EPIDAT 3 - sergas.es Xeral.pdf · EPIDAT 3.1 ANÁLISE EPIDEMIOLÓXICA DE DATOS TABULADOS Programa...

20
EPIDAT 3.1 ANÁLISE EPIDEMIOLÓXICA DE DATOS TABULADOS Programa desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) en colaboración coa Unidad de Análisis de Salud y Sistemas de Información Sanitaria da Organización Panamericana de la Salud (OPS-OMS), a través da carta de entendemento existente entre a Consellería de Sanidade e a OPS-OMS. Edificio administrativo San Lázaro, s/n 15703, Santiago de Compostela A Coruña, España Unidad de Análisis de Salud y Sistemas de Información Sanitaria 525 23rd Street, N. W. Washington D.C. 20037-3674 E.U.A. 2006

Transcript of EPIDAT 3 - sergas.es Xeral.pdf · EPIDAT 3.1 ANÁLISE EPIDEMIOLÓXICA DE DATOS TABULADOS Programa...

EPIDAT 3.1ANÁLISE EPIDEMIOLÓXICA

DE DATOS TABULADOS

Programa desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da

Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade

(Xunta de Galicia) en colaboración coa Unidad de Análisis de

Salud y Sistemas de Información Sanitaria da Organización

Panamericana de la Salud (OPS-OMS), a través da carta de

entendemento existente entre a Consellería de Sanidade e a

OPS-OMS.

Edificio administrativo San Lázaro, s/n15703, Santiago de Compostela

A Coruña, España

Unidad de Análisis de Salud y Sistemas de Información Sanitaria525 23rd Street, N. W.

Washington D.C. 20037-3674E.U.A.

2006

ÍNDICE

AUTORES............................................................................................................................................... 3

PROGRAMADORES.............................................................................................................................3

DIRECCIÓNS DE CONTACTO.......................................................................................................... 4

DISTRIBUCIÓN..................................................................................................................................... 4

TRADUTORES....................................................................................................................................... 5

AGRADECEMENTOS.......................................................................................................................... 6

Outros colaboradores na versión 3.0.......................................................................................7PRESENTACIÓN DA VERSIÓN 3.0.................................................................................................. 8

INTRODUCIÓN.................................................................................................................................... 9

Obxectivos.............................................................................................................................. 9Novidades da versión 3.0........................................................................................................ 9Novidades da versión 3.1...................................................................................................... 10Contido do programa............................................................................................................ 11

INSTALACIÓN....................................................................................................................................13

Configuración mínima.......................................................................................................... 13Configuración recomendada................................................................................................. 13Proceso de instalación...........................................................................................................13Ferramentas adicionais..........................................................................................................13Axuda en formato pdf........................................................................................................... 14

CONTORNO XERAL DA APLICACIÓN........................................................................................15

Barra de ferramentas............................................................................................................. 15Barra de menús......................................................................................................................16Fiestra de resultados..............................................................................................................17Manexo xeral dos módulos................................................................................................... 18Advertencias xerais............................................................................................................... 19

AUTORES

Dirección Xeral de Saúde Pública, Xunta de Galicia (España)

Xurxo Hervada Vidal

Mª Isolina Santiago Pérez

Enrique Vázquez Fernández

Organización Panamericana de la Salud

Carlos Castillo Salgado

Enrique Loyola Elizondo

Instituto Superior de Ciencias Médicas de La Habana (Cuba)

Luis Carlos Silva Ayçaguer

PROGRAMADORES

Dirección Xeral de Saúde Pública, Xunta de Galicia (España)

Alberto Barros Comesaña (Balidea Consulting &Programming)

Jesús Fernández Cerqueiro (Balidea Consulting &Programming)

Instituto Nacional de Higiene y Epidemiología (Cuba)

Ramón Suárez Medina

As opinións expresadas polos autores son da súa exclusiva responsabilidade e non reflicten necesariamente os criterios nin a política da Xunta de Galicia nin da Organización Panamericana de la Salud e os gobernos membros.

3

DIRECCIÓNS DE CONTACTO

En España:

Servizo de Epidemioloxía

Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio administrativo San Lázaro, s/n

15703, Santiago de Compostela

A Coruña, Galiza, España

Tf: 981-54 29 40 / 981-54 67 59

Fax: 981-54 29 70

e-mail: [email protected]

En América:

Unidad de Análisis de Salud y Sistemas de Información Sanitaria

Área de Prevención y Control de Enfermedades

525 23rd Street, N.W.

