Dossier de xogos populares

26
1 C.E.I.P. “A SOLAINA” Equipo de Dinamización e Normalización lingüística Equipo de actividades extraescolares

Transcript of Dossier de xogos populares

Page 1: Dossier de xogos populares

1

C.E.I.P. “A SOLAINA”

Equipo de Dinamización e Normalización lingüística

Equipo de actividades extraescolares

Page 2: Dossier de xogos populares

2

DOSSIER DE XOGOS POPULARES

Índice:

1. Indice

2. A oca

3. A mariola

4. Tres en raia

5. Carreira de tres pés

6. Saltar a corda

7. A goma

8. Os birlos

9. O pano

10. Saltar á corda (“o reloxo que dá a hora”)

11. A sogatira

12. Xogo dos sacos

13. Enrolar a botella

14. A rá

15. A chave

16. Os paus do demo

17. Xogo de auga (o acueduto)

18. Salta a mula

19. Xogo de aros

20. Castañas a culleradas

21. Encestar castañas

22. O baile da pataca

23. O tuister

24. As catro esquinas

Page 3: Dossier de xogos populares

3

NOME DO XOGO

A oca

NUMERO DE XOGADORES

2 por equipo vestidos da mesma cor

REGRAS

O xogo consiste en pasar todas as casiñas ata

chegar á última respectando os movementos e

accións que nos indican na ficha do xogo:

responder preguntas, camiñar cara atrás ou saltar

cara adiante, etc.

DESENVOLVEMENTO

Un xogador de cada equipo fai de ficha e o outro

fai de dado que tira na súa quenda. O que fai de

ficha móvese polo taboleiro tantas casiñas como

indica o dado que tirou o compañeiro e fai a acción

que segundo a ficha do xogo lle corresponde á

casiña a onde foi parar.

MATERIAL NECESARIO

2 camisetas ou chalecos da mesma cor para cada

membro do equipo de tantas cores coma equipos

haxa.

Un taboleiro coma o da oca marcado ou pintado no

chan.

Page 4: Dossier de xogos populares

4

NOME DO XOGO

A mariola.

NUMERO DE XOGADORES

Tantos xogadores como se queira.

REGRAS

Os xogadores teñen que tirar unha chapa cara as

casiñas do taboleiro. Cando a chapa para, comeza a

saltar con un pé só ata a casiña onde caeu a chapa.

Debe recollelo e volver saltando ata o principio sen

pisar na casiña onde caeu a chapa.

DESENVOLVEMENTO

É un xogo individual.

Cada xogador/a xoga na súa quenda.

MATERIAL NECESARIO

Unha chapa pequena feita con unha pedra plana e

un taboleiro pintado ou marcado no chan.

Page 5: Dossier de xogos populares

5

NOME DO XOGO

Tres en raia

NUMERO DE XOGADORES

2 equipos de 3 xogadores.

REGRAS

Cada equipo, movéndose por quendas de forma

alterna e un xogador cada vez, ten que tratar de

conseguir poñerse sobre unha mesma liña sen que

haxa ningún xogador contrario intercalado.

Pódese xogar ao mellor de 3, 5, sete, … partidas.

DESENVOLVEMENTO

Xogase nun taboleiro onde se cruzan as raias con

dous equipos que teñen tres fichas (nenos/as) da

mesma cor (cunha prenda da mesma cor). Van

movéndose alternativamente, unha ficha de cada

cor e o primeiro equipo que logra poñer as tres

fichas en liña recta nunha raia é o equipo gañador.

MATERIAL NECESARIO

3 camisetas ou chalecos da mesma cor para cada

membro do equipo. Unha cor diferente para cada

equipo

Un taboleiro cadrado coma o da foto que ilustra o

xogo.

Page 6: Dossier de xogos populares

6

NOME DO XOGO

Carreira de tres pés

NUMERO DE XOGADORES

Varios equipos de 2 xogadores.

REGRAS

Os xogadores agrupados en parellas e situados un a

carón do outro amarrarán xuntas as pernas máis

próximas (unha de cada xogador).

Deberán correr ata chegaren á meta, soltaranse,

intercambiarán as súas posicións na parella,

ceibaranse e amarraranse outra vez e volverán ao

punto de partida.

DESENVOLVEMENTO

Xógase nun lugar chan e sen obstáculos, débese

andar en liña recta e procurando non obstaculizar

aos outros equipos

MATERIAL NECESARIO

Unha corda curta por equipo e un lugar chan e sen

obstáculos onde practicar o xogo.

Page 7: Dossier de xogos populares

7

NOME DO XOGO

Saltar a corda

NUMERO DE XOGADORES

Tantos xogadores como poida haber ao alcance da

corda.

