Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu...

26

Transcript of Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu...

Page 1: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,
Page 2: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

1

DOSSIER INFORMATIVO

OPERACIÓN MONARCA

Page 3: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

Edita:CEIDACentro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

Colabora:Deputación Provincial da Coruña

Deseño e maquetación:cem, s.coop.galega

Depósito legal:C-2344/2004

Impreso en papel 100% reciclado, libre de cloro e certificado

Page 4: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

3

ÍNDICE

Presentación...................................................páx. 5

Identificación da especie...................................páx. 7

A monarca, unha gran bolboreta...........................páx. 8

A bolboreta monarca realiza unha migraciónespectacular...................................................páx. 8

A monarca colonizou novos territorios no séculoXIX...............................................................páx. 9

A monarca tamén chega a Galicia despois dunha longaviaxe.............................................................páx. 9

A Operación Monarca..........................................páx. 10

A Danaus plexippus (Linnaeus, 1758) en Galicia (España).Novos datos e novas sobre a “Operación Monarca”(Lepidoptera: Danaidae)....................................páx.11

Resultados da “Operación Monarca 2002”. Nova cita da Danausplexippus (Linnaeus, 1758) en Galicia. (Lepidoptera:Danaidae).......................................................páx.21

Page 5: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

Page 6: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

5

OPERACION MONARCA

Un dos fenómenos mais abraiantes dos que nos ofrece a natureza galega, éunha visitante de alén do atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles dequilómetros coas súas fráxiles ás , cruza o mar e nos visita cada outono cun sixiloque non fai honra a semellante fazaña da Natureza.

A “Operación Monarca” coordinada polo experto no tema Eliseo H. FernándezVidal, preséntase por cuarto ano consecutivo pretendendo aportar datos sobre esteapaixonante fenómeno a todos os participantes e interesados no proxecto.

O CEIDA non podía deixar de colaborar nunha campaña coma esta, e dar todoo seu apoio para que o desafío que supón acadar datos sobre a presenza da bolboretaMonarca na nosa terra de o seu froito, non so centralizando os datos recollidos,senón tamén divulgando este segredo da natureza cunha exposición patrocinadapola Deputación de A Coruña, e publicando unha tarxeta de identificación co obxectode facer avistamentos documentados e verificables.

Animándovos a que vos unades o estudio deste desafío da Natureza, agardamosas vosas aportacións e suxerencias.

CEIDACastelo de Santa Cruz s/n, Liáns15179 OLEIROS981 630 [email protected]

Danaus plexippus, macho Danaus plexippus, femia

CEIDA

CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIAE DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA

Page 7: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,
Page 8: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

7

Identificación da especie

Na páxina que segue ilústranse a tamaño natural o macho, a femia e unexemplar pregado da «Monarca», Danaus plexippus (Linnaeus, 1758), en comparanzaaos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; osmachos e femias de estas son similares) que, normalmente, puideran tamén avistarsedurante as súas datas de arribo ás costas de Galicia. Como se observará non cabe aconfusión.

1 : Artogia rapae (Linnaeus, 1758),

«Blanquita de la Col».

2 : Pieris brassicae (Linnaeus, 1758), «Blanca

de la Col».

3 : Gonepteryx rhamni (Linnaeus, 1758),

«Limonera».

4 : Vanessa atalanta (Linnaeus, 1758),

«Numerada».

5 : Inachis io (Linnaeus, 1758), «Pavo Real».

6 : Cynthia cardui (Linnaeus, 1758),

«Cardera».

7 : Pararge aegeria (Linnaeus, 1758),

«Maculada».

8 : Polygonia c-album (Linnaeus, 1758), «C

blanca».

9 : Lampides boeticus (Linnaeus, 1767),

«Canela estriada».

10 : Syntarucus pirithous (Linnaeus, 1767),

«Gris estriada».

Page 9: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

A monarca, unha gran bolboreta.

Dentro do mundo dos insectos, as bolboretas constitúen o grupo máis rechamante.As súas as están recubertas de múltiples e diminutas escamas moi delicadas que lleconfiren as súas fermosas cores e deseños únicos.A monarca é unha bolboreta que pode alcanzar os 10 cm. de envergadura. A súacoloración é de advertencia, vermella e marxes das asas negras con puntos brancos.Os machos e as femias son lixeiramente diferentes.

Os machos diferéncianse das femias en que as súas veas son máis delagadas eteñen unhas pequenas bolsas nas ás posteriores.

macho femia

A bolboreta monarca realiza unha migración espectacular

Moitas poboacións de monarca sonsedentarias e o seu ciclo vital desenvolvesecompletamente no mesmo lugar.Sen embargo, outras poboacións sonmigratorias, sendo a súa migración unhadas máis espectaculares do mundo animal.Ante a chegada do inverno as monarcas donordeste de Estados Unidos e do sur deCanadá, inician unha viaxe de case 5.000quilómetros que as levará ata os bosquesde Sierra Madre (México), a onde chegan,habitualmente, en novembro.Nos meses máis fríos a súa actividade redúcese, pero nos meses de febreiro emarzo, cando o tempo é mellor e o alimento máis abondoso, comezan a voar e osadultos aparéanse.Xa no mes de abril as novas monarcas aliméntanse e acumulan as enerxías precisaspara realizar a viaxe de volta ao norte..

Page 10: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

9

A monarca colonizou novos territorios no século XIX

A monarca é unhabolboreta que sedispersou desde oseu lugar de orixe,no continenteamericano, a outraszonas do mundo.A finais do século XIXa monarca avanzoucara ao Oriente ecolonizou boa partedas illas do Pacífico, de Australia e do sueste asiático.Tamén, son desa época as primeiras dispersións cara Occidente, colonizando as IllasCanarias e parte das illas Madeira e Azores e en 1880 descóbrese que a bolboretaMonarca se reproduce en Tenerife.

