Eroski gallego enero

54
#10 xaneiro’16 - 1 EURO AFORRA CON EROSKI Receitas para superar a costa de xaneiro PROTAGONISTAS Paus de pan, picos e regañás EROSKI. Unha boa petiscada POLA TÚA SAÚDE Corpo en forma tras os excesos do Nadal Ao rico peixe! www.eroski.es SALMÓN E TROITA Dúas variedades inconfundibles pola cor e polo sabor Inclúe vales aforro directo Búscaos na páxina 49

description

 

Transcript of Eroski gallego enero

Page 1: Eroski gallego enero

#10xaneiro’16 - 1 EURO

AFORRA CON EROSKI Receitas para superar

a costa de xaneiro

PROTAGONISTASPaus de pan, picos e regañás EROSKI. Unha boa petiscada

POLA TÚA SAÚDECorpo en forma tras os excesos do Nadal

Ao rico peixe!

www.eroski.es

SALMÓN E TROITA

Dúas variedades inconfundibles pola cor e polo sabor

Inclúe vales aforro directoBúscaos napáxina 49

001 PORTADA TRUCHA GAL.indd 1 29/12/15 14:22

Page 2: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

02-03 EROSKI BRANDING DOBLE GALICIA.ai 1 23/12/15 15:52

Page 3: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

02-03 EROSKI BRANDING DOBLE GALICIA.ai 2 23/12/15 15:52

Page 4: Eroski gallego enero

Tela?

Sabes canto diñeiro tes acumulado na túa Tarxeta EROSKI club?

Ven a Viaxes Eroski, dicímosche o que tes e xa podes cambialo todo, ou o que ti

queiras, nas túas vacacións.

Xa tes vacacións!

04-05 EROSKI EROSKI CLUB GALICIA.indd 2 22/12/15 16:54

Page 5: Eroski gallego enero

www.viajeseroski.eswww.escaparateviajes.es

04-05 EROSKI EROSKI CLUB GALICIA.indd 3 22/12/15 16:54

Page 6: Eroski gallego enero

6

Ano novo e folio branco no que escribirmos os nosos novos propósitos. Aínda que a lista a

fagamos mentalmente, toca reflexionar, ilusionarse e deseñar como queremos que sexan os vindeiros doce meses. Desde Eroski club témolo claro: o noso reto é lograr que día a día nos deixes estar ao teu carón. O noso soño é seguirmos medrando e sermos cada vez máis socios clientes neste club. O noso empeño para o 2016? Traballar para che ofrecer produtos e servizos de calidade, axudarte a seguires aforrando e facelo sempre co mellor dos nosos sorrisos.

E lembra: para que a costa de xaneiro sexa menos costa, tira o máximo partido da túa tarxeta do club e de todas as

“O noso empeño para o 2016? Traballar para che ofrecer produtos e servizos de calidade e para te axudar a seguires aforrando” Edición #10

xaneiro‘16Arantza Campos — RESPONSABLE Eroski club

2016: máis aforro, máis clubvantaxes que che brinda. Baleira o seu saldo, coñece as ofertas exclusivas e busca os mellores prezos cos que están sinalizados os produtos en tenda.

Por suposto, esta revista non só quere que coñezas as principais novidades nos nosos produtos ou lanzamentos: tamén te axuda a aforrar. Nela atoparás vales aforro para trocar en tenda e, ademais, todas as receitas que se inclúen intentan coidar do teu peto.

EDITOREROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n48230 Elorrio (Bizkaia)

Tel. +34 946 211 211

este mes...xaneiro’16

Nace Eroski clubDescubre as vantaxes de ser socio

Achégate a unha das nosas tendas e faite

socio ou, se o prefires, rexístrate en

www.eroski.ese descubre todas as vantaxes

REALIZACIÓN EDICIÓN

Valentín Beato, 4428037 Madrid

Tel. +34 915386104

Difusión controlada por OJD

PublicidadeAntonio García Tel. +34 607973913

[email protected]

Maribel Martínez Tel. +34 [email protected]

Imprenta MCC GraphicsPol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11

20100 Errenteria (Gipuzkoa)Tel. +34 943 344 614

Depósito Legal BI-222-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías

sen a autorización expresa da empresa editora.

A revista Eroski club – As vantaxes de ser socio non se fai responsable das

opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas

públicas on privadas.

006 EDITORIAL GAL.indd 6 29/12/15 14:25

Page 7: Eroski gallego enero

7as vantaxes de ser socio

8 para abrir bocaActualidade e novidades.

10 é tempo de...Salmón e troita. Dous peixes inconfundibles pola súa intensa cor e característico sabor.

18 protagonistas EROSKINovos paus de pan, picos e regañás EROSKI e minestra EROSKI SeleQtia. Non poden faltar nin na túa mesa, nin na túa despensa.

22 aforra con eroskiPropostas culinarias para levar mellor a costa de xaneiro.

26 pola túa saúdeAs dietas milagre non existen. Manter un peso saudable só é posible comendo san.

32 o escaparateNon quedes sen probar os novos iogures e sobremesas lácteas EROSKI.

36 de aquí e de acoláBusca nas nosas tendas o plátano de Canarias IXP Eroski NATUR.

40 enerxía para medrarSeleccionar adecuadamente os alimentos é fundamental para medrar san.

44 belezaCoida o teu pelo coa gama de produtos capilares belle.

49 vales descontoEroski clubAxudámoste a aforrar cos nosos vales aforro Eroski club.

52 noticias corporativasO noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.

18

10

26

40

32

36

sumarioxaneiro’16

Afronta con éxitoa costa de xaneiroNon deixes que a costa de xaneiro te supere. Proba a nosa proposta de menú e busca as ofertas e promocións que atoparás nas nosas tendas. Páx. 22

O teu pelo, mellor coidado ca nunca,con belleA nosa marca de perfumería e beleza ofréceche unha ampla gama de produtos específicos para coidares o cabelo. Páx. 44

Vales aforro Eroski clubAgora as túas compras serán moito máis económicas grazas aos vales aforro Eroski club. Ofertas e promocións exclusivas para os nosos socios. Valas perder? Páx. 49

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

SALIENTAMOSNESTA EDICIÓN

007 SUMARIO GAL.indd 7 30/12/15 11:02

Page 8: Eroski gallego enero

8

para abrir boca

Laranxa, limón, mandarina e pomelo. Estes son os nosos cítricos Eroski

NATUR. Xa os coñeces: recomendámoschos na revista de novembro

e aínda seguen en plena tempada. Cumpren coa promesa de sabor,

traducida nun equilibrio perfecto de acidez e dozura, e cun punto óptimo

de maduración. Ademais, as laranxas Eroski NATUR (de mesa e de zume)

contan coa dobre garantía de calidade e prestixio da Indicación Xeográfica

Protexida (IXP) de Cítricos Valencianos e mais da nosa marca premium de

Frescos: Eroski NATUR.

Recomendación

Cítricos Eroski NATUR, no seu mellor momento

lanzamento

Pasta de cocción rápida: toda unha marca!

En tres minutos. Si, si, tal e como o les. É o tempo que leva

facer a nosa nova pasta de cocción rápida. A escusa de “non teño tempo nin para cociñar” vaise rematar. Hai dúas variedades: espaguetes e hélices. E, se verdadeiramente vas moi mal de tempo, lembra que podes combinar estes produtos con algunha das nosas salsas listas para consumir. Só fai falta quentalas xunto coa pasta. Preparado para un sprint entre lumes?

suxestión

Comeza o ano coas nosas ensaladas Faccile

Non pasa nada. Recoñezamos que o Nadal é tempo de

felicidade, solidariedade, amor e... quilos de máis. Son festas nas que case todo se celebra arredor da mesa. O bo é que xaneiro é un mes ideal para facer novos propósitos. Se o teu é comezar a coidarte, proba as nosas ensaladas EROSKI Faccile. Xa preparadas e coas receitas máis orixinais do mercado. Tes tres para elixir: Silvestre, Nordic e Crocant.

Hai tres

variedades

de ensalada

EROSKI Faccile.

Espaguetes e

hélices. Elixe a túa

pasta preferida.

008-009 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 8 29/12/15 14:26

Page 9: Eroski gallego enero

9as vantaxes de ser socio

investigación

Leite, un alimento saudable salpicado por falsos mitos

Os moitos rumores que circulan arredor de posibles prexuízos

asociados ao consumo de leite non teñen fundamento científico.

