

Page 38: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

e) Calquera outro libro esixido polas disposicións legais.

2.- Todos os libros sociais e contábeis serán dilixenciados e legalizados, concarácter previo a súa utilización, polo rexistro de cooperativas competente.

3.- Os libros e demais documentos da cooperativa estarán baixo a custodia,vixilancia e responsabilidade do órgano de administración.

4.- Será válida a realización de asentos e anotacións por calquera procedementoidóneo, sobre follas que despois serán encadernadas correlativamente para formaros libros obrigatorios, que serán presentados ao rexistro de cooperativascompetente para a súa legalización, antes do transcurso dos catro meses seguintesá data de peche do exercicio.

ARTIGO 56.- CONTABILIDADE

1.- As cooperativas deberán levar unha contabilidade ordenada e adecuada á súaactividade consonte o establecido no Código de comercio, o Plan xeral contábel eas singularidades da natureza do réxime económico da sociedade cooperativa.

2.- A composición das contas anuais será a establecida pola normativa contábel deaplicación.

3.- O órgano de administración presentará para o seu depósito no rexistro decooperativas competente, dentro do prazo de dous meses contados dende a súaaprobación pola asemblea xeral, as contas anuais, o informe de xestión e, no seucaso, o informe de auditoría externa, así como certificación acreditativa do númerode persoas socias.

ARTIGO 57.- AUDITORÍA EXTERNA

1.- A cooperativa, ademais de vir obrigada a se auditar cando concorran os supostosestablecidos na Lei de auditorías e as súas normas de desenvolvemento oucalquera outra norma legal aplicábel, deberá facelo cando así o acorde a asembleaxeral ou o órgano de administración.

Tamén virá obrigada a se auditar cando o demanden por escrito o 15 por 100 daspersoas socias da cooperativa. Neste suposto, os gastos orixinados como

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 38 de 40

Page 39: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

consecuencia da auditoría correrán por conta dos peticionarios agás cando resultendela vicios ou irregularidades esenciais na contabilidade auditada.

2.- Os auditores ou auditoras de contas designaranse pola asemblea xeral. Nonobstante, cando a designación por este órgano social non se fixese oportunamenteou as persoas designadas non poidan cumprir as súas funcións, o órgano deadministración poderá proceder a tal designación e dará conta dela na primeiraasemblea que se celebre.

Non poderán auditar externamente as contas as persoas sinaladas no parágrafocuarto do artigo 55 da Lei de cooperativas de Galiza.

3.- Os auditores ou auditoras externos disporán, como mínimo, dun mes dende queas contas lles foran entregadas polo órgano de administración, para formular o seuinforme, que deberá conter como mínimo as mencións establecidas no artigo 55 daLei de cooperativas de Galiza.

CAPITULO VI

DA DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN

ARTIGO 58.- CAUSAS DE DISOLUCIÓN

A cooperativa disolverase:

1.- Por acordo da asemblea xeral, adoptado por maioría de dous terzos dos votospresentes e representados.

2.- Por cumprimento, do termo fixado nos estatutos, salvo acordo expreso en contrarioda asemblea xeral, adoptado coa maioría establecida na letra anterior, que se elevaráa escritura pública e se inscribirá no rexistro de cooperativas.

3.- Por finalización e cumprimento da actividade empresarial, social ou económica queconstitúa o seu obxecto social, ou pola imposibilidade notoria e manifesta do seucumprimento, ou paralización dos seus órganos sociais durante un ano, ou daactividade cooperativizada durante dous anos, de tal xeito que imposibilite o seufuncionamento.

4.- Pola redución do capital social mínimo estatutario ou do número de persoas sociasnecesarias para constituír a cooperativa da clase e grao de que se trate, sen que se

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 39 de 40

Page 40: ESTATUTOS SOCIAIS COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO · Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 1 de 40. cooperativizado, é o que corresponde á Comunidade Autónoma

restableza no prazo de seis meses.

5.- No caso da redución do capital social mínimo estatutario, poderase evitar a causade disolución, procedendo á redución do capital social, por acordo da asemblea xeraladoptado pola maioría de dous terzos dos votos presentes e representados, sempre ecando o resultante non sexa inferior ao mínimo legal.

6.- Por quebra da sociedade, cando como resultado da interposición e resolución detal proceso concursal proceda a súa disolución.

7.- Pola fusión ou escisión da sociedade cooperativa.

8.- Por calquera outra causa establecida na Lei de cooperativas de Galiza.

ARTIGO 59.- LIQUIDACIÓN E EXTINCIÓN

Cumpridas as formalidades legais sobre disolución da cooperativa e aberto oproceso de liquidación, salvo nos casos de fusión ou escisión, as funcións doórgano de liquidación serán asumidas polo órgano de administración.

A liquidación e extinción da cooperativa axustarase ao disposto na Lei decooperativas de Galiza.

Strelia Electrotecnia – Estatutos (ver. 20190626) Páxina 40 de 40