EMBATE 1

16
numero 1 xullo 2005 Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) polo noso futuro RepubLICA GALEGA

description

Primeiro voceiro nacional de Adiante (Mocidade Independentista Revolucionaria)

Transcript of EMBATE 1

Page 1: EMBATE 1

numero 1

xullo

2005

Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

polo noso futuro

RepubLICA

GALEGA

Page 2: EMBATE 1

EDITORIALDespois xa de máis dun ano de fun-cionamento organizativo, comezaaquí e agora a ilusionante andaina

do EMBATE. O Voceiro Nacional de ADIANTE(Mocidade Revolucionaria Galega), o nosovoceiro. Durante este ano estivemos a noscomunicar coa rúa mediante a publicación oca-sional das nosa follas informativas e deaxitación e que foron suplindo provisoriamentea carencia dun órgano de comunicación máisestábel e periódico. Chegou xa, polo tanto, ointre de tirar do prelo a propia e nova revista damocidade revolucionaria galega.Embate, choque, contrapunto, golpe, dialéctica,acometemento, oposición, antagonismo, com-bate, afrenta, envestida... un embate contra oimperialismo, contra o fascismo, contra o capi-tal... loita dura, rexa e sen cuartel contra o patri-arcado, a contaminación, a explotación, o racis-mo... guerra declarada a todo tipo de manipu-lación, ambigüidade, intoxicación, autoritarismo,sectarismo... O Embate no que nos temos queimplicar a diario, sen tregua, sen titubeos, senvacilacións.Pretendemos ser un lugar de encontro codebate desintoxicado para a formación e ainformación das novas camadas traballadorasde Galiza. Prentendemos ser unha ferramentade comunicación de e para a mocidade combat-iva na nosa nación. E pretendemos tamén apor-tar novas perspectivas ao Movemento XuvenilGalego.Sabemos que a publicación dun voceiro non vaiser tarefa doada desde un principio para unhaorganización como a nosa, que aínda naceuonte como quen di, que aínda está en procesode construción das súas infraestruturas e quenon conta con máis financiamento que o que lleaporta a súa militancia. E seguramente haberáentregas que tardarán en saír máis que outras,ou experimentaremos e mudaremos o formatoe a maquetación, ou iremos poñendo e sacan-do seccións... pero o máis importante agoramesmo desde a nosa modestia son os contidose ir cumprindo paseniñamente coas funciónsfundamentais dunha publicación deste tipo.

Agardamos que desfrutes da súa lectura, que ocompartas, que o comentes e que o difundas.

Un saúdo revolucionario.

UCoNTiDoS

[páx. 2] -Contidos-Editorial

[páx. 3] -A responsabilidade penal da e do menor

[páx. 4-5]-Día da Patria 2005: polo noso futuro, REPÚBLICA GALEGA

[páx. 6] -A Universidade non é unha empresa! Ou si?

[páx. 7-8-9] -Entrevistamos a Suso Diz, da CUT

[páx. 10-11] -Uruguay, a Vitoria

[páx. 12-14] -O (in)discreto (des)encanto da (pequena-)burguesia (ortografista)

-O Movemento Xuvenil ante a súa his-toria e o seu futuro

[páx. 15] -Libros de combate

EMBATE

número 1

Xullo, 2005

Voceiro Nacional deADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

[email protected]

www.adiantegz.org

EMBATE non ten por que compartirnecesariamente a totalidade das opinións aquí

expresadas.

Pódense reproducir os artigos citando a fonte.

2

Page 3: EMBATE 1

pasado 1 de marzo entrou en vigor o regulamento(RD 1774/04), que desenvolve a Lei Orgánica 5/00reguladora da Responsabilidade Penal do Menor.Desde ADIANTE (Mocidade RevolucionariaGalega) denunciamos este texto por consideraloilegal e inconstitucional, xa que limita e restrinxe osdereitos dos menores que a lei consagra e converteos centros de menores en auténticos cárceres.Tachámolo de ilegal porque viola o sistema norma-tivo xerárquico. O Regulamento contén mandatosnovos respecto á lei. Se a lei falaba de interven-cións educativas orientadas cara a efectiva reinser-ción e superior interese do menor, o Regulamentodedica a maioría dos seus artigos á limitación dedereitos e a sinalar o réxime sancionador, obviandotoda referencia ao carácter educativo e formativoque debe perseguir.Tachámola de inconstitucional porque vulnera dere-itos dos menores, recoñecidos tanto na lexislaciónestatal como na internacional:

Elimínase o dereito de presunciónde minoridade, é dicir, ante a simple dúbida de seunha persoa é maior ou menor de idade, debeencomendarse á xurisdición de adultos, quendeterminará a idade do suxeito.

Viólase a Lei de EnxuizamentoCriminal que exixe a presenza do xuíz e non per-mite que as roldas de recoñecemento se efectúenpola Policía xudicial. Cos menores a policía si quepoderá realizala por si soa.

Vulnera o dereito de libre desi-gnación de letrado e a asistencia xurídica aomenor.

Permite que o menor poida seralonxado do seu entorno familiar e social, medi-ante o traslado a outro centro (pódese trasladar a1000 Km), sen ningunha razón, incluso aínda queprexudique ao interese do menor.

As comunicacións serán moi reducidas,incluso máis duras que nos Centros Penitenciarios, e ospermisos de saída mínimos.

Permite o rexistro e cacheo con espidos inte-grais.

Avala a presenza de Vixiantes de seguridade,é dicir, persoal sen cualificación nos centros, que porten eincluso poidan empregar armas (porras).

Sinala sancións de maior intensidade queaos presos maiores. Entre estas sancións inclúese 7 díasde separación, é dicir, illamento. Ademais, estas sanciónsserán impostas polo director do centro, en vez de poloresponsábel que sigue ao menor na entidade pública.

Concluíndo, este regulamento copia case textualmente oRegulamento penitenciario (de adultos), mais empregandounha grosa capa de maquillaxe mediante a creación dunhalinguaxe específica para a lexislación penal de menores, eincluso nalgúns casos, endurece as súas condicións conrespecto á situación dos presos adultos. Aínda que llechamen medidas, o que están é a sufrir penas, aínda quelles digan que van a ser internados, o que lles pasa é queos encarceran, aínda que lles abran unha causa, esta vensendo un expediente, aínda que lles digan que están sendoexplorados, o que lle están a facer é interrogalos, aínda quelles digan que van ir a un centro educativo, a onde real-mente os mandan é a un cárcere, onde van sufrir o que elesdenominan separación de grupo, á que nos consideramosillamento puro e duro, e cando sexan golpeados e vexadose nós digamos que sofren tortura eles dirán que é rigorinnecesario.Nestes centros educativos o menor é anulado como per-soa, sofre espidos, cacheos, violación da súa intimidade,invasión con reproches, con sentimentos de culpabilidade.É vaciado, degradado e debilitado para poder sometelo aoréxime de vida da institución.

3

ARESPONSABILIDADEPENALDAEDO

MENOR

Page 4: EMBATE 1

4

POLO NOSO FUTURO

REPUBLICA GALEGAÁ mocidade traballadora galega, no Día da Patria de 2005

Máis outro ano, xuntámonos nas rúas de Compostela para celebrar o arruallo indelébel de sermos galeg@s. Desde querecuperamos a conciencia de sermos unha Nación instauramos esta data como fito histórico, festivo e reivindicativoimprescindíbel.Aínda que semelle o contrario, este ano temos ben pouco polo que estar satisfeit@s. Haberá quen pense que a fin de 15anos de goberno do asasino fascista Fraga Iribarne é un grande cambio. Por algo se comeza, pero non mudou case nada,foi máis nada que unha vitoria simbólica do pobo galego, unha conta pendente co noso pasado máis escuro. Por unha parte, a nosa soberanía seguirá rexamente conculcada co novo goberno do brazo politico dos GAL, responsá-bel do desmantelamento industrial do noso País, e d@s súas/seus aliad@s-comparsa do nacional-autonomismo,(auto)desartellad@s, (auto)desmobilizad@s e (auto)acomodad@s desde finais da década de 80. Por outro lado, a clase traballadora, e sobre todo a mocidade, seguimos a pagar, ás veces coas nosas vidas e planos defuturo, os pratos rotos do sistema globalizador do capitalismo mundial e do imperialismo "democrático" español. O proceso do lento e silencioso xenociodio segue en marcha.