Unha das afirmacións que máis se repite é a de que o leite e os produtos lácteos producen mucosidades. É algo que quedou desmentido en decembro do 2005 na revista Journal of the American College of Nutrition. A conclusión dos autores -investigadores da Unidade de Alergoloxía do Hospital Universitario de Zurich (Suíza) - foi rotunda: “As recomendacións de absterse de tomar produtos lácteos baseándose na crenza de que inducen os síntomas da asma non teñen sustento na literatura científica”.

lanzamento

Tomamos un café soluble EROSKI?

cuestionario EROSKI CONSUMER

Comes tan ben como coidas?

Calquera escusa e momento parecen bos para facer unha pausa e tomar un café. De cafeteira italiana,

cápsulas, de pucheiro... E, por que non te animas a degustar un soluble de EROSKI? É natural, intenso, con gran fino e cun bo impacto en boca, ata se se toma con leite. Elabórase cunha coidada extracción de grans e con novas técnicas en deshidratación.

Nós comemos ben”. “Na casa cociñamos moi san”. “Cóidome moito nas comidas”. “Guisamos

con moi pouco sal”. Quen non dixo ou oíu algunha frase deste tipo? É probable que todos comentaramos os nosos hábitos dietéticos con amigos ou familiares e seguro que demos consellos para coidar a liña e a saúde. Ao falarmos sobre

alimentación e facermos manifestacións deste estilo, estamos convencidos de que a nosa dieta é tan sa como cumpriría, que os nosos hábitos son saudables e que os caprichos son excepcións. Pero, é así de verdade? Convidámoste a responder un sinxelo cuestionario que atoparás en EROSKI CONSUMER (www.consumer.es) para o descubrires.

008-009 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 9 29/12/15 14:26

Page 10: Eroski gallego enero

é tempo de...

10

Tan saborosos como nutritivos. Salmón e troita forman unha parella

gastronómica que se leva ben: ambos os dous están cargados de virtudes

nutricionais e admiten mil e unha preparacións na cociña.

Salmón e troitaé tempo de...

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 10 29/12/15 14:27

Page 11: Eroski gallego enero

SALMÓN CON ALLO AO VINAGRE BALSÁMICO

INGREDIENTES

• 800 g de salmón

• 4 dentes de allo

• 1 l imón

• 80 ml de aceite de oliva

• 20 ml de vinagre balsámico

• Sal

COMO SE ELABORA

● Mariñamos durante 5

minutos os lombos do salmón

con zume de limón e cun

chisco de sal.

● Botamos aceite nunha tixola

e douramos os dentes de allo

a lume suave.

● Reservamos os allos, subimos

a intensidade do lume e

cociñamos os lombos de

salmón durante 2 minutos por

cada lado.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

13%

26424%

16,6gGRAXA

9%

0,5gSAL

3%

2,4gAZUCRES

15%

3g

GRAXASATURADA

4 fácil 20-30’

11

● Sacamos o salmón e

reservamos. Botamos na

tixola o vinagre balsámico e

facemos unha redución dos

zumes ata acadarmos unha

salsa homoxénea e de sabor

suave.

● Servimos os lombos de

salmón acompañados dos

dentes de allo confeitados

e da redución do zume co

vinagre balsámico.

1,35 €por

persoa

A familia Eroski NATUR, a nosa

marca de frescos de alta calidade,

está de parabéns: celebra a

incorporación dun novo membro,

a troita dos Fiordes de Noruega.

Coñecido como a xoia dos Fiordes,

é un peixe cun sabor único e puro.

Ademais, trátase dunha variedade

que é boa de recoñecer pola

intensa cor laranxa-avermellada

que ten a súa carne e mais polo

ton branco-mármore da súa pel.

A nosa troita Eroski NATUR é ideal

para comela crúa, mariñada ou

tamén cociñada a baixa temperatura.

Troita dos Fiordes Eroski NATUR

as vantaxes de ser socio

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 11 29/12/15 14:27

Page 12: Eroski gallego enero

é tempo de...

TROITA CON TOMATE EN PAPILLOTE

INGREDIENTES

• 800 g de troita asalmonada

(4 troitas)

• 4 patacas

• 250 g de tomate

• 100 g de beicon

• Sal

• 10 ml de aceite de oliva

COMO SE ELABORA

● Quitamos as espiñas das

troitas.

● Cortamos unha lámina

grande de papel de aluminio

e poñemos sobre ela os filetes

de troita, as patacas cortadas

en toros finos, o tomate en

cachos, o beicon, un chorriño

de aceite e sal.

● Pechamos o papel coma se

fose un paquete e metémolo

ao forno -previamente

prequentado a 200 ºC- durante

uns 10 minutos.

● Sacamos do forno e

servimos.

12

4 principiantes 15-20’

1,60 €por

persoa

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

16%

32318%

12,5gGRAXA

13%

0,8gSAL

4%

3,3gAZUCRES

17%

3,4g

GRAXASATURADA

TROITA MARIÑADA CON MEL E MOSTAZA

INGREDIENTES

• 800 g de troita asalmonada

• 10 g de mel

• 10 g de mostaza

• 30 ml de aceite de oliva

• 60 g de cabaciña

• 1 dente de allo

• 4 g de salsa de soia

COMO SE ELABORA

● Limpamos e desespiñamos

os lombos da troita e

impregnámolos cunha

mestura de mel, soia e

mostaza de calidade.

● Deixamos repousar durante

30 minutos no frigorífico.

● Lavamos e cortamos a

cabaciña en toros finos e os

allos en láminas. Poñémolos

nunha tixola antiadherente

xunto co aceite de oliva e

un pouco de sal. Tapamos a

tixola para que comecen a

cociñarse.

● Pasados uns 5 minutos,

introducimos os lombos de

troita para que se cociñen

tapados xunto coas

hortalizas. Dámoslles a volta

transcorridos uns 2 minutos,

de xeito que a troita se

cociñe por ambos os dous

lados e quede lixeiramente

rosado o interior.

● Servimos acompañando

coa cabaciña e cos zumes

do salteado.

4 media 45-50’

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 12 29/12/15 14:28

Page 13: Eroski gallego enero

es tiempo de...

1,00 €por

persoa

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

10%

19617%

12,2gGRAXA

3%

0,2gSAL

3%

2,3gAZUCRES

11%

2,2g

GRAXASATURADA

13as vantaxes de ser socio

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 13 29/12/15 14:28

Page 14: Eroski gallego enero

14

é tempo de...

RECEITA PASO A PASO

1

3

2

4

● Botamos o leite nunha cunca grande

e remollamos nel o miolo de pan para

acadarmos unha maior tenrura para o

noso prato.

● Mesturamos o salmón cortado en

dadiños e o miolo de pan xunto co dente

de allo, o perexil, a xema de ovo e o sal

e trituramos nun robot de cociña ata

formar unha masa homoxénea. Deixamos

repousar 30 minutos na neveira nun

recipiente tapado.

● Coa axuda dun coitelo, limpamos ben

os lombos de salmón. Quitámoslles a pel

e poñemos especial coidado en que non

quede ningunha espiña.

● Formamos bólas coa mestura e

rebozámolas en fariña. Quentamos

aceite nunha tixola e fritimos as

albóndegas a lume morno, de xeito

que se douren por fóra e se cociñen por

dentro. Servímolas acompañadas dunha

salsa de tomate caseira.

ALBÓNDEGASDE SALMÓN CON SALSA DE TOMATE CASEIRA

INGREDIENTES

• 600 g de salmón

• Un chisco de sal

• 50 g de miolo de pan

• 60 ml de leite

• 1 xema de ovo

• 2 dentes de allo

• Perexil

• 200 g de salsa de tomate

• 100 g de fariña

• 200 ml de aceite de oliva

4 fácil 45’

Peixe azul, graxa

saudableO peixe azul (anchoa, atún, xarda, salmón,

sardiña, troita...) presenta como mínimo

un 6% de graxa, polo que 100 gramos achegan entre 120 e 200 calorías. Para

diferencialo, fíxate na súa cola: tena en forma

de frecha, mentres que no peixe branco o bordo é recto. Á hora

de mercar, é importante non se deixar guiar só

polo número de calorías, xa que o azul, aínda que é máis graxo e calorífico,

é imprescindible na alimentación porque contén ácidos graxos

insaturados, que axudan a manter a

saúde do teu corazón.

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 14 30/12/15 11:03

Page 15: Eroski gallego enero

es tiempo de...

