Escornacabras (Pistacia terebinthus)

10
escornacabra s (Pistacia terebinthus) terebinto, árbol trementino terebinth, turpentine

Transcript of Escornacabras (Pistacia terebinthus)

Page 1: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

escornacabras (Pistacia terebinthus)

terebinto, árbol trementinoterebinth, turpentine tree

térébinthe

terebinto, cornalheira

Page 2: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

CLASEAnxiospermasORDESapindalesFAMILIAAnacardáceas

Page 3: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

É unha especie orixinaria do Mediterráneo que vive en lugares secos, sobre todo calcários. En Galicia atópase polo val do Sil ata Montefurado e polo Bibei.

Page 4: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

Arbusto ou pequena árbore de copa baixa, ampla e moi ramificada, toda ela resinosa e aromática. O toro é curto e groso coa tona vermella ou castaña.

Page 5: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

FOLLASCaedizas, alternas, compostas, de 15 a 20 cm de lonxitude, formadas por 3-9 foliolos de forma oval rematados en punta. A cor é verde e no outono vólvense de cor carmín.

Page 6: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

FLORESAs flores son unisexuais e nacen en distinto pé, sen pétalos e agrupadas en acios compostos. As masculinas teñen cinco estames curtos coas anteras de cor púrpura e as femininas un ovario con tres estigmas de cor vermella.

Page 7: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

FROITOS drupas ovoides de 5-7 mm de lonxitude, ao comezo de cor vermella e despois castaña nos estériles e verde-azul nos fértiles. Madura a finais do verán e comezos do outono.

Page 8: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

CICLO ANUAL-ESCORNACABRASFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Page 9: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

O escornacabras desenvolve un bugallos característicos en forma de corno de cabra de cor verde a carmín, producidos polo pulgón Aphis pistaciae.

Page 10: Escornacabras (Pistacia terebinthus)

USOSDa súa resina extráese a trementina, empregada na fabricación de vernices e cementos dentais. Dos bugallos extráese un colorante vermello.As follas, a tona e os bugallos teñen propiedades astrinxentes.

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet