EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta...

8

Transcript of EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta...

Page 1: EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta etiquetaxe coa nova etiqueta de «Das miñas colmeas». Dentro duns meses sairá publicado
Page 2: EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta etiquetaxe coa nova etiqueta de «Das miñas colmeas». Dentro duns meses sairá publicado

Esta actividade foi realizada cunha axuda económica de:

Page 3: EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta etiquetaxe coa nova etiqueta de «Das miñas colmeas». Dentro duns meses sairá publicado

Se observamos o discorrer das abellas nos últimos anos podemos chegar aalgunhas conclusións de onde nos levan certas actividades humanas.

A globalización trouxo a varroa para as nosas abellas no ano 1987, e agora no ano 2012 trouxo a Vespa velutina. Os dous inimigos das abellas viñeron de Asia e viñeron para quedar, e bastantes problemas trouxo a varroa e bastantes vai traer tamén a avéspora asiática.

O cambio climático: as nosas abellas enxameaban na primavera, meses de abril, maio, xuño, dependendo das zonas e dos anos, pero agora, por exemplo este ano, enxamearon desde febreiro ata outubro. Cada ano enxamean máis, este ano un 50% máis ca o ano pasado, e xa non respectan as estacións. O mel de eucalipto era abondoso e moi demandado, agora cada ano temos menos. Pola contra, cada ano temos máis melato de carballo, Quercus pyrenaica.

A gran revolución agraria. A partir do ano 1994 impúxose no mundo un xeitodistinto de producir alimentos baseado nos monocultivos transxénicos e nospesticidas sistémicos neurotóxicos, que fan desaparecer máis do 30 % das nosas abellas cada ano. En Galicia temos unha horticultura intensiva, o millo forraxeiro e os tratamentos sobre os eucaliptos, que puxeron a vida das nosas abellas ao límite,sobre todo na provincia da Coruña e Pontevedra, coa desaparición do 60 % dasabellas e dos abelleiros nos doce últimos anos.

Se observades as abellas veredes que a súa subsistencia e a de moitos outros seres vivos, así como a propia biodiversidade, están ao límite na biosfera por mor docomportamento humano nos últimos quince ou vinte anos.

Imponse un cambio nos comportamentos humanos e canto antes o fagamosmellor será. As abellas estannos a recordar a diario esta necesidade.

EDITORIAL

Os humanos e as abellas

5

Hai camelias que tamén aproveitan as abellas

Page 4: EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta etiquetaxe coa nova etiqueta de «Das miñas colmeas». Dentro duns meses sairá publicado

3. Formación e información aos abelleiros en materia de apicultura con cursos, xornadas, mostras en distintos puntos de Galicia, coa par-ticipación de 803 apicultores e apicultoras, en máis de vinte actividades, dentro do programa da liña A do Plan Apícola 2012.

4. Xestión de seguros apícolas dentro do pro-grama da liña C do Plan Apícola deste ano.

5. Edición e envío da revista Abelleira co contido dalgunhas das actividades do programa de AGA durante o ano 2012.

6. Asesoramento técnico e atención aos socios e socias durante seis horas diarias na sede de AGA.

7. Organización de diversas actividades por medio das DAGA e de feiras do mel en distintos puntos de Galicia.

AGA INFORMA

AGA

Actividades realizadas por AGA durante oano 2012

7

1. Control integral de enfermidades das abellas e mellora das condicións de tratamentos co fin de desenvolver unha apicultura sustentable, dentro da liña B do Plan Apícola 2012: reciclaxe de ce-ras, implantación de fondos sanitarios, formación e asesoramento técnico por medio dos servizos veterinarios de AGA sobre doenzas e a avéspora Vespa velutina, un novo inimigo das abellas que xa está presente en Galicia, pois apareceu este outono en varios lugares da comunidade.

2. Reprodución e seguimento de abellas do PAT (abellas tolerantes á varroa), coa distribución de 54 enxames para o programa «Pon unha colmea na túa horta» dirixido a novos abelleiros e abellei-ras que se fixeron socios de AGA.

INFORMA

Page 5: EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta etiquetaxe coa nova etiqueta de «Das miñas colmeas». Dentro duns meses sairá publicado

9. Iniciación do curso de API-E, emprendedores, no que están inscritos 26 participantes. Este cur-so iniciouse en Trasalba (Ourense), na Fundación Otero Pedrayo, e dentro deste ano 2012 organi-zou en Lugo o “Mercado de Nadal produtos das abellas-Lucus Mel 2012” o día 16 de decembro.

9

AGA INFORMA

8. Viaxes apícolas: ao primeiro Congreso Europeo de Apicultura, do 10 ao 14 de outubro, en Agen (Francia). DAGA Eume e Barbanza con viaxes a Macmel, Portugal. DAGA-A Coruña a Carnota...

Page 6: EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta etiquetaxe coa nova etiqueta de «Das miñas colmeas». Dentro duns meses sairá publicado

O abelleiro deberá ter o día o caderno de explotación apícola e levar un libro para ir ano-tando a quen lle vende o mel e os outros produtos durante o ano.

11. Participación en diversas actividades da «Plataforma contra as fumigacións. Por un futuro sen pesticidas», ante o intento de tratamento aéreo contra o goníptero dos euca-liptos cun insecticida prohibido pola UE debido á súa perigosidade. Conseguiuse que a Consellería do Medio Rural non autorizase ningunha actuación deste tipo.