1,30 €por

persoaUnha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

19%

38726%

18,5gGRAXA

9%

0,6gSAL

2%

2gAZUCRES

17%

3,5g

GRAXASATURADA

15as vantaxes de ser socio

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 15 29/12/15 14:29

Page 16: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI Hochland SABORISIMAS NUEVA.ai 1 28/12/15 16:01

Page 17: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI HOCHLAND SABANITAS NUEVO.ai 1 28/12/15 15:58

Page 18: Eroski gallego enero

18

protagonistas EROSKI

Picos, paus de pan e ‘regañás’ EROSKI

O comodín perfecto

018-019 PROTAGONISTAS PICOS GAL.indd 18 30/12/15 11:03

Page 19: Eroski gallego enero

19

A túa saúde é o primeiro

Dende o 2009, ningún produto das nosas marcas propias contén graxas vexetais parcialmente hidroxenadas

Para tomar en calquera momento do día. Sós ou cunha boa táboa

de queixos ou embutidos. Tamén son compañeiros ideais de salsas e

toppings. Os nosos novos picos, paus de pan e regañás elabóranse

artesanalmente, con aceite de oliva e receitas tradicionais. Combínaos

como queiras, están boísimos de calquera xeito.

Como entrantes a carón doutros ingredientes ou sós como petisco. Os novos picos, paus de pan e regañás de EROSKI non deberían faltar

nin na túa mesa nin na túa despensa. Pódenche

salvar con algo de picar se recibes unha visita inesperada, van ben para a hora do aperitivo e tamén poden servir como complemento da merenda dos cativos. En definitiva: son o comodín perfecto.

PICOS CAMPEIROS A lista de pratos e ingredientes cos que os combinar é longa e variada: queixos crema, guacamole, embutidos varios, sopas e cremas... Ou, se o prefires, sós tamén están ben bos.

PICOS INTEGRAISMoita fibra e pouca graxa e azucre. Con estes picos, a túa táboa de queixos ou de embutidos resultará todo un éxito. Crocantes e mais saborosos.

PAUS DE PAN Probablemente xa os probaches como acompañantes dunha rica tapa de xamón, pero tamén poden funcionar ben con queixos de todo tipo, toppings ou salsas. Proba a colocalos nunha cunca no canto das rebandas de pan e comprobarás que voan.

PAUS DE PAN INTEGRAISCon alto contido en fibra, son outra opción para comer pan integral sen miolo. Suxerímosche que os presentes a carón dunha táboa de crudités de verduras ou acompañando un saudable hummus.

‘REGAÑÁS’Típicas da gastronomía andaluza, as regañás son unha torta dura e moi fina de pan. Ideais como acompañamento para diferentes pratos ou aperitivos. Ademais, pódense utilizar como base para elaborar uns deliciosos canapés ou para presentar xunto cun prato de olivas aliñadas.

as vantaxes de ser socio

018-019 PROTAGONISTAS PICOS GAL.indd 19 29/12/15 14:30

Page 20: Eroski gallego enero

20

Nova minestra EROSKI SeleQtia

Tradición e sabor

020-021 PROTAGONISTAS MENESTRA GAL.indd 20 29/12/15 14:30

Page 21: Eroski gallego enero

protagonistas EROSKI

A minestra é unha das receitas tradicionais con maior

valor gastronómico do noso país. A teoría é doada: un

guiso de diferentes verduras no que se debe apreciar

o sabor de cada unha. Algo simple, pero moi difícil de

acadar. A nova minestra EROSKI SeleQtia pasa con nota

o exame. Próbaa e verás.

Verduras enxoitas que se cocen en exceso. Pouca variedade entre elas. Moito chícharo e pouco

máis. Esta é a estampa de moitas das minestras xa preparadas que abundan no mercado. A nosa nova minestra EROSKI SeleQtia é moi diferente.

Elabórase con verduras de tempada, cociñadas de xeito individual e sempre respectando o

tempo de cocción de cada unha delas. Así, asegurámonos de que cada verdura conserva o seu sabor máis auténtico.

Non é casual que esta minestra se elabore en Navarra, berce de dúas das verduras con maior protagonismo desta receita: as alcachofas e os espárragos. A carón delas atopamos tamén chícharos, feixóns verdes e cenorias.

• Elaborada en Navarra.• Receita tradicional: alcachofas, esparrágos, chícharos, feixóns verdes e cenorias.• Diferente porque... todas as verduras se cocen por separado para que se conserve mellor o seu auténtico sabor.• Soa ou acompañada: cun simple rustrido de allo ou como gornición saudable nun prato de carne ou peixe. Deste xeito multiplícanse as posibilidades de comela. Suxerímosche acompañar con ela unha dourada ao forno, un solombo á prancha ou mesmo personalizala engadindo unhas gambas ou uns cachiños de touciño.

Minestra EROSKI SeleQtia, pracer no prato

21as vantaxes de ser socio

020-021 PROTAGONISTAS MENESTRA GAL.indd 21 29/12/15 14:30

Page 22: Eroski gallego enero

aforra con EROSKI

22

0,40 €por

persoa

Como cada ano,

chega a temida e

clásica costa de

xaneiro. Encher a

neveira e mais a

despensa é un dos

maiores gastos aos

que se enfrontan as

familias. Por iso, cómpre

estar atento ás ofertas

e promocións e tirar o

máximo partido delas.

Consulta cada quince

días os nosos folletos:

atoparás produtos en

oferta cos que elaborares

estas receitas.

Máis por menos

022-024 AHORRA CON GAL.indd 22 29/12/15 14:31

Page 23: Eroski gallego enero

23las ventajas de ser socio 23

2,10 €por

persoa

0,70 €por

persoa

as vantaxes de ser socio

022-024 AHORRA CON GAL.indd 23 29/12/15 14:31

Page 24: Eroski gallego enero

24

aforra con EROSKI

SOBREMESA

SORBETE DE MANDARINA

INGREDIENTES

• 8 mandarinas

• 200 g de azucre

• 1 lima ou medio

limón

• 1 clara de ovo

• 500 ml de auga

mineral con gas

(1 botello)

COMO SE ELABORA

● Estonamos as mandarinas e o limón ou

a lima.

● Poñemos o azucre nunha pota e

engadimos a metade da auga con gas.

Remexemos de cando en vez para que

o azucre se funda por igual e se forme

un xarope. Apagamos o lume no intre en

que a mestura rompa a ferver e deixamos

que arrefríe.

● Trituramos as mandarinas e a lima ou o

medio limón cunha licuadora. Vertemos

o zume sobre o xarope frío e introducimos

nunha xerra na neveira. Unha vez frío,

metémolo no conxelador.

● Cando xa comece a ter textura de

refresco xeado, engadimos aos poucos

a clara de ovo a punto de neve e

mesturamos ata que quede cremoso.

● Agregamos o resto do botello de auga

con gas e introducimos no conxelador ata

que estea coma un refresco xeado.

● Servimos en copas ou vasos altos

e utilizamos unhas palliñas como

decoración.

SEGUNDO

BACALLAU ENCEBOLADOE SALSA DE TOMATE

INGREDIENTES

• 800 g de bacallau

fresco

• 400 g de cebola

• 40 g de tomate

frito

• Perexil

• 200 ml de aceite

de oliva

• Sal

COMO SE ELABORA

● Fritimos nunha tixola a lume moderado

os anacos de bacallau e reservamos.

● Poñemos nunha pota un pouco de

aceite e cociñamos a lume suave a

cebola cortada en tiras finas cun chisco

de sal.

● Unha vez rustrida a cebola, engadimos

unhas culleradas de salsa de tomate e

poñémolo ao punto de sal.

● Sobre a cebola, quentamos os anacos

de bacallau.

● Servimos nunha fonte, cunha cama

de cebola sobre a que colocaremos o

bacallau. Acabamos esparexendo por

riba un pouco de perexil picado.

PRIMEIRO

CREMA DE BRÓCOLI

INGREDIENTES

• 400 g de brócoli

• 200 g de

cabaciña

• 100 g de pataca

• 50 g de vaíñas

• 1 ceboliña fresca

• 100 g de cenoria

• 2 dentes de allo

• 50 ml de aceite de

oliva

• Sal

COMO SE ELABORA

● Cortamos a ceboliña en cadradiños

e cociñámola co aceite a lume suave

ata que amoleza. Agregamos a pataca

en cachos, as vaíñas en tiras finas e a

cenoria en toros.

● Engadimos a cabaciña e mais o

brócoli. Cubrimos de auga, xusto ata

superar as verduras. Cando comece

a ferver, poñemos ao punto de sal e

cocemos a lume suave 40 minutos.

Comprobamos que as verduras están

brandas e retiramos a pota do lume.

