educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... ·...

8
PROPOSTAS EDUCATIVAS ACTIVIDADES EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHERELATO curso 2019 - 2020

Transcript of educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... ·...

Page 1: educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... · 2019-09-09 · - achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son

ed

uc

ac

ión

Sec

un

da

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

PrOPOSTAS EDUCATIVAS

actividadeS

EDUCACIón SECUnDArIA EBACHErEL ATOcurso 2019 - 2020

Page 2: educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... · 2019-09-09 · - achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son

ed

uc

ac

ión

Sec

un

da

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019 Bodegón con xarra e aguacate, 1960

Luis Seoane

CALEnDArIO E HOrArIOSdende o 15 de outubro de 2019 ata ó 19 de xuño de 2020.de martes a venres de 10:00 a 11:30 h.os centros educativos que teñan dificultades para asistir ó mu-seo neste horario (por motivos de procedencia xeográfica ou de organización do propio centro) poden poñerse en contacto con nós.

nOrMAS

Antes da visita- Especifique ó departamento de difusión ó nivel educativo e o número exacto de alumnos/as.- o percorrido realizarase en grupos de 25 personas.- os profesores/as poden escoller, se o desexan, de entre os percorridos propostos para cada nivel. se se prefire, o de-partamento de didáctica pode poñer en valor temas que se traballen na aula.- débese advertir de calquer tipo de necesidade especial dos alumnos/as que veñan visitar ó museo.- os alumnos deben estar advertidos acerca do comportamento a seguir nun museo, ónde veñen e qué se van atopar.- durante a visita está prohibido comer e beber.

O día da visita- rógase puntualidad. En caso de imprevisto, rógase avisen coa maior anticipación para non entorpecer as outras activi-dades do museo.- Os profesores/as ou acompañantes deben permanecer co grupo en todo momento.- durante o percorrido pódense facer fotografías, pero sempre sen flash.- No museo nos desprazámonos amodo, falamos en orde e, o máis importante, non tocamos as obras.

[email protected]

Page 3: educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... · 2019-09-09 · - achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son

ed

uc

ac

ión

Sec

un

da

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

MIrAr. VEr. PErCIBIr.Visita-taller1º, 2º, 3º, 4º Eso e Bacharelato1h 15’ de duración

OBXECTIVOS

- Presentar o museo como un espazo de coñecemento da arte e da cultura.- coñecer os diferentes xéneros e estilos artísticos que están presentes na colec-ción.- Fomentar as opinións persoais e o gus-to estético a través da observación e do diálogo.- Pensar na visita ao museo como unha opción para o tempo de lecer.- Estimular a imaxinación e a creativida-de a través da observación e da creación artística.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

a través dunha escolma de obras, este percorrido dará a coñecer algunhas das pezas máis destacadas da colección. dun xeito ameno e atractivo, fomentando a participación e o diálogo entre os alum-nos/as, descubriremos as distintas lecturas atribuídas a unha mesma obra de arte.de xeito comprensivo, coñeceremos os distintos xéneros artísticos, estilos e épo-cas da historia da arte; desde o medievo ata os nosos días; afondando sobre os motivos que levaron ós artistas a crear as súas pezas e dando unha visión transver-sal e sociolóxica do fenómeno artístico.aínda que a visita ten un carácter xeral, centrarémonos nalgunhas obras que re-sulten interesantes polas súas múltiples lecturas e reflexionando sobre o engano da mirada. durante o percorrido tentaremos enla-zar pasado e presente, estudando a obra no seu contexto orixinal para despois re-contextualizalo; introducindo aspectos da contemporaneidade como o meme, o hastag ou o twit para así traer a nosa actualidade a colección do museo.debatiremos sobre aspectos como as modas, os canones de beleza, o merca-do artístico, a publicidade, a democra-tización da arte... tentando crear pontes entre as obras do museo e a cotidia-nidade dos rapaces e rapazas que nos visitan.

