Eduardo Barreiros - biografía

5
1 EDUARDO BARREIROS http://www.fundacionbarreiros.org/ Eduardo Barreiros foi un dos empresarios españois máis representativos dos "anos do desenvolvemento". Partindo dun pequeno taller en Ourense, foi capaz de levantar un gran complexo industrial empresarial que contribuíu decisivamente á motorización de España, xunto cos seus irmáns Valeriano, Graciliano e Celso e un excelente grupo de colaboradores. O motor diesel chegou a ser para os españois sinónimo de Barreiros, e iso a pesar da hostilidade dun sector gobernamental tan influente como o INI. En 1963 a asociación con Chrysler, nun dos maiores investimentos norteamericanos en España, lanzoulle un protagonismo internacional. Posteriormente, o socio americano foi gañando terreo o español nas ampliacións de capital, ata que a empresa pasou a ser Chrysler España en 1969. Pero a obra de Barreiros segue presente na gran factoría de Villaverde (Madrid), no actual tecido industrial español e na memoria daqueles anos. 1919 - 1945: As orixes. Eduardo Barreiros nace o 24 de outubro de 1919 en Gundiás, na Parroquia de San Miguel del Campo (Ourense). O seu pai inicia un negocio familiar de liña de autobuses ao comprar o primeiro autobús: un Panhard Levasor, de 10 HP, con capacidade de carga de 1.500 Kg, que fai a ruta Ourense-Luintra-Orense. Máis tarde, o seu pai solicita a concesión da liña B, Ourense-Los Peares-Orense e compra un segundo autobús: un vello Renault de 2 Tm., por 4.000 pts. Eduardo Barreiros continúa traballando na liña familiar de autobuses e empeza a asistir a un taller de mecánica -Pradairo-, como aprendiz, cun xornal de 2 pts. ao día. Ao estalar a guerra civil, cumpre o servizo militar na fronte, primeiro no terzo Abárzuza, e logo como condutor nun dos autobuses da familia que fora requisado para o transporte de soldados e feridos dende A Coruña a Oviedo. Máis tarde, é destinado á Compañía 20, Batería de Antitanques. Mentres tanto, o seu pai adquire a exclusiva da empresa Luintra, cun turismo Renault para levar o correo na liña Ourense-Parada do Sil-Orense. Compra un autobús Chevrolet de catro cilindros e 16 CV do ano 1925, un camión Ford e unha carrocería demasiado longa que ten que adaptar. Eduardo Barreiros continúa traballando na nova liña de autobuses do seu pai. Créase un pequeno taller familiar onde empeza a reconstruír autobuses para a liña familiar e a fabricar gasóxenos. Ao mesmo tempo realiza algunhas operacións de reconstrución e venda de vehículos. Constrúe o terceiro autobús da liña, cos longueiros dun camión Citroën, un diferencial de despezamento e o motor e a caixa de cambios dun camión queimado. A carrocería encárgaa, nova, a Ourense.