Estannos a asasinarCada ano multiplícanse os accidentes sofridos exercendo o noso traballo, accidentes que son estatísticamente moitomaiores nos sectores sociais máis explotados e atacados pola precariedade: a mocidade e as mulleres da clase obreira.A maior precariedade, maior perigo de sufrir un accidente mortal. A xente nova que ocupa os empregos máis arriscadostraballa case sempre mediante subcontratas ou contratos temporais, coma ocurríu co/as compañeir@s falecid@s recen-temente en Navantia de Trasancos, polo que nin as empresas emisoras (ETT´s) nin as receptoras, se preoucupan o máismínimo pola seguridade e a prevención laboral. @s un/has pol@s outr@s... a casa sen varrer. Estes accidentes son, polotanto, asasinatos, no senso estrito da palabra.

Estannos a dividirDesde o colapso económico das primeiras experiencias de democracia popular en Europa, encabezadas pola URSS, e aconseguinte fin da reacción oligárquica a estas democracias do proletariado posta en práctica polas burguesías dos país-es capitalistas co chamado Estado do ben estar, o capitalismo mundial embarcouse na tarefa de recuperar o terreo queperderan coas conquistas populares básicas polas que derramou o seu sangue a clase obreira (educación obrigatoria,sanidade pública, igualdade entre sexos, solidariedade entre pobos...). Para iso criaron desigualdades e diferenzas entre a clase traballadora (diferenzas salariais entre compañeir@s, distintascondicións contractuais...) coa fin de nos dividir e facer que perdamos a nosa mellor arma para defender os nosos logroshistóricos: a unidade de clase. Á mocidade obreira, tradicional motor revolucionario e de tranformación social, neutralízannos a maiores coa creación pro-pagandística de falsas necesidades (modas, marcas, éxitos...) e a introdución planeada e estudada de drogas ilegais queentreteñen e folgan por uns anos às/aos rebeldes cachorriñ@s dos ric@s, pero levan cara a marxinación e ás prisións deexterminio às/aos fill@s do proletariado.

Estannos a explotarPara @s capitalistas, a mocidade traballadora, asalariada e/ou estudante, debemos ser, para mellor servil@s, man deobra barata, dócil, alienada e mansa; sen dereito a decidir. Que teñamos ben claro que se non nos gusta o que hai, xasabemos onde está a porta, e que hai outros agardando por currar máis tempo por menos cartos. O sistema educativo está cada vez máis adaptado ás necesidades da patronal e as multinacionais con medidas deshu-manizadoras e pro-mercantilistas como a LOU, a LOCE ou o Proceso de Boloña da UE. O individualismo, o afán con-sumista, a insolidariedade que nos aprende o réxime herdeiro e continuista do golpe fascista de 1936 desde o seu sis-tema educativo, desde os seus medios de comunicación completamente sobornados e desde outros eidos do controlsocial, axudan a que nos convirtamos nos autómatas de saldo que sempre desexaron.

Estannos a exiliarA emigración non é algo do pasado como sempre nos quixeron facer crer ás últimas xeracións de galeg@s. Iso é do quenos queren convencer para que non fique a descuberto, perante os nosos ollos, o lento exterminio da nosa Nación.Comarcas enteiras, tanto do interior como da costa, teñen actualmente máis moz@ emigrad@s a currar fóra de Galizaque a vivir nos seus lugares de nacemento. E non se sae por coñecer mundo, faise por necesidade, como foi sempre. En amplas zonas do País non hai máis opor-tunidades para a mocidade que as máis indedexábeis para calquera que teña unha pouca de dignidade: ou emigrar lonxeda Terra ou engrosar as fileiras dos corpos represivos e das forzas de ocupación (Policía "Nacional", Garda "Civil",

25 XULLO

DIA DA

PATRIA

Page 5: EMBATE 1

5

Exército "Profisional"...) Un País coa mocidade case que obrigada a traballar como escravos, a traballar lonxe ou a tra-ballar para a o inimigo, é un País máis doado de controlar, de dominar, de expoliar, de borrar... dedeixar de ser Galiza e pasar a ser esa especie de Castilla-La Verde que sempre desexou o EstadoImperialista Español (EIE).

Estannos a discriminarGoberne quen goberne nada muda. Por moito que nos pinten contos de fadas e nos pinten un mundo marabilloso, sótemos que saír á rúa, baixar á Terra, acordar... para darnos conta dos continuos maltratos, desprezos e discriminaciónsque sofremos a mocidade desempregada, estudante ou asalariadada da clase obreira.Discriminacións por ser xovens, por estar discapacitad@s, por ser mulleres, por ter guedellas, por ser gais, por ser alt@s,por ser gord@s, por pensar, por nacer lonxe de Galiza, por falar no idioma do noso propio País, por ser lesbianas, por sercarec@s, por ser dun barrio feo, por ser pálid@s, por ser baix@s, por ter acento da aldea, por fumar porros, por sercigan@s, por non depilar as pernas, por non ser fill@ de tal, por ser fill@ de tal, por ser fe@s... Por ser.

Estannos a colonizarDo mesmo xeito que @s cativ@s de Alxeria "estudaban" a gloriosa vida de Xoana de Arco e ignoraban a longa historiada seus antepasados berberes; as nosas nais, os nosos pais, avoas e avós, se é que podían estudar, tiñan que aprendermecanicamente a listaxe dos reis godos, mentres quedaban sen coñecemento algún da rica cultura sueva que floreceunos comezos da nosa Nación.Hoxe, con novas realidades e avanzos tecnolóxicos, a planificada colonización da nosa xeración trascende o ámbitoeducativo. Que non se che ocurra non celebrar as poles do Alonso, ou que non se che ocurra non vibrar con esa Furia española quesempre vai gañar o mundial de fútbol, nin non morder as unllas coa representación española de Eurovisión, nin pasar"olimpicamente" da candidatura de Madrid 2012, nin admirar a trepas presentadoras da tele que rematan por ser as ver-sións máis estereotipadas e machistas das princesas dos contos... Non quererás ser deste xeito, un/ha radical terrorista, un/ha rox@ batasun@ desar-raigad@... Se non te deixas colonizar serás escomungad@ da democracia e da súalegalidade, inimigo dese Estado de Dereito que temos que agradecer como unha esmo-la, serás expuls@ da súa fermosa Babilonia irreal e creadora de miseria, entrarás noapartheid d@s desherdad@s.

Nin un paso atrás! ADIANTE coa loita de clases e de liberación nacionalA loita continúa, debe de continuar. Non é capricho nin romanticismo. É necesidade eurxencia. Organización para sobervivir, resistir e avanzar.Nos últimos anos estamos no camiño de trazar un movemento xuvenil patriótico,democrático e antisistema. Existen sinais de optimismo. O optimismo é revolucionario.A consolidación dunha Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) cunhaforte compoñente xuvenil, a tímida pero constante aparición de novas iniciativas estu-dantís como a do Grupo Revolucionario de Estudantes Independentistas (GREI) quecamiñan paseniño cara a reconstrución do defenestrado e deturpado MovementoEstudantil Galego (MEG), as iniciativas culturais e veciñais de cuño xuvenil, ou o pro-gresivo afortalamento de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) como novoreferente da mocidade traballadora patriótica e revolucionaria, convidan a crer naautoorganización combativa das novas camadas populares de Galiza.Debemos encetar o camiño que inciamos recentemente recollendo a semente de vencerderramada en lugares como Xénova por compañeir@s como Giuliani; herdando a raibadas motoserras, como puños en alto, no Morrazo combatente; ou collendo o relevo das mans que apañaron o chapapotena boca mesma das rías, perante a ausencia ruín dun Estado que só está presto e disposto para o saqueo. Encetar ocamiño da Soberanía e a Liberdade, da República Galega e a Democracia Popular, pola Independencia Nacional e oSocialismo.