● Agregamos un rustrido co allo cortado

en láminas e dourado nunha tixola con

dúas culleradas de aceite. Tapamos a

pota e deixamos repousar 10 minutos.

● Trituramos co pasador de puré ou co

batedor ata acadar unha crema. Se está

espesa, agregámoslle un pouco de auga

quente e rectificamos o sal.

● Podemos acompañar o puré duns

cachiños de brócoli cocido e salteado

nunha tixola con allo e aceite de oliva.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

8%

15214%

10,1gGRAXA

7%

0,4gSAL

5%

4,7gAZUCRES

8%

1,7g

GRAXASATURADA

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

7%

1513%

2,4gGRAXA

12%

0,7gSAL

3%

3gAZUCRES

2%

0,4g

GRAXASATURADA

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

3%

600%

0gGRAXA

0%

0,02gSAL

12%

11gAZUCRES

0%

0g

GRAXASATURADA

4 fácil + 1 h

4 fácil 20-30’

4 fácil 40-50’

022-024 AHORRA CON GAL.indd 24 29/12/15 14:31

Page 25: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI ARGAL SALCHICHA.ai 1 28/12/15 10:53

Page 26: Eroski gallego enero

2626

A única dieta milagreira é unha dieta saA fórmula? Aumentar o

exercicio físico e priorizar

os alimentos de orixe

vexetal e os pouco

procesados.

pola túa saúde

026-030 POR TU SALUD GAL.indd 26 29/12/15 14:31

Page 27: Eroski gallego enero

2727as vantaxes de ser socio

Tras as festas, moitos facemos o firme propósito de facer unha posta a punto que nos permita

emendar os excesos que, de media, nos deixan medio quilo máis no corpo. Aínda que pareza pouco, é unha cifra que lles preocupa moito aos expertos en nutrición, xa que non se reverte ao longo do ano e contribúe ás xa perigosas taxas de obesidade. É máis, en persoas xa obesas, a ganancia pode superar os 6 quilos. Que podemos facer en xaneiro? Velaquí algunhas suxestións para eses primeiros auxilios.

FUXIR DE DIETAS MILAGROSASÉ doado identificar unha proposta dietética fraudulenta: sempre nos asegura que perderemos peso decontado e sen esforzo. Baixar máis de 1 quilo por semana só se consegue tomando moi poucas calorías, o que pode ter consecuencias adversas: efecto rebote, perda de músculo, deterioración da masa ósea, cálculos biliares, fatiga, estrinximento, diarrea, náuseas, etc. E tamén hai razóns para fuxir dos produtos milagre: ningún fármaco, comprimido, sobre, nin extracto de plantas resulta útil para controlar a longo prazo, e con éxito, o peso.

AUMENTAR A CANTIDADE DE EXERCICIO FÍSICO QUE REALIZAMOSA palabra dieta provén do termo grego díaita, que facía referencia non só á alimentación, senón ao estilo de vida. Por iso, a práctica diaria de exercicio ocupaba (e debería seguir ocupando) un lugar privilexiado. Facer máis exercicio aumentará o noso gasto calorífico, pero tamén a nosa masa muscular. Con máis cantidade de músculo, consúmense máis calorías mesmo en repouso. Este motivo, entre outros, xustifica

a capital importancia do exercicio físico na prevención e no tratamento do exceso de peso.

PESARNOS A MIÚDOHai uns anos, os nutricionistas resistiámonos a convidar os nosos pacientes a se pesaren a miúdo, pero novos datos revelan que resulta de utilidade para controlar o peso. A efectividade desta medida pode residir no feito de que se tardamos moito en poñernos na báscula, será tarde para tomar medidas.

PARA CALMAR A SEDE, AUGAEstá moi claro o papel que as bebidas azucradas -refrescos- desempeñan na obesidade. O alcohol, amais de poñer en risco a nosa saúde, tamén pode contribuír a gañar peso. Isto acontece porque achega calorías baleiras, pode aumentar o noso apetito e facer que consumamos máis comida.

TAMAÑO DA PORCIÓNOs adultos pertencemos ao chamado club do prato limpo. É dicir, limpamos o prato, e tanto ten a cantidade de comida que conteña.

Como é lóxico, o dobre de comida supón o dobre de calorías. E tomar máis calorías fará que gañemos peso de modo inexorable. Existen investigadores que consideran que o mero feito de diminuír un pouco (e cada día) a porción resultará exitoso no control de peso. En todo caso, a clave reside en combinar esta proposta cunha dieta sa.

QUE COMEMOS? A CLAVE É PRIORIZAR PRODUTOS VEXETAIS E POUCO PROCESADOSUnha recente investigación analizou durante 5 anos a evolución do peso en 235.880 europeos. Revisouse o efecto de diferentes patróns de alimentación constatando que un menor aumento de peso estaba asociado á abundancia na dieta de alimentos de orixe vexetal, como froitas, hortalizas e legumes, e á menor cantidade de produtos de orixe animal. As diferenzas máis pronunciadas observáronse en suxeitos cunha alta adherencia ao patrón prudente, con inxestións máis altas de froitas e hortalizas e un consumo moito máis baixo de leite e carnes vermellas e procesadas.

O comezo de ano é un momento

perfecto para fuxir das dietas

milagre. Se o facemos á carreira,

ademais, faremos exercicio,

fundamental para o noso peso e

saúde. Se nos pesamos a miúdo,

calmamos a nosa sede con auga,

vixiamos o tamaño da porción e

priorizamos os alimentos de orixe

vexetal e os pouco procesados,

é moi posible que si se produza o

arelado milagre.

E lembra...

“Despois do Nadal é un momento ideal para fuxir de dietas milagrosas. Se o facemos á carreira, mellor, porque faremos exercicio”.

Julio Basulto, nutricionista

026-030 POR TU SALUD GAL.indd 27 29/12/15 14:31

Page 28: Eroski gallego enero

28

FEIXÓNS VERDESCON CABAZA

INGREDIENTES

• 400 g de feixóns

verdes

• 200 g de cabaza

• 1 cebola

• 2 dentes de allo

• 10 g de fariña

integral

• Aceite de oliva

• Sal iodado

COMO SE ELABORA

● Limpamos os feixóns verdes

quitándolles as febras coa axuda dun

pelador ou dun coitelo e cortámolos en

tres ou catro anacos.

● Cocemos os feixóns verdes con auga,

sal e un chorro de aceite durante uns dez

minutos aproximadamente, ou ata que

estean ao dente.

● Noutra pota, botamos un pouco de aceite

e refogamos a cebola e mais os dous dentes

de allo picados en anacos pequenos.

● Estonamos e partimos a cabaza en

dados e engadímola ao rustrido de

cebola e allo. Sazonamos e refogamos

durante 10 minutos. Agregamos unha

culleriña de fariña.

4 fácil 40-50’ 5-10

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

3%

591%

0,4gGRAXA

8%

0,5gSAL

5%

4,2gAZUCRES

1%

0,1g

GRAXASATURADA

● Refogamos novamente e incorporamos

os feixóns verdes cocidos e parte do

caldo de cocción ata cubrir o guiso.

● Deixámolo cociñar cinco minutos máis

e poñémolo ao punto de sal.

28

Manter un peso saudable require un estilo de vida equilibrado e activo no que

abunden verduras e froitas.

Bos propósitos na mesa

pola túa saúde

026-030 POR TU SALUD GAL.indd 28 29/12/15 14:31

Page 29: Eroski gallego enero

as vantaxes de ser socio 29

RISOTTO DE CABACIÑAE BERENXENA

INGREDIENTES

• 200 g de arroz

integral

• 100 g de

cabaciña

• 100 g de

berenxena

• 30 g de ceboliña

fresca

• 30 g de cenoria

• 50 g de tomate

• 1 l de caldo de

verduras caseiro

• 50 g de queixo

parmesano

• Sal iodado

• Perexil

COMO SE ELABORA

● Picamos a ceboliña e mais a cenoria en

anacos moi pequenos e refogámolas nunha

pota baixa cunha cullerada de aceite de

oliva a lume moderado. Cando estean case

douradas, engadimos os tomates pelados

e sen sementes, a cabaciña e a berenxena,

cortadas en dadiños. Poñemos as verduras

ao punto de sal.

● Cociñamos uns 10 minutos a lume

suave. Así que as verduras estean

moles, agregamos o arroz. Refogamos,

remexendo continuamente durante un

minuto, para que se impregne dos zumes

do rustrido.

● Incorporamos o caldo quente aos

pouquiños e, a medida que o arroz o

vaia absorbendo, agregamos máis.

