Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia...

536
DE GALICIA EMPRESARIOS XOÁN CARMONA BADÍA (coord.)

Transcript of Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia...

Page 1: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

DE GALICIAEMPRESARIOS

XOÁN CARMONA BADÍA (coord.)

Page 2: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 3: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

EMPRESARIOS DE GALICIA

Page 4: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

©CIEF, Centro de Investigación Económica e FinanceiraFundación Caixa Galicia, 2006

Supervisión e coordinación técnica editorial:Departamento de Publicacións e DocumentaciónFundación Caixa Galicia

Deseño gráfico: uqui IIIII cebra

Impresión: Litonor

Isbn: 84-96494-83-7Depósito legal: C-2900-2006

Page 5: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

EMPRESARIOS DE GALICIAXOÁN CARMONA BADÍA, (coord.)

Page 6: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 7: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 8: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 9: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Índice

PresentaciónsJosé Luis Méndez López ............................................................................................. 11Manuel Puga Pereira...................................................................................................... 15

IntroduciónXoán Carmona ................................................................................................................. 17

Unha cara oculta da nosa historiaRamón Villares ................................................................................................................ 27

Antonio Raimundo Ibáñez (1749-1809)Pegerto Saavedra ............................................................................................................. 42

Manuel de la Riba Moreno (1780-1831)Xosé R. Barreiro Fernández ...................................................................................... 66

José Pastor Horta (1820-1877)María Teresa Burés Miguéns ................................................................................... 86

Juan Harguindey Broussain (1839 -1911)María Teresa Fernández Vázquez ....................................................................... 108

Pedro Murias (1840-1906)Ana Cabana Iglesia ...................................................................................................... 124

Olimpio Pérez Rodríguez (1841-1915)M.ª Jesús Facal Rodríguez........................................................................................ 140

Melitón D. Domínguez Leal (1843-1916)Jesús Giráldez Rivero ................................................................................................. 162

Enrique Peinador Vela (1847-1917)Luis Domínguez Castro e Xosé Ramón Quintana Garrido ....................................................................... 182

José María Rivera Corral (1856-1936)Luis Alonso Álvarez ..................................................................................................... 204

Dionisio Tejero Pérez (1856-1941) Elvira Lindoso Tato ..................................................................................................... 218

Page 10: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Marcelino Suárez González (1866-1949)Ricardo Gurriarán Rodríguez ................................................................................ 236

José Barreras Massó (1867-1950)Xoán Carmona Badía ................................................................................................. 258

José Ramón Curbera Fernández (1870-1937)Xoán Carmona Badía ................................................................................................. 282

José Barro González (1873-1943)Carlos Nuevo Cal ......................................................................................................... 302

Manuel Álvarez Pérez (1873-1938) e Moisés Álvarez O’Farrill (1904-1975)Ana María Navas Novas ............................................................................................ 318

Evaristo Castromil Otero (1876-1969)Daniel Seijas Llerena ................................................................................................. 344

Antonio Valcarce García (1888-1978)M.ª Jesús Facal Rodríguez........................................................................................ 362

Pedro Barrié de la Maza (1888-1971)María Teresa Burés Miguéns ................................................................................. 386

Gaspar Massó García (1892-1991)Luisa Muñoz Abeledo ............................................................................................... 412

José Fernández López (1904-1986)Xoán Carmona Badía ................................................................................................. 432

Manuel García Cambón (1907-1993)Eduardo Rico Boquete .............................................................................................. 460

José Rodríguez López (1910-2004) Alberte Martínez López ............................................................................................ 480

Ricardo Bescansa Martínez (1912-1986)Manuel Jaime Barreiro Gil ..................................................................................... 502

Eulogio Gómez Franqueira (1917-1988)Luis Domínguez Castro e Xosé Ramón Quintana Garrido ....................................................................... 514

Page 11: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A situación do atraso relativo da economía galega dentro da españoladurante o século XX alimentou todo tipo de tópicos sobre a falta de espí-rito empresarial dos galegos. O reducido tamaño da empresa en termosrelativos engadiu outras interrogantes sobre a nosa incapacidade para aso-ciármonos. Algunhas voces discrepantes sinalaron no seu día que se o pri-meiro era así, o espírito empresarial máis que inexistente talvez estivesedurmido e debía espertar ao embarcar en Vigo ou cruzar O Padornelo,porque o que é fóra de Galicia, os seus habitantes demostraran un notá-bel afán emprendedor. Sobre a cuestión da pequena empresa algunhasvoces atentas ao que din os libros de economía teñen indicado que otamaño das empresas ten moito que ver cos sectores nos que desenvolvena súa actividade. A economía galega tivo ata hai pouco unha especializa-ción produtiva moi centrada en sectores con poucas economías de escala,moita estacionalidade e elevados riscos, factores todos eles que en ningúnsitio deran pé á formación de grandes empresas. A ciencia económica, enfin, vainos axudando a explicar as cousas e a dar cabo cos tópicos.Con todo, e por moito que a especialización produtiva fose pouco

proclive á formación de grandes empresas, empresarios relevantes houboque situaron as súas iniciativas á cabeza dos sectores españois da cerá-mica, da produción cárnica, da pesca, da conserva ou da construciónnaval. De todos eles aparecen exemplos neste libro, como tamén doutros

José Luis Méndez LópezDirector xeral de Caixa Galicia

PRESENTACIÓNS

Page 12: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

que non tiveron se cadra unha empresa individualmente tan rechamanteporque, vistas as poucas posibilidades de crecemento que ofrecía opechado mercado español, optaron moi axiña pola diversificación, o quenon quita que eles en conxunto foran grandes empresarios. Ou daquelou-tros que utilizando un modus operandi empresarial típico de sectores conelevados riscos diversificaron estes poñendo os ovos en moitas cestas. Esteé o caso dun sector típico da economía galega como foi a pesca, ondepracticamente ningunha empresa armadora ou armador independenteaparecería en lista clasificatoria retrospectiva dos maiores empresarios deGalicia; pero se xuntamos o total destes negocios dispersos moitos delesaparecerían non só nas listaxes de grandes empresarios galegos senóntamén españois.Este libro, que rescata do esquecemento un grupo dos máis impor-

tantes capitáns de empresa galegos desde a Ilustración ata os anos da crisedo petróleo —os posteriores son máis coñecidos—, inclúe un pelotón decabeza de empresarios que levaron as súas firmas a posicións moi relevan-tes no conxunto da economía española. Que salvo algunha excepciónnon se internacionalizaron, pero aquí cómpre recordar que a internacio-nalización da economía española é un fenómeno moi recente que xa nonpillou a estes empresarios. O libro vén demostrar de forma empírica que en Galicia existiu tamén

unha clase empresarial como a de calquera outra rexión do primeiromundo. Chamaremos a atención sobre unha única semellanza coas dou-tras latitudes, a relativa á formación dos empresarios, pois esta cuestión docapital humano ten unha importancia da que todos hoxe estamos con-vencidos. O sociólogo norteamericano Charles Wright Mills demostrouhai xa ben anos que os empresarios eran xente con formación comercialou técnica, e que moitas veces eran ademais fillos de empresarios. Pois oque aparece aquí e iso mesmiño: dos vinte e catro biografados, seis tiveronformación comercial, e algúns deles poderiamos dicir que extraordinaria;tres tiveron formación técnica; dous procedían do mundo da saúde, undo dereito, outro era mestre, e finalmente dous estudaran no seminario.A formación dos empresarios era infinitamente superior á da media dosgalegos da época. Nove de vinte e catro eran ademais fillos de empresario. Sobre outros moitos temas de posíbel reflexión na literatura e na

práctica empresarial ofrece datos empíricos esta colección de excelentes

Page 13: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

traballos: a sucesión empresarial, existe en Galicia unha síndrome dosBuddenbrook?; os problemas do financiamento da empresa, as relaciónsentre esta e a política. E unha última cuestión: agora que se discute seexiste un modelo de empresa europea, pode dicirse que existe un modelode empresario galego? Estas son algunhas das moitas preguntas que sus-cita a lectura deste libro, e sobre as que ofrece en todo caso pistas moisuxestivas.A Fundación Caixa Galicia asumiu con entusiasmo a proposta da

Fundación Galicia Empresa de traballar no proxecto deste libro hai xacase tres anos, e hoxe celebra a presentación dun resultado que non sóconstitúe unha contribución científica de relevo senón que ademais llespon imaxe a uns emprendedores que fixeron unha achega substancial aoque Galicia é hoxe, un espazo europeo que mira ao futuro con confianzae que, aos poucos, vai salvando dúas débedas históricas: a que ten coaconsideración social dos empresarios e mais a que estes teñen coa súa lin-gua e cultura.

Page 14: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 15: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Manuel Puga PereiraPresidente da Fundación Galicia Empresa

Este libro satisfai unha idea vella e desexada da Fundación GaliciaEmpresa de recuperar para a memoria empresarios emblemáticos queforon quen de inaugurar ou impulsar un sector empresarial en Galicia.As pretensións do libro foron desde un principio a propia antoloxía

destes empresarios e o aspecto exemplar a que conducirá a observación,coa perspectiva do tempo, da transcendencia social e histórica que podenchegar a ter os nosos empresarios.Na nosa fundación entendemos que se trata dunha idea que encaixa

nos nosos fins, polo que significa de homenaxe aos emprendedores e dig-nificación da nosa cultura industrial, e tamén pola atención que se llesprestou aos aspectos de filantropía e de preocupación da mellora e benes-tar social.Trátase de rescatar unha parte substancial da historia deste país, cons-

truída por pequenos e medianos e grandes empresarios, moitos habitual-mente fóra da galería de retratos da historia de Galicia. E de engarzar assúas iniciativas, os seus éxitos e fracasos na historia de Galicia desde oséculo XVIII.Ao ser concibido o libro en todo momento desde unha orientación

claramente económica e social, resultou doado transmitirlle a idea á Fun-dación Caixa Galicia, membro ademais da Fundación Galicia Empresa.

Page 16: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A súa receptividade, a asunción de esforzos, o facer profesional e as faci-lidades amosadas durante o proceso de elaboración do libro fannos rebus-car nos dicionarios un adxectivo que recolla o noso agradecemento, ecomprobamos que terían que ser un feixe deles. A Fundación Caixa Gali-cia xa asegurou, sen dúbida, un lugar preferente para cando nunhasegunda parte deste libro se escolmen os empresarios e as instituciónscomprometidos socialmente.Igual de inexpresábel é o recoñecemento ao profesor Xoán Carmona

Badía, autoridade académica imprescindíbel para un traballo como este,ao profesor Ramón Villares Paz, orientador e contextualizador inesti-mábel, e aos investigadores que guiados polo primeiro rascaron na nosahistoria e crearon materia de investigación onde en moitos casos eraterreo ermo.

Page 17: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Xoán CarmonaCatedrático da Universidade de Santiago

Hai xa case trinta anos Víctor Freixanes publicou un libro de entre-vistas titulado Unha ducia de galegos. O libro tivo un grande impacto. Es-critores, artistas, relixiosos, políticos. Só un que poderiamos denominarempresario, pero que alí estaba menos como tal ca como o escritor e ga-leguista que tamén era, Valentín Paz Andrade. Naquela altura aparecíanás veces entrevistas xornalísticas ou textos panexíricos nos que algúns em-presarios aparecían como figuras senlleiras dun santoral laico, pero namaior parte da literatura a visión era moi outra. Na de combate, a dosgrupos económicos, como manipuladores da competencia, como depre-dadores dos recursos naturais ou como endosantes ao sector público deempresas previamente espoliadas. Heroes ou viláns. Robber Barons orIndustrial Statesmen, era esta a alternativa que na literatura económicanorteamericana dos anos vinte e trinta facía referencia a esta dicotómicaforma de avaliar a actividade empresarial; así contrapoñíanse os homesque estaban a facer a América industrial aos antigos baróns do Rin quelles cobraban unha peaxe por pasar o río aos esforzados artesáns da rexión,que non creaban riqueza senón que se apropiaban dela. O dos Robber Ba-rons viña do título dun libro de biografías empresariais no que, sirva deexemplo, o apartado correspondente ao financeiro Jay Gould, aparecíadefinido por un único encabezamento: «Mefistófeles». Porén, e fronte a esta visión maniquea, a Escola de Negocios de Harvard comezara xa a

INTRODUCIÓN

Page 18: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

18Empresarios de Galicia

partir de 1926 a producir outro tipo de biografías empresariais, máis des-provistas de connotacións ideolóxicas, onde o empresario era máis oumenos valorado en función das súas capacidades para ordenar uns recursosconforme á consecución duns obxectivos de crecemento da empresa oumesmo á súa contribución ao desenvolvemento económico do país. Nestenovo modelo de biografía quedaba en evidencia que o seu labor non re-sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera outrofactor de produción. E estas biografías de empresas e empresarios empe-zaban a ser empregadas ademais como un instrumento de formación parafuturos directivos. O estudo de caso comezaba así a utilizarse como ferra-menta formativa, e contaba cunha sólida base histórica, elemento este úl-timo que foi sempre o selo dos casos da prestixiosa universidade nortea-mericana. Aquí aínda hoxe estamos lonxe diso. Xa non estamos na épocados heroes ou viláns, mais para un marciano que buscara en Google, Ga-licia seguiría sendo aínda máis un país de poetas e artistas ca de empresa-rios e traballadores. E é que efectivamente, a cultura galega actual lles debe moito aos

poetas, aos pintores e aos políticos que habitaron a nosa historia nos últi-mos dous séculos. Pero tamén aos empresarios e aos traballadores. Muda-ron estes últimos unhas vidas laborais baseadas nas estacións e nos ciclosagrarios pola dependencia do reloxo e do encargado. Mulleres en granparte habitaron as primeiras fábricas galegas e contribuíron coa baraturae extrema flexibilidade do seu traballo a ergueren as industrias pioneiras.Os empresarios arriscaron o capital e puxeron a dirección nestas indus-trias e situaron o noso complexo marítimo na escena internacional. Logoderon pulo a outras industrias e servizos. Os empresarios tamén formanparte da nosa historia e non é normal que estean fóra dela.Como tampouco é normal que o proceso de incorporación do idioma

galego a novos ámbitos e usos siga tendo no mundo da empresa un dosseus buratos negros. A comunicación empresarial segue absolutamentedominada polo castelán. A externa aínda ás veces, pero moi raramente ainterna. Esta disociación entre galego e empresa asociouse, ás veces, coaorixe foránea da gran parte do empresariado operante en Galicia que, acarón dun fenómeno semellante na igrexa e na administración, situa-rían o castelán como lingua de prestixio fronte a un galego carente del. Aditadura franquista negou o idioma e perseguiu os que na preguerra civil

Page 19: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

19Xoán Carmona

promoveran a nosa identidade colectiva, polo que sendo un réxime ondea proximidade ao poder era condición sine qua non para a supervivenciaempresarial, reforzou aquel fenómeno que os sociolingüistas denominandiglosia tamén no mundo da empresa. Pero isto, que quizais explique opasado, dificilmente vale para o tempo no que andamos, cando a inmensamaior parte do empresariado é galego de varias xeracións e cando existeunha administración autonómica que ten a normalización lingüísticacomo un dos seus obxectivos.Esta é a dupla perspectiva que latexa na orixe deste libro. Dunha banda,

poñer os empresarios na nosa historia e presentar un abano de biografíasdalgúns dos máis sobranceiros deles. Deste xeito ofrecemos os datos bá-sicos do seu devir persoal e, sobre todo, pescudamos na súa traxectoriacomo capitáns de empresa. Desde unha perspectiva académica que des-bota tanto a gabanza ditirámbica coma a crítica moral. Algúns deles —osmenos—, son relativamente coñecidos porque existen fundacións quelevan o seu nome ou porque rúas, centros de ensino ou outras instituciónsdan testemuño do seu paso pola nosa historia; en todo caso o que se sabedeles é pouco máis ca o nome. Outros son completamente descoñecidos.A segunda perspectiva é a de situar estes empresarios no contexto e noidioma do país. Porque non somos quen de albiscar o motivo polo que apoesía ou a novela se expresan moi principalmente en galego, mentresque a literatura empresarial exclúe practicamente este idioma.Para a escolma destas dúas ducias de empresarios partimos de tres

precondicións autoimpostas; unha delas, a de incluír só biografías pecha-das e non de empresarios en activo, que son biografías aínda en constru-ción; a outra, a de incluír só a aqueles que desenvolveron o groso da súaactividade en Galicia, unha condición que só relaxamos para incluíralgún emprendedor da emigración cubana. Esta é a explicación de quenon aparezan capitáns de empresa da valía, por exemplo, dun EduardoBarreiros, que aínda que ourensán desenvolveu a maior parte da súa acti-vidade alén do Padornelo e que, en todo caso, conta cunha biografíaexcelente dos profesores Santos Redondo e José Luis García Ruíz. Dentro do marco así definido, o primeiro criterio de selección foi o

da importancia relativa. Tratamos de escoller empresarios relevantes, benpolo alcance das súas actividades, medido en termos do tamaño ounúmero das empresas creadas, ou ben polo liderado exercido nun sector

Page 20: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

20Empresarios de Galicia

ou nun conxunto deles. Este criterio do peso peneirámolo un chiscointroducindo un sesgo que permitira a inclusión de representantes dosprincipais sectores económicos con presenza en Galicia durante os últi-mos dous séculos, así coma das catro provincias galegas. De non introdu-cirmos tal sesgo a práctica totalidade das biografías concentraríanse nasáreas de Vigo e da Coruña e nun par de sectores relacionados coas indus-trias marítimas, que foron a cerna da industria e dos servizos galegos ataos anos 1960. Só a partir daquela foi cando o desenvolvemento das indus-trias intensivas en enerxía, a implantación da industria da automoción eo desenvolvemento explosivo dos servizos deu lugar a unha nova xeraciónde empresarios dos que non poucos seguen en activo, motivo este poloque non aparecen na nosa nómina.A existencia de especialistas coñecedores das biografías que se van tra-

tar foi tamén un elemento de sesgo na elección, como tamén o foi a exis-tencia de fontes escritas ou orais a disposición dos posíbeis autores, o quenos leva a unha cuestión de interese: a da importancia da conservacióndos arquivos de empresa, ben na propia firma ou mediante a súa cesiónen depósito aos arquivos públicos que con extrema competencia se ocu-pan de tal mester. Como as cousas non son nin brancas nin negras e nonexiste un criterio ordinal único e incontestábel para a elección dos bio-grafiados, a falta de fontes conservadas foi o factor que expulsou algúnscandidatos, mentres que a disposición de boas fontes nos inclinou aincluír outros.O resultado dos criterios e sesgos descritos vén sendo, en todo caso e

ao noso xeito de ver, abondo representativo da historia empresarial daGalicia contemporánea. Antonio Raimundo Ibáñez, fundador na afas-tada freguesía de Sargadelos do primeiro alto forno privado e da primeirafábrica de cerámica industrial da historia de España, aparece por dereitopropio como o incontestabelmente máis importante empresario dos anosfinais do Antigo Réxime en Galicia. Desta época, máis afastada de nós econ menos que ver co mundo empresarial actual, só incluímos a caróndo fidalgo de Oscos un representante dos comerciantes de por xuntocomposteláns, que, aínda que todos eles á sombra da catedral e dos nego-cios coa Igrexa, tiveron tamén un importante protagonismo no comercioe na industria prefabril da época. Xosé Ramón Barreiro biografiou xa enpublicacións anteriores a dous dos máis importantes de tales mercadores,

Page 21: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

21Xoán Carmona

José de Andrés García e Ramón Pérez Santamarina e trae aquí o quecompleta a tripleta de cabeza. Manuel de la Riba era un dos tres grandesimportadores de liño de Riga en Galicia e, curiosamente a súa liñaxerematou por converxer co herdo do Ibáñez, pois o seu fillo Luis de laRiba, chegaría a ser o cabeza e principal accionista das fábricas de Sarga-delos durante os anos centrais do século XIX.Nunha centuria decimonónica marcada polo cativo voo dunha

industria especializada en dúas pólas moi tradicionais e moi pouco fabríscomo foron o coiro e a salga da sardiña, e pola ubicua presenza da emi-gración, Juan Harguindey representa os empresarios daquela primeiraactividade, mentres que Pedro Murias e José Pastor Horta representan asdúas caras do éxito empresarial na emigración galega en Cuba: a da emi-gración strictu sensu e a da cualificada, ambas cun resultado favorábel e,especialmente no segundo dos casos cunha influencia posterior na eco-nomía galega moi relevante. Harguindey, Murias e Pastor representaríanasí, a carón de Ibáñez e de la Riba o empresariado galego dunha épocana que, malia os esforzados intentos que algúns deles mesmos protagoni-zan, a economía galega non consegue entrar na era industrial que se des-punta xa en Inglaterra, Bélxica ou, mais preto de nós, en Cataluña. Unhaépoca na que a fábrica moderna, que utiliza o vapor ou a forza hidráulicae emprega traballo asalariado segue a ser unha anécdota pasaxeira. Ocaldo de cultivo para o empresariado é pequeno, mesmo porque tam-pouco o sistema de explotación da terra, na que se ocupa máis do 90% dapoboación, facilita a aparición de importantes empresarios agrarios.A irrupción en Galicia da industria moderna, da man da pesca, da

conserva e da construción naval, que se produce no cuarto de séculoanterior á Primeira Gran Guerra e nos anos que a seguiron, introduciuunha radical mudanza na nosa —ata aquela— raquítica clase empresa-rial, e representou o nacemento do empresariado moderno en Galicia.Melitón Domínguez Leal e os seus descendentes son aquí a cara dogrupo dos armadores, un grupo dun peso e dunha influencia decisiva nahistoria de Galicia. A través da historia da liñaxe do armador de Panxón,ao que pertencen mitos do mundo da pesca como os seus fillos, os irmánsDomínguez Macaya, iniciadores da moderna pesca española do bacallauen Terranova, agroma este mundo, que tamén se reflicte nas biografías deJosé Barreras, José Curbera ou Dionisio Tejero, empresarios todos eles

Page 22: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

22Empresarios de Galicia

para os que a pesca foi unha actividade a carón da construción naval, daconserva ou da banca, que son as máis salientadas na súa biografía. Ocaso de Dionisio Tejero, principal impulsor do Banco de La Coruña tenun interese particular porque ademais de armador e banqueiro foi taménun dos poucos industriais téxtiles da Galicia da primeira metade doséculo XX. De entre os fundadores da moderna construción naval enGalicia a escolma de Barreras deriva non só da importancia do seu nego-cio senón tamén de que representa o pequeno feixe de enxeñeiros quenesta época constituíron a base tecnolóxica do gran cambio acontecidona nosa beiramar. José Curbera foi a máis cabal expresión do puxante sec-tor conserveiro da preguerra civil, como Gaspar Massó o sería da posgue-rra. Tanto un como outro presidiron o principal organismo patronal dahistoria de Galicia, a Unión de Fabricantes de Conservas, e tiveron unhaimportante proxección exterior.Aqueles anos da nosa pequena revolución industrial tiveron a súa cerna

no mundo marítimo. Fóra del houbo, con todo, iniciativas importantes eempresarios salientábeis, aínda que non tivesen nin detrás nin a carón co-lectivos como a conserva e a pesca. José María Rivera fundou unha dasdúas únicas cervexeiras importantes de toda a nosa historia, que a día dehoxe é unha das máis antigas firmas galegas e practicamente a únicaempresa do sector agroalimentario daquela xeira que segue en actividade.Marcelino Suárez González, pouco coñecido fóra do Valdeorras no quemantivo o groso da súa actuación empresarial ten non só o interese de serun dos máis importantes dentro do pouco representado grupo dos empre-sarios ourensáns senón tamén a súa dedicación a un sector, o da pedra ederivados, que ten nel un precursor. Finalmente, José Barro, aínda quenon completamente desleigado do mundo marítimo, pois contribuíu ámontaxe de fábricas de conservas e á reparación de motores mariños noseu taller viveirense de Chavín, foi, sobre todo, un adiantado do sector au-tomobilístico en Galicia para o que fabricou desde carrozarías ata cego-ñais. Algo semellante podería dicirse de Olimpio Pérez, que tampoucoestivo completamente desleigado do mundo marítimo, pois tivo el mesmonegocios no sector, ao que ademais financiou durante a súa época de maiorexpansión, aínda que a súa actividade principal fose a de banqueiro.Os empresarios nados xa na Restauración desenvolveron a súa activi-

dade en dous contextos ben distintos, separados polo cambio de réxime

Page 23: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

23Xoán Carmona

político e económico que supuxo a Guerra Civil. Comezaron as súas acti-vidades dentro dun contexto de relativamente moderada intervención,que foi no que os Álvarez, Castromil e Valcarce estabeleceron os seusnegocios, ou no que os Barrié ou Massó foron tomando as rendas dos queían herdar. Os máis deles tiveron actitudes abertas e acordes coas tenden-cias políticas da época, e xunto con algúns da xeración anterior mantive-ron relacións fluídas co galeguismo. Valcarce declarábase a si mesmogaleguista e depositou a súa confianza como empresario en membros doPartido Galeguista; Barrié de la Maza publicou anuncios na revista ANosa Terra e para el traballou durante anos Manuel Lugrís Freire. Gas-par e José María Massó rotularon a súa nova e importante fábrica deBueu en castelán e galego, Evaristo Castromil facía descontos para acu-dir ás xuntanzas do Estatuto de autonomía, e o mesmo José Curberamantiña unha fluída relación con Castelao ao que vía como posíbeldefensor no Parlamento Español dos intereses dos industriais galegos daconserva. A Guerra obrigounos a todos eles a repensar as súas posicións eestratexias para sobrevivir e medrar nun réxime que cambiaba en granmedida as regras do xogo.A lexislación industrial do primeiro franquismo converteu a crea-

ción e a ampliación de empresas nunha aventura na que non abondabacon dispoñer dun bo plan de empresa; era preciso acadar un cúmulo deinformes favorábeis de sindicatos verticais e outros organismos do réxime,moitos deles de industriais para os que a nova firma sería unha potencialcompetidora. Era preciso dispoñer de pontes, de relacións e de recursospara navegar no proceloso mar das autorizacións e das cambadelas, o quefacía que os obxectivos previstos se acadasen, ás veces, das formas máispintorescas. Houbo casos antolóxicos, como o daqueles conserveiros deCeleiro que ante a negativa da Delegación Provincial de Industria, moti-vada pola chuvia de informes negativos, entre outros do Sindicato do Metal,que alegaron a carencia de lata, recorreron ao director xeral de Industriaao alegaren que, en realidade, podían prescindir da lata porque cabía uti-lizar «os barrís e barricas da rexión». Sorprendentemente o delegado deIndustria autorizou unha estraña fábrica de conservas herméticas de peixeque usaba envases de madeira. Unha vez posta en marcha, esta empresafabricaría como todas conservas en lata e trataría de conseguir as corres-pondentes cotas; como o fixese era evidentemente outro problema.

Page 24: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

24Empresarios de Galicia

Os mecanismos do crédito tampouco eran alleos á intervención e aoseu cuarto traseiro. O inzo dos organismos de crédito oficial e das liñasprivilexiadas facía as empresas enormemente dependentes de redes derelacións que pouco tiñan que ver coas capacidades empresariais e for-zaba a destinar recursos ao seu cultivo. O caso máis coñecido é o da pescae os estaleiros onde era máis importante garantir a concesión do CréditoNaval para a construción dunha embarcación que dispoñer dos medios edas capacidades para facelo. Uns poucos estaleiros e uns poucos armado-res controlaron como demostrou Giráldez a maior parte do CréditoNaval. Uns e outros tiveron os seus xestores especializados na concesiónde tal tipo de créditos e tiveron padriños no Réxime. Non todos os empre-sarios dependeron en igual medida do seu éxito na explotación destasvantaxes de situación e época, pero en todo caso era difícil sobrevivircompletamente á contra.Gaspar Massó xunguiu ao seu papel de director da máis emblemática

conserveira da época un liderado exercido no sector a través da súa histó-rica patronal, así coma un interese polo mundo da cultura marítima,compartido co seu irmán José María. É a suma destes varios factores oque o situaba como o principal candidato a representar este sectordurante aquela difícil etapa histórica. Castromil non tivo posibelmente aimportancia de Massó se falamos de activos netos ou doutros indicadoresde dimensión empresarial pero foi sen dúbida o máis representativoempresario do sector do transporte. Castromil era unha marca, e eraunha referencia extraordinariamente popular no imaxinario dos galegos.Como evidentemente o eran Fenosa, Astano e o Banco Pastor, algunhasdas empresas asociadas a Pedro Barrié de la Maza, un banqueiro que uti-lizou o capital herdado ao servizo da promoción dun sector industrialgalego, do que chegou a ser a súa figura máis característica. Os Álvarez,Moisés principalmente, pois o seu pai Manuel faleceu nos anos da gue-rra, son finalmente un exemplo paradigmático de aproveitamento dasnovas condicións sobrevindas durante a guerra e os anos seguintes; uncrecemento con base na demanda bélica e autárquica e no recurso aocrédito oficial posteriormente; aínda que tampouco se pode esquecer ovalor que tiveron na súa expansión tanto o esforzo tecnolóxico coma aexplotación de novas formas de distribución. Neste sentido, a inclusióndos Álvarez é non só unha forma de representar a industria da cerámica,

Page 25: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

25Xoán Carmona

da que foron a máis importante empresa de toda a historia de Galicia,senón tamén de referírmonos a unha tipoloxía empresarial característicada época.Os últimos catro biografiados representan o grupo que se podería

denominar da apertura económica. A maior parte deles relaciónanse coaexplotación dos recursos naturais galegos con destino á súa colocación noexpansivo mercado español dos sesenta. Manuel García Cambón foi ataaquel momento un fabricante de madeira serrada, como outros moitos;só cando en 1965, xa cos gobernos tecnocráticos da liberalización econó-mica comeza a elaborar o taboleiro coñecido como Fimapán nas súas ins-talacións de Pontecesures, pasaría a se converter en cabeza do sector detransformados forestais do país. A expansión das industrias leiteiras nasque José Rodríguez López tivo en Galicia un papel protagonista estivotamén relacionada co crecemento e cos cambios nos mercados que seproduce na mesma época, uns cambios sen os que tampouco lle seríaposíbel a Eulogio Gómez Franqueira estabelecer o seu imperio coopera-tivo. No caso deste último non só se pode falar da súa relación coa aper-tura dos sesenta senón tamén coas circunstancias e peculiaridades datransición que se produce ao pasamento do xeneral Franco. José Fernández López e os seus irmáns, o grupo Fernández, represén-

tanse en realidade a si mesmos, e chégalles ben para situarse no gruponon dos vinte catro senón dos dous ou tres primeiros empresarios da his-toria de Galicia. Desde Zeltia ata Pescanova son credenciais que amosanunha das grandes traxectorias empresariais da nosa historia, reforzada ade-mais co engado dunha importante implicación no rexurdir da cultura ga-lega na época do franquismo. Os Fernández sitúanse nos gonzos de dúasépocas, a da autarquía na que desenvolven as súas primeiras iniciativasempresariais e a da apertura onde crean empresas como a que sería histo-ricamente unha das primeiras multinacionais españolas. Finalmente Ri-cardo Bescansa, claramente da época da apertura e único dos empresa-rios desta época non ligado coas industrias agroalimentarias, entroncaríaco vello Barreras, José Barreras Massó, na súa paixón pola técnica, e é porese motivo polo que representa un dos poucos empresarios que se fixeronun oco nos anos da transición no mundo das tecnoloxías da información.Recapitulando poderiamos agrupar as nosas dúas ducias de empre-

sarios en catro grupos xeracionais. O dos que desenvolveron a súa activi-

Page 26: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

26Empresarios de Galicia

dade na época anterior á irrupción da industria moderna en Galicia, oque é dicir os anos 1880; a dos que capitanearon a entrada desta e/ou con-tribuíron a crear servizos e outros elementos precisos para o seu desenvol-vemento; a dos empresarios da autarquía, aqueles que se tiveron que adaptara unhas regras de xogo dadas que forzaban unha man de ineficiencias peroque, ao mesmo tempo, tamén xeraban oportunidades de negocio paraos que se adaptasen con maior éxito a elas; finalmente, os que cimentaronas súas empresas entre a apertura económica de 1959 e a crise económicados setenta. Detrás de todos eles hai aínda outra xeración de empresarios,os que arrincan nos anos da crise —aínda que algúns comezasen un chiscoantes a súa actividade—, e ocupan hoxe os postos de mando das nosas em-presas máis emblemáticas, e que como dixemos non incluímos aquí porestar aínda a súa biografía en construción. Aínda que é certo como sinalaVillares na súa contribución ao libro, que moitas da figuras aquí evocadascareceron de continuidade, tanto familiar coma sectorial, non convén esa-xerar a ruptura dos setenta neste ámbito, pois hai outras que si que estánna orixe dalgúns dos empresarios e empresas que hoxe ocupan o papel es-telar na estrutura económica de Galicia.Ramón Villares e a Fundación Galicia Empresa comezaron a mati-

nar na idea de facer un libro como este e a Fundación Caixa Galicia asu-miu axiña o proxecto a través do seu Centro de Investigación Económicae Financeira. O director deste último, Alberto Meixide, seguiu tan depreto o seu periplo vital que pode ser considerado como coeditor da cria-tura. O outro editor, o que figura nos créditos, agradécelles a todos eles,no nome dos autores, a súa colaboración e o seu apoio.

Page 27: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Entre os moitos lugares comúns que corren sobre o comportamentohistórico dos galegos está aquel que afirma que Galicia non foi, nin éaínda, terra de empresarios ou, como se di adoito agora, de emprendedo-res. A idea de seren os galegos rexamente individualistas estaría en contradesta crenza, porque un dos alicerces do empresario moderno está xusta-mente na súa fortaleza persoal para poderse sobrepoñer ás esixenciascomunitarias, de querenzas igualitarias. Pero tamén é ben sabido cantofoi o peso do comunalismo na conformación da sociedade galegamoderna, coa aldea e coa pequena vila como unidades básicas de residen-cia e de actuación, o que podería explicar esta dificultade para saírenadiante que se lles presentou a moitos dos nosos devanceiros cando pre-tenderon erguer unha empresa que estivese fóra das pautas do común.Algúns morreron por iso. Probabelmente as razóns desta debilidadeempresarial galaica se atopen noutro lugar e non especificamente noscomportamentos identitarios dos seus moradores. En todo caso, hai sobreesta materia clixés ou estereotipos, moitos deles forxados por ollada allea,que é hora de ir revisando.Certamente, esta tarefa levará un tempiño, pero será algo máis doada

despois da aparición deste libro inspirado orixinalmente pola FundaciónGalicia-empresa, coordinado polo profesor Xoán Carmona, sumo con-naisseur entre nós da historia empresarial, e escrito por un mangado de

Ramón VillaresCatedrático da Universidade de SantiagoPresidente do Consello de Cultura Galega

UNHA CARA OCULTA DA NOSA HISTORIA

Page 28: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

especialistas na historia moderna e contemporánea de Galicia. Son dúasducias de biografías que, ao xeito duns imaxinarios vimes, fan un cesto noque se recolle unha colleita de boa calidade e, ademais, case toda elanova do trinque. Trátase dunha historia nunca ata agora contada destexeito, tan atenta á dimensión individual dos protagonistas, moitos delespioneiros e, desde logo, en si mesmos figuras emblemáticas de activida-des produtivas sectoriais. En poucas liñas, tratarei de xustificar esta novi-dade, algúns dos seus contidos e a relevancia dos seus resultados nomarco máis xeral do percorrido histórico da Galicia contemporánea.A razón desta novidade non é, por epocal, menos importante, porque

hai vinte ou trinta anos non sería posíbel compoñer un libro coma este,cheo de apuntamentos biográficos, de enlaces matrimoniais, de relatosdesprovistos do aburrimento dos balances contábeis e das certezas estatís-ticas. Son relatos de vidas concretas, de pioneiros teimudos e de ilustresfracasados, pero que por riba de todo se fixaron como obxectivo da súavida non deixar as cousas tal como as atoparon. Vivimos tempos nos queestá a mudar o suxeito do relato histórico. No canto de actores colectivos,sexan pobos, clases, nacións ou mesmo estruturas, o discurso historiográ-fico hoxe dominante prefire falar de individuos concretos, de actores sin-gulares, de figuras que permitan combinar a percepción do factorhumano coa relevancia social ou comunitaria nun campo determinadoda actividade económica, liderado social, político ou cultural. Non é dereis ou príncipes do que se fala, que disto a historiografía (non galega) estáben farta, senón de líderes do que se pode chamar, en ausencia de termomáis axeitado, doas da longa cadea formada pola sociedade civil.Trátase dunha das moitas viradeiras que deu a Historia e, no seu con-

xunto, tamén o groso das ciencias sociais. Isto explica a atención que hoxese lle presta á historia empresarial que é tanto como dicir, a historia defamilias e de individuos. Ben sei que a historia empresarial non se podeacoutar na chousa das individualidades, pero tamén é ben certo que pormoi complexa que sexa unha firma empresarial e por moi espallada quese atope a súa titularidade accionarial, a fin de contas sempre se acababatendo cun rostro concreto ao que lle hai que poñer un nome. Desesnomes é dos que fala esta historia de empresarios galegos dos últimosdouscentos anos.

28Empresarios de Galicia

Page 29: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

* * *As figuras aquí estudadas compoñen un perfil moi acaído da historia

económica da Galicia contemporánea, tanto no que se refire aos seuslogros sectoriais coma no relativo ás súas eivas ou limitacións, que falantanto dos individuos concretos coma do fondo estrutural no que tiveronque actuar. Neste sentido, non cabería esperar que os capitáns deempresa da Galicia dos últimos séculos fosen algo moi distinto do que foia economía galega do período. Non hai, nestas biografías, nin grandesindustriais siderúrxicos ou téxtiles, como acontece nos casos ben próxi-mos de Euskadi e Cataluña, nin tampouco enormes patrimonios forxa-dos no comercio colonial ou nos investimentos exteriores, como resultaser a orixe máis común de moitas das fortunas da España contemporá-nea. Hai, pola contra, pequenos e medianos comerciantes, homes debanca e, sobre todo, pioneiros industriais que foron quen de erguer untecido industrial nun país poboado e emigrante, con gran capacidadepara organizar a súa supervivencia, pero escasamente proclive á especia-lización produtiva e á produción para o mercado, mesmo no caso da pro-dución agraria. Como acontece en moitos outros ámbitos da historiagalega, as figuras individuais, por relevantes que parezan, atopan a súamellor explicación no medio social e ambiental no que tiveron queactuar, pois é a pequena dimensión unha das marcas fundantes do deco-rrer histórico de Galicia. Estas limitacións explican, polo menos parcialmente, a especializa-

ción que resulta dunha visión conxunta destas biografías. A actividade pro-dutiva máis común foi a relacionada con industrias de bens de consumo,nomeadamente as alimentarias. A produción de conservas de peixe é araíña desta galaxia empresarial, da que tamén forman parte, en diversasetapas, a produción de bebidas (cervexa), de panificación de cereais ou,en tempos máis recentes, de actividades de transformación de produtosagrarios como a carne ou o leite, que está nas orixes de singulares gruposeconómicos como o dos Fernández, o de Coren ou de Larsa-Arjeriz. Aocarón destas actividades industriais, o resto de sectores produtivos indirec-tamente analizados a través destas biografías presenta un perfil moi desi -gual, altamente especializado no caso da hidroelectricidade, pioneiro perosen continuidade no caso dos curtumes ou da siderurxia, prometedor nocaso da minaría ou da automoción e aberto ao futuro no caso da madeira

29Ramón Villares

Page 30: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ou das telecomunicacións, cos exemplos de Finsa e Televés. Fica asemadenun discreto empardecer a brillante executoria que no seu tempo tiveronalgúns comerciantes ou banqueiros con asento en Compostela e na Co-ruña, que apenas lles lograron dar continuidade histórica aos seus nego-cios, agás no caso do grupo Pastor. En suma, unha historia de éxitos e,tamén, de fracasos ou máis propiamente de renuncias a seguir os camiñostrazados polos pioneiros, como corresponde a toda historia empresarialque se prece.

* * *A estes apuntamentos simplemente descritivos cómpre engadir al-

gunhas reflexións xerais que conecten estas biografías individuais co con-xunto da historia de Galicia. Nas orixes destes emprendedores galaicos haialgúns puntos comúns dos que partir. Desde logo, algunhas pautas decomportamento son ben parellas ás de moitas outras biografías de homesde empresa do mundo occidental, como son a pericia técnica adquiridana súa terra de procedencia ou en estadías no exterior, unha rede rela-cional ampla inicialmente de base familiar, unha discreta base financeirae, naturalmente, un espazo no que colocar a súa produción. Dito doutromodo, coñecemento –no que ten de innovación e tamén de información–,familia, capital e mercado. A combinación destes ingredientes pode esixirdoses diferentes segundo épocas e lugares, pero está claro que no esencialnon se afastan do que lles aconteceu a moitas outras estirpes empresariaisforxadas en distintas rexións europeas. Porén, hai algunhas outras carac-terísticas que se presentan de maneira algo singular que merecen ser tidasen conta para unha avaliación global dunha historia de Galicia vista desdea ollada de figuras individuais relacionadas co mundo da empresa. A primeira e talvez máis importante é a súa escasa relación co mundo

rural, sector tan predominante ata épocas recentes na historia galega.Podería argumentarse que xustamente a súa condición de emprendedoresos afasta das actividades relacionadas coa terra. Certamente, todos elesdesenvolveron a súa actividade, polo regular, en sectores relacionados coabanca, co comercio, coas industrias relacionadas co mar, coa agroindus-tria, coa madeira ou coa automoción. Pero unha cousa é a actividade eco-nómica desenvolvida e outra a orixe da súa riqueza e o mercado ao quese dirixen os seus produtos. E aquí resulta claro este corte coa ruralidade

30Empresarios de Galicia

Page 31: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

circundante, polo menos en dous aspectos. Por unha banda, non se ato-pan apenas nestas biografías referencias substantivas a investimentos encompra de terras ou de rendas, nin exemplos de descendentes de antigosfidalgos ou señores da terra convertidos en patróns de industria. A acumu-lación de capital de orixe agraria non é perceptíbel na formación destacapa de empresarios modernos. Esta constatación é máis importante doque puidese parecer a primeira vista, pois asenta unha idea non sempreexplicitada: que as orixes agrarias tan frecuentes en tantos pioneirosindustriais da historia económica europea non se atopan no caso de Gali-cia. Pero esta ruptura entre o mundo rural e a actividade industrial tenunha segunda lectura: neste trenzado biográfico dos empresarios advír-tese claramente que existe unha separación entre as súas actividades e omundo rural circundante como posíbel mercado para as súas manufactu-ras, o que explica a necesidade de colocaren moitos dos seus produtos enmercados afastados e internacionais. Acontece cos tecidos, coas conser-vas e mesmo co peixe en fresco ou coas carnes de abasto.Esta escasa relación da actividade industrial e comercial co sector

agrario resulta ser a cara anversa dunha moeda que, no seu reverso, amosade forma contundente unha imaxe nítida: o mar como protagonista degran parte destas biografías, aquí representadas por figuras ben coñecidascomo os Curbera, Massó, Barreras, Tejero ou Domínguez. Que as activi-dades marítimo-pesqueiras foron decisivas na configuración dunha mo-derna revolución industrial en Galicia é dato admitido, grazas precisa-mente ás investigacións que desde hai tempo veñen realizando o profesorCarmona e os seus discípulos, algúns deles tamén colaboradores des-te libro. Pero esta achega biográfica reforza aínda máis aquela percep-ción, ao permitir asentar de forma máis directa a relación entre salgadurae conserva de peixe e, logo, entre este sector conserveiro e as diferentesindustrias que nacen de arredor daquel polo efecto de arrastre, comoson a construción naval, a industria de envases e tantas outras actividadesmutuamente conectadas. Neste sentido, a concentración de activida-des empresariais no sector relacionado co mar (pesca, conservas, constru-ción naval) pon de manifesto un dos grandes funís da historia económicade Galicia, non só pola excesiva especialización sectorial na produciónde bens de consumo alimentario, senón por facerse de costas ao mundorural, que nin achegou capitais de importancia nin tampouco serviu de

31Ramón Villares

Page 32: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

mercado relevante para os produtos manufacturados nas fábricas e nos es-taleiros das rías galegas. Talvez este sexa hoxe un capítulo pechado da his-toria de Galicia, pero a súa importancia hai que vela no contexto histó-rico no que se desenvolveron gran parte destas biografías, no que as políticascorporativas e proteccionistas que demandaban un mercado interior casecativo eran a biblia da economía coetánea. Para moitos destes empresa-rios, ese mercado, que sería o peninsular, estivo cheo de valados.

* * *Dado este contexto aparentemente adverso, como é posíbel explicar

a aparición dunha xeración de empresarios que pilotou esa moderniza-ción económica de Galicia? Penso que, entre outras posíbeis, hai dúasrazóns de peso que merecen ser invocadas. A primeira ten que ver cosestímulos externos ou foráneos que están presentes en moitas destas bio-grafías particulares, tanto no plano estritamente familiar coma na in -fluencia que supuxo, pola vía da emigración, a inserción de Galicia naeconomía transatlántica. A segunda, que empata con esta primeira, estánas mudanzas acontecidas no período cronolóxico no que se desenvolvea maior parte das vidas destes patróns de empresa, aínda que a concentra-ción da nosa ollada sobre un período moi concreto (fins do século XIX-mediados do século XX) deixe fóra do campo de visión iniciativas e figurasben senlleiras, tanto no período de transición á época contemporáneacoma nos decenios máis recentes.Os estímulos externos foron, desde logo, un factor decisivo por máis

dun motivo. En primeiro termo, porque a propia natureza de moitas dasactividades empresariais xurdidas en Galicia estaban obrigadas a se rela-cionaren con mercados de media e longa distancia. Os fabricantes decoiros, os mercadores de lenzos, os salgadores e conserveiros e, mesmo,os comerciantes de reses de abasto deberon procurar fóra de Galicia saídapara os seus produtos. A inserción da economía galega nos mercados ex-teriores non é cousa de hoxe mesmo, senón que goza dunha longa tradi-ción histórica, polo menos desde os tempos medievais. Agora ben, esta ne-cesidade de recorrer a mercados externos, peninsulares, mediterráneos,atlánticos ou coloniais, non é unha singularidade galega. Foi o procesomáis común de moitas historias económicas europeas, nomeadamentedaquelas que se forxaron no seo de estados-nación de pequena dimensión

32Empresarios de Galicia

Page 33: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

e que, polo tanto, carecían dun potente mercado nacional máis ou menoscativo. A epopea da economía industrial galega foi xustamente a de sobre-vivir sen contar cun mercado interior próximo e complementario ás súasnecesidades. Isto explica, en segundo termo, outro compoñente externo que foi sis-

tematicamente advertido, pero non de todo analizado. Refírome á orixeforánea de moitos dos emprendedores aquí biografiados. Certamente,moitos dos apelidos que deambulan por este libro ilustran esa proceden-cia externa, por máis que algúns deles acaben sendo sobranceiros candoxa estaban plenamente integrados na sociedade galega coetánea. Hai,como se poderá advertir decontado, tres grandes orixes xeográficas que,en parte, tamén reflicten especializacións económicas e produtivas. Porunha parte, a presenza de apelidos cataláns (especialmente procedentesde lugares costeiros situados ao norte da cidade de Barcelona) é abun-dante en todo o sector das actividades marítimo-pesqueiras, tanto naindustria da salga comezada no século XVIII coma na súa continuidadeconserveira a finais do século XIX e, logo, en sectores afíns da construciónnaval e da metalurxia. Dado que, ademais, foi frecuente a práctica depolíticas matrimoniais endogámicas, a permanencia destes apelidos alon-gouse moito no tempo. Unha segunda orixe destas grandes familias económicas da Galicia

contemporánea foi a do interior peninsular, cun epicentro especial narexión da serra de Cameros e, dentro dela, da cidade de Ortigosa deCameros, de onde proceden tanto as familias dos De la Riba coma a dosSimeón García, entre moitos outros. Se no caso dos cataláns era o mar oque primou no seu asentamento e dedicación, as actividades predilectasdos cameranos foron as do comercio, da banca e, sobre todo, as da indus-tria de lenzos. O seu centro de actuación en Galicia estivo na cidade deCompostela e nos seus arredores (Padrón, Carril). Unha terceira orixe,menos relevante desde o punto de vista numérico pero igualmente espe-cializada, foi a de inmigrantes vasco-franceses, que fixeron dos seus pela-mios unha potente industria de rango peninsular, como amosa a historiaparticular da familia Harguindey, asentada tamén nas beiras dos dous ríosque circundan a cidade de Compostela. A procedencia foránea non explica todo. Pero achega algo de luz

sobre dous ángulos do cadro que estamos a ollar. O primeiro ten que ver

33Ramón Villares

Page 34: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

con riscos comúns a todas estas estirpes familiares externas que, alén dasúa notábel e persistente endogamia (os casos dos Barreras e Massó, aquíevocados, son un bo exemplo), se manifesta de forma especial na súacapacidade para conservaren estreitos lazos de unión coa súa patria deorixe. Poida que estes vencellos se deban a razóns de índole cultural pero,polo menos, é sabido que estas relacións familiares foron a base para dis-poñer inicialmente dalgúns capitais cos que afrontar as aventuras empre-sariais e, sobre todo, que facilitaron a formación dunha rede comercial.Porque os devanceiros destes empresarios foráneos non chegaron a Gali-cia co posto: traían canda eles unha certa formación técnica (pensemosno caso dos curtumes) e un elemental coñecemento dos procesos decomercialización dos produtos manufacturados, tanto no caso dos cata-láns, coma no dos cameranos. Neste último caso sábese, ademais, que adiáspora da serra de Cameros, que foi moi intensa, tivo que ver co devalodun mesto tecido de industria rural de arredor dos tecidos de la, o queexplicaría a súa situación no mesmo ramo nos seus novos lugares de des-tino, así coma a existencia de redes familiares espalladas por toda a penín-sula, desde Padrón a Béjar ou Barcelona, pero sempre con parada e fondaen Ortigosa de Cameros. En suma, que estes inmigrantes de diversa orixe non se converteron

de forma casual en empresarios, senón que se lucraron claramente da ex-periencia adquirida (e transmitida por vía familiar) nos seus lugares deprocedencia. Isto lévanos, como segunda aproximación, á pregunta de porque lles foi tan doada a súa instalación como empresarios en Galicia ou,dito doutro xeito, por que este espazo non foi cuberto por persoas ou gruposxurdidos da propia estrutura social e económica de Galicia. A cuestiónnon ten doada resposta, nin é motivo de reflexión das biografías aquí re-collidas, nin tampouco se debe afrontar con criterios de carácter etnocén-trico. Porque o éxito de moitas iniciativas comerciais e industriais da his-toria económica europea está no haber de núcleos de estranxeiros ao lugaronde se producen: italianos do norte, suízos, escoceses, neerlandeses, al-sacianos, bohemios, vascos e tantos outros son figuras habituais dos censosde comerciantes de moitas cidades europeas, nomeadamente as medite-rráneas. En todo caso, o que sorprende do exemplo de Galicia non é estapresenza foránea, senón a súa hexemonía en moitos sectores produtivos.E isto ten que ver con algo que xa se dixo antes: a ausencia de permeabi-

34Empresarios de Galicia

Page 35: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

lidade que, durante moitos séculos da historia galega, se observa entre omundo rural e o urbano e, sobre todo, a escasa capacidade que os sectoresurbanos teñen para influíren (xa non digamos deseñar) os espazos ruraisque, até finais do século XIX, mantiveron de forma estábel a estrutura for-xada nos tempos medievais pola Igrexa, con escudeiros e fidalgos de inter-mediarios e os campesiños de axentes fundamentais desta imaxe trinitariada sociedade galega. As primeiras brechas abertas nas paredes deste edi-ficio comezaron coa crise do Antigo Réxime (nomeadamente, coa desa -mortización), pero non se volveron amplas bocanas ata a crise agraria dafin de século. E a conexión agricultura-industria, que tentou artellarse coaindustria rural doméstica de finais do XVIII, tampouco acabou por se con-solidar como un alicerce da armazón industrial de Galicia. A desindus-trialización do longo século XIX foi o resultado.

* * *Non é por acaso que gran parte das biografías deste libro se concen-

tren nun tempo cronolóxico relativamente breve, que é o do primeiroterzo do século XX. Agás as figuras pioneiras dos Ibáñez ou De la Riba,ou as executorias máis recentes dos Bescansa, García Cambón ou Rodrí-guez López (e, parcialmente, dos Fernández), o resto de executoriasempresariais responde a ese período áureo da eclosión da moderna revo-lución industrial en Galicia. Foi un tempo de intensas mudanzas econó-micas, sociais e culturais, que ten tres piares nos que se fundamentar. Undeles xa se comentou, que foi a utilización do mar como despensa oureserva de riqueza con destino á industria conserveira e, obviamente,tamén para toda a industria naval civil ou militar. Os outros dous, com-plementarios, foron o sector agrario intensamente transformado e, comopano de fondo de todas estas imaxes, a emigración americana. Que os capitáns de empresa formados en Galicia nese período fosen,

de forma maioritaria, de antiga ou moderna procedencia foránea, nonsignifica que a evolución seguida pola economía agraria galega non debaser tida en conta para explicar este éxito empresarial. Xustamente aí estáunha das súas explicacións, non só no caso das industrias relacionadas comar, senón no desenvolvemento de moitas outras actividades que deforma directa ou indirecta se beneficiaron das mudanzas agrarias aconte-cidas dos anos 1910 a 1930. O desprazamento á cidade ou a emigración

35Ramón Villares

Page 36: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

de activos agrarios, a intensa mercantilización dos excedentes pecuarios,a enxurrada de recursos producidos pola emigración forman o caldo decultivo no que puido medrar este tecido industrial formado non só porindustrias de consumo alimenticio, senón por empresas de automoción(Barro, Castromil) ou de lecer (Mondariz). Poida que a agricultura galeganon achegase nin capitais acumulados, nin líderes á historia empresarialdaquela altura, pero o que non se lle pode apoñer é que se mantiveseestancada nun tempo de modernización industrial. Foi xustamente undos sectores nos que, pola vía da reordenación das labranzas (redenciónde foros, individualización de comunais) e de implementación de avan-ces agronómicos e científicos ao proceso produtivo, máis se perciben asmudanzas deste período. Mudanzas menos espectaculares do que as re -xistradas nos peiraos das rías galegas, pero non menos relevantes desdeunha perspectiva cualitativa. Ademais, a orixe do grupo económico dosFernández está ben próxima ao masivo comercio de reses de abasto desdefinais do século XIX. O pano de fondo de todas estas mudanzas está, unha vez máis, no

proceso migratorio, sen o que tampouco é doado explicar esta floraciónde emprendedores da Galicia do primeiro terzo do século XX. Aconteceaquí, en certo modo, como no caso da agricultura. A contribución daemigración á formación dun tecido empresarial moderno foi máis benindirecta do que directa. Para ser un país de emigración, en Galicia pou-cos puideron dicir que «fixeran as Américas», como se dixo de tantosindianos cataláns, vascos, cántabros ou asturianos. Pensemos, para ter unpunto de referencia, en nomes como os Zulueta, Manzanedo ou Lópezy López, titulares dalgunhas das máis importantes fortunas económicasda España de finais do século XIX. Sen que os indianos galegos sexancomparábeis con estes exemplos, hai na emigración transoceánica galegaoutros aspectos que cómpre considerar nesta relación co mundo empre-sarial da época. O primeiro e máis evidente é de natureza persoal: algúnsdos empresarios importantes da Galicia contemporánea forxáronse naemigración cubana, como os Álvarez O’Farrill que retornaron, ou o taba-queiro Pedro Murias, que sen retornar persoalmente lle deixou a Galiciaun notábel legado cultural e educativo na rasa de Ribadeo. Algún outro,como o cerveceiro Rivera Corral, tampouco sería pensábel sen o seu pasopola emigración mexicana e o mesmo se podería dicir doutros pequenos

36Empresarios de Galicia

Page 37: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

empresarios da época, como Casimiro Gómez ou Justo Taladrid, aquíaludidos aínda que non biografiados. O papel da emigración foi, sen dúbida, máis decisivo no plano xeral

do que no individual. O intenso tráfico migratorio fixo das cidades por-tuarias un pequeno emporio de negocios relacionados coas necesidadesdos pasaxeiros (transporte, indumentaria, comida…), mentres que ásaldeas e pequenas vilas ían chegando algúns dos efectos máis visíbeis dosretornados, como as remesas de diñeiro, xornais, escolas e monumentospúblicos. Algúns capitais procedentes da emigración tamén contribuírona reforzar algunhas iniciativas empresariais. Pero o máis rechamante daexperiencia migratoria en relación con esta historia empresarial foi que aemigración serviu de soporte para a creación de mercados ultramarinospara produtos de orixe galega, sobre todo os procedentes das industrias deconservas, facendo das colectividades de galegos no exterior unha sortede axentes difusores de mercadorías galegas. A prensa relacionada coaemigración, tanto a producida alén do mar coma a editada en Galicia (ocaso de Vida Gallega sería o mellor exemplo), non se cansa de gabar estepapel de intermediación que os fluxos migratorios estaban a desempeñarna ampliación exterior dos mercados que, por outra banda, presentabanalgúns obstáculos no caso do mercado interior peninsular.

* * *Esta constatación que, en todo caso, merecería ser mellor estudada

do que polo de agora está, suxire unha última reflexión enxergada ao fíodestas historias individuais de empresarios que, con máis ou menos con-ciencia, se definían como galegos. A cuestión que se debe considerar é arelación destes empresarios coa política do seu tempo e, en segundolugar, os instrumentos que foron quen de crear para actuaren no espazopúblico en tanto que expresión de intereses, ben sectoriais, ben territo-riais. Resulta claro que estas reflexións superan o marco concreto dasperipecias persoais, pero dado que nalgunha das biografías aquí recolli-das se dan algúns apuntamentos nesta dirección, penso que non está demáis rematar con estas pingas de natureza política. O primeiro que hai que considerar é a relación que se pode estabele-

cer entre os empresarios e a política, materia na que unha longa tradiciónhistoriográfica leva sostido que se trata dunha prevalencia dos primeiros

37Ramón Villares

Page 38: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

sobre a segunda. No entanto, non é hoxe a visión dominante, tanto desdeo punto de vista empresarial coma da historia propiamente política, poisen ambos os terreos se postula unha notábel autonomía de acción tantopor parte dos actores económicos coma dos políticos. A vella explicacióncausal de seren os políticos simples executores dos intereses económicosrecibiu fortes críticas, tanto conceptuais coma propiamente empíricas.Aínda que este non é o caso que nos ocupa, debe entenderse este enfo-que actual para avaliar o que aconteceu no pasado cos empresarios gale-gos aquí estudados. Partamos dun nivel meramente descritivo. De forma explícita ou

non, boa parte dos empresarios analizados tivo unha relación directa coapolítica do seu tempo, ben fose no ámbito local como tamén no máisxeral, pero esta relación materializouse dunha forma lateral ou instru-mental. A especialización tamén funcionou no campo da representaciónpolítica e da mediación de intereses. E por moita relevancia social queacadasen os empresarios das conservas, dos estaleiros ou da banca, odesem peño da política foi encomendado a outras persoas, esas que for-man a elite da Galicia (e da España) da Restauración, desde Bugallal ouMontero Ríos ata Urzaiz ou García Prieto. Dado que a política destaépoca se exercía a través da influencia persoal, sería preciso acudir aosepistolarios privados para avaliar de forma precisa esta relación entre aselites da época. En todo caso, non ten moito interese coñecer as filiaciónspartidarias e ideolóxicas destes empresarios, senón a súa posición respectoda súa condición de galegos, que se podería rastrexar máis nas organiza-cións corporativas creadas do que nunha posíbel militancia política. Desde finais do século XIX ata mediados do XX estendeuse por toda

España unha onda corporatista que mollou todas as reviravoltas da estru-tura económica e social da época. Quen non estivese organizado e pui-dese defender os seus intereses, estaba condenado ao fracaso. Ligaspatronais, círculos mineiros e navieiros, ligas agrarias e de contribuíntese, naturalmente, asociacións obreiras e agrarias inzaron toda España noprimeiro terzo do XX. Eran os tempos de hexemonía do produtor sobre oconsumidor. Que fixeron os empresarios galegos, polo menos os dos sec-tores mellor artellados, como os das conservas e da construción naval?Pois algo semellante aos empresarios doutras latitudes. A iso responde,por exemplo, a patronal conserveira viguesa, Unión de Fabricantes de

38Empresarios de Galicia

Page 39: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Conserva de la Ría de Vigo, constituída en 1905, que é a expresión máisacaída desta necesidade de defensa corporativa. Na cidade viguesa, quefoi horto fecundo para o corporativismo, aparecerían logo outras organi-zacións relacionadas coa pesca. E alén destas patronais sectoriais, estáconstatada a presenza dalgúns destes empresarios vigueses en organiza-cións xerais como a Liga Marítima Española, o que amosa que eran cons-cientes da necesidade destas prácticas corporativas. Agora ben, cal foi o seu éxito e cales as súas limitacións. Non é doado

responder a estas cuestións, porque supoñería nalgúns casos recorrer aunha perspectiva contrafactual. En todo caso, está claro que se poden dardúas pinceladas orientativas. A primeira é de orde territorial: as organiza-cións corporativas desta época, desde a perspectiva empresarial, non con-templan de ningún modo un ámbito propiamente galego. O seu cernebásico, por máis que non sexa único, é o laboratorio da cidade de Vigo,urxida pola especificidade do seu sector produtivo e pola carencia de pan-cas de acción na vida política, mesmo no plano puramente da adminis-tración provincial. De todo isto dedúcese algo tan evidente como é queo enfoque adoptado polos empresarios galegos do primeiro terzo do XXnon se diferencia de forma cualitativa do modo no que se organiza a vidapolítica e institucional da Galicia da altura, fundada nunha forte inverte-bración das súas estratexias no ámbito das infraestruturas de comunica-ción, ordenación do territorio ou localización industrial. O segundo apuntamento refírese á presenza exterior dos empresarios

galegos, nun contexto dunha economía de forte intervencionismo porparte da Administración pública. Algúns lances son ben indicativos. Porexemplo, o debate verbo da importación da folla de lata, no que os inte-reses dos conserveiros galegos se enfrontaron sen éxito cos siderúrxicosbiscaíños, durante o goberno longo de Maura. A indefensión dos conser-veiros non moveu a un cambio de estratexia, senón a unha mellor adap-tación ás políticas económicas do momento. Esta influencia da políticaeconómica de raíz nacionalista, que se fixo aínda máis patente nos tem-pos da ditadura de Primo de Rivera (e, logo, no primeiro franquismo) tivoenormes efectos na evolución do sector conserveiro galego, como amo-san as biografías dos Massó ou Curbera. Pero as estratexias que se segui-ron foron ben máis produto de beneficios conxunturais do que dunhaconcepción a medio prazo da posición deste sector produtivo.

39Ramón Villares

Page 40: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

* * *Son certamente reflexións de urxencia, tiradas da lectura destas bio-

grafías pero ensarilladas no contexto máis global da historia galega dosdous últimos séculos, con especial atención ao primeiro terzo do séculoXX. Non se trata, desde logo, de facer unha vindicación xusticeira do pa-sado, nin de culpabilizar do presente a quen non sabía o que podía acon-tecer. Pero tamén cómpre sinalar que na historia deste mangado de em-presarios galegos se agocha moita máis información do que supoñen estascurtas biografías. E isto lévanos a unha derradeira reflexión: a panorámicahistórica que, á conta destas biografías individuais, se pode obter da his-toria galega contemporánea non resulta operativa para entender a situa-ción actual e, talvez menos aínda, as perspectivas de futuro da economíagalega. Moitas das figuras aquí evocadas careceron de continuidade, tantofamiliar coma sectorial, e forman parte, xa que logo, do panteón da his-toria. Outras figuras que nin na mellor das ficcións se poderían imaxinarhai vinte ou trinta anos, ocupan hoxe un papel estelar na estrutura eco-nómica de Galicia, non só polo tamaño dos seus patrimonios senón poladimensión planetaria acadada, sexa no sector téxtil ou sexa na explotaciónde recursos pesqueiros, por citar só os dous casos máis emblemáticos. Perosería inxusto pensar que o traballo feito polos pioneiros aquí biografiadosfoi baleiro, porque aquelas experiencias, máis do que erguer fortunas in-dividuais ou empresas concretas, tamén contribuíron a crear unha cul-tura económica sen a que non serían pensábeis moitos dos éxitos recentes,que algún día outros historiadores explicarán. Sen ter que adiviñar o quedaquela dirán, pode ser pertinente lembrar co clásico que só é posíbel lo-grar ver grandes horizontes cando se dispón de lombos sobre os que ca-miñar. E moitos destes pioneiros están a exercer agora o papel de atlantesdos novos emprendedores, que logo serán tamén pasto da historia.

40Empresarios de Galicia

Page 41: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 42: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ANTONIO RAIMUNDO IBÁÑEZ1749-1809

Page 43: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Na Galicia do «solpor barroco», tan ben pintada pola pluma vizosade Ramón Otero Pedrayo, acadouse unha especie de equilibrio entre asgrandes institucións cobradoras de rendas da igrexa regular e secular, afidalguía dos pazos daquela no seu apoxeo e un campesiñado que conse-guira asegurarse no usufruto da terra. Nese medio social de labregos erendistas, e no que «alenta enteira a aldea», houbo sitio tamén para unhanova e rica burguesía, na súa meirande parte de procedencia foránea,constituída por xentes de orixe catalá, vasca, asturiana, rioxana ou castelá,e que se van asentando en Compostela e nas poboacións do litoral desde1760 en adiante —os asturianos xa antes—, un feito que o propio Oterocualificou de «invasión comercial» de Galicia.A demanda creada polos arsenais de Ferrol (unha poboación que pasa

duns 2.000 habitantes en 1750 a preto de 30.000 en 1787), a autorizaciónde 1764 ao porto coruñés para comerciar directamente cos mercados rio-pratenses, e o desenvolvemento dalgúns sectores industriais, en particularo dos lenzos e o do peixe salgado, constitúen parte dos factores explica-tivos de chegada e asentamento en Galicia de burgueses nados noutrosterritorios. Pero cómpre ter en conta tamén que na época se estaban a pro-ducir cambios no funcionamento das propias economías campesiñas, queían diversificando as fontes de ingresos e facendo uso a cada paso máis in-

Pegerto SaavedraCatedrático da Universidade de Santiago

UN FIDALGO DOS OSCOS CREADOR DO PRIMEIRO COMPLEXO INDUSTRIAL DE GALICIA

Retrato de Antonio Raimundo Ibáñez

atribuído a Goya.Colección Epstein.

Museo de Baltimore

Page 44: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tenso do numerario. Só neste contexto pode explicarse o extraordinarioaumento do número de feiras e mercados que se documenta desde 1730aproximadamente, e que hai que considerar, diante de todo, un fenómenode natureza rural, cun contido asemade económico e cultural.Nesta conxuntura dinámica, e daquela esperanzadora, na que Gali-

cia era, en verbas atinadas de García Lombardero e Carmona,1 unha dila-tada «fábrica dispersa», non foron excepcionais os comerciantes quepromoveron iniciativas industriais nalgúns dos sectores nos que Galiciachegou a ocupar, dentro do Estado español, un lugar destacado a finaisdo antigo réxime: o téxtil, os coiros, o salgado de peixe e a siderurxia. Ocaporal entre os «capitáns» da industria é, sen dúbida, Antonio Rai-mundo Ibáñez, pero cómpre non esquecer diversos membros da burgue-sía de Compostela, como José Andrés García (socio de Ibáñez), Manuelde la Riva, Antonio Cabello ou Ramón Pérez Santamarina, que levanta-ron fábricas de curtidos; ou outros asentados na Coruña, caso de Jeró-nimo de Hijosa, Marcó del Pont ou mesmo Barrié, interesados máis benno téxtil. Sen ánimo de rabuñarlle merecementos a Ibáñez, a conxunturana que viviu axuda a entender os seus proxectos, triunfos, problemas emesmo fracasos.Antonio Raimundo Ibáñez naceu na aldea de Ferreirela, na parroquia

de Santalla de Oscos, o 17 de outubro de 1749. O seu pai, don Sebas-tián Ibáñez Llano y Valdés, era natural de Oviedo e estabelecérase nosOscos para desempeñar o oficio de escribán; aquí casara con dona Anto-nia Caetana Álvarez Castrillón. Un e outra eran de condición fidalga, perode poucos posíbeis, segundo poñen de manifesto a modestia da casa quehabitaban en Ferreirela —hoxe restaurada— e as primeiras ocupaciónsdo fundador —ou cofundador— de Sargadelos. En Asturias, e mesmo nasmontañas orientais de Galicia, moitos veciños tiñan recoñecido o esta-tuto de fidalgos, privilexio que non os libraba de ocuparse na labranzaou en oficios variados, desde o de ferreiros ata o de criados, ben que al-gúns, para compaxinar a nobreza cos empregos «mecánicos», afirmabansen poñérense colorados que traballaban só para entretérense con «diver-sións loábeis e treguas proveitosas», e non por precisalo para viviren.

44Empresarios de Galicia

1 García Lombardero e Carmona (1988).

Page 45: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A pesar dos apelidos rumbosos dos seus antepasados, Ibáñez non per-tencía a ningunha das principais familias rendistas das beiras do Eo, cousaque, sen dúbida, o aguillou á hora de emprender iniciativas no comercioe na industria, pois a necesidade é a nai do sexto sentido. O feito de queen 1778, xa casado e asentado en Ribadeo, o concello se atrevese a metelono padrón veciñal de peiteiros pon de manifesto que o seu status socialdiante da «opinión pública» non estaba en correspondencia coa condi-ción fidalga da liñaxe. Por iso se viu obrigado a presentar probas docu-mentais da nobreza dos ascendentes paternos e maternos, de xeito quegañou unha real provisión na que o moito fume das expresións compen-saba o pouco lume do patrimonio inmóbel:

[…] é constante que uns e outros, e os máis dos que derivan [os pais de Ibá-ñez], foron e son fidalgos notorios de sangue de casas e soares principais,por tales habidos, sentados e alistados, tidos e reputados, na quieta e pací-fica posesión da cal se acharon e achan de inmemorial tempo a esta parte,nas vilas onde viviron e moraron...2

O documento real remataba ameazando cunha multa de 200 ducadosas autoridades de Ribadeo se non recoñecían a fidalguía do denunciante.Nada se sabe realmente da nenez e da adolescencia de Ibáñez. É

seguro que, dada a súa condición de fillo de escribán, aprendeu a ler,escribir e contar. Pero no tocante ao acceso a lecturas de obras de filoso-fía, política e economía, que entrasen ou non na categoría de «ilustra-das», depositadas ben na pequena biblioteca do mosteiro de Vilanova deOscos, ben nas casas de fidalgos e nas reitorais, non poden facerse máisque suposicións. E a este respecto non resultan críbeis as afirmacións deJ. E. Casariego,3 cando sostén que os textos fundamentais da ilustraciónfrancesa estaban nas librarías da fidalguía dos concellos das beiras do Eo,que tería unha vida social —con faladoiros, salóns, bailes e outrasmodas— propia das cidades e vilas máis abertas, e na que participaría Ibá-ñez. Nin nos pazos había daquela tanto refinamento nin o mozo dosOscos, de modestas orixes, estaría en condicións de alternar cos caporais

45Antonio Raimundo Ibáñez

2Meijide Pardo (1979), pp. 23-25.3 Casariego (1974).

Page 46: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

rendeiros que escollían as amizades con soberbia cautelosa. Na adoles-cencia, na casa de Arango y Mon, ou despois xa independizado, Ibáñezleu algúns libros, primeiro de filosofía e de moral tradicional, e despoisde economía política e de cuestións técnicas referidas ás súas iniciativasindustriais, pero nunca pasaría á historia pola orixinalidade e profundi-dade do seu pensamento, pois foi diante de todo un pragmático, segundosinalou hai anos F. Dopico.4Parece claro, en calquera caso, que non foron moitas letras as que

labraron no maxín de Ibáñez inquedanzas e proxectos concretos, senóno que el viu de rapaz nos Oscos natais e logo, xa mozo barbado, en Riba-deo. Cando el naceu, «entre Boal, Illano, Taramundi, os Oscos e Castro-pol sumaban 29 mazos e 548 fraguas, sen que “despois de Bizkaia sereunisen tantos ferreiros en toda a costa”». Había lugares completos deferreiros, que traballaban cravazón para Ferrol, e estaban acesas, ademais,unha ducia de ferrarías dun e doutro lado do río Eo.5 Os golpes acompa-sados dos mazos carriolaron a Ibáñez desde que comezou a mamar nateta e cando principiou a ter uso de razón puido reparar nas recuas demulas e nos carros de bois que ían e viñan entre a montaña luguesa-astu-riana, A Veiga e Ribadeo, con mineral, ferro, sal, madeira e outros produ-tos. Ribadeo era a mediados do século XVIII unha pequena vila de 300familias e 1300 habitantes, pero tiña un dinamismo comercial superiorao de calquera outra poboación da Galicia cantábrica, en cando porto desaída da importantísima produción siderúrxica do traspaís, de madeira edo cal, e de entrada de ferro sen elaborar, sal, viño, augardente, téxtiles,bacallau e produtos coloniais, aos que se engadiría na década de 1770 oliño «do Báltico». As relacións mercantís con Bilbao, co oeste de Fran-cia, con Inglaterra, con Ferrol e Cádiz, sostiñan os diferentes tráficos.6E a Ribadeo achegouse Ibáñez sobre 1767, cando sendo de obra de

18 anos entrou no servizo de don Bernardo Rodríguez Arango y Mon,cuxa casa-pazo de Guimerán, radicada na freguesía de Vilaselán, domi-

46Empresarios de Galicia

4 Dopico (1978).5 Ocampo (1990), pp. 207-208.6Meijide Pardo (1971)

Page 47: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

naba o porto da vila (segundo se pode contemplar aínda hoxe). Don Ber-nardo era tamén orixinario dos Oscos e, como outros membros da súafamilia, estivera nas Indias, un tipo de emigración moi común desde oséculo XVI nas beiras do Eo, relacionada sen dúbida cos fluxos comer-ciais que existían entre a comarca, Sevilla e Cádiz, consolidados en prin-cipio arredor das exportacións de madeira que se sacaba da montaña lu-guesa-asturiana. No libro de persoal de leigos do catastro de enseada deVilaselán don Bernardo Rodríguez de Mon figura como fidalgo rendista,sen que declare ningunha actividade mercantil, e aparece cunha abun-dante servidume, que acredita o elevado status da familia: unha ama decría, dous criados, tres criadas e un mozo que se dedica, por conta pro-

47Antonio Raimundo Ibáñez

Restos das instalacións cerámicas de Sargadeloscontra o ano 1900. Na

fotografía aparecen variosdos antigos fornos de

botella utilizados no seu día.Fotografía de autor

descoñecido

Page 48: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

pia, ao trato de lenzos. É probábel que Ibáñez fose admitido na casa encondición de criado, pero a morte no mesmo ano de 1767 do patruciopermitiulle encargarse da administración do patrimonio taxado en106.000 pesos fortes, composto de cuantiosas rendas e terras en Galiciae Asturias e de cinco casas en Cádiz, herdadas dun tío que se enrique-cera no Perú.A familia Rodríguez Arango Mon seguramente non lle ensinou gran

cousa a Ibáñez do mundo dos negocios, pois os moradores de Guimeránvivían de rendas, e don Bernardo fundou incluso dous morgados para osfillos, se ben dotou tamén unha escola de primeiras letras en Vilaselán,un bo xeito de proclamar que saber ler, escribir e contar se estaba a con-verter nunha necesidade nunha comarca na que os intercambios e a mo -bilidade xeográfica da poboación aumentaban. En calquera caso, aadministración dun patrimonio permitiulle ao mozo vido dos Oscos dis-por, por primeira vez, de diñeiro, aínda que fose alleo. Esta circunstanciae o coñecemento in situ da vida económica de Ribadeo, centrada naimportación e exportación de artigos de consumo en expansión, segundoquedou indicado, fixeron de aguillón para que contra 1770 principiase acarreira no mundo do comercio, mediante a importación de viños eaugardentes cataláns, un produto este último que comezaba a ter fortedemanda e que daquela apenas se fabricaba en Galicia. Uns comezos sendúbida modestos, aínda que en 1796, convertido en importante comer-ciante por xunto e empresario, afirmará que o seu sempre fora o grancomercio:

Constituído naquela idade na que o home de ben debe fixar as súasideas para vivir con honor na sociedade civil, e distinguirse da clase mise-rábel dos vagabundos e dos preguiceiros, decidiuse pola carreira docomercio á que lle chamou a súa inclinación: nin fora criado nel, nin tiñaa máis pequena ilustración sobre a ciencia do seu xiro; mais non deixoude achar certa incompatibilidade entre a elevación dos seus pensamen-tos, e a mecánica dos revendedores a que excitan as usuras, e un amor ser-vil ás ganancias: as súas especulacións foron por maior...7

48Empresarios de Galicia

7 Rodríguez-Vilasante (1994), p. 168.

Page 49: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Os biógrafos de Antonio Raimundo Ibáñez recollen como un fito im-portante a viaxe que fixo a Cádiz en 1773, para arrendar as casas de ArangoMon, pois co diñeiro que recibiu mercaría unha partida de aceite —unalimento nobre, cada vez máis consumido polos grupos que tiñan posí-beis—, na que en Ribadeo ía gañar o cen por cen. Fóra da exactitude dolance, o que parece claro é que son recursos procedentes da administra-ción dun patrimonio rendista os que están detrás das primeiras operaciónscomerciais do noso personaxe. Algo que, polo demais, tampouco nonresultaba por completo descoñecido na época, pois os mordomos de ins-titucións eclesiásticas e casas nobres e os arrendatarios de rendas forais edecimais estaban en condicións de desviar ao comercio e á industria par-te do capital que manexaba durante un certo tempo. O funcionamentodas instalacións de Sargadelos non foi alleo aos recursos financeiros deorixe feudal, ben procedesen do arrendamento do noveno decimal do bis-pado de Lugo por parte do propio Ibáñez (1802-1805), ben dos ingresosdo cabido compostelán que administraba no segundo cuarto do XIX Luisde la Riva, quen daquela explotaba a fábrica.8En 1774 Ibáñez sae da casa de Guimerán e convértese en veciño de

Ribadeo, onde habitaban outros comerciantes asturianos —caso dosPérez Villamil, procedentes de Puerto de Vega— e onde casou con donaXosefa López Acevedo Prada, dunha familia fidalga asentada na locali-dade. Do matrimonio nacerían polo menos dez fillos. A súa actividadecéntrase por entón na importación de viño, de augardente e do aceite,produtos aos que logo se engaden o ferro, o sal, o bacallau e sobre todo oliño. Ribadeo estaba notando na década de 1770 o comezo dunha forteexpansión demográfica e comercial grazas ao pulo da siderurxia da mon-taña luguesa-asturiana e da industria rural doméstica de fabricación delenzos espallada por toda a Mariña. Resultou decisivo para a vila que en1775 o porto fose habilitado para recibir directamente cargamentos deliño «do Báltico», unha medida relacionada coa crecente demanda desafibra que se notaba e co proxecto de Joaquín Cester de estabelecer napoboación unha fábrica de lenzos que imitaba os elaborados en Wespha-

49Antonio Raimundo Ibáñez

8 Carmona (1996).

Page 50: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

lia. O novo estabelecemento debería combinar o traballo mediante put-ting out system no fiado e no tecido coa centralización e coa mellora doacabado das pezas, en especial do branqueo das teas, operación moidefectuosa tal como a viñan practicando as familias campesiñas. Aíndaque o proxecto de Cester quedou reducido a pouco máis cá unha escolade fiado ao torno, as importacións de liño para abastecer a poderosaindustria doméstica continuaron, e no negocio entrou axiña Ibáñez, des-pois de que o fixesen os Pérez Villamil, que antes da habilitación ían porcargamentos a Bilbao.Na documentación notarial e xudicial atópanse abundantes referen-

cias á actividade de Ibáñez na importación e na distribución do liño «doBáltico». Obrigacións subscritas por centos de campesiños e por algúnscomerciantes dedicados ás revendas que se achegan aos almacéns docomerciante por xunto e retiran unhas libras de fibra —ou uns quintais,se se trata dos segundos—, que prometen pagar dentro duns tres meses;demandas presentadas por Ibáñez diante da Real Audiencia, con longasrelacións de debedores que non pagaran nos prazos acordados o liñofiado; tamén compravendas de terras, que parecen ser o resultado da exe-cución de hipotecas por débedas, mais que froito do propósito acredor deconverterse en rendistas: cando non se podía cobrar en diñeiro cobrábaseen leiras, ou no que cadrase. Así o pon de manifesto un documento tar-dío, de 1798, no que o comerciante dedicado ás revendas Francisco X.Montouto salda unha débeda de 30.000 reais contraída en 1790 ao sacarliño fiado dos almacéns de Ibáñez, entregándolle ao administrador destediversos papeis, entre eles as escrituras de vendas de bens raíces que lleoutorgaran labregos empeñados.9Aínda que Ibáñez coñecía a Cester —en 1774 ambos os dous desem -

peñaban cargos no Concello de Ribadeo— e, entre outros proxectos se-rodios, atribúeselle o de montar unha fábrica téxtil, o certo é que no co-mercio do liño actuou como o resto dos que se dedicaban á importaciónda fibra, un grupo reducido no que os comerciantes por xunto de Com-postela acadaron unha posición dominante contra 1780, controlando ta-

50Empresarios de Galicia

9 Saavedra (1985).

Page 51: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

mén boa parte dos cargamentos que entraban por Ribadeo.10 Segundoquedou dito, o liño era vendido ao fiado a campesiños e a revendedores,sen que a práctica do putting out system acadase na mariña cantábricaningunha entidade: Ibáñez desfaise da mercancía por diñeiro, e non re-colle as pezas de lenzos tecidas polos seus debedores. Cando, de xeitopuntual, ten que participar no comercio dos lenzos como absentista daArmada, acode ás feiras a compralos. Non é, polo tanto, no ramo do téx-til un «fabricante de fábrica», senón un simple importador de liño, queadoita vender ao fiado. A finais da década de 1770 e na seguinte esteproduto parece ser o máis importante no conxunto das importacións ásque se dedica, e tamén o que lle dá máis sobresaltos, pois as vendas acrédito xeraban débedas que moitas veces non resultaba posíbel cobrar.Á altura de 1778, despois de ampliar as súas actividades comerciais,

no mundo mercantil galego Ibáñez non ocupaba aínda unha posición deprimeira fila. Nun documento dese ano afirma que «teño, manexo e ma-nipulo o meu propio e superior capital equivalente a más de 300.000 reais,extra das casas e facendas raíces que equivalen a outros 60.000».11 Un xirode tal volume hai que consideralo, na época, bastante modesto, por de-baixo do que entón manexaban en Ribadeo os Pérez Villaamil, por nonfalar xa do capital do que dispoñían os principais burgueses de Compos-tela e da Coruña. O valor dos bens inmóbeis, segundo el mesmo declara,e que inclúe os do dote da muller, é tamén escaso, e pon de manifestoque a parella non contaba daquela cun significativo patrimonio rendeiro,e despois tampouco: no conxunto dos bens do matrimonio, o capital cir-culante e logo a factoría de Sargadelos tiveron unha importancia moisuperior ao valor das rendas, e esa é unha das razóns polas que W. J. Ca-llaham,12 considera a Antonio Raimundo Ibáñez prototipo de empresariomoderno frontes a outros máis tradicionais como don Juan de Goyenesche,con fortes intereses inmóbeis.

51Antonio Raimundo Ibáñez

10 Carmona (1990).11Meijide Pardo (1979), p. 20.12 Callaham (1969).

Page 52: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Na década de 1780 Ibáñez vai consolidarse como gran comercianteimportador e fará os seus primeiros plans sólidos no sector industrial.Augardentes, liño, ferro e bacallau seguen a ser os artigos principais nosque trata, aos que se engaden ocasionalmente téxtiles de procedenciainglesa, produtos coloniais e cereais. En barcos propios —encargou polomenos a construción de dous— ou recorrendo a fretes descarga as mercan-cías en Ribadeo, pero tamén en Ferrol, na Coruña, en Carril e en Xixón,e mantén relacións con varias casas comerciais europeas. Con todo, haique reparar en que moitas operacións non as acomete só; procura buscaro apoio do capital mercantil compostelán, sabedor da capacidade finan-ceira da nova burguesía da cidade do Apóstolo, con posicións moi conso-lidadas no comercio colonial e co norte de Europa.13En efecto, en novembro de 1784, o camerano José de Andrés García,

unha das principais firmas de Compostela, e Ibáñez asinan un contratopara o estabelecemento dunha sociedade mercantil no porto de Carril. Acompañía tería unha duración de catro anos e un fondo de 400.000 reais,achegados a partes iguais, e estaba destinada á importación «de liño deRusia, ferro e aceiro de Suecia, potes de Burdeos e bacallau de Terra-nova». A unión entre ambos os dous mantívose preto dunha ducia deanos e xuntos participaron en diversas sociedades, por exemplo na Com-pañía de Seguros Marítimos e Terrestres estabelecida en Madrid, da quese converteron en accionistas en 1787, e na «Compañía Xeral de Pescanos Mares de Europa, África e América, comprendidos nos dominios dasúa maxestade» —máis coñecida como Real Compañía Marítima—, quetiña como finalidade «a pesca de bacallau, abadexo, pescada, congro, sar-diña e todas as demais especies propias para salgar e curar, e así mesmo ade balea e doutros peixes de saín ou graxa para reducilos a ela». Esta com-pañía foi estabelecida por Real cédula do 17 de setembro de 1789 (perodurou só un ano), e José Andrés García e Ibáñez subscribiron accións porvalor de 100.000 reais cada un; foron nomeados directores desta en Carrile en Ribadeo, respectivamente.14

52Empresarios de Galicia

13 Barreiro Fernández (1982).14Meijide Pardo (1979), p. 243.

Page 53: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Andando o tempo, 1796, Antonio Raimundo Ibáñez chegará a afir-mar que el fora o mestre e pioneiro dos comerciantes con casa en Carril,daquela o porto de Santiago:

[…] seguindo prosperamente as súas ideas mercantís, labrou de novo casae almacéns no porto de Carril, e formou naquela escala un estabelece-mento, que tivo uns rápidos progresos que son dignos de atención. Unpaís erial, pobre e miserábel, transformouse repentinamente nun poborico e laborioso; a emulación fixo espertar do letargo de ignorancia ouinacción a outros comerciantes [...]. Ben presto se viu construír naquelporto moitas casas e almacéns, e á fin fundarse solidamente punto decomercio dos máis respectábeis de Galicia.15

A realidade era ben diferente: fora el o que se arrimara aos comer-ciantes composteláns, que na década de 1780 o superaban en experien-cia, recursos financeiros e relacións.En 1788 Ibáñez comezou as xestións para o estabelecemento da side-

rurxia de Sargadelos, e para investir, xa que logo, nunha fábrica o capitalmercantil acumulado con anterioridade. A iniciativa non pode conside-rarse por completo innovadora, pois xurdía nas proximidades dunhacomarca, como era a do Eo, parcialmente especializada na labranza doferro, e nunha conxuntura expansiva, debido ás fortes demandas dos esta-leiros de Ferrol e inclusive dos da Carraca, na illa de San Fernando. Osferreiros do occidente de Asturias e dos concellos mindonienses de Rio-torto e Miranda traballaban o material que lles compraban aos propieta-rios dalgunhas ferrarías e o moito que se importaba do País Vasco. Oincremento do prezo deste último foi o que levou a algúns comerciantesa presentar proxectos para levantar ferrarías tradicionais e fábricas «depotes de Burdeos» ou de «potas de ferro coado». A Compañía de la Vegade Ribadeo xa o fixo en 1783, e do ano seguinte é a solicitude, no mesmosentido, de José Álvarez de la Braña, quen tentaba valerse do enxeñeirosuízo Ignacio Richter, que despois traballará en Sargadelos. No tocanteás instalacións de ferro coado ningún dos dous proxectos foi adiante, perosi convén tomar nota da súa existencia, ou sexa do propósito de importa-

53Antonio Raimundo Ibáñez

15 Rodríguez-Villasante (1994), p. 170.

Page 54: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

dores de ferro en bruto que abastecían os mazos grandes e as fraguas decrear ferrarías «para completar a integración vertical do negocio»,segundo sinalou Carmona.16O de Ibáñez é, polo tanto, o terceiro proxecto desa natureza —de inte-

gración vertical— que xorde na década de 1780 e o único que foi adiante.Nos convenios aos que chega cos veciños da freguesía da Rúa en febreirode 1788 só se fala de ferrarías tradicionais: «unha ou as máis fábricas deferro [...], cos mazos e cos martelos grandes que sexan precisos para labrarpranchas, caldeiros, cravazóns, áncoras e toda especie de ferraxes». Acédula que autoriza o estabelecemento da factoría, de febreiro de 1791—despois dunha primeira denegación de permiso—, menciona, á partedas instalacións mencionadas, «unha fábrica de ollas de ferro, chamadasvulgarmente potes, a imitación dos que se traen de Burdeos». Nestemesmo ano Ibáñez e José de Andrés García presentan outra solicitude paralevantar ferrarías, o que leva a unha segunda autorización de xaneiro de1793. A razón desta nova xestión radica, seguramente, en que a constru-ción da siderurxia foi financiada co capital achegado pola compañía queos dous socios formaran en 1784, ampliada e prorrogada en abril de 1791,e que, como se sabe, tiña entre outras finalidades a de importar ferro e«potes de Burdeos». En marzo de 1790 a sociedade producira unhas uti-lidades de 1.094.995 reais —sobre o capital inicial de 400.000—, e esesfondos son os que permiten acometer a construción das fábricas e instala-cións anexas. Quérese dicir, en resumo, que Sargadelos non é só obra deIbáñez e dos seus recursos, tamén o é da burguesía de Compostela e do seucapital mercantil, representada neste caso por José de Andrés García, quesegundo o convenio de 1791 debería ser copropietario das fábricas durante16 anos, prazo de reembolso do diñeiro achegado.17Ibáñez atopouse con resistencias sociais e problemas técnicos para

construír e poñer en funcionamento as instalacións, e en especial o altoforno, segundo el mesmo lembraba en 1798:

[á parte] dunha discutida cuestión cos naturais do país, a execucióndeeste vasto proxecto requiría enxeñeiros, arquitectos, fundidores, mol-

54Empresarios de Galicia

16 Carmona (1993), pp. 11-13.17Meijide Pardo (1979), pp. 88-94.

Page 55: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

deiros, carboneiros e outros moitos operarios hábiles e instruídos nomecanismo das obras, máquinas e demais inherente; nin na provincia deMondoñedo nin no Reino de Galicia eran coñecidas as obras segundo obo gusto do día, nin tampouco esta clase de fundicións [...]. Moi preto detres anos se pasaron na planificación das principais obras e no amorea-mento de materiais para poñer en práctica as primeiras operacións dafundición, e cando me prometía o mellor éxito en premio de tantas fati-gas e desvelos tiven que sufrir unha sorte toda contraria, investindocatorce meses en inútiles experimentos [...], ata que ao cabo [...] se puxe-ron correntes a fusión e os demais labores debido ao talento e á pericia dedon Francisco Ignacio Rischter, director que foi das reais fundicións daCavada.18

En realidade a fábrica de ferro coado de Sargadelos non parece quetivese grandes novidades técnicas con respecto a outras existentes, nome-adamente a da Cavada, salvo quizais as dimensións do alto forno e a cali-dade dos materiais cos que estaba construído, que o facían moi resistente;admitía tres fundicións diarias, das que resultaría unha produción de 2,5toneladas. Pero o estabelecemento financiado por José de Andrés Garcíae Ibáñez acadou unha enorme importancia estratéxica no momento deempezar a funcionar, no outono de 1794, con motivo da guerra entreEspaña e a Convención Francesa:

[…] este era o estado do estabelecemento [inicio das fundicións], candoforon arruinadas as fábricas de Navarra e Cataluña, quedando a de Sarga-delos as únicas que tiña o Estado para prover de municións de guerra aoexército e ás prazas, polo que A. S. M. considerou que estaba ben dedica-las baixo contrata que estou desempeñando coa maior exactitude e celoás necesidades da coroa […]

lembraba o propietario en 1798. Desde 1760 o Estado fixérase co controldirecto —propiedade e explotación— de todas as fundicións de artillaría,por iso en 1794 o ministro de Guerra lle propuxo a Ibáñez que cedese o estabelecemento; pero este sostivo que a administración privada resul-taba máis eficiente e que o seu desexo era fabricar municións «por mediode asento ou de contrata». Engadía, ademais, que despois dos atrancos de

55Antonio Raimundo Ibáñez

18 Rodríguez-Villasante (1994), p. 174.

Fotografía da páx. seguinte:Restos das instalacións

siderúrxicas de Sargadeloscontra o ano 1900.

Á dereita pódese ver undos antigos fornos

altos. Fotografía de autordescoñecido

Page 56: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 57: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 58: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

toda clase que se vira obrigado a superar non lle parecía xusto desfacersedo estabelecemento:

Despois de tantas penas, traballos e desgustos, seríame moi dolorosonon gozar do premio dos meus desvelos, porque aínda que a magnificen-cia real me compensase con triplo valor do que tiveron as fábricas, nuncaquedaría bastante compensado dos meus afogos e das miñas fatigas e con-traería na opinión pública [...] un exemplo moi contrario ao fomento daindustria nacional, capaz de distraer a outros daquela nobre emulación,filla do espírito de imitación.19

Deste xeito, no canto de potes ou «ollas de Burdeos», desde 1794 a1808 —case ata a morte do seu propietario, polo tanto— o alto forno deSargadelos só produciu municións para o exército. Esta situación tivo unhaserie de consecuencias de tipo empresarial, político e social. Dunha banda,Ibáñez conseguiu mediante anticipos e pagos das autoridades militaresunha liquidez que lle permitiu afrontar en 1795 a disolución da socie-dade con José de Andrés García e quedar coa propiedade in solidum dasfábricas: para iso tivo que darlle ao comerciante compostelán diversas pro-piedades en Carril, 350.000 reais en «débedas e efectos» e preto doutros700.000 nun prazo de catro anos, cun xuro do 6 por cen, «a estilo decomercio». Sen os contratos («asientos») coa Facenda Real, Ibáñez nondisporía de capital para facer esta operación, nun momento no que ade-mais pasaba apuros financeiros por débedas contraídas con mercadores vas-cos e ingleses. En diversas memorias afirma que só o movían a fabricarmunicións sentimentos patrióticos e que as instalacións non lle daban máisque perdas, pero segundo cálculos de Carmona obtivo entre 1795 e 1807uns beneficios medios anuais do 22 por cen.20 É certo que as tesourarías doExército e da Mariña ás veces pagaban tarde, non obstante os asientosoutorgados pola administración borbónica constituían en xeral un bo nego-cio, no que participaron importantes empresarios. Ibáñez mesmo tomouen explotación en 1805 a fábrica de Orbaiceta, proba de que as contratasco Estado proporcionaban ganancias.

58Empresarios de Galicia

19Meijide Pardo (1979), p. 195.20 Carmona (1993), p. 17.

Page 59: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

O valor estratéxico que para a monarquía acadaron as fábricas desdeque principiaron as fundicións permitíronlle ao propietario convertersenunha especie de señor con respecto a milleiros de campesiños dacomarca. O estabelecemento dáballes traballo continuo a uns 250homes, parte deles técnicos procedentes das siderurxias do País Vasco,Navarra e Cataluña, ocupados na fundición, moldeo e dirección do car-boneo. Pero os carretos do carbón e do mineral —de Galdo, Reinante eAsturias— quedaron como obriga dos labregos das xurisdicións inmedia-tas a Sargadelos, que debían concorrer con bois e carro cando o propie-tario o considerase preciso e llelo comunicase ás xustizas locais. A istoengadíase o monopolio dos recursos forestais outorgado polas autorida-des a prol da siderurxia. De xeito que Sargadelos tiña unhas indubidábeiscaracterísticas modernas no que toca á natureza privada da empresa, áconcentración produtiva e á mecanización e á especialización dos traba-lladores, pero funcionaba durante a vida de Antonio Raimundo Ibáñeznun contexto de privilexios característico das reais fábricas, nas que omercado non era, nin moito menos, o mecanismo principal de asigna-ción de recursos. Formas coercitivas propias do sistema señorial eran ásque permitían dispoñer de carbón, de mineral e de forza de traballo noncualificada, unha situación máis común na Europa oriental ca na occi-dental cando se trata de empresas privadas.As grandes limitacións impostas aos campesiños no uso dos montes,

tanto para recoller leña e estrume coma para pastos, a obriga de carretos—ata 24 por veciño ao ano—, as multas e encarceramentos dos que nonrespectaban os privilexios das reais fábricas, foron aumentando un des-contento que xa amosara cando se coñecera o proxecto de Ibáñez. A opo-sición ao estabelecemento de Sargadelos tiña un carácter «interclasista»:a carón dos labregos, e en ocasión acochados detrás, estaban os curas, osfidalgos e as autoridades locais relacionadas con eles, que se opoñían a«industria en grande», por considerar que as novas ocupacións trastorna-ban a sociedade tradicional e ocasionaban o abandono da labranza e aminoración das rendas e dos décimos. Ibáñez coñecía ben a situación edenunciará en numerosas ocasións os notábeis locais —curas, fidalgos,xuíces e procuradores dos concellos— por entorpecer os carretos.21 Con-

59Antonio Raimundo Ibáñez

21 Borreguero (1994), p. 21.

Page 60: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

seguiu tamén que en 1797 o estabelecemento recibise a protección dunbatallón coa escusa de que os ingleses podían atacar o porto de SanCibrao, onde se embarcaban as municións para A Coruña, pero a razónúltima do «resgardo militar» estaba na oposición xeral coa que atopabano país. Despois de diversos conflitos menores, o 30 de abril de 1798 estalou

un motín no que participaron de catro a cinco mil veciños, a meirande aso-nada que rexistrou a Galicia do Antigo Réxime —aínda que menos preo-cupante para as autoridades cós «bulicios» das feiras de 1790. Os labregostentaron desfacer a fábrica e matar a Ibáñez, que logrou fuxir. Os danoscausados ascenderon a 700.000 reais, e a causa xudicial que se formoupuxo de manifesto as profundas tensións que provocaban os carretos e a res-trición do uso dos montes, así como a implicación de influentes curas efidalgos. A pesar das boas relacións políticas de Ibáñez con membros doexército e do goberno —incluído o mesmo Godoy—, os principais promo-tores non foron condenados, pois contaban con apoios na propia RealAudiencia, un tribunal defensor do equilibrio social e inimigo das institu-cións e corpos non sometidos á xurisdición ordinaria, da que estaba exentana práctica a fábrica, baixo dependencia militar e con cárcere propio.As fábricas seguiron funcionando, e Antonio Raimundo Ibáñez foi

agraciado en maio de 1803 coa Real orde de Carlos III, solicitada por el aopouco de acontecer o motín de 1798, presentando unha longa e algoinchada relación de méritos, na que a condición fidalga pesaba pouco a caróndo seu labor patriótico no desenvolvemento de actividades económicas:

[…] por maneira que se se mira o expoñente como comerciante, fomen-tou cos seus crecidos xiros o comercio en Asturias e Galicia a un grao infi-nito, rendéndolle sumas inmensas ao real erario; deulle vigor á industrianacional en moitos ramos, e socorreu o país nos anos escasos contra acarestía do primeiro alimento, o pan. Se se considera na clase de poboa-dor, construíu de novo moitas casas en Ribadeo, Carril e Sargadelos abeneficio da humanidade e da multiplicación dos nosos semellantes. E sese conceptúa en razón de fabricante ten o honor de levar a Galicia unaindustria descoñecida na provincia, da que viven tantos individuos e daque resultan as utilidades [...] en favor do Estado e do público.22

60Empresarios de Galicia

22Meijide Pardo (1979), p. 254.

Page 61: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A carreira dos honores, que principiara en 1794 co nomeamento decomisario honorario da Mariña culminaría en 1808 coa concesión domarquesado de Sargadelos, do que non chegou a tomar posesión nintampouco ninguén da súa familia.A construción da siderurxia de Sargadelos e logo a fundición continua

de municións para o exército concentraron a atención de Ibáñez desde1791 ata a súa morte. O valor estratéxico da fábrica proporcionoulle re-cursos económicos, relacións, poder e honores, pois na década de 1790convértese nun empresario moi importante nos ámbitos económico e po-lítico: do alto forno saía «o ferro xusticeiro que defende a Nación». As reaisfábricas non lle fixeron, no entanto, polo menos ata 1798, abandonar ocomercio de importación, e continuou co negocio da augardente, ocasio-nalmente do viño, cereal e produtos coloniais, e sobre todo do liño. Iso si,tivo que ceder responsabilidades, en particular a membros da familia, des-centralizando a xestión. O seu cuñado Acebedo administrou por tempadasSargadelos; un xenro encargouse de Orbaiceta en 1805; as cobranzas doliño fiado tampouco eran xestionadas a altura de 1798 directamente porel, senón por persoas de confianza. O interese que sempre tivo polo co-mercio ponse mesmo de manifesto en diversos escritos, publicados ouinédi tos, e nos que o tema máis presente é a liberdade de importación eexportación. Neste aspecto loitou, elevando ao goberno ata catro repre-sentacións, para que o porto de Ribadeo fose habilitado para o tráfico conIndias.23Entrado o século XIX, Ibáñez atende principalmente as actividades

industriais, que procura diversificar mentres lles presta menos atenciónaos negocios de importación. O arrendamento do noveno decimal da dio-cese de Lugo en 1802-1805 parece froito da estratexia de tentar cobrarpor ese medio atrasos da Facenda Real por mor dos asientos, cousa queen parte conseguiu. En 1805 —ou xa en 1801— planificou, segundo J.E. Casariego, unha grande instalación téxtil, que empregaría liño, algo-dón e la, e daría «honesta e produtiva ocupación a máis de trescentas cin-cuenta familias na fabricación e tinturaría de teas brancas e debuxos». A

61Antonio Raimundo Ibáñez

23 Casariego (1974), pp. 272-288.

Page 62: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

idea non pasou de proxecto, o mesmo que a tentativa do ano seguinte delevantar unha fábrica «de botellas e vidros mantida con carbón mineral»,na que traballarían especialistas alemáns.En troques si conseguiu pór en marcha, poucos anos antes da súa

morte, unha fábrica de louza, imitada da inglesa, para a que aproveitouos caolíns de Burela. As primeiras mencións do proxecto son de 1801, aautorización real é de 1803 e a construción do ano seguinte. En 1806afirma que estaba en condicións de empregar cen obreiros ou máis, eGodoy outorgoulle o privilexio «de que ningún poida entremeterse nasminas, vetas, filóns de terras, areas, cuarzos e outras materias propias paraformar louza que descubriu [Ibáñez], e na que descubra en adiante».24Existían en Galicia pequenos obradoiros de louza basta, pero a insta -lación de Ibáñez, á que Sargadelos debe hoxe a merecida sona, diferen-ciábase polas dimensións e por estar baixo a dirección de técnicos, enprincipio o portugués José Antonio Correa de Saa. As primeiras pezas,que tentaban imitar a louza de Bristol e ocupar o seu lugar no mercadoespañol, consistían en placas, floreiros, vasos, e tiñan cor branca crema.25Como ten sinalado Carmona, Sargadelos foi pioneira en España «na ela-boración comercial de louza branca para consumo doméstico, xa que afactoría do Buen Retiro o que pretendera era fabricar «china», denomi-nación que por aquel entón recibía a porcelana, un produto moito máiscaro», e apenas presente no mercado a comezos do XIX.26Antonio Raimundo Ibáñez morreu de mala maneira o dous de fe-

breiro de 1809, nas veigas de Dompiñor, ás portas de Ribadeo, a mansdun grupo de persoas non identificadas que o viña perseguindo, que seasañou con el e que logo asaltou e saqueou o pazo que tiña na vila, hoxecasa do Concello. Formaba parte da xunta local que se vira obrigada a en-tregarlles a vila aos franceses, e rumoreábase que estes non atacaran Sar-gadelos porque ás caladas se entendían co propietario. De nada valeronas súas proclamas de patriotismo, apoiadas en donativos para a guerra e

62Empresarios de Galicia

24Meijide Pardo (1979), p. 230.25 Vilar Checa (1970), p. 64.26 Carmona (1996), p. 143.

Page 63: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

63Antonio Raimundo Ibáñez

na propia traxectoria de relacións económicas co Exército e coa Mariña.É probábel, con todo, que o seu suposto afrancesamento non fose máisque a escusa que atoparon os numerosos inimigos que se fora fa cendodesde 1788 para, na confusión bélica de 1809, rematar o que non puide-ran o 30 de abril de 1798. Nin os labregos, nin os fidalgos, nin os curaschoraron por el, nin quizais lle rezaran moitos responsos. A partida de de-función é breve e fría.Entrado nos 60 anos, Ibáñez deixaba en pé a principios de 1809 un

importante, diversificado e innovador complexo industrial, formado polasiderurxia e pola fábrica de louza. A situación financeira non era boa por-que as dificultades da Facenda Real, agravadas pola guerra de 1808, pro-vocaran atrasos de consideración no pago das municións que producíanSargadelos e Orbaiceta. No testamento de 1801 el e a súa dona mellora-ran o fillo primoxénito José Ibáñez, «sinalando as expresadas fábricas,casa principal de Santa María do Campo [Ribadeo] e outros bens a elec-ción do mellorado». José Ibáñez quedaba, polo tanto, á fronte de Sarga-delos e coa obriga de darlles a lexítima aos seus nove irmáns. Segundounha relación xurada de 1811 o patrimonio familiar consistía en variascasas e diversos almacéns en Ribadeo, uns 800 ferrados de rendas naMariña (sen contar algunhas en Asturias) e nas fábricas de ferro e louza.Casas e rendas produciría líquido 12.982 reais por ano, a siderurxia150.000 mentres «a nova fábrica de louza non rende ata agora utilidades.Hai pouco tempo que traballa con algún proveito, e os seus produtosaínda non acadan para o seu empeño e os salarios de 80 persoas que xaocupa, e máis gastos».27Os problemas cos que se atopaba José Ibáñez non eran poucos: a side-

rurxia dependía por completo das tesourarías do Exército e da Mariña,daquela pouco solventes; había que pagar os xuros das débedas e os noveirmáns reclamábanlle as lexítimas, taxadas cada unha delas en 220.000reais. Unha das solucións que toma desde 1809 é a de diversificar a pro-dución do alto forno, fundindo carradas de potes «para cumprir os con-tratos [...] con algúns comerciantes que me anticiparon sumas de diñeiropara soster o único estabelecemento na súa clase con que hoxe conta a

27Meijide Pardo (1979), p. 290.

Page 64: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

64Empresarios de Galicia

nación». Durante a Guerra da Independencia, a siderurxia de Sargade-los adestrábase, polo tanto, na produción civil de «potes de Burdeos»,finalidade que se correspondía co proxecto orixinal. E para iso tiña quecontar, outra volta, co capital dos comerciantes por xunto composteláns,que pagaban por adiantado os potes. Comezaba así unha nova xeira, naque os comerciantes de Santiago, nomeadamente os De la Riba, van terun papel fundamental. Cando eles se retiren, en 1860, os fornos de Sar-gadelos non tardarán en apagarse.28

28 Carmona (1993 e 1996).

Page 65: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

65Antonio Raimundo Ibáñez

Bibliografía

Alcalá-Zamora, J. (1974): «Producción dehierro y altos hornos en la España ante-rior a 1850», Moneda y Crédito, 128.

Barreiro, X. R. (1988): «La burguesía com-postelana: la familia de Andrés García»,en R. Villares (coord.): La ciudad y elmundo urbano en la historia de Galicia,Santiago, Tórculo.

— «Ibáñez», en Gran Enciclopedia Gallega,t. 17.

Borreguero García, E. (1994): Documen-tos para la historia de las reales fábricasde Sargadelos en el archivo general mili-tar, Sada-A Coruña, Eds. do Castro.

Callaham, W. J. (1969): «Don Juan de Go-yeneche: Industrialist of Eighteenth-Cen-tury Spain», Business History Review,XLIII.

Carmona, J. (1990): El atraso industrial deGalicia. Auge y liquidación de las ma-nufacturas textiles (1750-1900), Barce-lona, Ariel.

— (1993): «Sargadelos en la historia de la siderurgia española», Historia Indus-trial, 3.

— (1996): «Sargadelos, una empresa diver-sificada en el siglo XIX», en F. Comín eP. Martín Aceña, (eds.): La empresa enla historia de España, Madrid, Civitas.

Carmona, J., e X. García-Lombardero(1988): «De fábrica dispersa a parientede aldea: la cuestión industrial en los orí-genes de la España contemporánea», enE. Fernández de Pinedo e J. L. Her-nández Marco (eds.): La industrializa-ción del Norte de España, Barcelona,Crítica.

Casariego, J. E. (1974): El marqués de Sar-gadelos o los comienzos del industrialismocapitalista en España, Oviedo, Institutode Estudios Asturianos.

Dopico, F. (1978): A Ilustración e a socie-dade galega. A visión de Galicia nos eco-nomistas ilustrados, Vigo, Galaxia.

Hernández Sampelayo, P. (1931): «Hie-rros de Galicia», Memorias del InstitutoGeológico y Minero de España, Madrid,Gráficas Reunidas, vol. II.

Laverde, G. (1879): «Apuntes para la bio-grafía de D. Antonio Raimundo Ibáñez»,La Ilustración Gallega y Asturiana, 33-34.

Meijide Pardo, A. (1971): Economía marí-tima de la Galicia cantábrica, Valladolid,Universidad.

— (1979): Documentos para la historia delas Reales Fábricas de Sargadelos, A Co-ruña-Sada, Eds. do Castro.

Ocampo Suárez-Valdés, J. (1990): Cam-pesinos y artesanos en la Asturias prein-dustrial (1750-1850), Gijón, Silverio Cañada.

Otero Pedrayo, R. (1961): Síntesis histó-rica do século XVIII en Galicia, Vigo, Ga-laxia.

Rodríguez-Villasante, J. A. (1994): Lasreales fábricas de Sargadelos y la Armada(1791-1861): las fuentes documentalesen los archivos navales militares, Sada-ACoruña, Eds. do Castro.

Saavedra, P. (1985): Economía, política ysociedad en Galicia: la provincia de Mon-doñedo, 1480-1830, Santiago de Com-postea, Xunta de Galicia.

Vilar Checa, E. (1970): El marqués de Sar-gadelos y su obra, Sada-A Coruña, Edi-cións do Castro.

Page 66: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

MANUEL DE LA RIBA1780-1831

Page 67: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Quen padeza do defecto do espellismo histórico, que consiste en pro-xectar no pasado a realidade presente, non poderá explicarse o feito deque, entre 1760 e 1820, na cidade de Santiago de Compostela se confor-mase unha protoburguesía economicamente moi poderosa e socialmenteavanzada disposta a tomar o relevo das vellas clases privilexiadas no con-trol do país.Non debería estrañar isto se temos en conta que Santiago era, cos seus

16.000 habitantes, non só a cidade máis poboada de Galicia senón taménde todo o noroeste peninsular, incluídas as cidades de Bilbao, Oviedo,Xixón e Santander. Tampouco debería estrañar aquilo se sabemos que acomposición socioprofesional da cidade contaba con 64 familias nobres(465 persoas), 254 familias de clérigos (766 persoas), 83 familias de im-portantes mercadores (440 persoas), 126 familias de empregados na admi-nistración (679 persoas) ademais dos profesores da universidade e dosalumnos, que conformaban un mercado urbano moi selecto.1Os comerciantes composteláns, na medida en que foron conquis-

tando novos espazos e acumulando beneficios, necesitaron abrirse aogran comercio ultramarino e do Báltico e por iso fixeron de Carril o seu

Xosé R. Barreiro FernándezCatedrático da Universidade de SantiagoPresidente da Real Academia Galega

UN MODELO DE PROTOBURGUESÍA COMPOSTELÁ

1 Dubert (1987), p. 136.

Page 68: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

porto (Carril está a menos de cincuenta quilómetros de Santiago deCompostela) e foron situando estratexicamente os seus almacéns en vilascomo Ribadeo, Viveiro e Pontecesures.Non foi certamente don Manuel de la Riba o empresario máis impor-

tante da cidade de Santiago de Compostela. Na xerarquización econó-mica superábano as firmas de don Ramón Pérez Santamarina;2 de donXosé de Andrés García;3 dos irmáns García Pan e, posibelmente, a firmade Silverio Moreno. Pero a súa firma si foi representativa dun modelo deempresariado que se xesta en Santiago a partir de 1760 e dura ata a grancrise dos anos 1820-1830 e cuxas características son as seguintes:

� Procedencia foránea e sen capital inicial ningún.4

�Matrimonio coa filla dun empresario e acceso, á súa morte, ao con-trol dunha pequena empresa.5

� Potenciación da empresa aproveitando a magnífica conxuntura quese abre a partir de 1778 grazas á apertura do comercio americano.

� Diversificación empresarial: comercio, industria, barcos, etc.

� Administración de grandes masas de bens (Cabido, Crédito Público,Graza do subsidio, etc.) que permiten a intelixente utilización decapitais nas empresas propias.

Estamos, pois, ante unha firma importante economicamente, moi benequilibrada na xestión e na diversificación empresarial e, por iso, cunhacapacidade de resistencia que lle permitiu traspasar o gran maremoto doperíodo 1820-1854 e que quedou moi diminuída nos seus intereses, perosobreviviu nun período no que as máis poderosas firmas sucumbiron.

68Empresarios de Galicia

2 Barreiro Fernández (2001), pp. 1055-1073.3 Barreiro Fernández (1988), pp. 269-295.4 Dos 152 comerciantes e industriais que estiveron censados en Santiago entre 1760 e

1808 só 31, é dicir, o 20,3% son de orixe galega. Sobre as posíbeis causas desta anomalía cfr.o noso artigo «Comerciantes e industriales de Valladolid en Santiago (1760-1808)» entre-gado para a súa publicación en Homenaxe ao profesor J. Palomares.

5 Como veremos, iníciase como mancebo da empresa da «Viúva de D. Lucas deBarros», quen morrera en 1777. Desde a súa morte a viúva dona Josefa de Lago estaba asis-tida por dous mancebos que vivían na súa casa. O que actuaba de rexente, don RoquePiñeiro, sobriño da viúva, separouse da empresa en 1779 para constituír unha empresa pro-pia. Iso é o que explica a chegada de Manuel de la Riba, no ano 1780 para suplilo.

Page 69: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

De 1780 a 1804. Os inicios dunha gran firma

A primeira noticia de De la Riba que temos é do ano 1780 cando apa-rece rexistrado como mancebo de dona Josefa de Lago, na parroquia deSan Bieito.6Manuel de la Riba7 era natural de Ortigosa de Cameros e fillo de don

Manuel de la Riba del Molino e de dona Rosa Moreno e chegou a Gali-cia, como tantos outros, sen ningún capital previo, dispostos a aproveitara conxuntura favorábel, atraídos por parentes xa instalados na zona.As casas dos comerciantes de Santiago, concentradas na praza do Pan

(actual Cervantes), Preguntoiro, Acibechería e Casas Reais (todas estasrúas pertencían á parroquia de San Bieito), eran arquitectonicamentemoi vulgares, moi espazosas no interior e dunha austeridade no mobilia-rio que sorprende en persoas con tanto capital. Aínda que case todasforon reformadas a finais do século XVIII non perderon a austeridadeexterior nin a funcionalidade interior.Na planta baixa estaba o comercio ou a lonxa que normalmente tiña

dúas entradas por dúas rúas distintas. Na primeira planta, a máis nobre,vivía o patrón e a súa familia. Na segunda e, ás veces, nunha terceiravivían os mancebos e as criadas.O mancebo habitaba, pois, na casa e estaba no que no dereito parti-

cular galego se chamaba «a mesa e os manteis», é dicir, que a casa so-portaba todos os seus gastos de comida e durmida, gastos medicinais emesmo se lle daba un traxe por ano. As soldadas acordadas entre o patróne o mancebo non as percibía este ata que chegaba o momento no que seindependizaba da firma para montar el unha nova empresa. Recibía entón(despois de traballar uns dez ou doce anos) todas as soldadas xuntas queconstituían o capital base para a nova empresa. Como a independenciase facía case sempre de común acordo entre o patrón e o mancebo, xa que

69Manuel de la Riba

6 ADS, Parroquia de San Bieito, padrón parroquial do ano 1780.7 Desde 1780 en que xa está rexistrado nos padróns parroquiais ata 1786 aparece sem-

pre como Manuel de la Riba, sen o don que, na época, era o reflexo da consideración social.Os empregados eclesiásticos eran moi coidadosos neste punto. É indicio, pois, de que nestesanos non o vían como señor. Debemos advertir que a condición de mancebo non eraincompatíbel co don. Ademais de mancebo, quen merecera o don debía ter outras circuns-tancias relevantes.

Page 70: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

as súas relacións eran case familiares, aquel normalmente entraba a formarparte da empresa do mancebo achegando capital. Esta era a forma habi-tual de reprodución empresarial en Galicia. Outra forma era a que uti-lizou De la Riba: casar coa filla do patrón da empresa.A convivencia dos mancebos na casa familiar facilitaba os emparella-

mentos e, desta forma, converteuse nun sistema de reprodución empre-sarial moi ben visto polos patróns das empresas. E a pesar dos elementosde interese que interviñan nestas unións, aparentemente polo menos, osistema funcionaba ben porque só coñecemos un caso de divorcio entodos eses anos.Dona Josefa de Lago decatouse axiña de que entre De la Riba e a súa

filla dona Francisca de Barros había algo máis que amizade así que axili-zou o proceso e constituíu, o 17 de febreiro de 1791, unha nova compa-ñía na que entraba don Manuel de la Riba como socio. Mantíñase afirma Viúva de D. Luis de Barros, e De la Riba percibiría 1/4 das utilida-des e ascendía de mancebo a socio da empresa. O 30 de agosto de 1792casaron, na igrexa de San Bieito, don Manuel de la Riba e dona Franciscade Barros8 e seguiron vivindo na casa de dona Josefa de Lago situada naAcibechería, con entrada por esta rúa e outra pola Troia.O matrimonio con dona Francisca e a condición de socio da empresa

déronlle unha respectabilidade social que se pon de manifesto nestemesmo ano cando aparece asinando, cos grandes comerciantes compos-teláns como representante da casa da Viúva de D. Luis Barros, nas recla-macións, nos poderes ou nas representacións que fan os comerciantes deSantiago9 e tamén cando no ano 1793 resulta elixido Deputado doComún no Concello de Santiago. Morre dona Josefa de Lago o 8 de marzo de 1797 e como non tiña

máis fillos que dona Francisca, don Manuel de la Riba recibe integra-mente o comercio.

70Empresarios de Galicia

8 ADS, Libros parroquiais, San Bieito, Matrimonios. Data: 30 de agosto de 1792.9 AUS, Protocolos, 6253, escritura do 15 de febreiro de 1792.

Page 71: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Desde 1804 á súa morte en 1831

No ano 1804 o Cabido de Santiago de Compostela nomeouno mor-domo ou administrador dos bens da mensa capitularis, nomeamento quesignificaba un salto cualitativo na súa vida.A administración dos bens do Cabido era un público recoñecemento

tanto da súa honorabilidade coma da solidez da súa economía, porqueestamos falando da institución economicamente máis poderosa da cidadee cunha sabia experiencia na selección do persoal ao seu servizo. A administración dos bens do Cabido estaba compensada cun salario

de 50.000 reais ao ano, cantidade que lle permitía a unha familia vivircon luxo.Posibilitaba, así mesmo, a utilización prudente do capital do Cabido

en investimentos produtivos, xa que o Cabido nunca esixía entregar atotalidade do capital recadado no ano, e deixaba dun ano para outro unmillonario remanente que era o que podía empregar o administrador eninvestimentos.10 Posibelmente iso explica que o 18 de agosto de 1829ante «a urxente necesidade na que se atopaban de diñeiro para atender osoporte e fomento das expresadas Reais Fábricas», De la Riba lle prestasea don José Ibáñez Acevedo e a don Francisco Acevedo, donos da fábricade Sargadelos, 429.755 reais.11Finalmente, a administración do Cabido posibilitaba a adquisición

en óptimas condicións económicas de rendas e terras que se subhastabanpor falta de pago. É dicir, como administrador do Cabido responsabilizábasede alugarlle periodicamente a unha persoa as rendas que se lle pagabanao Cabido, por un determinado tempo. Quen asumía o alugueiro tiñaque hipotecar bens en proporción superior ao valor da renda alugada, e,ademais, debía presentar un fiador. Se chegado o momento o que arrendaraas rendas non ingresaba na administración do Cabido o valor do arrendado,procedíase ao embargo desas terras e rendas hipotecadas ou, se non eran

71Manuel de la Riba

10 Poden verse algunhas das contas entre De la Riba e o Cabido nos protocolos nota-riais, por exemplo en AUS, Protocolos, n. 6663, escritura do 7 de setembro de 1818; Proto-colos, n. 6664, escritura do 23 de setembro de 1819.

11 AUS, Protocolos, n. 7852, escritura do 18 de agosto de 1829. Iso explica que oCabido sorprendentemente pasase a ser socio capitalista da fábrica de Sargadelos.

Fotografía da páx. seguinte:Praza do Pan (actual deCervantes), epicentro docomercio compostelán

do século XVIII, nunha fotografía de finais

do século seguinte

Page 72: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 73: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 74: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

suficientes, recorríase ao afianzador. Logo sometíanse á venda xudicial.Frecuentemente os administradores mercaban á baixa estas rendas e terras,por persoas interpostas, que despois llelas transferían. Calquera que sexao xuízo ético que tales actos nos merezan, está comprobado que moitosadministradores foron engrosando o seu patrimonio con terras e rendasconseguidas por esta vía, e don Manuel de la Riba non foi unha excepción.Cando, máis adiante, falemos do seu poder de renda exemplificare-

mos algúns destes casos.Durante este período, entre 1804 e 1831, De la Riba consolidou o

seu poder económico, e diversificouno con varias empresas, e foi capazde resistir durante a gravísima crise entre 1820 e 1854, o que revela a for-taleza da súa firma.

Principais dedicacións empresariais

O comercio de Santiago

Situado na Acibechería, números 26 e 27, era unha casa que fora re-construída en 1806 por De la Riba no terreo doutra que xa fora de súa so-gra e mercada en 1785. No ano 1799 adquiriu outra, pagada e sobre o te-rreo das dúas levantou unha nova casa que daba á Acibechería e á Troia.Como era habitual naquel tempo tratábase dunha casa grande, co comer-cio no baixo e moi austera arquitectonicamente. A burguesía compostelárefugaba dos signos externos de poder, deixáballes ese privilexio á Igrexae á nobreza, co que se demostra a súa falta de ambición social e política.Lamentabelmente, o reconto dos bens de don Manuel de la Riba.12

non se fixo, como era habitual, unidade por unidade o que nos permiti-ría facer unha valoración dos distintos comercios, almacéns, fábricas,etc. Pola contra, fíxose un reconto orientado exclusivamente a coñecero estado global económico da firma, é dicir, do que había para repartiloentre os herdeiros. De todos os xeitos algúns aspectos si que os podemoscoñecer.Todo parece indicar que o comercio de Santiago era o buque insig-

nia da firma. Cando morreu don Manuel había en caixa 520.224 reais e,

74Empresarios de Galicia

12 AUS, Protocolos, n. 7854, co testamento e coas partillas da herdanza de don Manuelde la Riba, folios 27-92.

Page 75: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

en débedas activas, é dicir, a favor da empresa: 1.662.485 reais. As débe-das pasivas lamentabelmente non se incluíron nas contas do comerciosenón que se fixeron globalmente.Nos últimos anos, o comercio debeu resentirse a causa da grave crise

económica porque hai un dato indirecto elocuente: en 1824, don Manuelconstituíu compañía co seu fillo don Luís de la Riba. Don Luís partía duncapital na empresa de 160.000 reais e o pai aseguroulle 1/4 nas utilida-des. Pois ben, cando morreu don Manuel, polas utilidades destes sete anossó lle correspondían a don Luís 34.810 reais, apenas 5000 reais por ano.