O futuro é noso!

Adiante co Movemento Xuvenil!Adiante co Movemento Nacional-Popular Galego!

Polo noso futuro, República Galega!Viva Galiza Ceibe e Socialista!

Na Patria, a 25 de xullo de 2005

25 XULLO

DIA DA

PATRIA

Page 6: EMBATE 1

6

A UNIVERSIDADE NON É

UNHA EMPRESA! OU SI?No ano 2002 as mozas e os mozos gale-gos faciamos nosas as rúas en defensada ensinanza pública, contra a privati-

zación á que nos levaba a Lei Orgánica deUniversidades. As reivindicacións, manifestacións eprotestas sucedéronse de xeito ininterrompido; e, contodo, a LOU, aprobouse. Hoxe, tres anos despois, que é o que queda de todoaquilo? Cara a onde camiña a nosa Universidade?A LOU non debe entenderse como unha reforma ail-lada do Estado Español. Formou e aínda forma partedunha serie de reformas ás que se comprometeron 29estados da Unión Europea (entre os que estánAlemaña, Francia, Inglaterra, Portugal, España...) coobxectivo de instaurar, antes do ano 2010, o EspazoEuropeo de Ensino Superior. Crear un sistema uni-versitario unificado en toda Europa é o obxectivo prin-cipal da declaración de Boloña, asinada o 19 de xuñode 1999; nela estabelécense unha serie de principiose medidas coas que levar a cabo o proceso de "con-verxencia" europea. Estes principios que o EspazoEuropeo de Encino Superior debería cumprir son: cal-idade, promoción da mobilidade por Europa tanto deestudantes como de docentes, diversidade, competi-tividade e orientación. Trátase, en definitiva, deaumentar a competitividade internacional do sistemauniversitario europeo. Para isto, o noso sistemadeberá cambiar radicalmente poñendo en prácticaestas medidas:- A implatación dun Suplemeto ao Título,que permita un mecanismo facilmente comprensible ecomparable de titulacións.- Un cambio na estrutura das carreiras, quecontarán con dous ciclos principais: Grau e Posgrau.O primeiro terá unha duración de arredor de tres anose será válido no mercado laboral europeo, mentresque o segundo corresponderase coa obtención dunmáster ou doutoramento. Sen embargo, o queesconde este sistema é que o título de Grau estarádeprezado no mercado laboral en comparación co dePosgrau, ao que non todos os estudantes terán acce-so, xa que cada Universidade se reserva os criteriosde elección e haberá prazas limitadas. Ademais, tantoao final do Grau como do Posgrau poderá estabele-cerse unha proba para a consecución do título.- Estabelecemento dun sistema de créditosECTS que se poidan tranferir con facilidade, para pro-mocionar a mobilidade estudantil.Para comprender mellor o que se pretende e as con-secuencias que terá esta reforma, cómpre analizala

dentro do contexto da globalización e dos parámetrosdo neoliberalismo e dos seus obxectivos. Xa dendehai anos o sistema neoliberal centrou a vida no hiper-consumo e na conversión en mercadoría de todoaquilo que produza algún beneficio, mesmo bens eservizos públicos. A educación non ía ser unha excep-ción. En 1999, o Secretariado da OMC engade aEducación Superior aos servizos incluídos no AcordoXeral para a Comercialización de Servizos, é dicir,que a educación pasa a ser un ben comerciábel. Unestudo, feito por Christian Morrison para a OCDE (publicado pola OCDE, 1996) resulta moi clarificadorneste aspecto. Falando dunha necesaria reforma doensino superior para o seu "aproveitamento" di:"(...)pódense aconsellar numerosas medidas que noncrean ningunha dificultade política (...)Se se lles dim-inúen gastos de funcionamento ás escolas e universi-dades, hai que procurar que non diminúa a cantidadede servizo, aínda a risco de que a calidade baixe.Pódense reducir, por exemplo, os créditos para o fun-cionamento das escolas ou universidades, pero seríaperigoso restrinxir o número de alumnos matricula-dos. As familias reaccionarán, (...), pero non o faránfronte a unha baixada gradual da calidade da ensi-nanza, e a escola pode progresiva e puntualmenteobter unha contribución económica das familias ousuprimir algunha actividade". Estas políticas neoliberais conducen a reducir a edu-cación á formación dos "recursos humanos" que o sis-tema necesita, á conversión da educación en mer-cadoría (aspecto este xa palpábel) e á utilización dosistema educativo como medio para lexitimar novasformas de exclusión social, entre os "cualificados" queteñen acceso ao coñecemento que conta, e os "noncualificados" que fican fóra dese coñecemento.Co proceso de "converxencia" europea e a instau-ración do EEES, estas políticas neoliberais hexemóni-cas cobrarán forma para, fomentadas tanto dende aXunta coma dende o Goberno do Estado Español oua OMC, BM ou Comisión Europea..., chegar á absolu-ta liberalización e comerciabilidade da educación.Debe calquera coñecemento ser un produto susceptí-bel de comercialización?

Somos os estudantes "clientes"?

Debe a Universidade ser unha empresa?

Preguntas todas con claras respostas se defendemosun ensino popular, de calidade, democrático e público.

BegoñaMartínez

Page 7: EMBATE 1

7

Entrevistamos a...

SUSO DIZExecutiva Nacional da CUT

Temos hoxe unha conversa sobre as novas perspectivas da loita obreira e xuvenil cocompañeiro Suso Diz, traballador do sector da industria química e un dos membros

máis novos da Executiva Nacional da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT).

Boa tarde Suso. A primeira cuestión é obrigada.Como é que entraches en contacto coa loita sindi-cal?

Agradézoche que me fagas esa pregunta. Entrei en contacto co movemento sindical a través daprimeira empresa na que estiven a traballar, que sechamaba Plasto Adhesivos. E entrei, como case todoo mundo que está na CUT, a través da CIG. Tiñamosun delegado que era da CIG, e a través de varios des-pedimentos de eventuais organizámonos en torno aese delegado, e foi aí como entrei en contacto comundo sindical.Sempre me chamara atención o tema sindical, peroaté ese momentonunca nos organi-zaramos.Nesa primeiraempresa, outro com-pañeiro mais eufomos despedidos, eestivemos 62 dias defolga, que foi o meu bautismo de sangue sindical.E foi a partir daí onde tomei contacto co tema este daloita, e se cabe quedei mais enganchado a isto,porque foi onde me dei conta de que a loita é o únicocamiño. Organizarse mediante un sindicato.

Como cres que está, en xeral, a situación laboralde Galiza e como está a influír esta na evoluciónpolítica do País?

Galiza é un País que non está moi industrializado. Éun País rural, e a industrialización é contada, conFerrol e Vigo de corenta anos para acá. Agoracomeza a haber outros núcleos industriais, vénsemoitos polígonos industriais po aí. Pero o tema laboral en Galiza é dunha tremenda pre-cariedade. E entendo que a eiva sindical ten moitoque ver con iso. Hai pouca cultura sindical, o índice de

afilación, non só a un sindicato de clase, senón a cal-quer sindicato, debe ser o mais baixo de todo oEstado Español. E estamos a falar de que para escoller un delegado,por exemplo, que é quizais o mais básico e polo quese empeza atraballar sindi-c a l m e n t enunha empre-sa, un delega-do que defen-da os dereitoscolectivos dostraballadores e

traballadorasdesa empresacando se convocan unhas eleccións sindicais, poishai que ir case con pés de chumbo porque a direcciónempresarial tómao case coma unha revolta. E raro éque non haxa unha represión. Cando noutros Países,coma Euskal Herria ou Catalunya, é o mais normal domundo, incluso con sindicatos de clase e sindicatospotentes que escollan un/a delegado/a na empresa,pois a clase empresarial, con todo o de dereitas eperigosa que é, sobretodo en Euskal Herria, tómaocomo algo normal. Outra cousa é a negociación dun convenio, na que sepoden tomar unhas posuras mais duras ou non, peroo tema da elección de delgados/as alí é normal.E eu entendo que está interrelacionado coa baixa inci-dencia sindical, xa digo, de case calquer tipo, xa nondigo de clase só. A baixa incidencia sindical, polo

“ En calquer movemento sindicalnacional e de clase que se preste o

papel que xogue a mocidade, evidentemente, será de vangarda ”

Page 8: EMBATE 1

8

xeral, incide de maneira directa na precariedade destePaís.