Remexemos de cando en vez a mestura,

de xeito que non quede sen caldo e

vaia collendo unha textura cremosa.

Coceremos o arroz a lume medio, cun

fervor suave, durante uns 16 minutos.

● Finalmente, engadimos o sal ao

risotto, esparexemos o perexil picado e

agregamos o queixo relado en láminas

Os expertos aconsellan fuxir de dietas e

produtos milagre. Non hai ningún fármaco que, a longo prazo, permita controlarcon éxito o peso

4 media 30-40’ 5-10

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

10%

2025%

3,6gGRAXA

1%

0,06gSAL

3%

3gAZUCRES

9%

1,8g

GRAXASATURADA

finas. Remexemos cunha espátula de

madeira e notaremos que o queixo se

desfai proporcionándolle ao arroz (que

debe estar lixeiramente ao dente) un

aspecto cremoso.

● Servimos ao instante sen deixar

repousar, para evitar que desapareza a

cremosidade e seque.

as vantaxes de ser socio

026-030 POR TU SALUD GAL.indd 29 29/12/15 14:31

Page 30: Eroski gallego enero

3030

SMOOTHIE DE KIWIE PLÁTANO

INGREDIENTES

• 6 kiwis

• 2 plátanos

• 400 ml de zume

de laranxa

• 250 g de iogur

desnatado

natural

COMO SE ELABORA

● Pelamos os plátanos e os kiwis,

partímolos en cuartos e pasámolos pola

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

9%

1891%

1gGRAXA

0%

0gSAL

40%

36,2gAZUCRES

1%

0,1g

GRAXASATURADA

4 principiantes < 5 ’ < 5

licuadora. Engadimos o zume de laranxa

e o iogur e mesturamos.

● Servimos inmediatamente en vasos

individuais para evitar que se oxide o

zume e perda a súa cor.

● Decoramos cuns cachiños de froitas.

Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde

SEMÁFORO NUTRICIONALCo semáforo nutricional descubrirás a cantidade de calorías, azucres, graxa, graxa saturada e sal que contén a porción dun produto. Ademais, para que saibas á primeira vista o que comes está identificado con cores.

MENOS AZUCREEliminamos máis de28 toneladas de azucres dos nosos produtos.

MENOS SALSuprimimos máis de 17 toneladas de sal dos produtos da marca EROSKI.

MENOS GRAXASAínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña a enerxía que precisa, estas non deben superar, dentro da alimentación cotiá, máis dun 35 %. Por iso eliminamos máis de 211 toneladas de graxa das nosas marcas.

SEN GRAXAS TRANSAs graxas vexetais parcialmente hidroxenadas, que achegan graxas trans, son nocivas porque soben o colesterol malo. Por iso suprimimos estas graxas das nosas marcas.

A túa saúde para nós é o primeiro

Todos os nosos produtosde alimentación inclúen osemáforo nutricional EROSKIpara que poidas seguir unhaalimentación saudable.

pola túa saúde

026-030 POR TU SALUD GAL.indd 30 29/12/15 14:32

Page 31: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROKI HOBEA.ai 1 28/12/15 11:09

Page 32: Eroski gallego enero

o escaparate

Iogures e sobremesas EROSKI con leite do Pireneo

Pracer a culleradas32

032-034 ESCAPARATE GAL.indd 32 29/12/15 14:32

Page 33: Eroski gallego enero

o escaparate

33

Recoñecerás os novos iogures e sobremesas de EROSKI polo seu

vasiño de cristal e amaralos polo seu sabor e cremosidade. Tes onde

elixir: iogur de mazá, de amorodo, de amora e arandos, toffee, café

ou trufa (todos eles elaborados con leite do Pireneo) ou os iogures

de SeleQtia de ovella e de cabra. Avisamos: enganchan!

Poucos alimentos poden presumir de ser incondicionais nos nosos

fogares. Colocados na primeira balda da neveira, a carón dos ovos, na parte da dereita, na esquerda ou abaixo de todo. Aínda que a presenza do iogur se fai notar máis nas casas onde hai nenos, forma parte da sobremesa e da merenda

de moitas familias. A gama de iogures EROSKI é ampla e diversa: case hai un para cada gusto e preferencia.

ELABORADOS CON LEITEDE VACA DO PIRENEOOs iogures e sobremesas lácteas EROSKI máis novidosas están elaborados con leite que procede unicamente do Pireneo,

xa que se recolle na área desta cordilleira. E é un produto vivo, acorde coa alimentación e estación do ano na que se moxen as vacas. Por iso, podemos dicir que o leite do que proceden non se estandariza. Ofrecémoslle así ao consumidor uns iogures naturais e artesáns. E por iso, o seu sabor é exquisito: saben a leite, tal cal foi recollido.

TRUFAO que o fai distinto: esta delicia de trufa contén auténtico cacao. A coidada selección dos seus ingredientes é a responsable do sabor e da cremosidade que esta sobremesa deixa na boca.

CAFÉ Amais do leite do Pireneo, esta sobremesa inclúe auténtico aroma de café. Unha combinación de ingredientes que a distingue doutras.

TOFFEESe a orixe do leite é importante, non o é menos o resto dos ingredientes. Nunha sobremesa láctea de toffee non podía faltar un caramelo que estivese á altura.

as vantaxes de ser socio

032-034 ESCAPARATE GAL.indd 33 29/12/15 14:32

Page 34: Eroski gallego enero

34

o escaparate

IOGUR NATURAL DE CABRA • É un iogur cunha textura cremosa e cun sabor singular, con matices moi distintos aos que proporciona o leite de vaca ou de ovella.

• O leite de cabra ten uns niveis de colesterol entre un 30 e un 40% máis baixos. Ten tamén maiores niveis de calcio e de vitamina D.

• O seu nivel proteico é máis alto: un vaso de leite de cabra proporciona o 17% do valor diario recomendado de proteínas. E é, ademais, boa fonte de potasio.

• O leite de cabra posúe altas calidades como neutralizante da acidez, polo que é moi utilizado para persoas con úlceras e problemas dixestivos.

IOGUR NATURAL DE OVELLA SELEQTIA• O leite de ovella navarra co que está elaborado recíbese nun máximo de 48 horas dende a súa muxidura e elabórase ao día seguinte da recepción. Ademais, non se estandariza; así como se moxe, emprégase, polo que varía o seu contido de graxa e proteína ao longo do ano.

• O leite de ovella ten case o dobre de proteínas. Por iso, está especialmente indicado para persoas con déficit proteico, como nenos, anciáns e enfermos. Tamén ten maior contido en calcio e fósforo.

• É máis dixestivo: os glóbulos de graxa do leite de ovella son máis pequenos e, por iso, adóitase dixerir mellor.

Lembra: a túa opinión vale... e moitoGústanos estar ao teu carón e

encántanos escoitarte. Por iso,

convidámoste a nos dares a túa

opinión e a valorares os nosos

lanzamentos e novidades

Quen dixo que unicamente se podían comer iogures elaborados con leite de vaca?EROSKI SeleQtia deseñou dous novos iogures de ovella e de cabra pensados para os padais máis inquedos.

AMORA E ARANDOS, AMORODO E MAZÁCando abras unha das novas variedades en vasiño de cristal, atoparás primeiro un iogur cremoso, con textura firme e gran sabor. E, como broche final, unha capa de rica froita, de primeira calidade, con orixe nacional.

IOGURES SELEQTIA: DE OVELLA E DE CABRA

032-034 ESCAPARATE GAL.indd 34 30/12/15 11:05

Page 35: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI SANIA GALICIA.ai 1 28/12/15 11:46

Page 36: Eroski gallego enero

de aquí e de acolá

36

Plátano de Canarias IXP Eroski NATUR

O ouro canario

036-038 DE AQUI Y ALLI PLATANOS GAL.indd 36 29/12/15 14:33

Page 37: Eroski gallego enero

Tómao cando queiras e como queiras: no recreo,

despois de facer exercicio, como merenda, de

sobremesa, fresco, frito, nun batido, nunha torta… Pero

que sempre sexa plátano de Canarias IXP Eroski NATUR!

Bo de pelar e de comer. Doce, con múltiples propiedades nutritivas e de procedencia

case paradisíaca. A froita perfecta e máis apreciada no noso país teno todo. Ata conta con Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Grazas a este selo, o plátano de Canarias é o único do mundo con este recoñecemento europeo, o que o converte nun produto inimitable.

Hai algo máis que se lle poida pedir a esta froita? Pois si. Por iso, desde este ano, poderás atopar o plátano de Canarias IXP nas nosas tendas e mercalo ao peso. Estará baixo o paraugas da nosa marca propia de frescos de calidade superior, Eroski NATUR.