REGRAS

Os xogadores tratan de evitar, saltando, que a

corda lles toque, cando isto ocorre o/a xogador/a

queda eliminado/a.

Xógase nun lugar chan e sen obstáculos.

DESENVOLVEMENTO

Os/as xogadores/as póñense en círculo arredor de

quen mova a corda e, cando esta se acerca, saltan

para evitaren ser tocados por ela.

MATERIAL NECESARIO

Unha corda longa e un lugar chan e sen obstáculos

onde practicar o xogo.

Page 8: Dossier de xogos populares

8

NOME DO XOGO

A goma

NUMERO DE XOGADORES

Tantos xogadores coma se queira.

REGRAS

O xogo consiste en dar brincos entre as dúas partes da

goma que dous/dúas compañeiros/as manteñen tensa.

Por veces hai que saltar a goma, outras veces hai que

prendela cos pés, estirala e cruzala, outras veces hai

que pisala.

DESENVOLVEMENTO

Para comezar, dous xogadores colócanse un fronte ao

outro, mantendo a goma tensa. Suxeitarán a goma con

diferentes partes do corpo, a diferentes alturas do chan,

tendo as dúas partes da goma paralelas entre si e

paralelas ao chan. O terreo de xogo a ser posible será

liso. Cando un xogador falla en calquera fase do xogo

debe ceder o seu posto ao seguinte; cando volva xogar,

empezará na fase na que fallara anteriormente.

MATERIAL NECESARIO

Unha goma elástica de tres ou 4 metros cos dous cabos

amarrados.

Page 9: Dossier de xogos populares

9

NOME DO XOGO

Os birlos

NUMERO DE XOGADORES

Cando menos dous xogadores enfrontados, aínda que

poden participar catro ou máis, por parellas ou

equipos.

REGRAS

O lanzador ponse no Fite, que está colocado de 3 a 5

metros da Lastra, onde se poñen os birlos e tira a bóla

contra eles, tratando de derrubar o maior número

posible. Por cada birlo que tira gaña un punto.

DESENVOLVEMENTO

Cada equipo tira na súa quenda e cada xogador intenta

tirar o maior número posible de birlos. Hai segundo os

lugares diferentes maneiras de contar os puntos, pero,

en resumo, gaña o equipo que tira máis birlos.

MATERIAL NECESARIO

Varias bólas de madeira e, cando menos, 7 birlos.

Xógase nun lugar chan e liso.

Page 10: Dossier de xogos populares

10

NOME DO XOGO

O pano

NUMERO DE XOGADORES

Dous equipos co mesmo número de xogadores cada

un.

REGRAS

O xefe de cada equipo dálle a cada xogador un número

secreto. Os números son correlativos e van do un ata o

nº de xogadores de cada equipo. Un neno ou nena

encárgase de aguantar o pano e ir chamando aos

xogadores dicindo un número, o xogador que perde en

cada quenda queda eliminado.

O xogo acábase cando un equipo lle eliminan todos os

xogadores.

DESENVOLVEMENTO

Chámase de cada vez a un xogador de cada equipo que

se acercan ao pano e tratan de collelo e volver ao lugar

onde está o seu equipo sen seren pillados polo/a

xogador/a do equipo contrario.

MATERIAL NECESARIO

Un pano.

Un lugar plano e liso.

Page 11: Dossier de xogos populares

11

NOME DO XOGO

Saltar á corda (“o reloxo que da a hora”)

NUMERO DE XOGADORES

Indeterminado

REGRAS

Dous xogadores dan á corda e os demais van saltando

na súa quenda.

DESENVOLVEMENTO

Os que dan, van dicindo “Unha vez, unha hora” (todo

o mundo terá que saltar unha vez e saír). “Dúas veces,

dúas horas” (todo o mundo terá que saltar dúas veces e

saír). Así seguirán ata saltaren seis veces seguidas.

MATERIAL NECESARIO

Unha corda de uns 4 m.

Page 12: Dossier de xogos populares

12

NOME DO XOGO

Sogatira

NUMERO DE XOGADORES

Indeterminado.

Dous equipos co mesmo número de

xogadores.

REGRAS

Na metade da corda amarrase un pano.

Cada equipo agarra a corda por un lado.

Ao sinal, cada grupo tira do seu lado da

corda.

Gaña o equipo que consigue levar o pano ó

seu campo.

DESENVOLVEMENTO

Cada equipo tira do seu lado da corda

intentando arrastrar ao equipo contrario ata

que o pano entra no seu campo.

MATERIAL NECESARIO

Unha corda grande e un pano amarrado no

medio desta.

Page 13: Dossier de xogos populares

13

NOME DO XOGO

Xogo dos sacos

NUMERO DE XOGADORES

Varios grupos de ata 5 xogadores.