A fábrica de curtidos de Ponte Pedriña (Santiago)

Era a fábrica propiedade de don Ignacio Calvo Cárdenas. Á súa morte,a viúva dona Teresa Sequeiros, que residía en Ferrol, cedeulle a súa xeren-cia a don Pedro Antonio López. A crise pola que pasaba a fábrica deter-

minou a entrada como socio capitalista noano 1809 (o 24 de outubro) de don Ma-nuel de la Riba por oito anos. O 6 de abrilde 181913 De la Riba mercou por 70.947reais a parte que na fábrica tiña o avogadoda Coruña don Miguel Belorado, quenparece ser que mercara os dereitos de donaTeresa Sequeiros; queda a partir deste mo-mento como único propietario De la Riba.Cando en 1831 se fai a taxación dos

bens, a fábrica foi valorada en 1.224.569 reais, dos que 342.310 eran o valor da fá-brica (edificio, aparellos, dereitos de auga,etc.) e 882.259 valor da materia prima (coi-ros, casca, etc.) e do produto xa elaboradoe non vendido.

75Manuel de la Riba

13 Documentación sobre a fábrica e os distintos propietarios desta en AUS, Protocolos,n. 6.617, escritura do 30 de xullo de 1797; n. 7.000, escritura do 7 de xuño de 1803. A escri-tura da adquisición da fábrica completa por De la Riba, en n. 7.844, escritura do 19 de abrilde 1819.

Estado da antiga fábrica de coiros de Ponte Pedriña

de Arriba, situada no compostelán barrio do

Romaño, que pertenceu aManuel de la Riba,

contra 1990

Page 76: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Almacéns de Carril

Como todos os poderosos comerciantes de Santiago, estabeleceu enCarril varios almacéns e unha casa principal ou factoría. O chamadoAlmacén Grande foi construído na rúa da Concheira en 1803. Namesma rúa tiña a factoría construída nun terreo que lle mercara en 1797a don José García Bravo. Na rúa de Portugalete tiña outro almacén cons-truído en 1795.Non lonxe, en Sobredelo, tiña a casa-granxa de Fonte Carmoa, que

lle mercara no ano 1801 a dona María do Carme Romay e a horta La Fal -da, que lle mercara mercada en 1797 ao Duque de Patiño.Carecemos de valoracións destes almacéns.

Participacións en barcos

A diferenza doutros importantes comerciantes de Santiago, comodon Ramón Pérez Santamarina ou don José de Andrés García, De laRiba non foi armador. Consta que tivo unha cuarta parte da goleta Anita,valorada a súa participación en 7500 reais; unha terceira parte do queche-marín Nuestra Señora del Rosario, cunha participación de 5650 reais eunha lancha en Carril valorada en 1630 reais.

Propiedade inmobiliaria

Ademais da casa principal na Acibechería, De la Riba mercoulle adon Manuel Díez Tabanera en 1795 unha casa na Vía Sacra númerocatro por 80.000 reais, na que máis adiante vivirá o seu fillo don Luís dela Riba. Na praza do Toural había outra casa da familia que xa pertenceraa dona Josefa de Lago. Na rúa Travesa, número nove mercou en 1829 Dela Riba outra casa que pertencera a don Jaime Ríus.Fóra de Santiago don Manuel de la Riba adquiriu varios lugares coa

correspondente casa e terras anexas.Ademais das rendas e terras que recibiu a súa muller por herdanza,

De la Riba foi ampliando o seu patrimonio: nos anos 1808 e 181414adquiriu por 39.000 reais o lugar de Folgoso (Santa Eulalia de Pereira),por venda xudicial á que se viu obrigado don Juan Antonio de la Iglesia.

76Empresarios de Galicia

14 AUS, Protocolos, n. 6697, escritura do 7 de outubro de 1818.

Page 77: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

O 1 de xuño de 182715 mércalle a don Francisco Laredo un lugar enLores (A Lanzada) por 13.000 reais. Este lugar fora previamente compradopor Laredo o 13 de setembro de 1810 por venda xudicial feita por don Fran-cisco Domínguez de Lores, por ser fiador de don José Rodríguez Oubiña e por non pagarlle á administración do Cabido o alugueiro das rendas.De la Riba persegue xudicialmente a don Bieito de Roo (de Santa

Cristina de Barro) por falta de pago de 9700 reais, valor do alugamentoda sinecura de Santa Cristina no ano 1818. En 1822 póñense en vendaxudicial dezaseis terreos de don Bieito de Roo, que foron comprados pordon José Villarodo en 8600 reais. Pero o comprador recoñece que carecede metálico e pásalle os terreos a De la Riba.16En 1821 don Tomás López Llano merca rendas en venda xudicial no

Eixo, en Sar e Aríns. No mesmo ano transfírellas a De la Riba. En 1825o cóengo don J. Martínez Oliva recibe bens en Cabral por falta de pagodas rendas da súa prebenda, logo e unha vez percibido o valor das rendas,traspásallos a De la Riba por 10.000 reais.Foi así como De la Riba constituíu un patrimonio de rendas e terras

en Marrozos, Marantes, Eixo, Sar, Aríns, Xavestre, Busto, Budiño, Pe -reira, San Pedro de Muro, Cullergondo, Cesantes, Santa Mariña deCabral. Aínda que non temos a valoración deste patrimonio, dificilmen -te pasaba do cinco por cento do seu patrimonio total.

Vales

Declárase no corpo da herdanza que tiña 16.300 pesos en vales con-solidados, e 3000 en vales non consolidados.Tiña, así mesmo, un censo redimíbel desde 1800 de 5000 ducados

que lle producía 2000 reais cada ano.

Outras administracións

Ademais da administración dos bens do Cabido, foille encomendadadesde 1805 a administración do crédito público da cidade de Santiago. Noseu testamento recoñece que entregou as contas ata o 10 de marzo de 1830.

77Manuel de la Riba

15 AUS, Protocolos, n. 7850, escritura do 1 de xuño de 1827.16 AUS, Protocolos, n. 7851, escritura do 23 de setembro de 1828.

Page 78: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Desde 1805 foi o Colector da Real Graza do Subsidio do Arcebispadode Santiago.Foi, así mesmo, o Comisionado principal da Comisión Gobernativa

e administrador da Consolidación de Vales da Caixa de Santiago.Foi tamén representante de varias casas estranxeiras, como as de Hoch-

leiter, de Amsterdam; da Casa de don Pedro Lucador e Sobriño, de Bur-deos e apoderado da Casa de D. Federico Huth e Cía. de Londres.

Valoración de conxunto da firma D. Manuel de la Riba

Para interpretar axeitadamente os datos que imos proporcionar, espe-cialmente os que fan referencia ás débedas activas e ás débedas pasivas, énecesario ter claro o comportamento do mercado interior galego no que,a firma de De la Riba, tiña o seu espazo máis importante.Aínda que non se especifican cales son os produtos que os clientes

demandaban das empresas de De la Riba, sabemos que eran preferente-mente dous: os coiros xa preparados, que levaban os intermediarioscomerciantes das vilas para distribuír entre os centos de zapateiros ezoqueiros da zona rural e os potes de Inglaterra e de Sargadelos que, asímesmo, constituían un obxecto comercial moi importante.Os comercios de De la Riba atendían cidades como A Coruña, Vigo,

Ourense, Pontevedra e, en menor medida, Lugo e Ferrol.Pero era nas vilas onde se concentraba a maior parte do comercio: � En Padrón, atendendo á demanda de comerciantes como don RamónGarcía, don Ángel Artime, don Juan Antonio Cobián, don Manuel dela Riba Molino e don Ángel Varela. Entre os cinco confesaban unhadébeda de 134.029 reais. � En Redondela onde dous comerciantes, don Antonio José Rubíane don José Antonio Foyo, tiñan unha débeda de 118.317 reais.� En Celanova os comerciantes don José Rodríguez, don Manuel deCastro e don Manuel Fernández Rebolledo, debían 30.271.� No Carballiño os comerciantes don Esteban Lourido, don Xosé Ma-nuel e Bernardo Valeiras e don Ángel Pérez debían 67.738 reais.� En Viana do Bolo debían 40.903 reais, don Juan Márquez e donFrancisco Martínez.

78Empresarios de Galicia

Page 79: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

� En Vilanova, don Diego Martínez debía 33.000 reais.� En Maceda, don José Fernández debía 25.942 reais.� En Vilagarcía, dona Bernarda Crespo recoñecía deber 41.217 reais.� E en parecidas cantidades están afectados os comerciantes de Meira,Betanzos, Caldas, Ribadavia, Ribadeo, Cambados, Tui, Arzúa, Vi-veiro, etc.Ata en Dacón, preto do Carballiño, dous comerciantes, don Fran-

cisco Carro e Manuel de Mata debíanlle á firma 74.322 reais.Isto lévanos a explicar a complexidade do mercado galego para todos

os empresarios e para todas as empresas.A maior parte dos clientes, mesmo dos que mercan cousas por pe-

quenas cantidades nas cidades, non pagan ao contado. Persoas tan signi-ficadas como o marqués de Santa Cruz, o gobernador militar, ou o co-mandante da praza aparecen debendo cantidades, proba de que taméncompraban ao fiado. Non atopamos nas listas da testamentaría nomes declérigos, máis que ocasionalmente, o que parece indicar que estes, e poucosmáis, dispoñían do numerario necesario para pagar ao contado.Todos parecen estar dependendo do ciclo agrícola que era o que mar-

caba os ritmos do pago comercial. Cando se podía vender o gran a bosprezos, todos, pero especialmente os rendeiros podían pagar as débedascontraídas durante o ano. Pero unha mala colleita, por exceso ou falta deauga, atrasa todo o proceso porque se os campesiños non mercan zocosnin potes, os intermediarios non poden facer fronte coa empresa e estanon pode tampouco pagarlles ás industrias que lles serven os potes ou ásempresas que lles envían os coiros.A fraxilidade deste mercado explica que as chamadas débedas activas

(que cobra a empresa) se xunten en cadernos agardando tempos mello-res ou (no caso de que houbese hipotecas) iniciando o proceso xudicial eo conseguinte embargo e venda. Pero o recurso á xustiza tiña tal gravi-dade e estrépito que só acudían a el en situacións límites.Cando á morte do patrón se facían as partillas entre os herdeiros,

repartíanse tamén as débedas pasivas e os tres tipos de débedas activas: asincobrábeis, as dubidosas e as cobrábeis.Todo isto debe ser contemplado e valorado ao facer unha taxación do

estado económico dunha firma, especialmente nun período de forte criseeconómica.

79Manuel de la Riba

Page 80: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Téñase en conta no activo que a diferenzapositiva é bastante enganosa porque contabili-zamos 1.527.915 reais que practicamente eranincobrábeis e así mesmo moitas das débedasdas considerábeis cobrábeis precisarían tempoou accións xudiciais para o seu cobro.A situación económica da firma estaba,

pois, nun momento moi delicado imputábel ágravísima crise que lles afectou a todas as em -pre sas galegas e estranxeiras.

Como vivía e morría un burgués daquel tempo

A casa de don Manuel de la Riba parece ser que constituía unhaexcepción entre as da súa clase en Santiago. Non nos referimos á súaarquitectura exterior, austera e vulgar, senón ao seu acomodo interior.Está claro que non é so a casa dun comerciante e industrial senón a casado administrador do Cabido e doutras importantes administracións doEstado e que, por iso, está obrigado a recibir na súa casa, e a manter undecoro proporcionado ás institucións que representa.Na casa había un gran servizo de prata, con dúas vaixelas, unha com-

pleta con vinte e catro servizos de mesa, e outra incompleta que era a de«uso diario» ademais de vinagreiras, salseiras, saleiros, pratos para colocarsobre elas os vasos, froiteiros, recipientes para os escarvadentes, pratiñospara os cigarros, distintos tipos de bandexas, etc.20Tamén eran de prata seis grandes candelabros, procedentes de Ingla-

terra, foles, almofías e xerras para o tocador.A casa estaba sobrecargada de móbeis porque, ademais da familia,

convivían con eles un ou dous mancebos e tres e ás veces catro criadas.Mentres que os móbeis dos mancebos e do servizo son vulgares, no piso

80Empresarios de Galicia

Inmóbeis, rendas e terras 729.587 reais17

Fábrica da Ponte Pedriña 882.259 reais

Comercios 953.204 reais18

En metálico 517.624 reais

Censos e vales 532.920 reais

Débedas activas cobrábeis ou dubidosas 2.006.670 reais

Débedas activas atrasadas: 1.527.915 reais

Total 7.150.179 reais

Débedas pasivas 3.936.827 reais19

Diferenza 3.213.352 reais

17 Cálculo feito por nós ao non aparecer valorado economicamente nas partillas.18 Incluímos todos os comercios, é dicir, Santiago, Carril e almacéns.19 Datos tomados do reconto dos bens en 1831 que aparecen relacionados polo miúdo.20 Datos tomados do reconto dos bens en 1831 que aparecen relacionados polo miúdo.

Page 81: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

da familia había tres magníficas cómodas de madeira de xacarandá,mesas e cadeiras de caoba, unha gran cama matrimonial de madeira decedro con cabeceiro de pau santo, vinte e cinco cadeiras de pau de rosae trinta de pau de cerdeira e un piano francés valorado en máis de 5000reais. Había, ademais, alfombras de catalufa de gran valor, espellos decaoba, cornucopias antigas, etc.Aínda que tiña gravados de pazos londinienses, enmarcados, e estam-

pas representativas de acontecementos recentes, como unha sobre o Mo-tín de Aranjuez, outra sobre o Dous de Maio e o retrato de Fernando VII,non se caracterizaba a casa pola riqueza en pintura. Había trinta e trescadros pero todos eran gravados, non había ningunha pintura orixinal.A familia tiña varios manteis chamados reais, pero hai sobre todo un,

moi fino, que foi valorado en 4200 reais.Había na casa seis reloxos de péndulo real, un de esfera e dous de

peto, un de ouro e outro de prata.Lamentabelmente non se fai reconto das xoias (sobrevivía a viúva) e

por iso descoñecemos cal era o valor destas.Sorprendeunos a súa biblioteca, non polo número de volumes (catro-

centos tres), senón pola súa modernidade e variedade: ademais dos librosútiles para un burgués, como os tratados de letras, de cambio, a cienciado xiro, ou dicionarios franceses e ingleses, atopamos as obras de Ward,Proyecto Económico e Modo de remediar la miseria, os catro tomos de LaRiqueza de las Naciones, de A. Smith; o Tratado de comercio de Richard(en francés), o Comercio de Europa, de Marcoleta; Le Progrés du Com-merce, de Necker; o Itinerario de Laborde; os dez tomos do Diccionariode Miñano; Viaje a la América Meridional, de Jorge Juan e Ulloa; asobras de Condillac; trinta e catro tomos do Semanario Erudito de Valla-dares; as obras de Buffon; as Memorias, do Marqués de Pombal, en caste-lán e francés; os oito tomos da Historia Literaria de España, dicionariosfranceses de historia, relixión, etc.Escasean as obras literarias, aínda que conta co Decameron e co Qui-

xote e, sobre todo, escasean as obras de relixión que constitúen, por regraxeral, a base das bibliotecas dos burgueses. De Galicia unicamente vemosos sete tomos do Cura de Fruíme, unha obra de cónsul Jove e o tomo doDiploma de don Ramiro que posibelmente llo regalaron no Cabido ondedebía haber moitos exemplares.

81Manuel de la Riba

Page 82: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Casado, como dixemos, desde 1792 con dona Francisca de Barros21

tiveron cinco fillos supérstites.O maior, don Nicolás de la Riba, amosou desde moi cedo a súa voca-

ción intelectual e o desapego ás empresas. Estudou Dereito na Universi-dade de Santiago, que rematou en 1826, ano no que tamén acadou alicenciatura e o doutoramento.22 En 1822 saíu sorteado para facer o ser-vizo militar, pero o pai buscou un substituto, don Luís Pintor, que cobrou6000 reais pola substitución.23

En 1830 publicou Silva al fausto enlace del Sr. D. Fernando VII conla Serenísima Sra. Doña María Cristina de Borbón24 que, á parte do seumérito poético moi discutíbel, manifesta que De la Riba era liberal eagardaba con ansiedade un cambio na política española. Trasladouselogo á cidade da Coruña onde foi elixido decano do Colexio de Avogadosen 1845, 1853 e 1854. Representou a Galicia como deputado nas lexisla-turas de 1837 e 1840;25 gozou nas Cortes dun gran prestixio como xuristapolas súas intervencións nos proxectos xurídicos nos que participou congran lucidez.O seu segundo fillo, don Luís de la Riba Barros, foi o que se dedicou

ás empresas familiares. Casou con dona Francisca Cabello, filla dunhaprominente familia burguesa, de acordo coa estrita norma de endogamia,norma por suposto nunca escrita, pero que era de obrigado cumprimentopara os burgueses composteláns.26 Foi o continuador da firma do pai.O terceiro fillo, don Manuel de la Riba tamén se dedicou á avogacía,

ao refugar a vida económica. Estudou na Universidade de Santiago deCompostela.27

82Empresarios de Galicia

21 Era filla de don Lucas José de Barros, comerciante de Santiago e de dona MaríaJosefa de Lago, filla do administrador do conde de Altamira.

22 AUS, A 486 libro de Grados.23 AUS, Protocolos, n. 6864, escritura do 11 de setembro de 1822.24 Santiago 1830.25 Barreiro Fernández et alii, (2003), p. 577.26 Sobre Cabello, poderoso comerciante de Santiago, cfr. O noso traballo, «Comer-

ciantes e industriales de Valladolid en Santiago». Vid. nota 4 deste artigo.27 En 1826 graduouse de bacharelato en Lugo (AUS, A-486).

Page 83: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Tiveron outros dous fillos, don Santiago e dona Ana dos que apenastemos información.Non nos consta que se pronunciase politicamente nin que formase

parte de ningún dos bandos ideolóxicos constituídos en Galicia a par-tir de 1808. A súa biblioteca é reveladora dun talante ilustrado e sensíbelás ideas liberais pero a súa pública adscrición ao Cabido, rocha forte doabsolutismo compostelán, xustifica que non expresase exteriormente assúas ideas.No exercicio das súas responsabilidades cando estas eran públicas,

como sucedeu en 1822 en que exercía de administrador do CréditoPúblico procurou conciliar o cumprimento das leis que lles afectaban aosclérigos cun trato de favor disimulado. Viuse na obriga de pechar o con-vento de San Lourenzo de Santiago e ordenou que os frades fosen trasla-dados a San Francisco. Ante a resistencia dos frades e do conde deAltamira que tiña algúns dereitos fundacionais tivo que recorrer á xustiza,preito que, por certo, gañou o conde; De la Riba apelou pero mantivo osfrades fóra do recinto de San Lourenzo.28Cando no mesmo ano de 1822 frei Francisco Ángulo, monxe de San

Martiño, foi expulsado, como os demais, do mosteiro que foi nacionali-zado, solicitoulle ao administrador do Crédito Público, que era De laRiba, que lle permitise seguir atendendo o público na botica de San Mar-tiño polo servizo público que lle prestaba ao lugar de Santiago tal botica.Aceptou De la Riba, pero retiroulle a pensión de trescentos ducados, fixa-dos para a manutención dos monxes expulsados; en adiante debería vivirsó da botica.29Estas públicas demostracións de firmeza cubríanlle as costas ante o

Goberno, pero ocultamente non deixaba de favorecer os frades ou mon-xes afectados. Do contrario non se explica que o abade de San Martiño,frei Leandro Flórez lle estenda (a pedimento seu) unha especie de certi-ficado no que se facían constar estes favores feitos por De la Riba «nahorrorosa revolución» do Trienio. Esta astuta conduta revela o peso quesobre el tiña a súa dependencia dos poderes eclesiásticos.

83Manuel de la Riba

28 AUS, Protocolos, n. 7.485, escritura do 2 de abril de 1822.29 AUS, Protocolos, n. 7.846, escritura do 12 de xullo de 1822.

Page 84: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Morreu don Manuel de la Riba o 2 de abril de 1831. No seu testa-mento redactado o 12 de xuño de 1830 retrátase como un católico prac-ticante que non desaproveita o rito da morte para facer públicas as súascrenzas. Dispón o seu enterro dentro da habitual escenografía barrocaque tanto entusiasmaba os burgueses composteláns: amosa unha espe-cial querenza polos monxes bieitos, xa que dispón ser enterrado co há-bito beneditino e na capela do Socorro de San Martiño, privilexio quecre ter ben gañado polos favores prestados aos bieitos na pasada «horro-rosa revolución». Dispón tamén que no día do enterro se digan todas as misas posíbeis

nas catro comunidades de Santiago (franciscanos, dominicos, agostiñose franciscanos de San Lourenzo) e ofrece a esmola de seis reais por cadamisa (o prezo normal eran tres reais) para asegurarse de que se cumpríaa súa manda. Para os monxes de San Martiño deixa 1500 reais para mi-sas a cinco reais. Lega 12.000 reais para conventos, hospitais e pobres dacidade.

Conclusión

Don Manuel de la Riba é un dos prototipos de empresario galegoentre 1780 e 1830. Foráneo, como o oitenta por cento dos empresarios,chegou a Compostela sen ningún capital, só traía os avais de mozo hon-rado e traballador que lle procuraron os parentes cameranos (de Ortigosade Cameros) que o precederan.Tivo que percorrer o longo camiño que impoñían os hábitos empre-

sariais do momento: comezar como mancebo, ir consolidando o recoñe-cemento da familia na que se integrara ata acadar a condición de socioda empresa (1791, é dicir, aos once anos de traballar nela), tempo máiscurto que o habitual pero que se explica polo matrimonio de don Manuelcon dona Francisca Barros.Co matrimonio e coa titularidade da empresa consegue un creto na

cidade que aumenta aínda máis cando en 1804 o Cabido o elixe como oseu administrador.Diversifica os obxectivos das súas empresas: comercio, industria e

administración, non corre riscos innecesarios, sabe investir con pruden-cia e cautela, no seu propio beneficio ou no do Cabido, os capitais quese lle encomendaran.

84Empresarios de Galicia

Page 85: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Don Manuel de la Riba pola súa riqueza nunca liderou a táboa cla-sificatoria dos burgueses composteláns pero sempre estivo situado nesamedia ducia de grandes empresarios da cidade.Foi capaz de resistir a durísima crise europea que arruinou moitas fir-

mas galegas, aínda que non saíu indemne dela.Foi un burgués refinado na súa vida, nos seus hábitos, nas súas lectu-

ras, no acomodo da súa casa. Aínda que agochou sempre as súas ideaspolíticas, a proximidade ao clero fainos pensar que estaba máis próximoao absolutismo ca ao liberalismo. Non así o seu fillo Nicolás, avogado deprestixio e deputado liberal.

85Manuel de la Riba

Bibliografía

Barreiro Fernández, X. R. (1988): «Laburguesía compostelana. La familia DeAndrés García 1760-1815», en: R. Vi-llares: La ciudad y el mundo urbano enla historia de Galicia, Universidade deSantiago de Compostela.

Barreiro Fernández, X. R. (2001): «Nace-mento, plenitude e ocaso da firma com-postelá D. Ramón Pérez Santa Marina(1760-1830)», Entre Nós, Estudios enhomenaxe ao profesor X. M. Pose Antelo,Balboa e Pernas (coord.), Santiago deCompostela.

Barreiro Fernández, X. R. et alii (2003):Parlamentarios de Galicia. Biografía deDeputados e Senadores (1810-2003) T.I, Santiago de Compostela, 2ª ed.

Barreiro Fernández, X. R. (no prelo):«Comerciantes e industriales de Valla-dolid en Santiago (1760-1808)», Home-naxe ao profesor J. Palomares.

Dubert, I. (1987): Los comportamientos dela familia urbana en la Galicia urbana,Santiago de Compostela.

Page 86: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

JOSÉ PASTOR HORTA1820-1877

Page 87: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

O motivo desta biografía non é outro que o de darmos a coñecer apersonalidade dun comerciante-banqueiro coruñés do século XIX quenon só sentou os alicerces do que sería o máis importante banco galegoda centuria seguinte, senón que pola súa formación, pola súa traxectoriaempresarial, polo seu talante viaxeiro e polas súas actitudes ante os pro-blemas da súa época constitúe un dos personaxes máis fascinantes da nosahistoria contemporánea. A gran cantidade de detalles autobiográficosplasmados na súa documentación persoal e de función, que se conservano Arquivo Histórico do Banco Pastor, permite unha aproximación á súabiografía moito máis directa ca o que é habitual en casos semellantes.Dentro de tal documentación existen tres pezas esenciais nas que a súapersonalidade se fai evidente. Son estas o seu testamento, as súas Memo-rias, 1820-1864 e, sobre todo, un longo escrito de quince páxinas dirixidoao seu sobriño e herdeiro, Pedro Barrié Pastor, datado o dez de marzo de1877, cando xa notaba que a súa saúde empeoraba.1 É, xa que logo, estabiografía debedora de todos eses escritos, principalmente das súas Memo-

María Teresa Burés MiguénsDirectora do Arquivo Histórico do Banco Pastor

COHESIÓN FAMILIAR E FORMACIÓN MERCANTIL NAS ORIXES DUN EMPORIO EMPRESARIAL GALEGO

1 José Pastor Horta, «Memorias», manuscrito inédito; José Pastor Horta, «Carta aPedro Barrié Pastor. 1887», ms. inédito. Ambos no Arquivo Histórico do Banco Pastor. Otestamento en Arquivo Colexio Notarial da Coruña, escribán Ruperto Suárez, ano 1874.

Page 88: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

rias, iniciadas na Habana en decembro de 1853. Trátase dun manuscritoautógrafo de 226 páxinas nas que relata vivencias, negocios e efeméridesfamiliares desde 1820, ano do seu nacemento, ata o 31 de decembro de1864. Descoñécese por que non as continuou ata unha data máis pró-xima ao seu falecemento, ocorrido en 1877.José Pastor Horta naceu o 21 de novembro de 1820 na casa número

12 da rúa Real, pertencente á parroquia coruñesa de San Nicolás.2 Fillodo matrimonio formado por José Pastor Taxonera, natural de Canet deMar, e de Gertrudis Horta Galcerán, natural de Santa María de Miño,aínda que de pais oriúndos de Cataluña. O seu pai, un dos moitos mer-cadores cataláns que se estabeleceron na Coruña a finais do século XVIIIe principios do XIX, era socio da casa Jaime Dalmau y Cía.3 desde 1819.José Pastor Horta tiña un irmán seis anos máis vello, Juan Ventura, naci-do do primeiro matrimonio do seu pai con Juana Teresa Galcerán Grau—curmá da segunda esposa—, falecida en 1817. Os seus outros irmánsforon Gertrudis, Pedro, Rosa e Francisco.Sobre a súa infancia, José Pastor di nas súas memorias que aprendeu

a ler e escribir nunha escola de nenas; despois fixo primaria e logo lati-nidade. Asemade recibía na súa casa clases particulares de francés, mú-sica e debuxo natural. Ao rematar a latinidade estudou matemáticas e de-buxo lineal nas escolas da Junta de Comercio da Coruña, onde obtén ocertificado correspondente coa data do 25 de abril de 1834 e, dous díasdespois, embarca no bergantín español Paquete de Cantabria con destinoa Alemaña. Sen facer aínda os catorce anos inicia José Pastor a tradiciónfamiliar —común entre as clases privilexiadas— de completar a súa for-mación académica no estranxeiro. Durante a viaxe coñece o neno ferrolánAugusto José de Vila, que tamén se dirixe ao mesmo colexio, inicián-dose unha amizade que conservarán toda a súa vida e que se plasmará narealización de múltiples negocios conxuntos. Chegan a Hamburgo o 7 demaio e desde alí desprázanse a Oldesloe para entraren como pupilos noColexio do Reitor Daniel Rode. Reciben clases de alemán, francés, in-

88Empresarios de Galicia

2 Libro 15 de Bautizados da Igrexa Parroquial de San Nicolás, fol.121.3 Esta casa, nacida en 1776, tras sucesivos cambios de denominación, chega aos nosos

días como Banco Pastor, S. A.José Pastor na Habana en 1853.Fonte: AHBP

Page 89: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

89José Pastor Horta

Page 90: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

glés, debuxo natural, música, historia, xeografía e física. Tras dous anosde formación arriba á Coruña no bergantín El Ferrolano en agosto de1836, despois duns días de visita a Londres, onde foi atendido polos sociosda casa Jaulerry y Cª. Agardábao o seu pai, co que se dirixe ás Augas deCarballo, onde estaban a súa nai e os seus irmáns. Xunto a eles pasou tresmeses, tras os cales embarcou no bergantín goleta español Correo número4 con destino a Cuba; chegou á Habana o 21 de decembro de 1836. Oseu tío Nicolás Galcerán —curmán da súa nai— mandárao chamar paraque fose traballar con el na súa casa de comercio da Habana. No seu es-critorio coincidiu José con outro mozo chamado José Susini, que, andandoo tempo chegaría a ser un dos máis importantesfabricantes de tabaco da illa.4Despois dun ano de traballar sen soldo para

o seu tío, este asignoulle o 1 de xaneiro de 1838un de 20 reais mensuais, así coma o 10 por centodas comisións de recibo no ramo de importación,ao que engadiría en 1840 o 5% sobre as do país.Así mesmo, cando en 1843 Galcerán mercou aafamada Fábrica de tabacos Lord Byron, asociadocon Lino Quirós, cedeulle a José 2000 reais dasúa participación de 10.000. Aínda que esta úl-tima cesión non lle supuxo ao coruñés ningunhavantaxe económica, pois a fábrica que dirixíaLino pechou como consecuencia dos seus malos resultados en 1847, sique lle serviu para consolidar o seu coñecemento do mundo do tabaco,no que pouco a pouco se fora introducindo por conta propia, á marxe ecomo complemento do seu traballo no escritorio de Galcerán. Para estesefectos José Pastor contaba tamén coa colaboración do seu irmán Fran-cisco, que chegara a Cuba en 1841 e coa de H. Bleidorn, un antigo com-pañeiro de escritorio, que se instalara en Nova York. Dentro desta activi-dade que desenvolve por conta propia aínda mentres traballa para o seutío contribúe ao estabelecemento dun pequeno comercio de venda de ta-baco que dirixiría o pontevedrés Claudio García Piñeiro, un negocio efé-

90Empresarios de Galicia

4 Stubbs (1989).

Logotipo de Pastor Hermanos. 1861Fonte: AHBP

Page 91: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

mero pois, segundo escribiría o propio José, Piñeiro «abusou e non poucoda súa inexperiencia».En novembro de 1845 sufrira Galcerán unha afección de corazón que

foi agravándose aos poucos ata que o 13 de xaneiro de 1848 se produceo seu falecemento. Foi dolorosa esta perda para o seu sobriño pois, maliaque nos momentos iniciais da súa relación tiveran frecuentes choques,profesáballe grande agarimo e agradecemento porque se empeñara enpagar os seus gastos do colexio de Alemaña. Recoñecía así o seu tío osfavores que o pai de José Pastor lle dispensara tamén a el na súa xuven-tude. Os tres testamenteiros —a viúva, Pastor e un irmán político do de-funto— deciden proceder á liquidación paulatina da casa. É a partir desemomento cando José Pastor se estabelece pola súa conta, para máis adianteincluír o seu irmán. A viúva, Isabel de Embil, recomendouno a todos osseus correspondentes e, despois de concederlle poder xeral pediulle queseguise á fronte dos seus negocios. Por iso, estabelece Pastor o seu escri-torio no mesmo de Galcerán e alí traballa co seu irmán Francisco, aíndaque os seus cuartos particulares os trasladan a unha casa da veciñanza.Con ocasión dunha viaxe a Cádiz para estudar a oferta que a casa comer-cial de Juan José Marcaida lle fixera de formar unha sociedade mercantilen Manila (Filipinas) decide aproveitar a ocasión para visitar primeiro aUnión Americana, a cuxo efecto sae para alí no vapor inglés Great Wes-tern o 30 de xuño de 1848. Despois de chegar o 4 de xullo a Nova Orleánsemprende unha viaxe polo Mississippi arriba ata Cincinnati. Tras perco-rrer todo o estado de Ohio en ferrocarril e dilixencia diríxese ás fervenzasdo Niágara e queda marabillado con «aquel asombroso espectáculo». Di-ríxese despois a Nova York, «o Londres da América», segundo as súaspalabras, e visita, preto de Boston, a fabril cidade de Lowell —«pequenoManchester de aquellos Estados»—. O 16 de agosto embarca no peiraoneoiorquino no vapor América con destino a Liverpool. Xa en solo bri-tánico visitará algunhas fábricas de fiados e tecidos e diversas fundiciónsda cidade de Manchester e os arsenais de Portsmouth. Despois de perma-necer en Londres vinte e cinco días, emprende desde Southampton viaxea Vigo a bordo do vapor Júpiter. Felizmente chega xunto á súa familia o3 de outubro de 1848. Tras pasar a Cádiz onde decide non aceptar a ofertade Filipinas aproveita para percorrer varias cidades da España medite-rránea: Sevilla, Málaga, Almería, Cartagena, Alacant, Valencia e Barce-

91José Pastor Horta

Page 92: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

lona. Nesta última cidade coñece o seu curmán Juan Font Pastor, fillodunha irmá do seu pai. O antigo socio deste, Silvestre Dalmau, lévao aCanet de Mar a coñecer a súa tía María.Ao seu regreso desde Madrid para pasar a Noiteboa na Coruña a ca-

deira-correo na que viaxaba é asaltada á altura de Valladolid por cinco quese dicían montemolinistas, pero que actuaron como simples ladróns. Nasúa cidade natal permanece ata o 1 de marzo de 1849 na que embarca novapor Heredia con destino ao porto francés de Hâvre, de onde saíu por fe-rrocarril cara a Hamburgo. Alí pasou quince días entrañábeis polos seusrecordos de nenez e aproveitou para visitar en Odesloe o seu antigo reitorDaniel Rode e para convencer a P. Friedrichs de que actúe como co-rrespondente na nova etapa que vai emprender nos seus negocios. Desdeo porto inglés de Liverpool embarca cara a Nova York e o 4 de maio de1849 chega de novo á Habana.Logo dun mes estabelécese como comerciante pola súa soa conta e

baixo a razón de José Pastor. O seu irmán Francisco deixa de traballarna casa da Viuda de Galcerán e ambos poñen o seu escritorio no número80 da rúa dos Oficios. Pero José considera que o seu irmán menor aíndanon está formado dabondo, a pesar da capacidade que demostrara durantea súa ausencia. Por iso e, seguindo a máxima familiar da necesidade deaprendizaxe nun país estraño para adquirir coñecementos de idiomas es-tranxeiros e técnicas mercantís que só da a práctica, o seu irmán traslá-dase a Nova York para traballar no escritorio de H. Bleidorn. Como subs-tituto do seu irmán contrata ao coruñés Pedro Pantaleón Pérez, quenmeses máis tarde é substituído polo gaditano Rafael Sentenat.A nova casa comercial de José Pastor dedícase fundamentalmente ao

negocio do tabaco, do que compra numerosas partidas pequenas e me-dianas tanto en rama coma en cigarros puros, para a súa exportación aNorteamérica e Europa, a maior parte das veces a comisión doutros co-merciantes por xunto. Adquire igualmente en menores cantidades cacao,azucre e augardente de cana, esta vez para a exportación á metrópole, aomesmo tempo que vende na Habana diversos produtos procedentes doporto herculino, tales como tabais de sardiñas salgadas, candeas e partidasde chocolate. Estas últimas proceden da pequena e artesanal fábricaque o seu medio irmán Juan Ventura Pastor ten na Coruña, e que traballaco cacao e co azucre que José lle envía para reexportar o produto elabo-

92Empresarios de Galicia

Page 93: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

rado. Por esta época comeza tamén José a aproveitar os seus coñecementosde idiomas e de contabilidade e finanzas para entrar nunha nova ramamercantil, a da negociación de letras de cambio, unha actividade que,como moitos empresarios da época, levaría de maneira simultánea coapropiamente comercial.Tras un ano e medio de permanencia na Unión Americana, regresa

Francisco Pastor o 18 de maio de 1851, incorporándose de novo ao es-critorio do seu irmán. Coa idea de que este se interese polos seus nego-cios, realiza José un balance da súa casa comercial o 31 de decembro de1851, que demostra ata que punto aproveitou a boa conxuntura que atra-vesara a economía cubana, e especialmente o sector tabaqueiro, duranteos anos corenta. Dos primeiros aforros aboados na súa conta con Galcerán,que en 1840 non pasaban dos mil reais, a un capital propio de 30.000pesos de dez. O 1 de xaneiro de 1852 asígnalle ao seu irmán, que era aíndaun mozo, unha cuarta parte das utilidades do negocio e ao ano seguinteformaliza definitivamente a súa incorporación á empresa familiar coa cons-titución por seis anos da sociedade José Pastor y Cía. en cuxo capital so-cial de 41.423 pesos, se lle asignaban 38.646 a José Pastor e 2776 ao seuirmán. O escritorio trasládase á casa núm. 19 da rúa do Bispo e o obxectosocial seguía sendo o da antiga casa de José Pastor, o que é dicir o de co-misións en xeral e os negocios de conta propia que se crera convenienteemprender.Durante a primeira metade dos cincuenta vai José Pastor dándolle

maior voo á súa casa comercial. Por unha parte, amplía o comercio de ex-portación por conta propia en detrimento do realizado a consignación,cuestión na que os seus contactos, especialmente Bleidorn, representanun importante activo. Por outra parte, vai adquirindo participacións en va-rios dos barcos que realizan o tráfico de cabotaxe dentro da propia Cuba,tal como foi o caso dos vapores Isabel e Cárdenas, nos que tivo un 3% e,máis tarde o Pelayo. José Pastor y Cª. adquire na Habana a cuarta parteda propiedade da corveta mercante española Gertrudis en 1857 para o ne-gocio de exportación de azucre da Habana á Coruña. Outra embarcaciónque utilizaban era a fragata española Sofía Matilde. Da Habana a PuertoRico embarcaban cera branca e tabacos torcidos na polacra españolaDecidida. Finalmente, e este foi o avance máis importante a longo prazona traxectoria empresarial de José Pastor Horta, o negocio bancario foi ad-

93José Pastor Horta

Page 94: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

quirindo cada vez un maior peso no escritorio da rúa do Bispo. A am-pliación do cadro de persoal, esixida polo aumento do traballo, súplese,igual que ocorrera nas oficinas de Galcerán, co recurso a mozos coruñe-ses; deste xeito, entraría como dependente en abril de 1856, Antonio Re-guera, que acababa de chegar da cidadeherculina.O auxe azucreiro e tabaqueiro de me-

diados dos cincuenta, que foi acompañadodun forte movemento dos valores e a cons-trución ferroviaria produciron contra 1857un auténtico furor de constitución de so-ciedades anónimas e comanditarias poraccións.5 José Pastor non sería alleo a el,participaría na creación do Banco de Pinardel Río, en compañía do seu amigo JuanVentura Pequeño, e entraría como accio-nista noutras como os Almacenes de De-pósitos da Habana, a Compañía Interna-cional de Banco y Seguros e a Caja deSeguros Marítimos y contra Incendios. Afebre especulativa rematou ao ano seguintecoa elevación dos aranceis norteameri-canos para o azucre cubano e coa propiacrise económica daquel país o que deulugar á desaparición de moitas das socie-dades creadas nos momentos de euforia,así coma coa realización dalgunhas fusiónsdestinadas a salvar unha parte polo menosdos capitais arriscados. Dúas das socie-da des participadas por José Pastor forma-ron parte deste primeiro movemento de fusións da historia cubana. Porunha parte, o Banco de Pinar del Río, que se uniría ás sociedades anó-nimas La Positiva, Caja Central del Comercio e Caja del Crédito Agrí-

94Empresarios de Galicia

5 Zanetti (1987).

José Pastor participou en1857 na constitución doBanco de Pinar del Río. Fonte AHBP

Page 95: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

cola de Cárdenas, para constituír unha nova sociedade anónima denomi-nada La Alianza, Compañía de Crédito y Seguros. Pola outra, as empresasnavieiras nas que mantiña pequenas participacións, que se integraron naSociedad Cubana de Navegación por Vapor, creada en 1857 e na que seincluíron a maior parte das compañías que se viñan dedicando ao trá-fico de cabotaxe na illa.6 Os irmáns Pastor non se contaron, en todo caso,entre os prexudicados porque se desinchase a burbulla especulativa, poisvenderon a tempo a maior parte dos valores comprometidos e obtiveronsubstanciosos beneficios especialmente nas súas participacións en minasde cobre, das que se desfixeron en pleno auxe.O empeoramento do medio económico, que para o caso do tabaco

conduciu a non poucos fabricantes a trasladárense a Norteamérica,7 e ásposíbeis dificultades que para os españois instalados en Cuba implicaríaa máis que previsíbel emancipación da illa, engadíronse aos desexos deambos os irmáns de regresaren a Europa. Era o seu propósito facelo con-tra 1861, pero tras os excelentes resultados acadados durante a crise do57, consideraron que os 105.000 pesos nos que se podían valorar os seusactivos permitían anticipar unha cómoda repatriación ao seu país deorixe. Para iso acordan co seu dependente Rafael Sentenat, e con outrosdous comerciantes —Segundo Rigal e Pablo Dardet— mediante docu-mento privado datado o 1 de maio de 1858, que os tres formen sociedadee lles sucedan nos seus negocios e relacións baixo unha nova razón social,a de Rigal, Dardet y Cª, que durará tres anos. Dos 20.000 pesos que Sen-tenat lle achegaría á nova sociedade, 12.000 fóronlle facilitados por JoséPastor y Cª en liquidación. Durante eses tres anos pertencerían á casa enliquidación dos irmáns Pastor a cuarta parte das comisións que eles ou osseus amigos proporcionaran.Antes de regresaren, o comerciante Manuel Rodríguez, de París, pro-

púxolles que entrasen no seu lugar na casa parisiense de M. Rodríguez yCª, posto que el pensaba retirarse dos negocios. Porén, poderosas razónsmovían a José Pastor a instalarse na súa cidade natal: os desexos do seuirmán Francisco e o seu propósito de asociar o irmán maior Juan Ven-

95José Pastor Horta

6 Le Riverend (1971), p. 403.7 Stubbs (1989).

Page 96: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tura,8 para —segundo as súas palabras— «pagarle en parte su adhesión ala familia, su amor y su respeto a mi madre». Tampouco faltaba na súadecisión a convicción de que A Coruña estaba destinada a medrar enimportancia.O 9 de agosto de 1858 embarcan no vapor inglés Solent José Pastor,

a súa filla Ernesta –nacida en 1857 na Habana–, o seu irmán Francisco eunha coidadora de nenos irlandesa que contratou para que a coidase ataEspaña. Emilia Pastor Bebosa, muller de José Pastor e nai de Ernesta,falecera aos cinco días do parto. Chegan á Coruña o 15 de setembro.Cando estaba na Habana encargoulle ao seu irmán Juan Ventura que llebuscase unha boa casa que se ofrecese en venda na Coruña. Juan Ven-tura non atopou ningunha axeitada e decidiu facer obras na súa da rúa deEspoz y Mina número 22 —a actual Santo André— para acoller os seusirmáns e a súa sobriña.O 31 de decembro de 1858 volveu facer balance do seu capital, que

resultaba ser de 78.781 pesos con 50 centavos. Desa cantidade, poucomáis de 5000 correspondíanlle ao valor dos bens que lle foron adxudica-dos na testamentaría do seu pai, que incluían, ademais dalgunhas propie-dades rurais, as dúas terceiras partes da fábrica de xabón de Monte Alto,as súas hortas e os tres ranchos anexos, na rúa da Torre, que pertenceraná sociedade Dalmau y Pastor.9 O resto, 73.661,96 pesos, correspondían ásúa parte no capital social de José Pastor y Compañía en liquidación naHabana. José Pastor era así un daqueles afortunados e escasos americanos,que regresaban da súa aventura cun notábel capital para investir no seupaís de orixe. Pero ademais diso, deixaba tamén en Cuba unha impor-tante rede de contactos, e mesmo unha casa comercial, Rigal, Dardet yCía., que era practicamente a súa sucesora, algo que lle sería extremada-mente interesante nos anos seguintes tanto para os seus negocios comer-ciais coa illa como para participar na canalización das remesas dosemigrantes galegos que estaban comezando a fluír e que adquiriríanunha enorme importancia a partir da década de 1880.10

96Empresarios de Galicia

8 O outro irmán home, Pedro, falecera en 1852.9 Carmona y Nadal (2005).10 García López (1992).

Page 97: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Despois de pasar un tempo coa familia, José e Francisco decidironrealizar unha viaxe por España e polo estranxeiro, a cal iniciaron o pri-meiro de maio. Visitan León, Valladolid, Madrid —onde pasan corentae catro días—, Toledo, Segovia, Burgos, Donostia, Irán, Bilbao e Vergara,onde se lles uniu o seu sobriño Pedro Barrié Pastor, quen, despois derematar os seus estudos no Real Seminario Científico e Industrialdaquela localidade guipuscoana, viaxaría con eles ata Hamburgo e Han-nover, cidade esta última na que este debía quedar para aprender oidioma. José e Francisco continuaron viaxe cara a Bremen, onde visita-ron a Bolsa, e a illa de Helgoland, unha illa moi concorrida pola boasociedade da época na que tomaron baños de mar, unha práctica que nosveráns adoptaría desde entón o primeiro dos irmáns. Seguidamente via-xaron a Berlín onde dedicaron unha especial atención aos seus museos,proseguiron deica Dresde e Leipzig, e saíron de Alemaña cara a Holandae Bélxica, onde visitaron Amsterdam, La Haya, Rotterdam, Amberes eBruxelas. De alí foron por tren a Colonia, Frankfurt, Heidelberg e BadenBaden, logo pasaron a Francia por Estrasburgo e chegaron a París. Nacapital francesa, ademais de visitas turísticas acudiu José á consulta dodoutor Meniere, que o curou con dúas lixeiras operacións, dunha afec-ción crónica dos oídos que padecería desde tempo atrás. No seu periplofrancés visitaron tamén Lyon e Ruán.Nesta primeira gran viaxe por Europa, como en todas as que realizaría

José Pastor, os seus obxectivos non son exclusivamente turísticos, e ade-mais de visitar museos e cidades monumentais e históricas, aproveita coseu irmán para estabelecer contactos comerciais e coñecer de primeiraman os avances industriais que se estaban producindo nos centros econo-micamente máis avanzados. Así, en Francia visitan a fábrica de porcelanae louza de Mr. Johnston radicada en Burdeos; a fábrica de tapices dos Go-belins, en París; en Marsella, unha fábrica de xabón; e en Tolon, a fábricade cordoaría. De volta en España foron a Barcelona, Sabadell —alí vi-sitou diversas fábricas de tecidos de la— Arenys e Canet de Mar. Perco-rreron despois varias localidades valencianas, embarcaron en Alacant condestino a Málaga, onde aproveitaron para ver a fábrica de xabón de Giróe ir ao teatro. Despois chegaron a Granada, Jaén, Córdoba, Sevilla –visi-taron a fábrica de cápsulas, a fundición de canóns e a fábrica de louza deLa Cartuja–, Cádiz e Jerez. Despois, Madrid e de aí entraron en Galicia

97José Pastor Horta

Page 98: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

polo porto de Pedrafita. O 11 de decembro de 1859 apeouse na Coruñaco seu irmán Francisco, que non se separara del desde o primeiro de maio.Despois desa longa viaxe de pracer e negocios por Europa, darán

froito os desexos de José Pastor Horta de asociarse co seu irmán JuanVentura, que levaba a firma que fora do seu pai —falecido este en1853—. Así, o 1 de xaneiro de 1861 comeza a xirar na Coruña a socie-dade regular colectiva Pastor Hermanos, da que forman parte os tres ir-máns: Juan Ventura Pastor Galcerán e José e Francisco Pastor Horta. Adirección e administración estaban a cargo dos tres socios colectivos ca-pitalistas. O capital co que se estabelece a sociedade é de dous millónsde reais de vellón, dos cales 1.200.000 lle corresponden a José, 440.000a Francisco e 360.000 a Juan Ventura. O ramo obxecto desta sociedadeé o de toda especie de operacións de comercio e a duración da compa-ñía será polo período de dez anos. O escritorio estabeleceuse no nú-mero 43 da rúa de Espoz y Mina. A firma José Pastor y Compañía en li-quidación da Habana conservou o seu haber de 198.329, 40 reais devellón, dos que 53.942 eran propiedade do seu irmán Francisco e os res-tantes 144.387, 40 pertencíanlle.A empresa comandada polos irmáns Pastor utilizará desde A Coruña

a ampla rede de contactos labrada durante a súa estancia na illa caribeñae as súas viaxes por España e Europa para estabelecer as bases da súa acti-vidade, que nun principio será unha clara continuación da exercida alí,pero que axiña se ampliará de maneira substancial. Nela pódense distin-guir, como antes en Cuba, tres ramas principais. A primeira delas, ocomercio. Neste sentido, os Pastor importan da Habana cacao, café esobre todo azucre, que distribúen por toda Galicia, e envían alí produtosdo país, tales como sardiñas salgadas, cebolas, xamóns ou chocolate dasúa propia fábrica. O forte desequilibrio entre exportacións e importa-cións compénsano coa inclusión nas súas vendas a Cuba de importantespartidas de fariña que traen de Santander para o seu reenvío á illa.Os negocios de importación-exportación medrarían rapidamente xa

durante os anos sesenta, ao ampliar a súa área de influencia, especial-mente coa inclusión do negocio de importación de coiros de Montevideoe Bos Aires, no que os Pastor se conseguen situar á cabeza dos importa-dores galegos xa a mediados da década, e pasan a subministrarlles os tra-dicionais coiros de Indias aos numerosos fabricantes de toda Galicia.

98Empresarios de Galicia

Page 99: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Outra das ramas do comercio que resultan significativas por estes anos éa exportación de bois desde o porto herculino cara aos ingleses, que per-mite obter as tan cobizadas letras sobre Londres.O segundo ramo da súa actividade empresarial seguiu sendo o dos

negocios marítimos, nos que manteñen a súa participación na corvetaGertrudis e adquiren en 1861 o 50% da corveta Rosa, que dedicarían aotransporte de emigrantes e mercancías ás illas de Cuba e Puerto Rico, eposteriormente ás Repúblicas do Prata. Os Pastor, familiarizados coanavegación de vapor durante a súa estancia en Cuba, entrarán a comezosdos setenta neste que en España era aínda novo negocio, adquirindoimportantes participacións en cinco vapores, dos que tres eran de matrí-cula viguesa e foron adquiridos en asociación co fomentador e navieirodaquela cidade José Barreras de Faus. Tratábase do Primeiro Barreras, oSegundo Barreras e o Terceiro Barreras. Finalmente, os Pastor entraránnesta década no negocio da consignación dos buques das grandes com-pañías internacionais que conducen pasaxeiros a América, converténdoseen axentes dunha das máis importantes de entre as que recalaban en por-tos galegos, a inglesa Pacific Steam Navigation.O terceiro ramo sería a actividade bancaria. Durante os anos sesenta

irán estabelecendo unha sólida rede de correspondentes, sobre a base dassúas relacións anteriores e sobre as novas estabelecidas con ocasión da súaactividade de armadores de veleiros que conducen emigrantes a Américae da súa entrada no negocio da importación de coiros desde a rexión doPrata, que emprenden desde o mesmo momento do seu asentamento nacidade herculina. Estas dúas últimas actividades serán de especial impor-tancia no curso posterior do seu negocio bancario, porque lle permitiránestender as súas redes a aquela zona do continente americano, que seconvertería a finais do XIX en área preferente da emigración española e,daquela, en fonte principal das remesas da emigración. A canalizacióndestas remesas iráselle engadindo ao negocio bancario tradicional dosPastor, ao comezar timidamente nos sesenta, e medrar xa con forza nossetenta, nos que a casa coruñesa se iría convertendo non só na principalpagadora directa de tales xiros senón tamén no canal polo que estes cir-culan cara ás pequenas casas bancarias locais de toda Galicia.A casa Pastor participou durante estes anos nos principais proxectos

colectivos do comercio local, e colaborou, cos tamén banqueiros Augusto

99José Pastor Horta

Fotografía da páx. seguinte:Socios e empregados de

José Pastor y Cía. en 1877.Fonte AHBP

Page 100: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

100Empresarios de Galicia

Page 101: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

J. de Vila e Manuel Pereiro Rey nas primeiras negociacións que tiveronlugar en 1860 para dotar a Coruña de conexión ferroviaria con Madrid,ou no intento de fundación dun Banco de Emisión en Vigo tres anosmáis tarde. Nesta última e malfadada aventura bancaria tivo un papelprotagonista, á beira dos seus amigos santanderinos Gerónimo Roiz de laParra e Juan de Abarca, provedores de fariña para os seus envíos a Cuba.Os Pastor mantiveron unha pequena participación no Banco de Emisiónda Coruña, creado en 1857 co privilexio da emisión de billetes para a súacirculación no ámbito local, pero, igual ca os outros comerciantes ban-queiros coruñeses, como o seu amigo Augusto J. de Vila, mantivéronse napráctica como simples clientes, e fixeron, igual ca aqueles, un amplo usoda sociedade anónima bancaria para obteren liquidez e xuros polos seusrecursos ociosos.11Comerciante e banqueiro, a industria non foi na práctica unha ac-

tividade que houbese que destacar na biografía de José Pastor Horta, que, de feito, á súa instalación na Coruña non deu continuidade á acti-vidade de salgadura e xaboeira do seu defunto pai. Pero a pequena aten-ción que aquela representou no conxunto dos seus avatares empresariaisnon quere dicir que non fose obxecto do seu interese. De feito, e como xavimos, nas súas diversas e amplas viaxes visitou os principais centros fabríseuropeos e norteamericanos. Nas súas visitas a Cataluña e ao País Vascoincluíronse as fábricas téxtiles e os fornos de Ybarra en Desierto. E namesma Galicia visitou en 1859 o Arsenal ferrolán, a cobraría de Xuvia ea fábrica téxtil do Roxal, selecta vangarda da pequena industria galegada época. Sería, curiosamente, na etapa final da súa vida, cando estivomáis próximo ao sector. En 1870 José entra na sociedade Español y Cía.con quince dos oitenta mil escudos do seu capital social, nunha empresaque trata de revitalizar a antiga fábrica de vidros da Palloza, que fora a pri-meira fábrica moderna de vidro española.12 Pastor foi durante os primeirosanos setenta o seu primeiro accionista e protagonista da que sería a súa úl-tima época de actividade. Pouco máis tarde, en 1875 mantén negociaciónsco fabricante de maquinaria para a elaboración de papel continuo de An-

101José Pastor Horta

11 Facal (2003).12Meijide Pardo (1978).

Page 102: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

gulema, Alfred Motteau, para tratar de instalar na Coruña a que deberíaser a máis importante planta española de papel continuo ao vapor. Pero afábrica que ía dirixir un dos fillos do industrial francés endexamais che-garía a poñerse en funcionamento.En pouco menos de dous anos prodúcese o falecemento inesperado

de dous dos socios. Francisco Pastor Horta morre en París, onde forapara ser tratado dunha enfermidade, o 23 de setembro de 1866 á idadede 36 anos e en estado de solteiro. Foi enterrado no parisiense Cemite-rio de Pére Lachaise.13 Dous anos máis tarde, o 10 de xaneiro de 1868,falece inesperadamente Juan Ventura Pastor Galcerán, solteiro e de 53anos de idade. A pesar destas contrariedades, José Pastor continuará oseu traballo baixo a mesma razón social, na compañía agora do seu so-briño Pedro Barrié Pastor, que se incorporara ao escritorio con só 22anos en agosto de 1866.Pedro era fillo dunha irmá de José Pastor Horta, Gertrudis, e de Pe-

dro María Barrié Marchesi, polo tanto, neto de Juan Francisco BarriéD’Abadie e de José Pastor Taxonera. Desde o falecemento do seu pai een 1855, José Pastor Horta exercía como tal para os dous fillos da súairmá, e tanto el como Francisco fanse cargo da educación dos seus so-briños. Ao maior, Pedro, encamiñárono cara á carreira de comercio; aomenor, Enrique, á de enxeñeiro do exército, aínda que en realidade esteúltimo, tras unha estancia na que aprendeu francés na parisiense Insti-tución Duplesis-Mornay, emprendera en Madrid a carreira de enxeñeirode camiños e non a militar. Como xa se mencionou, Pedro estudara noReal Seminario Científico e Industrial de Vergara a carreira de Comer-cio e ao seu remate desprazarase a Alemaña a estudar o seu idioma eperfeccionar os seus coñecementos mercantís. Ao rematar trasladouse aGran Bretaña a procurar traballo, xa que os seus tíos sempre quixeranque se formase nunha casa estranxeira dedicada especialmente ao co-mercio exterior. O 1 de xuño de 1862 entra como meritorio na casa decomercio de José Ramón Iglesias y Cª de Londres, onde permaneceráata o seu regreso á Coruña. Tras algo máis de dous anos traballando no

102Empresarios de Galicia

13 O máis célebre cemiterio de París, de inspiración romántica, alberga as tumbas defamosos artistas literatos e artistas, como Oscar Wilde, Chopin, Molière ou a Bella Otero.De entre os máis recentes, é obxecto de peregrinación a de Jim Morrison.

Page 103: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

escritorio do seu tío, este daríalle entrada no negocio, ao transformar endecembro de 1868 a antiga casa Pastor hermanos nunha nova razón so-cial, de nome José Pastor y Compañía, na que tamén participaba Ger-trudis Pastor Horta como socia comandataria.

103José Pastor Horta

Gertrudis Pastor Horta(1822-1874), socia

comandataria de JoséPastor y Compañía.

Fonte: AHBP

Page 104: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Desde o seu regreso da Habana en 1858 José Pastor participo activa-mente na vida económica e social da cidade. Mantivo unha grande ami-zade con Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina, madriña de confirma-ción da súa filla Ernesta, e ocupou numerosos car gos en institucións locais,tales como a Junta de Sanidad, a Comisión del Teatro de la Beneficenciaou a Escuela Gratuita de Agricultura de Vega ou a Sociedad de SegurosMutuos de Incendios de Casas. Exerceu en diversos momentos cargos decónsul ou vicecónsul de Prusia e outros estados alemáns anteriores á Uni-ficación, e da propia Alemaña e de Rusia posteriormente. Foi tamén pre-sidente da Tertulia da Confianza, vogal da Junta Provincial de Benefi-cencia, da Junta Económica del Presidio e da Junta Provincial deAgricultura, Industria e Comercio. Aca démico de número da Academiade Bellas Artes da Coruña e da de San Fernando e deputado provincialpolo distrito de Pontedeume. Nomeado por Isabel II cabaleiro da RealOrden de Carlos III o 9 de febreiro de 1863, foi tamén socio de númeroda Sociedad Abolicionista Española.Desde marzo de 1873 José Pastor comeza a sufrir achaques que o

obrigan a efectuar forzosas e periódicas ausencias da Coruña. Pero serádesde abril de 1877 cando o seu precario estado de saúde se agrave. Porprescrición dos facultativos Pérez Costales e Losada Astray mantenseafastado de todo traballo de bufete e viaxa ao famoso balneario de Vichy(Francia) para ser tratado da súa afección cardíaca e á consulta do máisreputado especialista europeo nese momento, o doutor Jaccoud, médicodo Hospital Lariboisiére, profesor da facultade de París e membro da Aca-demia de Medicina Francesa. O 27 de maio de 1877 falece na cidadefrancesa, e deixa o seu sobriño Pedro Barrié Pastor como único e univer-sal herdeiro, pois tanto a súa filla Ernesta como a súa esposa Adelaida Fer-nández de Luanco Barrié, con quen casara en 1870, faleceran, a primeiraen 1869 e a segunda dous anos máis tarde, sen que desta última quedasedescendencia. O cadáver de José Pastor foi embalsamado e conducidodesde Burdeos á Coruña no vapor inglés Valparaíso e sepultado o 5 dexuño no Cemiterio Xeral da cidade.José Pastor Horta levou en todos os seus negocios unha contabilidade

minuciosa e moderna, na que tiña o costume de incluír ata os seus máismínimos gastos diarios —costume que, por certo lle inculcou ao seusobriño Pedro Barrié—. E nas súas últimas vontades, expresadas como xa

104Empresarios de Galicia

Page 105: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

se indicou nun escrito de 1877, ademais doutras consideracións e reco-mendacións dirixidas ao seu sobriño e herdeiro, expresa algunhas das queforon as súas ideas no ámbito dos negocios e da vida pública, que permi-ten que nos aproximemos á súa personalidade empresarial. Por exemplo,a importancia que para el tiña a confianza derivada da cohesión familiarno desenvolvemento e na conservación da empresa:

Pero ten bien entendido que, como antepongo a toda otra considera-ción la continuación y la prosperidad de nuestra casa de comercio y elcrecimiento de las que a ésta sucedan, en las cuales es de esperar queencuentren siempre apoyo los individuos de nuestra familia, no formu-laré disposiciones, órdenes ni preceptos, sino cual llevo dicho «merosdeseos» para que tú los cumplas en la parte posible, en la conveniente oen sólo aquella que te plazca, sin que estés en la precisión de dar cuentaa persona o autoridad alguna de la no ejecución de cualquiera de ellos.

A recomendación xeral concrétaa referíndose aos seus outros sobriñoshomes, Francisco e Ricardo Rodríguez Pastor —fillos da súa irmá Rosa—:

Tengo la esperanza de que ambos lleguen a ser colaboradores tuyosen tu establecimiento comercial; pero naturalmente después de haberobedecido a extraños durante algunos años y sin que puedan acusarme niacusarte de haber torcido su inclinación a alguna otra carrera.

Ou por exemplo, a súa posición de defensa do acceso da muller áeducación:

[…] de la ilustración de la mujer han de surgir la emancipación de lasociedad y la mayor felicidad del género humano, quisiera que con algo demi herencia auxiliases cualquiera asociación seria, moral y acertadamenteadministrada, que propendiese a facilitar a las mujeres de nuestra provinciaen primer lugar, de Galicia en segundo y de toda España en último término,el estudio de las carreras literarias, científicas y profesionales y la obtenciónde grados y de títulos académicos y universitarios. ¿Por qué no ha de haberentre nosotros licenciados y doctores en medicina, cirugía, leyes, ciencias,etc., pertenecientes al sexo femenino? Ya empieza a haberlos en los EstadosUnidos, Rusia, Suiza, Italia, Francia, Alemania y alguna otra nación ypronto los habrá también legalmente en la recalcitrante Inglaterra.

Para contribuír a elevar o nivel de instrución do proletariado consi-dera imprescindíbel estabelecer na Coruña unha biblioteca popular; pro-xecto que

105José Pastor Horta

Page 106: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

[…] cual otros muchos de utilidad reconocida, yace sumido en el olvido.Si ves que toma forma y que adquiere visos de estabilidad, harías bien encontribuir en algo a su sostenimiento; pero con la condición precisa de quela Biblioteca habría de estar abierta dos o más horas todos los días de fiestay un par de horas por la noche en los de labor después que cesan los tra-bajos en las obras y talleres y también con la de que se habría de permitira los obreros o menestrales la entrada en el establecimiento en su trajede trabajo. Muchos de mis libros podrían servir para uno de los regalos ala Biblioteca.

Finalmente, a súa referencia á colaboración económica á iniciati -va do seu médico, o republicano federal Ramón Pérez Costales, de crearun premio á virtude na provincia, expresa tanto o carácter progresista dal-gunhas das súas conviccións coma o seu distanciamento dalgunhas acti-tudes sociais:

[…] por supuesto con abstracción absoluta de toda consideración reli-giosa puesto que la moral es anterior a todas las religiones y en un todoindependiente de ellas. He ofrecido —dice— al Sr. Costales doscientascincuenta pesetas para el «accesit» de este año. Puedes, si quieres,seguirme en esta senda, pero solamente mientras veas que los premios seadjudican a quienes realmente los merecen. ¡En España todo lo invade ybastardía la política! Eso pudiera suceder con los premios […] nadadetermines guiado exclusivamente por tus impresiones personales, sinoasesorado de hombres competentes y entendidos en la materia de que seacuestión y más conocedores que tú de los ardides frecuentes en el intri-gante pueblo de Galicia.

A casa comercial José Pastor y Cía. da que Pedro Barrié Pastor se faicargo cando morre o seu tío e fundador era xa contra 1877 unha das prin-cipais empresas da cidade. Seguía aínda compaxinando as actividades co-merciais e de consignación coas bancarias, pero ían sendo progresiva-mente estas últimas as predominantes. Pedro Barrié cumpriu relixiosamenteas últimas vontades do seu tío, garantiu «la continuación y la prosperidadde nuestra casa de comercio», e incorporou axiña á empresa a outro dossobriños aos que se referira José, Ricardo Rodríguez Pastor, que viña sendoo seu curmán. Tamén Ricardo as cumpriría, ao abandonar xa a maior partedos negocios puramente comerciais e centrarse na actividade bancaria eindustrial, que faría da casa Pastor referencia ineludíbel do sector eléc-trico galego xa nos anos do cambio de século. E tamén as cumpriría ao

106Empresarios de Galicia

Page 107: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

107José Pastor Horta

Meijide Pardo, A. (1978): «La primera in-dustria coruñesa del vidrio (1827-1850)»,Revista del Instituto José Cornide de Es-tudios Coruñeses, núms. 10-11.

Stubbs, J. (1989): Tabaco y periferia. Elcomplejo agro-industrial cubano y su mo-vimiento obrero, 1860-1959, A Habana,Editorial de Ciencias Sociales.

Zanetti, Ó., e García Álvarez, A. (1987):Caminos para el azúcar, A Habana, Edi-torial de Ciencias Sociales.

Fontes documentais

Arquivo Histórico do Banco Pastor

Bibliografía

Carmona Badía, X., e Nadal Oller, J.(2005): El empeño industrial de Galicia.250 años de historia, A Coruña, Funda-ción Pedro Barrié de la Maza.

Facal, M. J. (2003): El efecto de las leyesbancarias de 1856 en Galicia: el caso delBanco de Emisión de La Coruña, 1857-1875, tese de doutoramento inédita,Universidade de Santiago.

García López, J. R. (1992): Las remesas delos emigrantes españoles en América. Si-glos XIX y XX, Columbres, FundaciónArchivo de Indianos.

Le Riverend, J. (1971): Historia económicade Cuba, A Habana, Instituto Cubanodel Libro.

facilitar máis adiante a incorporación á empresa do seu propio sobriño,Pedro Barrié de la Maza, que era en realidade, e por herdanza do seu pai,o propietario do capital, e que levaría xa entrado o século XX os nego-cios familiares ao seu punto máis alto. A casa comercial e bancaria dosPastor, probabelmente a máis antiga de Galicia, emerxe como un extraor-dinario exemplo da importancia do capital humano e da cohesión fami-liar na subsistencia da empresa a longo prazo.

Page 108: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

JUAN HARGUINDEY BROUSSAIN1839-1911

Page 109: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A mediados do século XIX Galicia, cunha produción superior ácuarta parte do total, mantiña unha posición dominante na industriaespañola do curtido. Entre os factores que potenciaron a expansión destaactividade ocupaban un lugar destacado a abundancia e a calidade dasmaterias primas —auga, peles e casca de carballo— así coma a capaci-dade dos empresarios para xestionar, aproveitar e facer rendíbeis estasvantaxes. Aínda que esta situación favorábel comezaría a erosionarse con-tra os anos 1880, un grupo de empresas do coiro galegas manterían unimportante protagonismo no sector deica os anos da autarquía. Nas páxinas seguintes ímonos ocupar do que probabelmente foi prin-

cipal empresario deste sector durante a época da restauración, o compos-telán Juan Harguindey Broussain.1 O interese da súa biografía derivatanto de que chegou a ser o maior fabricante deste produto en Galiciacomo polo feito de resultar aquela representativa das sagas de curtidoresvascofranceses que se instalaran entre nós nos anos finais do XVIII e os ini-ciais do XIX. E tamén, finalmente, porque Juan Harguindey acadou a

María Teresa Fernández VázquezProfesora titular da Universidade de Vigo. Campus de Ourense

O MAIOR FABRICANTE DE COIROS GALEGO DO SÉCULO XIX

1 Agradézolle á familia Harguindey, e especialmente a Isabel Harguindey, as facilida-des que me proporcionaron para a elaboración das miñas investigacións sobre a historia daindustria do coiro en xeral e da empresa familiar en particular.

Page 110: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

cima da súa posición empresarial contra corrente nun período crítico ede cambios para o sector, o que aumenta o valor da súa xestión á frontedo negocio.O noso protagonista naceu o 16 de abril de 1839 en Compostela no

seo dunha familia de fabricantes. O seu pai, Juan Harguindey Garra, ori-úndo de Iholdy, chegara a Santiago a principios de século a traballarcomo oficial na fábrica de curtidos estabelecida pouco antes no barrio doCarme de Abaixo desta cidade polo seu tío, o tamén vascofrancés, Bel-trán Garra. É probábel que o abandono do lugar de orixe do proxenitordo noso protagonista estea relacionado, igual que ocorrera con outrosmestres e oficiais curtidores daquela procedencia que chegaron a Galiciana mesma época, co aumento da competencia nos seus mercados tradi-cionais ocasionado pola concesión dun porto franco á Bayona francesano ano 1784 e polo bloqueo dos portos daquel país durante as guerrasnapoleónicas, que interrompeu as tradicionais importacións de pelesamericanas das que se fornecía a súa industria do coiro.Juan Harguindey Garra abandonara axiña o curtidoiro do Carme para

entrar como mestre noutra fábrica compostelá, a de San Nicolás de Sar,que en 1819 tomara en arrendamento o seu irmán Santiago. Cos seus afo-rros persoais e coa súa parte na herdanza dos seus pais, falecidos en Iholdya comezos dos anos vinte, adquirirá uns terreos no compostelán barrio dePicaños, nos que construirá a que será a primeira fábrica de curtidos dasúa propiedade. Como era común na industria daquela época, e especial-mente na que foi especialización dos vascofranceses asentados en Galicia,o éxito do negocio dependía máis da disposición de recursos para finan-ciar o circulante (materias primas, salarios, etc.) que de dispoñer da propiafábrica. Por este motivo, Juan daríalle entrada no negocio ao seu irmánSantiago, que acababa de percibir un importante dote pola súa voda coafilla de Beltrán Legerén, outro fabricante de coiros da mesma orixe esta-belecido na parroquia de Rellas (Silleda). Na sociedade que ambos cons-titúen en 1829 Juan achegaría a fábrica e Santiago o diñeiro en metálicopara financiar o funcionamento corrente do negocio. Tal e como era tradición nas diásporas comerciais e industriais da

época, os empresarios inmigrados mantiñan un forte grao de endogamia.Por unha parte, isto axudáballes a manter a cohesión do grupo e a nondisipar recursos económicos, e pola outra, beneficiábanse da confianza

110Empresarios de Galicia

Page 111: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

existente dentro deste, moi importante para os negocios nunha época naque as normas que os rexían estaban moi pouco desenvolvidas e os cus-tos de transgredilas eran moi reducidos. Os vascofranceses en Galicia nonforon excepción a esta norma, e Juan Harguindey, como o seu irmánSantiago e outros moitos, casou en 1838 coa filla doutros industriais damesma orixe, neste caso da localidade de Hasparren. Juana Broussainestaba ademais emparentada, polo matrimonio da súa irmá Engracia,con Bernardo Etcheverría, o que chegaría a ser o máis importante empre-sario do curtido de Pontevedra. Con motivo deste enlace, Juan Harguin-dey Garra fixera balance e declaraba dispoñer de 120.000 reais investidosna fábrica, casas, artefactos e terreos rústicos, e 452.043 en créditos acti-vos e materiais en elaboración. Os datos anteriores infiren que, desde oseu estabelecemento como empresario por conta propia e en menosdunha década, o seu negocio experimentara un notábel progreso.Como tamén era habitual en casos semellantes, Juan Harguindey

Garra envía o maior dos seus catro fillos, a realizar estudos mercantís aoseu país de orixe, e deste xeito Juan Harguindey Broussain, ingresa no co-lexio Saint Jean de Bayona, cando aínda era un neno. Porén, o falece-mento do seu pai en outubro de 1851 obrigarao a regresar a España en1854, con só catorce anos, para rexentar, xunto coa súa nai e cos seus ir-máns, o patrimonio familiar, que nese momento ascendía xa a 1.028.501reais, segundo constaba no inventario dos bens do cabeza de familia. Nas dúas décadas seguintes compartirá, xunto cos seus irmáns e coa

súa nai, a dirección das fábricas de Picaños e de San Nicolás, esta últimaadquirida en 1861 aos seus curmáns, os Harguindey Legerén, descenden-tes de Santiago, irmán e antigo socio do seu pai. Esta compra, nuns anosnos que o sector atravesaba por unha conxuntura favorábel, debido ádiminución dos prezos das peles nos mercados exteriores e interiores,xunto á experiencia no negocio e á excelente xestión da familia Harguin-dey, permitiu que a facturación da empresa Viuda e Hijos de Harguindeyse situase entre as maiores da cidade do Apóstolo, que era o principalnúcleo desta industria en Galicia.En 1871, tras o óbito da matriarca —que ocorrera o ano anterior—,

os catro irmáns —Juan, Santiago, Juana e José Benito—, constituíron asociedade Harguindey Hermanos, co fin de xestionar de maneira coordi-nada a liquidación e a repartición das existencias de curtidos asignadas na

111Juan Harguindey Broussain

Page 112: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

distribución da herdanza e evitar a descapitalización da empresa familiar.Cada un dos catro socios achegou o lote que lle correspondera «en coi-ros ao pelo en fabricación e curtidos, diversos útiles de fabricación, cascade carballo e demais materiais e residuos»,2 valorado en 113.707,27 pese-tas. Nesta repartición a propiedade da fábrica de Picaños fóralle adxudi-cada a Santiago e a Juana e a de San Nicolás a Juan e a José Benito.En 1876, Juan Harguindey Broussain, o protagonista da nosa histo-

ria, optou por venderlle a súa parte no edificio da fábrica de San Nicolásao seu irmán José Benito e estabeleceuse como empresario indepen-dente, para o que adquiriu a fábrica de Guadalupe, situada no que naactualidade é o barrio de Vite de Santiago. Este curtidoiro «notábel polasúa basta extensión, acertada distribución e capacidade das súas oficinas,senón tamén pola solidez coa que está construído; pois todas as súas pare-des exteriores e travesas son de cachotes, de cantaría concertada, os vansdas portas e ventás de castiñeiro [...] agregándose a todo isto o caudal deauga perenne co que conta para o uso interior da fábrica»3 importouxunto cos terreos anexos 95.000 pesetas, e constituirá a partir desemomento o piar fundamental dos negocios do empresario. Pero o sector no que como empresario independente entraba agora o

maior dos Harguindey Broussain non era xa o mesmo no que o fixera oseu pai medio século antes. A dispoñibilidade de materias primas, que foradurante séculos o principal factor de localización na industria do curtido,e que favorecera a difusión do sector en Galicia, estaba deixando pasoao son da substitución da tradicional casca natural polos seus menos vo-luminosos extractos, a unha maior liberdade para decidir a situación dasnovas fábricas.4 Os factores de demanda estábanse convertendo así en de-terminantes. E neste sentido, eran outras as rexións que dispoñían dunhademanda de produtos de coiro non só máis elevada senón tamén máis di-

112Empresarios de Galicia

2 31/03/1871, constitución da sociedade regular colectiva Harguindey y Hermanos. EnAHUS, protocolos Santiago, Fernández de Ulloa, I., atado 8.742, vol. 1.

3 12/06/1876, Juan Harguindey véndelle ao seu irmán José Benito a súa parte na fábricade curtidos de San Nicolás, por 42.500 pesetas. Ese mesmo día e ante o mesmo escribán ad-quire a fábrica de curtidos de Guadalupe e os terreos anexos a Ventura Rivera por 95.000 pe-setas. AHUS, protocolos Santiago, Fernández de Ulloa, I., atado 8764, vol. II.

4 Derry e Williams (1973).

Page 113: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

versificada, na que ían entrando novos produtos destinados a segmentossuperiores do consumo e á súa utilización como bens intermedios por ou-tras industrias. Igualmente, o crecemento de portos como o de Barcelonafronte ao relativo estancamento dos galegos estaba derivando á importa-ción de coiros indios cara aqueles que se beneficiaban duns fretes infe-riores. Deste xeito, as novas fábricas, que tratan de satisfacer as novas de-mandas e que incorporan os avances técnicos instálanse xa a partir de 1870moi principalmente en Cataluña. As fábricas galegas seguirán ancoradasnas súas dúas especializacións tradicionais, a sola e a empeña para zapatos,que son produtos moi maduros e obxecto dunha forte competencia, queimpide, como xa demostramos noutro traballo, trasladar aos prezos finais

a tendencia ao aumento do prezo da materiaprima que se produce durante o conxunto doúltimo cuarto do século XIX.5 A rendibilidadedo sector redúcese substancialmente e non sonpoucas as fábricas de curtido galegas que pe-chan as súas portas durante este período.Dentro deste marco desfavorábel, Juan

Harguindey actuará contra corrente, trazandounha serie de estratexias de crecemento desti-nadas a frear a caída das marxes de beneficio.A primeira destas políticas sería a de aumentar

a produción da empresa familiar a través da adquisición de fábricas encrise. Desta forma non só lle inxectará un forte pulo á fábrica de Guada-lupe senón que se faría en 1885 co vello curtidoiro do Carme, o primeirono que traballara o seu pai ao chegar a Compostela, e uns anos máis tardeco de Lavacolla, un dos máis antigos e maiores da comarca, que adquiri-ría en 1893.Coa adquisición das fábricas citadas, Juan Harguindey pagaba contra

1895 en concepto de contribución industrial o 29% das cotas aboadaspolo sector en Compostela. Se a iso lle engadimos as cifras corresponden-tes ás fábricas dos seus irmáns Santiago e José Benito, acadaban en con-xunto o 59%, o que reflicte tanto unha elevada concentración no sector

113Juan Harguindey Broussain

Rendibilidade media do capital nas empresasde Juan Harguindey

Anos Rendibilidade media (%)

1879-1889 6,80

1890-1900 4,061901-1909 1,20

Nota: denominamos «Rendibilidade Media» á suma das porcentaxes que representan as utilidades sobre os recursos propios dividido polo número de anos.Fonte: Libros de inventarios de Juan Harguindey.

5 Fernández Vázquez (2002).

Page 114: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

como un forte poder de mercado nas mans da familia Harguindey,6 edentro dela do protagonista da nosa biografía. O segundo elemento da estratexia de adaptación de Juan Harguindey

ás difíciles condicións do momento foi a de promover redes empresariaisdestinadas á realización de compras, vendas e servizos de transporte con-xuntos, co obxecto de obter mellores prezos nas primeiras e descontos nosfretes. Para este obxectivo puido contar cunha rede de tipo familiar, queincluía os seus irmáns Santiago e José Benito de Santiago e os seus curmánsde Pontevedra. Esta rede constituía sen dúbida o principal grupo indus-trial do curtido de Galicia. Para os efectos de obter os mellores resultadosdo activo que representaba o control da distribución desta importanterede de fabricantes, Harguindey trataría de interiorizar, ou polo menos, che-gar a acordos de distribución dos seus produtos nos mercados de Andalu-cía e Madrid, que eran o principal destino ao que estes se dirixían. Con esteobxectivo impulsa a constitución en 1888 en Sevilla da sociedade coman-

114Empresarios de Galicia

Pagos realizados pola tarifa terceira da contribución industrial na cidade de Santiago (1894-1895)

Fábrica Propietario Cota por contribución industrial (pesetas)

A Lavacolla Juan Harguindey Broussain 410

Laraño Santiago Aguerre 148

Sar José Benito Harguindey 599

Picaños Santiago Harguindey Broussain 492

Guadalupe Juan Harguindey Broussain 492

Rueiro das Figueiriñas Juan Harguindey Broussain 452

Ponte Pedriña de Arriba José C. Vilas Patiño 400

San Ignacio do Monte Crisóstomo Antelo Mayo 32

As Casas do Rego Bernardo Máiz Elicegui 544

San Ignacio do Monte José María López Roo 221

Rueiro das Figueiriñas Francisco Pereira Anido 47

Río dos Sapos Manuel Moreno García Pan 525A Ribeira de San Lourenzo Santiago Harguindey Broussain 303

Fonte: Carmona Badía e Fernández Vázquez (2003), p. 99.

6 Carmona Badía e Fernández Vázquez, (2003), pp. 98 e 99.

Juan Harguindey foi probabelmente o mellorsiareiro dos banqueiroslocais. Nesta fotografíatomada contra 1870, naque o fabricante é o primeiro pola dereita dosque aparecen de pé, pódese ver a Olimpio Pérez Rodríguez (sentado,segundo pola esquerda), a Simeón García de la Riva(inconfundible co seu pantalón a cadros) e maisao caixeiro do Banco deEmisión de Santiago (de pé, terceiro pola esquerda).De pé. o primeiro á esquer-da é Santiago Harguindey.Completan a foto variosprominentes comercianteslocais. Lucas de la Riva (a carón de Olimpio) eBenito Escalera (a carón de Simeón). Debemos estafoto á amabilidade deIsabel Harguindey

Page 115: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

115Juan Harguindey Broussain

Page 116: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

116Empresarios de Galicia

ditaria Llano e Cía., empresa que, segundo refire unha das revistas máisimportantes do gremio, Gaceta de Cueros y Calzado chegou a ser unha dasmáis importantes estabelecidas en España para a venda de curtidos.7A entrada de Juan nesta sociedade representou un desembolso de

120.000 pesetas, un investimento elevado, pero que non só lle permitíaabsorber unha parte da marxe que ata aquel momento absorbían consig-natarios ou comerciantes por xun to senón, sobre todo, garantía unha víade distribución dos coiros galegos no seu principal mercado histórico, noque a competencia era crecente, e non só lles afectaba aos prezos senón

7 Gaceta de Cueros y Calzado, núm. 60 do 20 de marzo de 1911, pp. 6 e 7.8 Libro 2º de inventarios, ano 1895, p. 12.9 Libro 2º de inventarios, ano 1897, p. 34.10 Carmona Badía e Fernández Vázquez, (2003), p. 98.

Os mercados foráneos dos coiros galegos 1880-1909 (Participación dos debedores en %)

1880 1884 1888 1892 1905 1909

Madrid-Castela-A Mancha 43,17 23,02 54,38 16,72 17,76 15,50

Estremadura 24,94

Andalucía 56,83 44,98 43,35 83,28 81,47 83,72

Norte de España 7,06 2,27 0,77 0,78Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00

Fonte: Elaboración propia a partir dos Libros Maiores de San Nicolás entre os anos 1880 e 1892 e da relación dedebedores dos libros de inventarios de Juan Harguindey a partir de 1905.

ao control das propias canles de distribución. Proba do bo resultado destaestratexia de semi-integración vertical é o feito de que en 1895 xa dupli-cara a súa participación na sociedade sevillana8 e que dous anos máis tardeJuan Harguindey promoveu unha iniciativa semellante en Madrid, o outrogran mercado do coiro galego, coa constitución da sociedade José delLlano y compañía, na que achega 50.000.9 Tanto a sociedade sevillanacoma a madrileña, ademais de comercializar a produción das fábricas deHarguindey, centralizaron as vendas no centro e no sur de España dou-tras seis fábricas galegas, tres empresas de Santiago, unha de Pontevedra,outra de Betanzos e unha de Vilagarcía.10

Page 117: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A expansión sería, en todo caso, imposíbel que non dispuxese daliquidez e do crédito para financiar as adquisicións e o aumento das nece-sidades de circulante dela derivado. O avultado patrimonio persoal e oseu pasado á fronte da empresa familiar permitíronlle dispoñer dunhaimportante liña de crédito a baixo tipo de xuro co banqueiro composte-lán Olimpio Pérez, co que mantivo durante todo o último terzo do séculoun forte volume de endebedamento. A percepción a finais dos anossetenta dunha importante suma de diñeiro, procedente dunha herdanzadun parente estabelecido en Cuba, tamén contribuíu ao éxito desteempresario, ao outorgarlle liquidez nun momento no que esta era escasapolas dificultades que atravesaban os talleres tradicionais de zapatos, osprincipais clientes dos curtidoiros galegos.Desde o punto de vista tecnolóxico, Juan Harguindey foi un dos em -

presarios galegos do sector máis preocupado pola introdución dos avan-ces destinados á aceleración dos procesos de curtido que se deron duranteo último terzo do século XIX. De feito, fora xa na década de 1860 o pio-neiro na utilización da máquina de vapor na comarca compostelá paradarlles movemento aos muíños de casca empregados para a trituracióndeste material curtinte. En 1900, Juan, ademais das dúas máquinas paraalisar a sola que tiña na fábrica do Carme, instalaba na fábrica de Gua-dalupe outra máquina de vapor,11 dúas alisadoras, unha trituradora e unpulverizador, segundo declaraba no inventario dese ano.12 En 1903 ins-talou a electricidade na fábrica de Guadalupe; foi un dos primeirosempresarios composteláns que empregou esta fonte de enerxía para usoindustrial. Porén, malia o espírito innovador do empresario compostelán, os

avances que introduciu limitáronse ás fases de preparación e de acabadodo produto, non ao curtido propiamente dito. Aínda que coñecía a exis-tencia dos extractos tánicos, que aceleraban o proceso de curtido, Har-guindey nunca os introduciu no proceso de fabricación, probabelmenteporque dentro do nicho de produto no que o coiro galego gozaba de máis

11 La Maquinista Terrestre y Marítima, S.A. vendeulle unha máquina de vapor de 30CV a Juan Harguindey en 1900. NADAL (1999), p. 123.

12 Libros de Inventarios Juan Harguindey, anos 1894-1909, p. 65.

117Juan Harguindey Broussain

Page 118: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

prestixio, o que é dicir a sola de calidade, o seu efecto asociábase a unhadeterioración desta última. Aínda que Juan Harguindey participou en ocasións nalgúns outros

negocios locais, fíxoo non tanto polo seu interese neles senón máis benpor compromiso co progreso local e co grupo de empresarios composte-láns cos que estaba unido por relacións de amizade e negocio, tales comoOlimpio Pérez ou o seu propio irmán José Benito, que foi secretario daCámara de Comercio. Foi este o caso da súa participación na primeiracomisión xestora do Banco de Emisión local, o Banco de Santiago, en1863, da que axiña se retirou. A partir de entón mantivo soamente unhaspoucas accións, sen exercer ningún tipo deinfluencia sobre a marcha da instituciónfinanceira. Dentro deste mesmo ámbito exer-ceu como prestamista en momentos nos quedispuxo de puntas de liquidez, pero foi estaen todo caso unha actividade marxinal na súaevolución empresarial. Tamén foi socio doFerrocarril Compostelano, a empresa creadaen 1863 para promover a construción da liñaférrea de Santiago a Carril, que se acabaríainaugurando en 1873, e que foi a primeira que funcionou en Galicia,pero tampouco se destacou pola súa dedicación a esta sociedade nin polasúa participación en ningún dos varios conflitos que esta atravesoudurante os primeiros anos da súa existencia. Juan Harguindey foi, sobretodo, un empresario do curtido, moito máis ocupado de atopar estratexiasde supervivencia e crecemento dentro del, que de orientarse cara a outrossectores como fórmula de diversificar riscos.Á súa morte, ocorrida en 1911, era o principal industrial galego do

sector e un dos de maior proxección no conxunto español. Poucos anosantes, en 1905, actuara como vicepresidente no primeiro congreso nacio-nal de curtidores, no que, segundo refire a necrolóxica que lle dedicou arevista do gremio Gaceta de Coiros e Calzado, cativou a todos co «persua-sivo das súas frases e co atinado das súas observacións».13

118Empresarios de Galicia

13 Gaceta de Cueros y Calzado, núm. 60 do 20 de marzo de 1911, pp. 6 e 7.

Page 119: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

En 1911, tras o óbito do empresario, sucedeuno o seu fillo primoxé-nito Juan Harguindey Pérez Santamarina, que concentrou o curtido nafábrica de Guadalupe; vendeu a da Lavacolla e dedicou a do Carme ásactividades relacionadas coas tarefas de acabado dos coiros e á fabricaciónde zocos.A fábrica de Guadalupe viuse, como a maior parte das do sector, fa-

vorecida pola excelente conxuntura creada pola neutralidade españoladurante a Primeira Gran Guerra e os beneficios obtidos durante a con-tenda estimularon e financiaron a incorporación de importantes mellorasna inmediata posguerra. Así, a comezos dos anos vinte Juan HarguindeyPérez, terceira xeración xa da empresa, substituíu os caleiros por moli-netes e montou o primeiro bombo xiratorio empregado en Compostelapara realizar os labores de regato. No entanto, aínda que a empresa mo-dernizaba e aceleraba todos os traballos preparatorios e incorporaba di-ferentes máquinas que melloraban o acabado dos coiros, o curtido propia-mente dito seguirá realizándose polos procedementos tradicionais,empregando casca de carballo, debido ao fráxil equilibrio entre tempo decurtido e calidade do produto final e por continuar apostando, como nopasado, por unha sola desta categoría.A terceira xeración empresarial dos Harguindey mantivo a fábrica

en funcionamento durante conxunturas difíciles como as das décadasseguintes á Primeira Guerra Mundial nas que a retracción da industria docalzado española e o retroceso dos zapateiros ambulantes implicou unforte descenso da demanda de sola, produto do que en vésperas da GuerraCivil mantiñan importantes stocks. E igualmente durante a propia Gue-rra Civil, un período no que roto o mercado español en dous espazos eco-nómicos diferentes, e situada competencia catalá no contrario, os curti-doiros galegos viviron unha auténtica resurrección. Igualmente, e duranteos anos seguintes á guerra, cunhas importacións case que paralizadas, aoferta local de materias primas volveu ser un factor de vantaxe para os cur-tidoiros galegos. Deste xeito, moitos dos que estaban pechados abrironas súas portas durante a guerra e a posguerra civil. As que, como a de Gua-dalupe seguían funcionando e dispoñían dunha certa dimensión e re-cursos gozaron nestes anos de intervención dunha prosperidade envexábel.Dentro deste medio relativamente favorábel para os curtidoiros gale-

gos, os Harguindey Harguindey, baixo a razón social de Hijos de Juan

119Juan Harguindey Broussain

Fotografía da páx. seguinte:Panorámica da fábrica de

coiros de Guadalupe contra1950, onde actualmente seergue o barrio compostelán

de Vite

Page 120: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 121: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 122: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Harguindey entran no negocio familiar. A sociedade constituída en 1943pola cuarta xeración, volverá introducir cambios na fábrica de Guada-lupe co fin de modernizar a factoría e mecanizar a práctica totalidade dastarefas de acabado. Os traballos de lavado das peles realizaranse medianteun bombo de ribeira propulsado por un motor eléctrico. O encalado edepilado pasou a facerse con molinetes nos que se empregaban substan-cias químicas como sulfuro de sodio e hidrato cálcico que reducían os tra-ballos preparatorios a unhas poucas horas e permitían eliminar parte dosmalos olores que producía o sistema tradicional. No desencalado van serusados molinetes nos que se aplicaban produtos químicos como sulfatoamónico e ácido clorhídrico. Tamén se incorporou maquinaria auxiliar;destaca así a introdución de novos cilindros mecánicos para o estirado dasola, máquinas de dividir, de encarnar, etc. Nese momento, a fábrica deGuadalupe dáballes traballo a 19 operarios —número nada desprezábelse temos en conta que en 1958, o 65% dos curtidoiros españois tiñanentre 1 e 5 traballadores14— e continuaban combinando os traballos deribeira realizados por procedementos modernos cos procedementos de curtido tradicionais.Desde os anos finais da década dos cincuenta, o final da autarquía

iría reintegrando os mercados de materias primas e de produto á situaciónanterior á guerra, o que é dicir a devolverlles ás fábricas catalás as vanta-xes de que dispoñían daquela. Na área de Santiago este reaxuste saldouseco peche da metade dos curtidoiros situados nos arredores da cidade. Polacontra, as empresas de maiores dimensións, que conseguiran aumentar aprodutividade mecanizando as operacións máis intensivas en factor tra-ballo, como fixera a fábrica de Guadalupe, beneficiaranse do aumento dademanda interna debido ao crecemento da economía española duranteos sesenta e á expansión da industria do calzado. No entanto, este sería oúltimo momento de esplendor dentro do negocio do curtido para os des-cendentes de Juan Hargindey Broussain.Os anos setenta traerán unha importante crise en Europa e España

para o sector principalmente motivado por un novo encarecemento dasmaterias primas e polo aumento da competencia, orixinada esta última

122Empresarios de Galicia

14 Colomer i Roma (2003), pp. 115-159.

Page 123: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Bibliografía

Carmona Badía, X., e M. T. FernándezVázquez (1997): «Historia e actualidadedo patrimonio industrial de Galiza: asfábricas de curtidos de Allariz», en Fi-dalgo, X. e Simal X., (eds.): Patrimoniocultural de Galicia e norte de Portugal,Ourense, 1997, pp. 63-80

Carmona Badía, X., e J. Nadal Oller(2005): El empeño industrial de Galicia.250 años de historia, A Coruña, Funda-ción Barrié de la Maza

Carmona Badía, X., e M. T. FernándezVázquez: A Compostela industrial. His-toria e pegada das fábricas de coiros noconcello de Santiago, Santiago de Com-postela, Consorcio de Santiago, 2003

Colomer i Roma, P. (2003): «La política dela piel. El sector curtidos en España»,Revista de Historia Industrial, núm. 24.

123Juan Harguindey Broussain

Derry, T. K., e I. T. Williams (1973): His-toria de la tecnología,Madrid, vol. I

Fernández Vázquez, M. T. (2002): La in-dustria del curtido en la Galicia contem-poránea, tese de doutoramento inédita,USC.

Nadal, J. (1999): «Las máquinas de vaporfijas en la Maquinista Terrestre y Marí-tima, SA», Revista de Historia Industrial,núm. 16.

Pernas Oroza, H. (2001): Las clases traba-jadoras en la sociedad compostelana delsiglo XIX, Vigo, Nigra Imaxe.

Pose Antelo, J. M. (1992): La economía yla sociedad compostelanas a finales delsiglo XIX, Santiago de Compostela, Ser-vizo de Publicacións USC.

pola utilización de produtos alternativos ao coiro e tamén pola irrupciónnos mercados dos coiros de industrias situadas en países en vías de desen-volvemento, que dispoñían de materia prima de boa calidade e baixoscustos salariais.O inicio dun novo período crítico para o sector coincidirá coa nece-

sidade de cambiar a situación da fábrica de Guadalupe debido á constru-ción do Burgo das Nacións e á expansión da cidade compostelá cara ázona ocupada polo recinto fabril. A cuarta xeración dos Harguindeyoptará por abandonar a actividade á que se dedicaran varias xeracións dafamilia. Así, pecha en 1971 o curtidoiro de Guadalupe.

Page 124: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

PEDRO MURIAS1840-1906

Page 125: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Pedro Murias completou o ideal que todo mozo que emigraba deGalicia cara a América desexaba realizar. Fixo as américas, é dicir, acadouo éxito económico e a notoriedade social. El marchara da súa parroquianatal, A Devesa, en Ribadeo, en 1856, con 16 anos e, ao chegar a Cuba,como a maioría dos galegos que cara a alí partían neses anos, decidiu esta-belecerse na capital. A manufactura de tabacos foi, xunto a do azucre, aindustria cubana por excelencia no século XIX e a relación de PedroMurias con ela non é para nada atípica se temos en conta que cando emi-grou, a finais da década dos cincuenta, Cuba estaba inzada de estabele-cementos tabaqueiros.1Ata mediados do século XIX os operarios das tabaqueiras eran preferen-

temente escravos, nativos da illa, negros libres, pero o aumento da demandade man de obra que se xerou a partir de 1850 co auxe da produción posi-bilitou a entrada dos emigrantes peninsulares. Estes sentíanse atraídospolos altos soldos que cobraban os traballadores libres das tabaqueiras,ingresos ben superiores aos que se podían conseguir en adegas, almacénsou comercios. As boas condicións de traballo, unha xornada máis cómoda

Ana Cabana IglesiaProfesora da Universidade de Santiago. Campus de Lugo

O ÉXITO EMPRESARIAL NA EMIGRACIÓN E A INDUSTRIA TABAQUEIRA NAS ÚLTIMAS DÉCADAS DA CUBA COLONIAL

1 En concreto, en 1861 existían un total de 1217 tabaqueiras espalladas por toda a illa,das cales máis de medio millar estaban radicadas na Habana que ocupaban a 15.000 per-soas. González Fernández (1992), pp. 130-156.

Page 126: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

e de menos horas cás dos outros nichos laborais foron outros dos factoresque motivaron os emigrantes a ocuparen estes postos. A estes aspectosfavorábeis cómpre engadir que a case que a totalidade de donos de tabaquei-ras eran españois. A mesma orixe resultou un factor con moito peso na rela-ción dos españois co negocio do tabaco, pois supuxo que os donos garda-ran para os paisanos a aprendizaxe dos oficios mellor pagados, é dicir, os querequirían certo grao de cualificación (escoller, demorar e torcer).2 Maliaque son os emigrantes de orixe canaria e asturiana aos que se identifica tra-dicionalmente co mundo da produción de tabaco, unha longa nómina degalegos aparece vinculada a este negocio no mesmo período no que PedroMurias se iniciaba como operario.3

Unha fortuna alicerzada na transformación e na venda de tabaco

Para entendermos a prosperidade de Pedro Murias no sector taba-queiro debemos ter en conta dous aspectos que serán unha constante nasúa traxectoria. Por unha banda, benefíciase da vaga positiva que experi-mentou desde o século XVIII ese eido económico e segue as tendenciasde investimento maioritarias da segunda metade do século XIX no que aimportantes tabaqueiros da colonia cubana se refire. E, por outra banda,sempre está presente nos seus negocios e nas actividades unha caracterís-tica que se aprecia no conxunto da emigración galega, a relevancia dasredes de relación articuladas arredor dos emigrantes galegos. Hai redesque remiten a tratos cordiais, libres e proporcionados, como os que aco-

126Empresarios de Galicia

2 Eran españois os que posuían as tabaqueiras máis afamadas de Cuba, como Fran-cisco Pérez del Río, propietario de La Legitimidad, Francisco Cabañas, fundador de Hijade Cabañas y Carvajal, José Gener, dono de La Escepción, Juan A. Bances, propietario deLa Flor de Tabacos de Partagás e Luis Susini dono de La Honradez. Godó Rodés, (1994), p. 32.

3 Eduardo G. Fonseca, Cabaleiro, Fariñas, Villar, Sequeira ou Caldeiro aparecen nalista. Algúns conseguiron que os seus nomes acadasen fama internacional grazas á súa con-dición de notábeis marquistas exportadores de tabaco. Este é o caso de Antonio Caruncho,propietario de La Intimidad, de Alfredo Nogueira que contaba con afamadas marcas comoSilvana, Prinz Heinrich, Flor de Nogueira ou El Veguero, e de Francisco Pego Pita, quechegou a ser propietario da marca Partagás, unha das máis prestixiosas de Cuba, ademais deostentar o cargo de presidente da Unión de Fabricantes de Tabaco e o de presidente do CentroGalego da Habana en diferentes momentos entre os anos 1917 e 1931.

Page 127: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tío aparecen no seu proceso de consolidación empresarial baseadas envínculos de solidariedade e de axuda mutua. Pero tamén frutifican aque-las redes relacionadas con ligazóns de dependencia económica e laboralque estabelece con outros que partiran tamén de Galicia para arribarenás costas do país antillano e aos que a fortuna non sorriu de igual xeito. Édicir, fixo negocios e labores altruístas para e con galegos, pero taménforon moitos galegos os que traballaron para el en diferentes condicións(desde xestores ata colonos).

O paso inicial para a súa carreira na manufacturade tabaco lévao a cabo Pedro Murias en 1874. Nesteano merca a fábrica de tabaco La Meridiana e deixaasí a súa condición de simple operario.4 La Meri-diana, que fora fundada por outro español, José M.ªGuerediaga, era unha marca reputada entre os con-sumidores. Pedro Murias aproveitará o declive dosnegocios do dono e a súa saída a poxa pública paramercar La Meridiana por un prezo realmente des-valorizado. O negocio resultou ser óptimo para odevesano pois ao conseguir unha marca de fábricaafamada evitaba ter que comezar de cero, comoun descoñecido; así non tivo que gañar a confianzados consumidores o que, sen dúbida, era a tarefa máis

custosa debido ao alto grao de competencia existente. Ademais tratábasedunha fábrica que só necesitaba unha inxección de capital para conti-nuar coa produción polo que non era preciso abranguer asuntos como o dacompra de máquinas ou a contratación de todo o cadro de persoal, o queevitaba moitas complicacións.5 Para facerse cos fondos económicos nece-sarios para o investimento, Pedro Murias valeuse dos seus aforros de máisdunha década de traballo na emigración6 e da achega económica realizada

127Pedro Murias

4 González Fernández (1992), p. 136.5 Fondo Escribanías. Arquivo de Rodríguez-Pérez. Anos 1853-1870. Atado 144, núm.

1; atado 221, núm. 8, 10; atado 230, núm. 2; atado 658, núm. 10.646. Arquivo Nacional deCuba (en adiante, ANC).

6 Memoria da Sociedade de Instrución Círculo Habanero de Santa Eulalia de LaDevesa da Habana (1914).

Fonte: Fondo Marcas e Patentes. Sec. Tabaco (ANC)

Page 128: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

por outros emigrantes galegos que, coma el, viñeran desde a Mariñaluguesa. Se os anos setenta supuxeron para Pedro Murias a consecución dacategoría de propietario fabril coa compra de La Meridiana,7 a décadados oitenta vai ser a da súa consolidación como marquista. Nesas datas, oseu nome prolifera nos títulos de propiedade de novas marcas e, en rela-ción con iso, nas listas de acreditados e poderosos tabaqueiros. En 1880 xaestaba disputando, xunto a compañías como Partagás ou Hijas de Cabañasy Carvajal, as contratas para abastecer de tabaco o goberno español. Isto impli-caba poder ofertar unha produción anual de cinco millóns de unidades, unhataxa que estaba ao alcance de moi poucas fábricas nese momento.8 Apreo cupación central de Pedro Murias, en tanto que manufactureiro, resi-día en facerse con marcas que lexitimasen a calidade da súa produción egarantisen a súa segura comercialización. El era consciente de que para con-verterse nun fabricante prestixioso non era dabondo con ofrecer produtosde calidade, senón que era preciso acreditalos con marcas recoñecidas,9 deaí que se afanara en tratar de controlar a maior cantidade posíbel e en pres-tixialas. A altura de 1885, tan só once anos despois de mercar a fábrica detabacos, Pedro Murias conta coas marcas Balmoral, Flor de los Campos deCuba, El Idolico, La Inflexible, El Palacio de Cristal, La Paz de Cuba, Wal-ter Scott, American Flag, La Reserva ou Pedro Murias y Cía.10Pedro Murias non se conformou coa explotación da antiga fábrica de

Guerediaga e nos anos seguintes centrou o seu interese en aumentar o

128Empresarios de Galicia

7 Desta fábrica, á que lle puxo como lema «gañar moi pouco e vender moito» proce-dían os tabacos máis prestixiosos que chegou a producir Pedro Murias, tanto pola calidadeda febra Deliciosos, coma pola bitola de Soberano. Os tabacos desta bitola de La Meridianaforon o cigarro de maior cotización na súa época. Segundo as tarifas da Compañía Arrenda-taria de Tabacos, custaba 2,10 pesetas a unidade en 1897, cando a media dos restanteshabanos de alta regalía non superaba a metade dese prezo. Eco de Galicia (en adiante,EDG) (A Habana, ano XIV, 25-6-1898); Hortas (1999), pp. 25-37.

8 El tabaco (A Habana, ano I, núm. 8, 15-10-1880) (Instituto da Lingua e da Literaturade Cuba, en adiante, ILL).

9 As marcas non eran só un signo distintivo do produto, senón que eran consideradasxuridicamente unha propiedade móbel que se lle acreditaba ao fabricante por medio dun«certificado da marca» que expedía o capitán xeral.González Fernández (1992), pp. 129-156, pp. 134-135.

10 Fondo Marcas e Patentes. Sec. Tabaco. Caixa 244, sig. 10. Caixa 245, sig. 14. Ano 1885.(ANC).

Page 129: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

seu prestixio como fabricante de tabaco con novas iniciativas empresa-riais. Entre estas destaca a fundación, en 1892, da que será a súa segundafábrica, destinada á fabricación de cigarros e de tabaco de picadura.11 Aesta fábrica, que levanta desde a nada, vaina chamar Pedro Murias. Osdous feitos son moi reveladores. A creación dunha segunda fábrica é unsigno inequívoco da súa prosperidade económica, e o nome elixido étodo un símbolo que informa de dous aspectos. Por unha banda, da famaque el acadara, que lle permitía abrir unha nova fábrica sen ter que reco-rrer ao emprego dunha nomenclatura xa reputada para poder comercia-lizar a súa produción. Pola outra, resalta o seu desexo de figurar e de queo seu nome non pasase desapercibido. A este devezo de acadar prestixioe consolidar o seu nome contribuíu enormemente a construción duncolosal edificio na rúa Zulueta no que instalou os aparellos dos seus talle-

res industriais. Trátase dunha vía que se atopa nopleno centro da Habana, no barrio onde se concen-traban os estabelecementos comerciais dedicados aotabaco.12En 1890 vai mercar a que será a súa terceira fá-

brica, La Devesa,13 como o seu propio nome indica,moi vinculada á parroquia natal do tabaqueiro.14 LaDevesa fora fundada por dous devesanos, Félix Mu-rias e Lorenzo Prieto Rodríguez. Estes constituíran

unha compañía cun capital de 3000 pesos de ouro co nome de Félix Mu-rias y Compañía en 1881 para explotar, ademais da fábrica e da marca detabaco La Devesa, a marca La Suíza Española, fundada en 1882. A finaisde 1888, ante a falta de éxito, os socios decidiron desfacer a sociedade mer-cantil e vender as súas propiedades. As posesións pasaron ás mans doutrodevesano, Antonio González Murias. Este, que era curmán de Pedro Mu-

129Pedro Murias

Reprodución do edificio noque radicaban as fábricas dePedro Murias La Meridiana e

Pedro Murias. Labazada damarca de tabacos La

Meridiana e anexas. FondoMarcas y Patentes. Sec.

Tabacos. Caixa 630-A, núm.8-32. (ANC)

11 EDG (A Habana, ano XIII, 04/01/1897).12 O soar no que levantará a súa fábrica, de 2.263 metros cadrados, comprárao Pedro

Murias por 8.454,30 pesos de ouro nunha poxa pública, cantidade que supón poucomenos da metade do que lle custou construír o edificio. Fondo Intendencia Xeral deFacenda, atado 1.126, núm. 108. Ano 1886 (ANC).

13 Fondo Marcas y Patentes. Sec. Tabaco. Caixa 249, sig. 4. Ano 1890 (ANC).14 Fondo Escribanías. Arquivo de Rodríguez Pérez. Atado 96, núm. 12. Ano 1888

(ANC); El tabaco (A Habana, ano II, núm. 18, 03/01/1881) (ILL).

Page 130: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

rias, asociouse con Lorenzo Prieto Murias para constituír unha nova so-ciedade mercantil. Así xorde, Antonio González Murias y Compañía enfebreiro de 1889, sociedade á que Pedro Murias lle prestará parte do ca-pital co que ía arrancar, 3000 pesos de ouro. A Compañía vai ter unhavida efémera e pódese supor que de pouco éxito porque tan só un ano des-pois da súa constitución se viu na obriga de desfacerse de La Devesa. Seráneste momento cando a fábrica pase a engrosar o patrimonio de PedroMurias, que recuperaba o seu investimento e procedía a reflotar o ne-gocio.15 A partir deste momento Pedro Murias dedicouse a apuntalar aíndamáis o seu patrimonio coa creación de novas marcas como La Luz de Es-paña e La Joven América, que rexistra en 1898.16A fama acadada polos tabacos producidos polas fábricas de Pedro Mu-

rias nas últimas décadas do oitocentos permitiulle traspasar as fronteirascubanas e españolas e dedicarse ao produtivo negocio da exportación. Aexportación era a orientación preferente da produción tabaqueira cubana,sobre todo para os tabacos producidos nas fábricas famosas debido a queno ámbito internacional estaba a maior demanda. Durante a segunda me-tade do século XIX os ingresos anuais do sector tabaqueiro cubano polavía da exportación de tabaco manufacturado chegaron aos 12 millónsde pesos, en tanto que o valor da produción consumida na illa era tan só de millón e medio.17 Francia e Gran Bretaña serán o destino principaldas manufacturas de Pedro Murias, que non dubidou en facerlles unhachiscadela na nomenclatura das súas marcas a estes mercados nin en pre-sentar os seus produtos en eventos de grande impacto publicitario quetiveron lugar no Antigo Continente, caso das Exposicións Internacionais.O ano 1898 foi decisivo para Cuba en todos os sentidos, incluído o

sector tabaqueiro. E tamén se amosa como un ano decisivo na traxecto-ria de Pedro Murias. A Guerra de Independencia e a entrada do capital

130Empresarios de Galicia

15 Debido aos seus múltiples negocios, tras encamiñar a fábrica, non a vai administrardirectamente senón que delegará esta tarefa nun xerente, o tamén galego Domingo Gar-cía. La tierra gallega (A Habana, ano II, núm. 76, 30/06/1895).

16 Fondo Marcas y Patentes. Sec. Tabaco. Caixa 251, sig.12, 14, 20, 21, 22. Ano 1898.Fondo Tabaco. Marcas de Tabaco. Unión de Fabricantes de Tabacos e cigarros da Habana.Álbum de marquillas. F3. (1907) (ANC).

17 González Fernández (1992), pp. 135-136.

Page 131: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

estranxeiro nos diferentes sectores económicos cubanos implicaronmudanzas importantes para a elite comercial española que se viu nanecesidade de adaptarse á nova situación económica para poder conti-nuar sendo, tras a independencia e fronte á competencia norteameri-cana, un grupo dominante na illa.O comezo das repercusións da guerra no sector tabaqueiro localízanse

no momento da incorporación ao conflito das provincias da Habana ePinar del Río, a finais de decembro de 1895, o que dificultou enorme-mente as colleitas dos anos seguintes. As plantacións das zonas rurais ondese loitaba foron particularmente afectadas debido ás tácticas de arrasa-mento de terras que puxeron en práctica os dous exércitos en loita. Estasituación víase agravada pola escaseza de man de obra debida, tanto aorecrutamento a filas, coma á fuxida de multitude de familias campesiñasque procuraban seguridade nas cidades e ás dificultades de transporte, poisas liñas ferroviarias quedaran cortadas e o goberno colonial confiscara osanimais de tiro. Os atrancos impostos polo enfrontamento bélico supuxe-ron para moitos tabaqueiros graves dificultades e mesmo a creba paraalgúns deles. Pedro Murias non foi inmune aos efectos da guerra colonial. Os mambís, nunha das súas incursións en 1896 devastaron as veigas

que posuía na zona de Rioseco, en San Juan e en Martínez, na que traba-llaban novecentas familias.18 Tras ver asoladas as súas colonias agrícolasfixou a súa atención na zona de Vuelta Abajo, como veremos máis de-vagar, unha zona que apenas sufriu estragos a partir desa data. Este feitopermitiulle garantir a colleita no ano 1897, cando xa a insurrección im-posibilitara abastecer a maior parte das fábricas de tabaco da illa. Os ta-baqueiros que superaron esa crise deberon enfrontarse a unha segundaeiva coincidente no tempo, a competencia de capital estranxeiro. Ata aGuerra de Independencia as relacións entre Estados Unidos e Cuba noeido do tabaco circunscribíranse case totalmente ao ámbito comercial. Édicir, as compañías tabaqueiras norteamericanas compraban na illa o ta-baco, ben en rama para a súa posterior elaboración nos seu centros fabrís,ben elaborado para a súa directa comercialización. Pero esta situación vaimudar a finais da última década do século XIX cando o capital americano

131Pedro Murias

18 EDG (A Habana, ano XIV, 04/06/1898); El tabaco (A Habana, ano III, núm. 45,16/05/1896) (ILL).

Page 132: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

empece a penetrar na industria tabaqueira cubana en grandes cantidades.Unha introdución que resultou certamente doada xa que os efectos de-vastadores da Guerra de Independencia non posibilitaron unha con-traofensiva, nin permitiron unha defensa, por parte do sector insular. E,ademais os tabaqueiros españois víronse incapaces de competir ante o puloda produción norteamericana que podía ofertar uns prezos imposíbeis derebaixar debido ás medidas fixadas pola alfándega tras o remate da guerrae, sobre todo, á innovación tecnolóxica aplicada pola industria tabaqueira.19Se ben é certo que xa hai que dar conta á altura de 1888 da entrada

de capital foráneo no sector, neste caso capital inglés, todos os autorescoinciden en sinalar que se trataba dun feito, aínda que indicativo da ten-dencia que se aveciñaba, aínda puntual. Os empresarios británicos come-zaron a investir cuantiosas sumas de capital comprando firmas de tabacoda illa a través da figura de Gustavo Block, dono da compañía HenryClay. Grazas a esta operación, en 1888, a súa compañía contaba con tresprestixiosas marcas de empresarios españois, El Águila de Oro, La Espa-ñola e La Intimidad, con sesenta e seis marcas anexas de tabaco e vinte etres de cigarros e picadura. Esta compañía, coñecida comunmente conome da Compañía inglesa, foi o primeiro trust tabaqueiro estranxeiroque se estabeleceu na illa e con el comezou un proceso que se consoli-daría a partir do remate do conflito bélico e que terá o capital norteame-ricano como protagonista. Os industriais tabaqueiros americanos, que vían como o capital in-

glés se ía facendo coa propiedade das industrias cubanas, decidiron co-mezar a súa expansión coa constitución de compañías para mercar taba-queiras e tamén veigas en Cuba. Deste xeito, aseguraban a materiaprima que necesitaban as súas tabaqueiras de Key West e Tampa.20 O

132Empresarios de Galicia

19 O crecemento acelerado da industria tabaqueira norteamericana foi incidindo desfa-vorabelmente nas posibilidades comerciais do habano nese mercado, o máis importante envolume de tráfico comercial, debido aos diferentes aranceis proteccionistas decretados polosgobernos. Foi especialmente duro o arancel denominado Mc Kinley (1890), a través do calse elevaron os aranceis de 2,50 a 4,50 por libra de tabacos mantendo o 25% ad valorem. Estesgravames facían que os tabacos cubanos acadaran uns prezos tan altos que o seu consumo eraun luxo ao alcance de moi poucos, co cal se perdeu o mercado norteamericano para o tabacomanufacturado cubano. González Fernández (1992), p. 153.

20 Rivero Muñiz (1964), II, pp. 309, 317-318.

Page 133: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

proceso estivo liderado pola American Tobacco Company (ATC), unhaimportante empresa de capital de Nova York nacida da fusión de variastabaqueiras lideradas pola que presidía James B. Duke, o empresariomáis poderoso da industria do cigarro, que empezou a súa carreira porcopar o sector tabaqueiro cubano en 1899. Fíxoo a través dunha sucur-sal, a compañía Havana Commercial Company. A partir de prezos moixenerosos, comeza facéndose co control dunha fábrica de cigarros edunha ducia de fábricas de tabaco na Habana, e úneas baixo unha soaorganización que tiña á súa cabeza a firma de tabacos cubana FranciscoGarcía Hermanos y Cía.No control sobre a elaboración e a comercialización da folla de ta-

baco movéronse case que simultaneamente os intereses dos trust británi-cos e norteamericanos e, aínda que a presenza dos primeiros no intentode monopolización tabaqueira fora anterior, a influencia de factores po-líticos —a guerra e a fin da colonia e da ocupación americana— e de fac-tores económicos —as estruturas arancelarias e a puxanza tecnolóxica—posibilitaron que o control económico pasase ás mans dos trusts estadou-nidenses, nomeadamente ás mans da ATC. O éxito deste trust radicou es-pecificamente na modernización tecnolóxica, coa adopción da máquinaBonsack e coa mecanización total da produción, e da comercialización através dunha organización global de vendas e de distribución.21 Dentrodese grupo de fábricas de tabaco cubano que absorbeu o gran trust ame-ricano atópanse as fábricas de Pedro Murias La Meridiana e Pedro Mu-rias que, como as outras radicadas en Cuba, non utilizaban maquinariade proceso continuo na fabricación senón que respondían a unha organi-zación vetusta baseada no traballo artesán. Isto imposibilitaba a compe-tencia de prezos e o peche da opción de exportar.A venda das súas fábricas non debe entenderse como o punto e final

da brillante carreira empresarial do devesano senón como un certo cam-bio nas prioridades. Pedro Murias desfíxose desas manufacturas porque,imposibilitada a opción da exportación, non lle podía dar saída á produ-ción. Así, ante a imposibilidade de aproveitalas, optou por beneficiarse

133Pedro Murias

21 Chandler (1987), pp. 522-534.

Page 134: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

dos bos prezos que pagaba a Havana Commercial Company.22 Nestatransacción, en 1899, Pedro Murias vendeu as súas fábricas máis impor-tantes, La Meridiana e Pedro Murias e todas as súas marcas anexas, peromantivo a súa condición de propietario fabril. Reservouse a propiedadeda fábrica de tabaco La Devesa e da marca La Suíza Española para seguirfabricando e comercializando o tabaco que producían as súas veigas deVuelta Abajo. Xunto á consolidación da fábrica que levaba o nome da súa parroquia,

despois do 98 Pedro Murias embarcouse na fundación dunha nova fábrica,dedicada á produción de cigarros, La Viajera, que estabelece en 190223en pleno fervor dos trusts estranxeiros. Porque cando Pedro Murias vendeuas súas fábricas, a introdución de capital americano no sector tabaqueironon fixera máis que comezar. En 1901, a ATC entrou na Habana agrupouunhas vinte fábricas e absorbeu tamén as doce que xa posuía Havana Com-mercial Company. En 1902 esta compañía controlaba o 90% das expor-tacións de tabacos grazas á adquisición de 161 fábricas de tabacos e 36 decigarros.24 Estas compras, xunto coas 71 fábricas de tabaco e 24 de ciga-rros mercadas por Block con capital inglés, fixeron que pasase a mansestranxeiras a maior parte das fábricas de tabaco de Cuba.25

A propiedade de «veigas»: un intento por controlar o ciclo produtivo

Pero, como avanzaramos, Pedro Murias non era só un propietariofabril. Nos derradeiros vinte anos do século XIX estendera os seus intere-ses ao sector agrícola. Empezou a dedicarlle parte das ganancias damanufactura á compra de plantacións tabaqueiras e a ampliar os cultivos,

134Empresarios de Galicia

22 Escritura de venda (A Habana, 04/04/1899). Conta de Liquidación Xeral de Bens da Tes-tamentaría de Pedro Murias (1910) (Arquivo Centro Galego da Habana, en adiante, ACGH).

23 Fondo Marcas y Patentes. Sec. Tabaco. Caixa 197, sig. 7. Ano 1902 (ANC).24 Stubbs (1989), pp. 30-35.25 Á altura do ano 1904 a maioría das marcas de tabacos máis emblemáticas de Cuba

como Cabañas, A. de Villar y Villar, Flor de Murias, Flor de Cuba, Flor de Inclán ou LaMeridiana foran xa trasladadas ao edificio da compañía, o número 10 na rúa Zulueta, ao quepopularmente se denominaba El Panteón. As fábricas de tabaco tiñan o seu propio campo-santo no número 193 Paseo de Tacón. Alí en 1906 repousaban xunto a Pedro Murias, LaVencedora de Pérez Díaz, El Siboney de Larrea Hermanos e La Crema de Cuba de GarcíaAlonso, entre outras. Directorio Xeral de Fabricantes de tabacos e cigarros. El Tabaco (A Ha-bana, ano XII, 10/01/1906 / 25/03/1906 / 10/04/1906) (ILL).

Page 135: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

co fin de asegurar a materia prima para as súas industrias. Nesta iniciativadebemos ver a continuación, pola súa banda, unha tendencia xeral entreos tabaqueiros españois radicados na Cuba do último terzo do oitocentos.A existencia dun proceso de acumulación das marcas implicou a concen-tración da produción, o que propiciou un incremento da dispoñibilidadede capital para empregar en mercar materia prima. Nas mans dunhaspoucas compañías tabaqueiras, as de Jaime Partagás, Block, GonzálezCarvajal e das do propio Pedro Murias, quedaron, antes da Guerra deIndependencia, as mellores terras de cultivo.Pedro Murias adquiriu a propiedade de extensas veigas na provincia

de Pinar del Río. Nesta provincia chegou a obterse o 60% da producióntotal de tabaco de Cuba e, segundo os expertos, nunha zona desta, coñe-cida polo nome de Vuelta Abajo, era onde se daba o tabaco de meirandecalidade e fama do mundo.26Entre os anos 1894-1899 concentráronse as súas compras de superfi-

cie agraria. O devesano desenvolveu diversas estratexias para converterseen propietario, desde a cancelación dos censos estatais que pesaban sobrealgunhas propiedades, ata a compra dos dereitos de herdade, pero aopción preferente foi a de constituírse en acredor dos antigos propietariose colleiteiros e facer valer préstamos hipotecarios. Segundo as nosas esti-macións as súas propiedades rústicas á altura de 1900 superaban ampla-mente as 50.000 hectáreas e estaban dedicadas, o 98% delas, á produciónde tabaco.27 Deste carácter de gran propietario informan algúns testemu-ños que aparecen na prensa da colectividade galega, onde o nomean coalcume de indiano de Vuelta Abajo.28Pedro Murias aseguraba así a provisión de tabaco para as súas fábri-

cas e a calidade da súa manufactura pero, ademais, gañaba unha fonte de

135Pedro Murias

26 González (1998); Núñez Jiménez (1985).27 Atopamos datos contraditorios respecto ás medidas das propiedades na documentación

que manexamos (Inventario post-mortem, listas dos bens recibidos polos herdeiros de PedroMurias, escrituras de compra e rexistro da propiedade), dificultades que se agravan pola con-fusión dos nomes dos terreos e coa inexistencia de información sobre as superficies dalgún deles.

28 Segundo unha primeira achega que realizamos no concello de Mantua, en Pinar delRío, Pedro Murias posuía algo máis de 38.000 hectáreas de veigas. Inventario á morte de Pe-dro Murias (1910) (ACGH); Fondo de Escribanías (Arquivo Provincial Estatal de Pinar delRío, en adiante, APEPR); EDG, (A Habana, ano XIV, 04/06/1898); Memoria da Sociedadede Instrución Círculo Habanero de Santa Eulalia de La Devesa da Habana (1914) .

Page 136: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

sen

data

1903

1901

1899

1897

1895

1893

1891

1889

1887

1885

1883

Distribución anual das adquisicións de superficie agraria realizadas por Pedro Murias na provincia de Pinar del Río (en ha)

Fonte: Inventario á morte de Pedro Murias (1910) (ACGH). Testamento de Pedro Murias (1892) (AEAPM). Fondo: Escribanías. Protocolos notariais de Fors y Perdomo e Quintana Rubio. Diarios de Operacións do Rexistro da Propiedade (AEPPR).