E no caso particular da mocidade?

No caso particular da mocidade é onde mais se ve istoque comentamos no punto anterior. Ti pensa que un/arapaz/a de 27 ou 28 anos, que comezara a traballaraos 18 ou 19 anos, que deixara de estudar e se pux-era a traballar, é moi posíbel que xa pasara por 6 ou7 traballos, ou 6 ou 7 empresas. E falamos de que nacélula básica para tratar de organizarte nunha empre-sa, que é a elección dun/a delegado/a sindical, tesque cumprir unha serie de requisitos: que son levarseis meses na empresa e a poder ser estar fixo/a,porque se non estas fixo/a é moi posíbel que cando seche remate o contrato non te renoven. E a pesares deser delegado/a, hai sentencias por aí, que dín que odespido pode ser viábel. Que non é un despido nulopor ser delegado/a, porque ralmente se che rematouo contrato.E se ser delegado/a é o básico, un/a rapaz/a que sepaseou 6 ou 7 traballos, é moi complicado que fagatraballo sindical.

Despois iso hai quesumálo a mais fac-tores. O factor declase en sí. Comoestá organizada amocidade de hoxe.Está moi desorganiza-da, non digo que nonteña valores, pero síque está moi desorga-nizada.

Como está a fun-cionar na comarcade Vigo o novo mod-elo de sindicalismopolo que aposta aCUT?

No caso concreto de Vigo eu estou contento, porquequizais sexa a comarca, agora mesmo, na que maisxente nova hai no órgao de dirección, na ExecutivaComarcal. Noutros sitios, nas executivas comarcaisda CUT prima a xente un pouco mais veterana, e cón-stame que noutros sindicatos é así tamén, que nosóganos de decisión hai unha idade que pode rondaros 40 ou 50 anos. No caso da CUT non. Entendo que iso é pola proxección da comarca, porcaraterísticas da propia comarca. A comarca de Vigoestá montada, como xa che comentei xa antes, enbase a un conflicto, que foi o conflicto de PlastoAdhesivos, onde os despedodos foron todos moci-dade. E en base a esa mocidade, que se despediudalí, montouse a Central Unitaria de Traballadores/asen Vigo. Son os réditos desa loita en concreto o de ter

agora a toda esta mocidade aquí.

Precisamente, iso que acabas de comentar, xa choía preguntar eu agora. E é que a Unión Comarcalda CUT en Vigo ten una media de idade realmentemoi nova, non só nos órgaos de dirección senónque tamén na afiliación.Pero, por desgraza, aínda é un caso illado, e agoramesmo a mocidade está moi afastada dos sindi-catos... cales cres que poden ser as razóns polasque a mocidade asalariada e desempregadaperdeu a confianza nas centrais obreiras?

Case que na pregunta está a resposta. Hai varios factores no tema de mocidade. O de perdera confianza nas centrais sindicais é porque as cen-trais sindicais maioritarias, e sobretodo as españolis-tas, eu entendo que nunca foron de clase. Xa desde o ano 78, desde os pactos da Moncloa, edesde que morreu Paquito, xamais foron de clase,sempre tiveron un carácter pactista, nunca rupturista,e nin sequera reivindicativo. E esa liña que seguendurante moitos anos de pacto, de asinar baixo amesa, de subvenciós, de traizón sindical en definitiva,fixo que haxa este ambiente, e a calquera que llecomentes -"Hai un sindicato, que tal..." pois todo omundo che comenta o mesmo: -"Bueeenooo, iso sonunha panda de chupóns/nas...! e a verdade é querazón non lles falta. Así é todo tamén hai centraisminoritarias que sí son de clase.Despois, no tema de que a mocidade non se acheguetanto ao sindicato, xa comentei antes que era unhacuestión complicada, porque se ti non estás fixo natúa empresa e estás cun contrato en precario, pois émoi difícil organizarte. Así é todo, podes pasarte igualpolo sindicato, que hai mais cousas que facer.E entendo que a mocidade que sí se organiza, quepor sorte, aínda é unha pouca, non ve isto como algoatractivo. O sindicalismo, incluso para a xenterebelde, vese como algo moi de lexislacion, de facernúmeros, mirar unha nómina, moitas leis... Non o vencomo algo atractivo. Entón a mocidade que se organi-za como tal, prefire outras cousas, como pode serunha organización xuvenil, que é moito máis atractiva,máis combativa, máis reivindicativa, de estar na rúa...ou incluso un partido político. É algo que ven comomais da súa idade.

Cal é o papel que debe ter a mocidade traballado-ra na construción do sindicalismo nacional e declase?

Ten a misión de ser vangarda. En calquer movemen-to sindical nacional e de clase que se preste o papelque xogue a mocidade, evidentemente, será de van-garda. E xa non o digo por unha cuestión biolóxicasenón por unha cuestión de dinamismo, unhacuestión de novas ideas. Eu entendo que moitas veces nas organizacións, e

Page 9: EMBATE 1

9

non só nas organizacións galegas, senón en organi-zacións de longa tradición como poidan ser as organi-zación vascas, cando chegaron a un bache ou a unimpás, quen as sacou deses baches foi a mocidade,foron as organizacións xuvenís, rachando totalmentecoa liña, incluso, de partido. Modernizando o que é apropia loita, a propia maneira de traballar. E aquí terá que ser igual.

Cales deben ser, segundo ti, actualmente os méto-dos de loita e de acción sindical mais habituais eprioritarios, as asembleas de traballadores/as, oscomités de empresa, as folgas, as campañas deexpansión organizativa, a formación de cadros...?

A célula base para traballar na empresa é a asembleade traballadores/as, sempre. Desgraciadamente, a leidí que as asembleas de traballadores/as non está lex-itimadas, por exemplo, para certas cousas como podeser reunirse co patrón. Entón desa asemblea de tra-balladores/as deberá saír un/a representante porquea lei o dí así, e terá que ser un/a delegado/a. Peroentendo que o método asembleario é o método de tra-ballo por escelencia. Despois de cara a traballar no sindicato dunhamaneira mais complexa eu entendo que é fundamen-tal a formación de cadros. Tanto unha formación notema burocrático, como che comentaba antes, todo oque son nóminas, o que son convenios,... como unhaformación no tema político-sindical. Iso é fundamen-tal, saber onde estás en cada momento. Porquesenón podemos chegar ao detalle de ter xente trabal-lando no sindicato que sabe que está a facer unhalabor, unha boa labor, pero non sabe cal é o horizonte,non sabe cal é a meta.Despois, unha vez que tes un método asembleario, eunha vez que tes cadros sindicais traballando nosindicato, a ferramente para darlle a volta á situación,o cerne da loita de clases, é a folga, evidentemente.

Sí señor. Asimesmo a CUT sempre reivindicou emanifestou que éste non tiña que ser un sindicatoapolítico...

Ultimamente a xente tenlle moito medo á palabrapolítica. Eu son marxista, e política é todo. Política é estar nosindicato, e política é poñer un sumidoiro nunhaaldea. Pero que pasa? É un pouco o que che comentabaantes do sindicalismo maioritario. A xente está desen-ganada con tanta traizón. Pois coa política pasa omesmo, á xente fálaslle de política e o primeiro que selle vén a mente é a política profisional, o que vemostodos os dias na tele, Zapatero and company. E isonon é política, iso é teatro.Política é, por exemplo, estar nun sindicato.POLÍTICA, con maiúsculas, é estar na negociacióndun convenio e sacarlle plusvalia ao/à patrón/a para

metéla ti no peto. Iso é política. Unha folga..., unhafolga é o mais político que hai. A xente ten mogollónde medo a que lle chamen roxo, ou esquerdista, outerrorista, ou abertzale,... pero non hai que ter medo,as etiquetas nolas van colgar sempre. Ti vas a unhaconcentración polo dereito mais xusto que creas,como a readmisión dunha muller despedida por estarembarazada, e a etiqueta xa cha van colocar igual: -"Ah, mira estes/as concentrándose..., estes/asroxos/as.", por exemplo. Ou vas a un convenio e exix-es unhas condicións laborais dignas, e cólganchatamén.Non hai que ter medo para nada á palabra política, oque hai que ter é unha boa formación política. Algofundamental para estar no sindicato.

