entroido14-15

7
*Imaxes empregadas únicamente con fins educativos “O entroido no Condesa” Como cada ano, unha das actividades conxuntas máis agardadas é a celebración do Entroido. Nesta ocasión, en consonancia co tema traballado polo Proxecto Documental Integrado relativo á Convivencia e Toleranza, decidimos adicar esta festa ás diferentes “CULTURAS DO MUNDO”, co obxectivo de aproximar ao alumnado á ampla variedade cultural existente no noso planeta, da que debemos ser coñecedores para poder ser tolerantes e defendela como rico patrimonio da humanidade A celebración do Entroido pasou por varias fases: 1. XOVES DE COMPADRES E COMADRES: XOVES DE COMPADRES (5 de febreiro): tal como indica a tradición, para esta xornada, as nenas das diferentes aulas elaboraron un boneco (“Compadre”: un por clase e co nome do curso). Escondérono por fora do colexio 5 minutos antes de sair ó recreo. Os nenos da súa aula no recreo tiveron que atopalo e o pasearon por todo o patio. Somentes poideron coller o boneco que correspondía á súa clase. Se atoparon agochado outro que non fora o da súa clase, debérono deixar quedar no seu sitio. XOVES DE COMADRES (12 de febreiro): nesta xornada, foron os nenos das diferentes aulas que deberon realizar unha boneca (“Comadre”) e agochala no patio, para que fora atopada polas rapazas no recreo da mañá.

description

Resumo das actividades realizadas no Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras no ano 2015.

Transcript of entroido14-15

Page 1: entroido14-15

*Imaxes empregadas únicamente con fins educativos

“O entroido no Condesa” Como cada ano, unha das actividades conxuntas máis agardadas é a celebracióndo Entroido. Nesta ocasión, en consonancia co tema traballado polo ProxectoDocumental Integrado relativo á Convivencia e Toleranza, decidimos adicar estafesta ás diferentes “CULTURAS DO MUNDO”, co obxectivo de aproximar aoalumnado á ampla variedade cultural existente no noso planeta, da que debemosser coñecedores para poder ser tolerantes e defendela como rico patrimonio dahumanidade A celebración do Entroido pasou por varias fases:

1.XOVES DE COMPADRES E COMADRES:

• XOVES DE COMPADRES (5 de febreiro): tal como indica a

tradición, para esta xornada, as nenas das diferentes aulas

elaboraron un boneco (“Compadre”: un por clase e co nome do

curso). Escondérono por fora do colexio 5 minutos antes de

sair ó recreo. Os nenos da súa aula no recreo tiveron que

atopalo e o pasearon por todo o patio. Somentes poideron coller

o boneco que correspondía á súa clase. Se atoparon agochado

outro que non fora o da súa clase, debérono deixar quedar no

seu sitio.

• XOVES DE COMADRES (12 de febreiro): nesta xornada,

foron os nenos das diferentes aulas que deberon realizar unha

boneca (“Comadre”) e agochala no patio, para que fora atopada

polas rapazas no recreo da mañá.

Page 2: entroido14-15

XOVES DE COMPADRES XOVES DE COMADRE

*Nenas de 5º amosando o seu compadre. *Nenos de 1º amosando a súa comadre.

2. ORDES DO MECO : (9-13 de febreiro): Durante unha semana, todoo alumnado e máis o profesorado e persoal do centro, debeu seguir as indicaciónsdiarias dun “Meco” ubicado nunha das entradas do centro. O día anterior polatarde, o Meco lle iría indicando sobre a indumentaria que deberían levar para odía seguinte. Todos debemos cumprir as súas ordes. Para cada día houbo unhaorde distinta. As ordes do meco acordadas para este curso foron as seguintes:

• “Xornada da maquillaxe e peiteado”: Luns 9, maquillaxe e

peiteado estrafalario.

• “Xornada da Elegancia”: Martes 10, acudir ao centro

vestidos/as de xeito elegante e “hortera”.

• “Xornada da praia”: Mércores 11,vestidos/as como si

estiveramos en pleno verán, aínda que ben abrigados: toalla,

bañador, gafas de buceo, sombreiros, pareos, flotador...

• “Xornada do pixama”: Xoves 12, vestidos con roupa de

cama, acompañada de complementos tales como gorros,

biberóns, bonecos…

• “Festa do entroido”: Venres 13, coa vestimenta acordada en

cada etapa e nivel, acorde coa temática xeral elixida

“Culturas do mundo”.

Page 3: entroido14-15

ORDES DO MECO

*Meco co primeiro cartaz da semana. *Cartaz anunciador do “Día de praia”

*Nenos e nenas de 1º na praia do patio. *Nenas de 4º disfrutando de un día de praia“fresquísimo”.

*Nenos e nenas de Infantil na súa praiaparticular.

*Nenos e nenas de 5º tumbados ao sol.

Page 4: entroido14-15

3. ACTO FESTIVO : (13 de febreiro): pola tarde do día 13 de

febreiro, rematamos as celebracións do entroido, co tradicional desfile e

baile de entroido no patio do colexio. Actividade aberta á asistencia das

familias e coa participación activa da APA, que para esta ocasión participou

preparando unha “CHOCOLATADA” para todos os asistentes, respectando as

diferentes intoleranzas alimentarias presentes no noso alumnado, familias e

profesorado.

DESFILE A temática deste ano foi “CULTURAS DO MUNDO”. Pola

tarde subimos ás clases ó tocar o timbre ás 15: 30h. Os nenos/as

tiveron media hora para prepararse (disfrazarse, pintarse, etc. ).

Logo ás catro baixamos por clases efixemos un desfile entrando no

pavillón do colexio por mor do mal tempo.

CHOCOLATADA: Terminado o desfile no pavillón celebrando unha

“FESTARACHADA”, cunha gran chocolatada . Ás cinco menos dez

tocou o timbre para subir ás clases e marchar.

ACTO FESTIVO

*Mestre co cartaz anunciador do Desfile“Culturas do Mundo”.

*Mestras encabezando o desfile.

Page 5: entroido14-15

*Nenos e nenas de 3 anos de “IndíxenasAmazónicos”.

*Nenos e nenas de 4 anos de “Hindús”.

*Nenos e nenas de 5 anos de “Chineses”.

Page 6: entroido14-15

*Nenos e nenas de 1º de “Zíngaros”.

*Nenos e nenas de 3º de “Árabes”. *Nenos e nenas de 4º de “Zulús”.

*Nenos e nenas de 5º de “Hawaianos”. *Nenos e nenas de 6º de “Exípcios”.

Page 7: entroido14-15

*Nais e pais preparando a “Chocolatada” que disfrutamos todos ao rematar o desfile.

VOLTAREMOS!!!!