REGRAS

Chegar, metido dentro do saco, a unha liña marcada e

despois dálle o relevo ao compañeiro.

DESENVOLVEMENTO

Facer carreiras ata chegar a unha liña marcada, dan a

volta e despois o relevo ao seguinte compañeiro, e gaña

o equipo que antes remate.

MATERIAL NECESARIO

Varios sacos.

Page 14: Dossier de xogos populares

14

NOME DO XOGO

Enrolar a botella

NUMERO DE XOGADORES

Pódese xogar de xeito individual ou por equipos.

REGRAS

Cando se dá o sinal o primeiro xogador de cada equipo

empeza e enrolar a corda, cando remata desenrólaa,

pon a botella no punto de partida e pásallo ao seguinte

xogador e así sucesivamente. Gaña o equipo que

remata primeiro.

DESENVOLVEMENTO

Enroscamos a corda no pau ata que a botella chega

onda nós, volvemos a colocala como estaba e fai o

mesmo ó resto do grupo. Gaña o equipo que remata

antes.

MATERIAL NECESARIO

Unha botella atada a unha corda cun pau no outro

extremo.

Page 15: Dossier de xogos populares

15

NOME DO XOGO

A rá

NUMERO DE XOGADORES

Polo menos dous.

REGRAS

Hai que lanzar un pello na boca dunha rá de metal

situada sobre unha mesa.

DESENVOLVEMENTO

A mesa ten unha rá, dúas pontes e un molinete onde

poden entrar os pellos. Cada xogador lanza dous pellos

por tirada.

MATERIAL NECESARIO

Unha rá e dous pellos.

Page 16: Dossier de xogos populares

16

NOME DO XOGO

A chave

NUMERO DE XOGADORES

Varios equipos de 2 ou 3 xogadores.

REGRAS

Cada membro do equipo tira 5 pellos e por cada vez

que lle dea á chave e esta dea unha volta completa

gaña un punto.

Gaña o equipo que máis puntos consiga.

DESENVOLVEMENTO

O equipo que consegue máis puntos é o que gaña.

MATERIAL NECESARIO

Unha chave e varios pellos (5 normalmente)

Page 17: Dossier de xogos populares

17

NOME DO XOGO

Os paus do demo

NUMERO DE XOGADORES

Ilimitado.

REGRAS

Se cae o pau que hai que aguantar no aire ao chan o

xogador queda eliminado.

DESENVOLVEMENTO

Cada xogador colle tres paus, dous paus nas mans e o

terceiro bótase ao aire e cos dous paus das mans

intentas que non caia ao chan.

MATERIAL NECESARIO

Tres paus duns 50 cm.

Page 18: Dossier de xogos populares

18

NOME DO XOGO

Xogo de auga (o acueduto)

NUMERO DE XOGADORES

Fanse varios equipos que terán o mesmo número de

rapaces.

REGRAS

Póñense en ringleiras, unha por equipo, de forma que o

primeiro de cada unha, se encontre a carón do balde

cheo, e o último a carón do baleiro.

Enchen o vaso e van pasándoo de un a outro ata que

levan toda a auga do balde cheo para o baleiro ou

remata o tempo.

DESENVOLVEMENTO

Dánselle cinco vasos aos primeiros de cada ringleira, e

ao dicir ¡xa!, enchen o primeiro vaso, para que o vaian

pasando dun neno o outro, ata que o último bote a auga

no correspondente recipiente. Co outro vaso farán a

mesma operación, canto máis a presa mellor. Gañará o

equipo que teña máis auga nos segundos recipientes,

cando se esgote o tempo previamente acordado.

MATERIAL NECESARIO

2 baldes por equipo.

5 vasos por equipo.

Page 19: Dossier de xogos populares

19

NOME DO XOGO

Salta a mula

NUMERO DE XOGADORES

Indeterminado.

REGRAS

Facemos unha fila e imos saltando de un en un o neno

agachado e cantando.

O que acaba de saltar ponse agachado a continuación

para que o salten a el tamén.

DESENVOLVEMENTO

O que salta de cada vez fai unha acción diferente e

canta unha frase diferente apropiada para a acción que

fixo:

-"Á unha anda a mula". Sáltase sen mais.

-"Ás dúas, a couce". Sáltase e dáselle unha couce.

-"Ás tres, a cruz de San Andrés". Sáltase é dámoslle

unha cuada.

-"Ás catro, maragato". Outra cuada.

MATERIAL NECESARIO

Os xogadores son o material.

Page 20: Dossier de xogos populares

20

NOME DO XOGO

Xogo dos aros

NUMERO DE XOGADORES

O que se queira.

REGRAS

Os xogadores póñense en fila fronte a un cono ou pica.

Hai que lanzar e ensartar o aro no cono ou pica.

