El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

86
EL MUNDO DE SOFÍA

description

 

Transcript of El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

Page 1: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

EL MUNDO DE SOFÍA

Page 2: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

1. ¿Con que idade se asemella a actitude do filósofo?

¿Por que tipo ou clase de razón ou sentimento?

  Coa atitude dun neno, é dicir coa idade da infancia, xa que para filosofar o único que precisamos e interesarnos por aquelo que non coñecemos ou que queremos coñecer máis a fondo. Para ser bos filósofos o único que precisamos é a capacidade de asombro e a medida que os nenos crecen os nenos van perdendo esa capacidade de asombro.

Page 3: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

2. ¿Cando, onde e contra que nace a filosofía?

A partir do século VI a.C en Grecia existe un

pensamento propiamente filosófico.Sen embargo con anterioridade existía unha mentalidade mítica. As explicacións miticas

A orixe da filosofía , segundo un dos máis vellos filósofos gregos que viviu hai máis de dous mil anos, a orixe da filosofía débese á capacidade de asombro dos homes ante os feitos que ocorren e que non conseguían explicar .

Page 4: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

O logos (coñecemento que se adquire através da razón e non a partir de crenzas ou mitos) impúxose contra as relixións es as crenzas míticas.

• Arbitrariedade fronte necesidade.• Caos contra o cosmos ordenado.• Aparencia contraponse a esencia.• Angustia fronte a confianza.• Mito fronte o logos.

Page 5: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

3. ¿De que filósofo grego é a frase: "os seres humanos crearon deuses á súa imaxe e

semellanza"? ¿Que quería expresar con esa idea?

Foi o filósofo Jenófanes, que naceu no 570 a. de C. Con esta frase intentou explicar, que cada persoa vía a Deus igual a el. É dicir, que os negros pensan que os Deuses son negros e chatos, os tracios que son brancos e con ollos azuis. E se un boi poidese representar a Deus, debuxaríao con aspecto de boi.

Page 6: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

4. ¿Cal foi o primeiro problema co que se enfrontaron os tres primeros filósofos xonios? ¿Cales foron as súas

solucións? 

Os tres filósofos son Tales de Mileto, Anaxímenes e Anaximandro que vían cos seus propios ollos que ocorrían cambios constantemente na natureza e non sabían como podían ser posibles eses cambios. As súa solución foi buscar “algo” que fose a materia prima de todo o que sucedía na natureza.

Page 7: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

• Tales opinaba que era a auga.• Anaximandro non se imaxinaba unha

sustancia conocida asi que nomeu eso “algo” como o “Indefenido”.

• Anaxímenes cría que o punto de partida eran o aire ou a néboa aínda que logo tamén influían a auga, a terra e o lume.

Page 8: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

5. ¿Que filósofo propuxo catro elementos e dúas forzas para explica-la orixe e constitución do

mundo? ¿Cales eran eses elementos e forzas? 

O filósofo foi Empédocles Os catro elementos eran a terra, a auga, o

aire, e o lume e as dúas forzas eran o amor que era o que unía as cousas e u odio que era o que as separaba.

Page 9: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

6. ¿Cales son as dúas diferencias básicas entre Parménides e Heráclito? 

Parménides dicía que nada na natureza pode cambiar e que as sensacións, polo tanto, non son de fiar.

Heráclito dicía que todo cambia (todo flúe) e que as sensacións son de fiar.

Page 10: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

7. ¿Que filósofo grego propuxo u teoría dos "atómos" ¿Que significa ese termo? ¿Como eran os

"átomos da alma"?

Foi o filósofo Demócrito que supoñía que que todo tiña que estar construído por unhas pezas moi pequenas e invisibles. A estas pezas chamounas átomos.

Os átomos de alma eran redondos e lisos. Ao morrer unha persoa, os átomos da alma dispersábanse cara todas partes.

Page 11: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

8. ¿Que sofistas podes mencionar? ¿Por que se di que eran escépticos e agnósticos? ¿Cal é a afirmación máis importante de Protágoras?

Protágoras e Gorxias eran sofistas e dise que eran escépticos porque non crían que os seres humanos non serían capaces de atopar respostas aos misterios da natureza e o universo e eran agnosticos porque no sabían responder a pregunta si hai un Deus ou non.

A afirmación máis importante de Protágoras foi “O home é a medida de todas as cousas”

Page 12: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

9. ¿Con que oficio comparaba Sócrates a súa actividade? ¿Por que podemos considerar a Sócrates

como racionalista?

Socrates comparaba a súa actividade co “Arte de parir” da comadroa, xa que consideraba que a súa misión era axudar ás persoas a “parir” a debida comprensión. Porque o verdadeiro coñecemento e o que sae de cada un.

Porque tiña un forte fe na razón do ser humano e que ela era a base para o noso coñecemento.