29 Somos conscientes de que os datos cos que contamos sobre a súa condición de accio-nista en diferentes empresas (número de obrigas e valoración delas en 1906) carecen da re-presentatividade que proporcionaría un dato porcentual; impiden a realización dunha valo-ración do peso económico dos seus investimentos pero presentámolos a modo indicativo.

ingresos alternativa á da fabricación, ao poder dedicarlle unha parte daprodución á comercialización directa (en rama). Esta alternativa da ex -portación de materia prima resultoulle economicamente moi rendíbel a partir de 1989 porque lle permitiu superar a competencia norteamerica -na na comercialización e aproveitarse da demanda de materia prima desamesma industria.

Un terceiro eixe da estratexia empresarial de Pedro Murias: a diversificación do investimento

Pero non todo o potencial económico de Pedro Murias repousaba nonegocio da plantación e da elaboración do tabaco. A diversificación foi asúa opción para facer medrar e asegurar o seu capital.29 Tamén outrosgrandes tabaqueiros fixeron investimentos en áreas económicas alleas á súacomo eran os enxeños azucreiros, as compañías de seguros, a banca, osferrocarrís ou bens inmobiliarios. Entre os investimentos que realizouPedro Murias pódense destacar os da Nova Fábrica de Xeo e de Cervexa

136Empresarios de Galicia

Page 137: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

de Puentes Grandes, da que posuía 174 obrigas valoradas en 16.400 pesosouro.30 A industria cervexeira arrancou nos anos previos á independenciada illa e converteuse nun dos negocios máis frutíferos tras o azucre e otabaco. Esta fábrica, que fora fundada en 1888, chegou a ser, xunto á Com-pañía Cervexeira Internacional, a entidade máis destacada deste eido eestivo, desde os seus inicios, asociada a diferentes empresarios españois. Áaltura de 1910 xa controlaba as cervexarías La Tropical e Tívoli e, dado oseu volume de capital e potencial produtivo, estaba en posición para com-petir coas mellores empresas latinoamericanas do sector. Pedro Muriasinvestiu tamén en obrigas de dúas entidades financeiras de Cuba, o BancoEspañol e o Crédito Territorial Hipotecario Cubano. Estes foron os inves-timentos que menos lle renderon. No primeiro caso porque posuía unhaporcentaxe meramente simbólica, unha acción, valorada en 500 pesos deouro, e no caso do Crédito Territorial, do que tiña 64 obrigas nas que inves-tira máis de 200.000 pesos de ouro, porque esta entidade fracasou moipouco despois de crearse, e así perdeu Pedro Murias o seu capital.31A estes investimentos seguíronlles os realizados no mundo da comu-

nicación. Pedro Murias posuía obrigas no xornal Diario de la Marina daHabana por un valor de 2500 pesos de ouro. Este era o órgano de prensado Partido Conservador, do que era seguidor, igual ca o resto da eliteespañola favorábel á continuación do réxime colonial en Cuba, e era undos diarios de maior tirada de Cuba. Os medios de transporte taménforon do interese do devesano, como apuntabamos. El contaba con obri-gas do ferrocarril de Gibara a Holguín e do ferrocarril do Oeste, que uníaa provincia de Pinar del Río coa Habana, e era propietario dunha frotade barcos. O atractivo do ferrocarril residía na súa complementariedadecoa produción e coa manufactura de tabaco. Este transporte permitía unmellor aproveitamento da riqueza de Pinar del Río xa que posibilitaríaenlazar esta zona produtora coa Habana, onde radicaban os centros fabríse o porto polo que se exportaba o tabaco.

137Pedro Murias

30 Inventario xeral dos bens á morte de Pedro Murias. Obrigas. Testamentaría Volunta-ria de Pedro Murias. Xulgado de Primeira Instancia do Leste, A Habana. Libro 1º, núm.154, fol. 418. Ano 1906 (ACGH).

31 Inventario xeral dos bens á morte de Pedro Murias. Obrigas. Testamentaría volunta-ria de Pedro Murias. Xulgado de Primeira Instancia do Leste, A Habana. Libro 1º, núm.154, fol. 418. Ano 1906 (ACGH).

Page 138: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A mesma razón que o moveu a participar no negocio ferroviario foi aque motivou a súa entrada no mundo das comunicacións marítimas. Avía marítima amosárase válida á hora de poder transportar dun xeitorápido e barato o tabaco en rama desde as zonas tabaqueiras ás áreas detransformación. Pedro Murias participou na creación da Empresa deNavegación por la Costa Norte de Vuelta Abajo, da que posuía 25 obri-gas e conseguiu a súa propia frota. En 1891 posuía máis de 20 embarca-cións entre elas unha lancha motora, un remolcador e un vapor.32O tesón en diversificar os seus capitais levouno tamén cara ao nego-

cio da minaría. En realidade, esta dedicación pode considerarse máis pro-duto da oportunidade que dunha grande iniciativa empresarial. Tratábasede aproveitar o potencial mineiro que teñen algunhas das terras que xaposuía e non de mercar minas á maneira de novo campo onde investir.Rexistra ao seu nome en dous anos, desde 1902 ata 1904, un total de seisminas, todas elas situadas no termo pinareño de Mantua.33A actividade que máis beneficios lle reportou a Pedro Murias, despois

do tabaco, foi a súa condición de propietario inmobiliario no urbano. Onúmero de inmóbeis que eran da súa propiedade na cidade da Habanasuperaba a principios do século XX a vintena. Cantidade á que hai queengadir, só referíndonos á propiedade de inmóbeis urbanos, os que tiñaen cidades como San Diego de los Baños. Os ingresos que percibía PedroMurias en concepto de rendas de alugamentos supoñían un montanteeconómico substancial xa que eran estas numerosas e, en moitos casos,elevadas por atopárense os inmóbeis en rúas céntricas e principais dascidades onde se atopaban. E, conxuntamente coa percepción de rendas,cómpre salientar o valor inmobiliario das súas propiedades urbanas que,só na cidade da Habana, superan os 180.000 pesos de ouro e que, no con-xunto da illa están moi próximos aos 200.000 (1.140.000 pesetas).34

138Empresarios de Galicia

32 EDG (A Habana, 20/02/1892, ano xv, núm. 504); (A Habana, 19/03/1892, ano xv,núm. 508) Testamentaría Voluntaria de Pedro Murias. Xulgado de Primeira Instancia doLeste, A Habana. Libro 1º, núm. 154, fol. 418. Ano 1906 (ACGH).

33 Fondo Goberno Provincial. Secretaría de Agricultura, Comercio e Traballo. Exp.3.491, atado 292; Exp. 3735, atado 400; Exp. 3.985, atado 410; Exp. 3.986, atado 410; Exp.3.988, atado 410; Exp. 4.268, atado 420; Exp. 4.273, atado 420. (APEPR).

34 Inventario Xeral dos Bens á morte de Pedro Murias (1910) (ACGH).

Page 139: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Epílogo

Os emigrantes ían a Cuba coa vontade e coa clara disposición de fa-cer as américas, é dicir, patrimonio. Pedro Murias conseguiuno. Notábelmarquista, gran propietario e relevante investidor… A manufactura de ta-baco foi a súa fonte principal e continuada de ingresos; beneficiouse polacrecente demanda do produto e polo acceso doado ás canles comerciais.Á sombra dos seus negocios fabrís perfilouse como distinguido veigueiroe investidor altamente especializado. Os seus resortes para a súa acumula -ción de capitais estiveron no exercicio do crédito e no acceso ás redes decomercialización cara á exportación. Morreu rico na Habana o nove de novembro de 1906 a consecuencia dunha tuberculose pulmonar. Con-taba naquel entón con sesenta e seis anos. O seu capital excedía nese anoos 590.500 pesos de ouro (3.365.850 pesetas)35 e sería no espazo familiardo testador, que finou solteiro e sen máis familia que uns seus sobriños, een accións benéficas onde recalaría a maior parte deste patrimonio.

139Pedro Murias

35 No inventario dáse a cifra concreta de 590.512 pesos de ouro. Nel téñense en contao metálico, os valores, as alfaias, os semimoventes, froitos, móbeis, inmóbeis e créditos dosque o indiano era propietario no momento da súa morte. Esta cifra veríase amplamenteaumentada de ter en conta o capital que, por diferentes motivos, lle era adebedado a PedroMurias. Segundo cálculos aproximativos, opinamos que o patrimonio se vería aumentado,cando menos, en 100.000 pesos de ouro máis. Inventario Xeral dos Bens á morte de PedroMurias (1910) (ACGH).

Bibliografía

González Fernández, D. (1992): «La manu-factura tabacalera cubana durante lasegunda mitad del siglo XIX», Revista deIndias, vol. LII, núm. 194.

Godó Rodés, S. (1994): La industria taba-quera en Cuba (1817-1900), La Habana.

Hortas, D. (1999): Pedro Murias. Algo másque un indiano, Madrid.

Rivero Muñiz, J. (1964): Tabaco. Su histo-ria en Cuba, La Habana.

Chandler, A. (1987): La mano visible. Larevolución en la dirección de la empresanorteamericana, Madrid.

Stubbs, J. (1989): Tabaco en la periferia: elcomplejo agro-industrial cubano y su mo-vimiento obrero, 1860-1950, La Habana.

González, R. (1998): El Bello Habano, Vic-toria-Gasteiz.

Núñez Jiménez, A. (1985): Cuba en las marquillas cigarreras del siglo XIX, La Habana.

Page 140: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

OLIMPIO PÉREZ RODRÍGUEZ1841-1915

Page 141: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Olimpio Pérez Rodríguez, que naceu en Compostela no ano 1841,foi o segundo dos seis fillos (tres mulleres e tres homes) dunha familia demoi longa tradición no mundo dos negocios, a formada pola composteláAntonia Rodríguez Arijón Liñares e polo camerano Manuel Pérez Sáenz.Os seus bisavós maternos, Jacobo Rodríguez Arijón e María Suárez Izás,procedentes dunha parroquia de Betanzos, instaláranse en Compostela afinais do século XVIII, onde vai traballar o primeiro deles no gremio decereiros. O seu avó materno, Francisco Rodríguez Arijón continuaría conesta última actividade, pero foi entrando pouco a pouco en novos nego-cios como os préstamos, o comercio e a armaduría de buques.1 Os seusavós paternos, Eusebio Pérez do Molino e Lucía Sáenz Rubio, eran deorixe camerana e deberon instalarse en Compostela nas primeiras déca-das do s. XIX, dedicábanse á compravenda de trapos cuxo uso máis impor-tante era a fabricación de papel. Manuel Pérez Sáenz, o seu pai, nacido en Ortigosa de Cameros,

fixou a súa residencia en Santiago de Compostela en 1825, ao entrar a tra-ballar co que sería o seu futuro sogro, Francisco Rodríguez. En 1845 esta-

María Jesús Facal RodríguezProfesora titular da Universidade de Vigo

AS ORIXES DA ESPECIALIZACIÓN BANCARIA

1 García López, A. (2003); Lindoso (2005).

Olimpio Pérez Rodríguez

Page 142: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

beleceu o seu propio negocio, cunha actividade moi diversificada queorientou cara ao comercio por xunto, á importación e exportación, e,pouco máis tarde, á banca. Para iso contou con recursos procedentes dedúas fontes: un préstamo do seu sogro e o patrimonio da súa muller. Oprimeiro chegou a acadar a cifra de quiñentos mil reais e proporcionou-lle liquidez para os seus investimentos. O patrimonio de Antonia, quefaleceu en 1852, non se repartiu ata 1876, e ascendeu entón a algo máisdun millón de reais, polo que Manuel Pérez Sáenz puido contar con esteimportante capital durante un período considerábel de tempo.

Manuel Pérez Sáenz, tendendoredes como comerciante banqueiro

Con estas bases financeiras, a acti-vidade por conta propia de ManuelPérez Sáenz iniciouse como acumu-lador de millo, ao participar nas expor-tacións dos anos da fame irlandesa, quetan interesantes resultados económicoslle proporcionaron a un bo grupo decomerciantes por xunto e armadoresdos portos de Carril e Vigo.2 Participoupouco máis tarde como armador en va-rias expedicións de transporte de emi-grantes ao Río da Prata, unha activi-dade en cuxo desenvolvemento inicialtivo un importante papel, e igual queoutros armadores que participaronneste negocio nas tres décadas centraisdo século XIX, aproveitou este tráficocomo porta para o comercio de importación/exportación (peles, azucre,fariña, viño) e como antesala da actividade bancaria. Esta última secuenciaten un especial interese na historia empresarial de Galicia porque foi a

142Empresarios de Galicia

2 Taboada Moure (1982) e Carmona (1983).

Manuel Pérez Sáenz, comerciante banqueirocompostelán e pai deOlimpio Pérez

Page 143: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

que seguiron os negociantes do XIX que rematarían por convertérense enprincipais casas de banca galegas do século seguinte.No proceso emigratorio galego cara a América Latina houbo tres ele-

mentos que impulsaron a actividade bancaria dos armadores galegos: oprimeiro, a frecuente necesidade de que os propios armadores lles pres-tasen aos emigrantes o diñeiro preciso para a viaxe3, o que deu lugar a quemoitos deles entrasen nas actividades crediticias. O segundo elemento foia práctica de completar con algunhas mercancías as expedicións de emi-grantes, así coma, sobre todo, de empregar os barcos no seu retorno paratraer diversas materias primas e coloniais ou en tráficos de intermediaciónentre os portos do Río da Prata e outros americanos, antes de regresar aCarril, á Coruña ou a Vigo, con produtos propios daqueles. En moitasocasións, os ingresos procedentes da venda destas exportacións a Río daPrata reinvestíanse precisamente no comercio interamericano como, porexemplo, no envío de chacina a Cuba, como xeito de dar unha maiorrendibilidade ao retorno de fondos. Estas actividades comerciais signifi-caban ampliar o abano de relacións dos armadores galegos non só coscomerciantes latinoamericanos senón tamén cos doutras partes domundo cos que aqueles, á súa vez, se relacionaban. Ademais, e comoestes negocios xeraban letras de cambio que actuaban como medio depago sobre lugares moi diversos abríase así a posibilidade de completar osbeneficios do comercio propiamente dito cos procedentes da negociacióne do xiro de tales letras. Os comerciantes que, como Manuel Pérez Sáenz en Santiago, con-

seguiron estabelecer así unha rede de contactos ampla e gañar a con-fianza dos seus correspondentes e consignatarios, convertéronse nunpunto de referencia para os negociantes doutras rexións e doutros paísesque precisaban realizar cobros ou pagos na súa área de influencia. Nocaso do comerciante camerano estabelecido en Santiago, converteuseeste, en efecto, en referente non só na súa cidade senón tamén nas ríasde Arousa e Muros, coas que mantiña como veremos pronto unhas rela-cións moi estreitas. Conseguiu así con iso unha posición moi vantaxosa

143Olimpio Pérez Rodríguez

3 Vázquez González (1999).

Page 144: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

nunha das comarcas economicamente mas dinámicas de Galicia.4 Destexeito, Manuel Pérez Sáenz sitúase nunha rede de pagos multilateral, através da que fluían medios destinados para este efecto; isto é, letras decambio que se pagarán (ou cobrarán) en distintas prazas españolas, e le-tras denominadas en moeda estranxeira, francos e sobre todo libras es-terlinas. Por estas redes circularían axiña, modestamente desde as déca-das centrais do século XIX, e de forma moito máis ampla desde 1880, asremesas que os emigrantes galegosen América lles enviaban ás súas fa-milias de Galicia, e as cantidadesque os propios emigrantes retorna-dos repatriaban cara á súa terra.Este sería o terceiro elemento aoque nos referiamos. As casas gale-gas mellor posicionadas neste trá-fico converteríanse nas principaiscasas bancarias do século XX, unhadelas sería a dos descendentes deManuel Pérez Sáenz.Ao longo dos primeiros anos da

década de 1860, Manuel PérezSáenz exportou moedas de prata aFrancia e durante toda esa década foi intermediario de casas inglesasnas compras de gando vacún para a súa exportación a Inglaterra, un ne-gocio no que continuaría aínda na década seguinte.5 Tanto nas exporta-cións de gando desta época coma nas de millo dos anos corenta realizou

144Empresarios de Galicia

4 A oferta de papel en Galicia dependía non soamente dos propios xiros, isto é, do vo-lume de medios de pago xerados polas vendas a unha praza concreta, senón do papel en-viado en compensación a bens ou servizos recibidos polos comerciantes doutras zonas, dou-tras cidades ou doutros países; papel Londres, Madrid, ou Barcelona, que adoitaba ser o máisempregado por ser o de máis doada liquidez. A demanda de papel que recibía Manuel PérezSáenz, procedía non só dos empresarios de Santiago senón tamén doutras cidades galegase de fóra de Galicia. A negociación do papel nacional remata contra 1886 coa creación darede de sucursais do Banco de España, a rede contribuíu a que o prezo do papel sobre cal-quera praza española xa non cotizase con beneficio ou quebranto. Castañeda (2001).

5 Facal (2001); Carmona (1982).

Edificio principal e centralde vapor da Sociedadde Gas y Electricidad deSantiago contra 1925.Estaba situada na confluencia das actuaisrúas de Montero Ríos eXeneral Pardiñas.Arquivo de Unión Fenosa

Page 145: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

un importante papel de intermediación entre a súa hinterland agrícola eos mercados externos. No caso do millo actuou por conta propia mentresque no do gando o fixo pola orde dos compradores ingleses. Nos douscasos adiantaba o diñeiro en efectivo, se ben só no do millo asumía unmaior risco, ao xuntar antes de ter un comprador final. Ambos os trá-ficos tamén lle axudaron a ampliar a súa rede de contactos exteriores epuxeron á súa disposición letras de cambio en libras esterlinas, nun mo-mento no que estas eran moi necesarias para a economía española. Foicopropietario de varios barcos dedicados ao transporte de mercancías tantode cabotaxe coma de comercio exterior europeo e latinoamericano; osseus portos de referencia en Galicia eran os de Carril, Pontecesures, Vi-lagarcía de Arousa, Santa Uxía de Ribeira e Muros. A estas alturas, o ne-gocio da ceraría, herdado do seu sogro, tiña xa para o camerano un ca-rácter marxinal.Manuel Pérez Sáenz comezou por estes anos a ocuparse da presta-

ción de servizos financeiros ás principais empresas da bisbarra de Santiago,o que é dicir ás das fábricas de curtido compostelás e aos fomentadores desalgadura das rías de Arousa e Noia-Muros. A súa relación coa industriado curtido foi desde o principio moi estreita; nunha primeira etapa, a travésda subministración de peles que mercaba por xunto en Arxentina; nunhasegunda, a través do crédito comercial, ao negociar as letras do sector econcederlles préstamos a longo prazo aos empresarios máis importantesdo sector na cidade, a familia Harguindey.6 Respecto á industria pesqueira,centrou a súa intervención na negociación do papel comercial creadopolos fomentadores. Estes enviábanlle a negociar as súas letras, a maiorparte delas sobre Barcelona, praza importante para os compradores de téx-tiles ou de augardentes catalás. A cambio Manuel Pérez Sáenz proporcio-náballes diñeiro metálico ou en billetes, cobros e pagos en Santiago, oupapel comercial sobre outras prazas, unha actividade que continuarían osseus sucesores cos xa modernos fabricantes de conservas, que substitui-rían Barcelona por Burdeos, París e Londres. Manuel Pérez Sáenz foi concelleiro do Concello de Santiago de Com-

postela en 1850; presidente interino do Consello do Ferrocarril Compos-

145Olimpio Pérez Rodríguez

6 Fernández Vázquez, M.ª T. (2002).

Page 146: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

telana de la infanta Doña Isabel de Santiago al puerto de Carril en 1862;e director do Banco de Emisión de Santiago durante oito meses en 1865.Na liña doutros moitos comerciantes banqueiros españoles, merchant banksingleses ou a haute banque francesa —aínda que indubidabelmente aunha escala moi inferior—, fixo as súas incursións na contratación deobras e servizos públicos. Neste sentido, arrendou durante os anos sesentao imposto de consumos na cidade, interveu entre 1870 e 1872 no finan-ciamento da construción da praza do mercado de Abastos de Santiago,para cuxa culminación adquiriría soares na zona co fin de vendelos pos-teriormente.

Olimpio Pérez á fronte do negocio familiar. A etapa de Hijos de Pérez Sáenz e o comezo da especialización bancaria

Á morte de Manuel Pérez Sáenz, que tivo lugar o 12 de marzo de1880, quedaron como herdeiros a súa filla Celestina, os seus dous fillos,Olimpio e Cándido, e a súa segunda muller, Ramona García Pérez, pac-tando os catro a continuidade do capital baixo a denominación deManuel Pérez Sáenz en liquidación. A continuidade do negocio podedicirse que non se resentiu, porque Olimpio, que se formara no seu díanas casas dos correspondentes do seu pai en Londres, Santander e diver-sos portos do Mediterráneo, levaba tempo axudando a Manuel na xestióndas actividades diarias e representándoo con frecuencia en constituciónsde empresas e diversas actuacións na cidade e no seu medio.Pero as mortes de Ramona e Celestina, acaecidas nun prazo de dous

anos, impulsaron os dous homes, que contaban con corenta e trinta e ca-tro anos respectivamente, a proceder á repartición da herdanza. Posto queos fillos da súa irmá eran menores de idade, a súa parte quedou en depó-sito na casa bancaria, que puido seguir facendo uso dela. A outra herdeiravendeulles todos os seus dereitos. En consecuencia, os irmáns Pérez Sáenzquedaron cos activos e cos pasivos do negocio paterno e constituíron Com-pañía Regular Colectiva baixo a denominación Hijos de Pérez Sáenz,cun capital social de 250 mil pesetas, distribuído a partes iguais entre osdous irmáns. Na escritura social estipulábase tamén que no caso de fale-cemento, o sobrevivente continuaría coa sociedade e podería separar ossucesores do outro socio. Símbolo tanto da intención de Olimpio e Cán-

146Empresarios de Galicia

Page 147: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

dido de darlle maior amplitude ao negocio como de dotalo dunha imaxede modernidade e prosperidade foi a construción en 1887 dunha novasede social na actual praza de Cervantes da cidade compostelá, un grandeedificio que sería a súa sede durante moitos anos, para cuxa construciónderribaron a estrutura de cinco casas alí existentes.A etapa de Hijos de Pérez Sáenz coincide cunha época de impor-

tantes transformacións no sistema bancario español, que tiveron comofitos principais a concesión en 1874 do monopolio de emisión de bille-tes ao Banco de España, cuxos billetes pasaban a ser os únicos de cursolegal en todo o país, e a implantación da súa rede de sucursais nas prin-cipais cidades españolas durante os anos seguintes. Estes acontecemen-tos, aos que se sumaría dez anos máis tarde o estabelecemento da gratui-dade das transferencias entre as sucursais do Banco de España, tiveronunha profunda influencia sobre as funcións dos comerciantes, que comoos Pérez Sáenz, exercían tamén funcións de tipo bancario. Agora cal-quera podía dispoñer de billetes de banco de validez en toda España outransferir fondos a través das sucursais do Banco de España. Xa non eranecesario esforzarse en buscar papel sobre a praza na que un comer-ciante quería pagar unha mercancía, e o labor dos que podían dispoñerde tal papel, aínda que non desaparecía, si que reducía a súa importan-cia e dimensión. Moitos dos antigos comerciantes banqueiros abandona-ron a súa actividade bancaria e concentráronse no outro ramo da súa ac-tividade, a simplemente comercial; pero outros envorcáronse máisnaquela e buscaron utilizar os seus recursos e as súas relacións noutrosnegocios bancarios. En non poucos casos, o aumento das remesas daemigración que comeza durante estes anos axudoulles a atopar un, nacanalización destas últimas.A curto prazo, e mentres que o Banco de España non se instalou na

área compostelá, algo que ocorreu en 1886, Olimpio e o seu irmán apro-veitaron a circunstancia para ocupárense eles mesmos de comprar e ven-der na cidade os billetes daquel.7 Unha vez estabelecida a sucursal,trataron de adaptarse o mellor posíbel á nova situación; abriron unha

147Olimpio Pérez Rodríguez

7 A maior parte das veces tomaba os billetes cun desconto, que oscilaba entre o 1% e0,5%, mentres que as vendas de billetes as realizaba polo valor nominal. Nos ingresos deimportes como dez mil reais ou cinco mil reais non aplicaba descontos.

Page 148: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

conta de crédito nela e pasaron a descontar alí os efectos dos seus clien-tes que anteriormente lles enviaban aos seus correspondentes. A estruturadestes últimos foi, en consecuencia, cambiando. En Madrid xurdironcorrespondentes ligados ás remesas de emigrantes, e en Barcelona, os queantes mercaban libras esterlinas, comezaron tamén a canalizar remesas,diminuíndo durante un tempo o contacto directo cos emisores latinoa-mericanos.8 O rápido crecemento das exportacións galegas de conservasque se produce desde comezos dos anos oitenta conduciu a Hijos dePérez Sáenz a estreitar vínculos co Credit Lyonnais, a través de quen secanalizaba o papel comercial que percibían os industriais galegos en pagopolas súas vendas en Burdeos, París e Londres, que eran os principais cen-tros de contratación aos que concorrían cos seus produtos. A medioprazo, Olimpio e Cándido foron optando pola especialización neste tipode negocios bancarios que a emigración e a exportación de conservasestaban impulsando, e abandonaron progresivamente a actividade pura-mente comercial e armadora.O resultado da estratexia dos comerciantes banqueiros composteláns

non puido ser mellor. Durante o decenio seguinte á instalación do Bancode España na cidade, aumentou tanto a clientela coma o volume derecursos captado, grazas especialmente á canalización das remesas daemigración con destino á bisbarra na que a casa adquiriu unha impor-tante cota de mercado. Do lado do activo, ampliáronse e estreitáronse asrelacións cos empresarios locais; deste xeito, era moi significativo o apoiofinanceiro a Juan Harguindey. En todo caso, e durante esta etapa na queOlimpio e Cándido comparten a titularidade social da empresa familiar,a principal partida do activo foi a carteira de valores, que chegou a repre-sentar o 88% do activo. Na súa maior parte tratábase de renda fixa, talcomo cédulas hipotecarias e débeda pública española. Na década dosnoventa e a medida que a casa amplía conexións externas pola vía dasremesas, comezan a mercar algúns valores estranxeiros tales comodébeda inglesa, obrigas ferroviarias e algo de débeda latinoamericana.Entre os valores privados dominaban os bancos; o Banco de España,

148Empresarios de Galicia

8 García López (1992) e Facal (2004 e 2005).

Page 149: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

sobre todo, pero tamén o Credit Lyonnais e o Comptoir Nacional d’Es-compte con quen tiña un volume de negocios importante.Pero a partir de 1895, e malia que a guerra de Cuba provocaría unha

contracción dos envíos de remesas durante a segunda metade da década,prodúcese un cambio na estratexia investidora de Hijos de Pérez Sáenz.De non ter practicamente ningún investimento directo en empresas gale-gas, comeza a adoptar un papel activo na promoción dalgúns proxectos,así coma a tomar participación nalgunhas iniciativas promovidas poroutros. Aínda durante este período representan un investimento limitadono conxunto do activo, pero significan un punto de inflexión que se con-solidaría axiña, cando Olimpio quede como único propietario daempresa familiar. Dous de tales proxectos converteríanse pronto nos seusprincipais investimentos en Galicia. O primeiro foi a creación en 1895 daSociedad de Gas y Electricidad de Santiago (SGES), para a cal contou

149Olimpio Pérez Rodríguez

Edificio principal da antigafábrica de carburos de

Laforet y Cía., en Arcade,na que tiña unha impor-tante participación a casa bancaria de Olimpio Pérez.

Fotografía do ano 1990

Page 150: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

coa colaboración doutra casa de comerciantes banqueiros locais, Viuda eHijos de Simeón García. O segundo foi o da Azucarera Gallega, S.A.,unha empresa constituída en 1899 para a fabricación de azucre de remo-lacha en Portas (Caldas de Reis), na que eran socios tamén a casa coru-ñesa de Sobrinos de J. Pastor e o capitalista caldense Laureano Salgado,cos que a partir de entón compartiría Olimpio varios proxectos de inves-timento. Esta última sociedade tivo unha vida moi breve, pois a multipli-cación do número de empresas neste sector que se produciu nos anosfinais do século, deu lugar a un exceso de oferta que rematou condu-

150Empresarios de Galicia

Táboa 1 Activo, contas correntes e estrutura da carteira de valores (% sobre o total de carteira) de Olimpio Pérez 1885-1915

1885 1895 1901 1909 1915

Bancos (sen Banco de Vigo) 8 14 14 14

Cédulas hipotecarias 5 7 10 11

Papel Estado 87 52 39 18 7

Valores débeda inglesa 4 6

Valores estados europeos 8

Valores latinoamericanos 1 2 10 10

Ferrocarrís españois 5 3 6 5 2

Ferrocarrís estranxeiros 5 3

Soc. españolas non galegas 2 4 10 3 3

Soc. eléctricas 2 2 29 39

Soc. galegas (con B de Vigo) 2 3 11 14

Importe valores (PTA) 251.189 2.122.861 3.360.651 2.52.012 2.193.409

Contas correntes acredoras 492.760 2.406.891 2.834.534 2.242.300 2.481.207

Ctas. acredoras correspondentes1

408.789 2.369.242

Ctas. correntes debedoras correspondentes (PTA)

1.840.037 2.574.630

Capital (PTA) 250.000 250.000 989.229** 1.824.934 1.750.000

Total activo (PTA) 1.910.128 2.858.631 4.465.246 6.309.078 7.921.664

Valores nominais en depósito

12.273.063* 30.830.114 46.096.736

* Este dato é de 1904, a data máis temperá na que figura no balance a conta de depósito de valores nominais.** Este valor é o saldo da conta corrente de Olimpio, coa morte de Cándido distribuíuse o capital e xa non figura nobalance o capital de Hijos de Pérez Sáenz.Fonte: Libro de Inventario de Hijos de Pérez Sáenz (1885-1896) e Mayores.

Page 151: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

cindo á formación dun trust, a Sociedad General Azucarera de España,que decidiu pronto pechar a planta de Portas.9Moi lonxe das cifras investidas nas sociedades anteriormente citadas

—sesenta e noventa mil pesetas respectivamente, que no segundo caso seperderon na súa maioría—, participaron tamén nestes anos no proxectopara construír o Ferrocarril a la Tierra, unha vía ferroviaria que deberíaconectar Santiago con Lugo e coa Coruña, enlazando Compostela coaliña Ponferrada-A Coruña. Tamén como accionista está presente, aíndaque de forma pouco máis que simbólica na constitución do Banco deVigo no ano 1900.A casa conservaría a súa tradicional vinculación familiar coas rías de

Arousa e Muros-Noia, o que se traduciría nalgúns investimentos nestaárea. En 1883 subscribiría 2 accións do vapor Necesaria da Pobra e par-ticiparía no vapor Esperanza, de Muros, con 100 accións, contra 1897.Os dous investimentos sumaban un valor de 7500 pesetas. En 1900 en-trou como socio comanditario nunha empresa armadora de buques devapor, a Compañía Gallega de Navegación. Martínez Fernández yCompañía de Ribeira, cunha contribución de 40 mil reais, que supoñíao 6,66% do capital social. Nesta sociedade compartiu proxecto coa casabancaria Hijos de Francisco Deza de Vilagarcía, cos irmáns GarcíaMouriño, e mantivo esta participación deica o final da sociedade en1918. Esta empresa pretendía dedicarse ao transporte das conservas ga-legas cara a Francia e cara a outros destinos, ofrecerlles un mellor ser-vizo aos fabricantes galegos e nacionalizar unha actividade que exercíanempresas foráneas.

Olimpio Pérez, banqueiro

Tras o falecemento de Cándido en 1901 e de acordo co pacto social,Olimpio mercoulles aos sucesores do seu irmán a participación queaquel tiña no negocio e inscribiuse no rexistro como comerciante indi-vidual ao ano seguinte baixo a denominación de Olimpio Pérez; comoobxecto social explicitaba xa a súa dedicación «ao negocio de banca e a

151Olimpio Pérez Rodríguez

9 Carmona e Nadal (2005).

Page 152: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

outros análogos». Constataba así o final do proceso de especialización,que culminaba coa súa conversión en banqueiro, un proceso que come-zara e progresara xa, como vimos, na etapa anterior. Nesta nova fase dasúa actividade empresarial, Olimpio contou para a xestión da súa casamercantil coa axuda do seu xenro, Marcelino Blanco de la Peña, e doseu sobriño Manuel de Andrés Pérez. O primeiro desempeñou un papelmoi activo durante os últimos anos de vida do seu sogro, pois xa desde1904 aparece representando a sociedade en diversas empresas. Manuelde Andrés Pérez, pola súa parte, abandonaría a colaboración co seu tíoen 1909, para constituír en unión coa súa irmá a malograda SociedadRegular Colectiva Pérez y de Andrés, unha casa de banca que remataríaquebrando en 1921.A asunción da responsabilidade en exclusiva por parte de Olimpio

implicou un importante avance na nova orientación da política de inves-timentos comezada na segunda metade da década anterior. Neste sen-tido, reducirase substancialmente o peso na carteira de valores dos títulosespañois, sobre todo dos de carácter público, en favor do investimento envalores latinoamericanos (bancos, débeda e proxectos inmobiliarios), e,sobre todo, das participacións en empresas galegas que se crean por estesanos e en cuxa fundación e/ou financiamento xoga Olimpio Pérez unpapel destacado. Entre estes valores galegos, a maior parte correspón-dese con empresas que teñen o seu asento na provincia de Pontevedra, eespecialmente en Vigo. Desde un punto de vista sectorial, a maior partedo investimento concentrarase nas sociedades eléctricas que se están acrear durante estes anos. Detrás delas, o segundo sector obxecto doinvestimento da casa bancaria compostelá foron as empresas dedicadas alabores de urbanización e infraestruturas para a industria e o turismo.Finalmente, partidas menores foron parar a sectores como a minaría, acerámica, os servizos públicos e a pesca.A importancia do investimento vigués é facilmente explicábel, se

temos en conta que a cidade olívica estaba atravesando na primeiradécada do século un espectacular proceso de transformación, consecuen-cia da expansión que estaba coñecendo a pesca e o conxunto das indus-trias marítimas. Pero é que ademais, Olimpio tiña alí fortes conexiónsfamiliares e profesionais, que o podían manter ben informado das posibi-lidades de negocio. Por unha parte, estaban en Vigo o seu xenro Ángel

152Empresarios de Galicia

Page 153: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

153Olimpio Pérez Rodríguez

10 Desde 1900 a 1909 Laureano figuraba con dous préstamos na casa de OlimpioPérez por un valor de case 260 mil pesetas, un era hipotecario e outro peñorado.

Sáenz-Díez e o seu irmán Acisclo, xenro de Blanca Navarrete, da casa deViuda de Simeón García. O seu correspondente en Pontevedra José Ries-tra López, marqués de Riestra, e o seu cliente e socio, o caldense Laurea -no Salgado,10 eran unha fonte de información aínda máis ampla, poisestendían os seus negocios por toda a provincia.

Acción da Sociedad de Gasy Electricidad de Santiago

Page 154: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

154Empresarios de Galicia

Resgardos de accións daSociedad de Gas yElectricidad de Santiago

Page 155: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Olimpio Pérez e Sobrinos de J. Pastor foron durante estes anos os prin-cipais soportes financeiros do nacente sistema eléctrico galego. Ambasas casas investiron tanto en accións coma en obrigas das máis importantessociedades do sector, en resposta a estratexias diferentes. As accións, ade-mais do cobro de dividendos permitían exercer control sobre as decisiónsda sociedade, mentres que as obrigas constituían un modo de obter ren-dibilidade segura aos fondos investidos. Olimpio, que xa participara nacreación da Sociedad de Gas y Electricidad de Santiago en 1895, au-mentou a súa participación accionarial nos anos seguintes ata chegar aoseu máximo de 185.000 pesetas (257 accións) en 1909; igualmente subs-cribiu obrigas cando estas se emitiron en 1910. En abril de 1902 mércalleaccións e obrigas da Sociedad General Gallega de Electricidad a Lau-reano Salgado; en 1909 contaba con 118 accións e 94 obrigas. Aínda quenon formou parte do consello de Administración da Eléctrica Popular deVigo e Redondela (EPVR) era no momento da súa fundación en xuño de1903, cos súas 300 accións por valor de 150.000 pesetas, un dos seus prin-cipais accionistas, só por detrás do propio Salgado. A EPVR estivo impul-sada polo enxeñeiro industrial Ramón Laforet Cividanes e polo indianoLaureano Salgado, con quen Olimpio Pérez compartiría nos anos seguintesdiversos proxectos industriais. En 1904 entrou como socio comanditarioen Sociedad Eléctrica Gallega Laforet y compañía, unha empresa fun-dada en 1898 polo propio Laforet e polo banqueiro pontevedrés José Riestra,para a explotación dunha fábrica de carburo de calcio en Arcade e dunsalto de auga no próximo río Verdugo. Finalmente, Olimpio entraría en1910 cun 25% na constitución da Hulla Blanca, sociedade domiciliadainicialmente en Caldas de Reis e posteriormente na cidade de Pontevedra,que se ocuparía de distribuír enerxía nas zonas do Morrazo e Val Miñor,por medio de tres importantes saltos de auga situados nos ríos Almofrey,Villaza e Mesego. Á beira destes, que foron os seus investimentos de maiorimportancia no sector eléctrico, Olimpio tivo pequenas participacións ac-cionariais na Electra Industrial Coruñesa e na Hidroeléctrica do Pindo,así coma algunhas obrigas en sociedades non galegas, como a Hidro eléc-trica Turia e a portuguesa Sociedad Eléctrica de Espinho.O segundo grupo de investimentos en termos de valor foron dirixidos

a empresas destinadas a labores de urbanización e infraestruturas. Dentrodeste grupo poderiamos incluír a súa participación na fundación en 1902

155Olimpio Pérez Rodríguez

Page 156: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

de Villagarcía Industrial, dedicada á promoción de solo industrial e áexplotación dun ramal ferroviario que unía a liña de Pontevedra a Carrilcun embarcadoiro na ría de Arousa, ou no Sindicato Español, unha em-presa constituída en Madrid en 1907 para urbanizar a illa de Cortegada.Ou, finalmente no denominado Sindicato Hispano Americano, que, cons-tituído en 1912 pretendía construír un peirao en Ribeira e realizar o re-cheo da praia de Vilagarcía. Ningún destes proxectos pasou de tales, e amaior parte deles tiveron un marcado carácter especulativo, especialmenteo relativo á illa de Cortegada. En todos estes proxectos entrou Olimpioguiado da man de Laureano Salgado, aínda que en ningún deles puxesecifras semellantes ás que investiu nas eléctricas. En certo sentido, taména participación de Olimpio na fundación en 1903 dunha empresa dasignificación histórica da Toja, S. A., ao carón de Salgado e Riestra, po-dería entrar no mesmo grupo ca os últimos investimentos citados. Pero,en realidade, e malia que supoñía obras de urbanización e construcióno volume do investimento (130.000 pesetas) e a maior seriedade do pro-xecto recomendan situalo como un investimento distinto.Outros sectores nos que a casa bancaria compostelá realizou investi-

mentos foron o mineiro, a cerámica e os servizos públicos. No primeirodeles participou en 1903 na creación de Minas del Sar S. A., constituídapara a explotación de varias concesións de minas de piritas de ferro co-breado na zona de Compostela, cuxos produtos se exportarían a travésdun tranvía eléctrico que debería conectalas co porto de Vilagarcía. Estaempresa na que ademais de Salgado participaban tamén o enxeñeiro deminas Rafael Sáenz Díez e o empresario Antonio Sierra foi unha dasmoitas que se constituíron no sector durante estes anos sen que chega-sen nunca a pasar dos planos. No ámbito da cerámica de construción,un sector en auxe durante estes anos iniciais do século, Olimpio partici-pou na constitución da que sería unha das máis emblemáticas fábricasda especialidade na Galicia do século XX, Guisasola y Cía., Cerámicade Dena, sociedade da que foi socio comanditario, á beira, entre outros,do empresario vigués Tomás Mirambell Maristany. Os socios colectivoseran dous industriais moi coñecidos no sector, os irmáns asturianos Justoe Guillermo Guisasola y Vigil.No ámbito dos servizos públicos, Olimpio Pérez tivo unha pequena

participación na Sociedad de Abastecimiento de Aguas de Vigo, ao mesmo

156Empresarios de Galicia

Page 157: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tempo que entre 1909 e 1913 participa na explotación da rede telefó-nica de Vigo como socio comanditario de Senén Calleja, que mercara aconcesión no primeiro daqueles anos. Finalmente Olimpio participou,dentro do sector pesqueiro, na constitución no ano 1906 de Álvaro Cor-nide e Cía., sociedade regular colectiva que operaba na Coruña. Ademaisde participar na súa creación, financiou a adquisición de dous buques cuncrédito hipotecario, que remataría facéndoo propietario deles. Vendidospola banca compostelá durante o boom dos fretes que se produciu du-rante a Gran Guerra, acabaron constituíndo un excelente negocio.11A intervención de Olimpio Pérez na maioría das empresas citadas pa-

rece estar moi relacionada coa necesidade de capital en efectivo dos con-cesionarios de determinadas explotacións, que procuraron a participacióndos banqueiros para dispoñeren de liquidez coa que desenvolver a súa ac-tividade. O concesionario e instigador por antonomasia de moitos destesnegocios foi Laureano Salgado, que, sen recursos el mesmo para explotaras súas concesións hidráulicas e os seus proxectos industriais, buscounas tres principais casas bancarias galegas, Sobrinos de J. Pastor, José Riestrae Olimpio Pérez os capitais necesarios. Neste sentido, a achega de Olimpioá xeración de empresas no ámbito industrial e de servizos durante a pri-meira década do século XX foi dunha importancia que non cómpre pon-derar. Houbo pois unha estratexia de apoio que podería permitirnos falarde banca mixta para referírmonos a estas casas bancarias.O outra gran liña do activo de Olimpio mantívose máis estancada e

con menos novidades durante a primeira década do século XX. A bancada praza de Cervantes continuou tendo entre os seus principais clientesde activo a familia Harguindey, á que nestes anos non só facilita créditopara circulante senón que tamén para as aventuras dalgúns dos seusmembros en sectores novos, como foi o caso do importante crédito áempresa Torán y Harguindey unha construtora creada en Madrid en1902 polo enxeñeiro Luis Harguindey Pérez, que se encargaría das obrasdo edificio do Palacio de Comunicacións da praza de Cibeles, que dese -ñara o arquitecto porriñés Antonio Palacios.

157Olimpio Pérez Rodríguez

11 Hijos de Olimpio Pérez (1947).

Page 158: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Ao longo desta etapa aumentaron os saldos dos correspondentes e, oque é máis significativo, o movemento das contas. A través deles realizá-banse a compra e venda de valores, cobro de cupóns e dividendos, o cambiode moeda estranxeira e ouro traído polos emigrantes, as remesas de xirosdo aforro destes últimos, e a negocia-ción de papel comercial. Porén, aomesmo tempo caracterízanse estesanos por un estancamento no aforrolíquido captado, isto é, as contas co-rrentes apenas variaron en volume. Si-multaneamente produciuse un au-mento moi notábel dos valores derenda fixa e variábel que se depositaronna casa de Olimpio Pérez; pasouse de12,3 millóns de pesetas nominais en1904 a 46,1 millóns en 1915. Paracaptar estes fondos e aforrarse con isogastos no depósito dos seus propios va-lores, en 1906 a casa investiu nunhacaixa forte Fichet, de maneira queparte dos valores depositados deicaaquel momento na caixa forte da su-cursal do Banco de España pasaron aser depositados en Olimpio Pérez.Pode deducirse do anterior que o aforrogale go dos anos previos á PrimeiraGuerra Mundial amosou preferencia polos valores bolsistas españois e in-ternacionais; é moi posíbel que os emigrantes exitosos retornados a Ga-licia trasladasen a súa carteira de valores e preferisen cobrar os seus divi-dendos e cupóns a través dos bancos españois: sairíalles máis barato epoderían obter con máis facilidade adiantos.En 1909, pouco despois de falecer a súa esposa, Asunción Esteso Iri-

goyen, Olimpio incorpora como socios as súas fillas, os seus fillos e oseu xenro Marcelino Blanco de la Peña, para constituír a Sociedad Re-gular Colectiva, Olimpio Pérez e hijos, que se dedicará: «…a todas as ope-racións de comercio e especialmente as de Banca e Comisión…». O ca-

158Empresarios de Galicia

Marcelino Blanco de laPeña, xenro e sucesor deOlimpio Pérez

Page 159: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

159Olimpio Pérez Rodríguez

pital social estabelecido foi de 1 millón de pesetas distribuído do seguintexeito: o 67% de Olimpio Pérez, o resto entre os seus fillos e o seu xenro,de xeito que o matrimonio Blanco de la Peña Pérez controlaba o 6% docapital. Durante estes anos incorporáronse á xerencia os seus fillos Ma-nuel e Julián Pérez Esteso. Igualmente abriuse en 1910 unha sucursal enVilagarcía, a única que tería o banco ata 1957, data na que o banco tra-taría de transcender a súa dimensión exclusivamente galega. A elecciónde Vilagarcía significaba un esforzo por estreitar relacións coa industriaconserveira, tradicional cliente da casa. O encargado da nova sucursal seríaun home de confianza, Manuel Castromil Otero, irmán do empresarioEvaristo Castromil co que a casa bancaria terá intereses comúns a partirdos anos vinte.Olimpio Pérez, que xa se autodenominaba «banqueiro» na época

na que traballaba baixo a razón social de Hijos de Pérez Sáenz, tivo unhaactividade destacada non só no ámbito industrial e bancario senón taménen diversos campos da vida local. Formou parte en 1881 do primeiro Con-sello de Administración da Caja de Ahorros de Santiago, foi o seu directorentre 1908-1915 e o seu tesoureiro entre 1981-1907.12 Foi ademais ad-ministrador da sucursal do Banco de España en Santiago entre 1892-1913.Pertenceu ao Consello de Administración do Manicomio de Conxo, insti-tución á que lle proporcionou facilidades financeiras. Durante algúns anosexerceu como concelleiro do Concello e de modo temporal foi deposi-tario dos fondos municipais. Foi vogal do economato, unha cooperativacívico-militar da cidade de Santiago creada en 1894, membro da Xuntade Seguros Mutuos, membro tamén da Sociedad Económica de Amigosdel País de Santiago. En 1899 foi elixido presidente da Cámara Oficial deComercio de Santiago, pero despois de alegar as súas ocupacións renun-ciou ao cargo. Xunto a outros empresarios composteláns organizou a ex-posición rexional de 1909, para o cal mercou uns terreos preto da Ferra-dura que posteriormente lle cedeu á Universidade de Compostela parafundar unha residencia.13 Por último, Olimpio xunto a Ricardo RodríguezPastor na Coruña, Marchesi en Ourense, José Riestra López en Ponte-

12Maixé (2003), pp. 342-343.13 Hijos de Olimpio Pérez (1947).

Page 160: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

vedra e Laureano Salgado Rodríguez de Caldas de Reis forma parte donúcleo de empresarios que impulsaron o nacemento do sector eléctricogalego a finais do século XIX e principios do XX.14O que sen dúbida foi máis importante banqueiro da historia compos-

telá falecería en 1915 á idade de 74 anos. A sociedade continuou, baixoa razón social de Hijos de Olimpio Pérez, capitaneada polos seus fillosManuel, Miguel e Julián Pérez Esteso, e polo seu xenro, MarcelinoBlanco de la Peña. Foi un dos poucos bancos locais galegos que conse-guiron sobrevivir á crise dos anos vinte, que rematou, entre outras, condúas casas bancarias coas que estaban moi estreitamente relacionados, acompostelá Pérez y de Andrés e a vilagarciá de Hijos de Francisco Deza.Marcelino Blanco de la Peña foi durante os anos posteriores á morte deOlimpio o brazo industrial da casa, e na súa representación tivo unimportante papel no proceso de concentración do sector eléctrico galego;tomou parte de forma destacada na gran fusión dos anos vinte, a realizadaentre a Sociedad General Gallega de Electricidad, a Sociedad de Gas yElectricidad de Santiago e a Electra Popular de Vigo y Redondela, asícoma participando na fundación de Fenosa, xa despois da Guerra Civil.O banco adoptaría a forma de sociedade anónima en 1957 e mercaría en1964 o catalán Banco de Crédito e Inversións, adoptaría a partir de entóna denominación da sociedade absorbida. A familia perdería o control dobanco a finais da década de 1970 a prol de Banca Catalana e do grupoempresarial de José María Ruiz Mateos.

160Empresarios de Galicia

14 Carmona e Nadal (2005).

Page 161: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Bibliografía

Carmona Badía, X. (1982): «Sobre as ori-xes da orientación exportadora na pro-ducción bovina galega. As exportaciónsa Inglaterra na segunda mitade do sé-culo XIX». Grial. Historia, anexo I.

— (1983): «Producción textil rural y activi-dades marítimo– pesqueras en Galiza,1750-1905», tese de doutoramento in-édita, Universidade de Santiago.

— e M. T. Fernández (2003): A Compos-tela industrial. Historia e pegada das fá-bricas de coiros no concello de Santiago,Santiago, Consorcio da cidade de San-tiago.

— e J. Nadal Oller (2005): El empeño in-dustrial de Galicia. 250 años de histo-ria, A Coruña, Fundación Barrié de laMaza.

Castañeda, Ll. (2001): El Banco de España(1874-1900). La red de sucursales y losnuevos servicios financieros, Madrid,Banco de España.

Facal, M.ª J. (2001): «La exportación demonedas desde una zona periférica: Ga-licia 1861-1886», comunicación presen-tada no VII Congreso de la Asociación deHistoria Económica, Zaragoza.

— (2004): «Las remesas de emigrantes re-cibidas en Galicia en el siglo XIX a travésde Manuel Pérez Sáenz e Hijos de Pé-rez Sáenz de Santiago de Compostela»,comunicación presentada no obradoirode traballo Los retornos de América en elsiglo XIX: Hombres, dinero, cultura y po-lítica, Barcelona.

— (2005): «La integración de comercian-tes mayoristas gallegos en redes finan-cieras o bancarias en la segun da mitaddel siglo XIX: Manuel Pérez Sáenz», co-municación presentada no X Simposiode Historia Económica,Universidad Au-tónoma de Barcelona.

Fernández Vázquez,M. T. (2002): «La in-dustria del curtido en la Galicia contem-poránea», tese de doutoramento inédita,Universidade de Santiago.

García López, A. (2003): La actividad ban-caria en Galicia. Desde el catastro delmarqués de la Ensenada a la ley Cambó,Valladolid, Lex Nova.

García López, J. R. (1992): Las remesas delos emigrantes españoles en América. Si-glos XIX y XX, Columbres.

Hijos de Olimpio Pérez (1947): «Notashistóricas de la fundación y proceso dela casa de banca Hijos de Olimpio Pérez1847-1947», Santiago, mecanografado.

Lindoso, E. (2005): «El factor empresarialen la Galicia atlántica, 1820-1913», tesede doutoramento inédita, Universidadeda Coruña.

Maixé, J. C. (dir.) (2003): El ahorro de losgallegos. Orígenes e historia de CaixaGalicia (1876-2002), Fundación CaixaGalicia.

Taboada Moure, P. (1982): «Revoltas po-pulares en Galicia a mediados do séculoXIX». Grial, anexo I.

Vázquez González, A. (1999): «La emigra-ción Gallega a América 1830-1930»,tese de doutoramento inédita, Universi-dade de Santiago de Compostela.

161Olimpio Pérez Rodríguez

Page 162: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

MELITÓN D. DOMÍNGUEZ LEAL1843-1916

Page 163: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Na liñaxe fundada por D. Melitón Domínguez Leal resúmese ereflíctese boa parte da historia da pesca galega e española desde finais doséculo XIX.1 Os seus membros non só participaron nos procesos técnicose económicos que conformaron o desenvolvemento da actividade, enmáis dunha ocasión como pioneiros, senón que tamén foron destacadosprotagonistas en diversas organizacións de armadores que trazaron asliñas estratéxicas por onde tería que transitar o sector. Neste sentido, pre-séntase como unha sucesión de empresas familiares con claros trazos dosemprendedores schumpeterianos. Ao longo de máis dun século sucedé-ronse as conxunturas favorábeis e adversas, unhas ramas abandonaron aactividade pesqueira e outros apelidos incorporáronse, pero, en conxunto,presentan unha continuidade familiar con clara vocación de permanen-cia a longo prazo no sector.A nosa historia comeza o xoves 28 de xuño de 1917. O verán daba os

seus primeiros pasos. Os xornais informaban de que o ministro e depu-tado D. Ángel Urzáiz chegara ás súas posesións de Nigrán, onde pasaría

Jesús Giráldez RiveroProfesor titular da Universidade de Santiago. Campus de Lugo

AS ORIXES DUNHA GRAN LIÑAXEPESQUEIRA: DE MELITÓN DOMÍNGUEZ AOS IRMÁNS FONTÁN DOMÍNGUEZ

Retrato de D. Melitón Diego Domínguez Leal (Arquivo

Jaime Domínguez Blein)

1 Debo agradecer aquí a amabilidade coa que me atenderon os irmáns Fontán Domín-guez, especialmente Rosa, Jacobo e Roberto, así como a de Jaime Domínguez Blein. Esteúltimo puxo á miña disposición non só o arquivo documental e gráfico da empresa senóntamén o seu valioso tempo nunhas magníficas tardes de primavera.

Page 164: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a tempada; anunciaban alugamentos de casas para os interesados entomar baños de mar en Baiona e facían público o programa que haberíanas grandes festas de Bouzas, a mediados do próximo xullo. A guerra con-tinuaba en Europa, a Compañía de Tranvías de Vigo poñía á venda milobrigas ao 6 por 100 anual e comunicábase que o Senado de Portugalaprobara unha lei na que se lles prohibía aos barcos estranxeiros pescardentro das súas augas. Ese día, Salustiano Fernández Peón, perito agrí-cola de Sabarís que tamén exercía de notario, acudía ao veciño porto dePanxón para proceder á partición efectiva dos bens de D. Melitón Diego

164Empresarios de Galicia

Vapores da empresa atracados no Guadalquivir fronte á ponte de Triana (Arquivo Jaime Domínguez Blein)

Page 165: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Domínguez Leal, falecido en Cádiz o 28 de maio de 1916. Xunto ásimprescindíbeis testemuñas, estaban presentes a súa viúva, FelicidadMacaya Castro (1844-1925), os seus fillos, Esmeraldo, Elvira, Manuel eRaimundo, e o consello de familia que representaba o seu neto, aíndamenor de idade, Melitón Lorenzo Domínguez, herdeiro da súa defuntafilla María. Á parte dos bens móbeis, diversas cantidades en metálico enumerosas leiras rústicas, o testador legaba unha propiedade na praia dePanxón composta por unha casa nova, fábrica de salgadura, almacén de raba, tenda con despacho, así como unha pequena fábrica de fariñase outra de serrar madeiras, movidas por un motor de gas pobre. Ademais,deixaba seis vapores de recente construción, cun total de 300 tonela-das de rexistro e máis de duascentas mil pesetas de valor, unha participa-ción dunha cuarta parte noutros dous, un taller mecánico e outro defabricación de redes. Sen dúbida, outros armadores dispoñían nesemomento dunha frota máis ampla e estruturas de negocios máis comple-xas, pero foron moi poucos os chamados a brillar con máis forza no sec-tor pesqueiro nos anos seguintes. Melitón D. Domínguez Leal nacera en 1843 na parroquia de San

Xoán de Panxón e moi probabelmente se iniciara en cuestións pesqueirasá calor dos negocios do seu sogro José Macaya Castelló, falecido en 1881e propietario dunha fábrica de salgadura de sardiña nesta localidade; defeito, en 1888, el mesmo adquiriu un estabelecemento similar situado namesma praia. Porén, foi algo máis tarde, ao despuntar as transformaciónsde base do sector pesqueiro galego, cando deu reiteradas mostras da súadestacada iniciativa empresarial. Así, en 1896, obtivo a concesión dunhadas primeiras cetarias de lagosta en Galicia, para aproveitar a forte dema -da existente en Francia, demanda abastecida por una nutrida frota de bar -cos-viveiros que, a finais do século XIX, recorrían as costas do Cantábricoe de Galicia comprando o símbolo ineludíbel das máis luxosas mesas.Pouco despois, a comezos do novecentos, cando unha industria con-

serveira en rápida expansión estimulou a difusión dos cercos de xareta,adquiriu varias traiñeiras, orientouse cara á pesca de sardiña, subsectorque a familia non abandonou ata despois da Guerra Civil. Ao mesmotempo, encarreirou a súa actividade cara á captura de pescada e ollomolco armamento de palangreiros de vapor, unidades altamente rendíbeis,que se estaban xeneralizando ao compás do desenvolvemento dos merca-

165Melitón D. Domínguez Leal

Page 166: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

dos de peixe fresco nas prazas do interior peninsular. Nesta primeiradécada do século decidiu desprazar os seus barcos a outros portos de Gali-cia e do Cantábrico, non só na procura de áreas de captura máis produ-tivas senón tamén para aproveitar as vantaxes de prezos que ofrecíanoutros mercados. Esta estratexia mostraríase moi atinada, desde 1905,cando a difusión da pesca ao arrastre provocou unha acumulación decaladas nos portos.Tamén nestes anos comezou a delegar no seu primoxénito non só res-

ponsabilidades internas no negocio senón tamén públicas, como apode-rado da empresa. Así, en 1906, Esmeraldo Domínguez Macaya participouna constitución da Cooperativa de Vapores de Pesca de La Coruña, en-tidade que agrupaba a destacados armadores de bous ou parellas con baseno porto herculino. Esta sociedade tiña como obxectivo, por un lado, apreparación, transformación e venda dos produtos da pesca e derivados,e, polo outro, o estabelecemento de cantos servizos fosen necesarios paraa actividade pesqueira. En definitiva, procuraba asegurar a comerciali-zación do produto, algo de vital importancia nun momento de acusadoenvilecemento dos prezos do peixe, debido ao aumento da oferta de pes-cada e ollomol pola xeneralización das artes de arrastre e a contraccióndo consumo provocada por unha recesión económica que non rematabade remontarse. Esta participación en iniciativas de cuasi-integración vertical para a

venda do peixe, desprazamento de bases pesqueiras e busca de novosmercados confirmouna en 1911, ao enviar os seus barcos ao porto deCádiz. Desde alí, trataba de explotar os nutridos caladoiros norteafrica-nos para acceder aos mercados andaluces e da meseta sur, mal abasteci-dos polo escaso desenvolvemento da pesca de arrastre nesta zona epechados ao peixe do norte por unha complicada comunicación ferrovia-ria. A estratexia revelouse crucial para unha empresa que desde 1900mantivera un continuado crecemento; boa mostra disto é que, ata amorte de Melitón D. Domínguez, en 1916, matriculara nada menos catrece vapores na Comandancia de Mariña de Vigo. Malia que en diver-sos casos compartiu a propiedade con outros armadores ou con constru-tores navais, co fin de diminuír as súas necesidades de capital ouasegurarse unha parte deste, na súa maioría foron da súa completa pro-piedade, autofinanciados co reinvestimento dos beneficios.

166Empresarios de Galicia

Page 167: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

O inicio da Primeira Guerra Mundial provocou grandes trastornos nosector pesqueiro: elevación vertixinosa dos prezos do carbón, dificultadespara a importación de maquinaria e un rápido encarecemento de cables,malletas, redes, etc. Ao mesmo tempo, a escaseza de material ferroviariodificultou a exportación de peixe fresco e cambiou de signo o crece-mento da frota e a produción. Aínda que as dificultades se sentiron entodo o litoral, o Cantábrico e Galicia foron as rexións máis afectadas.Agora ben, o comportamento dos prezos do peixe durante o conflitobélico tendeu a favorecer o seu consumo fronte a outros alimentos, espe-cialmente desde 1917, cando os problemas que lle afectaban á pescaentraron en vías de solución e un crecente investimento comezou a tra-ducir en termos de frota e produción as favorábeis condicións de mer-cado. Os beneficios que obtiveron nesta época as casas armadoras foronextraordinarios. Así, cando Esmeraldo Domínguez, en funcións de ad-ministrador dos bens e testamenteiro, procedeu á partición do legadopaterno puido informar de que os beneficios obtidos no último ano repre-sentaban máis da metade do valor dos barcos. A morte de Melitón D. Domínguez Leal non marcou un novo

rumbo no negocio senón a consolidación das estratexias anteriores. En1920 constituíuse a sociedade regular colectiva Vda. e Hijos de MelitónDomínguez Leal; esta disolveuse ao ano seguinte e pasou a figurar comocomerciante individual Esmeraldo Domínguez Macaya; no entanto, napráctica, a sociedade seguiu funcionando como tal. De feito, a empresamantivo o seu carácter familiar; así os tres fillos homes tiñan plenos pode-res na súa administración, aínda cando tacitamente se dividiron as áreasde traballo: Manuel quedou a cargo dos negocios en Vigo e en Panxón,mentres que Esmeraldo e Raimundo se desprazaron ao sur, onde teríanque situarse os centros fundamentais de actividade. Baseándose nos beneficios obtidos durante os anos bélicos, iniciaron

un proceso de acelerada expansión. En 1919 a empresa fixou en Sevillaa principal base dos seus barcos e creou as chamadas Pescaderías Gallegas,unha rede de tendas de venda polo miúdo de peixe fresco e frito, coas quedominaron o mercado da capital andaluza e acadaron o privilexio de serprovedores da Real Casa. Ao mesmo tempo que emprendían este procesode integración vertical cara adiante, co fin de darlle saída á pesca captu-rada por unha frota en crecemento, integraron estratexicamente cara atrás

167Melitón D. Domínguez Leal

Page 168: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

servizos básicos para a súa actividade, dada a escasa oferta destes e as clarassituacións de monopolio existentes polo débil desenvolvemento da pescaao arrastre en Andalucía. Así, nos anos seguintes instalaron en Sevilla een Cádiz cadansúa fábrica de xeo e talleres mecánicos, compraron unhafrotiña de sete camións para o transporte do seu peixe e instalaron no Gua-dalquivir un dique flotante, chamado El Cachorro, destinado á limpezade cascos e pequenas reparacións dos buques. Aínda que o seu obxec-tivo inicial fose reducir custos de transacción e produción na súa empresa,o traslado de boa parte da frota do Cantábrico e Galicia cara aos portosandaluces desde 1923, especialmente Cádiz, permitiu que se beneficiasenen réxime de oligopolio do rápido aumento da demanda de inputs e ser-vizos claves. Ademais, tamén adquiriron en Cádiz e en Sevilla diversaspropiedades inmóbeis, refuxio seguro de valor. Da importancia acadadapor Pescaderías Gallegas son boa mostra os máis de tres millóns de pesetasa que ascendían os seus activos netos en 1927, os cales, de telos en Ga-licia, situarían esta empresa entre as trinta maiores da rexión.Nestes anos a frota da empresa medrou continuadamente en número

e tonelaxe. En 1923 xa se compoñía de 18 vapores con case 1500 tone-ladas de rexistro bruto; eran os seus buques insignia o Panxón e oMelitónD. Domínguez. Ambos trawlers tipo Castle tiñan casco de aceiro e forancomprados en Inglaterra e Francia; estes foran polas súas dimensións, 324e 637 toneladas respectivamente, os maiores deste tipo cos que contaríaa pesca galega. En 1924 e dando mostras dunha gran capacidade de ini-ciativa, destinaron o Melitón D. Domínguez á captura de bacallau nosafastados caladoiros de Terranova. Esta pescaría fora abandonada porEspaña había case que dous séculos, pero o bacallau salgado seguía sendounha especie de gran consumo e a súa importación gravaba como unhalousa a balanza de pagos española. Nun principio, o capitán de pesca eparte da tripulación eran de orixe francesa pero na segunda campaña se-rían substituídos por mariñeiros galegos, baixo a dirección de Antonio So-brido, patrón de confianza da casa. A iniciativa complementábase con ins-talacións en Palmeira para o secado do bacallau, ao aire libre e porprocedementos mecánicos, que empregaban arredor dun centenar de mu-lleres. Aínda que en 1927 as necesidades de liquidez da empresa obrigá-ronos a abandonar unha pescaría á que non volveron deica 1950, demos-traron que a pesca española estaba en condicións de acometer a substitución

168Empresarios de Galicia

Page 169: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

169Melitón D. Domínguez Leal

de importacións. De feito, ese mesmo ano a sociedade vasca PYSBE, en-viou o seu primeiro barco á captura de bacallau. A actividade dos irmáns Domínguez Macaya non se restrinxiu aos seus

negocios pesqueiros, tamén foron impulsores de diversas asociacións cor-porativas que dotaron de voz propia a comunidade de armadores, e que aconverteron nun verdadeiro grupo de presión. Nesta tarefa Manuel des-tacou singularmente sobre os outros irmáns. En 1919 participou na fun-dación do Sindicato de Armadores de Vapores Pesqueros de Galicia, e en-trou na directiva da Asociación General de Industrias Pesqueras y Derivadas,da cal foi nomeado presidente en 1927 e, ao ano seguinte, da FederaciónEspañola de Armadores de Buques de Pesca, cargos nos que permaneceuata 1943, cando foi nomeado presidente honorario desta. Tamén nesaépoca se vinculou ao consello de redacción da revista Industrias Pesquerase a distintos postos de dirección de diversas entidades de seguros marí-timos, actividades que mantivo ata o seu falecemento en 1959. Nos mesmosanos participou na directiva da Cámara de Comercio de Vigo e da Uniónde Entidades Viguesas. Precisamente, a decisión desta entidade de pu-blicar un folleto para expoñer «documentada e metodicamente, as razónsque acreditan que sexa Vigo o porto elixido para crear o Gran Porto Pes-

Esmeraldo (esquerda) eManuel Domínguez Macaya(dereita no porto de Hull en1922, vendo barcos para asúa compra (Arquivo Jaime

Domínguez Blein)

Page 170: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

queiro Nacional», fixo que fose comisionado xunto con Santiago Monte-negro e Valentín Paz-Andrade a unha viaxe de estudo a Lorient, froito docal será o libro Los Puertos Nacionales de Pesca en España, publicadoen 1928. De aí que, no multitudinario Congreso Nacional de Pesca, quetivo lugar ese ano en Donostia, presidise a sesión dedicada a tratar os pro-blemas do carbón e os portos pesqueiros. Nas decisivas eleccións de 1931,

170Empresarios de Galicia

e xunto con outros destacados armadores, sería elixido concelleiro polopartido liberal-monárquico. O seu labor á fronte das organizacións dearmadores sería recoñecidas polas autoridades no ano 1947, coa conce-sión da Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco.No que respecta a Esmeraldo, a súa actividade pública levouno a

animar a creación do Centro Gallego de Sevilla e a vicepresidencia doclub de fútbol Real Betis Balompié. A partir de 1923, participou inten-samente na Asociación de Armadores de Buques de Pesca de Cádiz, da

El Cachorro fondeado noGuadalquivir (Arquivo JaimeDomínguez Blein)

Page 171: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

que foi o seu presidente entre 1927 e 1928; cinco anos máis tarde foi no-meado presidente honorario desta asociación. Tamén animou a constitu-ción da Cooperativa Carbonera de Armadores de Buques de Pesca deCádiz, da que ostentou a presidencia, desde a súa fundación en 1927ata 1931. O empeño nesta iniciativa non era circunstancial; desde me-diados dos anos vinte a redución do prezo do carbón converterase nun au-téntico cabalo de batalla para os armadores, ao estar a súa subministra-ción nas mans de distribuidores que impoñían elevadas tarifas. O carbónrepresentaba unha parte esencial dos custos de produción das empresaspesqueiras e nunha das dimensións de Pescaderías Gallegas calquera re-dución do seu prezo reflectíase apreciabelmente nas contas de resultados;por iso non é estraño que figurase como unha das maiores consumidorasda cooperativa. No entanto, malia os esforzos dos armadores, o prezo do carbón non

cesou de aumentar desde 1928, o mesmo có das redes, dos cables, etc., aosque se sumou o dos custos do traballo, tras a chegada do réxime republi-cano. Nun momento de forte aumento da oferta de peixe, pola conquistados bancos do Gran Sol, coa conseguinte caída de prezos, estes problemastrasladáronse inmediatamente ás casas armadoras que viron como se re-ducían os seus beneficios. As primeiras afectadas foron as que tiñan un graode integración máis elevado, que se liquidaron de forma xeneralizada a fi-nais dos anos vinte. Pescaderías Gallegas, cuxo proceso de integración fi-xera elevar os seus custos fixos e as súas necesidades de capital, atopousexa en 1927 con dificultades para abordar os pagamentos a curto prazopolo que tivo que acudir a préstamos hipotecarios con varias entidadesbancarias. Mentres tanto, a situación da empresa en Vigo, tampouco eramoito mellor. Concentrados os vapores na pesca litoral, tiveran que enfron-tarse a mediados dos anos vinte á práctica ausencia de sardiña e, nos anosrepublicanos, a unhas abundantes costeiras que tiraron os prezos e fixe-ron inevitábel o endebedamento. Pero esta solución foi só temporal; di-versos problemas da empresa e a subida xeneralizada dos custos de pro-dución nos anos trinta acentuaron as complicacións. Debéronse liquidaros negocios de Sevilla e someter a unha profunda renovación a frota, quepasou a concentrarse en Cádiz; algunhas unidades tiveron que venderse,o Melitón D. Domínguez entre elas, e acometer a construción doutras no-vas, con créditos hipotecarios e préstamos privados. En 1933, procedeuse

171Melitón D. Domínguez Leal

Page 172: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

á venda da fábrica de xeo de Cádiz e do dique flotante, recuperado pos-teriormente, pero non se evitou o embargo preventivo de varios barcospor falta de pagamento de subministracións de carbón. En vésperas daGuerra Civil a empresa, igual cás doutros armadores, mostraba un forteendebedamento, pero mantiña as propiedades de Panxón, o taller mecá-nico de Cádiz, algúns inmóbeis en Cádiz e Sevilla, ademais de 18 vapo-res con case 800 toneladas, que se ben unha parte deles estaban envelle-cidos e outros embargados preventivamente, aínda continuaban en activo. Desde 1936 a tendencia do ciclo cambiou para as actividades marí-

timo-pesqueiras galegas. A guerra disparou a demanda de conservas e fixoque os prezos da sardiña se mantivesen elevados malia as súas excelentescosteiras, e tamén a de especies finas, cuxos prezos subiron rapidamente.Nesta favorábel conxuntura, os beneficios dos armadores incrementáronsede forma extraordinaria saneando os balances. A finais do conflito, e apesar da incautación do seu bou Panxón para finalidades bélicas, a si-tuación da empresa dos irmáns Domínguez Macaya practicamente nor-malizárase. Precisamente en 1939 procederon á separación da empresa.Aínda que puidesen existir disensións sobre a marcha dos negocios, o certoé que nese momento a situación familiar se volvera máis complexa. O fa-lecemento da nai en 1925 e o da irmá Elvira en 1932; a incorporaciónnos anos trinta do sobriño Melitón Lorenzo Domínguez aos negocios, asícomo a presenza dunha nova xeración, formada polos fillos de Manuel eRaimundo, disposta a iniciarse na actividade, foron razóns que decidirona ruptura. A partir de entón os seus destinos foron dispares.En 1941, constituíuse en Cádiz a sociedade Esmeraldo Domínguez

S.L., formada polo propio Esmeraldo e polo seu sobriño, cun capital de700.000 pesetas, que dous anos máis tarde incrementaron a 3.000.000. Asúa frota estaba composta por seis vapores de casco de madeira, dous doscales os transformarían ao consumo de fuel, que actuaban en Vigo e nosportos andaluces, na explotación dos caladoiros africanos. En 1948, traso falecemento de Esmeraldo, e afastados os seus fillos dos negocios pes-queiros, Melitón pasou a ocupar a xerencia da empresa ata 1962, ano noque se procedeu á súa disolución, cun activo de case que cinco millónsde pesetas e cun pasivo de dous e medio. Pola súa parte, os irmáns Manuel e Raimundo seguiron colaborando,

aínda que legalmente se mantivesen separados ata 1946, cando constituí -

172Empresarios de Galicia

O bou Panxón atracado no Guadalquivir (ArquivoJaime Domínguez Blein)

Page 173: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

173Melitón D. Domínguez Leal

ron en Madrid a sociedade M y R Domínguez Macaya Sociedad Anónima(MYRDOMA S.A.), cun capital de catro millóns de pesetas. A composiciónda súa frota reflectía perfectamente o momento de transición tecnolóxicaque se estaba a producir na pesca galega, impulsada polos préstamos ba-ratos e a longo prazo do Instituto de Crédito para la Reconstrucción Na-cional e polos fortes beneficios obtidos na actividade. Cun total aproxi-

Page 174: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

mado de 1000 toneladas brutas, dispoñía de catro barcos de aceiro, dousdeles de recente construción, e motor de combustión interna, ademaisdoutros tres de madeira, que montaban máquinas de tripla expansión econsumían carbón. Con base nos portos de Vigo e Donostia, os barcospescaban nos caladoiros do Gran Sol, excepcionalmente fértiles tras a vedaforzosa imposta pola Segunda Guerra Mundial, e, desde Cádiz e Huelva,alternaban coa pesca no banco canario-sahariano, e dedicaban á baka nacosta galega os de menores dimensións. A empresa nacía con afán expan-sivo, avalado pola boa conxuntura do sector. O mesmo ano da súa cons-titución propúxose renovar a frota: vendéronse as unidades máis antigas,entre elas o vello bou Panxón, e acometeuse a construción dunha novaparella de madeira de vapor e outra de aceiro de motor, ao contar coas fa-vorábeis condicións do crédito naval.Agora ben, desde 1947, a caída dos rendementos nas augas do Gran

Sol derrubou os beneficios das empresas pesqueiras e provocou o repre-gamento dos buques menos eficientes cara ao sempre seguro refuxio deCanarias. Só a partir de 1949, coa reorientación de parte da frota dealtura cara á pesca do bacallau en Terranova, comezou a remontarse acrise. Malia que os barcos da sociedade participaron nas dúas primeirascampañas, cando a pescaría do bacallau se abriu á frota parelleira, diver-sos problemas paralizaron o crecemento da empresa neste momento tandecisivo. Por un lado, constatouse que unha parella de aceiro poucodimensionada (Macaya M e R) e outra de madeira (Macaya B e C) noneran as unidades máis axeitadas para os novos e afastados caladoiros deTerranova; por outro, a botadura da nova parella de aceiro (Myrdoma Ae B), encargada en 1948 a Astilleros del Cadagua, adiouse ata 1953, e sópuido finalizarse tras facerse cargo desta por un favor persoal Construc-ciones S.L.; finalmente, debeuse desistir da construción doutra nova pare-lla de madeira ao cesar o financiamento estatal para este tipo deembarcacións e optouse por transformar ao consumo de fuel os seus dousvapores máis antigos. Non obstante, a entrega dos novos barcos dinami-zou a actividade da empresa: reconverteron os barcos parella á modali-dade de arrastre lateral ou bou e proseguiron os traballos en Terranova. O bo comportamento da sociedade quedou reflectido nuns crecen-

tes beneficios que avalaron diversos plans de crecemento. Nos anosseguintes, e contando co préstamo oficial, efectuáronse obras de reforma

174Empresarios de Galicia

Page 175: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

nos catro barcos de aceiro; así alargóuselles a eslora para dotalos dunhamaior capacidade de bodega e iniciouse a construción doutros dousnovos buques. Porén, o falecemento, en 1959, aos setenta e catro anos deidade, privou a Manuel Domínguez Macaya de poder ver realizados estesplans. Foron os seus fillos Rosa, Jacobo e Carlos Domínguez Alonso, osdous últimos incorporados á actividade xa no momento de constituciónda empresa e con poderes formais desde había anos, xunto con Rai-mundo Domínguez Macaya e co seu fillo Melitón Domínguez Fernán-dez, asentados en Donostia, os encargados de levalos a cabo. A comezos dos anos sesenta a empresa perdera o carácter pioneiro

que tivera a dos irmáns Domínguez Macaya na década dos vinte, peroaparecía firmemente asentada no sector. De feito, iniciou un ambiciosoproceso de expansión ao adquirir a sociedade pasaitarra Pesquera Biyak-Bat, e participou maioritariamente na creación de Congeladores UnidosS.A., rexistrada en Madrid, e Industrias Marítimas S.A., domiciliada enXixón. Este conxunto de empresas, que tiñan como núcleo central ossocios de Myrdoma S.A., iniciaron un importante desenvolvemento dasúa frota co financiamento estatal, e construíron entre 1960 e 1967 unhaserie de sete arrastreiros, todos con nomes de pontes: Puente de Vargas,Puente de Treto, Puente de Heras, Puente de Panxón, Puente de la Rama-llosa, Puente de Triana e Puente del Carmen; estes dous últimos eran osmaiores, ambos con 586 toneladas. Se separadamente o peso de cadaunha das sociedades na totalidade do sector non é significativo, conside-rado conxuntamente o grupo revélase cunhas dimensións nada desprezá-beis: 13 barcos e 3192 toneladas de rexistro en 1969 que o sitúan entre asvinte primeiras casas armadoras españolas. Aínda que desde comezos dos anos sesenta o funcionamento da

empresa pivotaba sobre unha nova xeración, o vello Raimundo, mantí-ñase como un elemento fundamental nesta. De feito, en 1966, o Minis-terio de Traballo decidiu recoñecer os seus desvelos coa concesión daMedalla al Mérito en el Trabajo, pola súa traxectoria no sector, pola súaconsagración á industria pesqueira, e porque, «a pesar de que acadou osoitenta anos de idade, continúa dirixindo os labores diarios de descargado peixe e toda a marcha do negocio nunha xornada sen taxa de tempo».A finais dos anos sesenta, a empresa integraba pesca de altura e

grande altura, compaxinaba a captura de pescada e outras especies finas

175Melitón D. Domínguez Leal

Page 176: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

no Gran Sol e caladoiros españois coa de pescada e cefalópodos no bancocanario-sahariano e coa de bacallau no Atlántico Noroeste. Agora ben,malia a ser a maioría dos seus barcos de recente construción, tecnica-mente mantíñanse nos patróns tradicionais de arrastre lateral ou en pare-lla, e acudían ao xeo ou ao sal para conservar as súas caladas. Nestesentido, non eran tan modernos coma os que compoñían a frota conxe-ladora que, desde comezos da década, traballaba en augas do AtlánticoSur (Sudáfrica, Angola, etc.) e que incorporaban rampla a popa para oarrastre, procesado e conxelación das capturas, etc. Precisamente, as perspectivas do peixe conxelado foron decisivas para

que, en 1970, os irmáns Jacobo, Carlos e Rosa Domínguez Alonso decidisenparticipar xunto a Manuel, Cándido e Adela Vieira Pérez, e Manuel,

176Empresarios de Galicia

Vista dunha das fábricas de xeo e do taller mecánicopropiedade da empresa nos anos vinte (Arquivo Jaime Domínguez Blein)

Page 177: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Antonio e Isabel Otero Rubido, na empresa Marítima del Berbés S.A.Quizais a dificultade para acometer en solitario a aventura do conxeladodecidiunos por unha fórmula de cooperación empresarial que lles permitíareducir o capital necesario para o investimento e diminuír os riscosinherentes á adopción da nova tecnoloxía, pero non podemos descartar quesimplemente tratasen de aproveitar unha boa oportunidade de negocio.En 1970, botaron o seu primeiro arrastreiro conxelador, o Iria, ao que lleseguiu, en 1976, o Flavia, con 228 e 279 toneladas respectivamente. Agora ben, tras a morte de Raimundo Domínguez Macaya, en 1974,

non tardou en producirse a división da sociedade: vendéronse os buquesmáis antigos e pasaron, dous anos despois, a totalidade das accións a mansdos irmáns Domínguez Alonso. A empresa, que foi dotando progresiva-mente de sistemas de conxelación os barcos, incluíndo o vetustoMyrdoma B, restrinxiu a súa actividade ao Gran Sol e aos caladoiros deMarrocos, e mantivo beneficios grazas ao tirón experimentado polos pre-zos do peixe. Porén, nos anos seguintes, diversos problemas que afectabanao conxunto do sector non deixaron de incidir directamente sobre esta.A partir de 1977, a redefinición dos dereitos de pesca a escala interna-

cional, coa rápida extensión das Zonas Económicas Exclusivas de 200 mi-llas, provocou unha forte inestabilidade a curto prazo e abriu un horizontede acusada incerteza. Paralelamente, a suba dos prezos da enerxía deulugar ao encarecemento xeral dos custos de produción que, nun momentode caída dos rendementos pesqueiros, cuestionou a rendibilidade das em-presas armadoras. Neste sentido, Myrdoma S.A., cunha frota moi enve-llecida, non só tivo que enfrontarse á acentuada subida de custos senóntamén a un forte incremento dos gastos de mantemento e reparación dosseus barcos; a empresa comezou a debilitarse polo estreitamento da súamarxe bruta de explotación, e entrou, desde 1982, nunha situación crí-tica. Os negocios pesqueiros familiares parecían sucumbir baixo a sín-drome dos Buddenbrook. A sociedade tiña que enfrontarse a unha renovación do equipo pes-

queiro que, aínda sendo moi arriscada polas perspectivas xerais do sector,se presentaba como a única decisión posíbel, solución que se vía alen-tada, ademais, pola benevolente política crediticia da administración epor unhas esixencias para a modernización e renovación da frota cada vezmáis laxas. Por outra banda, unha nova xeración, formada polos fillos de

177Melitón D. Domínguez Leal

Page 178: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Rosa Domínguez Alonso e José Ramón Fontán González, pugnaba porentrar nos negocios pesqueiros. No entanto, a inminente transición xera-cional bloqueouse ata a morte de Carlos Domínguez, en 1986. De feito,un ano antes, os irmáns Fontán Domínguez decidiron asumir indepen-dentemente o risco empresarial, ao constituíren Rampesca S.A., dirixidapor Jacobo Fontán, que non tardou en botar o seu primeiro barco, unconxelador de 1072 toneladas, denominado Ferralemes. O falecemento de Carlos Domínguez, director-xerente de Myrdoma

S.A., abriu o camiño, primeiro, para a construción, en 1986, dun novoarrastreiro conxelador chamado Area Alta, de 265 toneladas, e, despois,para a separación dos irmáns. Deste xeito, Myrdoma S.A. quedou baixo apresidencia de Jacobo Domínguez Alonso, á que, en 1988, se incorporoucomo apoderado o seu fillo Jaime Domínguez Blein, mentres que RosaDomínguez Alonso constituía, en 1987, Pescamiñor S.A., que contaba coseu fillo Roberto Fontán como xerente e á que achegou o vello MyrdomaB. Ao mesmo tempo, Marítima del Berbés S.A., sociedade na que seguíanparticipando, tamén comezou a sentir os problemas do caladoiro marroquí:constituíron unha sociedade mixta á que traspasaron os barcos e acabouvendéndoos finalmente en 1986. Isto permitiulles construír dous novosconxeladores, o Janza e o Telleiro, con máis de 1000 toneladas respecti-vamente.Agora ben, as favorábeis condicións estabelecidas pola administración

para a renovación da frota provocaron nos últimos anos oitenta un notá-bel desenvolvemento da frota conxeladora cun paralelo exceso de capa-cidade. O aumento da produción e a apertura dos mercados, tras aentrada de España na CEE, xerou unha acusada caída de prezos e provo-cou a descapitalización do sector. Os efectos desta crise de mercadovíronse agravados polas continuas restricións para acceder aos caladoirostradicionais, que culminaron en 1990 coa expulsión da frota conxeladorade Namibia. Numerosas empresas, atrapadas nunha inercia institucionalque animaba a investir en novas e maiores unidades, tiveron que afrontareste conxunto de problemas no peor momento posíbel, cando comeza-ban a vencer as súas obrigas financeiras. As suspensións de pagos conver-teríanse a principios dos noventa en algo dramaticamente habitual.Os barcos de Myrdoma S.A., sen licenza para pescaren nos caladoiros

tradicionais, víronse obrigados a pagar unhas desorbitadas licenzas de

178Empresarios de Galicia

Page 179: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

pesca en Marrocos e Mauritania e, aínda que trataron de reorientarsecara ao peixe espada en mares libres, non puideron evitar que a empresaentrase nunha situación moi delicada a partir de 1992 polo que tivo queabandonar a actividade. O mesmo sucedeu cos de Marítima del BerbésS.A., que dirixiran o Janza y el Telleiro cara ao caladoiro de Namibia. Polasúa parte, Rampesca S.A., que mantivera uns saneados balances, grazas áorientación do seu barco, primeiro, cara ao caladoiro de Namibia e, des-pois, cara ao de Malvinas, tamén atravesou a comezos dos anos noventa

179Melitón D. Domínguez Leal

O Myrdoma A sae de ASTANO en 1956 despoisde se lle alongar a eslora

(Arquivo Jaime Domínguez Blein)

Page 180: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

por unha situación crítica. No entanto, o recurso á hipoteca de diversosbens inmóbeis permitiu capitalizar a empresa, puideron facerlles fronteaos problemas de liquidez e asumiron os créditos contraídos para a cons-trución do Ferralemes.A mediados dos anos noventa, o máis difícil da crise remontárase.

Os negocios pesqueiros dos irmáns Fontán Domínguez comezaron asúa expansión. A través dunha estratexia de intensa cooperación empre-sarial, constitución de sociedades mixtas e diversificación de caladoirospuideron reducir riscos, acceder a uns recursos pesqueiros cada vez máisprotexidos e reunir os capitais necesarios para acometer elevados investi-mentos, tanto na frota coma en plantas de procesado. En definitiva, per-mitiulles enfrontarse a un novo marco caracterizado pola práctica ausenciade recursos libres e uns mercados progresivamente liberalizados, onde acompetencia era cada vez máis intensa. Neste sentido, ao colaboraren en maior ou menor medida con outros

armadores, constituirán diversas sociedades para explotaren activoscomúns ou acceder a dereitos de pesca. Así, participan en Galfrío S.A.,empresa comercializadora que posúe unha planta localizada en Marín,e que se sitúa no posto número once na táboa clasificatoria das principaisempresas do sector conxelador en Galicia. Cos mesmos socios estabele-ceron alianzas de longo alcance nunha rede de sociedades. Interveñen enPesquera Galmar S.A., propietaria do arrastreiro Kalatxori, destinado ácaptura de cefalópodos en augas das Malvinas, mediante a empresa mixtaKalamar S.A. Outra sociedade conxunta, Eurofishing S.A., permite tra-ballar neste caladoiro ao Ferralemes. A empresa mixta Congeladores Pata-gónicos S.A., dedica os seus barcos á captura de lagostino en augas deArxentina, país onde estabeleceu, ademais, unha planta para o procesadode peixe. Tamén unha estratexia similar lles permite aproveitar co Prote-gat o bacallau de profundidade nas Xeorxias do Sur. Agora ben, estaorientación cara á pesca de grande altura non supoñerá o abandono doscaladoiros tradicionais da pesca española. En 1996, apoiados en axudasdo goberno de Canarias, substituirán o Myrdoma B polo Myrdoma F quetraballará en augas de Marrocos ata a expulsión da frota a comezos do2000, reconverténdose posteriormente á pesca do bacallau de profundi-dade nas augas do Atlántico Norte. Asemade, mediante a empresa mixtaSkellig Fish, constituída con armadores irlandeses e na que participan

180Empresarios de Galicia

Page 181: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

maioritariamente, traballan con catro barcos nos caladoiros do Gran Sol,e vendían en fresco as súas capturas de pescada, lagostino, peixe sapo, etc. Aínda que nas actividades dos Fontán Domínguez participan todos os

irmáns, os que interveñen directamente no día a día son Rosa, Roberto,Jacobo e José Ramón, estes dous últimos moi vinculados ao sector e á súapropia xestión; Jacobo foi xerente da Asociación de Pesqueros Españoles(ASPE) e ostentou diversos cargos en entidades de seguros marítimos eJosé Ramón posúe unha longa traxectoria como xerente da AsociaciónNacional de Armadores de Buques Congeladores de Pesca de Cefalópo-dos (ANACEF), radicada nas Palmas de Gran Canaria. Empresarios quese recoñecen herdeiros pero non limitados pola tradición. Hoxe as súasempresas preséntanse moi asentadas e con gran capacidade de adapta-ción ao cambiante medio da pesca internacional.

181Melitón D. Domínguez Leal

Bibliografía

Giráldez Rivero, J. (1996): Crecimiento ytransformación del sector pesquero ga-llego (1880-1936), Madrid, MAPA.

González Laxe, F. I. (1983): El proceso decrecimiento del sector pesquero español(1961-1978), Fundación Caixa Galicia.

González Martin, G. (1993): «ManuelDomínguez Macaya, vigués presidentehonorario de armadores», La Voz de Ga-licia, 20 de xuño.

Industrias Pesqueras (1959): «La perso-nalidad pesquera de D. Manuel Domín-guez Macaya», Industrias Pesqueras, 1de agosto.

Sinde Cantorna, A. (2000): Estrategias decrecimiento y formas de integración en laempresa pesquera gallega, Madrid, Fun-dación Empresa Pública.

Varela Lafuente, M. (1985): Procesos deproducción en el sector pesquero en Ga-licia, Santiago de Compostela, Univer-sidade de Santiago de Compostela.

Veiga, B. (1973): ARCOMAR, 1923-1973,Cádiz 50 aniversario.

Xunta De Galicia (1993): Plan de ordena-ción de los recursos pesqueros y maris-queros de Galicia (II). La política pes-quera de Galicia en el contexto comuni-tario, Santiago de Compostela, Xuntade Galicia.

Page 182: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ENRIQUE PEINADOR VELA1847-1917

Page 183: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Sabino Enrique Peinador Vela naceu na cidade de Pontevedra, o 7de agosto de 1847, no seo dunha familia medianamente acomodada. Pa-sou un curto tempo no seminario compostelán e fixo o bacharelato noinstituto da súa cidade natal. Na Universidade de Santiago comezou conestudos clásicos e licenciouse en Medicina á altura de 1869. En 1875 ca-sou con Avelina Lines López e tivo tres fillos: Enrique, Ramón e María.Terá a súa residencia en Madrid, na rúa Jovellanos núm. 5, agás na tem-pada de apertura do balneario de Mondariz, entre o 1 de maio e o 1 deoutubro de cada ano. Morreu no balneario de Mondariz o 6 de outubrode 1917.A súa relación co mundo da crenoterapia e da hidroloxía médica co-

meza moi pronto. En 1871, logo dun breve período de tempo no queexerceu a medicina en Pontevedra, ocupou o posto de médico director in-terino do balneario de Caldelas de Tui. Desde a Real orde do 29 de xullode 1816 que desenvolvía a Lei de augas médico-minerais estabelecíase aobriga de que cada estabelecemento contase cun médico director, corpofacultativo ao que se accedía por oposición anual.1 Estes galenos eran osúnicos habilitados para facer as análises químicas que precisaban as augas

Luis Domínguez Castro Profesor titular da Universidade de Vigo

Xosé Ramón Quintana GarridoProfesor da Universidade de Vigo

A FORTUNA QUE XURDIU DAS AUGAS

1 San Pedro Martínez (1993), p. 61.

Retrato de EnriquePeinador Vela

Page 184: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

de propiedades curativas e estaban encargados de redactar unha memoriaanual sobre o balneario que cada un dirixira. Cando se convocaba o pre-ceptivo concurso, por rigorosa orde de antigüidade, os médicos-directoresescollían o destino que máis remuneración lles reportase, especialmentedesde que o Regulamento de 1868 eliminou as cantidades fixas e esta-beleceu a súa remuneración en función dunha cantidade por cada ba-ñista que tomara augas. Os frecuentes cambios de réxime na España dosdous primeiros terzos do século XIX impediron que existira unha mínimaregularidade neste concurso e provocaron que houbera bastantes balnea -rios que quedaran sen dirección facultativa e para intentar solucionar esteproblema naceron as figuras dos médicos directores interinos, os médicossupernumerarios ou os médicos habilitados para que os propietarios pui-desen contratalos libremente e abrir as instalacións.2 Os propietarios debalnearios van comezar unha dura batalla contra o que eles chamaban «aintrusión gobernativa no dominio privado dos veneiros de saúde» e, porfin, en 1874 logran poder escoller o médico-director do seu gusto, sempredentro do corpo facultativo referido.3 Enrique Peinador non optará porgañar as oposicións que daban acceso á condición de médico-director eao pouco tempo comeza a forxar o proxecto da súa vida: converterse enpropietario dunha fonte de augas minerais e transformar o lugar nun bal-neario moderno, homologábel aos mellores de Europa.

Os comezos do complexo termal de Mondariz

Segundo relata o Padre Samuel Eiján, fixo unha primeira tentativaen Prexigueiro, por terras do Ribeiro, pero o carácter colectivo da propie-dade das terras afectadas non permitiu que a transacción fose efectiva.4Segundo din algunhas fontes no verán de 1872 Enrique Peinador pasabauns días como hóspede na casa do propietario da leira da Gándara, enMondariz, e quere a tradición popular que adquiriu a leira, coa fonteincluída, a cambio de lograr a exclusión do fillo do dono do servizo mili-

184Empresarios de Galicia

2 Rodríguez Sánchez (1998), pp. 109-110.3 San Pedro Martínez (1993), p. 62.4 Eiján (1920), p. 24.

Page 185: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tar.5 Eran tempos duros para os militares recrutas, sobre todo un ano des-pois coa tripla guerra: Cuba, carlista e cantonal. Daquela, Enrique aca-dara un certo predicamento durante o andazo de varíola hemorráxicacentrado nas terras do Grove, e foi recoñecido coa concesión pública daCruz dos Andazos, logo chamada de Beneficencia. Dous anos máistarde, en 1874, será elixido deputado provincial. Pola súa banda, o seuirmán Gumersindo Ramón, socio na compra e nos futuros negocios, eraavogado e funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra. Así pois,non resulta difícil pensar na capacidade dos Peinador para lograr un favortan típico do mundo político clientelar coma o de librar do servizo mili-tar un mozo. Outras fontes, quizais con mellor criterio, falan dunha com-pra familiar entre a nai viúva e os dous irmáns da leira que pasou a ter noenreixado da súa porta a lenda «Finca de la Sra. Viuda e Hijos de D.Ramón Peinador».6O 16 de xuño de 1873 eran declaradas de utilidade pública as augas

minerais da Gándara-Troncoso no concello de Mondariz, requisitoimposto pola lei para poder estabelecer un balneario. Remataba así oexpediente comezado por Ramón Peinador diante do goberno da Repú-blica para denunciar a propiedade do manancial da Gándara e «das fil-tracións que nacen na beira do río Tea».7As augas de Mondariz, e máis concretamente o manancial de Tron-

coso, tamén chamado Saidorio, xa eran coñecidas e empregadas polasxentes dos arredores tal e como relata Madoz no seu dicionario e moitosanos antes Pedro Gómez de Bedoya y Paredes na súa Descripción de 54fuentes minerales del Reyno de Galicia, en 1772.8 En decembro de 1864Domingo Blanco Lage, un cura afeccionado á medicina que fabricaba deforma caseira determinados ungüentos para oftalmopatías, úlceras varico-sas e tónicos para o estómago, escríbelle ao alcalde de Mondariz para soli-citarlle que o afamado catedrático de química xeral Antonio CasaresRodríguez fixera as análises pertinentes para poder acadar, despois, a con-

185Enrique Peinador Vela

5 Guisado (1990), p. 53.6 Del Castillo (1998), p. 37.7 Íbidem p. 38.8 Galdo (1995), p. 235.

Page 186: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

dición de augas de utilidade pública, así como o dereito para aproveitaresas augas minero-medicinais. En efecto, Casares coa colaboración docatedrático de anatomía e patoloxía Maximino Teijeiro Fernández,ambos os dous posteriores reitores da universidade santiaguesa, realizouas análises que lles deron o aval cientí-fico ás augas de Mondariz. Tratábase deaugas bicarbonatadas sódicas e mixtas,frías e gaseadas.O manancial de Troncoso achábase

en terras públicas e o 30 de abril de 1865,Domingo Antonio González, veciño dePonteareas, solicítalle ao concello a súaexplotación argumentando que fora elquen sufragara os 2000 reais que teñendereito a percibir polos traballos dos douscientíficos composteláns que acababande analizar as augas. Non parece que ti-vese moito éxito na súa demanda dadoque o 2 de abril de 1870, Domingo Blan -co Lage, que se atribúe o descubrimen -to do manancial, en 1862, e o pago dosgastos por amañar o lugar para a súa ex-plotación comercial, pide do concelloautorización para cobrar polas botellasde auga que se subministren a foráneos.9Sobre es te manancial, por estas datas,apunta o médico-director de baños Desi -derio Varela Puga que había, á altura de1867, dúas fondas e unha «charca», afonte posterior sería unha doazón dos enfermos que asistían a tomar esasaugas.10 Finalmente, o 26 de setembro de 1877 o concello véndelle os te-rreos adxacentes ao manancial a José Paramés.

186Empresarios de Galicia

9 Guisado (1990), pp. 58-59.10 Galdo (1995), p. 362.

Motivo publicitario de Aguas de Mondariz aparecido na Revista Nós, Alfonso Rodríguez Castelao, 1920

Page 187: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A fonte da Gándara, adquirida polos irmáns Peinador, era, en 1873,moito menos importante cá de Saidoiro-Troncoso. De feito, nesa data sóse rexistran 52 enfermos que toman as súas augas na tempada. O grandeéxito dos Peinador será lograr que quince anos despois, en 1898, cando seinaugure o Gran Hotel, o número de bañistas estea xa nos 2000 e que esenúmero acade os 3000 en 1915 pouco antes da morte de Enrique Peina-dor. Éxito que cómpre aquilatar dentro do contexto social e económicoda Galicia de entón. Mondariz non existía para os usuarios dos tratamen-tos crenoterápicos, non había vila termal nin tan sequera balneario pre-vio e ambas as dúas cousas non foron obra dunha compañía senón dunhafamilia. Pensemos que contra 1900 un balneario medio francés, comoRoyat, recibía 9000 bañistas, os grandes como Cauterets, Bagnère-de-Bi-gorre ou Vichy varias ducias de miles mentres que os pequenos comoPlombières, por exemplo, non chegaban aos 5000, non obstante taméncómpre dicir que cando na Gándara apenas había 52 acuístas, Royat xaera visitada por máis de 2500 bañistas.11 As cidades balneario xermanas es-taban moito por riba, en 1910 Wiesbaden acollía a 150.000 hóspedes, Ba-den-Baden a 75.000. En España, as cifras son moitísimo máis modestas;para todo o ano 1898 rexistráronse 81.532 acuístas e bañistas que baixa-ron a 69.149 en 1914. Mondariz estaba, a comezos do século XX, entre ostres ou catro máis importantes xunto coas Caldas de Oviedo, o de Ar-chena e o de Montemayor.12A empresa dos Peinador en Mondariz vai ter dúas actividades compe-

netradas que van xerar sinerxías nas dúas direccións: o balneario e avenda de auga embotellada.13 Vai ser unha empresa familiar. En efecto,desde os comezos Enrique asocia Mondariz ao seu irmán Ramón ereserva para si a condición de xerente do estabelecemento. En 1906 axerencia pasará ao seu fillo Enrique Peinador Lines. A morte dos patru-cios serán herdeiros os seus fillos que venderán os seus activos na posgue-rra. Enrique, Ramón e María, casada con Fernando Escardó, vanrepartirse a dirección dos intereses familiares: Enrique é xerente do bal-

187Enrique Peinador Vela

11 Schall (1994), p. 167.12Montserrat (1995).13 Chambriand (1994), pp. 245-246.

Page 188: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

neario e Ramón secretario do tranvía de Mondariz a Vigo alén de xestio-nar, co seu cuñado Fernando Escardó, a Sociedade Peinador y Cía, fun-dada en Madrid en 1917, para a venda de Aguas de Mondariz.Os Peinador, como fixeron os propietarios doutros estabelecementos

en toda Europa, souberon compasar a posta en marcha do seu balneariocoa chegada do ferrocarril. En efecto, entre 1881 e 1886 Vigo, a cidadede referencia desde o punto de vista da atracción de acuístas, conéctasecon Ourense, Madrid e Portugal. O ferrocarril vai supoñer un salto cua-litativo na empresa termal. Parece que xa en 1876 había unha casa-fonda,onde logo estará o campo de lanw tennis, pero non será ata 1880 candose inaugure a primeira casa de baños, cunha planta baixa destinada aosbaños e tomas de auga e unha superior para aloxamento; o balneario dis-poñía de 5 salas con bañeiras e unha piscina para 12 persoas, as prazashoteleiras eran 46. En 1883, a casa de baños xa dispoñía de 60 prazas. En1884 ábrese, onde logo estará o Gran Hotel, un edificio anexo onde sesitúa o comedor, a cociña e as salas de recreo, lectura e xogos. En 1885as prazas hostaleiras son xa 80, grazas á construción dun terceiro piso nacasa de baños. O crecemento do balneario tira da economía do lugar epara 1887 xa se contabilizan, fóra das instalacións dos Peinador, 4 fondasque ofrecen 300 prazas. Só dous anos despois, en 1889, instálanse 9bañeiras de mármore dunha soa peza, as prazas do balneario son xa 120e 6 fondas do lugar proporcionan outras 400 máis;14 neste mesmo ano osPeinador erguen no medio do bosque da leira unha capela baixo a advo-cación da patroa do balneario, a Virxe do Carme. En paralelo a este pro-ceso de crecemento do balneario o xardineiro francés Darier deseñou oespazo verde de recreo da parte posterior da leira e poboouna de carba-llos vedraños, acacias, eucaliptos, plátanos e variadas árbores froiteiras.Mentres todo isto acontecía discorría unha delongada disputa que

acabará en preito entre o Concello de Mondariz, representado por douspesos pesados da restauración galega como son Isidoro Bugallal Araujo eSenén Canido Pardo, e os Peinador, representados por Ramón sobre atitularidade da fonte de Troncoso. O concello defende o carácter públicodo manancial mentres que os empresarios alegan que lles pertence en vir-

188Empresarios de Galicia

14 Del Castillo (1998), p. 134.

Page 189: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tude do texto da Declaración de utilidade pública das augas que, comodeixamos escrito, incluía as filtracións que nacían na ribeira do Tea, dadoque sosteñen que a fonte de Troncoso, en realidade, non é senón unhaemanación da súa fonte da Gándara, situada a menos dun quilómetro enliña recta. Para afortalar os seus dereitos, fundados inicialmente nunhahábil redacción da Declaración de utilidade debida aos bos oficios deRamón, os Peinador, en decembro de 1886, mércanlle a José Paramés aleira de Saidoiro-Troncoso que nas súas faldras ve nacer o manancial endisputa, agora alegan que, en todo caso, o manancial debe pertencer aoribeirego colindante, é dicir, eles como donos da leira de Saidorio. Aoprincipio, o Ministerio da Gobernación estimou as razóns do Concello edispuxo que os Peinador se limitasen á explotación da fonte da Gándararestituíndo ao dominio público a de Troncoso. Finalmente, os tribunaistramitan a causa en 1905 a prol dos intereses dos Peinador.15 Este preitoestará na base do estímulo e apoio que lle darán á escisión de Mondariz-Balneario da súa matriz orixinal, como máis adiante se comentará.

O Balneario de Mondariz, da saúde ao lecer

Mondariz idéase, desde mediados dos anos oitenta, como un destinopreferente para un público con importante poder adquisitivo, sen descoidara necesaria cota de atención aos pobres de solemnidade que non precisabanaloxarse nas instalacións hostaleiras. En efecto, en 1884 xa se documentaunha especie de almacén, na parte alta do lugar de Troncoso, para aloxarestes acuístas; en 1890 comeza a construírse o asilo Nosa Señora do Carme,con capacidade para 150 persoas, que se inaugurará en 1900. Outrosbalnearios galegos tiñan, nos primeiros anos oitenta do século XIX, máisconcorrencia pero, basicamente, de xentes dos arredores máis ben pobres.Agás Cuntis que inaugura o seu hotel en 1881 o resto dos centros termaisseguen, e seguirán durante bastante tempo, dependendo de fondas pensadaspara paisanos, fundamentalmente. Os Peinador souberon ver moi ben ocambio que se estaba a dar en toda Europa en relación cos balnearios.No último terzo do século XIX pasaron de ser centros de saúde a centros

189Enrique Peinador Vela

15 Guisado (1990), pp. 59-60.

Page 190: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

de lecer, de representación e de relacións sociais (Leboreiro, 1991: 215).En 1889 comeza, na parte alta do bosque do balneario, a construción dedous chalés para que a xente distinguida puidese gozar dunha estadíamáis recollida e tranquila, o infante de Portugal D. Enrique de Bragançaserá un dos hóspedes habituais destes chalés. O edificio símbolo deste balneario de calidade é, sen dúbida, o Gran

Hotel, ao que o Nobel Echegaray tachará de «Palacio Mundial dasAugas». Comeza a construírse en 1893 e abre as súas portas en 1898 deforma coetánea a outros grandes estabelecementos balnearios peninsula-res como Zestoa (Gipuzkoa), en 1895; o Gran Hotel Vichy en Caldas deMalavella (Girona), en 1998; ou o Gran Hotel de Panticosa (Huesca), en1900 (Sánchez Ferré, 1998: 27-28). Fóra de España quizais sexa necesa-rio lembrar que o estabelecemento termal de primeira clase de Vichy seinaugura en 1903 e que por esas mesmas datas se estaba deseñando ogran Parc de Sources do mesmo afamado balneario.16 O Gran Hotel foiobra de Genaro de la Fuente Domínguez, director facultativo de obrasmunicipais de Vigo. Os materiais empregados viñeron de Vitoria eHuelva na estrutura férrea do edificio e no mobiliario, pero tamén dasindustrias viguesas de Antonio Sanjurjo e de Sánchez Puga. Na súa deco-ración non se escatimaron esforzos: sedas traídas da Casa Liberty de Lon-dres, as lúas da Casa Pereantón de Madrid. Unha monumental escaleiracentral —a escaleira de honra a que vedaran o paso aos criados do Hotele aos dos hóspedes— daba acceso aos 250 cuartos, con 500 prazas, unhacifra moi respectábel se temos en conta que, por exemplo o coetáneo deZestoa albergaba 240.17 O comedor tiña cabida para 800 comensais conlaterais acristalados que permitían aproveitar toda a luz solar e a contem-plación do fermoso val, as balaustradas e os teitos artesoados dábanlle o aire aristocrático que se requiría. Completaban as estancias, entreoutros, o gran salón que acollía recepcións, bailes, cine e teatro, gabine-tes de lectura, salóns de peiteado, salas de xogos lícitos nos que se levabana palma o señorial tresillo e o burgués billar, as cociñas ás que se invitabaaos acuístas, desde as páxinas de La Temporada, para que comprobasen

190Empresarios de Galicia

16 Uzu (1994), p. 417.17 Urkía (1998), p. 264.

Page 191: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

in situ a elaboración dos coidados menús e a calidade das materias pri-mas. Chama a atención a ausencia dun complemento tan asiduo detodos os balnearios europeos do momento como o casino pero as acendi-das crenzas relixiosas dos Peinador impedían este tipo de estabelece-mento xa que tiñan a gala dicir que Mondariz nunca sería un Mónaconin un Montecarlo; nesta mesma liña o gabinete de lectura destinado ásmulleres —os homes tiñan outro— contaba cun pequeno altar pararezos. Pola noite 2500 lámpadas, alimentadas por dúas dínamos instala-das na Casa de Máquinas adxacente conferíanlle ao edificio unha solem-nidade acorde co lugar.En 1908 daba comezo a construción da segunda obra máis emblemá-

tica do balneario: o pavillón da fonte da Gándara deseñado por AntonioPalacios, onde o arquitecto porriñés vai empregar granito puído, dunhavariedade próxima á da súa terra natal, nos fustes das columnas do pavi-llón; Enrique Peinador non dúbida en mercar no estranxeiro, para estesefectos, a primeira maquinaria para puído de granito que se instalou enGalicia.18 O conxunto arquitectónico queda terminado coa planta embo-telladora de augas, as costas da fonte da Gándara; o edificio da Barandaonde estaban os servizos de correos, teléfonos e telégrafos, gabinetesmédicos dotados de Rx, laboratorio de análises, tendas e cafetaría, situadofronte á planta embotelladora e o pavillón; o Teatro-Cine que tiña capa-cidade para 400 persoas, inaugurado en 1916, na parte traseira do edifi-cio da Baranda; o Hospital Reumatolóxico, por fronte do Gran Hotel,que a morte de Peinador Vela deixou inconcluso; en 1912 remataban asobras de ampliación da antiga Casa de Baños, derrubada para construír opavillón, con 27 cuartos máis a un prezo máis económico que o GranHotel; en 1923 estaba rematada a grande escalinata de acceso desde o pa -villón ao bosque por un lateral do Gran Hotel, e resólvese con gusto otránsito entre eses espazos nucleares do balneario; o último edificio docomplexo termal era a Casa de Máquinas onde, ademais do xerador eléc-trico, se atopaba a imprenta na que non só se tiraban xornais e librossenón todos os materiais de administración do hotel, de promoción doestabelecemento e de etiquetado das botellas, tamén estaba instalada

191Enrique Peinador Vela

18 Solá (1910), p. 16.

Page 192: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

aquí unha ebanistaría, unha serraría para facer as caixas de envasado dasbotellas e unha pequena forxa; o parque termal, as costas do Gran Hotel,con abundantes paseos cubertos por arboredos, salpicados por restos dechapiteis, fustes e esculturas traídos de igrexas románicas das proximida-des (Casteláns, Padróns e Riofrío) e un invernadoiro para plantas exóti-cas. Un ximnasio e canchas para a práctica do críquet e lanw tennis erana oferta deportiva. Así mesmo, un paseo arborado unía as fontes da Gán-dara e de Troncoso bordeando as ribeiras do Tea. Á altura de 1909, aimportancia do balneario fixo que existisen na vila, á marxe dos negociosdos Peinador, once hoteis, seis fondas e dezaseis hospedarías cun total de1350 prazas.19Quizais por consello de Enrique Peinador Lines, hóspede dos mello-

res balnearios europeos, ou por iniciativa propia do fundador, o balnea-rio completouse coa adquisición dunha leira rústica na veciña parroquiade Pías: a leira de Sanmil. Alí instalouse unha granxa «ecolóxica» ondese obtiñan os produtos lácteos tan recomendados para as dietas dos enfer-mos que visitaban Mondariz e que estes podían adquirir persoalmente,ovos, mel, froitas, viño, hortalizas; os piñeirais da leira eran ideais para apráctica dos picnic; o bosque era doado para exercitarse en diversas sor-tes cinexéticas; unha lagoa artificial á beira do Tea, o Ea, permitía paseosen barca; un museo etnográfico con apeiros de labranza, traxes, instru-mentos musicais e restos arqueolóxicos de castros veciños, nomeada-mente o de Troña, escavado por Parga Pondal e L. Pericot, dábanlle apátina de distinción requirida; por último, contaba tamén cun campo defútbol. Este modelo tan británico non debe de sorprendernos dado que,a pesar do prestixio dos balnearios alemáns ou franceses, foron os ingle-ses os creadores das pautas da balneoterapia decimonónica, sobre tododesde a cidade balnearia de Bath.20

192Empresarios de Galicia

19 Del Castillo (1998), p. 134.20 San Pedro Martínez (1993), p. 36.

Page 193: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A empresa Aguas de Mondariz

O negocio de venda de auga embotellada ten as súas orixes na empresaAguas de Mondariz, nada en 1877. Algunhas fontes cifran, xa para entón,nun millón as botellas envasadas. O embotellado de augas minero-medi-cinais era unha práctica moi habitual na Europa de mediados do séculoXIX para completar as tomadas no manancial na estadía realizada oumesmo, para as persoas con menos posibilidades, evitar ir ao balneario encuestión. Para evitar as frecuentes fraudes aparece unha lexislación espe-cífica, desde 1842, coa intención declarada de homologarse co resto dospaíses europeos, nela distínguese entre as augas artificiais, elaboradas enlaboratorio, e as naturais, procedentes de mananciais. En 1903 obrigábasea que cada botella levase unha etiqueta coas seguintes informacións:nome do concello ou localidade onde emerxe o manancial; composicióndas augas en epígrafe abreviado e segundo a taxonomía oficial vixente;nome co que cada manancial foi recoñecido de utilidade pública. En 1912quedaba prohibida a distribución ou a expedición destas augas en garra-fóns ou calquera outro envase que non fose botella chea e precintada aopé da fonte mineral de orixe.21En 1914 ábrese a nova planta de embotellado que, para o ano se-

guinte, era capaz de producir 10.000 botellas diarias con dous modelosbásicos: a grande de 700 gramos e a pequena de 350. En 1927 varios ve-ciños de Mondariz denuncian, diante do Ministerio da Gobernación, osfillos de Peinador por monopolizar a marca Aguas de Mondariz en detri-mento do manancial da Fonte do Val, propiedade que nunca tiveron osPeinador, e solicitan que, en todo caso, se chamasen Aguas de Mondariz-Balneario máis acorde coa lexislación de 1903. A denuncia non tivoefecto.22 As augas embotelladas eran, en todos os casos, un elemento bá-sico de promoción do balneario matriz dado que o seu consumo era unhaincitación a visitalo dada a crenza de que as augas tomadas in situ eran moitomáis benéficas. Os principais mercados das Aguas de Mondariz van ser Ga-licia, Madrid, Portugal, Brasil e Cuba, coincidindo bastante coa proce-dencia dos hóspedes do balneario. Aínda que sen datos precisos, as fontes

193Enrique Peinador Vela

21Muñoz Calvo (1998), pp. 148-149.22 Guisado (1990), p. 56.

Page 194: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 195: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

195Enrique Peinador Vela

falan dunha grande afluencia de portugueses, ata un dubidoso 25%, faci-litada polas boas comunicacións ferroviarias e polo favor da aristocracia lusaa un lugar frecuentado polo seu infante; sen contar os portugueses o nú-mero de estranxeiros anda polo 7-8%, entre 1918 e 1922, nomeadamente

británicos, grazas a que, desde 1908,a Royal Mail Steam Packets e a Bo-oth Line de Liverpool deixaban cen-tos de pasaxeiros no Porto de Vigocon destino, entre outros lugares, aobalneario de Mondariz; en todo caso,entre 1877 e 1931, o 91% dos acuís -tas pertencían ás clases acomodadas,categoría que coa clase de tropa e a depobres de solemnidade formaban asestatísticas oficiais, unha categoría, ade clases acomodadas, na que se in-cluían desde aristócratas e grandes fi-nanceiros ata pequenos burgueses;non obstante, a porcentaxe é supe-rior á media española.

Unha exitosa promoción publicitaria con trazos singulares

Unha das facetas máis destacadasdo labor empresarial dos Peinador foi,sen dúbida, as técnicas de promociónpublicitaria que empregaron para dara coñecer o balneario de Mondarize as súas augas. Algunhas desas téc-nicas son moi correntes pero outrasteñen un elevado grao de orixinali-

dade. Xa en 1877, nas primeiras botellas, aparece o logotipo da marcaMondariz: un anagrama circular coa lenda Aguas de Mondariz e no mediounha botella negra rodeada de motivos vexetais. O logotipo clásico dohome vestido de etiqueta abrazado a unha botella de augas de Mondariz

Motivos publicitarios de Aguas de Mondariz, José Arija, ano 1899

Page 196: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

aparecerá nos primeiros anos de século XX. Entre os métodos máis co-múns de promoción publicitaria atopamos os artigos científicos do mé-dico-director Isidro Pondal Abente que publica tres traballos nos númerosde 1879-1880, 1881 e 1883 dos Anales de la Sociedad Española de Hidro-logía Médica. A secuencia temporal, as distintas doenzas e a insistenciaen salientar o nome e os tratamentos das augas de Mondariz nos tres tí-tulos son un magnífico exemplo de mercadotecnia comercial para venderun produto entre uns axentes espléndidos, os galenos lectores dunha pu-blicación especializada nun campo que gozaba dos favores da boa socie-dade europea do momento en tempos do que algúns autores deron enchamar «nihilismo terapéutico», isto é, como non hai farmacopea da-bondo que poida curar determinadas enfermidades, a crenoterapia podeser unha alternativa dado que se non cura tampouco ten efectos secunda-rios daniños. Darse a coñecer nestes foros era fundamental para lograr quechegasen bañistas, logo da correspondente prescrición médica, que des-pois posibilitasen a difusión das excelencias das augas entre familiares,amigos e coñecidos mediante o efectivo recurso da publicidade boca aboca. Esta estratexia publicitaria era un recurso moi empregado polos mé-dicos-directores dado que cantos máis acuístas tivese o balneario máis cum-pridos serían os seus honorarios; quizais o caso de José Salgado e Gui-llermo, experto en descubrir novos e insólitos mineralizadores nosmananciais dos que se facía cargo, sexa un dos máis coñecidos.23 Outrafórmula co mún eran os anuncios pagados nos xornais, nomeadamente noFaro de Vigo, en A Nosa Terra e na revista Nós. O mesmo cabe dicir docartelismo, moitas veces empregando azulexos, que chegaron a encher asparedes do Metro de Madrid. O recurso ás guías tamén se utiliza por partedos Peinador, a primeira documentada é a Guía de las Aguas de Mon-dariz, impresa en Pontevedra en 1881. En 1906 editan Mondariz: descrip-ción general, en español, francés e logo en inglés, para repartir entre osgalenos asistentes ao Congreso Internacional de Medicina, celebrado enLisboa e, ademais, convocan alí mesmo un concurso de memorias rela-tivo ao uso fisiolóxico e terapéutico das augas de Mondariz, dotado con6000 francos en premios. En 1912 aparece unha luxosa Mondariz-Vigo-

196Empresarios de Galicia

23 Rodríguez-Sánchez (1998), p. 120.

Page 197: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Santiago. Guía del turista, na que colaboran grandes firmas, entre elas aPardo Bazán, en edición bilingüe español e inglés. En fin, en 1917 o Álbumde Eminencias Médicas Hispano-Latinas que recolle opinións de diversosgalenos, todas favorábeis ás propiedades das augas de Mondariz, e rega-lado a diferentes facultades e academias de medicina así como a corpora-cións médicas.24Como xa se apuntou, as botellas de auga eran outra forma de promo-

ción. O propio Enrique escríbelle en 1894, desde o seu domicilio madri-leño, ao director de Tierra Gallega da Habana, a sazón Manuel CurrosEnríquez, nos seguintes termos:

[…] faga pol-os medios que teña a man, especialmente pol-as relaciónscon médicos e boticarios, todo canto poida pra esparexelas é difundilasentre toda clas de xentes, na intelixencia de que han de chegar á conven-cerse son as millores é mais eficaces de todas as conocidas é que non hayoutras mais agradables quer se tomen puras, quer misturadas con viño.N’esa capital pódea atopar á venta.

Na mesma dirección vai a presenza e os premios obtidos nas diversasexposicións: Gran Diploma de Honor na Exposición Rexional de Ponte-vedra (1880); Medalla de Ouro na Exposición Universal de Barcelona(1888); Diploma de Honor na Exposición Internacional de Bruxelas(1897); Medalla de Ouro na Exposición Universal de París (1900); Meda-lla de Ouro na Exposición de Augas de Karlsbad (1908).Outro recurso clásico de promoción eran as visitas de grandes perso-

naxes. Mondariz contou cunha boa representación de figuras notábeis daaristocracia, mesmo da realeza (infanta de España e infante de Portugal),das finanzas (Rockefeller), da Igrexa (Cardeais e Nuncios), das letras(Pardo Bazán, Azorín), da política (Cánovas, Silvela, Castelar), pero qui-zais o seu momento de gloria se vivira coa presenza do ditador Primo deRivera e cos dous consellos de ministros que acolleu.Quixemos deixar para o final deste capítulo da promoción o que nos

parece máis singular: a edición do xornal La Temporada en Mondarizna imprenta do balneario. O primeiro número data de 1889 e o últimode 1931; publícase entre xuño e setembro de xeito semanal. Este xornal

197Enrique Peinador Vela

24 Del Castillo (1998), p. 68.

Page 198: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

regalábaselles aos hóspedes do balneario e servía tanto para solaz delescoma para, sobre todo, autopromoción do estabelecemento mediante arecensión de visitas ilustres, presentación das novidades nas instalaciónse na programación, artigos de científicos ou escritores coñecidos que loa -ban Mondariz, etc. Entre 1915 e 1922publícase en Madrid a revista Mon-dariz. Suplemento de La Temporada,con 20 páxinas, mensual ata 1917 e tri-mestral despois. Contaba, desde 1920,coa separata de catro páxinas La HojaHidrológica que elaboraba o catedrá-tico da Universidade Central, HipólitoRodríguez Pinilla. Só coñecemos uncaso anterior de prensa estacional parabañistas que tivese unha mínima du-ración, o xornal El Verano de San-tander, publicado en 1865, pero nonera gratuíto. En Galicia, en 1908, o in-diano Casimiro Gómez comezará apublicación da revista Lérez, destinadaaos bañistas do balneario homónimo.

O problema do transporte ea opción polo tranvía

No éxito do balneario de Mondariz, como xa quedou dito, xogou unpapel determinante a conexión ferroviaria de Vigo con Madrid e conPortugal. Desde as estacións de Vigo, do Porriño, de Salvaterra e de Ri-badavia carruaxes primeiro e autobuses despois transportaban os acuís-tas ata Mondariz. Isto deu lugar a empresas auxiliares do complexo ter-mal ao lado das destinadas a darlles cuartos a aquelas persoas que nonpodían pagar os prezos do Gran Hotel. Trátase das pequenas empresasde transporte, tanto de envases de auga cara ao porto de Vigo e á esta-ción do Porriño coma de pasaxeiros. A máis importante foi a de Trans-portes Raúl S.A. que aínda chega aos nosos días fundada por Raúl Gar-cía Durán, natural das Neves que chegou a Mondariz, en 1889, para

198Empresarios de Galicia

Edificio do antigo GranHotel de Mondariz

Page 199: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

traballar como administrativo da empresa Aguas de Mondariz.25 Os pro-blemas derivados do acceso ao balneario levaron a Enrique Peinador ainiciar unha nova aventura empresarial: o Tranvía Mondariz a Vigo. Xaá altura de 1887 se fala na prensa viguesa dun proxecto de ferrocarril devía estreita entre O Porriño e Mondariz e en 1895 o Congreso de Depu-tados outorgoulle a D. Antonio Álvarez Redondo a concesión dese tra-zado. En 1903 fálase de que enxeñeiros ingleses e franceses, enviadospola Westinghouse americana, andaban a estudar a construción do fe-rrocarril eléctrico entre O Porriño e Mondariz. En 1904 constitúese enMadrid a sociedade Eléctrica del Miño cun consello de administraciónintegrado por Enrique Peinador Vela, Eugenio Montero Villegas, LuisVasconi e José Lameller para construír e explotar o tranvía Vigo-Monda-riz, aproveitando o salto de Barral para o abastecemento enerxético pre-ciso.26 Finalmente, en outubro de 1913, constitúese en Ponteareas a so-ciedade Tranvía de Mondariz a Vigo cun capital social de 1.500.000pesetas ampliábel a 3.000.000. Entre os socios fundadores atopamos apersoeiros moi coñecidos da bisbarra do Tea sen presenza de accionistasdestacados de fóra, vai ser, xa que logo, unha iniciativa local logo de fra-casar proxectos máis ambiciosos. Así asinan os estatutos fundacionaisEnrique Peinador Vela, o seu fillo Ramón Peinador Lines —futuro se-cretario do consello de administración— e o médico-director do balnea-rio, Isidro Pondal; os Bugallal, representados polos tres irmáns, Gabino,Isidoro e Dario; os irmáns Candeira, Rafael e Manuel, fortes terratenen-tes e foristas, donos da principal Casa de Xiros e da principal ferraxaríade Ponteareas, ho mes de confianza dos Bugallal, como tamén ManuelDomínguez, presidente do consello de administración da sociedade,José Carrera, deputado provincial, Joaquín Sarmiento ou Manuel Oute-relo; Maximino Rodríguez Fornos, médico e alcalde de Mondariz, entreoutros. A Deputación de Pontevedra concederalle unha subvención áobra e a Sociedade cotizará na Bolsa de Madrid en 1919. O 14 de marzode 1920 quedou inaugurado o tramo Vigo-O Porriño, que contabacunha parada en Puxeiros ao lado do actual aeroporto de Peinador,

199Enrique Peinador Vela

25 Guisado (1990), p. 223.26 Álvarez-Blázquez (1994).

Page 200: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

nome que recibiu como homenaxe ao empresario. As vías nunca saírondo Porriño e a Sociedade acabaría absorbida por Tranvías Eléctricos deVigo en 1960.