A monarca tamén chega a Galicia despois dunha longa viaxe

A primeira vez que se detecta a monarca na península Ibérica é en 1886, en Xibraltar.Hoxe en día sábese que a monarca se reproduce na península Ibérica, en Cádiz eAlacante, e tamén nas illas Británicas.E durante os meses de outono existen numerosas observaciónsdesta bolboreta nas costas atlánticas europeas: Irlanda,Inglaterra, Francia, Portugal e Galicia.

Estes exemplares, que aparecen nas costaseuropeas durante o outono, chegan aquídespois dunha longa viaxe que atravesa oocéano Atlántico e axudadas polas condiciónsmeteorolóxicas desta época do ano na que osventos dominantes do oeste lle facilitan a súachegada a Europa.

En Galicia detectouse a monarca por primeira vezen 1980, na praia de Santa Comba en Ferrol. Desdeaquel día ata hoxe, avistáronse cinco exemplares erealizáronse seis capturas, todas elas nos meses desetembro, outubro e novembro.

Page 11: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

“Operación Monarca”

Agradeceríase que calquera captura e/ou avistamento fose acompañada dosseguintes datos mínimos:

· Localidade: o máisdetalladamente posible.

· Clase de biótopo e hábitat dolugar.

· Data (moi importante) e hora.· Meteoroloxía: incluíndo

alomenos a dirección e forza dovento, estado do ceo etemperatura.

· Características do voo: Incluíndo,dado o caso, dirección e alturasobre o terreo. De se tratar deexemplares en descanso ounutríndose, incluír clase depousadeiro ou planta nutricia.

· Tempo da observación (duracióndo avistamento).

· Nome, dirección e teléfono decontacto do observador.

· Outros datos (calquera outrocomplementario considerado deinterese).

Do mesmo xeito, que se procedacomo sigue:

Aínda que non repercute en absolutona conservación da especie, NONcapturar os exemplares que se avistena non ser que se dispoña docorrespondente permiso de colectacientífica de insectos da Xunta deGalicia.

A especie está protexida poloConvenio de Bonn (Anexo III) conreferenza aos seus lugares deconcentración, tránsito e invernadadurante a súas migracións habituais enNorte e Centroamérica.

Sería moi interesante a obtencióndun documento fotográfico da capturae/ou avistamento, ou da manipulacióndos exemplares dado o caso decolectarse algún exemplar non importao seu estado. Gardalo nunha caixa conrespiradoiros e colocala en lugar fresco;o exemplar pode vivir así varios días.Se non se sabe o xeito de proceder,telefonar ao coordinador.

Enviar os exemplares e/ou datos doavistamento ao CEIDA ou directamenteao coordinador.

Page 12: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

11

A Danaus plexippus (Linnaeus, 1758) en Galicia (España). Novosdatos e novas sobre a “Operación Monarca” (Lepidoptera: Danaidae).

Eliseo H. Fernández Vidal

Resumo

Se relacionan os datos coñecidos,a meirande parte inéditos, sobre ascapturas e avistamentos do danaidoDanaus plexippus (L., 1758) en Galicia(NO da península Ibérica), ofrecéndoseasimesmo comentarios e consideraciónssobre o asunto.

Tamén dáse a nova da«Operación Monarca», coordinada poloautor e levada a cabo principalmentecoa colaboración do «Grupo NaturalistaHábitat» da Coruña e os seus membros.

Palabras Clave: Danaus plexippus,Galicia, España, «Operación Monarca».

Danaus plexippus (Linnaeus, 1758) inGalicia (Spain). New records andnews about the so called “OperaciónMonarca”. (Lepidoptera: Danaidae).

Abstract

All the know records, being most ofthem new ones, of the danaid butterflyDanaus plexippus (L., 1758) in Galicia(NW Iberian Peninsula) are compiled.Remarks and considerations on thismatter are also included.

News about the so called«Operación Monarca»,coordinatad by the author andcarried through mainly with thecontribution of the «GrupoNaturalista Hibitat» of La Coruniaand their fellows, are giving too.

Key Words: Danaus plexippus, Galicia,Spain, «operación Monarca».

Introducción

Como case todo canto outro fitolepidopterolóxico en Galicia, aconstatación de que o danaido Danausplexippus (Linnaeus, 1758), unha dasvolvoretas máis famosas e popularesdebido ás súas extraordinariasmigracións e a súa singular bioloxía,arribaba ocasionalmente, durante otardío verán e o outono, ás costas dadevandita rexión ibérica, foi feita moitardiamente. Mentres que noutras áreasatlánticas europeas, como na do ReinoUnido, existen rexistros continuados

Esta reseña foi publicadano Boletín da SociedadeAragonesa de Entomoloxía31: 243-246 (2002)

Page 13: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

dende o 1876 (WALKER, 1914;WILLIAMS, 1941; HOWARIH, 1973; etc.),nas galaicas non se efectuou o primeiroavistamento ata o 1980 e as primeirascapturas ata o 1981 (FERNANDEZ VIDAL,1983), aínda que é posible xa a estiveran«visitando» desde hai máis dun século...

Dende dita constatación, da queseguramente fomos arte e parte porsomentes existir, por entonces, outroque se adícase á Lepidopteroloxía enGalicia, e malia que todos os esforzospersoais que levamos a cabo, só seefectuaron as exiguas capturas eavistamentos que relacionamos ecomentamos mais adiante, séndonos sóun de tales datos alleo, o de EIROA &NOVOA (1983).

