Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade...

10
cumio

Transcript of Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade...

Page 1: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

cumio

Page 2: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

Guía das Fervenzas de LuGo e ourense

Ramón Muñiz de las CuevasMargarita Fontenla Cotelo

Page 3: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide

Primeira edición, marzo 2009

© dos autores: Ramón Muñiz de las Cuevas e Margarita Fontenla Cotelo

Maquetación: Natalia Susavila Moares

© da edición:Edicións do Cumio, S. A.A Ramalleira, 5 - 36140 Vilaboa (Pontevedra)Tel. 986 679 [email protected] / www.cumio.com

© Reservados todos os dereitos.De conformidade co disposto na lexislación vixente, o contido desta obra está protexido pola lei. Está prohibida a reprodución ou plaxio, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, fixada en calquera tipo de soporte, sen a preceptiva autorización por escrito.

ISBN: 978-84-8289-271-9Depósito legal:Impresión: C/A GráficaImpreso en España

A Xalo, o noso río de vida

Page 4: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

Limiar

guía das fervenzas de lugo e ourense

Limiar

Cando falamos da paisaxe, estamos unificando unha heteroxeneidade de contidos espaciais que realmente é o que podemos observar e do que podemos gozar: fragas, soutos, costas, penedos, montañas, vales, chairas, ríos, mares… Toda unha diversidade de elementos que amosan a rique-za do conxunto, nos que se inclúen aquelas construcións que pola súa antigüidade e características se integraron á perfección na natureza para reafirmar a súa beleza: a ponte medieval que cruza o río, o muíño na súa beira, a ermida no curuto do monte, as pequenas aldeas que se alzan nas súas abas, o dolmen xurdindo da mámoa ou o castro outeando o horizonte; pero tamén o faro sobresaíndo no cantil e os barcos sucando o mar.

Todos estes elementos paisaxísticos teñen xa a utilidade que a súa propia contemplación comporta, porque non hai cousa máis útil que a que afecta positivamente o noso espírito, os nosos sentimentos.

Galicia conta cunha paisaxe excepcional aínda que, por desgraza, sexa cada vez máis complicado vela en toda a súa pureza sen que unha autoestrada, unha vía do AVE, unha canteira, unha mina, un parque eó-lico, unha urbanización ou unha piscifactoría rachen co encanto co que a natureza nos agasallou. Nunha superficie xeográfica pequena como a nosa, a afectación destas construcións sobre a paisaxe é enorme e debe-ría ser obxecto de preocupación das autoridades competentes que teñen nela o noso principal valor identitario e base esencial para unha dinami-nación sostible da nosa natureza.

No caso deste libro, as fervenzas, polo seu indubidable impacto es-tético, tratan de ser un reclamo para enxalzar o noso espazo natural, porque sen dúbida elas son un aliciente singular da engaiolante paisaxe fluvial que reverdece a nosa terra.

Posiblemente as fervenzas sexan un dos fenómenos máis fermosos que provocou o desmembramento de Pangea. Ao dividirse a Terra en continentes e orixinarse unha nova xeografía, producíronse gretas e for-tes desniveis nas canles fluviais que xunto coa erosión foron cicelando as paredes graníticas polas que se precipitaban as augas, que embeleceron os ríos e lle deron ao seu contorno un particular atractivo.

As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable altura unha

As fervenzas son a poesía dos ríos(Anónimo)

Page 5: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

Limiar

guía das fervenzas de lugo e ourense

Limiar

guía das fervenzas de lugo e ourense

indubidable fascinación sobre quen as observa, que fixo voar imaxina-cións creativas de artistas, narradores e poetas que as plasmaron nos seus lenzos, as esculpiron nas súas tallas, as enxalzaron nos seus textos e as cantaron nos seus versos. Tampouco foron alleas á música: o seu buli-cioso son, recollido por Dan Gibson, harmonizouse esplendidamente coa gratificante melodía que nos ofrece en Cascades o compositor John Herberman co seu piano, transportándonos a un mundo de soños e fan-tasía. Ata arquitectos fixeron das fervenzas a base decorativa das súas obras, como o caso da famosa «casa da fervenza», do norteamericano Frank Lloyd Wright; un dos deseños máis avanzados da arquitectura moderna, declarada monumento nacional.

O feitizo das fervenzas acadou tamén a imaxinación popular, que as subsumiu no seu universo mítico-máxico e deron orixe a toda unha serie de lendas relacionadas con curacións milagreiras, elucubracións fantásticas, crenzas sobrenaturais, misterios agochados baixo as súas pozas, que signifi-caron un importante enriquecemento da tradición oral e do folclore.

Por outra parte, as fervenzas, é dicir, a forza das augas ao caer desde unha altura, cumpriron un importante papel no desenvolvemento da vida dos pobos e das persoas, o que nos lembra, ademais, a súa impor-tancia económica e social.