Page 13: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

10. ¿Cal é función do oráculo? ¿Cal era o oráculo máis famoso de Grecia? ¿Cal era a inscripción que

aparecía no seu templo?

Dar respostas as preguntas que lle facía a xente e o máis coñecido en Grecia foi o Oráculo de Delfos e a inscripción que aparecía no templo era:

¡COÑÉCETE A TI MESMO!

Page 14: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

11. ¿Cal foi o fundador da ciencia grega da medicina?

Foi Hipócrates, que naceu en Cos, cara o ano 460 a. de Cristo.

Page 15: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

12. Cita ós dous historiadores gregos máis famosos.

Heródoto Tucídedes

Page 16: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

13. ¿Como se chamaba a escola de filosofía de Platón? ¿Cal foi a forma escrita que empregou Platón? 

A escola chamábase Academia e desde entonces no mundo fundáronse miles e miles de “academias”.

A forma escrita que empregou o diálogo.14. ¿Que dous mundos existen, segundo Platón, e cales

son as súas características? 

O mundo dos Sentidos invariable e inmutable e a realidade escondíase detrás deste mundo no mundo das Ideas que era variable e sensible.

Page 17: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

15. ¿Cales son as tres partes nas que, segundo Platón, está dividido o corpo humano e que habilidades da

alma, que virtude e que casta social lle correspondía a cada unha? 

As tres partes na que se dividía o corpo eran: cabeza, peito, ventre.

Á cabeza pertencíalle a habilidade da razón a virtude da sabedoría e o Estado de gobernantes.

Ao peito a habilidade de a vontade, a virtude o valor e o Estado os soldados.

Ao ventre a habilidade do desexo, a virtude da moderación e o Estado os productores.

Page 18: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

16. ¿Que pensaba Platón sobre a alma?

A alma é inmortal e é a morada da razón e precisamente porque a alma non é material incluíase dentro do mundo das Ideas. Ademais Platón cría que a alma xa existía antes de meterse no corpo.17. ¿Como se chamaba a escola de filosofía de

Aristóteles? 

O Liceo, que se atopaba en Atenas, onde ensinou ata un ano antes da súa morte.

Page 19: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

18. ¿Cal era a diferencia básica entre Platón e Aristóteles con respecto ás Ideas?

Aristóteles non comparte o sistema dualista de Platón, pois para el, alma e corpo no son entidades separables, se non que son elementos indisolubles. A alma é un principio de vida.

Page 20: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

19. ¿Cal é a diferencia entre causa eficiente e causa final? ¿Que tres tipos de alma distinguía Aristóteles?

A causa eficiente é o motor ou estímulo que desencadea o proceso de desenvolvemento e a causa final é unha especie de destino que dirixe o proceso de desenvolvemento de algo ou de todo.

Os tres tipos de alma que distingue son vexetativa, a das plantas; sensitiva, a dos animais; e racional, a dos seres humanos con características propias que son o razoamento e a linguaxe.

Page 21: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

20. ¿Que período abarca o helenismo? 

Abarca desde Aristóles, a finais do século IV a. de C., ata os principios da Idade Media, arredor do no 400 d. de C.

Page 22: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

21. ¿Cal foi fundador da filosofía cínica e cal o seu máis famoso representante? ¿Que opinaban sobre a

felicidade humana? 

Foi fundada en Antístenes en Atenas, arredor do ano 400 a. de C.,o máximo representante foi Diógenes. Os cínicos intentaron inculcar que a felicidade non depende das cousas externas, esas cousas fortuítas e vulnerables. Por iso pode ser conseguida por todo o mundo e unha vez que se conseguiu non pode perderse.

Page 23: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

22. Cita algún representante do estoicismo. ¿Cal é a súa actitude fronte a vida e a morte? 

Zenón, Séneca son algúns representantes

do estoicismo. A súa actitude era que a morte e a vida

seguen a leis inquebrantables da natureza. Sen deixarse levar polos sentimentos e esquecéndonos das cousas externas (ao igual que os cínicos.

Page 24: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

23. ¿Cales son as ideas máis relevantes dos epicúreos?

Quedan resumidas nos “tetrafármacos” ideados por Epicuro. As catro herbas curativas son:

• Non temer aos deuses.• Non temer a morte.• Lembrar a brevidade da dor e do pracer.• O benestar é facilmente alcanzable a través da mente.

Page 25: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

24. Cita ó maximo representante do neoplatonismo. ¿Que é unha experiencia "mística"? 

O neoplatónico máis importante foi

Plotino. Unha experiencia mística significa que un

experimenta unha unidade con Deus e coa “alma universal”. Esa persoa foi absorbida por Deus e está “fundida” con el.

Page 26: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

25. ¿Cales son as dúas raíces da civilización europea? ¿Qué relixións naceron das mesmas?