11

AGA INFORMA

10. Posta en funcionamento do novo etiquetado para o mel de «produción primaria, destinado ao consumidor final». AGA facilita esta etiquetaxe coa nova etiqueta de «Das miñas colmeas».Dentro duns meses sairá publicado no DOGA o decreto que regula este tipo de produción e etiquetado, no sector apícola, poderase usar para o mel, pole, própole e xalea. Servirá para a venda de ata 3.000 quilos de mel, 450 quilos de pole, 30 quilos de própole e 10 quilos de xalea real por produtor e ano. Co decreto sairá un impreso para entregar na adminis-tración decindo que un vai usar este sistema e tamén sairá publicada a “Guía de Boas Prácticas Apícolas” que elaborou AGA e que finalmente foron consensuadas co resto das organizacións apícolas.

Page 7: EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta etiquetaxe coa nova etiqueta de «Das miñas colmeas». Dentro duns meses sairá publicado

15. Inauguración do primeiro apiario urbano de Galicia, no xardín bo-tánico do concello de Culleredo. AGA quere incorporarse a esta nova corrente mundial en solidariedade coas abellas e os abelleiros.

16. Desenvolvemento do convenio co 112, Xunta de Galicia, para a reco-llida de enxames e xestión de niños de avésporas, con preto de setecen-tos avisos este ano 2012, o que representa un 40 % de avisos máis que o ano anterior.

17. Ao final houbo unha boa produción de mel este ano, tamén houbo unha espectacular enxamía, e os meles son máis escuros do habitual. Os prezos están á alza debido á escaseza de produto a nivel mundial.

13

AGA INFORMA

12. Pertenza e desenvolvemento de activida-des dentro da Coordinadora Apícola Europea, Coeur, en defensa das abellas contra os pes-ticidas sistémicos neurotóxicos causantes da enorme desaparición das abellas en todo o mundo. AGA logrou que a Comisión 7.ª, de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, do Parlamento de Galicia visitase as nosas instalacións en Arzúa e tamén que os seus membros tivesen un encontro cun apicultor moi afectado pola desaparición das abellas.

13. Afiliación de AGA á Confederación en Defensa de la Abeja en la Cornisa Cantábri-ca, CODACC. Afiliación de AGA á Asociación para a Promoción de Congresos AFCA. AGA e AFCA serán as entidades organizadoras do VII Congreso Apícola Hispánico, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro de 2014 en Santiago de Compostela, cunha participación esperada de máis de 2.000 abelleiros e abelleiras de toda a península Ibérica.

14. Posta en funcionamento da nova páxina web de AGA: www.apiculturagalega.es, que servirá para ter informado constantemente ao sector abelleiro de Galicia. Polo que recomen-damos unha visita semanal á nosa web.

Page 8: EDITORIAL - Asociación Galega de Apicultura · 2013-02-13 · final». AGA facilita esta etiquetaxe coa nova etiqueta de «Das miñas colmeas». Dentro duns meses sairá publicado

ACTIVIDADES· 6 horas diarias de atención ao soci@ · Seguros. Continuar coas pólizas de R.C. e M.R.· Formación:

- Cursos teórico-prácticos de iniciación a des-envover en fis de semana: en Lugo, Ourense, Rías Baixas, Culleredo, San-tiago, nas Delegacións de AGA e noutros luga-res onde haxa demanda.Os interesados nestes cursos xa poden enviar a AGA un e-mail, [email protected] , cos da-tos seus para logo informarlos dos días, lugares e horarios do curso ou chamar por teléfono á AGA (981 508 142). Serán gratuítos para socias e socios e terán un custe de 40 € para os non asociados.- Cursos especializados: Emprendimento e innovación APIE, outros…- Programa sanitario. Dentro do plan apícola 2013.Control de, Varroa, Vespa Velutina. Loque…Xestión de tratamentos- Xornadas e xestión de materiais apícolas: Día do apicultor e Mostra Galega de Apicultura en Arzúa. - Día de campo: Selección e reproducción de abellas. Viana do Bolo. Ourense

- Día de Campo: Produción ecolóxica. SAT. Abella Lupa-Covelo. Pontevedra- Feiras do mel- Viaxe apícola anual- Información: Web de AGA. Correo Apícola. Revista Abelleira.- Participación dentro da Plataforma contra os pesticidas, Coeur, AFCA, CODACC….Por un futuro sen pesticidas- Programa “RECAMBIO”: consiste en que un abelleiro que abandona, ou onde haxa un apiario inactivo, etc, un novo abelleir@ poida facerse cargo de darlle continuidade. AGA fará a xestión poñendo en contacto demandantes e ofertantes.- Posta en funcionamento dos distintos mo-delos de etiquetado para o mel, produción primaria, etc.- Traballos de Organización do VII Congreso Apícola Hispánico que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro de 2014, en Santiago de Compos-tela e que organizará AGA- As DAGAS tamén realizarán actividades apí-colas: cursos, feiras do mel, viaxes, xestión de materiais, etc.

Programa de AGA para o ano 2013

15

AGA INFORMA

OBXECTIVOS 2013· Promover a incorporación de novos abelleiros e abelleiras ao sector apícola e a AGA, con base á formación e ao programa “Recambio”.· Elaboración e comercialización de produtos innovadores polo grupo APIE, co fin de ter un maior valor para as nosas producións e promover a suba do prezo do mel e demáis produtos apícolas.· Dentro do Plan apícola 2013, realizar un programa sanitario para o control da varroa, da vespa velutina e da loque americana.· Dar todo tipo de servicios aos socios e socias de AGA

De que ano é esta raíña?