A extensa amplitude da costagalega e, sen dúbida, a escasadispoñibilidade de tempo libre para otraballo de campo durante as datas nasque a especie puidera ser detectadafainos asumir o convencemento de que,o feito de que escasamente existanrexistros de seu arribo, débese única esoamente á ausenza de observadores,é dicir, en rigor e en principio aoescaso número de lepidopterólogos enGalicia.

E como queira que se trata dunhaconspicua especie, doadamentedeterminable incluso estando en plenovoo e, en suma, inconfundible en ditaárea e época con calquera outra,ocorréusenos involucrar na súa procuraá xente interesada e sensible nesta clasede asuntos que, aínda sendo profanosen lepidópteros, aprendera aidentificala para notificarnos despois asúas observacións o máis

detalladamente posible. Botamos mana esta fin de todo canto amigo ecompañeiro de profesión prestouse aelo. As conferencias que co título«Mariposas que migran cruzando maresy océanos» impartimos persoalmente(Aula de Cultura Naval de Ferrol,19.1.1990 e Casa das Ciencias daCoruña, 23.111.1995), así como aelaboración dun curruncholepidopterolóxico, consistente nun parde grandes urnas e un panel explicativosobre as migracións da «Monarca», quepermanentemente se exhibe no MuseoNaval da Armada en Ferrol, só nosaportaron, malia ás nosas optimistasexpectativas, escasos, e case sempreeventuais, colaboradores.

Porén foi así como, entre osanos 1981 e 2000, recibimos a nova detoda unha sorte de avistamentos que,por pouco fidedignos, non tivemos enconta, aínda que tamén un exemplarenteiro e os restos doutro. Escasoresultado que sen embargo serviunospara manter as nosas expectativas eesperanza no asunto.

Persoalmente, e por máis que otentamos, non voltamos atopar durantetodos eses anos nin rastro da especie.Tampouco se publicou dende o 1983ningunha outra cita galega; aaseveración de IGLESIAS & ASTOR(1991): «Así temos, que de cando envez, aparecen exemplares illados enGalicia...», tratase só dunha boutadedivulgativa. Pero que a «Monarca»continuaba arribando a Galicia estabaprobado e o que incluso podía atoparsenos mesmos lugares ano tras ano odemostrou o noso amigo e colega D.

Page 14: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

13

Valentín Muíños (FERNANDEZ VIDAL &MUIÑOS, 2002).

Durante o outono do 2001puxemos a andar a «OperaciónMonarca» co patrocinio do «GrupoNaturalista Hábitat» da Coruña e acolaboración activa de parte dos seusmembros, entre os que nos contamos.Noticia deste prometedor proxecto,que se verá continuado durante o outonodo 2002, foi inserida no Bol. S.E.A. nº30 (2002: 225-226).

Co presente traballo, ademais derelacionar e comentar todas as citasgalegas da especie e introducircomentarios e consideracións aoefecto, pretendemos difundir oproxecto “Operación Monarca” emotivar a todos aqueles que se sintaninteresados no mesmo, así comosolicitar a súa colaboración para que,ou ben poñéndose en contacto co:

«Grupo Naturalista Hábitat»Rúa Ánxela B. de Soto, 20, baixo,

15009 A CoruñaAptdo. Correos 805, 15080 ACoruñaTfno/-Fax: 981 135014E-mail: [email protected]

ou dando a coñecer pola súa conta asúas observacións, contribúan a unmellor coñecemento sobre estabolboreta e o seu arribo ás costasgalegas.

A D. plexippus en Galicia. Relaciónde observacións.

Relaciónanse a continuación pororde cronolóxica todas as observacións

realizadas no territorio. Consignase onúmero de exemplares colectados e/ou observados fidedignamente, o seusexo, a localización xeográfica dasobservacións (marcadas con punto negrono mapa da figura 1) e las referenciasbibliográficas correspondentes ondepoderían consultarse outros detalles.

Clave

C: Colectado/sA: Avistado/sex. : exemplar ou exemplares de sexoindeterminado.

· 1 ex.A, 29.IX.1980, Praia deSanta Comba, 5 msm, Cobas,Ferrol (A Coruña). (FERNÁNDEZVIDAL, 1983).

· 2 ‘‘ C, 14.IX.1981, Praia de SantaComba, 0 msm, Cobas, Ferrol (ACoruña). (FERNÁNDEZ VIDAL,1983).

· 1 ‘ C, 15.XI.1981, Praia de Barra,0 msm, Cangas (Pontevedra).(EIROA & NOVOA, 1983).

· 1 a C, X.1994, arredores deCorme (A Coruña). (FERNÁNDEZVIDAL & MUIÑOS, 2002).

· 1 ex.A, X.1996, Praia de Estacas/Centeás, 0 msm, Ares (A Coruña).(FERNANDEZ VIDAL & MUIÑOS,2002).

· 1 ‘ C, 12.X.1997, Nigrán, 30 msm(Pontevedra). (FERNÁNDEZVIDAL & MUIÑOS, 2002).

· 1/2 ex. A, XI.1997, Praia deEstacas/Centeás, 0 msm, Ares (ACoruña). (FERNÁNDEZ VIDAL &MUIÑOS, 2002).

· 1 a C, 15.XI.1999, Praia deEstacas/Centeás, 0 msm, Ares (A

Page 15: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

Coruña). (FERNÁNDEZ VIDAL &MUIÑOS, 2002).

· 1 ex.A, 29.IX.2001, A Coruña, 20msm (casco urbán). (FERNÁNDEZVIDAL, 2002).

· 1 ex.A, 3.XI.2001, 40 msm, Torrede Hércules (A Coruña).(FERNÁNDEZ VI-DAL, 2002).

Comentarios e consideracións.