Xa os romanos utilizaron esa inmensa forza para as súas extraccións auríferas, ao golpear e furar as montañas con ela. Tamén esa mesma forza fixo funcionar os múltiples trebellos que as sociedades tradicionais pre-cisaban para cubrir as necesidades da vida diaria, á vez que posibilitaron unha evolución a novas e modernas tecnoloxías.

Os beneficios das fervenzas estendéronse, así mesmo, ao campo da saúde. Nada menos que foi unha delas a inspiradora da hidroterapia. Ocorreu en Austria, na primeira metade do século XIX, cando o labrego Vinzenz Prießnitz, a pesar da súa escasa instrución, soubo comprender con lucidez a importancia da auga na curación de enfermidades. Sucedeu cando observou como un corzo ferido dunha pata a introducía a diario nun cadoiro ata que logrou sandala. Prießnitz, que sufrira un grave acci-dente, decidiu adoptar o mesmo sistema e conseguiu que a auga o curase dunhas feridas que os médicos deran como incurables. A partir de entón,

converteuse no «médico da auga». A súa popularidade foi tal que mi-les de persoas acudiron a el para re-medio dos seus males e influíu cos seus resultados en gran cantidade de profesionais, que se ben algúns o acusaron de curandeiro, moitos outros, prestixiosos médicos, asu-miron os seus coñecementos e mé-todos. O certo é que a auga como terapia cobrou con esta persoa, que nunca escribiu un libro, un valor curativo ata entón descoñecido, que incluso foi honrado por moi-tas sociedades médicas europeas e a Universidade de Viena fundou a Cátedra de Hidroloxía, en alusión ao seu sistema curativo.

Pero non só na saúde física é efectiva a fervenza, senón tamén na psíquica, sobre todo en relación coas depresións postraumáticas. Contaba John Le Carré nunha en-trevista a El País Semanal, como Goethe despois de rematar o Fausto, retirado en Suíza, sufriu un des-engano amoroso que o puxo ao bordo do suicidio. Nesa tesitura, tivo ocasión de visitar unha fervenza e quedou tan namorado da súa beleza que considerou que a vida merecía a pena vivila, polo que abandonou os malos agoiros que o enchían. Talvez a fervenza fose a de Schaffhausen que Goethe, impresionado pola Rheinfall, cualificou como a «fonte do océano».

Deste xeito, as fervenzas teñen a efectiva función de esporeadoras de creatividades, favorecedoras de riquezas produtivas, fornecedoras de saúde e compensadoras de decaídos estados anímicos.

Page 6: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

Limiar

guía das fervenzas de lugo e ourense

10

Limiar

guía das fervenzas de lugo e ourense

11

As fervenzas, en definitiva, unen á súa estética as virtudes éticas da auga, porque na realidade as fervenzas son río e así hai que ollalas: como unha expresión sorprendente da diversidade fluvial e da riqueza da auga como ben necesario, imprescindible para todo tipo de vida, que deben axudar coa súa sedutora imaxe a querer e respectar os ríos e a paisaxe onde se asentan.

No ano 2006, na Amazonía do Perú, deuse a coñecer ao mundo unha fervenza á que chamaron Gocta, de 771 m de altitude, o que a sitúa como a terceira máis alta do mundo. Faltou tempo para pensar xa na súa explotación turística, e as autoridades declararán a zona como reserva natural para a súa protección. Como esta, son múltiples as fervenzas de distintas xeografías do mundo que están postas en valor con milleiros, incluso millóns, de visitantes anuais.

En Galicia posuímos fervenzas fermosísimas (por desgraza moitas delas inalcanzables polo abandono ou a desidia) que tamén deberían ser potenciadas turisticamente pola capacidade de atracción que teñen. Tanta que, por exemplo, o acondicionamento e posta en valor da fer-venza de Entrecruces (ou de Sampaio) conseguiu que hoxe sexa un dos lugares máis visitados do concello de Carballo, na Coruña.

Coma esta, algunhas outras tamén se empezan a poñer en valor, ao que non foron alleos os libros sobre elas editados nos últimos anos, e nestes casos obsérvase como se converten en lugares de visita obriga-da, dándolle un novo aliciente ao concello onde se atopan. Pero aínda falta moito para equiparalas ao impulso que se lles dá noutros países, incluídos os europeos. Nós insistimos con esta nova publicación, por-que consideramos que aquelas fervenzas que polas súas características resulten máis notables habería que declaralas de interese paisaxístico, e deberían habilitarse sendas e, se fose o caso, miradoiros integrados na contorna que as rodea, para así poder deleitarnos coa contemplación da súa presenza escénica, que non remata na auga, senón que a miúdo ten continuidade na pedra pola que descende e que vai esculpindo.