Washington, D.C. 20037-3674

E.U.A.

Tf: 202-974 3508

Fax: 202-974 3674

e-mail: [email protected]

DISTRIBUCIÓN

Epidat 3.1 distribúese a través da páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública:

http://dxsp.sergas.es

4

TRADUTORES

Galego

Ánxela Pousa Ortega. Dirección Xeral de Saúde Pública, Xunta de Galicia (España)

Portugués

Liz Maria de Almeida. INCA, Ministerio da Saúde (Brasil).

Mirian Carvalho de Souza. Divisão de Epidemiologia, Instituto Nacional de Câncer, Ministério

da Saúde (Brasil).

Inglés

Rosa Jiménez Paneque. Hospital “Hermanos Ameijeiras” de Ciudad de la Habana (Cuba).

5

AGRADECEMENTOSOs autores agradecen ao Instituto Superior de Ciencias Médicas da Habana a colaboración prestada ao facilitar a incorporación de varios dos seus profesores ao proxecto.

Agradécenlles, asemade, aos seguintes colegas a súa participación decisiva na documentación do programa, na elaboración da axuda e na revisión de versións beta do programa:

Documentación do módulo de vixilancia en saúde pública:

Elisa Molanes López (Dirección Xeral de Saúde Pública, Xunta de Galicia, España)

Elaboración da axuda:

Luisa Abraira García (Dirección Xeral de Saúde Pública, Xunta de Galicia, España) Ferrán Martínez Navarro (Centro Nacional de Epidemiología, España) Marcelo Bortman Baracco (Oficina Regional para América Latina y el Caribe, Banco

Mundial) Carmen Mª Cadarso Suárez (Universidade de Santiago de Compostela, España) Rosa Jiménez Paneque (Hospital “Hermanos Ameijeiras” de Ciudad de La Habana,

Cuba) Mª Esther López Vizcaíno (Instituto Galego de Estatística, Xunta de Galicia, España) Alberto Malvar Pintos (Dirección Xeral de Saúde Pública, Xunta de Galicia, España) Percy Minaya León (Instituto Nacional de Salud, Ministerio de Salud del Perú) Óscar Mújica Lengua (Organización Panamericana de la Salud) Xosé Luis Otero Cepeda (Universidade de Santiago de Compostela, España) Adela Páez Jiménez (Centro Nacional de Epidemiología, España) Lorenzo Herrera León (Centro de Estudios Demográficos, La Habana). Versión 3.1

Revisión do programa:

Alina Benavides Rodríguez (Dirección Provincial de Salud de Villa Clara, Cuba) Jaime Nicolás Bernardos Rodríguez (Departamento de Epidemiología de La Pampa,

Argentina) Marcelo Bortman Baracco (Oficina Regional para América Latina y el Caribe, Banco

Mundial) Alicia Lawrynowicz (Instituto Nacional de Epidemiología de Mar del Plata,

Argentina) Javier Muñiz García (Instituto Universitario de Ciencias da Saúde, Universidade de A

Coruña, España) Salvador Pita Fernández (Unidade de Investigación Clínica do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo, España) Javier Scrig Sos (Hospital General de Castellón, España) Aurelio Tobías Garcés (Centro Nacional de Epidemiología, España) Manuel Enrique Vidaurre Arenas (Organización Panamericana de la Salud) Mónica López Ratón (Dirección Xeral de Saúde Pública, Xunta de Galicia, España).

Versión 3.1

6

Outros colaboradores na versión 3.0

Revisión da axuda ao programa:

Lorenzo Herrera León (Centro de Estudios Demográficos, La Habana) Virginia Ranero Aparicio (Dirección Provincial de Salud de Ciego de Ávila, Cuba) Antonio Rodríguez Rivera (Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, España) Madelaine Sarria Castro (Instituto Superior de Ciencias Médicas de La Habana)

Edición da axuda:

Humberto Fariñas Seijas (Hospital Pediátrico de Centro Habana, Cuba)

Revisión do programa:

Na semana do 16 ao 20 de setembro de 2002 realizouse un Obradoiro de Introdución ao Manexo de Epidat 3.0 no Instituto Nacional de Epidemiología de Mar del Plata (Arxentina), entre cuxas finalidades estivo a de presentar e valorar colectivamente o programa con vistas ao seu perfeccionamento. Tanto as facilidades dadas polos responsables do Instituto Nacional de Epidemiología, como o entusiasmo e aptitude de participación dos asistentes permitiu darlle o pulo definitivo á finalización do programa.