Jesús de Nazaret era xudío e pertencía a civilización semítica; e os gregos e os romanos pertencían a civilización indoeuropea. Por iso a civilización europea ten dúas raíces.

O cristianismo, o xudaísmo e o Islam naceu da civilización semítica.

A crenza en varios Deuses, coñecida como politeísmo é propia da civilización europea.

Page 27: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

26. ¿Con que feitos relacionarías estas datas 313, 395, 410, 476, 622 e 1453? ¿Que significou para a filosofía o

ano 529?

• 313: O cristianismo aceptouse como relixión no Imperio Romano, baixo o reinado do emperador Constantino.

• 395: O Imperio Romano foi dividido en dous. O imperio Romano occidental, con Roma no centro, e o imperio romano, coa nova cidade de Constantinopla como capital.

• 410: Roma foi saqueada por tódolos pobos bárbaros.

Page 28: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

• 476: O Imperio Romano occidental deixou de existir.

• 632: Morte do profeta Mahoma.• 1453: Caída do Imperio Romano de

Oriente, porque os turcos conquistaron a súa capital Constantinopla.

Page 29: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

O ano 529 a Igrexa cerrou a academia de Platón e fundouse a Orde dos Benedictinos, como a primeira gran orde relixiosa. Por iso, este ano convertese nun símbolo de cómo a Igrexa puxo unha tapadeira enriba da filosofía grega.

Page 30: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

27. ¿Que papel filosófico e científico xogaron os árabes na Idade Media? ¿Por onde entrou a súa influencia en

Europa?

Foron os máis importantes en ciencias

como as matemáticas, química, astronomía e medicina.

Incluso hoxe seguemos conservando os números arábigos. A cultura árabe era superior a grega e chegou a Europa a través de España.

Page 31: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

28. ¿Cal foi o problema filosófico principal para os pensadores da Idade Media? ¿Que quere dicir que os

autores medievais "cristianizaron" ós filosófos gregos? Exemplos.

Intentar saber se había unha contradición entre a Biblia e a razón, ou se eran compatibles a fe e a razón.

Que intentaron explicar que as teorías dos filósofos gregos coincidían nalgúns aspectos co que se dicía na Biblia. Por exemplo Agostiño de Hipona deuse conta da coincidencia da filosofía platónica e a doutrina cristiá e preguntouse se non coñecería Platón algunhas partes do Antigo Testamento.

Page 32: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

29. Comenta o que saibas da vida de Agostiño de Hipona. ¿Cal foi a súa obra principal? ¿Cal é a súa idea básica? ¿Como soluciona a contradicción entre a crenza

grega da eternidade do mundo e a cristiana da creación?

Agostiño de Hipona naceu na cidade de Tagaste, ao norte de África, pero con dezaseis anos foise a estudar a Cartago e máis tarde viaxou a Roma e Milán. Viviu os seus últimos anos como bispo da cidade de Hipona. Non foi cristián toda a súa vida. Pasou por moitas relixións antes de converterse ao cristianismo.

Page 33: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

A súa obra principal é “A cidade de Deus” onde a idea básica e que Agostiño de Hipona pensa que a Historia trata entre a loita que se produce entre a “Cidade de Deus” e a “Cidade terrea”.

San Agostiño opinaba que Deus antes de crear o mundo, as “Ideas” existían non pensamentos de Deus, e de esta maneira incorporou as ideas platónicas en Deus, salvando as ideas eternas.

Page 34: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

30. ¿Que é o maniqueísmo?

Era unha secta relixiosa, moi típica da Antigüedade tardía. Era unha doutrina de salvación, unha metade relixiosa e a outra filosófica. A idea era que o mundo estaba dividido en ben e mal, en luz e escuridade, en espírito e materia. Co seu espírito as persoas podías elevarse por encima do mundo da materia e así pór bases para a salvación da alma.

Page 35: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

31. ¿Quen foi Hildegarda de Eibingen?

Era unha monxa do Val do Rhin que viviu de 1098 a 1179. A pesar de ser muller, era predicadora, botánica e científica. Podería simbolizar a idea de que a miúdo as mulleres eran as máis realistas, por non dicir as máis científicas.

Page 36: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

32. Comenta o que saibas sobre a vida e a obra de Tomás de Aquino. ¿Existía unha ou varias verdades

para Tomás de Aquino? Explícao. 

Naceu na pequena cidade de Aquino. Traballou como profesor de filosofía na universidade de París. E foi tanto filósofo como teólogo. Foi el quen cristianizou a Aristóteles.

Para el, existían varias verdades teolóxicas naturais as cales se pode chegar a traves da nosa revelación cristiá e a fe ou a través da nosa razón innata e natural.

Page 37: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

33. ¿Con que analoxía se explica a relación entre "teoloxía natural" e "teoloxía revelada"? ¿Cal era a

escala de tódolos seres existentes?