En resumo, efectuáronse enGalicia tan só 6 capturas (4 ‘‘ e 2 aa) e5 avistamentos fidedignos.Posiblemente, algúns dos avistamentosque nos foron comunicados porobservadores alleos á lepidopteroloxía(en total 32) correspondíanseefectivamente con esta especie, dadosobre todo a época na que foronefectuados (setembro-novembro) pero,por obxectividade, só consideramos osque non ofrecen lugar a dúbida.

Resulta significativo que ameirande parte das observacións secorrespondan xeográficamente alocalidades próximas ás de residenciados observadores (Ferrol, Ares, ACoruña). Esto para nós é algo máis queun indicio demostrativo de que, se naépoca de aparición da especie, adispoñibilidade de tempo libre paraunha máis ampla prospección territorialfose maior, disporíamos de observaciónsocorridas nunha grande parte da costagalega. E, tal como acontece no ReinoUnido (ASHER et. al., 2001), quedademostrado que se poden facerobservacións nos mesmos lugares enanos diferentes.

Aínda que cabe tamén apuntarque a experiencia de campo na busca

desta especie fainos asumir o aleatorioe casual que teñen as observacións.Temos, por exemplo, patrullado con cenollos, por así dicilo, as áreas dunares epostdunares da praia de Santa Combainnumerables días a partir do 1981 e naépoca apropiada, pero sen acadarefectuar novos avistamentos... Por outrabanda, durante o outono do 2001, tantopersoalmente como por parte demembros do Grupo Naturalista Hábitatque aprenderan fiablemente aidentificar a especie, efectuáronsesaídas ao efecto, patrullándose unhaparte considerable da área costeiracoruñesa sen obter resultado algún e,paradóxicamente, as dúas únicasobservacións positivas dese outonofixémolas persoalmente e de xeitoabsolutamente casual sen saír do cascourbano da Coruña...

Cremos arriscado, con tanpoucos datos, analizar os aspectosmeteorolóxicos respecto á casuísticadestas observacións e capturas. Noentanto permitímonos apuntar que, enbase ás 8 das que dispoñemos dataciónexacta, o arribo da Monarca á costagalega parece responder a idénticassituacións meteorolóxicas ás observadasno Reino Unido (WILLIAMS, 1958; HURST,1969; etc.). En síntese, ocorren estasdespois dun moi probable voo directodo insecto a través do Atlánticoaproveitando as masas de aire cálidoao sur da fronte polar con borrascasactivas que, por outra banda, son asdeterminantes dos ventospredominantes durante setembro-novembro no Atlántico Norte entre os35º e 50º de latitude.

Naturalmente, esta concepciónno tocante á procedencia dos

Page 16: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

15

exemplares que arriban a Galicia, nonpoderá demostrarse mentres non secolecte aquí alomenos un exemplarmarcado en Norteamérica. E istoconstitúe algo pouco menos quefantástico polo momento e, en todocaso, suxeito a unha extraordinariacasualidade. Non hai máis que avaliartodos os esforzos levados a cabo polopioneiro nas técnicas de marcaxe da D.plexippus, URQUHART (1941, 1951,etc.), ata que acadou a evidencia deque os exemplares canadianosinvernaban en determinados enclavesde California, Florida, México, etc.,para asumir o extraordinario de talconstatación en relación aos exemplaresque arriban a Galicia.

Existe, non obstante, case a totalevidencia de que os exemplares quearriban a Irlanda e ao Reino Unidoproceden de Norteamérica en voodirecto a través do Atlántico (WALKER,1914; WILLIAMS, 1958; COOMBES &TUCKER, 1996; ASHER 2001; etc.). E nósestamos convencidos de que é idénticaá procedencia dos que arriban aGalicia. Non desbotamos a hipótese deque algúns puideran ser transportadosen barcos procedentes deNorteamérica, pero a seguinte serie deplausibles consideracións fannos asumirque, efectivamente, o vootransoceánico ten lugar na abrumadoramaioría de casos:

1ª.- Existen rexistros fidedignos deavistamentos enpleno Atlántico Nortepor parte de tripulacións de barcosprocedentes de Europa.

2ª.- Se fixeran exclusivamente a viaxeen barco de Norteamérica a Europa por

qué só o fan durante o tardío verán e ooutono. Por toda a costa atlánticanorteamericana pulula a especie durantea primavera e o verán e o tráficomercante cara Europa é igual de intensodaquela...

3ª.- Por qué non arriban en barco aoutras costas que non sexan as atlánticaseuropeas. ¿Seica non existe tráficonaval entre Norteamérica e o resto domundo que non pase por Xibraltar e aCanle da Mancha?

4ª.- Por qué o arribo a Europa coincidesempre coa migración outonal doinsecto ao longo da costa orientalnorteamericana.

5ª.- Por qué o esquema de avistamentose capturas europeas (de Xibraltar aoReino Unido) concorda co dos ventosatlánticos predominantes durante esaépoca do ano.

6ª.- Se procederan de Canarias, Azores,ou Madeira, por qué non se efectuounin un só avistamento na mar, sendo asrotas entre ditas illas e a penínsulaIbérica, por exemplo, curtas e cun fluídoe considerable tráfico mercante.

7ª.- Se xa a especie logrou poboar caraOriente case todas as illas do Pacíficoen época «recente» (finais do XIX) esen trasladarse en barco, segundo constasuficientemente documentado, e inclusochegar a colonizar Australia e parte docontinente asiático, amén de caraOccidente e polas mesmas datas, asatlánticas Canarias, Azores e Madeira,por qué non podería estar tentándoodesde entón nas costas atlánticaseuropeas sen viaxar en barco, por así

Page 17: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

dicilo. A especie detectouse enXibraltar xa no 1886.

