E.F. 1º. Traballo 20-24 de abril...Este é o traballo a realizar polo alumnado do 1º curso de...

5
Este é o traballo a realizar polo alumnado do 1º curso de Educación Primaria para a semana do 20 ó 24 de abril, correspondente á área de “Educación Física”. (Lembremos que “o traballo non é obrigatorio nin tampouco conta para a avaliación do alumnado”, senón que está pensado como repaso do traballo realizado ó longo do curso). Un saúdo!

Transcript of E.F. 1º. Traballo 20-24 de abril...Este é o traballo a realizar polo alumnado do 1º curso de...

  • Este é o traballo a realizar polo alumnado do 1º curso de Educación

    Primaria para a semana do 20 ó 24 de abril, correspondente á área de

    “Educación Física”.

    (Lembremos que “o traballo non é obrigatorio nin tampouco conta para a

    avaliación do alumnado”, senón que está pensado como repaso do traballo

    realizado ó longo do curso).

    Un saúdo!

  • - Escribir nunha folla ou nun caderno un xogo que c oñezas.

    Debes poñe-lo título, cantos xogadores e xogadoras participan, material utilizado, lugar onde se pode levar a cabo e regras para o seu desenvolvemento.

    (Podes facer un debuxo do xogo).

    (Se queredes o xogo pódevolo ensinar algún adulto).

    - É interesante que realicedes exercicios de relaxa ción e respiración que xa coñecedes -son sinxelos de facer, levan pouco tempo e axudan a sentirse ben, sobre todo se notades intranquilidade ou nerviosismo-.

    . Lentamente tomamos aire polo nariz ata enche-los pulmóns, ó tempo que abrímo-los brazos.

    . Logo lentamente botámo-lo aire fóra, ó tempo que pechámo-los brazos contra o noso corpo.

    (Recordade que podemos face-lo exercicio abrindo e cerrando os brazos en horizontal ou levándoos por riba da cabeza e logo baixándoos).

  • - Un xogo moi sinxelo ó que podedes xogar, sós ou con varias persoas, é

    unha adaptación do xogo do “GUA” -que se xoga con bólas-:

    . Facemos un círculo marcándoo no chan, debuxándoo nun papel ou

    cartón, ou ben facémolo cun cordel.

    . Se non temos bólas ou se o lugar non é moi axeitado para usalas,

    facemos boliñas de papel.

    . Separados un pouco do círculo, tedes que lanza-las bólas para que

    queden dentro do círculo. (Se o facedes ben podedes probar desde

    máis lonxe).

    (Podedes anotar nun papel o número de veces que acertades).

    (En vez de usar un círculo podedes usar un bote ou cesto para

    face-las punterías).

    * Para traballa-lo equilibrio podedes facer exercicios coma os seguintes:

    - Deitados no chan -mellor sobre unha alfombra ou unha esterilla- e

    realiza-los seguintes apoios:

    . Apoiarse cos dous pés e cunha man.

    . Apoiarse cun pé e coas dúas mans.

    . Apoiarse cun pé e cunha man -do mesmo lado e do lado oposto-.

    (Estas posicións de equilibrio primeiro debédelas facer en estático e

    despois tentando desprazarvos).

  • * Malabares .

    Os malabares permiten multitude de actividades e xogos, xa que se

    adaptan a diferentes lugares e situacións -pódense facer de pé, sentados,

    deitados, etc.). Tamén podemos usar materiais moi variados.

    Eu propóñovos as seguintes actividades usando boliñas de papel ou

    mesmo pelotas pequenas se dispoñedes dun lugar axeitado para o seu uso:

    1º. Comezar cunha boliña de papel, lanzándoa dunha man a outra -de

    pé ou sentados-.

    2º. Face-lo mesmo con dúas boliñas á vez.

    3º. Utilizar 3 boliñas.

    4º. Se sodes capaces de facer malabares con 3 boliñas, podedes ir

    practicando engadindo unha boliña máis de cada vez.

    (En vez de boliñas ou pelotas podedes usar outros materiais como tapas,

    pom-poms, botóns, corchos, etc.).