Que podemos acercarnos a unha parte da verdade mediante a nosa razón e as nosas observacións feitas cos sentidos a outra parte revelóunola Deus a través da Biblia.

O grao evolutivo da existencia vai desde as plantas e os animais ata os seres humanos, desde os seres humanos aos anxos e desde os anxos a Deus.

Page 38: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

34. ¿Cal foi a crítica máis radical á "filosofía teolóxica" de Tomás de Aquino e que deu lugar ó

Renacemento e á Reforma?

Entre os séculos XIV e XVI prodúcese un xiro humanista. Fronte o teocentrismo medieval, O Renacemento, sen esquecer a Deus, converte ó home no centro dos seus intereses. Trátase dun ser humano moito mais critico e individualista. Lutero foi un teólogo, frade católico agostiño recoleto e reformador relixioso alemán, en cuxas ensinanzas se inspirou a Reforma Protestante. Inaugurou a doutrina teolóxica e cultural denominada luteranismo e influíu nas demais tradicións protestantes. “o home só pode alcanzar a Deus”

Page 39: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

35. ¿Que tres inventos foron fundamentais para o Renacemento? ¿Por que? ¿Que tres "ríos" culturais

conflúen no Renacemento?

A brúxula que facilitou a navegación. A pólvora que contribuíu para que os

europeos foran superiores militarmente. A imprenta que influíu na difusión das

ideas humanistas e renacentistas.

Page 40: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

Confluíron no Renacemento, a cultura grega, os árabes de España e a cultura Bizantina do este.

Page 41: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

36. ¿Que significa a expresión "humanismo renacentista"? Cita dous autores. 

Volveuse a colocar ao home no centro, despois desa larga Idade Media que todo se vía desde unha perspectiva divina.

Algún autores son Tomas Mouro, Marsilio Ficino, Giovanni Pico e Giordano Bruno.

Page 42: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

37. ¿Que é o panteísmo? ¿Que pensador foi queimado por defender ideas panteístas?

É unha interpretación na que se di que Deus estaba presente na Creación e pola tanto debe estar en tódalas partes.

Foi queimado Giordano Bruno que

a parte de declarar que Deus estaba presente na Natureza,

dixo tamén que o espazo era infinito.

Page 43: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

38. ¿Cal é o novo método científico que se presenta no Renacemento? 

O método empírico que dicía que para facer unha investigación na natureza había que basearse na observación, na experiencia e no experimento.

Page 44: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

39. ¿Cales foron as aportacións de Copérnico, Kepler, Galileo e Newton á investigación

astronómica?

• Copérnico: sostivo que non era o sol que xiraba en órbita arredor da Terra, si non ao revés.

• Kepler: dixo que os planetas xiraban en órbitas elípticas ou ovaladas co Sol como un dos focos. E tamén dixo que a velocidade dos planetas é maior cando están cerca do sol.

• Galileo: Inventou o telescopio pero máis importante foi que formulou a Lei da Inercia.

• Newton: Aportou a descrición definitiva ao sistema solar e os movementos dos planetas. Explicou que os planetas móvense arredor do sol e por qué.

Page 45: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
Page 46: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

40. ¿Que di a lei da inercia de Galileo? ¿Que feitos se explican a través dela?

“A velocidade que adquiriu un corpo, manterase constante mentres non haxa causas exteriores de aceleración ou deceleración”.

Page 47: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

41. ¿Que autor anticipou a hipótese da forza gravitatoria da Lúa sobre a Terra? ¿En que feito se

observa esta forza? 

• Kepler. Devido a observacion do cambio de marexada. • Newton aportou a descrición definitiva do Sistema Solar

e dos movementos dos planetas. Así pois, formulou a que coñecemos hoxe como: lei de gravitación universal. Tódolos planetas se moven en órbitas elípticas arredor do Sol como resultado de dous movementos: o primeiro é o movemento rectilíneo que adquiriron ao formarse o Sistema Solar e o segundo é un movemento en dirección ao Sol como consecuencia da gravitación ou forza da gravidade .

 

Page 48: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

42. ¿Cal é a grandeza astronómica de Newton? ¿Por que as órbitas planetarias describen un movemento

elíptico?

A lei da gravitación universal. Debido a

forza gravitacional exercida polo sol, xa que como Newton establece nesta lei sempre que a forza central de atracción (neste caso o Sol) sea inversamente proporcional ó cadrado da distancia o movemento será o dunha curva cónica.

Page 49: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

43. ¿Como explica Gaarder a relación entre Renacemento, individualismo e Reforma? ¿Por que se

separou Lutero da Igrexa Católica?

O renacemento introduciu a visión individualista do home, que tamén tivo as súas repercusións no mundo da fe. A relación con Deus volvíase neste momento máis importante que a relación coa Igrexa. Como dicía Lutero o home non necesita pasar pola Igrexa ou polos seus sacerdotes para recibir o perdón de Deus.

