Espazos de igualdade`. Paisaxes de liberdade
Transcript of Espazos de igualdade`. Paisaxes de liberdade
Mapeo colectivoLas rumanas de la casa de al
lado, aunque tienen patio, sacan sus sillas a la puerta. –Se creen que la calle es
suya –murmura una señora.–Mira, como hacíamos antes –diría mi abuela sonriendo.
En la ciudad de Irene S. Choya
Que son os mapeos colectivos?
Os mapeos colectivos son unha ferramenta quepermite, desde unha posta en común e participativa, identificar diversas problemáticas (sociais, ambientais etc) que actúan sobre os territorios, cidades ou barrios. Facilita así a participación e a creación de un ideario de resistencia, froito dun proceso de reflexión e crítica colectiva.
Que finalidade teñen?
Este proceso de reflexión colectiva tradúcese nun formato visual, o mapa, que estabelece unha cartografía social que axuda a difusión e o entendemento das problemáticas que afectan sobre o territorio, así como validar as voces críticas e de resistencia destas mesmas. Ademáis os mapeos son prácticas que favorecen os intercambios de saberes e a aprendizaxe mutua entre todas as participantes, grazas a que estes pretenden ser un espazo para a socialización e o debate, deixando unha porta aberta a futuras propostas, colaboracións e iniciativas. Polo tanto os mapeos colectivos non son un fin en si mesmos, senón que son unha ferramenta máis que propicia o diálogo, a reflexión e participación colectiva.