A SÚA CARTA DE PRESENTACIÓNFíxate ben en como distinguir o plátano de Canarias IXP Eroski NATUR do resto. É ben fácil. É único!

Pintiñas. Se non as ten, non é un auténtico plátano de Canarias. A súa pel caracterízase por presentar pintiñas escuras, por mor da grande actividade dos enzimas polifenoloxidasa e peroxidasa que catalizan reaccións de oxidación relacionadas coa cor parda que adquire.

Selo IXP. O plátano de Canarias loce desde hai dous anos a Indicación Xeográfica Protexida outorgada pola Unión Europea. Esta distinción sitúa o plátano canario a un nivel superiorde recoñecemento e protección e posiciónao como un produto único

de calidade, garantindo a súa singularidade e orixe.

Plátano de Canarias. A bondade do clima das illas Canarias (temperaturas suaves, precipitacións pouco abundantes e a combinación do clima subtropical e dos ventos alisios) permite o crecemento deste plátano. As explotacións plataneiras onde se cultiva son de pequeno tamaño (a maioría non chegan a unha hectárea), pero danlles traballo a 8.500 agricultores que se encargan da produción artesanal desta froita tropical.

Eroski NATUR. Todas as nosas referencias Eroski NATUR sométense a unha valoración físico química e organoléptica realizada polo noso equipo de calidade. Se o resultado da cata non se axusta aos parámetros definidos na ficha técnica, o produto non se dá de alta. Con este proceso de control garantimos o sabor e mais a calidade de cada un dos nosos produtos. Nesta ocasión, o plátano de Canarias foi coidadosamente seleccionado baixo estes estándares tan altos de esixencia e calidade para formar parte da nosa gran familia. É o plátano de Canarias IXP Eroski NATUR.

Textura. Por fóra non hai dúbidas. E por dentro? Ao pelar un plátano de Canarias, a textura levemente resistente á mordida, suave e tersa á vez, é tenra, compacta pero branda. Non si?

37

de aquí e de acolá

as vantaxes de ser socio

036-038 DE AQUI Y ALLI PLATANOS GAL.indd 37 29/12/15 14:33

Page 38: Eroski gallego enero

38

de aquí e de acolá

Apostamos polo produto local

O plátano de Canarias con IXP é o único que acadou este recoñecemento europeo

O plátano de Canarias IXP Eroski NATUR en boca é sublime. Ten un

sabor doce intenso, como resultado do seu alto contido en azucres e do seu baixo contido de amidón.

Posúe un forte aroma denominado impacto plátano.

E ten a súa razón científica: é consecuencia da súa riqueza en acetato de isoamilo e do hexylbutanoato.

Polas súas propiedades nutritivas, o seu consumo é moi

recomendable para todos: nenos,

mozos, adultos, deportistas, mulleres embarazadas ou nais lactantes e persoas maiores.

O plátano de Canarias destaca pola súa achega de vitamina C,

que favorece o desenvolvemento dos ósos e da pel.

É moi rico en potasio, o que o converte nunha froita ideal para a

actividade física.

Como fonte natural de fibra que é, o plátano de Canarias

IXP Eroski NATUR resulta un alimento

moi apropiado para a regulación do nivel de colesterol no sangue e para a prevención e o tratamento do estrinximento e mais da diarrea. De feito, é unha froita boa de dixerir sempre que estea madura.

Contén cantidades importantes de vitamina B6, que contribúen

ao correcto funcionamento do sistema inmunitario.

As propiedades antioxidantes do plátano de Canarias IXP Eroski

NATUR débense ao seu elevado contido en manganeso.

1

2

3

4

5

6

7

8

Dálle unha boa mordedela, porque …

036-038 DE AQUI Y ALLI PLATANOS GAL.indd 38 29/12/15 14:33

Page 39: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI FACCILE GALLEGO.ai 1 23/12/15 12:23

Page 40: Eroski gallego enero

40

enerxía para medrarenergía para crecer

Ocorpo humano está en continuo cambio para se adaptar ás diferentes

necesidades de cada etapa da vida. E en todas elas, a dieta é clave. Unha axeitada selección dos alimentos -en especial, nos primeiros anos de vida- é crucial para asegurar o crecemento e a saúde. Por iso, é fundamental unha dieta rica en:

Calcio, fósforo, magnesio e ferro. O calcio atópase no leite e nos

seus derivados, nos legumes, no peixe e nos froitos secos. O fósforo atópase nestes mesmos alimentos e na carne. O ferro está presente en verduras de folla verde, legumes, carne e cereais integrais.

Proteínas. Alimentos como a carne de polo, os lácteos (queixo, leite ou iogur) e o ovo son de vital importancia. A súa principal función é a formación de tecido novo. Ademais, ao seren ricos

en aminoácidos, ocúpanse de estimular a hormona do crecemento, sobre todo nos máis pequenos.

Hidratos de carbono.Proporciónanlle enerxía ao corpo. Aconséllanse os hidratos de carbono de absorción lenta e os azucres complexos, presentes en cereais integrais, legumes, verduras... Tamén a froita, que proporciona azucres rápidos, é dicir, enerxía instantánea.

Receitas coas que dar o estirónOs alimentos ricos en proteínas, carbohidratos, vitaminas e minerais axudan a medrar.

A túa saúde para nós é o primeiro

73.819 nenos participaron no Programa Educativo da Escola de Alimentación da Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es

040-042 ENERGIA PARA GAL.indd 40 29/12/15 14:34

Page 41: Eroski gallego enero

enerxía para medrar

41

1,10€por

persoa

PEITUGA DE PAVOE VERDURAS

INGREDIENTES

• 400 g de peituga

de pavo fresca

• 100 g de porros

• 50 g de vaíñas

• 50 g de cenorias

• 30 ml de aceite de

oliva

• 30 g de lascas de

queixo para fundir

• 100 g de crema

de queixo

camembert

• Pemento asado

para decorar

• Sal

COMO SE ELABORA

● Cortamos en tiras as vaíñas, os porros e

as cenorias e salteámolas nunha tixola cun

pouco de aceite de oliva e sal. Unha vez

cociñada a verdura, escorremos o aceite e

reservámola nun lugar morno.

● Fileteamos as peitugas de pavo.

Enchémolas coas verduras e as lascas de

queixo, enrolamos e atamos. Salgamos e

untamos os roliños con aceite de oliva para

despois saltealos na mesma tixola na que

cociñamos as verduras ata que se douren

lixeiramente.

● Poñemos os roliños nunha bandexa de

forno e asámolos a 200 ºC durante 15 minutos

ou ata que se cociñe o interior das peitugas.

media4 20-30’

● Presentamos as peitugas acompañadas

da salsa de crema de queixo lixeiramente

morna e adornámolas cuns cachiños de

pemento asado.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

CALORÍAS

13%

25721%

14,4gGRAXA

13%

0,8gSAL

4%

3,4gAZUCRES

31%

6,1g

GRAXASATURADA

enerxía para medrar

as vantaxes de ser socio

040-042 ENERGIA PARA GAL.indd 41 29/12/15 14:34

Page 42: Eroski gallego enero

42

enerxía para medrar

0,20 €por

persoa

HAMBURGUESA DE ARROZ E GARAVANZOS CON SALSA DE TOMATE

INGREDIENTES

• 100 g de arroz

cocido

• 50 g de

garavanzos

cocidos

• 75 g de cebola

• 2 dentes de allo

• 1 pemento verde

• 100 g de tomate

• 60 ml de aceite de

oliva

• Perexil

• 10 g de fariña

(pódese usar fariña

de millo en caso

de intolerancia ao

glute)

• Sal

COMO SE ELABORA

● Trituramos -no robot de cociña ou co

batedor- a cebola, o pemento verde,

os dentes de allo, o perexil, o arroz e

os garavanzos. Poñemos ao punto de

4 fácil 10-15’

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

CALORÍAS

8%

1702%

1,3gGRAXA

7%

0,4gSAL

3%

2,5gAZUCRES

1%

0,1g

GRAXASATURADA

sal a masa resultante e facemos unhas

hamburguesas pequenas.

● Pasámolas por fariña e fritímolas nunha

tixola cun pouco de aceite de oliva.

● Servimos as hamburguesas

acompañadas cun pouco de salsa de

tomate quente.

enerxía para medrar

040-042 ENERGIA PARA GAL.indd 42 29/12/15 14:34

Page 43: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI YOGURES GALLEGO.ai 1 22/12/15 13:21

Page 44: Eroski gallego enero

44

beleza

P arácheste a pensar se ese xampú que utilizas decote é o mellor para o teu cabelo?