Page 50: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

44. En 1543 e en 1637 publicáronse dúas importantísimas obras para o pensamento occidental.

¿Que obras son e quen os seus autores? 

• 1543: “Sobre o xudíos e as súas mentiras” de Martín Lutero.

• 1637: “Discurso do Método” autobiografía de René Descartes.

Page 51: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

45. ¿Que significa "idealismo", "materialismo" e "determinismo"?

• Idealismo: A existencia era no fondo, de natureza espiritual.

• Materialismo: reduce todos os fenómenos da natureza a magnitudes físicas concretas.

• Determinismo: todo o que ocorre está decidido de antemán.

Page 52: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

46. ¿Cal é o século do Barroco? ¿Cal é a súa concepción fundamental? ¿Que importancia ten o teatro nesa

época e nese contexto intelectual?

O século do Barroco é o XVII. A súa concepción fundamental era que

mesturaba unha visión optimista e vitalista como no Renacemento e outra de negación ao mundo e retiro relixioso.

O teatro era un símbolo, porque a vida é un teatro. Converteuse nunha imaxe da vida humana en xeral.

Page 53: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

47. ¿Que movementos filosóficos xorden no século XVII? ¿Cales son as dúas preocupacións básicas para

ambos? ¿Cales son as súas diferencias?

Na filosofía occidental, o período moderno asúmese xa que empeza co século XVII- máis especificamente, coa obra de René Descartes, que estableceu os temas e o método dos que o seguiron. É un período caracterizado polos construtores de grandes sistemas- filósofos que presentaron sistemas unificados de epistemoloxía, metafísica, lóxica, e ética, e a miúdo política e tamén as ciencias físicas.

Immanuel Kant clasificou os seus predecesores en dúas escolas: os racionalistas e os empiristas, e a Filosofía moderna temperá,que a miúdo caracterízase en termos dun suposto conflito entre estas escolas.

O racionalismo oponse ao empirismo e que é o sistema de pensamento que acentúa o papel da razón na adquisición do coñecemento, en contraste co empirismo, que resalta o papel da experiencia sobre todo o sentido da percepción.

Page 54: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

48. ¿Por que dicimos que Descartes é o primeiro gran sistematizador da filosofía moderna? ¿Cal é a súa obra principal? ¿Cales eran o método e o instrumento que

intentaba aplicar á filosofía?

Porque creou un sistema filosófico no que a filosofía estaba construído desde os cimentos e procura atopar unha especie de aclaración en tódalas cuestións filosóficas importantes.

A súa obra principal é “Discurso do Método” e o método que quixo usar foi a matemático para demostrar verdades filosóficas igual que se demostra un teorema matemático e o instrumento esencial a razón.

Page 55: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

49. ¿Como se pode relacionar o pensamento cartesiano co de Sócrates e co de Platón? 

Existe unha liña que vai dende Sócrates e Platón e que pasa por San Agostiño de Hipona antes de chegar a Descartes . Todos foron racionalistas. Xa que crían que a razón e a única fonte segura de coñecemento .Cando fixeron diversos estudios , Descartes chegou á conclusión de que os coñecementos aprendidos e inculcados na I.Media non son necesarios para a súa realidade.

Page 56: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

50. ¿Por que dicimos que Descartes é dualista? ¿Cales son as substancias ou formas distintas da realidade

segundo Descartes? ¿Cales son as súas características? ¿Que é a glándula pineal?

Descartes é dualista porque realiza unha clara bipartición entre a realidade espiritual e a realidade extensa.

Unha substancia é o pensamento ou alma, que é consciente, non ocupa lugar de tal maneira que non pode dividirse en partes máis pequenas. A outra substancia é a materia que solo ten extensión, ocupa lugar e sempre pode dividirse en partes máis pequenas.

Page 57: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

A glándula pineal é un órgano cerebral que ten como función unir alma e corpo.

Page 58: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

51. ¿Sabes algo da vida de Baruch de Spinoza? ¿Cal é o aspecto máis orixinal da súa filosofía? ¿Por que? ¿Cal foi a súa obra obra máis importante? ¿Cal era o seu

obxectivo?

Spinoza pertenceu a comunidade xudía de Amsterdam, pero pronto foi expulsado

e excomulgado por heterodoxo. Foi o primeito en utilizar o que chamamos unha

visión “crítico-histórica” da Biblia.

Incluso por esto foi abandoado pola súa familia e sufriu un intento

de asasinato.

Page 59: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

Era un panteísta veía a Deus en todo o que existe, e todo o que existe en Deus. Para Spinoza non se quedou fora de Creación do mundo, se non que Deus é o mundo.

A súa obra foi “Ética demostrada segundo o orde xeométrico” e o seu obxectivo era ensinarnos como debemos vivir para alcanzar a felicidade.