Xa para rematar, como animarías ao/á lector/a darevista EMBATE para que se sume ao sindicalismonacional e de clase que representa a CUT?

Se non traballas ás veces é complicado darte contadas inxustizas e das arbitrariedades que pode habernun posto de traballo, e cada vez mais.Hoxe no traballo, canto mais grande sexa a empresaé pior. É fascismo puro e duro. E xa non digo no temade reivindicacións de dereitos, xa que hoxe non haiconvenio que se cumpra en ningunha empresa, senónxa nas relacións persoais entre mandos, por exemplo.A mocidade que teña a sorte de traballar, e comeceagora a traballar, entenderá o que eu digo. E é aluci-nante o de hoxe. Unha maneira de organizarse, ou de revelarse, ou detratar de defenderse contra esas relacións laboraisque hai hoxe, é organizarse nun sindicato.Evidentemente, nós á nosa xente, e mais á que énova e ten un contrato en precario, o que lle pedimossempre é intelixencia. Non fai falla que vaias coapegatina da CUT nin co puño en alto a traballar naempresa. Evidentememte o primeiro és ti, se tes uncontrato en precario trata de mellorálo pero non lleensines as cartas ao patrón. Podes organizarte nosindicato, podes recadar información, podes impli-carte en loitas doutras empresas, e non tes porque irdar a cara á túa. E mais adiante se tes unhas condi-cións un pouco mais estábeis, podes dar o paso de,por exemplo, presentarte a unhas eleccións sindicaisou reivindicar algo mais á cara descuberta. Pero amocidade que ven por aquí dicindo "quero facer talcousa na miña empresa...", sempre lles dicimos quehai que ser intelixentes, tremendamente intelixentes,porque se non... vás para casa.

Moi ben. Beizón polo teu tempo, compañeiro.Saúde e boa sorte.

Page 10: EMBATE 1

10

URUGUAY,Aprendamos o valor da organización, ensinemostamén o valor da rebeldía e teremos por resulta-

do unha rebeldía organizada.Ché Guevara

Mentres o Imperio xigante dosEstados Unidos insiste en dirixir o

presente e o futuro do planeta: resistimos.Resiste Europa en forma de NON a un TratadoConstitucional do Capital e dos Estados -á fin,dos Estados Unidos- lanzando foros, platafor-mas, manifestacións, bombas democráticas polaconstrución dunha Europa das nacións, socialistae solidaria coa resistencia internacional.Resistimos tamén cando resiste Iraq, exemplo dadignidade dun pobo que, dous anos despois desofrer a invasión capitalista, mantén unha guerraaberta co país máis poderoso do mundo.Referímonos tamén á limpa resistencia palestini-ana e, con ela, a todos os puños levantados deOriente Medio. Falamos da resistencia vietnami-ta, chinesa, norcoreana -resistencia, esta última,a dun país que vive unha escalada militar ianquie surcoreana moi perto das súas fronteiras comu-nistas e que quizais non tarde demasiado en viviro ataque capitalista-. Nós, internacionalistas,cando falamos de resistencia, falamos de todasas frentes abertas ó Imperio que, ora estron-dosas, ora silentes, roen sen pausa no corazóndo sistema. Porque cada unha delas constitúeunha soa: a Revolución. Porque tamén o inimigoé un só: o Capital.

América Latina é boa coñecedora da loita: Cuba,exemplo de revolución contra a ditadura eresistencia socialista; Chile, que vivíu o asasinatofascista do seu presidente lexítimo, SalvadorAllende; Colombia ou México, cuxas esquerdasindíxenas revolucionarias seguen a rebelarse,Venezuela, Brasil... diferentes historias deresistencia para diferentes países cunha únicafin: a xustiza social.

E, finalmente, sucedeu para o pequeno máisgrande de todos: República Oriental de Uruguay

mudou de rumbo. De 176.215 quilómetros cadra-dos e de 3.600.000 habitantes, desde o ano dasúa independencia -1825- é gobernado polosdous partidos políticos históricos: o branco e col-orado, ámbolos dous representantes da bur-guesía e sectores terratenentes desde posturasmáis progresistas por parte do colorado e forte-mente conservadoras por parte do branco. A estebipartidismo no que a esquerda real tivo benpouco que facer, engádese á historia uruguaia aexperiencia dunha ditadura militar nos anossetenta que foi combatida polo Movemento deLiberación Nacional (tupamaros) e resolta enforma de "restauración democrática" coa que sevolveu ao turnismo dos partidos branco e col-orado. Desde o 1º de marzo de 2005, outro grupopolítico ocupará o seu lugar. Trátase do"Encuentro Progresista- Frente Amplio- NuevaMayoría", gañador lexítimo e indiscutíbel daseleccións do pasado 1º de novembro. A historiada coalición vencedora afunde as súas raíces nadécada dos sesenta. É en 1962 cando o dirixentesindical socialista, Raúl Sendic, funda oMovemento Nacional de Liberación de Uruguay(Tupamaros), inspirado no rebelde indio TúpacAmaru, a partir da unificación de diversos núcleossocialistas non representados polos dous grupospolíticos do poder, nin vencellados aos partidoscomunistas e socialista históricos. Nos seuscomezos, os Tupamaros dirixiron folgas obreiras,pero desde 1968 emprenderon outras formas deloita urbá e resistencia armada. En 1971 exped-iron un programa que contiña puntos coma estes:

-expropiación das industrias, comercioe bancos de capital estranxeiro

-distribución equitativa da riqueza

-ensino gratuíto

-reforma xudicial

A organización gozaba do apoio popular e exper-imentou un rápido e masivo crecemento, pero a

Morgana

Page 11: EMBATE 1

11

finais de 1972, coa ditadura militar, o movementoquedou practicamente desestruturado: Sendic,os outros dirixentes e máis de 3.000 militantesforon detidos, torturados e confinados en camposde concentración.

No entanto, no clímax de 1971, os Tupamarosconcurriron xunto con outras forzas á fundacióndo Frente Amplio, que recolleu os máis impor-tantes sectores da esquerda uruguaia: comu-nistas e socialistas. Pero o Frente non só eraamplo de nome, senón na súa esencia, pois delfixeron parte desde o comezo: sectores progre-sistas de Democracia Cristiá, sectores escindidosdos partidos tradicionais, exministros, etc., xuntocos tupamaros, socialistas e comunistas.

Nos anos 80, o Frente Amplio acadou a unifi-cación do pobo: chegou á coalición a segundagrande forza, o Encuentro Progresista. Máis adi-ante, sumouse Nueva Mayoría. E desde 1990, acoalición de esquerda administrativa a cidade deMontevideo, que conta coa metade da poboaciónde todo o país. Unificadas estas forzasdisidentes, acadan frear as privatizacións medi-ante referendos e, así, resistindo durante máis detrinta anos, chega á presidencia de Uruguay omédico Tabaré Vázquez, de orixe galega, con 64anos de idade e un programa de 200 puntos.Vázquez chega ao poder coa maioría doParlamento e cun ministro fundador doMovemento Tupamaro, José Mújica, respeitado,admirado e votado polo pobo uruguaio.

A esquerda ten hoxe a palabra de Uruguay.Uruguay pronuncia hoxe a palabra Democracia epode transformala na voz, de novo, dos centos derevolucionarios torturados e desaparecidos parainvestigar as súas mortes a mans dos fascistas,para defender a integridade dun país que parecíaestar condeado á perpetua emigración, paraequilibrar a súa economía e organizar a súapoboación, que xa se amosou consciente do hor-ror capitalista, constante na súa loita pola xustiza,rebelde e esixente; desexosa, por fin, deste cam-bio histórico.