Os participantes no Obradoiro, algúns dos autores e diversos epidemiólogos arxentinos, foron:

Eduardo Raúl Agoubordes María del Carmen Agüero Graciela Algorry Diana Ania Sergio Javier Arias Jorge Luis Ballejos Jaime Bernardos Antonio Ricardo Bertero Liliana Bogni Ana Mª Briggiler Mauro Carrizo Ana Casabella Carlos Alberto Castellano Ana Mª del Carmen Chalabe Cristina Colino Bernardo Corujo Aurea de Arriba Mirtha Eiman Malco Elder Salomé Espetxe María Isabel Farece Daniel Ferrante Griselda Galeando Diana Gómez Eladia Hechenleitner

Xurxo Hervada Isabel Petrona Mónica Jofre Alicia Lawrynowicz Susana Levalle Carlos López Miguel Marrero Mario Masana Susana Panero Alcides Omar Patiño Pablo Perel Eleonora Poyard María Yvonne Ranaivoarisoa Mª Isolina Santiago Elena Schaumeyer Andrea Silva Luis Carlos Silva Rosa Isabel Solis de Duprat Mª Elena Tenrero Liliana Tulian Clotilde Ubeda Jorge Francisco Ungaro Marta Vacchino Ricardo de Dios del Valle Enrique Vázquez

7

constitúen a base da análise epidemiolóxica e a súa aplicación en contornos técnicos tan diversos como a vixilancia da saúde, a análise de situación, a epidemioloxía clínica, a análise demográfica e o exame de riscos, entre moitos outros.

Procede tamén destacar o exemplo que no plano institucional constitúe este proxecto. Durante máis de 10 anos as nosas organizacións viñeron colaborando a través dun grupo de traballo constituído para o efecto e disperso entre catro países. As novas tecnoloxías de comunicación, así como o empeño e constancia dos técnicos directamente comprometidos co proxecto, fixeron posible que hoxe vexa a luz esta ferramenta que poñemos á disposición de todos os profesionais da saúde, como un modesto aporte ao seu quefacer e, coa esperanza de facer una contribución á saúde da comunidade.

Mirta Roses Periago José María Hernández Cochón

Directora OPS Conselleiro de Sanidade

Xunta de Galicia

8

INTRODUCIÓNEpidat é un programa de libre distribución desenvolvido por institucións públicas e dirixido a epidemiólogos e outros profesionais da saúde para o manexo de datos tabulados.

O proxecto iniciouse en 1991 na Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia como resposta á necesidade de ter unha calculadora para consultas estatísticas e epidemiolóxicas básicas, debido á escaseza e pouca accesibilidade de programas deste tipo. O desenvolvemento do Epidat integrouse no marco dun convenio firmado pola Organización Panamericana de la Salud (OPS) e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia co obxectivo de colaborar en tarefas de investigación na área da saúde. A primeira carta de entendemento, de renovación anual, asinouse en 1993 e en decembro de 1994 saíu a versión 1.0, que era unha calculadora básica en contorno MS DOS. Esta primeira versión de Epidat distribuíuse por pedimento e, en particular, tivo unha forte distribución en Brasil, debido a que se presentou nun congreso da Sociedad Latinoamericana de Epidemiología que se celebrou en Bahía en 1995.

A versión 2.0, xa en contorno Windows, apareceu en 1997 e en 1998 empezou a distribuírse a versión multilingüe 2.1, que permitía seleccionar entre Catalán, Español, Galego, Inglés e Portugués.

No ano 2000 asinouse un convenio plurianual de 4 anos entre a OPS e a Consellería de Sanidade, a cuxo amparo se desenvolveu a versión 3.0. O grupo de traballo de Epidat 3.0 é un equipo multidisciplinario no que participan epidemiólogos, estatísticos e informáticos de Galicia, a OPS e Cuba, que seguiu un protocolo de traballo definido para a selección de probas, algoritmos, programación e axuda.