description

biografía de Eduardo Barreiros

Transcript of Eduardo Barreiros - biografía

Page 1: Eduardo Barreiros - biografía

1

EDUARDO BARREIROS

http://www.fundacionbarreiros.org/

Eduardo Barreiros foi un dos empresarios españois máis representativos dos "anos do desenvolvemento". Partindo dun pequeno taller en Ourense, foi capaz de levantar un gran complexo industrial empresarial que contribuíu decisivamente á motorización de España, xunto cos seus irmáns Valeriano, Graciliano e Celso e un excelente grupo de colaboradores. O motor diesel chegou a ser para os españois sinónimo de Barreiros, e iso a pesar da hostilidade dun sector gobernamental tan influente como o INI. En 1963 a asociación con Chrysler, nun dos maiores investimentos norteamericanos en España, lanzoulle un protagonismo internacional. Posteriormente, o socio americano foi gañando terreo o español nas ampliacións de capital, ata que a empresa pasou a ser Chrysler España en 1969. Pero a obra de Barreiros segue presente na gran factoría de Villaverde (Madrid), no actual tecido industrial español e na memoria daqueles anos. 1919 - 1945: As orixes. Eduardo Barreiros nace o 24 de outubro de 1919 en Gundiás, na Parroquia de San Miguel del Campo (Ourense). O seu pai inicia un negocio familiar de liña de autobuses ao comprar o primeiro autobús: un Panhard Levasor, de 10 HP, con capacidade de carga de 1.500 Kg, que fai a ruta Ourense-Luintra-Orense. Máis tarde, o seu pai solicita a concesión da liña B, Ourense-Los Peares-Orense e compra un segundo autobús: un vello Renault de 2 Tm., por 4.000 pts. Eduardo Barreiros continúa traballando na liña familiar de autobuses e empeza a asistir a un taller de mecánica -Pradairo-, como aprendiz, cun xornal de 2 pts. ao día. Ao estalar a guerra civil, cumpre o servizo militar na fronte, primeiro no terzo Abárzuza, e logo como condutor nun dos autobuses da familia que fora requisado para o transporte de soldados e feridos dende A Coruña a Oviedo. Máis tarde, é destinado á Compañía 20, Batería de Antitanques. Mentres tanto, o seu pai adquire a exclusiva da empresa Luintra, cun turismo Renault para levar o correo na liña Ourense-Parada do Sil-Orense. Compra un autobús Chevrolet de catro cilindros e 16 CV do ano 1925, un camión Ford e unha carrocería demasiado longa que ten que adaptar. Eduardo Barreiros continúa traballando na nova liña de autobuses do seu pai. Créase un pequeno taller familiar onde empeza a reconstruír autobuses para a liña familiar e a fabricar gasóxenos. Ao mesmo tempo realiza algunhas operacións de reconstrución e venda de vehículos. Constrúe o terceiro autobús da liña, cos longueiros dun camión Citroën, un diferencial de despezamento e o motor e a caixa de cambios dun camión queimado. A carrocería encárgaa, nova, a Ourense.

Page 2: Eduardo Barreiros - biografía

2

Cando se vende a liña de autobuses, Eduardo Barreiros funda Becosa (Barreiros Empresa Constructora, S.A.). Inicia traballos de contratas de obras públicas na provincia de Ourense, para os cales fabrica parte da maquinaria e utensilios que utiliza na construción de estradas. Realiza obras na Trepa, preto de A Gudiña, no Barco de Valdeorras e en Soutelo do Montes. 1946-1951: A transformación en Diesel Sonlle adxudicadas as obras de 80 km. de regos asfálticos na provincia de Ourense e no Edificio Sindical do Carballiño. Inventa varias máquinas enxeñosas que adapta a camións para varrer, eliminar o po e asfaltar. Becosa gaña o concurso de adxudicación da obra de construción dun dique de 4 km. en Castellón de la Plana, cun valor inicial de 4.000.000 pts. En só tres meses logra poñer en funcionamento a canteira, o transporte, a vertedura e o taller da obra, que realiza, con camións, en lugar do tradicional sistema de vagonetas. Isto é posible grazas a un orixinal deseño dunha plataforma desmontable que, pegada ao dique de 4 metros de ancho, permite aos camións dar a volta. No taller de Ourense empeza a transformación de motores de gasolina a diesel para cubrir as necesidades dos propios vehículos utilizados nas obras das contratas. Transforma 2 prototipos Krupp e ao redor de 2.000 unidades de 3HC. Aluga uns talleres no km. 7 da estrada Madrid - Andalucía, por 50.000 pts. ao mes, para continuar coa transformación de motores para a súa comercialización. 1952-1961: Barreiros Diesel. Funda Barreiros Diesel cun capital de 10.000.000 pts. Fabrica o motor EB-6 de tecnoloxía Barreiros, cunha produción media de tres unidades diarias (para aplicación en camións de 5 a 7 TM). Compra os primeiros 20.000 m2 de terreo en Villaverde (Madrid). Funda a empresa Cabsa (Compañía Anónima de Bombas, S.A.) para a fabricación de bombas de inxección e equipos eléctricos. Comeza a fabricación do motor EB-4, de 55 CV, para diversas aplicacións: turismos, taxis, vehículos lixeiros, grupos electróxenos e maquinaria en xeral. Funda Ceesa (Construtora Eléctrica Española, S.A.) para a fabricación de dínamos, arranques e reguladores. Posteriormente producirá tamén grupos electróxenos, de soldadura e freos eléctricos para camións. Funda Mosa (O Motor Nacional, S.A.), cun capital de 5.000.000 pts., para a comercialización dos produtos Barreiros. Constrúe unha fundición para a fabricación de bloques e culatas de motor. Cun prototipo de camión todo terreo coñecido como El Abuelo, con motor Barreiros EB6, gaña un concurso, en Portugal, para a subministración de 300 camións ao exército portugués, en competencia con empresas inglesas, americanas e francesas. Iníciase a comercialización de dous novos camións, o Azor e o Súper Azor.