O persoal de administración e os traballadores do complexo termal

As empresas dos Peinador fixeron do lugar de Troncoso unha parro-quia, en 1921, e un municipio en 1924; crearon centos de postos de tra-ballo directos e indirectos a través de negocios auxiliares relacionados coahospedaría e co transporte, fundamentalmente. En 1914 traballaban paraos Peinador 352 persoas. A plana maior do equipo directivo do complexotermal estaba formada por un xerente, Enrique Peinador Vela e desde1906 o seu fillo Enrique Peinador Lines; un médico-director, Isidro Pon-dal Abente desde 1876 ata 1918; un médico-subdirector, Casimiro TorreSánchez-Somoza, catedrático de medicina en Santiago; e un capelán, Isi-dro Fariñas durante máis de corenta anos; o segundo nivel contaba cunxefe de persoal, Francisco Álvarez, que comezou a traballar de obreiro nafonte da Gándara en 1873 e exerceu a súa responsabilidade durante co-renta e cinco anos; este foi presidente fundador da Sociedade de Amigosde Troncoso-Mondariz, en 1904, verdadeiro ariete da secesión do Conce-llo de Mondariz; un secretario; un contador; un caixeiro e un encargadodo negocio de embotellado. Os comezos familiares na dirección do nego-cio teñen unha prolongación no persoal da alta dirección. O caso máis claroé o do médico-director, Isidro Pondal, primo do bardo nacional, númerodous nas oposicións de 1874 quen se decanta por este balneario tan des-coñecido segundo confesión epistolar pola calidade das súas augas, peroquizais tamén por coñecer a Peinador, compañeiro de promoción uni-versitaria e, posibelmente, de sentimentos rexionalistas; o neto do mé-dico-director, Isidro Parga Pondal casará cunha filla de Enrique PeinadorLines e exercerá a medicina libre no balneario, participando en moitas dasobras culturais que se emprenden desde o estabelecemento. O persoaltraballador estaba repartido case que a partes iguais entre fixos e traballa-dores estacionais.27

200Empresarios de Galicia

27 Del Castillo ( 1998), p. 86.

Page 201: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

201Enrique Peinador Vela

O financiamento do complexo termal

Como se financiaron todas estas empresas? Todo parece indicar quea vía principal foi o reinvestimento de beneficios xerados pola expediciónde augas e pola hospedaxe de acuístas, polo menos iso reza no obituarioque lle dedica a Peinador Vela o Faro de Vigo. Non obstante, cómpre nonesquecer a máis que probábel práctica de trucksystem para o que se cuña-ron moedas que só podían ser gastadas no estabelecemento, dotado dequioscos no bosque no que se lles vendían alimentos e outros avíos aosclientes; a sospeita desta práctica radica nos valores das moedas de 1peseta, 50 e 25 céntimos que non teñen sentido se fosen destinadas asatisfacer as necesidades dos hóspedes, xeralmente acomodados, e que,non entanto, se acomodan aos salarios percibidos polos traballadores;estas moedas eran coñecidas popularmente como chapas ou peiteado-res.28 Desde 1933 o Banco Pastor pasa a ser unha das fontes principais definanciamento dos Peinador.

O labor cultural dos Peinador

Quixemos deixar para o final desta biografía o destacado papel demecenado cultural dos Peinador. Quizais a faceta máis coñecida sexa oapoio a iniciativas culturais de carácter rexionalista primeiro e galeguistassempre. Enrique Peinador Vela exerceu o mecenado co fillo de Murguía,o pintor Ovidio que paraba no balneario e tiña varios encargos para o esta-belecemento cando finou. Enrique Peinador Lines foi un dos máisimportantes mecenas do Seminario de Estudos Galegos e cedeu os locaisdo Gran Hotel para a recepción solemne como membros da Real Acade-mia Galega de Antonio Rey Soto e Ramón Cabanillas; este último foiacollido no Gran Hotel e a imprenta do mesmo publicoulle varias obras,entre elas Na noite estrelecida e A rosa das cen follas; tamén Castelao tra-ballou en varios encargos de logotipos das botellas, portadas de libros e osmurais de cegos que hoxe están na sede da Real Academia na Coruña.Outra mostra de mecenado galeguista foron os Premios Mondariz pensa-dos para fomentar estudos sobre Galicia e que contaron como primeiro

28 Íbidem (1998), p. 45.

Page 202: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

gañador a Luis Peña Novo e a súa obra La Mancomunidad económicagallega. Na mesma liña cómpre subliñar a impresión das novelas curtasda Editorial LAR que se facían na imprenta do estabelecemento.Quizais non tan coñecido foi o mecenado musical de Enrique Peina-

dor Vela que o levou a crear unha Escola de Música, anexa ao Teatro-Cine gratuíta para os mozos da bisbarra. Antes diso o balneario xacontaba cun cuarteto clásico propio, o Cuarteto Caberat; unha banda demúsica, Chan da Gándara, que amenizaba os paseos desde o palco cons-truído entre o Gran Hotel e o sanatorio; o Coro Agarimos da Terra; arolda Aceide e o Grupo de Gaiteiros Carregal. A banda estaba formada,na súa totalidade, por empregados do complexo.

202Empresarios de Galicia

Page 203: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

203Enrique Peinador Vela

Bibliografía

Álvarez-Blázquez Fernández, M. (1994):Historia de los tranvías en Vigo, http://www.arrakis.es/˜rojea/tranvia.htm

Castillo Campos, M. J. del (1998): Mon-dariz, un agua con historia. La pasión deuna burbuja, catálogo 125 aniversario1873-1998, Mondariz, Fundación Mon-dariz-Balneario.

Chambriand, P. (1994): «Les rythmes de lasaison vichyssoise (1853-1960)», en Vi-lles d’eaux. Histoire du thermalisme, Pa-ris, Éditions du CTHS, pp. 227-248.

Eiján, S. (1920): Historia de Ribadavia y susalrededores, Madrid, estabelecemento ti-pográfico de San Bernardo.

Galdo, F. (1995): Introducción a la historiade las aguas minerales de Galicia, Sada,Edicións do Castro.

Guisado Nogueira, J. (1990): Mondariz.Historia y guía, Pontevedra, DeputaciónProvincial de Pontevedra.

Leboreiro Amaro, M. A. (1991): «Balnea -rio-Ciudad de las Aguas. Su presenciaen España», Ciudad y Territorio, 89, pp.213-231.

Montserrat Zapater, O. (1995): «La clien-tela balnearia de Panticosa (1826-1936)»,Sociología del Trabajo, 23, pp. 129-154.

Muñoz Calvo, S. (1998): «Los balneariosde Castilla-La Mancha: contribución a su estudio. Los modelos de Solán deCabras y Fuencaliente», en J. M.ª UrkíaEtxabe / J. A.Rodríguez-Sánchez: Los Balnearios Españoles. I Reunión deEstudios Históricos sobre Balnearios,Agua y Terapéutica, Zestoa, Balnea-io de Cestona-Asociación Nacional deEstaciones Termales (ANET), pp. 131-158.

Rodríguez-Sánchez, J. A. (1998): «La com-plejidad del fenómeno balneario: los bal-nearios malagueños en el contexto an-daluz», en J. M.ª Urkía Etxabe / J. A.

Rodríguez-Sánchez: Los BalneariosEspañoles. I Reunión de Estudios Histó-ricos sobre Balnearios, Agua y Terapéuti-ca, Zestoa, Balneario de Cestona-Aso-ciación Nacional de Estaciones Terma-les (ANET), pp. 87-129.

San Pedro Martínez, M.ª A. (1993): ElBalneario de Puente Viesgo 1796-1936,Santander, Universidad de Cantabria-Fundación Marcelino Botín.

Sánchez Ferré, J. (1998): «Arquitecturabalnearia: ¿un patrimonio amenazado?»,en J. M.ª Urkía Etxabe / J. A. Rodrí-guez-Sánchez: Los Balnearios Espa-ñoles. I Reunión de Estudios Históricossobre Balnearios, Agua y Terapéutica,Zestoa, Balneario de Cestona-AsociaciónNacional de Estaciones Termales (ANET),pp. 21-32.

Schall, C. (1994): «Royat et le thermalis -me (1850-1939)», Villes d’eaux. Histoiredu thermalisme, Paris, Éditions duCTHS, pp. 165-175.

Solá, J. (1910): «Las obras de Mondariz»,Vida Gallega, 31 de xullo de 1910, núm.24, p. 16.

Urkía Etxabe, J. M.ª (1998): «Historia delBalneario de Cestona», en J. M.ª UrkíaEtxabe / J. A. Rodríguez-Sánchez: LosBalnearios Españoles. I Reunión de Estu-dios Históricos sobre Balnearios, Agua yTerapéutica, Zestoa, Balneario de Ces-tona-Asociación Nacional de EstacionesTermales (ANET), pp. 249-286.

Uzu, F. (1994): «Un exemple d’architectu-re thermale en France: Vichy», Villesd’eaux. Histoire du thermalisme, Paris,Éditions du CTHS, pp. 415-430.

Page 204: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

JOSÉ MARÍA RIVERA CORRAL1856-1936

Page 205: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

José María Rivera Corral —escrito tamén Riveyra e Ribeira nos pro-tocolos notariais— naceu o 9 de agosto de 1856 na parroquia das Pontes,lugar do Chamoselo.1 Os pais, labregos, tiñan un pequeno capital naVilavella, outra parroquia veciña das Pontes, que agora non existe porquebaixo o seu chan se atopou o maior depósito de lignito da Galicia e neledificou ENCASO a súa primeira central térmica en 1949 —só trece anosdespois da morte de Rivera—, que foi transferida a ENDESA en 1972.Hoxe, a central térmica das Pontes constitúe un dos seus activos emble-máticos.Os anos de mediados do século XIX foron unha época dolorosa para

Galicia. Neses tempos estaba en creba a economía tradicional, falta dundos piares máis firmes ata entón, a industria doméstica dos lenzos —quedesenvolvían as familias campesiñas—, ante o pulo dos tecidos de algodóningleses e cataláns que a expulsaran do mercado español.2 A agricultura

Luis Alonso ÁlvarezCatedrático da Universidade da Coruña

A BOA ESTRELA NO CAMIÑO DO EMIGRANTE

1 Arquivo Parroquial das Pontes, Libro de bautismos, 1852-1860, tomo ix. Agradézolleao historiador e arquiveiro do Concello das Pontes, Manolo Souto, a súa amabilidade enproporcionarme a partida de bautismo de José María Rivera Corral e doutros membros dasúa familia.

2 Carmona Badía (1990).

Page 206: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

soa non puido soster a forza da presión demográfica e comezou a expulsarpoboación cara á emigración americana.Rivera foi un deses emigrantes que deixou atrás pais e irmáns na pro-

cura de fortuna e de mellores condicións de vida e que fuxiu tamén dasquintas. A familia houbo de hipotecar parte da súa facenda para poderpagar a viaxe. A comezos da década de 1870, o mozo José María embar-cou para A Habana. Fixera entón 14 anos, unha idade moi baixa, peroque coincide coa da maioría dos emigrantes galegos da época.3 Quen lleía dicir que a fortuna que procuraba na América se atopaba tan preto,apenas baixo o chan, alá na Vilavella!O primeiro destino de Rivera foi A Habana, pero o conflito entre o

goberno español e os patriotas cubanos e a posibilidade de que o quin-tasen para a guerra —á que logo se nomeou como Guerra dos Dez Anos(1868-1878)— levárono ao cabo de dous anos, entre 1874 e 1875, a unlugar próximo e pacífico, onde moitos emigrantes estaban a facer fortuna,Veracruz. Na cidade veracruzana acertou deseguida a estabelecer unhatenda de abarrotes que alcumou La Estrella de Oro.Desde entón, semellaque unha estrela guiara o seu camiño ata levalo de volta a Galicia. O solporcaribeño fixo que discorrera unha especie de refresco que acadou gransona entre as xentes da cidade portuaria. Era o primeiro encontro que JoséMaría tivera co que sería en adiante a grande actividade da súa vida em-presarial, o xeo e o frío industrial. Tamén é certo que nestes mesteres foiaxudado polo seu irmán pequeno Gaspar, que viñera de polisón á Ha-bana, e máis tarde, ao rematar a guerra de Cuba, a Veracruz na súa pro-cura. Gaspar chegou a emparentar co máis refinado da sociedade mexi-cana —casou cunha neta do xeneral insurrecto Ignacio Rayón, unhadas figuras sobranceiras, heroe da independencia do país—, e transfor-mouse primeiro en gandeiro e, máis adiante, co crecemento da capital az-teca, en afamado promotor inmobiliario e nun dos fundadores do CentroGalego de México. Corrían xa os aires da revolución de Villa e Zapata,nas primeiras décadas do século XX.4

206Empresarios de Galicia

3 Vázquez González (1999), vol. I, p. 426.4 A estancia en México dos irmáns Rivera pódese seguir polo miúdo en Cagiao (1995)

e, sobre todo, no espléndido traballo sobre a emigración galega a México, anterior á GuerraCivil, de Elixio Villaverde (2001), p. 317.

Page 207: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A estrela de Rivera levarao de volta a Galicia algo máis cedo, contra1890 ou 1891, aínda un home novo con algo máis de trinta anos. Asom-bran os acordos que tomou ao chegar á Coruña, onde se ía asentar de porvida: mercar a morada familiar no lugar do Chamoselo e un pequenocapital na parroquia da Vilavella —incluído un monte de 250 ferrados,que lles deu en foro aos seus paisanos— e casar coa filla do médico dasPontes. Estaba claro que, no seu caso, os pais perderan todos seus benscoa saída dos dous fillos cara a América. El precisaba recuperar o patri-monio familiar, pero tamén casar coa filla dun rico: era o prezo que tiñaque pagar o indiano que se gabara de tal, se quixese manter a considera-ción dos seus paisanos. E Rivera non só acadou ese respecto dos veciñosque consideraba indispensábel, como veremos decontado para os efectosde financiamento dos seus negocios futuros, senón que tamén atopou unsogro que sería o seu leal socio de por vida.Cal foi a actividade empresarial de Rivera no cambio de século? Algo

en aparencia moi sinxelo: mercar terreos edificábeis e casas na Coruña.Visto no curto prazo, a idea semella unha ocupación especulativa, un des-tino moi conservador para a prata mexicana que traía en abundancia. Maisse examinamos o tipo de compras que fixo, sorprende a visión de futuroe esa aposta polo progreso que, sen dúbida, aprendían os emigrantes enterras alleas e raramente na propia. Se marcamos con bandeiriñas no planoda cidade da Coruña os lugares mercados, observaremos que se produceunha concentración forte no medio portuario e nos arredores da estaciónde ferrocarril: as boas comunicacións e a área de expansión urbana máisdinámica. As principais compras neste eido foron unha casa de moradana rúa de Linares Rivas, e un fato de terreos edificábeis en áreas aínda senurbanizar do derradeiro ensanche coruñés, o que poucos anos despois se-rían os Catro Camiños, próximas ao eixe que marcan os peiraos de Fá-brica de Tabacos e Santa Lucía. Adquiriu tamén unha propiedade alcu-mada Los Manantiales, da actual Cubela ata o Montiño, que dispoñía deabundancia de auga, o input fundamental para as súas futuras industriasdo xeo, da cervexa e da explotación da auga. Certo é que tamén se afi-xo con inmóbeis noutros arredores —rúas de Rubine, Ferrol e Juana deVega—, pero foron só de carácter residencial para el e para os seus fillos.Esta actividade mercadora —que se estende entre 1895 e 1906— foi

alternada coa propiamente industrial. En 1898 vémolo da man dun pro-

207José María Rivera Corral

Page 208: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

motor inmobiliario como socio da razón social Irigoyen, Rivera y Cía.,unha fábrica de pasta e chocolate alcumada outra vez La Estrella de Oro,un recordo da calorosa Veracruz. O negocio durou pouco, ata 1900, epasaría desapercibido de non ser porque constituíu unha das aplicaciónsdo frío industrial, pois na feitura do chocolate e das pastas de sopa o fríoaceleraba a obtención do produto final.Un ano despois Rivera entrou a formar parte como socio dunha em-

presa de xeo e de cervexa, Casado, Hermanos y Cía., creada en 1900. Afabricación de xeo con destino aos vapores de pesca tiña a súa base noporto herculino e era a actividade principal da firma, pero esixía disporde máquinas custosas que, de se manteren paradas ao cesar a demanda,tiñan un custo de oportunidade moi alto. A solución foi a fabricación decervexa, que cubría os baleiros na feitura do xeo. Desde finais do séculoXIX, o célebre inventor francés Pasteur descubrira os segredos da fermen-tación do viño e a cervexa, cousa que permitiu principiar coas fermenta-cións a baixa temperatura para controlar os procesos de elaboración. E acomezos do século XX aparecen en todas as partes de Europa e Américapequenas empresas cervexeiras que adoptan as novas tecnoloxías do fríoindustrial. Pero na firma de Casado, Hermanos y Cía., o éxito estabaasegurado, pois coincidiu co pulo que estaba a experimentar a pesca dealtura nos primeiros anos de século, que demandaba xeo en abundanciaporque os bous—que eran navíos de vapor— tiñan un raio de acción máisamplo cós barcos tradicionais, o que significaba que acudían a sitios máisafastados e precisaban por este motivo de xeo en abundancia para a con-servación do peixe.5 A empresa dos irmáns Casado e Rivera comezou adistribuír a cervexa, unha bebida moi pouco demandada en Galicia, cunhacultura máis vencellada ao viño e aos seus derivados.6 Desa primeira an-

208Empresarios de Galicia

5 Sobre esta cuestión, véxase o libro de JesúsGiráldez Rivero (1996). Para un estudosobre as estratexias das empresas de xeo, véxase o traballo de Sinde Cantorna (2002).

6 A excepción constitúea a vila de Ferrol, onde os técnicos e traballadores británicos —os chonys da memoria popular— que traballaban nos estaleiros da Sociedad Española deConstrucción Naval lograron introducir na sociedade acomodada ferrolá a tradicióninglesa, que era fornecida polos produtos dunha fábrica do concello de Oleiros, TheCorunna Brewing Co., vinculada aos irmáns Guyatt que tamén tiñan intereses no portoherculino. Na actualidade está reconstruída, recuparada polo concello para actividades cul-turais e recibe o alcume de A Fábrica.

Page 209: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

daina da firma data a venda de cervexa coa marca La Estrella de Galicia—outra vez a boa estrela—, probabelmente unha insistencia de Rivera depensar nos dous precedentes, pero en todo caso propiedade da empresa.7A actividade pesqueira en Galicia, entre tanto, non facía máis que

medrar. Apareceron novos armadores e modernas empresas que dispo-ñían de máis bous para a pesca de altura.8 Iso estimulou a empresa dosCasado a construír unha fábrica nova que puidese aumentar a escala daprodución de xeo. E a solución ofreceuna Rivera co seu soar mercadohabía anos no novo ensanche coruñés, nas zonas do porto e da estacióndo ferrocarril. A fábrica, que principiou a construírse en 1906 e que nonse rematou ao completo ata 1910, chamouse xa La Estrella de Galicia.Pero os catro socios de Casado, Hermanos y Cía eran xa poucos para aco-meteren a ampliación, polo que en 1908 deron entrada no capital sociala novos socios, procedentes todos eles do medio portuario, polo que sefixo preciso crear unha nova firma na que José María aparece xa no pri-meiro plano, Rivera, Márquez y Casado, S. en C.Obsesionado polas posibilidades de negocio que ofrecía o porto coru-

ñés e pola pesca de altura, Rivera decidiu probar sorte como armadorpara o que se fixo cun bou —El Colón, de 150 toneladas de rexistrobruto—9 e pasou a formar parte da sociedade Luengo, Lamigueiro y Cía.,na que aparecían dous socios con probada experiencia no mar. Agora osseus intereses teñen un piar no negocio do mar e outro no fornecementode inputs para as empresas pesqueiras. Para acabar de pechar o círculo,observou outra necesidade dos vapores que non estaba ben cuberta. Tra-tábase do abastecemento de auga ao porto, mal xestionada polos irmánsGuyatt. Os bous e, en xeral, os barcos modernos, funcionaban con car-bón que quentaba a caldeira dunha sólida máquina de vapor instalada nobarco. Pero a caldeira da máquina precisaba de grandes cantidades deauga para transformar en vapor. Rivera mercara unha leira, veciña daestación do ferrocarril e próxima aos peiraos da Fábrica de Tabacos e de

209José María Rivera Corral

7 La Estrella de Galicia non foi rexistrada na Oficina de Patentes e Marcas do Ministe-rio de Fomento ata o ano 1910.

8 Véxase Sinde Cantorna (2002), p. 40 e ss.9 Sinde Cantorna (2002), p. 96.

Page 210: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

210Empresarios de Galicia

Fachada da primitiva fábrica nunha fotografía dos cincuenta

Page 211: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Santa Lucía, que dispoñía de auga en abundancia, como acredita o seunome Los Manantiales. Polo que en 1908 solicitou —e obtivo— doMinisterio de Fomento un permiso para situar un entubado soterrado,desde a fábrica aos peiraos, para colmar os seus buques-alxibe cos que for-necía os vapores que recalaban no porto. Pero Rivera aproveitou a Realorde que lle permitía construír a obra para instalar unha segunda canali-zación que absorbía a auga salobre do mar, cousa que precisaba paraabastecer os circuítos das máquinas de frío que fabricaban o xeo. Comose pode ver, tratábase dunha primitiva integración vertical, que tiña a súamatriz no xeo e que se estendía por unha banda á fabricación de cervexae, pola outra, á explotación da auga e, finalmente, ao negocio da pesca.A estratexia empresarial de Rivera pasou despois por forzar a retirada

dos irmáns Casado en 1910, cando rematou a construción da fábrica dexeo e de cervexa —polo que a sociedade pasou a chamarse Rivera, Már-quez y Cía.— e, finalmente, por mercarlles todo o negocio aos socios querestaban. En 1912, Rivera é xa o dono da totalidade da empresa. Parafinanciar a compra, acudiu basicamente a unha rede informal, confor-mada polo medio familiar —sogro, cuñados, irmáns e familiares na emi-gración mexicana—, amigos e, sobre todo, polos paisanos das Pontes, quexa vían nel un empresario sólido e solvente. Eran en moitos casos peque-nas cantidades que el remuneraba ao 5%, pero que xuntas permitiron enpouco máis de catro anos aboar as participacións que lles adquirira aosseus antigos socios.A I Guerra Mundial e a posguerra, no entanto, paralizaron nalgunha

medida os seus proxectos, pero sobre todo trocaron a xerarquía dos seusnegocios. Por efectos do enfrontamento, a pesca de altura quedou caseque paralizada e caeron as vendas de auga e xeo polo escaso movementoportuario. Pero ao tempo, a demanda de cervexa estábase a incrementarentre as clases medias coruñesa e ferrolá, como amosa ben a conta deresultados da súa empresa. Porén, a guerra acabou tamén por golpear onegocio cervexeiro porque paralizou as importacións de tecnoloxía e,sobre todo, dun input fundamental que era o lúpulo, responsábel dosabor e da conservación da bebida. Rivera non se engurrou, faltaba máis,e chegou a impulsar neste sentido a primeira produción de lúpulo que serealizou no territorio español para o que contou coa axuda da GranxaAgrícola-Experimental da Coruña, que anos antes fixera xa algunhas

211José María Rivera Corral

Page 212: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

experiencias e mesmo chegou a fornecer durante a guerra as fábricasespañolas.10 Por esa razón, Rivera acabou por apostar pola cervexa comonegocio matriz e mantivo como subalternos os do xeo e os da auga; destexeito, liquidou os seus intereses relacionados directamente coa mar.Neste sentido pasou a formar parte en 1914 do accionariado de referen-cia da Unión Coruñesa —despois Unión Industrial—, que fabricababebidas gasosas. E en 1917 témolo tamén como socio da firma coruñesaCafés y Bars, S.L. Naquel tempo, a cervexa non tiña a calidade da actualpolo que se adoitaba mesturar coa gasosa para facela de gusto máisamante. Ademais, en 1916 fundou con José Jaspe Dans e coa Cía. Frigo-rífica o alcumado cártel do xeo, que controlaba o mercado do porto coru-ñés, e en 1917 escriturou con outros socios Aguadas del Puerto, para asubministración formal de auga aos vapores, que precisaba de maioresinvestimentos. Pero máis relevante foi o proceso, que acometeu a partirde 1920 —cando o seu fillo Ramón rematou os estudos superiores demestre cervexeiro na Escola Superior de Nancy—, de creación dunhanova fábrica ao costado da vella e a introdución das tecnoloxías máismodernas para a fabricación da cervexa, importadas de terras de Alemañae Suíza, que fixeron subir dunha maneira relevante a produción e osbeneficios. A súa obra empresarial rematou coa construción dun estabe-lecemento de venda directa ao público consumidor, veciño da propiafábrica e que aínda se mantén, dotado incluso de ambigú, e finalmentecoa instalación dun depósito en Ferrol. A modernización da empresa acomezos dos anos 20 foi fundamental porque lle permitiu acollerse aosbeneficios da repartición do mercado que estabeleceu o cártel cervexeirocreado en España en 1922, cousa que non puideron facer as empresasartesanais e de pequena dimensión. Pero xa neses anos Rivera descargaragran parte do negocio no seu fillo Ramón, que sería quen acertara a man-ter a empresa durante os difíciles tempos do franquismo. Se resumimos en termos máis xerais a estratexia de crecemento em-

presarial de José María Rivera, atopámonos cunhas orixes que estaban naprodución do xeo (Casado, Hermanos y Cía.). Tratábase dunha conxun-tura, ao comezar o século, na que aumentaran as actividades extractivas

212Empresarios de Galicia

10 Véxase Fernández Prieto (1988), p. 76.

Page 213: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

213José María Rivera Corral

da frota coruñesa coa incorporación dos bous e das parellas.Os novos va-pores dispoñían dun raio de acción e dunha autonomía superiores, poloque requirían un consumo de xeo en cantidades maiores para a conser-vación do peixe ata súa chegada ao porto e, desde alí, aos mercados ma-drileños. Pero o consumo de xeo experimentaba flutuacións importantes,de modo que nas épocas de redución da actividade pesqueira tivo que des-tinarse o produto á fabricación de cervexa. Temos así que en 1906, e mesmoantes en cantidades moderadas, comezou a fabricarse cervexa para reco-ller as sinerxías do xeo. Tratábase, xa que logo, da primeira integraciónvertical informal dunha actividade derivada dentro da mesma empresa.Resulta, con todo, unha integración moi atípica. Non é que Rivera preci-sase dun input que demandaba doutra firma e que precisase integrala nasúa para abaratar custos. Resultaba máis ben un fenómeno inverso, queobrigaba a organizar unha nova actividade para comercializar un input,o xeo, cuxa ociosidade mantería un elevado custo de oportunidade. A op-

ción que se lle presentaba a Rivera dábaseentre manter inactiva a fábrica en tempadasque non ían os buques ao mar ou darllesaída á produción de frío industrial a travésdunha nova actividade, a fabricación de cer-vexa. A resposta estivo na creación de Ri-vera, Márquez y Casado, para a que se co-mezou a construír en 1906 a fábrica de xeoe cervexa. Pero resulta aínda interesantecomprobar como, ou ben por que non dis-poñía de recursos abundantes, ou porquenon quería asumir un risco excesivo, tivoque compartir con outros socios a súa deci-sión. Primeiro, como vimos, cos irmáns Ca-sado. Despois, con Antonio Márquez e conoutros seis armadores de vapores de pesca.Pero fíxoo sempre con participacións en pro-duto, raramente en diñeiro. Na escrituranotarial de Rivera, Márquez y Casado, con-corre unicamente co terreo edificábel da fá-brica, que construíron os seus socios coas

Logo primitivo da Estrella.

Oficina de Patentes yMarcas, Madrid

Page 214: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

súas participacións. En 1910, a empresa de xeo e cervexa que adminis-traba Rivera comprou a participación dos irmáns Casado e en 1912 Ri-vera fixo o propio con Márquez e co resto de armadores. Ao final, resultouunha estratexia de éxito e executada con mínimos riscos. Aínda en 1916promoveu un novo negocio de xeo cos seus competidores Antonio JaspeDans e La Compañía Frigorífica, creando o cartel coruñés do frío, que es-tendeu a súa existencia polo menos ata a Guerra Civil. Rivera adoptouaquí unha estratexia de crecemento horizontal, pero fíxoo tamén de ma-neira heterodoxa, estimulando mecanismos empresariais de cooperacióne non de competencia cousa que, por outra parte, parecía ser o máis acos-tumado no sector.11 Consérvanse os libros de contabilidade do cartel,no que dunha maneira regular as tres sociedades que o conformaban serepartían o mercado do xeo entre 1916 e 1931. Calculaban a factura-ción anual de cada empresa e distribuían proporcionalmente os ingresosá facturación de cadaquén.Pero en paralelo co anterior, entrou tamén nunha sociedade de arma-

dores (Luengo, Lamigueiro y Cía., 1907) como socio principal, sen inte-grala na súa, para asegurarlle a saída comercial ao seu xeo. Os seus novossocios non eran uns descoñecidos no mundo dos armadores de buques dealtura. Luís Lamigueiro estabelecera unha empresa pesqueira en 1905(Nicolás del Río y Cía.) con outros socios.12 Foi cando formou socie-dade con Rivera e Luengo, pero en 1917 crearía Pescaderías Coruñesas,sen dúbida a maior do seu ramo nos anos 20.13 Pola súa parte, Tomás PérezLuengo constituíra con outro socio a empresa Nieto y Pérez (1905), de-dicada tamén á pesca de bou, pero un ano máis tarde transferiulla aoseu colega e incorporouse á de Rivera. Polo que respecta a Antonio Már-quez, creara a máis antiga das sociedades pesqueiras modernas na Coruña,Molina y Márquez (1904), a primeira en dispoñer dun bou, adquiridoen estaleiros británicos. Luís Lamigueiro, Antonio Márquez e Pérez Luengo

214Empresarios de Galicia

11 Os produtores de xeo de Barcelona, que o eran tamén de cervexa, estaban integra-dos de maneira informal na sociedade Hielo, S.A., fixando prezos e estabelecendo quendasde produción. Véxase Cabana (2003), p. 111.

12 Íbidem, p. 31.13 Giráldez (1996).

Page 215: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

coincidiran tamén en 1906 na Cooperativa de vapores, que representabaos intereses de seis empresas pesqueiras e doutros armadores individuais,entre os que figuraban Juan Rivera Corral,14 posíbel parente de José María,e Enrique Guyatt, un dos socios de Hijos de Guyatt, o seu competidor noxeo, na auga e na cervexa.

A terceira actividade integrada vertical-mente de Rivera foi a auga. Aquí actuoucomo único empresario, sen socios xa queos custos de fornecemento de augas aos bu-ques do porto eran mínimos. Tras o seu pe-riplo americano, comprara a leira Los Ma-nantiales, próxima ao porto e rica como oseu alcume indica en auga, seguramente abo prezo polo seu escaso valor agrario. Aconstrución das conducións soterradas deauga desde a leira ao porto a través da fá-brica foi moi pouco custosa. Uns centos demetros de entubado de ferro e algún motoreléctrico. Rivera viuse na obriga de facelopara poder dispoñer de auga doce e de ca-lidade para a fabricación de cervexa e deauga do mar para a produción de frío indus-trial para vendérllelo aos pesqueiros. Por iso,a nova actividade integrada creouse concustos moi baixos, en especial porque nonprecisaba comprar, como o seu competidorGuyatt, o input a Aguas de la Coruña.

Rivera explotou a fondo o negocio da auga ata 1934. Os ingresos poreste capítulo nunca foron moi brillantes pero quedaron compensadoscon custos baixos. Con todo, pensou en aumentar a escala da empresa e,

215José María Rivera Corral

A produción de cervexa en Galicia, 1920-1935 (hectolitros)

Ano La Estrella La Barxa Galicia España % Gal/Esp

1920 1.283 — 1.283 302.540 0,42

1921 1.931 — 1.931 348.500 0,50

1922 2.520 — 2.520 348.550 0,72

1923 4.440 — 4.440 419.420 1,05

1924 5.740 9.621 15.361 437.850 3,50

1925 5.820 9.755 15.575 441.550 3,52

1926 5.893 9.877 15.770 615.660 2,56

1927 5.966 10.396 16.362 601.030 2,72

1928 5.680 9.520 15.200 602.990 2,52

1929 5.804 9.728 15.532 743.940 2,08

1930 6.338 10.623 16.961 794.270 2,13

1931 6.799 11.396 18.195 858.540 2,11

1932 7.207 12.080 19.287 719.210 2,68

1933 9.510 15.940 25.450 745.440 3,41

1934 8.250 13.828 22.078 762.860 2,891935 9.150 15.337 24.487 792.850 3,08

Fontes: Para La Estrella, Fondo Hijos de Rivera, Libros Mayores, 1912-1936; para La Barxa, estimación propia sobre cota de mercado da Asociación de Fabricantes deCerveza de España; para Galicia, elaboración propia a partir da suma da producióndas dúas fábricas; para o conxunto de España, José L. García Ruíz (1999), pp. 241-242, sobre datos da Asociación de Fabricantes de Cerveza de España.

14 Sinde Cantorna (2002), p. 54. En 1906, durante a folga portuaria, Juan Riverasufriu un atentado do que saíron salvos el, a súa muller e un fillo de sete anos. Véxase polomiúdo en La Voz de Galicia do domingo 2 de setembro de 1906. Brey (1989), vol. 2, p. 635tamén deixa constancia deste acontecemento.

Page 216: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

como no pasado, en diversificar o risco negociando con outros socios aconstitución de Aguadas del Puerto, S.L. en 1930, entidade que se man-tivo ata os anos 50.15A súa morte aconteceu días antes do estouro da Guerra Civil Espa-

ñola, en xuño de 1936. Un mal de estómago acabou coa súa vida candotiña 80 anos. Desaparecía o empresario feito na emigración e desapare-cía tamén unha época na que despois nada volvería ser igual. Rivera col-mara a súa obra. Os datos do cadro revélannos sobradamente o quecrecera a actividade de La Estrella tras a súa modernización tecnolóxica,tanto en termos de mercado, coma nos de contribución á produción cer-vexeira de Galicia.

216Empresarios de Galicia

15 Sinde Cantorna (2002), p. 84.

Page 217: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

BibliografíaBaron, S. W. (1972): Brewed in America: a

history of beer and ale in the United Sta-tes, New York, Arno Press.

Brey, G. (1989): Économie et mouvementsyndical en Galice (1840-1911), thèse deDoctorat d’Etat, Université de Pau et desPays de l’Adour, 3 vols.

Carmona Badía, J. (1990): El atraso indus-trial de Galicia, 1750-1900, Barcelona,Ariel.

Cabana, F. (2001): S.A. Damm, maestros cerveceros desde 1876, Barcelona, S.A.Damm, 2001.

Cagiao Vila, P. (1995): «La Riverada o laconmemoración familiar de una emigra-ción a México. Una propuesta de estudiocualitativo», Revista de Dialectología yTradiciones Populares, tomo L-2, p. 119.

Fernández Prieto, L. (1988): A granxaAgrícola-Experimental da Coruña, 1888-1928. Contribución ao estudio da reno-vación técnica da agricultura galega,Santiago, Consellaría da Presidencia daXunta de Galicia.

García Ruiz, J. L., e C. Laguna Roldán(1999): Cervezas Mahou, 1890-1998.Un siglo de tradición e innovación, Ma-drid, Lid.

217José María Rivera Corral

Giráldez Rivero, J. (1996): Crecimiento ytransformación de la pesca en Galicia,1880-1936, Madrid, Ministerio de Agri-cultura, Pesca y Alimentación.

Mathias, P. (1993): The brewing industry inEngland 1700-1830, Aldershot, GreggRevivals.

Nelson, M. (2005): The barbarian’s beve-rage: a history of beer in ancient Europe,New York-London, Rouledge.

Rodríguez Galdo, M. X. (2004): Galegosen México. Pasado e presente, Santiago,Xunta de Galicia.

Sinde Cantorna, A. I. (2002): Estrategiasde crecimento y formas de integración enla empresa pesquera gallega: 1900-1960,Madrid, Fundación Empresa Pública.

Vázquez González, A. (1999): La emigra-ción gallega a América, 1830-1930, enTeses de doutoramento 2000, Santiago,Servizo de Publicacións da USC (edi-ción CD), 2 vols.

Villaverde, E. (2001): Pioneiros na correntedo Golfo. A primeira emigración galegaa México (1837-1936), Vigo, Xerais.

Page 218: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

DIONISIO TEJERO PÉREZ1856-1941

Page 219: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Galicia estivo no vagón de cola da reducida industrialización espa-ñola do século XIX. Só no último cuarto do século XIX asistimos ao queCarmona (2001: 23) denominou «unha pequena revolución industrial»ligada á transformación do peixe. O limitado avance económico estivoconcentrado no complexo marítimo-conserveiro, o nacemento do sectoreléctrico, varios servizos relacionados co desenvolvemento urbano e coaminaría. Así mesmo, a intensificación do tráfico comercial de pasaxeirose de mercancías, sobre todo de gando, peixe e conservas, creou importan-tes fontes de acumulación de capital. O liderado do impulso emprende-dor do cambio de século foi asumido na súa maior parte por unha novaxeración burguesa, herdeira en gran medida daqueles empresarios forá-neos que desde finais do século XVIII se asentaran na rexión.1 O fluxo deimportación de empresarios foi menor na segunda metade do Oitocen-tos. No entanto, seguiron acudindo a Galicia capitáns de empresa proce-dentes doutras rexións españolas ou do estranxeiro.Precisamente, Dionisio Tejero Pérez (1856-1941) foi un dos princi-

pais representantes destes capitáns no mencionado brote da fin de sé-

Elvira Lindoso TatoProfesora da Universidade de A Coruña

UN CASTELÁN DE GALICIA

1 Lindoso (2005), p. 277.

Page 220: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

culo. Este castelán, natural de Herrín de Campos (Valladolid), foi undos exemplos de máis éxito de empresarios foráneos que fixeron a súafortuna en Galicia onde se estabeleceu permanentemente. Desenvol-veu a súa vida empresarial na Coruña desde o último cuarto do séculoXIX ata pouco despois da Guerra Civil Española. O cumprimento doservizo militar trouxo a este vallisoletano á Coruña en 1876 onde se in-troduciu no círculo de castelán-leoneses instalado na capital. Os primei-ros pasos empresariais de Dioniso estiveron ligados a dous homes de ne-gocios relevantes na capital herculina: Wenceslao Pérez González e JoséLópez Trigo. Os vínculos familiares foron decisivos para explicar a súa satisfactoria

entrada na cidade. Cando acababa de chegar, instalouse na casa da súairmá, Evarista Tejero Pérez, casada cun dos irmáns González Alegre,comerciantes por xunto e consignatarios do porto herculino.2 Á súa vez,os irmáns Tejero eran sobriños de Wenceslao Pérez González, outro va-llisoletano estabelecido na cidade e con estreitas relacións co seu taménpaisano José López Trigo e coa familia González Alegre, cos que empa-rentara por matrimonio e mantiña estreitas relacións empresariais.3 Así, asociedade comanditaria González Alegre y Cía., agrupou os intereses deWenceslao cos dos irmáns Ramón e Bernardino González Alegre, AntonioBarreiro Sánchez e coa casa catalá Nieto García y Riva.4 Esa compañíadedicouse á comercialización de xéneros, especialmente téxtiles para osque se valía da citada firma catalá, ao despacho de comisións e ás consig-nacións.5 Así mesmo, tamén participou na fábrica de arames de ferro e

220Empresarios de Galicia

2 Fernández (1987), p. 16. Os irmáns González Alegre, Ramón, Bernardino, Valentíne Julián, eran oriúndos de León, os dous primeiros, e de Cuenca de Campos (Valladolid) osdous últimos, AHPC, Manuel Devesa y Gago, atado 10135 (1886), Francisco Ramos Váz-quez, atado 9842 (1872).

3 Wenceslao era cuñado de Ramón González Alegre, AHPC, Manuel de la Rosa, atado9985 (1878), ff. 904 e ss.

4 Ao falecer Wenceslao, a súa sobriña Evarista Tejero Pérez representou os dereitos e asobrigas do defunto como única herdeira, AHPC, Francisco Ramos Vázquez, atado 9866(1881), ff. 251 e ss.

5 Nieto García y Riva (1877) foi o resultado da asociación entre o leonés José NietoOzores e a casa Simeón de Santiago e actuaba como distribuidora dos tecidos comprados ásfábricas catalás en Galicia, véxase Lindoso (2005), p. 269.

Page 221: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

puntas de París de Santo Antolín de Toques (A Coruña).6 O seu raio deacción estendeuse a outros puntos da provincia e estableceu casas enFerrol e Betanzos.Wenceslao desenvolveu tamén unha asociación con José López

Trigo desde mediados do oitocentos cando, en 1855, fundaron xunto conVentura Requejo Escobar a sociedade Requejo López y Pérez.7 Inicial-mente dedicáronse ao comercio de froitos estranxeiros e nacionais, peroese mesmo ano formaron unha sociedade en comandita con Comá,Ciuró y Clavell de Barcelona, unha das casas de comisión máis relevan-tes da cidade condal e que estendía as súas redes por diversos puntos doterritorio español mediante a formación de sociedades comanditarias concomerciantes locais.8 Deste xeito, transformáronse en distribuidores dostecidos cataláns que lles subministraba a empresa catalá.9 Nos seguintesanos, Requejo López y Pérez incrementou a súa penetración no mercadogalego ao asociarse á súa vez con comerciantes de varias localidades.Genaro Stoll, Espinosa Torres y Cía., Ramón Vázquez Garza y Cía., eCasimiro Tettamancy y Cía. foron o resultado desa estratexia de expan-sión en Ferrol, Pontevedra e mesmo na Coruña.10 A casa matriz foi reno-vada sucesivamente ata 1875, cando Wenceslao Pérez e José López Trigodisolveron a compañía e estabeleceron outra dedicada ás comisións e aocomercio de xéneros estranxeiros e nacionais con casas na Coruña e enVigo.11 O ámbito inicial das súas operacións estivo reducido ao comerciopero máis adiante asociáronse cos irmáns González Alegre e a travésdeles crearon vínculos coa citada fábrica de arames.

221Dionisio Tejero Pérez

6 AHPC, Manuel Devesa e Gago, atado 10126 (1884).7 ARG, Registro de Escrituras Públicas de Comercio, núm. 215.8 Prat (2005).9 Lindoso (1999), p. 122 e ss.10 Por exemplo, Genaro Stoll subministráballes xéneros ao Arsenal e ao Hospital mili-

tar, entre outros, AHPC, Ruperto Suárez, atado 9720 (1868), ff. 485 e ss. e atado 9734(1872), Francisco Chaves e Alcalde, atado 8801 (1860), ff. 549 e ss. e ARG, Registro deEscrituras Públicas de Comercio, núm. 330.

11 AHPC, Manuel de la Rosa, atado 9973 (1875).

Page 222: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 223: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

José López Trigo levou tamén unha vida empresarial moi activa.12Xunto ao seu irmán Vicente,13 un comerciante-banqueiro de Lugo cha-mado Lorenzo Pérez Robredo e a mencionada casa barcelonesa ComáCiuró y Clavell constituíron Pérez López y Cía. en 1876.14 Esta socie-dade ocupábase do comercio exterior e interior por xunto e da consigna-ción de buques con casas tanto na Coruña coma en Vigo. Taménformaron compañía con Pablo Meyer baixo a razón social López y Meyerpara a consignación de vapores alemáns.15 Así mesmo, Pérez López y Cíainvestiu en minaría a través da sociedade mineira e metalúrxica La Cons-tancia (1894), encargada de explotar varias minas de ferro, cinc, chumboe outros metais en Lugo e León.16 A sociedade dedicouse á explotacióne á preparación dos minerais, á compravenda destes, á súa conversión enmetal e a todos os negocios concernentes ao ramo de minaría.17Os irmáns López Trigo, xunto con Comá, Clivilles y Clavell, suce-

sora da anterior firma catalá, incorporáronse a dúas industrias notábeis.Por un lado, a construción naval de Vila y Cía. e por outro lado, a fabri-cación de tecidos en La Galicia Industrial.18 A primeira constituíuse en1890 para dedicarse á construción naval privada e aos encargos daArmada nacional así como a toda clase de construcións metálicas ou mix-tas, aínda que non fosen navais, cun capital de 378.000 pesetas.

223Dionisio Tejero Pérez

12 Foi o primeiro presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación daCoruña, cargo no que se mantivo ata o 15 de xaneiro de 1899. Tamén presidiu a Junta deObras del Puerto da Coruña e a sociedade anónima Lazareto de Oza, concedido á cidadeherculina grazas ás súas xestións, véxase Fernández (1987), p. 11. Xunto a Linares Rivas ePérez Costales elaborou un proxecto de fabricación de aceiro Siemens, que non chegou abo termo, que pretendía impulsar a fabricación de lata necesaria para a elaboración dasconservas, véxase Carmona e Nadal (2005: 150-151).

13 Falecido en 1899, RM, núm. 153, libro 9º.14 AHPC, Manuel de la Rosa, atado 9978 (1876).15 Disólvese en 1901, véxase Lindoso (1999), p. 123.16 Lindoso (1999), pp. 122-123.17 La Constancia destacaba pola presenza do capital comercial e financeiro coruñés:

Vicente López Trigo, José Manuel Martínez Pérez, Dionisio Tejero Pérez e Faustino Oran-tes Magallón. Este último era o que posuía maior experiencia no sector mineiro, RM núm.121, libro 7º. Segundo a condición 8ª desta sociedade os comparecentes recoñecéronlle aDionisio Tejero un 2% das utilidades líquidas polos servizos extraordinarios prestados,AHPC, Manuel Cortés, atado 10239 (1894).

18 RM, núm. 66, libro 5º e AHPC, José Asensio Centeno, atado 10048 (1880).

Postal coruñesa dos anos trinta coa oficina do

Anglo-South American Banken primeiro plano e a sede

central do Banco de LaCoruña en segundo. Arquivo

Municipal da Coruña

Page 224: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

En cambio, a finalidade de La Galicia Industrial foi a fabricación defiados e tecidos de algodón. Esta empresa instalouse nos terreos da antigafábrica de cobraría de Xubia (Ferrol) e xunto a La Primera Coruñesa eHilados y Tejidos de Vilasantar representou o máis nutrido do exiguo sectortéxtil galego, dedicado á venda de tecidos de algodón de calidade inferiorno mercado galego e nas provincias castelás máis próximas. A compañíaBarcón y Foch, fundada polo comerciante ferrolán Francisco Barcón Que-vedo e polo francés Eugenio Foch Abadie en 1876, foi o xerme de variassociedades que se estabeleceron sobre a fábrica e acrecentaron o seu valor.Nunha ampliación posterior, Foch desligouse da compañía mentres quese integraron Tomás Cobos e Pérez López y Cía., estes dous últimos cocarácter de comanditarios e gozando da maior parte dos beneficios. PérezLópez y Cía. encargouse de distribuír parte da produción da fábrica através dun depósito estabelecido na Coruña polo que percibían unha co-misión do 3%. En 1881 incorporouse ao obxecto social a fabricación defariñas, cobraría e latón. Porén, esta iniciativa non debeu de dar bo resul-tado, pois nas renovacións sucesivas a fabricación de tecidos volveu ser oobxecto principal da firma. A sociedade finalmente disolveuse en 1894,aínda que isto non significou a fin da compañía. O fundador da GaliciaIndustrial, Francisco Barcón Quevedo, e o seu fillo, Ubaldo Barcón San-dino formaron unha nova sociedade en 1912, cuxos capitais procedían engran medida da antiga fábrica de Barcón y Cía.19Este foi o marco empresarial no que se introduciu Dionisio Tejero

unha vez feito o servizo militar. Dionisio integrouse no sector mercantilcoruñés da man do seu tío Wenceslao Pérez González e de José LópezTrigo, en cuxa casa entrou a traballar como contábel en 1879.20 A com-pañía deste último experimentou diversas renovacións e variacións na súarazón social de tal xeito que en 1896 recibiu o nome de Tejero Pérez yGil. O seu obxecto social reunía os que foron os principais intereses deDionisio Tejero como membro desta compañía: a compravenda de teci-dos nacionais e estranxeiros, carbóns e outros artigos de lícito comercio,así coma as contratas deses xéneros, a construción naval, a fabricación de

224Empresarios de Galicia

19 Lindoso (2005), pp. 230-231.20 Fernández (1987), p. 16.

Page 225: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tecidos, as comisións, as consignacións e o despacho de vapores cun capi-tal de 600.000 pesetas.21 A banca tamén se fixo un oco nos negocios deDionisio dado que os patrocinadores deste, Wenceslao Pérez e JoséLópez, foron destacados comerciantes-banqueiros e mesmo pertenceroná dirección da sociedade financeira Crédito Gallego.22A independencia de Dionisio tivo lugar en 1905 cando se afastou de

Tejero Pérez y Gil. Esta sociedade foi declarada en liquidación coa sepa-ración dos socios Gil e Pérez e nomearon xerente a Dionisio Tejero.23 Asociedade comanditaria Teodoro Martínez y Cía. (1905), participada porComá, Clivilles y Clavell, sucedeu a Tejero Pérez y Gil nos negocios decompravenda de tecidos, mercería e paquetaría.24 Respecto á construciónnaval, a compañía catalá foi tamén a herdeira.25Unha vez liquidada a sociedade que serviu de catapulta para o em-

prendedor Dionisio, este estabeleceuse pola súa conta despregando unamplo abano de investimentos que prorrogaban en gran medida a liña deinvestimento desenvolvida mentres traballou para a casa de José LópezTrigo, aínda que incorporando algunha das novas tendencias do primeiroterzo do século XX. Desempeñou o papel de comerciante que remite e re-cibe xéneros, froitos ou efectos, exerceu de almacenista de carbón e salcomún e como axente de aduanas e de seguros co Banco Vitalicio de Es-paña e con outras compañías nacionais e estranxeiras.26 Estabeleceusecomo consignatario de buques e empresa estibadora no porto herculinoe creou na primeira década do século XX a Línea Regular de Vapores Te-jero, cos buques Rabat, Hernani, Cantabria e Galicia, dedicada á cabo-

225Dionisio Tejero Pérez

21 RM, núm, 153, libro 9º e BOPC (1903).22 Dionisio Tejero foi tamén socio protector da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de

La Coruña cando esta se independizou do Crédito Gallego en 1905, véxase Maixé, Vilar eLindoso (2003), p. 69.

23 A separación definitiva tivo lugar en 1909, RM, núm. 153, libro 9º.24 RM, libro 14º, f. 39. Teodoro Martínez y Cía. foi unha das principais empresas dedi-

cadas á comercialización de tecidos na provincia da Coruña entre 1890 e 1913, véxase Lin-doso (2005), p. 267.

25 Vila y Cía. estivo sometida aos vaivéns da sociedade xestora (Tejero Pérez y Gil e as súasantecesoras) ata que esta se liquidou en 1904. Ao rematar a liquidación Comá, Clivilles y Cla-vell convertéronse en donos absolutos dos bens de Tejero Pérez y Cía., RM, libro 14º, f. 103.

26 González Catoyra (1990), pp. 653-654 e BOPC (1913).

Page 226: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

taxe entre os portos do Cantábrico e ao comercio con Francia e Portugal.27O nome de Dionisio Tejero Pérez tamén se asociou ao daqueles indivi-duos que canalizaron parte das remesas americanas procedentes da emi-gración.28 A consignación de buques que compatibilizou coa actividadefinanceira colocábao nunha posición privilexiada para acceder aos xirosamericanos, á súa recepción e á súa distribución.29 Así mesmo, formou unha sociedade colectiva no porto da Coruña

dedicada á pesca de altura baixo a razón social de Tejero Mariñas y Cía.(1905) que complementaba coa súa dedicación á conserva de peixe enLa Iniciadora (1906), onde exercía como presidente do Consello deAdministración.30 Esta sociedade anónima formouse cun capital de240.000 pesetas dividido en 240 accións de mil pesetas cada unha, aíndaque o capital desembolsado no momento da constitución foi só do 15%.A fundación de La Iniciadora foi indicativa dos progresos realizados nosector pesqueiro galego a comezos do século XX. O motivo fundacionalresumíao deste xeito:

O desenvolvemento crecente da industria pesqueira neste porto,inclinounos a pensar na conveniencia de estabelecer unha sociedade queteña por obxecto a fabricación de conservas salgadas e escabeches de pei-xes, polo cal decidiron darlle á sociedade a forma anónima.31

Os produtos de Tejero Mariñas y Cía. (1905) eran distribuídos porJuan C. Presas y Cía. (1907), unha sociedade comanditaria domiciliadaen Madrid, que cun capital de 10.000 pesetas, vendía na capital da na-ción peixe en fresco, salgaduras e conservas de peixes (figura 1).32 A com-

226Empresarios de Galicia

27 Fernández (1987) e Alonso (1984).28 Outros exemplos significativos foron os de Narciso Obanza ou os irmáns Pastor e os

seus sucesores que reunían a condición de banqueiros privados e consignatarios no portoherculino, véxase Lindoso (2005: 286-290).

29 Comerciantes-banqueiros, capitáns, armadores e emigrantes retornados actuaroncomo pontes neste fluxo de fondos entre América e Galicia ata mediados do xix. As primei-ras redes organizadas de correspondentes bancarios das que se ten constancia xurdiron apartir dos anos sesenta, véxase Vázquez González (2000), p. 900.

30 RM, núm. 346 e 369, libro 14º, ff. 68 e ss e 190 e ss.31 RM, núm. 369, libro 14º, ff. 190 e ss.32 Os seus socios foron Juan Carreras Presas Mariñas, o madrileño José García García

e as dúas sociedades coruñesas, Tejero Mariñas y Cía. e Pesquería Gallega, RM, núm. 346,libro 14º, ff. 68 e ss.

Page 227: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

227Dionisio Tejero Pérez

La Iniciadora (1906)Conservas

Leonardo Rodríguez DíazPresidente

Pesquería Gallega (1906)

La Constancia (1894)Minaría e metalurxia

La Iniciadora (1906)Conservas

Crédito Gallego (1875)Banca

Banco de La Coruña (1917)Banca

Comercio

Consignación de buques

J. Taracido y Cia (1874)Comercio nacional, colonial e exterior

Presas y Cia (1882)Pesca e salgadura

Comercio nacional, colonial e exterior

Durán y Presas (1896)Fábrica de tecidos de punto

López Presas y Gomer (1901)Fábrica de tecidos de punto

Dionisio Tejero PérezXerente

Tejero Mariñas y Cía. (1905)

Juan C. Presas y Cía. (1907)

José García García

Juan Carreras Presas Mariñas

As redes empresariais de Dionisio Tejero Pérez

Fonte: AHPC, RM e ARG, Registro de Escrituras Públicas de Comercio.

Page 228: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

pañía actuaba tamén como distribuidora dos produtos da anónima Pes-quería Gallega (1906).33 Ambas as empresas achegaron o capital desta co-mercializadora ao completo. As dúas compañías pesqueiras, as maiores daprovincia coruñesa, confiáronlle a Juan Carreras Presas a dirección deJuan C. Presas y Cía. A experiencia do xerente na pesca, na salgadura eno comercio avalaron a súa inclusión na firma. Ademais pertencía a unhadas máis tradicionais familias de fomentadores de pesca e salgadura da ci-dade herculina, os Presas.34 Pesca, conserva e banca converxían así nestegrupo empresarial. No entanto, Tejero Mariñas y Cía. non tivo moito éxito,dado que en 1910 se procedeu á súa liquidación ao perder máis da ter-ceira parte do capital, mentres que os seus socios, entre eles DionisioTejero, continuaron compaxinando a súa actividade no sector con outrosnegocios.35Contra o final da Primeira Guerra Mundial, Dionisio Tejero enrique-

ceu o seu currículo empresarial coa creación da sociedade anónimaBanco de La Coruña (1917), da que foi o seu principal promotor.36 Tras

228Empresarios de Galicia

33 A Pesquería Gallega constituíuse cun capital superior á media, 230.000 pesetas.Debía dedicarse á explotación da pesca e dos seus derivados e a todas as operacións mercan-tís, industriais e financeiras que fosen anexas a estas. Estaba vinculada á casa de banca docoruñés Narciso Obanza que recibía as cantidades subscritas polos accionistas. LeonardoRodríguez Díaz foi o presidente da Pesquería Gallega e socio ademais de La Iniciadora. Oconsello de administración era maioritariamente coruñés, dominado sobre todo polosirmáns Rodríguez Díaz e polos seus respectivos cónxuxes. No mesmo ano da súa constitu-ción ampliaron capital en máis da metade do inicial para adquirir un buque pesqueiro.Porén, tres anos despois deberon reducir o capital debido á amortización de accións e disol-veuse en 1917, RM, núm. 357, libro 14º, ff. 123 e ss.

34 Fillo do coñecido fomentador José Presas e da súa segunda esposa Angela Mariñasintroduciuse en 1879 como socio de J. Taracido y Cía., aínda que levaba anos traballandocomo dependente nesta, véxase Lindoso (2005), pp. 225-226.

35 Disolveuse legalmente en 1912, RM, núm. 357, libro 14º, ff. 123 e ss. Outros sociosdesta foron Benito Mariñas García, Santiago Alonso Paz e Gabriel Arambillet Aizpurua.Este último, un fabricante coruñés, achegaba o maior capital xunto con Benito Mari-ñas. Este foi socio de La Iniciadora, Fernando Sastre y Cía. (1894) e García y Cía. (1907)vinculadas a actividades pesqueiras e ao comercio nacional e exterior. Gabriel, por outrolado, iniciou a súa carreira na fábrica de mistos do seu cuñado Enrique Zaragüeta, RM,núm. 129, libro 7º, ff. 99 e ss., núm. 378, libro 15º, ff. 107 e ss. Á súa morte constituíu socie-dade coa súa irmá e integrouse máis adiante en La Iniciadora e en Segundo Adánez y Cía.(1900) dedicada ao comercio de tecidos polo miúdo, RM, núm. 369, libro 14º, ff. 190 e ss.,núm. 243, libro 12º, ff. 165 e ss.

36 Alonso (1984).

Page 229: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a desaparición do Crédito Gallego en 1905, a provincia coruñesa quedaraorfa de institucións financeiras propias, exceptuando as caixas de aforro.O mercado financeiro estaba dominado polas casas de banca privadas,pola banca oficial e pola banca extrarrexional estabelecidas nela. A pro-posta de creación do segundo banco coruñés baseouse nun ditame pre-vio preparado por Dionisio Tejero que lle presentou ao alcalde coruñés,Manuel Casás Fernández, o cal ofreceu o seu apoio.37 Este impulsou acreación da Agrupación Popular Coruñesa entre cuxas aspiracións estabaa fundación dun banco coruñés. A través deste organismo, o proxectorecibiu o apoio dalgúns dos máis relevantes banqueiros da cidade talescomo os Pastor, os Rubine e o propio Tejero.38 A nova sociedade preten-día promover aquelas actuacións beneficiosas para o progreso da cidade:obras de saneamento e urbanización, seguros marítimos, proxectos de co -municación coas vilas veciñas, construción de casas baratas, mellora deservizos públicos, etc.39O banco abriu as súas portas en 1918 cun capital de cinco millóns de

pesetas, do cal a quinta parte foi subscrito por Dionisio Tejero.40 Este foinomeado presidente do Consello de Administración, cargo no que per-maneceu ata o seu falecemento en 1941. O banco iniciou a súa andaduraempresarial absorbendo a axencia e o persoal que o Banco Español deCrédito tiña no Cantón Pequeno núm. 6 da Coruña.41A súa progresión constante reflectiuse no aumento do seu cadro de per-

soal e na necesidade de ampliar o capital.42 Este banco xunto co BancoPastor (1925) dominou o panorama financeiro rexional tras a desapari-

229Dionisio Tejero Pérez

37 A Agrupación Popular Coruñesa presidida por Canuto Berea Rodríguez fíxosecargo do estudo do proxecto dun banco que impulsase o desenvolvemento do comercio eda industria rexional, véxase Banco de La Coruña: 1918-1943, A Coruña, Imp. de Moret,1944.

38 Alonso (1984).39 VV.AA. (1968).40 Banco de La Coruña: (1944). En 1918, o Banco de Vigo ampliou o capital a 8

millóns de pesetas. Neste ano tamén se fundou a Banca Viñas-Aranda en Vigo cun capitalde 505.000 pesetas, ampliado a 1.001.000 en 1928. Alonso (1984) indica a expansión amo-sada pola banca galega durante a Primeira Guerra Mundial aínda que ao remataren os efec-tos beneficiosos da guerra a banca galega entrou nun período crítico.

41 Banco de La Coruña: (1944)42 A ampliación de capital tivo lugar no ano 1921, véxase Banco de La Coruña: (1944).

Fotografía da páx. seguinte:Panorámica da fábrica detecidos de Xuvia. Porfolio

Galicia. Pedro Ferrer Editor,ano 1904

Page 230: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 231: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ción do Banco de Vigo en 1925. Porén, oBanco Pastor experimentou unha maior ex-pansión.43 O Banco de La Coruña transfor-mouse no segundo banco rexional segundoía estendendo a súa rede de oficinas. Entre1918 e 1931 estabeleceu 26 sucursais en va-rias prazas galegas.44 A de presión econó-mi ca mundial e a propia si tuación españolainterrompeu este proceso de expansión en-tre 1931 e 1939. Tras a Guerra Civil, a granbanca volveu poñer o seu punto de mira nasinstitucións financeiras galegas. Este ache-gamento saldouse a prol do Banco de Bil-bao que entrou como accionista no bancocoru ñés.45 A finais dos sesenta o Banco deBilbao comezou a ad quirir accións da insti-tución coruñesa de forma progresiva ata queobtivo o control do seu capital.46 O bancoherculino converteuse en filial do Banco deBilbao en 1969 e finalmente foi absorbido en1971.47O Banco de La Coruña igual có Banco

de Vigo estivo ligado aos intereses pesquei-ros. Alonso (1984) amosou como a bancagalega se atopa vinculada desde as súas ori-xes aos negocios do porto tanto os comer-

231

43 Alonso (1984).44 Banco de La Coruña: (1944).45 As sucursais do Banco de Bilbao en Galicia xa

usaban antes da Guerra Civil a rede operativa doBanco de La Coruña para o desconto de papel comer-cial segundo un acordo estabelecido entre os dousbancos, véxase Arroyo (2001), pp. 23-25.

46 VV. AA. (1968).47 Arroyo (2001), p. 27.

Page 232: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ciais coma os relacionados coa pesca e cos seus derivados. En concreto,o 83% dos ingresos de Dionisio Tejero procedían do comercio e da explo-tación da pesca en 1940 (cadro 1). A súa empresa pesqueira figuraba den-tro do conxunto das principais do ramo en Galicia entre 1931 e 1941 con464 toneladas de rexistro bruto.48 Así mesmo, tamén existiron relaciónsentre o Banco de La Coruña e as sociedades de servizos urbanos do pri-meiro terzo do século XX. Esta institución compartía varios conselleiroscon Aguas de La Coruña, Tranvías de La Coruña e coa CooperativaEléctrica Coruñesa.49Tras a fundación do Banco de La Coruña, Dionisio Tejero Pérez

afondou nos seus intereses comerciais e pesqueiros e ademais conver-teuse no dono da fábrica téxtil de Xuvia, La Galicia Industrial, o 19 defebreiro de 1928. Deste xeito, este investimento prolongou o realizadopola sociedade Pérez López y Cía. no último cuarto do Oitocentos sobrea mesma industria. En 1930, esa empresa industrial acadaba un capitaldesembolsado de tres millóns de pesetas e uns activos netos de poucomáis de 4 millóns de pesetas.50 A factoría continuou coa fabricación defiados e tecidos e chegou a ocupar más de 400 traballadores, e foi coñe-cida popularmente como «a fábrica das sabas».51A relevancia que acadara Dionisio Tejero nos asuntos empresariais

rexionais reflectiuse no seu nomeamento como presidente da Cámara deComercio, Industria e Navegación da Coruña en 1921, igual que o forao seu patrón José López Trigo entre 1886 e 1899.52Dionisio Tejero Pérez faleceu en 1941 sen descendencia, polo tanto,

foi a súa viúva, Carmen Vilariño Yebra, a que proseguiu as actividadesmercantís do seu esposo coa axuda dos seus sobriños Dionisio GonzálezTejero e Enrique e Andrés Vilariño Alonso.53 Transformaron a empresa

232Empresarios de Galicia

48 Sinde, Diéguez e Gueimonde (2005).49 Alonso (1984).50 Carmona e Nadal (2005), p. 221.51 Fernández (1987), p. 16 e Fernández Negral (1991), p. 57.52 Foi presidente da cámara de comercio coruñesa entre o 31 de marzo de 1921 e o 31

de marzo de 1924, véxase Fernández (1987), p. 16.53 O segundo foi presidente do banco coruñés entre 1947 e 1970, véxase Arroyo

(2001: 31).

Page 233: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

233Dionisio Tejero Pérez

Balances, perdas e ganancias de Dionisio Tejero Pérez, 1940-1943(estrutura en porcentaxes e importe en pesetas constantes de 1929)

Activo 1940 1943 Pasivo 1940 1943

Tesouraría 59,3 21,5 Capital 38,3 85,2

Mercadorías 13,2 3,4 Acredores 56,2 3,5

Inmobilizado 12,1 12,3 Retencións ao persoal 0,3 0,1

Valores — 5,6 Efectos que hai que pagar 1,2 —

Debedores 9,7 29,6 Fondo de amortizacións 4,0 0,1

Créditos de dubidoso cobramento 4,0 0,0 Liquidación de exercicios — 0,7

Partidas en suspenso 0,1 0,1 Beneficios — 10,4

Garantías diversas 1,7 —

Carmen Vilariño Yebra — 27,5

Total 985.961 2.095.242 Total 985.961 2.095.242

Gastos 1940 1943 Ingresos 1940 1943

Comisións sobre Comisións de fretamento e fretamentos

— 0,1consignacións de buques

5,4 6,8

Quebrantos en negociacións Comisións en despachos de de xiros e remesas

0,1 0,2aduanas

1,1 0,0

Bonificacións e descontos — 0,5 Comisións de axencias de seguros 0,8 3,6

Amortizacións 1,1 4,6 Xuros de c/c 1,2 0,3

Gastos xerais 22,1 26,6 Cupóns de valores en garantía 0,5 —

Beneficios 76,7 68,0 Servizos de material de descargas 0,5 —

Despachos de paquetes postais 0,1 —

Cargas e descargas de vapores 5,9 18,3

Compravenda de mercadorías 34,7 65,6

Explotación vapor de Galicia 15,8 0,5

Explotación da pesca 32,9 4,4

Servizos de culleres e cinta — 0,2

Prestación de material e vendade efectos usados

— 0,4

Créditos considerados de cobro dubidoso

1,2 —

Varios descontos — 0,1

Total 313.552 320.370 Total 313.552 320.370

Fonte: ARG, DHC (Facenda), Administración Rendas Públicas, Contribución e Impostos (utilidades) (1936-1942), Balances de sociedades y empresas individua-les, Beneficios extraordinarios de guerra, atado 776; ARG, DHC (Facenda), Administración Rendas Públicas, Contribución e Impostos (utilidades) (1940-1944),Balances de sociedades y empresas individuales, Beneficios extraordinarios de guerra, atado 702 (cedidos amabelmente polo profesor Jesús Mirás Araujo).Notas: o deflactor empregado foi Prados (2003), p. 398.

Page 234: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

individual nunha sociedade limitada, Dionisio Tejero S.L., que reconver-teron en anónima en 1952 cun capital desembolsado de 250 millóns depesetas.54 A existencia de Dionisio Tejero S.A. prorrogouse ata a actuali-dade como unha das principais compañías de navegación galegas. Estesaxentes consignatarios facturaron no ano 2003 1.101.778 euros, cunharendibilidade económica do 8,03%.55En resumo, Dionisio Tejero Pérez, o emigrante vallisoletano estabe-

lecido na Coruña, desenvolveu desde os seus comezos unha liña de in-vestimento no marco da sociedade fundada por José López Trigo. Unhavez independizado, fíxose un oco no capital local ampliando algúns camposde investimento como o téxtil e o financeiro, sen desdeñar as súas orixescomerciais e pesqueiras. Así, este empresario converteuse no paradigmado éxito acadado por aqueles casteláns que emigraron a Galicia duranteo século XIX e que se integraron na elite do sector empresarial das súas lo-calidades de adopción.

234Empresarios de Galicia

54 González Catoyra (1990), pp. 653-654.55 Esta é a actividade principal pola que figura catalogada en ARDÁN. Directorio de

Empresas. Informe económico-financiero y de la competitividad 2005 Galicia. 10.000 empre-sas de Galicia y 1.500 empresas del Norte de Portugal, CZFV.

Abreviaturas de fontes

AHPC: Arquivo Histórico de Protocolos do Colexio de Notarios da Coruña

AMC: Arquivo Municipal da Coruña

ARG: Arquivo do Reino de Galicia

BOPC: Boletín Oficial da Provincia da Coruña

RM: Rexistro Mercantil da Coruña

Page 235: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Bibliografía

Alonso, J. A. (1984): «La banca y la eco-nomía de Galicia en el primer tercio delséculo XX», en J. L. García Delgado,España, 1898-1936: estructuras y cambio,Coloquio de la Universidad Complu-tense, Madrid, Universidad Complu-tense.

ARDÁN. Directorio de Empresas. Informeeconómico-financiero y de la competitivi-dad 2005 Galicia. 10.000 empresas deGalicia y 1.500 empresas del Norte dePortugal, CZFV.

Arroyo, J. V. (2001): Estudios bancarios: ElBanco de La Coruña entre 1918 y 1970,Bilbao, Arquivo Histórico BBVA.

Banco de La Coruña: 1918-1943, A Coruña,Imp. de Moret, 1944.

Carmona Badía, X. (2001): «Galicia: mini-fundio persistente e industrialización li-mitada», en L. Germán et al. (eds.): His-toria económica regional de España siglosXIX y XX, Barcelona, Crítica, pp. 13-45.

Carmona, X., e J. Nadal (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de histo-ria, 1750-2000, A Coruña, FundaciónPedro Barrié de la Maza.

Fernández Negral, J. (1991): «Segundocentenario dos reais establecementos deXuvia. De fábrica de cobrería a centrotextil 1791-1991», Cuadernos Ateneo Fe-rrolán, núm. 7, pp. 2-96.

Fernández, C. (1987): 1886-1986. CámaraOficial de Comercio, Industria y Nave-gación, A Coruña, COCINC.

González Catoyra, A. (1990): Biografíascoruñesas, Fundación Caixa Galicia.

Lindoso Tato, E. (1999): Empresas y em-presarios en La Coruña, 1830-1914, Ma-drid, Fundación Empresa Pública núm.9905.

235Dionisio Tejero Pérez

Lindoso Tato, E. (2005): El factor empre-sarial en la Galicia atlántica, 1820-1913,Facultade de Ciencias Económicas eEmpresariais, Universidade da Coruña,tese de doutoramento.

Maixé, J. C., M. Vilar, e E. Lindoso (2003):El ahorro de los gallegos. Orígenes e historia de Caixa Galicia (1876-2002)Fundación Caixa Galicia, CIEF.

Prados, L. (2003): El progreso económico deEspaña (1850-2000), Bilbao, FundaciónBBVA.

Prat Sabartés, M. (2005): «La utilizaciónde redes empresariales para la comercia-lización de tejidos catalanes a mediadosdel siglo XIX», X Simposio de HistoriaEconómica: Análisis de Redes en la His-toria Económica, Bellaterra.

Sinde, A., M.ª I. Diéguez, e A. Gueimonde(2005): «O papel do sector oferta no pro-ceso de difusión de novas tecnoloxías: ocaso do sector pesqueiro galego, 1931-1961», III Congreso de Economía de Ga-licia, Facultade de Ciencias Económicase Empresariais da Universidade de Vigo.

Vázquez González, A. (2000): La emigra-ción gallega a América, 1830-1930, San-tiago de Compostela, Universidade deSantiago de Compostela, tese de douto-ramento.

VV. AA. (1968): Banco de La Coruña. Bo-das de oro: 1918-1968, A Coruña, Bancode La Coruña.

Page 236: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

MARCELINO SUÁREZ GONZÁLEZ1866-1949

Page 237: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

O PRÍNCIPE DOS NEGOCIOS

Son moitas as similitudes que teñen en común os periplos vitais eindustriais de Marcelino Suárez e do lendario marqués de Sargadelos.Ambos os dous asturianos, vanse asentar en Galicia cando aínda son moinovos. Comezaron de aprendices de mozo de comercio, e chegaron amontar importantes empresas por conta propia, asociados a consagradoscapitalistas do país. Con magnífica intuición para detectar os tesouros dosubsolo galego oriental (ollo de sapo), axiña montan enxeños extractivose fábricas, con fornos como buque insignia de cadansúa industria: un nonorte (Cervo, siderurxia) e outro no sur (O Barco de Valdeorras, cal). Oferro e a calcaria, e logo o caolín, no caso de Ibáñez, van ser as principaisfontes de riqueza natural empregadas por estes empresarios, a partir dascales comezarían vizosas traxectorias no mundo dos negocios. Logotamén serían favorecidos por conxunturas bélicas que fixeron prosperar,aínda máis, a bonanza económica da que gozaban as súas industrias.1 Copaso do tempo, os seus sucesores terían que reconverter a súa produciónpara rematar a súa historia industrial coa venda ou co arrendamento dasinstalacións aos grupos económicos máis poderosos, que viñan apertando.Todo iso, con cen anos de diferenza entre un e outro, o que demostra que

Ricardo Gurriarán RodríguezProfesor do I.E.S. Xelmírez I de Santiago

1 Para a comparación con Sargadelos, véxase Carmona Badía (1993).

Page 238: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

as condicións e a evolución da industria en Galicia no século XIX foi depouca medra.Marcelino Suárez González naceu no municipio asturiano de Aller

(Levinco-Cabañaquinta, parroquia de Vega) en 1866, no seo dunha fami-lia humilde; a súa actividade profesional —como dixemos— comezacomo dependente de comercio en Oviedo. Unha das primeiras estrate-xias deste activo emprendedor foi a de casar coa filla do dono do negocioonde comezara a traballar. Mais pronto enviuvou da moza Aurelia Peña,sen ter descendencia. Logo, ao comezar a última década do século XIX,trasladaríase á Coruña, onde puxo en marcha un comercio para a distri-bución de materiais de construción. Entre outros, vendía ladrillos pren-sados, tiña depósito de carbóns e de calcarias. Marcelino entraba así encontacto cos produtos que constituirían a cerna da súa futura actividadeempresarial, unha actividade que o levaría a substituír A Coruña por Val-deorras non só como sede principal dos seus negocios senón como lugarde casamento e residencia. Ao noso entender, foron varias as circunstancias que levaron a Mar-

celino Suárez a ter unha estreita relación con Valdeorras, bisbarra na queasentaría de forma definitiva, pouco tempo despois. Este val do orientegalego dispoñía de estación de ferrocarril desde 1883 e ademais tiña unhaconexión natural co veciño Bierzo, onde estaban os principais recursosenerxéticos do noroeste (hulla e antracita), logo de Asturias. O Barco,capital do distrito desde 1845, era a sede administrativa e política destabisbarra produtora de viño, que nese momento se estaba a ver asoladapola filoxera, que se viña engadir a outros dous andazos que —desde ametade do século XIX— padeceran as súas cepeiras: o oídio e a mera. Pre-cisamente, serían os ciclos espaciais de propagación destas enfermidadesda vide —que comezaran por arrasar as vides de Francia— os que desen-cadearían unha especial prosperidade dos viños valdeorreses, cun impor-tante nivel de exportación ao país veciño, entre 1878 e 1888, cando afiloxera arruinara o principal recurso agrícola francés.Pero Valdeorras ofrecía ademais no solpor do século XIX un forte en-

gado por mor da súa riqueza mineira. Os comerciantes, contratistas e téc-nicos foráneos que chegaran co gallo da construción do ferrocarril e dasestradas de acceso coa meseta, impresionados pola actividade das aurea -nas do Sil e polos materiais removidos nos entullos das obras, alertaron

238Empresarios de Galicia

Page 239: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a empresas estranxeiras ou denunciaron eles mesmos con intención devender posteriormente concesións mineiras de todo tipo. A comezos donovo século máis da cuarta parte do val estaba denunciado para o labor

de minas e o lavado de areas auríferas einzaban no val compañías con sede enParís, Londres ou Bruxelas, con nomescomo a Biobra Mining Company Limited,Valdeorras Gold Mining Company, RiverSil and León Mining Limited, The Espé-rides Company Limited…2 Entre os tran-seúntes veciños do Barco figuraban nomescomo: Rae, Courret, Hundeshagen, Ar-mitage ou Longridge, ao mesmo tempoque entre os técnicos ou contratistas quese aveciñaron definitivamente no Barcose contaba outros como o francés Bussièresy Besson (enxeñeiro), o navarro Olano Oz-cáriz e o berciano Rodríguez Verdial.É probábel que fosen estes contratistas,

cos que mantiña contacto Marcelino pormor da súa actividade comercial coruñesa,os que lle transmitiran a existencia da po-tente faixa calcaria que se estende desdea serra da Enciña da Lastra, nunha corrida,partindo de Pardollán, pasando por ribado Barco e Rubiá, e que chega ata Baxeles,O Mazo e Cereixido. Como tamén é pro-bábel que fora o ferro, e non as calcariaso obxectivo inicial da súa actividade mi-neira en Valdeorras, e que fora a cativeza

deste último mineral o que o determinou a cambiar a orientación doseu negocio mineiro. Acreditaría esta hipótese o feito de que o primeirorexistro mineiro que fixo don Marcelino en Valdeorras (1899) foi para a

239Marcelino Suárez González

2 Para a minaría de Valdeorras, véxase Gurriarán Rodríguez (2000).

Caricatura de MarcelinoSuárez González. Ano 1929Autor: Chucho Delgado.Arquivo Aurelio Trincado

Page 240: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

explotación do mineral de ferro, un mineral que estaba sendo obxectonestes anos finais do XIX dunha auténtica febre de denuncias en toda Ga-licia, entre as que se contaban as realizadas polo mesmísimo Isaac Peralna próxima localidade de Biobra (concello de Rubiá), e non da calcariaque tamén existía en Vilarrica-Xagoaza, e que sería a que finalmente cons-tituiría a base do seu negocio máis emblemático: Caleras de Valdeorras.Mais temos que introducir a outro personaxe que vai ser, ao noso

entender, definitivo, para entender a radicación de Marcelino Suárez noBarco de Valdeorras, mellor dito en Viloira. Estamos a falar de ManuelQuiroga Vázquez, o que pronto sería o seu sogro. Quiroga foi o deputadodo distrito de Valdeorras que máis veces ocupou cadeira nas Cortes enMadrid. Na súa dilatada carreira política obtería un total de 9 actas polodistrito de Valdeorras, ademais das que acadara pola circunscrición deQuiroga, lugar onde nacera en 1845 (Casa de Lamela, parroquia de SanSalvador de Quiroga). Por vía paterna era fillo da nobreza intermediaasentada na Casa Grande de Viloira, herdeira de señoríos por favor dosCondes de Ribadavia, verdadeiros donos de Valdeorras desde finais daIdade Media, ao seren os seus representantes. Súa nai, Manuela VázquezQueipo, condesa de San Martiño de Quiroga, era familiar do ilustrematemático de mesmo apelido, que estaba entroncada co conde deToreno. De familia fidalga por ambas as ramas, Manuel Quiroga, queestudou avogacía en Madrid, axiña probaría na política e sairía deputadopor Quiroga en 1869, integrado nas filas da Unión Liberal. Íntimo amigode Cánovas del Castillo, representaría o Partido Conservador en Valdeo-rras, desde 1879, como deputado; tamén era moi amigo da familia Buga-llal. Entre outros cargos, foi director xeral de Agricultura e embaixadorplenipotenciario da China en Madrid. Como era de agardar, Quiroga erao maior pagador do Barco por contribución territorial.3O seu traballo no Congreso estivo centrado nas comisións de ferroca-

rrís e estradas, e despregou unha ampla actividade para a mellora dascomunicacións na bisbarra valdeorresa. A estrada de comunicación deValdeorras coa estación de Brañuelas, a aceleración de poxas para a cons-trución da ponte de San Fernando que comunica O Barco con Viloira, a

240Empresarios de Galicia

3 Arquivo Notarial do Barco (ANOB), protocolo núm. 243/1904.

Page 241: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

apertura de dilixencias e coche correo entre Ponferrada e Ourense, eoutras estradas transversais serían algunhas das propostas que puxo enmarcha Manuel Quiroga desde o Congreso dos Deputados4. É probábelque os primeiros contactos que tivera con Marcelino Suárez fosen conmotivo da acometida destas obras pois, como xa vimos, este último dedi-cábase naquela altura precisamente a fornecer materiais relacionados coaconstrución. O feito é que no ano 1905 Manuel Quiroga lle debía aMarce lino 750.000 pesetas por subministración de ladrillos, carbón e cal,desde 1900, así coma por diversos préstamos, xestións varias, alugamentodunha casa na Coruña, cesións de créditos da banca local e outras5...Marcelino casaría o dous de outubro de 1905 con Elena QuirogaVelarde, natural de Madrid, de trinta anos, filla do primeiro matrimoniode Manuel Quiroga con Elena Velarde y Guisasola, filla dos condes deNava. Destas nupcias tiñan outro fillo, José, pai da coñecida escritoraElena Quiroga, quen tamén sería deputado por Valdeorras (romerista),en 1907.Desde a súa instalación en Viloira o matrimonio Suárez-Quiroga

transformou a Casa Grande en capital da vida social da comarca. As por-tas dos seus salóns abríanse acotío, con aspiracións de estabelecer rela-cións con xente importante e influínte, cunha obsesiva pretensión deachegamento e de pertenza á nobreza, á clase dirixente ou ao poder efec-tivo. Este posicionamento social era para Marcelino parte da súa estrate-xia empresarial, pois a visibilidade de dispoñer dun patrimonio territoriale dunha elevada categoría social era para a obtención de diñeiro a créditonon menos importante na Galicia de finais do século XIX ca na Inglate-rra da Revolución Industrial. Aínda que pola cancha de tenis da Casa Grande pasou o máis selecto

dos fillos da sociedade valdeorresa, ningunha das catro fillas de Marce-lino e Elena casaría na comarca. Elena, a maior, casou en 1936 co fillodo famoso Manuel María Puga e Parga (Picadillo), Manuel Puga Ramón;Carmen, casou cun enxeñeiro estabelecido en Ponferrada, José BustilloForef, que traballaba na central térmica. E Rosario (Charín) e Amalia

241Marcelino Suárez González

4 Gurriarán (2006).5 ANOB, protocolo núm. 199/1905.

Page 242: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

(Baby, que fora a primeira xefa da Falanxe Feminina do Barco), casaronna posguerra con asonados militares que estaban acantonados en Valdeo -rras, e que exercían labores represivos co fin de liquidar a guerrilla anti-franquista: José María Peñamaría de Llano e Camilo García de Polavieja,pertencentes a coñecidas familias.Nos despachos de don Marcelino urdiríanse non só estratexias

empresariais senón tamén a propia política local durante máis de 20anos. Tras a Guerra Civil, mantería a súa influencia política, situandopeóns de confianza nos postos clave da política local, tal como foi o casodo primeiro alcalde posterior á sublevación, Gustavo Gómez Rodríguez(Pinilla), administrativo de Caleras de Valdeorras.«Príncipe dos negocios»6 chamoulle o editor de Vida Gallega, Jaime

Solá a este asturiano de aspecto simpático, baixo de estatura, de comple-xión forte, que se caracterizaba por usar sombreiro e bastón. Barril de olivas,Don Canuto, Don Marcelino coño, coño, coño, foron pola contra algúnsdos alcumes máis populares que tivo don Marcelino, que morrería en Vi-loira no ano 1949 e que foi enterrado na capela da Casa Grande. Unano antes, fóralle concedida a Medalla ao Mérito no Traballo, no marcodas festas patronais do Barco. A cerimonia estaría presidida polo gober-nador civil e xefe provincial do Movemento, Vicente Muñoz Calero epolo alcalde do Barco, o xa citado Gustavo Gómez Rodríguez (Pinilla).Marcelino, daquela, era tenente de alcalde do Concello do Barco.

As primeiras iniciativas empresariais

O 7 de xaneiro de 1898, Marcelino Suárez González constitúe unhasociedade colectiva con Hermógenes Cifuentes Hortube, ambos docomercio, para a explotación da cravazón que producían nunha fábricainstalada na costa da Palloza, cun capital de 80.000 pesetas.7 Marcelinoencargaríase da contabilidade, da correspondencia e dos libros, e Cifuen-tes da vixilancia da fábrica e da produción. A factoría dispoñía de caldei-

242Empresarios de Galicia

6 Vida Gallega, núm. 136 (1919). Recentemente, B. Barbosa, nun artigo publicado enLa Voz de Galicia, poñeríalle o alcume: «El hombre de los mil negocios» (30/05/2002).

7 Rexistro Mercantil da Coruña (RMAC), libro 10, folio 69, folla 193.

Page 243: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ras e motores, estaba rexentada por un mestre mecánico que tiña unhaparticipación nos beneficios do 10%. Un ano despois da morte de Cifuen-tes (1906), Marcelino Suárez comproulles aos seus herdeiros a parte quelle correspondía, por 40.000 pesetas, e quedou, xa que logo, coa totali-dade desta pequena industria que mantería durante bastante tempo. A segunda sociedade que puxo en marcha sería xa iniciativa de máis

callado e a que, andando o tempo, o faría máis coñecido: Caleras de Val-deorras de Marcelino Suárez González (1900). O obxectivo social era ode transformar a calcaria dos montes de Mariñán en cal vivo nunha bate-ría de fornos que estabelecería a carón da estación do ferrocarril doBarco, no lugar de Valorca. Para o traslado da materia prima desde a can-teira ata o lugar da súa transformación utilizaría un tranvía aéreo, para oque consegue xa os permisos no mesmo ano de 1900.8 O transporte tiñaun percorrido de máis de tres quilómetros de cable, apoiado en vinte etres cabaletes, co sistema Roe et Beddington. Aínda hoxe se escoita no

243Marcelino Suárez González

8 Documentación de Caleras de Valdeorras (Arquivo Familia Gurriarán, Santiago).

Cadro de persoal administrativo e operariosde Caleras de Valdeorras,

circa 1920.Arquivo Gustavo Docampo

Fotografía da páx. seguinte:Instalacións de Caleras de

Valdeorras, circa 1915.Postal editada polo Bazar delsiglo do Barco de Valdeorras

Page 244: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 245: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 246: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Barco que na inauguración do tranvía, don Marcelino baixara nunhavagoneta aérea, desde Xagoaza aos fornos. En febreiro de 1901 xa tiñatamén a necesaria concesión para estabelecer unha liña telefónica entreas canteiras e a fábrica.Caleras de Valdeorras comezaría a traballar con tres fornos de trinta

metros cúbicos de capacidade cada un, que estaban alimentados conantracitas procedentes de Brañuelas, na provincia de León, e que produ-cían tres mil toneladas de cal. Traballaban nos fornos catorce operarios,ademais dos dezaseis que o facían nas canteiras de Xagoaza, ex traendo asdez mil toneladas anuais de calcaria que enviaban polo cable aéreo.9A Guía de Galicia de 1903 facía un laudatorio comentario de Cale-

ras de Valdeorras:

Unha importante fábrica de cal de inmellorábel calidade que com-pite coas de España e coas do estranxeiro, de excelentes resultados paratoda clase de construcións, fíxose gran consumo para varias industriasazucreiras e de carburo…

O proceso de fabricación do cal verificábase a partir da calcaria cal-cinada en fornos de cuba continuos, co que se transformaba en óxido decalcio (cal vivo), material utilizado na construción e como fertilizantepara neutralizar o carácter ácido dalgunhas terras. Tamén tiña a funciónde aireación da terra polo mecanismo de remover o cal, dado o aumentode volume que sofre coa humidade. E, por último, o cal tamén se usabapara a preparación do caldo bordelés, mestura de cal e sulfato de cobrepara tratar as enfermidades das vides, finalidade que en Valdeorras e noBierzo tiña unha grande aplicación. A supervisión da produción eralevada a cabo por Pedro Urquijo, responsábel da Estación Fitopatolóxicada Coruña. A intención de Marcelino era montar a continuación unhafábrica de cemento natural, ilusión que xamais vería consumada polosavatares económicos que padeceu, e porque o sector empresarial ber-ciano lle gañaría pola man en Toral de los Vados (1940).Logo de abrir Caleros del Sil de Marcelino Suárez, que tal foi o pri-

mitivo nome da empresa, no Barco (1900), axiña comezaría a mercar

246Empresarios de Galicia

9 Estadística Minera y Metalúrgica de España, varios anos.

Page 247: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

dereitos de explotación do subsolo para extraer hulla e antracita noveciño Bierzo (1902), nos concellos de Folgoso e Albares de la Rivera. Aprimeira operación de compra coñecida é en Tremor de Abajo (Folgosode la Rivera), unha mina de hulla de vinte pertenzas (200.000 m2), Añés,ao súbdito francés Juan Targebayle Baylet, en 1902. Logo efectuaría outraen Santibáñez (Albares de la Rivera, partido de Ponferrada); tratábase damina de hulla María, tamén de vinte pertenzas. A venda efectuouse por4000 pesetas.10 Nese mesmo ano vai mercar catro minas máis en Albares-Santibáñez (Alaska 1 e 2, e Bernardino 1 e 2), cun total aproximado decen pertenzas. Ao rematar o ano 1904 tiña un total dun millón e mediode metros cadrados denunciados para a explotación do subsolo berciano.Todas as operacións serían culminadas polo seu principal responsábel nafábrica de cal, Sergio Rodríguez Verdial, director e administrador,mediante outorgamento de poder, desde 1902.A falta de capital para emprender os labores de extracción nas conce-

sións bercianas levaría a Marcelino a agrupalas e a constituír en 1911 unhasociedade anónima destinada a captar recursos para a súa explotación. Nanova empresa, Antracitas de Brañuelas, cun capital dun millón de pese-tas, entraron como fundadores dous homes de confianza de Marcelino,Joaquín Olano e Sergio Rodríguez Verdeal, así coma Manuel Lerma Díaz,capataz facultativo das minas, e o seu irmán Bienvenido (n. Levinco,1882), residente en Vilagarcía.11Para darlles saída aos produtos de explotación das súas minas e da súa

fábrica de cal e para negociar como almacenista noutros produtos rela-cionados, Marcelino montaría unha rede comercial que comezaría coaconstitución na Coruña, en 1906, dunha sociedade comanditaria, conSixto Pedregal Santullano e co outro seu irmán, Leandro (n. Levinco,1876), dedicada á «compra e á venda, por xunto e polo miúdo, de car-bóns, cal, materiais de construción, e a comisións e consignacións». Ocapital social era de 320.000 pesetas, das que 300.000 eran subministra-das por Marcelino; en canto aos outros dous socios actuaban como xeren-

247Marcelino Suárez González

10 ANOB, protocolo núm. 39/1904.11 RMAC, libro 46, folla 473.

Page 248: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tes.12 O forte endebedamento do socio maioritario coa casa bancariacoruñesa de Hijos de Marchesi Dalmau, forzou xa no ano 1907 a entradadestes últimos no capital da empresa tras un cambio de débeda por capi-tal. Suárez, Pedregal y compañía foi definitivamente liquidada en 1910 ea experiencia valeulle a Marcelino para comezar un modelo distinto desociedade comercial, a través dos seus irmáns e familiares, renunciandoa ter el mesmo presenza directamente.

248Empresarios de Galicia

Cadro 1. Sociedades participadas polos irmáns Suárez González en Galicia

Razón social Tipo ObxectoCapital Sede e ano

(en pesetas) de inscrición

Suárez hnos. Colectiva Comercio carbón 40.000 Vigo, 1911

B. Suárez y cía Colectiva Comercio carbón 12.000 Marín, 1911

B. Suárez Comanditaria Comisións e 50.000 Vilagarcía, 1913consignacións

Marítima Suárez Anónima Compañía navieira 5.000.000 Vigo, 1919

S.A. Suárez Anónima Comisións e 25.000 Vilagarcía, 1922consignacións

Vicente Suárez Limitada Comercio 100.000 Vigo, 1923y Cía.

Suárez y Cía. Limitada Comisións e 125.000 Vilagarcía,1924consignacións

Suárez y Loureiro Limitada Material de 40.000 Vigo, 1932construción

Fonte: Abreu Sernárdez (1983)

O crecemento da frota pesqueira que se produce nos primeiros anosdo século anima os irmáns de Marcelino —probabelmente co seuapoio— a instalárense nos principais portos galegos con idéntico obxectosocial que o que tivera Suárez, Pedregal y compañía, pero cunha orienta-ción moi principal na subministración de carbón, tanto nacional comainglés, aos novos buques de vapor. De feito, Leandro Suárez Gonzálezsolicita un depósito flotante para carbóns no porto de Vigo e outro enMarín no ano 1910, que lle serían concedidos dous anos despois,13 e que

12 RMAC, libro 14, folla 360.13 Gaceta de Madrid, 9/471912.

Page 249: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

serían os primeiros instalados nas dúas rías. Deste xeito, nos anos 1911 a1913 os irmáns de Marcelino (Leandro, Bienvenido e Benito) e mais oseu sobriño Vicente estabelecen sociedades en Vigo, Marín e Vilagarcíadestinadas ao negocio dos materiais de construción, carbóns e consigna-cións e representacións. Cada unha destas sociedades comprométese anon interferir nas áreas propias das demais.O estouro da Primeira Guerra Mundial abriu para a minaría española

do carbón unha das mellores etapas da súa historia. Suspendidas as expor-tacións deste combustíbel porparte de países como Inglaterra,que fornecían cifras próximas ao40% do consumo interior, osprezos disparáronse e as minasasturianas, e secundariamenteas leonesas e as andaluzas vi-viron unha idade de ouro.14 Aescaseza impulsou a explotaciónde minerais non rendíbeis nou-tras condicións e proporcionou-lles importantes beneficios atodos os implicados no negocio.Na minaría leonesa non só au-mentou a extracción de hullasenón que tamén pasou a ad-quirir importancia a de antra-

cita, practicamente inexistente —a pesar de que a maioría das minasestaban denunciadas— ata aquel entón. O carbón das minas leonesas,que antes da guerra se vendía en Vigo nunhas 35/40 pesetas por tonela -da acadou cifras próximas ás 90 pesetas a comezos de 1917, e chegou ás220 a comezos de 1918. Este mesmo produto chegou a enviarse durantea guerra polo porto de Vigo cara aos portos mediterráneos.15 A situación,

249Marcelino Suárez González

14 García Delgado, Roldán e Muñoz (1973); Coll e Sudriá (1987).15 Bernárdez (1918).

Anuncio aparecido no xornal ourensán El Miño.

01/11/1903

Page 250: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

para os propietarios de minas, como Marcelino Suárez, non podía ser másfavorábel, e os beneficios medraron como a espuma.O outro sector que se constituíu como gran beneficiario da guerra foi

o do transporte marítimo, que goza durante o seu transcurso dunha subasen precedentes dos fretes, que beneficia particularmente os países neu-trais, como era o caso de España. Recollidos xa unha parte dos beneficiosda actividade carboeira, deciden os irmáns Suárez entrar neste sector, coque se viñan relacionando desde tempo atrás pola vía de subministracióndo combustíbel, tal e como fixeron naquela altura outros moitos empre-sarios españois. Fixérono constituíndo en 1918 a sociedade anónimaMarítima Suárez, formada por Leandro, Benito e Bienvenido SuárezGonzález, por un fillo dun deles, Vicente, e polo contratista de obrasManuel Goicoechea Arrillaga.Tamén durante a guerra abordaría Marcelino outro subsector, rela-

cionado coa minaría, o da explotación a ceo aberto de pedras ornamen-tais e calcarias, e montaría en 1915 a sociedade anónima Mármoles deValdeorras y del Bierzo. Tiña por obxecto a explotación das canteiras queel mesmo denunciara en Biobra, asociado aos irmáns Macías Rodríguez,Juan (interventor, veciño de Ourense) e Lorenzo (León), cun capital de500.000 pesetas.16 Nesta e noutras xeiras da súa vida empresarial traba-llou igualmente no ámbito dos ocres naturais moídos, para facer pinturase outras extraccións mineiras como as que fixera de espato-flúor, de óxidoférrico, etc.Á altura de 1918, momento de máximo esplendor dos negocios dos

irmáns Suárez, dispoñían estes de sucursais para a venda dos produtos deMarcelino nas principais cidades de Galicia. Eran armadores e consigna-tarios de buques, posuían depósitos de carbón e de aceites lubrificantes,minas de antracita, almacén de cementos e cal, mármores e todo ti-po de materiais de construción, así coma unha fábrica de cravos e un ta-ller de reparacións na Coruña, e, finalmente, a fábrica de cal do Barco.

250Empresarios de Galicia

16 Rexistro Mercantil de Ourense, libro 3, p. 105.

Page 251: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Da febre da Primeira Gran Guerra á crise dos anos vinte

Co final da guerra, non tardaron en volver chegar os carbóns británi-cos ao mercado español, levándose a bonanza que o conflito lle trouxeraao sector. Os prezos caeron e a produción carboeira española sufriu unhaforte recesión nos anos 1921 a 1923, da que non escapou a minaría leo-nesa.17 Pero é que ademais desta crise xeral, o mercado de carbónsgalego, no que o consumo da frota pesqueira representaba a liña princi-pal, comezara a se transformar durante a guerra. Os armadores, agonia-dos pola falta de combustíbel que se produciu durante varios momentosdaquela época e pola forte suba dos prezos do carbón, constituíron enVigo en 1917 a Asociación General de Industrias Pesqueras y sus Deriva-das, que asumiu como un dos seus obxectivos a provisión directa aossocios do combustíbel preciso, sen pasar polos almacenistas tradicionais.Esta tendencia cara ao autoabastecemento do sector espallouse axiña aCádiz e a outros portos españois, e implicou un cambio decisivo que lleafectaría negativamente a empresas como a dos irmáns Suárez. Mesmoportos como o da Coruña, no que o movemento corporativo non tivo amesma influencia ca en Vigo ou Cádiz, non escaparon a esta tendencianegativa para os almacenistas independentes, pois o que se produciu foi—tal e como sinalou Ana Sinde— a entrada no sector de provisión decarbóns de empresas integradas máis ou menos formalmente coas empre-sas armadoras.18 Os Suárez tiñan que enfrontarse non só con esta situa-ción senón coa competencia da potente Compañía General de Carbonesque estabelecera no ano 1916 depósitos flotantes en Vigo e logo naCoruña, en Corcubión e en Marín, dotados de potentes guindastres devapor.19 Suárez Hermanos, o brazo familiar en Vigo, quebra no ano1921, mentres os de Vilagarcía e Marín practicamente paralizan activi-dades. A Marítima Suárez, navieira serodia para aproveitar as vantaxes daguerra, tiña en 1920 cinco veleiros e un vapor para destinar ao transporte,que aínda en tal momento non comezaran apenas a traballar. A crise, que

251Marcelino Suárez González

17 Sen (1993).18 Sinde (1999).19 Bernárdez (1917).

Page 252: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

afectaría a todo o sector do transporte naval, acabaría axiña coa empresa,que desaparecería un par de anos máis tarde.Tamén a sorte de Caleras de Valdeorras comezara a se torcer nos anos

da posguerra. A emblemática empresa valdeorresa contaba en 1916 con28 traballadores na súa planta de transformación, e máis que duplicara aprodución dos seus inicios. Estando os seus mercados situados no Bierzoe, sobre todo, en Galicia, a onde enviaba o cal desde a veciña estación doferrocarril, o vento soprara ao seu favor coa expansión urbana de toda aárea litoral que se producira durante os dous primeiros decenios do sé-culo. Esta expansión déralle pulo á construción residencial e, xa que logo,ao consumo do cal producido pola empresavaldeorresa.Pero precisamente o aumento do prezo do

cal, ocasionado por esta expansión da de-manda, animara á entrada no sector de va-rias empresas competidoras en zonas moi pró-ximas á empresa do Barco. Nos arredores daserra da Enciña da Lastra, en «Peñamala» (Pa-radela del Río, León), a Compañía Eggem-berger de Bilbao comezara a explotación decanteiras de calcaria e construíra fornos de cal,o mesmo que Caleras Bercianas de Villaviejaen Priaranza do Bierzo. A necesidade das novasempresas de facerse un lugar no mercado, deulugar na primeira metade da década dos vintea unha guerra de prezos que fixo reducir estesa practicamente a metade. Os resultados forondemoledores para a empresa de MarcelinoSuárez.As empresas de Marcelino Suárez me-

draran non con recursos propios, senón máisben grazas a que as propiedades e os contactossociais propiciaran préstamos da banca locale rexional. As casas de banca valdeorresas dasfamilias Arias e Gurriarán e mais a coruñesade Sobrinos de J. Pastor eran as principais acre-

252Empresarios de Galicia

Marcelino Suárez González odía da entrega da Medalla aoMérito no Traballo, ano 1948. Arquivo Ángel Fernández

Page 253: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

doras. Á altura de 1925 a imposibilidade de facerlles fronte ás súas obrigaspor parte do empresario valdeorrés resolveuse mediante a conversión doseu negocio máis emblemático, Caleras, en sociedade anónima e na en-trega da maioría das accións ás casas acredoras. Caleras de Valdeorras, S.A.quedaría así participada polo Banco Pastor (450 accións), Marcelino Suárez(360), Ricardo Gurriarán y Hermanos (150) e Joaquín Olano (40), cunconsello de administración presidido por Marcelino Suárez, do que eravicepresidente Abelardo Zas y Simó, en representación do Banco Pastor.Un dos primeiros efectos da entrada desta última institución finan-

ceira na empresa valdeorresa foi o de propiciar a procura de acordos coascompetidoras para atallar a guerra de prezos. Marcelino conseguirá unacordo con Caleras Bercianas, polo que esta última pecharía as súas por-tas durante quince anos, en troques dun canon anual; o acordo cos bilba-ínos de Caleras de Peñamala consistiría na creación entre as dúasempresas dunha terceira, que se denominaría Caleras Reunidas. Estaúltima pasaría a actuar como un cartel de vendas para as dúas socias eencargarase da comercialización do total da súa produción. O resultadodo cartel é excelente no primeiro quinquenio, no que os prezos se recu-peran e Caleras de Valdeorras ve duplicada a súa facturación.20 Nese1930 a fábrica ampliara a cinco fornos e producía 20.000 toneladasanuais de cal vivo, cal graxo e cal en po, segundo a propia propaganda. Pero a partir de 1930 a competencia volve arrizar. Dunha banda, por-

que remata Peñamala, non respecta o acordo acadado cinco anos antes evolve fabricar. Pola outra, e sobre todo, porque o Banco Urquijo acendeos antigos fornos de Herrerías de Valcarce, preto de Vilafranca do Bierzo,e porque se abre outra nova entre Quereño e Toural. Se desde O Barcoexiste a posibilidade de enviar cara a Galicia o cal por ferrocarril, agoraos camións que levan peixe desde os portos galegos a Madrid, toman aoseu paso polo Bierzo como mercadoría de retorno o cal destas novasfábricas. Prezos e beneficios volven caer,21 o que obriga a chegar a unacordo máis oneroso có anterior.

253Marcelino Suárez González

20 Carmona Badía e Nadal Oller (2005), p. 231.21 Caleras de Valdeorras, S.A., Memorias (AFGS).

Page 254: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Ante os problemas no sector, Caleras proxecta entrar na fabricaciónde cemento artificial, o vello soño de Marcelino Suárez. En 1929 fóralleautorizada ao grupo vasco Martínez Rivas a fábrica de Cementos Cosmosen Toral de los Vados, destinada exclusivamente á subministración para asobras dos encoros de Saltos del Duero, S.A. Esta limitación animou aMarcelino a propoñer que se subsumise Caleras nunha nova sociedadede maior tamaño, que entraría na fabricación de cemento Pórtland acarón dos antigos fornos da estación de ferrocarril. A este efecto, Marce-lino Suárez dirixiríase a un axente belga de negocios, José Coppens, quetrataría de buscar capitalistas interesados neste vello proxecto do funda-dor de Caleras. A elevada valoración dos activos desta última empresa,coa que esta pretendía entrar na nova sociedade bloqueou axiña as nego-ciacións. En paralelo e pola súa conta, Marcelino, que atopa cada vezmáis dificultades para evitar a execución das garantías persoais que pesansobre varias das súas empresas, trata de venderlles a Coppens e a outrosposíbeis compradores as súas canteiras de mármore negro de Biobra,negocios de madeira e concesións diversas de minas de estaño, antimo-nio e volframio.Tanto Marcelino Suárez coma a familia Gurriarán venderanlle ao

Banco Pastor as súas accións en Caleras a comezos dos anos corenta. Aentidade financeira inaugura en 1950 unha nova fábrica no Barco, aCompañía Española de Industrias Electroquímicas (CEDIE), destinada a fabricar carburo de calcio que utilizaría como materia prima o cal davella empresa local. A partir daquela, Caleras comezaría un proceso dedesmantelamento, pasando as súas instalacións aos terreos de Martagui-sela, propiedade da nova electroquímica, despois dunha controvertidaexpropiación aos veciños. Finalmente, en 1956, Caleras integraríase enCEDIE.A historia en Antracitas de Brañuelas non se afastou moito do relato

anterior. Realizada a preparación das minas con recurso a un fortísimoendebedamento, prestamistas bercianos e valdeorreses pasan a dominara mediados dos vinte, cando comeza a recesión no sector do carbón, oconsello de administración da empresa. Son os Gurriarán, Bodelón eLópez Boto. Pero, agás os prezos da Primeira Gran Guerra, a explotacióndas capas superficiais que se emprendera naquela primeira etapa nonresultaba rendíbel. A necesidade de novas escavacións e nova maquina-

254Empresarios de Galicia

Page 255: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ria sería cuberta durante a segunda metade dos vinte con créditos doBanco Urquijo Vascongado. Pero os resultados, por mor probabelmentedunha dirección técnica pouco solvente, dunha situación complicadapola Gran Depresión e, probabelmente pola mala calidade dos depósi-tos, que tiñan un exceso de miúdos e un reducido ancho nas capas, con-duciron axiña a un camiño sen saída. Nun documento interno de 1933informábaselle ao consello de administración de que se precisaba a:«Busca de elementos directivos interesados no negocio nun ambiente demaior tranquilidade e de dirección e administración máis perfectas. Acrise é no noso caso tan grave na parte económica coma directiva e istoobriga a pensar noutras orientacións».22A imposibilidade de renovarse tecnoloxicamente fronte a unha com-

petencia forte e con tradición, cunha baixa de prezos incontrolábeldebido ao exceso de produción, as continuadas suspensións de labores, asmobilizacións obreiras dos anos trinta e unha incapacidade de obter máiscréditos, pois xa estaban hipotecados os bens persoais e familiares dos queformaban parte da sociedade, impedirían que houbese unha evoluciónprodutiva favorábel. O endebedamento flotante acumulado, pois as con-tas de crédito ascendían a máis de dous millóns de pesetas, en 1932, e,posteriormente, a Guerra Civil, e as súas consecuencias inmediatas, entreas que temos que destacar a paralización das explotacións e o consello deguerra e posterior encarceramento dos irmáns López Boto, membros doconsello de administración, darían ao traste esta iniciativa mineira impul-sada por Marcelino Suárez. Finalmente, en 1944, executaríase a liquida-ción da sociedade orixinaria (Antracitas), por embargo, pasando ás mansde Vicente Montal Camelles, en representación. A nova entidade que-daba rexistrada en Madrid e os seus estatutos serían modificados.Tras a morte de Marcelino Suárez en 1949, vai ser a comisión admi-

nistradora dos seus bens quen remate a historia material (comercial eindustrial) deste asturiano estabelecido en Valdeorras, un dos empresa-rios máis importantes do oriente ourensán. Un virtuoso dos negocioshipotecados que, con diñeiro alleo, soubo poñer en marcha importantesiniciativas industriais, aínda que a totalidade, co paso do tempo, fracasa-

255Marcelino Suárez González

22 AFGS, memorias e documentos internos de Antracitas de Brañuelas.

Page 256: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

sen. Mais, no seu descargo, como xa dixemos, hai que ter en conta operío do temporal que lle tocou vivir. Se ben foi beneficiario dunhabonanza económica, froito da Primeira Gran Guerra, e pasou por unhaposterior depresión, logo sería outra guerra, a española, e a devecidabanca, a que remataría por liquidar o seu capital industrial, por citarenos dous factores máis determinantes.Hoxe, no Barco, como testemuña da súa pegada na vila, queda unha

rúa co seu nome, un treito na estrada xeral, e daríalle continuidade aotramo anterior que leva o do seu sogro, Manuel Quiroga. E anterior aoutro treito que leva o nome do conde de Fenosa. Inconscientemente (?),os tres tramos conforman a historia económica do Barco, secuenciadatemporalmente, representada por tres iconas das posesións materiais, daindustrialización... en definitiva, do poder e da riqueza. A Casa Grandede Viloira pertence á Xunta de Galicia e está destinada a servizos múlti-ples. No imaxinario popular valdeorrés, de don Marcelino queda o contoaquel que dicía que metía o diñeiro na casa a sacos (certo ma non tropo),e que dona Elena, a súa dona, a continuación, o sacaba a carros...

256Empresarios de Galicia

Page 257: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

BibliografíaAbreu Sernárdez, L. F. (1983): La formación

de capital en la ría de Vigo (1888-1940).El sector naval y la industria conserve-ra, tese de doutoramento, Santia go, USC,tomo II.

Barbosa, B. (2002): «El hombre de los milnegocios», La Voz de Galicia.

Bernárdez, A. (1917): «Galicia. Crónicade un ejercicio», Revista Nacional deEconomía, núm. 11.

Bernárdez, A. (1918): «Los negocios deGalicia», Revista Nacional de Econo-mía, núm. 7.

Carmona Badía, J. (1993): «Sargadelos enla historia de la siderurgia española», Re-vista de Historia Industrial, núm. 3.

— e J. Nadal Oller (2005): El empeño in-dustrial de Galicia. 250 años de historia,1750-2000, A Coruña, Fundación PedroBarrié de la Maza.

Coll, S., eC. Sudriá (1987): El carbón enEspaña, 1770-1961). Una historia eco-nómica,Madrid, Turner.

Estadística Minera y Metalúrgica de España(1900-1940).

García Delgado, Roldán y Muñoz (1973):La formación de la sociedad capitalistaen España (1914-1920), Madrid, CECA,2 vols.

Gurriarán Rodríguez, R. (2000): Da pre-rromanización ao wolfram: apuntamentoshistóricos das explotacións mineiras enValdeorras, Santiago de Compostela,Tórculo.

— (2000): «No centenario da primeira in-dustria Valdeorresa: Caleras de Valdeo-rras», Programa das festas do Cristo, OBarco, Peymar.

257Marcelino Suárez González

Gurriarán, R. (2006, no prelo): «Valdeo-rras, o Sil, as vías de comunicación e assúas pontes: a de San Fernando (c. 1898).A ponte que caeu dúas veces», RevistaGalega de Economía.

— (2005): Gonzalo Gurriarán Gurriarán(1904-1975), O Barco de Valdeorras, Ins-tituto de Estudios Valdeorreses.

Sen Rodríguez, L. C. (1993): La mineríaleonesa del carbón, 1764-1959. Una his-toria económica, León, Universidade deLeón.

Sinde, A. (1999): «Las empresas pesquerasen la provincia de A Coruña, 1900-1960», Santiago de Compostela, USC,tese de licenciatura inédita.

Arquivos e DependenciasRMAC. Rexistro Mercantil da Coruña.

ANOB. Arquivo Notarial do Barco.

AHPOu. Arquivo Histórico Provincial de Ou-rense.

APAF. Arquivo Particular de Ángel Fernández(O Barco).

APABT. Arquivo Particular de Aurelio BlancoTrincado (O Barco).

AFGS. Arquivo Familia Gurriarán (Santiago).

Page 258: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

JOSÉ BARRERAS MASSÓ1867-1950

Page 259: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Os Barreras, unha dinastía de fomentadores

Nacido en Vigo no ano 1867, dentro dunha familia de longa tradicióncomo armadores e fabricantes de sardiña salgada, José Barreras Massófoi un dos principais actores de dous procesos paralelos que se producironna Galicia do cuarto de século anterior á Primeira Guerra Mundial: o es-pallamento da tracción de vapor na frota pesqueira e a introdución daindustria de fábrica; dous procesos que se localizaron fundamentalmentena ría de Vigo e que axiña se espallaron a outras áreas ribeiregas, configu-rando as bases económicas dun país que tería nas industrias do mar a cernado seu crecemento económico moderno.1 No feixe de empresarios queprotagonizaron aqueles procesos, José Barreras foi o técnico, o enxeñeirovocacional, que puxo ao servizo do crecemento da empresa familiar unscoñecementos escasos en Galicia, como escaso era o número de mem-bros da súa profesión que aquí traballaban daquela. Pero que, ademais, eno exercicio da súa actividade profesional e empresarial, poñendo motoresde carbón ou de petróleo ás embarcacións e contribuíndo á moderniza-ción das súas estruturas e materiais, fixo unha contribución substancial a

Xoán Carmona BadíaCatedrático da Universidade de Santiago

O ENXEÑEIRO EMPRESARIO

1 Giráldez (1996); Carmona e Nadal (2005)

Page 260: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

unha transformación radical da nosa beiramar.2 No grupo dos constru-tores navais da primeira metade do século XX figuraron tamén outros em-presarios moi destacados, entre os que non se pode esquecer aos Freire,Cardama, Santodomingo, ou mesmo a Enrique Lorenzo, pero, en todocaso, o primeiro en dar os pasos decisivos para a transformación do sector,e o máis representativo e avanzado do perío do foi sen dúbida José BarrerasMassó.O seu pai era José Barreras Casellas, fillo á súa vez de José Barreras

de Faus, un daqueles fomentadores cataláns que chegara a Galicia pro-cedente do seu Blanes natal xa a comezos do século XIX asentándoseaxiña na Pobra do Caramiñal. A mediados dos anos 1860 José BarrerasCasellas trasladaríase a Vigo, onde estivo dedicado ao tradicional negocioda salga, no que chegaría a ter dúas fábricas, unha en Balea (Cangas) eoutra nas illas Cíes; pero tamén ao novo do transporte marítimomediante veleiros que unían os portos galegos co Mediterráneo, conCanarias e coas illas de Cuba e Porto Rico, illa esta última onde estabaaveciñado o seu irmán Francisco. Os buques dos Barreras, ademais departiciparen no tráfico comercial, conducían emigrantes cara ás Antillas,un excelente negocio que por aquela época estaba aínda controladopolos armadores galegos. A partir de 1871 comezaría a adquirir vaporesen Inglaterra, de forma que en 1877 era propietario de tres deles nomea-dos Primer, Segundo e Tercer Barreras. Tratou de dar un salto cualitativonos seus negocios concorrendo á poxa para o transporte do correo aCanarias e ás Antillas, pero pasáralle por diante Antonio López, o futuromarqués de Comillas. A aventura naviera deste Barreras remataría coavenda dos vapores a algunhas das compañías que se acabarían facendograndes armadoras mercantes españolas, como por exemplo Olavarría, áque lle vende o Tercer Barreras (redenominado daquela Montero Ríos) en1881. Mentres José desenvolvía iniciativas no ámbito da navegación ata

260Empresarios de Galicia

2 Queremos agradecer a Astilleros Barreras as facilidades para a consulta de diversosdocumentos, tanto de texto coma gráficos, con que sempre nos distinguiron. Esta biografíaé en gran parte debedora da súa amabilidade. Queremos tamén deixar constancia da nosagratitude a Alejandro Barreras Barret, por permitirnos consultar a súa interesantísima auto-biografía inédita.

Page 261: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a súa morte en 1889, os seus irmáns Benigno e Marcelino dedicáronse áconserva, e formaron parte do grupo de pioneiros que introduciron estaindustria na ría de Vigo. Benigno foi tamén un dos fundadores de LaIndustrial Hispano Portuguesa, a primeira serraría mecánica estabelecidaen Vigo, instalada no Areal no ano 1879.Seguindo o que era tradición no grupo de fomentadores cataláns

estabelecidos en Galicia, José Barreras Casellas casara con EsperanzaMassó Ferrer, filla e irmá doutra familia de negociantes da mesma orixeimplantados na área de Vigo e do Morrazo. Esperanza era filla de Salva-dor Massó Palau, o vello piloto tamén oriúndo de Blanes asentado navila de Bueu e irmá de Gaspar e Salvador Massó Ferrer, fundadores daemblemática fábrica de conservas La Perfección no ano 1883, a caróndos comerciantes franceses Dargenton & Domingo. José Barreras Massóestivo así desde a súa infancia inmerso no mundo dos negocios maríti-mos, e máis en concreto nunha xeira de plena transformación técnica: ado cambio da vela ao vapor na navegación e o do cambio da salga á con-serva nos transformados da pesca. Non é estraño así que, tras o seu pasopolo colexio dos xesuítas de Camposancos, no que acadaría o título debacharel no ano 1882, acudira á Escola de Enxeñeiros de Barcelona aformarse como enxeñeiro industrial.No 1889, á morte de José Barreras Casellas, a empresa adopta a

forma de Sociedad Regular Colectiva baixo a denominación de Viuda deJ. Barreras y Casellas,3 situándose á súa fronte, á espera de que José aca-base os seus estudos e se instale definitivamente en Vigo, a propia Espe-ranza Massó e o segundo dos seus fillos, Federico, que acababa de faceros vinte anos. Cando en 1891 José regresa de Barcelona, como flamanteenxeñeiro, incorpórase a un negocio que ten fundamentalmente dúaspólas: dunha banda, a das fábricas de salga de sardiña; da outra, a das acti-vidades relacionadas co transporte marítimo. Federico manterase daquela

261José Barreras Massó

3 A información sobre cambios na denominación, composición e outros datos dassociedades familiares proceden dos libros de sociedades do Rexistro Mercantil de Ponteve-dra. Prescindimos de incluír as referencias concretas, que alongaría o texto e que resultaninnecesarias dada a facilísima localización dos datos. Aproveitamos para agradecerlle a estainstitución, e máis en particular a Enrique Maside, a colaboración que desde moito tempoatrás prestaron para a investigación universitaria en historia económica e empresarial.

Page 262: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

á fronte dos negocios tradicionais da familia, mentres que José pasará aocuparse da dirección xeral da empresa, e pronto, ao desenvolvementode novas actividades relacionadas coa súa formación técnica. O bo fun-cionamento da empresa familiar anima en 1895 a Esperanza Massó, queretiña a propiedade do capital familiar, e para os efectos de «darlles maiorestímulo aos don José e don Federico na súa laboriosa e intelixente coo-peración nos negocios da casa», a dar entrada a ambos como socios indus-triais; constitúese así a SRC Viuda e hijos de J. Barreras, cun capital socialde 75.000 pesetas. Os irmáns menores de idade quedan temporalmenteá marxe tanto da sociedade coma dos negocios.

