El Cable 2011
-
Upload
carmen-rodriguez-lage -
Category
Documents
-
view
219 -
download
4
description
Transcript of El Cable 2011
Nadal, Paz, Libro, Entroido Páx. 0 Pastoral de La Milagrosa Páx.2 Lois Pereira Páx.3 Ano dos Bosques Pax. 4 Proxecto Abalar Páx 5 Recuncho de poesía Páx. 6
4ºInfantil Páx.8 Os maiores de 6º Páx.9 5ºInfantil Páx.12 Visita a Avifauna Páx. 13 Entrevista con� Páx.14 6º Infantil Páx.16 Cómic e adiviñas Páx. 17 A cociñar Páx.18 Sesión de cine Páx.20 Breves Páx.21 Pasatempos Páx 22 Colaboracións Páx. 24
Festival e Saídas Páx 25 Veñen e van Contraportada
PÁXINA 1
LABOR PASTORAL DO COLEXIO LA MILAGROSA Os nenos do Colexio de La Milagrosa solidarízanse cos pobres e coas misións. Traballan na Campaña do Domund na que axudan ás misións de todo o mundo. Campaña da Santa Infancia dedicada aos nenos sen pais e con enfermidades. Tómbola Misioneira, con moito interese por parte dos nenos pequenos e maiores, que traen pequenos xoguetes para poder axudar nas misións que teñen encomendadas as Irmás, como é unha Bolsa de estudos en Guinea de 300 euros ou os Almorzos de Haití que as Irmás dan aos nenos que asisten a clase e non poden ir ás súas casas. No colexio temos a Asociación de La Milagrosa e os nenos levan á casa unha capeliña pequena da Virxe para non perder a devoción a María, a nai de Xesús e colaborar cun donativo que ademais serve para pagar outra bolsa de estudos en Guinea dun neno chamado Ismael, de 200 euros. Ismael contesta sempre dando as grazas pola axuda. Tamén está a Asociación de Voluntarias da Caridade, que son as señoras que axudan aos pobres e se reúnen unha vez ao mes no colexio para recoller para 30 familias necesitadas. Catequese: O colexio está aberto a algunha das necesidades parroquiais. Prestan as aulas aos nenos da Catequese da Parroquia, xa que ela non ten suficientes espazos. Comedor de San Froilán: Algunhas das Irmás do colexio levan este comedor social, onde se reparten diariamente 108 comidas, 68 a domicilio. Que o que aquí, de xeito esquemático se salienta, sirva para animar a participar e axudar os demais.
PÁXINA 2
Elisa González García (EP6.) Guadalupe Castellano Penzol ( EP6)
O plenario da Real Academia Galega (RAG) acordou, na súa reunión o 26 de xuño
de 2010, dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2011 ó poeta monfortino Lois
Pereiro.
Lois Sánchez Pereiro
Naceu en Monforte de Lemos en 1958.
Desprazouse a Madrid con 17 anos, onde
cursou os estudos de Políticas, que abandonou
despois polos idiomas e a informática. Alí
colaborou con Antón Patiño, Manuel Rivas y
Xosé Manuel Pereiro, na revista Loia.
De regreso a Galicia, compaxinou
profesionalmente o exercicio da tradución co
labor poético.
Entrou en contacto con poetas entre os que se
encontran Xavier Seoane, Francisco Salinas ,
Xulio Valcárcel o Manuel Rivas. A súa obra
figurou en varias antoloxías como De amor e desamor (1984) e De amor e
desamor II (1985), e colaborou na revista Luces de Galiza, onde publicaron
os oito primeiros capítulos da súa novela Náufragos do Paraíso.
Enfermo a causa do envelenamento por aceite de colza desnaturalizado,
Lois Pereiro faleceu o 17 de maio de 1996 en A Coruña.
Despois de cumprirse en 2006 os dez anos da súa morte ,xurdiron voces de
defensa da candidatura de Pereiro para conmemoralo Día das Letras
Galegas, entre elas a de Manuel Rivas.