Page 60: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

52. ¿Que relación existe entre a Natureza e Deus para a tradición filosófica? ¿E para Spinoza? ¿Que é o

monismo? ¿Por que se aplica ese termo á filosofía de Spinoza? 

Para a tradición filosófica a natureza e Deus eran dúas substancias diferentes pero Spinoza non ten unha visión dualista da realidade.

O monismo é o pensamento que reconduce toda a natureza e tódalas circunstancias da vida a unha sola substancia e aplícase termo a Spinoza porque el dicía que todo provén do mesmo e o chamaba Sustancia, ou Deus ou Natureza.

Page 61: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

53. ¿Cal é o principio ético de Spinoza? ¿Existe "libre vontade" para Spinoza? Explícao.

Que vivimos segundo as leis da natureza e so seremos libres cando podamos poidamos desenvolver “libremente” as nosas capacidades inherentes. Para Spinoza o único ser que pode actuar con total liberdade é Deus o a Natureza. Porque aínda que o ser humano pode conseguir unha liberdade que lle permite vivir sen presións externas xamais poderá ter unha “vontade libre” xa que nos non decidimos o que ocorre no noso corpo, no eliximos o que pensamos. Polo tanto o home non en un alma libre que está máis ou menos presa nun corpo mecánico.

Page 62: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

54. ¿Cal foi o primeiro empirista británico; cal, é a súa obra principal e a súa idea fundamental? ¿Cales son e

en que se diferencian as cualidades primarias das secundarias? 

John Locke e a súa obra “Ensaio sobre o coñecemento humano”, onde intenta aclarar dúas cuestións: de onde recibe o ser humano as súas ideas e conceptos e se podemos fiarnos do que nos contan os nosos sentidos. Para Locke a conciencia do ser humano é un “tabula rasa” ou folla en branco.

Page 63: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

As calidades primarias dos sentidos refírese a extensión das cousas; o seu peso, forma, movemento e número. As calidades secundarias dos sentidos, son aquelas que son inherentes como o olor, o sabor, o son que solo reflicten a realidade exterior sobre os nosos sentidos.

Page 64: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

55. ¿Hai reminiscencias do racionalismo en Locke? ¿Cales?

Si, porque ao igual que Descartes pensa que esta realidade ten certas calidades básicas e defende que os seres humanos poden captar a través da razón o que da pé a un coñecemento intuitivo. Tamén defende que para todos existen certas regras básicas e defenden a chamada idea de “dereito natural”.

Page 65: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

56. ¿Sabes algo da vida de David Hume? ¿Cal é a diferencia, segundo el, entre "impresións" e "ideas"?

¿Como podemos saber se unha idea é válida? ¿É a idea de "eu" unha idea válida segundo Hume? 

Hume criouse en Escocia e aínda que os seus pais querían que fose avogado el sempre se viu entusiasmado pola ensinanza e pola filosofía. Viviu na época da Ilustración e viaxou moito por Europa antes de establecerse outra vez en Edimburgo.

Page 66: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

Para el hai dous tipos de percepcións. Unha é as impresións que é a mediata percepción da realidade externa e a outra é as ideas que quere dicir o recordo dunha impresión deste tipo.

So aceptou como verdadeiro aquilo sobre o que tiña sensacións seguras.

A idea de eu é en realidade unha cadea de impresión simples que nunca percibiras simultaneamente. Con isto Hume quere dicir que non temos ningunha personalidade que estea detrás de tales xuízos e estados de ánimo que veñen e van.

Page 67: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

57. ¿Como explica Hume a "lei" da causalidade? ¿Con que exemplo? ¿Son pois "racionais" as leis da

natureza? Explícao. ¿Que método científico queda así criticado?

Para Hume todo o que ocorre ten que ter unha causa. Segundo el se temos dúas bolas de billar e se tiramos unha bola negra en contra dunha branca que está en repouso esta última comeza a moverse. A causa do seu movemento é que foi golpeada pola bola negra. So teremos feito de comprobar o que en realidade percibimos con seguridade.

Page 68: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

Cando falamos das leis da natureza ou de causa e efecto, falamos en realidade do hábito das persoas e non do racional. As leis da natureza no son racionais, nin irracionais, simplemente son. Non nacemos unhas expectativas de cómo é o mundo e como se comportan as cousas. Simplemente o mundo é como é, e nós vámolo percibindo pouco a pouco.

Queda así criticado o método científico.

Page 69: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

58. ¿Que teñen en común e en que se diferencian un ateo, un agnóstico e un deísta?

• Ateo: é alguén que nega na súa totalidade a existencia dalgún Deus.

• Agnóstico: é alguén que non sabe si existe ou non Deus.

• Deísta: é alguén que cree que Deus creou o mundo hai moitísimo tempo, pero que desde entonces non volveu a aparecer no mundo.