Un técnico á fronte da empresa familiar

A primeira actuación empresarial de José Barreras sería a montaxe enVigo no ano 1888 dunha pequena fábrica de xeo —unha das primeirasestabelecidas en España— coa patente inglesa de J. West. Esta fábricanacía para subministrarlles xeo aos vapores de pesca e, sobre todo, aosvagóns ferroviarios que —desde a inauguración da conexión Vigo-Madrid tres anos antes— transportaban peixe cara ao interior da penín-sula. Ao ano seguinte (1892), tratando de aproveitar a crecente demandade pesqueiros de vapor existente na ría de Vigo, estabelece uns talleres dereparación deste tipo de embarcacións e de montaxe de máquinas de va -por inglesas, da marca Plenty & Son, sobre cascos fabricados por distin-tos carpinteiros de ribeira da ría. Este taller, situado no Areal, ao final daactual rúa de Colón, complementaríase a partir de 1895 cun pequenoestaleiro contiguo onde comezarían tamén a construírense os cascos.Deste pequeno estaleiro, que se mantería no Areal ata o remate da Pri-meira Guerra Mundial, sairían entre 1892 e 1916 nada menos que 325vapores, practicamente todos destinados á pesca; na súa maior parte osseus seareiros foron os armadores galegos, pero un 25% deles foron adqui-ridos por industriais doutros portos españois e portugueses, especialmentedo onubense de Isla Cristina, que armou a práctica totalidade da súa frotatarrafeira no estaleiro do Areal.Durante a última década do XIX, ademais do estaleiro, os irmáns

Barreras van facéndose con frota de pesca. José Barreras Massó sería ade-mais, dentro deste ámbito, un dos fundadores do Lloyd Gallego, consti-

262Empresarios de Galicia

Page 263: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tuído en 1896 e que se disolve en 1899. O LLoyd, que contaba co apoiodo banqueiro pontevedrés José Riestra López, e que incluía entre os seussocios os irmáns Gaspar e Salvador Massó, e os consignatarios EstanislaoDurán e Fernando e Antonio Conde entre outros, constituía hipotecasnavais sobre buques de pesca, que se comprometían a asegurarse nel.A terceira gran liña de negocio da empresa durante os anos noventa

centraríase nun ámbito ben coñecido polos irmáns Barreras Massó, o dotransporte de emigrantes e mercadorías por mar. Os Barreras, que prota-gonizaran en vida de José Barreras Cásellas, un dos poucos intentos de es-tabelecer unha frota mercante de vapor con sede en portos galegos, con-templaran nos setenta e nos oitenta a sucursalización da maior parte dos

263José Barreras Massó

José Barreras Massó rodeado de varios

colaboradores, circa 1920. Arquivo Pacheco

Page 264: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

demais armadores, convertidos agora en consignatarios das grandes com-pañías internacionais de navegación, que monopolizaban o tráfico dosportos galegos cos destinos da emigración americana. Perdidas as primeirase mellores ocasións de convertérense en consignatarios (Pacific SteamNavigation, Royal Mail, Norddeutscher Lloyd), atoparon na expansión daemigración a Brasil dos anos noventa a ocasión de entraren neste negocioe fanse coa representación de tres liñas que comezan a tocar en Vigo a re-coller emigrantes con aquel destino: Booth Line, R. Singlehurts & Co.e Lamport & Holt.4 Foi este un negocio do que se ocupou Federico, quetivera «educación comercial» en Inglaterra e que falaba inglés e francés.Federico foi progresivamente engadindo representacións, ata convertera empresa familiar a comezos do XX nunha das principais consignatariasviguesas, que en 1908 representaba, ademais das liñas devanditas, a GoldenCross, Cunard, London & Edinburgh Shipping e Prince Line.En 1899 a sociedade, que tiña xa unha fábrica de salga en Balea, esta-

belece fábrica de conservas en Guixar (A Rebouza) e en 1903 unhasegunda na praia de Menduíña (concello de Cangas) en asociación cosirmáns Bolívar Massó. Na Rebouza tiñan en 1902 un administrador(Ramón Álvarez) e un director técnico (Desgardin), aínda que en todocaso, o responsábel do negocio da conserva é, desde o seu regreso en1902, Julio Barreras, que estivera en Hannover e en Bruxelas adquirindo,igual có seu irmán, educación comercial e aprendendo os respectivos idio-mas durante os anos 1901 e 1902. Deste xeito, mentres Federico se ocupa dos negocios de consignación

e Julio dos conserveiros, o maior, José, atende os relacionados coa fundi-ción e coas construcións mecánicas, dentro das que o estaleiro ocupa olugar principal. José Barreras, coa experiencia acugulada nestes proxec-tos pasará a finais do século non só a ofrecer barcos ou sardiñas en latasenón uns pioneiros servizos de instalación e de montaxe «chave enman» de fábricas de conserva e doutros produtos. Entre as fábricas mon-tadas por Hijos de J. Barreras estiveron La Metalúrgica, dedicada á cons-trución e ao litografado de envases inaugurada xa en 1900 ou a fábricanova dos Massó que se abre en 1926. Igualmente aproveitará a cualifica-

264Empresarios de Galicia

4 Vázquez González (1999).

Page 265: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ción propia e do seu equipo para erixirse en representante dalgunhasempresas estranxeiras produtoras de maquinaria que esixían servizos demontaxe e seguimento, como foi por exemplo a casa alemá Evers, pro-pietaria do primeiro sistema de peche mecánico de latas, o sistemaAsche, que lle confiaría a representación en exclusiva das súas máquinaspara toda a península Ibérica. Barreras instalou este tipo de sistemas engran parte das fábricas de conservas de peixe españolas e portuguesas doprimeiro quinquenio do século XX. As súas propias patentes convértenono principal titular galego deste tipo de dereitos de propiedade intelec-tual de todo o primeiro terzo do século XX. Viuda e hijos de J. Barrerasrexistra entre 1878 e 1925 sete patentes, cinco relativas a melloras na fa -bricación e apertura de latas de conservas, unha referida a autoclaves paraa mesma actividade e unha referida a un tipo de hélice propulsora pa-ra buques.Durante estes primeiros anos José Barreras Massó dirixe persoal-

mente a empresa, aínda que realiza frecuentes viaxes, especialmente aAlemaña, durante as que é substituído na dirección dos negocios polo seuirmán Federico. En tales viaxes visita os estaleiros e fábricas de maquina-ria, así coma os principais portos pesqueiros, e estuda os distintos sistemasde pesca e as tendencias existentes no que atinxía á evolución das embar-cacións que constituían a súa especialidade.A incorporación ao negocio de Julio Barreras oficialízase coa disolu-

ción en 1907 da SRC Viuda e hijos de J. Barreras e coa constitución deHijos de J. Barreras, formada xa polos tres irmáns José, Federico e Julio,que cun capital de 100.000 pesetas, incorporaría a ela os activos daempresa familiar. Como resulta común no momento da sucesión enmoitas empresas desta caste, a transformación implicou o desembolsodunha importante cantidade de diñeiro á viúva e aos irmáns menores quenon entraban na nova sociedade. A entrega a estes de 850.000 pesetas, nasúa maior parte en efectivo, durante os anos 1907 e 1908, obrigou a adiaras importantes ampliacións do estaleiro que estaban proxectadas xanaquela altura.O estaleiro era xa, en todo caso, desde antes da transformación da

sociedade, o principal obxecto das angueiras do maior dos irmáns Barre-ras. Ata os anos da Primeira Gran Guerra as súas instalacións no Arealtiveron un tamaño necesariamente reducido, marcado entre outras cou-

265José Barreras Massó

Page 266: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

266Empresarios de Galicia

sas pola súa propia localización nunha área ben densa na que se locali-zaba a maior parte da industria viguesa. Neste contexto, a estratexia deBarreras foi a de externalizar unha parte da construción dos cascos; encar-gábanllelos a carpinteiros de ribeira das rías de Vigo e Noia, especial-mente do Freixo e aforraban así un espazo que lle permitiría ampliar otaller de maquinaria, polo que si que pasaban tanto os cascos construídosin situ coma os encargados fóra. En realidade, era neste eido da mecánicaonde radicaba a fortaleza de Barreras, pois aínda que os motores instala-dos foran, desde un principio, fabricados pola casa inglesa Plenty & son,tratábase dun modelo especial, elaborado conforme a un deseño forne-cido polo propio José Barreras. O enxeñeiro vigués non tiña aínda acomezos do século nin os medios para os fabricar nin tampouco o réximearancelario o facía rendíbel, polo que os encargaba en Inglaterra. Comoalternativa ao motor británico, José comezou a ofrecerlles aos seus clien-tes no ano 1901 unha variante daquel, construído nos talleres sevillanosde Portilla. En 1908, e sobre a base destes últimos, pasou xa a fabricar, atítulo experimental, algún nos seus propios obradoiros do Areal.Nestes anos previos á primeira gran guerra participou José Barreras

Massó nun ambicioso e frustrado proxecto empresarial de estudo e explo-tación de minas, canteiras e saltos de auga en Turquía, Grecia e Serbia.A Sociedad Hispano Oriental, que esta era razón social da empresa, estabaformada polos empresarios vigueses Estanislao Durán, Guillermo Oia eGaspar Massó, a carón de dous sobranceiros enxeñeiros cataláns, JoséAlberto Barret e Gerónimo Bolívar, profesor o primeiro da Escola deEnxeñeiros de Barcelona e consultor en patentes e tecnoloxía o segundo.Aínda que o director xerente e a alma da empresa era o primeiro destestécnicos, o contacto entre uns e outros fora José Barreras, discípulo deBarret e fortemente relacionado con Bolívar desde tempo atrás, pois eraeste último o que lle tramitaba as súas solicitudes de rexistros e patentes.A Sociedad Hispano Oriental tiña en 1914 concesións de minas de sal,de magnesita, de canteiras e de saltos de auga nos países citados así comacontratos de enxeñaría con varios gobernos da zona, pero o estouro da Pri-meira Gran Guerra cos importantes cambios políticos e xeoestratéxicosque dela se derivaron, obrigou o práctico abandono da actividade. En1915 a empresa reduciu o capital á décima parte do escriturado no intreda súa fundación.

Page 267: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Tivo tempo aínda José Barreras durante estes anos para casar conMaría Teresa Bolívar Pinós (1908) e para desenvolver unha ampla acti-vidade de representación e defensa dos intereses corporativos no eidodos negocios da familia. Foi un dos fundadores da Liga Marítima Espa-ñola no ano 1901 e ocupou en varias ocasións o posto de vogal da Xuntade Aranceis e Valoracións, un importante organismo dependente do Mi-nisterio de Facenda que interviña na actualización das valoracións dosprodutos de exportación e importación e mais no proceso de elabora-ción dos aranceis, cuestións ambas de singular importancia para os sec-tores económicos vigueses, moi orientados ao comercio exterior. No ám-bito vigués, participou nos principais debates a que deron lugar oscambios técnicos no sector pesqueiro da época, e mantivo posicións es-pecialmente activas no relativo á introdución das motoras no primeirodecenio do século.

O estaleiro, cerna da actividade empresarial

A Guerra Mundial supuxo unha importante capitalización para aempresa tanto na fabricación de conservas coma na construción deembarcacións. O conflito significou, para un país neutral como eraEspaña, un forte aumento da demanda do primeiro de tales produtos eunha elevación dos prezos ben superior á dos custos, o que disparou osbeneficios do sector, no que Hijos de J. Barreras contaban con dúas fábri-cas. No ámbito do estaleiro, viuse este beneficiado porque a boa conxun-tura xeral do sector pesqueiro —non só a conserva— permítelles aosarmadores encargar novos e maiores buques, para poderen acceder ápesca en caladoiros máis afastados, precisamente nun intre no que nonse lles pode mercar aos países belixerantes, o que dispara a carteira deencargos dos estaleiros nacionais. A interrupción das importacións demaquinaria procedente dos países en conflito, permítelles a algunhasempresas que dispoñían da tecnoloxía precisa, entrar na fabricación deprodutos substitutivos das importacións. Barreras, igual ca outros estalei-ros e talleres vigueses pasa a construír máquinas e caldeiras, e entregamais de oitenta unidades do primeiro destes artefactos durante a guerra.A empresa medrou substancialmente, e os 150 operarios que nela traba-llaban en 1911 son xa agora 400, a metade ocupados no taller mecánico

267José Barreras Massó

Fotografía da páx. seguinte:Panorámica do Areal viguéscontra 1914. No primeiroplano o estaleiro de Hijos

de J. Barreras, antes do seutraslado a Coia. Ao fondo, á

esquerda, a fábrica de conservas da Rebouza,

tamén dos irmáns Barreras.Arquivo Pacheco

Page 268: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

e o resto nos labores do estaleiro propiamente dito.5 O tipo de buques quese fabrican son, no entanto, moi semellantes aos de 1908. O salto cara aoutro tipo de buques, de maior dimensión e xa en aceiro, era o obxectivoque José Barreras viña perseguindo desde polo menos unha década, e quetivera que adiarse por mor da descapitalización ocasionada pola sucesiónfamiliar. Finalmente este obxectivo semellaba estar ao alcance da man.No contexto da extraordinaria conxuntura dos negocios que foi a gue-

rra José Barreras proxecta a transformación da empresa en sociedade anó-nima como forma de acadar os recursos precisos para a construcióndunha nova factoría que se localizaría en Coia, que incluiría tamén acarón das instalacións e do taller de maquinaria, un novo de caldeiraríagrosa e todas as instalacións precisas para a fabricación de buques deaceiro de 1500 toneladas. Contaba para iso co compromiso de entrada devarios industriais cataláns e mais da Compañía Española de Carbones. Acaída da demanda e dos prezos dos fretes derivada da normalización deposguerra leva a quebra a moitas navieiras dos países neutrais, frea ademanda de novas construcións e desanima o investimento nos estalei-ros. Deste xeito, varios socios que previran a súa entrada no capital deBarreras no momento da súa conversión en S.A. abandonan o proxecto,o que obriga a Barreras a adiar a modificación da forma societaria. Ade-mais, unha parte dos propios beneficios que na guerra obtiveran os pro-pios Barreras esvaecéranse ao seu remate como consecuencia das perdassobrevindas no negocio do transporte no que decidiran entrar durante oseu transcurso. A aquel efecto construíran eles mesmos dous pequenosvapores mercantes e encargaran outros dous maiores en Inglaterra,buques todos eles dos que se tiveron que desfacer con graves perdas entre1921 e 1922. Obrigados a desenvolver o proxecto só cos recursos daempresa familiar, iría este máis paseniño, distribuído ao longo dunhadécada. Primeiro foi o traslado a Coia dos talleres mecánicos e a constru-ción das primeiras dúas instalacións, que permitiron realizar construciónsna nova localización xa en 1919. Logo, durante os primeiros vinte, a

268Empresarios de Galicia

5 Vida Marítima (1911), núm. 336; Arquivo Municipal de Vigo, caixa URB/182,«Expediente invitando a los poseedores de astilleros y otros servicios constituídos abusiva-mente en las costas de esta provincia, para que legalicen sus concesiones». Ano 1918.

Page 269: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

269José Barreras Massó

Page 270: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

construción dos talleres de fundición, forxa e caldeiraría e das cinco gran-des naves destinadas a maquinaria, montaxe, axuste e modelaría quecaracterizaron a fasquía da factoría durante moitos anos. En 1923 xa seanunciaban os novos talleres no Faro de Vigo.Os anos vinte foron unha época particularmente difícil para as indus-

trias marítimas viguesas, porque ademais de vivir, como a maior parte daindustria española, a crise derivada da redución dos pedidos externos e dafin da enorme oportunidade de substituír importacións que se produceao remate da guerra mundial, tivo que enfrontarse cunha importantecrise pesqueira nos anos centrais da década.6 A desaparición da sardiña eo esgotamento dos recursos de pescada nas costas galegas provocaron acaída dos resultados das empresas pesqueiras e o derrubamento dademanda do tipo de buque que constituía a tradicional especializacióndo estaleiro. Neste sentido, se a guerra foi importante porque permitiu otraslado a Coia, a crise da posguerra tamén o foi por tres motivos. O pri-meiro deles forzou un aumento da integración vertical na empresa eampliou a póla pesqueira do negocio familiar; en efecto, ante a falta devendas e co obxecto de manter en funcionamento o estaleiro, a familiaBarreras constrúe para si mesma de xeito que amplía substancialmente asúa frota pesqueira, que destinará á pesca no Sur de España con base enAlgeciras, onde chegarán a ter máis de quince buques pesqueiros. Osegundo, porque impulsou a diversificar o ámbito de traballo da factoríanaval, nun esforzo por combater o ciclo da construción naval; empezaráasí a construción de material ferroviario, tubaxes para condución deaugas, estruturas metálicas para mercados, lonxas e outras obras públicas(dársena de viaxeiros para o porto de Vigo, almacéns para o de Málaga,etc.), un negocio no que tamén entran outros estaleiros. Finalmente, acrise forzou a outorgarlle maior importancia ao negocio das reparacións,así coma a acelerar o esforzo para comezar a construción en aceiro e saíro monocultivo dos pesqueiros. Deste xeito, en 1924 a factoría de Coia ins-talará a soldadura eléctrica, baixo a supervisión dun enxeñeiro alemán,nos inicios só para reparacións, e axiña comezará xa a construción dos pri-meiros buques de aceiro: o Aragón e mais o Castilla, ambos para a mala-

270Empresarios de Galicia

6 Lavandeira (1992); Carmona e Nadal (2005).

Page 271: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

gueña Pesquera Española S.A., que, botados no ano 1927, serían os pri-meiros deste tipo construídos en Galicia por un estaleiro privado.Durante os anos da Guerra Mundial José Barreras asumiu un im-

portante papel de representación e guía dos intereses económicos da in-dustria viguesa. Ademais de manterse como vogal da Junta de Arancelesy Valoraciones, formou parte do Comité de Distribución de Hojalata, aoque o Ministerio encargara a repartición das importacións entre os dis-

tintos sectores consumidores desta materiaprima, fundamental para a industria conser-veira galega. Foi igualmente fundador e pri-meiro presidente da Asociación General deIndustrias Pesqueras y Derivadas, estabele-cida en Vigo en 1917, unha entidade de de-fensa corporativa do sector pesqueiro que agru-paba tanto ás actividades extractivas comaás transformadoras, e que desenvolvería unhaactivísima política na mellora das subminis-tracións de carbón para o sector e na melloradas comunicación para o porto de Vigo. JoséBarreras foi, como presidente da Asociación,o promotor da fundación en 1927 da revistaIndustrias Pesqueras. Nesta publicación, de-cana das europeas do sector, que celebrou re-

centemente o seu setenta e cinco aniversario, e que foi dirixida por Va-lentín Paz Andrade durante corenta e cinco anos, colaboraron non só osmáis destacados especialistas do sector, senón tamén artistas como Ma-side, Castelao, Carlos Sobrino ou Federico Ribas.7 Finalmente, e taméncomo parte da súa actividade de lobby en favor dos intereses pesqueiros erelacionados sería deputado polo Partido Conservador por Redondelaentre 1920 e 1923.A súa función de presidente da Asociación General de Industrias Pes-

queras y Derivadas, así coma o crecente peso da actividade armadora quenos anos vinte adquire a pesca nos negocios da empresa familiar, levaron

271José Barreras Massó

7 Carmona e Giráldez (2003).

Anuncio das fábricasde conservas de Hijos de J. Barreras, circa 1910

Page 272: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a José Barreras a percorrer a mediados daquela década os máis importantesportos pesqueiros europeos (Grimsby, Geestmunde e Ostende) como pasoprevio para realizar unha proposta sobre o novo porto pesqueiro vigués,destinada a convertelo en principal porto pesqueiro español. O resul-tado destes traballos foi a proposta no ano 1926 de que a construción dogran porto pesqueiro que Vigo levaba tempo reclamando se realizara enBouzas, e non no Berbés como figuraba no proxecto de Eduardo Cabelloe que o Ministerio de Fomento parecía apoiar naquela altura. A pro-posta de Barreras, moito máis ambiciosa —e cara— cá de Cabello, deulugar a unha amplísima controversia, na que os artigos xornalísticos emesmo os mitins se fixeron comúns. Na campaña contra o proxecto deBarreras participaría como orador en tres mitins o líder agrarista BasilioÁlvarez, que tomou parte na polémica reclamado polas empacadoras daRibeira (do Berbés). Álvarez, que foi un dos oradores máis celebrados —e menos informados— dos que tomaron parte no debate, chamaba aBarreras repetidamente «profesor de enerxía», aludía sen dúbida á teimaque o enxeñeiro profesaba pola xeneralización das enerxías mecánicas.En 1928 disólvese a sociedade colectiva e constitúese a S.A. Hijos de

J. Barreras, cun capital de 5 millóns de pesetas, incorporándose a ela oirmán menor Fernando. Fronte ao fracasado proxecto de conversión enS.A. da década anterior, que coa entrada de varios socios externos deberíasignificar a perda do carácter familiar da empresa, a conversión de 1928mantivo este último carácter, pois os catro irmáns mantiñan o 80% docapital. No balance de peche da antiga sociedade resultaba xa evidente acentralidade do estaleiro nos negocios da empresa: o inmobilizado da fac-toría de Coia representaba o 65% do activo; o valor da frota pesqueira, o16%; o inmobilizado en fábricas de conserva e salga non chegaba ao 4%.De feito, a fábrica da conservas da Rebouza pechara as súas portas en1923 e a de Menduíña, na que Hijos de J. Barreras representaba o 50% acarón da familia Bolívar, deixaba de fabricar no mesmo ano no que Barre-ras adoptaba a forma anónima. A fábrica de salga de punta Balea quedabacomo último reduto da empresa no negocio da conservación de peixe,aínda que como xa vimos, non representaba senón unha posición moimarxinal no conxunto dos negocios familiares. En 1929 morre Federico,o que significa o progresivo abandono das actividades de consignaciónpor parte da sociedade anónima, que pasarán a mans de Gaspar —un dos

272Empresarios de Galicia

Page 273: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

irmáns menores—, que se ocupará a título individual desta actividadeque atravesaba naquela altura unha situación crítica. O estaleiro configú-rase así a remates dos vinte como o auténtico obxecto social de Hijos deJ. Barreras, pois a actividade armadora era, en certo sentido, unha formade integración vertical subordinada á construción naval. Julio Barrerasasume a dirección da sección pesqueira, que en todo caso adquiriría unhagrande importancia nos anos seguintes.A botadura no ano 1927 dos primeiros buques de aceiro significaba

sen dúbida un punto de inflexión na historia do estaleiro, e a partir da-quela o esforzo do enxeñeiro director orientaríase en dous sentidos: o pro-gresivo abandono das construcións tradicionais en madeira en favor dasrealizadas en aceiro e a fabricación dos novos propulsores que se estabanimpoñendo nos buques de dimensión media construídos neste material:os motores diésel. No primeiro destes obxectivos, as cousas foron moiamodo, pois os armadores galegos apenas demandaron durante os anosanteriores á Guerra Civil embarcacións con casco de aceiro, de xeitoque as construcións deste material que se entregaron entre 1927 e 1936fórono para armadores andaluces, vascos e asturianos. Ademais estasconstrucións en aceiro non representaron senón algo menos dun 25%do total, de xeito que no intre do estouro da Guerra Civil, a maior parteda tonelaxe botada por Barreras seguía a ser en madeira.8 Para acadar ooutro obxectivo, o de fabricar motores diésel, Hijos de J. Barreras acadouun acordo de cesión de patentes coa empresa holandesa Werkspoor quelle permitiría á factoría viguesa montar os primeiros destes enxeños de pro-dución propia xa no ano 1934. Deste xeito, a empresa convertíase nun dostres primeiros talleres españois que construíron motores diésel en España,o primeiro en todo caso na súa categoría, pois os outros dous pertencíana empresas do tamaño ben superior como eran a Constructora Naval deSestao e La Maquinista Terrestre y Marítima de Barcelona.9A caída da demanda de buques pesqueiros que se produce nos últi-

mos anos vinte e primeiros trinta obriga a Barreras a realizar esforzospara manter a carga de traballo, nos que acadarán un notábel éxito, pois

273José Barreras Massó

8 Lavandeira (1992).9 Valdaliso (1996 e 1997).

Page 274: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

conseguirán o encargo do que sería o seu primeiro petroleiro, o Campa-láns, para CAMPSA, a empresa que se acababa de crear, así coma o dedous gardapescas tamén en aceiro para o sector público, construciónsestas que completarán coa de buques para a familia Massó, unida a elespor lazos familiares e de negocios. Para completar a carga de traballoaumentarán a facturación en construcións metálicas, fabricarán tubaxespara centrais eléctricas, a estrutura das pontes para os ríos Sampaio eUlla e outras obras menores. Non parece neste sentido que a Repúblicalle sentara mal ao antigo deputado conservador por Redondela, candomenos ata o estouro da folga metalúrxica do mes de Nadal de 1935 quemantivo paralizada a factoría durante máis de tres semanas e a posteriorvitoria da Fronte Popular, que coa implantación da xornada de 44 horase outras medidas sociais incomodaría a José Barreras. En todo caso, na-quel último ano reduciuse o cadro de persoal da empresa, pero apenasos resultados.O estouro da Guerra Civil mudou radicalmente as regras de xogo nas

que se movían os estaleiros vigueses. En poder dos leais á República amaior parte das industrias capaces de producir armamento, as fábricasmetalúrxicas da cidade olívica—de envases, estaleiros, construciónsmetálicas— foron mobilizadas para a produción de diversos elementos decombate. Barreras fabricou xa no propio ano 1936 bombas e espoletaspara aviación, granadas para morteiro de 81 mm e proxectís de 155 mm.O ritmo de traballo durante a conflagración foi febril: traballaban día enoite sen interrupción incluíndo domingos e festivos. Na memoria daempresa correspondente a 1937 estimábase que naquel ano a facturaciónquintuplicara a dun ano normal, aínda que iso fose ao custo do «aniqui-lamento, da destrución poderiamos dicir, da case totalidade da nosamaquinaria». Ademais de balerío diverso, naquel ano Barreras fabricaraarmaduras e diversos elementos para a base aérea de León e para a esta-ción de Vigo, un elevado número de tanques para auga e gasolina desti-nados ao 8º Corpo do Exército e non poucos elementos metálicos paradiversas industrias. Se a todo isto engadimos que a actividade de constru-ción naval non foi interrompida durante este período, resulta explicábelque a facturación se quintuplicase. Deste xeito, e malia a forte deprecia-ción da maquinaria, o crecemento exponencial dos ingresos compensousobradamente tanto aquela coma a perda de buques ocasionada pola

274Empresarios de Galicia

Page 275: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

sublevación das tripulacións da frota de Algeciras e polo afundimento dedous dos seus pesqueiros no estreito de Xibraltar por parte da frota repu-blicana. Os beneficios dos anos 1937 e 1938 quintuplicaron e decuplica-ron respectivamente a media dos anos republicanos.

Crecendo na autarquía: as derradeiras batallas de José Barreras

Os anos da posguerra coñeceron un forte crecemento da demanda debuques pesqueiros, destinados a fornecer a famenta poboación españoladunhas proteínas que semellaban, no curto prazo, máis doadas de obterdo mar ca da terra. Nun contexto de forte illamento internacional tiñanque ser os estaleiros españois os que construísen a nova tonelaxe precisapara cubrir este obxectivo polo que o novo réxime tratou de promoveresta actividade polo que se incluíron as embarcacións pesqueiras dentrodos beneficios que se lle outorgaron ao conxunto das construcións mer-cantes pola Lei de crédito naval de 1939 e polos decretos que a desenvol-veron. O crédito naval permitía financiar ata o 80% do valor dos buquesa tipos de xuros reais negativos e prazos de 20 anos, e constituiría a basefinanceira da expansión da construción naval e da frota pesqueira dosanos da posguerra.10 José Barreras, que coñecía ben os seus mecanismos,porque participara no proceso da súa elaboración, conseguiu que o seuestaleiro fora un dos principais beneficiarios do crédito naval nos anosseguintes.Neste contexto de financiamento barato, a estratexia de Barreras foi a

de crecer aumentando non só o número de barcos construídos, senón ta-mén o tamaño das construcións, pois esa era a forma de escapar da com-petencia da vaga de novos estaleiros, moitos deles de reducida dimensión,creados ao agarimo das favorábeis condicións do momento. Esta estrate-xia incluía tamén o aumento do número e da potencia das construciónsde motores diésel. Todo iso esixía aumentar o tamaño das instalacións edos talleres, así coma a construción dun novo peirao de armamento, ta-refas ás que a empresa se aplicou xa a comezos dos corenta. As novas ins-talacións permitirían ir aumentando progresivamente a dimensión das

275José Barreras Massó

10 Giráldez Rivero (1997 e 2005).

Fotografía da páx. seguinte:Estaleiros de Hijos de J. Barreras, xa nas súas

instalacións de Coia, ano1929. Arquivo Pacheco

Page 276: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

276Empresarios de Galicia

Page 277: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

parellas de aceiro que dominan a produción da em-presa durante os anos corenta así coma a construcióndun grupo de bacalloeiros de 1.000 toneladas de rexis-tro e 58 metros de eslora, destinados á empresa viguesaCOPIBA, que se programaran xa durante a Guerra Ci-vil, na época na que Suances ocupara o Ministerio deIndustria.Barreras esforzouse igualmente en poñer en marcha

innovacións tanto no que atinxe ao produto coma aosprocesos de fabricación. No primeiro destes sentidos,desenvolveu tres liñas principais de actuación. A pri-meira delas a de mellorar as formas dos cascos, obxec-tivo para o que chegou a un acordo coa alemá Meierpara utilizar as súas patentes. As outras dúas foron ade aumentar a proporción de embarcacións de aceiroe a de xeneralizar ou avanzar na substitución das má-quinas de vapor polos motores diésel, unha angueira naque xa viña traballando desde a década anterior. Fronteao éxito acadado na introdución das novas formas noscascos, as restricións nas subministracións de aceiro emáquinas-ferramentas e as características tradicionaisda demanda galega de pesqueiros frearon o avance dasoutras dúas liñas proxectadas. No que atinxe ao mate-rial dos cascos habería que agardar aínda a 1956 parapoder abandonar totalmente a construción en madeirae no relativo aos métodos de propulsión, a escaseza dosegundo dos elementos indicados forzou unha vagarosaprodución na liña de motores diésel, desenvolvida deforma artesanal, que levou a que unha parte importantedos buques construídos ou mellorados nos anos corentainstalaran queimadores de fuel para funcionar coas tra-dicionais máquinas de vapor. No que atinxe aos procesos, Barreras esforzouse en

estandarizar ao máximo os procesos de fabricación,abandonou a construción de pesqueiros a medida e des-envolveu formatos de serie, aos que precisamente de-

277José Barreras Massó

Page 278: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

nominarían Standard Barreras, nos que se reducían substancialmente osgastos de enxeñaría e deseño, así coma por primeira vez se introducíaneconomías de escala na construción naval galega. Aínda que os StandardBarreras deberían incorporar todos casco de aceiro e motor diésel Werks-poor, a primeira serie, a dos vinte Standard Barreras 1940, incluíu algúnsde casco de madeira por falta de materiais. A estes buques sucederían dis-tintas series que culminarían cos Superstandard, dos que as dúas primeirasunidades se botarían en 1949. Este novo tipo de embarcación destinadaa viaxar polos mares de Terranova tiña unha eslora entre perpendicularesde 30 metros e substituía os motores de 330 CV por outros de 430 CV. Oéxito da parella Salvaterra-Caldelas na pesca daqueles mares, e moi logoao sur de cabo Blanco, estimulou a demanda deste tipo de parellas, queacompañarían os grandes bacalloeiros de COPIBA, PEBSA e PYSBE noscaladoiros do bacallau durante os anos seguintes. Hijos de J. Barreras financiouse durante os anos corenta con cargo a

recursos propios, cun capital que se multiplica por tres entre 1938 e 1945;en segundo lugar con cargo a primas e crédito naval, e, finalmente, enmoi inferior medida, a crédito bancario a curto prazo. O crecemento daempresa implicou o aumento do staff técnico e da nómina de operariosque no ano 1945 acadaba xa os 920.11 José Barreras vai cedendo respon-sabilidades a outros profesionais no ámbito técnico e administrativo, dexeito que a empresa pasa a funcionar conforme a dúas divisións diferen-ciadas e cun importante grao de descentralización. Dunha banda, a depesca, que ten como director a Julio Barreras, do que dependen os xeren-tes das sucursais de Sevilla e Algeciras. Da outra, a da construción naval,que ten como director a José Barreras, do que dependen o director téc-nico da factoría de Coia, que é o enxeñeiro Leandro Fernández, e mais odirector comercial, que é Fernando de Miguel. Uns e outros dependende José Barreras Massó, que é director xeral da empresa, ademais de pre-sidente do Consello de Administración. O crecemento do estaleiro durante os corenta, tarefa á que José

Barreras dedicou a cerna da súa actividade, non estivo en todo casoexento de problemas. Aos ocasionados polas pésimas condicións de sub-

278Empresarios de Galicia

11Ministerio de Industria (1945).

Page 279: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ministración de inputs como aceiro ou maquinaria, engadiuse a graveincerteza creada a comezos da década polos cambios e polos atrasos nosproxectos de construción da estrada de Bouzas por beiramar, que obriga-ron a resituar algúns elementos da factoría naval de Coia. E, finalmente,os problemas internos dunha empresa familiar, pois a comezos doscorenta os irmáns menores, Julio e Fernando, reclamaron un aumentona súa participación na empresa, en detrimento dos herdeiros de Fede-rico e do propio José, que viu reducida esta a un 32%, unha situación queno caso de conflito familiar o situaba nunha posición difícil.A todo isto engadiuse nos anos 1947-48 un importante cambio no

ciclo pesqueiro. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial os buques gale-gos debruzáranse sobre os caladoiros do Gran Sol, e experimentaron osefectos beneficiosos da veda forzosa dos anos da guerra; os magníficosresultados fixeron que os seguiran os do Cantábrico e unha morea de pes-queiros doutros países do norte de Europa. En pouco máis de dous anos,o caladoiro estaba esgotado. Os pedidos dos estaleiros volveron caer eVigo viuse abocado a outra das crises cíclicas a que conducía a súa fortedependencia dos negocios marítimos. Para Barreras a integración verticalseguía xogando un papel de colchón das flutuacións, agora facilitadopolo crédito naval. Xa que logo, as bases pesqueiras de Sevilla e Algecirasseguiron a ser durante os anos corenta a segunda das ramas de actividadeda empresa. Pero José Barreras viña xa defendendo desde 1941 que nonchegaba con aumentar a dimensión dos pesqueiros, senón que había quebuscar na diversificación cara a outros tipos construtivos a defensa frontea este problema a medio prazo. Aumentar a dimensión dos buques impli-caba fortes investimentos tanto nunha segunda fase de ampliación dasinstalacións coma dos diversos talleres implicados na construción dos cas-cos de aceiro. E esta foi a última gran batalla que o vello enxeñeiro deuá fronte de empresa. O proxecto presentado polo patrucio no ano 1947,que contemplaba a duplicación do capital social como forma de finan-ciamento, foi cualificado de «fantasías do presidente» por parte de variosconselleiros, e de feito, a súa aprobación causou un conflito que se pro-longou mais dun ano. Finalmente, grazas ao apoio dos herdeiros do seuirmán Federico conseguiu saír adiante. A ampliación foi realizadadurante os anos 1948 a 1950, e permitiu entrar na contratación de buquesmercantes que encarga a Empresa Nacional Elcano por aqueles anos,

279José Barreras Massó

Page 280: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

que esixían instalacións superiores aos 100 metros. Nos meses seguintesao pasamento do presidente, a empresa comezaba a traballar na primeiradas novas instalacións de 110 metros de lonxitude no Teruel, un buquemixto de carga e pasaxe destinado á devandita empresa pública, que erao máis grande dos endexamais construídos polo estaleiro vigués. No momento do pasamento de José Barreras Massó, o día 29 de xuño

de 1950, o estaleiro era con claridade o maior e máis moderno de entreos privados existentes en Galicia, ao mesmo tempo cá frota pesqueiraera tamén unha das máis importantes de España. En conxunto a empresaera en función dos seus activos netos, e excluíndo as do sector enerxía eas empresas públicas, a cuarta empresa manufactureira galega, só pordetrás de ASTANO, La Toja, Massó e Manuel Álvarez e Hijos. Nos últi-mos anos da súa vida José Barreras Massó formara parte do ConselloOrdenador da Mariña Mercante e recibira numerosas distincións e ho-menaxes en recoñecemento ao seu papel central na formación do modernoVigo industrial.

280Empresarios de Galicia

Page 281: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

281José Barreras Massó

BibliografíaCarmona, X., e J. Giráldez Rivero (eds.),(2003): 75 anos da revista Industrias Pes-queras. Vigo, horizonte mariño, Vigo,SIPSA.

Carmona Badía, X., e J. Nadal Oller(2005): El empeño industrial de Galicia.250 años de historia, A Coruña, Funda-ción Barrié de la Maza.

Giráldez Rivero, J. (1996): Crecimiento ytransformaciones de la pesca en Gali -cia (1880-1936),Madrid, Ministerio deAgricultura.

— (1997): De las rias a Terranova: la expan-sión de la pesca gallega (1880-1950),Vigo, Industrias Pesqueras.

— (2005): «El bulto y la sombra.: la finan-ciación del sector pesquero y la hipotecanaval (1900-1959)», VIII Congreso daAsociación Española de Historia Econó-mica (http://www.usc. es/estaticos/con-gresos/histec05/b6_giraldez.pdf).

Labandeira, F. X. (1992): «Construçom ereparaçom naval na ría de Vigo a come-ços do século XX (1900-1936)», en Agá-lia, núm. 30.

Ministerio de Industria y Comercio,Consejo de Industria (1945): Momentoactual de la industria en España. Provin-cias de Pontevedra y La Coruña,Madrid.

Valdaliso, J. M. (1996): «The diffusion oftechnological change in the Spanishmerchant fleet during the twentieth cen-tury», Journal of Transport History, vol.17, núm. 2.

— (1997): «La evolución del cambio téc-nico en la flota mercante española en el siglo XX: tecnologías disponibles y factores condicionantes», en SantiagoLópez, e Jesús María Valdaliso (eds.):¿Qué inventen ellos?. Tecnología, empresay cambio económico en la España con-temporánea,Madrid, Alianza.

Vázquez González, A. (1999): La emi-gración gallega a América, 1830-1930,tese de doutoramento inédita, Universi-dade de Santiago de Compostela.

Page 282: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

JOSÉ RAMÓN CURBERA FERNÁNDEZ1870-1937

Page 283: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A fabricación de conservas herméticas de peixe ten na historia econó-mica de Galicia unha importancia difícil de obviar. Non só foi o primeirosector fabril propiamente tal que se asentou no seu territorio, senón quetivo un efecto decisivo na conformación do conxunto dun complexomarítimo que se mantivo durante a maior parte do século XX como o seupulmón industrial. Evidentemente este pulo conserveiro tivo os seus ali-cerces na actividade dun feixe de emprendedores, que foron os protago-nistas da creación e da expansión do sector. A escolla dun deles comorepresentativo da súa primeira época, a anterior á guerra civil, implicaasumir a inxustiza manifesta de esquecer a outros varios que foron empre-sarios moi destacados. Os Goday, por exemplo, precursores na fabri-cación de sardiñas tipo Nantes, os primeiros Massó, os Cerqueira, Pita, de Haz, ou os Alonso, dous curmáns oriúndos da pontevedresa vila deBaiona, que erguerían dous emporios conserveiros, o dos Alonso Santo-domingo e o dos Alonso Lamberti, con pólas en Portugal e Canarias res-pectivamente. Todos eles merecerían igualmente unha boa biografíaempresarial.A escolla de José Ramón Curbera Fernández non incomodaría, con

todo, nin os industriais nin os observadores daquel primeiro terzo do sé-culo XX. En primeiro lugar, pola importancia do seu negocio no ámbitoda transformación de peixe. En distintos momentos da súa vida, formaron

Xoán Carmona BadíaCatedrático da Universidade de Santiago

BATER MARCAS E ABRIR MERCADOS: DE PRECURSOR DO CICLISMO A LÍDER DA INDUSTRIA

Page 284: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

parte dos seus activos nada menos ca 8 fábricas de conservas; dúas delas,a do Areal vigués e a de Ameixide en Aldán, estiveron en cadanseu mo-mento á cabeza da produción española da súa especialidade. Non resultaestraño que fora o industrial que máis tempo ocupou a presidencia daUnión de Fabricantes de Conservas, nin a influencia da que gozou nosector, da que pode dar unha idea o feito de que, cando en 1922, nun mo-mento de forte acumulación de stocks, a Unión de Fabricantes de Con-servas estuda posíbeis fórmulas de concentración horizontal, o proxectodesbótase simplemente pola falta de interese dun Curbera «ao que nonse estimaba conveniente desoír tendo en conta a súa importancia indus-trial».1 No conxunto do complexo marítimo J. R. Curbera pulsou todosos vimbios: frota pesqueira propia, estaleiro, fábrica de desestañado paraa lata dos envases. No mundo dos negocios non directamente marítimostivo un papel protagonista en sectores como a banca, a auga e os tranvías.

Os Curbera, pioneiros da conserva

José Ramón Curbera Fernández naceu en Vigo no ano 1870, no seodunha das tradicionais familias de fomentadores cataláns estabelecidasen Galicia case un século antes. O seu bisavó, Zenón Curbera Pontónsfundara xa en 1799 unha fábrica de coiros en Lavadores, asociado a unmestre vascofrancés, Guillermo Broussain, que compaxinara con variosnegocios de sardiña en compañía dos seus irmáns.2 O seu avó, AgustínCurbera Pascual xirara en Vigo baixo a razón comercial de Curbera yRovira, unha sociedade dedicada á salga da sardiña, ao transporte de emi-grantes galegos a América e ao comercio de por xunto ata o seu pasa-mento no ano 1854; deixou como fillos e herdeiros a Francisco, Víctor,Agustín, José Ramón e Amalia Curbera Puig. Os tres primeiros continua-ron os negocios do pai no ámbito da pesca e da salga baixo a razón socialde Curbera hermanos, ao mesmo tempo que José Ramón se afastabadeles, e emprendía novas iniciativas baixo a súa responsabilidade.

284Empresarios de Galicia

1 Arquivo de Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, Actas Juntas GeneralesUnión de Fabricantes de Conservas, vol. 2, fol. 66.

2Meijide Pardo (1980).

Page 285: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Francisco e Víctor Curbera Puigsalientaron axiña polo seu carácter deempresarios innovadores xa que foroneles no ano 1863 os fundadores da pri-meira fábrica de conservas herméticasdas Rías Baixas. Situada no lugar de Mi-rabens na viguesa praia de Arealonga—daquela no Concello de Lavadores—a pequena fábrica dos Curbera tiña uncarácter aínda moi artesanal, igual cótiveron en Galicia todas as iniciativasanteriores a 1879. No seu catálogo, queestá reproducido nun libro daquelesanos do científico Paz Graells,3 apa-recen desde perdices ata ostras en lata,o que indica a súa falta de especiali-zación, e coexiste unha gama de en-vases de todo tipo incompatíbeis concalquera posibilidade de mecanización.A fábrica dos Curbera, como a coru-ñesa de Zuloaga ou a noiesa dos Caa-maño elaboran xa un produto distintoda tradicional salga, a conserva hermé-tica, pero cuns procedementos artesa-nais que aínda non garanten uns bosresultados económicos.4 De feito, Fran-cisco e Víctor Curbera, que tamén fun-daran en Bouzas unha fábrica deamidón a vapor, deciden disolver a so-

ciedade en 1877 e, deseguido, cesar na elaboración de conservas. Polacontra, e case que simultaneamente ao peche da planta de Arealonga,abre Agustín outra fábrica de conservas herméticas no barrio de Guixar.

285José Ramón Curbera Fernández

3 Paz Graells (1870).4 Carmona e Nadal (2005).

José Curbera Fernándezcoa súa dona, Fermina

Alonso Lamberti, circa 1920

Page 286: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Pero a sorte desta nova planta, que non se diferenciaba moito da antigano que atinxe ao carácter manual da fabricación e á excesiva diversifica-ción do produto, pois á altura de 1890 seguía manufacturando cousas quepresentan tanta heteroxeneidade coma pombiño estufado, camaróns, per-cebes e linguado en aceite, non foi moi diferente. Cando en febreiro de1890 se produce o pasamento de Agustín, légalle a fábrica ao seu irmánVíctor, que como xa vimos tiña ás súas costas a experiencia da primeiradas conserveiras familiares. Víctor, tratou de ampliar os mercados das súaselaboracións, que ata daquela escoaran maioritariamente no mercado es-pañol, cara á rexión do Prata, así coma de especializarse máis na produ-ción de sardiña, que contra aqueles anos comezaba a representar unhademanda crecente. Pero o seu esforzo bateu non só cunha mala costeirade sardiña no seu primeiro ano de actividade, senón, e sobre todo, coasdifíciles circunstancias monetarias de comezos dos noventa en Arxentina,de xeito que as dificultades de reembolso do valor dos envíos de 1890 ea quebra da casa Baring, coa que mantiña relacións, acabaron condu-cíndoo á suspensión de pagos en 1892, un ano fatídico para a familia, poistamén e case simultaneamente o fai a viúva do seu irmán, que xiraba baixoa razón social de Agustín Curbera en liquidación. Con menos espírito innovador pero con máis éxito nos negocios, o

outro irmán Curbera Puig, José Ramón, era daquela un dos máis abasta-dos comerciantes de por xunto da cidade olívica. Os seus negocios abran-guían o comercio por xunto de bacallau e de produtos coloniais comocacao e azucre, que distribuía pola súa volta cara aos portos cantábricos,así coma o máis limitado de distribución en diversos puntos de Galicia deaugardentes catalás, aceite sevillano e levantino, figos malagueños eoutros produtos menores. Unha das principais dedicacións do seu comer-cio era o envío de xamóns galegos a Cuba, Montevideo, Cádiz e Barce-lona. Operando exclusivamente no ámbito do comercio, José RamónCurbera Puig non participará ata comezos dos anos noventa en nin-gunha das aventuras industriais dos seus irmáns, pero foron os problemasdestes últimos os que o levaron finalmente a se involucrar nelas. Enefecto, tras a suspensión de pagos das casas comerciais de Agustín e deVíctor, José Ramón acada un acordo cos acredores do finado Agustínpara evitar a vía xudicial e non chegar á quebra da súa casa, un acordoque incorporaba a merca da fábrica de conservas.

286Empresarios de Galicia

Page 287: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

O crecemento explosivo e a tentación dos servizos

José Ramón Curbera Puig enceta, xa que logo, os seus pasos no sectorconserveiro no ano 1892. Tiña daquela 62 anos e a intención de reorga-nizar a fábrica de Guixar e de reconstruír a súa carteira de clientes. Ao seucarón entran a traballar dous dos seus fillos, José Ramón e Julio CurberaFernández, mozos moi coñecidos na cidade polo seu protagonismo na di-fusión do deporte ciclista, no que especialmente o primeiro gañara xa nu-merosas competicións.5 A favorábel conxuntura que o sector atravesa naprimeira metade dos noventa e a forte implicación do primeiro dos fi-llos no novo negocio produce uns resultados moi favorábeis, de xeito queen 1897, cando o vello comerciante lles outorga poder a estes para ocu-párense da xestión da empresa familiar, encarga o maior da fábrica deGuixar. Julio faríase cargo das actividades comerciais, e o pai, que viviríaaínda vinte anos máis, queda liberado para ocuparse da presidencia daCámara de Comercio, que mantería entre 1894 e 1906, así coma a outraman de novos negocios, especialmente no ámbito dos servizos. O maior dos Curbera Fernández pasaba así a converterse en cabeza

da rama conserveira do negocio familiar, unha actividade modesta queaxiña convertería en cerna deste último. Dous foron os seus obxectivos ini-ciais; o primeiro deles, de tipo comercial, o de reconstruír toda a rede do seu tío, pero cun cambio esencial, a substitución dos envíos a consig-nación en favor da creación dunha estrutura de representantes estábeis;o segundo, o da especialización cara á sardiña en aceite con destino á ex-portación, que ata aquel momento resultaba minoritaria no conxunto dasvendas da empresa. Esta orientación á sardiña converte a José RamónCurbera Fernández nun dos conserveiros máis interesados na introdu-ción do cerco de xareta e das traíñas destinadas ao seu transporte nos con-flitos que se producen nos anos do cambio de século entre estas novas ar-tes e os antigos xeitos, o que lle confire xa un acusado protagonismo dentrodo mundo dos conserveiros.6 A mellora nos custos que a súa decididaaposta polas traíñas incorpora e o crecemento da súa rede comercial de-cídeno a adquirir no ano 1900 unha segunda fábrica en Bueu, anterior-

287José Ramón Curbera Fernández

5 González Martín (1991).6 Giráldez (1993 e 1996).

Page 288: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

mente explotada pola empresa Alonso, Ferrer y Compañía. Coas dúas fá-bricas en funcionamento a empresa elabora xa anualmente unhas 35.000caixas de 100 latas, o que a converte nunha das principais conserveirasgalegas. A inauguración dunha fábrica de nova planta no Areal vigués seisanos despois, na leira coñecida como Villa Joaquina, permitiría a Cur-bera introducir nela as últimas novidades na tecnoloxía da conserva quedificilmente encaixaban nas dúas vellas plantas nas que ata daquela tra-ballaba, polo que chegara a fábrica de Bueu case que inmediatamente ea de Guixar a finais de 1908. En funcionamento as dúas viguesas (Areale Guixar) producían xa en 1907 81.000 caixas de 1/4 standard.Esta primeira aventura empresarial de José Ramón Curbera coincide

coa época de crecemento explosivo da produción e das exportacións gale-gas de conservas de sardiña, orientada fundamentalmente cara ao mer-cado latinoamericano. Aínda un sector practicamente novo nunhas ríasque tras do espallamento dos cercos de xareta contra 1900 e das motorasmoi logo, dispón dunha estrutura de custos extremadamente competitivaen termos internacionais, os anos 1900 a 1907 permítenlles ás empresas

288Empresarios de Galicia

Monopol foi unha das marcaspopulares da firma Curbera, cunha presenza importante no mercado alemán. ArquivoHistórico Oficina Patentes y Marcas (Madrid)

Page 289: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

obter uns resultados magníficos que animan a entrada doutras novas, dexeito que o sector vive unha auténtica explosión. Son os anos da creaciónda primeira patronal do sector, a Unión de Fabricantes de Conservas dela Ría de Vigo (1904), que é ademais a primeira patronal da historia deGalicia.7 Con dúas fábricas xa ao comezo da xeira e cunha boa redecomercial nos mercados precisamente en maior expansión, Curbera seráun dos empresarios que mellor aproveiten o momento favorábel. A isotamén debeu contribuír a súa aposta pola mecanización dalgúns proce-sos, superior á da media do sector, e a súa obsesión por evitar a presenzado asociacionismo operario nas súas fábricas.A sólida tesouraría, resultado da boa conxuntura conserveira e da

salientábel xestión do maior dos Curbera Fernández, permitiulle áempresa familiar participar durante a primeira década do século en dousnovos tipos de negocio. Dunha banda en varios proxectos industriais eturísticos baixo a súa exclusiva titularidade, tales como a adquisición en1907 a Antonio López de Neira da antiga fábrica de papel continuo LaCristina, situada en Lavadores, que nun principio pretendía José CurberaFernández destinar ao seu uso tradicional, combinando o uso de pastastradicionais con outras mecánicas; ou como as aventuras hostaleiras, queincorporaron a merca do Hotel Continental, situado fronte á estaciónmarítima viguesa; ou, finalmente, as manobras especulativas sobre Cor-tegada e o seu medio de Vilagarcía que en vésperas do agasallo da illa aAfonso XIII se desenvolveron coa complicidade do marqués de Riestra.En ningunha delas se mantería a casa Curbera a medio prazo, agás nocaso de La Cristina, na que, en todo caso, o faría, unha vez transformadoo obxecto social da fabricación, como veremos a continuación.Da outra banda, en sociedades anónimas constituídas co obxecto de

prover servizos, nuns casos públicos e noutros privados, relacionados cocrecemento pesqueiro, industrial e urbano da área viguesa. A pequena re-volución industrial que se produce no Vigo dos anos finais do séculoXIX pon en evidencia a carencia dunha man de servizos financeiros e co-merciais precisos para o mantemento das novas actividades.8 Conserveiros

289José Ramón Curbera Fernández

7 Carmona (2004).8 Abreu (2002).

Page 290: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

e armadores son conscientes de que os pequenos comerciantes banqueirostradicionais non son dabondo para as características e o volume de des-conto que xera o seu comercio de exportación ou para garantir a provi-sión de crédito necesaria para un sector puxante como era o marítimo pes-queiro daquela altura. A S.A. Banco de Vigo, fundada no ano 1900, seríao brazo financeiro da expansión marítima pesqueira do cambio de século,

290Empresarios de Galicia

Primeiro edificio do Banco de Vigo na esquina das rúas viguesas de Policarpo Sanz e Colón,ano 1918. Pouco máis tarde asoficinas trasladaríanse ao novoedificio, situado na esquina deen fronte, onde na actualidade tena súa central viguesa o Banco Pastor.Arquivo Pacheco

Page 291: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

como La Alborada, sería o brazo encargado de asegurar os riscos nas ex-portacións e no transporte e comercio marítimo. José Ramón CurberaPuig, foi, xa con máis de setenta anos, un dos fundadores e primeiro pre-sidente do Consello de Administración do Banco de Vigo. Axiña sería oseu fillo José Ramón Curbera Fernández o que entraría no Consello, eocuparía o cargo de vogal secretario entre 1903 e 1915. A casa Curberamantivo unha participación accionarial no Banco local que, ao sumar asaccións da empresa familiar e as particulares dos tres irmáns, se mantivoentre o 3 e o 6% do total do capital ata o estouro da guerra mundial; des-fíxose practicamente de toda ela pouco antes do final da contenda, é dicir,antes de que comezasen os problemas que levarían á definitiva falenciado banco no ano 1925. José Ramón Curbera Fernández xogou un papelprotagonista no Banco de Vigo durante os anos da súa presenza no Con-sello de Administración, animando a entrada da institución en varios ne-gocios como foron a Sociedad Anónima de Abastecimiento de Aguas o LaAlborada así coma en varios outros nos que non conseguiu que o Con-sello se interesase. Durante o período no que ocupou cargos no banco uti-lizou os seus servizos e meteulle presión a outros comerciantes e indus-triais a que o fixesen, pero non consta que recibira ningún préstamo aprazo nin que fixera un uso máis que moi moderado da súa póliza de cré-dito. No entanto, si que fixo un amplo uso do desconto comercial, igualcá maior parte dos industriais vigueses da época. José Ramón Curbera Fernández foi tamén secretario e membro do

Consello da aseguradora La Alborada, creada en 1901 polo Banco de Vigoe pola compañía bilbaína La Aurora. Aínda que a participación familiarfoi aquí moi reducida, o maior dos Curbera Fernández amosouse igual-mente militante na captación de clientes, especialmente en conseguirque o sector conserveiro local asegurase as súas exportacións en La Al-borada e que os armadores fixesen o propio coas súas embarcacións. Defeito, estas foron as dúas preocupacións principais da empresa, que dei-xaría de operar no ano 1916 no segundo destes ramos «por non convir asúa continuación con motivo das circunstancias anormais causadas polaguerra europea»,9 e definitiva e totalmente no ano 1919 no que se disolve.

291José Ramón Curbera Fernández

9 S.A. La Alborada, Memoria 1916.

Page 292: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A crecente actividade industrial viguesa precisaba non só de bancose compañías de seguros senón tamén dunha rede de servizos públicos deprovisión de auga, enerxía e transporte, que como noutras cidades indus-triais españolas agromaron por estes anos. Nestes tres eidos interveu dunou doutro xeito José Ramón Curbera Fernández, aínda que a súa partici-pación tivo aquí un carácter moito máis especulativo ca no caso do sec-tor bancario. O empresario situouse á fronte de diversas operaciónsfinanceiras pero sen comprometerse a longo prazo en ningún destes ser-vizos públicos. Na Sociedad Anónima de Abastecimiento de Aguas deVigo, fundada en 1902 coa colaboración do seu pai, ocupou axiña o seulugar, pero sen pasar nunca máis que dunha participación moi modestaque manterían ata a liquidación da sociedade en 1926. No eido dos tran-vías, o conserveiro obtivo e negociou coa concesión do tranvía de Vigo aBaiona e coa dun tranvía de «Vigo e arrabaldes», operacións nas queobtivo bos réditos e que lle valeron fortes críticas de empresarios comoManuel Losada Carrera.10 No da enerxía, e no nome do Banco de Vigo,tratou de negociar no ano 1906 coa compañía lionesa propietaria daempresa que fornecía gas e electricidade a Vigo a nacionalización da em -presa, un obxectivo que non se acadaría ata os anos da Primeira GuerraMundial, aínda que daquela fora xa o grupo empresarial dos Pastor e nonCurbera quen protagonizara a operación.11 Tamén no mesmo ámbitoobtería posteriormente concesións hidráulicas na provincia de Ourense,que utilizou igualmente con fins exclusivamente especulativos.A desaparición da sardiña das costas galegas que se produce no ano

1909 deu cabo ao primeiro gran ciclo de crecemento sectorial da historiaindustrial de Galicia, o da aparición da industria moderna da man da pescae da conserva. A crise sardiñeira durou tres anos e arrastrou a un númeroelevado de empresas conserveiras, algunhas da sona, por exemplo, da di-rixida por Daniel Rodríguez Valdés, que fora un dos presidentes da Uniónde Fabricantes de Conservas. Un dos primeiros empresarios que albis-caron a necesidade de dirixirse aos portos do sur na procura da sardiñapara evitar a paralización das fábricas foi precisamente o patrón de Villa

292Empresarios de Galicia

10 Losada Carrera (1927).11 Carmona e Nadal (2005).

Page 293: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Joaquina. No último trimestre do ano 1910 merca o vapor Segunda Fe-lisa, que comeza decontado a mercar sardiña en todo o litoral desde Aya-monte a Xixón con destino á fábrica do Areal vigués. Co Feliz tercero, quese incorpora no trimestre seguinte son xa dous os vapores dedicados a estaempresa a mediados de 1911. A crise sardiñeira destes anos marcaría destexeito o inicio da actividade armadora para a casa Curbera, nun principiolimitada á compra de sardiña para as fábricas, pero que axiña se conver-tería nunha das principais frotas pesqueiras galegas.A importante actividade empresarial que xa nas vésperas da Primeira

Gran Guerra desenvolvera José Curbera non daba conta en todo casomáis ca dunha parte da súa personalidade. A práctica do deporte e a par-ticipación nas diversas sociedades locais a el dedicadas ocuparan taménun importante lugar na súa actividade. José Curbera fora, como xa dixe-mos, un dos introdutores do ciclismo en Galicia, no que destacara ade-mais como unha das súas máis galardoadas figuras durante as dúasúltimas décadas do século XIX. A asunción de responsabilidades naempresa familiar cando andaba polos vinte anos non supuxo o abandonodeste deporte que, dun xeito menos competitivo, continuou a practicartoda a súa vida. O seu interese igualmente polos deportes náuticoslevouno a ser un dos fundadores do Club Náutico de Vigo no ano 1906,no que ocupou durante os primeiros anos o cargo de comodoro. Tam-pouco o fútbol, un deporte que en Vigo tivo un desenvolvemento tempe-rán, lle resultou alleo. Chegou a ser nos anos 1913-1914 presidente doSporting Vigo, o equipo que se fusionaría co Fortuna en 1923 para darlugar ao Celta de Vigo. A partir da Primeira Gran Guerra, as súas ocupa-cións fixérono reducir a súa participación nas sociedades deportivas, maisaínda tivo folgos para estar en 1934 entre o grupo fundador do Club deCampo vigués, do que sería primeiro presidente.12

293José Ramón Curbera Fernández

12 González Martín (2005-2006).

Page 294: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Guerra mundial e sucesión empresarial: recentrándose nas industrias marítimas

A neutralidade na Primeira Guerra Mundial permitiulles aos empre-sarios españois vender aos dous bandos contendentes, que se vían preci-sados a competir en prezos para obteren non só materias estratéxicas parao desenvolvemento da guerra senón tamén alimentos, elementos deabrigo e outros moitos produtos. Os conserveiros galegos, que eran tradi-cionais exportadores, aproveitaron este tirón da demanda, aínda que nontanto como quixeran, pois as tradicionais importacións de lata para osenvases, que cubrían a metade do consumo desta materia auxiliar,víronse eivadas polas restricións que o goberno inglés lles puxo ás súasempresas para a venda a neutrais. Xa que logo, as exportacións nonmedraron substancialmente, pero si a facturación e os beneficios, impul-sados pola escalada de prezos do produto final. As empresas que melloraproveitaron a situación foron as que, como Curbera, tiñan taller de latapropio, dimensión, e stocks da materia prima devandita no momento doestouro da guerra.13 Curbera contaba daquela non só coa fábrica de Vigo,senón con outra en Ameixide, na ría de Aldán, á que en 1916 engadiríaunha terceira en Alcabre. A fábrica de Ameixide entrara a formar parte daempresa no ano 1911, á morte do seu fundador Leopoldo Lamberti, avóde Fermina Alonso Lamberti, a esposa de José Ramón Curbera, coa queeste casara no ano 1908. Fermina era filla de Rodolfo Alonso Santodo-mingo, un dos precursores da industria en Vigo e de Concordia Lam-berti, filla pola súa volta do devandito Lepoldo. A de Alcabre pertenceraa Daniel Rodríguez Valdés e foi adquirida tras a súa falencia ao Banco deVigo. Coas tres fábricas indicadas, Curbera formaba parte ao final da gue-rra do pequeno grupo de sete fabricantes (Marqués de Riestra, Curbera,Massó, Hijos de J. Barreras, Manuel Pita, Francisco Tapias e AntonioAlonso) que lle pagaban a máxima contribución á Unión de Fabricantesde Conservas, da que precisamente era presidente. Foron eles os máisbeneficiados durante a guerra. A pesar do florecente estado da casa Curbera, continuaba esta a finais

da primeira gran guerra a manter a consideración xurídica de empresa

294Empresarios de Galicia

13 Carmona e Nadal (2005).

Page 295: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

individual, sen chegar a constituír formalmente ningún tipo de sociedadedestinada a regular as relacións entre os seus membros. Baixo a razónsocial de J. R. Curbera e co capital propiedade do vello Curbera Puig,José e Julio Curbera Fernández cobraban un soldo e recibían cada un o12,5% dos beneficios como remuneración do seu traballo. Co pasamentodo patrucio a comezos de 1919, repártese o haber social, o 50% para aviúva e o resto entre ela e os catro fillos: José, Julio, Amalia e Epifanía.Todos continúan co seu capital na sociedade ata 1921, na que se afastandela a viúva e a súa filla de igual nome. En 1923 retíranse tamén Amaliae Julio. Para evitar a descapitalización da empresa, estabelécese un pactopolo que os haberes dos que abandonan serán reintegrados mediantepagos mensuais que se realizarán en dezaseis anos. José Ramón CurberaFernández, que levaba máis de vinte como xerente da rama conserveirados negocios familiares faise por fin coa propiedade do conxunto daempresa familiar. Este cambio na propiedade permitiríalle dispoñer demáis liberdade para desenvolver novas estratexias; ademais os recursosobtidos durante a Gran Guerra dábanlle os medios para facelo.A nova política empresarial de José Curbera estaría marcada por dous

eixes principais: o crecemento da empresa e a concentración das activi-dades no que hoxe chamariamos as súas capacidades propias (core com-petencies), abandonando as tentacións diversificadoras cara aos servizos,nas que a empresa familiar entrara por influencia do seu pai e dos seusirmáns. A política de crecemento incorporou tanto estratexias de integra-ción vertical coma horizontal, e comezou xa en realidade durante a GranGuerra, o que é dicir xa algo antes do pasamento do vello Curbera Puig,cando este se vira precisado a abandonar xa o seguimento directo dosnegocios familiares.Como integración vertical cómpre considerar a instalación dunha

serraría mecánica e dunha fábrica de chaves e puntas, así coma a amplia-ción do taller de lata, accións que emprende xa durante o curso da gue-rra. Dentro destas actividades, situadas todas dentro da cadea de valor daconserva, a máis salientábel foi, no entanto, a montaxe dunha fábricadedicada ao desestañado da lata, unha actividade practicamente desco-ñecida en España ata aquel entón. A carestía do estaño durante a guerrafacía especialmente atractiva a posibilidade de recuperar o metal contidonos recortes e nas latas usadas, un proceso industrial que Curbera

295José Ramón Curbera Fernández

Page 296: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

emprendeu na antiga fábrica de papel La Cristina, que arrastraba unhavida lánguida xa desde antes da súa adquisición polo industrial en 1907.Os proxectos iniciais, deseñados por un enxeñeiro asturiano e polo farma-céutico do Laboratorio Municipal de Vigo e profesor da Escola de Artese Oficios da mesma cidade, fracasaron. O primeiro deles, xa na fase expe-rimental e por motivos técnicos; o segundo, electrolítico, por motivoseconómicos, pois, segundo dicían varios enxeñeiros, resultaba viábel tec-nicamente pero economicamente só mentres o estaño se mantivese a pre-zos de guerra. Finalmente, a fábrica comezaría a producir regularmenteen 1921 baixo a dirección de Manuel Canella e do enxeñeiro GregorioLukasiwiecz. A fábrica de desestañado foi adquirindo unha importanciarelevante, e nela pasaron a reciclárense os recortes das fábricas de enva-ses especializadas como La Artística e La Metalúrgica así coma da maiorparte das fábricas peninsulares que dispoñían de talleres de envases. O forte desenvolvemento das actividades pesqueiras que Curbera

comeza a partir de 1915 combina elementos de integración vertical, édicir, adquisición de embarcacións destinadas á compra e á pesca de es-pecies que se podían enlatar nas fábricas propias, con outros que pode-riamos denominar de diversificación relacionada, pois tal sería a arma-duría de vapores ocupados na pesca do fresco que, polo tanto, vendendirectamente en mercados abertos, e que ademais o farían en toda Es-paña. No segundo destes sentidos os propietarios de Villa Joaquina incor-poran á súa frota en 1915 dous vapores, o Almansa e o Albatros, para de-dicalos á pesca en parella, aos que engaden outros dous en 1919 e tresmáis ao ano seguinte. Ao final de 1921 teñen xa sete vapores con basespesqueiras na Coruña e en Málaga, que pescan en todo o litoral galaico-cantábrico e mais nas costas do norte de África. Esta liña de pesca ao frescoseguiría medrando ao longo da década, de xeito que en 1930 a casa Cur-bera era, pola súa tonelaxe, unha das tres primeiras empresas armadorasde pesca en Galicia. Como outros armadores de importancia, estabelecentamén un pequeno estaleiro en Vigo destinado a reparacións e constru-ción de vapores, que como a maior parte dos que se estabelecen duranteou ao remate da guerra mundial, tería unha vida breve e espasmódica.No que atinxe á posesión de embarcacións destinadas á compra e á

pesca de especies que se poden enlatar, unha tarefa na que xa entrarandurante a crise sardiñeira de 1909, os anos vinte significan unha época de

296Empresarios de Galicia

Page 297: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

expansión espectacular para a empresa, unha época caracterizada es-pecialmente pola expansión xeográfica na procura de reducir os riscosdo monocultivo sardiñeiro tradicional da industria conserveira galega.Ningunha empresa levou tan lonxe esta estratexia e probabelmente a nin-gunha lle rendeu tan bos resultados. A primeira grande iniciativa de JoséRamón Curbera foi a de entrar na tradicional pesca de atún andaluza,arrendando a máis importante das almadrabas daquela rexión, a da Puntade la Isla, no lugar de Sancti Petri, na provincia de Cádiz. En 1923 o em-presario vigués entra, pagando o canon máis alto nunca pagado polo arren-damento de ningunha pesqueira semellante, a xestionar aquela instala-

297José Ramón Curbera Fernández

Fábrica de conservas deAmeixide (Cangas) poucosdías logo do seu definitivopeche. Fotografía do autor.

Ano 1990

Page 298: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ción.14 A arriscada aposta incorporou a completa reorganización da xes-tión da antiga almadraba, e produciu axiña uns excelentes resultados pes-queiros. O arrendo da almadraba non tiña sentido, en todo caso, desde unpunto de vista económico, se non era como parte dun plan de integraciónda súa explotación como un chan-zo da cadea de valor da conserva, poisas vendas no mercado libre estaban aoalbor dun oligopolio de demanda di-rixido polos importadores italianos; defeito, a maior parte das pesqueiras fixasde atún estaban naquela altura explo-tadas polos conserveiros andaluces. Eefectivamente, e á marxe dunhas ini-ciais remesas de atún para o seu enla-tado en Vigo, a intención de Curberaera a de estabelecerse como fabricanteen Andalucía.A finais de 1924 compra unha an-

tiga fábrica de salga de sardiña en Aya-monte, centro con Isla Cristina da in-dustria sardiñeira andaluza, unhaindustria tradicionalmente moi ligadaa Vigo, de onde procedía a práctica to-talidade da frota tarrafeira, que era osegmento máis moderno da pesca da-quela especie. A compra da fábrica ea súa posta en funcionamento veseacompañada do envío á vila onubensedun vapor tarrafeiro propio da casaCurbera, o Anduriña, con toda a frotaauxiliar e cos correspondentes aparellos, de xeito, que a partir dos comezosde 1925 a fábrica comeza a traballar dous tipos de produtos, ambos decaptura realizada pola propia empresa: dunha banda, a sardiña pescada

298Empresarios de Galicia

14 Sobre as aventuras empresariais andaluzas de José Curbera pode verse Ríos (2005).

O antigo arco de entrada nas instalacións de La Cristinaaínda se conservaba á altura do ano 2003. Fotografía do autor

Page 299: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

pola tarrafa onubense e da outra, o atún enviado desde a almadraba gadi-tana. A estratexia dos investimentos andaluces dos Curbera servía a dousobxectivos, o de reducir riscos a través da diversificación das especies en-latadas pola casa e das áreas nas que a empresa pescaba, e o de reducir atradicional estacionalidade do traballo nas fábricas de conservas, ao contarcon máis dunha materia prima en cantidades relevantes.A aventura andaluza do empresario vigués comezou cos mellores

agoiros, e obtivo ben bos resultados en Sancti Petri, pero axiña bateu condous fortes atrancos. O primeiro deles, foi a fortísima crise que atravesaa industria sardiñeira onubense a mediados da década dos vinte, que re-duce os rendementos da frota tarrafeira. O segundo, a constitución en1928 do Consorcio Nacional Almadrabero. Foi esta unha das múltiplesiniciativas de corte corporativista emprendidas pola ditadura de Primo deRivera, neste caso baixo a inspiración do oceanógrafo Odón de Buen, quepretendía a través da agrupación de todas as almadrabas nun consorciocombater o oligopolio de demanda das compras en fresco por parte doscomerciantes por xunto italianos e proceder á reorganización do sector.José Ramón Curbera, que non só posuía a mellor de todas as almadrabasen funcionamento, senón que sempre se amosara contrario a calqueraforma de intervención e corporativismo, opúxose con todas as súas forzasao Consorcio, e mantivo un forte enfrontamento con Ramón de Carranza,conde de Barbate, principal apoio da iniciativa entre os empresarios dosector. Durante o primeiro ano de existencia do novo organismo conse-guiu manter a independencia, pero finalmente, tras unha morea de pre-sións de todo tipo, e mais en troques dunha boa compensación econó-mica, Curbera rematou por venderlle Punta de la Isla ao Consorcio noano 1929. Tras das malas costeiras dos anos vinte e da practicamente obri-gada cesión da almadraba, o empresario vigués perde o seu interese nosnegocios andaluces, que mantería durante os anos seguintes, pero fóra xada cerna da súa estratexia expansiva, que volvería situar en Galicia duranteos primeiros anos trinta.Os anos vinte e os primeiros anos trinta marcaron o cénit do acti-

vismo empresarial e da influencia social de José Ramón Curbera Fernán-dez. Destacado empresario na pesca, na conserva e na maior parte dasactividades relacionadas co mundo marítimo, foi por segunda vez presi-dente da Unión de Fabricantes de Conservas entre 1928 e 1933. En 1930

299José Ramón Curbera Fernández

Page 300: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a casa Curbera era unha das dez primeiras empresas asentadas en Gali-cia, superada só polas dúas grandes empresas tradicionais, a ConstructoraNaval Ferrolá e a Fábrica de Tabacos, públicas ou semipúblicas ambas,polas compañías de servizos públicos (eléctricas e tranvías), pola Minerade Vilaodrid e polo estaleiro dos Barreras. Nos anos da gran depresiónaínda entraría en novos negocios, como a fabricación de anchoas oucomo a adquisición dunha nova fábrica á casa bancaria de Olimpio Pérezen Cabo de Cruz. No momento do estouro da Guerra Civil tiña fábricasde conservas en Vigo-Areal, Vigo-Alcabre, Ameixide, Cabo de Cruz eAyamonte, frota pesqueira con bases nesta última localidade, en Vigo, naCoruña e en Málaga, así coma fábrica de desestañado en Lavadores.Expresión do éxito económico e social de José Ramón Curbera Fernán-dez era a súa vivenda, unha magnífica construción do arquitecto Jenarode la Fuente, con amplos xardíns nunha das abas do monte da Guía, naque contaba con cinco serventes, máis que membros tiña a familia quedaquela habitaba a mansión.Un dos máis interesantes aspectos da personalidade de José Curbera

Fernández foi o da evolución das súas actitudes con respecto ás relaciónslaborais e á actividade política. Contrario inicialmente, como xa vimos, ápresenza dos sindicatos nas súas fábricas, foi paseniñamente aceptando anegociación colectiva como forma de resolución dos problemas laborais,de xeito que as súas fábricas se contaron entre as menos conflitivasdurante os anos anteriores á Primeira Guerra Mundial. O seu talantenegociador, que contrastaba co seu carácter forte, levouno a actuar comointermediario en numerosos conflitos entre operarios e patróns do sectorcun elevado nivel de aceptación. Este foi un dos factores polo que candodecide presentarse como candidato no ano 1918 ao Congreso dos Depu-tados fronte ao todopoderoso Angel Urzáiz, obtería o apoio de practica-mente toda a oposición política, que incluía non só a mauristas erepublicanos senón tamén a rexionalistas e, mesmo ao Partido Socialista.Nunha campaña «á americana» na que por primeira vez en Vigo seempregaron milleiros de carteis e pasquíns, Curbera caería derrotadopolo candidato oficial e abandonaría nos anos seguintes de novo a polí-tica. Aínda que como empresario representativo da súa época se mantivoafastado de calquera posición esquerdista, foi sempre contrario a calquerainiciativa corporativista, o que o levou a fortes enfrontamentos coa dita-

300Empresarios de Galicia

Page 301: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Bibliografía

Abreu, F. (2002): Iniciativas empresarialesen Vigo entre 1866 y 1940, Vigo, Univer-sidade de Vigo.

Carmona Badía, X. (2004): «Desarrrollo in-dustrial y asociacionismo empresarial enla historia de la industria conservera ga-llega», en AA. VV.: Cien años de uniónconservera, Vigo, Asociación Nacionalde Fabricantes de Conservas, pp. 91-132.

— e J. Nadal Oller (2005): El empeño in-dustrial de Galicia. 250 años de historia,A Coruña, Fundación Barrié de la Maza.

Giráldez Rivero, J. (1996): Crecimientoy transformaciones de la pesca en Galicia(1880-1936), Madrid, Ministerio de Agri-cultura.

Giráldez, J. (1993): «El conflicto por losnuevos artes: conservacionismo o con-servadurismo en la pesca gallega de co-mienzos del siglo xx», en M. Gonzálezde Molina, e J. Martínez Alier (eds.).Historia y Ecología,Madrid, M. Pons.

301José Ramón Curbera Fernández

González Martín, G. (1991): Vigo no es-pello dos nosos avós, Vigo, Xerais.

— (2005-2006): «Náutico: los cimientos deun centenario», en Náutico, 2ª época,núm. 21, 22 e 23.

Losada Carrera, M. (1927): Vigo y su pro-greso (Un puñado de verdades, Alacant.

Meijide Pardo, A. (1980): «Aspectos de lavida económica de Vigo en el siglo XVIII»,en Vigo en su historia, Vigo.

Paz Graells, M. (1870): Explotación cien-tífica de las costas del Departamento Ma-rítimo de Ferrol verificada por orden delAlmirantazgo en el verano de 1869,Ma-drid.

Ríos, S. (2005): «Actividades pesqueras e industrias de conservas de pescado enAndalucía (1720-1936)», tese de dou-toramento inédita, Universidade deMálaga.

dura de Primo de Rivera e a manter as distancias cos sublevados ao es -touro da Guerra Civil, unhas distancias que foron medrando ademaispola súa oposición á feroz represión dos primeiros momentos do conflito.Incomodado pola posición acomodaticia da directiva da Unión de Fabri-cantes, da que fora presidente entre 1912 e 1918 e outra volta entre 1928e 1933, coa política intervencionista dos sublevados, desligouse da patro-nal e mantivo unha posición independente ata a súa morte en circuns-tancias moi controvertidas acontecida en maio de 1937.

Page 302: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

JOSÉ BARRO GONZÁLEZ1873-1943

Page 303: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Se ben no norte lugués permanece aínda viva a memoria dos iniciosindustrializadores dos tempos da ilustración, a través da figura senlleirado marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, non resultamenos curioso comprobar como popularmente tamén segue perdurandono tempo o recordo emocionado doutro dos grandes adiantados da indus-trialización da Mariña. Falamos de José Barro González, o impulsor docomplexo industrial de Chavín-Viveiro, que se desenvolveu desde 1896 a1943, data do seu pasamento. Posteriormente, a empresa José BarroFábrica de Chavín continuaría coa súa produción divida en tres novassociedades, rexidas polos seus herdeiros, ata a súa desaparición definitiva,en decembro de 1981.José Manuel Barro González —este é o seu nome completo— naceu

o 13 de febreiro de 1873, en Vilar de Santa María de Viloalle, en Mon-doñedo. Era o cuarto fillo dos dezaseis que tiveron o matrimonio com-posto por Vicente Barro e Antonia González. O seu pai, ademais dededicarse aos labores propios do campo, complementaba a súa economíacun pequeno curtidoiro e, ocasionalmente, exercía o oficio de ferrador.Nese ambiente foi medrando o noso protagonista, alternando os tra-

ballos familiares coa asistencia á escola e coas clases particulares que re-cibía do mestre de Viloalle. Unha vez rematado o período escolar, JoséBarro aprendería algo de mecánica de reloxaría da man do seu tío Antonio

Carlos Nuevo CalProfesor do CEIP A Basteira de EspasanteCronista oficial de Viveiro

UN PRECURSOR DA INDUSTRIA DA AUTOMOCIÓN EN GALICIA

Retrato ao óleo de José Barro González, obra

do seu irmán, Ramón

Page 304: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

304Empresarios de Galicia

Page 305: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Barro, estabelecido en Ferrol. A afección polos reloxostamén a tiña o irmán de José, Francisco, quen emigraríaa Chile. Ademais do tío Antonio, en José Barro tamén in-fluirían moito outros dous tíos: o tío Andrés, grande afec-cionado á escultura e crego que exercía o seu labor pas-toral nas terras do Condado, en Ortigueira, e o tío padriñoJuan María, quen, anos despois, lle prestou o diñeiro ini-cial para mercar a fábrica de Chavín.

Unha antiga fábrica por 35.000 pesetas

José Barro era nestes anos xuvenís un grande afeccio-nado ao ciclismo e era habitual que viñese en bicicletadesde Mondoñedo a Viveiro; dáse nesta altura a creacióndun club de velocípedes na cidade do Landro. Se cadranunha destas visitas soubo que había unha poxa e vendada antiga fábrica de lenzos, velames e lonas de Bassols yCompañía, fundada na primeira metade do século XIXe situada na parroquia viveiresa de Chavín. A factoría dis-poñía dunha turbina hidráulica con forza de 25 cabalos,sistema Fourneiron, ademais dos teares para tecer liñoe dunha canle de auga de 1050 metros, cunha presa rui-nosa. A infraestrutura que lle ofrecía esa antiga fábricaera axeitada para a montaxe dunha central eléctrica, se-mellante a que el tanto coñecía en Mondoñedo, a Socie-dade Electricista Mindoniense, S.A., fundada na cidadeepiscopal uns anos antes, que foi unha das pioneiras deEspaña. Logo de varios intentos de compra, José Barromercou a fábrica de Chavín por 35.000 pesetas, das queentregou 5000 en efectivo e comprometese a pagar as ou-tras 30.000 no prazo de 30 meses.Axiña José Barro comezou os traballos que condu-

cirían á produción de enerxía eléctrica; aproveitaría o

305José Barro González

Interior da Central Eléctrica de Chavín, inaugurada en 1910

Page 306: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

auxe da década final do século XIX en terras viveiresas, cando unha seriede acontecementos facían de Viveiro un dos focos industriais máis impor-tantes da provincia de Lugo.Ademais dunha notábel industria salgadeira, que abastecía os princi-

pais mercados do levante español, principiaran os traballos para a explo-tación das minas da Silvarosa e para a construción dun tren aéreo para otransporte do mineral, por parte da empresa de capital alemán TheVivero Ore Cª Ltda. Precisamente coa idea de subministrarlle luz aViveiro e ás minas, Barro comezará a pensar na creación do inicial com-plexo de Chavín, que iría ampliando o seu raio de acción a diversasindustrias complementarias que empregarían enerxía hidráulica oumesmo eléctrica. Deste xeito, instalaranse tres muíños fariñeiros e unhaserra alternativa con estadas para rollas, doelas, barroteiro e casca depiñeiro, utilizada, esta última, para encascar as redes de algodón. Parale-lamente, Barro negociou a constitución dunha sociedade comanditaria,Barro y Compañía, constituída en 1897 polos socios José Barro, DomingoFranco e Ángel Durán; o capital social era de 105.000 pesetas e Barro foielixido socio xerente.A sociedade, para a que se fixara unha duración de dez anos, chegou

ata 1907, cando se disolveu, debido ás diverxencias xurdidas entre JoséBarro e o seu sogro, o banqueiro e ferraxeiro local Domingo Franco, pormor do falecemento no parto da filla deste último e esposa de Barro, Basi-lisa Franco, acontecido en 1899. Logo da morte de Domingo Franco, aprincipios de setembro de 1908, as relacións entre José Barro e o seucuñado, o tamén banqueiro Jesús Franco, aínda se deteriorarían moitomáis; así este último negouse a tramitar calquera cheque ou pago dafábrica, feitos que supuxeron a interposición de diversas querelas, asícoma un longuísimo preito pola testamentaria.

Do sector téxtil ao automobilístico

No entanto, as relacións económicas entre Barro e o outro socio,Ángel Duran, ían continuar en cuestións de industria téxtil; constitúeseunha nova sociedade colectiva, á que se sumou como novo socio JoséCalviño Gantés. Creada en maio de 1903, esta empresa reafirmaríasedous anos máis tarde, e queda como socio xerente e administrador da

306Empresarios de Galicia

Page 307: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

industria de xénero de punto o referido José Calviño Gantés, a quen seuniría tres anos máis tarde, tamén na xerencia, o novo socio ManuelPérez Escudero.Xunto coa fábrica de electricidade, que comezou a proporcionarlle

enerxía eléctrica a Viveiro en novembro de 1896, o socio comanditarioÁngel Duran trasladará, por mor dunconflito laboral, a súa fabrica de tecidosda Coruña a Chavín. Naceu entón a Sec-ción de Tejidos A. Duran y Compañía.que elaboraba camisetas, pantalóns, me-dias e calcetíns en algodón, fío de Esco -cia, la e seda, destinados principalmen-te á exportación, aínda que dispoñían dun local de venda ao detalle en Viveiroe colocaban diversos produtos en cida-des españolas como Madrid, Barcelona,Sevilla ou Málaga.En canto á actividade automobilís-

tica, xorde como idea case parella á pro-dución de xéneros téxtiles. Así, no mesde xullo de 1899, Barro suxírelle ao seu

socio coruñés Durán a comenencia de implantar unha liña regular de au-tomóbiles de Baamonde a Ribadeo, por Mondoñedo, e de Ferrol a Ri-badeo, por Ortigueira e Viveiro. O motivo fundamental desta idea era ointento de crear un nó de comunicacións co interior, capaz de vertebraro norte lugués coa liña ferroviaria da Coruña a Madrid, que tiña o seuapeadeiro máis próximo en Baamonde, a 84 km de Chavín. Aínda quefracasou a idea inicial de montar a liña de automóbiles de Ferrol a Vi-veiro, que sería explotada pola empresa El Oriente, Barro poñerase encontacto coa casa de automóbiles francesa de Dion-Bouton e, xa en 1904,dispoñerá dun automóbil movido por motor de explosión da marca DeDion Bouton, co que percorreu Galicia.A partir de setembro de 1907, a sección de serraría vai deixar de tra-

ballar, tanto no referente á feitura de doelas e fondos, coma á madeira depiñeiro do país de todos os grosores e de todas as dimensións, especial-mente en táboa cepillada e agargalada mecanicamente. En marzo de

307José Barro González

Modelo De Dion-Boutón,estacionado diante do

primitivo taller de Barro-Chavín

Page 308: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

1909 sabemos que Barro tamén se desfixera dos muíños. Máis dificulta-des atopou, en troques, coa serra alternativa, pois se ben a de cinta a ven-deu axiña, a alternativa produciulle moitos trastornos ao ocuparlle unlocal que quería destinar para taller dedicado á montaxe de automóbiles.Outro tanto pasaría coa elaboración de xéneros, de xeito que o 14 desetembro de 1910, Barro González pedíalle a liquidación de contas aÁngel Duran, alegando que xa lle custara «unha porción de cartos e nonestou disposto a seguir pagando máis». Finalmente, aínda se constituiría,en febreiro de 1911, unha nova sociedade denominada Cortiñas y Cal-viño, na que participaron os socios Carlos Cortiñas Riego e José CalviñoGantés, que se liquidou definitivamente a principios de 1913.Ao mesmo tempo que se eliminaban os anteditos sectores, apostábase

fortemente polo incremento da produción eléctrica e do sector automo-bilístico. Así, conforme medraba o volume da fábrica, cada vez facíasemáis necesario aumentar a produción de enerxía eléctrica. Por este mo-tivo comezou a partir de 1907 a construción dun salto de auga, despois dedinamitar e facer rodar monte abaixo a chamada pena da Vella, que tiñaun peso dunhas 400 toneladas, coas que intentaría provocar o estanca-mento das augas. Porén, o descenso da grandiosa rocha non foi ao río,senón que ficou na marxe, onde hoxe se atopa, o que o obrigou a cambiarde idea, trasladando o encoro augas arriba, ata o Salto do Can. Unhavez construída a nova central eléctrica, en 1910, cunha potencia de 350kW e cunha canle de 1.500 metros de lonxitude, esta nova fonte de enerxíasubministroulle forza motriz dabondo para as futuras ampliacións da fábrica, para a iluminación de Viveiro e mesmo para novos proxectos em-presariais, como a subministración de enerxía eléctrica das minas da Silvarosa, a partir do 6 de xuño de 1909, así coma á empresa da indus-tria madeireira Amat y Compañía, entre outras.

As exclusivas chegaron de París

Respecto da industria automobilística, Barro xa tiña a principios denovembro de 1907 un taller de reparación provisto de tornos, fraguas, má-quinas de tradear, roscar e fresar, onde xa se facían todas as reparaciónsque fosen necesarias de toda clase de automóbiles, e foi considerado como«único na provincia». Ao ano seguinte comezou a importar os primeiros

308Empresarios de Galicia

Page 309: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

chasis e recambios da casa francesa De Dion Bouton estabelecida en Pu-teaux-París. Os traballos realizados no taller, ademais dos relativos ás pe-quenas reparacións e aos cambios de pezas, consistían principalmente nacolocación de bandas de reforzo e cubertas dos Etablissements Bergougnane Cía. e da Societé anonime J. B. Torrilhon, de Clermont Ferrand. A prin-cipios de decembro dese ano, logo de múltiples contactos, conseguiu aformación da sociedade regular e colectiva denominada Automóviles delNoroeste.A nova empresa dispoñía dun capital social de 42.000 pesetas, divi-

dido en 85 accións de 500 pesetas nominais, que se repartían entre os setesocios constitutivos; curiosamente todos, a excepción de José Barro, erande orixe maragata. Da xerencia e das cuestións de mantemento encarga-ríase o noso protagonista ata a fusión coa empresa de J. Vilas, en maio de1908. En adiante, este último será o novo xerente, José Barro pasa a serun conselleiro máis da empresa La Ferro-Carrilana, e ocúpase igual-mente de todo o referente ás reparacións na súa factoría de Chavín. Poreste motivo xurdirán múltiples conflitos ao acusar a Barro de cobrar enexceso as pezas de recambio e os amaños automobilísticos. A situaciónsuperaríase finalmente, grazas á mediación que exerceu o deputado pro-vincial Emilio Collazo. As relacións de Barro coa Ferro-Carrilana dura-rían ata a desaparición da empresa automobilística, en marzo de 1915.A finais do mes de decembro 1908, José Barro visitará a Feira do Au-

tomóbil de París, para poñerse ao día nas últimas novidades, estabelecernovas relacións e reforzar os vínculos coas casas Torrilhon e Dion-Bouton,das que pretendía obter a exclusiva. Apenas un mes despois, en xaneirode 1909, Barro González conseguiu a representación da Casa Torrilhonpara o norte de España, recibiu unha máquina para a colocación dasbandas de reforzo, macizos de ómnibus e camións. Nese verán tamén ob-tivo a representación para Galicia e Asturias dos automóbiles De DionBouton. Dese xeito, intensificaría as importacións de chasis, encargou porseparado as carrozarías dos diferentes modelos (fhaeton, coupé, laundaulet,limousine e torpedo), así coma os camións en diversas fábricas francesase alemás, continuando coa importación de motores de distintas mar-cas e bicicletas. Nese ano construíu unha nova nave na súa fábrica, pensouxa na futura montaxe do taller de carrozarías, co que evitou as dilaciónsna entrega dos automóbiles e beneficiouse dunha importante rebaixa nos

309José Barro González

Page 310: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

custos de produción. Ao mesmo tempo, seguía conseguindo exclusivas dediversos produtos automobilísticos para ofrecérllelos aos almacéns das em-presas ou a particulares que facían as súas reparacións e postas a punto enChavín. Debido ao mal resultado que lle deron as bandas de reforzo daCasa Thorrilhon, rescindiu o contrato a finais de agosto, e acadou, en tro-ques, a exclusiva dos pneumáticos Continental, aínda que seguiu ven-dendo ambas as dúas marcas, ademais das pinas Bergougnan.

Á política pola vía do agrarismo

Un aspecto totalmente descoñecido do labor do noso protagonista foia súa activísima participación na fundación no sindicato Liga Agraria doLandro, creada en 1913. Barro ocupou a vicepresidencia no momento dasúa constitución e, anos máis tarde, a presidencia, figurando así mesmona directiva agraria o xerente da fábrica, José Calviño Gantés, e outrosdestacados personaxes da súa total confianza. A experiencia agrarista ser-viulle para formar un importante grupo de presión e un aval político, quelle permitiu acadar concelleiros e participar persoalmente nas elecciónsde deputados a Cortes en 1917. Ademais, a cuestión agraria abriullenovos mercados para a venda de arados, malladoras e motores industriais,tanto en Galicia coma en Asturias.A partir de 1915, Barro vai sufrir a competencia do habaneiro e repre-

sentante en España da Sociedad de Instrucción Vivero y su Comarca,Justo Taladrid Catá, quen vai denunciar tres saltos de auga, aínda quefinalmente tan só obtería o de Ximarás, en Ourol, fronte aos dous que lleforon concedidos a Barro. En adiante, o noso protagonista persistiu naidea de estender a electrificación de Viveiro e aumentar a forza motrizpara os seus talleres; deste xeito, comezou as obras da que sería a centralde Xerdiz, proxectada para instalar unha potencia de 1250 kW, cunhacanle de 2700 metros de lonxitude. Paralelamente, en 1917, constituiraseen Viveiro a Cooperativa Hidroélectrica Vivariense, e, posteriormente,en 1927, a Electra Riobarba de Sierra López y Cía. Orixinouse así unhaverdadeira guerra da luz entre os distintos contendentes, que concluiríaen 1928, co suicidio do principal opositor a Barro, o banqueiro local exefe do partido liberal Benigno López Muñoz.

310Empresarios de Galicia

Page 311: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A Gran Guerra esporeou a iniciativa

Coincidindo cos inicios da central de Xerdiz e co estoupido da GranGuerra europea, José Barro vai sufrir en 1916 as consecuencias da con-tenda co corte das importacións de automóbiles e coa escaseza de pezasde recambio para estes, dada a militarización das fábricas e os férreos con-trois aduaneiros. Deste xeito, viuse obrigado a ampliar os seus talleres e,con este fin, desmontou a antiga fábrica de punto, cuxas máquinas, inac-tivas desde había tres anos, lle foron vendidas ao empresario de MataróManuel Asensio. Unha vez que dispuxo dun novo local para a colocaciónde novas máquinas, comezou a mercar equipamentos nos EE. UU., enInglaterra e na fábrica de Trubia, principalmente, pois a guerra impedía-lle adquirilas en Francia ou en Alemaña, e as prohibicións chegaron aafectar temporalmente tamén a Inglaterra. Así Barro, fíxose cunha talla-dora de coroas, fresadoras, tornos de distintos calibres, un torno revólver,todo tipo de máquinas de fresar e puír, máquinas de centrar, prensas paraenderezar árbores, rectificadoras de cegoñais e cilindros, distintas máqui-nas de tradear, martelos de aire comprimido, etc.Despois de mercar o aceiro en bruto ou de mandar fundir as pezas,

segundo os modelos de madeira, en Deusto e na fábrica de Trubia, enChavín encargábanse do torneado e tallado para cambios de velocidades,diferenciais, eixes estriados, cilindros, piñóns, culatas, bielas, cegoñais,embragues e todo tipo de engrenaxes, calquera que fose a marca dos au-tomóbiles, con tal de que mandasen as pezas vellas para modelos ou unbosquexo. Porén, dada a tardanza e mesmo dependencia que tiñan doaceiro en bruto, mercouse un forno Siemens que elaboraba coadas de 50a 100 quilos, aínda que fracasou en gran medida. Do volume dos traba-llos que se desenvolveron dá idea o feito de que no mes de agosto fabri-caran catorce diferenciais. Pouco despois comezaríase coa soldadura au-tóxena e co emprego da metalina, para a soldadura en aluminio; engadiusea exclusiva dos pneumáticos Midland e a venda dos Dunlop e India Rubber.Os traballos do taller mecánico duplícanse durante a guerra e ao seu

cadro de persoal incorpóranse dous mecánicos alemáns e o montadorelectricista do mesmo país Hermam Singer, aínda que os dous primeirosduraron moi pouco tempo en Chavín. A partir de 1917, e por mor dasmoitas ocupacións que tiña José Barro, viría facerse cargo da direccióndos talleres, desde Deusto, Emeterio Bercedo, contratado por tres anos.

311José Barro González

Fotografía da páx. seguinte: Taller mecánico da Fábrica Barro-Chavín, traballadores, correas, tornos e fresadoras

Page 312: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 313: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 314: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Mentres, a fábrica seguía medrando coa montaxe dun taller de caldeira-ría, soldadura eléctrica e remachado, especializado na construcción decaldeiras para as fábricas de conservas, que comezaban a coller un grandeauxe na zona. Porén, o gran salto cualitativo deuse coa adquisicióndunha máquina Gleasson núm. 18 de dentado recto, especial para atallaxe de engrenaxes cónicas, e coa contratación do mestre carroceiroFerdinand e do enxeñeiro mecánico francés Pierre Guerineau, quen veua Chavín en 1921, como encargado do taller mecánico, logo de poñerseao día na fábrica francesa de Dion Bouton, sobre todo no relativo á repa-ración da iluminación e do arranque eléctrico dos automóbiles.

Contratista de obras

Barro González, ademais de seguir cos proxectos eléctricos da quesería a futura central de Xerdiz, así coma cos continuados preitos que ori-xinaba a competencia eléctrica, dedicouse á realización de diversas obrascomo contratista; así construíu a estrada da rúa Nova a Bravos, o actualporto de Viveiro e a nave industrial da fábrica de conservas Alonso Hijos,en Celeiro. No caso da construción do novo peirao, puxera especialénfase, pois a montaxe dun guindastre para carga e descarga era unhapetición que levaba proxectando durante longo tempo, por ser imprescin-díbel para o constante movemento marítimo da fábrica de Chavín.No ano 1926, comezou a preparación dun local para a instalación dun

novo forno eléctrico Siemens, que lle permitiría fundir os bloques e asculatas dos motores De Dion-Bouton para camións, pois aínda se fundíanmoitas pezas en Deusto. Este forno de aceiros especiais, que inicialmentefuncionaba con eléctrodos horizontais para coadas de ata 300 quilos, pre -cisaría anos máis tarde unha transformación cara aos eléctrodos verticais. A calidade das fabricacións de Barro, que en 1926 lles proporcionaba

ocupación no taller mecánico a 80 traballadores e 26 aprendices, levou ámatriz francesa De Dion Bouton, estabelecida como delegación no hipó-dromo de Madrid, a propoñer a formación dunha sociedade anónimaque se xuntase coa fábrica de Chavín e que se ocupase da construcióndos automóbiles completos, un proxecto que finalmente non saíuadiante, malia que Barro mercou terreos na rúa Fernández Villaverde,núm. 55, en Madrid.

314Empresarios de Galicia

Page 315: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A primeira Gleasson de España

Coa marcha do mestre carroceiro Ferdinand en 1928, Barro contratououtro enxeñeiro francés, chamado Françoise Trompette, baixo cuxa direc-ción continuarían producíndose importantes melloras técnicas, como atransformación definitiva do forno eléctrico Siemens; o proceso de fundi-ción completouse coa posta en funcionamento de novos fornos para tra-tamentos térmicos de temperar e recocer, así coma de fundición de broncee aluminio. Ademais, adquiriu a máquina Gleasson Spirale núm. 15, paraa elaboración dos grupos cónicos espirais, unha mandriladora, unha ta-lladora de engrenaxes rectas con coitelas alternativas e a rectificadora La-pointe núm. 3. Tamén se realizaron novas melloras no referente a nique-lados e no taller de pintura, onde se colocaron extractores; tamén secambiou o sistema de pintado manual polo de pulverización aerográficaá pistola. Iniciouse, igualmente, a montaxe dun pequeno laboratorio paraos aceiros, ao cromo-níquel. Con todos estes avances non debe estrañarnosque Barro conseguise a declaración de Produtor Nacional en agosto de1930.Malia esa distinción, cómpre esclarecer que nese momento a fábrica

de Chavín reducira un tanto a súa produción de carrozarías e a vendaanual de ómnibus, uns 40 por termo medio, debido a que a maioría dasconcesionarias de exclusivas contaban agora con talleres propios. Por estemotivo, incidíase na reparación de materiais vellos, ao mesmo tempo quese trataba de diversificar o mercado automobilístico. Nos inicios da II Re-pública (1931-36), José Barro xa tiña a representación de tres marcas au-tomobilísticas: De Dion Bouton, Delahaye e Brockway; é dicir, dúas fran-cesas e unha americana. Ademais carrozaba chasis por encarga de todotipo de marcas, principalmente Aclo, para Automóviles de Luarca, Ley-land para a empresa Ribadeo, Saurer, Mercedes, etc. Debido á crise mun-dial de 1929, que comezaba a sentirse fortemente na España republicana,José Barro, quen xa tiña as obras da central de Xerdiz virtualmente re-matadas, atrasaría a adquisición da maquinaria, coa finalidade de evitaras perdas económicas producidas pola baixada da peseta fronte á moedaestranxeira. O proxecto electrificador continuaría parado anos despois pormor da Guerra Civil (1936-39) e tan só se reactivaría ao remate desta.Nestes anos de crise económica, o noso protagonista, xunto con

Ricardo Meyer, que se encargaba das vendas, montou en Lugo, nun local

315José Barro González

Page 316: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

da porta da estación, un amplo depósito de accesorios automobilísticos eaparatos eléctricos de todo tipo. Conseguiu múltiples representacións,como os pneumáticos Seiberling ou Mestre & Blatgé, raios como Baby eAtwater Kent, refrixeradores Wayne, etc. Ao mesmo tempo, continuabacoa venda de motores para a agricultura, a pesca e a industria, e procu-raba sempre o que mellor resultado dese, entre as marcas Dion Bouton,Omnium, Junkers e outras de sistema diésel.Tamén debemos destacar os recheos que realizou nas marismas de

Viveiro, desde o Hotel Venecia ata a ponte maior, que andando o tempoderon lugar aos xardíns actuais de Noriega Varela e da racionalista CasaBarro, así coma ao inacabado cinema, construídos polos seus herdeiros,na década dos corenta.

A militarización da factoría

Durante a etapa da Fronte Popular, a fábrica de Chavín sufrirá uncerto colapso na produción debido á declaración de varias folgas queesixían o cumprimento da xornada de oito horas, fronte ás dez que fa-cían, xunto con melloras salariais; finalmente chegouse a unha posturainflexíbel e de enfrontamento entre Barro e os sindicatos UXT e CNT.Co estalido da Guerra Civil (1936-39), a fábrica de Chavín foi mili-

tarizada e, ademais da produción que se viña realizando, iniciouse a ela-boración de cabezas de proxectís e de espoletas Silvia; chegáronse a facermáis de 600 unidades diarias de cada tipo, ademais da blindaxe decamións e da fabricación de pezas de recambio de automóbiles, montaxede ambulancias e coches taller, etc. Logo de rematada a guerra, conti-nuou a produción de pezas de recambio e de grupos cónicos para aten-der a gran demanda do mercado estatal. Coa posguerra e coa guerraeuropea, ante a falta de recambios para os automóbiles, ómnibus ecamións, a fábrica de Chavín traballou a pleno rendemento. A industria,que viña actuando legalmente co nome comercial de José Barro-Fca. deChavín, foi transformada o 26 de febreiro polo seu propietario, José BarroGonzález, en sociedade anónima, co nome de Barro-Chavín, S.A.-Fca.de Chavín. É precisamente nesta época cando acada o seu maior auxe,cun cadro de persoal total de 300 empregados.

316Empresarios de Galicia

Page 317: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Barro, durante eses anos, aínda se faría coa propiedade das Minas daSilvarosa, que lle foran mercadas a Horacio Echevarrieta, así coma coacentral eléctrica de Riobarba-O Vicedo. Debido á escaseza de combustí-beis líquidos, tamén se iniciou a fabricación dos gasóxenos MM, a gas demadeira e de patente francesa, que se instalaban basicamente en camiónse ómnibus e que duraron ata despois do final da guerra europea. A derra-deira iniciativa de José Barro sería, precisamente, o remate da centraleléctrica de Xerdiz, que tan só vería funcionar en período de probas, pormor do seu pasamento o día 14 de xaneiro de 1943.

Da sucesión ao peche

Logo do falecemento de José Barro González, os seus herdeirossegregaron da sociedade a produción e a distribución da enerxía eléctrica,que a partir dese momento se administrou pola entidade Electrabarro,S.A. Co paso do tempo, en 1961, foi absorbida por Barras EléctricasGalaico Asturianas, S.A. (Begasa). Así mesmo, os administradores de Barro-Chavín, S.A. decidiron en

1954 desdobrarse en dúas novas sociedades, segundo as actividades. Asconstrucións mecánicas, repostos para automoción e industrias, adscribí-ronse á sociedade matriz, Barro-Chavín, S.A.-Fca. de Chavín, mentresque todo o referente á fabricación de carrozarías se integrou nunha novasociedade, Sucesores de J. Barro, S.A.-Carrocerías Barro.Finalmente, Sucesores de José Barro-S.A-Carrocerías Barro viuse for-

zada ao peche en 1978, en tanto que Barro-Chavín, S.A.-Fábrica de Cha-vín tampouco superaría a crise dos anos 1975-80 e pecharía as súas portasen 1981.Posteriormente, as instalacións da Fábrica de Chavín foron adquiri-

das por Hidrofersa S.A. Modernizadas totalmente desde o 10 de marzo de1984 levan desenvolvendo un importantísimo labor: dedícanse á constru-ción de maquinaria naval.

317José Barro González

Page 318: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

MANUEL ÁLVAREZ PÉREZ

1904-1975

MOISÉS ÁLVAREZ O’FARRILL

1873-1938

Page 319: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Cando en marzo de 2002 se apagaron os for-nos e se detivo a produción nas fábricas do Grupode Empresas Álvarez (GEA), non só desaparecía daárea viguesa unha industria cunha traxectoria de se tenta e cinco anos, senón que tamén centosde traballadores vían como se esvaecían as esperanzas de manter a activi-dade produtiva e asegurar o seu futuro laboral. Iniciábase así, o derradeirocapítulo dun pasamento longo tempo anunciado que ía poñer fin a unhasingular experiencia empresarial iniciada en 1927, cando Manuel Álva-rez Pérez fundara a sociedade Manuel Álvarez e Hijos, S.L., que logrouintroducirse con éxito no pechado universo industrial vigués. Este empre-sario puxo os cimentos e marcou a orientación do que co paso dos anoschegaría a converterse nun dos principais complexos fabrís de Galicia, líderna produción e na venda de artigos de vidro, louza e porcelana en España. No presente artigo temos como obxectivo presentar algúns trazos da

vida e da obra de dous empresarios galegos, unidos por lazos familiares epola súa especial dedicación á empresa Manuel Álvarez e Hijos (MAH),trátase do fundador Manuel Álvarez Pérez (1873-1938) e do seu fillo Moi-sés Álvarez O’Farrill (1904-1975). Interésanos amosar a traxectoria vitaldos que poderiamos cualificar como dous grandes xefes de empresa, se lleaplicamos o adxectivo empregado por moitos dos que con eles comparti-

Ana María Navas NovasProfesora do IES Politécnico de Vigo

A GRANDE EMPRESA GALEGADO VIDRO E DA CERÁMICA

Page 320: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ron vida e traballo. E tamén, interésanos presentar o resultado do seu tra-ballo, a súa obra, ese conxunto fabril que, no momento da súa máximaexpansión, estivo integrado por nove fábricas, trinta e seis tendas e variosmiles de traballadores.

De emigrante en Cuba a industrial en Vigo: a peripecia empresarial de Manuel Álvarez Pérez

Manuel Álvarez Pérez (1873-1938), naceu en 1873 en Gomesende,Ourense, emigrou a Cuba, como outros moitos milleiros de galegos daépoca, aos 18 anos.1 Os seus comezos na illa caribeña foron humildes echeos de dificultades, exerceu varios oficios ata que fundou un pequenoserradoiro destinado á preparación da táboa fina que se empregaba paraa embalaxe do tabaco, unha actividade esta última que lle permitirá aca-dar un certo desafogo económico. Fixará a súa residencia en Santa Clara,casará coa cubana D.ª Clara O’Farrill O’Farrill e alí nacerá a súa nume-rosa descendencia. O seu fillo Moisés recordará os anos da súa nenezcubana, «a nosa casa era de madeira e tiña un pequeno soto para evitar ahumidade, porque estaba en zona lamacenta»,2 e describirá o seu paicomo un «humilde emigrante que con moito sacrificio conseguiu reunirunha pequena fortuna e dedicou canto gañou en remotas terras ao enri-quecemento daquela onde naceu».3 D. Manuel regresará a España contoda a súa familia, e asentouse en Vigo a finais de 1918, «acabada derematar a primeira gran guerra».4Vigo era naquel intre unha cidade en plena efervescencia económica,

consecuencia tanto do pulo que a neutralidade española na Primeira Gue-rra Mundial lles dera ás súas modernas industrias marítimas asentadas unpar de décadas antes, coma da irrupción dunha man de negocios especu-lativos relacionados directamente coa guerra. Nun destes últimos, o da

320Empresarios de Galicia

1 ABC, 24-XII-1972, p.19. Entrevista a Moisés Álvarez.2 Íbidem.3 Arquivo da Empresa (AE), Carpeta Plan de Desenvolvemento, carta a López Rodo,

24-IV-1963.4 ABC, 24-XII-1972, p. 20. Entrevista a Moisés Álvarez.

Page 321: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

especulación en divisas, investiría precisamente o emigrante retornadounha parte importante dos seus aforros e dos doutros emigrantes que lloencomendaron, unha aventura que puido converterse no seu primeiro eúltimo negocio en España porque a brutal depreciación do marco dosanos seguintes ao remate da guerra estivo a piques de levalo á ruína. Ma-nuel Álvarez Pérez demostrou aquí unha extraordinaria perspicacia paratransformar unha ameaza nunha oportunidade, pois á vista da negativatendencia da moeda alemá desprazouse velozmente a Silesia empregandoos marcos adquiridos na compra dun gran lote de porcelana, louza e cris-tal na fábrica de Koenigszelt,5 no que sería así o seu primeiro contacto cunsector ao que lle dedicaría o resto da súa vida empresarial. Cun importantestock destes produtos e cun certo capital pero aínda sen a experiencia eos contactos precisos no sector, Manuel Álvarez asociarase cun comer-ciante local que si os tiña, Manuel Rey Vázquez,6 e fundaría a sociedadeÁlvarez y Rey, S.L., constituída en Vigo o 26 de xaneiro de 1922,7 dedicadaá importación e á exportación de artigos de cristal e porcelana. Segundorecorda o seu fillo Moisés, «o meu pai, Manuel Álvarez, comezou comer-cializando louza e porcelana, aló polo 1925, nun local de Policarpo Sanz».8Tras cinco anos de funcionamento,9 os socios emprenderán camiños se-parados dentro do mesmo sector e actividade. Manuel Rey formará a so-ciedade Manuel Rey y Compañía, con domicilio na rúa de Urzaiz10 men-tres que Manuel Álvarez constituirá Manuel Álvarez e Hijos, S.L. Nestanova sociedade, escriturada o 8 de xullo de 1927, cun capital social de700.000 pesetas, o antigo emigrante será o único socio capitalista, terá a

321Manuel e Moisés Álvarez

5 Silesia foi alemá ata 1945 e posteriormente pasou a integrarse en Polonia. A fábricade Koenigszelt creada en 1860, mantivo ese nome ata 1945. Entre 1956-1961 realizará aampliación e modernización das instalacións e comezará unha nova etapa baixo a denomi-nación actual de ZPS Karolina. Consultado o 3 de decembro de 2004 en http://www.Karo-lina.info.pl

6 Importante empresario que, entre outras, creará a fábrica de gomas estabelecida en1941 en Coia, REYMAN.

7 Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (AHPPO): G-11.334.8 Faro de Vigo, 3-VIII-1973, p. 14.9 AHPPO: G-11.334 10 AHPPO: L-7.637

Imaxe da páx. seguinte:Factorías e vivendas

obreiras de Manuel Álvareze hijos en Cabral (Vigo).

Folleto propagandístico daempresa, realizado co galloda inauguración da sucursalde Establecimientos Álvarez

en Oviedo, ano 1956

Page 322: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

322Empresarios de Galicia

Page 323: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

323Manuel e Moisés Álvarez

Page 324: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

administración e a firma mentres que os seus fillos, Manuel e Moisés que-darán como socios industriais. Instalados agora na rúa Victoria, preto dapraza de Compostela de Vigo, comercian principalmente con louza brancae darán os primeiros pasos cara á actividade industrial incorporando un pe-queno taller de decorado de louza branca cunha mufla elemental;11 destexeito unirán a transformación industrial á actividade comercial. Pero opaso de comerciantes a fabricantes esixía máis espazo e instalacións espe-cializadas, polo que Manuel Álvarez decide desprazar a actividade cara áperiferia da cidade, concretamente ao barrio de Casablanca, unha zonaque a comezos dos anos trinta estaba sen urbanizar.12 En novembro de 1930MAH compra neste barrio tres soares, nos que ao ano seguinte inicia a«construción dun almacén e despacho de louza de porcelana»,13 e logoa vivenda familiar, os talleres de decorado, os almacéns e unha primeirafábrica de vidro, nun proceso de sucesivas ampliacións e engadidos á ini-cial construción de 1931. En 1933 Manuel Álvarez tiña ademais dos ta-lleres de tallado de cristal e de decorado de louza, porcelana e cristal, quetraballaban sobre pezas adquiridas a outras fábricas, catro tendas de vendapolo miúdo. Eran estas auténticos bazares, nos que ademais dos produtosde MAH se vendían outros moitos: gramófonos e discos, perfumaría, pa-pel para decorar, obxectos en prata e relixiosos.Cando en xullo de 1936 estoura a Guerra Civil, tiña a empresa 77 tra-

balladores, na súa meirande parte mulleres empregadas nos obradoiros dedecoración de louza e porcelana, que era xa a principal actividade á quese dedicaba a empresa. A contenda, que implicou a ruptura do mercadoespañol en dúas áreas incomunicadas, supuxo nos primeiros intres un durogolpe para os Álvarez, pois as principais áreas urbanas —as máis consu-midoras de cerámicas decoradas— mantivéronse na zona fiel á legalidaderepublicana. Mais unha que Manuel Álvarez fixo gala do seu fino olfactopara a procura de novas oportunidades reorientando a empresa familiar

324Empresarios de Galicia

11 Faro de Vigo, 3-VIII-1973, p. 14. A mufla é un forno para cocer porcelana.12 Tanto era así que as rúas se denominaban Transversal A (actual rúa Ecuador) e

Transversal B (actual rúa Venezuela).13 Arquivo Municipal de Vigo (AMV): IND-12, Expediente por pedimento de D.

Manuel Álvarez, para construír un almacén de louza na rúa Ecuador, 28-IV-1931.

Page 325: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

cara a dúas novas actividades destinadas a tirar da ruptura do mercado,que inicialmente lles fora adversa, unhas vantaxes superiores aos iniciaisinconvenientes. A empresa entraría así, moi logo do comezo da guerra,na fabricación de xoguetes e na elaboración de vidro, dúas industrias lo-calizadas case que exclusivamente en zona republicana, e practicamenteinexistentes nas áreas sublevadas. Sobre todo a segunda acadaría axiña

unha importancia notábelata se converter moi logo naactividade principal da em-presa, tal como se pode verna táboa 1. A decisión de montar a

fábrica de cristal foi explicadapolo propio Moisés Álvarez:«D. Carlos de Andrés, direc-tor duns grandes laboratoriosestranxeiros,14 veu a Vigo eencargounos un millón defrascos para facelos en noven -ta días. Comprometémonossen saber se poderiamos fa-celos».15 O empresario non

deixará escapar a oportunidade, poñerá en marcha os seus contactos enAlemaña e antes do verán de 1937 o seu fillo Moisés desprazarase a Dres-den e conseguirá que o enxeñeiro Sauerlach, proxectista de máquinas devidro, realice os planos da fábrica axustados ao curto presuposto16 do quedispón. Tamén en Dresden, guiado polo seu carácter impulsivo aprovei-

325Manuel e Moisés Álvarez

Táboa 1Evolución do emprego de Manuel Álvarez e Hijos, S.L. durante a Guerra Civil

Xullo de 1936 Novembro de 1938

Operarios de louza e porcelana 50 55

Dependentes de bazares 20 14

Oficinistas 7 7

Operarios fábrica de cristal - 181

Operarios fábrica de xoguetes - 34

Albaneis, carpinteiros e peóns - 171

Mulleres empregadas 45 71

Homes empregados 32 391

Total xeral 77 462

Fonte: AE, Carpeta de Subsidio ao Combatente. Elaboración propia

14 Trátase dos Laboratorios Merck, ABC, 24-XII-1972, p. 20. A firma Merck, estabele-cida en 1891 nos EUA como Merck & Co., Inc., foi nos seus inicios unha empresa de pro-dutos químicos que a comezos dos anos trinta deu inicio á súa liña de investigaciónfarmacéutica. Consultado o 8-12-2004 no seguinte enderezo: www.msd.com.hk/about_us/e_history_of_merck.html.

15 Faro de Vigo, 3-VIII-1973, p. 14.16 Íbidem. Conseguiron un crédito do Banco de España.

Page 326: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tará para contactar coa firma ceramista Dorst17 e acadará a súa colabora-ción na montaxe dunha fábrica de porcelana, co envío de maquinaria.Con grande entusiasmo e moita improvisación conseguirán cumprir cospedidos e captar nova clientela, «fabricamos o millón de frascos a pesetae pedímoslle ao señor de Andrés que nos procurase clientela. Fixemoscanas para cervexa e botellas para anís, millóns de canas e de botellas».18A fábrica de vidro estabeleceuse de forma acelerada a carón dos obra-

doiros que a empresa tiña en Casablanca. Na súa instalación participarontécnicos alemáns, e alemá foi taména maquinaria e parte das materiasprimas que se empregaron nos pri-meiros momentos de funcionamento.Os permisos necesarios así coma ou-tras moitas facilidades resultaron doa -dos de acadar pola «imperiosa ne-cesidade para hospitais, farmacias elaboratorios» dos frascos de vidro quea nova planta planeaba fabricar, unargumento este que Álvarez esgrimíanas súas solicitudes de apoio e que re-sultaba difícil ser desatendido.A medida que avanzaba a guerra

a demanda para os produtos de Álva-rez seguiu crecendo, o que animaríaa empresa a proxectar a construción dunha nova fábrica en Cabral,unhas instalacións que o fundador xa non vería, pois Manuel ÁlvarezPérez, falecerá o 15 de decembro de 1938. Á súa morte, traballaban parael 462 empregados, entre os que a maioría estaba constituída polos ope-rarios da fábrica de cristal de Casablanca, pero que tamén incluía os dostalleres de cerámica e xoguetes e os albaneis e carpinteiros que estabantraballando xa na construción do novo centro de Cabral.

326Empresarios de Galicia

17 Este contacto foi decisión propia xa que non se atreveu a dicirlle nada ao seu pai ataque «chegou de Alemaña o primeiro envío de maquinaria», ante o que o pai «se indignoucomigo» pero non impediu a montaxe dos primeiros fornos. ABC, 24-XII-1972, p. 20.

18 Faro de Vigo, 3-VIII-1973, p.14.

Cerámicas Álvarez.Arquivo Pacheco

Page 327: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

O traslado a Cabral e os problemas de sucesión empresarial (1938-1952)

A espléndida marcha da empresa durante a Guerra Civil animara xana primavera de 1938 a estudar a ampliación das dúas plantas industriais,obxecto sumamente difícil no barrio de Casablanca, moi próximo ao centroda cidade. No entanto, comezara xa daquela a merca de leiras nos barriosde Barreiro e Sello do Concello de Lavadores, onde axiña comezaríanas obras. O primeiro forno do novo complexo acendeuse xa en maio do1939 e a finais deste ano funcionaban xa as seccións de vidro e louza. Perose a guerra fora unha conxuntura sumamente favorábel para Álvarez, opráctico peche do mercado español que se produce ao seu remate abreá empresa novas perspectivas. Álvarez concibirá a idea de estabelecertamén no seu novo complexo unha terceira fábrica, a de porcelana, unproduto que tradicionalmente se viña importando en España, pero quenas condicións enormemente restritivas que o comercio exterior sofre nosanos da posguerra poñía o mercado interior nas mans das empresas na-cionais. Deste xeito, en 1941 comeza a traballar Porcelanas Santa Clara,a carón das novas fábricas de louza e cristal situadas agora en Cabral, quetraballaban respectivamente baixo as marcas comerciais de Royal Chinae Casablanca. En 1944 Manuel Álvarez e Hijos tiña tres liñas de produtoprincipais: a fabricación de porcelana, a de louza de mesa (cuncas, pratos,etc.) e a de vidro (frascos, botellaría e servizos de mesa). A construción docomplexo continuou durante toda a década e non se deu por concluídaata 1951, ano no que Suances prende o acendedor dos fornos túnel con-tinuos para a cocción de porcelana dura. Durante os anos corenta as ins-talacións de Casablanca seguirían fabricando en pequena escala as pezasde cerámica máis manuais ou artísticas. Tras o seu peche a comezos doscincuenta quedarán practicamente abandonadas durante vinte anos, atao intre no que El Corte Inglés adquiriría os soares sobre os que en 1975inauguraría a súa primeira sucursal en Galicia. Ademais de ampliar as instalacións existentes e entrar nunha nova liña

de fabricación, a da elaboración de porcelana, a empresa realiza nos anoscorenta un amplo esforzo por integrar verticalmente a distribución —ouunha parte dela— a través da creación dos denominados EstablecimientosÁlvarez, tendas propias da empresa que comercializan os seus produtos.O uso desta canle comezara xa durante os anos anteriores á guerra, coa

327Manuel e Moisés Álvarez

Page 328: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

apertura das tendas de Vigo, de Ourense e da Coruña,pero sería, tal e como se pode ver na táboa 2 durante osanos inmediatamente posteriores a ela cando esta opciónadquire importancia, pois o quinquenio 1940-1945 éno que esta variábel rexistra unha maior taxa de crece-mento. O pasamento do fundador non foi, xa que logo, óbice

para a continuación do forte crecemento da empresa du-rante os intres finais da guerra e máis da década posteriora ela. Pero, en todo caso, e malia as escintilantes aparencias, os problemasde sucesión típicos dunha empresa familiar como era o caso si que sig-nificaron importantes problemas financeiros e de xestión que marcaríano futuro do importante complexo vitrocerámico.Ao pasamento de Manuel Álvarez Pérez a viúva e os nove fillos que-

daron con dereitos sobre a empresa familiar. A fórmula elixida para garan-tir a súa continuación foi a transformación da antiga sociedade limitadana que o fundador detiña as 700.000 pesetas de capital fundacional nou-tra nova con capital de dez millóns na que se daba entrada a todos os her-

328Empresarios de Galicia

Táboa 2Evolución do número de sucursais

de Establecimientos Álvarez1940 2

1945 12

1950 14

1955 181960 26

Fonte: AE. Folleto Conocimiento da empresa

O servizo médico de ManuelÁlvarez e hijos ocupaba aplanta baixa dun edificio daBarriada de Álvarez

Page 329: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

deiros. Os dous antigos socios industriais, Manuel e Moisés entraban conmillón e medio cada un, e o resto en cantidades lixeiramente inferiores.Esta transformación da sociedade familiar, que se escritura no ano 1942,recoñécelles aos dous irmáns citados o carácter de xerentes da empresa,que en realidade xa viñan exercendo. Manuel preferentemente noámbito da fabricación e Moisés no das relacións externas, que tan impor-tantes foran para o crecemento da empresa durante a guerra. Moiséstivera un papel xa decisivo nas xestións das primeiras semanas da GuerraCivil para a subministración da zona caída nas mans dos sublevados, asícoma na importación de tecnoloxía desde Alemaña a onde se desprazaraen varias ocasións durante os anos 1937 e 1938.A transformación da sociedade familiar non foi senón o comezo

dunha loita polo control da empresa que se prolongaría durante unhadécada e que remataría coa vitoria de Moisés, que se faría coa propieda-de de todo o capital. En 1945 abandonarían a empresa Clara O’Farrill eseis dos fillos, en 1950 faríao Manuel, e finalmente Julio ao ano seguinte.Ademais dunha man de problemas derivados dunha dirección bicéfala e sen coordinación durante toda a década, Moisés tivo que facerllesfronte a uns desembolsos polo abandono do resto dos socios que descapi-talizaron gravemente a empresa nun intre no que precisamente estabarealizando fortes investimentos tanto en equipamento técnico coma enapertura de sucursais.19 Desde o punto de vista de Moisés, que foi o queen todo momento tomou a iniciativa, era preciso asumir os custos derematar coa dirección bicéfala, pois esta facía inviábel a empresa, unhaposición esta que explicaría nunha conferencia posterior:

Varias direccións, equivalen a ningunha. Fai falta unha soa man queempuñe o temón; un único cerebro que impoña o rumbo. Pero, cal? Nono elixe ninguén, non existe nomeamento por acordo previo. Pero de xeitoautomático, un de entre eles vaise alzando como o sucesor directo dopai.20

329Manuel e Moisés Álvarez

19 A instalación dos fornos túnel que inaugura Suances en 1951 custara vinte millóns,e a sucursal de Madrid, once.

20 Arquivo da Cámara de Comercio de Vigo: Conferencia de Moisés Álvarez, Proble-mas de crecimiento en la empresa familiar. Primer Symposium sobre problemas actuales de laEmpresa Española, Madrid, 2-XII-1959, p. 3.

Page 330: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Moisés Álvarez: paradigma de empresario do franquismo

Moisés Álvarez álzase así como único propietario e xerente daempresa de Cabral no ano 1952. Nacera en Cuba no ano 1904 e, malestudante como el mesmo recoñecía, aprendera as artes da cerámica enSilesia, na fábrica de Koenigszelt, da que era seareiro oseu pai, baixo a tutela dun coñecido ceramista de ape-lido Erichohn. Pero tras do impoñente complexo indus-trial que pasaba a rexentar agochábase xa unha situaciónfinanceira cando menos atípica. Cuns recursos propiosque practicamente se igualaban ao capital, o que é dicirdez millóns de pesetas, Álvarez tiña unha débeda congarantía hipotecaria no Banco de España de cincuentamillóns e diversas débedas bancarias, principalmente coBanco Pastor, de máis de trece; dun pasivo total deoitenta e dous millóns de pesetas, os recursos propiossituábanse por debaixo do 13%. Os primeiros problemasque Moisés terá que abeirar na súa nova xeira empresa-rial serán, xa que logo, non técnicos como lle gustaría,senón de saneamento dunha empresa que é máis dosbancos ca súa.Aos poucos días da súa toma de control da empresa,

Moisés Álvarez verase forzado a adaptarse á Lei regula-dora do réxime xurídico das sociedades anónimas de1951, que lles impoñía con carácter obrigatorio a ditaforma ás sociedades que, ademais de limitar a responsa-bilidade, tiveran un capital social superior a cincomillóns de pesetas,21 polo que con data 26 de marzo de1952 se transforma en Manuel Álvarez e Hijos S.A.22 Atransformación en sociedade anónima foi en realidade o preámbulo paraa intervención polos bancos acredores, que, ante a falta de liquidez daempresa para atender os créditos esixen a cesión dunha maioría do capi-

330Empresarios de Galicia

21 Gabinete Xurídico Administrativo do BOE (1970), p. 19. Lei do 17 de xullo de1951.

22 AHPPO: G-11.334

Page 331: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

331Manuel e Moisés Álvarez

tal e a constitución dun consello de administración controlado por eles.Nunha xunta xeral extraordinaria celebrada en setembro do mesmo anopasa este a contar con once conselleiros, dos que catro son impostos poloBanco Pastor, tres polo Banco de España e só outros catro polo propioMoisés Álvarez. Nos meses seguintes Marcelino Martínez Moras, direc-tor da sucursal viguesa do Pastor substitúe a Moisés como director xerenteda empresa e Andrés Pardo Hidalgo como presidente do seu consello deadministración.