Moitas veces deixámonos levar pola inercia e utilizamos sempre o mesmo.

Noutras ocasións, gáñanos a batalla a preguiza para comezarmos a busca dun produto capilar que tire o mellor do noso pelo.

O resultado final: un coidado que

non é óptimo. Para te axudarmos na túa elección, presentámosche deseguido as novidades máis salientables na gama capilar de belle. Toma nota.

Especial cabelo

E eu con estes pelos! Bota a andar un novo ano. Por que non te propós coidarte e mimarte algo máis? Suxerísmosche

comezar por elixires o mellor tratamento para o teu pelo. belle, a marca de perfumería e de

produtos de beleza e benestar para muller e home de venda exclusiva en EROSKI, ofréceche

unha completa gama de solucións específicas para coidares o teu cabelo.

belle,a túa beleza, o teu benestar sen Parabenos

SEN parabenos

Dende o 2013, estamos a eliminar os parabenos dos nosos produtos cosméticos.

Visita a nosa web para coñeceres

todos os nosos produtos capilaresbelle. Hai moitos

máis en: www.belle.eroski.es

044-048 BELLEZA GAL.indd 44 30/12/15 11:06

Page 45: Eroski gallego enero

45

Cabelo seco e sen vida

Unha solución para cada problema

En belle temos a solución ideal para o teu pelo. Dous produtos que nutren e proporcionan un brillo sublime:

XAMPÚ E MASCARILLA OURO MÁXICO BELLE• Combinan tres ingredientes activos

extraordinarios para o coidado do cabelo: aceite de argán, que rexenera e axuda á reestruturación do pelo; aceite de xoxoba, que hidrata e fortalece, e queratina, con propiedades acondicionadoras, suavizantes e reparadoras.

• Transforman os cabelos secos e apagados enchéndoos de vitalidade e hidratación.

• Textura lixeira: non esmaga nin engraxa o cabelo.

• Dermatoloxicamente testado. Sen parabenos.

ACEITE CAPILAR OURO MÁXICO BELLEPara acadares un resultado extraordinario, podes completar o ritual do xampú e a máscara con este aceite capilar.• A súa fórmula combina os aceites

máis prezados, seguindo os milenarios rituais de beleza de Oriente.

• Con aceite de argán, con propiedades hidratantes e vitamina E.

• Con aceite de xoxoba, que che proporcionará un brillo insuperable.

• Con aceite de cyperus, que proporcionará a suavidade e sedosidade que o teu cabelo precisa.

• Con filtro solar.

Como o aplico?Debes situar o spray a uns centímetros de distancia e aplicar o produto desde a metade do cabelo –húmido ou en seco– cara ás puntas. Insistir nas zonas máis secas ou danadas. Non é preciso aclarar. O seu delicado perfume permanece no pelo durante todo o día.

beleza

as vantaxes de ser socio

044-048 BELLEZA GAL.indd 45 30/12/15 11:07

Page 46: Eroski gallego enero

46

beleza

46

beleza

Pelo rizadoou grosoTíralles o máximo partido aos teus rizos proporcionando definición e soltura! Proba este ritual para acadares uns rizos perfectos:

XAMPÚ• Con complexo vitamínico B e

queratina, que actúan sobre a fibra capilar, protexendo os teus rizos e evitando o seu encrespamento.

• Proporciona hidratación e definición.

ACONDICIONADOR INSTANTÁNEO• Coidado exprés sen aclarado que

axuda a desenredar. Proporciona definición e soltura.

• Con vitamina B e proteína de seda: fortalece o cabelo e reestrutura a fibra capilar proporcionando brillo.

MASCARILLA• Tratamento intensivo que hidrata e

desenreda. Dálle definición e soltura ao teu cabelo.

• Con complexo vitamínico B e queratina, que coida os teus rizos e evita o encrespamento.

Cabelo finoe sen volumeSe o teu problema é o pelo fino, descubre a nosa gama para darlle corpo:

XAMPÚ• Con Styleze®: ingrediente

voluminizador.• Con proteína de trigo: reestrutura e

dálle corpo á fibra capilar.• Proporciona volume e corpo.

ACONDICIONADOR INSTANTÁNEO• Coidado exprés sen aclarado.

Suaviza e desenreda.• D- Pantenol®, que proporciona

brillo e manexabilidade.• Con proteína de trigo: reestrutura e

dálle corpo á fibra capilar.

Pelo débile crebradizoDe ser o teu caso, en belle temos para ti unha gama fortificante composta por xampú, acondicionador en crema e máscara. • Con arxinina e extracto de gingsen,

ambos os dous con propiedades fortificantes e elastizantes.

• Este tratamento aumenta a resistencia do cabelo fronte ás agresións do día a día.

• Tratamento intensivo que facilita o desenredado e protexe o cabelo.

044-048 BELLEZA GAL.indd 46 29/12/15 14:56

Page 47: Eroski gallego enero

Cabelo coloreadoSe coloreas o teu pelo e buscas un ton intenso e duradeiro desde o primeiro día, a nosa gama cor radiante é perfecta para ti. Está composta por xampú, que protexe e axuda a manter a cor; acondicionador en crema, para facilitar o desenredado e protexer o cabelo, e máscara, un tratamento intensivo que axuda a desenredar o pelo.

Todos estes produtos teñen filtro UV para protexer a fibra capilar das agresións externas. Tamén, extracto de baias de Goji que, polas súas propiedades antioxidantes, axuda a manter a cor. Ademais, a gama conta con tratamento prolongador.

• Con filtro UV e extracto natural de xirasol: protexe e repara o cabelo tinguido evitando a perda de coloración por oxidación.

• Estes activos alongan a coloración, conservando o brillo e a tonalidade como o primeiro día.

Adeusá caspaEsquécete da caspa e dos seus molestos proídos. Se a sofres, próbaos:

XAMPÚ CASPA GRAXA: entre os seus ingredientes destaca o mentol, que refresca e purifica o coiro cabeludo, e o zinc pyrithione, con propiedades bactericidas e funxicidas fronte á caspa.

XAMPÚ CASPA SECA: con factores de hidratación para suavizar e hidratar o coiro cabeludo. Tamén contén zinc pyrithione, para eliminar posibles bacterias e fungos.

beleza

044-048 BELLEZA GAL.indd 47 29/12/15 14:57

Page 48: Eroski gallego enero

48

beleza

Turbante microfibra belle: o complemento ideal

O seu tecido extra suave e 100% de microfibra é un 30% máis absorbente ca unha toalla de algodón. Ten unha forma anatómica e o seu botón de axuste fai que o turbante se adapte perfectamente á túa cabeza e non se mova, conseguindo que o secado do pelo sexa moito más rápido, cómodo e doado.

O turbante seca pelo adáptase a ti sen importar o longo que teñas o pelo. Non encolle cos lavados e é moito máis lixeiro ca unha toalla convencional.

Un consello! Se o que queres é obter uns rizos ben definidos, pon os rolos ou rizadores no cabelo húmido e axusta o turbante á túa cabeza mentres seca. Deste xeito, acadarás uns rizos que permanecerán por máis tempo.

Pelo graxo“Non me dura nada limpo”. “É coma se non o lavase”. Se pronuncias a miúdo frases deste tipo, belle deseñou para ti unha gama purificante que manterá o teu cabelo fresco e limpo durante máis tempo. Compóñena un xampú e un acondicionador instantáneo. Non teñen siliconas e inclúen extracto de romeu, con propiedades astrinxentes.

XAMPÚ• Con provitamina B5, que mellora

o brillo e mais a aparencia do cabelo.

• Limpa o pelo e déixao lixeiro e solto por máis tempo.

ACONDICIONADOR INSTANTÁNEO• Coidado exprés sen aclarado que

axuda a desenredar. Mantén o cabelo solto e lixeiro.

• Contén extracto de moringa, que actúa sobre o exceso de graxa e que a regula.

044-048 BELLEZA GAL.indd 48 30/12/15 11:08

Page 49: Eroski gallego enero

PUBLI SANNIA.indd 27 23/12/15 10:59

Page 50: Eroski gallego enero

52

Estudo ENPE

E n España cada vez hai máis persoas obesas. Nos últimos 15 anos a taxa de obesidade

aumentou un 4% entre os adultos. Pero as cifras son aínda máis preocupantes no caso de nenos e mozos, xa que neste sector da poboación o número de casos incrementouse un 9%. Asturias, Aragón e Andalucía teñen as taxas máis elevadas, mentres que en Baleares, no País Vasco e en Cantabria a prevalencia é menor. Ademais, esta realidade é superior nos homes ca nas mulleres ata os 65 anos, pero a partir desa idade invértese a tendencia.