PÁXINA 3
Sonia Fuentes Pérez (EP6) Álvaro Fernández López (EP6)
2011 foi declarado como O Ano Internacional dos Bosques pola Asemblea
Xeneral das Nacións Unidas. O obxectivo é aumentar os esforzos de
recuperación e conservación das masas arbóreas mundiais e recordar que
son parte esencial do planeta.
Segundo estimacións do Consello da
Organización das Nacións Unidas para a
Agricultura e a Alimentación (FAO), cada ano
desaparecen do mundo, unha superficie
equivalente á cuarta parte da península Ibérica
por culpa das persoas: a sobreexplotación e a
tala ilegal, a conversión a terras agrícolas e
gandeiras, a recolección insostible da madeira,
a xestión inadecuada da terra, a creación de
asentamentos humanos, as explotacións mineiras e petrolíferas, a
construción de encoros e estradas, as especies invasoras, os incendios
forestais, os cultivos para agrocombustibles, a fragmentación dos
ecosistemas ou a contaminación atmosférica.
Plantar bosques e árbores para a protección ambiental e a obtención de
ingresos pode axudar á poboación pobre nos países áridos a ser menos
propensos ás secas. Entre os exemplos de medidas de adaptación nos países
en desenvolvemento pódense incluír a conservación de manglares en Bangla
Desh, a loita contra os incendios forestais en Samoa e os programas de
reforestación en Haití.
Sen non coidamos a poboación rural e a vida tradicional, ameázase algúns
dos bosques con maior diversidade biolóxica e maior importancia ambiental
"no mundo".
PÁXINA 4
Carmen Soengas Lage (EP5)
Nerea Barja Uriz(EP5)
Abalar é un honor para os que estamos nel. Pero, temos que seguir unhas normas
moi estritas no coidado e no uso dos ordenadores, por exemplo: non andar
libremente co ordenador. O día 2-02-2011 comezamos a utilizalos. Todos
estabamos moi nerviosos xa que os tiñamos dende algún tempo e non puidemos
utilizalos antes, aínda que estábamos desexando facelo.
O encerado dixital xa a utilizáramos moito antes. Mª Carmen nos explica todas ás
normas que temos que cumprir para poder utilizalos.
Os ordenadores son moi divertidos porque podemos xogar con xogos , buscar cousas
en internet…
Hai veces en que fallan pero sempre se acaba arranxando. Aos que os van ter lles
recomendaría que se portaran ven para que , un non quede castigado mentres os
outros o usan.
É moi divertido, a min gústame o encerado porque é o que máis utilizamos, por
exemplo, para buscar información, xa que ten internet. Para que o encerado
funcione hai que acender o ordenador das profes que se garda xunto os
pequeniños, nun armario de cor violeta que serve para cargalos, entre outras
cousas. Cando o armario está funcionando hai que ter coidado porque ten moita
potencia.
Os ordenadores son moi modernos, a súa pantalla pódese xirar cara atrás é
o mesmo ordenador pódese poñer como caderno. Para escribir nela hai que utilizar
o punteiro, ou lapis táctil que hai a un lado do ordenador. Ese ordenador tamén
ten internet e unha calculadora, xogos interactivos etc...
Son moi chulos!
PÁXINA 5
Nerea Barja Uriz (EP5)
“É o noso por vivir.
sempre temos que rir.
Nosa risa é o futuro
cantemos todos a coro:
„Vivan nenos e nenas
que corran as rías!‟
Xoguemos á pita cega,
ven con nós amiga.
Todos xogando ao „pilla-pilla‟,
porque non estamos nunha deserta illa.”
Mª Ángeles Saavedra Fernández (EP5) “A lúa no ceo
e a auga no mar
e a beleza da nena durmindo xa está.
As gaivotas nos tellados,
as ondiñas no mar
e a beleza da nena soñando xa está.
Que o inverno está a chegar.”
Ángeles
Amiga de moita xente.
Negada a algunhas cousas.
Xenio nalgunhas materias
Inimiga dalgunha que outra persoa.
Lareta, un pouco, pero non demasiado.
E na casa sempre os deberes fago.
Se queres adiviñalo, mira o enunciado.”
Uns pareados:
“O cempés da árbore que está ao revés
Non sabe que mes é.