8ª.- Por qué só chegan a Europaexemplares da norteamericanasubespecie tiponominal, D. plexippusplexippus (L., 1758), e non dasudamericana D. plexippus erippus(Cramer) omnipresente ao sur doAmazonas e que tamén mostra hábitosmigratorios na Arxentina. ¿E que as doSur no lles vai a viaxe en barco e ás doNorte sí? ¿É o caso de que non hai tráficomercante entre Sudamérica e Europa?

E así poderíamos seguir. Por todoisto e en consecuencia, non estamos deacordo coa concepción de FORD (1945),GOMEZ BUSTILLO (1982), SCOTT (1986)e outros autores que avogan por unexclusivo transporte en barco.Tampouco co suposto de que a súaprocedencia puidera ser variada, comose expresa en GOMEZ BUSTILLO &FERNANDEZ RUBIO (1974: 252): “...pudendo proceder de Norte, Centro eSudamérica, Illas Azores o IllasCanarias.”; aínda que se infire que estesautores quixeron, sagazmente, “apostara todos os números da ruleta”, aíndaque poderían aforrarse algúns pois ésobradamente coñecido que aspoboacións de Centroamérica sonsedentarias (a excepción das do nortede México), como o son todas ascaribeñas (a excepción das de Bahamase Cuba), e subespecíficamentediferentes, como o están grandementetodas as sudamericanas...

A hipótese de Da SILVA &GONCALVES (1973) respecto dosexemplares que arriban a Portugal, comode procedencia insular exclusiva

(Canarias, Azores, Madeira), aínda quemáis plausible, tampouco a compartimosde por si e polo que implica considerarcomo tal tamén a dos que arriban aGalicia, pois non existe evidenciaalgunha de que a especie en tales illasadopte a más mínima pauta migratorianin se comporte como divagante: alíchegaron, alí atoparon apropiadasplantas nutricias para a eiruga, bo climae alí quedaron.

Persoalmente, durante as nosasnavegacións, entre as Canarias e apenínsula, fixemos abondososavistamentos e capturas de lepidópterosen alta mar.

Como se viu, hai opinións paratodos os gustos e cambiantes segundose tercie. Nós, mentres non se demostrecon feitos o contrario, seguiremosapostando pola hipótesenorteamericana, no só respecto áprocedencia dos exemplares galegossenón respecto a de todos os quearriban á calquera lugar de Europa,hipótese que contempla o vootransocéanico sen máis.

Seica teñamos que exceptuar ádas colonias andaluzas, curiosasmetapoblacións das que se ten escritoríos de tinta pero sen entrar de cheona súa verdadeira orixe.

Como colofón e volvendo aosfeitos, diremos que todos osexemplares galegos, con excepción docapturado en Corme, que se ignora,apareceron en días asollados nos que ameteoroloxía propiciaba tamén aactividade da escasa, dada a época,fauna lepidopterolóxica residente. O

Page 18: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

17

colectado en Ares foino no único díade sol que houbo durante á primeiraquincena de novembro do 1999 en ditalocalidade. O de Nigrán colectouse polanoite, pousado nun macetón de xeraniosdo balcón dun chalet pero, sen dúbida,tratábase do mesmo que voou parte dodía polo xardín adxacente.

Falta por clarexar, entre outrasincógnitas, se estes exemplares arribantodos dunha vez, nunha ou varias dataspróximas, ou entre un período de datasmáis ou menos longo. Os avistados naárea da Coruña no 2001, puiderancorresponder a calquera de ambasopcións. No Reino Unido demostrouseque poden permanecer bastante tempodivagando sen alonxarse moito do lugarorixinal de arribo. O primeiro avistadona Coruña permaneceu toda unha mañávoando polos mesmos xardíns, sendo asíque puido verse tres veces en horasdistintas, das que nunha estaba pousadoe, aparentemente, libando flores.

A “Operación Monarca”

Xurdiu este proxecto dunhainiciativa persoal na que oconvencemento de que si puideramosrecrutar observadores, aínda que estesfosen leigos en Lepidopteroloxía,poderían obterse máis datos sobre oarribo da D. plexippus ás costas galegas.Non fai falta ser un experto paraidentificar esta especie, chega conmostrar exemplares disecados,comparalos cos das especies residentesque puideran avistarse durante a épocado seu probable período de arribo, epouco máis. Iniciouse durante o outonodo 2001 e coa colaboración de variosmembros do “Grupo Naturalista

Hábitat” da Coruña, que sufragou osgastos que supuxeron confeccionar unaducia de dosiseres que se repartironentre os colaboradores.

O resultado foi decepcionanteaínda que prometedor. A escaseza devoluntarios activos (apenas media duciafixeron algunha saída de campo e nuncaexpresamente ao efecto), así como omal tempo reinante polo xeral duranteas fins de semana..., fixeron que asnosas expectativas se visen en certomodo, frustradas. Non obstante, os dousúnicos avistamentos que tiveron lugar(FERNANDEZ VIDAL, 2002), aínda quenon foran efectuados en saídas decampo e nos “tocou” facelospersoalmente (no primeiro taménparticipou outra persoa) cremos querepresentan un bo augurio eesperanzador futuro para esteproxecto.

Co presente ano prosegue estaoperación durante o outonopotenciándose co patrocinio do CEIDA(Centro de Extensión Universitaria eDivulgación Ambiental de Galicia), sitona illa de Santa Cruz, Oleiros (A Coruña).Está prevista unha conferencia e unhaexposición, ademáis da elaboración dunnovo dosier e unha tarxeta alusiva á“Monarca” á que se lle dará a maiordifusión posible.