Ás veces esa pedra adquire un protagonismo especial que é preciso des-tacar porque recrea aínda moito máis o espectáculo da fervenza. Aí está a mole granítica da que xorde a fervenza da Porqueira, a cuarcita multicolor

que adorna a de Vilardevós, a impresionante parede ma-ciza que atravesa o río Salas e pola que esvara a de Anguieira de Lobios, ou mesmo as dobras rochosas que canalizan a fervenza do Barbantiño.

Así pois, as fervenzas son moito máis ca uns simples lugares onde cae a auga. No seu conxunto, son obras de arte da natu-reza que como tales afec-tan ás nosas sensacións, e catívannos de tal xeito que acabamos ensimes-mados observándoas con pracer, gozando duns mo-mentos emocionalmente revivificadores.

Aquí expoñemos as fer-venzas das provincias de Lugo e Ourense que nos parecen máis representa-tivas. Todas teñen un evidente encanto, pero nós buscamos aquelas ás que se podía chegar con maior facilidade, aínda que nalgúns casos haxa que esforzarse un pouco, ben ao seu pé, ou ben a unha proximidade suficiente que nos permita observar sen atrancos o marabilloso espectáculo da súa caída. É dicir, procuramos unhas fervenzas para gozar.

Page 7: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

ViVeiRo

1 FeRVenZA poZo dA FeRidA

ouRol

2 FeRVenZA dA XeStoSA

o VAlAdouRo

3 FeRVenZA poZo dA onZA

4 FeRVenZA do eScouRidAl

bARReiRoS

5 FeRVenZA de SAnto eSteVo de eRmo

mondoÑedo

6 FeRVenZA do coRo

A pontenoVA

7 FeRVenZA de SAnXÉS

A FonSAGRAdA

8 SeimeiRA de VilAGocende

9 SeimeiRAS de QueiXoiRo

o couRel

10 FeRVenZA de ReXiu

11 FeRVenZA de SAntAiA de AbAiXo

12 FeRVenZA de FeRRAmulÍn

13 FeRVenZA de VieiRoS

14 FeRVenZA do FÓcARo

15 FeRVenZA do pombAR

16 FeRVenZA de pedRiÑA

pAntÓn

17 FeRVenZA de AuGAS cAÍdAS

1

2

16

15

14

13

12

11

10

17

98

7

6

5

43

lugo

Page 8: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

15

viveiro

ApuntAmento emblemático do concello

Nada hai máis em-blemático de Viveiro que o seu centro histórico. Construído amurallado a finais do século XII e principios do XIII, resul-ta realmente agradable saborealo atravesando a preciosa porta plateresca de Carlos V, erixida na súa homenaxe no século XVI, e vagar con tempo polas recollidas e empedradas rúas que aínda hoxe con-servan todo o sabor tradi-cional, onde os gremios outrora practicaban os seus oficios.

Pero, se ampliamos a todo o concello esa cate-goría simbólica que lle atribuímos á zona vella, teriamos que incluír pola súa singularidade e bele-za o souto da Retorta. Considerado monumen-to natural, está formado por un conxunto de eucaliptos introducidos no século XIX que adquiriron grande altura e foron configurando o que hoxe é un espléndido parque á beira do río Landro. O máis senlleiro é o que chaman o Avó, con 67 m de alto e 10,5 m de perímetro; unha magnífica árbore nun incomparable lugar para o repouso.

Mapa da provincia de Lugo. edicións do cuMio

Porta de CarLos v

Page 9: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

guía das fervenzas de lugo e ourense

1�

o avó

Paseo do souto da retorta

A esta fervenza do río Xudreiro, entre os concellos de Viveiro e de Xove, chégase desde Viveiro collendo a estrada comarcal en dirección a Lugo. Pronto se ve un gran cartel anunciador de Chavín e logo do Pozo da Ferida. No cruzamento hai que dirixirse cara a Chavín, bordear o río Landro e pouco despois xa se atopa outro indicador do Pozo, á esquerda. Pasamos o hotel Val do Naseiro e continuamos pola estrada seguindo os indicadores da fervenza. Aos 8 km de percorrido, éntrase no concello de Xove e chégase á aldea de Loureiro. Alí, pola dereita, vólvese a sina-lar a fervenza. Nun quilómetro máis acádanse unhas casas derruídas, e mesmo en fronte delas sae o sendeiro que vai dar ao pé desta fervenza: unha fermosa caída en vertical que repousa nunha ampla poza. Logo de superala, prosegue o descenso augas abaixo. Trátase dunha caída de grande altura se se ve en toda a súa extensión.

Fervenza Pozo da Ferida

Mapa i.g.n.: viveiro, 8-11

1

Page 10: Edición a cargo de Francisco Villegas e Cándido Meixide · As fervenzas, na súa inmensidade acuosa, convertéronse na apoteose dos ríos, exercendo o esborralle da auga desde considerable

Fervenza Pozo da Ferida