No ano 2005, despois dun detallado proceso de revisión de Epidat 3.0, xurdiu a versión 3.1 que, ademais das correccións dos erros e deficiencias detectados, inclúe a opción do idioma para elixir entre Español, Galego, Inglés e Portugués.

ObxectivosEpidat 3.0 e Epidat 3.1 operan en ambiente Windows (98SE o superior) e continúan orientándose, fundamentalmente, ao procesamento de datos tabulados. De forma xeral, procuran satisfacer os mesmos obxectivos que as versións anteriores:

Aportar unha ferramenta de manexo sinxelo e de utilidade para a análise de datos tabulados.

Apoiar e facilitar a docencia en epidemioloxía, tanto no ámbito da cooperación técnica como no universitario.

Fortalecer a capacidade analítica dos profesionais de saúde dos países.

Servir como fonte para a formación autodidacta en zonas escollidas da estatística aplicada á epidemioloxía.

Novidades da versión 3.0Na terceira versión do programa Epidat poden destacarse tres características básicas: un cambio substancial no contorno que evolucionou cara os estándares actuais de Windows, a incorporación de técnicas específicas, que non se atopan habitualmente nos programas deste tipo e un enfoque expositivo moito máis explícito nas axudas, concibidas co afán de facilitar

9

a comprensión non só das regras de explotación do programa, senón tamén da esencia conceptual das técnicas contidas nel.

En concreto, as novidades poden resumirse así:

Adóptase o contorno habitual de Microsoft Office, incorporando ao marco de traballo as barras de menús e ferramentas.

O programa dispón de axuda en hipertexto cunha focalización máis didáctica e crítica, incluíndo fundamentos estatísticos e epidemiolóxicos.

Incorpórase unha fiestra xeral de resultados, que se pode editar e gardar en formato rtf.

Incorpórase, en case todos os módulos, a posibilidade de importar os datos de forma automática a partir de arquivos con táboas en formato Dbase, Access o Excel.

Respecto aos aspectos técnicos, incrementouse substancialmente o contido do programa coa incorporación de cinco novos módulos e opcións adicionais dentro daqueles módulos que xa figuraban na versión previa. Os módulos novos son:

Demografía, que permite construír pirámides de poboación e táboas de mortalidade, calcular anos potenciais de vida perdidos, e descompoñer o cambio na esperanza de vida entre dous períodos e calcular anos de esperanza de vida perdidos.

Distribucións de probabilidade, que permite obter funcións de distribución e as súas inversas para as principais distribucións discretas e continuas, así como representalas graficamente. Ademais, inclúe un submódulo de xeración de números aleatorios acordes ás respectivas distribucións.

Análise bayesiana, módulo de grande interese polo crecente auxe que teñen estas técnicas e a virtual inexistencia de software para aplicalas a problemas básicos, como son a estimación e comparación de medias e proporcións.

Vixilancia en saúde pública, que inclúe dúas opcións da versión anterior, captura-recaptura e detección de clústers, anteriormente incluídas no módulo de Táboas. Como novidades, contén un submódulo de métodos gráficos que permite detectar a aparición de casos dunha enfermidade por enriba dos esperados, e unha opción para estimar a efectividade vacinal.

Meta-análise, que proporciona os métodos estatísticos necesarios para facer unha síntese dun conxunto de estudos, con resultados en texto e gráficos. Permite calcular unha medida de efecto para cada estudo (OR, risco relativo, diferenza de riscos ou diferenza estandarizada de medias) e unha medida global ponderada. Inclúe probas de hipótese complementadas con gráficos para contrastar a homoxeneidade dos estudos e o nesgo de publicación.

Novidades da versión 3.1A versión 3.1 presenta as seguintes novidades con respecto á versión anterior 3.0:

Incorporouse a opción de elixir o idioma entre Español, Galego, Inglés e Portugués. A tradución afecta á aplicación e á axuda xeral, pero non se traduciron as axudas dos módulos.

10

Revisáronse e melloráronse puntualmente todas as axudas do programa. Ademais, engadiuse a axuda correspondente ao submódulo de detección de clústers dentro do módulo de vixilancia en saúde pública.