¿Que se obterá con todo isto?Pois nin mais nin menos quecoñecemento, saber máis destainteresante bolboreta na súa fronteiradistributiva, a súa rota de dispersiónoccidental, chegar a coñecer se estapasa por Galicia e ten algo que ver coados exemplares británicos, coñecer se

Page 19: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

aquí a falta de citas se debe só á deobservadores, poder analizar no futuroo tracto dixestivo dun exemplar recenchegado, etc., etc. En suma, chegar acoñecela mellor porque aí está,visítanos e queremos saber mellorcando, como e porqué.

Só nos atenaza un temor quepuidera facer arrefriar este proxecto:o da falta de resultados. Esto puiderafacer desistir a potenciaiscolaboradores. A fama e popularidadeda “Monarca” quizais non sexansuficientes como para manter na súaprocura aos amantes de resultadosrápidos e copiosos. Por iso, queremosincidir especialmente en que aprecariedade de resultados, mentresnon dispoñamos de suficientes datospredictivos, puidera serdescorazonadora e en que este é unproxecto a longo prazo e no que se nonhai colaboradores non hai proxecto.

A exposición de resultados noReino Unido (WALKER, op. cit.,WILLIAMS, ops. cit., etc.) puideranfacer comprender e asumir estenegativo aspecto. Pois efectivamente,hai anos “malos”, anos “bos” e ata anosen branco. Segundo AS-HER et. al. (op.cit.: 322), o 1995 foi bo, con máis de200 citas, o 1996, 1997 e 1998 foronmalos, con escasos avistamentos e/oucapturas, pero o 1999 foi fantástico,superándose as 400 citas. E nas IllasBritánicas está probado que con ventosdo SO propicianse as citas e cara a eseSO está Galicia...

Malia que é seguro que estabolboreta se presenta en Galicia como“migrante ocasional que non pode

formar poboacións temporais” debidoa factores bióticos limitantes,engadimos nós, tal como para o ReinoUnido a define SHREEVE (1992), queentendese moito mellor que“paramigrante/migrante temporario desegunda orde” (EITSCHBERGER,REINHARDT & STEINIGER, 1991), cremosque o esforzo que suporá ano a ano a“Operación Monarca” merece a pena.

Agradecementos

A D. Valentín Muiños, quefacilitou o exemplar “galego” da súacolección para figuralo neste traballo.A Dña. Antonia Rodríguez que elaborouo mapa de distribución galega daespecie. A D. Jorge Ramos, Presidenteactual do Grupo Naturalista Hábitat e aD. Carlos Vales, Director do CEIDA,patrocinadores e entusiastascolaboradores do proxecto. e moiespecialmente a todos os membros doGrupo Naturalista Hábitat que«sofriron» as nosas charlas e sen os caleso proxecto non houbera comezado.

Bibliografía

ASHER, J., WARREN, M., FOX, R.,HARDING, P. & JEFFCOATA, G. & S.,2001.- The Millennium Atlas of Butterfliesin Britain and Ireland: 433 pp. OxfordUniversi-ty Press. Oxford.

COOMBES, S. & TUCKER, V., 1996.- TheMonarch invasion of Great Britain1995.-Butterfly Conservation News, 63:30-35.DA SILVA CRUZ, M.A. & GONCALVES, T.,1973.- Imigraçao ou sobrevivencia.Lepidópteros aclimatados ou

Page 20: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

19

naturalizados em Portugal. (Parte I).-SHILAP Revta. lepid., l(3): 108-114.

EIROA ALVAREZ, E. & NOVOA DOCET, F.,1983.- Nueva cita de Danaus plexippusLinneo, 1758 (Lep. Danaidae) en laPenínsula Ibérica.- Bol. Asoc. esp.Entom., 7: 322.

EITSCHBERGER, U., REINHARDT, R. &STEINIGER, H., 1991.- Wanderfalter inEuro-pa (Lepidoptera). Llamada parauna cooperación internacional para elestudio del fenómeno migratorio deciertos insectos.- Atalanta, 22(1): 1-67,láms. I-XVI.

FERNÁNDEZ VIDAL, E.F., 1979.- Notassobre Ropalóceros de las Islas Canariascon la descripción de una nueva formade Vanessa indica vulcania .Latreille &Godart. (II Parte).- SHILAP Revta. lepid.,7(27): 203-211.

FERNÁNDEZ VIDAL, E.H., 1983.- Notaslepidopterológicas del NoroestePeninsular (II). Novedades para la faunalepidopterológica de la región gallega.-SHI-LAP Revta. lepid., 10(40): 315-320.

FERNÁNDEZ VIDAL, E.H., 2002 (in litt.).-Resultados de la «Operación Monarca2001». Nuevas citas de Danaus plexippus(Linnaeus, 1758) en Galicia.(Lepidoptera: Danaiddae).- A Mobella,Bol. G.N. Hábitat, 12.

FERNÁNDEZ VIDAL, E.H. & MUIÑOS, V.,2002 (In litt.).- Nuevas citas de Danausplexippus (Linnaeus, 1758) en Galicia.(Lepidoptera: Danaidae).- Saturnia.FORD, E.B., 1945.- Butterflies: 352 pp.Collins. London.

GOMEZ BUSTILLO, M.R., 1982.- Elmonarca en cuyo reino nunca se poneel sol.-Vida Silvestre, 43: 138-151.

GOMEZ BUSTILLO, M.R. & FERNÁNDEZRUBIO, F., 1974.- Mariposas de laPenínsula Ibérica. Ropalóceros II: 258pp. ICONA. Madrid.

HOWARTH, T.G., 1973.- South´s BritishButterflies: 210 pp., 48 láms. Frede-rickWarne. London.

HURST, G.W., 1969.- Aspectosmeteorológicos de la migración de losinsectos. -Endeavour, 28(104): 77-81.

IGLESIAS GARROTE, X.L. & ASTORCAMINO, X., 1991.- A viaxe apaixonanteda bolboreta Monarca.- NaturezaGalega.- Decembro/Xaneiro 1991/2 (1).