O grupo empresarial intervido polos bancos a co-mezos dos cincuenta non só tiña problemas financeirossenón tamén tecnolóxicos, de custos e de demanda, pro-blemas que lle afectaban especialmente á fábrica de vidrooco, especializada en frascos e botellaría, produtos nosque o combustíbel e o transporte do produto tiñan maiorpeso na formación do prezo final. A isto sumábanse osconflitos cos almacenistas que consideraban os estabele-cementos de venda polo miúdo integrados na empresavitrocerámica como competencia desleal. Segundo uninforme de 1954 do gobernador civil de Pontevedra, durante a intervención bancaria MAH continuou sendoun negocio ruinoso e «soamente o desexo de evitar unhacatástrofe laboral, e de salvar no posíbel esta importanteindustria, é o que mantén a Banca cubrindo o pago denóminas».23 Os xestores acometerán, durante os anos daintervención, unha continuada redución de persoal coaautorización da Delegación Provincial de Traballo, talcomo se reflicte na táboa 3. A carón disto, a empresa vaiabandonando a fabricación de frascos e botellaría e cen-

trándose na fabricación de servizos de mesa tanto no ámbito da cerámicacoma no do vidro.As estratexias seguidas por Moisés Álvarez para recuperar o seu con-

trol da empresa constitúen un exemplo paradigmático de utilizacióndos mecanismos do réxime político ao servizo dos intereses empresariais.

23 SEPI. Arquivo do INI, rexistro de entrada núm. 8.891, 13-IX-1954, p. 2.

Táboa 3 Evolución do emprego nas fábricas de

MAH de Cabral 1951-1963

Ano Núm. de traballadores

1946 1.331

1951 2.914

1952 3.033

1953 2.723

1954 2.293

1955 2.026

1956 1.981

1957 1.875

1958 1.814

1959 1.788

1960 1.634

1961 1.644

1962 1.8791963 2.110

Fonte: AE, Carpeta Polo de Desenvolvemento Industrial, anexoMemoria Explicativa Industria, outubro de 1963.

Page 332: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

332Empresarios de Galicia

24 Seica a relación entre ambos viña de cando, en plena Guerra Civil, o goberno deSalamanca tiña falta de certos elementos esféricos de vidro necesarios para a fabricación debombas; recibe a información de que en Vigo hai unha fábrica que se pode facer cargo.Moisés, chamado desde Salamanca, entrevistarase con Franco e conseguirá a encarga paraMAH de fabricar unha especie de acuarios de vidro. Esta encarga terá enormes dificultadestécnicas debido á ausencia de moldes, pero con enxeño farán os moldes con madeira traídade Portugal, de cada bóla de madeira saían 7-8 acuarios e conseguirán subministrar opedido. Franco nunca esquecerá esa colaboración de MAH.

25 Unha das obras máis importantes das factorías foron as vaixelas para a Casa Real,cada unha tardaba un ano en facerse xa que a súa realización era tan esixente que de cada8 pratos só 1 era válido. Tamén fixeron unha artística mesa redonda de cerámica comoregalo para o Caudillo para colocala no Pazo de Meirás, a tapa da mesa estaba formada porpezas que representaban mulleres vestidas cos traxes rexionais. Información tomada nasconversas con J. Fuentes, quen fora xefe do taller de decorado artístico de MAH.

26 Hoja del Lunes, 4-VI-1962, páxina especial.27 Sur, 10-XII-1957.

Conservador de inclinación máis ben monárquica, admirador do sistemapolítico norteamericano e do empresariado alemán, e desconfiado da Fa-lange e mais do Movimiento contou, no entanto Moisés, xa desde os anosda guerra cunha excelente relación non só con Juan Antonio Suances,senón co mesmo xeneral Franco e mais coa súa esposa.24 De feito, estaúltima foi asidua non só da inauguración das principais instalacións in-dustriais do empresario vigués senón mesmo de varias das súas sucursaiscomerciais; Franco visitara varias veces o complexo de Cabral e Suancesinauguraba en 1951 os seus fornos continuos. Os dirixentes das principaisinstitucións e as autoridades civís, militares e eclesiásticas estarán presentesnos actos de inauguración de fábricas, sedes comerciais, nova maquinaria,etc. e todos recibían no Nadal un prato de Álvarez como felicitación.25A relación de Moisés Álvarez co réxime non só se facía patente co gallode inauguracións e outras solemnidades senón tamén na vida cotiá da em-presa. Nas sucursais de Establecimientos Álvarez por toda España, xuntoao retrato do fundador, estaba o de Franco. Nos seus discursos haberá con-tinuas referencias ao Caudillo, «que nos alenta co seu exemplo»,26 e in-cluso nas tendas colgará nas paredes imitacións artísticas de pergamiñonas que estaban escritos lemas alusivos aos esforzos realizados pola em-presa: «Franco e o seu goberno marcan a nosa pauta para o engrandece-mento de España. Nós, procuraremos seguilo».27 De xeito un tanto para-

Page 333: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

333Manuel e Moisés Álvarez

28 SEPI, carta a Suances, 22-IX-1956, p. 3.

doxal, estabeleceu unha certa amizade con Fidel Castro, talvez pola súacomún orixe cubana. Fidel Castro, ao coñecer os apuros económicos daempresa, propoñeralle que vaia para Cuba e que instale alí as súas fábricas.Cando comentaba este tema con algún dos seus colaboradores, D. Moisés,dicía que xa nesa etapa da súa vida non podería facer semellante pirueta,porque... que faría con Franco?Moisés Álvarez non se resignou á intervención da súa empresa polos

bancos e non descansou na mobilización das súas influencias. Ao seuamigo Suances pediríalle en 1956 «que lles axude a liberarse das garras fi-nanceiras que tan inxustamente fixeran presa na súa gorxa».28 E, final-mente, tras unha entrevista co propio Franco, consegue que o Banco deEspaña e o Banco Pastor acepten un convenio para amortización do cré-dito, co conseguinte alzamento da intervención. Unha parte relevantedesta amortización realizaríase co importe dun novo crédito outorgadopolo Banco de Crédito Industrial. En febreiro de 1957 Moisés Álvarez

Feira de Hannover 1962.Momento de descanso dopersoal de MAH asistente a

tal evento. O cuarto pola dereita é Moisés

«Sito» Álvarez

Page 334: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

recuperaba así, grazas aos seus bos contactos co réxime o control da em-presa creada polo seu pai. Unha anécdota narra a animadversión paracos banqueiros, xa que cando liquidou a súa débeda co Pastor, enviou aalguén a pagar o último millón en moedas rubias, o que motivou unhachamada de Barrié de la Maza pedíndolle explicacións, ao que D. Moisésrespondeu que «acaso non eran cartos legais?, pois que os contaran».29

Personalismo e paternalismo: o estilo empresarial de Moisés Álvarez

Acenos como o citado do pago dun millón de pesetas en moedas depeseta poñen sobre as pegadas dun dos trazos do estilo empresarial deMoisés Álvarez: a súa teatralidade e o uso dela tanto para xerar confianzano mercado como adhesión nos seus subordinados. No primeiro destessentidos, a exhibición de signos externos de prosperidade resultaba espec-tacular: coches impresionantes para a España da época, choferes unifor-mados, casa en Vigo, piso en Madrid, chalé na praia América,30 investi-mentos inmobiliarios por gran parte da xeografía española, aloxamentonos hoteis máis luxosos, etc. Na etapa final da súa vida, cando non podíapagar as cargas sociais das súas empresas e lle pedía moratorias á Seguri-dade Social, acometerá a construción dunha casa na leira Altomira doCastro en Vigo,31 auténtica fortaleza de formigón que causará un forteimpacto na opinión pública tanto polo seu deseño anovador coma poloseus numerosos cuartos de baño de deseño italiano, billas automáticas,ascensor, pararraios moderno, vasos da dinastía Ming, importante pina-coteca, un museo cerámico, todo isto cun investimento de 100 millónsde pesetas de finais dos anos sesenta.

334Empresarios de Galicia

29 Anécdota contada polo Sr. M. Mallo.30 Lugar de veraneo da alta sociedade da época. Nos primeiros anos cincuenta acostu-

maban facer unha Tómbola Benéfica todos os veráns, na que se rifaban obxectos achegadospolos veraneantes habituais, D. Moisés adoitaba entregar unha peza especial da súa fá-brica. Un ano esa peza foille encargada a D. José Fuentes daquela debuxante artístico na fábrica, consistía nun gran prato no que estaba pintado o Templo Votivo de Panxón e nunhacunca grande tipo ouriñal, na que estaba pintada a praia América. O traballo tivo tanto éxitoque D. Moisés subiulle o soldo mensual a 1000 pesetas. J. Fuentes, conversa 3-XII- 2004.

31 Hoxe en día, propiedade do Concello, é a sede do Conservatorio Superior deMúsica de Vigo.

Page 335: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

No interior da empresa combinaba tamén estes golpes teatrais comoa diaria entrada na fábrica nun Mercedes conducido a maioría das vecespolo seu chofer austríaco32 co seu talante de xefe amábel e accesíbel aoque lle gustaba referirse á empresa como a unha familia, da que en certosentido se sentía patriarca, e que daba persoalmente todo tipo de consignase anuncios pola megafonía da empresa. A combinación destas caracterís-

ticas así coma o seu forte liderado per-soal producían no persoal das súas em-presas un respecto case reverencial. O carácter paternalista da súa xestión

estendeuse ao ámbito das relacións labo-rais e da vida cotiá dos seus empregadosseguindo as orientacións coas que o NovoEstado trataba de compensar a falta deliberdades sindicais. Os irmáns Álvarezdesenvolverán dúas destas políticas, coasque obterán un forte impacto social nacidade. Dunha banda, a de sobordar aestrita relación laboral, organizando aempresa algúns dos espazos da vida cotiádos operarios: actividade do tempo libre,de equipos deportivos, corais e gruposfolclóricos (Trío Santa Clara, RondallaRoyal China), capela dentro das instala-cións fabrís e Igrexa na Barriada. Daoutra, a dotación dun conxunto de ele-mentos asistenciais para os traballadores,acordes coas orientacións do réxime, des-tinados tanto á mellora das condiciónsde vida como a xerar lazos de fidelidade

335Manuel e Moisés Álvarez

32 Este chofer austríaco era un dos nenos vieneses recollidos en España durante a gue-rra, que fora adoptado por un notario catalán e empregado despois por D. Moisés porquefalaba alemán. Deste chofer procede o dato de que cando D. Moisés comprou o seu Merce-des só había tres en España: o seu, o de Eduardo Barreiros e outro en Cataluña.

Page 336: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

vertical e mellorar a disciplina produtiva. O Grupo de Vivendas SantaClara, composto por 17 bloques cun total de 96 vivendas comezaría aconstruírse en 1944 e, coñecida popularmente como Barriada de Álvarez,pasou axiña a constituír un elemento esencial da nova paisaxe dun barrioque mudaba a súa tradicional presenza campesiña por unha nova indus-trial. As escolas Santa Clara foron unha combinación da política empre-sarial e da obriga legal na época na que as empresas con máis de 100traballadores e cun censo de poboación infantil dependente de máis de30 nenos proveran locais e servizos para unha escola pública na que o es-tado provía o mestre.Como adoita resultar común, o paternalismo ía acompañado dun

forte personalismo, dunha forte incapacidade para delegar. Os seus cola-boradores explican que trataba de intervir nos máis pequenos detalles, oque coartaba a iniciativa dos seus directivos que non se atrevían a tomardecisións autónomas sen o visto e prace de D. Moisés. Os principaisdirectivos non sabían o que era ter vacacións continuadas, gozaban só dal-gunha fin de semana longa, interrompida moitas veces por chamadasdiúrnas ou nocturnas do xefe.A continua reivindicación do seu viguismo e dun rexionalismo de

corte decimonónico foron finalmente outras constantes da súa actuación.Dará numerosas mostras do primeiro situando o escudo de Vigo no ves-tíbulo das sucursais e, cando un xornalista o presente como un home deempresa de España, responderá con modestia, «Por Deus!; como moito,un home de empresa de Vigo!». A carón do viguismo, Moisés Álvarez in-cluía continuamente a súa tarefa empresarial como parte dunha angueiradestinada a evitar o estancamento económico de Galicia e a evitar a emi-gración, reclamando que recursos como a enerxía eléctrica ou o caolín dei-xasen de favorecer o desenvolvemento económico doutras áreas e non daGalicia que os producía. Preséntabase a si mesmo como continuadordunha tradición ceramista que se remonta á época de Sargadelos.

336Empresarios de Galicia

Page 337: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

O Polo de Desenvolvemento e os últimos proxectos de Moisés Álvarez

Lonxe de tirar leccións de prudencia da experiencia da intervenciónbancaria sobre a súa empresa, a angueira de Moisés Álvarez non foi a dereforzar esta desde un punto de vista financeiro, senón máis ben a de pro-curar novos recursos e fórmulas para seguir crecendo. Comprobada napráctica a eficacia das relacións co réxime para a progresión da empresa,comezaría esta nova xeira, que coincidiría cos comezos da relativa libera-lización da política económica franquista de remates dos cincuenta, condous tipos de miras; unha, a de tratar de aproveitar dun xeito mais inten-sivo as posibilidades de utilizar os recursos públicos como fonte de finan-ciamento; a outra, a de diversificar riscos e multiplicar as posibilidades decaptación de vantaxes políticas a través da segregación en empresas dis-tintas das novas actividades que ía emprender. Demostración palpábel dos seus obxectivos é o feito de que no intre

no que se levanta a intervención sobre Manuel Álvarez e Hijos xa tiñaposta en marcha a constitución dunha nova empresa destinada á constru-ción en Pontesampaio dunha fábrica de louza fina vitrificada para servi-zos de mesa. A sociedade comezaría a operar en marzo de 1957 e tiñacomo socios a dous enxeñeiros madrileños cos que xa traballara anterior-mente (Carlos Abollado e Abelardo Martínez) e a un ceramista do lugar,Antonio Medal. Alfares de Pontesampaio, máis coñecida como PON-TESA, foi inaugurada oficialmente polo propio Francisco Franco ensetembro de 1961 e visitada pouco máis tarde polo ministro de Industriae un dos artífices da política de desenvolvemento dos anos sesenta, Gre-gorio López Bravo. En 1963 amplía capital a 30 millóns, e acto seguidoconsegue un crédito do Banco de Crédito Industrial doutro tanto. PON-TESA significaba un esforzo por saltar a segmentos superiores dademanda así coma por orientarse ao mercado internacional. Por estemotivo, tanto para a fábrica de Pontesampaio coma para varias das quefalaremos a seguir, Moisés Álvarez tratou de incorporar a última tecnolo-xía existente, contratou técnicos estranxeiros e acadou acordos conempresas de prestixio como por exemplo o que mantería coa turinesaRichard Ginori.O estabelecemento na área de Vigo-O Porriño dun polo de desenvol-

vemento no ano 1964 foi o resorte que lle permitiu a Moisés Álvarezdesen volver a súa política de salto cara diante. Os polos estabelecían faci-

337Manuel e Moisés Álvarez

Page 338: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

lidades para a expropiación dos terreos, exención de impostos, subven-cións en función do investimento previsto e preferencias para a obtenciónde crédito oficial.33 Moisés Álvarez lanzouse de xeito decidido sobre asfacilidades concedidas pola liña rexional da política de desenvolvementoinspirada e executada polos novos tecnócratas, e converteuse axiña noempresario galego máis beneficiado por esta política. O conxunto dosproxectos aprobados dentro do marco do Polo de Desenvolvemento deVigo-O Porriño nos anos 1964-1966, que se atopaban en construción no

Nadal de 1966, representaban un investimento total previsto de 2061millóns de pesetas. O 46% destes investimentos pertencíanlles ás empre-sas de Moisés Álvarez. En termos de postos de traballo de creación pre-vista a cifra era do 40%.34As empresas do grupo acollidas aos beneficios do Polo de Desenvol-

vemento situábanse todas dentro do círculo de dedicación tradicional dogrupo, pero introducían novas liñas de produto. Así Vidrios Automáticos

338Empresarios de Galicia

33 Richardson, Harry W. (1975)34 Banco de La Coruña (1966).

Pratos pintados a man noTaller Artístico de MAH

Page 339: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

del Noroeste dedicaríase en Cabral á fabricación de servizos de mesadeste material, e especialmente dos denominados Dural, irrompíbeis emoi de moda naquela altura, que seguían o ronsel do afamado Duralex;35Moisés Álvarez e Hijos, S.A., con instalacións en Coruxo pasaba a espe-cializarse en louza monococción de prezo reducido con destino a cole-xios, cuarteis, etc.; Porcelanas Sanitarias de Pontesampaio, estabelecidano Porriño, tiña como obxectivo inicial a fabricación de material sanita-rio (pratos de ducha, lavabos, bañeiras, bidés, etc.), unha actividade naque a competencia de Roca e unha chea de problemas na subministra-ción dalgún elemento de fabricación obrigaron a reorientar cara a pro-dutos en certo sentido redundantes cos doutras instalacións do grupo. Acarón destas plantas, que foron as principais iniciativas dos anos sesenta,Moisés Álvarez emprendeu outras de menor calado como PorcelanasVigo (Povisa) ou Refractarios Álvarez (Realsa), destinadas á fabricaciónde calcomanías e de refractarios utilizados nos procesos de cocción.Finalmente, algúns dos proxectos publicitados non pasaron do papel, talcomo foi o caso de Cromolito, S.A. ou, sobre todo, Azulejos de Galicia,S.A., sociedade esta última incluída no Polo de Desenvolvemento doPorriño, cun investimento previsto que era o segundo en tamaño de todosos incluídos no polo, pero que nunca chegaría a funcionar.O caso de Azulejos non foi en todo caso o máis teatral dos emprega-

dos para captar subvencións. Neste sentido é ilustrativa a anécdota querelata a solemne inauguración da Central de Distribución e Almacén deMAH para toda España,36 á que asistiu toda a plana maior franquista. Osfeitos aconteceron en 1974 e foron os seguintes: D. Moisés compraraunha fábrica en Madrid, situada no Polígono Industrial de Manoteras,na que planeaba producir lámpadas, tubos de neon e outros elementosluminosos, pero nin sequera rematara as instalacións. Tiña, iso si, unhafermosa nave con amplas cristaleiras, na que MAH montará unha exposi-ción con todo tipo de produtos levados das fábricas de Vigo artistica-

339Manuel e Moisés Álvarez

35 A marca Dural poi patentada por Álvarez antes de que a casa Saint-Gobain estabele-cera en España a fabricación do seu produto Duralex. A semellanza do nome producíu ten-sións entre as dúas empresas.

36 En teoría ía ser o gran centro loxístico de MAH.

Page 340: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

mente situados entre flores. A inauguración do novo centro de traballo foiun éxito social tanto pola escollida asistencia coma pola repercusión naprensa e polo habitual regalo de pratos; aínda que industrialmente foi unproxecto non-nato, xa que ao pouco tempo se venderon os terreos.37En 1970 Moisés compra tamén La Ibero Tanagra, unha antiga e

obsoleta fábrica de Santander que tiña a súa principal liña de produto nafabricación de ouriñais de louza, e como principal seareiro a RENFE.Esta fábrica pertencera ao seu irmán Manuel e estaba naquela altura enquebra, e como tal foi posta en venda polo Banco de Crédito Industrial.Moisés realizará unha oferta esaxerada, de acordo coas autoridades eco-nómicas, para desprazar unha empresa alemá interesada na poxa; chegoua un acordo posterior co Banco para reducir o prezo.O complexo industrial de Álvarez á altura de abril de 197338 agluti-

naba 9 fábricas, que ocupaban unha superficie de 480.312 m2 de terreose 105.158 m2 de edificios, cun cadro de persoal de 4200 traballadores, aosque lles pagaba unha nómina de 515 millóns de pesetas anuais. A redecomercial Establecimientos Álvarez, estendíase por 36 sucursais e ocu-paba un total de 52.866 m2 para exposición e vendas. O grupo empresa-rial de Moisés Álvarez era, por tamaño, o segundo de España no ámbitoda fabricación do vidro, só por detrás dos dous estabelecementos dogrupo francés Saint Gobain. Segundo era igualmente no ámbito da cerá-mica, só por detrás da catalá Roca. Dentro de Galicia, o conxunto dogrupo era quinto no que atinxe ao cadro de persoal e sétimo pola súa cifrade negocio. A comezos dos sesenta o grupo comezara a exportar louza eporcelana, cun relativo éxito, aos países do Mercado Común.Pero detrás dun xigante industrial, seguía agoniando un endebeda-

mento crónico, cada vez máis difícil de manter baseándose nas relaciónspolíticas. Os problemas de liquidez empezaron a manifestarse de novo en1969 xa que se fixo preciso o recurso a unha moratoria da Seguridade So-cial. As moratorias seguirían acumulándose ata 1977, ano no que unha

340Empresarios de Galicia

37 Faro de Vigo, 3-11-1974 e conversa con J. Fuentes, este aínda recorda a preocupa-ción dos empregados ante semellante escenografía, por se alguén pretendía visitar os inexis-tentes almacéns.

38 AE, Carpeta Seguridade Social, instancia que lle dirixiu Moisés Álvarez ao directorxeral da Seguridade Social.

Page 341: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

auditoría do INI detecta unha débeda co Instituto Nacional de Previsiónque só nos estabelecementos comerciais chega a un total de 104,4 millónsde pesetas. A situación empeoraría ademais a partir de 1972 por mor dasfolgas de setembro daquel ano, que provocaron un quebranto económicode 52 millóns de pesetas, e polas alzas salariais conseguintes, todo iso coin-cidía cun plan de investimento a curto prazo de 100 millóns de pesetaspara cambiar os fornos eléctricos por outros de combustión a propano. No medio dunha situación financeira desesperada e nun novo marco

político onde as manobras resultaban máis difíciles os Álvarez deciden re-organizar o seu grupo empresarial mediante procedemento legal de con-centración de sociedades. Deste xeito, constitúese en agosto de 1975 oGrupo de Empresas Álvarez, S.A.39 (GEASA), que reunirá a parte indus-trial da empresa e quedará integrado por: Alfares de Pontesampayo, S.A.(PONTESA), Vidrios Automáticos del Noroeste, S.A. (VANOSA) e MoisésÁlvarez e Hijos, S.A (MOAHSA), mentres que Manuel Álvarez e Hijos, S.A.quedará como sociedade independente que pasará a ocuparse da comer-cialización dos produtos de GEASA a través dos seus 33 estabelecementosde venda polo miúdo. O pasamento de Moisés Álvarez en outubro do 1975deixará a xestión de GEASA nas mans dos seus fillos Alberto e Moisés, que,sen os resortes de antano e a pesar de se ter entrevistado con seis minis-tros, se verán forzados a admitir poucos meses máis tarde a entrada do ca-pital público na ata entón empresa familiar. O Consello de Ministros acordará encomendarlles ao INI e a SODIGA

a adquisición de accións de Manuel Álvarez e Hijos, S.A., Grupo deEmpresas Álvarez, S.A., Porcelanas de Vigo, S.A. e La Ibero Tanagra,S.A.,40 unha compra que se faría efectiva o 18 de decembro de 1976. Osector público convertíase en primeiro accionista da empresa, cun 45%(10% INI e 35% SODIGA), seguido da propia familia Álvarez, que conser-vaba un 29%, e dos principais bancos acredores (Banco Hispano Ameri-cano 10%, Caja de Ahorros de Vigo 6%, Banco Pastor 5% e Banco deBilbao 5%).

341Manuel e Moisés Álvarez

39 A expresión GEA, será usada nos documentos da empresa, anos antes da fusión dassociedades. Constituída o 8 de agosto de 1975, cun capital de 1.100.000.000 de pesetas.

40 Arquivo Xeral da Administración (AXA): caixa (13)1.10SIG71/9230.

Page 342: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Intervención do INI (1976-1991), reprivatización e peche definitivo (1991-2002): Álvarez despois de Álvarez

O INI está autorizado a tomar medidas transitorias para a continua-ción das actividades das empresas, así coma para encargar a súa valora-ción a unha auditoría independente, esta foi finalizada en setembro de1977 estimou as perdas acumuladas, na data de entrada do INI nas men-cionadas empresas, en 2122 millóns de pesetas, 632 millóns por enriba dasuma do capital social e reservas contábeis o 18 de decembro de 1976,data na que o número de traballadores era de 3414. Ao superar os 2/3 dopatrimonio neto e como transcorreu 1977 sen recuperación, procede re-estruturar o capital social, segundo o art. 99 da Lei de sociedades anó-nimas. O INI presentará en outubro de 1977 un plano de reestruturacióneconómica e financeira das empresas que se aplicará entre 1977-1980, nomomento de recibir o encargo do Goberno para a reestruturación doGrupo a situación das empresas era insostíbel económica e financeira-mente; por este motivo tivéronse que efectuar por parte do Instituto con-tribucións financeiras por un total de 3856 millóns de pesetas entre 1977e 1979. A pesar diso e como consecuencia dos defectos estruturais de orixeanterior á integración no Instituto, concretados fundamentalmente nunhadeficiente estrutura financeira e nun exceso de persoal, o grupo experi-mentou perdas de 2000 millóns no trienio 1977-1979. Por iso ao rematedo exercicio 1978 a sociedade GEA atopábase na situación de disoluciónprevista no apartado 3 do artigo 150 da Lei de sociedades anónimas, e pro-cedeuse a unha reposición de capital. Así mesmo, a cifra prevista de perdasa finais do exercicio de 1979 colocaría, de concretarse novamente, o gruponesta situación. Debido a todas estas circunstancias, o consello INI nassúas reunións do 11 e 12 de febreiro de 1980 autorizou a posta en marchadun plan de viabilidade que debía poñer en explotación rendíbel a em-presa nun horizonte de cinco anos, o dito plan supoñía a aplicación defondos no quinquenio 1980-1985, por valor de 5192 millóns dos que 1763millóns eran para investimentos e 3369 millóns para amortizar a débeda.O proceso de reestruturación necesaria de GEA tamén implicaría sacri-ficios importantes por parte do persoal, en termos de redución de traba-lladores e de moderación salarial. Durante todo este proceso, as tendas deEstablecimientos Álvarez, que estaban en locais alugados, foron vendidasao ano seguinte da intervención e as que estaban en locais que pertencían

342Empresarios de Galicia

Page 343: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

á empresa, só catro, serán vendidas a partir de novembro de 1982 candoo Consello de Ministros aprobe a venda da rede de estabelecementos co-merciais que aínda pertencía ao INI. Todos estes plans e inxección defondos non conseguirán que a industria se recuperase.O fracaso da actuación do INI, logo dun investimento de máis de

20.000 millóns de pesetas, as esixencias da Unión Europea e o desexo doGoberno de liberarse desa carga, serán as causas da reprivatización daempresa en 1991, cando contaba con 1.060 traballadores. Entre 1991 e2001, sucederanse tres empresarios valencianos, Francisco Jiménez Am-bell, Enrique Tatay Huici e Carlos Pérez-Manglano Rodrigo, os resulta-dos non mellorarán e en marzo de 2001 este último presentará a decla-ración de suspensión de pagos. Os intentos de evitar o peche coaconstitución da Sociedade Anónima Laboral (SAL), Alfares Santa Clara,formada por parte dos traballadores, non terá éxito, a situación será insos-tíbel e en marzo de 2002 apáganse os fornos de VANOSA e cesa a activi-dade industrial no grupo GEA; deste xeito, iníciase o complexo camiño para a liquidación dos seus bens, proceso que aínda hoxe en día non está pechado.

343Manuel e Moisés Álvarez

BibliografíaAbreu Sernández, F. (1983): «Formaciónde capital en la ría de Vigo (1880-1940):el sector naval y la industria conservera»,Facultade de Ciencias Económicas eEmpresariais, Santiago de Compostela,tese de doutoramento inédita.

Babiano Mora, J. (1998): Paternalismo in-dustrial y disciplina fabril en España(1938-1958), Madrid. Consejo Econó-mico y Social.

Banco de la coruña (1966): Informe Eco-nómico, A Coruña.

Carmona Badía, X. (1998): «A “gran em-presa», en Galiza: un primeiro achegoaos cambios no grupo das maiores em-presas non financieiras entre 1930 e1973», en J. De Juana, e X. Castro

(dirs.): X xornadas de Historia de Galicia,Ourense, Deputación de Ourense, 151-174.

González Fuste, P. (1944): «La industriade la cerámica en la provincia», en De-legación Provincial de Sindicatos deFET y de las JONS, I Consejo EconómicoSindical de Pontevedra, Pontevedra.

Isasi, L. M. (1944): «La industria del vidrioen la provincia», Delegación Provincialde Sindicatos de FET y de las JONS, IConsejo Económico Sindical de Ponteve-dra, Pontevedra.

Richardson, H. W. (1975): Política y planifi-cación del desarrollo regional en España,Madrid, Alianza.

Page 344: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

EVARISTO CASTROMIL OTERO1876-1969

Page 345: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Evaristo Castromil Otero naceu en Santiago de Compostela no ano1876, froito do matrimonio conformado entre Ramón Castromil Rey (1839-1921) e Juana Otero Miras (1838-1922). O pai de Evaristo era empregadoda casa bancaria de Olimpio Pérez e a nai rexentaba unha pensión de es-tudantes no número 12 da rúa do Pombal. Influenciado seguramente polaprofesión do pai, o aínda mozo Castromil realiza estudos de Comercio nasúa cidade natal, así coma algúns cursos na Escola de Artes e Oficios,centro este último onde adquiriría unha sensibilidade que debeu estar naorixe da orientación artística dalgúns dos seus descendentes.1Xa desde moi novo Evaristo comeza a traballar, desde abaixo, na Caja

de Ahorros de Santiago de Compostela, da que axiña pasaría á casa ban-caria de Olimpio Pérez, á que tan ligada estivo a súa familia, pois ademaisdo seu pai e del mesmo, dous dos seus fillos traballarían tamén na emble-mática empresa que fundara o camerano Manuel Pérez Sáenz. Alí iríapaseniñamente, debido á súa agudeza e á súa seriedade, escalando postosdentro da empresa ata chegar á posición de apoderado xeral.

Daniel Seijas LlerenaDoutorando en Historia na USC

O EMPRESARIO DOS COCHES DE LIÑA

1 Agradézolles a axuda prestada para a realización desta biografía a Marisel LlerenaOrgaz e, sobre todo, a Ramón Castromil Ventureira.

Evaristo Castromil de mozo.Ano 1911

Page 346: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

No ano 1898, Evaristo Castromil contrae matrimonio con Juana CasalArnaud, da que terá dous fillos, Ramón e Carmen. No entanto, a desgrazaaxiña chegaría, pois en 1905 falecería a súa esposa que soamente contabacon 26 anos de idade. Volvería casar en 1913, en Ponteareas, coa mestrade escola Gloria Covelo Villaverde. A súa segunda esposa, sería posterior-mente, nos anos da II República, copropietaria, xunto con Felipe Gil Ca-sares, do Colegio Compostela, situado no número 5 da rúa das Orfas.Evaristo Castromil comezaría a exercer como corredor de comercio,

ademais de traballar para a devandita casa bancaria, xa nos primeiros anosdo novo século. Pouco máis tarde, entraría por primeira vez en contactoco mundo da automoción cando en 1910 obtén a representación enexclusiva para toda Galicia dos automóbiles Mitchell, un fabricante nor-teamericano de Wisconsin. Castromil, que importaba estes vehículospolo porto de Vilagarcía e que tivo o seu primeiro cliente no cardeal Mar-tín Herrera, non só vendía aqueles, senón que tamén os empregaba paraalugamento a xeito de taxi. Para este último fin deuse de alta en 1911,igual có seu futuro competidor Julio Bruzos Varela, na matrícula da con-tribución industrial por un «taxi ou automóbil de alugamento», con 4asentos e 16 cabalos fiscais.Porén, a venda de automóbiles naquela altura non sería aínda un

gran negocio xa que no ano 1910 na provincia da Coruña só estabandados de alta 36 vehículos de motor. En Galicia habería que esperar ataa década de 1920 para ver a eclosión deste sector, que mesmo daquelanon deixaba de estar dirixido a público de posición social elevada. Onegocio de Castromil, que era naquel momento o único das súas carac-terísticas que existía en Santiago de Compostela, non foi dado oficial-mente de alta como «garaxe» na Matrícula Industrial ata xaneiro de1913. As súas instalacións estaban situadas na rúa do Hórreo, nos núme-ros 58-60.A experiencia dos primeiros anos no sector da automoción amosou-

lle probabelmente a Evaristo Castromil que se as perspectivas da vendade automóbiles nun mercado como o galego eran daquela relativamentereducidas, non era este o caso para as do transporte público. A lonxitudedo tendido ferroviario era moi limitada e a tradicional dispersión do hábi-tat e a proliferación de feiras e mercados xeraba unhas necesidades detransporte público insatisfeitas ou deficientemente atendidas polos

346Empresarios de Galicia

Page 347: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

medios tradicionais de transporte. Este era o motivo polo que o despraza-mento de viaxeiros e mercadorías por medio de automóbiles acadara enGalicia un desenvolvemento relativamente rápido en relación co seunivel de benestar económico, de xeito que segundo unha estatística de1912, existían aquí 19 das 103 liñas de automóbiles de servizo públicoexistentes en España, unha proporción que máis que duplicaba a nosaparticipación en calquera outro indicador económico.Santiago dispoñía de comunicación ferroviaria con Vigo e Portugal,

a través de Padrón,Vilagarcía de Arousa e Pontevedra, pero carecía nonsó de liña ferroviaria co interior senón mesmo coa capital provincial.Por este motivo, foran xurdindo desde os primeiros anos do século em-presas de autocares, que se foron engadindo ás tradicionais dilixencias,que partindo de Santiago de Compostela conectaban a cidade xacobeacon vilas da importancia de Noia, Muros, Negreira, Vimianzo, Ourense,Lalín ou A Estrada. En todo caso, era a rota Santiago-A Coruña a de máisdemanda de tráfico que, nas vésperas da Primeira Gran Guerra, era ex-plotada en réxime de libre competencia polas dúas principais empresascompostelás da época: El Noroeste de Julio Bruzos e La Regional deAntonio Sanjurjo Badía e do seu fillo Manuel Sanjurjo Otero. As liñas detransporte rodado evitaban o traxecto cara ao sur, que ao estar servido polacompañía de ferrocarril do West Galicia, era o único no que este mediode comunicación exercía competencia.Sería neste contexto no que Evaristo Castromil decide entrar no nego-

cio do transporte de viaxeiros e mercadorías por estrada, para o que estabe-leceu no ano 1917 a empresa que levaría o seu apelido, primeiro comoempresario individual e, máis adiante baixo a forma de sociedade anó-nima. A súa entrada nesta actividade produciríase precisamente explo-tando o tramo que, partindo de Santiago, as empresas existentes non que-rían: o de Santiago a Pontevedra. A carestía do carbón, consecuencia dasfolgas mineiras asturianas e dos problemas de importación consecuenciada Primeira Guerra Mundial, levara a compañía ferroviaria a suprimir enabril de 1918 varios trens mixtos da devandita liña. Esta decisión unilate-ral causou un gran descontento non só nos viaxeiros senón tamén nosconcellos afectados, que á iniciativa do de Santiago, se organizaron para tra-tar de procurar alternativas aos servizos suprimidos. Nesta conxuntura,ofreceu Evaristo Castromil cubrir tales servizos, o que lle permitiu obter o

347Evaristo Castromil Otero

Fotografía da páx. seguinte:Empregados de Castromilfotografados por Chicharro,

anos trinta

Page 348: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 349: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 350: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

apoio de todas as corporación implicadas. En todo caso, a rota ofrecida porCastromil non era exactamente a do West Galicia, que pasaba por Vilagar-cía, senón un Santiago-Pontevedra, vía Caldas de Reis. A Santiago-Vila-garcía-Pontevedra pasaría a ser operada pola empresa La Emprendedora,de xeito que ambas competían no traxecto de Santiago ao cruzamento deRedondo Pontecesures, pero non no resto do percorrido.Evaristo daría así de alta na matrícula industrial o seu autocar de 14

asentos destinado a «servizo permanente Santiago-Pontevedra» o día 2 dexullo de 1918. Daquela, a empresa aparecía domiciliada na rúa do Vilar,no número 70. Dous meses despois Castromil mantiña xa con regulari-dade unha frecuencia diaria entre Santiago-Pontevedra e viceversa; efacía paradas en lugares como O Milladoiro, Faramello, Escravitude,Padrón, Cesures, Ponte Valga, Caldas de Reis ou Porráns. Existían bille-tes de tres clases: o prezo dos de primeira clase entre Santiago e Ponteve-dra era de 10 pesetas, 7,60 pesetas en segunda e 5,60 pesetas en terceira.Segundo os anuncios de Castromil publicados nos xornais por aquel ano,o percorrido tiña unha duración de 2 horas.O comezo da circulación destas dúas empresas por estas novas rotas,

asestaríalles unha ferida mortal ás dilixencias que compartían os mesmostramos e que as faría desaparecer case ao momento, debido á superiori-dade dos motores de gasolina fronte á tracción animal. Pero tampouco aempresa ferroviaria, que restabelece os servizos suprimidos en setembrode 1918, consegue subtraerse dos efectos da competencia das novas li-ñas de transporte por estrada. En xaneiro de 1919, Castromil comeza tamén a ofrecer os seus serci-

cios entre Santiago e A Coruña, cunha frecuencia diaria. Era este un tra-xecto moi disputado. Aínda á altura do ano 1921, Castromil non se atopaen condicións de facerlle a competencia, neste tramo, a empresas comoLa Regional con 3 frecuencias diarias, El Noroeste con 2 frecuencias aoigual que El Brigantino, mentres que El Compostelano tiña unha soa fre-cuencia. Nese mesmo ano, Castromil levaba as súas oficinas á praza daFuenterrabía.O ascenso do negocio de transportes de Evaristo Castromil, ao que

tamén se lle uniran o de mercadorías coa adquisición de camións paraservizo permanente de liña entre Santiago e A Coruña, comezaba a serimportante é medraba de xeito espectacular. En febreiro de 1922 coa ad-

350Empresarios de Galicia

Page 351: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

quisición de 4 novos flamantes autocares Saurer, chasis Hispano Suíza de30/40 CV, en Garaje Alonso da Coruña, pola cantidade de 145.000 pe-setas, estaba en condicións de poder ampliar o servizo a tres novos tra-xectos, de xeito que pasou a ofrecer conexión desde Santiago —ademaisde coa Coruña (dúas horas e media)—, con Ourense (catro horas), conVigo (tres horas) e con Betanzos (dúas horas). Unha das causas ás que sedebe o despegue de Castromil no ano devandito foi a merca da empresaLa Regional aos herdeiros do finado Antonio Sanjurjo Badía, que im-plicou, entre outras cousas, a entrada na ruta Santiago-A Coruña. En 1924ampliou o servizo a Noia e a Muros. Neste último ano, Santiago de Com-postela era considerada a cidade de España cun maior número de cone-xións por autobús. A rúa da Senra, onde Castromil tiña as súas saídas con-vertíase no centro neurálxico do transporte por estrada en Galicia.Castromil era, xa que logo, unha das primeiras empresas galegas de

transporte por estrada cando se promulga a Real orde do 4 de xullo de 1924, que significou un drástico punto de inflexión na historia da re-gulación do sector. A orde citada, e toda unha batería de regulamentosque a desenvolveron durante os cinco anos seguintes, estabelecía un ré-xime de monopolio para os transportes regulares de viaxeiros por estrada.En síntese, estabelecíase un mecanismo de concesión para cada liña aunha única empresa, que se comprometía en troques a pagar un canon ea transportar o correo e outros efectos públicos; a partir dese momento,só o abandono ou unha chea de flagrantes incumprimentos levarían á re-vogación do monopolio e á posibilidade de entraren novas empresas. Paraa concesión da licenza no momento do cambio lexislativo outorgábase-lles preferencia ás empresas existentes que foran concesionarias do servizode transporte do correo ou a aquelas que realizasen a mesma liña desdeun ano antes como mínimo da Real orde devandita. A nova norma, quepopularmente pasou a ser coñecida como «lei de exclusivas» significabaunha radical transformación do sector, que persistiría practicamente ataos nosos días, e outorgáballes unha forte vantaxe ás empresas beneficia-rias. No caso de traxectos onde existiran varias empresas en funcionamentono momento da promulgación da Real orde, aquelas que non obtiverana nova exclusiva deberían cesar na súa actividade nun prazo de cinco anos.Evaristo Castromil foi consciente desde o primeiro momento da

transcendencia do cambio na regulación que estabelecía a lei de exclusi-

351Evaristo Castromil Otero

Page 352: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

352Empresarios de Galicia

vas, e aplicou toda a súa estratexia para conseguir as concesións nas liñasque explotara ata daquela. O resultado foi extremadamente favorábelpara os seus intereses, o que probabelmente foi consecuencia tanto daseriedade do servizo que mantivera e da boa presentación dos proxectoscoma do esforzo aplicado sobre os organismos encargados de outorgar asconcesións. Neste último sentido, o propio Evaristo estivo residindo enMadrid durante o proceso de incoación dos expedientes de concesión dasexclusivas, e semella que alí recibiu o apoio do seu veciño da compostelárúa do Vilar, Luís Rodríguez de Viguri, daquela ministro de Fomento nodirectorio militar de Miguel Primo de Rivera.Deste xeito Castromil obtén definitivamente no ano 1928 a exclusiva

sobre a liña A Coruña-Santiago-Pontecesures-Caldas-Pontevedra-Vigo, amáis importante de Galicia. Isto significaba que as empresas que, comoEl Noroeste e La Unión, viñan operando nela non tiñan outra saída quea súa venda a Castromil.A necesidade de financiar a adquisición de parte do material móbil

das firmas disoltas, así coma de atender as novas necesidades do tráficolevou a Evaristo Castromil a transformar a empresa en sociedade anó-nima no ano 1929. A nova sociedade nacería cun capital social de cincomillóns de pesetas, valor no que se taxaban as contribucións do fundador,constituídas por edificios, automóbiles, mobiliario, e outros diversos ele-mentos. Pero en todo caso, o principal activo da nova sociedade anónimanon eran os vehículos ou os edificios, senón precisamente as exclusivas,que se valoraban en máis de tres millóns e medio de pesetas. No primeiroConsello de Administración entrarían, ao seu carón, un grupo de persoei -ros locais ou galegos, que poderían facilitar relacións e financiamento. Oprimeiro deles, Felipe Gil Casares, que se incorporaba como presidentedo Consello, era catedrático da Facultade de Dereito, e estaba casado coafilla do xa finado Olimpio Pérez Rodríguez, unha das principais accionis-tas da casa de banca Hijos de Olimpio Pérez. Ao seu carón, entrabantamén Emilio Martínez Baladrón, indiano que fixera fortuna en Amé-rica; Julio Santiago Molina, o que fora xerente dunha empresa de auto-cares que Castromil mercara por terras de Alacant; o director do Faro deVigo e importante empresario vigués Manuel Otero Bárcena; e comoconselleiro delegado o propio Evaristo Castromil. Como dato curioso eque deixa ver tanto a sensibilidade de Evaristo cara ás artes plásticas,

Edificio Castromil na Prazade Galicia de Santiago.Fotografía de Chicharro,ano 1930

Page 353: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 354: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

coma a habilidade para usar estas como elemento de prestixio para acompañía, o papel das accións ao portador eran unhas sobresaíntes lito-grafías decoradas con preciosos debuxos da catedral e dun autocar Sau-rer da Empresa Castromil, feitos polo artista compostelán Camilo DíazBaliño e impresas na imprenta Roel da Coruña.Símbolo tamén do crecemento empresarial de Castromil, foi a adqui-

sición no mesmo ano no que se transforma en sociedade anónima dunedificio que se convertería axiña en todo un referente da modernidade enSantiago de Compostela ata o seu derrubamento no ano 1975: O Edifi-cio Castromil, construción que fora promovida por Manuel RamalloGómez e por Ángel Gontán Sánchez, e ideada polo arquitecto RafaelGonzález Villar. Tras 3 anos de obras, o edificio acabárase de construírno ano 1926, destinouse, nos seus primeiros anos, para albergar o Café-Restaurante Quiqui-Bar, ata que en 1929 o adquire Castromil para con-vertelo en oficinas, parada e despacho de billetes, e outros usos. Evaristopensara trasladarse a vivir ao primeiro andar deste edificio pero debido aunha doenza neurolóxica da súa muller decidiron quedar na casa da rúado Vilar, xa que o ruído dos autocares que estaban na parte de abaixopodía agravar aquela enfermidade. Nisto hai que ter en conta que, o pri-meiro vehículo que saía era o de Ourense e que o facía ás 6 da mañá. Omotor deste tiña que estar aceso unha media hora antes para que quece-sen aqueles motores de aceite pesado.Nese mesmo ano, Castromil, S.A. tiña un cadro de persoal de 110

empregados. Ademais pasárase dos 26 autobuses dos que dispoñía en1926 a xa 48 autocares que percorrían diariamente unha media de 95.000quilómetros diarios. Destes 48 autocares, no Concello de Santiagodéranse de alta 25, dos cales 17 eran da marca Saurer case todos de 30prazas, salvo os NAG que eran de 36 prazas. Ademais deran de alta neseconcello dous camións Saurer para transportar unha carga de 4 toneladascada un. Xa en 1930, aumentara o número de traballadores a 120 e o deautocares a 50, o que a convertía na empresa das súas características máisimportante de Galicia, que se encargaban de facer as seguintes frecuen-cias nestas liñas:

� Santiago-A Coruña: 7 frecuencias / A Coruña-Santiago: 7 frecuencias

� Santiago-Vigo: 4 frecuencias / Vigo-Santiago: 4 frecuencias

354Empresarios de Galicia

Page 355: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

� Santiago-Noia: 4 frecuencias / Noia-Santiago: 4 frecuencias

� Santiago-Betanzos: 1 frecuencia / Betanzos-Santiago: 1 frecuencia

� Vigo-Pontecaldelas: 1 frecuencia / Pontecaldelas-Vigo: 1 frecuencia

� Santiago-Ourense: 2 frecuencias / Ourense-Santiago: 2 frecuencias

� Santiago-Noia-Muros: 2 frecuencias / Muros-Noia-Santiago: 2 frecuencias

� Santiago-Ordes-Carballo: 1 frecuencia / Carballo-Ordes-Santiago:1 frecuencia.

Ademais diso tiña servizos habituais aos balnearios de Mondariz, Cal-delas de Tui, A Toxa e algúns de Portugal.Vemos pois como os autobuses de Castromil conseguían vertebrar xa

a comezos dos anos trinta as principais poboacións da franxa atlántica,algo que o ferrocarril non sería quen de facer ata 1943, ano no que seabre a liña da Coruña-Santiago. E mesmo estendía tal vertebración a unimportante hínterland deste primeiro Eixe Atlántico do transporte, pois,o desenvolvemento doutras moitas pequenas empresas de transporte deviaxeiros por estrada que se produce neses anos faise en función das posi-bilidades de conexión dos itinerarios do Castromil con outras localidades,polo que adaptarían para este efecto os horarios e as frecuencias. Aempresa El Veloz, que conectaba Pontevedra con Vilagarcía, enlazaba naprimeira destas localidades co Castromil da liña A Coruña-Vigo; Auto-móviles de Tuy, S.A. facía o servizo de Vigo á Guarda, a Tui, ao Porriñoe a Valença do Minho, e conectaban coa chegada a Vigo da mesma liña.A pesar do crecemento da empresa e da súa transformación en socie-

dade anónima, Castromil seguía a ser unha empresa tipicamente fami-liar, na que a familia fundadora mantivo durante todo este período unhaparticipación superior ao 70% do capital. Un segundo grupo de sociosestábeis, cunha participación mínima, sempre inferior ao 5%, foi o cons-tituído por Julio Santiago Molina e Ramón Fernández Vázquez, curmáneste último do dono da empresa El Celta, antigo propietario dunhaempresa de carruaxes de tracción animal e logo do Garage Moderno narúa do Hórreo, e concesionario xeral para Galicia dos camións e automó-

355Evaristo Castromil Otero

Page 356: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

356Empresarios de Galicia

biles NAG e OM. De acordo con este carácter familiar da empresa, noano 1933 accede por primeira vez a cargos directivos Ramón CastromilCasal, o fillo de Evaristo, que contaba daquela con 33 anos. O seu paiseguiría desempeñando o cargo de conselleiro delegado.En todo caso, e malia que a familia fundadora mantén durante todo

o período de crecemento e consolidación da empresa, unha clara maio-ría no capital, a empresa tivo tamén, desde o momento inmediatamenteseguinte á súa transformación en sociedade anónima, un socio finan-ceiro, que resultara fundamental para permitir a expansión. Tratábase dacasa bancaria de Hijos de Olimpio Pérez, dirixida desde a morte deOlimpio Pérez Rodríguez no ano 1915 por Marcelino Blanco de la Peña.Os Castromil tiñan xa desde comezos do século fortes vencellos con estaempresa, na que traballaran e seguían a traballar varios membros da fami-lia, e da que formaba parte Felipe Gil Casares. A rápida expansión que aempresa de transporte precisa acometer durante a segunda metade dosvinte para cubrir os servizos que abandonaban os seus competidores frus-trados pola denegación das súas concesións a partir da lei de exclusivassería difícil sen o forte apoio da casa bancaria. Este apoio adoptou a formadunha importante liña de crédito ata o intre da transformación, que secompletou coa toma dun 25% do capital da empresa logo da conversiónen sociedade anónima. A continuidade desta dobre política durante osanos da República e a posguerra civil sería un factor de estabilidade e doéxito da empresa fundada por Evaristo fronte a outras empresas do mes -mo sector.A Guerra Civil e o cambio político dos anos seguintes atoparían á

Castromil en moi boa posición non só para evitar calquera tipo de pro-blemas cos novos poderes do Estado, senón máis ben para tirar partido danova situación. Na década anterior á guerra Evaristo mantivera relaciónscon algúns elementos do galeguismo. Así encargoulle traballos a CamiloDíaz Baliño ou concedeu descontos nos autobuses para a asistencia aactos relacionados co Estatuto de autonomía. Pero en todo caso, a súarelación máis pública fora de asistencia a actos dos sectores máis mode-rados e dereitistas daquela tendencia, como por exemplo á homenaxeofrecida a Rajoy Leloup no ano 1934. Pero o que de sospeitoso puidesenter estas veleidades de preguerra quedaba perfectamente anulado polaforte relación que a empresa mantiña con Felipe Gil Casares, antigo

Page 357: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

357Evaristo Castromil Otero

Evaristo Castromil co seuneto Ramón CastromilVentureira. Ano 1934

Page 358: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 359: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 360: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

deputado da católica Acción Popular, reitor da universidade e un doshomes máis fortes do novo réxime na cidade, así coma pola rápida adhe-sión á Falanxe do presidente da empresa Ramón Castromil Casal.A guerra significou así, como para calquera outra empresa, algunhas

requisas de autocares para transportar tropas rebeldes á fronte, problemasde subministración de pezas de recambio e suspensións temporais de certosservizos e liñas de transportes de viaxeiros, pero non lle afectou á estru-tura de xestión nin implicou maiores prexuízos para a empresa, que mesmodurante ela continuou coa política de renovación do seu material móbilque comezara pouco antes, orientándose —signo da época— á substitu-ción doutras marcas en favor das alemás. En 1940 estaban rexistrados enSantiago de Compostela 28 autocares, dos cales 14 eran da prestixiosa casaalemá Krupp; quedaban so 8 Saurer e o resto das marcas empregadas porCastromil eran a Chevrolet, Buick, Citröen, NAG e Studebaker.O franquismo mantería o sistema de concesións estabelecido pola lei

de exclusivas de 1924, o que limitaba sensibelmente a competencia entreas empresas propietarias de coches de liña. O enorme valor que adquiríanasí as concesións de preguerra nos activos das empresas era un importanteatranco para o crecemento das maiores delas e constituíase como un factorde mantemento da pequena empresa no sector. Castromil medrou así nosanos seguintes tratando de gañar clientes a outros medios de locomocióne aproveitando o crecemento da demanda de transporte, pero tivo o seucrecemento limitado polo propio réxime de exclusivas.Probabelmente, este ambiente de limitacións do crecemento no sec-

tor do transporte levou a Evaristo Castromil Otero a entrar noutra mande pequenos negocios na década dos corenta tal e como foi a montaxe,xunto cuns socios portugueses, dunha fábrica de alfombras situadas acarón dos garaxes que a Empresa Castromil posuía pola zona da rúaMontero Ríos, e que se denominaba Alfombras Compostela. Outra ini-ciativa curiosa na que participou como socio capitalista foi a montaxedun obradoiro na casa Gótica situada na Algalia de Arriba, e que estabarexentada polo artista Roberto González del Blanco. Este obradoiro cha-mado Fábrica Jacobea, dedicábase a elaborar pezas de acibeche, crucifi-xos, cunchas de vieiras, etc.Como curiosidade, mais en todo caso indicativa da presenza da

empresa na economía e na sociedade galega da época, diremos que,

360Empresarios de Galicia

Fotografía da páx. anterior:Autobús Krupp da empresaCastromil na compostelápraza de Galicia. Ano 1956

Page 361: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

cando nos anos sesenta a nova empresa compostelá Televés comeza a dis-tribuír os seus primeiros centos de antenas de televisión por Galicia, ovehículo usado para o facer foi precisamente a rede da firma Castromil.Evaristo Castromil Otero, ostentou o cargo de conselleiro delega-

do de Castromil, S.A., ata a súa morte, na súa casa da rúa do Vilar 19, o29 de outubro de 1969 á idade de 93 anos. Foi enterrado no panteón fa-miliar do cemiterio santiagués de Boisaca. Coa morte de Evaristo, o seufillo Ramón pasa a ocupar o seu posto na empresa, mentres que o neto, ovirtuoso pianista, Ramón Castromil Ventureira, ocuparía a presidencia dacompañía de transportes. Un dos grandes méritos acadados por EvaristoCastromil foi o de ser quen de imprimirlle unha especie de alma ou ca-rácter propio á empresa, de saber adquirir un compromiso co cliente através dun xeito modélico de levar a empresa. Segundo el dicía, as em-presas están destinadas a ter ganancias pero dun xeito prudente, xa queestes beneficios en cartos teñen que traducirse sempre en poder ofertarlleo mellor servizo ao cliente.Tamén hai que ter en conta que en Galicia enos lugares onde emigraron os galegos, a palabra Castromil adaptousecomo sinónimo para denominar un autocar ou coche de liña. Dada a pun-tualidade da que gozaba o servizo de autocares de Castromil, no mediorural o paso destes vehículos pola estrada marcaba as horas, a xeito doreloxo, da xente que estaba acostumada a velos pasar pola estrada.

361Evaristo Castromil Otero

Page 362: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ANTONIO VALCARCE GARCÍA1888-1978

Page 363: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Antonio Valcarce García naceu en 1888 en Ferreira de Pantón (na Ri-beira Sacra, Lugo), como un dos once fillos do matrimonio de José MaríaValcarce Lema e Caridad García Ponte, membros dunha familia fidalgalocal, propietaria de terras e de casa grande. Como moitos outros ga-legos da época, estudou no seminario —no seu caso no de Lugo—, ondeadquiriu formación en humanidades, aínda que abandonou o centro antesde rematar os seus estudos. Chegou ao porto de Vigo en 1903 sen recursosmonetarios xa que os seus pais non apoiaran a súa decisión de deixar o se-minario, e con intención ao parecer de trasladarse a Cuba, proxecto quenon chegou a realizar pois o forte dinamismo deste porto decidiuno a pro-curar nel as súas propias Américas.1 En Vigo entrou en contacto co seupadriño un tal Sr. Lago, que o introduciu na sociedade viguesa. En 1913e con 25 anos casou cunha moi noviña Justa Reboreda Rodríguez, deapenas 16, filla de Domingo Reboreda Carballido, empregado do consig-natario Estanislao Durán, e Carmen Rodríguez Amadios, coa que teríacinco fillos. Justa falecería en decembro de 1968 e quedou Antonio como

María Jesús Facal RodríguezProfesora titular da Universidade de Vigo

O REI DO PAN

1 Foi o seu neto José Antonio Valcarce Valcarce quen me informou do obxectivo inicialdo traslado a Vigo do personaxe que estamos a retratar. Aproveito a ocasión para agradecer-lle a el e a Fernando e Emilio Bianchi Valcarce a axuda que me prestaron para a redaccióndesta biografía.

Retrato de Antonio Valcarce

Page 364: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

364Empresarios de Galicia

usufrutuario vitalicio dos seus bens, ata a súa morte en xaneiro de 1978cando tiña 90 anos. No momento do seu falecemento era presidente e ac-cionista maioritario de empresas como a Compañía Panificadora ViguesaS.A., Tranvías Eléctricos de Vigo S.A. e a fábrica de pensos Gallega de Nu-trición Animal, S.A.2 Fora en anos anteriores presidente do Banco de Vigo(1954-1970) e de Vidrios La Florida (1943- 1977). Aínda que segundo os que o coñeceron Antonio Valcarce era unha

persoa de talante conservador e un algo autoritario, era tamén un homesimpático e un empresario paternalista que falaba un galego culto e quemesmo se consideraba galeguista. Entre as súas amizades intelectuais pó-dese citar a José M.ª Castroviejo e a Álvaro Cunqueiro, con quen com-partía a súa afección pola caza, o que levaba a este último a frecuentar aValcarce na súa casa familiar de Ferreira. Proba tamén daquela orienta-ción do empresario durante a preguerra foi a contratación como avogadoda Panificadora, a que sería a súa empresa máis emblemática, de RobertoGonzález Pastoriza, coñecido galeguista vigués perseguido como tantosoutros ao rematar a contenda civil. Xosé Luis Méndez Ferrín, que lem-brou a influencia de Valcarce no estabelecemento en Vigo de «centos depersoas de Ferreira de Pantón, de Sober e de Monforte» que «foron em-pregadas nos tranvías e noutras empresas de Vigo con el conectadas»,referiuse ao empresario como o que «os maoístas chamamos sempre bur-guesía nacional».3

Da panadaría á Panificadora (1913-1943)

Aos poucos días de chegar a Vigo Antonio Valcarce comezou a traba-llar nunha panadaría da rúa Velázquez Moreno, onde adquiriu os seusprimeiros coñecementos da profesión.4 Cos aforros e coa experiencia acu-mulada dá o salto para a súa conversión en empresario coa constituciónen abril de 1914 en compañía de José Abalde González da sociedade re-gular colectiva Valcarce y Abalde, dedicada igualmente á fabricación de

2 Fontán González (1978).3Méndez Ferrín (1994 e 1997).4 Pita Serapio (1955).

Page 365: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

365Antonio Valcarce García

pan nun local do barrio de Casablanca que o propio Antonio adquirira oano anterior e que lle vendera a continuación á nova sociedade. Aíndaque ambos eran socios e administradores, Antonio, que achegara 11.025pesetas como capital líquido, era o socio capitalista.5Valcarce y Abalde converteuse axiña na maior panadaría de Vigo.

Cos seus 1500 quilos de produción diaria, situábase en 1918 por dianteda tafona do seu cuñado Ángel Reboreda, que elaboraba mil, e da Coo-perativa Socialista, que acadaba os novecentos.6 En 1923 contaba condúas plantas, cun obradoiro de 5,6 metros de altura, con 3 fornos depraza rotativos (4 metros de diámetro), 4 moegas e catro amasadorasmovidas mecanicamente, ademais dun almacén de fariñas, depósito decombustíbel, despacho de pan, e un aseo. Traballaban nela 30 homes endúas quendas.7 Como xeito de financiar o seu inmobilizado a empresaacudiu ao préstamo dun familiar de Abalde, apoiándoo coa hipoteca doedificio e coas súas instalacións.8 Elaboraba pan baixo a marca comercialLa Espiga de Oro, propiedade de Valcarce, quen comezaba a realizar osseus primeiros experimentos ao elaborar diversas clases de pan en funcióndos requirimentos específicos dos demandantes, que por motivos desaúde necesitaban que contivese determinados compoñentes (por exem-plo leite e glute).Valcarce y Abalde disolveuse en 1919 e repartíronse dous terzos das

utilidades para Valcarce e un para Abalde. O activo e pasivo quedou nasmans do primeiro, quen continuou coa produción de pan. Durante oscinco anos da sociedade, Valcarce adquirira xa unha certa notoriedade nosector e exerceu como secretario da Asociación Gremial de Panadeirosde Vigo, da que era presidente Pedro Alario, entre 1910 e 1917. Igual-mente formou parte da Xunta Reguladora do Pan de Vigo constituída en1916 e que tiña como función, estabelecida por lei, fixar o prezo do panna cidade.9

5 Rexistro Mercantil de Pontevedra (en adiante RMP), Sociedades, tomo 10, folio 38.6 Arquivo Municipal de Vigo (en adiante AMV), caixa AB/10.7 Íbidem.8 Pedro Abalde y Abalde realizou o préstamo de 25.000 pesetas, a 10 anos e ao 5% de

xuro anual.9 AMV, caixa AB/14.

Page 366: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

366Empresarios de Galicia

En novembro de 1920 Antonio Valcarce xunto con outros catroempresarios panadeiros, entre os que figuraba o seu cuñado Ángel Rebo-reda González, propietario de La Madrileña, decidiron constituír a Com-pañía Panificadora Viguesa S.A. (en adiante, Panificadora), empresadedicada á fabricación e á venda de pan, así coma á molturación e vendade grans e cereais.10 O capital inicial da empresa era de quiñentas milpesetas, distribuídas en accións de 250, das que pouco menos da metadequedaron en carteira. Do capital efectivamente desembolsado preto do75% foille adxudicado a Antonio Valcarce como pago da súa contribu-ción á sociedade dos seus locais e maquinaria da rúa México, na que anova empresa situaría inicialmente o seu domicilio social.A intención de Valcarce coa creación de Panificadora era a de

emprender en Vigo a fabricación de pan en serie e mediante procesoscontinuos para o que empregou as últimas técnicas de produción centro-europeas. A nova fábrica, proxectada para elaborar un mínimo de 50toneladas diarias de pan, fronte aos 1500 quilos da maior das panadaríasviguesas, significaba un volume de fabricación superior ao total das dacidade e, polo tanto, estaba destinada non só a abastecer a institucións ea incorporar novos consumidores do pan de trigo de elaboración nondoméstica senón a substituír unha parte dos fabricantes de pan artesanais.Valcarce era consciente de que unha fábrica de proceso continuo comoera a que pretendía instalar esixía un esforzo tan importante en distribu-ción coma na propia produción, e para estes efectos concibía Panifica-dora como unha especie de trust panadeiro, no que á concentración dungrupo de industriais do sector sucedería a racionalización da produción.Os locais dos socios non serían suficientes para garantir o fluxo de saídade fábrica, de forma que sería necesario ampliar os puntos de venda. Paraestes efectos, Panificadora estabelecería nos anos seguintes unha rede dequioscos de venda en varios puntos da cidade (Elduayen, A Pedra, prazada Laxe, barrio de San Lourenzo...). Os novos postos de pan non serán ostradicionais de cabaletes de madeira e teito de lona, senón luxosos quios-cos de deseño con estrutura de madeira e cristal destinados a dar unhaimpresión de luxo e a contribuír ao embelecemento da cidade.

10 RMP, Sociedades, tomo 14, folio 57.

Page 367: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

367Antonio Valcarce García

Valcarce trasladouse a Alemaña en 1921 coa intención pois de im-portar a maquinaria para construír unha fábrica de panificación automá-tica. Con tan boa sorte que, malia a que non conseguiu a exención dearanceis que solicitara, formalizou a compra da maquinaria en moedaalemá, xusto moi pouco antes da fortísima depreciación do marco quecomezou na primavera daquel ano. O pago fíxose así nuns marcos desva-lorizados, de forma que o máis custoso desta operación foi para Valcarcee para os seus socios o transporte dos fornos deica Vigo. No propio ano de1921 a nova empresa adquire a leira na rúa da Falperra na que se debería

Primitivas edificacións daPanificadora e primeira frotade vehículos dedicados á distribución do pan, circa1925. Arquivo Pacheco

Page 368: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

368Empresarios de Galicia

construír a fábrica. En outubro de 1924 estaba esta rematada e ao mes se-guinte entraría xa a maquinaria en funcionamento.11 A construción fi-nanciouse coa emisión de 1.200 obrigas ao portador amortizábeis a 10anos a partir de 1926, cun xuro anual do 7% pagadoiro a trimestres ven-cidos; como garantía para os obrigacionistas hipotecáronse as leiras deFalperra e as de Casablanca. A Panificadora era, o día da súa inauguración, a máis moderna de Es-

paña de entre as industrias do seu tipo. Entre os principais elementos me-cánicos e as instalacións coas que contaba, incluíanse «unha batería deamasadoras, con tres máquinas e 12 cubas laboratorio patente Werner& Pfleiderer, un motor eléctrico de 28 cabalos e os seus transmisores; unhasección completa para o mesturado e limpado de fariñas igual patente, coseu motor eléctrico de 6 cabalos, e transmisións correspondentes; 4 silosmetálicos, catro grupos de máquinas pesadoras, torpeadores igual patente,con tres motores eléctricos de 10, 3 e 2 cabalos e as súas transmisións; 2fornos automáticos tipo auto igual patente, cun motor eléctrico de 4 ca-balos cada un; 1 forno extraíbel e outro fixo nun só aparato igual patente;1 cinta transbordadora para carbón e 3 para pan, cos seus planos incli-nados e dous motores de 3 e 2 cabalos; 2 ascensores eléctricos para persoase para carga, 7 pavillóns auxiliares destinados a portaría, garaxe, talleresde pintura, taller mecánico e outros servizos; o taller mecánico está dotadodun torno, dous trades, unha cepilladora, pedra esmeril, forxa, motor eléc-trico de 4 cabalos, coas súas transmisións e outros aparatos e ferramentas».Ao lado da modernidade das súas instalacións,12 a hixiene nos seus

procesos era unha das insignias da nova fábrica. Os chans onde se alma-cenaba a fariña e se fabricaba o pan eran impermeábeis, as paredes es-taban revestidas de ladrillos esmaltados en branco ata unha altura de máisde dous metros (a altura dos obradoiros era entre 4,5 e 5 metros). Dispoñíade cuartos para os obreiros con duchas de auga quente e fría, urinarios,retretes e lavabo. A maior parte do traballo era mecánico e as cintas senfin encargábanse de boa parte do transporte interno; as mans só se empre-gaban na recollida do pan das moldeadoras para depositalas nos taboleiros.

11 AMV, caixa Ind/45.12Moreno Lázaro (2003).

Page 369: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

369Antonio Valcarce García

Anuncio en Pueblo Gallego, do 8 de novembro de 1924

Anuncio en Pueblo Gallego de Vigo, do 1 de novembro

de 1924

Pero a Panificadora resultaba ser unha empresa innovadora non só enproceso senón tamén en produto. Ademais de formatos de pan máis tra-dicionais, comezará fabricando o pan de ración, que publicitou abundan-temente na prensa durante os días previos e posteriores á inauguración danova fábrica. Os anuncios, que se reproducen a continuación, poñenénfase nos clientes obxectivo aos que se dirixe este tipo de elaboración:colexios, hoteis, tabernas e restaurantes. A dimensión que tomaba aempresa fixo necesaria a contratación dun administrador en 1925, JuliánHerrero Bermejo, que se convertería axiña no home de confianza de Val-carce. Herrero, que permanecería na empresa ata o seu falecemento,pasou a formar parte do consello de administración nos anos trinta.A propia dimensión do proxecto e os conflitos sociais e corporativos

que a nova empresa comezou a suscitar desanimaron a algúns accionis-tas, que axiña abandonaron a empresa. Valcarce foi adquirindo as súasparticipacións, e amplía así o seu control da firma. Para iso contou cun

Page 370: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

370Empresarios de Galicia

crédito da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, ao que Valcarce hipote-cou dous terreos edificábeis que adquirira durante os anos da sociedadecon Abalde. Os que abandonaron a sociedade volveron abrir as súas tafo-nas, de forma que se reavivou a competencia, ao que a Panificadora reac-cionou cunha agresiva política de redución de prezos, e sobre todo,entrando na produción de fariñas, o que debería permitir unha impor-tante redución de custos fronte aos demais oferentes de pan. A novafábrica de fariñas e os 4 grandes silos de cemento armado, que continúansendo hoxe símbolos do skyline da cidade, foi financiada cunha emisiónde obrigas, e estaban xa rematados en 1931. Neste último ano a empresaproducía, ademais da fariña e do pan, un fermento de marca Danubio, eempregaba como materia prima tanto grans españois coma norteameri-canos, en función da marcha dos cambios e da existencia máis ou menosconxuntural de beneficios á importación. A pesar de que os elevados aranceis para o trigo forzaban a utilizar

para a moenda unha parte importante de cereais casteláns, máis caros cósnorteamericanos, o que lle facía perder a Panificadora a vantaxe de estarsituada nun porto como o vigués, a fabricación de fariñas debeu ofrecerbos resultados económicos, e a boa saída con destino ás panadarías domedio animou axiña a Valcarce a estabelecer outra fábrica. Con esteobxectivo Valcarce mercou por 400.000 pesetas o edificio da MolineraGallega, unha antiga fábrica de fariñas que funcionara a comezos deséculo na rúa García Barbón,13 na que finalmente unha serie de proble-mas legais lle impediron levar adiante o seu proxecto. Descartada a Moli-nera viguesa, foi en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) onde pasaríaa localizarse a segunda fábrica de fariñas do grupo Panificadora, que Val-carce mercou, coa axuda de dous créditos do Banco Anglo-Sudameri-cano e Hispano Americano por un valor total de 505.000 pesetas e quecomezaría a traballar a finais de 1936.Como para o conxunto das empresas do sector, a primeira metade

dos anos trinta non foi unha época fácil para a Panificadora. Ademais dal-

13 Deixara de funcionar anos atrás e desde 1916 foi arrendado a Enrique Carbajal yRodríguez, pai xesuíta, adaptado para colexio de nenos. Para unha historia do colexio verRivera Vázquez (1993), pp. 237-317. En 1928 pasou ao colexio Mezquita, GonzálezMartín (2000).

Page 371: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

371Antonio Valcarce García

gúns conflitos laborais, cuxa máxima expresión foi a folga por mellorassalariais que lle afectou en maio de 1936,14 a empresa tivo que sufrir azuna dos almacenistas e axentes de vendas ocupados na distribución defariñas e das pequenas tafonas, que experimentaban a crecente compe-tencia dunha sociedade da dimensión de Panificadora que producía evendía en toda a provincia a súa propia fariña. Todos eles se sumaron aunha campaña de descrédito da empresa de Valcarce, que en varias oca-sións encheu Vigo de pasquíns pedindo o boicot dos seus produtos.15Durante este período os beneficios sobre o capital descenderon do19,69% do ano 1930 ao 4,69% de 1935, cunha media para o quinquenio1932-1936 do 6,69.16Pola contra, a Guerra Civil foi, en conxunto, un período favorábel

para a empresa, que, superados os problemas de transporte e abastece-mento dos seus primeiros meses, viu medrar substancialmente as súasvendas de pan.17 O exército converteuse durante a contenda nun dos seusprincipais clientes; primeiro adquiriu a un prezo taxado, o que non satis-fixo a Valcarce que consideraba que este era demasiado baixo, e axiña porun sistema que poderiamos cualificar de maquía, no que o exército pro-porcionaba a fariña e Panificadora elaboraba o pan, a cambio dunhapequena asignación por cada unidade. Posto que a produción estaba moimecanizada e os custos de fabricación eran moi inferiores aos dos outros

14 El Pueblo Gallego, 23/05/1936. 15 Diversos pasquíns que se conservan no AHPP, Sociedades, Carpeta de CVPSA.16 AHPP, Sociedades, beneficios extraordinarios de guerra, Carpeta de CVPSA.17 AHPP, Sociedades, beneficios extraordinarios de guerra, Carpeta de CVPSA.

Cadro núm. 1Evolución do capital en accións da Compañía Viguesa de Panificación, S.A., 1921-1980

1ª serie 2ªserie 3ª serie 4ª serie 5ª serie preferentes capital(250 PTA) (250 PTA) (500 PTA) (5000 PTA) (25.000 PTA) (250 PTA) social

1921 800 — — — — 1200 500.000

1932 800 641 1000 — — 559 1.000.000

1946 800 1200 2000 1000 — — 6.000.0001965 800 1200 2000 1200 1300 — 40.000.000

Page 372: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

372Empresarios de Galicia

subministradores, no nivel dos cales se estabelecía o canon, os beneficiosde Panificadora disparáronse. Proba da boa marcha dos negocios durantea guerra foi a adquisición en 1938 doutra fábrica de fariñas, neste casosituada na localidade abulense de Fontiveros.

Da Panificadora ao conglomerado: tranvías, vidros e banca (1943-1968)

O final da guerra non supuxo, como é ben sabido, unha volta á situa-ción anterior ao seu estalido, senón máis ben un novo curso económicocaracterizado polo illamento internacional epola intervención cuartelaría sobre a maiorparte dos sectores económicos. A producióne a distribución de trigos, fariñas e produtosde panadaría foi precisamente unha das acti-vidades máis intervidas, e, como ocorre sem-pre nestes casos, unha das que xeraron uncontrabando más xeneralizado. Este foi omarco no que tivo que desenvolver as súasestratexias empresariais Antonio Valcarce du-rante os turbulentos anos posteriores á guerra,e a súa capacidade de adaptación a el o quelle permitiu ampliar o alcance da súa activi-dade empresarial ata converterse nun dosprincipais empresarios galegos da época.O ano que seguiu ao final da guerra foi

un ano de sobresaltos para a actividade fari-ñeiro-panadeira da Panificadora. Incautaciónsde fariña que se mantiña en stock en Peña-randa e Vigo con destino á súa reparticiónpara frear a situación de escaseza de alimentosnas respectivas provincias;18 incendio da fá-brica de Peñaranda, que non quedaría recons-

18 El Pueblo Gallego, 05/08/1939.

Celeiros da Panificadora que se converteron moi logo nun dos símbolos da paisaxeurbana viguesa, circa 1940.Arquivo Pacheco

Page 373: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

373Antonio Valcarce García

truída deica 1942, como consecuencia da explosión dunha polvoreira pró-xima; cambios na estratexia de subministración do exército, que pasa aalugar directamente fornos en Vigo, Pontevedra, Santiago e Ourense, lu-gares que antes eran subministrados a maquía pola Panificadora. Nos anosseguintes consolidouse unha política de intervención no sector no que onivel de produción de fariña estaba limitado polas existencias de trigo, epolas cantidades que daquela obtiña cada panadaría dependían do nú-mero de cartillas de racionamento que tivese adscritas, todo isto contro-lado á súa vez pola Comisaría Xeral de Abastecemento e Transporte.19 Pa-nificadora buscou estratexias para captar cartillas e en marzo de 1943acaparaba xa trinta mil, unha cifra que se viu axiña aumentada pola súaalianza cun amplo grupo de pequenos panadeiros de barrio aos que con-seguiu integrar como accionistas da empresa; os panadeiros cedían as súascartillas e pasaban a converterse en distribuidores do pan fabricado na fac-toría da Falperra.20Ao lado das vendas dos consumidores, Panificadora desenvolveu

todo tipo de estratexias para a busca de clientes institucionais, nos que oexército seguiu xogando un papel central. Deste xeito, a empresa de Val-carce mantívose durante os anos seguintes como subministradora para aETEA, para o cuartel vigués de Barreiros, para o campamento de Figuei-rido e para os prisioneiros de guerra confinados en Camposancos e nomosteiro de Santa María de Oia. Subministráballe tamén á Sociedadede Armadores e á frota pesqueira de Bouzas, así coma a numerosos co-lexios. A Panificadora incorporaba o transporte dos seus produtos den-tro da súa actividade, a cuxo efecto dispoñía dunha pequena frota de camións.Deste xeito, e malia os contratempos, a posición no mercado da Pani-

ficadora non só non se deteriora senón que se reforza, o que induce a Val-carce a estudar a posibilidade de aumentar a súa produción de muiñaríano seu centro de Vigo. Para estes efectos presenta en 1941 un proxectode ampliación que permitiría pasar das 24 ás 35/40 toneladas diarias, pero

19 AHPP, Balance de sociedades 1936-1940. Unha análise sobre o período da autarquíaen Vigo pode lerse en Giráldez Lomba (2002).

20 Faro de Vigo, 05/03/1939.

Page 374: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

374Empresarios de Galicia

a Dirección Xeral de Industria négase alegando que a capacidade exis-tente é dabondo.21 Só cinco anos máis tarde, en 1946, conseguiría Val-carce a autorización solicitada, momento no que emprendería a que se-ría terceira fase de expansión da súa planta viguesa, unha fase que lleafectaría sobre todo á súa capacidade de almacenamento,22 e que se fi -nanciaría cunha ampliación de capital (Véxase cadro núm. 1). Probabelmente esta negativa á ampliación da actividade á que se viña

dedicando desde moi novo, que se producía nun momento no que osseus recursos líquidos debían ser abundantes, induciu a Valcarce a entrarnoutras actividades económicas como forma de investir aqueles e dediversificar riscos. Pero, a diferenza doutros empresarios galegos da épocacomo os Fernández ou o propio Moisés Álvarez, fíxoo máis no sentido deaproveitar oportunidades xeradas pola existencia de empresas locais encrise ca no de desenvolver novas actividades dentro dunha política dediversificación relacionada. Os seus dous primeiros investimentos nestesentido produciríanse case que simultaneamente, entre 1940 e 1943: aadquisición dun forte paquete accionarial da compañía local de tranvíase a participación na constitución dunha empresa destinada á fabricaciónde vidros, Vidrios La Florida. En 1954 faría o propio nunha pequena casade banca local, a Viñas Aranda. Entre 1940 e 1943 Valcarce foi adquirindo accións de Tranvías Eléc-

tricos de Vigo, S.A., a empresa concesionaria do tranvía na cidade olívica,que levaba xa varios anos sen distribuír dividendos, ao mesmo tempo quechegara a un acordo cos obrigacionistas para pospor o pago de xuros eamortizacións.23 No último dos anos citados Valcarce era xa con moitadiferenza o principal accionista da empresa, o que lle permitiu accederao cargo de presidente do seu Consello de Administración, un cargo noque se mantería deica a súa morte. O desembarco do empresario da Pani-ficadora na empresa de transporte fíxose de acordo cun grupo de accio-nistas contrarios á xestión de Gerardo Campos e Bernardo Bernárdez,

21 BOE, 24 de marzo de 1941.22 AMV Urbanismo, 293/49.23 Acerca de tranvías de Vigo pódese ver Fraga (2000), Giráldez Lomba (2005),

González Martín (2000) e Álvarez Blázquez Fernandes, M.ª (1994).

Page 375: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

375Antonio Valcarce García

presidente e secretario respectivamente do seu consello de administra-ción, e incorporou o que hoxe denominariamos unha OPA sobre asaccións da compañía, pois foi sen dúbida Antonio Valcarce, quen direc-tamente ou por persoa interposta, incluíu un anuncio en Faro de Vigo noque se ofrecía a mercar «todas as (accións) que se me presenten ata omedio día do luns próximo nas oficinas de Tranvías ou no Hotel Mo -derno, cuarto número 10. Pago prezo razoábel».24Valcarce atópase así en 1943 á fronte dunha empresa que non só ten

os problemas típicos das compañías de tranvías do momento en España,tales como a escaseza de enerxía ou de material de tracción de fabrica-ción estranxeira nunha altura na que a falta de divisas bloquea as impor-tacións, senón tamén cos problemas particulares da firma viguesa. Oprimeiro deles, de continuidade nos cargos directivos; Valcarce mantivono seu cargo de director xerente a Julián Asporoz, enxeñeiro procedentedos tranvías bilbaínos, que levaba só uns meses na empresa, e que segui-ría con el deica o cesamento da circulación dos tranvías en 1968, deforma que ambos conseguiron constituírse nun polo de estabilidadenunha sociedade que ata entón se caracterizara sempre polo carácterinestábel e conflitivo dos seus cargos. O segundo problema que Valcarcese viu obrigado a abordar foi o do saneamento financeiro da empresa.Para estes efectos adiantou pagos dos xuros que se lles debían aos obriga-cionistas, realizou amortizacións extraordinarias de obrigas e emitiuoutras novas, e ampliou capital en cinco millóns de pesetas en 1947: douscon cargo a reservas voluntarias e revalorización de activos, que supoñíapara os accionistas antigos unha revalorización do 40%, e tres millónslibres e sen prima de emisión. A ampliación foi realizada polos propiosaccionistas, a falta de demanda por parte do mercado.Xunto aos problemas financeiros Valcarce tivo que resolver proble-

mas pendentes de fixación de prezos e de reorganización dos servizos.Neste sentido, estabeleceu un sistema de tarifas baseado nun prezo únicoindependente do percorrido e centralizou os servizos nas cocheiras dasTravesas (cocheiras, talleres de reparacións, carpintaría, vixilancia, etc.).

24 Faro de Vigo, 02/03/1940.

Page 376: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

376Empresarios de Galicia

No relativo á ampliación de liñas Valcarce substituíu o ferrocarril previstopara a conexión con Samil por unha liña de tranvía, que se inaugurou o11 de agosto de 1945,25 construíu unha terminal en Gondomar, un apea -deiro en Nigran e dúas centrais térmicas para proporcionarlles fluídoeléctrico aos tranvías e cubrir os erros de subministración da SociedadGeneral Gallega de Electricidad. A importancia da primeira das cone-xións citadas, a que unía a súa xa aberta liña de Vigo-A Ramallosa coapraia de Samil na estación dos Muíños, induciuno a darlle entrada noConsello de Administración a Manuel Núñez García, empresario dunhacompañía de autobuses (Plus Ultra) que achegaba os vigueses á súa praiamáis emblemática, de forma que cando no verán de 1945 se inaugurouo enlace, a liña de autobuses cesou no seu percorrido e quedou así Tran-vías como monopolista do servizo.26 Resultado tanto desta reorganiza-ción e ampliación das liñas coma do propio crecemento da cidade e doseu contorno, os dezaoito millóns de viaxeiros do ano 1940 converteransexa dez anos máis tarde en case que trinta e dous.Se na Panificadora e en Tranvías a intención de Valcarce foi a de

exercer o control da empresa desde o principio da súa actuación, nasegunda das iniciativas que emprendeu no ano 1943, parece que máisben o fixo por secundar o proxecto dun grupo de empresarios ao que ounían relacións persoais e de negocios. Na fundación de Vidrios La Flo-rida, S.A., constituída en outubro daquel ano cun capital de 1,5 millónsde pesetas e co obxecto de «dedicarse á industria do vidro e do cristal», oprincipal impulsor e accionista maioritario era Ángel Valverde Prado.Dispoñía este, que era o conselleiro delegado e home forte da sociedade,de 1950 accións por só 200 de Valcarce, que era o segundo accionista. Ohome da Panificadora sería presidente nun consello no que tamén esta-ban Publio Mateo Rupérez, empresario do sector dos frigoríficos, o arma-dor José Ramón Fontán González e Manuel de Sas Murias, todos elescompañeiros tamén no Consello de Administración da Compañía deTranvías. Pero Valverde vendeu axiña parte das súas accións, que foronparar ao seu irmán Bienvenido, que se converteu no cuarto accionista, e

25 El Pueblo Gallego y Faro de Vigo, 11/08/1945.26 Segundo consta na memoria que se lle presentou á xunta xeral o 27 de febreiro de 1943.

Page 377: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

377Antonio Valcarce García

á casa bancaria compostelá de Hijos de Olimpio Pérez que se fixo co 14%do capital e un membro no Consello desde 1956. En 1961 Vidrios La Florida elaboraba vidro oco común para botellas

e tiña 105 traballadores. Era una empresa pequena fronte á actividadevidreira do xigante local do vidro e da cerámica, Moisés Álvarez, e a súainfluencia política nun momento no que esta facía tanta falta era moilimitada na súa comparación. Dez anos máis tarde, a situación de VidriosLa Florida empeorara substancialmente. Álvarez construíra a súa facto-ría de Vanosa, Vidrios Automáticos del Noroeste, que contaba con 1300traballadores fronte aos 135 da empresa fundada por Ángel Prado e Anto-nio Valcarce. Para iso dispuxera de todas as facilidades do crédito oficialasí coma de diversas vantaxes para a obtención de terreos e permisos, coasque a empresa de La Florida non contara. O aumento dos custos enerxé-ticos e a caída da demanda acabaron de empeorar a situación da socie-dade que presidía Valcarce, que renunciou ao seu posto en 1977, un anoantes da súa morte. A situación fíxose crítica. Publio Mateo vendeu assúas accións e Fontán asumiu a presidencia.27 Pouco máis tarde, e trasunha forte tormenta que causou estragos na fábrica, o peche temporalpara realizar as reparacións converteríase en definitivo.28A entrada de Valcarce na banca Viñas Aranda en 1954 respondeu

ao mesmo patrón cá de Tranvías. Desde 1948 o banco pasaba por dificul-tades que motivaron a intervención do Banco de España no seu apoio, asínomeouse director e interventor, comprouse algún dos valores da súa car-teira para inxectarlle liquidez e abríuselle unha liña de redesconto co avalde accionistas e conselleiros. A entrada de Valcarce, e do seu socio en Vi-drios, Ángel Valverde, tivo lugar con ocasión dunha ampliación de ca-pital, e coincide coa renuncia do seu presidente Joaquín Viñas Floriani aquen pasou a substituír no seu cargo. Baixo a presidencia de Valcarce obanco realizoulles unha proposta aos accionistas do Banco de Vigo en li-quidación para facerse co seu nome, que foi aceptada por estes en no-vembro de 1957. A banca Viñas Aranda aumentou para iso o seu capital

27 Antonio tiña xa daquela 89 anos, e segundo indicou José Ramón Fontán nunhasdeclaracións ante a Audiencia de Pontevedra, estaba enfermo. Faro de Vigo, 15/10/1980.

28 Faro de Vigo, 24/10/1980.

Page 378: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

378Empresarios de Galicia

social en vinte millóns, dos que catro e medio se destinaban ao pago damarca Banco de Vigo aos antigos accionistas deste; as restantes accións,con valor de 15,4 millóns, serían ofrecidas a persoas relevantes de Galiciasen que superasen o millón de pesetas por subscritor. Consecuencia destaoperación cambia a súa denominación a Banco de Vigo, S.A. e o seu ca-pital social sitúase en 30 millóns. Valcarce mantiña aínda a finais dos se-senta unha participación arredor do 10% do capital do banco, pero a partirde entón comezou a desfacerse das súas accións para empregar os recursosobtidos na Panificadora. Pouco máis tarde o Banco de Vigo pasaría a mansdo Banco Popular.

O golpe a Tranvías e o fracaso da integración cara adiante da Panificadora: o ocaso dun empresario

A década de 1960 foi non só unha época de forte crecemento econó-mico en España, senón tamén de profundos cambios no funcionamentoe na regulación da economía. Precisamente os sectores nos que AntonioValcarce asentara a súa posición empresarial contáronse no grupo dosmáis afectados polos cambios acontecidos. O forte aumento do nivel derenda traduciuse nun progresivo descenso do consumo de pan a prol dou-tros alimentos superiores, de forma que, aínda que o aumento do númerode consumidores debeu frear en parte esta tendencia decrecente no con-sumo de pan, a demanda deste alimento durante os sesenta tivo unhaexpansión moi inferior á da economía no seu conxunto.29 Tampouco oscambios na regulación do sector axudaron moito á Panificadora, pois seben para o sector da panadaría comezara o proceso de desmantelamentodo ríxido intervencionismo sobre prezos, cotas e cartillas coa autorizaciónpara a venda libre de pan no ano 1952, e culminado coa liberalizacióndo prezo en 1963, mantívose a obriga de elaborar e vender a prezo detaxa os dous tipos de barra básica. Esta taxa no prezo do pan converteusenunha reivindicación social e nun problema político nunha época de for-tes presións inflacionistas como foron os anos sesenta e setenta, o que pro-duciu unha forte redución nas marxes de explotación das empresas

29Moreno Lázaro (2003), pp 106-120 e 178-198.

Page 379: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

fabricantes que viron durante eses anos aumentar salarios e cargas sociais,custos enerxéticos e outros gastos sen poder elevar os seus prezos finais. A Panificadora fora no seu día unha empresa punta dentro do seu

sector en España, que apostara pola mecanización e pola obtención deeconomías de escala. Durante a autarquía a empresa medrara, pero omarco de forte intervencionismo daqueles anos non favorecera a renova-ción do seu inmobilizado nin da propia empresa, de forma que contra1960 Panificadora tiña unha maquinaria en gran parte obsoleta e conti-nuaba sendo unha empresa familiar de corte moi paternalista na que afigura do fundador condicionaba calquera decisión. A nova situación,que esixía novos rumbos e un forte investimento de capital para a moder-nización do equipo produtivo, preséntase cando Antonio Valcarce Gar-cía cumprira xa os 75 anos. Aínda que seguía acudindo todos os días áfábrica, algo que fixo deica o día anterior ao seu falecemento, a súa capa-cidade e a súa disposición a emprender novos proxectos xa non era amesma que o caracterizara anos atrás. Nesta ocasión demostrouse remisoaos cambios, opúxose á instalación de novos fornos, de novas liñas de pro-duto e mesmo ao traslado da fábrica, á que o crecemento de Vigo deixarano seu centro urbano, á periferia da cidade.A estratexia de Valcarce para Panificadora fronte aos cambios dos anos

sesenta foi en realidade moi conservadora no que se refire a procesos e aprodutos da súa actividade tradicional, é dicir fariña e pan. Pero isto nonquere dicir que renunciase ao crecemento da empresa e á súa consolida-ción por novas vías, aínda que finalmente os resultados non fosen os es-perados. Neste sentido, concibiu a idea de aproveitar os salvados e ou-tros subprodutos da actividade tradicional na fabricación de pensoscompostos, masas e outros produtos. Ao principio destes efectos, construíucontra 1962 unha fábrica dentro do recinto da propia Panificadora. Paradedicarse a esta actividade así coma á distribución dos pensos fundaría en1967 a empresa Gallega de Nutrición Animal, S.A. (GANASA), cun capitalde 12,5 millóns de pesetas, dos que o 94% foi subscrito pola propia Pani-ficadora e o resto por Fernando Conde de Ponte, Fernando Coicoya e Fer-nando Barreras Lago. A Panificadora achegou a fábrica, que representouo 28% da súa contribución, e o resto en diñeiro en efectivo; os demais ac-cionistas realizaron as súas contribucións en efectivo. Como presidenteda sociedade nomeouse a Antonio Valcarce García e como vicepresidente

379Antonio Valcarce García

Page 380: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

380Empresarios de Galicia

o seu fillo Antonio.30 O capital social foi posteriormente aumentado endúas ocasións, e multiplicouse por máis de cinco, o que deu entrada anovos socios, pero en todo caso e en vésperas da morte de Valcarce, Pani-ficadora seguía representando máis do 90% do capital.A idea basicamente era que Panificadora vendese os seus residuos e

subprodutos a GANASA para que esta elaborase penso que lles venderíaás granxas da rexión. En tal sentido, Valcarce deu un paso máis no sen-tido da integración vertical coa participación de Ganasa na creación deProductora Avícola del Noroeste (PROANASA), granxa dedicada á produ-ción e á comercialización de polos e ovos, na que o principal investidorera Javier Vilas Castelao, da localidade coruñesa de Vedra. GANASA subs-cribiu o 14,29% do capital, o mesmo ca Luis Barquero Gandara, con acti-vidade no Rosal, Salustiano Vidal Cabanillas de Vilagarcía, FranciscoGarcía Férnandez de Madrid e Antonio Poveda Cresto de Vigo.Outro dos produtos que quixo fabricar Valcarce a partir de comezos

dos setenta, foi a pasta de fariña para a masa dos conxelados. Vigo con-verterase na indubidábel capital española desta industria e Valcarce man-tiña unha boa relación coa empresa líder do sector, na que un dosmaiores accionistas, Jesús García, estaba casado cunha das súas netas.Con tecnoloxía adquirida a Philips Duphar, Panificadora tivo durante osanos setenta en Pescanova o seu principal cliente, responsábel de case ametade dos seus ingresos. No relativo a tranvías, a outra rama máis significativa dos negocios de

Valcarce, os anos sesenta foron tamén unha época de cambios decisivos.O crecemento urbano, a desordenada transformación da fisionomía dascidades e o vertixinoso proceso de motorización complicaron progresiva-mente a circulación das liñas de tranvías existentes, ao mesmo tempo quecrearon a necesidade de ofrecerlles novas oportunidades de transportepúblico aos novos barrios periféricos. Na maior parte das cidades ini-ciouse un proceso de substitución das liñas de tranvías por outras de auto-buses, nuns casos a cargo das antigas compañías de tranvías, como foi ocaso na outra gran cidade galega, A Coruña; noutros, como foi o de Vigo,a cargo de novas empresas sen ningunha relación con aquelas.

30 RMP, Sociedades, inscrición de 27/03/1967.

Page 381: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

En Vigo, fora a propia Compañía de Tranvías a que xa a comezos dosanos cincuenta propuxera a eliminación dos carrís das zonas céntricas dacidade, onde os tranvías serían substituídos por trolebuses, un novo tipode vehículo que tamén se debería instalar nalgunhas liñas novas que naperiferia da cidade a empresa pretendía establecer. A falta de apoio doconcello para estes plans, así coma a negativa do Banco de Crédito Indus-trial a financialos, fixo que estes plans quedasen aparcados ata a décadaseguinte. Xa nos sesenta, Tranvías continuou coa súa idea de avanzar noscambios de material móbil, participou nas comisións que o concellonomeou para trazar un novo deseño do transporte urbano local, e chegoua importar trolebuses de Inglaterra. En 1964 constituíu unha nova socie-dade, Transportes de Vigo S.A., cun capital social de 10 millóns de pese-tas, coa finalidade de «explotar calquera concesión ou autorización deservizos de transporte de viaxeiros urbana ou interurbana, regulares oudiscrecionais que puidese obter ou adquirir dentro da provincia ou fó-ra dela». Tranvías transferiulle á nova sociedade a titularidade da conce-sión da liña de tranvía dos Caños a Chapela, de forma que ambas associedades tivesen así lexítimos dereitos sobre algúns tramos do transporteurbano. A nova empresa, na que Antonio Valcarce García posuía o 30%do capital e Publio Mateo, Manuel Arbulo Pig, Antonio Fernández Fer-nández e Ángel Valverde Prado, un 5% cada un, presentou en novembrode 1964 un proxecto de liñas complementarias ás de Tranvías a un con-cello no que era alcalde provisional Manuel Valcarce Reboreda. Nel ofre-cíanse dúas liñas de trolebuses e oito de autobuses. Pero aos poucos díasda presentación do proxecto, foi nomeado alcalde de Vigo Rafael Porta-net, empresario que fora xefe provincial do movemento, moi vinculadoao xeneral Camilo Alonso Vega, e manifestamente contrario á circula-ción de tranvías. O novo alcalde rexeitou o proxecto que estaba en cursoe defendeu que Tranvías substituíse nas liñas que viña explotando os tran-vías por autobuses e que para a explotación dos novos tramos que resul-taban necesarios se convocase un concurso nacional.31 Tranvías realizouunha contraproposta: unha concesión por 50 anos e que o concello inter-cedese para que se lle facilitase un préstamo de 46 millóns de pesetas. O

381Antonio Valcarce García

31 Giráldez Lomba (2005).

Page 382: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

382Empresarios de Galicia

proxecto foi rexeitado polo alcalde, quen finalmente convocou un con-curso nacional que gañaría a empresa VITRASA na que participabanempresarios asturianos, unha decisión que foi recorrida ante numerosasinstancias aínda que sen éxito nos termos esperados.32 Sen poder ocu-parse no que durante máis de medio século fora o seu obxecto social,Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. presentou o expediente de crise ante adelegación de Traballo de Pontevedra en novembro de 1968. Os tranvíasdesapareceron de golpe da face dunha cidade a cuxa constitución comocapital industrial de Galicia contribuíran de forma substancial. E Anto-nio Valcarce sufriu con isto o que foi probabelmente o maior contra-tempo da súa longa traxectoria como empresario. O valor da empresaderrubouse, pero non se chegou á disolución, comezou entón unhalonga cadea de litixios nos que finalmente gañaría un preito coa Xuntade Galicia, pola expropiación sen indemnización do tramo Vigo-A Rama-llosa, que a través dunha avultada indemnización lle deu recentementeun novo dinamismo á empresa, que Antonio Valcarce García xa nonpuido ver.Neste período final da vida do grande empresario galego, con Tran-

vías reducida ao ostracismo, Vidrios La Florida en plena crise e Panifica-dora nunha situación cada vez máis difícil na que ao carácter obsoleto dassúas instalacións se estaba engadindo o pésimo resultado económico dasúa filial GANASA, que nin sequera pagaba as subministracións que reci-bía da matriz, a actividade inmobiliaria cobrará un relativamente impor-tante papel dentro das actividades de Antonio Valcarce. De entre este tipode actividades, que probabelmente significaron unha distracción derecursos que podían ir destinados á modernización da Panificadora, amáis destacada foi o derrubamento do edificio da antiga MolineraGallega, situada na céntrica rúa de García Barbón, e a construción noseu soar dun dos maiores edificios de pisos da cidade. Cando falece Antonio Valcarce en xaneiro de 1978 a situación do

grupo de empresas cuxa matriz era a Panificadora era crítica. Presentabaun elevadísimo grao de endebedamento, non xeraba recursos que permi-tisen atender os fluxos de pagamentos esixidos, e os herdeiros non esta-

32 Arquivo Municipal de Vigo. Expediente de concesión de autobuses urbanos.

Page 383: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

383Antonio Valcarce García

ban de acordo sobre como enfrontarse á situación. Precisamente entónAntonio Valenzuela Reboreda asóciase con PESCANOVA para constituírno Porriño unha empresa, HASENOSA (Harinas y Sémolas del Noroeste,S.A.) que deixaría a Panificadora sen o seu principal cliente na liña demasas para conxelados. Primeiro caería GANASA, que será declarada enquebra xa no propio 1978. Ao ano seguinte Panificadora vese obrigada ahipotecar todos os seus activos para responder ás débedas que GANASA,PROANASA e ela mesma tiñan con varias sucursais bancarias da cidadeen concepto de préstamos, liñas de desconto e avais. En 1980 suspendepagos a propia Panificadora e o convenio cos acredores celebrado ao ano

Consello de Administración de Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. Circa 1960.

O cuarto pola esquerda, con lentes negras, é

Antonio Valcarce; o terceiro pola directa, de bigote, é José Ramón Fontán

Page 384: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

seguinte inclúe xa a venda da maior parte dos activos da que fora a máisimportante empresa panadeira da historia de Galicia.A máis importante pegada da traxectoria deste grande empresario vi-

gués, un home feito a si mesmo en todo o sentido da expresión, seguesendo a día de hoxe o que queda da Panificadora. Pegada do seu fundador,pero tamén como sinalou no seu día Méndez Ferrín de toda unha epopeade traballadores, moitos deles vigueses novos, chegados das provincias ga-legas do interior. A súa localización, o seu tamaño e a súa imaxe fixerondeste elemento do patrimonio industrial de Vigo un dos anacos máis re-coñecidos da súa paisaxe, cunha presenza repetida en calquera selecciónfotográfica e mesmo en título dunha coñecida novela galega. No seu in-terior, os fornos dos anos vinte seguen alí. Porén, e a pesar de que os es-tudos e as propostas de conservación foron múltiples, aínda non está clarose a Panificadora se salva ou se caerá vítima da barbarie urbanística. Podemos estabelecer algunhas hipóteses de menor a maior importan-

cia sobre as causas do declive do pequeno imperio de Antonio Valcarcedespois da súa morte. En primeiro lugar, a situación desaxeitada do com-plexo industrial en pleno corazón da cidade. En segundo lugar, a idadedo patriarca pouco proclive aos cambios que supoñían os novos tempos.En terceiro lugar, o cambio nas pautas de consumo. En cuarto lugar, osrecursos de Panificadora desviáronse cara á construción inmobiliaria, queaínda que era un modo de diversificación moi empregado quizais supuxopara Panificadora unha desatención do principal elemento xerador deriqueza, que apenas experimentou renovación tecnolóxica desde os seuscomezos. En quinto lugar, a falta de unidade dos seus descendentes natoma de decisións. Finalmente, a xestión da empresa e moi especial-mente todo o relacionado coas dúas empresas creadas ao final da vida deAntonio Valcarce, GANOSA e PROASA, posto que foi o nivel de endebe-damento acadado por estas o que levou a que Panificadora véndese todoo seu patrimonio.

384Empresarios de Galicia

Page 385: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

385Antonio Valcarce García

Bibliografía

Álvarez Blázquez Fernández, M. (1994):Historia de los tranvías en Vigo, 1994(consultábel en www.arrakis.es/-rojea/tranvia.htm.)

Bernárdez, B. (1936): Problemas vigueses.Tranvías eléctricos de Vigo. Situación, so-luciones, Vigo.

Bernárdez, B. (1944): Mi gestión, como ac-cionista y consejero de Tranvías Eléctricosde Vigo (Comentarios). 1934-1942,Ma-drid, Gráficas Onofre Alonso.

Fraga, X. (2000): Pontevedra-Vigo. Tranvíase Trolebuses (1889-1989), Espiral Mayor,A Coruña.

Fontán González, J. R. (1978): «Réquiempor un caballero», Faro de Vigo, 24/2/1978.

Giráldez Lomba, A. (2002): Sobrevivir enVigo en los años del hambre, Vigo, Insti-tuto de Estudios Vigueses.

Giráldez Lomba, A. (2005): Recordando lostranvías de Vigo, Vigo, Deputación dePontevedra.

González Martín, G. (2000): «El tranvía,más de medio siglo presente en Vigo»,en Historia de las Rías, Faro de Vigo, ca-pítulo 8, Vigo.

Méndez Ferrín, X. L. (1994): «Panifica-dora», Faro de Vigo 09/12/1994.

Méndez Ferrín, X. L. (1997): «Presenciade Sober», Faro de Vigo, 70/03/1997.

Moreno Lázaro, J. (2003): La produccióny el comercio del pan en la ciudad de Za-mora durante el siglo XX, Zamora, Insti-tuto de Estudios Zamoranos.

Pita Serapio (dir.) (1955): Álbum de la So-ciedad Viguesa 1953-1954, Vigo, A. He-rrero Montero.

Rivera Vázquez, E. (1993): Colegio ApóstolSantiago. Historia de una larga peregri-nación, Vigo, Artes Gráficas Galicia.

Page 386: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA1888-1971

Page 387: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Pedro María Leopoldo Barrié de la Maza naceu o 17 de decembro de1888 no número 19 da coruñesa praza de María Pita. Fillo do banqueirocoruñés Pedro Barrié Pastor e da compostelá Amalia de la Maza Agar, asúa ascendencia era francesa e catalá por liña paterna e galega polamaterna. O seu pai era neto daquel Juan Francisco Barrié d’Abadie,comerciante francés que chegara á cidade herculina en 1792 para comer-ciar con Indias, e ao que Antonio Meijide Pardo dedicou no seu día unhaespléndida biografía.1 Un fillo seu, Pedro María Barrié Marchesi casaracon Gertrudis Pastor Horta, filla doutro comerciante da Coruña, o cata-lán José Pastor Taxonera,2 que fora director da casa Dalmau y Pastordurante o segundo cuarto do século XIX. Tamén por parte materna tivoantepasados ligados ao mundo dos negocios, pois o pai do rexente Pedrode Agar Bustillo, o fidalgo Benito de Agar Leis, orixinario de Muxía, foitamén un destacado comerciante na Coruña de finais do XVIII.Esta breve referencia aos seus devanceiros e aos seus vínculos co co-

mercio fai facilmente comprensíbel que a traxectoria profesional do

María Teresa Burés MiguénsDirectora do Arquivo Histórico do Banco Pastor

UN BANQUEIRO AO SERVIZO DA INDUSTRIA

1Meijide Pardo (1968).2 Socio desde 1819 da casa comercial e bancaria de Jaime Dalmau y Cía. estabelecida

na Coruña en 1776. Tras sucesivas razóns sociais chega aos nosos días transformada ensociedade anónima baixo a denominación de Banco Pastor.

Page 388: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

mozo Barrié fora encamiñada tamén nesa dirección, igual que o fora ado seu pai. A súa primeira etapa de aprendizaxe iníciase no número 13da rúa Damas. A piques de facer os nove anos ingresa no Colegio Cató-lico de Primera Enseñanza y de Estudios Generales y Técnicos, situadona rúa do Príncipe da Cidade Vella. Neste colexio cursábanse todas asmaterias do bacharelato e soamente se admitía un número limitado dealumnos co gallo de evitar os inconvenientes das clases moi masificadas.O 9 de decembro de 1904, aos dezaseis anos, obtén no Instituto da Co-ruña o título de bacharelato. Ao rematar en 1905 a súa formación na Es-cuela Superior de Comercio da cidade, os seus pais deciden que debeampliar os seus coñecementos económico-financeiros no estranxeiro,seguindo a tradición familiar, co cal, o 4 de abril de 1906 ingresa no co-lexio de Forest Hill, nas proximidades de Londres. Desde 1908 estudaráen Hamburgo e Lübeck e, desde 1910 a 1911 na Rochelle, un activoporto galo da costa oeste, onde ademais traballará nunha casa comercialdedicada a negocios de importación-exportación. O feito de falar perfec-tamente inglés, alemán e francés seralle moi útil na proxección futurados seus negocios.O 1 de xaneiro de 1912, tras regresar do seu periplo formativo, co-

meza a traballar no negocio do seu pai, que por aquel entón atendía árazón social de Sobrinos de José Pastor e era a continuación da casa co-mercial e bancaria do seu tío José Pastor Horta, do que fora único e uni-versal herdeiro. Cóbado con cóbado co seu pai traballaba na empresaRicardo Rodríguez Pastor, fillo de Rosa, unha irmá do defunto José, epolo tanto, tamén o seu sobriño. Ao morrer seu pai, Antonio RodríguezFernández, a educación de Ricardo, igual ca do seu irmán Francisco,que naceran en 1865 e 1861 respectivamente, quedara a cargo de PedroBarrié Pastor. Ricardo, como o seu tío José e o seu curmán Pedro, orien-touse cara á carreira mercantil, e acudiu a formarse a diversos países eu-ropeos; o seu último contrato antes do regreso á Coruña foi na casa ham-burguesa de Schaar & Poppenhusen. Tras uns meses traballando en JoséPastor y Compañía, Pedro Barrié Pastor decide incorporar á sociedade oseu curmán Ricardo Rodríguez Pastor en condición de socio minorita-rio, cunha participación do 7% fronte ao 93% que el posuía. Esta novaempresa, constituída en 1889, era aquela Sobrinos de José Pastor na queentraría a traballar Pedro Barrié de la Maza en 1912.

388Empresarios de Galicia

Page 389: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Ao ano seguinte de entrar en Sobrinos de José Pas-tor ambos os socios outórganlle poder para rexer,gobernar e administrar os bens de todas as clases e osestabelecementos pertencentes á sociedade. E xa o 25de xuño de 1915 prodúcese a súa admisión como novosocio, o que lle permitirá participar plenamente nadirección, administración e xerencia da casa, á queachegará un capital de 100.000 pesetas en efectivometálico. O obxecto da sociedade segue sendo o derealizar toda clase de operacións de comercio e indus-triais, representacións de empresas navieiras, casas debanca, estabelecementos de crédito, consignacións,comisións e demais operacións similares. É nestaépoca, 1916, cando Pedro Barrié de la Maza contraematrimonio coa viúva Amalia Torres Sanjurjo, filla dosenador do reino e deputado a Cortes, Eduardo TorresTaboada e de Asunción Sanjurjo Flórez, condesa deTorre Penela.Á morte en 1919 de Pedro Barrié Pastor, e tras as

operacións divisorias da herdanza, a Pedro Barrié de laMaza foille adxudicada, como única partida na súacota, a participación de 1.012.986 pesetas, que repre-sentaba o seu pai no haber da sociedade. Este aconse-lláralle que en tal circunstancia non deixara a empresafamiliar orfa da experiencia de Ricardo, que era vintee tres anos maior ca el, e que por tal motivo podía sero seu guía nos negocios. E que ademais, e dada a dife-renza de idade, debía ser este último quen presidise acasa. Para estes efectos, recomendáralle que lle cederaa Ricardo a parte do capital necesario para asumir este

tal posición, e que non fora ata o seu falecemento cando el tomase as ren-das do negocio familiar. Ricardo Rodríguez Pastor e Pedro Barrié de laMaza quedaban en todo caso á fronte da mencionada sociedade comoúnicos socios e xerentes.Nesta primeira época como socio e xerente de Sobrinos de José Pas-

tor ao lado de Ricardo, Pedro Barrié encárgase directamente de aplicar os

389Pedro Barrié de la Maza

Pedro Barrié de la Maza nasúa etapa en Alemaña, ca.

1909. Fonte: Arquivo Históricodo Banco Pastor

Page 390: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

plans de expansión da casa de banca por toda Galicia, o que levou á prác-tica estabelecendo algunhas sucursais e axencias propias, tales como a deVigo en 1921 ou a de Monforte en 1924 pero, sobre todo, a través daadquisición de diversas casas de banca locais que se viran acadadas polacrise económica da primeira posguerra mundial e que suspenderan pagosou que simplemente atravesaban problemas de liquidez. Faríanse así coacasa Pedro Romero y Hermanos, con sucursais en Lugo e Ourense, noano 1922; coa ferrolá de Hijo de Juan A. Dans y Compañía en 1925 ecoas valdeorresas de Joaquín Arias Quirós e Ricardo Gurriarán Herma-nos en 1928. Igualmente, aproveitaron a suspensión de pagos do Bancode Vigo en 1925 e as dificultades da pontevedresa Riestra y Compañía en1932 para facérense cunha parte importante dos activos das dúas impor-tantes casas bancarias, o que supuxo poñer nas súas mans unha intere-sante rede de oficinas na provincia de Pontevedra.

390Empresarios de Galicia

A mecánica dunha destas adquisicións, a de Pedro Romero y Herma-nos, describiuna o propio Barrié nunha carta datada o 27 de abril de 1922na Coruña, dirixida a Manuel Agudín, antigo empregado de Sobrinos deJosé Pastor. Nela cóntalle que a suspensión de pagos daquela casa de ban -ca ourensá, con sucursais en Lugo e Ponferrada, proporcionaba a ocasiónperfecta para comezar a desenvolver os plans de expansión. Ao saber anoticia da suspensión de Romero, Pedro Barrié de la Maza, saíu daCoruña para Lugo un sábado levando no seu automóbil un verdadeiro

Anuncio de Sobrinos deJosé Pastor aparecido noxornal galegista A NosaTerra de primeiros de febreiro de 1923.Fonte: Arquivo Histórico do Banco Pastor

Page 391: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

cargamento de material de escritorio e estabeleceuse nun oco que lleprestaron nun almacén de calzado e entre zocos e alpargatas facían xatoda clase de operacións de banca. Nesa carta Pedro Barrié relata o orgu-llo que sentiron ao veren a acollida que alí lles fixeron

[…] a pesar de haber costado a Lugo el batacazo de Romero unos docemillones de pesetas (sólo a Lugo) lo cual justificaría el retraimiento en losprimeros momentos, fueron varios completamente desconocidos para mílos que ya el sábado por la noche y el domingo siguiente me pararon enplena calle para entregarme cantidades para abrir cuentas. Aquí desco-nocíamos por completo la importancia de la plaza de Lugo.

Recoñece que tiveron gran sorte co persoal de Romero, co cal que-daron, pois a pesar do ocorrido a xente recoñecía que non eran eles os cul-pábeis. En Lugo estivo preto de tres meses e desde alí foi preparando o te-rreo para a apertura da sucursal de Ourense. Nesta última praza houboque organizalo todo, mesmo o difícil problema de persoal, «por ser impo-sible utilizar el de Romero, que con justicia o sin ella, ha quedado com-pletamente desacreditado y parte del mismo está procesado actualmente».O golpe que recibira a importante praza de Ourense foi durísimo (uns 15ou 16 millóns en cartillas e contas correntes) e ao haber máis competenciafíxose necesario traballar alí con máis coidado. Nesta mesma carta co-menta con entusiasmo que se están organizando para traballar en serio nabanca na cidade de Vigo, onde ata ese momento foran case exclusiva-mente pagadores de xiros. «A pesar de ser coruñeses —dice— no hemossido mal recibidos» e sobre o Banco de Vigo e o Banco Español del Ríode la Plata comenta que a xente está coa mosca detrás da orella con elese que o Hispano Americano recolleu candeas por algúns fracasos que alítivo, co cal espera traballar bastante e con proveito.O éxito da política de sucursais emprendida pola casa Pastor foi es-

pectacular. De ser unha banca local, cunha única oficina propia situadana Coruña, no ano 1918, pasara a dispoñer en 1924 de sucursais nas catroprovincias galegas, e as súas seis oficinas situábano só detrás do Bancode La Coruña e do Banco de Vigo, que era sen dúbida o principal bancogalego do momento. A quebra deste último ao ano seguinte e a adquisi-ción dunha parte das súas oficinas, así coma a compra das dalgúns corres-pondentes propios, uparía o Pastor a unha indiscutíbel primeira posi-ción xa á altura de 1929, ano no que acada unha rede de 27 sucursais, por

391Pedro Barrié de la Maza

Page 392: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

diante do Banco de La Coruña, de Hijos de Olimpio Pérez, ou de cal-quera dos bancos que operaban en Galicia. Esta expansión territorial,unida a unha agresiva política de pasivo, traduciuse rapidamente nun fortecrecemento dos recursos de clientes a disposición do banco, que se mul-tiplicaron por tres entre 1922 e 1929, o que unido ao crecemento máis oumenos proporcional dos recursos propios, disparou o peso dos recursos to-tais da casa Pastor no conxunto do sistema bancario galego, que naquelúltimo ano representaban aproximadamente o 60% do total.3A xestión dos dous socios e directores de Sobrinos de José Pastor enca-

miñouse non só á expansión do número de sucursais senón a adecuar aimaxe da empresa familiar ao que era agora a súa posición de líder nomercado bancario galego, algo que desenvolveron a través de dúas deci-sións fundamentais: a primeira delas, a construción dunha nova sedesocial que substituíuse a situada no entrechán da casa de Pedro BarriéPastor do 19 da praza de María Pita. O proxecto de construción da novasede iniciárase xa en vida daquel coa adquisición de terreos no CantónPequeno en 1918 e co encargo do proxecto ao ano seguinte, xa polos seussucesores, ao arquitecto coruñés Antonio Tenreiro Rodríguez —sobriñode Ricardo e curmán de Pedro— e ao seu compañeiro o valenciano Pere-grín Estellés. O edificio, que seguiu as propostas arquitectónicas daEscola de Chicago sería inaugurado en 1925 e converteríase nun dossímbolos da fachada marítima coruñesa.A segunda decisión importante foi a de transformar a sociedade regu-

lar colectiva Sobrinos de José Pastor en sociedade anónima a partir do 1de xaneiro de 1925 coa denominación de Banco Pastor. O capital da novaentidade foi de 17 millóns de pesetas e foi subscrito na súa totalidade po-los dous únicos partícipes da sociedade disolta. A partir deste momento Pe-dro Barrié aplica o consello que lle dera o seu pai antes de morrer e cedeo número de accións necesarias para que Ricardo teña a maioría e presi-da o novo banco. Así, das 17.000 accións nas que se dividía o capital so-cial, a maioría escrituraríanse a prol de Ricardo Rodríguez Pastor (10.334)e as restantes (6666) de Pedro Barrié de la Maza, adquirindo ambos a con-dición vitalicia de presidente e vicepresidente, respectivamente. A nova so-

392Empresarios de Galicia

3 Arroyo (1999).

Page 393: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

393Pedro Barrié de la Maza

ciedade anónima recollía os negocios bancarios de Sobrinos de José Pas-tor. Queda nas mans desta última só a outra rama dos negocios familia-res, é dicir a das consignacións e actividades marítimas. A partir de entónBanco Pastor e Sobrinos de José Pastor serán pois sociedades diferentes,cada unha delas cunha especialización propia. Por primeira vez na dila-tada historia desta casa de comerciantes-banqueiros aparecían claramenteseparadas a actividade bancaria da navieira e comercial.Pedro Barrié de la Maza levou así durante os anos vinte e trinta a di-

rección da tradicional casa bancaria convertida agora en sociedade anó-nima. En paralelo, e unhas veces baixo a súa responsabilidade persoal eoutras a nome do banco, participou durante estes anos en diversas activi-dades empresariais dentro do sector servizos. A súa actuación persoal máisrelevante neste último sector foi na Compañía de Tranvías de La Coruña,na que entrara xa como vicepresidente en 1915 e asumira dous anos máistarde a presidencia, que mantería deica o seu falecemento. Pedro Barriéimplicouse moi directamente na ampliación e na modernización da Com-pañía de Tranvías. Deste xeito, xogou un papel decisivo na extensióndas liñas ata a vila de Sada.4 A Compañía de Tranvías foi a primeira in-cursión do mozo Barrié no ámbito extra bancario, pois levaba só catroanos traballando no escritorio de Sobrinos de José Pastor cando asumiu avicepresidencia, e ademais nesta empresa non participaran ata entón nino seu pai nin o seu tío Ricardo. A súa incursión un pouco posterior enAguas de La Coruña si que foi, pola contra, continuación da actividadedo seu pai, a cuxo falecemento pasou a sentar no consello da empresa.Pero, en todo caso, foi o seu tío Ricardo Rodríguez Pastor quen ata a

Guerra Civil se ocupou no fundamental dos investimentos industriais.Desta forma Sobrinos de José Pastor impulsara a fundación de empresascomo a Azucarera Gallega, ou como a Hidroeléctrica do Pindo, a Socie-dad General Gallega de Electricidad (en adiante SGGE) ou FábricasCoruñesas de Gas y Electricidad. E pilotara a mediados dos anos vinte oproceso de fusións que levara á formación do que, a comezos dos trinta,se denominaba grupo galego, o que é dicir o grupo eléctrico empresarial

4 A liña da Coruña a Sada foi inaugurada o 31 de decembro de 1922. Pedro Barrié dela Maza recibiu unha homenaxe e a imposición do seu nome a unha rúa da vila de Sada.

Page 394: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

394Empresarios de Galicia

5 Carmona e Nadal (2005).

Unha das primeiras homena-xes tributadas a Pedro Barriéde la Maza, Sada, 1922.Fonte: Arquivo Histórico doBanco Pastor

formado pola Sociedad General Gallega de Electricidad e por Fábricas Co-ruñesas, ambas presididas por Ricardo, nas que se integraran entre outrasa Electra Popular de Vigo y Redondela, a Sociedad de Gas y Electricidadde Santiago, a Electra Industrial Coruñesa e a Cooperativa EléctricaCoruñesa.5 A fusión da SGGE coas dúas primeiras sociedades citadas,impulsadas polo Banco Pastor, permitira a construción da Central doTambre, que posta en marcha na segunda metade dos anos vinte e ampliada

Page 395: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a finais dos corenta, en que pasou a denominarse Embalse Barrié de laMaza, foi a máis importante central hidroeléctrica galega ata a posta enfuncionamento por Fenosa do salto das Conchas en 1949.Pero, a comezos dos anos trinta, as dificultades dos Riestra, banquei-

ros pontevedreses cunha interesante carteira industrial, permitiralle aPedro Barrié de la Maza iniciar un camiño propio nas relacións banca-industria, no que combinaría a súa enorme iniciativa persoal co apren-dido no seu período de formación alemá, cuxo exemplo de bancauniversal empregaría como modelo e que, andando o tempo, levaría ápráctica conversión do Banco Pastor no brazo bancario dun importantí-simo grupo industrial.A peza clave desta nova estratexia sería a constitución de Industrias

Gallegas, S.A., que se pode considerar, en palabras do profesor CarmonaBadía, o primeiro hólding empresarial da historia de Galicia. Constituídaen Pontevedra o 4 de decembro de 1933, Industrias Gallegas pasaba aagrupar unha parte importante dos activos industriais da familia Riestra,o que é dicir dúas fábricas de cerámica de construción, a pontevedresa daCaeyra, a monfortina do Castelo e unha de conservas situada en Marín;o seu Consello de Administración estaba copado polos irmáns RiestraCalderón, banqueiros e políticos de enorme raizame pontevedresa queeran titulares da totalidade do capital. Pedro Barrié de la Maza adquiriríaentón mil accións das 2100 de que constaba o capital do hólding, o quelle permitiría nunha Xunta Xeral Extraordinaria convocada inmediata-mente despois converterse en presidente do seu consello e adquirir o seucontrol. O estalido da guerra en 1936 ralentizaría o curso da estratexiaindustrial de Pedro Barrié, pero a partir do seu final Industrias Gallegasconverteríase nun dos piares da súa estratexia.En 1939 falece o primeiro presidente do Banco Pastor, Ricardo

Rodríguez Pastor, baixo testamento hológrafo feito na Coruña o 27 desetembro de 1934. Nel dispoñía que

[…] las acciones de Banco Pastor que poseo no sean vendidas ni pignora-das por mis herederos, sin ofrecer antes derecho de opción preferente aBanco Pastor, y que si a mi fallecimiento vive Don Pedro Barrié de laMaza, mis herederos le ofrezcan en venta, por lo menos un mil ochocien-tas treinta y cinco acciones de Banco Pastor, con objeto de que el Sr.Barrié posea la mayoría del capital del citado Banco.

395Pedro Barrié de la Maza

Page 396: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

396Empresarios de Galicia

6 O 15 de novembro de 1919 constitúese na Coruña a sociedade mercantil anónimaHullas del Coto Cortés, Minas de Cerredo y Anexas mediante escritura outorgada ante onotario Cándido López Rúa por Ricardo Rodríguez Pastor, Marcelino Blanco de la Peña,Antonio Cortés e Méndez-Bálgoma e Florencio Urioste y Taibo. O seu obxecto é a explota-ción das minas de carbón achegadas polo señor Cortés, situadas nos concellos de Cerredo,Degaña e Cangas de Tineo (Asturias).