Estes son algúns datos do Estudo de Avaliación de Hábitos Alimenticios e Estado Nutricional da Poboación Española (ENPE), impulsado pola Escola de Alimentación da Fundación EROSKI. Nel participaron 6.800 persoas de todas as

A taxa de obesidade infantil medra, e moito

O estudo ENPE, impulsado pola Escola de Alimentación de EROSKI, é o estudo científico máis completo sobre hábitos alimentarios que se leva realizado a día de hoxe en España

OObservatorio para a Igualdade de EROSKI cumpriu xa dez anos.

Creouse no 2005 co obxectivo de velar para que o principio de igualdade estea presente en toda a organización e situou a cooperativa como empresa de referencia.

Hoxe en día, o 78% do cadro de persoal está formado por mulleres e este principio está presente en todas as nosas políticas,

procesos e niveis de organización para garantir a igualdade de oportunidades. Froito disto, somos a empresa de distribución española con máis mulleres en postos de responsabilidade: un 71%. E é que a igualdade de xénero está presente

A primeira con máis mulleres en postos de responsabilidade

Empresas de distribución en EROSKI desde os nosos estatutos fundacionais como cooperativa.

Ademais, o Observatorio resultou unha ferramenta útil para acadar numerosos avances nesta materia, no tocante ao uso da linguaxe, barreiras físicas e saúde, barreiras sociais

(desenvolvemento profesional e persoal) e axudas á conciliación. Logros que se lembraban recentemente co gallo da nosa adhesión ao Foro para a Igualdade entre Homes e Mulleres de Emakunde (Instituto Vasco da Muller).

comunidades autónomas, polo que se trata do informe científico máis completo sobre hábitos alimentarios que se realizou ata o de agora en España.

Segundo o ENPE, entre os factores determinantes do aumento da obesidade atópase o baixo consumo de froitas, verduras e hortalizas. Por iso, os responsables do estudo aconsellan incluír no eido escolar e mais no laboral e comunitario programas de educación nutricional como os que se levan a cabo desde a Escola de Alimentación da Fundación EROSKI.

052-053 NOTICIAS GAL.indd 52 29/12/15 15:00

Page 51: Eroski gallego enero

53as vantaxes de ser socio

Ser chef en activo de calquera restaurante de España e ter na carta receitas nas que se lle

proporcionase unha nova dimensión gastronómica a produtos locais de marcada tradición na súa rexión eran os dous requisitos que pedía cumprir o certame Cociñando os Nosos Sabores,

unha proposta do Basque Culinary Center e EROSKI.

De entre todos os pratos presentados a esta cuarta edición, o Ajoarriero, de Luis Salcedo –do restaurante Remigio, de Tudela (Navarra)– alzouse co primeiro premio (6.000 euros). O Espencat y capellán, de Federico

Guajardo –do restaurante do hotel Los Ángeles, de Denia (Alacante)–, e a Cebolla roja de Zalla rellena de txangurro, carrillera de rape y jugo de pimiento de Apurtarte, de Pablo Valdearcos, –do restaurante do hotel Olajauregi, de Durango (Biscaia)–, obtiveron premios de 3.000 e 1.000 €, respectivamente.

Fóra de concurso, o Premio Extraordinario BCC-EROSKI entregóuselle a Aitor Elizegi, do restaurante Bascook, de Bilbao. Foi galardoado pola súa traxectoria, pola súa contribución á gastronomía vasca e polo protagonismo que sempre tiveron os produtos biscaíños nas súas creacións.

A nosa cociña sabe a allo arrieiro navarro

‘Cociñando os nosos sabores’

Queda pouco tempo para participar na segunda edición do concurso Relatos

do Bo Camiño, organizado por EROSKI CONSUMER. Se fixeches o Camiño de Santiago, queres compartir a túa experiencia por escrito e levar un premio, bule! O vindeiro 11 de xaneiro péchase o prazo de presentación dos textos, nos que os peregrinos poden contar as súas vivencias persoais en calquera das rutas xacobeas.

Un comité experto valorará a calidade narrativa e mais as lembranzas que mellor expresen e definan as características propias do Camiño do Apóstolo: a propia viaxe e a viaxe interior, o esforzo, a solidariedade, o compañeirismo, o encontro coa arte, a cultura, a natureza e as xentes, etc.

O 21 de xaneiro, ese xurado comunicará os nomes dos dez finalistas e, desde o día seguinte e ata o 31 de xaneiro, os internautas poderán votar as tres mellores narracións. Os tres relatos gañadores coñeceranse o vindeiro 1 de febreiro e recibirán como premio o xogo de mesa Camiño de Camiños. Máis información en:http://caminodesantiago.consumer.es/concurso-relatos/

Concurso xacobeo ‘Relatos do Bo Camiño’

Ata o 11 de xaneiro

Un súper EROSKI, premio CIDADÁNS 2015

Xestionadopor persoascon discapacidade

Leva en funcionamento só tres meses e xa ten un premio. En outubro

abrimos en Azpeitia (Guipúscoa) o primeiro supermercado de España xestionado integramente por persoas con discapacidade. Polo seu carácter innovador, a iniciativa, posta en marcha conxuntamente por EROSKI e Gureak, foi galardoada co Premio CIDADÁNS 2015, que outorga a Asociación Premios CIDADÁNS.

O xurado desta entidade sen ánimo de lucro, composto por intelectuais e colectivos cidadáns, louvou que este proxecto permita a inclusión laboral de persoas con discapacidade e impulse, por mor do contacto directo co público, a visualización da diversidade das súas capacidades como catalizador para futuras aperturas.

052-053 NOTICIAS GAL.indd 53 29/12/15 15:00

Page 52: Eroski gallego enero

o vindeiro mes...febreiro’16

De aquí e de acolá:Cremas balsámicasde Módena EROSKI: con todo o sabor de Italia

Protagonistas:Cóidate coas nosas novas sobremesas 0,0

Beleza: Coñece todas as novidades dos xeles belle

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

17%

33126%

18gGRAXA

13%

1gSAL

5%

4,4gAZUCRES

34%

7g

GRAXA SATURADA

O semáforo nutricionalQue é?

O semáforo achéganos información nutricional sinxela e facilmente comprensible sobre as receitas que podes atopar nesta revista. A preocupación por che ofrecer unha alimentación sa e equilibrada levounos a incluír esta información orientativa, que te pode axudar a construír unha dieta máis saudable.

Sobre que informa o semáforo nutricional?

RACIÓN. Enténdese por ración a porción de alimento que inxerimos habitualmente cada vez que o comemos.

ACHEGA DE NUTRIENTES. Infórmase sobre a cantidade de calorías e nutrientes que achega cada ración de alimento inxerido.

CANTIDADE DIARIA ORIENTATIVA (CDO). A comunidade científica recomenda unha cantidade diaria de calorías e de nutrientes (a CDO) que cómpre inxerirmos para mantermos unha dieta sa.

Como se calculan estas porcentaxes? Están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2.000 kcal (agás nos produtos para nenos, calculados para as súas necesidades). Ademais, as necesidades individuais poden variar en función do sexo, da idade, da actividade física ou doutros factores.

QUE SIGNIFICAN AS CORES? A achega nutricional dunha receita depende dos ingredientes elixidos, da cantidade de cada un deles que empreguemos ao preparala, do xeito

no que se cociñan (non é o mesmo fritir, asar, cocer...) e do tamaño da ración que inxerimos.

As cores do semáforo nutricional que verás en cada receita facilitan a comprensión da información nutricional dunha ración. Dunha soa ollada poderás saber a importancia que unha ración ten en relación coa Inxestión de Referencia.

Así, para as calorías e os nutrientes de cada receita...

...unha ración supón unha achega importante das necesidades diarias

...unha ración supón unha achega algo menor, aínda que segue a ser significativa

...unha ración da receita supón unha menor achega sobre a Inxestión de Referencia.

O valor concreto para cada nutriente nunha ración de cada receita vén expresado en valor absoluto e en porcentaxe sobre a Inxestión de Referencia.

054 PROXIMO MES GAL.indd 54 29/12/15 15:01

Page 53: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI BIO OIL.ai 1 28/12/15 10:59

Page 54: Eroski gallego enero

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI BONNATUR ARGAL.ai 1 28/12/15 11:05