SCOTT, J.A., 1986.- The Butterflies ofNorth America. A Natural History andField Guide: 583 pp., 64 ldms. StanfordUniversity Press. Standford.

SHREEVE, T.G., 1992.- Monitoringbutterfly movements, In DENNIS,R.L.H., (Ed)., The Ecology of Butterfliesin Britain: 120- 138. Oxford UniversityPress. Oxford.

URQUHART, F.A., 1941.- A proposedmethod of marking migrantbutterflies.-Canadian Entomol., 73: 21-22.

URQUHART, F.A., 1955.- Report of theStudies of the Movements of theMonarch Butterfly in North America: 40pp. Royal Ontario Museum of Zoologyand Palaentology. Toronto.

Page 21: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

Figura núm. 1.- A Danaus plexippus (L., 1758) en Galicia.Puntos negros: cuadrículas correspondentes ás localidades onde foron capturados e/ou avistados exemplares.

VIEDMA, M. G. de. & GOMEZ BUSTILLO,M.R., 1976.- Libro Rojo de losLepidópteros Ibéricos: 120 pp. ICONA.Madrid.

VIEDMA, M. G. de. & GOMEZ BUSTILLO,M.R., 1985.- Revisión del Libro Rojo delos Lepidópteros Ibéricos: 73 pp., 3láms. ICONA. Madrid.

WALKER, J.J., 1914.- The geographicaldistribution of Danaida plexippus, L.(Danais archippus, F.) with especialreference to its recent migrations.- Ent.Month. Mag., 2nd. Ser., 25 (50): 181-237.

WILLIAMS, C.B., 1941.- In WILLIAMS,C.B., COCKBILL, G.F., GIBBS, M.E. &DOW-NES, J.A., Studies in themigration of Lepidoptera.- Trans. Roy.Ent. Soc. bond., 92(l): .174-184.

WILLIAMS, C.B., 1958.- Insect Migration:237 pp. Collins. London.

Eliseo H. Fernández VidalPza. de Zalaeta, 2-5ªA,15002 A Coruña

A Coruña, 18 Setembro 2002

Page 22: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

21

Resultados da “Operación Monarca 2002”. Nova cita da Danausplexippus (Linnaeus, 1758) en Galicia. (Lepidoptera: Danaidae).

Introducción

O que durante o outono cheguenas costas galegas exemplares de Danausplexippus (Linnaeus, 1758), a bolboreta«Monarca», constitúe un feitoirrefutable, sendo o máis plausible queprocedan de Norteamérica e quecheguen ata aquí cruzando o Atlántico.O que aínda non coñezamos, nin poraproximación, cantos chegan nin sipreferentemente o fan a determinadasáreas ou aleatoriamente a calqueralugar costeiro, constitúen aíndaincógnitas.

O reto que significa convertertais incógnitas en datos científicos é detodo imposible que poida resolverse coesforzo dunha soa persoa, ou de unhaspoucas. Faise preciso a colaboraciónmáis ampla posible para patrullar,sequera unha mínima parte dos seus1.659 quilómetros, a costa galegadurante os, normalmente escasos, díassoleados do outono. E aínda así asobservacións terían sempre moito decasual.

A «Operación Monarca» ten comoobxectivo principal que cada vez máispersoas aprendan a identificar abolboreta «Monarca» -algo que é moi

sinxelo- e, dado o caso, informarconvenientemente das súasobservacións. Pero non só iso, posto queo poñer a súa atención en tanemblemático e interesante insecto farátamén que cada vez máis, prenda enpersoas alleas á Lepidopteroloxía ointerese polas bolboretas en xeral, a súabioloxía, costumes e conservación.

Neste senso, non importandemasiado os resultados concernentesao número de avistamentos logradossenón tamén os obtidos en canto aconcienciación e coñecemento do feito,aparentemente insólito, de que unha«fráxil» bolboreta poida cruzar por simesma un océano e poidamos, consorte, dar testemuña diso.

Coñécese a presenza en Galiciade 160 especies de bolboretas(ropalóceros). A todas, agás tres,podemos velas con seguridade, por moiraras e localizadas que sexan, indo aoslugares apropiados na época apropiada.Esas tres que fan excepción teñen encomún o feito de ser migrantesocasionais, moi ocasionais no caso dedúas delas pois só se citaron unha soavez (Cynthia virginiensis e Vanessavulcania); a terceira é precisamente a«Monarca», Danaus plexippus, que adiferenza das outras é conspicua ecromaticamente inconfundible. Noncabe dúbida que as tres debenconsiderarse bolboretas galegas, poisaquí se teñen visto e capturado, comonon a cabe tamén de que cada novoavistamento constitúa un dato de,comparativamente, moito máis valorque o de citar calquera outra especieautóctona.

Page 23: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

CEN

TRO

DE

EXTE

NSI

ÓN

UN

IVER

SITA

RIA

E D

IVU

LGA

CIÓ

N A

MBI

ENTA

L D

E G

ALI

CIA

Presentamos agora os resultadosda «Operación Monarca 2002» que,aínda que poidan parecer escasos,segundo o anteriormente reseñado, sefan moi positivos e esperanzadoresunido a que, en realidade,consideramos que este proxecto nonpasou aínda da súa fase preliminar,consistente en informar, concienciar emotivar.