Uruguay leva roendo no corazón do sistema hai

máis de trinta anos e desde o pasado 31 deOutubro o Capital ten unha frente máis á quetemer. Por iso é que desde a Galicia revolu-cionaria solidarizámonos coa vitoria do pobouruguaio e esperamos da súa Frente unha loitacontinua pola xustiza desde o irredutible camiñocara ao socialismo.

ADIANTE O FRENTE AMPLIO!!!ADIANTE A LOITA REVOLUCIONARIA!!!

A VITORIA

LIBERDADE PARA OS CINCOPATRIOTAS CUBANOS PRESOS EN

EE.UU.

O día 6 de abril ADIANTE (Mocidade RevolucionariaGalega) coorganizou xunto coa Asociación deAmizade Galego-Cubana FRANCISCO VILLAMIL e aXuventude Comunista unha charla-coloquio naFacultade de Dereito da USC de Olga Salanueva,compañeira do prisioneiro político cubano en EstadosUnidos, René González. René é un dos cinco revolu-cionarios cubanos presos en EE.UU. pola súa loitaincesante por desenmascarar os grupos terroristascontrarrevolucionarios afincados en Miami.Fixémoslle unha entrevista que podes ler na nosaweb: www.adiantegz.org

A CLASE OBREIRA COLOMBIANACONTRA O A.L.C.A.

A loita contra a Área de Libre Comercio das Américas(ALCA) auspiciado polos Estados Unidos é unhaprioridade na axenda dos movementos revolu-cionarios de Sudamérica e en concreto domovemento obreiro. Desde ADIANTE (MocidadeRevolucionaria Galega) organizamos unha charla cocompañeiro Manuel Rodríguez Cárdenas da CentralUnitaria de Traballadores (CUT) de Colombia o 14 dexullo na Galería Sargadelos de Compostela.

AVANZANDO NA SOLIDARIEDADEINTERNACIONALISTA

Page 12: EMBATE 1

12

O (in)DISCRETO (des)ENCANTO DA

(pequena-)BURGUESIA (ortografista)

Desde que no Dia da Pátria Galega de 2003juntáramos a primeira Assembleia Aberta demoças e moços coa fim de chantar os alicercesdum novo movimento juvenil galego das coor-denadas independentistas e revolucionárias, e

cos olhos postos na luita sem quartel por umha Galiza inde-pendente e socialista, coincidimos todas as pessoasreunidas, dum jeito completamente unánime, em deixar oeterno debate ortografista dum lado. Coincidimos tamémem que esse debate e as posturas normativistas substen-tadas como dogma de fe por sectores culturalistaspequeno-burgueses de todos os "bandos", tinham sido umcancro e um lastre de fatais conseqüências para o movi-mento independentista galego mesmodesde o seu nacemento. Eramos gente dediversas procedências, maioritáriamentedesorganizados e desorganizadas, ouchegados e chegadas da "sopa de letras"galega: GREI, Redes Escarlata, FPG, APU,AMI, EI, CUT, UPG, ERA, Galiza Nova,SLG-CCLL, CAMEM, JUGA, Inzar, CIG,CAF..., e polo tanto com posturas normati-vas mui diferentes. Pero isso sí, com objec-tivos políticos e teimas comúns.

Tinhamos claro que fora este temaortografista o que tinha cortado o passo doindependentismo juvenil revolucionário amuitos moços e moças da nossa geraçom,fora o que tinha paralisado as iniciativaspopulares de resistência nacional desde os 80, fora o quemotivara que a organizaçom juvenil AMI e o colectivo PLfigéram fronte comúm contra a organizaçom política FPGno processo de unidade de acçom independentista de1999, e que derivara em que muitas das pessoas queeramos membros da Assembleia e/ou de EstudantesIndependentistas (EI) naquela altura tomáramos outro cam-inho bem distinto ao das nossas cúpulas estratégicamenteprecipitadas, políticamente enganadas e ortográficamentefascinadas. "O saeculum insapiens et infacetum!"... Dízia-se daquela da FPG que era importante a sua presença,mas negativa a sua "hegemonia" porque estes eram isola-cionistas e careciam de carácter combativo. O segundo sóera umha escussa para justificar-se diante da base mili-tante, já que ninguém que conheça com certa objectividadeo movimento independentista galego pode duvidar o maismínimo do carácter revolucionário e combativo da trajecto-ria política, sindical e cultural da FPG desde 1988, o impor-tante só era "o da normativa", e falava-se tamém de comotinhamos que "submeter" as conceições mais "conservado-ras" da FPG às nossas próprias. Submeter... Hegemonia...Esta era a ideia de "Unidade de Acçom" dos e das que cul-pabilizárom à FPG em 2000 de rachar essa mesma"unidade".

Ancorados nas préssas por acadar umha unidade ideal,mas sobretodo no ortografismo, escuitávamos lindeças de

alta política como que os conteúdos políticos que nosseparavam da FPG compartiamo-los com Primeira Linha(ou PL) e que o submetimento das conceições mais "con-servadoras" (utilizaçom da normativa oficial do ILG,oposiçom à cega veneraçom e mitificaçom dum seitor doEGPGC -a chamada "linha histórica"-) da FPG passava porfazer que esta organizaçom nom se sentira imprescindívelno processo... Estas argumentações inçávam textos, quepolo seu carácter interno e por respeito à militáncia da outraorganizaçom juvenil da esquerda independentista, aos e àsquais, por riba de todo, consideramos companheiros ecompanheiras, nom vou reproduzir... Ultimamente seica sedérom conta de que caírom nos cantos de sereia desse

independentismo de desenho (no que osmínimos se convérterom em máximos, a auto-derminazón em autodeterminaçom, o aven-tureirismo fracassado do passado em funda-mental legado histórico...) substentado polosrevolucionários de manual do radicalismoestético, que lhes diziam exactamente o quequeriam ouvir... A sempre necessária auto-crítica revolucionária honra agora às escar-mentadas gentes da Assembleia.

Mas há de todo... Para algúns teóricos aquestom ortográfica inclusso chega a ser moti-vo de "ailhamento" dumha organizaçom políti-ca com respeito ao "seu" Movimento, comoexpressa dum jeito -penso eu- excessiva-mente maniqueísta, partidista e trabucado um

companheiro co que compartim militáncia em EI, e ao quelhe guardo grande estima, no seu artigo da revista Lluita,número 237, do partido comunista catalám PSAN, tituladoEl nacionalisme gallec: més de 150 anys d´història no queexpressa sem complexos que "(...) l´independentisme vaassumir, en la teoria i en la pràctica, i després d´algunes cri-sis que acabarem aïllant del MLNG (do deles) la FrentePopular Galega, tots els postulats del Reintegracionismo(assi, em maiúsculas, como Deus), moviment quepropugna l´aproximació cultural al món lusòfon i la unitat dela llengua portuguesa a Galícia".

Cabe sinalar, entre outras, as análises doutro intelectual degrande "espírito auto-crítico" capaz de fazer umhasgrandes valorações dos "satisfactórios" resultadoseleitorais da candidatura que ele mesmo encabeçou recen-temente, e que, curiosamente, começou a militar no seucolectivo -o dito PL- quando este se passou à normativaAGAL antes da abandoar o BNG, pois este chega inclussoa certificar a morte política de quem rompa a "normalidade"do binómio independentismo-reintegracionismo nos seusartigos de opiniom, cada vez, por sorte, menos mono-temáticos. "(...) fili, non potes assa uenditare?". E poderiaponher mais exemplos desta cegueira política que provocao ortografismo em certos sectores independentistas, maisnom remataria nunca.