O loureiro que está xunto ao mel,
parece un pincel de papel.
O abrigo que está no arquivo de Juanito
Está un pouco retorcido para ser un abrigo
bonito.
No coche de Manuel hai un bicho que eu non
sei…
Un gato, un gatiño ou un moucho do
revés”
PÁXINA 6
Alba Corral Quebrada (EP4) CADA DÍA
“Eu non sei como é a vida
de cada día.
Esperto polas mañás
e tomo unha banana.
Todos os días vou á escola
para xogar pola tarde
Xogo cos meus amigos ás escondidas
e cando non miran saio e non me pillan.
Logo pola noite
xogo a ser un coche.
Salto os semáforos
e xogo a que me pilla un gato.
Cando me durmo soño
que son un coello,
como unha cenoria
e salto al ondas.”
Noemí Portela Fernández ( EP5) “A muralla fai moitos anos naceu,
pero é coma un regalo cos romanos nos
deron.
Alegría e felicidade!
Algo bo é da realidade.
As nosas mans unidas a ela.
é coma unha preciosa chuvia de estrelas.
Resiste e resiste.
Aguanta a nosa amiga con amor que
non existe.”
PÁXINA 7
TALLER DE COCIÑA
Ingredientes preparados.
Montando pinchos
Mollando no chocolate. Servindo.
E A COMER!!!
PÁXINA 8
PÁXINA 9
O que máis me gusta do meu
colexio é que ten un ambiente
moi bo e que está cerca da
muralla romana. As profesoras
educan moi ben e os compañei-
ros tamén son amables e agari-
mosos.
Temos case todo para facer
ximnasia, calefacción para
quintarnos, ordenadores,…
Organízanse moitas excursións,
festas, disfraces,…e pasámolo ao
grande ( Gandi). Recomendo o meu colexio
porque hai nenos de outras
culturas e apréndese deles.
Os profesores ensinan moi
ben, recibimos una ensinan-
za completa en todos os
aspectos. Hai unha boa rela-
ción entre todos e celebra-
mos días importantes coma
o Nadal. ( Amaya)
Recomendo o meu colexio
porque as profesoras son
moi boas e agarimosas,
porque hai moitos nenos de
todos os sitios, se aprende
moito e hai recreo e poucos
deberes. O peor é que hai
moi mal aparcamento (Pa-
blo José)
Recomendo este colexio por-
que ten boas profesoras, é
moi grande e bonito, as clases
teñen moitas ventas, o patio
é bastante grande. Pásase
ben porque celébrase Entroi-
do, día do pai, nai,… O que
menos me gusta é que ten
moitas escaleiras ( Adriana
Rivera).
No meu colexio somos moi
orixinais, acollemos moi
ben as persoas, coñecémo-
nos todos e as monxas do
centro quérennos moito.
O malo é que non temos
moitos medios para o
deporte ( Jorge).
A min gustoume estar neste
colexio tantos anos porque é un
colexio moi acolledor, as pro-
fesoras son moi boas e a min
tratáronme moi ben. Tamén o
pasei moi ben no comedor
aínda que había moitas veces
que non me gustaba a comida,
pero pasei momentos moi feli-
ces. E agora é máis divertido
porque hai sala de ordenadores
( Lucía García).
Eu recomendaría esta
escola polo profesorado,
a zona onde está situa-
da, polo nivel de estu-
dios, polos valores que
ensinan e porque é una
escola relixiosa.(Silvia).
Recomendaría o meu colexio
por as profesoras, a biblio-
teca, a limpeza, a aula de
informática e as clases de
apoio. ( Alba Carballedo)
PÁXINA 10
No meu colexio as profesoras
pórtanse moi ben cos alumnos
e se tes algún problema podes
contar con elas .As excursións
son moi divertidas e ao ser un
colexio pequeno enseguida
coñeces a todo o mundo.
Cando te vas do colexio fanche
unha despedida moi bonita :
danche unha medalla e faise
unha merenda. O festival de
fin de curso e chulísimo os
nenos e nenas que van a acti-
vidades extraescolares mostran
o que aprenderon durante o
curso.