Cada vez que ensarta un aro gaña un punto.

DESENVOLVEMENTO

Os xogadores en ringleira fronte a un cono ou pica con

2 a 5 aros van lanzándoos por quendas.

Cada vez que ensarta un se apunta un tanto.

Unha vez que se rematan as quendas de lanzamento

previamente acordadas faise o reconto de tantos e gaña

o que fixo máis puntos.

MATERIAL NECESARIO

1 ou varios conos ou picas situados verticalmente no

chan.

Varios aros.

Page 21: Dossier de xogos populares

21

NOME DO XOGO

Castañas a culleradas

NUMERO DE XOGADORES

Indeterminado.

Pódese xogar de xeito individual ou por equipos.

REGRAS

Hai que levar un certo número de castañas, unha por

unha, nunha culler ata un recipiente situado a unha

certa distancia. Non se pode aguantar a castaña coas

mans. Se esta cae hai que volver ao punto de partida e

empezar de novo. Gaña o xogador ou equipo que acaba

primeiro.

DESENVOLVEMENTO

Cando se dá o sinal de comezo os xogadores collen

unha castaña, póñena na culler que levan na boca e

intentan levala ata un recipiente situado a unha certa

distancia sen que lles caia ao chán. Cando o conseguen

volven ao punto de partida collen outra e fan o mesmo.

Isto hai que facelo ata que se acaban as castañas. Gaña

o xogador ou equipo que acabe primeiro.

MATERIAL NECESARIO

Unha culler por xogador.

Dous recipientes, un no punto de comezo e outro no de

chegada.

Media ducia de castañas por xogador ou equipo.

Page 22: Dossier de xogos populares

22

NOME DO XOGO

Encestar castañas

NUMERO DE XOGADORES

Indeterminado.

REGRAS

Os xogadores póñense en ringleiras fronte a cada un

dos recipientes. Cada xogador dispón de 5 castañas

para lanzar. Cando remata pasa ao final da ringleira e

tira o seguinte. Cada vez que mete unha castaña gaña

un punto. Gaña o que máis puntos fai.

DESENVOLVEMENTO

Cando se dá o sinal de comezo o primeiro xogador

lanza as súas 5 castañas, cando remata pasa ao final da

ringleira e tira o seguinte. Unha vez que todos rematan

o número de quendas previamente acordado faise o

reconto de puntos e gaña o que sumou máis.

MATERIAL NECESARIO

Unha caixa cun furado ou calquera recipiente onde

encestar a castaña.

Page 23: Dossier de xogos populares

23

NOME DO XOGO

O baile da pataca

NUMERO DE XOGADORES

Un número indeterminado de parellas.

REGRAS

Hai que bailar cabeza con cabeza cunha pataca,

castaña, … no medio, entre as frontes.

Cando a pataca cae a parella queda eliminada.

DESENVOLVEMENTO

Empezase a bailar cando empeza a música procurando

evitar que caia a pataca.

Cada parella que perde a pataca queda eliminada.

Gaña a que a perde en último lugar.

MATERIAL NECESARIO

Unha pataca por parella.

Un aparato reprodutor de música ou alguén tocando

algún instrumento ou dando palmadas.

Page 24: Dossier de xogos populares

24

NOME DO XOGO

O tuister

NUMERO DE XOGADORES

Ata 10.

REGRAS

Un dirixe o xogo.

Hai unha ficha onde están escritos os mandatos.

Cada xogador pon mans, pés ou cabeza onde indica o

mandato que lle tocou por sorteo.

DESENVOLVEMENTO

Cada xogador, na súa quenda, vai cumprindo o

mandato que lle toca por sorteo, poñendo a man, o pé,

ou a cabeza na cor que lle toque.

O que levanta unha extremidade queda eliminado.

MATERIAL NECESARIO

Un taboleiro marcado no chan.

Page 25: Dossier de xogos populares

25

NOME DO XOGO

As catro esquinas

NUMERO DE XOGADORES

Depende do tamaño do taboleiro.

REGRAS

Marcaranse 4, 8 ou máis esquinas.

En cada esquina situase un xogador.

Apandarán 1, 2 ou 3 xogadores.

Cando haxa que cambiar de esquina non poderán

ocupar ningunha das contiguas.

DESENVOLVEMENTO

Ao escoitar o sinal deberán cambiar de esquina e ir

ocupar outra antes de que a ocupen os que apandan.

Os que non chegan a tempo de ocupar unha esquina

serán os que apandan a continuación.

MATERIAL NECESARIO

Un campo de xogo no que se marcarán tantas esquinas

como se necesiten para o desenvolvemento do xogo.

Page 26: Dossier de xogos populares

26

Edita C.E.I.P. A Solaina