No módulo de probas diagnósticas, submódulo de proba de referencia imperfecta e a opción de sensibilidade e especificidade coñecidas, incorporouse o cálculo dos intervalos de confianza, mediante o método bootstrap, para os indicadores que avalíen a proba diagnóstica.

Corrixíronse os erros detectados na versión 3.0. A listaxe detallada de erros pode consultarse na páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública. Tamén está dispoñible en formato pdf (só en Español).

Contido do programaAxuste de taxas

Método directo Método indirecto

Demografía Pirámides e indicadores demográficos Táboas de mortalidade abreviadas APVP Descomposición do cambio na esperanza de vida Anos de esperanza de vida perdidos

Mostraxe Cálculo de tamaños de mostra Selección da mostra Asignación de suxeitos a tratamentos

Distribucións de probabilidade Cálculo de probabilidades Xeración de distribucións

Concordancia e consistencia Concordancia

Dous observadores, dúas ou máis categorías Tres ou máis observadores Comparación de kappas

Consistencia Alfa de Cronbach

Probas diagnósticas Probas simples Probas múltiples Proba de referencia imperfecta Curvas ROC Curva de Lorenz

11

Táboas de continxencia Exposición-enfermidade

Táboas 2×2 Táboas 2×N

Táboas xerais Táboas M×N Regresión loxística

Inferencia sobre parámetros Unha poboación Dúas poboacións

Análise bayesiana Proporción Media Táboas de continxencia Valoración bayesiana de probas convencionais

Vixilancia en saúde pública Captura-Recaptura Detección de clústers Gráficos Ondas epidémicas Efectividade vacinal

Meta-análise Odds Ratios Riscos relativos Diferenza de riscos Diferenza estandarizada de medias

Xerarquización Coeficiente de Gini e curva de Lorenz Índice de concentración e curva de concentración Índice de necesidades en saúde Índice de desenvolvemento en saúde comunitaria Índice de inequidades en saúde Índice de disimilitude Índice de desenvolvemento humano Índice de desenvolvemento relativo ao xénero

12

INSTALACIÓNAVISO: Epidat é un programa de libre distribución. Os membros do grupo de traballo e organizadores que os sustentan declinan toda a responsabilidade derivada do uso inadecuado do programa.

Configuración mínima Ordenador IBM PC ou compatible

Procesador a 200 MHz ou superior

32 Mb de memoria RAM

10 Mb de espazo libre en disco

Sistema operativo Windows98® SE ou superior

Resolución de pantalla de 800x600 puntos

Configuración recomendada Ordenador IBM PC ou compatible

Procesador a 500 MHz ou superior

128 Mb de memoria RAM

10 Mb de espazo libre en disco

Sistema operativo Windows2000® o WindowsXP®

Resolución de pantalla de 1024x768 puntos

Proceso de instalación Execute o asistente de instalación (Epidat3.1.setup.exe), que lle indicará os pasos a

seguir durante o proceso de instalación.

Unha vez finalizada a instalación poderá acceder ao programa dende o Menú de Inicio de Windows. Se non se cambia durante o proceso de instalación, a aplicación estará dispoñible en Inicio\Programas\Epidat 3.1\Epidat ou desde C:\Arquivos de Programa\Epidat 3.1.

Ferramentas adicionais(se o seu sistema operativo non é Windows2000® ou WindowsXP®)Epidat 3.1 require, para o seu correcto funcionamento, que o equipo teña instaladas algunhas ferramentas adicionais. Estas ferramentas xa están incluídas nas versións de Windows recomendadas para a execución de Epidat 3.1, Windows2000® o WindowsXP®, pero non no Windows98® SE. Se o equipo non ten estas ferramentas, non funcionará correctamente a carga automática de arquivos, polo que é preciso comprobalo.

Na páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública atópanse as ferramentas necesarias para o correcto funcionamento de Epidat, segundo a versión de Windows© instalada. Estas ferramentas deberán instalarse antes de iniciar o proceso típico de instalación de Epidat 3.1 na orde indicada a continuación:

1. Microsoft© DAO 2.6 ou superior. Pódese instalar executando o ficheiro mdac_typ.exe.

13

2. Microsoft© Jet 4 Service Pack 5. Pódese instalar executando o ficheiro Jet40SP5_9xNT.exe.

Se a pesar da actualización destas ferramentas, Epidat 3.1 non funciona adecuadamente pode deberse a algunha deficiencia na instalación do sistema operativo do equipo. Nestes casos deberíase actualizar a versión de Windows ás recomendadas ou revisar as últimas versións de parches e “service pack” dispoñibles na Web de Microsoft© (http://www.microsoft.com/) para a versión instalada no PC.