RamomAnjoLareuRiveiro

“Tinhamos claro quefora este temaortografista o quetinha cortado o passodo independentismojuvenil revolucionárioa muitos moços emoças da nossageraçom, fora o quetinha paralisado as ini-ciativas populares deresistência nacionaldesde os 80”

Page 13: EMBATE 1

13

Pois bem, ao que queria ir. A SUPOSTA "TRAGÉDIA". Onosso nascimento como ente soberano criou um novo des-encanto a quem fai do ortografismo bandeira e pedra angu-lar da luita anti-imperialista na nossa Terra. No mesmomomento no que publicamos o nosso Primeiro Manifestono CMI Inymedia-Galiza, num médio no que pensavamosque se poderia practicar um debate livre e desintoxicado,as únicas críticas que nos chovem som insultos a respeitoda nossa normativa ortográfica, algo que nos vinculariadirectamente a umha organizaçom que leva quase 20 anosde luita independentista e comunista como a FPG... vaia,que grande deshonra para nós! Nada sobre o conteúdo domanifesto, só interessa a normativa no que está escrito.Claro que, algumhas destas gentes preocupadas por falarum galego inçado de copos, auto-carros, ecrãs, prédios,telefones, sandes, isqueiros, comboios, etc... (que está muibem o de descolonizarmos o nosso léxico, por certo), dev-eriam preocupar-se mais em fazé-lo cum mínimo deentoaçom e sotaque propriamente galegos...

Ás veces as falsas "tragédias" chegam a se converter emesperpentos. Antes da nossa constituiçom formal, real-izamos campanhas nacionais e internacionais em galego, agolpe de panfletos em galego e auto-colantes em galegoassinados co nome provisório ADIANTE (MocidadeIndependentista Revolucionária) em galego... muitos foromriscados ou tapados com outros auto-colantes coa legendaEm Galego! por suposto, em galego... "Latino, sácame deeste círculo infernal".

Depois da nossa apariçom pública o 1º de Maio, da nossafirme e activa adesom ao Dia da Pátria unitário de 2004 eda nossa constituiçom formal como Organizaçom, o per-iódico Novas da Galiza, o único que se fixo eco da nova, eque dirige outro estimado ex-companheiro de EI ao quelembro algo menos obsesionado coa normativa ortográficado galego pero mais teimudo co da "linha histórica", no seunúmero 23 e depois de resumir unicamente co adjectivo"clássicos" as nossas posturas ideológicas e políticas, pen-etra na névoa mesta do ortografismo, e destaca dum jeitosimplista e como característica fundamental da nossaOrganizaçom que, como "(...) novidade a respeito da tracid-ional adesom ao reintegracionismo da mocidade indepen-dentista galega (suposta "Regra Geral": mocidade + inde-pendentismo = reintegracionismo), ADIANTE (MocidadeRevolucionária Galega) aposta pola defesa da norma ILG-RAG para o galego, talvez a prova mais vissíbel (prova...?jornalismo de investigaçom? Toma nota Pepe Rei!) da suaproximidade das teses da FPG".

(O CORO DA "TRAGÉDIA"):

-Escándalo no coraçom do independentismo galego,ataque à ditadura do reintegrado! -Umha organizaçom juvenil independentista que repúdia oNH, o LH, a entranhável Ç...! -A FPG, a CUT tenhem cachorrinhos e cachorrinhas... ten-hem "relevo geracional"! -Já nom vam dessaparecer quando morram...!(...) Nada, mais do mesmo desencanto, a perda do monopólio.

A nossa postura ortográfica provoca desencanto nal-gumhas gentes (por sorte nom todas) do auto-denominadoindependentismo "único", "verdadeiro" e "maioritário"

(maioritário na sua burbulha, isso sí). Provoca a reacçom(nunca melhor dito) dos possuidores da Verdade normativae cultural galego-portuguesa... Nom hai "tragédia" semcoro. Porém, devemos reconhecer o trabalho de certossectores que levam a injustificada fama de exercer oortografismo radical e um certo partidismo, e salientar que,tanto o jornal Novas da Galiza como o portal independen-tista Galiza Livre, fôrom os únicos meios que figérommençom à celebraçon da nossa Assembleia NacionalConstituínte, embora nom coincidissem completamentecoa nossa postura normativa nem coa nossa orde de prior-idades na luita pola língua.

E agora, essa "grande" pergunta... qual é a nossa posturanormativa? Qual é a postura normativa dumha organiza-çom juvenil como ADIANTE (Mocidade RevolucionáriaGalega) na que militam moços e moças que practicam edefendem mais dumha opçom normativa? Deixámo-lo jásuperado no processo de formaçom e bem claro nosRelatórios da nossa Assembleia Nacional Constituínte(ANC) do 9 de Outubro de 2004 no apartado Lingua doRelatorio Político que dí que "(...) a mocidade revolucionar-ia galega non debe nin pode facer pivotar a estratexia nestafrente (a defessa da língua) sobre algo tan mutábel como éa norma" e que "(...) afir-mamos así mesmo que épreciso manter e potenciarrelacións en pé de igualdadecoas nacións irmás daLusofonía, especialmentecon Portugal". É tam novaesta postura? Tem algo deoriginal? Nom. Já nos textosdo Congresso Constituíntedo Partido Comunista deLiberación Nacional (PCLN)do 25 de Julho de 1986 seafirma que hai que "(...) fuxirdas liortas normativas sobrea lingua, levando o enfrenta-mento ao terreo da normal-ización do seu uso, sendeixar de denunciar a normativa imposta pola RAG-ILG encolaboración coas institucións coloniais, polo que supón deaillamento co tronco lingüístico galego-português" e tamén"(...) pular nas relacións coas nacións irmás de lingua, enespecial Portugal rexeitando as relacións de camarillas int-electuais". Velai que a postura de ADIANTE (MocidadeRevolucionária Galega) já nom é tam original como semel-hava, tem um precedente, um "correlato histórico", um ref-erente, um exemplo de "superaçom do conflito".

(OUTRAVOLTA O CORO):

-Novo escándalo, a temida resurreiçom dos "picolinos"!-Primeiro montam um sindicato obreiro, depois umha orga-nizaçom estudantil, agora...-...ADIANTE (Mocidade Revolucionária Galega) som asmocidades do "pérfido" PCLN...! -Som "reintegacionistas utópicos", como diriam os daComissão pola Reunificação "Vilhar Trilho"...! (...)Mais do mesmo... cada tolo co seu tema.

Ano 2005... Embora sejamos partidários e partidárias

Velai que a postura deADIANTE (MocidadeR e v o l u c i o n á r i aGalega) já nom é tamoriginal comosemelhava, tem umprecedente, um"correlato histórico",um referente, umexemplo de"superaçom do confli-to"

Page 14: EMBATE 1

14

dumha opçom ortográfica ou doutra, cabe chamar aatençom, dumha vez, da seriedade e da gravidade con-génita que supóm o facto objectivo de que a questom nor-mativa do galego leve mais de vinte anos condicionando aagenda, o desenvolvimento, a evoluçom política e o agirdiário da esquerda independentista galega, por riba, inclus-so, das questões políticas, estratégicas e organizativas.Todo isto quando estivemos sempre a nos gabar comgrande fachenda de sermos radicalmente rupturistas comaquele nacionalismo cultural da post-guerra que antepunhaa luita cultural à luita política. Nom se trata de que renun-ciemos à nengumha das nossas ideias, senom de que serealmente somos revolucionários e revolucionárias, temosque ser coerentes e deixar de rachar continuamente abaralha e de pinchar sistematicamente as rodas do nossomovimento nacional-popular por algo históricamente tammutável como é a normativa ortográfica dum idioma.

Por outra parte, como ponto de partida para umha reflexomracional, perguntaria-lhe à gente que gasta tantas energiasna "luita normativista": de que servirá que algum dia triunfea nossa normativa ortográfica ideal se ao melhor já nomfica na Galiza absolutamente nada da língua na que a que-riamos aplicar?