De acordo con iso, a viúva e os herdeiros do causante allearon aPedro Barrié de la Maza 3534 accións do Banco Pastor—que sumou ás6666 que xa posuía—, das 10.334 que, na data do seu óbito, posuíaRicardo Rodríguez Pastor; deste xeito, quedou con 10.200 a viúva e osherdeiros de Ricardo con 6800. Desde ese momento Pedro Barrié con-vértese no accionista maioritario e, xa que logo, en presidente vitalicio doBanco, cargo que ostentaría ata o seu falecemento en 1971.A toma do control do banco por parte de Pedro Barrié de la Maza sig-

nificaba que este pasaba a ter as mans libres para a súa posta ao servizodunha ambiciosa estratexia industrial para Galicia. O novo presidente doBanco Pastor atopábase cun banco que combinaba o negocio comercialco control de tres relativamente modestos grupos de empresas; por unhaparte, as eléctricas ás que xa fixemos referencia; pola outra, algunhas dasempresas promovidas ou participadas polos banqueiros que o Pastorabsorbera na década anterior, tal como era o caso de Caleras de Valdeo-rras ou de La Toja, S.A., e, finalmente, algunhas empresas mineiras comoera o caso de Hullas del Coto Cortés.6 A partir destes elementos herda-dos Barrié enfrontábase a un problema que nunca se lles presentara aosempresarios galegos, o de como xestionar e financiar o crecemento dunauténtico grupo industrial. A súa formación alemá e o seu coñecementodo mundo dos negocios seríanlle de enorme utilidade á hora de procurarunha solución para o problema. A súa estratexia basearíase nos anosseguintes na creación de dúas sociedades de carteira, que en combina-ción co banco, se ocuparían do control, da xestión e do financiamentodas empresas industriais. O banco actuaría en todo caso, e como mínimo,como apoio financeiro do conxunto.A primeira sociedade de carteira foi a xa citada Industrias Gallegas,

que tras o traslado á Coruña da súa sede social en 1938 adquiriría as fá-bricas de galletas Rubianes (Pobra de San Xiao) e La Dulce Alianza, en

Page 397: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

397Pedro Barrié de la Maza

Acción INGASA.Fonte: Arquivo Histórico

do Banco Pastor

Page 398: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Sarria (1939), a fábrica coruñesa de Electrodos Mestas (1940), a conce-sión das minas de estaño e volframio de San Finx en Lousame e o apro-veitamento hidroeléctrico anexo (1941). En 1942 impulsaría a creaciónde Óptica Parmur, fábrica de cristais e monturas para lentes situada naCoruña e de CEDIE (Compañía Española de Industrias Electroquímicas),creada en 1942 en asociación con Joaquín Espinosa de los Monteros, An-drés García Blanco, Domingo López Varela e Antonio Bremón y Llanospara obter no Barco de Valdeorras, aproveitando as calcarias locais, di-versos produtos químicos a través do acetileno. Ao ano seguinte en Pas-cual Fariña y Cía, e en 1944 Aleaciones Especiales, S.A. e Viveros del Rial,unha sociedade esta última cos irmáns Ozores Saavedra para a explota-ción de viveiros destinados á cría de ostra e mexillón nas proximidades deVilagarcía, que xogaría un papel decisivo no desenvolvemento da miticul-tura galega. Nos tres anos seguintes entraría no sector agroalimentario através de Conservas Pompeán, que se dedicaría á elaboración de conservase á pasteurización láctea, así coma nalgunhas actividades relacionadas coahostalaría e coa construción. Dentro da primeira destaca a creación deFinisterre, S.A., unha empresa constituída na Coruña en agosto de 1945,na que Industrias Gallegas entraría da man dos promotores Emilio ReyRomero (SAINGA) e Armando Casteleiro Varela, que eran concesionariosde autorizacións para edificar os hoteis Embajador e Finisterre, así comaLa Solana. Con anterioridade Finisterre, S.A. arrendáralle á CompañíaInmobiliaria Metropolitana o Hotel Emperador en Madrid, situado naGran Vía, que desde entón utilizará Barrié como residencia nos seus des-prazamentos á capital de España, onde adoitaba estar as dúas últimassemanas de cada mes, deixaba así os cuartos que durante moitos anos re-servara no Hotel Ritz. Dentro das actividades relacionadas coa constru-ción hai que contar coa fundación de Inmobiliaria Gallega. A máis im-portante das iniciativas na que Industrias Gallegas participou por estesanos foi porén Fenosa, da que falaremos axiña e en cuxa fundación en-traría cunha terceira parte do capital.A segunda sociedade de carteira na que baseou a súa actividade in-

dustrial Pedro Barrié foi CEPICSA (Compañía Española de Publicidad eIndustrias Cinematográficas). Con sede social en Madrid e dedicada áprodución de películas propias e á distribución das de diversas produ-toras estranxeiras, Banco Pastor e Industrias Gallegas adquiren unha maioría

398Empresarios de Galicia

Page 399: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

399Pedro Barrié de la Maza

do seu capital no ano 1941. Sen abandonar o seu primitivo obxecto so-cial, CEPICSA vai engrosando rapidamente a súa carteira de participaciónsen diferentes empresas. Entre elas contaranse algunhas tan significativascoma PEBSA, La Toja, Tranvías de La Coruña e a propia Astano.O banco era obviamente o piar da estratexia empresarial de Barrié.

Contaba xa en vésperas da Guerra Civil cunha rede de sucursais en Ga-licia que practicamente abranguía todo o seu territorio, e ao ser a opciónindustrial e non a expansión do banco polo resto de España, a aposta deBarrié, o único que faltaba era a presenza no Madrid autárquico, ao quehabía que acudir e no que había que exercer a presión necesaria para que saíse adiante calquera tipo de negocio dun mínimo calado. En 1942,tres anos despois de facerse cargo da presidencia do banco ábrese a pri-meira oficina fóra de Galicia mediante a adquisición na capital deEspaña da Banca García Calamarte. Tamén se fixo o Pastor coa sucursalque tiña en Madrid a Banca Soler e Torra Hermanos, entidade catalá consede en Barcelona.O resultado deste proceso de creación e adquisición de empresas, e

iso á marxe da orixinalidade das estratexias de financiamento e organiza-ción do grupo, foi a constitución dun importantísimo grupo industrial, omáis importante na Galicia da autarquía. Moitas destas iniciativas tiveronunha dimensión limitada e un percorrido relativamente curto, nuns casospor estar demasiado ligadas a procesos de substitución de importacións enoutros por tratarse de iniciativas de vangarda situadas nun medio queofrecía poucas facilidades para elas. Desta forma, tras ofrecer malos resul-tados económicos foron abandonadas ou relegadas a levar unha vidaempresarialmente vexetativa co comezo da liberalización de finais doscincuenta. Pero outras traspasaron o ecuador de 1960 e constituíron nolongo prazo unha importantísima contribución ao desenvolvementoindustrial de Galicia. Dúas delas merecen, polo menos un breve comen-tario: Fenosa e Astano.A relación persoal de Pedro Barrié co sector eléctrico iniciárase en

1917 ao ser nomeado escrutador das contas sociais da Sociedad GeneralGallega de Electricidad, a primeira grande empresa eléctrica galega,constituída no ano 1900. En 1931, cando era xa vicepresidente vitalicioe director xeral do Banco Pastor, accederá ao consello da eléctrica porproposta do Sindicato de Banqueros de Barcelona. Seis anos máis tarde

Page 400: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

400Empresarios de Galicia

7 Viesgo participara na constitución en Oviedo, o 24 de abril de 1931, de Barras Eléc-tricas-Galaico Asturianas, S.A. (BEGASA), co obxecto da subministración eléctrica no occi-dente de Asturias e na provincia de Lugo.

acada a presidencia, na que se manterá ata a absorción da empresa porFenosa en 1955. No complicado medio da posguerra civil a SGGE queBarrié dirixe centrará a súa política na adquisición dun amplo grupo depequenas sociedades eléctricas galegas, que lle van permitindo á SGGEcontar cun mercado de distribución o máis amplo posíbel para as súasproducións propias.A culminación do seu legado empresarial foi Fuerzas Eléctricas del

Noroeste, S.A. (Fenosa ), a contribución máis importante de Pedro Barriéde la Maza ao proceso do desenvolvemento eléctrico de Galicia. Omotivo de que quixese crear unha nova eléctrica sendo como era presi-dente da SGGE, a máis importante de Galicia neses momentos, segura-mente se deba ao seu desexo de deixar unha obra empresarial propia –onegocio bancario herdárao–, de gran magnitude, co convencemento deque Galicia tiña os recursos naturais para producir máis enerxía ca o restode España e, sobre todo, á imposibilidade de realizar obras de ampliaciónou de construción de novos encoros por parte da SGGE tras o conveniosobre delimitación de zonas de distribución e intercambio de enerxía asi-nado en 1931 coa compañía cántabra Electra del Viesgo.7 Para evadir esecompromiso Pedro Barrié compra en 1941 a concesión do salto das Con-chas a través do Banco Pastor, posto que non podía facelo a SGGE que elmesmo presidía, e dous anos máis tarde, a través do seu propio banco, daempresa Industrias Gallegas, S.A. —que tamén el presidía— e coa cola-boración de Hijos de Olimpio Pérez, crea unha nova eléctrica máis fortee non dependente de acordos previos á que poñería como razón socialFuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A.Fenosa constituíuse como sociedade anónima mediante escritura ou-

torgada en Vigo o 23 de agosto de 1943 por Pedro Barrié de la Maza, enconcepto de presidente e director xeral do Banco Pastor; por MarcelinoBlanco de la Peña, en representación da casa bancaria compostelá de Hijosde Olimpio Pérez, e por Andrés Pardo Hidalgo, en representación deIndustrias Gallegas, S.A. O seu capital inicial foi de cinco millóns de pe-setas e o seu obxecto social a «explotación de negocios de produción e dis-

Page 401: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

401Pedro Barrié de la Maza

Inauguración do salto dasConchas, 16 de setembro1949. O segundo polaesquerda, a dereita dun

Franco uniformado, é PedroBarrié de la Maza. O únicocivil de traxe de cor clara é

Juan Antonio Suances, o ferrolán fundador e presidente do InstitutoNacional de Industria.

Fonte: Arquivo Histórico doBanco Pastor

tribución de enerxía eléctrica e demais que libremente decida». No ac-tivo inicial da nova empresa inclúese xa a concesión do salto das Conchas,no río Limia, achegada polo Banco Pastor así coma as obras xa realizadasnel por conta de Industrias Gallegas e Hijos de Olimpio Pérez.8 A pri-macía do Banco Pastor na nova empresa facíase evidente non só no feitode que na práctica controlara os dous terzos do capital, pois Industrias, enrealidade, pertencíalle ao propio banco, senón tamén en detalles como opropio domicilio social nas oficinas coruñesas do Cantón Pequeno, nú-mero un, que o eran do banco ou na presidencia e composición do con-sello de administración da eléctrica.

8 A concesión administrativa para o aproveitamento hidráulico do salto das Conchasfora outorgada a nome de Ricardo Rodríguez Pastor, por disposición do Ministerio de ObrasPúblicas do 9 de maio de 1934. O Banco Pastor adquirírallela aos herdeiros de Ricardo o 5de xullo de 1941.

Page 402: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Durante a súa longa presidencia (1943-1971) á fronte da eléctricagalega, Pedro Barrié conseguiu imprimirlle á empresa un ritmo de crece-mento espectacular, que a situaría axiña no selecto grupo das grandeseléctricas españolas agrupadas en UNESA. A empresa coruñesa ingresa-ría nela en 1951 e o propio Pedro Barrié converteríase no seu presidentedurante os anos 1955 a 1959.9 Fenosa ocupa un lugar de honor na histo-ria empresarial de Galicia non só en termos de dimensión relativa, poisfoi a empresa galega que acadou a posición máis alta no conxunto dasespañolas, senón tamén pola súa contribución ao desenvolvementoindustrial de Galicia e polo valor das obras de enxeñaría que realizou,que marcaron fitos na historia da construción hidráulica.10 O citado saltodas Conchas, a primeira grande obra de Fenosa, significou o final das res-tricións eléctricas na área de Vigo, e constituíu unha das bases para a con-solidación da cidade olívica como capital industrial de Galicia. Doceanos despois da constitución de Fenosa, en 1955, inauguraríase o seusegundo grande encoro, o dos Peares, con asistencia do xeneral Franco,arcebispo de Santiago e os ministros de Obras Públicas e Industria.Impresionado o propio Franco pola obra inaugurada concederalle aospoucos días a Pedro Barrié de la Maza, o 1 de outubro de 1955, o títulode conde de Fenosa,

[…] por su inteligente laboriosidad, su constante iniciativa creadora deriqueza, desarrollada principalmente en la región gallega, y por su gene-rosidad, impregnada de sentido cristiano, se ha hecho digno del reconoci-miento nacional.

A partir dese momento, igual que fixera a SGGE, Fenosa tamén con-tinuaría absorbendo pequenas empresas eléctricas galegas ao mesmotempo que construiría novas e grandes centrais hidroeléctricas. Destexeito consolidábase como a grande empresa produtora e distribuidora deenerxía de Galicia.

402Empresarios de Galicia

9 UNESA (2005).10 O encoro do Eume, construído en 1959, foi o primeiro construído en España

mediante o sistema de cúpula. O de Belesar, inaugurado o 10 de setembro de 1963 incor-poraba un encoro de bóveda de 130 metros de altura sobre cimentos que representou unfito da enxeñaría civil española.

Page 403: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

403Pedro Barrié de la Maza

Ao lado de Fenosa, a outra grande empresa que Pedro Barrié impul-sou ata convertela nun referente internacional, foi Astilleros y Talleres delNoroeste. S.A. (Astano). A compañía domiciliada en Perlío (Fene), quefora creada en 1941 como sociedade de responsabilidade limitada cuncapital de 2 millóns de pesetas por José María González-Llanos Carun-cho e por un grupo de técnicos e empresarios ferroláns, pronto se atopousen os recursos suficientes para cubrir o seu obxecto social, o que levou asúa dirección a solicitar a entrada do Instituto Nacional de Industria.Antes de que este dese unha resposta definitiva, Pedro Barrié adiantouse,e propuxo a conversión da empresa en sociedade anónima e a entrada deIndustrias Gallegas en posición maioritaria, o que se levou á práctica en

Encoro de Belesar.Fonte: Arquivo Histórico

do Banco Pastor

Page 404: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

xullo de 1944. El mesmo se incorporou á presidencia do seu consello deadministración en 1948. A partir deste momento a sociedade experimen-tou unha grande expansión que repercutiu nas ampliacións das instala-cións e no aumento do tamaño dos buques construídos (por exemplo, ospetroleiros Ildefonso Fierro, Ceuta, Pablo Garnica). Foi o primeiro esta-leiro do mundo capaz de construír buques de 300.000 TM e o primeiroen facelo sobre planos inclinados, non en dique seco como facían asfábricas da competencia. A botadura en 1972 do maior superpetroleirodo mundo (325.000 toneladas), o Arteaga, supuxo un fito na historia daconstrución naval: foi o maior buque do mundo construído sobre planoelevado. Na cerimonia de botadura lembrouse a Pedro Barrié, falecido oano anterior, como o facedor do desenvolvemento naval de Astano. Dos3000 metros cadrados cos que contaba o estaleiro en 1941 pasou a ter800.000 en 1972, contaba nese ano con cinco planos inclinados de cons-trución para buques de 500.000 toneladas, e cun cadro de persoal duns6000 empregados fixos.Astano significaba a asunción dun forte risco, pois Barrié coñecía ben

o carácter cíclico da demanda naval, e igual ca outros construtores navaisgalegos e internacionais tratou de xerar a través da promoción de empresasdemandantes das súas embarcacións un elemento de estabilización dociclo. Foi este o sentido da creación, tamén dentro do grupo do BancoPastor e dos hóldings citados, de PEBSA (Pesquerías Españolas del Ba-calao, S.A.) e de Copenave (Coruñesa de Pesca y Navegación). A primeiradestas empresas, creada en Salamanca en 1938, pasou á órbita do BancoPastor a comezos dos corenta, converteuse cun encargo de catro grandesbacallaeiros realizado en 1945 no principal cliente do estaleiro durante adécada. PEBSA, que nos seus primeiros momentos empregaba as instala-cións de terra dunha empresa viguesa, iniciaría en 1956 as xestións paraconstruír unha factoría bacallaeira no peirao do leste do porto coruñésque ocuparía unha superficie de 5000 metros cadrados e que sería inau-gurada en 1960, de xeito que se consideraría entón como a máis modernade Europa. Copenave constituiríase en 1952 e tanto ela mesma coma Pes-querías del Noroeste, en cuxo accionariado dominaban outros socios deAstano e que finalmente sería absorbida por ela, contáronse entre os prin-cipais clientes da década seguinte. Con algún grao de integración verticalen relación co estaleiro tamén se pode considerar outra das empresas im-

404Empresarios de Galicia

Page 405: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

pulsadas por Pedro Barrié na área ferrolá como foi FENYA (FabricaciónsEléctricas Navales y Artilleras), que entre outros produtos desenvolveu di-versa maquinaria auxiliar e material de cuberta para a construción naval.Esta última chegou a acadar os trescentos empregados.A diferenza das outras dúas grandes empresas eléctricas que pasaron

a compartir a explotación dos recursos hidráulicos galegos a partir dosanos finais da década de 1940, a pretensión da empresa eléctrica que pre-sidía Pedro Barrié de la Maza era a de vender a enerxía producida nomercado galego. O obxectivo de acabar cos apagóns quedou xa cumpridoen 1949 coa inauguración do encoro das Conchas e nos anos seguintes aapertura do de Belesar permitíalle xa a Fenosa participar no contratocolectivo de exportación de electricidade a Francia subscrito en 1955.Previstas xa por aquel entón outras grandes centrais como a de Belesar,Barrié tomou como obxectivo a creación de industrias intensivas en ener-xía nas proximidades das súas estacións de transformación, que lle permi-tisen a Galicia compensar nalgunha medida os custos sociais que aconstrución dos encoros viña xerando.Deste xeito, comezaría Barrié conversas contra 1957 con grupos

internacionais especializados en sectores intensivos en enerxía, na pro-cura de socios tecnolóxicos para a súa instalación no proxectado polígonode Agrela. Resultado destes intentos foi o acordo coa multinacional fran-cesa Pechiney, un dos grandes grupos mundiais no ámbito do aluminio,para a constitución de Aluminio de Galicia, S.A., e de Grafitos Eléctricosdel Noroeste. Estas dúas empresas, que serían as dúas grandes iniciativasdo presidente do Banco Pastor na década de 1960, comezaron a traballaren 1961 e 1962 respectivamente. Durante máis dunha década converté-ronse nas principais consumidoras de enerxía de Galicia. A produción deeléctrodos de grafito, na que Genosa foi a única fábrica española da espe-cialidade durante máis dunha década, era unha vella aspiración deBarrié, que xa entrara neste negocio nos anos corenta, cando adquiriuunha pequena fábrica existente na Coruña, Electrodos Mestas, que nondera máis ca desgustos. Agora, coa asistencia técnica de Pechiney, cum-príase un vello soño. Outra das empresas que se instalaron no Polígonode Agrela por aqueles anos foi Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa), cunconsumo eléctrico elevado, aínda que moi lonxe das dúas citadas. Fun-dada en 1958 por enxeñeiros que traballaban para Pedro Barrié en

405Pedro Barrié de la Maza

Page 406: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Fenosa, a necesidade de entrada de capital pola forte crise que atravesabafixo que recorreran a el para evitar o despido dos aproximadamente 700traballadores da factoría. A incursión do grupo Banco Pastor na sociedadelevouse a cabo a través do capital de FENOSA, CEPICSA e INGASA,aínda que Barrié non aceptou ningún cargo directivo na empresa.Sen dúbida, os anos sesenta foron o punto álxido do grupo industrial

impulsado por Pedro Barrié de la Maza. Contaba contra 1960 con pretode 7000 traballadores nas súas fábricas de Galicia, preto de quiñentas nopropio Banco e preto de mil se incluímos o resto das empresas de servi-zos do grupo. Dez anos máis tarde, cando en 1971 falece Pedro Barrié, osempregos industriais pasaban de 10.000 e os do conxunto das empresasde servizos dos dous mil. Dúas das súas empresas, Astano e Fenosa, enca-bezaban a clasificación das maiores empresas galegas. O Banco Pastor,que no momento da súa incorporación a el era un pequeno banco local,convertérase no máis importante dos bancos rexionais españois, pordiante doutros da tradición do Banco Herrero ou da propia Banca Cata-lana; no conxunto da banca española ocupaba polo volume dos seusrecursos o posto número doce.11Pedro Barrié tivo moi prioritariamente a Galicia como ámbito da súa

actuación empresarial. No campo bancario rexeitou múltiples cantos desirena para integrarse en varios procesos de concentración que o levaríana perder a súa sede coruñesa. Neste último sentido, mantivo alianzas acurto e medio prazo co Banco Español de Crédito e co Banco de Santan-der pero sempre se opuxo a perder a independencia e o carácter galego.No ámbito industrial, desenvolveu actuacións importantes noutras partesde España, pero en todo caso a inmensa maior parte do seu investimentoproduciuse en Galicia. Entre os seus investimentos fóra dela tiveronimportancia, as de MZOV, Cubiertas y Tejados, Minero Siderúrgica dePonferrada, Parma, S.A., FECSA e a Compañía Madrileña de Alumbradoy Calefacción por Gas, S.A. —sociedade de carteira, que ademais de tera maioría en Gas Madrid, S.A., posuía tamén participacións noutrasempresas—. A súa incorporación á Madrileña debeuse a que FábricasCoruñesas de Gas y Electricidad, empresa que logo se integraría na SGGE

406Empresarios de Galicia

11 López Prado (1988).

Page 407: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

e, con ela, finalmente en Fenosa, adquirira pouco antes da Guerra Civilunha importante participación no seu capital. Barrié foi nomeado vice-presidente de Gas Madrid en 1946 e presidente da Madrileña ao anoseguinte. O Banco Pastor financiou boa parte dos plans de expansión dasdúas empresas durante estes anos, e Pedro Barrié capitaneou por exem-plo a transición de Gas Madrid desde a tradicional gasificación do carbónata a fabricación de gas manufacturado empregando as técnicas e as ins-talacións máis modernas dispoñíbeis a partir de naftas non carburantesderivadas do petróleo.12 De novo, a súa visión de futuro e unhas moder-nas formulacións empresariais levaron á consolidación da empresamediante a construción dun novo centro de produción na zona norte deMadrid —máis tarde situado no lugar de Manoteras— que viría a substi-tuír a antiga fábrica de Puerta de Toledo e converter os terreos destanunha urbanización que permitise recuperar os fondos investidos na cons-trución da nova fábrica. Durante a súa presidencia negociouse co Con-cello de Madrid a cancelación do antigo contrato de iluminación pública,que supoñía a reversión dos bens e terreos industriais ao Concello o 22de xuño de 1964. En 1965 consegue cancelalo por 215 millóns de pese-tas, o que permitiu o posterior desenvolvemento da sociedade sen a amea -za desta reversión.Pedro Barrié foi así o empresario galego con máis proxección e

influencia no conxunto español, e iso malia que o seu ámbito de actua-ción fora esencialmente Galicia. Ademais de presidente de Unión Eléc-trica Española (UNESA), foi conselleiro do Banco de España e do Bancode Crédito Local —cargos dos que tivo que cesar en 1968 en virtude daLei de incompatibilidades— e membro do Consello Superior Bancario.Tal e como indicamos, aínda que Pedro Barrié desenvolveu iniciativas

en toda España, Galicia foi sen ningunha dúbida a prioridade da súa ac-tividade investidora. No interior de Galicia podería predicarse algo seme-llante. Aínda que a súa actividade se estendeu polas catro provincias, oseu nacemento e residencia coruñesa determinárono a concentrar alí unhaparte relevante da súa actividade empresarial e a exercer unha importante

407Pedro Barrié de la Maza

12 En 1964 o Ministerio de Industria recomendou a súa utilización para absorber osexcedentes dese produto que tiñan as refinarías españolas.

Page 408: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

408Empresarios de Galicia

influencia na vida económica local. Neste sentido, e durante máis de co-renta anos o conxunto dos servizos públicos locais identifícanse coa súafigura empresarial. Os coruñeses recibían a auga, a luz e o transporte deempresas participadas máis ou menos maioritariamente polo Banco Pastore presididas por Pedro Barrié de la Maza. Cando embarcaban para Amé-rica ou cando saían pescar facíano desde os peiraos e alboios dunha Juntade Obras del Puerto, que el mesmo presidía. Foi conselleiro de Aguasde La Coruña desde 1919 ata 1939, ano este último no que accede á pre-sidencia desta sociedade por falecemento do seu tío Ricardo, na que semantería ata as vésperas da súa municipalización en 1967. Foi presidenteda Compañía de Tranvías desde 1916 ata 1971 na que o grupo empresa-

O ministro de Industria,Gregorio López Bravo, visitaASTANO acompañado dePedro Barrié de la Maza.1964. Fonte: Arquivo Históricodo Banco Pastor

Page 409: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

409Pedro Barrié de la Maza

13 Padín (1988).14 González Catoira (1990).

rial constituído por Banco Pastor, Industrias Gallegas e CEPICSA mantivoparticipacións de arredor do 90% do capital. Á súa vez a Compañía deTranvías promoveu, baixo o pulo de Pedro Barrié, a empresa TrolebusesCoruña-Carballo, S.A., creada en 1942, que foi a primeira liña interur-bana de trolebuses concedida en España e a primeira estrada electrificada.Contaba con doce troles tipo MAN-AEG, importados de Alemaña, perocarrozados nunha fábrica de Barro Chavín (Viveiro), que se converteronnos troles máis famosos de Galicia. En 1964 a empresa foille vendida aJosé Páramo, propietario de Transportes Finisterre.Exerceu desde 1944, e ata o seu falecemento, como presidente da

Junta de Obras del Puerto e logrou durante o seu mandato melloras sig-nificativas como a construción do dique de Abrigo, o porto pesqueiro, opeirao das Ánimas, novos equipamentos e almacéns e o edificio para sededa Junta. A súa posición de procurador en Cortes por designación directado xefe do Estado e a súa proximidade a este último e aos seus máis direc-tos colaboradores, especialmente ao almirante Nieto Antúnez,13 permití-ronlle exercer unha notábel influencia a prol da súa cidade en variosmomentos decisivos para a súa historia económica, tal como ocorreu coaconcesión á Coruña da refinaría de petróleos en 1962 —en dura compe-tencia con Bilbao— a pesar de que non tiña ningunha participación naempresa, ou a creación do aeroporto de Alvedro.O seu labor á fronte do grupo empresarial e a súa presenza noutros

ámbitos valeulle unha infinidade de distincións e condecoracións, tantoen vida coma a título póstumo. Destacaremos só algunhas delas comoforon a Gran Cruz de Isabel a Católica, Gran Cruz do Mérito Naval, GranCruz de Beneficiencia, Gran Cruz do Mérito Civil, Gran Cruz da Ordede Malta, Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo —a que máis esti-maba14—, etc. No ámbito universitario foi investido como doutor honoriscausa pola Universidade de Santiago, en recoñecemento ao seu apoio ácreación de novos centros nos que por aquel entón se denominaban co-lexios universitarios de Vigo e da Coruña.

Page 410: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Tras catorce anos de viuvez contraerá matrimonio novamente o 16 dedecembro de 1966 coa filla do seu curmán Vicente Arias de la Maza, Car-mela Arias Díaz de Rábago. Pouco antes de tal evento, o 5 de novembrodo mesmo ano, e seguindo o ronsel filantrópico do seu pai Pedro BarriéPastor e do seu tío avó José Pastor Horta, tomara unha decisión pioneirano noso país e moi pronto imitada por outros. Tratábase da constitucióndunha fundación, seguindo o modelo dalgúns magnates norteamericanos,destinada

[…] la satisfacción gratuita de necesidades intelectuales, morales y físicasy, dentro de este amplio enunciado, promover, fomentar y sostener lainvestigación, la ampliación de estudios superiores, la concesión de auxi-lios económicos para enseñanzas y carreras, incluso la sacerdotal; sosteni-miento y auxilio de obras asistenciales docentes, sociales y de toda índolepara personas económicamente necesitadas, con preferencia las estable-cidas en la región gallega.

O 14 de marzo de 1971 falece Pedro Barrié no seu domicilio do Can-tón Pequeno aos 82 anos, vítima dunha trombose cerebral. Fiel ao seuespírito austero quixo que na súa necrolóxica só figurase o seu nome, sentítulos, nin sequera o de conde de Fenosa. Sen descendencia directaPedro Barrié estipulaba no seu testamento15 que a Fundación por el crea -da fose a depositaria da súa herdanza tras declarala herdeira universal aoseu falecemento, sen o prexuízo da lexítima da súa esposa. Dotou a Fun-dación cun capital de 3300 millóns de pesetas, representado por unhapequena cantidade en metálico e, sobre todo, polas súas accións doBanco Pastor, Industrias Gallegas, S.A., Banco Español de Crédito, Com-pañía Española de Propaganda, Industria y Cinematografía, S.A., Pesque-rías Españolas de Bacalao, S.A., Compañía Española de IndustriasElectroquímicas e Fuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A.Ao falecemento de Pedro Barrié, a súa viúva, Carmela Arias Díaz de

Rábago, pasa a ocupar a presidencia do Banco, de Fenosa, de Sobrinos deJosé Pastor, Ltd., etc, e da Fundación Pedro Barrié de la Maza –cargo quesegue ocupando na actualidade. A Fundación, que segue sendo o princi-

410Empresarios de Galicia

15 Outorgado o 26 de outubro de 1967 ante o notario da Coruña, Manuel Otero Peón.

Page 411: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Fontes documentais

Arquivo Histórico do Banco Pastor

411Pedro Barrié de la Maza

Bibliografía

Arroyo Martín, J. V. (1999): La banca pri-vada en la cornisa cantábrica entre 1920y 1935, Bilbao, Archivo Histórico BBVA.

Carmona Badía, X., e J. Nadal Oller(2005): El empeño industrial de Galicia.250 años de historia, A Coruña, Funda-ción Pedro Barrié de la Maza.

González Catoyra, A. (1990): Biografíascoruñesas, Fundación Caixa Galicia, p.76-79.

López Prado, A. (1988): «Don Pedro Ba-rrié de la Maza, prestigioso financiero»,Revista del Instituto José Cornide de Es-tudios Coruñeses, núm. 24.

pal accionista do Banco Pastor, é, polo seu patrimonio, acrecentado en1981 pola doazón da práctica totalidade da fortuna da súa presidenta, epola súa traxectoria, unha das máis importantes de Europa no seu xénero,realizou importantísimas contribucións ao progreso de Galicia no ámbitoda educación, da investigación, da cultura e dos servizos sociais.

Martínez, A. (ed.) (2004): Aguas de la Co-ruña 1903-2003. Cien años al servicio dela ciudad,Madrid, Lid.

Meijide Pardo, A. (1968): «Un capitán deindustria en la Galicia del Antiguo Régi-men», Anuario de Historia Económica ySocial, núm. 1, páxs. 461-522.

Padín, A. (1988): «En los cien años del pró-cer coruñés Don Pedro Barrié de laMaza», Revista del Instituto José Cornidede Estudios Coruñeses, núm. 24.

UNESA (2005): El sector eléctrico a través deUNESA, 1944-2004,Madrid, Unesa.

Page 412: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

GASPAR MASSÓ GARCÍA1892-1991

Page 413: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Luisa Muñoz AbeledoProfesora da Universidade de Santiago

O GRAN PATRÓN DA INDUSTRIAPESQUEIRA E CONSERVEIRA

Gaspar Massó García naceu en 1892 en Bueu e morreu en Vigo en1991. O seu apelido forma parte dunha longa saga de empresarios datransformación de peixe, os Massó, cuxa orixe se remonta a principios doséculo XIX na vila pontevedresa de Bueu, na costa do sur de Galicia.1 Afamilia Massó proviña de Blanes e constituía un exemplo paradigmáticodo que se denominou a diáspora mercantil catalá, a cal supuxo o despra-zamento dun número importante de mariñeiros, comerciantes, marchan-tes, que se foron situando en diferentes prazas da xeografía hispana; unhadas zonas de orixe era a franxa costeira de Cataluña.2 Así, a familia Massóera unha das moitas familias de propietarios dos almacéns de salgaduraque proviñan da costa mediterránea e que se instalou na costa galega

1 Debo agradecerlle a Tomás Massó a súa inestimábel axuda na elaboración da biografíado seu tío Gaspar Massó. Tomás Massó non só me facilitou datos sobre a vida da empresaMassó Hermanos S.A. e sobre a xestión desta, senón que tamén abriu a porta a algúns as-pectos familiares destes emblemáticos empresarios da industria conserveira galega. Taméndebo agradecerlle ao profesor Xoán Carmona o encargo de facer esta biografía e as suxestiónspara mellorar este texto. Se existe algún erro nel, a responsabilidade é tan só a miña.

2 A expansión do comercio catalán do século XVIII superou os límites rexionais esupuxo a aparición de colonias de negociantes do principado en áreas xeográficas afastadase repartidas polo resto de España e colonias. Torras e Yun (1999).

Gaspar Massó na súamadurez, ano 1961.

Cortesía de Tomás Massó

Page 414: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

entre finais do século XVIII e primeiros anos do século XIX. Concreta-mente, a compañía familiar de salgaduras fundouse no año 1816 na vilamariñeira de Bueu. Despois de toda una centuria de experiencia comosalgadores, na década dos oitenta, concretamente no ano 1883, os Massólevaron a cabo a transición da salgadura á conserva hermética de peixe.O 24 de xullo de 1883, o avó de Gaspar Massó García, é dicir Salva-

dor Massó Palau, animado polos seus fillos Gaspar e Salvador Massó Fe-rrer, decidiu trocar a súa industria de salgaduras en fábrica de conservasde peixe. Para iso púxose de acordo cun empresario francés, PascualDargenton Lafont e dispuxeron fundar unha sociedade colectiva de ca-pital mixto, La Perfección. O obxectivo principal desta compañía era a comercialización por xunto de sardiñas en aceite e doutros peixes e apartir de aí fíxose extensivo á fabricación de latas. Dargenton e Massóachegarían cada un a metade do capital social. Mentres que Dargentonachegaba capital monetario e humano (técnicos que adestrasen os tra-balladores galegos), nova tecnoloxía e o mercado francés; Massó e Hijosproporcionaron capital monetario, infraestrutura e xestión da nova fá-brica creada, La Perfección. Esta empresa conserveira disolveuse en1898 e pasou a converterse en regular colectiva xa con capital autóc-tono; os socios fundadores foron os irmáns Gaspar e Salvador Massó Fe-rrer, pois o seu pai falecera en 1886. A nova compañía, operou sobre asbases da anterior, dedicouse á produción de conservas e salgas de peixe,compra e venda de fariñas, redes, e á fabricación de toda clase de arte-factos de pesca.A historia desta empresa e dos seus xestores reflicte, en parte, a evo-

lución do sector conserveiro español, o cal se conformou como industriano período comprendido entre os anos oitenta do século XIX e o primeiroquinquenio do século XX.3 Desde a súa fase de formación, a actividadeconserveira estivo xeograficamente concentrada no suroeste da rexióngalega, especialmente nas Rías Baixas, onde na primeira década doséculo XX se situaban o corenta por cento das empresas. Estas eran, poloxeral, pequenas e de carácter familiar. As maiores firmas conserveirasgalegas non pasaban de ser medianas se as situamos no contexto xeral da

414Empresarios de Galicia

3 Carmona Badía (1985).

Page 415: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

empresa española, pois non estaban entre as duascentas primeiras, perosi eran grandes empresas dentro da rexión.4 A forma adoptada por estascompañías foi sobre todo a de sociedade mercantil regular colectiva e deresponsabilidade limitada, só catro eran sociedades anónimas antes daGuerra Civil. Precisamente unha delas foi a empresa Massó, que se disol-veu como sociedade mercantil en 1930, para pasar a ser sociedade anó-nima. Esta firma familiar mantivo sistemas de sucesión e financiamentointernos, durante o primeiro terzo do século XX, sen que isto impedise oseu dinamismo tecnolóxico e a integración competitiva no mercadointernacional.5 En toda esta etapa a empresa foi dirixida polos irmánsGaspar e Salvador Massó Ferrer, os cales levaron a cabo, como outrosempresarios do sector, procesos de integración vertical, especialmente nadécada dos vinte, grazas aos beneficios extraordinarios xerados durante aPrimeira Guerra Mundial.6 Concretamente, a empresa Massó investiuestas ganancias na creación dunha nova fábrica de transformación depeixe en Bueu, á que se sumou un novo taller de manufactura de latas ea construción de diferentes embarcacións de vapor con tecnoloxía anglo-saxona: os barcos denominados Massó 5, construído en 1916, Massó 6 doano 1918, o Independiente, o Nuevo Silvestre e o Colón en 1920. A esteshai que engadir unha lancha motora, construída no ano 1925, e o Blanes,do ano 1927, que foi o primeiro sardiñeiro de motor da rexión.Seguindo a pauta do sector conserveiro, orientado á exportación, a

empresa Massó comercializou as súas múltiples marcas (Massó, Kairel,El Porrón, Gaviota, Massó Brand) de diferentes calidades no mercadoexterno. En América, Estados Unidos, Arxentina e Chile estarían os seusprincipais clientes; pero tamén comercializaría os seus produtos enEuropa, especialmente en Francia. Como froito da boa marcha da em -presa nos anos vinte, a familia Massó realizou múltiples investimentos endistintos negocios, entre os que destacan os Tranvías Eléctricos, tanto de

415Gaspar Massó García

4 Carmona Badía e Fernández González (2001). As grandes empresas españolas enCarreras e Tafunell (1993).

5 Casson (2000). Colli, (2003).6 A integración vertical prodúcese cando unha empresa incorpora algunhas activida-

des relacionadas co propio proceso produtivo ou con actividades auxiliares. Chandler(1996). Carmona Badía (1994).

Fotografía da páx. seguinte:Interior da nova fábrica deconservas Massó de Bueu

inaugurada en 1926. Nótese que a cartela que

aparece en primeiro plano ádereita inclúe a versión

galega do texto. Circa 1930. Arquivo José

María Massó

Page 416: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 417: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 418: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Vigo coma de Pontevedra, a Molinera Gallega, accións no Banco de Vi -go e na Compañía General de Carbones de Barcelona.Non só contribuíron á expansión da compañía os irmáns Massó Fe-

rrer, senón que nos anos vinte se incorporou a traballar na empresa unhanova xeración de xestores, concretamente os fillos de Gaspar Massó Fe-rrer. Deles, Gaspar foi o primoxénito. Naceu en Bueu no ano 1892. A elseguírono outros tres irmáns, dous homes, José María e Antonio, e unhamuller, Montserrat. Todos os irmáns pasaron a súa infancia e xuventudena vila de Bueu, onde se situaban a casa e a fábrica familiares. GasparMassó García e os seus irmáns foron educados para traballar na empresa,o cal non era raro nas familias de conser-veiros. Así, Gaspar e José M.ª formáronsecomo peritos industriais en Vigo e o seuirmán pequeno, Antonio, estudou comerciona Universidade de Deusto. Pero Gaspar,ademais, completou os seus estudos en Bél-xica nos anos vinte, á volta dos cales come-zaría a traballar na empresa. Mentres que asociedade funcionou coa participación di-recta dos irmáns, tanto Montserrat —casadaen Barcelona cun parente afastado, SantiagoBolibar— coma as fillas do tío, SalvadorMassó Ferrer, herdaron propiedades e par-ticipación na sociedade. Os irmáns Massó, ademais de levar con-

xuntamente a compañía de Bueu, nas súasrelacións persoais coincidiron coas fillasdunha tradicional familia de salgadores, osBolibar, de tal forma que a finais da década,no ano 1929, Gaspar e José María contrae-ron matrimonio coas irmás Amalia e Ánge-les Bolibar Sequeiros respectivamente; estesmatrimonios entre familias de conserveirose salgadores foron moi comúns ao longo dosdous últimos séculos, practicamente desdeo seu estabelecemento nas costas de Gali-

418Empresarios de Galicia

Gaspar Massó nos seusanos mozos. Cortesía deTomás Massó

Page 419: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

cia.7 No que se refire á participación dos irmáns Massó na empresa,durante os anos vinte o cometido máis importante foi a construción dunhanova fábrica, máis moderna, que contaba cun novo taller de construciónde envases e que foi inaugurada en 1926. Na construción desta partici-pou activamente José María, foi proxectada por Jacobo Esténs, e construí -da por Hijos de J. Barreras S.A.A principios dos anos trinta, acompañando o cambio de forma em-

presarial de regular colectiva a sociedade anónima, Gaspar Massó Garcíaasumiu un maior protagonismo na xestión da empresa familiar. Concre-tamente, foi nomeado director xerente en 1931 polo consello de adminis-tración, mentres que os seus irmáns, José M.ª e Antonio, ocuparon oscargos de vicepresidente e secretario respectivamente, e o seu tío Salva-dor Massó Ferrer, xa ancián, sería nomeado presidente. En 1934 José M.ªMassó pasaría a ser presidente da compañía mentres que Gaspar Massóreconfirmaba o seu cargo de director xerente.8 Entre as súas atribuciónsestaban a dirección de todos os estabelecementos da empresa (oficinas,talleres, fábricas), do persoal e mesmo a supervisión última da correspon-dencia, da compra de materias primas, a disposición de obras e constru-cións, a adquisición de inmóbeis, contratación de hipotecas e présta-mos, etc. Durante a Guerra Civil, concretamente en 1936, Gaspar Massó pasou

a ocupar a presidencia da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia.En 1940 deixa a presidencia que pasou a ser ocupada por outro fabricante,Adolfo Quirós, e, en 1943, cando era presidente Antonio Alfageme Busto,pasou a ser vogal da xunta directiva da asociación de conserveiros gale-gos.9 Máis tarde, no ano 1948, exerceu o cargo de vicesecretario da Unióne en 1949 pasou a ser contador dela.

419Gaspar Massó García

7 Estes empresarios cataláns non só se mantiveron emparentados entre si durante xera-cións, sen perderen o contacto coas súas familias nin co seu lugar de orixe, senón quereconstruíron os seus hábitos culturais e empresariais na rexión de destino, exerceron opapel de elite social nas poboacións costeiras nas que se asentaron. Muñoz (2002).

8 Rexistro Mercantil de Pontevedra, (en adiante RMP), Memoria mercantil da empresaMassó Hermanos, S.A., asento 17.

9 Industria Conservera, núm. 50 (1943), 5.

Page 420: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Con Gaspar Massó como xerente, a empresa Massó Hermanos S.A.viviu unha etapa de grande esplendor. Os anos da Guerra foron eufóri-cos en canto a vendas, pois as conserveiras galegas serviron as súas submi-nistracións aos lugares ocupados polos nacionais. A empresa Massóseguiu a súa ampliación, tanto das instalacións da empresa coma donúmero de barcos. En primeiro lugar, a idea de construír outra fábrica enCangas xorde porque un salgador italiano instalado nesa poboación,Paganini, entrou en quebra e o Banco de Roma mantivo negociaciónscoa familia para que adquirisen a fábrica do italiano. Como esta erapequena e de salgaduras, rematou servindo como almacén. Pero adquirí-ronse varios terreos á beira dos que se lle mercaron ao Banco de Roma econstruíuse un magnífico complexo conserveiro en Cangas. A fábrica foiproxectada polo enxeñeiro Tomás Bolibar Sequeiros, o seu cuñado. Foiunha das primeiras grandes construcións de formigón armado, ademaisdunha das maiores e máis modernas de Europa no seu xénero. Naceucoa intención de integrar as actividades do momento: unha fábrica deconservas, unha de envases máis moderna e grande cá de Bueu, e taménvaradoiros para reparacións tanto da frota pesqueira propia coma allea. Oestabelecemento contaba tamén con cámaras frigoríficas, o que consti-tuíu unha gran novidade na época, un gran taller mecánico para mante-mento de maquinaria de barcos e fábricas, e, ademais, instalaciónsprodutoras de fariña e aceite de peixe. Para a construción dun varadoiroe instalacións frigoríficas na zona de Balea, contigua á fábrica de Cangas,Gaspar Massó solicitou, como outros fabricantes de conservas, un prés-tamo do Banco de Crédito Industrial no ano 1950.10A empresa Massó, que contaba coa colaboración dun bo equipo téc-

nico e humano, desenvolveu tecnoloxía propia e adaptou tecnoloxía puntadoutros países. Nas décadas centrais do século XX patentáronse máquinas,prensas de fabricación de envases, deseño de instalacións de fábrica, novossistemas de fabricación de conservas. As patentes de Massó déronlle áindustria galega un recoñecemento internacional, pois non só foron co-mercializadas en España, senón tamén exportadas a Europa. De entre

420Empresarios de Galicia

10 RMP, Memoria mercantil da empresa Massó Hermanos, S.A., asento 30.

Page 421: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

estas patentes, as máis relevantes foron as canles de eviscerado e os fornosde cocción continua que permitiron aumentar o rendemento e mellorara produción.11 As canles Massó de eviscerado aliviaron as operacións dedescabezado e eviscerado de peixe, que eran moi intensivas en traballo eaxilizaron estas fases do proceso produtivo, pois aforraban os despraza-mentos para o desangrado e supoñían un grande avance sanitario ao eli-minar as mesas de madeira, nas que antes, as mulleres descabezaban e

evisceraban as sardiñas que quedaban amontoadasnelas. Ademais, o cambio tecnolóxico melloraba aorganización produtiva e lixeiramente as condiciónsde traballo das obreiras xa que se reduciría a rota-ción de postos e as traballadoras irían axeitadamenteuniformadas. Basicamente tratábase de canles-de-pósito de 25-30 metros de lonxitude: unha canleservía para recibir a pesca mentres que noutro opeixe, descabezado e eviscerado, era lavado e sal-moirado, as vísceras e as cabezas eran arrastradaspor unha corrente de auga pola canle situada baixoas mans das obreiras. As canles Massó foron as demáis alta produtividade e hixiene para o descabe-zado e eviscerado manual de sardiñas ata a mecani-zación do proceso nos anos sesenta. Por outra banda,o forno de cocción continua Massó torraba as sar-

diñas mediante aire quente. Consistía nun longo túnel de cemento, dunscincuenta metros e sen peches. Por el circulaban as grellas de sardiñasnunha cinta continua e recibían aire quente por medio duns turbo ven-tiladores, que quentaban por vapor directo. Deste xeito, conseguíase a coc-ción continua fronte ao sistema tradicional de cocedores con carros e tra-ballo intermitente. Estes fornos adaptáronse á envoltura en cru e foronaplicados polas empresas máis sobresaíntes do sector nas décadas dos co-renta e seguintes. Estes túneles motivaron un aumento da produción e damellora da calidade e reduciron os tempos de espera. A partir destes xur-

421Gaspar Massó García

11 López Capont (2001).

Vista exterior da fábricaMassó de Cangas, circa1960. Arquivo Pacheco

Page 422: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

diron modificacións e tanto portugueses coma alemáns e franceses sacaronos seus prototipos que, nalgúns casos, eran simples copias dos galegos.Todas estas patentes xurdiron da oficina técnica da empresa, que contabacon delineantes e traballadores especializados que inventaban, transfor-maban e melloraban os distintos artefactos e a maquinaria relacionada coaindustria.Por estes anos, a empresa Massó, con Gaspar á fronte, decidiu que

cumpría montar algúns estabelecementos conserveiros naquelas zonas dolitoral que fosen ricas en pesca, algo común no sector conserveiro desdeos anos vinte. A empresa Massó abriu dúas: unha en 1945 en Avilés, queestaba pensada para aproveitar a anchoa e o bonito, outra en Barbate en1955 para transformar sardiña e xarda. A evolución da pesca motivou queAvilés non fose indispensábel nos setenta, o mesmo ca Barbate, que su-friu o peche dos caladoiros marroquís, polo que ambas deixaron de ter uti-lidade nesa década. Avilés pechou a principios dos anos noventa. Gasparenviou tanto a unha fábrica coma a outra encargados que fosen formadosdentro da empresa e que normalmente eran fillos de empregados de con-fianza. Por exemplo, a Barbate foi trasladado Antonio Puig Davila, fillodo encargado de fabricación de Bueu, aínda que esta fábrica rematousendo dirixida por un empregado da propia localidade. Gaspar ampliou tamén a frota da empresa, que chegou a ser unha

potencia en barcos de pesca. A familia Massó xa dispoñía dunha frota debaixura destinada á pesca da principal especie transformada, tanto en sal-gadura coma en lata, a sardiña. Pero nos anos vinte e trinta, xa con Gas-par traballando na sociedade, expandiuse a frota que ía aos caladoiros doGran Sol con base en Vigo e tamén a frota de bonito nos cincuenta. Aempresa Massó tamén tivo un estaleiro no que se construíu o Massó 24,ao que se lle incorporou conxelación a bordo e que foi exportado a Bra-sil. Tamén se construíron nel algúns barcos menores, basicamente sardi-ñeiros. Esta expansión naval foi debida en gran parte aos préstamosconcedidos polo Instituto de Crédito para la Reconstrucción Nacionalpara a construción de barcos de aceiro ou madeira destinados á pesca dealtura. Algúns deles foron participados e construídos pola empresa Hijosde J. Barreras, S.A.Nesta liña empresarial, Gaspar Massó, xunto con outros armadores

como Barreras e algún conserveiro, Bernardo Alfageme, botaron a andar

422Empresarios de Galicia

Page 423: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a sociedade MAR a principios da década dos corenta, concretamente en1941. O primeiro barco desta compañía e outros posteriores foron da casaMassó. Esta aventura, iniciada por armadores independentes, xuntou osintereses pesqueiros destes. A empresa MAR chegou a dispoñer dunha dasfrotas máis importantes de Europa. O sesenta por cento dos barcos erande Massó e contaban con tecnoloxía punta. MAR non só se dedicou á dis-tribución da pesca fresca, senón que incluíu factorías de elaboración dexeo, redes, conxeladores, etc. Chegou mesmo a asociarse con Findus paraa fabricación de conxelados. Gaspar foi socio fundador e presidente dacompañía MAR, o mesmo ca Bernardo Alfageme, mentres que JavierSensat, asumiu a xerencia da sociedade. Anos máis tarde, en 1954, créasePESCATUN, na que se construíron varios barcos preparados para a cap-tura de túnidos, os denominados «tuna-clippers», a imitación da frotaamericana no Pacífico. Foi unha iniciativa pioneira da pesca de atún conrede en España. A frota da empresa Massó incorporou nos anos cin-cuenta e sesenta outras innovacións entre as que destacan as seguintes:en primeiro lugar, o halador hidráulico de aparellos, tecnoloxía ameri-cana que se montou nun dos pesqueiros da compañía, o Bocarte, aíndaque a súa difusión se levaría a cabo sobre todo no sur da Península. Ensegundo lugar, introducíronse as sondas de eco horizontal para a pesca;o emprego deste tivo unha reacción negativa por parte dos pescadores.Como a empresa se ampliaba cada vez máis e a xestión das diferen-

tes fábricas estaba centralizada nas oficinas de Vigo, facíase máis prácticovivir na cidade. Polo tanto, os dous irmáns acordaron construír un edifi-cio próximo ás oficinas e marchan a vivir a Vigo por necesidades operati-vas, aínda que alternan Vigo e Bueu, pois alí estaba a casa familiar. Nonsó Gaspar e José M.ª naceron en Bueu, os seus fillos tamén. GasparMassó García tivo tres fillos, dous rapaces, e unha nena. Pola súa parte,José M.ª tivo catro fillos e, Antonio, o irmán pequeno, tivo seis fillos ecatro fillas. Con esta seguinte xeración, a empresa entraría nunha etapade maior multidivisión de actividades. Dos fillos homes de Gaspar Massó,Enrique e Fernando Massó Bolivar, unicamente Fernando estivo vincu-lado á empresa. Recibiu a formación de perito industrial e pertenceu aoequipo encargado da produción nos anos sesenta e setenta. Tamén dousdos fillos de José M.ª traballaron para a empresa. Tomás Massó Bolibar,de formación economista, levou o departamento comercial así coma a

423Gaspar Massó García

Page 424: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

informatización empresarial nos anos setenta; este foi á súa vez presi-dente de ANFACO durante uns vinte anos. O seu irmán Jaime, enxe-ñeiro, ocupouse dos cometidos técnicos da empresa, e participou taménda comisión técnica de ANFACO, formada por químicos e fabricantes,que, coordinados desde o departamento técnico da asociación creado en1945, resolvían os problemas técnicos e lexislativos da industria, tantonacionais coma estranxeiros.Gaspar non só se dedicou á actividade empresarial nos anos da pos-

guerra española, senón que participou intensamente da vida política locale nacional, o cal repercutiu positivamente tanto na empresa familiar comano devir do sector. Entre os seus principais cargos citamos os seguintes:en 1943 foi designado procurador nas Cortes Españolas. Pouco antes,como representante do mesmo sector, fora designado membro do Con-sello Ordenador da Mariña Mercante e Industrias Marítimas.12 Un anodespois, en 1944, participou nas reunións do Consello Económico Pro-vincial presentando sempre a conserva como primeira riqueza industrialda costa galega que había que potenciar.13 Tamén foi deputado provin-cial e concelleiro de Vigo desde 1959 e durante a década dos cincuenta.Gaspar non foi o único membro da familia que tivo unha intensa activi-dade política en paralelo á empresarial. Tamén o seu irmán José Maríafoi alcalde de Bueu durante máis de trinta anos, entre 1939 e 1971 e de-putado provincial durante practicamente dúas décadas; formou parte,entre outros, da Cámara de Comercio de Pontevedra e de Obras do Porto.Nestes anos, a Gaspar Massó preocupábanlle, entre outros temas, a cali-dade e a estandarización da conserva: «a calidade do peixe e a fabricaciónserán fundamentais para a loita que se aveciña na reconquista dos mer-cados exteriores, hoxe totalmente abandonados á competencia doutrospaíses... Cumprirá tamén chegar á tipificación de envases, para iso ha-bería que xuntar vontades».14 Tamén consideraba Massó moi necesariodarlle maior autoridade á Unión de Fabricantes de Conserva no seu as-pecto industrial e económico.

424Empresarios de Galicia

12 Industria conservera, núm. 50 (1943), 5.13 Industria conservera, núm. 66 (1944), 43.14 Industria conservera, núm. 66 (1944), 44.

Page 425: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Nos cincuenta a escaseza de sardiña, o déficit de entregas nacionaisde lata oficial e o prezo das materias primas constituían algúns dos pro-blemas máis preocupantes no sector. Porén, a empresa Massó Hermanos,S.A., adaptada á Lei de sociedades anónimas do ano 1951, seguía amplián-dose e elevando o seu capital social á vez que continuaba a expansión dasúa frota de altura. Remataríase a construción dos barcos Massó 32, Massó

34 e Massó 35, polo que Gaspar Massó vol-veu solicitar un préstamo do Instituto deCrédito para a Reconstrución Nacional.En paralelo coa súa actividade empresa-

rial, Gaspar Massó continuou representandoo sector conserveiro galego tanto a nivel na-cional coma internacional. Cando en 1952se reúne por vez primeira en España o Co-mité Internacional Permanente da Conserva,Gaspar Massó formou parte da representa-ción de directivos galegos, entre os que ta-mén estaban Juan Manuel López Valcarcele Daniel Vázquez.15 Gas par tivo sempreunha visión global e de longo prazo ao tra-tar os problemas do sector. Por exemplo, noano 1962 deu unha Conferencia no Recintoda Feira Internacional da Conserva en Mur-cia sobre pesca e conserva de peixe na quefacía fincapé sobre temas máis xerais do sec-tor de conservas alimenticias: o custo da latapolos elevados aranceis, a estandarizaciónde envases e a modernización industrial. Nodecálogo que a industria debía cumprir sina-laba: a fabricación colectiva de envases, asúa unificación, as boas calidades, mellorara produción, a concentración industrial, me-llorar os procesos de produción e de comer-

425Gaspar Massó García

15 Industria Conservera, núm. 156 (1952), 133.

Page 426: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

cialización creando centrais de venda no exterior. Co seu empuxe em-presarial pretendía vigorizar a industria que levaba un longo período deinmobilismo, en parte motivado pola posguerra e pola autarquía. O mesmoempresario apuntaba:

Non nos resistamos a estar quietos. Para recuperar máis de 25 anos deDolce far niente hai que poñerse en marcha con decisión e entusiasmodesde este mesmo instante. A Feira de Murcia pode ser unha data trans-cendental.16

Na mesma liña de actuación asiste en 1962 ao IV Congreso Interna-cional da Conserva en Berlín, no cal científicos eminentes se afanabanen solucionar problemas técnicos, sanitarios ou bacteriolóxicos, o quecoincide coa necesidade de coordinar regulamentacións e tipificaciónsinternacionais. Tamén participou na reunión de expertos de pesca e con-serva das nacións membros da OCDE, que tivo lugar en París en decembrode 1961, na que se tratou de chegar a unha harmonización das normassanitarias con fins de intercambios comerciais. En definitiva, que este em-presario sempre intentou que a industria se desenvolvese de forma sa ecompetitiva no mercado externo. Esta filosofía de crecemento san e firme do sector foi aplicada á

empresa familiar. Co fin de que sempre houbese nela unha organizaciónprodutiva e laboral punteiras realizou, como outros empresarios conser-veiros, múltiples viaxes ao estranxeiro. Nos primeiros anos desta décadalevou a cabo un longo percorrido por Norteamérica que incluíu visitas aducias de fábricas de conservas e outros produtos. Comezou en Canadá,concretamente en Halifax, e seguiu pola costa do Maine para rematar enCalifornia. O empresario afirmaba a importancia deste percorrido:«Aprendín bastante máis do pouco que sei. Adquirín coñecementos etamén me asustei ás veces polo moito que queda por facer en España, ábeira de colosais adiantos de produción en serie». No entanto, sabía queos froitos e os peixes españois eran de mellor calidade cós estranxeiros,polo que unha das vantaxes comparativas do sector fronte ao mercadointernacional estaba na calidade dos nosos produtos.

426Empresarios de Galicia

16 Industria conservera, núm. 252 (1962).

Page 427: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

427Gaspar Massó García

17 «Outorgóuselle poder a Gaspar Massó García para constituír unha compañía desti-nada á fabricación de envases metálicos Carneaud Galicia, S.A. (Pontevedra, 25/09/1961)».RMP, Memoria Mercantil da empresa Massó Hermanos, S.A., asento 34.

Motivos publicitarios dacasa Massó deseñados porFederico Ribas, circa 1920.

Museo Massó

Coa súa experiencia empresarial e co apoio dos seus irmáns, José Ma-ría e Antonio como presidente e secretario da sociedade respectivamente,Gaspar Massó inicia unha reestruturación da compañía nos anos sesenta.En primeiro lugar, abandónase, decisión paralela á doutros conserveiros,a construción de envases, que pasarían a ser fabricados en Carnaud.17 Oabandono da fabricación de latas non implicou un transvasamento de tra-balladores de Massó a Carnaud, como sucedería por exemplo cos obrei-ros e coas obreiras da Artística, o que significaría un lastre para a empre-sa nos anos setenta. En segundo lugar, a tecnoloxía da fábrica era punteiranos sesenta, pois proviña de Francia, Noruega, Alemaña, Dinamarca eNorteamérica; tamén algunhas máquinas eran españolas e portuguesas.A vangarda estaba na novidade dos procesos produtivos máis ca na co-mercialización, pois algúns produtos podían manterse nos almacéns dunhacampaña para outra. Nesta innovación técnica e produtiva influíu moitoo carácter inquedo de Gaspar e as súas visitas por diversos países pionei-

Page 428: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ros na produción de conservas. Neste sentido, o espírito da empresa segui-ría cos seus sucesores, algo común nas familias dos máis relevantes con-serveiros, pois Jaime, por exemplo, viaxou por todo o mundo co fin de po-ñerse ao tanto de todas as novidades tecnolóxicas.A decisión de deixar de fabricar lata veu acompañada da implanta-

ción da empresa construtora de envases Carnaud, S.A. A familia Massónon só mantiña relación comercial coa Carnaud francesa, pois mercába-lle envases e maquinaria desde moito tempo atrás, senón tamén de ami-zade. De tal xeito se estreitaron os lazos persoais e empresariais quecando Carnaud se estabeleceu en Galicia o 50% era capital francés e o50% compoñíano fabricantes galegos (Curbera, Alfageme e Calvo), peroMassó estaba incluído no 50% do capital foráneo.Con Gaspar Massó á fronte e Manuel Aldao xefe da oficina de con-

trol e métodos como encargado, a empresa Massó acometeu cambiostranscendentais na organización do traballo. Estamos falando da implan-tación da organización científica do traballo que se foi difundindo no sec-tor conserveiro español a través do sistema Bedaux, estabelecido aprincipios dos anos sesenta. Os convenios colectivos nesta industria fixa-ron o cumprimento por parte dos produtores dun rendemento mínimopara ter dereito a percibir o seu salario, o cal contribuía a elevar a produ-tividade do traballo. No caso da conserva e da salgadura de peixe a normade rendemento traducíase en 54 puntos de actividade do sistema Bedauxpara o persoal masculino e 48 para o persoal feminino segundo rezaría oart. 25 do Convenio colectivo sindical de traballo na industria de conser-vas e salgaduras de peixe para a provincia de Pontevedra.18 Esta empresafoi a maior provedora de emprego no sector. En 1962 a fábrica de Bueucontaba con 640 traballadores, a de Cangas con 778, a de Avilés, demenor dimensión, contaba con 105 traballadores. O noventa por centodesta man de obra estaba composta por mulleres, pois o procesado de pei -xe, fora unha actividade feminina desde os inicios do proceso de indus-trialización. Nestas décadas centrais do século XX a produción era áxil ede alta calidade, a materia prima relativamente suficiente, exceptuandoalgúns anos de escaseza. Malia o intervencionismo estatal, a empresa

428Empresarios de Galicia

18 Boletín Oficial del Estado (BOE), 1 de xullo de 1962.

Page 429: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

429Gaspar Massó García

lograra axustar as marxes de beneficio. A carga social do persoal non eraexcesiva e era pouco problemática. Nas décadas dos setenta e oitenta nas que xa estaba plenamente

incorporada a seguinte xeración, aínda baixo a xerencia de Gaspar Massó,e como técnico principal, Jaime, fixéronse estudos de rehabilitación defábricas e de subministración de conservas nos anos oitenta en Libia.Apostouse, xunto con outros conserveiros como Alfageme e Gándara yHaz, por participar empresas conserveiras dalgúns países latinoamerica-nos como, por exemplo, México. Esta liña sería seguida anos máis tardepor Calvo en Chile e Venezuela.En canto aos mercados aos que se destinou a conserva da empresa

durante a xerencia de Gaspar Massó García, temos como principais os deArxentina e Cuba nos anos trinta, antes do repregamento cara ao mer-cado interno do sector que se sucedeu coa Depresión Mundial. Logo, nasegunda metade do século XX exportábase a Norteamérica e Europa. DeEuropa, Francia, Alemaña e Suíza serían os principais países de destino.Nas décadas dos setenta e oitenta o oitenta por cento da produción foivendida no mercado nacional. En paralelo á vida laboral e política dos Massó, non podemos deixar

de facer mención a algunhas das súas afeccións. De Gaspar Massó, a afec-ción máis destacábel era a literatura, resultado da cal escribiu un librosobre Pedro Madruga. Tamén escribiu diversos artigos de carácter técnicoen diferentes revistas, a propia do sector, Industria Conservera, e fóra dosector destacan Información Comercial e Actualidad Española, entreoutras. No ano 1967 aparece unha colección destes artigos publicados cotítulo Los orígenes de la industria conservera. Non era rara a súa afecciónpola pluma, pois a familia Massó posuía unha colección bibliográficainsuperábel. Froito da afección cultural da familia nace, nos anos vinte,a idea de crear un museo coa colección etnográfica, industrial e biblio-gráfica. O Museo Massó de Bueu, de orientación mariñeira. Foi no seumomento o terceiro museo naval máis importante de España por detrásdo Museo Naval de Madrid e das Atarazanas de Barcelona. Creouse en1932 e desenvolveuse nos anos trinta e corenta baixo a iniciativa dos ir-máns Massó. A partir dos anos sesenta sobresaíu en maior medida a parteetnográfica, posto que en libros non se podía medrar moito máis e forontanto José María Massó coma o seu fillo Tomás os que expandiron o museo.

Page 430: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Os cambios que voltearon a evolución positiva da empresa déronsea partir dos anos setenta. As restricións externas, tanto factores sociais (sin-dicatos, contratacións, salarios) coma financeiros (política bancaria restri-tiva) e tamén circunstancias externas e imponderábeis (a crise do petróleoou o problema da síndrome tóxica) endureceron os problemas do sectorconserveiro español e, polo tanto, afectaron negativamente á marcha daempresa Massó. A pesar disto, ata finais dos setenta, o número de em-pregados superou o millar e os niveis de facturación de caixas de conservaera elevado, co cal a empresa seguía sendo líder do sector. A partir destemomento buscou a penetración máis forte de mercados menos explotadosde Cataluña e Baleares así coma da zona centro e sur da Península.A partir dos anos oitenta a empresa enfróntase a diversos problemas,

sobre todo laborais e financeiros derivados da década anterior. Por un lado,os efectos da crise internacional facíanse sentir na redución das comprasde conservas españolas. Por outra banda, producíronse revisións dos sa-larios á alza para axustarse ao crecente nivel de prezos e non ver minguadoo poder adquisitivo da clase obreira. Neste sentido, a empresa Massó Her-manos, S.A., ofreceulles aos seus traballadores uns salarios superiores aosfixados pola lexislación nalgúns anos da década dos setenta. Na segundametade da década rexurdiron os sindicatos obreiros que activaron o seulabor reivindicativo; deste derivou un incremento brutal do custo laboral,que se duplicou neses anos. Aínda así, non se procedeu ao despedimentoindemnizado ou á rescisión de contratos de parte do persoal como sería ocaso doutras empresas. O aspecto financeiro sería outro dos factores queinterveu no empeoramento da situación da empresa. Mentres que os pro-vedores esixían o cumprimento dos prazos de pago, os clientes expandía -nos cada vez máis. Os cobros realizábanse maioritariamente en letras, ocal non era habitual para as entidades financeiras da zona. Así que a em-presa levou a cabo o reaxuste con estas mediante créditos a curto prazoque se convertían en préstamos a longo non renovábeis. A principios da década dos noventa, en 1991, morre Gaspar Massó,

un dos empresarios conserveiros máis relevantes do século XX, e, poucodespois, prodúcese tamén a defunción dunha das empresas máis emble-máticas do sector conserveiro, o que ocasionou un forte impacto socioe-conómico nos municipios costeiros onde estaban as súas factorías; destexeito reducíronse enormemente os niveis de ocupación industrial local.

430Empresarios de Galicia

Page 431: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Bibliografía

Carmona Badía, X. (1985): «La industriaconservera gallega, 1840-1905», Papelesde Economía Española. Economía de lasComunidades Autónomas (Galicia) 16.

Carmona Badía, X. (1994): «Crecimientode la industria de conservas de pescado,1900-1936», Nadal, J., e J. Latalán(eds.): La cara oculta de la industrializa-ción española. La modernización de los sectores no líderes, (siglos XIX y XX),Madrid.

— e A. Fernández González (2001):«Demografía y estructura empresarialen la industria gallega de conservas depescado del siglo XX», VII Congreso deHistoria Económica, Zaragoza.

Carreras, A. e Tafunell, X. (1993): «Lagran empresa en España (1917-1974).Una primera aproximación», Revista deHistoria Industrial, núm. 3.

431Gaspar Massó García

Casson, M. (2000): Enterprise and Leaders-hip. Studies on Firms, Market and Net-works, Northampton.

Chandler, A. (1996): Escala y diversifica-ción: La dinámica del capitalismo indus-trial, Zaragoza.

Colli, A. (2003): The History of Family Bu-siness, 1850-2000, Cambridge.

López Capont, F. (2001): La conserva y sa-lazón de la sardina, Pontevedra.

Muñoz, L. (2002): Los mercados de trabajoen las industrias marítimas de Galicia.Una perspectiva histórica, 1870-1936.Tese de doutoramento inédita, Univer-sidad Autónoma de Barcelona, Barce-lona.

Torras, J., e B. Yun (dirs.) (1999): Consu -mo, condiciones de vida y comercializa-ción: Cataluña y Castilla, siglos XVII-XIX,Valladolid.

Page 432: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

JOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ1904-1986

Page 433: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Cando na literatura económica dos anos sesenta e setenta se falabasobre os grupos empresariais galegos, os dedos dunha man abondaban paraos contar. Dous, en todo caso, aparecían sempre: o Banco Pastor e mais oda familia Fernández. A eles referíase tamén a literatura sobre poder eco-nómico en España ou os comentarios xornalísticos sobre os máis ricos dopaís.1 A xeración dos Fernández López, que se podía considerar xa a ter-ceira da familia, controlaba nos anos inmediatamente precedentes á pri-meira crise do petróleo os órganos directivos de empresas como Transfesa,Pescanova, Cementos Noroeste, ou Zeltia. Pero, o que dotaba os Fernándezdun especial atractivo era o feito de que, malia desa xustificada presenzanas clasificacións do poder capitalista, na súa sona entraba tamén un ele-mento de compromiso co galeguismo cultural e mesmo un certo pro-gresismo. Os Fernández non eran só as empresas senón tamén Fingoi, unvangardista colexio lucense, ligado á realidade e ao idioma de Galiciaen plena noite de pedra, que, impulsado por Antonio Fernández López,dera acougo a esgrevios profesores represaliados como Ricardo CarballoCalero.2 Ou a Granxa de Barreiros, unha explotación, diriamos hoxe mo-

Xoán Carmona BadíaCatedrático da Universidade de Santiago

DE LUGO A CAPETÓN:A TRAXECTORIA EMPRESARIAL DO GRUPO FERNÁNDEZ

1 Anónimo (1973); Tamames (1977); López Facal (1977).2 Pousa e Arias (2006).

Page 434: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

delo, destinada a espallar prácticas agrícolas e gandeiras que combinarantradición e modernidade. Ou os apoios a diversas iniciativas culturais ga-legas no eido da edición, dos museos ou da promoción cultural. Ou, xamoito antes, a protección a científicos ou simplemente empregados ví-timas dos rigores da guerra e do primeiro franquismo. José e Antonio ti-veran estreitas relacións na preguerra con membros destacados dos cír-culos galeguistas de Lugo e Santiago, especialmente cos ligados aoSeminario de Estudos Galegos, cos irmáns Illa Couto, con Ramón Mar-tínez López, con Álvaro Gil Varela. Un deles, o último dos citados, con-verteríase na posguerra no home de confianza no eido empresarial paraos irmáns Fernández.Antonio e José Fernández López participaban en ambas as dúas face-

tas da actividade, a empresarial e a cultural. Pero en todo caso, na ordedas súas angueiras persoais, a empresa era a primeira entre as de José,mentres que a ciencia e mais a educación ocupaban un tal lugar entre asde Antonio. Posto que esta é unha biografía empresarial, nas páxinasseguintes referirémonos principalmente a José, aínda que sexamos cons-cientes de que durante unha xeira moi importante das súas vidas, as acti-vidades non só destes senón tamén dos seus outros dous irmáns, Manuele Conchita, estiveran a maioría das veces entrelazadas.

Familia e negocio: as orixes empresariais dos Fernández

José Fernández López nace o día 8 de setembro de 1904 nun Lugoque era daquela unha pequena capital provincial, á que ían facer com-pras e resolver problemas coa administración os labregos da comarca. Aela ían tamén embarcar o gando comprado nas diversas feiras da provin-cia a maior parte dos tratantes que subministraban o mercado madrileñoe catalán de vacún. A estación que na cidade murada tiña a Compañíade los Caminos de Hierro del Norte de España era, con enorme dife-renza, o principal centro de embarque de gando de toda España, e a fami-lia de José Fernández fora unha das pioneiras neste negocio, queprincipiara a comezos dos anos oitenta do século anterior, coa chegadado tren a Galicia. Clemente e José Fernández González, ambos os doustíos avós de José, comezaran xa nos anos previos, cando o ferrocarril sóchegaba ata Toral de los Vados, a conduciren as vacas e os xatos sobre o

434Empresarios de Galicia

Page 435: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

seu propio pé ata aquela localidade leonesa, e aos embarcaren por vagónscompletos con destino a Madrid. Cómpre salientar, pois iso contradí cal-quera tópico sobre a falta de espírito empresarial dos galegos, que estesdous labregos da parroquia de Ortoá, próxima a Sarria, carentes de recur-sos para emprender unha actividade que economicamente os sobordaba,se presentaron na casa de Ramón Nicolás Soler, un banqueiro de Lugocon importantes investimentos industriais en Vigo, para pedirlle quefinanciase a súa aventura. Nunhas memorias manuscritas, explica Cle-mente o resultado da entrevista:

Este señor recibiunos moi ben, propuxémoslle que nos facilitase di-ñeiro para comprar gando para Madrid en letras e estas fariámolas efec-tivas unha vez que realizásemos as vendas e as cobrásemos. Sen dúbida,a nosa decisión pareceulle simpática, xa que despois de varias preguntasde información aceptou a nosa proposición; isto ocorría a principios doano 1883.3

Poucos meses despois, o tren chegou a Lugo. Os envíos de vacún caraao interior da península multiplicáronse exponencialmente. Entraron nonegocio outros moitos tratantes, pero a familia dos Fernández mantívosecomo a primeira entre todos eles. Marcos, outro dos irmáns FernándezGonzález, que de mozo emigrara a Cuba, incorporouse ao seu regresodaquela illa ao negocio que Clemente abandonara por aventuras nasminas de ferro do Rif. O feito é que a comezos do século XX, Antonio Fer-nández Fernández, que era o fillo daquel Marcos Fernández González,e que por tal motivo sempre foi coñecido como Antón de Marcos, era ocabeza dos negocios gandeiros do grupo familiar. Casado este Antón deMarcos con Carmen López Valcárcel tería catro fillos: Antonio, José,Manuel e Concepción. Antón de Marcos fixo da formación dos seus fillos unha absoluta prio-

ridade. Antonio, o maior, estudou no Instituto de Ensino Medio da ci-dade, pero o pasamento temperán da nai, forzou a enviar os demais a di-versos internados para realizar tales estudos. Antonio marcharía logo aformarse como enxeñeiro de camiños en Madrid, mentres que o seu irmán

435José Fernández López

3 Memorias manuscritas de Clemente Fernández González. Debo a consulta desteinteresantísimo texto a Marcos Fernández Puente.

Page 436: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

José remataría tamén alí a carreira de Dereito que comezara en Santiago.Na institucionalista Residencia de Señoritas, unha das iniciativas máisprogresistas do sistema de ensino español da época, estudaría tamén airmá menor, Conchita, de xeito que foi en Madrid onde completaron osestudos superiores tres dos catro irmáns Fernández López. Manuel, oúltimo dos homes, quedara co pai en Lugo, traballaba con el e acudía ásfeiras e organizaba envíos de gando por ferrocarril, unha actividade á quenon parecían abocados Antonio e José, enxeñeiro e avogado respectiva-mente. Mais a morte de Antón de Marcos en novembro de 1931 nunaccidente de automóbil, cando regresaba co seu fillo Manuel da feira deBecerreá, cambiou o que parecían ser as perspectivas profesionais dosmaiores dos irmáns Fernández López. Os fillos de Antón de Marcos decidiron non dividir o herdo paterno

e continuar xuntos nos negocios, un acordo que se mantería durante trintaanos e resultaría unha das claves do éxito da súa aventura empresarial. Asocupacións do maior dos irmáns, Antonio, que estaba xa daquela exer-cendo a súa profesión de enxeñeiro, levaron a José, que estaba en Madridpreparando oposicións, a regresar a Lugo, para ocuparse dos negocios fa-miliares a carón do seu irmán Manuel. José, o máis vocacionalmente em-presario de todos eles, faríase moi logo coa dirección dunhas actividadesnas que, en todo caso, son socios os catro irmáns a partes iguais. Antonioe Manuel colaborarán tamén na xestión dos negocios e situaranse á frontedalgunhas das máis importantes iniciativas empresariais do grupo familiar. O negocio que herdan os irmáns Fernández López era, xa que logo,

o da compravenda de gando vacún e o seu envío por ferrocarril ás prazasde Madrid e Barcelona. Ao bo coñecemento da actividade derivado datradición familiar, José engadía unha formación xurídica que lle outor-gaba seguridade nun mundo no que eran habituais os conflitos entre ostratantes e os outros axentes que participaban no tráfico (compañías ferro-viarias, entradores madrileños, asentadores, etc.). A combinación deambas as dúas circunstancias permitiulle adquirir un rápido protago-nismo no sector, de xeito que aos poucos meses do seu regreso a Lugo osegundo dos irmáns Fernández López era xa o secretario da poderosaUnión de Tratantes de Ganado de Galicia. A entrada do avogado, que aínda era un mozo, no mundo do comer-

cio do gando prodúcese nunha época moito máis difícil ca aquela na que

436Empresarios de Galicia

Page 437: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Clemente e José encetaran o negocio ou que aquela na que Antón deMarcos o consolidara. Nos anos trinta, os prezos de orixe xa non eran obaixos que foran, os asentadores madrileños estaban moito máis organi-zados e adoito desenvolvían prácticas monopolísticas para reduciren osprezos que lles pagaban aos negociantes galegos; sobre o sector pendíaademais a ameaza de dous tratados de comercio que se estaban nego-ciando con Uruguay e Arxentina, que suporían a libre entrada en Españade carne conxelada barata procedente daqueles grandes produtores. Ademais de máis difícil para o sector gandeiro en xeral, o dealbar dos

anos trinta viu fracasar en Galicia un proxecto que fora toda unha espe-ranza de transformación do sector: o do Matadoiro Rural Cooperativo doPorriño. Desde os anos da Primeira Gran Guerra, desde o agrarismo edesde o rexionalismo político existía un clamor pola instalación de mata-doiros frigoríficos en Galicia, que sacrificaran aquí as reses, de xeito quese enviase aos puntos de destino carne refrixerada e non gando vivo,como viña ocorrendo. Deste último xeito, as reses perdían peso nocamiño e mesmo unha parte delas morrían nel, ao mesmo tempo que aseconomías externas da industria do sacrificio se cobraban en Madrid eBarcelona e non en Lugo ou Sarria. Pero o intento dos sindicatos católi-cos de estabeleceren no Porriño un matadoiro de base cooperativa ato-pou a inimiga de entradores madrileños e tratantes galegos, que viron nelun perigoso competidor na merca das reses, e forzou axiña o abandonoda actividade.4O mesmo problema que en Galicia lle afectaba ao vacún, sufríano os

gandeiros estremeños co porcino. E o mesmo problema sufriron cando,case simultaneamente, agromou o primeiro intento serio de industriali-zación local: o do Matadoiro de Mérida. O feito de que dous proxectostan distintos fracasasen de vez desanimaron outras iniciativas e fixeronpensar a moitos que tales estabelecementos non poderían nunca funcionaren España. José Fernández López pasou precisamente do comercio áindustria e demostrou que era falsa esta suposición, rompía así cun lugarcomún e ofrecía así o seu perfil empresarial nidiamente innovador.

437José Fernández López

4Martínez López (1988)

Page 438: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

De tratantes de gando a industriais da carne

Co impulso da Diputación Provincial de Badajoz, e coa participa-ción simbólica do propio Afonso XIII, constituírase naquela provincia noano 1927 a sociedade Productos de la Ganadería Extremeña. O seu ob-xecto social era o de construír e explotar un gran matadoiro de porcinona cidade de Mérida. Mais a cativa resposta dos posíbeis investidores eos numerosos contratempos sufridos durante a construción do estabe -lecemento conduciran —malia os importantes créditos recibidos doBanco de Crédito Local— a unha situación de quebra técnica xa no ano1930, intre de afrontar a súa primeira e limitada campaña. O matadoirofuncionou só uns meses, e a Deputación ensaiou varias fórmulas para asúa reapertura sen que aparecese ningún interesado. Finalmente, noano 1934, a institución propietaria decidiu quitar a subhasta o arrenda-mento do matadoiro, o que fixo dúas veces sen conseguir ningún ofer-tante. Cando o estabelecemento semellaba condenado ao abandono, endecembro de 1935 apareceu un primeiro e único interesado que subs-cribiu un contrato de arrendamento por dez anos: era José FernándezLópez.Grande debía ser a seguridade que tiña o avogado lucense nas pers-

pectivas deste negocio cando, case simultaneamente, promove a creaciónen Galicia doutra empresa que tería como obxecto o arrendamento dooutro matadoiro frigorífico fracasado, o do Porriño. Industrias PecuariasGallegas, S.L. constituíse en xaneiro de 1936 para «explotar o matadoirorural do Porriño». Na fundación desta empresa contaría José coa colabo-ración dun tratante da estación ferroviaria de Guillarei, Jesús Crespo, emais dunha familia de negociantes de gando da biscaíña localidade deGuecho, Os Saloñas. O feito de que ambos os dous estabelecementosfosen arrendados, permitiulle a José adquirir o seu control sen realizarpracticamente investimentos en inmobilizado. O estouro da Guerra Civil, aos poucos meses de que José adquirise o

control dun matadoiro de porcino en Mérida e dun de vacún no Porriño,os dous únicos dotados de instalacións frigoríficas existentes na área con-trolada polos sublevados tras da súa primeira ofensiva, foi unha ocasiónde ouro para que a aposta fose un éxito absoluto. A posibilidade de sub-ministrarlles en réxime de práctico monopolio á Intendencia Militar e

438Empresarios de Galicia

Page 439: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

mais ás poboacións que ían caendo en poder daqueles, daban unhas van-taxes difíciles de obviar, que permitiron non só obter saneados beneficiossenón tamén exercer unha influencia, que os irmáns Fernández utiliza-ron, en favor de persoas que sufrían represalias ou que estaban a piquesde ser asasinadas. José Fernández encetaba así unha xeira da súa vida empresarial na

que o sacrificio, a refrixeración e a transformación da carne se converte-ría na cerna da súa actividade, e mais el mesmo no máis importanteempresario español do sector. O Matadoiro Industrial de Mérida, que foia maior empresa industrial da Estremadura da Autarquía, contaba a finaisdos anos corenta con máis de cincocentos traballadores e ademais de ca -nais, principalmente de porcino, elaboraba embutidos, conservas decarne e vexetais. A empresa, que popularizou a marca Apis, foi a primeiraespañola en elaborar industrialmente salchichas, hamburguesas e outrosdiversos subprodutos. O avogado lucense mantívose persoalmente á fronte da empresa de

Mérida ata o ano 1955 no que venceu o arrendamento das instalaciónsda Deputación Provincial; daquela propúxolle ao Instituto Nacional deIndustria a constitución dunha firma de maioría pública que se fixesecargo do Matadoiro. A aceptación da proposta por parte da instituciónque dirixía Juan Antonio Suances levou así á constitución de IndustriasFrigoríficas Extremeñas (IFESA). José continuaría na nova empresa comoconselleiro delegado aínda durante algúns anos e como propietario domaior dos paquetes accionariais privados ata o ano 1972 no que por desa -cordo co INI pola absorción de Invecosa (Industrias Vegetales y Con-serveras, S.A.) se retiraría tanto el coma o seu máis íntimo colaboradorÁlvaro Gil Varela.José Fernández López, que mantivo o seu domicilio en Mérida men-

tres estivo á fronte do matadoiro desta cidade, casou no ano 1944 conMaría del Rosario de Sousa Faro y Sanjurjo, e tivo alí tres dos que seríanos seus seis fillos. Tamén durante esta época comezaría co seu labor demecenado; apoiou as escavacións arqueolóxicas na Alcazaba de Méridae recadou en compañía do seu colaborador nas minas de Logrosán,Vicente Sos, unha importante colección de minerais que actualmenteconforma o museo que leva o nome deste último xeólogo. A residencianesta cidade supuxo o desprazamento dalgunhas actividades empresariais

439José Fernández López

Page 440: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

dos irmáns cara a aquela rexión, onde José Fernández López chegaría aser considerado o máis importante empresario dela.5Pero, en todo caso, e tal como iremos vendo, a residencia non impli-

cou o abandono dos seus proxectos en Galicia. Durante a Guerra Civil aempresa familiar xestionou o Matadoiro do Porriño e asociouse coa firmaviguesa Massó Hermanos para a fabricación de carne enlatada. A produ-ción de canais tivo, pola contra, moita menos importancia aquí ca enMérida, e mesmo naqueles anos unha parte das reses vacúas negociadaspolo grupo familiar nas feiras galegaseran enviadas en camións por ManuelFernández para ser sacrificadas na loca-lidade estremeña. Ao remate da guerraa xestión do matadoiro porriñés volveuás mans das agora denominadas coope-rativas do campo cun éxito moi cativo,de forma que en 1949 José FernándezLópez-Matadero de Mérida, que era arazón social baixo a que funcionaba esteúltimo, volveu tomar as instalacións enalugueiro para se dedicar á fabricaciónde embutidos e doutros produtos, o que deu lugar a Industrias Frigorífi-cas del Louro. Sería finalmente no ano 1955 cando esta última empresaadquiriría a propiedade das antigas instalacións do Matadoiro Rural Coo-perativo. Tamén en Galicia estabeleceran os Fernández no ano 1941unha empresa, Frilugo, con frigoríficos destinados a regular mediante aconxelación a oferta de gando menor e dos seus subprodutos (ovos, polos,coellos) nunhas instalacións situadas na Casa do Paso a Nivel, onde tiñande tempo atrás o cuartel xeral familiar no negocio das remesas de carneen vivo ao interior peninsular.A importancia do grupo cárnico dos irmáns Fernández quedou aínda

máis de manifesto cando a comezos dos anos cincuenta o InstitutoNacional de Industria trata de estabelecer unha Red Frigorífica Nacionalpara a conservación e regulación do mercado de produtos perecedoiros

440Empresarios de Galicia

5 Zapata Blanco (1996).

Traballadoras da Granxa do Louro, circa 1950.Arquivo da Imaxe do Porriño

Page 441: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

en España.6 Segundo os proxectos do INI o seu brazo no eido da carnedebería estabelecerse nalgún punto do interior de Galicia, inicialmenteMonforte. Frigoríficos Industriales de Galicia, S.A. (FRIGSA), constituí-use no ano 1951, e malia tratarse dunha empresa de maioría pública, opropio INI conferiulles aos Fernández un acusado protagonismo.7 O Ins-tituto, pouco afeccionado a recorrer a empresarios privados acode a JoséFernández por dous motivos; dunha banda, porque representaba o únicogrupo empresarial con experiencia en matadoiros frigoríficos en España;

da outra, os rectores do hólding público eranconscientes de que malia a súa forte capacidadede influencia na economía, o resultado de expe-riencias anteriores indicaba que o éxito dun granmatadoiro frigorífico como era o proxectado poreles era imposíbel sen unha certa colaboracióndos grupos de tratantes e entradores de gando. E,en tal sentido, os Fernández mantiñan aínda unamplo ascendente sobre eles, non só pola súatradicional implicación naquel negocio, senónmesmo porque Manuel Fernández López seguíaa comezos dos cincuenta á fronte dalgunha dasasociacións do sector.

Os intereses do grupo, que foi durante a maior parte dos anos de exis-tencia da cárnica lucense o maior dos seus accionistas privados, foronrepresentados por Antonio, o maior dos irmáns Fernández, e mais porÁlvaro Gil Varela. Este último foi vicepresidente e tivo un papel centralna posta en marcha e mais no funcionamento de FRIGSA, que durantequince anos foi a máis importante empresa española do sector. Final-mente, Álvaro Gil dimitiría e o grupo Fernández iría abandonando aempresa a partir de 1965, en desacordo co apoio que desde dentro da cár-nica lucense, e coa aquiescencia do INI, se lle estaba prestando á crea-ción de empresas competidoras, como era o caso de MAFRIESA.

441José Fernández López

6 Gómez Mendoza (1995); Barciela, López eMelgarejo (2004).7 Sobre FRIGSA véxase Carmona e Nadal (2005).

Traballadores de Zeltia,circa 1950.

Arquivo da Imaxe do Porriño

Page 442: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A transformación da carne foi, xa que logo, a primeira rama industrialna que entraron os Fernández. Nela combinaban as actividades docomercio de gando en vivo, que dirixía Manuel desde Lugo, coas novasda súa industrialización nas que entraba José en Estremadura e moi logoO Porriño. A firma familiar encetou así unha formidábel senda de crece-mento empresarial caracterizada pola coherencia das iniciativas, de xeitoque podería dicirse que cada nova empresa que crearon ou na que toma-ron parte nos anos seguintes tiña o seu obxecto social no aproveitamentode oportunidades xeradas nalgunha outra xa existente, de modo queaquela significaba un avance cara adiante ou cara atrás na cadea de valordos produtos ou a entrada na explotación de activos complementarios.Aínda que na maior parte das ocasións mantivo para as súas empresas per-sonalidades xurídicas diferenciadas —o que impide falar de integraciónvertical en sentido estrito—, o grupo como tal mantivo unha estratexia deconxunto, cando menos ata finais dos cincuenta, que pode asimilarse aaquela forma de crecemento empresarial. Exemplos claros e cedeiros de integración vertical de carácter infor-

mal foron por exemplo a creación de PELEFISA (Peletería Fabril Ibérica),destinada ao aproveitamento da pel das ovellas meiriñas e doutros ani-mais sacrificados no matadoiro de Mérida ou o da Granja Céspedes crea -da en Cayar (Badajoz), para fornecer a este de gando porcino, ou o deIndustrias Pecuarias Gallegas (Granxa do Louro) no Porriño. Estas dúasúltimas empresas combinaron a cría de diversas especies animais cunhaimportante investigación en sanidade animal e selección xenética. Ocentro porriñés destacou pola súa contribución ao desenvolvemento daraza porcina Large White en España mentres que o estremeño fíxoopolos seus experimentos xa a finais dos corenta en inseminación artificialno gando vacún e mais na produción de soro profiláctico para a peste por-cina procedente do sacrificio de porcos sometidos a hiperinmunizacióncon virus da peste.8 Dentro desta estratexia informal de integración verti-cal e diversificación coherente sería en todo caso na química e no trans-porte onde os irmáns Fernández acadarían máis notoriedade.

442Empresarios de Galicia

8 Laguna (2004).

Page 443: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Da carne á química e ao transporte

O segundo dos sectores que, tanto cronoloxicamente coma en impor-tancia das súas iniciativas, ocupou a atención do empresario lucense foio químico-farmacéutico, no que entraría a través da constitución en Vigono ano 1939 de Zeltia. Esta sociedade anónima, pioneira nos anais da his-toria empresarial española pola inclusión da creación científica como partedo seu obxecto social, foi o resultado da alianza dos Fernández co médicovigués Ramón Obella Vidal, director do Instituto Bioquímico MiguelServet, e mais con algúns dos seus socios naquela empresa. O Institutofora fundado en Vigo en vésperas da Guerra Civil por un grupo de profe-sionais entre os que se contaban ademais de Obella o farmacéutico viguésFrancisco Rubira Fariña e o funcionario do Cuerpo Pericial de Contabi-lidade del Estado Alexandre Bóveda Iglesias. O Instituto, constituído paraa explotación comercial das dez patentes farmacéuticas que subministraraObella, viu traxicamente interrompido o seu obxecto social coa subleva-ción militar, que deu no fusilamento de Bóveda e a marcha do galeno vi-gués a Portugal. Obella patentaría alén da fronteira, co apoio dos Fer-nández, a marca Celtia para un dos seus preparados, o que lle daría nomeá nova empresa na que recalaría ao seu regreso en Galicia tras da guerrae baixo a protección dos arrendadores do Matadoiro do Porriño.9 Obella,de militancia galeguista na preguerra, abandonou o Instituto Miguel Servet,e participou na constitución de Zeltia cos irmáns Fernández, con JoséRuiz Gómez e con dous antigos correlixionarios galeguistas, Fidel IslaCouto e Fernando Calvet; este último acababa de ser desposuído da súacátedra de química na Universidade de Santiago. Nos anos seguintes, con Antonio Fernández López como primeiro

presidente, incorporaríanse a Zeltia outros investigadores que sufriranrepresalias do réxime entre os que se contaron Isidro Parga Pondal e Mi -guel Catalán, profesores expulsados das universidades de Santiago eMadrid respectivamente e mais o que sería recoñecidísimo bioquímicoFaustino Cordón, que atopou acougo na empresa porriñesa á súa saídado cárcere. Deste xeito asumía o risco político que significaba a comezosdos corenta incorporar a este amplo equipo de desafectos ao franquismo,

443José Fernández López

9 Gurriarán (2004).

Fotografía da páx. seguinte:Panorámica das instalacións

de Zeltia no Porriño, circa 1950.

Arquivo da Imaxe do Porriño

Page 444: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 445: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 446: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Zeltia conseguiu contar cun excepcional equipo científico ao servizo daestratexia do grupo empresarial que dirixía o avogado lucense. Os seusprimeiros esforzos centráronse no aproveitamento de glándulas e outrossubprodutos dos matadoiros do Porriño e de Mérida así coma da floramedicinal de Galicia (caruncho do centeo, beladona, efedra) para a ela-boración de medicamentos e especialidades veterinarias. Ao terceiro anode actividade, Zeltia producía xa insulinas, vitaminas e sulfamidas. Con-tra 1944, a empresa entra na fabricación de insecticidas coa síntese doDDT, que axiña faría popular baixo a denominación de ZZ. En 1947comeza a incluír as algas mariñas como base para a elaboración dalgúnsdos seus compostos.10

Zeltia ocupaba xa a altura de 1946 un importante protagonismo noconxunto da química española. Nese ano concorrería, asociada a outroscatro laboratorios e baixo a razón social de Antibióticos, S.A., ao concursoconvocado polo goberno para adxudicar as que serían as dúas primeirasplantas de fabricación de penicilina españolas. Cun 23% do capital ecunha ben importante participación técnica na fábrica que a novaempresa implantará en León dous anos despois, Zeltia sería o motordesta firma pioneira ata os anos setenta. A firma porriñesa actuaría aíndanoutra ocasión como viveiro e promotora doutra empresa do sector quí-mico-farmacéutico, Alumbres Químicos, S.A. nacida no ano 1948 para afabricación de sulfato de alumina en plantas estabelecidas en Sevilla,Tolosa e Valencia. O sulfato de alumina era un produto utilizado nadepuración das augas potábeis así coma pola industria papeleira e queescaseaba naqueles anos de illamento económico por mor da falta dundos compoñentes precisos para a súa fabricación, o hidrato de alumina,que tradicionalmente se importaba. Zeltia desenvolveu en 1945 un pro-cedemento para a elaboración de sulfato de alumina a partir dos caolínspobres que outra empresa participada polos irmáns Fernández producía(Kaolines de Lage). Alumbres tería os seus momentos estelares duranteos derradeiros anos corenta e os primeiros dos cincuenta nos que JoséFernández López ostentaba máis do 50% do capital.

446Empresarios de Galicia

10 Carmona e Nadal (2005).

Page 447: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Se a entrada no sector químico-farmacéutico pode ser entendida, polomenos inicial e parcialmente, como un xeito de contribuír a mellorar osresultados da industria cárnica mediante o uso dalgúns dos seus subpro-dutos ata aquel entón non utilizados, a constitución de TRANSFESA(Transportes Ferroviarios Especiales) tamén pode selo como un xeito demellorar as canles de comercialización do negocio cárnico no seu sen-tido mais amplo. Contra 1943, ano da fundación da empresa citada, otransporte de gando en vivo constituía aínda unha das pólas de negociodos irmáns Fernández. Esta actividade víase afectada naquela altura polafalta de material móbil da recentemente constituída RENFE, o que mo-veu os irmáns Fernández a promover a constitución dunha nova empresaque realizase a través dun amplo parque de vagóns propios a subministra-ción de gando destinado á alimentación das grandes poboacións españo-las. Para fundar TRANSFESA asociáronse a un bo coñecedor do negocioferroviario e excelente contacto no seu interior. Manuel María de Arrillaga,que se acababa de xubilar naquel mesmo intre, fora director xeral adxuntode MZA (Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante)e subdirector xeral de RENFE durante os dous primeiros anos de existen-cia da empresa pública. Arrillaga sería o primeiro presidente da nova em-presa transportista. Aínda que o gando foi o primeiro transporte de TRANS-FESA, moi logo se estendeu o negocio aos produtos agrícolas, e mais enparticular os cítricos, que se converteron axiña na súa principal liña de ne-gocio. O feito de que o destino destes últimos fose precisamente a expor-tación moveu a TRANSFESA a buscarlle solucións ao problema do dife-rente ancho de vía español en relación coa europea. Con este obxectivoa empresa produciu unha innovación de enorme uso posterior, os vagónsde eixes intercambiábeis, que foi, a carón do uso por primeira vez en Es-paña dos vagóns refrixerantes, a súa contribución máis relevante ao avancedo sector dos transportes en España.

TRANSFESA, que foi a primeira experiencia internacional de José Fer-nández López chegou a ser a primeira empresa europea da súa especiali-dade, cunha frota de 14.000 vagóns distribuída por todo o continente. Foiademais orixe doutras tres iniciativas do grupo empresarial dirixido porJosé Fernández López. Dúas delas, SEMAT e TAFESA, domiciliadas enMadrid e dedicadas á construción, reparación e xestión do seu material móbil.A terceira, a xerar tráficos para a transportista nas estacións do ano nas

447José Fernández López

Page 448: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

que cesaba o transporte de laranxas. Tal foi a finalidade de Frutos Selectos,unha empresa destinada á comercialización de froitas e outros produtos. Cárnicas, química e transporte concentraron a maior parte da aten-

ción de José Fernández López e foron os sectores nos que estiveron asempresas máis importantes promovidas polo grupo familiar. Mais iso nonquere dicir que foran as únicas. José Fernández interveu tamén no sectormineiro galego a través de dúas sociedades, Kaolines de Lage e Titania,S.A. Na primeira delas entrou cando xa a empresa levaba algúns anos fun-cionando mediante unha operación de conversión de débeda por capitale mantívose nela ata 1960 no que cedeu a súa participación a un, xadaquela antigo compañeiro de aventuras, Isidro Parga Pondal que, en rea-lidade, viña sendo a alma da empresa. Na segunda, dedicada á investiga-ción e á explotación do mineral que lle daba nome á firma, cedeulle moiaxiña o protagonismo ao seu irmán Antonio. Dentro igualmente do sec-tor mineiro José Fernández López tivo intereses durante os anos corentae cincuenta na empresa SIAL (Sílice y Aluminio) e mais nas estremeñasminas de fosfatos de Logrosán. A súa residencia estremeña e a súa vincu-lación coa economía local levou a José Fernández López a fundar en1945 e manter durante moitos anos a presidencia do Consello de Admi-nistración da Corchera Estremeña, S.A., dedicada nas súas plantas deMérida e Fregenal de la Sierra á elaboración de paneis de cortiza, utili-zábeis —entre outros usos— para os recubrimentos dos vagóns frigorífi-cos. A máis importante fábrica estremeña de fabricación de ladrillos ematerial de construción desta época anterior a 1960 pertenceu tamén aogrupo dirixido polo avogado lucense.A colección de iniciativas empresariais ás que nos referimos, indican

claramente a orientación de José Fernández López cara a actividadesinnovadoras, cunha estratexia de crecemento na que se combinabandous elementos. Dunha banda a integración vertical de tipo informal, édicir, mantendo a independencia das empresas, que só tiñan en comúno control polo grupo familiar. Da outra, a diversificación coherente, oque é dicir, entraba sempre en sectores con algún tipo de relación conaqueles nos que xa estaba presente o grupo. Desde un punto de vista sec-torial, a actuación dos Fernández tivo un rumbo claramente industria-lista, que os levou a desbotaren a participación na maior parte dosnegocios inmobiliarios ou financeiros nos que tiveron ocasión de entrar.

448Empresarios de Galicia

Page 449: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

En realidade, a única participación relevante nestes sectores foi a quetiveron en Paternal Española, unha empresa hispano-francesa de seguros,onde José Fernández López e Álvaro Gil ocuparon cargos no Consellode Administración, e na que se viran inducidos a entrar polos elevados ris-cos dalgunhas das súas actividades. A diferenza doutros moitos empresarios da época autárquica, José

Fernández López non só non participou na política do Réxime senónque mostrou unha particular habilidade para escapar dos diversos cargosnos sindicatos verticais que pola importancia das súas empresas foi cha-mado a ocupar. Posto que a negativa radical a entrar no xogo dos organis-mos corporativos podía, en moitos casos, traer consecuencas indesexadas,delegou sempre nalgúns dos seus colaboradores, moi especialmente enAlvaro Gil Varela, que chegou a ser presidente do Sindicato Nacional deIndustrias Cárnicas e mais do de Pesca. Pragmático e máis interesado entirar o mellor partido das capacidades dos seus colaboradores ca nas súasopinións ou no seu pasado político, José Fernández López xuntou nosConsellos de Administración das súas empresas a dirixentes falanxistascon represaliados do Réxime, foi así quen de reunir extraordinarios equi-pos humanos ao seu arredor, un trazo este que foi tamén unha das clavesdo seu éxito como empresario.O grupo Fernández foi, xa que logo, o único dos tres grandes grupos

empresariais que medraron nos anos da Autarquía en Galicia, o que édicir, o de Barrié (Banco Pastor), o dos Menéndez-Páramo (Banco delNoro este) e o seu propio, o único que non se propuxo nunca dispoñer dunbrazo bancario destinado a captar recursos para a súa expansión indus-trial. Tampouco, e a diferenza dos empresarios implicados na pesca e naconstrución naval puido facer un uso relevante dos préstamos da BancaOficial. Como se financiou logo o crecemento do grupo empresarial? Poissemella que combinando dous elementos principais: o reinvestimento dosrecursos xerados polo propio grupo e a utilización do crédito bancario,fundamentalmente do Banco Hispano Americano. Durante os anos 1939a 1946 o saldo medio debedor da firma José Fernández López-Mataderode Mérida co devandito banco foi o quinto máis importante dos que man-tiveron con el as empresas privadas españolas.11 Só por detrás de Carbo-

449José Fernández López

11 Tortella e García Ruíz (2003).

Page 450: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

nell, Unión Española de Explosivos, Unión Eléctrica Madrileña e Os-borne y Cía, o industrial galego tivo un saldo debedor que multiplicabapor máis de cincuenta o capital fundacional de Zeltia.

Mudando cos tempos: a viraxe de finais dos cincuenta e o nacemento de Pescanova

Desde o pasamento de Antón de Marcos no ano 1931 ata finais dosanos cincuenta, os irmáns Fernández López continuaran xuntos na maiorparte dos negocios que, baixo a batuta de José, emprenderon nos máis di-versos ámbitos. O maior deles, Antonio, máis técnico ca empresario, asu-mira en todo caso funcións directivas en varias ocasións, aínda que nin-guén discutía que o verdadeiro empresario era osegundo dos irmáns. Pero contra 1957 co dealbarda liberalización económica pilotada polos novostecnócratas, era unha nova xeira a que se abría, eas estratexias empresariais que valeran para un pe-ríodo de economía pechada e cuartelariamente in-tervida non eran previsibelmente válidas para a novaxeira que principiaba. Deste xeito, comezaron a ca-llar novas iniciativas nas que os irmáns Fernándeztomaron derrotas diferentes. Prodúcese así unhaprofunda viraxe na vida empresarial de José Fer-nández López e dos seus irmáns. A partir daquelmomento, nas empresas antigas continuarán xuntosos catro; nas novas, tomarán camiños diferentes.Probabelmente a primeira empresa impor-

tante na que se manifestou o novo rumbo dos ne-gocios familiares foi Cementos del Noroeste. Aquí a iniciativa corres-pondeulle ao maior dos irmáns, Antonio, e agromou do viveiro deempresas que, en certo sentido foi Zeltia. O proxecto da que sería pri-meira cementeira galega foi elaborado por un equipo baseado na fábricaporriñesa, formado por Antonio e por dous de vello colaboradores seusna mesma planta: Isidro Parga Pondal e Fidel Isla Couto, aos que se en-gadiron Arcadio Arienza e Álvaro Gil Varela, o tamén grande empresa-rio e home de confianza da familia. Dos irmáns Fernández estraba ta-

450Empresarios de Galicia

Bendición do arrastreiroconxelador Villalba. Ano 1963. No centro o almirante Nieto Antúnez. Á súa dereita Valentín PazAndrade e, coa miradabaixa o segundo á súadereita, José FernándezLópez. O último á esquerda,na liña diagonal e con lentes escuras, é AntonioFernández López. Arquivo Pacheco

Page 451: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

mén Manuel nesta iniciativa. Co proxecto de estabelecer a fábrica noOural (preto de Sarria) concorreron ao concurso convocado polo Minis-terio de Industria no ano 1956 para o estabelecemento dunha «fábricade cemento artificial Pórtland na zona Noroeste», ao que tamén se pre-sentaran inicialmente Cementos Rezola e a Compañía Española de In-dustrias Electroquímicas (CEDIE). O proxecto de Noroeste, comezaría aproducir no ano 1962 e iría ampliándose paseniñamente, coa comprada vella Cementos Cosmos, situada no próximo Toral de los Vados, emais coa constitución de toda unha rede de empresas consumidoras doseu produto para o seu uso na construción. Este feixe de empresas daríalugar a un segundo grupo empresarial ligado a Antonio e Manuel Fer-nández López que adoptaría axiña a forma de sociedade hólding baixo adenominación de Corporación Noroeste. Neste sentido de adaptación ás fortes mudanzas que está a experi-

mentar a economía española a comezos dos sesenta, José tomaría axiñatres iniciativas que demostran a súa percepción das oportunidades quexeraban aquelas e que o converteron nun pioneiro da moderna industriaagroalimentaria española. Comezará por aproveitar a primeira liberaliza-ción que se produce no sector do algodón en 1962 para estabelecer unhavez máis en Badajoz unha das que serían primeiras empresas non oficiaisdedicadas ao desmontado da fibra e mais á transformación de subprodu-tos, a Agro-Industrial Estremeña. Para aproveitar o proceso de transforma-ción da gandaría española que aínda se comeza só a albiscar, e queconduciría nos anos seguintes a unha espectacular substitución da tradi-cional alimentación baseada en forraxes de procedencia local por outrabaseada en pensos industriais, constituirá NUASA (Nutrimientos Anima-les, S.A.), que coa súa fábrica do Porriño se convertería axiña nunha dasmaiores plantas da súa especialidade en Galicia. Probabelmente a máisimportante das actuacións do grupo neste ámbito fora en todo caso aampliación das actividades desenvolvidas na xa antiga Granja Céspedes,na que se constrúen durante os primeiros sesenta, e dentro do marco doPlan Badajoz,12 unha planta para a pasteurización de leite e mais unnovo matadoiro de aves, actividades ambas nas que se comezaba daquela

451José Fernández López

12 Barciela, López e Melgarejo (1998).

Page 452: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a albiscar o fortísimo aumento da demanda dos seus produtos á que con-duciría o crecemento económico español da década.O ocorrido no sector agroalimentario, onde José Fernández combina

nos anos sesenta a promoción de novas empresas coa ampliación e adap-tación doutras antigas aos novos tempos, tivo o seu reflexo tamén no eidoda química. Zeltia, que fora desde os comezos unha empresa aberta aoexterior, con técnicos que visitaban os laboratorios norteamericanos eeuropeos en plena Guerra Mundial, organizárase en catro divisións xanos anos cincuenta para atender de xeito descentralizado as diversas acti-vidades que desenvolvía. Coa apertura dos anos sesenta tería que subscri-bir acordos con multinacionais do sector para poder manter unha carteirade produtos que competisen na nova situación, o que tivo como resultadoa reconversión das divisións en tres novas empresas: Zeltia Agraria e ICIFarma, en colaboración coa inglesa Imperial Chemical Industries (ICI),que agruparon as antigas actividades da empresa porriñesa nos eidos far-macéutico e fitosanitario respectivamente, e mais Cooper Zeltia, querecollía a fabricación de insecticidas e produtos de uso veterinario.A viraxe de 1960 non supuxo, xa que logo, que José afrouxara o ritmo

das súas iniciativas, que non se limitaron ao sector agroalimentario, poisen 1963 participaría na fundación da Vidriera de Castilla, unha empresana que entraría da man do seu antigo socio de Antibióticos, Juan Abello.Pero, sobre todo, das empresas creadas a partir do momento no que Joséemprende un camiño independente, a máis salientábel desde o punto devista da innovación que representaba e da súa transcendencia posteriorsería —sen dúbida— Pescanova.Ás veces presentouse a José Fernández López como un individuo que

acababa de chegar ao sector pesqueiro cando no ano 1960 promove acrea ción de Pescanova, pero o certo é que levaba bastantes anos forte-mente interesado nel. Aínda que nos anos anteriores non tivera unha par-ticipación directa e tan destacada coma noutros sectores económicos,estivera asociado cos irmáns Massó —como xa dixemos— durante a Gue-rra Civil e, sobre todo, mantivera un estreito contacto desde comezos doscincuenta con MAR. (Motopesqueros de Altura Reunidos), unhaempresa viguesa que xogara un papel relevante no desenvolvemento dafrota española de grande altura. Algúns dos directivos de MAR—que ade-mais participarían logo na fundación de Pescanova—, comezaran a per-

452Empresarios de Galicia

Page 453: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

correr xa no ano 1952 todos aqueles portos europeos nos que se produ-cían innovacións na pesca ou na construción de pesqueiros. Durante asegunda metade da década, acompañados dalgúns enxeñeiros navaisvigueses, continuaron as visitas e coñeceron de primeira man a constru-ción e o funcionamento inicial do mítico Fairtry, o primeiro arrastreiroconxelador inglés, e dos primeiros buques factoría rusos construídos enKiel. Algún destes enxeñeiros informaba puntualmente de todos estesavances tecnolóxicos nas frecuentes ocasións nas que coincidía na súaviaxe por ferrocarril de Vigo a Madrid con José Fernández López. Polasúa banda, Valentín Paz Andrade, o avogado vigués e experto pesqueiroque non só representaba a armadores e construtores navais vigueses namaioría dos seus problemas xurídicos senón que nas súas viaxes actuabacomo canle para as vendas dos seus produtos nos países aos que era con-vidado para dar conferencias sobre temas da súa especialidade, asesorá-bao no que atinxe ás posibilidades de actuación nos novos sectores. José Fernández López estivo así convencido xa varios anos antes da

fundación de Pescanova das enormes perspectivas que ofrecía o negocioda pesca a longa distancia coa incorporación da conxelación a bordo. Endiversas ocasións, tratou de empurrar a Javier Sensat Curbera e a GasparMassó a tomaren a iniciativa, pensando que a súa maior experiencia nosector lles daría vantaxes. Só cando se fixo evidente que estes non íanfacelo decidiu encargar el mesmo, ao seu nome, dous conxeladores a unestaleiro da ría para os destinar á pesca no hemisferio sur. Cando poucosmeses despois, se constitúa Pescanova, a nova empresa incorporará estesencargos ao seu activo, uns encargos que tras a súa botadura, e baixo osnomes de Lemos e Andrade, encetarán a aventura pesqueira galega nohemisferio sur. A nova empresa incorporaba entre os seus fundadores empresarios e

técnicos procedentes dos principais sectores relacionados coa pesca.Expertos pesqueiros como Valentín Paz Andrade, construtores navaiscomo Román Fernández Davila ou Carlos e Alejandro Barreras, todoseles á beira dalgúns dos máis tradicionais colaboradores de José Fernán-dez, como era o caso de Álvaro Gil Varela. O obxectivo da empresa era ode ir á captura da pescada a Sudáfrica e Arxentina para logo —unha vezconxelada a bordo—, traela para a súa venda en tal estado no mercadoespañol. Tratábase dun proxecto ambicioso e innovador porque signifi-

453José Fernández López

Page 454: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

caba que a nova empresa iría pescar a raios de 5000 millas cando a frotaespañola nunca pasara das 800 e as outras europeas das 1000 ou 1500. Sórusos e xaponeses acadaran raios semellantes. Pero ademais, ao incorpo-rar non só a pesca no hemisferio sur senón tamén a conxelación total dacarga, algo que non fixeran os míticos Fairtry ou Lord Nelson, convertí-ase tamén nunha empresa innovadora no eido internacional.Pero non chegaba con presentar no porto de Vigo ou noutros merca-

dos españois o novo produto que era a pescada conxelada. As peixarías eprimitivos supermercados da época non dispoñían de instalacións de frío,os camións que transportaban o peixe, tampouco, e finalmente, eran pou-cos os fogares españois de 1960 que contaban con neveira. A empresaviguesa, como as da carne sobre as que Alfred Chandler estabelecealgúns dos seus máis coñecidos argumentos verbo das orixes da integra-ción vertical,13 viuse forzada a crear unhas canles e uns mercados novospara un produto novo como era o peixe conxelado, utilizando iso si —efoi unha das súas vantaxes fronte a outras empresas— a rede de distribui-dores comerciais da súa tradicional actividade cárnica. Tivo para iso quefacerse cunha frota de camións frigoríficos propia, ofrecer infraestruturapara os puntos de venda e todo un conxunto de activos complementariosprecisos para poder valorizar o produto. Todo isto fíxose moi ás présas ecun éxito certamente notábel. Pescanova preparoulles así o camiño aoutras empresas imitadoras, e constituíu o chanzo fundamental para queo consumo de peixe se espallase a novas capas sociais.Nesta aposta pola innovación Pescanova non era, en realidade, distinta

doutras iniciativas de José Fernández López, pois tal e como xa vimos fo-ran igualmente innovadoras as súas intervencións na industria cárnica,na química ou no transporte. De feito, segundo contan algúns dos seus co-laboradores, o empresario lucense desbotaba entrar en sectores madurosou mesmo naqueles onde as perspectivas foran demasiado evidentes. Nestesentido, Pescanova pode considerarse a etapa superior na que se manifes-tan con máis amplitude as características do estilo emprendedor de JoséFernández López. Dunha banda, e como acabamos de ver, a innovaciónde produto e mesmo de sector. Doutra, a integración vertical como forma

454Empresarios de Galicia

13 Chandler (1987).

Page 455: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

máis característica de crecemento; no caso de Pescanova non só a integra-ción informal como en experiencias anteriores, senón a integración ver-tical en todo o sentido da expresión, forzada quizais pola especificidadedos activos precisos para a comercialización. Unha terceira característicafoi o rumbo industrialista común en toda a actuación do empresario, queaxiña tomaría corpo na empresa pesqueira a través da merca e construciónde instalacións en terra para o procesado non só da pesca capturada senóntamén de vexetais, pratos precociñados e outros, que permitirían tanto

axudar á desestacionalización do traballo nes-tas últimas plantas como obter economías degama polo aproveitamento de canles comúnsde distribución. Pescanova era xa a comezos dos anos se-

tenta a maior empresa pesqueira da EuropaOccidental, un caso atípico de empresa mul-tinacional nunha Galicia que non dispoñía deningunha outra, e mesmo nunha España ondehabería que agardar ás privatizacións dos no-venta para que tal tipo de empresas tivesen al-gunha consistencia. E é que a empresa viguesafoi multinacional desde os seus propios co-mezos. Dunha banda, pola propia extensióndas súas áreas de operación: Sudáfrica primeiro,

o golfo de Guinea, o banco sahariano, Angola, Mozambique e o Atlán-tico Noroeste moi pronto. Da outra, porque desde practicamente aquelescomezos, estabelece empresas filiais nas áreas onde pesca, en colabora-ción con empresarios locais. Esta práctica que comeza coa constituciónen África do Sur de Sea Harvest en 1963 orientaría a Lei de empresas con-xuntas de 1976 que lle permitiría a unha parte importante da frota conxe-ladora sobrevivir aos problemas da implantación das Zonas EconómicasExclusivas a mediados dos setenta. Pero o problema das Zonas Económicas Exclusivas non foi o único

que por aqueles anos lle afectou a Pescanova, que se convertera no granreto de José Fernández López ata o punto de que se instalou a vivir en Vi -go e de que lle dedicou a ela a maior parte do seu traballo diario duranteos derradeiros vinte anos da súa vida. A especialización da empresa

455José Fernández López

A actual sede social de Pescanova fora orixina-riamente construída porCOPIBA, unha empresabacallaeira viguesa, quecesaría a súa actividade a

finais dos cincuenta. Arquivo Pacheco

Page 456: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

456Empresarios de Galicia

Page 457: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

457José Fernández López

viguesa na extracción e na comercialización de pescada conxelada bateucoa política de regulación de prezos dalgúns produtos básicos que osgobernos da época implementaron para frear a inflación, e que incluírona aquela na lista de «bens e servizos suxeitos a réxime de vixilancia espe-cífica». Deste xeito, a empresa non puido repercutir nos seus prezos a for-tísima elevación dos custos do combustíbel ocasionada pola crise dopetróleo. A tesoira de prezos a piques estivo de dar coa pioneira damoderna pesca española nas mans do INI, cousa que non ocorreu porqueJosé Fernández optou por sacrificar a súa participación noutras empresaspara salvar Pescanova. Deste xeito, entre 1975 e 1979 venderá a súa par-ticipación en Transfesa e Zeltia (que posteriormente recuperaría), asícoma en Industrias Frigoríficas del Louro, que pasaría a COREN.Tras a difícil superación da crise dos setenta, Pescanova continuou a

ampliar tanto as súas unidades pesqueiras coma as súas instalacións enterra. Hoxe en día é practicamente a única grande empresa española dosector da alimentación non controlada por grupos multinacionais estran-xeiros. A diferenza das iniciativas dos irmáns Fernández anteriores a 1960,o crecemento da empresa viguesa foi non só de tipo interno ou mediantepolíticas de integración vertical, senón que se desenvolveu ao longo doseu xa case medio século de existencia a través de diversas compras eabsorcións doutras empresas de diversos países, entre elas algunha dasmáis importantes pesqueiras francesas. Á súa volta a Galicia, tras a venda do Matadoiro de Mérida, José Fer-

nández López ampliou a súa actividade de patrocinio na súa terra de orixe,unha actividade que se materializou en tres direccións principais. Afec-cionado á historia e mais á arte, levaba xa desde os anos corenta reunindounha importante colección de pintura, nomeadamente española dos sé-culos XIX e comezos do vinte, que lle iría cedendo principalmente aoMuseo de Pontevedra. Este museo, que dirixía o seu amigo Filgueira Val-verde, non só recibiu do empresario lucense un conxunto de importantesfondos pictóricos senón tamén de escultura, de libros, de manuscritos an-tigos e de artes suntuarias, así coma o propio edificio no centro antigode Pontevedra. Unha segunda liña de patrocinio en Galicia orientounacara ás actividades de formación, así apoiou o Instituto de Ensino Medioe o Círculo Recreativo do Porriño e os Colexios Universitarios de Vigo eLugo. Finalmente, mantivo, a carón do seu irmán Antonio e do seu máis

Page 458: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

sobranceiro colaborador, Álvaro Gil Varela, unha estreita relación cos cír-culos culturais da Galicia da época, ao colaborar e contribuír economi-camente a históricas coleccións literarias como Benito Soto xa en 1945,do que ambos foron primeiros «subscritores de honra» ou Bibliófilos Ga-llegos, así coma á fundación da Editorial Galaxia no ano 1950.O seu interese na agricultura e na gandaría levárao xa nos seus pri-

meiros anos como empresario a colaborar con entidades comprometidascoa renovación da agricultura galega, como fora o caso da Misión Bioló-xica de Galicia, que dirixía Cruz Gallástegui, así coma a impulsar elmesmo actividades nas súas empresas destinadas á mellora das razas por-cinas ou da sanidade pecuaria. Asentado xa en Vigo, tras o final da súaaventura estremeña desenvolvería experiencias innovadoras en Galicia,tales como o cultivo do tabaco capeiro na provincia de Pontevedra oucomo a introdución do kiwi na mesma provincia. José Fernández Lópezcoidaba que estes produtos, como tamén o viño no que con menos éxitotratou de se introducir, podían ser unha caste de solución para o pro-blema do minifundio, pois o seu carácter fortemente comercial e o seuelevado valor en relación cos cultivos máis tradicionais permitiría mello-rar os ingresos dos campesiños. No caso do kiwi foi en realidade o intro-dutor en España, algo que fixo a través dunha empresa denominadaActinidias Chinensis, razón social que tivo que adoptar porque a donome vulgar da froita estaba rexistrado por unha empresa que fabricabacrema para a limpeza de calzado.Nos seus derradeiros anos, ata o seu pasamento en 1986, José Fer-

nández López abandonou a súa tradicional política de creación ou par-ticipación en novas empresas e concentrou os seus esforzos en Pescanova.Mesmo, como xa vimos realizou importantes desinvestimentos nalgunhasdas empresas que el creara ou contribuíra a crear. A última que abandonoufoi Antibióticos no ano 1985, en desacordo coa adquisición de maioríanesta innovadora empresa por parte de Mario Conde que, en realidade,o que pretendía era venderlle á italiana Montedison. Cos recursos obtidospola venda do seu 23% na empresa leonesa recuperou en parte o con-trol de Zeltia. Química e pesca foron así os últimos obxectos de aten-ción empresarial daquel avogado lucense que se convertera a partir dosanos corenta nun dos máis grandes empresarios españois do século.

458Empresarios de Galicia

Fotografía da páx. anterior:Arrastreiro conxeladorAndrade, un dos buquesencargados a título personala Ascón por José FernándezLópez, e un dos dous que,integrados xa en Pescanova,serían pioneiros na pescaespañola do Atlántico Sur.Cortesía de Pescanova

Page 459: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Bibliografía

Anónimo: «Las Grandes Fortunas», en Ho-rizonte Español 1972, vol. 3.

Barciela, C., I. López, e J. Melgarejo(1998): «Autarquía e intervención: el fra-caso de la vertiente industrial del PlanBadajoz», Revista de Historia Industrial,núm. 4.

— (2004): «La intervención del estado enla industria agroalimentaria durante elfranquismo (1939-1975)», Revista deHistoria Industrial, núm. 25.

Carmona, X., e J. Nadal (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de his-toria, A Coruña, Fundación Pedro Ba-rrié de la Maza.

Chandler, A. (1987): La mano visible. Larevolución en la dirección de la empresanorteamericana, Madrid, Ministerio deTrabajo.

Gómez Mendoza, A. (1995): «El Plan Fri-gorífico español (1947-1951)», Revistade Historia Industrial, núm. 8.

Gurriarán, R. (2004): «A investigación cien-tífica en Galicia (1900-1940): institu-cións, redes formativas e carreiras acadé-micas. A ruptura da Guerra Civil», tesede doutoramento inédita, Universidadede Santiago de Compostela.

459José Fernández López

Laguna, E. (2004): «Función de la veteri-naria en el progreso de la Sanidad y dela Zootecnia en Extremadura durante elsiglo XX», en Actas del X Congreso Na-cional de Historia de la Veterinaria, Oli-venza, Junta de Extremadura.

López Facal, X. (1979): «El poder indus-trial: grupos y monopolios», en J. A. Du -rán (coord.): Galicia: realidad econó-mica y conflicto social, Banco de Bilbao.

Martínez López, A. (1988): Orixes e difi-cultades da primeira experiencia de coo-perativismo agroindustrial en Galicia: omatadeiro de Porriño (1928-1949),O Po-rriño.

Pousa, A., e V. Arias (2006): Antonio Fer-nández López. Empresario, reformador yfilántropo, Vigo, Ir Indo.

Tamames, R. (1977): La oligarquía finan-ciera en España, Barcelona, Planeta.

Tortella, G., e J. L. García Ruíz (2003):«Banca y política durante el primer fran-quismo», en G. Sánchez Recio, e J.Tascón: Los empresarios de Franco. Po-lítica y economía en España, 1936-1957,Barcelona, Crítica.

Zapata Blanco, S. (ed.) (1996): La indus-tria en una región no industrializada: Ex-tremadura, 1750-1990, Cáceres, Univer-sidad de Extremadura.

Page 460: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

MANUEL GARCÍA CAMBÓN1907-1993

Page 461: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Eduardo Rico BoqueteProfesor titular da Universidade de Santiago

Orixes humildes e comezos difíciles

A figura de D. Manuel García Cambón está estreitamente vinculadaá historia do sector forestal en Galicia durante o século XX, máis concre-tamente á industria de primeira transformación da madeira e produciónde taboleiro aglomerado. A súa traxectoria profesional iniciouse comoserrador no monte nos seus anos de xuventude, posteriormente instalousecomo propietario de varios serradoiros e, xa na súa madureza, chegou aconverterse nun dos empresarios de referencia no sector. De feito, o seunome está ligado, xuntamente co do seu irmán Antonio, a un dos máisimportantes proxectos industriais de Galicia, a empresa Financiera Ma-derera S.A., líder actual no mercado de taboleiros aglomerados de España.1Manuel naceu na aldea de Logrosa (Negreira), o 27 de novembro de

1907, e foi o segundo de sete irmáns. A temperá idade sufriu a perda dasúa nai, quedou orfo aos 12 anos, foi este un acontecemento tráxico queinfluíu de maneira fundamental na súa evolución persoal e que rematouafectando á relación co seu pai.Igual que lle aconteceu a moitos dos nenos da súa época, o paso pola

escola foi un episodio tan fugaz que apenas lle permitiu adquirir os coñe-

DE SERRADOR A EMPRESARIO

Manuel García Cambón

1 Agradézolle a D. Manuel García Baliña a información que me subministrou sobre oprotagonista desta biografía, que resultou fundamental para a súa elaboración.