A instalación destas ferramentas non garante o correcto funcionamento de Epidat 3.1 nas versións anteriores a Windows98® SE, aínda que pode darse a situación de que o programa funcione con Windows95®, por exemplo, debido ás librerías instaladas no equipo con outros programas ou aplicacións.

Axuda en formato pdfOs arquivos da axuda están dispoñibles tamén en formato pdf. Poden descargarse da páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública, http://dxsp.sergas.es.

Nota.- A carpeta que inclúe os ficheiros dos exemplos da axuda instalarase por defecto na carpeta “Exemplos” da ruta onde se instalase a aplicación.

14

CONTORNO XERAL DA APLICACIÓNA terceira versión do programa Epidat presenta, con respecto ás versións anteriores, un cambio importante canto ao contorno xeral da aplicación, que se adaptou aos estándares actuais de Windows coa incorporación de barras de menús e ferramentas.

O programa ten unha pantalla principal, con acceso ao menú e a algunhas opcións da barra de ferramentas, segundo se detalla no apartado de descrición desta barra, e unha pantalla de resultados xerais, onde se acumulan todos os resultados realizados durante a sesión de traballo cos diferentes módulos. Accedese a esta pantalla a través da icona “Vista preliminar” da barra de ferramentas.

Desde a pantalla principal accédese ao menú de métodos, que contén os doce módulos incluídos nesta nova versión de Epidat. Non é posible traballar con máis dun módulo simultaneamente, só se pode abrir un módulo se non hai ningún aberto.

Barra de ferramentasAo arrancar Epidat verá moitos botóns nesta barra, todos inactivos, agás o de acceso á fiestra de resultados xerais e o da axuda. Cando elixe un determinado método e introduce os datos que lle solicita o programa, actívase o botón da calculadora; para que Epidat realice os cálculos, debe de facer clic sobre ese botón. O resto de botóns actívanse dende a fiestra de resultados xerais.

Calcular: actívase unha vez completados os datos de entrada do módulo co que esteamos a traballar e sempre que eses datos cumpran as condicións do método correspondente. Ao pulsar o botón, o programa realiza os cálculos, amosa a información calculada no cadro de texto da fiestra activa e tamén a pasa á fiestra de resultados.

15

Fiestra de resultados: amosa ou oculta a pantalla xeral de saídas. Nesta pantalla acumúlanse todos os resultados realizados durante a sesión de traballo cos diferentes módulos.

Axuda: amosa o ficheiro de axuda.

Botóns activos na fiestra de resultados e que executan accións só nesta fiestra (excepto o de borrar):

Novo arquivo: limpa as saídas para empezar a rexistralas.

Ler arquivo: carga un arquivo de saídas.

Gardar arquivo: garda o arquivo de saídas.

Cortar: unha vez seleccionado un texto pódese usar para eliminalo, aínda que o copia ao portapapeis do Windows©.

Copiar: copia o seleccionado ao portapapeis do Windows©.

Pegar: copia ao texto de saídas o que hai no portapapeis do Windows©.

Borrar: este botón realiza un borrado do seleccionado se estamos na fiestra de resultados ou limpa os datos e resultados nas pantallas dos distintos módulos.

Desfacer: desfai a última modificación na fiestra de resultados.

Refacer: refai o último desfeito na fiestra de resultados.

Impresión directa: imprime a información contida na fiestra de resultados na impresora por defecto.

Barra de menúsA barra de menús ten as seguintes opcións:

Arquivo: opcións típicas de manexo de arquivos.

Edición: opcións básicas de edición de calquera aplicación Windows©.

Métodos: contén os distintos módulos que integran a aplicación.

Utilidades: opcións extras (idioma). É preciso reiniciar o programa para que se efectúe o cambio de idioma.

Axuda: amosa a axuda.

16

Opcións do menú Arquivo:

Novo: crea un novo documento de saídas.

Abrir: abre un documento de saídas.

Gardar: garda o documento de saídas.

Gardar como: garda o documento de saídas cambiándolle o nome.