Page 3: Eduardo Barreiros - biografía

3

Constitúese a empresa Tempo Onieva, para a fabricación de furgonetas Tempo alemás, na que Barreiros participa cun terzo do capital social. O Goberno español concédelle a Gran Cruz da Orde ao Mérito Civil. 1962-1969: A asociación con Chrysler. Asina un acordo coa AEC Ltd. (The Associated Equipment Company Limited) de Inglaterra (75% Barreiros e 25% AEC) para a fundación de Barreiros AEC, S.A. que inicia a fabricación de autobuses e dumpers. Mediante un acordo polo que cede o 40% de Barreiros Diesel a Chrysler Corporation, asóciase con esta e funda Barreiros Chrysler para a fabricación das marcas Dodge e Simca. Prodúcense grandes ampliacións en todas as plantas e divisións, ata un total de 2.000.000 de m2 en Villaverde, cun investimento de 4.200.000.000 pts. nas plantas industriais e 1.000.000.000 pts. na rede comercial de distribución. Expórtanse produtos Barreiros a 27 países. O Goberno Español concédelle a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo. Barreiros Diesel absorbe a participación minoritaria da David Brown inglesa en David Brown Engranajes. A empresa Mosa (O Motor Nacional, S.A.) distribúe os produtos Barreiros en 25 provincias, cunha facturación superior aos 7.000.000.000 pts. Compra Nazar (Zaragoza), en cuxas instalacións se agruparán a maioría dos elementos destinados á fabricación de máquinas de obras públicas, tractores e autobuses. Funda unha empresa financeira pioneira na venda a prazos de automóbiles, cun capital de 100.000.000 pts. (60% Barreiros). Chrysler Corporation aumenta a súa participación nun 77% do capital, e a familia Barreiros mantén o 23%. Concédeselle o Premio Internacional Dag Hammarskjöld ao Mérito Industrial. Crea Cipsa (Centro de Investigacións Petrolíferas, S.A.), que realiza prospeccións de petróleo e traballos de investigacións xeolóxicas. Asóciase con Cepsa e Mobil Oil, para prospeccións e extracción de petróleo no mar, off-shore, en Guinea Ecuatorial. Decide vender a Chrysler Corporation a súa participación en Barreiros. No transcurso destes anos contribuíu á solución do desenvolvemento industrial do país, creou 25.000 postos de traballo e favoreceu a balanza de pagamentos mediante moi importantes cifras de exportación. Compra 5.000 Ha. de terreo en La Solana (Ciudad Real) e realiza fortes investimentos en maquinaria agrícola e de obras públicas para a súa cavadura, transformación e exportación. Converte un terreo totalmente baldío nun extraordinario campo de cultivo. Funda Puvasa (Explotacións Porto Vallhermoso, S.A.). Adquire na feira anual de gandaría de París os cinco exemplares que obtiveran os premios de sementais (medallas de ouro) de Gando Charolais e 250 reproductoras novas da mesma raza, do mellor pedigree francés. Puvasa convértese nunha das principais fontes de abastecemento de sementais ás gandarías de España e de Europa. Puvasa instala un dos mellores laboratorios de inseminación artificial que existen en Europa. Críanse permanentemente 4.500