Eu non podo dicir nada malo
do meu colexio xa que os nove
anos que estiven nel foron moi
divertidos e alegres. ( Sonia).
Recomendo ao meu cole polos
profesores, porque explican moi
ben as cousas, polo divertidas
que poden ser as clases cando
nos portamos ben, polas saídas
que facemos toda a clase, polas
celebracións nas que participa
todo o colexio como a do Día
da Paz, a do Día de María, a
de Nadal, a de fin de curso... O
que menos me gusta é o pouco
tempo que hai de recreo (
Guadalupe).
- Pola influencia das Irmás
da Caridade na nosa formación.
Recomendo o meu colexio polas
profesoras que son moi boas,
porque en ximnasia facemos
cousas moi divertidas, porque o
patio do colexio é moi grande,
porque vamos a correr á mura-
lla e porque déixanos falar en
clase baixiño ( Elisa)
No meu colexio pódeste integrar
sen problema, hai moi bos pro-
fesores saídas moi interesantes,
facemos moitas campañas: a
Tómbola ...Está nunha zona na
que pódese chegar de varias
formas. O peor do meu colexio é
que non hai polideportivo.
(Lucía Meléndez)
Recomendo o meu colexio
porque nos levamos moi ben
todos. Tamén acollemos moi
ben aos novos, pasámolo xe-
nial nas excursións e en xim-
nasia e facemos festas de
entroido, paz, familia, festival
fin de curso,… ( Sara).
O que máis me gusta do meu cole
é que os profesores son moi bos e
cando tes una dúbida sempre lle
podes preguntar aos profesores,
aos amigos ou a calquera persoa
do colexio. Levámonos moi ben
todos os nenos do colexio e as
excursións son moi divertidas, así
como o dia da familia.. O que
menos me gusta son os castigos
das profesoras por portarme mal
nas clases ( Borja).
No meu colexio as profe-
soras e profesores son moi
bos. O ximnasio é moi
chulo e o seu patio aínda
que é unha praza estase
moi ben. Cando imos ao
recreo pasámolo moi ben
ao aire libre xogando e
todos os rapaces e rapazas
son moi bos. (Walter Da-
niel)
Recomendo este colexio
porque as profesoras son
boas. Na hora de infor-
mática o pasas moi ben
e na hora de Educación
Física fanse moitos xo-
gos. ( Daniel Gandoy)
PÁXINA 11
Recomendo o meu colexio
porque os profesores axudá-
ronme e apoiáronme. Fixen
moitos amigos e o paso moi
ben. Temos moitas activida-
des extraescolares e os meus
compañeiros axudáronme en
momentos difíciles. ( Alba
Buíde)
Recomendo ao meu cole por-
que terás moitos amigos e a
mellor educación. Os profes
explícanche todo ata que o
entendes. Amigos e profes
sempre te apoian e vante ter
moito cariño. Celebramos
bastantes festas e trabállanse
valores como respecto, verda-
de e amor Elixe o meu colexio
porque vai ser o mellor que
podas encontrar en todo
Lugo.(Adriana Figueroa)
As profesoras son moi boas
e déixanos rir, non son moi
estritas. O recreo é longo e
temos clases de ximnasia e
informática, pero non se
pode falar cando queiramos
( Daniel Ortiz)
Recomendo este colexio
porque hai boas profe-
soras, as monxas son
amables, os alumnos son
fantásticos e , en resu-
me, o colexio é incrible!
(Lucía Belén)
As boas razón para reco-
mendar ao meu cole son que
as profesoras son boas, as
clases de informática, o
recreo longo, que estudamos
nos ordenadores e, ás veces,
regálanos cousas. O peor é
que hai moitos exames.
(Maximiliano)
O colexio é moi bonito,
os profesores son moi
bos e os meus compa-
ñeiros pórtanse moi ben
comigo.Gustoume moito
cando cantamos no día
das misión As excursións
e as saídas pola muralla
son mo divertidas.(Nina)
Aconsello o meu cole
porque ten bo nivel
académico, ten bos
profesores, moitas cele-
bracións, excursións e
ten sala de informática.