Page 462: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

cementos básicos, ou sexa, aprender a manexar as catro regras, ler e escri-bir. Máis tarde foi adquirindo algúns complementos de formación, grazasá axuda prestada por algúns amigos e mercé ao seu propio empeño poraumentar os coñecementos.Aos catorce anos comezou a traballar como aprendiz de carpinteiro

no taller dun veciño, sen percibir soldo e, deste xeito, comezou a vincu-larse co sector da madeira. Un ano despois, xunto cun traballador portu-gués, Manuel comezou a dedicarse ao serrado de madeira no monte paraá que manexou unha serra portuguesa e percorría os montes das aldeaspróximas. Ese foi o seu primeiro contacto directo co monte e aí gañou osseus primeiros xornais. Deste xeito, Manuel comezou a súa actividade profesional nun

momento moi interesante para a industria da madeira e para o sectorforestal en Galicia. Unha etapa que se caracterizou pola expansión, lentapero imparábel, do piñeiro bravo, especialmente polas zonas costeiras, epola progresiva implantación de serradoiros, cuxos castelos axiña come-zaron a formar parte da nosa paisaxe. En efecto, desde comezos do séculoXX, Galicia comezou a perfilarse como unha das rexións con maiorpotencial forestal e a existencia, en 1910, de 143 serradoiros era unha boamostra disto. A abundancia de materia prima, a proximidade aos merca-dos consumidores e a facilidade de comunicación constituían os princi-pais factores de localización desta industria, a maioría de cuxas factoríasse asentaban nas provincias da Coruña e Pontevedra. Manuel casou con 21 anos con Sara Baliña Pérez, unha moza de Bur-

gueiros (Ames), filla única de labradores podentes da que o pai fora emi-grante en América. Este acontecemento marcou o devir persoal de Ma-nuel e tamén o seu futuro profesional, por canto supuxo o abandono domonte e a posibilidade de comezar a traballar como serrador na pequenainstalación fabril que tiña o seu sogro. Por aquel entón, esta instalación,constituída por unha serra sen fin, traballaba de forma intermitente, postoque só se dedicaba ao serrado daquelas madeiras que lle levaban os labra-dores para o seu uso persoal, a semellanza dos muíños maquieiros. A incorporación de Manuel implicou un cambio notábel neste

aspecto pois, sen deixar de serrar para fóra e grazas ao investimento enmaquinaria efectuada polo propietario do serradoiro, considerouse a posi-bilidade de traballar en réxime continuo, dedicándose á produción para

462Empresarios de Galicia

Page 463: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

o mercado. Así foi como se decidiu, contra 1931 e en colaboración cunnovo socio, a instalación do serradoiro de Portanxil (Ames), propiedadeda empresa Rubira y García Cambón S.L., que se acababa de crear. Estafábrica destinouse á produción de táboa e táboa pequena para envases,que constituían as elaboracións máis requiridas no mercado de Santiago,sen esquecer outras actividades como a fabricación de doelas destinadasá confección de envases para diversos usos. Para a obtención de tales elaboracións empregaban de maneira case

que exclusiva madeira de piñeiro galego, que era adquirido en pé no monte,circunstancia na que un bo comprador podía conseguir prezos intere-santes que ampliasen as marxes de beneficio. E un bo comprador era aquelque, entre outras cousas, sabía calcular con acerto o número de metroscúbicos que tiñan as árbores en venda, mediante o emprego de fórmulasmatemáticas. Certamente, Manuel non tiña os coñecementos necesariospara aplicar as citadas fórmulas de maneira proveitosa, non obstante, emediante procedementos máis rudimentarios, procurara o xeito para cal-cular con grande aproximación o volume da madeira que pretendía ad-quirir, o que lle permitiu obter maiores marxes. Así mesmo, a atenciónque sempre lle prestou á innovación e a preocupación constante por con-seguir un mellor aproveitamento da materia prima combináronse paraque, mediante a incorporación de nova maquinaria, máis precisa e quepermitía un serrado de maior calidade, se puidesen obter producións me-llor elaboradas e con menos custos. Isto permitiu, por exemplo, unha di-minución paulatina do grosor da táboa empregada para elaborar envasessen que este cambio implicase variación do prezo final, o que levou a unharedución dos custos de materia prima e transporte, ao mesmo tempoque facilitaba un mellor aproveitamento da madeira, factores que re-dundaron nun incremento dos beneficios.En todo caso, os bos resultados iniciais avalaron a iniciativa do novo

xestor e proporcionáronlle os beneficios e a confianza necesaria para pro-ceder á compra de novos piñeirais e á ampliación do negocio. Nesteempeño, Manuel sempre contou co apoio económico do seu sogro, quesoubo apreciar as súas calidades como administrador, a súa seriedade nonegocio e o seu bo talante no trato persoal. Esta cordialidade no tratotamén lle facilitou o contacto con outras persoas pertencentes a grupossociais con certa solvencia económica, as cales xogaron un papel moi sig-

463Manuel García Cambón

Page 464: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

nificativo no futuro profesional de García Cambón ao decidir investir osseus capitais en proxectos dirixidos por este.A creación dun segundo serradoiro presentouse como unha necesi-

dade imperiosa ao proceder á compra dun gran piñeiral situado nunhaleira do municipio de Negreira. En efecto, dados os escasos medios detransporte resultaba imposíbel trasladar a madeira ao serradoiro de Por-tanxil, o que obrigou a apertura dunha nova factoría naquel municipio,nas inmediacións do pazo de Cotón, co obxectivo inicial de procesar insitu os piñeiros adquiridos. Como vemos, estamos falando de factorías dereducidas dimensións e de carácter familiar, como o eran a maioría dasfábricas que existían en Galicia no ano 1935. Factorías cuxa proliferaciónestaba vinculada, sen dúbida, ao proceso de crecemento experimentadopolas cidades e vilas galegas durante o primeiro terzo do século XX,2 asícoma o despegue doutras actividades económicas e industriais,3 quedeberon de contribuír ao aumento da demanda de madeira destinada áconstrución, á carpintaría, aos envases diversos e a outros usos.

A grande expansión da posguerra. A creaciónde Financiera Maderera, S.A.

Durante a Guerra Civil (1936-39), García Cambón foi mobilizado eas súas fábricas foron militarizadas co fin de contribuír ao esforzo bélicodos militares golpistas, mediante o abastecemento do exército sublevado.A pesar das súas anteriores simpatías pola figura de Manuel Azaña, nuncativo ningún problema coa ditadura, o que tal vez fose debido ao feito deque o seu socio, Rubira, fose xefe de Falange Española Tradicionalista yde las JONS en Negreira.É moi posíbel que, igual que sucedeu noutros casos, os negocios rea-

lizados nestes tres anos contribuísen de maneira substancial a consolidara posición económica da nova empresa e lle permitisen considerar a posi-bilidade de continuar o seu proceso de expansión nos anos seguintes. Eesa posibilidade converteuse en proxecto nada máis rematar o conflito.

464Empresarios de Galicia

2 Villares (2004).3 Carmona (2001).

Page 465: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Dese xeito, en 1939, parte dos beneficios obtidos reinvestiríanse nacompra duns terreos en Pontecesures, xusto na beira do Ulla, coa finali-dade de proceder á instalación dunha nova factoría. O lugar fora elixidoa conciencia, se consideramos que tiña excelentes facilidades para a co-municación terrestre e marítima, ademais de contar cunha abundanteoferta de materia prima, dada a existencia de bastantes piñeirais nas súasinmediacións.Ao rematar a Guerra Civil produciuse un grande incremento da

demanda de madeira, motivado polo desenvolvemento dos labores dereconstrución e acentuado pola orientación autárquica dos xestores eco-nómicos da ditadura, coa conseguinte redución das importacións demadeira a cifras insignificantes. Este incremento do consumo provocouun aumento dos prezos da madeira e, por conseguinte, un despraza-mento das diferentes calidades para tratar de paliar, con aplicacións demáis valor, o aumento dos custos de materia prima. E esa foi a grande ocasión para que as elaboracións feitas con piñeiro

galego (pinus pinaster), conquistasen novos mercados e se destinasen aoutras aplicacións. Así o constataban os responsábeis do Ministerio deAgricultura:

A súa madeira (a do piñeiro galego), que deica o ano 1936 non tiveraoutros usos que a táboa de envases e o rolo de mina, asolaga rapidamente,a partir desta data, o mercado da construción nos seus máis diversos usos,ata o extremo de que o mercado de Madrid, que non coñeceu nunca amadeira de piñeiro galego, pode dicirse non consome hoxe máis parquécó manufacturado con esta clase de madeira.4

Por outra banda, este proceso de conquista de novos mercados fíxosenun contexto de alza persistente dos prezos da madeira, o que debeu deproporcionarlles grandes beneficios a aquelas industrias mellor situadasou con maior capacidade de produción. De feito, o incremento dademanda facía inútiles todas as tentativas da Administración forestal porestabilizar o prezo da madeira, e a citada comisión víase obrigada a reco-ñecer que pretender adquirir madeiras a prezos oficiais era una quimera:«Non é posíbel conseguir travesas nin envases á taxa oficial cando cal-

465Manuel García Cambón

4 Comisión (1947), p. 10.

Page 466: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

quera outra aplicación vale seis ou oito veces máis». E o maior incre-mento dérase nos prezos da madeira en monte: «Os prezos acadados polometro cúbico de madeira en pé xa superiores en moitos casos aos da taxada madeira serrada no mercado, desbordaron a máis fantástica especula-ción».5 Noutros termos, a taxa fomentaba o mercado negro e este propor-cionaba inxentes beneficios.Neste período, a participación de Rubira nas fábricas de Portanxil,

Negreira e Pontecesures, foi vendida a Agustín Sarrasquete, empresario quelle achegaba experiencia marítima á firma e co que García Cambón cons-tituíu unha nova empresa denominada Navicom (Naviera Compostelana).Deste xeito, a empresa pasou a dispoñer de dous barcos de pequeno caladoque se empregaban no transporte de madeira de Pontecesures a Vilagarcía,para o seu traslado a outros portos de España. Ao mesmo tempo, aprovei-taban o retorno dos buques para proverse doutros produtos (tellas, sal, fer-tilizantes e sementes), que posteriormente lles eran vendidos aos pequenoscomerciantes, tendeiros ou taberneiros das vilas próximas. Finalmente,en 1944, Sarrasquete vendeulle a súa participación a García Cambón.

466Empresarios de Galicia

5 Comisión (1947), p. 12.

Anuncio de FINSA inserido na Revista deMontes, ano 1955

Page 467: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Durante este período asistimos a unha verdadeira proliferación deserradoiros por toda a xeografía galega. Neste sentido, e malia a deficienciadas estatísticas, as evidencias son irrefutábeis e existe unha total coinciden-cia entre os datos cuantitativos e as conclusións de determinados estudos einformes realizados por profesionais do sector e asumidos polos responsá-beis ministeriais. A notábel expansión dos serradoiros galegos pode apre-ciarse no seguinte cadro, confeccionado a partir dos datos extraídos dediversas fontes.

467Manuel García Cambón

Neste contexto de expansión do sector, en 1945, un grupo de empre-sarios propúxolle a García Cambón constituír unha sociedade de certaentidade, dedicada á actividade madeireira e á venda por xunto doutrosprodutos, na que el desempeñaría o papel de xestor e eles participabancomo socios capitalistas. Un dos impulsores da idea foi José Parga Moure,coñecido empresario que obtivera grandes beneficios co comercio de vol-framio, xunto con Victoriano Fabeiro, do pazo Cotón e alcalde deNegreira durante a II República. Así mesmo, Ángel Pardo de Vera, nota-rio da citada vila, e José Reino Caamaño, avogado e catedrático deDereito Mercantil na Universidade de Santiago, tamén amosaron o seuinterese polo proxecto.Despois dos necesarios contactos e estudos previos, decidiron poñer

en marcha a súa idea de creación dunha sociedade anónima que agru-pase os serradoiros da súa propiedade e que se dedicase de maneira pre-ferente, aínda que non única, á produción e á comercialización deprodutos maderábeis. Así, o 12 de xuño de 1946 dirixíronse á vila de Ne -greira, perante cuxo notario, Ángel Pardo de Vera, se formalizou a cons-

Cadro 1 Evolución do número de serradoiros (A) e de aparatos de serra (B) en Galicia, 1936-1954

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra TotalA B A B A B A B A B

1936 108 223 44 73 66 108 114 329 332 733

1943 140 285 66 104 94 151 245 510 545 1.050

1945 322 694 127 219 145 211 259 618 853 1.7421954 558 959 152 222 153 231 268 671 1.131 2.083

Fonte: Exposición (1944), Ministerio de Agricultura (1947) e Servicio de la Madera (1955).

Page 468: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

468Empresarios de Galicia

titución dunha nova sociedade de carácter anónimo denominada Finan-ciera Maderera, S.A. (FINSA). O capital nominal ascendía á cantidade de5.100.000 pesetas, e foi subscrito na súa totalidade mediante a adquisi-ción de 10.200 accións, a un prezo de 500 pesetas por acción.No consello de administración, e como correspondía á súa posición

predominante, Manuel García Cambón era o único que figuraba comoFundador e reunía na súa persoa os cargos de secretario e directorxerente. Xunto con el, José Reino Caamaño exercía de presidente e,

Aserradoiro de FINSA enPontecesures contra 1955.Cortesía da empresa

Page 469: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

469Manuel García Cambón

como conselleiros, figuraban Antonio García Cambón, Prudencio BaliñaCampos e Alfonso Reino Santiso. Esta composición do consello mantí-vose durante bastantes anos, ata mediados da década de 1960, momentono que se procedeu a unha importante ampliación de capital e, en con-secuencia, déuselles cabida a novos membros no citado órgano.Desde entón, de maneira paulatina pero sen pausas, a sociedade ini-

ciou un continuado proceso de expansión industrial que o levaría a con-verterse nunha das principais empresas do sector. De feito, a súa capaci-dade de compra era das maiores de Galicia, como recollen os documentosdo Servizo da Madeira, creado en 1948 co obxectivo de rematar coa anor-malidade na distribución e nos prezos da madeira. García Cambón ad-quiriu o correspondente Certificado Profesional de clase B, núm. 2.082,estabelecido para aquelas persoas ou entidades que posuían fábricas deprimeira transformación da madeira, o que o facultaba para adquirir ataun total de 19.000 m3 de madeira no monte.6 A maior cantidade consig-nábaselle á fábrica de Padrón (8000 m3), despois á de Ames (6000 m3),Negreira (3000 m3) e Noia (2000 m3). Ao mesmo tempo, podía adquirirun máximo de 9000 m3 de madeira nos montes da provincia de Ponte-vedra con destino ao abastecemento da fábrica de Vilagarcía.O obxectivo principal de García Cambón era dedicarse á compra, á

venda e á serra de madeiras nacionais e estranxeiras, pero non por iso dei-xaría de intervir noutros sectores nos que houbese boas perspectivas paraos negocios. Por iso, tamén incluíu entre as súas actividades a realizaciónde transportes marítimos e terrestres, así coma a compravenda de fertili-zantes químicos e materiais de construción. Esta firma axiña se deu acoñecer no mercado nacional da madeira e enviou as súas elaboraciónsaos portos da España meridional e Canarias. Daquela, FINSA contaba coas factorías de Portanxil, Noia, Negreira,

Vilagarcía e Pontecesures, todas localizadas en zonas nas que abundabanos piñeirais e o Patrimonio Forestal do Estado levaba a cabo unha intensacampaña de repoboación forestal. A empresa tamén posuía depósitos demadeira nas tres últimas localidades citadas e en Santiago de Compostela. A comezos da década dos 50, García Cambón decidiu concentrar a

actividade na factoría máis moderna e con maior capacidade de produ-

6 Decreto do 2 de abril de 1948, (BOE do 20 de maio de 1948).

Page 470: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

470Empresarios de Galicia

ción. Foi así como decidiu ampliar a fábrica de Pontecesures, ao mesmotempo que pechaba as factorías de Noia e Vilagarcía. Neses anos, estafábrica contaba coa seguinte maquinaria: tres serras de cinta de 1,30, 1,20e 1,10 metros de diámetro, todas con galera pequena; unha serra de cintade mesa de 1,10; catro serras de cinta de 1 metro e unha de 0,90 m de diá-metro; dúas serras circulares e unha máquina de afiar serras de cinta.Todo isto propulsado por unha máquina de vapor de 125 HP que lle per-mitía producir ata 16,5 m3 de madeira ao día, elaborando madeiras pa-ra a construción, carpintaría e ebanistaría, ademais de táboa pequenapara envases, travesas para ferrocarril e pexas para minas. Na decisión por ampliar esta fábrica e concentrar aquí a súa activi-

dade sen dúbida influíron diversos motivos, entre os que destacan os fac-tores de localización xa sinalados anteriormente. Igualmente, parece in-dubidábel que a renuncia da Papelera Española S.A. a instalar a súa fábricade pasta mecánica nesta mesma localidade para a que xa posuía o per-miso correspondente e adquirira os terreos necesarios, debeu de consti-tuír un motivo de tranquilidade para o citado empresario xa que evitabaa presenza dun forte competidor na adquisición de materia prima.7A solicitude de ampliación foi cursada o 10 de decembro de 1951 e

foille concedida o 17 de abril de 1952. A citada ampliación en si mesmanon era moi importante, pero si é digna de ter en conta posto que, a tra-vés dos avatares que sofre esta, amosa de forma elocuente o funciona-mento da máquina intervencionista do franquismo e a actitude dalgúnsindustriais, instalados nun cómodo status quo que pretendían manter atoda custa, remisos a permitir calquera proceso de innovación ou expan-sión fabril que puidesen alterar esta situación.En efecto, desde o punto de vista administrativo, presentar un pro-

xecto de ampliación da industria non era tan doado xa que, dado o sis-tema intervencionista creado polo franquismo, se esixían toda unha seriede requisitos e determinados informes, os cales, sendo desfavorábeis, po-dían dilatar o proceso e quebrantar a paciencia do máis decidido. Na pe-tición de FINSA, asinada por Sergio Santiago Sebio Martínez, apoderadoda empresa, enumerábanse as máquinas que se ían incorporar, entre elasunha serra de mesa (de 105 cm de diámetro) e dúas serras circulares, «pro-

7 Rico Boquete (2001).

Page 471: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

471Manuel García Cambón

cedentes do centro de traballo de Noia». Ademais, tamén pensaban in-corporar unha máquina de grampar, para unir a madeira, unha máquinaque agargala para preparar a madeira destinada a envases, unha serra demesa, para aproveitar os desperdicios producidos na serra de carro co ob-xecto de preparalos para producir envases; tres máquinas de afiar serras eunha de afiar circulares; un tronzador mecánico de monte (de gasolinacon 3 HP). En total, o capital da ampliación ascendía a 104.200 pesetas,cunha potencia térmica instalada de 125 HP e 10 obreiros homes comoman de obra necesaria para atender as novas máquinas.Este proxecto contou co ditame favorábel do Servizo da Madeira e co

da Delegación Provincial de Industria, sempre e cando non implicase unaumento da capacidade consumidora. Porén, a oposición proveu do orga-nismo patronal do sector, o Grupo Nacional de Rematantes y Aserradoresde Maderas Españolas, o cal elevou de inmediato un documentado es-crito no que rexeitaba a proposta. O informe do Grupo Nacional, asinadoo 28 de xaneiro de 1952, alegaba o acordo adoptado pola súa comisiónpermanente o 3 de xullo de 1946, opoñíase de maneira terminante á ins-talación ou á ampliación de calquera industria dado que por entón habíaserradoiros instalados con capacidade para elaborar máis de 6 millóns dem3 de madeira, «cando as posibilidades máximas de corta en igual períodonon acadan a 2.000.000 de m3». Polo tanto, «Sobradas industrias hai entranso de liquidación e venda para que se autoricen novas industrias queagraven o precario abastecemento dos serradoiros en explotación».Pola súa parte, García Cambón denunciou a actitude do Grupo

Nacional e acusouno de opoñerse «dun xeito sistemático, a toda publica-ción de ampliación ou nova industria de serraría que se faga no B.O. delEstado».8 Así mesmo, nun escrito posterior alegaba que as máquinas soli-citadas non modificaban as características da industria xa que o seuemprego non supoñería un aumento do consumo de madeira. Tratábasede introducir melloras técnicas que permitisen un mellor aproveitamentoda madeira e aumentar a calidade do produto. Despois destas aprecia-cións, o propietario da industria consideraba que deixaba contestada «aabsurda oposición da empresa oposicionista [sic]».

8 AGA, sección de Industria, Nuevas Industrias, Cª 6109, exp. 35.341.

Fotografía da páx. seguinte:Panorámica de Ponte

Cesures contra 1950. Enprimeiro plano, a fábrica de

leite condensado deIndustrial Lechera

Peninsular (grupo Nestlé).Na outra beira do río, o grande aserradoiro

de FINSA

Page 472: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 473: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

O certo é que García Cambón nunca tivo un especial inte-rese por participar nos organismos verticais creados polo réximeco obxectivo de «ordenar e dirixir» o sector. Estes organismos es-taban dirixidos por algúns dos principais empresarios e pretendíancontinuar vivindo da protección oficial, por exemplo, tratando deimpedir a implantación de novas fábricas ou a ampliación dasxa existentes co fin de manter un status quo que lles garantía a súapreeminencia no sector. Ou ben, esixían liberdade de prezos paraos produtos forestais ao mesmo tempo que pedían a fin de todasas importacións de madeira destinadas a envases.Coa progresiva ampliación das súas actividades e coa súa

maior presenza no mercado nacional, a empresa axiña comezoua ser considerada como das máis coñecidas e solventes de Gali-cia; destacou a alta calidade dos seus produtos e disto fixéronseeco algunhas publicacións vinculadas ao sector forestal. Segundoa revista Montes, órgano do Corpo de Enxeñeiros de Montes:«Entre os madeireiros de maior prestixio debemos citar a Finan-ciera Maderera, S.A., de Santiago de Compostela, con factoría enCesures e a Industrial Maderera S.L., de Cedeira».9Por outra banda, a mediados dos anos 50, nun contexto de

progresivo recoñecemento internacional do Goberno de Franco,a empresa iniciou unha política de apertura ao exterior co fin deprocurar novos mercados para os seus produtos. O éxito desta ini-ciativa traduciuse no estabelecemento de canles de comerciali-zación para os seus produtos (envases e táboa) en países tandiversos como o estado de Israel (que se acaba de crear), Marro-cos e Iraq. No medio europeo, no que a competencia doutros paí-ses era moi forte, as primeiras exportacións foron enviadas aomercado holandés. Pouco tempo despois producíronse importantes cambios na

configuración do grupo empresarial, provocados pola decisión deParga Moure de abandonar o grupo, o que obrigou a repartir assúas propiedades. Desta maneira, a firma Navicom, que mantiña

473

9Montes: 1953: 46.

Page 474: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

a propiedade da fábrica de Portanxil (Ames), quedaba en posesión do ci-tado empresario, mentres García Cambón optaba por continuar coa fac-toría de Pontecesures. Un dos principais problemas que lle afectaban a este sector consti-

tuíao o alto grao de dispersión e atomización, o que, entre outras cousas,favorecía a tendencia ao individualismo. Por outra banda, non existíaningún tipo de vínculo asociativo entre as empresas con maior presenzano mercado, máis alá da pertenza ás entidades oficiais creadas polo ré-xime para «ordenar» esta industria (Grupo Provincial de Rematantes yAserradores). A constatación deste feito, e os prexuízos que deste se deri-vaban, fíxolle considerar a García Cambón a necesidade de chegar aacordos de colaboración con outros empresarios do sector co obxectivode coordinar os seus esforzos para mellorar a súa situación no mercadonacional e internacional. En principio, a idea foi ben recibida e así xurdiu,a finais dos anos cincuenta o Consorcio de Serrerías Gallegas (COSEGA),a primeira iniciativa de asociación comercial que pretendía aumentar opotencial produtivo e competitivo da industria madeireira galega.No consorcio participaron os máis importantes serradoiros instalados

en Galicia, ata un total de doce, o que evidenciaba o atinado da propostade García Cambón e a coincidencia de pareceres e obxectivos entre estesempresarios. Máis en concreto, as primeiras iniciativas dirixíanse á crea-ción dunha sociedade distribuidora, a mellora dos estándares de calidadee a colaboración na distribución da materia prima entre os asociados, evi-tando os movementos innecesarios desta (movementos falsos de mercan-cía). Non obstante, e malia os bos augurios iniciais, axiña se evidenciaronserias desavinzas entre os asociados que dificultaron a consecución dasmetas iniciais. A falta de tradición, a desconfianza e os problemas xurdi-dos no traballo cotián no seo do consorcio fixeron o resto, o que signifi-cou a fin do proxecto asociativo.

A innovación e diversificación como solución á crise

A proliferación de talleres de serrado supuxo unha considerábel ele-vación no consumo de materia prima, aínda que sempre por debaixo dacapacidade de produción instalada, e debeu de influír de maneira notábelno incremento do prezo da madeira en pé. De feito, segundo o número

474Empresarios de Galicia

Page 475: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

de aparatos de serra existentes en 1954, calculábase que a capacidade realdos serradoiros ascendía a 1.970.760 m3 de madeira en pé, mentres que aposibilidade de compra que figuraba nos certificados profesionais de claseB cifrábase en 1.124.215 m3. Segundo algunhas fontes, boas coñecedorasdo sector, nese mesmo ano as cortas de madeira en Galicia ascenderona 1.319.625 m3 de madeira, en rolo e con casca. Deles, a maior parte des-tinábase á elaboración mecánica, 800.537 m3, e o resto, 519.088 m3, a ou-tros usos (apeas e travesas). De seren certas estas apreciacións, asistiriamosa un dobre fenómeno: as cortas reais superaban as autorizadas e, maliaisto, a capacidade dos serradoiros era superior á madeira cortada.Este feito, que forzaba a algúns serradoiros a reducir a súa actividade

durante uns meses ao ano, xunto coa progresiva liberalización da econo-mía española a partir de 1959, que facilitou a importación de madeira,agudizaron a difícil situación que vivía o sector. Por iso, nos informes emi-tidos polos técnicos forestais comezaron a ser habituais as referencias áexistencia de serios problemas neste sector, o que cofirmaba que algúnsindustriais se viran obrigados ao peche temporal das súas instalacións ouá redución do tempo de traballo. Pouco a pouco, eses peches temporaisfixéronse definitivos e o número de serradoiros comezou a descender demaneira bastante rápida, sobre todo durante a década dos setenta.Así, o que a comezos dos anos sesenta se definía como «atonía do mer-

cado» axiña se transformou en crise aberta, como referían os sucesivos in-formes dos enxeñeiros de montes: «A industria de serradoiro reséntesedunha mingua no volume de pedidos, especialmente nas clásicas evolu-cións de táboa grande e táboa», situación agravada pola competencia exer-cida pola industria da celulosa, «que afirma os prezos en monte», e

[…] impídelles aos serradoiros a posibilidade dunha redución nos de ofertaque puidese estimular a saída de produtos. Isto, unido á escaseza de mande obra en monte e fábrica, co conseguinte incremento de salarios e coarepercusión nos custos, contribúe a provocar unha situación crítica na vo-luminosa e dispersa industria provincial do serradoiro, impedida de aco-meter a necesaria modernización de equipos.10

475Manuel García Cambón

10 Boletín de Informaciones del Ministerio de Agricultura, 125, 1967.

Page 476: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

476Empresarios de Galicia

Porén, non todos os industriais reaccionaron da mesma maneira,aínda cando non todas as iniciativas de innovación ou diversificación reco-lleron o mesmo éxito. Neste caso, García Cambón considerou que a saídada crise pasaba por procurar novas elaboracións que permitisen aprovei-tar as vantaxes comparativas do sector forestal galego co obxectivo de xe-rar produtos de gran calidade e maior valor engadido. Por iso estimou que chegara o momento de poñer en marcha un novo proxecto indus-trial co fin de aproveitar os subprodutos xerados na primeira transforma-ción da madeira (leñas, serraduras e cascas), troncos defectuosos e apeas(puntais). Nas súas viaxes por diversos países europeos, García Cambón tivera

ocasión de coñecer novas elaboracións conseguidas a partir dos citadossubprodutos e de inmediato comezou a pensar na posibilidade de facer omesmo en Galicia, dada a gran cantidade de residuos xerados. Estas ela-

Instalacións de FORESA, a fábrica estabelecida porFINSA e TAFISA en 1962 en Caldas de Reis para afabricación de colas eoutros produtos químicosutilizados na industria dostaboleiros. Fotografía definais dos sesenta. Cortesía de FINSA

Page 477: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

477Manuel García Cambón

boracións tiveron unha excelente acollida no mercado, pola súa alta ca-lidade e polas súas múltiples aplicacións, e o seu uso continuaba en au-mento, especialmente nos países máis avanzados como Alemaña e Suecia.Ademais, nunha España inmersa en pleno período desarrollista e na queo sector da construción era un dos que experimentaban un crecementomáis destacado, era previsíbel que se producise un aumento na demandade taboleiros aglomerados.Despois de analizar as distintas patentes e os diversos tipos de tabolei-

ros aglomerados presentes no mercado europeo, García Cambón optoupor fabricar un taboleiro de boa calidade, constituído por tres capas, unhainterna máis grosa e de menor calidade e dúas externas máis finas. Destexeito, o taboleiro que se produciría en Galicia tería unha calidade supe-rior a outros taboleiros de produción nacional, por exemplo, os comercia-lizados baixo a firma Novopán.

Page 478: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Para acometer ese proxecto acudiuse a unha ampliación de capital,ata acadar os trinta e cinco millóns de pesetas, sen que isto implicasecambios notábeis na composición do consello de administración, no calxa figuraban os dous fillos do fundador, Manuel e Santiago GarcíaBaliña, como conselleiro secretario e director técnico, respectivamente.O custo da nova instalación fabril ascendeu a 68 millóns de pesetas e foifinanciada na súa maior parte con créditos da banca privada e pública, eun terzo con recursos propios.En 1965 púxose en marcha a fábrica de taboleiros aglomerados de

madeira en Pontecesures, comercializados baixo a denominación de Fi-mapán, cuxa calidade e competitividade axiña lle permitiron conquistarimportantes cotas de mercado, o que confirmaba o atinado das previsiónsdo citado empresario. Definitivamente, a nova orientación produtiva per-mitira superar a crise e situaba a empresa en inmellorábeis condiciónspara estabelecerse como a firma de referencia no taboleiro aglomerado. Este éxito e as excelentes perspectivas de mercado impulsaron a ins-

talación dunha nova planta de produción de taboleiro en Santiago deCompostela, no lugar de Brañas de Formarís e que lindaba coa estradanacional de Santiago á Coruña, de maiores dimensións e na que a co-mezos dos setenta tamén se instalou unha liña de serrado. A elecciónde Santiago como lugar de situación debeuse, entre outros factores, á exis-tencia de terreos en abundancia, o que permitiría ulteriores ampliaciónsse cumprise, facilidade para o abastecemento de materia prima e boas víasde comunicación.A comezos dos anos setenta xa se formulou un plan de ampliación da

factoría co fin de atender a fabricación de novos produtos. No proxectode ampliación tamén se contemplaba a fabricación de móbeis, así comaa construción de varios bloques de vivendas destinados a albergar ostraballadores da planta, proxecto que non se puido levar a cabo dado oinforme negativo dos técnicos municipais.Finalmente, foi neste período no que se levou a cabo, de maneira

«natural» e paulatina, a transición na dirección da empresa. Os novosdirixentes foron tomando nas súas mans as rendas da Sociedade, e deronpaso a un novo período de expansión da firma, caracterizado pola adqui-sición de novas factorías, pola firma de acordos de colaboración con outrasempresas do sector e co pulo que se lle deu á súa presenza no exterior.

478Empresarios de Galicia

Page 479: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Non obstante, e ata o seu falecemento —que tivo lugar en 1993—García Cambón sempre mantivo o interese por coñecer en detalle a evo-lución da empresa, por onde aparecía con certa frecuencia, a pesar daenfermidade que o obrigaba a estar inmobilizado durante longas etapas.

479Manuel García Cambón

Bibliografía

Agnoletti, M. (1998): Segherie e foreste nelTrentino. Dal Medioevo ai giorni nostri,San Michele all’Adige (Trento), Museodegli Usi e Costumi della Gente Trentina.

Ahvenainen, J. (1985): «The Competitiveposition of the Finish Sawmill Industry inthe 1920s and 1930s», Scandinavian Eco-nomic History Review, 3, pp. 173-192.

Balboa López, X. L. (1990): 0 monte en Ga-licia, Vigo, Xerais.

Carmona Badía, J. (1990): El atraso indus-trial de Galicia, Barcelona, Ariel.

— (1997): «O mar e a industrialización deGalicia», en O Feito Diferencial Galegona Historia, Santiago de Compostela,Museo do Pobo Galego, vol. 2, pp. 251-276.

— J. (2001): «Galicia: minifundio persis-tente e industrialización limitada», enL. Germán, E. Llopis, J. Maluquer deMotes, S. Zapata (eds.): Historia Eco-nómica Regional de España, siglos XIXy XX, Barcelona, Crítica, pp. 13-45.

Comisión para el estudio del plan eco-nómico-social de ordenación agrí-cola, forestal y ganadera(1947):Desarrollo del Plan trienal de Montes,Ministerio de Agricultura.

Fernández Prieto, L. (2000): Terra e pro-greso. Historia Agraria da Galicia con-temporánea, Vigo, Xerais.

Exposición de los industriales de la región ga-llega sobre situación de la industria de lamadera en la región gallega. Año 1954.

Prada Blanco, A. (1991): Montes e indus-tria. O circuíto da madeira en Galicia,Vigo, Fundación Caixa Galicia, (SerieEstudios Sectoriales 7).

Rico Boquete, E. (1999): Montes e indus-tria forestal en la provincia de Pontevedra(1900-1975). Antecedentes y desarrollode la Empresa Nacional de Celulosas S.A., Santiago de Compostela, Tórculo.

Rico Boquete, E. (2000): «Montes, indus-tria de serra e tráfico de madeira en Galicia. A provincia de Pontevedra noperío do 1875-1936», en L. FernándezPrieto (2000): Terra e progreso. HistoriaAgraria da Galicia contemporánea, Vigo,Xerais, pp. 405-440.

Romaní Barrientos, R., e J. HernándezBor ge (1980): Las industrias de la ma-dera en Galicia, Santiago de Compos-tela, Servicio de Mecanización de la Uni-versidad.

Villares Paz, R. (2004): Historia de Galicia,Vigo, Galaxia.

Zapata Blanco, S. (2001), «La madera enEspaña (C. 1850-C. 1950). Un primeresbozo», Revista de Historia Económica,XIX, 2, pp. 287-343.

Page 480: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

1910-2004

JOSÉ RODRÍGUEZ LÓPEZ

Page 481: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Para a elaboración da biografía do empresario José Rodríguez Lópezrecorremos basicamente a entrevistas mantidas con dous dos sobriños quemáis colaboraron con el: Julio Rodríguez Lledó e José Luis RodríguezOtero. A reconstrución da evolución das súas empresas1 baseouse nasmemorias (Tablicia), xenerosamente cedidas polo seu presidente ErnestoJarabo Esteban, na documentación dos rexistros mercantís de Lugo ePontevedra, cuxa consulta me facilitaron desinteresadamente os seus res-ponsábeis, e da Delegación Provincial de Agricultura de Lugo, afortuna-damente conservada polo celoso director do IPA José Mouriño Cuba, asícoma en entrevistas mantidas con distintos empregados das súas empre-sas (Francisco Castedo, director da planta de Robra da actual Peñasantae José Yebra, director de produción da mesma fábrica). A todos eles,incluído Diego Fernández, responsábel do arquivo fotográfico de El Pro-greso, vaia o meu fondo agradecemento.Lamentabelmente, a documentación orixinal das empresas Granja

Arjeriz e Larsa desapareceu case que totalmente, fenómeno por desgrazabastante frecuente neste país, mesmo con outras sociedades importantes.

Alberte Martínez LópezProfesor titular da Universidade de Santiago

UN CAPITÁN DE INDUSTRIA Á VELLA USANZA

1 A contextualización destas baseouse principalmente nos traballos de Victoriano Cal-cedo e Alberte Martínez no libro de Domínguez (1996).

Page 482: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

482Empresarios de Galicia

Neste senso, facemos un chamamento á sensibilidade dos empresariose das súas organizacións representativas para a conservación e o accesoaos arquivos empresariais, fonte básica para a reconstrución do pasadodas compañías, que forma parte importante tamén da propia historia deGalicia.

As primeiras tentativas no sector lácteo antes da Guerra Civil

José Rodríguez López naceu na casa de Pousada, parroquia de Mariz,pertencente ao concello de Chantada o 11 de marzo do 1910 no seodunha familia de labregos acomodados, cuxo acceso á propiedade daterra se remontaba ao século XVIII cando menos.Eran un total de oito irmáns, por idade: Juan e Camilo, odontólogos

ambos en Chantada e Madrid, Celia, mestra —profesión que exerceuquince anos—, José, Antonio, Castor e Manuel, estes catro últimos devocación empresarial agropecuaria, e Joaquina. José ocupaba, pois, oposto número catro e era o maior dos que se dedicarían ao sector lácteoo que pode axudar a entender, xunto co seu carácter, a súa preeminenciainicial nos negocios familiares.Ora por continuar a tradición familiar, ou máis ben porque os seus ir-

máns maiores xa estaban a estudar bacharelato e non había suficientes re-cursos económicos, José cursou os seus estudos no seminario de Lugo.2Estivo a piques de ordenarse sacerdote pero finalmente decidiu non fa-celo, en parte se cadra por unha prolongada enfermidade que padeceu.Unha temperá anécdota que amosa o seu forte carácter era o feito deobrigar os seus irmáns menores a rezar con el cando volvía ao fogar desdeo seminario. Porén, con posterioridade abandonaría a práctica relixiosa,aínda que sempre mantivo boas relacións co estamento eclesiástico.Ambos proxenitores —Julio Rodríguez Quintana e Josefina López

Suárez— tiñan un nivel elemental de instrución e eran galegofalantes; a súa nai era unha muller de forte carácter, que herdaría seu fillo José. Asúa familia por parte paterna estaba integrada por agricultores acomoda-

2 Os irmáns menores formáronse co seu tío Xan de Forcados no Saviñao e en Madrid.

Page 483: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

dos e eran orixinarios de Pousada de Mariz (Chantada). En troques, a súapóla materna —procedente da aldea de Forcados (O Saviñao)—, eramáis ilustrada, composta por persoas de profesión liberal, tamén con pro-piedades agrarias pero de menores posibilidades económicas cá familiapaterna. Así por exemplo, os dous irmáns da súa nai realizaron estudosuniversitarios —ampliados no estranxeiro—, algo pouco frecuente naépoca nun medio rural aínda que acomodado. Neste senso, Julio LópezSuárez cursou estudos de tipo agrario en Alemaña —onde coñeceu aCruz Gallástegui—, que seguramente resultaron útiles nas primeirasexperiencias familiares na elaboración de produtos lácteos.Pero a figura sen dúbida máis salientábel foi o seu outro tío Juan López

Suárez, Xan de Forcados, dono dunhas leiras nesa aldea, médico que rea -lizou viaxes de estudos, como bolseiro, por Alemaña e polos EE.UU.3 Estapersoa foi a que máis influíu na vocación empresarial agroindustrial dosirmáns Rodríguez López. En efecto, ademais das súas preocupacións cul-turais, manifestou un grande interese —no contexto da burguesía ilus-trada rural do primeiro terzo do século XX impulsora do movemento agra-rista—, polos problemas do campo. Nesa liña promoveu diversas mellorasrurais na súa bisbarra natal, a construción de máis de cen quilómetros decamiños veciñais na provincia de Lugo —especialmente no seu concellodo Saviñao—, e colaborou, xunto co seu irmán Julio, coa Misión Bioló-xica de Galicia, onde mantivo amizade con científicos progresistas e ga-leguistas como Cruz Gallástegui e Odriozola.O primeiro terzo do século XX contempla o lento agromar do sector

lácteo galego.4 Ten lugar un importante crecemento da produción lei-teira e da cota galega no conxunto español. Porén, no interior da cabanabovina aínda non existía unha decidida especialización láctea. De feitoseguía predominando a tradicional función tripartita de carne, leite e tra-ballo, o que explica —xunto coa pobre selección xenética e deficiente ali-mentación— os baixos rendementos leiteiros. O que si se aprecia é unhacrecente concentración da produción láctea nas provincias do norte deGalicia, agraciadas por unhas mellores condicións naturais.

483José Rodríguez López

3 Filgueira (1974).4Martínez López (1991).

Fotografía da páx. seguinte:Fábrica de LARSA enVilagarcía, circa 1960

Page 484: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 485: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 486: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A meirande parte da produción destinábase ao consumo humano oudas crías. Non obstante, existía unha tendencia alcista na produción demanteiga e, sobre todo, queixo, sendo esta última o produto maioritario.En calquera caso, os métodos de obtención eran de tipo artesanal.A práctica totalidade das empresas lácteas galegas non superaban o

seu carácter familiar e pequeno tamaño, tanto en cantidade de leite reco-llido, produción, ou número de empregados. Os factores de localizacióntentan conxugar o seu carácter centrípeto respecto á produción leiteiracoa accesibilidade aos centros consumidores.Na década dos trinta comeza a penetración en Galicia de potentes

grupos empresariais foráneos, como o asturiano Mantequerías Arias e osuízo Nestlé.En definitiva, o sector lácteo galego, a pesar de dispor de certas con-

dicións naturais favorábeis non logra afianzarse plenamente durante esteperíodo, debido principalmente ao reducido do seu mercado autóctonoe á dificultade de acceso ao mercado español.Neste contexto é no que xorde a experiencia empresarial da familia Ro-

dríguez López. Por iniciativa dos dous tíos maternos citados —Julio eJuan—, estes e os seus catro sobriños menores comezarán a súa primeiraandaina empresarial, creando un estabelecemento lácteo en Arxeriz, pa-rroquia de Fión (O Saviñao) nos anos trinta. Esta iniciativa xurdiu en con-tacto coas Mantequerías Leonesas, cadea comercial creada dúas décadasantes e que iniciaba a súa expansión polo oriente galego buscando apro-visionarse da materia prima que lle dá nome. Desta compañía segura-mente recibirían material técnico, como desnatadoras mecánicas para asúa distribución entre o campesiñado da bisbarra e expediríanlle os pro-dutos envasados nas súas instalacións, cun grao mínimo de transformación,como era a norma habitual daquela na maior parte destas instalacións. Ocapital inicial era moi pequeno e debeu proceder de Xan de Forcados.Nos seus inicios José contou coa estreita colaboración dun antigo

compañeiro de seminario, Vázquez, natural de Rodeiro, que logo pasaríaa traballar en LARSA. Nesa época erguíase ás catro da mañá e ía en bici-cleta a recoller mostras de leite para controlar a súa calidade.Probabelmente en relación con estas inquedanzas pola transforma-

ción dos produtos agropecuarios asistiu —despois de abandonar o semi-nario—, a aulas nunha escola de capacitación agraria en Madrid, onde

486Empresarios de Galicia

Page 487: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

se impartían cursos de derivados lácteos, enoloxía, etc, seguramente esti-mulado polos seus tíos.Durante a guerra non foi mobilizado, quizais porque xa estaban na

fronte varios dos seus irmáns ou tamén por consideralo máis útil na reta-garda ca na fronte.

As dificultades do primeiro franquismo e a institucionalización societaria

A política agraria dos anos corenta vai sumir a agricultura galega nunhafonda crise, manifestada nun descenso das producións e dos rendementos;os retrocesos son especialmente significativos nas especies de maior rele-vancia e dinamismo na gandaría galaica, caso do vacún e do porcino.5O proceso de modernización iniciado no primeiro terzo do século

vaise deter de vez. A tendencia á especialización pecuaria será freada polaimposición dun enfoque forestal do monte. Afiánzase a orientación cár-nica da cabana, reforzada polo comportamento relativo do seu prezo e doleite.O sector lácteo tende, logo dunha recuperación da caída dos anos

corenta, a estancarse e perder peso nun conxunto español que está xacomezando a despegar.Un fito importante neste proceso de modernización foi o Plan de Cen-

trais Leiteiras de 1952.6 Pretendíase con el estimular a produción, parasatisfacer unha demanda expansiva, e mellorar a súa deficiente calidadehixiénica, prohibindo a venda de leite cru nas cidades e centralizando este.A súa aplicación foi moi lenta, así funcionaban a finais da década apenasun 10% das centrais previstas. A aplicación do Plan deu orixe á forma-ción de dous tipos de empresas, as centrais e as industrias transformadoras;as primeiras foron as que hexemonizaron o sistema lácteo español.O grao de comercialización e transformación industrial da produción

leiteira galega seguía sendo moi baixo. Porén, a instalación e expansióndunha serie de empresas estimulou a reorientación produtiva das explo-

487José Rodríguez López

5Martínez López (2000).6 Calcedo (1996), pp. 236-237.

Page 488: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tacións na súa área de influencia. A difusión do desnate mecánico doleite entre os labregos, case inexistente antes da Guerra Civil, colleu certopulo grazas aos esforzos de técnicos e empresas.Durante a guerra os tíos abandonaron o negocio e continuaron os

sobriños en solitario, que trasladaron as instalacións desde Arxeriz aChantada, probabelmente por estar situada nunha importante zonaabastecedora de leite, estar mellor comunicada e constituír un pequenomercado. A produción seguía centrada na manteiga, aínda que se co-meza xa co queixo.En 1947 tres dos irmáns afástaronse do primeiro dos negocios fami-

liares e pasan a establecer en Vigo, un mercado con máis potencial decrecemento que Chantada, unha pequena planta dedicada aos mesmosmesteres. LARSA, que tal, sería o nome da nova firma, ampliará axiña asúa actividade a Vilagarcía (c. 1950) e estabelecerá unha central leiteiraen Vigo, ao agarimo do Plan de 1952. O primitivo negocio de Chantadaquedaría daquela nas mans de José, que moi logo o ampliaría a Lugo eoutras localidades, ata a súa centralización na Robra no ano 1957.A constitución oficial de LARSA (Lacto-Agrícola Rodríguez Socie-

dad Anónima) tivo lugar en 1947, inicialmente baixo a denominaciónProductos Lácteos Gallegos. A sociedade —igual que Granja Arjeriz—foi rexistrada en Madrid, fenómeno bastante frecuente nas empresas es-pañolas da época, para estar preto dunha administración centralizada ediscrecional.Os socios fundadores foron os irmáns Camilo —residente en Ma -

drid— e Manuel, que achegaron cada un un terzo do millón e medio decapital inicial. O terzo restante ficaría en carteira, e foi desembolsado en1954 por outros irmáns, entre eles José, subscribindo este só cincoaccións de cinco mil pesetas cada unha. José ocuparía a presidencia doConsello de Administración desde a fundación da empresa ata 1953 enque abandonaría o posto e deixaría de concorrer ás ampliacións de capi-tal, por mor do distanciamento cos seus irmáns. LARSA e ARJERIZ segui-rán desde aquela camiños diferentes. A Sociedade Anónima Granja Arjeriz constituíuse en 1951 —e con-

servou o nome inicial— por José e Camilo, aproveitando outra volta aresidencia madrileña deste último, en cuxo domicilio se fixou a razónsocial. O seu capital inicial, de 600.000 pesetas, foi subscrito nos seus

488Empresarios de Galicia

Pavillón de Granja Arjeriz na Exposición Industrial de Galicia, Vigo, agosto-setembro 1944

Page 489: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

489José Rodríguez López

Page 490: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

dous terzos por José e o resto polos irmáns e pola nai. Deste xeito Joségarantíase o control da nova sociedade, cuxa presidencia ostentará caseque ininterrompidamente ata 1982, así evita as disensións xurdidas enLarsa cos seus irmáns. Non obstante, os seus irmáns Camilo e Manuelacompañárono no Consello de Administración ata os anos sesenta.A denominación da empresa pretendía entroncala co núcleo orixina-

rio. Debido á dificultade de comunicacións e ao fragmentado e ao espa-llado da oferta, creou varios estabelecementos de recollida e centralizacióndo leite, onde se desnataba para obter manteiga, na zona de Chantada,Ferreira de Valadouro, Rende (preto de Ribadeo), Cambeo (Coles, pretode Ourense), Sarria, Friol e Lourenzá. Porén, as primeiras referencias ofi-ciais localizadas sitúan as instalacións en Vilalba, a mediados dos anos 40,onde se dedicaba á fabricación de manteiga e queixo.En 1957 levouse a cabo o seu traslado a Robra (Outeiro de Rei), onde

deu o salto definitivo da manteiga ao queixo e adaptouse con axilidadeaos cambios nos gustos dos consumidores. Os principais motivos do tras-lado foron centralizar a zona de recollida e as facilidades para a exporta-ción dos produtos elaborados, por mor da proximidade ao ferrocarril e áestrada A Coruña- Madrid.O labor pedagóxico de Granja Arjeriz e LARSA para convencer os

campesiños de orientar a súa produción cara ao mercado foi importante,pois o predominio dunha economía autosuficiente, reforzada durante oretroceso do primeiro franquismo, motivaba que houbese pouco costumede vender leite,7 o que unido ao minifundismo, espallamento das explo-tacións e deficientes comunicacións ocasionaba un forte encarecementona obtención da materia prima. Esta escaseza obrigaba ás veces a dispu-tar con outras empresas as redes de provedores, que se estendían bastantexeograficamente, aínda que a competencia non era moi forte neses anosdebido ao escaso número de fábricas. Co gallo de evitar disputas frater-nas, chegouse a un acordo de repartición territorial da recollida do leiteentre Arjeriz (centro e norte da provincia de Lugo) e LARSA (parte sur deLugo, e Pontevedra).

490Empresarios de Galicia

7 Ademais diso, estaba socialmente mal vista a súa venda, considerada cousa de pobres,de aí que ás veces se fixese ás agachadas.

Page 491: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Nesta liña modernizadora José Rodríguez promoveu, aproveitando oseu predicamento entre os labregos dada a súa extracción rural e autóc-tona, campañas de mellora da cabana e a importación de exemplaresespecializados e altamente produtivos de raza frisona.Aínda que residiu case que toda a súa vida en Lugo, entre 1954 e

1956 viviu en Venezuela, onde o home da súa irmá Celia tiña negocios,quizais para sondar a posibilidade de crear alí algunha sociedade tamén,para aproveitar a bonanza da economía venezolana da época.

A expansión e diversificación de actividades cara ao sector forestal nos anos sesenta e setenta

Unha serie de factores vanse conxugar para provocar un importantepulo da demanda de produtos gandeiros en España nos anos sesenta e pri-meiros dos setenta. Entre eles cómpre citar o crecemento demográfico, ointenso dun proceso de urbanización e industrialización, o aumento darenda, a evolución dos prezos relativos e o fenómeno turístico. A partir dos anos sesenta a agricultura tradicional galega entra nun

proceso de lenta erosión e reoriéntase cara a aqueles produtos nos queposuía vantaxes comparativas e nos que a produción da cornixa cantá-brica estaba acadando o seu teito: consolidarse como abastecedora cár-nica e desenvolver o seu potencial lácteo.A diferenza do acontecido no primeiro terzo do século este proceso

de «modernización» estará agora liderado polas industrias, con presenzado capital estranxeiro sobre todo a partir dos anos oitenta.Dentro da produción final animal destaca o progresivo incremento

na participación do leite e dos ovos, ilustrativo da paulatina orientaciónláctea da cabana galega.8Nas producións lácteas obsérvase un crecemento acelerado, ao incre-

mentarse a transformación industrial, especialmente en forma de queixo,seguindo as novas pautas de consumo.Estas positivas expectativas de negocio van ser aproveitadas rapida-

mente polos irmáns Rodríguez, que proceden a unha serie de sucesivas

491José Rodríguez López

8Martínez López (1996).

Page 492: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ampliacións das súas respectivas empresas ao longo dos anos sesenta e se -tenta, coa finalidade de incrementar as súas capacidades produtivas emodernizar tecnoloxicamente as súas instalacións.A este respecto, cómpre salientar a preocupación de José Rodríguez

por manter actualizada tecnicamente a súa fábrica. Porén, menor impor-tancia lles concedía aos aspectos de mercadotecnia xa que seguía consi-derando que un bo produto se vendía só (o bo pano na arca véndese). Asúa preocupación esencial era a modernización tecnolóxica, pero nontiña un plan global deseñado previamente que fose desenvolvendo, senónque a súa empresa se ía ampliando tecnicamente dun xeito un tantodesor denado, fenómeno que estaba bastante xeneralizado nas empresasda época. Pola contra, a estratexia expansiva será distinta en LARSA eTablicia, con cadros directivos, cun plan, etc.

492Empresarios de Galicia

Fotografía aérea da fábricaTABLICIA. Ano 1978.Cortesía de El Progreso

Page 493: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A principios dos sesenta Granja Arjeriz era aínda unha pequenaempresa cun cadro de persoal de 33 empregados (só un deles técnico)que producía anualmente sesenta tm de queixo e nove de manteiga. Coassucesivas ampliacións acadará en 1978 unha produción de 2.300 tonela-das de queixo, 3,6 millóns de litros de leite e 350 toneladas de manteiga,todo isto con noventa empregados.O financiamento destas ampliacións correu a cargo principalmente

do reinvestimento de beneficios non distribuídos e, en menor medida, decréditos procedentes do Banco Hispanoamericano, principal entidadefinanceira coa que traballou José Rodríguez, sobre todo ao principio. Asampliacións de capital deses anos —o capital pasou a 38 millóns de pese-tas en 1977— reforzaron a posición de José, xunto coas reformas estatu-tarias acometidas, que incrementaban as súas competencias.Algunhas destas ampliacións acolléronse aos beneficios financeiros e

fiscais oficiais, aínda que, en xeral, o carácter retraído de José Rodrígueze a súa aversión polas relacións públicas restoulle maior atención porparte da Administración ás súas empresas.Granja Arjeriz orientou a súa produción queixeira cara ao segmento

baixo da demanda e tivo os seus principais consumidores entre os xorna-leiros agrícolas andaluces, aínda que tamén vendía nos núcleos urbanosde Madrid, Cataluña e o País Vasco.Nesa época, a importante acumulación de beneficios procedente de

Granja Arjeriz, o seu buque insignia, permitiulle a José Rodríguez reali-zar unha serie de investimentos para incrementar e diversificar —aíndaque preferentemente no eido agrario— as súas operacións. Estas centrá-ronse esencialmente en dous sectores: o gandeiro e o forestal.Polo que atinxe á gandaría e aos seus derivados, José Rodríguez ad-

quiriu unha serie de leiras dedicadas á gandaría —bovina e porcina— eás árbores froiteiras en Robra, Salamanca e Aragón (con anterioridadexa posuía algunhas en Chantada). Porén, non se trataba propiamente dunproceso de integración vertical cara atrás, pois a cantidade de leite obtidonesas explotacións era unha ínfima parte do tratado na súa fábrica deRobra; probabelmente era consciente de que esa primeira fase do procesoprodutivo resultaba máis rendíbel deixala nas mans dos propios gandeiros.Fíxose tamén cunha pequena fábrica familiar de pasteurización de leitee elaboración de queixos en Guitiriz en 1967, que tratou de trasladar

493José Rodríguez López

Fotografía da páx. seguinte:Imaxe recente da fábrica da Robra, pertencente

actualmente áCorporación Peñasanta.Cortesía de El Progreso

Page 494: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

primeiro a Robra e logo a Lugo. Aproveitou unhaviaxe a Alemaña para facerse cos servizos dun téc-nico, creou cun socio dese país Industrias Germano-Españolas S.A. (ILGESA), situada tamén en Robra.Iniciativa súa foron tamén Agropecuaria da Veiga eAgroesa. Outras empresas lácteas adquiridas nesesanos foron Industrias Lácteas Montelarreina (Za-mora) e outra pequena fábrica en Aia (Gipuzkoa).Tiña tamén participación no matadoiro cooperativode Monforte; quedaríase posteriormente con el can-do se considerou por parte de UTECO o seu pechepor creba. A súa teima en non pechar esta industriapor non despedir os traballadores e pola súa amiza -de co alcalde Celestino Torres foi un auténtico de-sastre económico.No eido forestal José Rodríguez xa comezara a

adquirir numerosos montes a partir dos anos cin-cuenta, posibelmente albiscando o prometedor fu-turo que lle esperaba a este sector, no que daquela seiniciaban masivos —e conflitivos— plans de repobo-ación estatal.9 Nos seus montes, que se situaban desdeRibadeo á zona de Ferrol, levou a cabo plantaciónsde piñeiros e eucaliptos, que defendía pola súa ele-vada produtividade, non amosou especial sensibili-dade ambiental ao respecto. A culminación desta es-tratexia terá lugar coa fundación de Tablicia en 1973,que se localizará en Nadela, preto de Lugo.Como antecedentes da constitución de Tablicia,

José Rodríguez López formou un grupo de promoto -res, na súa maior parte produtores de madeira da ma-riña lucense, aos que lles propuxo a creación da com-pañía co obxecto da revalorización do sector forestalmediante a transformación do produto primario, co

494Empresarios de Galicia

9 Rico Boquete (1999).

Page 495: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

495José Rodríguez López

Page 496: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

conseguinte valor engadido, e a súa distribución en forma de taboleiro. Ocapital inicial foi de só 300.000 pesetas, do que José Rodríguez foi o prin-cipal accionista, coa cuarta parte.José Rodríguez contactou con Ernesto Jarabo Esteban, economista e

daquela director de FRIGSA, para que colaborase na execución do proxecto,como conselleiro-delegado executivo. Ata 1983 José Rodríguez López figura como presidente e logo pasa a ostentar a presidencia honorífica.A marcha económica desta empresa foi positiva desde os primeiros

exercicios, incrementando a súa produción, vendas e exportacións, asícomo o seu capital social, que acadou os 500 millóns de pesetas en 1979.Con carácter xeral, aplicouse unha política conservadora de autofinan-ciamento e incrementouse o fondo de amortización do inmobilizado demaneira que se capitalizou así a sociedade.O modelo de empresa de Tablicia era xa diferente ao de Granja Ar-

jeriz. En Tablicia José Rodríguez non puido —ou non quixo dada a súaavanzada idade e maior descoñecemento técnico do sector—, impoñertotalmente as súas ideas. Cimentouse unha empresa moderna desde oprincipio, non só desde o punto de vista tecnolóxico senón tamén de or-ganización empresarial, cunha dirección profesionalizada e colexiada,unha maior vocación internacional e unha política de retribución doaccionista menos draconiana.Creou tamén Áridos del Cantábrico en Xove, dedicada á explotación

dunha canteira. Mantivo a súa participación nela ata o final da súa vida.O que nunca lle atraeu foi o investimento inmobiliario —agás as

vivendas construídas para os seus empregados—, que consideraba excesi-vamente especulativo, nin tampouco a Bolsa, polo mesmo motivo.O modelo de relacións laborais implantado nas súas empresas —Ar-

jeriz principalmente— podemos cualificalo como de paternalista. Co-ñecía persoalmente a todos os seus empregados. Encargábase directamenteda selección do persoal, que adoitaba proceder do medio xeográfico efamiliar da propia fábrica. Tratábase, pois, esencialmente dun mercadolaboral interno. En troques, nas súas empresa forestais comezaron a apli-carse métodos máis modernos de selección de persoal, en especial paracargos directivos.O grao de estabilidade no emprego era moi elevado; os despedimen-

tos eran descoñecidos, o que favorecía a fidelidade persoal á empresa e os

496Empresarios de Galicia

Page 497: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

procesos de formación laboral e de promoción profesional. A aprendizaxeera interna e corría a cargo do persoal con maior experiencia.Aínda que os salarios eran algo inferiores aos doutras empresas do

sector ou do próximo Lugo, víanse compensados con certas mellorassociais como comedor, vivendas en Lugo a prezo de custo, despraza-mentos gratuítos ou prezos reducidos nos produtos da fábrica. Porén, enTablicia as cousas foron algo distintas tamén neste aspecto e, a diferenzade Arjeriz, houbo duras folgas na transición que levaron o propio empre-sario a enfrontarse persoalmente aos piquetes, amosando a firmeza doseu carácter. Non obstante, en ambas as sociedades —como sucedíatamén en Larsa— entregou accións a empregados, ademais de a deter-minados sobriños.Estas relativas boas relacións cos seus empregados estendíanse aos

seus provedores labregos, entre os que tiña bo creto, pois a pesar de pagar-lles tarde en ocasións, nunca faltaba aos seus compromisos.

A crise do sector lácteo, a reorientación cara ao forestal e o abandono da actividade empresarial, anos oitenta e noventa

A partir da crise dos anos setenta o consumo de produtos gandeirosestáncase. A todo isto sumaráselle o impacto da entrada de España na CEEen 1986. A Política Agrícola Común (PAC), columna vertebral da CEE,xerou crecentes excedentes sobre todo en derivados pecuarios (manteiga,carne), cuxos elevados gastos de financiamento provocaron reiteradascríticas. Isto vai ocasionar a introdución de cotas lácteas e a conxelaciónsde prezos. A apresurada e deficiente negociación para a entrada de Es-paña no Mercado Común Europeo implicou a aplicación de cotas a unmercado como o español que era deficitario; deste modo facilitouse a pe-netración dos excedentes e dos grandes grupos lácteos, franceses sobretodo, acompañados moitas veces de grandes superficies comerciais distri-buidoras dos devanditos produtos.As producións lácteas galegas seguiron medrando fortemente ata

1988, en que se estancan, cando menos as cifras oficiais, por mor da apli-cación do sistema de cotas. Pola contra, o sector forestal adquire un cre-cente papel, en relación co déficit comunitario en madeira e produtossemielaborados.

497José Rodríguez López

Page 498: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Nos primeiros anos oitenta, aínda baixo a dirección de José Rodrí-guez, Granja Arjeriz continuou obtendo bos resultados, incrementou asúa capacidade produtiva mediante novas ampliacións de capital, queacadou os 189 millóns de pesetas en 1982.En 1983 José vendeu as súas accións en Granja Arjeriz a LARSA nunhas

condicións moi vantaxosas para esta última, a pesar de que recibiu ofertasde diversos grupos lácteos, algúns deles estranxeiros. O motivo principalfoi probabelmente a súa avanzada idade, carecer de descendencia, serconsciente de que por iso a súa empresa non sobreviviría ao seu falece-mento e o desexo de reunificar a vella empresa familiar, unha vez supe-radas as vellas friccións cos seus irmáns e retirados estes xa da direcciónefectiva de Larsa, substituídos nelas polos seus sobriños. Porén, un sentea tentación de imaxinar que tamén puido pesar o seu fino olfacto de ne-gociante, que albiscou as inminentes dificultades para o sector lácteoderivadas da entrada de España na CEE e a potenciación do sector forestal,no que mantivo os seus investimentos.A crise tamén lle afectou a Tablicia nos primeiros anos oitenta o que

probabelmente acelerou a súa dimisión en 1983 da presidencia execu-tiva, xunto coa desilusión polo proxecto frustrado de celulosa e papeleiraen Fazouro. Ese ano, pois, marca a súa retirada da primeira liña domundo dos negocios. En 1992 desprendeuse da súa participación nasempresas forestais, pola situación de crise e unha posíbel falta de enten-demento co grupo Tojeiro.A actuación dos novos xestores de Arjeriz, agora englobada na estra-

texia global de LARSA, foi bastante neglixente; nos anos oitenta acome-teu unha ambiciosa e pouco meditada política de expansión, mercouunha serie de empresas lácteas deficitarias que acabaron arrastrando ácreba da empresa matriz a finais da década. Este fatal desenlace afectouexcesivamente a José Rodríguez, que tivo fortes discusións co sobriño res-ponsábel da xestión neses momentos.Larsa foi adquirida en 1990 pola Union Laitière Normande (ULN)

que á súa vez tamén será absorbida dous anos despois por outro grupo lác-teo francés —Bongrain. Larsa finalmente pasa en 1997 a pertencer á Cor-poración Alimentaria Peñasanta, integrada por CLA (Central LecheraAsturiana) —2/3 do capital— e Bongrain cun terzo. A Xunta de Galicia,con escasa convicción, tratou de impulsar a creación dun grupo lácteo

498Empresarios de Galicia

Page 499: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

galego e propúxolle a José Rodríguez liderar a operación, pero este decli-nou o ofrecemento, posibelmente por marrarlle os azos.José Rodríguez tiña unha serie de características psicolóxicas que

axudan a entender mellor o seu perfil empresarial, bastante prototípicodo clásico capitán de industria, matizado polo ethos galaico. A súa voca-ción empresarial era innata, aínda que foi influída e estimulada inicial-mente polo seu tío Xan de Forcados. Esta vocación era compartida cosseus tres irmáns. Era unha emprendedor nato, cunha gran visión de fu-turo e que sabía explotar perfectamente as expectativas de negocio.Posuía unha enorme capacidade de traballo, favorecida pola ausencia

de obrigas familiares. Despachaba telefonicamente pola noite cos seusempregados e comisionistas e durmía apenas tres ou catro horas. Ás cincoda mañá xa estaba na fábrica efectuando persoalmente labores manuais,antes da chegada do persoal, co que xantaba de rancho. Ás veces para apro-veitar aínda máis o tempo durmía un pouco no propio coche durante assúas viaxes. Nunca quixo conducir, alegando motivos de seguridade, aíndaque lles adoitaba meter bastante présa aos seus choferes dado o seu in-tenso ritmo de traballo.Era unha persoa moi austera, característica que se foi suavizando co

paso dos anos. Porén, non era exactamente agarrado; o diñeiro interesá-balle pouco persoalmente, si en canto ás posibilidades de investimentosindustriais, de feito a maior parte dos seus beneficios empresariais dedi-cábaos a reinvestimento industrial. En troques, non o atraían os investi-mentos meramente especulativos como a Bolsa ou o sector inmobiliario.Era moi directo, pouco diplomático. Era unha persoa pouco sociábel;

ás vodas dos sobriños, por exemplo, ía só á cerimonia relixiosa, peronunca aos banquetes. Esa actitude procedía, en parte, da súa reducidafacilidade de palabra. A pesar de que pasou polo seminario non era practicante. Porén,

mantiña moi boas relacións cos sacerdotes e coas monxas, era o promo-tor e mecenas da residencia da terceira idade de Chantada, unha residen-cia ben deseñada e cuxa dirección insistiu en que fose levada polasmonxas. Tamén apoiou con xenerosos donativos as monxas do asilo deLugo, non tanto por motivos relixiosos senón por considerar que eran asque desempeñaban unha función social máis desinteresada, abnegada eaustera, calidades que coincidían co seu propio ideal de vida.

499José Rodríguez López

Page 500: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Gustaba de supervisar —ou mesmo realizar el— ata os mínimos de-talles das súas empresas, rexeitaba delegar funcións noutros, mesmo nosseus sobriños, non tanto por desconfianza senón porque prefería facer ascousas persoalmente. Neste sentido, non se preocupou de asegurar a con-tinuidade das súas empresas a través da selección e formación dos seus su-cesores, nin sequera dentro do grupo familiar. Era bastante volúbel nassúas filias persoais e os seus colaboradores podían caer en desgraza da noiteá mañá. Nos aspectos técnicos e financeiros era onde máis tendía a de-legar en expertos, sobre todo a partir dos anos oitenta, polo seu caráctermáis especializado. Porén, mantívose aferrado a un modelo tradicional dedirección personalista e non adaptou as súas empresas á revolución xeren-cial iniciada xa nas compañías americanas a finais do século XIX, baseadana separación de propiedade e xestión e na profesionalización desta úl-tima nas mans de titulados universitarios, nos que non acreditaba. Nasempresas do sector forestal, creadas xa ao final da súa vida profesional, onovo sistema veulle xa dado e aí non lle quedou máis remedio que aceptaros novos tempos.Era unha persoa modesta, á que non lle gustaba o boato nin aparecer

nos medios de comunicación. Polo que atinxe á súa participación en ac-tividades de carácter representativo, o seu carácter retraído, a falta de valíapara as relacións públicas e a absorbente dedicación ás súas empresas fixoque non salientase nese eido, aínda que participou na creación da Caixade Aforros de Lugo e foi vogal da Cámara de Comercio desa mesma ci-dade. Fóra do ámbito empresarial non era moi amigo de ocupar cargosrelevantes noutras institucións cidadás. Tampouco lle tentou nunca a po-lítica, actividade que non o atraía, aínda que procuraba manter os con-tactos mínimos necesarios coas autoridades para favorecer a marcha dassúas compañías, especialmente nunha época como o franquismo na queo acceso fluído á administración era un requisito indispensábel para o éxitoe o mantemento empresariais. Porén, esta función era desempeñada máisben por algún dos seus irmáns, especialmente por Camilo que residíaen Madrid, e gozaba de prestixio persoal e profesional con persoeiros degrande influencia, mesmo ministros do Goberno.Estaba imbuído dunha concepción altruísta da súa función empresa-

rial, cuxo motor non era tanto o desexo de facer cartos senón xerarriqueza e postos de traballo.

500Empresarios de Galicia

Page 501: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Bibliografía

Calcedo Ordóñez, V. (1996): «Crisis, evo-lución y cambio en la ganadería de va-cuno de leche de la España húmeda(1950-2000)», en Domínguez Martín(1996).

Domínguez Martín (ed.) (1996): La voca-ción ganadera del norte de España, Mi-nisterio de Agricultura.

Filgueira Valverde, X. (1974): «LópezSuárez, Juan», en Gran EnciclopediaGallega, tomo XIX, pp. 17-57.

Martínez López, A. (1991): «Anteceden-tes del sector lácteo gallego», 1890-1935,Agricultura y Sociedad, núm. 59.

— (1996): «Perspectiva histórica de la ga-nadería gallega: de la complementarie-dad a la crisis de la orientación láctea,1850-1995», Historia agraria, núm. 20.

Rico Boquete, E. (1999): Montes e indus-tria forestal en la provincia de Pontevedra(1900-1975). Antecedentes y desarrollode la empresa Nacional de Celulosas,S.A., Santiago, Tórculo.

501José Rodríguez López

Lía a prensa diariamente para estar informado puntualmente daactualidade económica e política pero non era dado, nin tiña tempo tam-pouco, a lecturas doutra índole.Politicamente era unha persoa conservadora, fraguista ata os miolos,

pero non excesivamente apegado ao réxime franquista. Era pouco dadoaos recoñecementos oficiais e aceptou a medalla Castelao unicamentepor ser Fraga o seu concedente.Faleceu en Lugo o 17 de abril do 2004 sen gran repercusión nos me-

dios, como desexou sempre que fose a súa propia vida.

Page 502: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

1912-1986

RICARDO BESCANSA MARTÍNEZ

Page 503: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Manuel Jaime Barreiro Gil1Profesor titular da Universidade de SantiagoDecano da Facultade de Economía e Empresa

O ENGADO DA INNOVACIÓN

A Ricardo Bescansa Martínez2 gustaríalle ser enxeñeiro aeronáutico,para vincular formación e paixón. Pero licenciouse en Farmacia. E nonsería esa a única vez na súa vida na que rematase nun punto de destinodistinto do esperado. Porque aínda que, empurrado pola tradición fami-liar, tivera que estudar farmacia no canto de enxeñaría3 e que as súas pri-meiras andainas profesionais foran tamén naquel quefacer farmacéutico,o devalar da vida e as súas persistentes inquedanzas científicas, tecnolóxi-cas e empresariais, acabarían por colocalo no desempeño de labores máispropios dun experto en electrónica e telecomunicación. Pero non abonda co dito, porque Ricardo Bescansa resultou ser aínda

moito máis ca todo iso. En realidade, malia que cunha linguaxe algo pos-terior ao seu tempo pero clarificadora para nós, debería ser caracterizadomáis ben como un prototipo de empresario emprendedor. As súas inicia-

1 Profesor de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago deCompostela. Actualmente tamén é decano da súa Facultade de Ciencias Económicas eEmpresariais.

2 Primoxénito de Ricardo Bescansa Castilla e Felisa Martínez Sampelayo, nacido enSantiago de Compostela o día doce de marzo de 1912.

3 Chegou a declarar (Mercado, 11.07.1986) que cambiaría moi gustoso unha carreirapola outra.

Page 504: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

tivas e desenvolvementos, dos cales nos quedan non só abundantes pega-das senón tamén realidades industriais puxantes, foron suficientementenumerosas e xa digo tamén que transcendentes como para que sexa ese,o de emprendedor, o verdadeiro sinal de identidade do personaxe.4Tivo unha visión eminentemente práctica da vida, o que o obrigaba

a levar ata as últimas consecuencias utilitarias a potencialidade das ideas.Por iso desenvolveu todas as súas iniciativas desde a fase primixenia da for-malización científica ata o seu desenvolvemento tecnolóxico e, por fin,como colofón avaliador, á promoción dunha estrutura produtiva, empre-sarial, para lle dar canle económica aos resultados. Desde a teoría á prác-tica. Esa é, precisamente, a característica principal dun emprendedor.

As iniciativas farmacéuticas

Aínda antes de rematar os seus estudos de Farmacia, en 1933, com-parte co seu pai5 a xestión técnica do Laboratorio de Especialidades Far-macéuticas R. Bescansa, que o seu proxenitor fundara en 1912, comosoporte, complemento ou extensión da afamada oficina de farmacia, fun-dada por Antonio Jacobo Casares Rodriguez6 en 1843, que a familia Bescansa segue rexentando hoxe, na praza do Toural de Santiago deCompostela.

504Empresarios de Galicia

4 Tamén amosou sobradamente o seu carácter inquedo como directivo da SociedadeEconómica de Amigos do País de Santiago de Compostela, a cuxa directiva pertenceudurante máis de vinte anos, e como presidente desde 1982 a 1986. Foi, así mesmo, promo-tor da aviación deportiva, desde o patrocinio do Aero Club de Santiago de Compostela. For-mou parte da primeira promoción de pilotos privados de Galicia.

5 Ricardo Bescansa Castilla, do que o seu fillo Ricardo pode que herdase parte do seuespírito emprendedor, foi pioneiro en actividades hoxe moi difundidas pero daquela menos,como a publicidade comercial, e foi mecenas de diversas institucións sociais, culturais edeportivas de Compostela, ademais de renovar a Farmacia Bescansa e fundar o Laboratoriode Especialidades Farmacéuticas R. Bescansa. El Correo Gallego publicou (o 19 de xu-llo de 2005), unha «saga familiar» dos Bescansa, arrincando desta figura patrucia.

6 Nacido en Monforte de Lemos, en 1812, foi bacharel en Filosofía pola Universidadede Valladolid (1827), licenciado en Farmacia polo Colexio San Fernando de Madrid(1836) e catedrático de Química da Sociedade Económica de Amigos do País (1836-1840)e da Universidade de Santiago de Compostela (desde 1840). Instalouse como farmacéuticona praza do Toural de Compostela en 1843. Foi un dos pioneiros españois en análise quí-mica e pai da espectroscopia.

Page 505: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

505Ricardo Bescansa Martínez

O Laboratorio R. Bescansa foi pioneiro na introdución de novas téc-nicas de investigación, preparado e fabricación de produtos e aplicacións,que Ricardo Bescansa lograra coñecer nas súas estadías no estranxeiro ena frutífera colaboración coa firma alemá Schering e coa americanaParke Davis, esta última líder mundial entón na produción de sulfami-das, que o propio Ricardo Bescansa poderá fabricar en España. Algo máistarde, tamén estabelecerá relacións igualmente frutíferas coas firmaslusas Laboratorios Azevedo e Industria Farmacéutica Portuguesa, paraacordar con esta última a fabricación tamén aquí, en España, das primei-ras asociacións da penicilina. No Laboratorio R. Bescansa, en 1930, con só dezaoito anos, prepara

e rexistra dúas novas especialidades: Acnosán e Laxante Aloico, queaínda se seguen fabricando na actualidade. E con aquela mesma basetecno lóxica, realiza preparados substitutivos de importacións para o sec-tor da conserva de peixe, de tanta relevancia industrial e alimentaria enGalicia. Trátase dun ortocoloide, que facilita a soldadura das latas, e delimpadores de instalacións e ferramentas para a manipulación do peixe,que prepara a demanda da Unión de Fabricantes Conserveros Gallegos,a que responde por amizade e relación familiar, pois non pediu nin pre -zo nin remuneración ningunha por facelo.

Ano 1927. RicardoBescansa intenta remontaro vo nun planeador tipoLiliental, construído por

el mesmo

Fotografía da páx. seguinte:Ricardo Bescansa planeou

crear un centro de produción de programas de televisión en Santiago

de Compostela

Page 506: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

506Empresarios de Galicia

Page 507: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

507Ricardo Bescansa Martínez

7 Tamén a radio, a fotografía e os sistemas de son, para os que maxinou e desenvolveualgunhas innovacións técnicas, como a mellora dos magnetófonos de gravación sobre fío deaceiro (Museo Televés).

O Laboratorio R. Bescansa resultou ser, por iso, moito máis ca unhasimple expansión ou ca un simple complemento das actividades da ofi-cina de farmacia. A comezos da década dos corenta a súa dinámica pro-dutiva e innovadora, debida en gran parte —se non en exclusiva— aolabor de Ricardo Bescansa, converteuno nun referente farmacolóxico eanalítico que prestaba servizos o remexía produtos máis alá dos lindes dacomarca compostelá e mesmo de Galicia.

O innovador atractivo da televisión

Pero as actividades de Ricardo Bescansa non se circunscriben á far-macoloxía. As telecomunicacións chamaron poderosamente a súa aten-ción.7 Xa en 1955, cando irrompía a televisión en España, comezou a ex-perimentación con antenas receptoras. As primeiras fabricounas coa axudados irmáns e amigos seus Xesús e Xosé Antón Ponte, nas instalacións daEscola Compostelá de Aeromodelismo. Colocáronas nas terrazas do HotelCompostela, no que o pai de Ricardo investira algún capital, e que estabainstalado nun edificio que superaba a altura media dos seus circundantes.Intentaba captar as emisións procedentes de Portugal, Alemaña, Italia elogo tamén as da España televisiva que acababa de chegar.Realizadas con certo éxito aquelas probas, Ricardo Bescansa maxina

a posibilidade de iniciar con máis decisión o negocio da comercializaciónde antenas. Convence o seu amigo e compañeiro Amador Beiras, axentecomercial, de que se faga cargo da iniciativa: poñer no mercado unhas an-tenas que, con instrucións e útiles preparados polo propio Ricardo, en-cargan producir a un fabricante de aparellos ortopédicos asentado enZaragoza. Corre o ano 1956. O provedor comeza a encarga e atende osprimeiros pedidos, no entanto, falto de equipo e dimensión suficientes,non puido seguir a facelo con apresuramento nin na cantidade crecentecoa que se lle demandaba o produto. Pero Bescansa e Beiras non se des-moralizan: en 1958, comezan a colocar no mercado modelos de fabrica-

Page 508: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ción propia. Nacía a marca TELEVÉS,8 asentada nun pequeno garaxe darúa compostelá de Montero Ríos, que facía as veces de garda autos, tallerpara afeccionados ao aeromodelismo, almacén de coloniais, oficina de re-presentación comercial e agora tamén fábrica de antenas de televisión.Nese mesmo 1958 incorpórase ao Concello de Santiago de Compos-

tela como concelleiro e primeiro tenente de alcalde. E desde esa repre-sentación institucional, promoverá a creación dunha Comisión Xestorapro Televisión en Galicia, que xestionará, como presidente, na compañado seu amigo e socio inseparábel, Amador Beiras García. Esa comisiónpresentaralles ás autoridades gobernamentais un proxecto para a instala-ción dunha rede de radio-enlaces, coa base técnica de Telefunken, quedebería pivotar sobre un centro emisor instalado no monte Pedroso, naperiferia compostelá. Aspiraban a ofrecer desde alí sinais de televisiónpara toda Galicia.9

508Empresarios de Galicia

8 En realidade comezou sendo TELEVÉS, e recollía no anagrama a referencia as besdos apelidos dos tres promotores asociados inicialmente: Bescansa, Bermejo e Beiras; pero arenuncia de Bermejo e como lle cadraba mellor o uve de televisión levou a un inmediatocambio de denominación.

9 O proxecto de Ricardo Bescansa tamén incluía a instalación no Hostal dos Reis Cató-licos de Santiago de Compostela dun centro produtor de programas para televisión. Esta parteda súa arela, no entanto, non recibiu os necesarios apoios gobernamentais para frutificar.

No ano 1961 inaugurouse aemisora do monte Pedroso(Santiago de Compostela)

Page 509: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Despois de varios atrasos administrativos para lograr as correspondenteslicenzas e autorizacións, que Ricardo Bescansa achacaba á priorizaciónpolítica que o goberno lle concedía daquela a Barcelona sobre Compos-tela para situar o segundo centro emisor de España, despois do de Madrid,o centro repetidor do Pedroso comezará a operar en 1961, só cinco anosdespois de que se iluminasen as pantallas televisivas españolas.Aínda faltaba moito por facer para que a televisión estivese acesa nos

fogares galegos. Pero pasado o tempo resulta innecesario subliñar a trans-cendencia non só tecnolóxica, senón tamén económica e cultural, quetería esta iniciativa, dado o lugar que ocupa a televisión nas sociedadesactuais. E sobre os labores pendentes para a súa difusión, como se verá,xa tiña plans Ricardo Bescansa.

TELEVÉS S.L.

Abertas, por fin, as portas para a emisión de televisión, á «fábrica» deantenas receptoras promovida por Ricardo Bescansa e Amador Beirastamén se lle abría un interesante mercado potencial, e non só en Galiciasenón tamén en toda España. Eles aspiran a conseguir un lugar no mer-cado español de antenas televisivas, atendido ata entón de maneira caseque absoluta con produtos importados e gravados con elevadísimos aran-ceis. Para iso fundan TELEVÉS S.L., en 1961, cun capital inicial de400.000 pesetas, subministrado a metades iguais polos dous, aínda quemoi pronto ampliado a 600.000, coa contribución doutro tanto comocada un deles por parte de Domingo Carrascal Queimadelos, novo mem-bro da sociedade e que segue sendo hoxe en día presidente do GrupoTELEVÉS.A empresa terá un éxito notábel xa desde os seus primeiros pasos;

axiña vese obrigada a dotarse de instalacións industriais máis axeitadas caaquel pequeno garaxe. Os seus promotores adquirirán para iso terreos nobarrio compostelán de Conxo,10 onde aínda se sitúa a planta matriz da

509Ricardo Bescansa Martínez

10 Que reunían unha condición, logo da dimensión, que resultaba crucial para aempresa: ao seu carón estaba instalado un transformador de FENOSA. Era a garantía de sub-ministración estábel de enerxía eléctrica de alta tensión.

Page 510: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

510Empresarios de Galicia

empresa, desde 1962, sobre unha parcela de 40.000 metros cadrados ecunha superficie cuberta de 25.000. Alí iniciase simultaneamente coareinstalación dos procesos produtivos xa en marcha, a introdución dasnovas tecnoloxías que permitirán transformar, a partir de 1966, aquel ori-xinario taller de transformación mecánicanunha verdadeira industria electrónicacapaz de atender a importantísima diná-mica do mercado nacional televisivo.Ata situarse hoxe en día na posición deliderado do sector en España, e entre asprimeiras empresas deste en Europa,con presenza relevante en mercados doscinco continentes. No pequeno garaxe traballaban

cinco empregados; na planta actual es-tán ocupadas máis de cincocentas per-soas. E dunha cifra de negocios anualde menos de 400.000 pesetas en 1965,chegaríase a unha previsión de máis de15.583 millóns de pesetas para 2005 (uns93 millóns de euros). Pasaron corenta anos e a cifra inicial multiplicousevarias veces por si mesma.Sobordado xa o mercado de antenas, a empresa ofrece hoxe produtos

que serven de base a desenvolvementos tecnolóxicos e servizos de teleco-municación para múltiples e diversas instalacións científicas, industriais,administrativas, comerciais, militares e residenciais de distintas dimen-sións, tanto en Galicia coma no resto de España e do mundo.

De illa industrial a parque tecnolóxico

TELEVES topou cedo coas limitacións estruturais do país no quenacía. A pouco que avanzaba no seu proceso industrial, houbo de llesfacer fronte ás eivas derivadas da absoluta carencia de tecido industrial nacomarca de Compostela. Fíxoo asumindo directamente todas as activida-des vinculadas ao seu obxecto final (deseño, desenvolvemento, produ-ción, distribución, comercialización e formación de cadros técnicos), con

0

100000

200000

300000

400000

500000

600000

700000

800000

900000

1000000

2005

2003

2001

1999

1997

1995

1993

1991

1989

1987

1985

1983

1981

1979

1977

1975

1973

19710

Vendas do Grupo TELEVES, 1970-2005(Miles de pesetas constantes 1970)

Fonte: TELEVES SA

Page 511: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

esquemas empresariais que resultaban daquela heterodoxos fronte aoscriterios dominantes de produtividade.Dese xeito, TELEVÉS, inicialmente illada nun contexto aparente-

mente pouco favorábel, por mor desa carencia de tecido industrial no seuarredor próximo, pasou a converterse ela mesma nun parque tecnolóxico,e xerou o seu propio tecido, capaz de irradiar emprego, tecnoloxía, ser-vizo comercial e, sobre todo, unha cultura empresarial específica. Aempresa xeraba por si mesma os produtos e os procesos tecnolóxicos quea súa produción requiría. Desenvolvía o seu propio I+D.11

O Grupo TELEVÉS

O funcionamento da empresa realízase sobre unha rede de divisiónsque, con notábel celeridade, foron adquirindo tamaño e complexidadeempresarial propia, del tal xeito que mediada a década dos oitenta resul-tará ineludíbel a creación dunha corporación ou hólding, capaz de ofre-cer unha estrutura integrada en grupo, constituído pola empresa matrize polas súas divisións máis maduras. Esa agrupación engádelle hoxe á pri-meira empresa outras doce no sector das telecomunicacións, entre as quesobresaen Gallega de Circuitos Eléctrónicos (GCE), Gallega de Sistemasde Telecomunicación (GSERTEL), Gallega de Informática (GAINSA) eIngeniería de Sistemas de Fabricación (ISF).

511Ricardo Bescansa Martínez

11 López Pastor, G. (2005): «Televés: una teleco gallega con I+D propio», en CincoDías (17.08.2005).

PROINSA1989

TELEVES1961

GAINSA1976

GAMELSA1984

TEP1980

TUK1988

TEF1997

TME1999

TEI2004

TELEVESInternacional

ISF1989

GCE1998

GSERTEL2001

TREDESS2003

TELCORGrupo Televes

1989

GRUPO TELEVESOrganigrama

Page 512: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

512Empresarios de Galicia

Non hai ningún segmento da tecnoloxía televisiva no que non esteapresente TELEVÉS, nin mercado significativo no mundo onde non sedean a coñecer os seus produtos. Exporta a oitenta países nos cinco con-tinentes. E é o principal provedor de equipamento de importantes opera-doras de televisión, firmas do sector da construción, fabricantes deelectrodomésticos, almacéns e instaladores de telecomunicación, gran-des superficies comerciais e centros de investigación, conformando unhacarteira global de máis de 2000 clientes. O Grupo, cos seus principais centros de produción situados en San-

tiago de Compostela (dous) e Maía, Oporto, opera, tamén desde centrosloxísticos instalados en Portugal, no Reino Unido, en Francia, nos Emi-ratos Árabes, en Italia e, finalmente, nos Estados Unidos. Ademais, contacunha rede de máis de cen distribuidores autorizados espallados por todoo mundo, aos que mantén integrados en programas de formación pro-pios. O conxunto é coordinado desde TELEVÉS INTERNACIONAL S.A.

A forma motriz: innovación e independencia tecnolóxica

A capacidade competitiva de TELEVÉS pode ficar manifesta nunfeito ben rechamante: no seu centro de produción chegaron a desenvol-verse cen procesos de fabricación diferentes para máis de 5000 referen-cias. En 1992 sacou ao mercado cen produtos novos con incorporaciónstecnolóxicas específicas. Era o froito culminante dun plan de renovacióne innovación tecnolóxica iniciado na década dos setenta, que chegará ataa fabricación de circuítos impresos, ou sistemas de xestión de edificiosintelixentes. Desde entón, xa máis dunha década, a empresa non deixoude aumentar os seus investimentos anuais en innovación e desenvolve-mento tecnolóxico que en 2003 ascenderon a nove millóns de euros,nunha dinámica investidora ininterrompida e crecente.Consecuencia de tan decidida política de I+D é a súa titularidade de

53 patentes e o feito de que preto do oitenta por cento dos 1500 produtosque inclúe no seu catálogo foron desenvolvidos integramente pola com-pañía. Neste eido, a empresa participa en proxectos de investigación condiversas universidades (entre elas as tres galegas, claro está) e outros cen-tros científicos e empresariais europeos.

Page 513: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

TELEVESINTEGRA

A última iniciativa de TELEVÉS é TELEVESINTEGRA, presentadaao público en 2003, como unha plataforma de servizos domóticos. Desdeela, promóvese un desenvolvemento superior das tecnoloxías televisivasdesenvolvidas polo propio grupo a través da súa integración operativacoas novas dispoñibilidades da informática. A nova oferta consiste en uti-lizar o cable coaxial (o cable habitual das antenas de televisión e sobre oque o grupo baseou boa parte dos seus desenvolvementos tecnolóxicos,xa instalado se non en todos si nunha inmensa maioría dos fogares espa-ñois) integrado en sistemas informáticos, como único soporte para osnovos servizos de videoportaría, acceso a distancia ao manexo de electro-domésticos ou aparatos eléctricos e electrónicos de calquera clase, con-trol do fogar, de televisión, rega, aire acondicionado, telefonía interna eacceso compartido a Internet. É dicir: un equipamento integral de comu-nicación doméstica, ao que é posíbel incorporar calquera tipo de servizoque se poida imaxinar prestado con soportes eléctricos, electrónicos, tele-visivos ou informáticos. Despois de cincuenta anos de esforzo ininterrompido, Ricardo Bes-

cansa deixou unha obra empresarial que é mostra de perspicacia, periciae vontade. Finou o día tres de novembro do ano 1986.

513Ricardo Bescansa Martínez

Bibliografía

González, B. (1986): «Los Iacocca españo-les. Un televidente de la tecnología. An-tenas parabólicas y microchips apuntana los satélites. Ricardo Bescansa ha hechoel milagro gallego de Televés», en Mer-cado, 11 de xullo.

Qumata, R. (1997): «Televés: orgullo y pa-sión», en El Correo Gallego, 5 e 6 dexuño.

Aguirre, L. (1995): «Historia de éxito. Labuena onda de un farmacéutico gallego»,en Cinco Días, 6 de setembro.

Fundación «Foro de Marcas RenombradasEspañolas» (2003): Grandes marcas deEspaña,Madrid.

López pastor, G. (2005): «Televés: una te-leco gallega con I+D propio», en CincoDías (17.08.2005).

http:/www.televes.com

O autor tamén se valeu de entrevistas perso-ais con Ricardo Bescansa de la Gándarae José Gabriel Barreiro Pérez, vicepresi-dente e conselleiro delegado de TELE-VÉS respectivamente.

Page 514: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA1917-1988

Page 515: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

Eulogio Gómez Franqueira naceu en Sanín, concello de Cenlle (Ou-rense), o 6 de xuño de 1917, no seo dunha familia de campesiños abas-tecidos, o seu avó, con quen se criou, era secretario do xulgado. Poucoantes do estoupido da Guerra Civil, en 1936, rematou os seus estudos deMaxisterio, na Normal de Ourense. Recibe a súa primeira escola en SantoAmaro. En 1942 casa con Sofía Álvarez Nieves, natural de Souto (Cas-trelo de Miño). Terán dous fillos: Manuel e Sofía. En 1945 logrará ocupara escola de Santa María de Castrelo de Miño, onde ensinará os seguintes20 anos. Morreu na súa casa de Razamonde o 20 de abril de 1988. O seu primeiro contacto co mundo dos negocios tivo lugar na minaría

do volframio durante os primeiros anos corenta. Andrés López Alejos,1fillo dunha familia de propietarios vitícolas fidalgos, descubriu un pequenofilón do prezado mineral nos seus montes de San Paio de Ventosela (Ou-rense). Casado cunha prima carnal de Sofia, ofreceulle a Franqueira levaras contas da explotación xa cando o negocio estaba para rematar. Para ex-traer o mineral bombeaban, por medio dun motor, auga desde o Miño ata

Luis Domínguez CastroProfesor titular da Universidade de Vigo

Xosé Ramón Quintana GarridoProfesor da Universidade de Vigo

O HOME DO CAMPO

1 Entrevista realizada a Andrés López Alejos (nacido o 1 de xullo de 1903), o día 28 dexaneiro de 1996, por Raúl Soutelo Vázquez. Conservada no Museo Etnolóxico de Ribada-via (MER), p. 23.

Page 516: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

516Empresarios de Galicia

o alto do Coto, onde fixeron un gran pozo para depositala, e empregala,logo, nas mesas de lavado do volframio. Colocaban o mineral directa-mente nos consulados alemán ou inglés de Vigo, grazas ás guías facili-tadas a Andrés por un maxistrado da Audiencia ourensá. Desta primeiraexperiencia quedará a importancia dos parentes e amigos como socios nassúas empresas futuras e as vantaxes de contar con apoios institucionais.

A forxa do cooperativismo vertical

O ano 1954 será outro momento básico para entender a súa biogra-fía empresarial. Daquela acada a presidencia da Hermandad de Labra-dores y Ganaderos de Castrelo de Miño,2 cargo que ocupará ata 1963.As primeiras noticias sobre a súa aposta polo cooperativismo, na súa ver-sión vertical estabelecida na Lei de cooperativas de 1942 e no seu Regu-lamento de 1943, témolas nestes anos de xerarca sindical. En efecto, en1957 o cabido que preside acorda realizar unha viaxe, con algúns labre-gos da zona, á cooperativa vitivinícola de Leiro —que se acababa deconstituír— para aprender e abrir unha no concello. Ao ano seguintecréase unha adega cooperativa na parroquia de Macendo que non pa-sou do papel. Aquí podemos ver outro trazo do futuro empresario, apren-der das experiencias que xa hai no mercado e convencer os socios cosfeitos.Desde 1945 a estrutura xerárquica do sindicalismo vertical agrario es-

taba conformada pola Xunta Nacional de Irmandades e pola IrmandadeSindical Nacional de Labradores e Gandeiros, as COSA provinciais e asIrmandades Locais, que tiñan o seu correlato cooperativo na UNECO,as UTECO provinciais e as cooperativas do campo locais.As UTECO estaban pensadas como axencias de distribución, entre as

cooperativas locais, de insumos que, por mor da autarquía, eran de difí-cil ou imposíbel obtención no mercado libre (criptogámicos, adubos,sementes, etc.). En 1959, nos albores da liberalización comercial doréxime, Franqueira é nomeado vicepresidente da COSA e xerente daUTECO de Ourense, un cargo, este último, pouco apetecíbel nunha pro-

2 De Juana (2000), p. 472.

Page 517: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

vincia sen apenas estrutura de cooperativismo agrario ao que servir. Peroel ve a oportunidade de poñer en marcha as súas ideas sobre o cooperati-vismo de produción. Como relator, xunto con outros amigos, da comisiónde traballo de cooperativismo agrario, do Consello Económico SocialSindical Provincial de 1961, presenta un programa de desenvolvementoda acción cooperativa, en cinco anos, baseado en dous piares, a vitivini-cultura e a gandaría.3 No primeiro caso, partindo da experiencia das coo-perativas de Leiro, Monterrei, Barco e Larouco, pretendíase crear 18novas cooperativas vitícolas que puidesen mellorar a calidade dos caldos,mediante a elaboración centralizada e asesorada por enólogos, e comer-cializar o 25% da produción provincial, eliminando a figura do tradicio-nal corredor intermediario, co que calculaban incrementar nun 50% o

517Eulogio Gómez Franqueira

3 Collarte (2003), pp. 71-74

Reunión de E. Franqueira eos vinte primeiros socios

Page 518: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

prezo do viño ao labrego, incremento que podería acadar o 100% se seoptaba por embotellalo.No segundo caso, o cooperativismo gandeiro, proponse a instala-

ción no nó ferroviario de Ourense-Empalme dun matadoiro xeral frigo-rífico e industrial e unha central leiteira explotada por unha cooperativaprovincial de produtores de leite; ademais tamén se contemplaba a insta-lación dun muíño de pensos e dunha fábrica de compostos. Polo que faia cooperativa provincial de avicultura que se acababa de crear, anímase aapertura dunha orientación cara á produción de ovos.Neste relatorio está esbozado, moi groseiramente, o modelo das fu-

turas empresas de Franqueira, un modelo que o seu principal divulgadorcientífico,4 define como ciclo de integracións verticais e horizontais degran magnitude dentro do concepto de agricultura de grupo cooperativo.Modelo que tamén responde ao esquema de integracións verticais e ho-rizontais dentro do concepto de agricultura sen terras, moi acaído a unharealidade de pequenas explotacións campesiñas, moi parceladas, como asque caracterizaban a provincia ourensá, xusto nos albores do proceso dedesagrarización que vai vivir Galicia.O primeiro éxito de Franqueira foi ir gañándose a confianza dos pre-

sidentes e secretarios das Irmandades de Labradores e Gandeiros, espe-cialmente da parte occidental da provincia, figuras moi respectadas nomundo rural de entón, sempre pola súa autoritas pero, en moitas oca-sións, tamén pola súa potestas. Sen dúbida, axudou a este propósito osaneamento da UTECO ao rastrexar no mercado libre insumos máis bara-tos cós subministrados desde os organismos oficiais, co apoio financeiroda Caixa Provincial de Aforros e dalgúns amigos que comezaran a desta-car como representantes de firmas multinacionais de insumos.5Convertido xa no líder do sindicalismo vertical agrario, Franqueira,

logo dunha viaxe a Navarra, reúne os seus amigos máis próximos e pro-ponlles crear a Caixa Rural, contando como primeiros depósitos cos dis-poñíbeis en todas as seccións de crédito agrícola das irmandades da

518Empresarios de Galicia

4 Fernández (1985), pp. 144-147.5 Entrevista realizada a José Andrade Usatorre (nacido en 1919), o día 9 de xaneiro de

1996, por Santiago Míguez Amil e Raúl Soutelo Vázquez. Conservada no MER, p. 36.

Page 519: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

519Eulogio Gómez Franqueira

provincia e coa autorización da Obra Sindical de Cooperativas, desdeMadrid. A Caixa Rural será unha ferramenta fundamental para financiaras empresas do grupo cooperativo ourensán.6

As cooperativas avícolas: polos e ovos

Coincidindo coa apertura aos capitais exteriores, a multinacional nor-teamericana do sector da alimentación Swift crea, en Sarria, unha granxapiloto de cría de galiñas. A idea era estabelecer unha rede de granxas ás quese lle facilitarían os poliños dun día e os pensos precisos para a súa crianza,pagando unha cantidade prefixada por cada unidade recollida para sacri-ficar no matadoiro de Lugo e logo comercializar nun mercado cun esca-sísimo nivel de saturación de consumo que na altura, en 1962, comezabaa andaina do desenvolvementismo e a uns prezos moi competitivos.Franqueira soubo ver a posibilidade de negocio que supoñía a idea da

Swift. Empregou como granxeiros a amigos non directamente vencella-dos coa agricultura, que puidesen avalar o soar e a construción das gran-xas; para a expansión futura contábase, se cumpría cunha liña de créditobrando a través da Caixa Rural e, se se precisaba, da Caixa de Aforros Pro-vincial. A innovación empresarial máis importante foi empregar comoinstrumento unha cooperativa de primeiro grao, integrada no paraugas dosindicalismo vertical, pero cunhas formulacións de responsabilidades ebeneficios individuais e de xestión profesionalizada moito máis próximasa unha típica aventura empresarial clásica dunha economía de mercadomoi intervida como era a da España franquista de entón.7En 1963 nace a Cooperativa Provincial Agrícola Gandeira, núcleo ori-

xinal das Cooperativas Ourensás (COREN), unha innovadora experiencia,esta das COREN, de cooperativa de segundo grao dentro da UTECO, con15 socios que, no mesmo ano, chegan a 100. Cada un destes socios tiñaunha granxa de 5000 galiñas todos cun contrato individual coa Swift, nostermos xa coñecidos. Antes da ruptura coa Swift, en 1965, danse os pri-meiros pasos cara á concentración vertical e horizontal das COREN. No

6 Fernández (1975), p. 286.7 Fernández (1993), p. 29.

Page 520: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

primeiro caso, en 1964, pídenlle a UTECO que lles constrúa unha fábricade pensos, coa licenza Swift;8 o diñeiro conséguese mediante un créditoda Caixa Provincial de Ourense –a Caixa Rural aínda non tiña calado su-ficiente para acometer este tipo de empresas– co aval dos cinco membrosda Xunta Rectora de UTECO e do propio Franqueira.9 No segundo, en1965, nace a Cooperativa Provincial de Produtores de Ovos, con 20 so-cios iniciais con granxas de 2000 a 3000 galiñas.En 1965 prodúcese a ruptura con Swift, convencidos Franqueira e o

seu núcleo duro —F. Contreras Brotóns, J. Vila Baceiredo, A. López Ale-jos, J. Andrade Usatorre...— da posibilidade de camiñar sós. Antes da rup-tura definitiva logran quedar con parte do equipotécnico de Swift Española, veterinarios especial-mente, para garantir o futuro das COREN. Na al-tura xa está deseñado e nos anos inmediatos im-plementado o entramado institucional do grupo.

UTECO convértese no núcleo reitor que llepresta servizos técnicos a todo o grupo, a travésdos seus departamentos de estudos económicos,asesoría xurídica, contabilidade, veterinaria, co-mercial e, xa desde moi cedo, de investigación.Encárgase de achegar e xestionar as industriascomúns ás cooperativas: matadoiro de aves, cla-sificadora de ovos, plantas de incubación, fábricade pensos, parque móbil de vehículos, todas elasfinalmente propiedade das COREN; asemadeencárgase de facer os estudos de mercado perti-nentes antes de lanzar unha nova iniciativa eleva a contabilidade xeral das COREN e a parti-cular de cada socio dos que se levan unha contade explotación inicial e unha conta corrente paraevitar a estacionalidade nos pagos. Cómpre lem-brar que as UTECO son institucións oficiais nas

520Empresarios de Galicia

Centro Procesado Avícola. Anos 60

8 Fernández (1975), p. 89.9 Fernández (1975), p. 349.

Page 521: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

521Eulogio Gómez Franqueira

que as grandes decisións se teñen que someter a asemblea xeral na quecada cooperativa ten un voto, xa que logo, as fantasmais cooperativas docampo, colgadas das estruturas das Irmandades de Labradores e Gandeiros,teñen unha sólida maioría. Como logran as COREN, en minoría, dispoñerda maior parte dos recursos de UTECO Ourense? Mediante unha eficazxestión por parte do consello reitor —ata 1975 xunta reitora— e da xe-rencia, e grazas ao carismático liderado que exercía Franqueira cos pre-sidentes locais. O decidido apoio prestado polo gobernador civil, J. M.López Ramón (máxima autoridade provincial desde febreiro de 1963ata xaneiro de 1970), debeu finalmente facilitar as cousas.

Page 522: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

522Empresarios de Galicia

A Caixa Rural, que ve como van medrando os seus depósitos co boomda chegada de remesas da emigración europea grazas á extensión da súarede de oficinas aproveitando os locais sociais das irmandades,10 convérteseno órgano de financiamento e control dos socios do grupo, tanto cos prés-tamos iniciais coma co control dos pagamentos do retorno cooperativo,obrigatoriamente realizados a través de contas correntes na institución. As cooperativas corren coa fase de produción para o caso das dedica-

das a produción de carne avícola (Cooperativa Provincial Agrícola Gan-deira), a partir da entrega de polos dun día, traídos desde Holanda poravión nos primeiros momentos e anos máis tarde dispoñíbeis desde aplanta de incubación de polos, creada en 1966. Este sector esta divididoen granxas de cría de galiñas nais reprodutoras, galiñas reprodutoras quepoñen os ovos que van logo á planta de incubación e, finalmente, gran-xas de engorde. O destino final de todas estas galiñas é o matadoiro deaves que UTECO pon en marcha en 1966.11A Cooperativa Provincial de Produtores de Ovos realiza un proceso

similar a partir tamén de polos dun día, con granxas de cría de reprodu-toras, granxas de reprodutoras, cría de poñedoras e granxas de poñedoras.A produción destínase á planta clasificadora de ovos, posta en marcha porUTECO en 1965.12A fase de transformación da produción das granxas avícolas de COREN,

como quedou dito, realízase no matadoiro e na planta clasificadora deovos onde traballan asalariados que non gozan da condición de socios. A fase de comercialización tamén se controla desde as COREN, ini-

cialmente mediante un concerto coa empresa semipública, situada enMadrid, MAPSA (Mercados Agropecuarios, S.A.) que se comprometía a dar-lle saída á totalidade da produción de carne e de ovos do grupo, estaba-mos no ano 1966. Dous anos máis tarde, MAPSA entra en crise e CORENmonta a súa propia comercial logrando quedar, como antes no caso da SwiftEspaña, con boa parte dos mellores comerciais de MAPSA. A ComercialCOREN arrinca con dous centros, un en Ourense e outro en Madrid.

10 Collarte (2004), p. 308.11 Fernández (1985), p. 158-160.12 Fernández (1985), pp. 161-162.

Page 523: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

A historia das granxas avícolas, buque insignia das COREN, é a dunéxito rotundo. Das 100 granxas de avicultura de carne de 1963 pasousea 311 en 1983, dos 1.837.736 quilos canal de carne de polo en 1966, pa-souse aos 27.907.432 quilos en 1983. Das 20 granxas de avicultura de postade 1965, pasouse as 308 en 1983, das 3.094.987 unidades de ovos de 1965,pasouse ás 557.813.159 en 1983.13 Certamente non todo foi un camiñode rosas. O final da ditadura franquista e os primeiros anos da transicióndemocrática resultaron treboentos no ámbito económico, político e so-

cial. Os derradeiros gobernos fran-quistas tentaron calmar a crecentecontestación social con políticas in-flacionistas e proteccionistas que fa-voreceron ás empresas destinadas aomercado interior, pero os primeirosgobernos democráticos tiveron queabrirse ao exterior, no contexto dasolicitude de ingreso na CEE, e rea -lizar un duro reaxuste deflacionista.COREN sufriu o impacto, igual cósseus competidores, nomeadamentea AVIDESA de L. Suñer. Moitasgranxas avícolas pecharon daquela.L. Suñer tentou saír da crise me-diante a comercialización de pratos

precociñados, sen éxito.14 As COREN lograron remontar o seu sector aví-cola recorrendo a varias estratexias, no eido da produción incrementarono tamaño das granxas e crearon granxas titularidade das cooperativas, aten-didas por asalariados, para as primeiras fases; no eido da transformación,diversificaron a gama de produtos do matadoiro, ao que se engadiu unhasala de despezamento: polos asados, hamburguesas, pensos de fariña animal,etc…; no eido da comercialización comezaron, timidamente, a venda di-recta de polos asados.

523Eulogio Gómez Franqueira

13 Fernández (1985), pp. 192-205.14 Reig Armero (2000), p. 441.

Historia doslogotipos de COREN

Page 524: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

524Empresarios de Galicia

Page 525: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

As cooperativas de vacún: carne e leite

Seguindo co programa trazado en 1961, as COREN poñen en mar-cha, desde 1967, o plan vacún. Tratábase dunha nova opción. Agora siinteresaba o agricultor con terras para garantir a autarquía propia da filo-sofía do grupo, as terras tiñan que subministrar as forraxes necesarias paraa alimentación das reses das granxas. O plan ponse en marcha co parau-gas da Acción Concertada de Gando Vacún do Ministerio de Agricul-tura,15 que axuda a financiar a compra das reses frisonas –de EE.UU. eCanadá, sobre todo– para poñer en marcha as granxas. En 1970, UTECOcrea para as cooperativas do plan unha central leiteira. Inicialmente, oplan contempla a creación de cooperativas familiares, integradas por unnúmero pequeno de granxeiros individuais que se dedican, fundamental-mente, á produción de forraxes e leite; recuperan así o secular sistema demutualismo gandeiro para compartir as posíbeis mortes ou a baixa produ-ción das reses e comparten a maquinaria e as instalacións comúns, comoo centro de muxidura; cooperativas comunitarias, os socios achegan asterras e o capital inicial e de ampliacións e desenténdense da xestión dia-ria das granxas, enconmendada a un encargado que dirixe os asalariadosnecesarios, como as anteriores estaban destinadas á produción de leite;cooperativas de recriadores de becerras, con granxas nas que cada sociomantén un número de reses en función das hectáreas dispoñíbeis paraobter forraxe, reses que se destinarán á produción de leite, á reproduciónou ao matadoiro, segundo os casos; e, por último, cooperativas de en -gorde de becerros, co mesmo sistema cás anteriores pero con destino úni -co cara ao matadoiro.16A experiencia do plan vacún foi a dun semifracaso. Das 6000 vacas pre-

vistas, só se acadaron 2700, á altura de 1971.17 O cooperativismo baseadona subordinación da agricultura con terras, chocou co minifundismo dasexplotacións labregas. So campesiños abastados e profesionais ou empre-sarios colateralmente vencellados ao campo, estaban en condicións de

525Eulogio Gómez Franqueira

15 Fernández (1975), p. 2019.16 Fernández (1985), pp. 170-181.17 Colino (1984), p. 37.

Page 526: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ter granxas cun número rendíbel de reses. A produción de leite e derivados(queixo, iogures) nunca acadou un lugar significativo na facturación finalde COREN. Mesmo se permitiu que os granxeiros do vacún instalasengranxas de polos nas súas explotacións para faceren rendíbeis estas.

A fracasada aventura da cooperativa vitícola

O último piar daquel programa de 1961 era o cooperativismo vití-cola. Franqueira lanzou esta iniciativa fóra do grupo COREN. En 1968nacía a Cooperativa do Ribeiro, pola fusión da inexistente de Ribadaviae a de Leiro, inaugurada en 1953. Franqueira será o primeiro presidenteda súa xunta reitora. A cooperativa naceu cun primeiro grave problema,a descapitalización, xa que os socios, uns 1500 aproximadamente, a dife-renza do modelo COREN, non tiveron que achegar ningunha instala-ción, ningún terreo ou ningunha cantidade en metálico. Os fondosviñeron a través de créditos do Banco de Crédito Agrícola, a Caixa Rurale a Caixa de Aforros Provincial, por unha cantidade total de 109.341.125pesetas, segundo o propio Franqueira a un xuro alto e a un prazo curto.18Os socios tiñan que poñer a uva e pasadas as dúas primeiras vendimas,aínda non houbera ningún retorno cooperativo. As cousas foron maldesde o principio. Os muros das adegas viñéronse abaixo nunha invernía,en plena construción. Os depósitos tiñan tan mala calidade que o seuparafinado cedeu ás primeiras, derraman caldos e podrecen as paredes deformigón. O embotellado, sen suficiente tratamento e filtrado do viño,deixaba pouso e moitos pedidos foron devoltos polos clientes. No veránde 1969, decídese que todos os socios acheguen unha cantidade equiva-lente a 4 pesetas por quilo de uva entregada, para amortizar o 50% dadébeda, e reciben un xuro do 5%. Se non se fai a contribución pérdese acondición de socio. En poucos anos pásase dos 1500 aos 910 socios que,ademais, en moitos casos entregan as peores uvas e en cantidades cadavez máis minguadas. En 1972 a Caixa Rural volve conceder dous présta-mos, un de 60 millóns de pesetas para financiar o inmobilizado e as ins-

526Empresarios de Galicia

18 Acta da asemblea xeral do 6 de xullo de 1969. Libro de Actas da Asemblea Xeral daCooperativa do Ribeiro do 04/02/1968 ao 14/07/1974, pp. 4-5.

Fotografía da páx. anterior:E. Franqueira primeiros anos

Page 527: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

527Eulogio Gómez Franqueira

19 Acta da asemblea xeral do 19 de marzo de 1972. Libro de Actas da Asemblea Xeralda Cooperativa do Ribeiro do 04/02/1968 ao 14/07/1974, p. 15.

20 O resultado da votación foi de 270 votos en contra e 59 a favor. Acta da asembleaordinaria do 26.05.74. Libro de Actas da Asemblea Xeral da Cooperativa do Ribeiro do04/02/1968 ao 14/07/1974, p. 19.

21 Fernández (1975), pp. 351-352.

talacións e outro de 55 millóns para gastos de campaña que lles permiti-rían a entrega de anticipos aos socios, a un tipo de xuro, ambos os dous,do 7% e unha amortización de cinco e un ano e medio, respectiva-mente.19 En 1973, Franqueira renuncia á presidencia da cooperativa,algo que xa viña anunciando desde 1969, despois dunha asemblea xeralna que se cuestionan os balances presentados, ata o punto de que a actadesa asemblea non será aprobada na seguinte xa baixo outra presiden-cia.20 A incursión no cooperativismo vitivinícola sáldase, pois, cun sonorofracaso, aínda que a Cooperativa do Ribeiro lograría, anos despois,remontar o voo.

A política ao servizo da empresa

Mentres se desenvolvía o programa de 1961 e se sentaban as sólidasbases do grupo COREN, Franqueira comeza a súa actividade políticalogrando unha acta de procurador en Cortes, polo terzo familiar, na pri-meira lexislatura na que houbo representación familiar, a de 1967-1971;en 1971 revalidou esta ata 1977, daquela foi elixido deputado no Con-greso, nas filas de UCD, e mantivo a acta ata 1986. Franqueira entra enpolítica da man do seu protector, o gobernador civil López de Ramón,coa intención confesa de interesarse pola lexislación agraria, nomeada-mente pola nova Lei de cooperativas que se aprobará en 1975, e inte-grouse na Comisión de Agricultura.21 O vencello entre a actividadeempresarial, dentro da estrutura do sindicalismo vertical, e a políticaresulta, pois, evidente. Franqueira sofre un certo acoso político, mesmocunha inspección do Banco de España, nos tempos do gobernador Rega-lado Aznar e do presidente da Deputación Olano Guarriarán, temposque se levan por diante o seu íntimo amigo, Martín Esperanza, directorxeral da Caixa de Aforros Provincial, alcalde de Ourense e conselleiro

Page 528: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

528Empresarios de Galicia

nacional do movemento e que lle fan perder a Deputación Provincial,temporalmente, a outro íntimo, Ferrer Garrido, sucesor de Martín Espe-ranza no control da Caixa de Aforros. Superado este período de 1973-74.Franqueira vai tecer unha rede de relacións clientelares por toda a pro-vincia que lle van permitir un dominio absoluto do poder político, eco-nómico e social. En cada concello ten abertas oficinas da Caixa Rural, daCaixa de Aforros, das Irmandades, en cada concello ten axentes electo-rais en forma de granxeiros e/ou asalariados de COREN, en cada conce-llo hai ducias de lectores de La Región, xornal que sofre unha profundaremodelación accionarial, a finais de 1973; desaparece Acción CatólicaSocial S.A., a súa empresa propietaria, e nace La Región S.A., coa familiaOuteiriño, a Igrexa e Franqueira e os seus amigos como principais accio-nistas. De feito, o propio Franqueira e Martín Esperanza pasan a sermembros do consello de administración.

Eulogio Franqueira eManuel Franqueira en reunión

Page 529: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

As cooperativas de porcino

Ao mesmo tempo que supera a crise política e se fai forte en LaRegión, lanza unha nova liña de actuación nas COREN. En 1974 nace aCooperativa Provincial de Criadores de Gando Porcino. Unha volta aomodelo da agricultura sen terras, inicialmente concibida como comple-mento para os granxeiros avícolas, daquela nos comezos da crise dasegunda metade dos anos setenta, e os do plan vacún. Franqueira volverealizar aquí unha operación empresarial exitosa. En 1977 toma unpaquete minoritario das accións do matadoiro de Frigolouro no Porriño,daquela controlado polos Fernández. En 1979 faise co 98% das acciónse converte o matadoiro, que conta con túneles de refrixeración, salas dedespezamento e fábricas de embutidos, na saída natural dunha produ-ción de carne porcina en incremento.22 Ese mesmo ano nace a Coope-rativa Limitada de Gandeiros de Porcino de Ourense con 90 socios quepoñen en marcha granxas de ciclo pechado, nos que combinaban a mul-tiplicación e o engorde, mentres os 119 socios da primeira cooperativa sóse dedican ao engorde, ao deixaren a multiplicación nas mans de granxascomunitarias, con asalariados, ás que chegaban, desde Holanda nos pri-meiros anos, as porcas bisavoas.23

Os últimos retos e a sucesión

En 1980, acorde cos novos tempos políticos, as COREN desvincú-lanse totalmente de UTECO e fundan COREN Sociedade CooperativaLimitada como unha serpe que ripa a súa camisa. A nova empresa eradona de todas as instalacións do grupo e dos servizos técnicos que ata esemomento xestionaba UTECO. Foi unha muda de pel que deixou atrás opasado verticalista.A actividade pública e privada de Franqueira remata a finais de 1984

cando un derramo cerebral o deixa prostrado ata a súa morte, en 1988.Neses momentos andaba matinando en dúas grandes cuestións: mantera hexemonía en Ourense despois da desaparición de UCD e preparar

529Eulogio Gómez Franqueira

22 Vara (2000), p. 159.23 Fernández (1985), pp. 186-188.

Page 530: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

COREN para o reto do ingreso da CEE. No primeirotema argallou o nacemento de Coalición Galega(CG), solidamente instalada en Ourense, moi pre-sente en Lugo, con presenza en Pontevedra e na Co-ruña a través de náufragos da UCD e adornada copedigree do Partido Galeguista; CG pretendía ocuparo espazo centrista cun verniz populista e galeguista,un proxecto ilusionante que non superou a perdado seu fundador. No segundo tema, a entrada naCEE, a Caixa Rural, con 53 oficinas, con 170 em-pregados e cun beneficio neto de 858 millóns de pesetas –o seu último ano de vida, 1987– quedabapequena para as necesidades de expansión do grupo,a pesar de contar cos dous terzos dos recursos con-xuntos das catro galegas;24 en 1988 intégrase enCaixa Galicia, e ocupou Manuel Gómez Álvarez,fillo e sucesor de Franqueira a fronte de COREN,un posto no seu Consello de Administración; a ex-pansión precisaba tamén dunha nova estratexia co-mercial, en 1984 nace Gallega de Alimentación S.A.(GALSA), a filial que se vai encargar de todo o pro-ceso de comercialización do grupo ata o lanzamentoda estratexia de internacionalización lanzada en1990, coa fundación de Lourinho Conservas deCarne Ltda. en Portugal, e proseguida en 1995, conCoren Argentina S.A., e 1998, con Coren RumaníaS.R.L.; o grupo precisaba colocarse ben no novo es-cenario comunitario e manter o prestixio simbólicodas súas orixes avícolas e logra exercer a representa-ción diante da CEE de todos os produtores españoisde polos e ovos para o período inicial de 1987-1990;a expansión precisaba dunha diversificación maiorda produción, así, en 1986 nace a Cooperativa Ga-

Empresarios de Galicia

24 Terrón (1987), pp. 363-369.

Page 531: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 532: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

lega de Criadores e Produtores de Coellos, nótese que xa non é provin-cial como as súas predecesoras, e convértese a cunicultura nunha activi-dade rendíbel para o grupo.Manuel Gómez Álvarez continuará a filosofía do grupo COREN; lanza

novas liñas de produción como as granxas de pavos, desde 1996, e cons-trúe para elas unha sala de despezamento no matadoiro avícola de SantaCruz de Arrabaldo (2000) e unha planta de incubación en Portomarín(2001), que lles dan servizo aos 100 cooperativistas actuais; as granxasde patos, desde 2001, son a última experiencia. En 1991, nace Coren Grill,tendas de venda directa de toda a gama de produtos do grupo, tendas pro-pias e franquiciadas presentes pola xeografía galega, Madrid e Alacant,estas tendas foron a punta de lanza dunha estratexia de expansión comer-cial por España; aprovéitanse en moitos casos as dificultades dos rivais, conacemento de Coren Iberocatalana S.A. (1994 co nome de Coren Saiz,Barcelona), Coren Rives S.A. (1997, Alacant), Espinosa Coren S.A. (1995,Sevilla), ou Lázaro Coren S.A. (2000, Ronda), expansión centrada en zonasturísticas ou grandes cidades –Madrid é cuberta desde GALSA.O vacún segue sendo un sector que non rende plenamente, aínda

que nos últimos tempos, desde a adquisición de NOVAFRIGSA, en 1996,hai unha certa tendencia á especialización en carne de calidade, xa querepresentou máis do 40% dos animais certificados dentro da IndicaciónXeográfica Tenreira Galega —das 23 granxas de 1983 pasouse ás 80 de2001—; o sector lácteo veu desaparecer as granxas familiares —só sobre-vive a Cooperativa Agrogandeira de Tioira-Maceda, con 8 socios—, men-tres que as cooperativas comunitarias pasaron de 8 a só 3, de 261 a 102socios; o 1 de agosto de 2003 deixou de producirse o leite do día quedurante trinta anos abastecera os mercados da provincia ourensá.Unha das liñas de futuro, sustentada no centro de investigación

situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, é a aposta pola produción eco-lóxica, con máis de 60 explotacións, centradas en ofrecer unha gama dealimentos coa etiqueta de sans, naturais e de calidade: polos de curral,ovos campeiros, tenreira galega, etc.A importancia histórica de Euloxio Gómez Franqueria e das COREN

que el ideou, xestionou e consolidou ao longo de vinte anos decisivospode medirse pola pegada deixada na economía —e na política— galegaen xeral e na ourensá en particular. Como todo grande empresario hai na

532Empresarios de Galicia

Fotografía da páx. anterior:Centro Procesado Avícola2006

Page 533: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

súa biografía luces e sombras pero a hora de facer balance as primeirassuperan claramente as segundas. Creador dunha orixinal empresa coope-rativa, no único marco posibel entón do sindicalismo vertical, foi quen desaber sobrevivir exitosamente á liberalización e á comunitarización daeconomía española mentres outros competidores, AVIDESA sen ir máislonxe, quedaban abeirados polos novos ventos. Un modelo empresarialque foi capaz de preparar axeitadamente para o difícil momento da suce-sión sempre problemática nas iniciativas que dependen do liderazgocarismático irrepetibel do fundador. E todo isto nun entorno tan poucodinámico e plural como a provincia de Ourense que aínda hoxe ten enCOREN o seu principal referente empresarial e mesmo ideosincrático.Poucos homes poden deixar unha herdanza tan nítida.

533Eulogio Gómez Franqueira

Bibliografía

Colino Sueiras, J., (1984): La integraciónde la agricultura gallega en el capita-lismo. El horizonte de la CEE, Madrid,MAPA.

Collarte Pérez, A., (2003): «Aspectos docooperativismo agropecuario na dic-tadura franquista en Ourense» en Mur-guía. Revista galega de historia, 1, pp. 67-85.

— (2004): «La agricultura gallega y el ac-ceso al crédito agrario oficial en el fran-quismo» en Estudis d’història agrària,17, pp. 299-316.

De Juana López, J., (2000): «Eulogio Gó-mez Franqueira (1917-1988)» en To-rres, E. (dir.), 100 empresarios españolesdel siglo XX, Madrid, LID, pp. 472-477.

Fernández, G., (1975): Galicia y las coo-perativas orensanas, Madrid, EditorialDAGUR.

— (1985), El cambio agrario en Galicia,Madrid, Editorial DAGUR.

— (1993), Economía agraria gallega. Mo-dernización y convergencia con la CEE,Ourense, COREN.

REIG ARMERO, R., (2000): «Luís Suñer San-chís (1910-1990)», en E. Torres (dir.):100 empresarios españoles del siglo XX,Madrid, LID, pp. 439-443.

Terrón Muñoz, F. (1987): Las Cajas Ru-rales españolas. Nacimiento, auge yperspec tivas del cooperativismo agrariocrediticio en España, Granada, Univer-sidad de Granada.

Vara, A. (2000): «Coren. Ganadería sin tie-rra», en Grandes Empresas. GrandesHistorias, A Coruña, La Voz de Galicia,pp. 156-163.

Page 534: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 535: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera
Page 536: Empresarios de Galicia - Vol - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/...sultaba gratis, como tampouco o resultaba a utilización de calquera

ISBN 84-96494-83-7

9 788496 494831