Xogadores de naipes, c. 1627theoodor rombouts

Page 4: educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... · 2019-09-09 · - achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son

ed

uc

ac

ión

Sec

un

da

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

ArTE E TEXTO

Visita-taller1º, 2º, 3º, 4º Eso e Bacharelato1h 15’ de duración

OBXECTIVOS

- Establecer un diálogo entre as artes plás-ticas e a literatura a través da observación e da lectura.- Fomentar as opinións persoais e o gus-to estético a través da ollada e o debate.- Estimular a creatividade plástica e litera-ria dos alumnos a través do obradoiro que completa a visita.- Pensar na visita ao museo como unha opción para o tempo de lecer.-Promover o respecto e valoración cara o patrimonio cultural galego e internacio-nal por parte dos alumnos.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

Arte e texto é acercamento transversal á estreita relación entre as artes plásticas e a literatura. a historia da arte non se pode des-vincular do que acontece noutras expresións artísticas. moitos dos autores da colección do museo víronse inspirados directa ou indirec-tamente polo mundo das letras.Partiremos dalgunhas pezas da arte mitolóxica para reflexionar lendas e tradicións orais, procurando diferenzas e similitudes entre os cadros do museo e os textos nos que están baseados (A Ilíada de Homero ou Metamorfoses

de ovidio), reflexionando sobre a per-durabilidade no tempo de textos da antigüidade. observaremos as pegadas da expresión oral (refranes, ditos, canti-gas...) na arte barroca, nos retratos mo-nárquicos do neoclasicismo e nalgúns gravados de goya. Falaremosdo rexur-dimento, entroncando obras dos artistas plásticos galegos de finais do s. XiX e XX cos poemas de rosalía de castro, Eduar-do Pondal ou curros Enríquez. traballa-remos coa representación pictórica da paisaxe galega, que os poetas e filósofos describen e afondaremos na figura de Emilia Pardo Bazán. o percorrido re-mata coa arte galega do século XX, as vangardas artísticas, os xogos literarios do surrealismo ou as revistas culturais do primeiro tercio do XX; como Ronser, Alfar, Nós ou Resol.a visita pode completarse cun pequeno obradoiro no que os estudantes realizarán un texto inspirado nas obras pictóricas do museo de Belas artes.

Retrato de Emilia Pardo Bazán, 1896 Joaquin Vaamonde

Page 5: educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... · 2019-09-09 · - achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son

ed

uc

ac

ión

Sec

un

da

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

OS grAVADOS DE gOyA

Visita-taller1º, 2º, 3º, 4º Eso (recomendado para 4º) e Bacharelato45¨- 1h 30’ de duración*

OBXECTIVOS

- achegarnos ao universo creativo e ó significado da obra dun dos artistas máis importantes da plástica española e europea.- introducir ao alumno no concepto de arte como documento histórico e como reflexo dunha determinada época, neste caso do paso do antigo réxime ao siste-ma liberal. - coñecer o procedemento creativo e as posibilidades expresivas e estéticas da técnica do gravado.- comprobar como a arte é unha fe-rramenta esencial para expresar ideas propias e como plataforma de denuncia das inxustizas.

O soño da razón produce monstros 1797 - 1799

Francisco de goya

seguinte páxina (detalle)Tristes presentimentos do que ha de acontecer

c. 1810Francisco de goya

Page 6: educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... · 2019-09-09 · - achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son

ed

uc

ac

ión

Sec

un

da

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

achegarémonos á figura de Francisco de goya a través das series de gravados que conserva o museo de Belas artes: Reproducións dos cadros de Velázquez, os Caprichos, os Desastres, os Dispara-tes ou a Tauromaquia.comezaremos cos gravados de goya nos que copia cadros de Velázquez para a súa difusión. Foi a partir deste encargo real, que goya aprende a técnica e co-meza a usar o gravado como vehículo fundamental da súa expresión artística. Explicaremos quen era goya, como foi a súa traxectoria e a súa transcendencia en artistas posteriores. Falaremos da técnica do gravado e da súa importan-cia na divulgación de imaxes.Os caprichos representan unha visión crítica en clave irónica da sociedade do antigo réxime. goya critica a volta do absolutismo en aras da ilustración e a súa ideoloxía liberal. Veremos como denuncia a ignorancia (Si saberá máis el discípulo), as supersticiones (O que pode un xastre), a crueldade da inquisi-ción (aqueles pos...), os abusos dos po-derosos (Se repulen), a miseria material e moral (A caza de dentes) ou a falta de liberdade (Non hai quen os separe).

a serie Os Desastres da guerra, supón a denuncia dos horrores e consecuencias das guerras napoleónicas na península, a través dunha visión persoal, na que non hai honra militar, nin xestas heroi-cas, só imaxes de violencia e crueldade. a estas alturas goya actúa case como un fotorreportero de guerra.Os Disparates é a serie máis enigmática do artista. goya trasládanos a un mundo escuro, habitado por seres infernais. Por último, a través de série da Tauromaquia comprobaremos a excelente capacidade de debuxo, análise das formas e composición que converteron a goya nun dos mellores artistas da súa época.

* Existe a posibilidade de solicitar a realiza-ción dun taller de gravado. esta actividade está suxeita á dispoñibilidade por parte do museo. Nesta caso, a duración do percorri-do (visita + taller) será de 1 hora e 30 minu-tos aproximadamente.