Page 70: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

59. ¿Podemos, segundo Hume, xustificar unha frase normativa a partir dunha frase descriptiva? Pon un exemplo. ¿Cal é a base da conduta e da valoración

moral segundo Hume?

Non, segundo el, nunca podemos partir de frases de “é” para chegar a frases de “debe” Por exemplo hai moita xente que desexa e viaxa en avión e non por iso debemos construír máis aeroportos.

A base da conduta moral son os sentimentos, e temos que agudizar eses sentimentos que un ten cara os demais.

Page 71: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

60. ¿Que puxo en dúbida Berkeley? ¿Como o argumentaba?

Puxo en dúbida que o mundo físico sexa unha realidade. O único que existe e o que nos percibimos e nós non percibimos a materia. El pensaba que as nosas ideas eran unha vontade ou espírito, que teñen unha causa fóra da nosa conciencia, e esta causa non é material se non espiritual.

Page 72: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

61. ¿Cales son os sete puntos principais da Ilustración francesa?

• Rebelión contra as autoridades.• Racionalismo.• A idea de “ilustrar”.• Optimismo cultural.• Volta á natureza.• Cristianismo humanizado.• Dereitos Humanos.

Page 73: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

62. ¿Cando se promulgou a primeira Declaración de Dereitos Humanos? ¿Que filósofo ilustrado publicou en

1782 un escrito en defensa dos dereitos da muller? ¿Quen esixiu a inclusión deses dereitos na Declaración

dos Dereitos Humanos e foi decapitada?

A primeira Declaración de Dereitos foi

aprobada pola Asemblea Nacional Francesa en 1789.

O filósofo ilustrado que publicou o escrito en defensa dos dereitos da muller foi Concordet.

A muller que esixiu a inclusión e por iso foi decapitada foi Olympe de Gouges.

Page 74: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

63. ¿Que sabes da vida de Kant? ¿Por que se di que foi un filósofo profesional? 

Kant naceu nunha cidade ao este de Prusia e viviu case toda a súa vida na cidade natal. Proviña dunha familia severamente cristiá o que implicou a relixiosidade na súa filosofía.

Foi o primeiro en traballar nunha universidade como profesor de filosofía por iso se considera filósofo profesional.

Page 75: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

64. ¿Cal é a súa postura fronte ós racionalistas e ós empiristas? ¿Que significa o "xiro copernicano" de

Kant? ¿En que se diferencia a "cousa en si" e a "cousa para min"? ¿Que é a "materia" e a "forma" do

coñecemento? 

Opinaba que tanto os racionalistas como os empiristas tiñan algo de razón. Xa que a razón e percepción xogan un importante papel cando percibimos o mundo, pero dicía que os racionalistas esaxeraban no que pode facer a razón e pensaba que os empiristas fixeran demasiado fincapé na percepción.

Page 76: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

O xiro copernicano quere dicir que unha idea é tan nova e tan radicalmente diferente ás ideas antigas como cando Copérnico sinalara que é a Terra a que xira arredor do Sol e no ao revés.

En que “as cousas en si” non poderemos saber totalmente como son pero sen embargo si que podemos saber como se nos presentan esas cousas a nós (“as cousas en mi”).

Page 77: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

O material do coñecemento son as condición exteriores das que non podemos saber ata que as percibimos.

A forma do coñecemento é todo o que percibimos como sucesos no tempo e no espazo.

Page 78: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

65. ¿Como xustifica Kant a inmortalidade da alma, a existencia de Deus e o libre albedrío? ¿Que é un

"postulado"? ¿Cal é o imperativo categórico kantiano? ¿Por que se di que a ética kantiana é unha ética "da

obriga"? 

Baseándose na fe, xa que onde fracasan a experiencia e a razón nace un vacío que pode chamarse fe relixiosa.

Un postulado é afirmar algo que que non se pode probar. Por exemplo supor a existencia de Deus.

O imperativo categórico e aquel que di que a lei moral é válida en todas as situacións, ademais tamén é completamente ineludible.

Page 79: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

66. Ideas do Romantismo. 

• A importancia do “eu” no coñecemento.• O arte podía levarnos máis cerca do sublime.• Nostalxia da Natureza e a mística da mesma.• Renacemento da antiga consciencia cósmica.• Toda a natureza, son expresións do único

Deus.• Reformar os sentimentos de identidade de

cada unha das nacións.

Page 80: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

67. Diferencias entre Hegel e Marx. 

A diferenzas xiran en torno ao concepto de alienación.

Para Hegel o suxeito da alienación é a Idea e no proceso a Idea faise radicalmente distinta de si.

Para Marx o suxeito é o home. E a alienación consiste na explotación do home polo home, refírese a pérdida de autonomía e a liberdade dunha clase social como consecuencia da explotación á que se somete outra.