( Noelia)
Aínda que eu so estiven dous anos
neste colexio levo un gran recordo e
non o esquecerei. Eu viña doutro
colexio onde deixei aos meus amigo e
bos profesores, no nos votei moito de
menos porque deseguida fixen moi
bos amigos neste colexio que me
acolleron moi ben ao igual cos profe-
sores.O que é un chisquiño peor,para
a miña opinión, é o pouco espazo
para facer ximnasia, unha das miñas
clases preferidas e o pequeno patio
do recreo onde o pasamos tan ben.
Moitas grazas por acollerme tan
ben.. (Álvaro)
PÁXINA 12
En
5º
de
E. I
nfan
til A
na I
. Pe
na R
ivas
fix
o es
te
deb
uxo
des
pois
da
sem
ana
de
axud
a a
Hai
tí
Chema Hurtado de Castro (Profesor de Extraescolares e educador no comedor do colexio)
EL CABLE: Cando decidiches a túa profesión? Gústache o teu traballo?
CHEMA: Cando rematei o instituto e encántame o meu traballo.
EC : Cantos anos levas no colexio?
CH: Creo que seis ou sete.
EC : En que consiste o teu traballo?
CH: En ensinar ao nenos distintas cousas, dependendo da actividade: manualidades, xogos populares, cancións,�
EC : Que é o máis difícil do teu traballo?
CH: Pois ter moita paciencia nalgunhas situacións que se presentan.
Pablo Novo Barreiro(EP5)
Camilo Arias Herrero (EP5)
Manuel Ojea Tallón(EP5)
PÁXINA 14
EC : Gustaríache cambiar de traballo?
CH : Non, a miña vocación é a ensinanza.
EC : Cómo fas para entreter aos máis pequenos?
CH :Pois tes que ser un deles e pensar o que lles gusta,
pero mantendo unhas normas de comportamento e
ensinando actividades para os momentos libres.
EC : Como logras que os nenos
te teñan tanto agarimo??
CH : Sendo un mesmo e
facendo que o pasen ben nas
actividades mentres coido deles.
Nalgunhas ocasións hai que ser un pouco pallaso!!!
EC : É certo que tes moitas mascotas?
CH : Teño seis.. un can, unha cadela, un gato, unha
gata, un hámster e peces.
COR FAVORITA: Laranxa
COMIDA:A pasta.
DEPORTE FAVORITO: Natación
ANIMAL FAVORITO: O can.
PÁXINA 15
PÁXINA 16
En 6
º de
E.
In
fant
il Ke
lly A
lien
Grec
co
Ghiso
lfo,
fixo
este
de
buxo
de
spois
da
vista
á G
ram
xa
de B
arre
iros.
“Unha cara branca, de prata e
sen cabelos,
vai toda revolta nos caraveis
dun sombreiro” ( A lúa)
“Unha cara branca, como un queixo
alumea de noite, sen ser vagalume”
( A lúa)
Catro irmáns que moito
bailan, non se poden
tocar,
aínda cos ventos meza,
nin os vestidos notarán.
(O muíño)
Daniel Díaz García (EP4) Abraham Pena Vila (EP4)
Raquel Medina Rey (EP5)
PAXINA 17
TARTA DE QUEIXO ( Tamara Rubinos Vázquez, EP5)
Ingredientes
12 porcións de queixo
2 iogures naturais (o envase de un iogur
servirá de medida)
2 medidas de leite.
2 medidas de fariña
2 medidas de azucre
2 medidas de nata
4 ovos
Preparación
Mesturar os ingredientes.
Untar nun molde, manteiga.
Meter ao forno a 180º, 50 minutos.
“BUÑUELOS” CON MEL (Lara Bermúdez Pillado, EP4)
Ingredientes
4 ovos
25 gr. manteiga
150 gr. de fariña
2 culleradas de azucre
Codia de limón
1 vasiño de mel
1 vasiño zume de laranxa
Sal e aceite
Preparación
Poñer nun pucheiro un vaso e ¼ de auga, a
manteiga, o azucre, a reladura de limón e un
chisco de sal. Levala a ebulición e , en canto
ferva, botar a fariña de golpe, movendo con
forza ata que a masa se separe das paredes.