Isto é o único e o último que aguardamos que tenhamosque dizer da nossa postura normativa... Quem nom gostedela sabe que tem de sobra onde escolher para fazer tra-balho juvenil. A nós parece-nos muito mais importante, polode agora, luitar pola autodeterminaçom, polo socialismo,pola indepêndencia nacional, pola fim de todo tipo dedescriminaçðes, opressðes e desigualdades na Galiza e nomundo... Quem anteponha a normativa ortográfica donosso idioma a luitar polo nosso Sistema Nacional deEnsino, a rematar coas ETT, a borrar o maltrato físico epsíquico às mulheres, a inverter a caída do número degalego-falantes, a luitar contra o machismo e a homofóbia,a lograr empregos dignos na nossa Terra para a mocidadee salários igualitários entre homes e mulheres, a defendero equilíbrio ecológico do nosso País e eliminar a contami-naçom e a puliçom do planeta, a criar umha rede popularde resistência nacional, a construir a Naçom que somos equeremos ser desde a esquerda, a conquerir a DemocraciaPopular... nom nos interessa em absoluto para fazer frente,trincheira, barricada, força comum com nós.

"(...) Olha a subirem para o céu milhões de estrelas, /Tantas estrelas, tantas, tantas, / Que o castelo abrasado /Vai-nos deixar o céu azul todo estrelado! (...)".

E menos "tragédias", que eu tamém som reintegracionista.

O MOVEMENTO XUVENIL ANTE ASÚA HISTORIA E O SEU FUTURO

Faise imprescindíbel unha reflexiónpausada sobre o pasado e o futuro doMovemento Xuvenil Galego que nos dis-

tancie do inmediatismo, ás máis das veces miope, noque irremediabelmente temos que navegar as e osmilitantes que día a día pretendemos erguer alternati-vas para a construción nacional deste país.

Temos como Movemento (tanto considerado este nasúa totalidade, como Movemento Nacional-PopularGalego, como no específico Movemento Xuvenil) unenorme capital acumulado, teórico e práctico, aíndanon ben diseccionado e estudado, que nos legaron asxeracións que nos precederon no combate. Velaquíunha das principais tarefas que os novos cadrosxuvenís teñen que afrontar: a análise e estudo danosa propia historia.

Tecer ese fío vermello que ven do onte cara o mañáatrevesando o presente é un traballo fulcral se pre-tendemos ter algunha perspectiva de vitoriaestratéxica.

É por isto que nesta terra e tempo o MovementoXuvenil ten que afondar na súa dinámica autónoma,específica de defensa dos intereses da mocidade,creando novas dinámicas sociais, en estreita colabo-ración co movemento organizado da clase obreira,da muller, cultural... ten que se afastar dos nocivoshábitos de pequena seita que tanto abondan nestepaís e abrirse á problemática xuvenil en toda a súaextensión, desde a base, comezando polos barriose parroquias, para ir sistematizando a arañeira daresistencia até englobar o conxunto da nación, e máisalá, coa imprescindíbel solidariedade interna-cionalista.

Sen presa pero sen pausa. Desde ADIANTE(Mocidade Revolucionaria Galega) comprometímonosdesde a nosa fundación nesta dupla dirección que éunha e a mesma e frente a isto tivemos de escoitar ascalumnias dos que a pesar de viviren aquí actúan , nomellor dos casos, coas coordenadas situadas noutraslatitudes. E neste empeño no que non sobra ninguéne no que todas e todos collemos continuamos.

Desde o noso ámbito xuvenil nós tamén aportamos onoso particular tixolo para construírmos a RepúblicaGalega.

Como dirían as e os camaradas cubanos da UJC opresente é de loita, o futuro é noso.

RicardoLourenzo

Page 15: EMBATE 1

15

LIBROS DE COMBATELIBROS DE COMBATEO ESPECTRO SEGUE A ROLDAR

(ACTUALIDADE DO MANIFESTO COMUNISTA)

A caída do Muro de Berlín no ano 1989entendeuse, polo xeral, como a derro-ta final do comunismo e a fin dasutopías políticas; isto é, foi interpreta-da por moitos sectores como o triunfo

absoluto e definitivo do capitalismo. Mais, que é o quese entende realmente por utopía? A idea de utopíanon é unha sociedade ideal imposíbel de acadar;este concepto caracterízase pola construción dunespazo social fóra dos parámetros existentes.Aplicandóo ao noso mundo actual, significaría a con-strución dunha sociedade fóra do capitalismo, a der-rota deste. É isto posíbel ou, como moitos afirman,atopámonos no "final da historia"?Slavoj Zizek defende que a utopía é hoxe un asuntoda máxima urxencia, xa que non hai ningunha posi-bilidade de continuar por máis tempo dentro dosparámetros do "posíbel", neste sistema capitalista. Apregunta que xorde entón é se realmente estamospreparad@s para dar este paso e arriscar unha rup-tura radical co sistema vixente.O autor esloveno non só afirma que debe producirseesta ruptura, senón que sinala tamén a forma en queesta debe levarse a cabo: mediante un retorno aMarx. Utilizando exemplos da cultura de masas bencoñecidos por tod@s (sobre todo do cinema), Zizekdemostra que o Manifesto Comunista cobra hoxemáis importancia que nunca, xa que a situación quedescribe vese confirmada na nosa realidade. En Oespectro segue a roldar (Actualidade do ManifestoComunista) o mínimo trazo da vida cotiá pode desve-larse como un síntoma das relacións de poder. O autor conxuga unha teoría crítica da sociedade(teoría de tradición marxista) coa psicoloxía profunda,cos labirintos da subxectividade, convertíndose asínun dos máis importantes filósofos do noso presente.Para concluír, dicir que esta obra, publicada enLaiovento, senta, como afirma Francisco Sampedrono excelente prólogo deste libro, "as bases ine-ludíbeis cara a unha crítica radical e necesaria dopoder destrutivo e do cinismo imperantes nestecomezo de século".

¿ADEUS AO TRABALLO?

A década dos 80 presenciou, nos país-es do capitalismo avanzado, profundastransformacións no mundo do traballo,nas súas formas de inserción na estru-tura produtiva e nas formas de repre-

sentación sindical e política.É o xeito en que Ricardo Antunes comeza esteensaio, no que non só analiza os cambios producidosno mundo do traballo (clase operaria, sindicatos, for-mas de loita) a partir da substitución que nos anos 80se dá do sistema de produción fordista por outro toy-otista, o cal orixinou unha forte crise. Tamén nos con-vida á reflexión sobre o papel que os máis dos sindi-catos cumpren na estrutura da produción capitalista.A raíz da crise dos 80 produciuse unha flexibilizacióntanto da produción como dos dereitos do traballo, coafin de dotar dese xeito ao capital dos instrumentosnecesarios para se adecuar a esta nova fase quecomezaba. Amais disto cómpre engadir varias conse-cuencias que afectaron non só á estrutura da clasetraballadora, senón tamén á súa forma de ser e, polotanto, de actuar: diminución da clase obreira industri-al tradicional, expansión do traballo asalariado (sobretodo no sector servizos), heteroxeinización da clasetraballadora (incorporación da muller) e subproleta-rización (traballo parcial, temporal, precario, subcon-tratado...)O sindicalismo existente resultou (e segue a resultar)incapaz de se afacer a esta nova realidade da claseobreira con éxito. A afiliación sindical é cada día máisbaixa e non é quen de aglutinar a estes novos trabal-ladores en precario. A grande maioría dos sindicatosavogan pola moderación nas súas formas de loita epola negociación coas empresas, isto é, co capital.Así, preséntanse varios desafíos que o mundo sindi-cal debe abordar se non quere quedar reducido aunha engranaxe máis que o sistema capitalista utilizapara "lavar a face" e perpetuarse. Será o sindicalismocapaz de ir máis alá dunha acción meramente defen-siva, capaz de loitar pola emancipación da clase tra-balladora? Ricardo Antunes, militante do Partido dosTrabalhadores e colaborador do MST e da centralsindical CUT, ofrece neste libro as bases para poder-mos reflexionar sobre o movemento sindical, queactualmente el ve como incapaz de desenvolver edesencadear unha acción máis alá do capital.

UU

“Aprender, aprender, aprender sempre!” V. I. LENIN

Page 16: EMBATE 1

www.adiantegz.org