Page 81: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

68. ¿Que se entende por naturalismo e cal é a relación de Darwin con ese concepto? ¿Cales son os dous

principios básicos da teoría darwiniana? ¿Cales son as dúas obras máis importantes de Darwin? ¿En que anos se publican? ¿Cales son as súas teses principais? ¿Con

que analoxía se refire á vida? Darwin foi todo un hito na ciencia pois sendo aínda moi novo ,

embarcouse nunha dificultosa viaxe arredor do mundo para estudar a natureza e os diferentes seres vivos que a compuñan. Durante estas perigosas viaxes o famoso naturalista Charles Darwin elaborou as súas magníficas teses. Darwin era biólogo e investigador da natureza. Da mesma forma que os presocráticos se tiveron que liberar das vellas explicacións mitolóxicas para explicará natureza, Darwin tivo que liberarse da visión da Igrexas obre animais e homes.

Na súa obra A orixe das especies, Darwin presentou dúas teorías ou teses moi innovadoras tendo en conta a época na que viviu. En primeiro lugar, este naturalista dixo que tódalas plantas e tódolos animais existentes hoxe en día proviñan duns antecesores moito máis primitivos. Mantivo que tivo lugar unha evolución biolóxica.

Page 82: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

En segundo lugar , Darwin defendeu que a evolución e os cambios constantes na naturezas e debían ao proceso coñecido como : Selección natural .

As dúas obras máis importante se que supuxeron un hito sen precedentes na ciencia foron : A descendencia humana e A orixe das especies . A primeira foi publicada no ano 1871 e asegunda , en 1859 .

No seu libro A descendencia humana , Darwin señala tódolos grandes parecidos entre humanos e animais . Tamén apunta a que os humanos e os monos antropoideos nalgún momento da historia tiveron de desenvolverse a partir dun proxenitor común .

No seu libro A orixe das especies , este naturalista defende a ide ade evolución natural . O punto máis débil da súa obra era a causante das variacións causais pois Darwin tiña poucas nocións de xenética e non puido chegará conclusión das mutacións xenéticas que provocarían o cambio e , polo tanto , a evolución das especies .

Page 83: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

Darwin non só desmoronou a interpretación literal que recibía o Xéneses ata entón senón que deduciu que a existencia do home non era máis que a causa de algo tan pouco emocional como a loita pola supervivencia . Esto fixo temblar os cimentos da Igrexa ata entón e a partirde aí comezouse a cuestionar a orixe do ser humano como aparecía reflexada na Biblia.

Page 84: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

69. ¿Que se entende por "psicanálise"? ¿Quen é o autor de tal teoría? ¿Cal é a obra máis importante de Freud? ¿Cando se

publicou? ¿Cal é a súa idea central?¿Cal é a función dos soños segundo Freud?

Entédese por psicanálise unha descripción da mente humana en si como un tratamento de enfermidades nerviosa se psíquicas . Freud elaborou unha teoría do subconsciente imprescindible se un quere entender o que é realmente o ser humano .

“A interpretación dos soños” foi publicado en 1900 . Nesta obra , Freud explica que o que soñamos non é certamente casual. Xa que sengundo Freud , os nosos pensamentos subconscientes tratan de comunicarse con nós a través dos nosos soños .

Freud afirma que ó soñar cumplimos desexos. Os nenos, soñan con xelados e dulces . Pero no caso dos adultos tendo a pasar que os desexos vense atópanse disfrazados nos soños. Porque , cando dormimos , tamén censuramos o que queremos e non queremos na nosa vida.

 

Page 85: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

70. ¿Que é "surrealismo"? ¿Quen foi o seu iniciador? ¿Que relación ten coa psicanálise?

Surrealismo é unha palabra francesa que podemos traducir como “sobrerrealismo ”. No ano 1924 André Breton publicou o seu “Manifiesto surrealista” no cal Sinalou que a arte debe brotar do propio subconsciente . Desta forma, o artista recollería nunha libre inspiración as súas imaxes soñadas e chegaría a unha “ sobrerrealidade ”na que xa non existe distinción algunha entre o soño e a realidade. Tamén pode ser importante para un artista derrubar a censura da consciencia co fin de deixar correr libremente as palabras e as imaxes.

O surrealismo podémolo relacionar coa psicanálise se temos en conta que tódolos seres humanos, segundo recentes estudos, soñamos arredor do 20% do tempo que durmimos, é dicir , entre dúas e tres horas cada noite. Se alguén nos molesta nesta fase de soño, a nosa conducta cambia e volvémonos irritables e nerviosos. Esto danos a entender a necesidade de elaborar unha expresión artística da nosa situación existencial, pois de nós trata o soño.

Page 86: El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez

Alba Guede RodríguezIES Otero Pedrayo

XUÑO 2010

EL MUNDO DE

SOFÍA