Deixar arrefriar e cando estea morna,
engadir un a un os ovos, batendo. Repousar
½ hora.
Poñer abundante aceite a quentar, formando
os “buñuelos” cunha culler e fritilos ata que
se inchen e floten na superficie. Sacalos e
escorrelos.
Mesturar o mel e o zume de laranxa nun
pucheiro ao lume.
Colocar os “buñuelos” en pirámide e bañalos
no mel.
PÁXINA 18
182020202
00212110
TORTITAS (Aurora Medina Rey EP4)
Ingredientes 225 gr. de fariña 300 ml de leite 2 culleradas de azucre ( grandes) 2 ovos 1 chisco de sal
Preparación Bátese todo e, se é posible, deixase repousar un rato longo. Fanse nunha tixola que se pinta con manteiga, antes de botar a masa de cada tortiña. Pódense comer soas ou coa larpeirada que máis guste ( chocolate, tona, ...)
FLAN DE COCO (Alba Piñeiro López, EP3) Ingredientes
100 gr. de coco 3 ovos 1 bote pequeno leite condensada (375 gr.) 1 bote pequeno de auga e de leite.
Preparación Nun bol votar as xemas, o leite e a auga e mesturar todo. Montar as claras a punto de neve. Incorpóranse as claras ás xemas en movemento envolvente e a continuación o coco. Calamerízase o molde e quéntase o forno a 180º. Vótase a mestura no molde e tapado, 35 minutos ao forno.
PÁXINA 19
O alumno de 3º de Primaria Luis
Domíguez Besteiro obtivo un dos premios no certame de
debuxo "Educar para previr” ¡NORABOA!
Pedro, Martín, Raquel, Álvaro e
Lara de 4º de Primaria resultaron
gañadores na provincia de Lugo no
concurso no XVII CONCURSO ESCOLAR ONCE "UN
VIAJE PARA TODOS ". Parabéns!!
Neste curso o
centro está inmerso
no Proxecto Abalar, na aula de 5º de
primaria e ademais dispoñemos dunha
aula de informática para todos os cursos.
Dentro da novas TIC inclúense tamén a elaboración do blog “Milagrosa na
rede”( http://lamilagrosalugo.blogspot.com/) e a wiki “InfantilMilagrosa”
(https://infantilmilagrosa.wikispaces.com/)
O comedor de San Froilán, obra social
na que colaboran as Fillas da Caridade,
conta con novas instalacións, para poder
atender mellor as necesidades que cada
día atenden.
O alumno de 5º de Primaria Manuel Ojea Tallón,
recibiu un 2º premio no no concurso "Eu tamén son
xornalista"na modalidade de Xornalista de televisión
NORABOA!
Na semana dos días 4 e 8 de abril
realizáronse dúas actividades
encamiñadas a recadar fondos para a
reconstrución dun orfanato que tiñan
as Fillas da Caridade en Haití, no que
se chamou “Semana vocación Misión”, con moi boa acollida e
solidariedade. Moitas grazas!
PÁXINA 21
Une os puntos e despois colorea…
Solucións na páxina 24
Doutor, ninguén me fai
caso…
Que pase o seguinte.
Doutor, atópome mal.
Pois búsquese mellor
Que lle di o café ao
azucre?
-Sen ti, a miña vida
é amarga
Xaimito pregúntalle á súa nai: “Que é iso que tes na barriga?”
E a súa nai respóndelle: “Teño un bebé porque regaloumo teu pai”
O neno mira con rostro asustado e corre onde o seu pai e dille:”Papá, papá, non
lle deas máis bebés á miña nai porque os come”.
En que se parece unha
prima miña e o tren?
-En que a miña prima
ten trenzas e o tren…Zas!
Meteuse nun túnel.
Cando entra un can nun
ascensor?
-Cando está a porta
aberta.
Cál é o día máis longo
da semana ?
-O mércores , que é o
que ten máis letras.
PÁXINA 23
Agradecemos tamén, coma sempre, a colaboración de todos os mestres.
Solucións aos pasatempos:
PÁXINA 24