Page 4: Eduardo Barreiros - biografía

4

becerros en cebadero e 7.000 ovellas en produción. A plantación de cultivo é de 3.000 Ha. e a de regadío de 1.000 Ha. 1970-1977: Empresario sen motores. Continúa a explotación agropecuaria en Puvasa. Emprende diversas actividades: compra as principais adegas de viño da Mancha, que moderniza totalmente e vende os seus viños baixo as denominacións de Luís Megía y otras. Funda Centro Minero de Penouta para a explotación de minas de estaño e pirita na provincia de Ourense. Establece sociedades de carteira e unha financeira inmobiliaria. As dificultades do sector inmobiliario arrastran esta última a unha crise, que afronta persoalmente e o obriga a suspender pagamentos. 1978-1992: Cuba. Os motores Taino. Transcorridos os 10 anos sen poder traballar no sector, constitúe Dimisa (Diesel Motores Industrias S.A.), para a Investigación e Desenvolvemento (I+D) de familias de motores diesel modulares en V, de 130 a 500 CV, de combustión interna. Ademais da súa fabricación, ten en conta a actualización e perfeccionamento constantes das súas características e a redución dos seus consumos e das súas emisións de fumes e ruídos nocivos para o medio. Adquire no polígono industrial de Pinto, a 20 Km de Madrid dúas naves xemelgas comunicadas, de 1.000 m2 cada unha, nas que instala un moderno laboratorio de motores, para a fabricación e experimentación de prototipos, coa máis alta tecnoloxía do momento. Participa en Cuba nun concurso convocado polo Goberno dese país, con dous motores prototipos fabricados en Pinto. Unha vez desestimadas importantes marcas internacionais, o motor Barreiros de 8 cilindros é sometido, xunto cun Nissan, a unhas probas duras (4 meses en funcionamento ininterrompido as 24 horas do día). A Lloyd's británica actúa de árbitro e o motor Barreiros resulta vencedor. A firma Lloyd's Register, de Londres, homologa os motores modulares de 6 e 8 cilindros en V, nas súas versións industrial, automotora e mariña. Asina un contrato con Cuba para a dirección do plan de desenvolvemento automotora e a creación de industrias principais e auxiliares de automoción, co fin de producir, baixo a súa dirección e supervisión, motores diesel de diversas cilindradas (de 6 a 12 cilindros en V), cuxa denominación será Taino EB. Para iso transfórmase, dotándoa da tecnoloxía máis avanzada, a planta de motores Amistad Cubano-Soviética. Comeza o proxecto e deseño da "dieselización" (transformación de gasolina a gasóleo) dos motores rusos ZIL-130, en Dimisa. Constrúense os primeiros prototipos de motores ZIL-130 dieselizados en Dimisa e envíanse a Cuba. Realízanse a enteira satisfacción as probas dos motores ZIL-130 en camións e apróbase a transformación de 1.000 unidades. Incorpórase a Cuba o persoal técnico superior de Dimisa. A maioría son antigos colaboradores de Barreiros. Realízase o proxecto da planta de prensas e taller de ferramenta.

Page 5: Eduardo Barreiros - biografía

5

Iníciase a fabricación do primeiro prototipo do motor de Taino EB10, de 10 cilindros. Comeza así mesmo a construción dos motores de 4 e 12 cilindros. Dende este ano fabrícanse motores de 3 cilindros en liña, motores de novo deseño de 4, 6 e 8 cilindros en V, motores para uso agrícola (cultivadoras de cana) e motores estacionarios. Iníciase a construción da planta de prensas en Guanajay. O Instituto Superior de Deseño Industrial Da habana confírelle a categoría especial de profesor invitado. A Universidade da Habana concédelle o Título de Doutor Honoris Causa en Ciencias Técnicas. Fáiselle entrega de La Giraldilla de la Habana, como símbolo tradicional da cidade, que se outorga a aqueles cidadáns que alcanzaron méritos extraordinarios pola súa excepcional contribución ao desenvolvemento e fortalecemento da cidade. Eduardo Barreiros falece Na habana (Cuba) o 19 de febreiro de 1992