Page 7: educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... · 2019-09-09 · - achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son

ed

uc

ac

ión

Sec

un

da

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

AS MULLErES nO MUSEO

Visita-taller1º, 2º, 3º, 4º Eso e Bacharelato

45¨- 1h 30’ de duración

OBXECTIVOS

- achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son as protagonistas.- coñecer as dificultades que a muller tivo ao longo da historia para ser recoñe-cida profesionalmente e como artista.- descubrir exemplos de mulleres artistas da antigüidade e da contemporaneidade. - relacionar a arte con outros eidos culturais como a literatura.- reflexionar sobre as mensaxes, non sempre explícitas, que as imaxes nos envían.- Promover valores como a igualdade e a non discriminación por razóns sociais, raciais ou de xénero.- Fomentar o debate e a reflexión en te-mas sociais que nos afectan a todos/as.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

Que papel xogan e xogaron as mulleres no mundo da arte? Esta cuestión fundamen-tal de punto de arraque da visita. centrarémonos en dous aspectos: a repre-sentación artística da muller na historia da arte e o papel da mesma como creadora.comezaremos o percorrido observando distintas obras onde reflexionaremos sobre a evolución da representación da muller desde a antigüidade ata a actualidade. de retratos de mulleres insignes da nobreza e a monarquía durante a idade moderna ata a ampliación do universo feminino duran-te o XiX, reflexionaremos sobre a evolución da moda a estrética e o armario feminino (femme fatale, look garçon, pantalón...).descubriremos a identificación da muller galega coa terra e a patria por parte dos pintores renovadores, falaremos dos cam-bios que supuxeron as vangardas artísticas na representación da muller.Xurdirán cuestións, reflexionaremos e de-batiremos sobre: cantas mulleres artistas coñeces? cres que na actualidade a muller creadora ten as mesmas oportunidades que o home? Podemos falar de estética masculina e feminina? Que papel xoga a publicidade na representación da muller? Para rematar, os grupos terán a opción de levar a cabo un obradoiro que se realizará un mural adicado a algunha das artistas máis senlleiras da arte galega e universal.

Desnudo de nena con brazos cruzados, 1913, maría roesset mosquera

Page 8: educación S actividadeS EDUCACIónmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/actividades... · 2019-09-09 · - achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son

ed

uc

ac

ión

Sec

un

da

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

deliberar conxuntamente e unha persoa encargada escribirá as respostas. unha vez tódolos grupos rematen de resolver as cuestións, a aula agruparase para facer unha posta en común e, simbólicamen-te, declararase gañador a un dos grupos participantes.os estudantes percorrerán o museo, de forma autónoma e descubrirán retratos históricos, cadros relixiosos, obras costu-mistas, paisaxes, esculturas... de distintas épocas e xéneros artísticos. Onde cres que estaba este cadro antes da súa chegada ao museo?, que atributo identifica ao personaxe protagonista da escena do cadro?, como crea profundi-dade o artista?, que materiais empregou o autor para facer esta escultura?, cal é a profesión dos personaxes do cadro? serán estas algunhas das preguntas ás que os rapaces/as deberán dar resposta.

EnIgMA nO MUSEO

Visita dinamizada1º e 2º da eSO1h 30’ de duración

OBXECTIVOS

- Visitar dunha forma lúdica o museo, a través dun xogo que fomenta o traballo en equipo.- Explorar as diferentes salas do museo e comprobar como as expresións artís-ticas varían dependendo da súa orixe xeográfica e temporal. - Provocar no alumnado unha actitude de respecto cara o patrimonio artístico da súa contorna. - Pensar na visita ao museo como unha opción para o tempo de lecer.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

Enigma no museo é unha actividade per-fecta para os rapaces/as que xa coñecen o museo de anteriores visitas. Non se trata dunha visita guiada ao uso, xa que o alum-nado fará o percorrido pola súa conta en base a unhas fichas que se lles entregarán para cubrir a modo de xogo.á chegada ao museo, coa axuda dos profe-sores acompañantes, formaremos distintos grupos e entregaremos uns cartafoles. a tra-vés dunha serie de fichas, terán que atopar distintos cadros e esculturas e dar resposta aos enigmas formulados diante de cada peza. os membros do grupo terán que

*ao tratarse dunha actividade na que o alum-nado percorrerá de forma autónoma as salas, é preciso ollar ben as normas. Por motivos de seguridade esta actividade se realizará cun único grupo de trinta alumnos como máximo.

Lavandeiras, c. 1967manuel colmeiro