Imprimir: imprime o documento de saídas.

Configurar impresora: define cal vai ser a impresora a utilizar.

Saír: sae da aplicación.

Resérvanse catro liñas de opcións onde se gardarán os catro últimos documentos de saídas utilizados.

Os outros menús seguen esta mesma distribución propia de Windows, e os que aparecen dentro dos Métodos son moi diversos e poden verse no propio programa.

Fiestra de resultadosNa fiestra de resultados acumúlanse todos os resultados dos cálculos realizados durante a sesión de traballo nos diferentes módulos. Esta fiestra consta de dúas partes: á dereita, o cadro de texto onde se gardan as saídas e, á esquerda, un índice de todos os cálculos realizados, co nome do método correspondente.

O cadro de texto pódese editar e gardar como un arquivo con formato rtf. O cadro de índices permite acceder de forma rápida a cada cálculo realizado pulsando co rato sobre o número correspondente. Se se borra un dos índices, bórrase todo o texto asociado no cadro da dereita.

17

Aquí vanse almacenar os catro últimos arquivos de saída gardados.

Manexo xeral dos módulosUnha das novidades destacables da versión 3 de Epidat é a posibilidade de importar táboas de datos a partir de arquivos nun dos seguintes formatos:

Excel

Access

DBase e formatos compatibles

18

A carga automática de datos realízase de xeito semellante en todos os módulos ou submódulos que permiten esta posibilidade. Na fiestra do módulo pódese elixir entre entrada manual ou automática; cando se selecciona esta última, ábrese un cadro de diálogo que permite buscar o arquivo no directorio onde estea gardado. Se o formato elixido é Excel, ao marcar co rato o nome do arquivo que se quere utilizar aparece, na parte dereita da pantalla, a listaxe das diferentes follas que conten o libro Excel. É imprescindible, para que a carga de datos funcione correctamente, que se elixa tanto o arquivo como a folla, agás se o arquivo Excel conten só unha folla, nese caso non será preciso marcala. O mesmo sucede coas diferentes táboas que integran unha base de datos de Access.

Os arquivos que se importan no poden visualizarse. O xeito de cargar os datos consiste en identificar, na táboa aberta, cada un dos campos necesarios para o cálculo que imos realizar.

Advertencias xerais

O botón de “calcular”:

As fiestras de Epidat 3.1 non inclúen un botón de “calcular” para indicar ao programa que realice os cálculos. Dito botón está dispoñible na barra de ferramentas e a súa icona é una calculadora.

O botón de calcular aparece inicialmente desactivado; actívase unha vez completados os datos de entrada do módulo co que esteamos a traballar e sempre que eses datos cumpran as condicións do método correspondente. Ao pulsar o botón, o programa realiza os cálculos, amosa a información calculada no cadro de texto da fiestra activa e tamén a pasa á fiestra de resultados.

A fiestra de resultados xerais:

Todos os resultados xerados por Epidat 3.1 durante unha sesión de traballo gárdanse nunha fiestra xeral de resultados. A esta fiestra accédese, desde a pantalla principal, a través da icona de “presentación preliminar”, que tamén permite retornar á pantalla principal.

A entrada manual de datos:

Cando se realiza a entrada de datos de xeito manual, o paso dun dato ao seguinte co teclado faise co tabulador, excepto nas táboas, onde se avanza cun “intro”.

A entrada automática de datos:

Cando se selecciona a opción de entrada automática de datos, ábrese un cadro de diálogo que permite buscar o arquivo no directorio onde estea gardado. Se o formato elixido é Excel, ao marcar co rato no nome do arquivo que se quere utilizar aparece, na parte dereita da pantalla, a listaxe das diferentes follas que contén o libro Excel. É imprescindible, para que a carga de datos funcione correctamente, que se elixa tanto o arquivo como a folla, excepto se o arquivo Excel conten só unha folla, nese caso non será preciso marcala.

19

Gardar resultados:

Cada pantalla de Epidat 3.1 dispón dun cadro de texto onde se reproducen os resultados obtidos nesa pantalla; Ora ben, este texto non se pode editar nin copiar. Para gardar os resultados hai que acceder á fiestra de resultados xerais, que si se pode editar e que, ademais, pode gardarse en formato rtf. para o seu posterior manexo nun procesador de textos.

20