Materiais e métodosPara levar a cabo a «Operación

Monarca 2002» se contou coacolaboración, unha vez máis, do GrupoNaturalista Hábitat da Coruña. A súacontribución tivo dúas vertentes. Porunha parte, sufragou gastos defotocopiado para a elaboración dundosier, así como de correo para difusióndo mesmo; e por outra, algúnsmembros participaron activamente convistas a lograr posibles observaciónsfacendo unha saída de campo o 19/10/02 por áreas costeiras segundo oseguinte detalle:

- Monte de San Pedro, ACoruña, de 11:30 a 14:30 h

- Praia de Lires,de 12:00 a 14:00 h

Do citado grupo naturalistaapuntáronse 10 membros comocolaboradores do proxecto, aínda quedada a difusión do mesmo entre o restode membros, é de supoñer que foronmáis os que, dalgunha forma,participaron tamén, aínda que en todocaso non informaron acerca das súasactividades ao respecto.

Persoalmente efectuamos 11saídas de campo por áreas costeirassegundo o seguinte detalle:

- Torre de Hércules, A Coruña,2-3 horas de observación osdías 10/9,22/9,29/10 e 8/11/2002.

- Área de Bens a Pta.Langosteira, A Coruña/Arteixo, 4 horas o 23/9 e 3horas o 6/10/2002.

- Área de Sta. Cruz a Mera,Oleiros, 4 horas o 24/9 e o 2/10/2002.

- Praia de Baldaio, Carballo, 2horas o 28/9.

- De Caión a Pta. Mortaza,Arteixo/Carballo, 3 horas o 6/10/2002.

- Área de Cabo Vilán,Camariñas, 3 horas o 13/10/2002.

Tamén se contou coa implicacióne apoio do CEIDA (Centro de ExtensiónUniversitaria e Divulgación Ambiental deGalicia) que se converteu no verdadeiromotor do proxecto, ocupándose daedición dun dosier e dunha tarxeta,ferramenta esta última que consideramosfundamental para o futuro do proxectoe da que se distribuíron 200 exemplares.Así mesmo organizou, cedendo persoale equipamento, a conferencia que, cotítulo «A bolboreta Monarca en Galicia»,tivemos o honor de impartir o 30/10/2002 no Salón de Actos de ditainstitución.

ResultadosNas saídas de campo non se obtivo

observación algunha de D. plexippus.Nas que efectuamos persoalmente, noseu conxunto, se observaron todas asdemais especies incluídas na láminaidentificadora do dosier elaborado (A.rapae, P.brassicae, G. rhami, V.atalanta, I. io, C. cardui, P. c-album,

Page 24: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,

Dossier informativo - Operación MonarcaCE

NTR

O D

E EX

TEN

SIÓ

N U

NIV

ERSI

TARI

A E

DIV

ULG

ACI

ÓN

AM

BIEN

TAL

DE

GA

LICI

A

23

P. aegeria, S. pirithous e L. boeticus),así como, frecuentemente, C. croceus,que no 2002 tivo unha terceira xeraciónno norte de Galicia, algo que non ocorretodos os anos.

Como resultado de noticias deprensa e entrevistas de radioinformando acerca da “OperaciónMonarca”, así como da difusión dodosier e tarxetas, recibimospersoalmente 8 chamadas telefónicascomunicando avistamentos de“Monarca”, pero en ningún casopuidemos considerar como posíbel acita.

O CEIDA recibiu un correoelectrónico no que o comunicanteinformaba incluso posuír unhafotografía da súa posíbel cita de«Monarca» que remitiría a petición.Pero tratábase dunha vulgar C. cardui,como él mesmo xa asegurara.

Por último, o CEIDA recibiu unhatarxeta dado conta dun avistamento.Despois dunha entrevista persoal coainformante non nos cabeu dúbidaalgunha que, neste caso, tratábaseefectivamente dun avistamentofidedigno. Os datos desta dita son osque seguen:

Observadora: Hortensia CastañoRomalde

Localización: Canido, 94 msm,Ferrol (A Coruña).

Data e hora: 30/10/2002, 18-19 h.Outros datos: voando a 2 m do

chan. Temperatura agradábel, díasoleado.

Como comentarios e esta citaengadimos que o lugar onde foiefectuada constitúe un típico e moiacorde co constatado en algúns outroscasos: alto de colina costeira. O mediodesta localización é semiurban, pero

esto non ten a maior importancia nocaso da «monarca»; a hora doavistamento é moi tardía, poisnormalmente esta especie está activadende horas da mañá ata as primeirasda tarde, aínda quizais neste casoinfluíra a bondade meteorolóxica e altatemperatura, dada a data, 18 ºC, desashoras dese día segundo puidemoscomprobar.

Conclusións A pesares de todos os esforzos

tendentes a divulgar e difundir o feitode que a «monarca» chegue ás costasde Galicia durante o outono ano trasano, a mobilización de observadoressegue sendo moi exigua. Esto quizaisse deba á igualmente escasa tradiciónnaturalista en Galicia, en especialentomolóxica, e á dicifultade que faisupoñer ao profano nunha materia quedetectar unha bolboreta, por conspicuaque esta sexa, é moi difícil, moito máisque si se tratase dunha ave, poñamospor caso. E que conste que nonpretendemos que se mobilicen miles depersoas ao efecto, como ocorre nas IllasBritánicas (se ben alí só teñan uns cantoscentos de quilómetros de costa eterritorio que prospectar), pero aresposta á nosa iniciativa consideramo-la moi escasa.

A gran extensión da costa galegafai que senón se consegue que oproxecto “Operación Monarca” se fagapopular, os esforzos limitados dunspoucos só lograrán resultadossemellantes aos xa obtidos ata agora, édicir, citacións e/ou capturasesporádicas por parte de persoasrelacionadas ou non coaLedidopteroloxía.

Eliseo H. Fernández Vidal

Page 25: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,
Page 26: Dossier informativo - Operación Monarca · aos das 10 especies de bolboretas diúrnas (polo seu anverso e a tamaño natural; os machos e femias de estas son similares) que, normalmente,