Erros máis comúns (2ª parte)

25
Erros máis comúns (2ª parte)

description

Erros máis comúns (2ª parte). Pregunta 1. Corrixe os erros que atopes na seguinte oración: Para a maioria, polo menos polos que dedícanse a este asunto, é notorio que a situación é bastante mala. Resposta 1. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Erros máis comúns (2ª parte)

Page 1: Erros máis comúns  (2ª parte)

Erros máis comúns (2ª parte)

Page 2: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 1

●Corrixe os erros que atopes na seguinte oración:

●Para a maioria, polo menos polos que dedícanse a este asunto, é notorio que a situación é bastante mala.

Page 3: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 1

Para a maioría, polo menos para os que se dedican a este asunto, é notorio que a situación é bastante mala.

● Confusión entre por e para.

● Colocación do pronome nunha oración subordinada introducida pola partícula que: ANTEPOSTO.

● Sempre se coloca til sobre i ou u tónicos en hiato: maioría.

Page 4: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 2

●Corrixe os erros que atopes na seguinte oración:

●Tal vez na primeira vista isto non parece tan importante pero éo porque unha lingua non pode sobrevivir sen novos falantes que espallan a voz da unha cultura.

Page 5: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 2

Tal vez a primeira vista isto non parece tan importante pero éo porque unha lingua non pode sobrevivir sen novos falantes que espallen a voz dunha cultura.

●Construción fixa: a primeira vista.

●Preposición de + artigo unha: contraen formando dunha.

●Que + subxuntivo.

Page 6: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 3

● Aínda que se os chama dialectos a verdade é que se distinguen moito da lingua croata e polos Croatas non é doado entendelos.

Page 7: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 3

● Aínda que se lles chama dialectos a verdade é que se distinguen moito da lingua croata e para os croatas non é doado entendelos.

Page 8: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 4

● Algunas versions se consideran moi atrasadas e ademáis están asociadas co campo e a poboación no desarrollada.

Page 9: Erros máis comúns  (2ª parte)

● Algunhas versións considéranse moi atrasadas e ademáis están asociadas co campo e a poboación non desenvolvida.

Resposta 4

Page 10: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 5

● Moitos pensan que é mellor comunicarse en lingua estándar porque esta é a forma desexada de falar, a ensinan na escola, a usan os presidentes, periodistas, os famosos...

Page 11: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 5

● Moitos pensan que é mellor comunicarse en lingua estándar porque esta é a forma desexada de falar, ensínana na escola, úsana os presidentes, os xornalistas, os famosos...

Page 12: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 6

● Parece como se o galego quedou na sombra de castelán e a xente xa non o necesita. A pregunta principal é porqué?

Page 13: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 6

● Parece como se o galego quedase á sombra do castelán e a xente xa non o necesitase. A pregunta principal é: por que?

Page 14: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 7

● Tamén, non había televisión en galego e non o ensinaban na escola senón impoñían o castelán.

Page 15: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 7

● Tampouco había televisión en galego e non o ensinaban na escola senón que impoñían o castelán.

Page 16: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 8

● Precisamente debido a variedad das linguas somos especiales e hai que valoralas.

Page 17: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 8

● Precisamente debido á variedade de linguas somos especiais e hai que valoralas.

Page 18: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 9

● Debido a eso, mundo rural mantivo, en xeral, o uso do galego, pero a cidade, ou sexa en zona urbana, é máis castellanizada.

Page 19: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 9

● Debido a iso, o mundo rural mantivo, en xeral, o uso do galego, pero a cidade, ou sexa as zonas urbanas, está máis castelanizada.

Page 20: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 10

● Por exemplo podemos imaxinar aguelos que, aínda sabendo e podendo falar non teñen con quen facelo, simple e sinxelamente porque xa ninguén fala a súa lingua ou imaxinamos só que somos ultimos hablantes da súa lingua e que nostra propia lingua muere...

Page 21: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 10

● Por exemplo, podemos imaxinar aguelos que, aínda sabendo e podendo falar non teñen con quen facelo, simple e sinxelamente porque xa ninguén fala a súa lingua ou imaxinar que somos os últimos/derradeiros falantes da súa lingua e que a nosa propia lingua morre...

Page 22: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 11

● Pero cada día mais, polo menos que nos saibamos, o galego pouco a pouco ía transformandose nunha lingua que se fala soamente no campo, nunha lingua que non é a lingua que se usa na conversaciones cotiás.

Page 23: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 11

● Pero cada día máis, polo menos que nós saibamos, o galego pouco a pouco vai transformándose nunha lingua que se fala soamente no campo, nunha lingua que non é a lingua que se usa nas conversas cotiás.

Page 24: Erros máis comúns  (2ª parte)

Pregunta 12

● Que un país teña unha lingua propia, outorgalle certa importancia, diferéncialle dos demais e ensancha o seu poder cultural.

Page 25: Erros máis comúns  (2ª parte)

Resposta 12

● Que un país teña unha lingua propia, outórgalle certa importancia, diferénciao dos demais e amplía / aumenta/ incrementa o seu poder cultural.